Barrios 157

Page 1

Consulta aquí as programacións do Nadal 2021-22 [Páx. 6-10]

TEMA

Páx.4

A sexta onda da covid-19 chegou á provincia coa cifra de contaxios disparada

VERÍN

Páx.14 XINZO

O Museo Claustro Mercedario supera as 30.000 visitas desde a súa apertura

Páx.16 ALLARIZ

Convenio con regantes da Limia para construir 42 novos pozos de sondaxe de auga

Páx.17 CELANOVA

Allariz manexará para 2022 un orzamento de 6,2 millóns de euros

Páx.17

A Casa dos Poetas en Celanova acolle este mes a exposición “Entre_vistas”

O AVE, por Nadal

[Páx. 2-4] A chegada do AVE a Ourense xa é unha realidade. A partir deste 21 de decembro comezan as viaxes de pasaxeiros.

Número: 157 - Ano: XIV - 21 de decembro de 2021 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


2

Barrios 21 de decembro 2021

TEMA DA SEMANA

Que suporá a chegada 4 Marisol Nóvoa, presidenta da Confederación de empresarios de Ourense (CEO)

"O principal desafío pasa por que Ourense non sexa só unha estación de paso cara ao resto de cidades galegas. Para iso, reclamo a necesidade de crear unha completa oferta económica, turística e cultural que permita atraer a visitantes procedentes doutras zonas. As potencialidades do territorio deberían servir de revulsivo. A Ribeira Sacra pugna por ser declarada Patrimonio Mundial da Humanidade, ao que hai que sumar a Ruta do Viño -ten catro das cinco denominacións de orixe galegas- ou as rutas polo patrimonio da provincia. Ten que haber agora unha infraestrutura, que lles permita chegar a estas zonas, e paquetes interesantes como pode ser o termalismo de balneario; hai que porse as pilas para acondicionar a provincia".

4 Emilio González. Presidente de Comerciantes da Praza de Abastos de Ourense

“A miña valoración é altamente positiva porque eu penso que se chega o AVE á cidade é precisamente porque Ourense está situado onde está, senón nunca viría aquí, o cal é un beneficio extraodinario. O que pasa é que acá non fixemos os deberes, como de costume, co cal espero que aprendamos coa súa chegada e pouco a pouco fagamos os deberes. Refírome ao sector termal, refirome a sectores que afectan a que os pasaxeiros se atopen algo máis, pero desde logo, a miña valoración é altamente positiva e creo que esto vai atraer a moita xente á cidade, o que pasa é que fai falta que abramos hoteis, os espazos termais e que fagamos os deberes en xeral”.

4 Luis Rivera. Presidente de Centro Comercial Aberto de Ourense (CCA)

“Máis vale tarde que nunca. Debemos aproveitalo. Hai que ser realistas e a cidade non está preparada, e todos os atractivos que nos quedan témolos en horas moi baixas. Pero penso que isto é unha aposta de futuro. Temos que ser moi consecuentes co que vai a supor a chegada do AVE a Ourense, canta máis xente acceda á cidade mellor. Temos que ser capaces de conseguir un produto atractivo se queremos pensar no público madrileño. Que vaian cooordinados os tres sectores: hostalería, hotelería e comercio. Eu creo que é fundamental implementalo lóxicamente polo termalismo, que é un pouco o reclamo de fóra das nosas fronteiras, máis a Ribeira Sacra, que tira moitísimo”.

4 Javier Outomuro. Presidente de Unión de Hostaleiros de Ourense (UHO)

“Eu creo que é un paso máis e un paso moi importante en dúas horas xuntar Madrid con Ourense. Na hostalaría xa o notaba cando había festivos en Madrid, nas pontes xa notabamos a afluencia de xente da capital. Agora en dúas horas e cuarto eu penso que as fins de semana os de Madrid nos teñan a ben e veñan. Non cabe dúbida que vai representar -a chegada do AVE a Ourense- un punto de inflexión a maiores moi grande”.

“Non cabe dúbida que vai representar -a chegada do AVE a Ourenseun punto de inflexión”

4 José Manuel Díaz. Gestoría Marcelino Díaz

“Creo a chegada do AVE á nosa cidade e provincia é moi importante, e sobre todo para Galicia en xeral. Que teña a entrada pola provincia, en concreto pola nosa cidade, esperemos que dalgún xeito sexa un gran activo para dinamizar a economía da nosa cidade e provincia. Creo que é unha infraestutura, comparándoa con outros AVE que chegaron a outras cidades, que supuxo no ambiente turístico un reforzo económico bastante importante ás provincias e cidades onde chegou esta gran infraestrutura. O que ocorre é que é as cidades ás que chega teñen que estar preparadas para recibir tamén ese turismo, temos que ter unha oferta de servizos, hostalaría, onde o turista que chega aquí realmente se sinta satisfeito e de todos os servizos que lle poidamos ofrecer. Non cabe

dúbida que Ourense hoxe é un gran potencial dende o punto de vista turístico e termal. Tamén é certo que todo isto está por desenvolver. Temos neste momento unhas infrastruturas turísticas en precario. No termalismo faise moita publicidade pero creo que aparte da publicidade o que se debe facer é realmente executar e poñer as infrastruturas nos servizos termais, unha posta ao día para que o turista cando veña a Ourense realmente se atope con todo este ámbito termal aberto e funcionando. Noutros aspectos como pode ser a economía en xeral, porque o turismo ao final vai repercutir na hostalaría, no comercio e despois, como profesional, non cabe dúbida que para os profesionais e empresarios ter a capital a dúas horas e cuarto da nosa cidade é moi importante porque iso nos permite conectarnos coa Península a nivel nacional; iso ao final supón economía, progreso e competividade”.

“Que teña a entrada pola provincia esperemos que sexa un gran activo para dinamizar a economía”


TEMA DA SEMANA

Barrios 21 de decembro 2021

3

do AVE a Ourense? 4 Rafael Villarino. Voceiro do PSOE de Ourense e líder da oposición no concello

“A palabra máis utilizada desde que este acontecemento se está prevendo, foi a palabra histórico. Esperemos que o termo non se gaste de tanto dicilo e que sexa o punto de partida dun despegue para esta cidade que tanto necesita. Desafortunadamente, agora mesmo o goberno da cidade está nunhas mans que non pode dar ese despegue, pero hai que dicirlle á xente que non perda a esperanza e que as posibilidades existen. Hai futuro para un termalismo mellor, para un Ourense mellor, que os establecementos de hostalaría poidan dar un mellor servizo. Temos que ofertar ao resto do Estado, a Europa ou a Portugal, que está ao lado, darlle a posibilidade de chegar a unha cidade amable, progresista, innovadora”.

4 Emilio González Afonso. Subdelegado do Goberno en Ourense

"Será vital o AVE en Ourense e suporá un fito histórico para o desenvolvemento, progreso económico, turístico e para poñer a Ourense e a súa provincia no mapa. Será non só a porta de entrada a Galicia da Alta Velocidade ferroviaria; ademais, suporá un nó importante no noroeste de España e o que traerá tras de si. Xa se están vendo iniciativas importantes e fluxo importante de viaxeiros cara a provincia e tamén cara o resto de Galicia. Polo tanto, creo que é o punto de inflexión para que Ourense colla esa velocidade punta de desenvolvemento económico e social. Hai un antes e un despois, sen dúbida algunha, coa chegada do AVE a Ourense e a súa provincia".

4 Manuel Baltar. Presidente da Deputación de Ourense

"Momento histórico, agardando décadas, pero por fin unha sacudida competitiva de territorio. Máis oportunidades, máis economía, progreso e un futuro espectacular para a provincia. Por suposto, é un antes e un despois. É unha data histórica. Desde que chegara a locomotora en 1881 hoxe é un día onde as disntancias se miden en minutos e non en quilómetros e estamos a dúas horas e 15 minutos da capital de España, que nos conecta con todas as capitais do mundo. Iso é progreso e iso é futuro".

“Máis economía, oportunidades, progreso e un futuro para a provincia”

4 Miguel Santalices. Presidente do Parlamento de Galicia

"Vai colocar a nosa provincia na mellor das situación pola súa ubicación e por ser un nó estratéxico de entrada a Galicia. O termalismo (terapéutico e de ocio) vai saír moi reforzado, moitos que non son de Ourense, nun tempo mínimo estarán acá, o que benficiará á economía, á hostalaría, ao turismo. Polo tanto, é unha oportunidade que temos que aproveitar, colócanos na mellor das posicións. Indudablemente, é un antes e un despois. Agora hai outras cidades, preto da nosa, que están nunha fase moi reivindicativa -non nos crea a nós problemas- pero eles tamén queren facer o mesmo que se fai en Ourense; véxoo lóxico. Por unha vez, Ourense adiantouse, xa iba sendo hora!”.

4 Gonzalo Pérez Jácome. Alcalde de Ourense

"En infraestruturas é un antes e un despois absoluto. Cando eu era pequeno, Madrid estaba a 500 km; agora segue a 500 km, pero é que agora está a dúas horas e 15 minutos, algo inimaxinable cando eu era rapaz que se tardaba máis de cinco horas. Co do tren agora é casi impresionante; significa case que temos algo parecido a un aeroporto en Ourense. Suponse que é unha infraestrutura que vai colocarnos na vangarda de Galicia no que é o transporte conectado coa Meseta, cando antes estabamos á cola. Agora pasamos, nunca mellor dito, ao vagón de cabeza".

“Agora pasamos, nunca mellor dito, ao vagón de cabeza”

4 Gabriel Alén. Delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense

“Despois de tantos anos temos un gran medio de comunicación que chega a Ourense. Un gran aeroporto en competencia co que son os aeroportos. Unha gran conexión a dúas horas de Madrid, o que nos une coa capital e co resto do mundo. Será un fito histórico en primeiro lugar a nivel turístico; por poñer un exemplo, no Camiño de Santiago na Vía da Prata, calquera peregrino en calquera parte do mundo pode desprazarse ata Barajas e despois no AVE a calquera punto do Camiño como pode ser A Gudiña ou Ourense e regresar ao seu lugar de orixe a través deste medio. É unha inversión moi importante de diversos gobernos que nós temos que ser quen de aproveitar. Galicia está de moda a nivel turístico e dásenos unha oportunidade moi importante co AVE”.


4

Barrios 21 de decembro 2021

TEMA DA SEMANA

Autoridades na estación de San Francisco de Ourense. /RAMSÉS.

