Chamamento aos menores de 12 anos para a segunda dose da vacinación [Páx. 2]
OURENSE
Páx.5 OURENSE
Comezan os traballos de reconstrución das abandonadas Pozas de Maimón
Páx.6 ALLARIZ
O convenio para o saneamento de Velle conta cun orzamento de 3 millóns de euros
Páx.7 CELANOVA
Humana Fundación Pueblo para Pueblo recolle 18 toneladas de roupa usada
Páx.8 CELANOVA
Ana Pontón (BNG) pide un Plan de dinamización para Celanova
Vía libre á residencia de maiores
Páx.13
O CH Barrócas, na superfinal do Campionato de España de hoquei sala
Ourense terá desfile
[Páx. 2]
Homenaxe a Pepe Velo
[Páx. 3]
[Páx. 8]
O xeriátrico da Fundación Amancio Ortega construirase na parcela da antiga estación de autobuses. // O desflie de Entroido regresa a Ourense. // Celanova homenaxea a Pepe Velo.
Número: 159 - Ano: XV - 11 de febreiro de 2022 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190
2
Barrios 11 de febreiro 2022
TEMA DA SEMANA
O Desfile do Entroido regresa ás rúas de Ourense 4 Repartiranse nove premios ás mellores comparsas e dous ás mellores carrozas. R.T. O Concello recupera este ano, logo da súa suspensión en 2021 a causa da pandemia, o Desfile do Entroido e convoca un concurso que premiará as mellores comparsas e carrozas. Desde a Casa Consistorial animan á participación e para elo, convoca o tradicional concurso, no que premiará as mellores comparsas e carrozas que formen parte do Desfile do Entroido, que percorrerá as rúas da cidade o domingo 27 de febreiro. A xunta de goberno local aprobou as bases deste concurso, ás que destinará unha achega de 18.000 euros. O prazo de inscrición está aberto até o día 22 de febreiro. Con esta convocatoria, “damos o pistoletazo para o Entroido, que volve despois de que a Covid19 nos privase desta festa en 2021, e se celebrará desde o 24 de febreiro até o 2 de marzo", asegura o alcalde de Ourense, Gonzalo Jácome, quen avanza que o do domingo, 27 de febreiro “será realmente un gran desfile que volverá tomar o relevo do de 2020”. O rexedor anima a todos os colectivos que o desexen a participar no desfile que será “áxil e bonito”, no marco dun Entroido que agarda que sexa “impresionante e san, dentro dos límites que as restricións sanitarias nos permitan”,
O horario na hostalaría cambiará a partir da madrugada deste sábado. /M.REJO.
A hostalaría recupera o horario prepandémico 4 A máscara deixa de ser obrigatoria en exteriores. Jácome foi o pregoeiro do Entroido de Frei Canedo no ano 2020. /ARQUIVO. puntualizaba. Participación A participación está aberta a todas as asociacións veciñais, culturais, xuvenís, grupos, colexios, etc., que o desexen. A inscrición será a través do Rexistro Xeral do Concello, utilizando os modelos de inscrición que se poden obter na páxina web do Concello ou na Concellería de Artes e Festexos. No caso de asociacións ou entidades a inscrición farase a través de sede electrónica. O prazo improrrogable de inscricións de carrozas e comparsas remata o martes 22 de febreiro ás 14 h. Premios Repartiranse nove premios ás mellores comparsas e dous ás mellores carrozas. Haberá tres premios para as comparsas con 10 ou máis compoñentes (900, 700 e 500 euros, respectivamente); outros
tres ás de menos de 10 compoñentes (400, 300 e 200 euros); e tres premios especias: á máis numerosa, á máis ocorrente ou graciosa e á mellor animación musical (con 300 euros para cada un). En canto ás carrozas os premios serán ao mellor deseño e mellor animación (300 cada unha delas). Tamén haberá axudas para todos os participantes que completen o desfile e non acaden ningún premio. Cada unha delas levará 120 euros e máis axudas en función dos compoñentes que teñan.
O prazo de inscrición para apuntarse ao desfilo do Entroido de Ourense está aberto até o día 22 de febreiro
O de 2020 foi o último desfile de Entroido que tivo lugar en Ourense. /ARQUIVO.
R.T. A saída da sexta onda, aínda que lenta, vai traendo consigo un novo panorama en canto a limitacións e restricións se refire. Así, por exemplo, a Xunta de Galicia pon, a partir da madrugada deste sábado, fin ás limitacións horarias na hostalaria (sexa cal fora o tipo de local). O que si se manterá, polo de agora, será o certificado Covid19 (necesario para entrar en locais hostaleiros); para elo, a Xunta enviou ao Tribunal Superior de Xustiza Galega a solicitude para amplialo dúas semanas máis. Tamén deixa de ser obrigatorio o uso da máscara en exteriores (sempre e cando se poida manter a distancia de seguridade). Haberá excepcións e a máscara deberá usarse en eventos multitudinarios que teñan lugar en espazos ao aire libre. O presidente da Xunta de Galicia, Alberto
Núñez Feijoo, compareceu, tralo Consello da Xunta, para anunciar que chegaba o momento "de eliminar porhibicións e centrarse nas recomendacións". Ademais, Feijoo advertiu que segundo os expertos "a pandemia se encamiña cara á dirección correcta, pero non rematou", sentenciou o presidente autonómico. En canto aos colexios, a Xunta mantén a recomendación do uso da máscara en patios, ata que estea completada a vacinación infantil. Menores de 12 anos Desde esta semana deu comezo a administración da segunda dose entre os menores de 12 anos (o 82% desta franxa de idade xa teñen a primeira dose). En Galicia, esta semana están citados 38.000 nenos, sendo 5.000 os chamados para a vindeira. A anécdota chegaba este xoves desde Expourense. E é que ante a proliferación de picachus, futbolistas, personaxes de Pizar, Spidermans e demais
familia, os superheroes que axudan aos sanitarios contan ademais coa axuda dos Cazapantasmas para a organización das vacinacións. Datos Por primeira vez desde o 29 de decembro a incidencia acumulada a sete días baixa dos 1.000 casos por 100.000 habitantes. A positividade en Ourense está por debaixo do 10% sendo a área galega que conta co mellor dato. Segundo os últimos datos revelados polo Sergas, a provincia conta con 4.894 pacientes con infección activa, dos cales 116 están hospitalizados e cinco en coidados intensivos. Dos 55.039 ourensáns contaxiados desde o inicio da pandemia, houbo 513 decesos.
A Xunta mantén a recomendación do uso da máscara nos patios dos colexios
Os sanitarios contaron coa colaboración, na vacinación dos menores de 12 anos, de superheroes e dos Cazapantasmas.
TEMA DA SEMANA
Barrios 11 de febreiro 2022
3
Luz verde á residencia de maiores 4 Construirase na parcela da antiga estación de autobuses. Redacción Por fin a residencia de maiores que vai construir a Fundación Amancio Ortega (cun orzamento de 12 millóns de euros) ten luz verde para que finalmente se constrúa na antiga estación de autobuses. A conselleira de Política Social acompañada do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, presentaron este proxecto ante medio milleiro de veciños e veciñas o pasado martes no propio solar onde se ubicará esta residencia. A conselleira expresou a súa confianza en que Ourense “non deixará escapar a oportunidade” de ter unha nova residencia pública de maiores. Fabiola García lembrou que a residencia "será unha das mellores de Europa" e ofrecerá un servizo de atención "a 120 persoas maiores nunhas instalacións de vangarda". Así mesmo, permitirá "crear 110 postos
rreos son da Xunta e que, en caso de que os antigos propietarios reclamasen a reversión da parcela, sería o ente autonómico o que se faría cargo das consecuencias. Pepe Araújo, portavoz de Cidadáns, pola súa banda, denunciou tanto a PSOE como a BNG de "facer perder o tempo" anteriormente ao non apoiar este proxecto.
A conselleira de Política Social, Fabiola García, explicando proxecto da residencia de maiores. /M.REJO. de traballo" nun sector en auxe coma o dos coidados. Ademais, esta infraestrutura servirá para dinamizar a vella parcela da estación de autobuses. García apuntou tamén que este centro incorporará
A residencia ofrecerá un servizo de atención “a 120 persoas maiores nunhas instalacións de vangarda”
as melloras do novo modelo de residencias deseñado en Galicia. Contará cunha novidosa unidade psicoxeriátrica para maiores con alzheimer ou con outras doenzas e cunha mellor integración dos ámbitos sanitario e sociosanitario. Zona verde Manterase un diálogo constante cos veciños para que as rúas do entor-
no deste centro cumpran coas súas expectativas e tamén se crearán novas zonas axardinadas, para que este centro se converta nun novo “pulmón verde” da cidade, en palabras da conselleira. Indicou que “ningunha parcela é mellor ca esta” para levantar este centro, pois ofrece 14.000 metros cadrados para a construción da residencia e dunha zona verde. Fabiola García agarda que “á terceira vaia a vencida” e que o pleno do Concello de Ourense deste venres desbloquee a situación da residencia. “Isto non vai de siglas políticas. Isto non vai de afinidades persoais. Isto non vai do que se votase en ocasións anteriores. Isto non vai de pasado, isto vai de futuro”, concluíu.
sidencia no lugar elexido pola Xunta de Galicia. Deste xeito, desbloquease un asunto que pasou polo pleno do Concello en dúas ocasión sen que saíra adiante o mesmo. Outra formación que se plantexa cambiar o sentido do seu voto hacia o "sí" é o Bloque Nacionalista Galego. O seu portavoz, Luis Seara, tomou a palabra durante o acto ante o abucheo de varios asistente. Seara condicionou o voto en función de que a Xunta se trasmitira por escrito, antes do pleno, as probas de que os te-
Veciños Os veciños da zona, por medio dos representante das súas asociacións apoian o proxecto ao ser satisfeitas as súas demandas. Desde as AVV non querían perder a oportunidade de converter a zona nun pulmón verde. Tanto Ángel Gómez, presidente da asociación As Termas, como Mari Montero, de San Ana do Pino explicaron que o que pretendían os veciños da zona era que a parcela non quedara abandonada ademais de aproveitar a ocasión para reclamar "demandas históricas do barrio".
Os veciños da zona apoian o proxecto ao ser satisfeitas as súas demandas
Desbloqueo Tralo acto na propia parcela o portavoz socialista no Concello de Ourense, Rafael Villarino, asegurou que desta vez votarán "sí" á construción da re-
Arriba: veciños no acto de explicación do proxecto. Abaixo: infografía da residencia.
O PSOE, desta vez, votara “sí” á construción da residencia no pleno do Concello
A conselleira cunha veciña da zona./M.REJO.
4
Barrios 11 de febreiro 2022
EN BREVE 4 CEIP Virxe de Covadonga O Concello de Ourense inicia as obras de construción dun novo acceso ao CEIP Virxe de Covadonga, en Eiroás. Consistirá nunha rampla que se situará na entrada sur do recinto, coa finalidade de mellorar tanto a accesibilidade como a seguridade de todos os membros da comunidade educativa. As obras teñen un prazo de execución dun mes e un orzamento de 17.292,05 euros.
4 Ponte Vella Até o 14 de febreiro o Centro Comercial Ponte Vella regalará mil euros aos seus clientes con motivo do día de San Valentín. Con cada tiquet de compra de 25 ou máis euros, cada cliente recibirá unha participación no sorteo até un máximo de catro. Co sorteo -que se celebrará o 15 de febreiro ante notario- repartiranse entre os afortunados 10 cartóns por valor de 100 euros cada unha.
CIDADE
Comezan os traballos das Pozas de Maimón 4 O espazo está abandonado desde 2015. Redacción O espazo das pozas de Maimón, construído ao amparo do plan E cunha inversión de 230.000 euros no ano 2009, atópase en desuso e abandonado desde o ano 2015, cando pechou a última concesión hosteleira, Bull River Club. A instalación, xa en completo abandono, sufriu un incendio no verán de 2019 que danou a estrutura central do edificio. A Concellería de Medio Ambiente xa traballa co estudio de arquitectura contratado, Urba+, na definición do proxecto de demolición dos restos do antigo edificio da cafete-
ría do Pazo de Maimón. O abandono durante anos e o incendio acaecido no ano 2019 impiden a recuperación desta infraestrutura esixindo a súa demolición, por seguridade, e para eliminar este “feísmo” na zona de especial importancia para a cidade, informa Jorge Pumar. As liñas de actuación que se levarán a cabo no proxecto de recuperación basearanse nos principios de respecto á riqueza natureza de este espazo singular e a os criterios de sostenibilidade urbana marcados desde Europa. Lembra Pumar que “a cidade verde que todos queremos esixe actuacións como esta, onde
4 Zapata O Concello de Ourense réndelle unha sentida homenaxe a Zapata, cunha exposición que acole a sala municipal José Angel Valente. A mostra organízase no marco do décimo aniversario do pasamento do artista. Está composta por 43 obras de diversos formatos.
Os concelleiros Ogando e Pumar nas Pozas de Maimón.
recuperamos e pomos en valor este espazo degradado para o desfrute de todos”. Pumar recorda que a instalación atópase en completo deterioro desde fai máis de seis anos, “creando un feísmo” na cidade, o que esixe unha actuación integral e rexeneradora, e sobre todo que reforce a súa seguridade, para que a cidade recupere este paraxe verde singular.
A instalación, xa en completo abandono, sufriu un incendio no verán de 2019
Niño de cigoña na contorna de Ourense.
A Xunta instala dous niños de cegoña en Ourense 4 Co fin de ofrecer localizacións alternativas. Redacción A Xunta de Galicia, de cara a fomentar a protección e conservación da biodiversidade, instalou dous niños de cegoña branca (Ciconia ciconia) no ámbito urbano da cidade de Ourense. O obxectivo destes niños instalados é o de ofrecer localizacións alternativas para as cegoñas que no 2021 criaron na cidade. Os emprazamentos buscan facilitar que estas aves se manteñan como reprodutoras na contorna urbana. Os axentes ambientais do Distrito Ambiental XII de Ourense supervisaron os traballos de instalación dos niños, e previamente, xunto con persoal técnico do Servizo de Patrimonio Natural da provincia, mantiveron contacto coa
Asociación de Amigos das Cegoñas e a Sociedade Galega de Historia Natural. Cegoña branca A cegoña branca é unha ave moi ligada ao home e ás súas actividades, situando os seus niños -case sempre- en todo tipo de construcións humanas, como igrexas, monumentos, torres de electricidade, chemineas, etc. Ademais, é unha especie que se adaptou a convivir coas persoas, aproveitando moitas veces os recursos que obteñen ao estar preto dos asentamentos humanos. O seu ciclo reprodutor comeza no mes de febreiro, cando retornan aos niños de anos pasados e comezan con labores de mantemento e arranxo dos mesmos. A continuación, comezan as postas entre os meses de marzo e abril.
ECONOMÍA
Barrios 11 de febreiro 2022
5
Aposta polo "fermosismo" en toda Galicia
4 Liñas de subvención pioneiras da Xunta que axudaron a mellorar o aspecto exterior de numerosos bens privados, así como de inmobles e elementos de uso público, en 222 municipios Redacción Un programa pioneiro, impulsado por primeira vez en 2021 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través do Instituto de Estudos do Territorio (IET), e cuxa convocatoria inicial foi moi ben acollida tanto por parte dos cidadáns como polas entidades locais galegas. O mesmo achegou, ao longo do pasado ano, 2 millóns de euros para corrixir impactos paisaxísticos de edificacións particulares e municipais en toda Galicia e, polo tanto, para apostar polo fermosismo. Foi tal o interese espertado por ambas ordes de axudas, con máis de 800 solicitudes recibidas, que fixo que o orzamento consignado se esgotara en poucos días. Beneficiarios Un total de 445 particulares (cun límite máximo de 3.000 euros por persoa) de 178 concellos beneficiáronse para acometer diferentes obras sobre os seus inmobles, incluíndo traballos de revestimento e pintura de fachadas sen re-
O antes e despois dunha estrutura en Lobios que se acolleu á subvención para corrixir impactos paisaxísticos. matar, renovación dos acabados e remates exteriores de edificacións e vivendas ou acondicionamento de peches de fincas e muros de cerramento. Preto de 1,2 millóns de euros foi a cifra que se repartiron entre todos as familias, cun importe equivalente ao 70% do orzamento do investimento subvencionable. En canto á orde dirixida a concellos de menos de 20.000 habitantes, 66 municipios recibiron o apoio económico da Xunta en 2021 para levar a cabo diferentes intervencións de mellora sobre edificios e
Un total de 445 particulares (cun límite máximo de 3.000 euros por persoa) de 178 concellos beneficiáronse para acometer diferentes obras sobre os seus inmobles
outros equipamentos baixo a súa titularidade. En concreto, a convocatoria tiña dúas liñas diferenciadas: unha para actuacións en edificios ou dependencias destinadas á prestación de servizos municipais e outra para melloras en equipamentos públicos. Concellos Tamén se esgotaron, de seguido, os 800.000 euros dispoñibles para ambas liñas. Nestas, as entidades locais beneficiarias recibiron ata un máximo de 25.000 euros se a actuación subvencionable tiña como fin intervir sobre un edificio municipal, e ata 10.000 euros en caso de que o ben obxecto de acondicionamento, reparación ou rehabilitación fose unha fonte, un lavadoiro público, un palco da música ou un hórreo.
Tendo en conta que a achega da Xunta non cobre a totalidade do custo da actuación, estímase que grazas a estas subvencións se mobilizou un investimento total de 2,9 millóns de euros. Nova convocatoria das axudas A Xunta, en vista do éxito da primeira convocatoria, volveu apostar este ano por brindar o seu apoio económico para estas actuacións. Polo que xa convocou de novo as dúas ordes de axudas dirixidas a propietarios particulares e concellos co fin de apoialos na execución de actuacións que permitan corrixir os impactos paisaxísticos en vivendas, edificios e equipamentos públicos de titularidade municipal provocados polo paso do tempo ou
Vivenda unifamiliar que se acolleu ás axudas do IET; como estaba e como quedou despois da actuación.
unha mala conservación. Orzamento deste ano volverá estar sobre os 2 millóns de euros. Ademais, na convocatoria deste ano, simplifícanse os trámites, redúcese a documentación a presentar polos solicitantes e introdúcese toda unha serie de especificacións e novidades técnicas co fin de ampliar o ámbito das actuacións subvencionables. As ordes de axudas xa saíron publicadas no Diario Oficial de Galicia e, no caso dos particulares, o prazo de solicitude, a través da Sede Electrónica, remata o día 21 de febreiro. Calidade de vida e benestar A paisaxe é un facto clave na calidade de vida e o benestar, polo que desde a Xunta consideran importante protexer a diversidade paisaxística de Galicia. Por iso, este ano vólvense convocar as axudas do Instituto de Estudos do Territorio (IET) xa que, por unha banda, repercuten directamente na economía dos galegos, que poden obter así unha subvención para corrixir impactos paisaxísticos nos seus bens inmobles; e por outra, contribúen a que teñan unhas óptimas condicións de vida, mediante o apoio aos concellos a través do financiamento de actuacións de renovación, remate e mellora en edificios destinados á prestación de
servizos municipais e en equipamentos que, sendo de titularidade municipal, son de uso ou desfrute para o conxunto da poboación. En definitiva, coa convocatoria destas dúas liñas de subvencións promóvese unha cultura de dignificación do territorio galego no que a participación da sociedade resulta estratéxica, fomentando o coidado da riqueza paisaxística e avanzando na aposta da Xunta polo fermosismo. Ademais, tamén se desenvolve un dos obxectivos previstos no Plan estratéxico da paisaxe galega 2021-2024: realizar accións concretas de protección, potenciación e mellora das paisaxes, así como formar, sensibilizar e educar na materia.