Día histórico 4 O AVE chega a Ourense co Rei e o presidente do Goberno como primeiros viaxeiros. R.Torres O viaxe inaugural do AVE entre Madrid e Ourense tivo como viaxeiros de excepción ao Rei de España (Felipe VI) e o presidente do Goberno (Pedro Sánchez), que estiveron acompañados, entre outras autoridades, pola Ministra de Transportes, Raquel Sánchez; a vicepresidenta segunda do Goberno, Yolanda Díaz; O presidente da Deputación, Manuel Baltar; o presidente do Parlamento, Miguel Santalices; e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo. Na estación de San

Francisco agarda o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, xunto a outros concelleiros do Concello de Ourense. Un concello que pode presumir de alta velocidade. E é que a partir de agora, a conexión Ourense - Madrid (e viceversa) farase vía terrestre en dúas horas e cuarto. Ademais, as frecuencias pasan de seis a 10 por sentido, o que coloca á cidade das Burgas a unha nova etapa de oportunidades. Declaracións O alcalde, que sempre dixo que Ourense era unha Cenincienta pola pouca in-

versión que o resto de administracións facían nela, pasa a viaxar nun carro un pouquiño máis cómodo e mellor” coa chegada do AVE. Pérez Jácome, que mostrouse honrado por recibir ás máximas autoridades de España, a pé de andén, na estación de Ourense destacou que é "un día histórico e cheo de ledicia. Ourense segue sendo a Cenicienta de Galicia e de España, e hoxe o somos un pouquiño menos”. Ademais, o rexedor, apelou a "aproveitar as circunstancias, desfrutar deste feito histórico" pero “non baixar a garda por-

Yolanda Díaz, Feijoo, Felipe VI, Pedro Sánchez e Raquel Sánchez en Ourense. /RAMSÉS.

que necesitamos seguir reclamando infraestruturas”. O presidente da Xunta destacou na súa intervención que Galicia vive "un momento histórico" e que desde agora, Ourense "convértese nun escaparate". Despois de recordar a todos os ministros e presidentes do Goberno implicados nesta infraestrutura e salientar as dificultades acaecidas pola orografía galega, Feijoo asegurou que esta inversión "merece a pena" e coa cal Galicia "poderá competir en igualdade" con outras comunidades. A Minsitra de Transportes, Raquel Sánchez, que tildou de "titánica" a obra, recordou que a "Galicia lonxana e brumosa" da que falaba a Valle Inclán "xa é historia". E pechou o acto o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, quen dixo celebrar "un fito histórico". Sánchez asegurou que desde o Goberno tiñan claro que o AVE a Galicia "era unha prioridade absoluta", ademais de asegurar que "España necesitaba este AVE tanto ou máis que Galicia" e avanzou que a entrada -en próximas datas- dos trens Avril, acurtarán aínda máis os tempos co resto das capitais galegas. O presidente recordou os 10.000 millóns de euros que se invertiron nunha infraestrura que hoxe -ás portas do 2022- é unha realidade.

Pedro Sánchez: “España necesitaba este AVE tanto ou máis que Galicia”

Ourense, na sexta onda da covid-19 4 Parece que remite paulatinamente nos últimos días. Redacción A pandemia da covid-19 parece non ter fin. Cando semellaba que se chegara á chamada inmunidade de rebaño (70% de vacinados), lonxe de estar con menos perigo, Ourense -e concretamente a capital- tivo o seu pico de contaxios máis alto desde que estalara esta crise sanitaria. O pasado 14 de decembro, a capital ourensá sumaba 1.388 infectados, rompendo todos os rexistros anteriores. Pero parece que comeza a dar un respiro e a cifra baixa lentamente. Na provincia, o número de contaxiados é de 2.582, dos cales 51 están hospitalizados en planta e cinco en coidados intensivos. A peor cifra é a dos 463 ourensáns falecidos. Vacinación Estes días tocoulle vacinarse de terceira dose aos de idade comprendida entre os 60 e os 69 anos. Tamén acudiron á súa quenda da vacina a maioría dos menores de 5 a 11 anos que foron chamados a acudir en Expourense, O Barco e Verín. Restricións En vista da progresión da pandemia, o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, convocou para este mércores, 22 de decembro, unha conferencia de presidentes para abordar esta sexta onda, que xa te-

mos enriba. Moitas comunidades autónomas apostan por novas restricións máis severas, mentres que desde Galicia, o presidente Feijoo aposta pola obrigatoriedade das máscaras en exteriores. Ademais, recordou que na comunidade os maiores de 49 anos estarán vacinados coa dose de reforzo antes de que remate o ano. Polo de pronto, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) autorizou á Xunta a esixir en toda a comunidade autónoma a presentación do certificado covid-19 para acceder aos centros sociosanitarios residenciais de maiores e de persoas con diversidade funcional, a instalacións pechadas nas que se practique actividade física e deportiva non federada, a piscinas cubertas e a eventos multitudinarios ou a aqueles que teñan autorizada a venda de alimentos ou bebidas para o consumo no seu interior. A medida estará vixente ata o 18 de xaneiro de 2022.

Xa se vacinan os menores de 5 a 11 anos./E.M.


PUBLICIDADE

Barrios 21 de decembro 2021

5

Vivenda comunitaria Marillac: con todos os servizos para os nosos maiores 4 O centro está nas inmediacións do complexo hospitalario de Ourense. Redacción Desde hai apenas dous meses, a cidade de Ourense conta cun novo centro para o coidado dos nosos maiores. Trátase daa vivendas comunitarias Marillac, unha residencia para anciáns que está ao carón do centro hospitalario de Ourense (CHUO), e que está xestionada polos socios Elisa Cadaya e Kike Rábade. Devandito proxecto nace co obxectivo de facilitar unha alternativa de calidade e confianza en residencias de anciáns. A vivenda comunitaria é un edificio independiente para o coidado, as 24 horas, dos maiores que queiran estar atendidos con todas as comodidades que poidan precisar, ademais de dispoñer dun entorno adaptada as súas esixencias. A vivenda Marillac conta con 20 prazas distribuidas en tres plantas. Servizos e benestar Cunha gran variedade de servizos e actividades complementarias conta esta residencia para maiores para garantir unha total cobertura das necesidades dos usuarios (conta con médico), así como terapias de rehabilitación e estimulación cognitiva e funcional. Tamén se ofrecen obradoiros e terapia

Ofrecen unha atención totalmente personalizada a cada un dos residentes O centro Marillac conta con profesionais con amplos anos de experiencia no sector

As vivendas comunitarias Marillac están nun edificio a poucos metros do CHUO e conta con zonas comúns como un salón e un xardín propio. ocupacional con todo tipo e actividades coas cales se logra un entorno dinámico, entretido e agradable para todos os usuarios. Todos estes servizos están apoiados por profesionais con amplos anos de experiencia no sector e unha ampla traxectoria profesional, logo de participar en diferentes proxectos destinados á residencia de anciáns e habilitación de espazos para as persoas maiores.

Con este aval, como non podería ser doutro xeito, ofrecen unha atención totalmente personalizada a cada un dos residentes, cubrindo calquera necesidade que se presente. En deifinitiva, a vivenda comunitaria Marillac brinda un entorno cómodo e que cobre todos os requisitos nestes apartamentos para maiores. Qué ofrecemos? O centro conta con ser-

vizo de comedor (os menús son realizados por un nutricionista). A atención personalizada fai que o trato esté adaptado ás diferentes necesidades dos usuarios, para o mellor servizo. As instalacións están reformadas e adaptadas para conseguir un entorno agradable e totalmente equipado. A calidade no coidado fai que Marillac sexa unha opción de confianza a nivel dos coidados individuais, atentos

As habitacións contan con baño reformado e habilitado para o usuario.

Ademais da súa perfecta ubicación (a escasos metros do hospital de Ourense) as vivendas comunitarias Marillac contan con 900 m2 de residencia e máis de 500 de xardín e profesionais. Ademais, nas vivendas comunitarias atopará a persoal cualificado e un compomiso de atopar un entorno totalmente familiar. A residencia Ademais da súa perfecta ubicación (a escasos metros do hospital de Ourense) as vivendas comunitarias Marillac contan con 900 m2 de residencia, máis de 500 m2 de xardín, ademais de habitacións

individuais e dobres para unha capacidade de 20 residentes. Ademais, os menús son realizados por un nutricionista.

Elisa Cadaya é unha das socias das vivendas.

VIVENDAS COMUNITARIAS MARILLAC r/Ramón Puga Noguerol 67 Ourense -32005Tel. 669 841 888 - 610 224 220 proinsoourense@gmail.com residencia-ancianos-marillac-ourense.es


6

Barrios 21 de decembro 2021

NADAL especial

Numerosos concertos e a ludoteca “Ludonadal” son algunhas das propostas.

Un Nadal que pasa polo ocio, a cultura e a dinamización comercial 4 Verín ofrece 13 propostas na súa programación navideña. Redacción «Con estas actividades, e tras un ano marcado pola pandemia», explicou a concelleira de Educación Cultura e Festexos, Emilia Somoza, «desde o executivo local queremos devolver a ilusión ás veciñas e veciños de Verín nestas datas tan especiais do Nadal». Somoza quixo tamén facer un chamamento cidadán á responsabilidade de todos para que se cumpran as medidas de

prevención establecidas e se minimice o risco de expansión da covid-19. Foi durante a presentación das actividades para este Nadal, e que estivo acompañada polo xerente e o presidente da Asociación de Empresarios de Verín (Aever), Xosé Ángel Rodicio e Santos Álvarez, respectivamente. Serán un total de trece ofertas de lecer, cultura e dinamización do comercio local deseñadas para o goce de todos os públi-

Este ano regresa a Cablagata dos Reis Magos o día 5 de xaneiro, que percorrerá as rúas da vila desde as 18 horas con finalización na praza do Concello, onde terá lugar un espectáculo familiar de vídeo proxección na fachada da casa consistorial

cos, que se estenderan ata o domingo 8 de xaneiro do 2022. Actividades As actividades comezaron co Belén da Viruca

(aberto ata o 9 de xaneiro en horario de luns a venres de 17 a 20 horas e festivos de 12 a 13 horas), co acendido das luces e coa Feira de Nadal que tivo lugar na praza García Barbón

Somoza, Rodicio e Álvarez na presentación da programación de Nadal.