Este ano convocáronse de novo as dúas ordes de axudas dirixidas a propietarios particulares e concellos. No caso dos particulares, o prazo de solicitude, a través da Sede Electrónica, remata o día 21 de febreiro
6
Barrios 11 de febreiro 2022
EN BREVE 4 Pardo de Cela As obras de remodelación da avenida Pardo de Cela, que realiza o Concello, requirirán realizar peches parciais de carrís ao tráfico até o mércores, 16 de febreiro. Cortaranse dous carrís ao mesmo tempo, para proceder ao fresado e posterior aglomerado de cada tramo. Durante estes peches parciais, habilitarase saída pola rúa do Progreso e en todo momento facilitarase o acceso a servizos públicos e ao colexio Salesianos.
4 Pleno
O pleno do Concello de Ourense do mes de febreiro, ademais de cambio de uso de parcela da antiga estación de buses para que se constrúa unha residencia da terceira idade traerá outros puntos. Entre eles están as mocións: sobre mellora na seguridade viaria; a peonalización e peche ao tráfico de vehículos privados a motor os domingos e festivos pola mañá en Progreso e avenida Ribeira Sacra; ou mesmo a relativa á reforma integral da estrada de Montealegre.
OURENSE
Firmado o convenio para o saneamento de Velle 4 Renovarase a rede de colectores. Subdelegado e secretario xeral, cos alumnos.
Redacción O tenente de alcalde do Concello de Ourense, Armando Ojea, mais o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), José Antonio Quiroga, firmaron o convenio de colaboración para o financiamento, execución e posterior entrega das obras de mellora do saneamento e depuración de augas residuais en Velle. Quiroga sinalou que este proxecto, que supón un investimento de máis de 3.000.000 de euros, será sufragado ao 50% entre ambas as administracións. Deficiencias No momento actual, a rede de saneamento dunha parte da parroquia de Velle non está conectada ao sistema xeral de saneamento de Ourense, dispoñendo de catro fosas sépticas cuxo funcio-
Subdelegación Redacción
Quiroga e Ojea na firma do convenio. namento resulta ser moi deficiente e provoca recorrentes verteduras ao río Miño, augas arriba do encoro de Velle. Isto, podería afectar á toma de auga potable situada na marxe esquerda do río. Ademais, a situación destas fosas en lugares de complicado acceso dificulta enormemente o seu mantemento e explotación. Obras As obras consistirán na renovación da rede de colectores existente e a execución da infraestrutura necesaria para a súa incorporación á rede de saneamento xeral da cidade, ata
o seu traslado á depuradora de Reza. O proxecto está redactado e conta con informe ambiental e de patrimonio cultural favorables, e todo preparado para o inicio do procedemento expropiatorio.
O proxecto supón un investimento de 3 millóns de euros sufragados ao 50% por CHMS e Concello
O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, e o secretario xeral da Subdelegación do Goberno, Manuel Arias, recibiron ao alum-
Reunións Redacción O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu no Concello ao presidente, Darío López; e á secretaria xeral, Rosa María Suárez, do Colexio Oficial da Arquitectura Técnica de Ourense.
nado da Facultade de Dereito do Campus de Ourense que cursará prácticas externas neste organismo durante un período de 135 horas, froito do Convenio de Cooperación Educativa entre a Administración Xeral do Estado e a Universidade de Vigo asinado no ano 2019. Tamén recibiu ao Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, representado pola presidenta, Susana Soneira; os vicepresidentes Alejandro Pérez e José Ramón Lage; e a vocal Nuria López. O alcalde interesouse polas principais liñas de traballo e inquedanzas actuais dambos colectivos.
O alcalde, con membro do COGS da Coruña e Ourense.
4 Cruz Vermella Cruz Vermella precisa familias en Ourense para o acollemento de bebés e grupos de irmáns. Neste momento máis de 40 nenos e nenas viven con familias de acollida na provincia de Ourense. O equipo técnico de Cruz Vermella está presente durante todo o proceso de acollemento para dar apoio ás familias, dende a primeira vez que se achegan para informarse sobre o proxecto ata que finaliza un acollemento, ante calquera dificultade ou dúbida.
4 BNG O BNG solicita ao Concello de Ourense a concreción de actividades arredor do día de Rosalía de Castro (23 de febreiro). A lectura dos seus poemas e o agasallo de libros en galego ao alumnado dos centros de ensino son algunhas das propostas nacionalistas.
Ecovixiantes Franciscanas Redacción Os Ecovixiantes de Franciscanas van enchendo o colexio de pilas usadas. Na edición anterior logrouse recoller 2.400 quilos, cifra que intentarán superar este ano. Ademais, en Verín entregaron 62 kg de tapóns solidarios que entregaeon ao Centro de Discapacita-
dos Psíquicos de Verín. Tamén recolleron máscaras e cabichas na pista vermella de Barros Sibel. Dentro do programa Recíclate con Sogama levaron á illa de reciclaxe moitas garrafas do proxecto de recollida de material escolar. Os Ecovixiantes, que recibiron un lote de 25 chalecos da DGT, apoian ao proxecto do Exército español na Antártida para o apadriñamento de pingüinos na illa Decepción.
A autora Andrea Maceiras, xunto ao concelleiro de Educación, Antonio Fernández, no CEIP Mestre Vide na actividade “Encontros coa autora”.
Fomento da lectura
A Concellería de Educación do Concello de Ourense iniciou no CEIP Mestre Vide a actividade “Encontros coa autora”, que este curso ten como protagonista a Andrea Maceiras e a súa obra “A folla azul”. A actividade, incluída dentro da campaña de fomento da lectura, está dirixida a escolares de 5º de Educación Primaria. Antes de Nadal recibiron exemplares do libro para a súa lectura, e realizaron actividades nas aulas en torno ao libro. Agora terán a oportunidade de compartir un encontro coa autora, en sucesivos grupos os días. Os encontros que restan son os dos días 10, 11, 14, 15 e 16 de febreiro. En total, participan 920 alumnos e 41 docentes de 25 colexios da cidade.
Ecovixiantes Franciscanas recollendo cabichas.
ALLARIZ E COMARCA
Regresa o ciclo "Petiscos musicais" 4 Estenderase ata finais de ano con catro concertos. Redacción Deu comezo o pasado, 5 de febreiro, a sétima edición do Ciclo de Música de Cámara "Petiscos musicais". O primeiro concerto desta edición correu a cargo da pianista Ingrid Sotolarova. Programa Este ano haberá tres concertos máis que se estenderán ata finais de 2022. O seguinte deles traerá a Daniel Alexandre Iglesias que ofrecerá un concerto de guitarra o sábado, 11 de xuño (ás 20 horas). Para o seguinte concerto haberá que agardar ata o 8 de outubro (20 horas), día no que Juan M. Vázquez
actuará con instrumentos históricos de corda. E rematará a sétima edición dos "Petiscos musicais" o sábado, 17 de decembro (20 horas) co concerto do Dúo "Os Cordos" con Noa ao violín e Ález ao piano. Todas as actuacións terán lugar na Sala de exposicións da Fundación Vicente Risco.
O seguinte concerto correrá a cargo de Daniel Alexandre Iglesias o 11 de xuño
Cartel do Petiscos Musicais.
Recóllense máis de 18 toneladas de roupa usada 4 Humana Fundación Pueblo para Pueblo foi a encargada da recollida. Redación Humana Fundación Pueblo para Pueblo, organización que promove a protección do medio a través da reutilización de téxtil e leva a cabo programas de cooperación en África, América Latina e Asia, recuperou case 18 toneladas e media de téxtil usado en Allariz durante o ano 2021. A entidade sen fin de lucro recuperou no Concello de Allariz 18.402 qui-
los de material textil, un 4,6% máis que no 2020, na que as cifras chegaran a 17.592 kg. O residuo téxtil (roupa, calzado, complementos e téxtil de fogar) que se deposita nos contedores situados na vía pública equivale a 74.000 pezas que son clasificadas na planta de preparación para a reutilización que Humana ten en Leganés. A maior parte terá unha segunda vida: o 50% pódese reutilizar e máis do 35%, reciclar.
Barrios 11 de febreiro 2022
Ábrese o período de pago do imposto de circulación e a taxa do lixo 4 Remata o 1 de abril. Redacción O imposto de circulación e a taxa do lixo cobrarase entre febreiro e abril. O Concello de Allariz procede, ata o 1 de abril de 2022, ao cobro dos recibos polo imposto de vehículos de tracción mecánica e taxa pola prestación do servizo de recollida do lixo correspondentes a esta anualidade. As persoas interesadas poden consultar o contido das listas cobratorias na planta baixa da Casa do Concello, en horario de oficina (de 9 a 14 horas) de luns a venres. Forma de pagamento Os pagos pódense realizar de distintas formas. Mediante recibos domiciliados, quen teña o pago dos recibos domiciliados nun Banco ou Caixa de Aforros recibirá
Agradecemento Dende Humana explican que están moi satisfeitos polo incremento e sobre todo agradecidos polas doazóns da cidadanía. Trasladan a importancia de seguir nesta liña para seguir afianzando a reciclaxe de textil. A reutilización do téxtil usado contribúe á redución das emisións de CO2: por cada quilogramo de roupa recuperada (e non conducida a un centro de tratamento de residuos para a súa incineración ou disposición final) evítase a emisión de 6,1 quilos de CO2, segundo un estudo da Federación Humana People to People. As máis de 18 toneladas recuperadas o ano pasado en Allariz evitaron a emisión de 112 toneladas de CO2 á atmosfera. Compromiso A reciclaxe téxtil é parte
no seu domicilio o correspondente xustificante bancario do seu pagamento; ou recibos non domiciliarios, neste caso os contribuíntes recibirán no seu domicilio os recibos que deberán presentar nalgunha entidade bancaria das que neles se citan. Tamén poderá abonarse o imposto a través de internet na
páxina web: www.allariz.gal/administracion/ tributos. Os recibos non aboados no período de pago voluntario incorrerán nunha recarga do 5%, 10% ou 20%, segundo proceda, de conformidad co disposto no artigo 28 da Lei xeral tributaria, Lei 58/2003.
7
EN BREVE 4 ITV Agrícola A ITV Agrícola desplazarase ata Allariz do 3 ao 7 de marzo. Estará localizada no Campo de Fútbol (o Seixo) de 9 a 13.30h e de 15.15 a 18h, agás o día 4 de marzo que só estará de mañá. Para solicitar cita previa deberase chamar ao 902 30 90 00 ou facelo a través da páxina web www.sycitv.com.
4 Centro de Día O Centro de Día de Allariz acollerá, o martes 22 de febreiro, unha charla informativa sobre os tipos de demencia que hai. Ademais, en marzo celebrarase unha xornada de portas abertas para os que estean interesados en coñecer o centro. Máis información no teléfono 988 680 358.
4 Semana Santa ao vivo O prazo de inscrición para artistas anotarse na Semana Santa ao vivo estará aberto ata o 4 de marzo ás 14h. É preciso enviar o formulario debidamente cumprimentado que poderán descargar en www.allariz.gal.
Contedores en Allariz.
do compromiso que Allariz ten co Medio Ambiente. A traves do Servizo RE o Concello de Allariz ano tras ano traballa no coidado do medio para continuar sendo un referente grazas a colaboración veciñal, a que Bernardo Varela, concelleiro de Medio Ambiente agradece a co-
laboración. Durante o 2021 púxose en marcha o Punto ReR, tendo unha boa acollida entre a veciñanza. Esta nova ferramenta ven a completar a os programas existentes, como a compostaxe comunitaria e individual así como a recollida de cartón e vidro e
Contedores Humana en Allariz.
a separación de residuos, que tan bos resultados seguen dando.
A roupa recuperada evitou a emisión de 112 toneladas de CO2 á atmosfera
8
Barrios 11 de febreiro 2022
CELANOVA E COMARCA
O BNG quere un debate sobre reordenación do tráfico
Plan de dinamización Redacción A portavoz nacional, Ana Pontón, realizou sendas visitas a Celanova e Verea para coñecer de primeira man as necesidades destes concellos e da comarca de Terra de Celanova-Baixa Limia, da que destacou o seu “enorme potencial” pero que está quedando atrás “como consecuencia do desastre que deixan as políticas do PP”. Pontón, aposta por un plan de dinamización con medidas concretas como apostar polo desenvolvemento do medio rural; con medidas que faciliten a creación de pequenas empresas; dotar das novas tecnoloxías a toda á comarca como factor básico de competitividade; crear un centro de transformación de produtos agrarios para xerar valor engadido ou apostar pola produción quilómetro cero tomando como base os mercados tradicionais, como o que se celebra cada xoves na propia Celanova. A líder do BNG inclúe a recuperación e posta en valor do patrimonio monumental e cultural.
4 Para iso pide un pleno extraordinario. Momento da homenaxe a Pepe Velo no parque das Triguerizas de Celanova.
Redacción
Homenaxe a Pepe Velo
O BNG de Celanova escoitou á veciñanza e comerciantes sobre as súas inquedanzas que supuxo a reordenación do tráfico na vila de San Rosendo. Despois de visitar máis de 30 negocios e de ter unha reunión na Casa do Concello, os nacionalistas chegaron á conclusión que deberíase realizar un pleno extraordinario para tratar devandito tema. Desde a formación chegan a esta conclusión debido ao "malestar evidente, clamoroso, a respecto do impacto da reordenación do tráfico no comercio e na hostalaría da vila" afirman mediante un comunicado enviado aos medios de comunicación. Tamén aseguran que o que lle trasladan é que os cambios "no tráfico non
4 Polo 50 aniversario do seu pasamento. Redacción O Concello de Celanova, xunto á Deputación de Ouense e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, organizou unha homenaxe a Pepe Velo polo 50 aniversario do seu pasamento. Entre outras autoridades estiveron presentes o deputado provincial, Pablo Pérez; o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén; e o alcade de Celanova, Antonio Puga. No acto, que se realizou no parque das Triguerizas, de Celanova,
houbo unha ofrenda florar diante da súa escultura, ademais dun rectital poético e musical a cargo de Aser Álvarez e Moisés Quintas. Esta celebración foi a primeira dunha serie que se desenvolverán ao longo deste ano co que se pretende dar continuidade á labor de divulgación da súa figura e o seu legado histórico. Pepe Velo Galeguista e opositor ao réxime de Franco, Pepe Velo estivo detrás, en 1961, do secuestro do trasatlántico Santa Ma-
ría, operación idaeada co obxectivo de atraer a atención internacional e rachar coa inacción das potencias occidentais sobre as ditaduras franquista (en España) e de Salazar (en Portugal). O activista faleceu no exilio un 30 de xaneiro de 1972 no hospital Oswaldo Cruz de São Paulo.
Esta celebración foi a primeira dunha serie que se desenvolverán ao longo deste ano
axudaron a traer xente", pola contra, "expulsaron xente". Aemais, apuntan a outros problemas como inseguridade peonil (rúa Colón); sobrecarga de tráfico rodado (rúa Colón); riscos para o tráfico rodado (cruzamentos rúa Colón/rúa Curros Enríquez; e acceso ao aparcadoiro en dirección ás Lobeiras), entre outras. Pleno Por todo iso, o BNG comunicará ao resto dos grupos da corporación a proposta de convocar un pleno extraordinario para debater o resultado e os impactos da reordenación do tráfico, no que de partida non se exclúa solución ningunha; e convocalo "despois de que todos teñamos escoitado á veciñanza, sen exclusión ningunha", remataba o comunicado da formación.
Rúa Colón antes da reordenación do tráfico.
Comadres Redacción A cea baile de Comadres regresa ao Concello de Celanova o sábado 19 de febreiro. Organizado pola Asociación de Comadres poderá participar toda muller disfraza e homes que vaian disfrazados de muller. Esta singular celebración dará comezo ás
19.30 horas con pasarrúas a cargo de Caliqueños, BCB e 3.com. Logo dun descanso entre ás 22 e as 23.30 horas regresa a troula ata que o corpo aguante. Información Para reservar ou conseguir máis información se pode acudar a Deportes Núñez o chamando aos teléfonos 988 43 20 20 ou no 600 686 385.
PROVINCIA
Previsel regresa a Expourense 4 Tamén volve Funergal. Redacción
O elevador entrou en funcionamento esta semana.
Melloras de accesibilidade na Casa de Chocolate 4 Instalouse un elevador vertical. Redacción A Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Ourense completa as melloras de accesibilidade á sede administrativa da rúa da Habana, 79 coa instalación dunha plataforma elevadora vertical coas dimensións mínimas para admitir unha cadeira de rodas con ou sen acompañantes e embarque a 180º, que supuxeron un investimento de 41.027,89 euros. O delegado territorial da Xunta, Gabriel Alén, significou que con esta actuación mellórase a accesibilidade de persoas con mobilidade reducida ou que comparezan con carriños de crianzas ao
edificio pois permite salvar a diferencia de altura entre a beirarrúa e a zona de control de acceso, información e rexistro, e de acceso ao salón de actos. Máis melloras Gabriel alén lembrou que estas obras completan as incesantes actuacións de mellora do edificio administrativo nos dous últimos anos que principiaron pola modernización da oficina de Información e Rexistro. Tamén se executaron obras de eficiencia enerxética en todo o edificio, ademais de traballos de mellora no Salón de Actos para facilitar a súa accesibilidade.
Tras tres anos sen celebrarse, Previsel, Salón da Prevención e Seguridade Laboral regresa ao calendario de Expourense para celebrar a súa 15ª edición que terá lugar no recinto feiral os días 16 e 17 de marzo. Celebrouse, de forma virtual, a primeira reunión do comité asesor no que se apuntaron os temas que se abordarán a través do amplo programa de actividades. A esta primeira reunión asistiron unha vintena de expertos de distintos ámbitos, ademais do tres sindicatos con maior presentación en Galicia, así como os servizos de emerxencia (Protección Civil e Servizo de Emerxencias). O Salón incluirá conferencias e obradoiros especializados que terán o obxectivo de sensibilizar da necesidade de contar con formación en materia de seguridade e prevención de riscos ou de enfermidades profesionais. Todas as entidades representadas no comité participarán de forma activa nesta edición programando actividades formativas e mobilizando aos seus membros para que participen en Previsel. Aínda que se primará a presencialidad, algunhas das actividades formativas serán emitidas de forma virtual para facilitar a participación de profesionais e futuros profesionais de toda Galicia.
Covid-19 Como non podía ser doutra maneira a pandemia provocada pola Covid19 será un dos fíos condutores desta cita. O programa de actividades incluirá unha mesa redonda na que participarán representantes de distintos colexios profesionais de Ourense relacionados coa construción que analizarán a salubridade do aire nos espazos de traballo (incluíndo centros escolares) e a adaptación dos mesmos ás novas necesidades de ventilación impostas pola pandemia. Pola súa banda, desde o Colexio de Médicos de Ourense propuxeron organizar un relatorio ou mesa redonda na que se analice tanto a repercusión psisocial do confinamento como a rehabilitación física e psíquica despois de contraer a enfermidade.