do 4 ao 8 de decembro. Ademais, o día 18 tivo lugar o concerto de Nadal de alumnas e alumnos do Conservatorio Elemental de Música de Verín. A música será un piar fundamental na programación. Os máis pequenos gozarán das actuacións dos Os Bolechas e os Quebranoces (Auditorio, domingo 26 de decembro ás 18h, entrada 5 euros -ataquilla.com-) e de Gisela – Disney Kids (Auditorio, sábado 8 de xaneiro ás 19h, entrada 10 euros -ataquilla.com-). Para un público máis xeral chegarán os concertos de Emilio Rúa (Auditorio, sábado 25 de decembro ás 19h, entrada 5 euros -ataquilla.com); de Nova Era (Auditorio, domingo 2 de xaneiro ás 20h, entrada 3 euros -venda presencial no propio Auditorio-); e o de Lýberic Crescendo -tributo Il Divo- (Auditorio, xoves 6 de xaneiro ás 19h, entrada 10 euros -ataquilla.com-). Ofrecerase tamén, como todos os anos, o Servizo de ludoteca “Ludonadal” dirixido a meniños e meniñas, con idades comprendidas entre os 3 e os 10 anos, co obxecto de facilitar a conciliación dos pais e nais e proporcionar aos menores un espazo de lecer durante as vacacións de Nadal. Estará operativo no pavillón Municipal de Deportes ata o 7 de xaneiro en horario de luns a venres de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas. Cabalgata Pero sen dúbida algunha, o broche estelar deste ano será a Cabalgata dos Reis Magos o día 5 de xaneiro (con saída a partir das 18 horas). Este ano o nenos e nenas de Verín poderán gozar dunha es-

pectacular comparsa composta por tres carrozas con animación musical na que as súas maxestades, os Reis Meigos de Oriente, percorrerán as rúas de Verín nunha espectacular cabalgata. O roteiro finalizará na praza do Concello, onde terá lugar un espectáculo familiar de vídeo proxección na fachada da casa consistorial, e unha chocolatada para todos. Dinamización do comercio Para dinamizar o comercio local, a Asociación de Comerciantes de Verín (Aever) e o Concello unen esforzos para ofrecer unha serie de actividades destinadas ao público infantíl como son os pasarrúas temáticos, que se poderán ver (ata o 6 de xaneiro) nas prazas da Mercé, García Barbón e do Concello; e os xogos inchables -nas mesmas localizcións- do 27 ata o 30 de decembro. Ademais, segue en marcha a campaña "Os 6.000 de Verín" que está vixente ata o 28 de decembro -martes-. Os clientes dos establecementos asociaciados a Aever que fagan compras nalgún deles participarán no sorteo de 6.000 euros en premios (un de 2.000 euros, un de 1.000 e seis de 500 euros a gastar nun destes locais comerciais) dándose a coñecer os gañadores nun sorteo ante notario o día 30 de decembro. Máis información na web ccaverin.com.

A campaña “Os 6.000 de Verín” segue vixente ata o 28 de decembro


especial NADAL

Árbore e iluminación de Nadal na praza Maior de Ourense./M.REJO.

Neve e aventura, no Nadal de Ourense 4 O Ballet Nacional Ruso actuará no Auditorio en Aninovo. Redacción O Concello de Ourense quere que este o Nadal combine a tradición con algunha que outra novidade. Por iso, ao tradicional Belén de Baltar (praza San Cosme, ata o 6 de

xaneiro), úneselle este ano varias actividades novidosas. Entre elas están a actividade: Contacontas, Pomearios e Contacontos que se celebrarán nos poboados do parque San Lázaro e Bispo Cesáreo (ata o 4 de xaneiro) e un par-

que de Aventuras ubicado no xardín do Posío (ata o 10 de xaneiro en horario de 11 a 13.30 e de 16.30 a 20.30 horas) que será o deleite dos máis pequenos da casa. Ademais, este ano, na praza Maior neva en días determinados (a próxima nevada chegará este sábado 25 de 19 a 20 horas). O Bus musical percorrerá as rúas da cidade os días 22, 23, 24, 28 e 30 de decembro e o 2 de xaneiro. E o domingo 26 chega o espectáculo itinerante Candore de Bambolea.

Recepcións Papá Noel e os Reis Magos tampouco faltarán á cita cos nenos ourensáns. O mércores 22, Papá Noel recibirá aos máis cativos nos soportais do Concello (de 18 a 19 horas); e o xoves 23 estará pola rúa do Paseo de cinco a seis da tarde para, ás sete da tarde desprazarse ao Auditorio para realizar un espectáculo cheo de ilusión. Pola súa banda, os Reis Magos chegan á estación de tren ás 17.30 horas para facer un percorrido, coa súa comitiva, desde as 18 horas. Auditorio O Auditorio municipal colle protagonismo nestas datas. E xunto ao espectáculo de Papá Noel, haberá a gala do ilusionismo o domingo 26 de decembro. O mércores 29 chega o espectáculo, para todos os públicos, Quimera. O día de Aninovo, Ourense pode presumir de

Barrios 21 de decembro 2021

acoller o espectáculo do Ballet Nacional Ruso "O quebranoces" a partir das 19.30 horas e a un prezo de 15 euros. O 2 de xaneiro, para o público máis pequeno chega "O misterioso caso de Houdini e a habitación pechada". O martes, 3 de xaneiro, o escenario ocuparao a obra de teatro "Úniko" e pechará a programación navideña a gala de ilusionismo que terá lugar o domingo, 9 de

7

xaneiros. Todas estas actuacións, agás a de ballet, darán comezo ás 18 horas e terán un prezo por entreda de 3 euros (a reservar en ataquilla).

Este sábado, 25 de decembro, volverá nevar na praza Maior de 19 a 20 horas

Jácome no parque de Aventura.


8

Barrios 21 de decembro 2021

NADAL especial

Xinzo quere un Nadal con moita ilusión

4 Unha pista de xeo e o Mercado de Artesanía, na praza Carlos Casares, serán parte dos atractivos destas datas na capital limiá. Redacción Unha pista de xeo e o Mercado de Artesanía son os maiores reclamos en Xinzo de Limia para estas datas de Nadal. Desde o goberno municipal afánanse para que esta datas sexan moi especiais na vila a pesar dos tempos de pandemia. Coas actividades programadas pretenden que os veciños recuperen a ilusión, sobre todo os máis pequenos da casa. Instalase por primeira vez unha pista de patinaxe sobre xeo na praza Carlos Casares, ademais dun mercado de artesanía que ofrecerá produtos típicos destas datas e de proximidade. Así o anunciou a alcaldesa, Elvira Lama, no acto de presentación do programa. “Debémoslle aos veciños momentos de ledicia, este será un mes para compartir, con todas as precaucións”, afirmaba a rexedora. Dous obxectivos O concelleiro de Cultura, Ramiro Rodríguez, subliñou que son dous os obxectivos desta programación de Nadal: recuperar a ilusión, sobre todo a dos máis cativos, e potenciar o comercio local. Rodríguez sinalou que ademais haberá actividades culturais durante todo o Nadal, en colaboración con distintas

ras, con moitas sorpresas que non se desvelaron polo momento.

Unha caseta e iluminación navideña. /CdX. escolas e asociacións. Pista de xeo e mercado A pista de xeo e o mercado serán as propostas estrela, que se poderán visitar ata o 7 de xaneiro. Poderase acceder a ambas de luns a venres en horario de 16 a 21 horas, mentres que a fin de semana e os festivos estenderase de 12 a 14 horas e de 16 a 21 horas. O prezo para patinar será de 5 euros, se ben os comerciantes terán a súa disposición entradas a metade de prezo que poderán repartir entre a súa clientela. Tamén se repartirán nas ANPA. A pista de xeo estará pechada os días 25 de decembro e 1 de xaneiro.

Un Escape Room Magic, destinado aos máis pequenos da casa, organizarase o mércores, 29 de decembro, a partir das 17 horas na Casa da Cultura

En relación ao mercado, contará con dez postos e o número de visitantes será controlado co fin de cumprir coa normativa pola covid-19. O itinerario será circular, contando cunha entrada e saída diferenciadas. Máis actividades O Pasarrúas do Apalpador agárdase para este xoves, 23 de decembro, polo Casco Vello e as zonas de ocio, dende as 18 horas. O mesmo día haberá un Festival Solidario de Nadal na Casa da Cultura, ás 20 horas, e organizado pola Asociación Cultural Aimil Folc e o Conservatorio de Música de Xinzo de Limia. O venres, 24 de decembro, Papá Noel recibirá aos nenos e nenas na súa casiña da praza Maior, dende as 18 horas. Un Escape Room Magic, destinado aos máis peque-

nos da casa, organizarase o mércores, 29 de decembro, a partir das 17 horas na Casa da Cultura. Xa en xaneiro, o día 2, domingo, na Igrexa Nova a partir das 20 horas, programouse un concerto da Agrupación Musical da Limia, Coral Santa Mariña e Chikiband. E a esperada Cabalgata de Reis sairá o 5 de xaneiro dende o pavillón de deportes ás 18 ho-

Recollida Os nenos do CEIP Carlos Casares de Xinzo de Limia deron unha lección de solidariedade. Ao longo das últimas semanas doaron roupa, xoguetes e comida para os máis desfavorecidos. Esta semana, a alcaldesa, Elvira Lama, acompañou aos membros de Protección Civil e ao director do centro, José Carlos González, nas labores de recollida. Está previsto que nos próximos días o departamento de Servizos Sociais se encargue de re-

partir os xogos aos nenos coincidindo con estas datas especiais do Nadal e co obxectivo de quen ningún cativo do municipio quede sen regalos. Os alimentos sumaranse aos que se están a reunir nos supermercados do concello para axudar a aqueles que máis o necesitan.

Os nenos do CEIP Carlos Casares doaron roupa, xoguetes e comida para os máis desfavorecidos

De arriba a abaixo, recollida solidaria no CEIP Carlos Casares, presentación do Nadal de Xinzo de Limia.


especial NADAL

Allariz trae un Nadal para todos os públicos 4 Cinema, concertos, deporte e teatro, entre as actividades programadas. Redacción Allariz programa para este Nadal actividades para todos os públicos. As actividades irán dende cinema, actividades infantís, concertos, obras de teatro e actividades deportivas. Despois das actuacións, en pasadas datas, de Alberte Montes e a Banda Unión Musical de Allariz, o xoves, 23 de decembro, será a quenda do cinema infantil coa película Onward ás 17:30h na Casa da Cultura. Unha Casa da Cultura que terá unha actividade frenética ao ser un dos epicentros culturais en Nadal. Así, o luns 27, martes 28 e xoves 30 de decembro haberá obradoiros para nenos e nenas de creación de xoguetes con materiais de refugallo (de 11 a 13 e de 16.30 a 18.30 horas), de tatuaxes e de chapas (estes dous de 16.30 a 18.30 horas), respectivamente (de 16.30 a 18.30 horas); para asistir é necesario anotarse previamente. O mércores 29 haberá “Os nosos (ilustres) instrumentos" da man de Laura Romero na Casa da Cultura ás 17:30h. Para reservar entrada para este espectáculo deberá facer na Casa da Mocidade de Allariz, no correo mocida-

Os concelleiros Helena Suárez e Alberto Conde presentaron a programción de Nadal de Allariz. de@allariz.gal ou no 988 680 343. O venres, 7 de xaneiro, Sarabela Teatro chega á vila co seu espectáculo infantil “O secuestro da bibliotecaria”, que terá lugar ás 17.30h O sábado, 8 de xaneiro, a obra de teatro para público adulto “Divas de Divan” será a partir das 22.30h. Para os espectáculos e obradoiros, agás o do mércores 29, poderase reservar entrada ou participación na Casa da Cultura de Allariz, no correo cultura@allariz.gal ou no 988 440 859. Reis Magos Xa en xaneiro, as Súas Maxestades os Reis Magos recibirán aos nenos e

Decoración navideña de Allariz.