Barrios 11 de febreiro 2022
Funergal Outra cita que regresa ao recinto expositivo de Expourense é Funergal, unha das citas máis esperadas polos profesionais do sector, que leva tres anos e medio sen celebrarse como feira. A 11ª edición da Feira Internacional de Produtos e Servizos Funerarios regresa ao despois de non poder celebrar a súa edición en 2020 debido á pandemia. Terá lugar en Ourense os días 19 e 20 de maio, xoves e venres, reforzando así o carácter profesional do evento que será a única feira internacional do sector funerario celebrada na Península Ibérica este ano. Profesionais de España e Portugal mantiveron unha reunión virtual para perfilar as accións profesionais da próxima edición, a primeira coa conexión de Alta Velocidade que sitúa a Ourense a 2 horas 15 minutos de Madrid. A última edición, celebrada en 2018, foi unha das máis completas até a data con 111 expositores de 14 países.
O Salón de Prevención e Seguridade Previsel celebrarase os días 16 e 17 de marzo; mentres que a Feira Internacional de Produtos e Servizos Funerarios, Funergal, será o 19 e 20 de maio
Reunión virtual de Previsel.
9
CIM Santa Águeda Redacción A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou en Vilamarín na mesa redonda As vítimas de violencia de xénero sen esquecer a educación, organizada polo Centro de Información á Muller (CIM) da Mancomunidade Santa Águeda. Na mesma, afondou sobre os recursos e axudas dos que dispón a Administración autonómica para loitar contra a violencia de xénero e puxo en valor o traballo diario da Rede de Centros de Información á Muller (CIM) para previr e sensibilizar contra esta lacra social, dous eixos nos que xira a política da Xunta para combater a violencia machista. López Abella lembrou que os centros de información á muller proporcionan unha atención específica e especializada ás mulleres. O da Mancomunidade Santa Águeda só en 2021 desenvolveu preto de 100 consultas de asesoramento xurídico, 241 de apoio psicolóxico e prestou atención a 35 mulleres vítimas de violencia de xénero.
Susana López no CIM de Vilamarín. /M.R.
10
Barrios 11 de febreiro 2022
EN BREVE 4 Parques empresariais O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, anunciou que a Xunta vén de convocar un total de 8,35 millóns de euros, (DOG do 26 de xaneiro) para tres ordes de axudas destinadas á mellora dos parques empresariais galegos, co obxectivo de renovar e modernizar estas infraestruturas, favorecer a creación de novas compañías e empregos, así como impulsar a competitividade do tecido empresarial galego.
4 Deputación O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presentou esta semana en Bruxelas, na sede de Partenalia, a estratexia provincial de captación de fondos europeos Next Generation e no marco financeiro plurianual para o período 2021-2027. Un proxecto de planificación impulsado de forma pioneira en España a nivel provincial en Ourense. “Nun momento tan importante, co escenario dos fondos de recuperación, traballamos para achegar Bruxelas aos gobernos locais e intermedios”, remarcou Baltar.
4 ChegOU Deputación e Abanca renovan a súa alianza no desenvolvemento do programa ChegOU, para o fomento da natalidade na provincia. A Deputación reservou para este ano 300.000 euros. As axudas increméntanse en función da situación demográfica do concello de residencia, cun máximo de 500 euros por neno. Esta axuda farase efectiva a través dunha tarxeta prepago para utilizar durante este ano e ata o 31 de maio de 2023.
4 Cortegada O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, abordou hoxe co alcalde de Cortegada, Avelino Martínez, proxectos de interese para o concello en materia de turismo e vivenda.
PROVINCIA
Unha guía gastronómica informa sobre ManzanedaTrevinca-Valdeorras 4 Conta, ademais, cunha aplicación. Redacción O xeodestino Manzaneda-Trevinca-Valdeorras estrea guía gastronómica dixital. O mesmo ten o seu espazo na guía gastronómica e de restaurantes da provincia de Ourense (www.restaurentesourense.com). “Trátase dunha ferramenta moi útil que proporciona información aos turistas do xeodestino, axudándolles a planificar a súa visita”, explicou o presidente do Inorde, Rosendo Fernández. Deste modo, os usuarios poderán ver a oferta gastronómica dos locais dos municipios do xeodestino, que quixeron adherirse a esta plataforma dixital destinada que naceu coa vocación de abordar toda a provincia de Ourense. Esta guía ofrece a posibilidade de descargar a súa propia aplicación. Información Nela, os potenciais consumidores poden atopar unha completa información detallada dos establecementos de restauración do xeodestino “Manzaneda, Trevinca, Valdeorras”, distribuídos por concellos. Desde a aplicación, o usuario pode coñecer a ubicación exacta do establecemento, chamar ao local directamente, coñecer o menú en tempo real do local, así como ter información precisa do establecemento (horarios, servizos, imaxes do local e dos pratos), e adicionalmente incluirase un vídeo de presentación de cada un. Ademais, na mesma web tamén hai un blog que recolle a actualidade vencellada á enogastronomía da zona. Así, actualmente está a anunciar as I Xornadas do Botelo e Cocido Valdeorrés, que se celebrarán entre o 5 e
Rodríguez Miranda e Alén na visita á oficina integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno./M. REJO.
A oficina integral atendeu a máis de 700 retornados 4 Resolveu un total de 3.250 consultas. Redacción
Imaxe da web do xeodestino. o 27 de febreiro en 17 restaurantes. A aplicación para Android xa foi instalada en máis de 1.000 dispositivos móbiles e proximamente lanzarán a versión para IOS. A web, pola súa parte, logra nos meses de máis tráfico máis de 10.000 visitas mensuais. Actualmente, están inmersos no lanzamento da súa propia central de reservas de mesa a nivel provincial para os turistas, asesorándoos na busca do mellor restaurante que se adapte ás súas necesidades e gustos culinarios, así como para recomendarlles os pratos
típicos de cada zona. Restaurantes Esta guía de establecementos de restauración da provincia, naceu no marco do proxecto “Restaurantes Ourense” a finais do 2019, seguida dunha aplicación para a reserva de mesa para grupos e, por último, dunha aplicación para comida a domicilio. Actualmente, esta web atópase nos primeiros postos de busca en Google en distintas palabras claves como “restaurantes Ourense”, “comida a domicilio Ourense”, “donde comer en Ourense”, etc.
Na mesma web hai un blog que recolle a actualidade enogastronomía da zona como as I Xornadas do Botelo e Cocido Valdeorrés, que se celebrarán entre o 5 e o 27 de febreiro
Portada do xeodestino en restaurantesourense.com
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou a oficina integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno de Ourense, situada na avenida da Habana, comprobando a labor realizada ao longo destes meses para acompañar e axudar aos galegos do exterior que decidiron retornar a Galicia e comezar unha nova vida. Nesta visita estivo acompañado polo delegado da Xunta, Gabriel Alén. Dende a súa posta en marcha, en febreiro de 2020, a oficina situada en Ourense atendeu tanto presencial como telefónicamente a 737 persoas, e resolveu un total de 3.250 consultas das cales, 440 foron cuestións educativas, 1.335 sociais e 924 laborais. A posta en marcha desta oficina, xunto ás de Vigo, Lugo, A Coruña e Santiago de Compostela, formou parte da anterior Estratexia Retorna do Goberno galego que contou cun orzamento global de preto de 500 millóns. Nestes intres, tal e como destacou Rodríguez Miranda, “estamos xa a traballar na nova Estratexia que se porá en marcha este mesmo ano e que permitirá continuar a acompañar persoalmente
aos galegos do exterior en todo o proceso de retorno”. Estas oficinas están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo e contan con persoal especializado que se encarga de informar e asesorar aos galegos do exterior cara a favorecer o retorno, así como de acompañar aos galegos retornados e aos seus familiares. Galicia Dende a súa posta en marcha as oficinas integrais das catro provincias asesoraron a un total de 8.153 persoas, realizáronse 29.292 consultas, das cales, 3.213 estaban relacionadas con temas educativos (escolarización de menores, formación regrada, formación para o emprego, homologación de estudos...); 13.519 tiveron que ver con temas sociais como asistencia sanitaria, autorizacións de residencia, axudas económicas, prestacións ou vivenda; 6.630 tiñan que ver con temas laborais como información acerca do emprego por conta allea ou axudas ao autoemprego, e finalmente, 3.831 cuestións tiñan relación con outros trámites.
Das consultas 40 foron cuestións educativas, 1.335 sociais e 924 laborais
CELANOVA E COMARCA
Comisión de seguimento do Barbaña. /RAMSÉS.
O saneamento do Barbaña estará licitado este ano 4 Atópase na recta final de tramitación. Redacción O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, e o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), José Antonio Quiroga, copresidiron a reunión da Comisión de Seguimento do Barbaña, que se celebrou na Subdelegación do Goberno, e na que estiveron presentes representantes doutras administacións ademais de grupos ecoloxistas e asociacións de veciños; tamén estiveron presentes os alcaldes de San Cibrao das Viñas e O Pereiro, Manuel Pedro Fernández e Luis Menor, respectivamente. O presidente da Confederación Hidrográfica Miño Sil, José A. Quiroga, sinalou que este proxecto, que supón un investimento de máis de 30 millóns de euros, atópase na recta final de tramitación, estando prevista a súa licitación para finais deste mesmo ano despois de levar un tempo Empantanado". “É importante destacar que a execución do proxecto non preserva por si soa das verteduras ao leito, senón que é necesaria a xestión adecuada do sistema de saneamento, de competencia municipal”, rasaltou Quiroga. O subdelegado do Goberno, Emilio González, pola súa banda, destacou que as actuacións previstas no proxecto de saneamento suporán a mellora da calidade das augas do Barbaña. Así mesmo, dixo que a implicación de todas
as Administracións e a concienciación social e do tecido empresarial “son clave para evitar episodios recorrentes de contaminación ao río”. Proxecto O proxecto atópase na recta final de tramitación previa á licitación. O pasado 20 de outubro a Dirección Xeral da auga autorizou á CHMS á incoación do expediente de información pública do proxecto, o seu estudo de impacto ambiental e a relación de bens e dereitos afectados, así como o trámite de consultas ambientais ás Administracións públicas afectadas e ás persoas interesadas. Unha vez rematada a exposición pública do proxecto e o prazo de alegacións, agora trabállase na elaboración dun informe para a Avogacía do Estado, que se estima estea resolto nestes días, preceptivo e vinculante, para remitir, cara a finais de febreiro, xunto co proxecto ao MITERD para a Avaliación de Impacto Ambiental. Despois haberá un procedemento de Avaliación Ambiental que se resolverá en aproximadamente 8 meses. Cumpridos estes trámites, cara a finais de ano, procederase á licitación do proxecto.
O procedemento de Avaliación Ambiental que resolverase en nuns 8 meses
Barrios 11 de febreiro 2022
11
A Xunta anima a acollerse ás axudas para a mellora enerxética de inmobles 4 O ente autonómico insta a aproveitar os fondos europeos. Redacción A Xunta de Galicia anima ao sector da vivenda da provincia de Ourense a aproveitar a oportunidade que ofrecen os fondos europeos para reforzar a súa aposta pola rehabilitación residencial e, en especial, pola mellora da eficiencia enerxética de inmobles, un obxectivo que mobilizará nos vindeiros anos 360 millóns de euros en toda Galicia. Esta foi a mensaxe que lle trasladou o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García, acompañado do delegado territorial da Xunta, Gabriel Alén, ao cento de profesionais presentes nunha reunión sobre as actuacións e políticas de vivenda neste ano da Administración autonómica. Neste sentido, o director xeral do IGVS explicou que as liñas de axudas propias da Xunta nesta materia estanse a ver reforzadas polos novos programas financiados con fondos europeos, que xa se están a convocar cunha dotación global de 117 millóns de euros. Así, explicou que este orzamento permitirá intervir enerxeticamente sobre unha previsión de máis de 1.300 vivendas na provincia de Ourense, facéndoas máis sostibles e acadando un aforro aproximado de 5,6 Tn anuais de CO2 por cada inmoble. Segundo indicou, o esforzo orzamentario “sen precedentes” que fará o Goberno galego o ano que vén en materia de rehabilitación residencial e, máis concretamente, en eficiencia enerxética calcúlase que beneficiará a máis de 1.800 familias
Reunión na Casa de Chocolate sobre as políticas de vivenda este ano.
Este orzamento permitirá intervir enerxeticamente sobre unha previsión de máis de 1.300 vivendas na provincia de Ourense da provincia e xerará uns 2.000 postos de traballo. Por iso, considerou que as empresas ourensás relacionadas coa vivenda deben aproveitar as “oportunidades” que se están a abrir no campo da rehabilitación residencial, máxime cando o sector atravesa un momento “complexo”, marcado pola escaseza de materias primas, os problemas relacionados co subministro de materiais ou o aumento dos prezos do transporte e da enerxía. O delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, tamén recalcou que “outros dos obxectivos, tal como estamos a facer co concello de Ourense, é dinamizar ás ARI (áreas de rehabilitación integral) e a posible declaración dunha Área Rexurbe, que fomentan a creación de vivendas de promoción pública, e melloran as condicións das contornas urbanas – e recalcou- a necesidade de inscribirse no rexistro de demandantes do IGVS para ter acceso a estas vivendas”.
Convocatorias O director xeral do IGVS tamén incidiu naquelas axudas cuxo prazo de solicitude xa está aberto, como é o caso do PREE 5000, para concellos do reto demográfico, é dicir, con menos de 5.000 habitantes ou con menos de 20.000 no caso de que ningún dos seus núcleos supere os 5.000. É dicir, a gran maioría dos municipios da provincia. Esta convocatoria, dotada con fondos europeos, conta cunha dotación total de 3,8 millóns de euros e o prazo está aberto ata o 30 de setembro. Os interesados beneficiaranse dunha subvención que pode chegar a cubrir ata o 100% do custo da obra, cuxo obxectivo é unha mellora da efi-
ciencia enerxética de ata un 30%. Así mesmo, a Xunta ofrece axudas para adquirir unha vivenda nun dos centros históricos da provincia. Tamén ata o 30 de setembro pódense presentar as solicitudes do incentivo que, con carácter xeral, é de 10.800 euros, aínda que se incrementa ata os 12.800 euros se o solicitante ten menos de 35 anos. Ademais, no caso do casco vello de Ribadavia, declarado Área Rexurbe, chega ata os 15.000 euros. O orzamento é de 500.000 euros. Por último, Heriberto García lembrou que o pasado martes abriu o prazo para que os veciños da área de rehabilitación integral da Ribeira Sacra melloren o estado actual das súas vivendas a través de axudas de ata 25.000 euros. Para este fin, o IGVS pon á disposición case 570.000 euros para o actual exercicio, ata o 30 de setembro.
A Xunta ten abertas as convocatorias de axudas do PREE 5000 (para concellos con menos de 5.000 habitantes) e para adquirir unha vivenda nun dos centros históricos da provincia, entre outras
12
Barrios 11 de febreiro 2022
Campionato de España de Atletismo Redacción Todo listo para que a pista de atletismo de pista cuberta de Expourense acolla, por segunda vez na súa curta vida, o Campionato de España de Atletismo en Pista Cuberta. A primeira vez foi en 2020, a escasos días de que o Goberno de España decretara o Estado de Alarma, provocado pola pandemia da Covid19, e con el semanas de confinamento. Dous anos despois, a pandemia continúa no día a día da sociedade mundial pero pouco a pouco se regresa á normalidade. E como proba desa nova normalidade chega este campionato -o número 58- que terá lugar do 25 ao 27 de febreiro. Un total de 13 probas (tanto en categoría masculina como en feminina) son as que reunirán no tartán ourensán aos mellores atletas españois do momento durante os tres días de competición. Entre eles, a bancada ourensán agardan que estén os galegos Adrián Ben, Belén Toimil ou Ana Peleteiro. Tamén se agardan con especial interés aos atletas máis en forma do momento como Mohamed Katir, Adel Mechaal, Esther Guerrero ou Maribel Pérez, entre outros moitos.
Cartel do Campionato.
DEPORTES
Novo punto do Arenteiro 4 A Unión Deportiva Ourense clasifícase para a fase de ascenso. R. Torres O partido aprazado entre Arenteiro e Arousa (2ªRFEF) disputouse esta semana no Espiñedo. Os de Fran Justo tiveron méritos máis que suficientes para sumar os tres puntos, porén tivéronse que conformar cun novo empate o que supón o décimo nesta tempada. Este punto supón para os do Carballiño sitúanse a dous puntos da salvación. Esta fin de semana tentarán lograr a vitoria en terras salmantinas, alí enfrontranse ao Salamanca, equipo que marcha penúltimo clasificado. Na primeira volta, un gol de Víctor deulle a vitoria aos ourensáns. 3ª RFEF Na Terceira RFEF, a pasada fin de semana, o Barco vencía a domicilio ao Noia (1-2), mentres o Arnoia volvía caer, nesta ocasión contra o Silva (10); pola súa banda, o Ourense CF descansaba. Nesta nova xornada, o Arnoia e Barco reciben na casa a Estradense e Vivieiro, respectivamente,
mentres que o Ourense CF visita ao filial do Deportivo. A clasificación sitúa aos capitalinos como terceiros pero con dous partidos menos que os dous primeiros; ao Barco, na cuarta posición; e a Arnoia como pechacancelas e con poucas posibilidades de salvar a categoría. Autonómica No grupo Sur B da Preferente Autonómica, a UD Ourense vai coma un tiro cara a fase de ascenso a 3ª RFEF. Nos 18 partidos que leva disputado suma 15 vitorias e tres empates, por ningunha derrota. Na xornada pasada aprazouse o encontro entre Barbadás e UD Ourense polo Covid19 (cabe destacar chegaban a ese encontro como segundo e primeiro clasificados). O Verín, pola súa banda, vecía con claridade ao Caselas (3-0); Nogueira, Polígono e Velle perdían os seus encontros. Esta fin de semana, a UD Ourense recibe ao Mondariz e o Velle ao Guardés. O Verín visita ao Porriño; o Polígono ao Caselas; o Barbadás ao Pontellas; e o
Nogueira descansa. A Unión Deportiva Ourense xa está clasificada para disputar a fase de ascenso e está moi ben colocada para chegar a ela con seis puntos (que son os que se outorgan aos primeira clasificados dos dous grupos). Unha fantástica tempada fai soñar á parroquia ourensanista co ascenso. Ademais, Barbadás e Verín, están en disposición de disputala ao ocupar a segunda e cuarta posición. Barbadás o ten ben encamiñado; e Verín tamén da a sensación que estará na loita polo ascenso. Nestas últimas xornadas saberase se os da Valenzá e os do val de Monterrei acompañan aos capitalinos na loita polo ascenso. Dos outros equipos ourensáns, tan só o Nogueira alberga esperanzas de poder chegar a unuha das cinco primeiras prazas que dan dereito a xogar a fase de ascenso. Mentres, Velle e Polígono xa están sen apenas opcións e deberán conformarse con disputar a fase pola permanencia.
Partido de Autonómiva entre o Polígono fronte o Pontellas. /I. OSORIO.
Carter elévase ante o aro rival. /C. DOMARCO.