A Carreira Popular A Derradeira sairá dende a praza Maior o día 31 de decembro ás 17 horas. Para participar fai falta achegar alimentos non perecedoiros para fins solidarios

nenas de Allariz nos soportais do Pavillón do IES. O horario será de 18 a 20 horas controlando en todo momento as entradas e saídas ao espazo. O domingo, 9 de xaneiro, a Capela Madrigalista dará un concerto na Igrexa de Santiago ás 19h. Deportes Por outra banda a Área de Deportes organiza coma todos os anos a Carreira Popular A Derradeira. A saída será dende a praza Maior o día 31 de decembro ás 17h e a única

condición para participar e que toda aquela persoa que se achegue a realizar a proba aporte alimentos non perecedoiros. Asemade dende a Casa da Mocidade organizan o Campionato de Arume 2021 do 20 de decembro ao 6 de xaneiro. Poderase participar só ou en parella. Tamén lanzan un challenge en redes que se chama “Pala de canto”. Consiste no reto de cantos golpes a pelota de ping-pong coa pala de canto eres capaz de dar. Todo mozo ou moza que queira poderá participar subindo un video facendo o reto a Instagram e etiquetando a @mocidadeallariz.

Os Reis Magos recibirán aos nenos e nenas de Allariz nos soportais do Pavillón do IES, o mércores, 5 de xaneiro, de 18 a 20 horas

4 Campañas de Nadal Allariz pon en marcha tres campañas este nadal para dinamizar as comoras no concello. "En Nadal, merca no comercio local" é o lema da campaña para incentivar as compras locais durante a época navideña. A iniciativa “O Peto dos Desexos”, sorteará catro premios de 250 euros entre os clientes do comercio e hostalería da localidade que deberán xuntar tíquets de compra ata alcanzar un valor de 30 euros e depositalos xunto coa tarxeta dos desexos nun dos Petos situados no alto do Portelo ou na entrada da Alameda. O sorteo público terá

lugar o luns, 10 de xaneiro, ás 11:30h diante do Peto dos Desexos (no Alto do Portelo). Ademais este ano, a concellería de Comercio porá en circulación 6.000 rascas por cada compra por valor de 30 euros para conseguir 1.500 euros en premios, en vales de 25 euros directos. Asemade, todas aquelas persoas que realicen as súas compras no Mercado da Reserva da Biosfera dende o sábado 11 de decembro ata o sábado 8 de xaneiro, poderán participar no sorteo de un lote de produtos do mercado da reserva e 250 euros para mercar no comercio local.

Barrios 21 de decembro 2021

9

Variedade de propostas para o Nadal de Bande 4 A recepción aos Reis Magos será no pavillón. Redacción Bande quere celebrar o Nadal por todo o alto. Por iso, desde o Concello programaron actividades para todos os gustos e, nas que os máis cativos serán os verdadeiros protagonistas. Este mesmo xoves, 23 de decembro, a Casa do Concello acolle o concerto de Tátara trío a partir das 19 horas. Papá Noel estará de ruta por Bande o venres, 24 de decembro, de 12 a 14 horas e de 17 a 18.30 horas. Unha andaina gastronavideña está prevista para o 26 de decembro (domingo) sobre unha distancia duns 17 quilómetros. Xa o 28 de decembro (martes) no pavillón de deportes haberá unha xincana (maratón de xogos) para menores de 15 anos (será a partir das cinco da tarde). Máis actividades Do 22 ao 28 de decembro, na biblioteca celebrarase un obradoiro de decoración de3 Nadal. Do 23 de decembro ao 7 de xaneiro (de 9 a 14.30 horas), pódese visitar (na Casa do Concello) unha exposición de postais navideñas creadas polo alumnado do

CEIP Xaquín Lorenzo. Xa no vindeiro ano, o 2 de xaneiro de 2022 (domingo) celébrase o primeiro Mercado do Xurés do ano, en horario de 11 a 15 horas. E a recepción dos Reis Magos será ás cinco da tarde do 5 de xaneiro (mércores) no pavillón municipal, onde haberá hinchables, obradoiros e unha chocolatada. Ademais, o concello contará cun servizo de Ludoteca gratuíto (na biblioteca de 8 a 14.30 horas) presentando un tiquet de compra no comercio local. Clinic Ademais, o campo de fútbol do Outeiro acolle un clinic de fútbol para a rapazada de 5 a 15 anos. Terá lugar do 27 ao 28 de decembro en horario de 16 a 19 horas. Realizarase un adestramento específico de porteiros. Ademais sortearanse camisetas de fútbol profesional. Campaña solidaria Outra campaña que está a ter lugar durante este mes de decembro é a que se leva a cabo na biblioteca pública. Colaborando cos servizos sociais, todo aquel que queira poderá cambiar “un libro solidario” por un alimento non perecedoiro que irá destinado aos veciños máis vulnerables.

Alumeado no Concello de Bande.


10

Barrios 21 de decembro 2021

NADAL especial

Barbadás celebra o Nadal por todo o alto 4 Visitarán o concello os Reis Magos, Papá Noel e o Apalpador. Redacción

Árbol de Nadal e unha caixa de regalo xigante na praza Maior de Celanova. /RAMSÉS.

Variada programación de Nadal en Celanova 4 Maxia, música e campamentos, entre as propostas. Redacción O mércores, 22 de xaneiro, ás 17 no biblioteca municipal entregaranse os diplomas "Os máis lectores". Para a conciliación familiar, o Campamento de Nadal dará comezo o día 22 de decembro e prolongarase ata o 5 de xaneiro no pavillón das Triguerizas en horario de mañá. Sendos campamentos tecnolóxicos terán lugar do 22 ao 30 de decembro na Aula CeMIT. Por unha banda, de 10.30 a 13 horas, para cativos de 4 a 8 anos, o que leva por título "No Nadal enredo coa tecnoloxía"; pola outra, de 16.30 a 19 horas, para cativos de entre 9 e 12 anos o chamado "Diseña os personaxes e programa o teu xogo". O xoves, 23 de decembro, pasarrúas polas rúas da vila da Banda de Música Municipal de Celanova

-a partir das 11 horas-. Ese mesmo día, ás 20 horas celébrase no pavillón da Pedra Moa a Gala do Nadal das Escolas Deportivas do Concello de Celanova. E rematan as actividades deste mes co musical tributo a Mary Poppins "Supercalifragilístico"; será ás 18 horas no Auditorio municipal. Xaneiro A programación en te-

Decoración de Nadal en Celanova. /RAMSÉS.

rras de San Rosendo durante o mes de xaneiro comezan o domingo día 2 co espectáculo de maxia do Mago Joel (finalista de Got Talent) ás 18 horas no Auditorio municipal. As rúas da vila acollerán o mércores día 5 a Cabalgata dos Reis Magos a partir das cinco da tarde. E para rematar, o sábado 8 ás 20 horas o concerto de Nadal da Big Bang (Banda de Música Municipal de Celanova) no Auditorio dará por concluida a programación.

As rúas da vila acollerán o mércores día 5 a Cabalgata dos Reis Magos a partir das cinco da tarde

O Espazo Infantil de Barbadás terá aberta a Ludoteca os 22, 23, 27, 28, 29 e 30 de decembro e os 3, 4 e 5 de xaneiro en horario de 9 a 14 horas. O mércores, 23 de decembro, é día de concertos: a Asociación Cultural Velai-vai actuará onde a rotonda da Familia a partir das 18 horas; o grupo de corfas "Sen contrastes" o fará na Sala Manuel María ás 19 horas; e o Polideportivo Municipal acolle, a partir das 19.30 horas unha masterclass de Nadal (adultos e cativos). O xoves 23, as actividades de Nadal ofertadas polo concello comezan co Torneo de fútbol prebenxamín de Nadal, a partir das 10 horas no campo de fútbol Os Carrís. Pola tarde, a iso das 18 horas a Sala Manuel María será o escenario do concerto da banda infantil EMMB; ás 19 horas Papá Noel estará na rotonda da Familia; e ás 20 horas a animación musical correrá a cargo da charanga "Téquele". A Casa da Mocidade, do 27 ao 30 de decembro ofrecerá, de 17 a 18.30 h, clases de baile moderno. O CEIP Filomena Dato montará un circuíto de patinaxe para a rapazada de 3 a 8 anos (de 16 a 17 horas) e a partir de 9 anos (de 17 a 18 horas). O mércores 29, o cam-

Árbol de Nadal na avenida de Celanova. po de fútbol Os Carrís alberga un clinic de porteiros (desde as 10 ata as 14 horas). Ás 17.30 h na Casa da Mocidade, charla sobre Ciberseguridade ofrecida pola Garda Civil. E ás 16h na Sala Manuel María haberá un concerto de clarinetes da EMMB. O xoves 30 de 16 a 18 horas, o parque dos Patos realizarase unha ruta de patinaxe. Na rotonda da Familia, concerto a cargo da banda de Gaitas Nova Fronteira (18 horas). As actividades do día rematarán coa visita do Apalpador na Sala Manuel María a partir das 18.30 h.

Reis Magos O 3 de xaneiro, as súas Maxestades Os Reis Magos visitarán Sobrado (16h), Loiro (16.30h), Bentraces (17h), Barbadás (17.30h), As Lamas (18h), Finca Fierro (18.30h), Parada (19h) e Piñor (19.30h). A coral da EMMB actuará na rotonda da Familia ás 17 horas. O martes 4 (de 16 a 20h) o polideportivo acolle o Diverlandia 5.0 na que se contará coa visita dos Reis Magos (entrada con invitación). Mentres, ás 20.30 horas a Banda Xuvenil da EMMB dará un concerto ás 20.30 horas na igrexa San Bernabé da Valenzá.


ECONOMÍA

Galicia, etiqueta de calidade

4O selo Galicia Calidade terá unha sección específica sobre alimentación que se denominará Galicia Calidade Alimentaria Redacción Galicia non se entende sen a súa gastronomía e, de feito, esta constitúe un dos principais atractivos da súa ampla oferta turística. Así, os visitantes acoden a Galicia atraídos, entre outras cousas, polos seus manxares, sendo esta unha das grandes motivacións para a súa viaxe. Por iso, a nosa comunidade pode presumir de contar con ata 36 selos de denominación de orixe ou indicación xeográfica protexida. Son experiencias de calidade ás que hai que engadirlle tamén outras producións de excelencia, como son as derivadas das razas autóctonas de Galicia, o selo Galega 100%, que ampara o leite galego de calidade certificada e o selo pescadeRías, que ampara os peixes e mariscos procedentes da frota artesanal na nosa comunidade autónoma. A dinamización dos coñecidos como produtos de calidade fixo que nos últimos anos as producións do mar e do campo galego se virán potenciadas de forma cualitativa e cuantitativa. Recursos alimentarios, en definitiva, que constitúen unha das mellores ferramentas das que dispón o medio rural desta comunidade para asegurar o seu futuro, emprender novas vías de desenvolvemento e, incluso, reinventarse. A través das denominacións de orixe protexidas (D.O.P) e das indicacións xeográficas protexidas (I.X.P.), os produtos galegos alcanzaron unha nova dimensión, máis competitiva no mercado, atractiva

A Comunidade Autónoma conta con ata 36 denominacións de orixe ou indicacións xeográficas protexidas

Produtos galegos con denominación de orixe ou indicación xeográfica protexida. para o consumidor e con todas as garantías de que o produto que se ofrece pasou rigorosos controis de calidade, como mostra do seu especial coidado no proceso de produción e comercialización. I Mostra de Calidade Alimentaria Co fin de impulsar toda esta riqueza, a Xunta vén de celebrar, no Pazo de Quián, en Sergude (Boqueixón) a I Mostra de Calidade Alimentaria. Neste contexto avanzouse que o selo Galicia Calidade terá unha sección específica sobre produtos alimentarios que se denominará Galicia Calidade Alimentaria e que englobará produtos con excelencia recoñecida, afondando tamén na súa promoción. Anunciouse a creación deste selo na presentación da nova campaña institucional da Xunta Galicia Etiqueta Calidade, na que o ente autonómico investirá 700.000 euros para divulgar o bo facer da xente do mar e do agro. Trátase dunha iniciativa que amosa nestas datas de Nadal que Galicia é unha potencia alimentaria. Unha contribución pública para o sector, en apoio e agradecemento polo seu labor encomiable, ao ser quen

de facer que non faltase produto alimentario galego de calidade durante a emerxencia sanitaria. Esta campaña destaca a importancia do etiquetado nos produtos de calidade. Tamén salienta que estas producións son a “Excelencia de Galicia” e que son garantía, autenticidade e singularidade. Ao tempo, tamén transmite a decidida aposta polo produto local e de proximidade e, en definitiva, traslada que os produtos de calidade de Galicia son os mellores. No marco desta Mostra tamén se deu a coñecer o mercado dixital oficial no que produtores poderán vender estas producións, establecendo contacto eles mesmos co consumidor. Trátase, así, dun verdadeiro mercado online, no que se poderán comercializar os produtos de excelencia de Galicia cun só clic. Premios Exceleite Na entrega dos premios Exceleite púxose en valor a futura Lei da calidade alimentaria, que apostará pola produción excelente de proximidade, san e sustentable que sempre distinguiu a Galicia. Ademais, a Xunta actúa como o acelerador do motor que representa o lácteo para a nosa comunidade median-

te o impulso de medidas como a Estratexia sectorial e, dentro dela, a aplicación informática Conta Láctea ou a formación empresarial para os gandeiros. Experiencias de calidade Viños e augardentes. Galicia conta con cinco denominacións de orixe de viño (Ribeiro, Valdeorras, Rías Baixas, Ribeira Sacra e Monterrei). Cabe tamén destacar os viños con indicación xeográfica (tamén coñecidos como Viños da Terra), dos que contamos con catro: Barbanza e Iria, Betanzos, Val do Miño-Ourense e Ribeiras do Morrazo. As indicacións xeográficas das augardentes e dos licores tradicionais de Galicia protexen tanto a augardente de herbas, como o licor de herbas e o licor café, bebidas todas elas que forman parte inseparable do imaxinario colectivo desta terra. En canto ás carnes de Galicia, sempre gozaron de prestixio e recoñecemento. Ternera Gallega é o selo de calidade máis importante no sector cárnico español. A protección destas producións viuse potenciada nos últimos tempos coa creación da Indicación Xeográfica

Barrios 21 de decembro 2021

Protexida Vaca gallega e Buey gallego. No ámbito avícola, cóntase cos selos de calidade do Capón de Vilalba; en vacún (Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa); en ovino (Ovella Galega); en cabrún (Cabra Galega); en aviar (Galiña de Mos); en equino (Cabalo de Pura Raza Galega); e en porcino (Porco Celta). Lácteos. O leite galego de calidade conta co certificado “Galega 100%”, un selo que garante a excelencia do produto. Cabe destacar a calidade dos queixos, con catro diferentes denominacións de orixe protexidas (Arzúa-Ulloa, Cebreiro, Tetilla e San Simón da Costa). Horta. Cinco tipos diferentes de pementos de gran calidade ofrece a horta galega (os de Herbón, O Couto, Oímbra, Arnoia e Mougán), que están amparados baixo un selo dunha denominación de orixe, no caso do primeiro, e de indicacións xeográficas protexidas nos restantes. As castañas, as patacas ou o mel producidas en Galicia tamén contan cun recoñecemento especial pola súa calidade. A apicultura constitúe un elemento importante da etnografía en Galicia, onde perviven construcións tradicionais vinculadas a esta produción artesanal. Os Grelos de Galicia son outro dos produtos da horta galega con calidade amparada por un indicativo específico. Pódense atopar no mercado en varios formatos (fresco, conxelado ou en conserva), o que supón un importante número de consumidores potenciais, tanto dentro como fóra da comunidade. As subzonas de Bergantiños (na Coruña), Terra Chá, A Mariña e Lemos (na provincia de Lugo) e A Limia (en Ourense) acollen a produción da Indicación Xeográfica Pro-

11

texida IXP da Pataca de Galicia. O cultivo da Faba de Lourenzá abarca o territorio costeiro da provincia de Lugo e con este distintivo déuselle nome propio a esta variedade. Ademais, o Pan Galego, o Pan de Cea, xunto coa Tarta de Santiago, son os tres produtos galegos do sector de panadería e pastelería que contan con distintivo de calidade. A Agricultura Ecolóxica –unha denominación que, a diferencia das demais, non ten carácter xeográfico– é outro indicativo de calidade que rexistrou un gran desenvolvemento nos últimos anos en Galicia. Trátase dun sistema de produción de alimentos baseado nun escrupuloso respecto ao medio ambiente, o benestar animal e o mantemento e mellora da fertilidade do solo. Produtos do mar No tocante ao mar, Mexillón de Galicia certifica o mexillón producido, transformado e elaborado en Galicia, o auténtico mexillón das Rías Galegas. Pola súa banda, a marca pescadeRías ¿de onde se non? é un selo de identidade para a promoción e defensa dos peixes e mariscos procedentes da frota artesanal, cunha fama de variedade e calidade que traspasa as nosas fronteiras. Artesanía Alimentaria Por outra banda, a Xunta puxo en marcha a marca Artesanía Alimentaria, para poñer en valor os produtos agrarios e pesqueiros que se elaboran de forma tradicional, así como para protexer aos seus produtores. Trátase dunha novidosa regulación que especifica o que é unha produción artesanal para evitar que se empregue de forma inadecuada este termo ou outros similares como “caseiro” ou “feito en casa”.

Coas denominacións de orixe protexidas (D.O.P) e coas indicacións xeográficas protexidas (I.X.P.), os produtos galegos acadaron unha nova dimensión, máis competitiva no mercado e atractiva para o consumidor


12

Barrios 21 de decembro 2021

CIDADE

EN BREVE 4 CHUO A Xunta de Galicia e o Concello de Ourense asinan un convenio para a ampliación do complexo hospitalario universitario. O Concello comprométese a achegar ao Sergas 5,2 millóns de euros para exencionar o IBI en favor do novo hospital de Ourense durante os próximos seis anos. As obras licitáronse en xullo por 52,5 millóns de euros e está previsto que se adxudiquen antes de rematar o ano. Suporán a construción dun novo edificio entre o Hospital de Cristal e o Materno-Infantil e a remodelación deste último. O novo edificio contará con 280 camas de hospitalización convencional, 38 para ingresos pediátricos e 56 de hospitalización obstétrica; un área de Neonatoloxía con UCI pediátrica; urxencias pediátricas e obstétricas; un servizo de Radioloxía e unha área de diál.

Salidaridad Motera entregando material a Red Madre.

Solidaridad Motera Redacción José Manuel Díaz Barreiros recibindo a insignia de Ouro da CEG.

Insignia de Ouro da CEG Nun acto celebrado no Hostal dos Reis Católicos -Santiago- o pasado 2 de decembro, José Manuel Díaz Barreiros recibiou a insignia de ouro da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) en recoñecemento á súa contribución ao desenvolvemento empresarial e como ex presidente. Recibiu a distinción da man do director xeneral adxunto do Banco Sabadell, Pablo junceda, coa presencia do presidente da CEG, Juna Vieites; e da presidenta da Confederación de Empresarios de Ourense (CEO), Marisol Nóvoa; así como de representantes empresariais de toda Galicia.

Lapis solidario Redacción

4 App O Concello de Ourense pon en marcha unha aplicación móbil, en fase de probas e recolle suxestións da veciñanza. Está dispoñible en https://ourense.gal/movilapp/.

4 Expourense Expourense celebrará en 2022 tres feiras internacionais (Funergal, 19 e 20 de maio; Termatalia, 29 e 30 de setembro; e Xantar, do 9 ao 13 de novembro). O calendario do recinto complétase con sete citas máis (Mostra da Oportunidade, Previsel, Car Outlet, Sportur Galicia, Salón do Automóbil Novo, Salón do Automóbil de Ocasión e a Feira de Antigüidades Antiq Auria). Ademais, a pista cuberta de atletismo acollerá o Campionato de España (do 25 ao 27 de febreiro), entre outras moitas probas atéticas.