Vitoria necesaria do COB 4 Vence con claridade ao Algeciras (98-55). R.T. Vitoria importante dun COB necesitado delas, depois de caer pola mínima na cancha do Navarra (72-71) a pasada xornada. Ademais, unha vitoria por 43 puntos de diferenza (98-55) que marca o camiño que desde o club pretendían seguir ao comezo da tempada. Ben é certo que no equipo contrario o seu adestrador tan só contou con sete xogadoras para disputar o partido no Paco Paz, pero o triunfo tan claro parece indicar que os de Armando Gómez volven a senda do camiño que querían trazar. Ademais, as novas incorporacións vanse adapatando á engranaxe do equipo e van sumando cousas positivas. Os parciais foron caendo do lado cobista (33/19, 20/13, 22/11 e 23/12) sen que os andaluces puideran frear a sangría de puntos que lle caían. O partido non tivo máis historia que a de (tralo mesmo) ver ao COB ao fronte da clasificación con 12 vitorias e cinco derrotas. Agora os ourensán son líderes empatados a vitorias co Cantabria, aínda que es-
tos contan con dous partidos menos). Tras Cantabria e COB, Burgos e Zornotza suman unha vitoria menos (11), seguidos de Zamora con 10. Xa con nove están Ponferra e Morón na sexta e sétima praza, respectivamente. Gijón Sen tempo para o descanso, o Club Ourense Baloncesto volve a disputar un novo encontro (o terceiro nunha semana). Os ourensáns desprázanse ata Gijón para enfrontarse ao conxunto local. Os asturianos oitavos con oito vitorias. Novas incorporacións Pouco a pouco van resultando as novas incorporacións. Abouboacar, que xa leva semanas na disciplina do grupo logrou en 13 minutos 4 puntos e 7 rebotes. Dous outros tres xogadores que levan poucos días en Ourense, o máis destacado foi un Brano Dukanovic quen en 22 minutos logrou 13 puntos dando boa mostra do que pode aportar ao equipo de aquí a final de tempada. De Assis e Martín tamén estiveron correctos nos minutos que estiveron na cancha.
DEPORTES
Barrios 11 de febreiro 2022
13
O CH Barrocás, á superfinal
3-3 definitivo. Esta fin de semana o Alcorcón será o rival das ourensáns.
4 De hoquei sala.
Cidade O Cidade sumou unha nova e traballada vitoria no feudo do Castro ao que venceu por 1-2. As xogadoras dirixidas por Manolo Codeso tiveron que darlle a volta ao gol das locais. Amelia e e Sonia Pacios (a dous segundos do final) deron tres puntos importantes na loita das franxiverdes na loita polo ascenso á Primeira división; agora son terceira cun partido menos que as segundas (Bembrive con dous puntos máis) e a cinco puntos do líder, Amarelle. A noticia desta semana foi o regreso de Nerea Lorenzo ás filas do Cidade.
Redacción O conxunto do Club Hockey Barrocás disputará a "Superfinal a 4" do Campionato de España de hoquei sala, en categoría sénior masculino. O Barrocás logrou a clasificación para esta fase final no campionato disputado en Benalmadena. Alí disputouse a fase semifinal con outros sete equipos. Os ourensáns chegaron á final, onde os agardaba o FC Barcelona, vencedor final por cinco goles a un. Deste xeito, tanto Barcelona coma Barrocás, acceden á seguinte e definitiva rolda. Xurxo Cid O máximo goleador do torneo foi Xurxo Cid. O ourensán logrou 13 goles; ademais, vén de debutar coa selección española de hoquei sala no pasado
Integrantes do CH Barrocás.
Campionato de Europa II. Final Four A fase final polo título disputarase do 18 ao 20 de febreiro en Valencia. O Barrocás deberá vencer na semifinal ao Complutense Madrid (actual campión) se quere loitar polo título. A outra semifinal disputarana o FC Barcelona contra Giner de los Ríos. Chegar a esta "superfinal" supón un importantísimo logro do cadro ourensán; equipo formado ao 100% por xogadores locais e amateurs.
A fase final polo título disputarase do 18 ao 20 de febreiro en Valencia
Partido do Sala Ourense contra O Esteo. /C.DOMARCO.
Traspés do Sala Ourense 4 Envialia empata e Cidade vence. Redacción O Sala Ourense caeu derrotado no Pazo dos Deportes Paco Paz diante do Esteo. O conxunto visitante explotou ben as súas armas: defensa ben plantada, transición e balón parado. Froito do balón parado chegaría o 0-1 no minuto 5, por medio de Héctor e a ocasión máis clara cun balón ao traveseiro de Troncho no minuto 16. Ao Sala Ourense atascabaselle a defensa dos ponteses e só Rául Rivero a falta de 12 segundos para o descanso foi quen de conseguir bater a Marcos, cun certeiro disparo cruzado, que deixaba en táboas o marcador. A segunda parte comezou mellor para os intereses dos locais con tres ocasións nos tres primeiros minutos e unha tripla ocasión de Álex, David e Raúl Rivero no minuto 26, que non chegou a nada. Foi o Esteo, con todo, o que acertou na súa primeira chegada clara, e Héctor cun toque sútil sorprendía a Dani para es-
tablecer o 1-2. Novamente a remar contra corrente para a Sala Ourense, que tivo ocasións para empatar pero non conseguía ser eficaz. A falta de seis minutos, Óscar Vivián optou polo xogo de cinco e foi aí cando Fer empataba o partido tras unha gran acción combinativa. Quedaban aínda cinco minutos e o partido parecía que se ía a decantar para os ourensáns, polo visto no segundo acto, pero no minuto 37 un erro dos locais nun cambio co xogo de cinco, aproveitábao Alberto para, de novo, pór por diante aos seus. O Sala Ourense tentouno até o final e xa envorcados á meta de marcos, Troncho faría o definitivo 2-4. A próxima semana a Sala Ourense desprázase a unha das canchas máis complicadas da liga, o seu rival o conxunto palentino Deporcyl Guardo FS. Envialia O Ourense Envialia perdeu a oportunidade de colarse entre os catro primeiros na Primeira división. O empate a tres tantos fronte o Móstoles fixo que as pu-
pilas de Morenín manteñan a quinta posición e non sexan quen de superar na táboa ao cuarto clasificado, precisamente o conxunto madrileño. A pesar do gol en propia porta de Chiki, as locais empataron co tanto de Laura Uña. Porén, as visitantes volveron a adiantarse no ecuador do segundo tempo; novamente as albinegras facías o empate por mediación de Jenny Lores. A tres minutos do final María Arias poñía en franquicia ás ourensás, pero nos intres finais, Inma facía o
Envialia - Móstoles./ I.OSORIO.
Esta fin de semana o Sala Ourense visita ao Guardo; o Envialia ao Alcorcón; e o Cidade recibe ao Universidade de Salamanca
14
Barrios 11 de febreiro 2022
Premio Vicente Risco Redacción A Fundación Vicente Risco ten aberta a convocatoria do 26º premio Vicente Risco de Ciencias Sociais. Os traballos poderán presentarse até o 15 de marzo de 2022. O premio está dotado con 6.000 euros para a obra gañadora. Poderá participar no premio calquera persoa, sen distinción de idade ou nacionalidade, que presente os seus textos en lingua galega ou en lingua portuguesa. Os textos presentados deben ser inéditos, totalmente orixinais, non estar publicados nin traducidos en ningún outro formato e teñen que abordar investigacións referentes a Galiza e/ou ao Norte de Portugal sempre do punto de vista das ciencias sociais (antropoloxía, arqueoloxía, socioloxía, historia, lingüística, xeografía, economía, turismo...). Os textos deberán ser entregados en soporte dixital (pdf) e remitidos a secretaria@fundacionvicenterisco.com. Os traballos de investigación deben ter unha extensión mínima de 150 páxinas e unha extensión máxima de 300 páxinas A decisión do xurado, que este ano pasa de cinco a nove membros, darase a coñececer antes de que remata o mes de xuño.
4HUMOR
OCIO E CULTURA
Música, teatro e humor, no Auditorio de Ourense 4 Este domingo, 13 de febreiro, chega o espectáculo "10 anos de Pica Pica". Redacción O Auditorio Municipal de Ourense leva, desde o Nadal, collendo velocidad de cruceiro acollendo espectáculos. Para os vindeiros meses ofertarase música, teatro e humor para todas as idades. A primeira cita chega este mesmo domingo, 13 de febreiro, co espectáculo "10 anos de Pica Pica"; que dará comezo ás 12.30 horas. A música a porán dous artistas ben contrastados no panorama nacional e de distinto estilos. Por unha banda, o sábado, 5 de marzo, actuará Marta Sánchez coa súa xira "A solas con Marta", e pola outra, El Drogas chega
con "Akustik Fraktion" o venres, 25 de marzo ás 21 horas. O humor porao o "Comandante Lara e Cía" (xoves 10 de marzo ás 21 horas); Miguel Lago con "Todo al negro" (domingo, 3 de abril ás 19.30 horas); "En su cabeza era especular" de Pantomima Full (sábado 30 de abril ás 20 horas); e os monólogos de JJ Vaquero (sábado 14 de maio ás 21 horas). Máis programa Para un público máis familiar, o sábado 2 de abril (ás 18 horas) "De eles aprendín" o musical dos grandes musicais, e Tributo ao Rei León (De Simba a Kiara) o domingo, 17 de abril, ás 18 horas.
O teatro estará presentes nestes meses no auditorio con "Fariña", representación que se poderá ver o venres 22 de abril (20 horas) e o sábado 23 de abril (21 horas). Ataquilla A venda de entradas de todos estes espectáculos será na plataforma ataquilla.com.
Ataquilla.com é a plataforma onde se poden adquirir as entradas para todos os eventos do Auditorio de Ourense
Miguel Lago e El Drogas actuarán no Auditorio de Ourense.