4 Centro FP As obras do centro galego de innovación da FP entran na súa recta final. Está previsto que comece a funcionar en 2022.

Hai uns días os intregrantes de Solidaridad Motera fixeron entrega de roupa, xoguetes e enseres de bebé á asociación Red Madre nunha recollida que precisou de tres viaxes para levar todo o que lograron recoller. Agora andan inmersos na recollida de xoguetes

Os novos vehículos da Policía Local de Ourense.

Novos vehículos para a Policía Local O Concello de Ourense renova o parque móbil da Policía Local coa incorporación de 10 novos vehículos. Cinco son patrulleiros sen kit de detidos; catro, furgóns de Atestados para labores de Policía Xudicial de Tráfico; e un vehículo sen rotular para Servizo Policial. Así mesmo, en breve espéranse recibir catro motocicletas para a sección de motoristas. Todos os vehículos contan con dotación auxiliar e material de uso policial (incluídos chalecos antibalas así como tamén un equipo de detección de drogas en materia de tráfico e que se suma ao xa existente).

Un ano máis, e xa van 16, o lapis solidario carrexa ilusión e xoguetes aos nenos máis necesitados. As tendas Juguettos de Ourense e Orixe Publicidade e Comunicación, poñen en marcha esta campaña, na que colaboran máis de 60 establecementos da cidade. Nos

para os nenos de familias ourensás máis desfavorecidas. Coa axenda a tope están recollendo, seleccionando e preparando os xoguetes para que, se todo vai ben, o día 2 de xaneiro entregaranse en casas de acollida de Ourense. Solidaridad Motera é un grupo de persoas que o seu fin é a solidariedade; por iso, ademais da recollida de xoguetes fan numerosas actividades como as de axudar a rapaces que sofren bullying.

seus negocios poderanse mercar os lápices, por só un euro, con distintos deseños (hai máis de 15 modelos diferentes) para, o recadado, revertilo en xoguetes. A campaña continuará ata o 6 de xaneiro do 2022. Segundo Manuel Lorenzo Reguera, xerente de Juguettos Ourense, “o obxetivo é chegar aos máis nenos posibles, cotamos coa axuda de moita xente e ímolo conseguir”.

Edición anterior do Lapis Solidario.

Operación Quilo Redacción Voluntarios xunto á placa homenaxe na Deputación.

Homenaxe voluntariado Cruz Vermella Desde o pasado 2 de decembro, Día Internacional do Voluntariado, unha placa de honra rende homenaxe ao Voluntariado de Cruz Vermella na Deputación Provincial Esta é unha homenaxe permanente no tempo e na memoria, que lembrará a quen acompañou e levou alimentos, produtos hixiene a persoas maiores, a persoas que viven soas, a persoas enfermas ou confinadas, a familias que quedaron sen recursos, a nenos e nenas que non tiñan como seguir as tarefas escolares porque non tiñan medios. Un agradecemento ao voluntariado que estivo de apoio aos servizos sanitarios, por exemplo en Expourense durante as vacinacións masivas.

Últimos días para colaborar coa Asociación Amencer na Operación Quilo. Supermercados -con carriños para deixar alimentos non perecedoiros, pequeno comercio -máis de 200 petos para deixar cartos que irán destinados a mercar máis alimentos-, ao igual que o que se recade en salóns

de peiteados ao comprar un lazo laranxa son as formas de colaborar. Tamén están a colaborar entidades deportivas, culturais e sociais con eventos no que se recada para este fin solidario. Este ano, ademais, se pode facer un donativo a través da conta corrente de Abanca, no número ES12 2080 5261 1130 0001 1450 indicando para a OPERACIÓN QUILO ou por Bizum, empregando o código 04056.


PUBLICIADE

Barrios 21 de decembro 2021

13


14

Barrios 21 de decembro 2021

EN BREVE 4 San Lázaro O Concello de Verín está a traballar nas obras de canalización da canle de San Lázaro, situada no tramo urbano da estrada de Vences, á altura da Casa do Escudo. Devandita actuación, que conta cun investimento de 48.000 euros, consiste na canalización da Canle de San Lázaro mediante a colocación de tuberías enterradas, que permitirán a circulación de caudal de auga intermitente ou estacional, e o posterior recheo do resto do foso, nun tramo equivalente a 70 metros de lonxitude.

4 DO Monterrei Máis de 80 participantes tivo a última actividade promocional da DO Monterrei. Nesta ocasión foi en Pontevedra onde se coñeceron as peculiaridades desta denominación.

4 Pleno O pleno de decembro do Concello de Verín aprobou (cos votos a favor do grupo de goberno e os en contra dos da oposición) o recoñecemento extraxudicial de créditos por importe de 119.102,01 euros, das facturas detalladas no mesmo- do ano 2020, así como levantar o reparo de intervención para todas estas facturas. Tamén se aprobou a contratación da dunha operación de crédito por un valor de 2.600.000 euros, sendo finalmente adxudicada a entidade bancaria CaixaBank.

VERÍN E COMARCA

Récord de visitantes no Museo Mercedario 4 Supera as 30.000 visitas en menos de cinco anos grazas á súa gran labor de divulgación e numerosas actividades. Redacción En catro anos de vida, o Museo do Claustro Mercedario conta cunha grande bagaxe. En menos dun lustro, conta con mencións tan salientables como a da revista National Geographic, nominacións para premios de divulgación como a do Instituto Galego do Viño (INGAVI) ou a atención do Consello de Europa, quen vén de avaliar as súas instalacións de cara a incluílas nos seus Itinerarios Culturais Europeos. Ademais, este mesmos mes, un veciño de Barcelona foi o visitante 30.000, polo que recibiu un obsequio de viños da DO Monterrei, unha cea en Verín e libros da comarca. O propio alcalde de Verín, Gerardo Seoane, e a concelleira de Cultura, Emilia Somoza, encargáronse de entregar os obsequios. O mozo agraciado pertencía a un grupo de investigadores do CSIC e de varias universidades que realizaran traballos de investigación na costa galega, e agora visitaban o interior de Galicia. O museo coñecérano a través da información aportada polos veciños na propia vila. Valor O fito de alcanzar os 30.000 visitantes, segun-

Grupo da Ludoteca de Verín visitando a exposición sobre a emerxencia climática. do o alcalde, «demostra que a historia e o patrimonio son un valor engadido para unha comarca, e este valor vén da divulgación, non da súa mera exhibición». Destacou que a fórmula da Interpretación Patrimonial «vai máis alá de xuntar obxectos», e ten que centrarse na súa explicación amena e divertida, que “enganche” ao público coa identidade dunha comarca, neste caso a de Monterrei. Pola súa banda, a concelleira de Cultura, Emilia Somoza, lembrou a importancia das actividades de divulgación ambiental e ecolóxicas desenvoltas polo Museo, especialmente entre a poboación moza de Verín, que serán os que “no futuro padecerán ou

corrixirán as desviacións causadas no noso ecosistema polo cambio climático, pola contaminación ou o quecemento global”, polo que debemos “equipalos coa mellor arma para loitar contra a parte mala do mundo que lle deixamos, o coñecemento”.

Un barcelonés foi o visitante 30.000, polo que recibiu un obsequio de viños da DO Monterrei, unha cea en Verín e libros da comarca

Aever colabora co Nadal de Verín 4 Tres locais de Verín deron tres premios dos "Días Azuis". Redacción Inmersos, os comerciantes de Verín (establecementos asociados a AEVER), na campaña "Os 6.000 de Verín" non se queren esquecer de aportar o seu gran de area nas actividades que se organizan na vila do Támega durante estas datas de Nadal. Por iso, o xerente de Aever, José Ángel Rodicio, e o tenente de alcalde de Verín, Diego Lourenzo, presentaron un programa complementario no que se pon o foco nos máis cativos. Realizaranse dúas actividades principalmente, que teñen como obxectivos incrementar o poder de atracción da zona, incentivar as vendas, mobilidade dos clientes polas rúas comerciais e favorecer a conciliación familiar. Por unha banda, co-

locaranse hinchables do 27 ao 30 de decembro, de xeito rotativo, nas prazas García Barbón, da Merced e do Concello. O horario será de 17 a 20 horas e poderase acceder de forma gratuíta presentando os vales que se obteñen polas compras nos establecementos asociados a Aever. Tamén haberá pasarrúas navideño os días 23, 24 e 30 de decembro, e o 4 de xaneiro, que amenizará con música as rúas comerciais da vila. Días Azuis Noutro orde de cousas, tres establecementos de Verín entregaron tres premios da Campaña da Xunta de Galicia "Días Azuis". Foron dous premios de 250 euros (Flekos Moda e Feitizo Complementos) e un de 150 (Bazar A Merced). De toda Galicia, soamente Santiago de Compostela e Verín entregaron tres premios.

Rodicio e Lourenzo presentan as actividades organizadas pola asociación Aever.


VERÍN E XINZO

Remata o ciclo de charlas da Escola Rural de Saúde 4 Que trataron sobre enfermo crónico e risco de morte.

Río Támega.

Remata a limpeza no río Támega 4 No tramo urbano. Redacción O Concello de Verín remata as accións de limpeza e conservación do río Támega no seu tramo urbano. As actuacións realizadas tiveron por obxecto levar a cabo as medidas de protección necesarias no leito do río Támega para a súa conservación e mantemento, coa finalidade de previr futuros problemas de cheas invernais e consolidar un caudal mínimo continuo ao longo do tramo urbano do río Támega, ao seu paso por Verín. Os traballos consistiron na limpeza e roza selectivos, utilizando tratamentos silvícolas (que favorecen o crecemento das especies que forman o bosque de ribeira) de ambas as marxes do tramo urbano que engloba desde a represa da zona do Olivar ata a Ponte de Melo, así como na retirada selectiva de sedimentos nas zonas necesarias.

Esta actuación executouse tras recibir a pertinente autorización por parte da Confederación Hidrográfica do Douro na que se especifica que «non causa prexuízo a integridade do espazo, non afecta de xeito significativo a hábitats prioritarios ou a núcleos poboacionais das especies de interese para a conservación ou elementos da paisaxe que revistan unha importancia fundamental para os compoñentes da biodiversidade». «Esta é unha actuación preventiva máis das que vimos realizando desde o Concello de Verín, previa autorización de Confederación Hidrográfica do Douro, en zonas onde a acumulación de grava, broza e sucidade converten certas zonas do leito do río Támega en puntos de perigo de inundación», explicou o alcalde de Verín, Gerardo Seoane.