Retrato de José Antonio Viñas.
Revista Nós, A Xente do Redor A. Jácome Un número máis da revista cultural “Nós, a Xente do Redor” sae á luz. Nesta ocasión a súa presentación será na capital ourensá. Así, o vindeiro xoves, 17 de febrero (ás 20.30h horas), o Salón Noble do Liceo de Ourense será o lugar onde se realice a presentación do número 6 da publicación. Contará coa presenza de moitos dos seus autores. Nesta ocasión, a encargada de ilustrar a portada foi a pintora Valdeorresa de Millarouso, Lola Doporto. A revista conta tamén con ilustracións de pintores coma Paco Ascón, Miguel Ángel Martínez Coello, Maite Vázquez e Lidia Vilariño Álvarez, ademáis dos ilustradores e fotógrafos habituáis. Novos autores Neste número incorpóranse novos autores coma os novelistas, Jorge Emilio Bóveda e José Antonio Santos; os antropólogos, Manuel Mandianes e Rafael Quintía, que xunto ao elenco habitual conforman medio cento de persoeiros da nosa cultura.
Recóllese tamén unha sentida homenaxe ao noso amigo José Antonio Viñas que nos deixou nestas datas, fundador e director da Agrupación Cultural Queixumes Dos Pinos, con artigos de Javier Enériz, Marina Sanchez e Marila Abad e Avelino Jácome, así como o seu retrato a toda páxina feito polo marabilloso pintor, Miguel Ángel Martínez Coello.
Recóllese tamén unha sentida homenaxe a José Antonio Viñas con diversos artigos, así como o seu retrato a toda páxina feito polo pintor Miguel Ángel Martínez Coello
OCIO E CULTURA / CLASIFICADOS
Barrios 11 de febreiro 2022
15
BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Arcediagos,11, 1º - 32005 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda, C. Domarco, Avelino Jácome. Yedra Seara Nº159 - Ano: XV - 11 de febreiro de 2022 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 685 969 546.
O Paseo acolle “EXXperimenta en Feminino” 4 Dentro das quintas Xornada de Divulgación en Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas. Redacción Este venres, 11 de febreiro, conmemórase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. “Unha data que nos parece clave na nosa aposta diaria pola igualdade, conxúgase tamén a importancia de divulgar en Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas, sobre todo desde a infancia. Porque non podemos esquecer que as grandes investigadoras, científicas e expertas do mañá son as nenas de hoxe”, sinalou a concelleira de Igualdade, Eugenia Díaz Abella, quen recalcou que tomando estas premisas como referencia, desde a Concellería de Igualdade de Ourense “apostamos pola cooperación e colaboración activa con quen máis ten que dicir acerca da divulgación científica: a Universidade de Vigo”.
EN Palmés BREVE 4 O vindeiro sábado, 12 de febreiro, a Agrupación Cultural Auriense organiza o obradoiro de “Entroido 2022 na Auriense” na praza do Correxedor (se a climatoloxía é adversa farase dentro do Café Cultural Auriense). O mesmo está aberto a todas as idades. No obradoiro, que dará comezo ás 11 da mañá, elaboraranse as tradicionais comadres, os compadres, ademais do irreverente meco que este ano adícase ao alcalde da cidade.
Froito desta colaboración conxunta é a 5ª Xornada de Divulgación en Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas, “EXXperimenta en Feminino”. Así, a rúa do Paseo acollerá este venres unha feira moi especial, onde expertas do Campus de Ourense divulgarán o seu saber en materias tan interesantes como microbioloxía, enxeñaría química, xeografía, química agrícola, física, nutrición, enxeñaría aeroespacial, enfermaría ou informática, entre outras moitas
áreas do saber. Estarán desde as 11:30 horas e ata as 5 da tarde, con actividades científicas para todas as idades, unha iniciativa aberta a colexios, familias e particulares que sen dúbida non deixará indiferente a ninguén.
A actividade desenvolverase desde as 11:30 horas e ata as 5 da tarde
Presentación da xornada.
“Pensar o amor” A. Jácome A Concellería de Igualdade do Concello de Ourense organiza neste mes de febreiro un obradoiro para mulleres, co título “Pensar o amor”. Esta actividade ten como obxectivo “crear un espazo onde pensar o amor como unha idea, en compañía doutras mulleres, de forma que poidamos entender como amamos e nos sentimos amadas, como nos vemos no xogo de vulnerabilidade/fortaleza... para pensarnos
tamén no amor e en relación con el, e as implicacións que isto ten para as nosas vidas”, explican desde o CIMM. A actividade desenvolverase os mércores, 16 e 23 de febreiro, en horario de tarde, de 16:30 a 18:30 horas, e poderán participar até 12 mulleres, maiores de 18 anos. As persoas interesadas poden obter máis información e inscribirse nas dependencias da Concellería de Igualdade – Centro de Información Municipal ás Mulleres, na rúa do Ensino, número 24, teléfono 988393191.
4ANUNCIOS CLASIFICADOS [Deixe o seu anuncio no 685 96 95 46 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]
INMOBILIARIA Véndese piso en Beluso, Bueu (Pontevedra). 100 m2, 3 habitacións, salón, cociña, baño, despensa e 3 trasteiros amplios. Soleado todo o día, situado preto de servizos básicos e a menos de 2 km das mellores praias da zona. Prezo: 85.000 euros. Tfno.: 679 588 349 (envío fotos, escoito ofertas). Vendo casa na estrada de Santiago, con finca. Para restaurar. Tel.:672 089 349. Alugo local económico no centro. Ideal para oficina, almacén ou trasteiro. 17m2. Dispón de baños comunitarios. 120 euros/mes máis 7 euros de comunidad. C.E.: C. Teléfono 627 203 131 Véndese casa céntrica en Xinzo de Limia. Baixo máis unha planta (144m2,) tres prazas de garaxe e patio, cinco habitacións, dous baños, cociña amoblada e terraza. 133.000 euros. Tel. 699 648 514 / 988 21 40 70 Alugo baixo na zona do Couto totalmente acondicionado. Con luz, auga, 70 m2. Prezo 300 euros. Tel: 653 208 506 Alúganse apartamentos en Montalvo (de Semana Santa a outubro) con unha ou dúas habitacións, cociña, salón, baño, barbacoa, aparcadoiro, xardín; fronte á praia. Tel: 607 271 916 Alugo sala para actividades culturais, con posibilidade de cociña, baño e outros sertvizos. Tel.: 988 247 113. Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunitaria Tel.: 650 64 15 19. Busco casa en alquiler na periferia de Ourense. Opción a compra ou dunha permuta dun piso situado na Valenzá. Tlf.:
600 826 029. Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunitaria Tel.: 650 64 15 19. Véndese apartamento de 2 habitacións, cociña americana, baño, trasteiro e garaxe. Recén reformado. A 5 min. de praia América. Bo prezo. Tel. 620 66 07 62.
TRABALLO Ofrécese señora para traballar con xente maior ou nenos. De toda confianza, con informes. Disponibilidade de coche e fins de semana Tel.: 606 422 543. Ofrécese señora para limpeza por horas Tel.: 674 500 513. Señora, auxiliar de enfermería responsable e con experiencia, ofrécese para coidar persoas maiores, enfermos, nenos e tarefas do fogar. Tel.: 620 052 173 Ofrécese señora responsable -española- para coidade de nenos ou persoas maiores. Con informes. Tel.: 606 422 543 Ofrécese auxiliar de enfermaría, con titulación, para o coidado de maiores. Como interna ou por horas. En Ourense ou arredores. Telf.: 663 043 561 Danse clases de francés a domicilio. Todos os niveis. Titulación en España e Francia. Tlf.: 625 745 611 Imparto clases particulares (individuais e personalizadas) de Matemáticas a domicilio en Ourense capital. Todos os niveis. Tamen materias curriculares de ESO e Bacharelato. Ampla experiencia. Excelentes resultados. Económico. Interesados enviar WhatsApp ao 610 38 25 89. Busco traballo en desbroces con tractor ou condutor de camión e carretillas. Ampla experiencia. Tel: 637 282 405. Ofrécese xerocultora para
axuda a domicilio en Xinzo. Tamén para limpeza de casas e negocios por horas e adaptados ao seu horario. Tel: 686 005 358. Fanse desbroces en tractor e a man. Tlf.: 63 521 448 Ófrecese señora seria e responsable para tarefas do fogar e coidado de nenos e maiores. Con informes. Preferencia zona Ponte. Tlf: 685 374 191.
VENDAS Compro moble para cociña de 1,20 ou 1,50 m. Tel.: 672 089 349 Vendo garrafón de 16l. Tel: 672 089 349. Vendo botellas de gaseosa con corcho de goma. Tel.: 672 089 349 Vendo escritorio e sofá. Como novo, bo prezo. Tel: 672 089 349. Vendo corchos para ebotellar. Tel: 672 089 349. Vendo colección de revistas “Muy interesante”, do nº1 ao 163, e “Natura”, do 1 ao 132 (as dúas encadernadas). Tlf: 636286434. Vendo accesorios para cans: arnes de tiro, correas, collares e fournitures. Tlf: 636286434. Vendo unha xanela de dúas follas en aluminio sapelly de 1,40 x 0,94 m con cristais. Tlf: 636286434. Vendo dúas cadeiras infantís de coche (Jane) de 15-36 kg con isofix, unha negra e outra vermella. Tlf: 636286434. Vendo cama hospitalaria articulada en bo estado, con colchón anti-escaras. Tlf.: 606 133 522 Vendo prensa de viño mediana/grande, ideal para decoración en xardíns. Tlf.: 606 133 522 Véndese mampara nova. Tel: 672 089 349. Vendo estufa de frío e calor. Tel: 672 089 349.
Barrios 11 de febreiro 2022