Redacción A Asociación Escola Rural de Saúde da Limia vén de rematar as mesas redondas e ciclo de charlas sobre o enfermo crónico e os riscos de morte. As sesións tiveron lugar desde o 27 de mayo ata o 15 de noviembre, todos os xoves. Nesta iniciativa particiciparon: Lola Rico, Técnico en coidados de enfermaría, dietista nutricionista e Coordinadora da Escola de saúde; Elisa Cadaya, enfermeira do Hospital de Ourense e fundadora da Escola de Saúde; José

Antón Tovar Redacción O Concello de Xinzo de Limia impulsa a Antón Tovar como merecedor das Letras Galegas 2023. Cren que é o mellor momento xa que se celebran cen anos do seu nacemento. O goberno local levará ao próximo pleno unha moción para instar á Real Academia Galea a que lle dedique o Día das Letras

Mª Morán, Médico internista do hospital de Verín; Concepción Ferreira Salgado, coidadora familiar da súa nai con alzheimer; Margarita García, Auxiliar de axuda a domicilio; Ana Fernández, Farmacéutica comunitaria; Tomás Delgado, Sacerdote de Xinzo de Limia; Manuel Mandianes, Profesor, antropólogo e

Barrios 21 de decembro 2021 escritor; Rebeca Rangel, Traballadora social e auxiliar de axuda a domicilio; Rosa Mª Trujillo, Psicóloga especialista en Psicoloxía da saúde e escritora. A finalidade destes encontros foi contar cun equipo multidisciplinario de axuda en caso de dificultade de atención ao paciente crónico, a maioría son persoas que viven en soidade a súa enfermidade e proximidade da morte e a non vivencia dos duelos como é o caso do ocorrido desde o ano 19 coa pandemia da covid19. Pola gran aceptación lograda desde a Escola Rural aseguran continuar con esta iniciativa.

15

EN BREVE 4 Bono comercio en Xinzo Os bonos para incentivar o comercio local subvencionados polo Concello de Xinzo esgotáronse en menos dunha semana, dando mostra da boa iniciativa levada a cabo pola entidade local (estaban á venda ata o 5 de xaneiro) en colaboración con ProLimia. Os comerciantes ofreceron un total de cinco tarxetas, cada unha delas de 10 euros. O valor dos bonos ascendeu a 50 euros, dos que a Administración local asumiu o 30%, polo que o custo real para os cidadáns foi de 35 euros.

4 CDR O Viso

Unha das charlas na Escola Rural de Saúde da Limia.

Galegas 2023, toda vez que o seu namoramento pola comarca queda explícito na súa obra. Ademais, a intención do executivo é dar traslado desta petición ao resto dos concellos da Limia para que teñan ocasión de mostrar o seu apoio. Eloy Conde Na mesma sesión plenaria, está previsto que o grupo de goberno presente unha moción para iniciar os trámites para nomear fi-

llo predilecto a título póstumo a Eloy Conde Conde. Naceu no ano 1947 na aldea de Damil e finou no 2019 en San Sebastián. Dende moi novo encontrou no fútbol a maior das súas paixóns. Nos anos da súa infancia e adolescencia, os campos do Toural, da Seara e do Pombal, ademais do Seminario de Ourense, foron testemuñas de primeira man do devecer de Eloy Conde polo deporte do balompé.

O Centro de Desenvolvemento Rural “O Viso” realiza un sorteo de cinco cestas cheas de produtos de Comercio Xusto para petenciar esta alternativa de consumo e acadar fondos para que nadie quede sen un Nadal digno. Ata o 5 de xaneiro poderanse mercar rifas para participar neste sorteo solidario. As cestas conteñen enredos do mundo, adornos, bolsas de tela, especias, cosméticos e material de papelería. As rifas custan só un euro e pódense conseguir no CiX (na rúa Ladeira, en Xinzo), ou pedíndollo a calquera persoa traballadora, voluntaria ou amiga do CDR.


16

Barrios 21 de decembro 2021

EN BREVE 4 Xubilacións no Concello Dezaseis traballadores do Concello xubilaranse neste mandato mentres o executivo avanza na elaboración da relación de postos de traballo (RPT). O Concello de Xinzo de Limia recoñeceu a dedicación dos traballadores e traballadoras desta Administración local que se retiraron dende o ano 2019 cunha emotiva homenaxe na que foron obsequiados cunha placa que leva gravada unha mensaxe de agradecemento. Actualmente, o Concello conta con 23 funcionarios e 96 traballadores dentro do apartado de persoal laboral, fixo e indefinido.

4 Concurso Samaín Entregáronse os premios do segundo concurso de minicontos de medo e terror Samaín 2021. Os gañadores foron Carla Gómez Gómez, do IES Lagoa de Antela; Shaila Franco Morales, do Cidade de Antioquía; e Antón Sánchez Joga, Claudia Urones Cid, Gabriela Enríquez Blanco e Leo Rodríguez Enríquez, do Rosalía de Castro.

4 Obradoiro Vía da Prata Os alumnos do Obradoiro de Emprego en la Vía da Plata están a realizar a formación práctica por distintos puntos da vila limiá, como é o parque do Pombal, onde plantaron diferentes especies florais. Ademais, mellorarán a accesibilidade do Camiño e rehabilitarán unha zona degradada na contorna do río Limia -xunto ao parque Seara e a estrada a Baltar-. Cabe recordar que hai 16 alumnos repartidos en dous módulos (un de albañeleiría e outro de xardinaría).

XINZO E COMARCA

Sinais de “tráfico” contra a violencia de xénero 4 O Concello instala dez destas sinais. Redacción O Concello de Xinzo de Limia instala dez sinais de “tráfico” contra a violencia de xénero en lugares concorridos da vila e nos accesos. Pretende, desta maneira, poñer freo a esta lacra social. Con este obxectivo instalou os sinais en oito puntos claves e está previsto continuar nos dous accesos pola N-525. Algúns dos lugares escollidos para a colocación dos indicadores verticais son a Casa Consistoria, á entrada ao Centro de Saúde e nos centros educativos. Pero tamén se colocaron na estación de autobuses, na parada de buses situada fronte ao Villasana, na praza Maior o na Carlos Casares. Nestes casos as sinais teñen a forma hexagonal da sinal de stop e aportan o número de teléfono (016) ao que chamar en caso de ser vítima de violencia de xénero, ademais do lema “Stop á violencia de xénero”. Tamén se instalarán sinais de formato rectangular nos accesos á vila pola N-525 coa inscrición “Concello comprometido contra a violencia de xénero”, que acompañarán a indicación “Xinzo de Limia”. Esta medida anunciárase no mes de novembro, cando se conme-

mora o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. O concello anunciou esta actuación para evitar que esta loita se esqueza unha vez que o 25N pasa no calendario. Deste xeito, as sinais agora instaladas, similares ás que regulan o tráfico, contribuirán a manter viva unha loita que busca a implicación de todos o cidadáns na denuncia deste tipo de violencia. Tomar conciencia A alcaldesa, Elvira Lama, destacou a importancia desta iniciativa a prol da concienciación social. “A violencia de xénero é un problema social grave, que está presente na sociedade, todos os días a calquera hora. Estas sinais a modo de alerta servirán de axuda para as mulleres que as necesiten, e para que cada día tomemos conciencia de que ningunha muller estamos libres de sufrir este tipo de violencia machista". Desde o concello limián seguen apostando por educar dende a igualdade para erradicar esta lacra social Outras actividades contra a violencia de xénero levadas a cabo foi unha andaina en colaboración co GDR Limia-Arnoia baixo o lema “Non peches os ollos”, a representación teatral de “Invisibles”. Tamén levouse a

4 Presentación

Presentouse o libro “O Entroido de Xinzo de Limia”, do escritor e historiador limiao Edelmiro Martínez Cerredelo.

Unha das sinais colocadas nun centro escolar.

cabo -a través da Concellería de Igualdade e do Centro de Información á Muller- unha campaña de prevención nos IES da vila na que se procuraba que os máis novos saiban identificar os diferentes tipos de violencia de xénero e poidan así denuncialos; dando a coñecer aos estudantes os recursos e ferramentas que existen ao dispor das mulleres que sofren violencia de xénero ou daquelas persoas que sexan coñecedoras doutras que estean pasando por esa situación. Tamén no CEIP Carlos Casares e no CEIP Rosalía de Castro, programáronse charlas e dinámicas encamiñadas a sensibilizar a nenos e nenas na importancia de identificar e detectar actitudes e comportamentos que implican violencias machistas, co obxectivo de previr estes casos.

Algúns dos lugares escollidos para a colocación dos indicadores verticais son a Casa Consistorial, á entrada do Centro de Saúde e nos centros educativos

Momento da firma do conselleiros cos regantes.

Construiranse 42 novos pozos de sondaxe de auga 4 A Xunta asina o convenio con catro comunidades de regantes da Limia. Redacción O conselleiro do Medio Rural, José González, asinou un convenio de colaboración con catro comunidades de regantes para a construción de 42 novos pozos de sondaxe de auga na comarca limiá, por un importe de case 4 millóns de euros. Estes novos pozos estarán repartidos a razón de: seis para a comunidade de San Salvador de Sabucedo, 13 para a de Lamas Ganade, outros 13 para a de Corno do Monte e 10 para a de Alta Limia. Desta forma, os proxectos de regadío que se levarán a cabo no marco deste convenio comprenden as obras necesarias para a construción e a captación de augas subterráneas desde pozos de sondaxe, para que os agricultores dispoñan dunha toma de auga próxima aos seus cultivos con caudal mínimo necesario que facilitará os labores de rega. Trátase de actuacións necesarias para a sinatura do convenio entre o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, SEIASA e ditas comunidades para levar a cabo o proxecto de mellora para o aproveitamento en regadío das 42 captacións de augas subterráneas - A Limia 2022, que conta cun orzamento total de 15,9

millóns de euros (o 80% deste orzamento financiado polo Goberno central e o 20% restante polas comunidades de regantes). Ademais, vaise investir de 32,5 millóns de euros na potenciación do sector agrario da Limia. Cómpre destacar os 12 millóns de euros que se destinarán á limpeza das canles e dos camiños paralelos a elas, co fin de mellorar a xestión dos subprodutos gandeiros e das augas para evitar e reducir a afectación ambiental das prácticas agrogandeiras actuais nesta bisbarra ourensá. Tamén salientar os 15,9 millóns de euros do proxecto de mellora da eficiencia e da sustentabilidade dos regadíos da Limia, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia promovido polo Executivo do Estado para facer fronte aos efectos da COVID-19 coa axuda dos fondos europeos Next Generation. Reparación de camiños Así mesmo, cómpre destacar tamén o Plan extraordinario de reparación de camiños desta comarca, dotado para este ano dun orzamento de 600.000 euros de fondos propios da Xunta. A través deste programa, prevense reparar diversos camiños repartidos en 12 concellos, que son utilizados polos agricultores e gandeiros locais.


ALLARIZ E CELANOVA

6,2 millóns de euros para 2022 4 Será o orzamento que manexe o Concello de Allariz. Redacción Unhas horas antes de ser aprobado no pleno do Concello de Allariz, a súa alcaldesa, Cristina Cid, presentaba os que serán os orzamentos para o ano 2022. Este orzamento, que ascende a 6.277.347 euros, está realizado, segundo a propia rexedora con criterios de "prudencia e rigor". Estas contas, apenas incorporan ingresos dos Fondos Next Generation, ao considerar que non existe información veraz e fiable sobre a posibilidade de que unha parte deses fondos poda ser xestionado polas entidades locais. Máis de medio millón de euros será para política social, para axudar aos máis vulnerables. Con este compromiso o Concello manterá a maiores dos Servizos Sociais Básicos, os programas de envellecemento activo, de terapia ocupa-

cional, acompañamento ás persoas maiores de todo o termo municipal, etc. Por suposto, programas importantes como o de Axuda a Domicilio ou Xantar sobre Rodas están contemplados tamén no orzamento. Igualmente está previsto seguir avanzando no cambio de luminarias a led, polo que están contemplados 50.000 euros de recursos propios, que deberían verse incrementados si ás convocatorias de subvencións anunciadas, finalmente se materializan. Está contemplado tamén nos orzamentos, a recuperación da totalidade das actuacións habituais dentro do calendario de eventos, tan necesarios para a dinamización económica do noso comercio e hostalería, pero tamén para o goce dos veciños e veciñas.

Cristina Cid presentando os orzamentos de Allariz.

FIXA Redacción O xardín Galego “O camiño cara a emigración de Rosalía” foi a proposta máis votada polo público (co 40,74% dos votos) no 11º Festival de Xardíns de Allariz. O xardín galego foi obra do equipo Arquiterras formado por Sara del Río, Johnatan Carreira e Ana Barxa. Deste xeito, asegúrase estar presente na edición do próximo ano. En segunda e terceira posición quedaron ”A poesía das Cousas” e ”Un xardín futurista”, respecti-

vamente. Estímase que visitaron o festival ao redor de 35.000 persoas que deixaron uns ingresos de máis de 33.000 euros. O lema da vindeira edición será “Xardíns terapéuticos, deseños que curan”.

Xardín gañador público.

Cáritas Allariz Redacción O encoro de CahcaO Concello de Allariz colabora con Cáritas Allariz na recollida de alimentos para o banco. A campaña de recollida de alimentos promovida por Cáritas Allariz, que xa está en marcha nos distintos supermercados da vila, verase reforzada este Nadal coa iniciativa promovida dende o Concello. Todas as entradas as actividades programadas para estas datas terán un fin solidario. Aquelas persoas que participen ou asistan aos espectáculos culturais deberán aportar alimentos non perecedoiros en vez de pagar unha entrada. Os responsables da parroquia Adrián Rodríguez Iglesias e Fran López Gómez resaltaba a importan-

Inorde en Celanova Redacción O Inorde vén de organizar, na Casa dos Poetas de Celanova, un evento rexional, celebrado de xeito híbrido, do proxecto europeo Keep On. O obxectivo era dar a coñecer “as accións incluídas neste Plan, a súa forma de xestión e o seu seguimento, facendo partícipes aos actores locais e xestores do patrimonio cultural para analizar conxuntamente a súa situación a nivel provincial”, explicou o presi-

BNG Terras de Celanova e Baixa Limia Redacción Ernesta Seoane Álvarez é a nova responsábel comarcal do BNG Celanova-Baixa Limia. Ernesta foi elixida onte pola Asemblea comarcal para encabezar un Consello Comarcal que experimenta unha fonda renovación coa entrada de doce novas militantes, o 70% do novo Consello. Con esta designación, complétase

cia de colaborar en Nadal e no resto do ano. Falaron da necesidade do banco de alimentos para todas esas familias que precisan de axuda e sinalaban a significación da recollida nesta época xa que aporta reservas para gran parte do ano. Cristina Cid, acaldesa, resaltou a importancia da colaboración cidadá nestas iniciativas e animaba a todas aquelas persoas que, ou ben a través dos espectáculos e eventos organizados dende o Concello, ou ben nos puntos de recollida, aporten o seu gran.

Barrios 21 de decembro 2021

Dende Cáritas Allariz fan un chamamento a toda a poboación a colaborar. Os alimentos que nestes momentos máis necesitan son aceite, arroz, conservas, alimentos para os máis pequenos e pequenas... aínda que calquera achega sempre é benvida. Adrián e Fran resaltaban o gran labor que realizan todas esas persoas voluntarias que traballan todo o ano para que o banco de alimentos de Allariz funcione e agradecían a iniciativa do Concello con esa colaboración.

17

EN BREVE 4 Entre_vistas

A Casa dos Poetas en Celanova acolle durante este mes a exposición de fotografía e poesía Entre_ vistas de Juan Bautista Vila Oural e Xoán Carlos Domínguez Alberte. Está integrada por un total de 50 fotografías e outros tantos poemas. Tamén se pode visitar a exposición DoCelanova da man de Mariana Moreira ata o 9 de xaneiro situada na Sala dos Arcos (Concello).

4 Bay Wa

A alcaldesa con Adrián Rodríguez e Fran López.

dente do Inorde, Rosendo Fernández, encargado de inaugurar a xornada. O proxecto europeo Keep On, do Programa Interreg Europa financiado con fondos FEDER, ten como obxectivo promover a melloría das políticas e

instrumentos de cooperación transfronteiriza no sector do patrimonio cultural, para conseguir presentar proxectos de alta calidade con resultados sostibles e impactos duradeiros no desenvolvemento rexional.

Xornada de Keep On organizada polo Inorde na Casa dos Poetas de Celanova. na comarca o proceso de renovación de órganos da 17ª Asemblea do Bloque Nacionalista Galego. Na súa estrea como responsábel comarcal, Seoane enmarcou a renovación

do Consello “no proceso de actualizar e reforzar nas comarcas os órganos de traballo do BNG” e asumiu o mandato para “agrandar a base social do nacionalismo”.

Ernesta Seoane (C) con membro do novo consello.

O BNG pide a Bay Wa que desista do seu proxecto eólico en Celanova e Verea. Critican que a empresa alemá leve dous anos modificando unha e outra vez un proxecto que non ten cabida nunha área de enorme riqueza patrimonial e hidrográfica, con poboacións asentadas e monte en produción. As nacionalistas apostan por non construír o polígono, e advirten que volverán reclamar nas institucións unha moratoria eólica.

4 Geocaching O Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde) organizou, na Aula Cemit de Bande, unha xornada formativa sobre o Geocaching e as outras ferramentas tecnolóxicas que se están a implantar como apoio á actividade turística. Participaron preto de 20 persoas de diferentes municipios.

4 Pleno O de Celanova saca adiante catro mocións do BNG relativas á exixencia de corrixir a deficiente iluminación pública na Calleabaixo e no Areal; o compromiso de promover un pleno extraordinario na Mancomunidade diante das queixas no proceso de selección do obradoiro de emprego; o acordo para impulsar a participación dos colectivos feministas na Mesa contra a violencia de xénero; e a demanda á Xunta de incrementar os recursos na Atención Primaria.


18

Barrios 21 de decembro 2021

PROVINCIA

A Xunta entrega dúas vivendas públicas en aluguer en Allariz

EN BREVE 4 Programas de inclusión A Xunta financia con case 1,3 millóns de euros programas de inclusión social de 18 concellos da provincia de Ourense. Con esta achega, as administracións locais poderán levar a cabo programas que permitan a adquisición de formación básica ou laboral, a realización de actuacións de mediación intercultural ou programas de educación e apoio familiar. Así mesmo, por segunda vez, inclúese un programa específico para atención ás persoas sen fogar, na liña do Plan pioneiro que ten en marcha a Xunta de Galicia para axudar a este colectivo a superar a súa situación.

4 Xunqueira de Ambía O conselleiro do Medio Rural, José González, mantivo unha reunión de traballo co alcalde de Xunqueira de Ambía, José Luis Gavilanes, para coñecer as demandas e necesidades dos habitantes deste concello ourensán relacionadas co agro. No encontro, o conselleiro e o rexedor acordaron estudar a posibilidade de implantar un polígono agroforestal co fin de dedicalo a cereal para a Indicación Xeográfica Protexida Pan Galego.

4 Castrelo do Val

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, supervisou, acompañado do alcalde, Vicente Gómez, as obras de urbanización da rúa Poulón, no concello de Castrelo do Val, nas que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda está a investir 67.760 euros. A actuación consiste na ampliación do ancho da rúa nunha lonxitude de 387 metros para acadar unha zona segura para o paseo dos veciños. O delegado territorial da Xunta puxo en valor as axudas concedidas na Orde hUrbe na provincia este ano que suman un total de 768.567 euros da que se beneficiarán 14 concellos.

4 Gabriel Alén fixo entrega das chaves. Gabriel Alén (dereita) e Ethel Vázquez (centro), cun grupo de rapaces, presentando na estación intermodal de Ourense a tarxeta Xente Nova. /M.REJO.

Os menores de 21 anos continuarán durante o ano 2022 coa gratuídade do transporte público 4 A Xunta destina 4,5 millóns de euros a este fin. Redacción Na súa visita á estación intermodal de Ourense, a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez (que estivo acompañada polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, ademais doutras autoridades), avanzou que a Xunta destinará o vindeiro ano 4,5 millóns de euros a financiar a tarxeta Xente Nova, coa que xa son 107.000 os mozos galegos que apostan polo transporte público e viaxan gratis en autobús por toda a Comunidade. O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a extensión da gratuidade do transporte público para menores de 21 anos en 2022, co obxectivo de seguir consolidando a aposta de Galicia polo transporte público e de aproveitar ao máximo a chegada do AVE. No marco desta aposta polo transporte público, destacou a tarxeta Xente Nova, coa que os menores de 21 anos viaxan gratis nos autobuses da Xunta, ademais de no transporte de ría en Vigo e no tren de ancho métrico en Ferrol. O Goberno galego puxo en marcha esa ini-

ciativa no ano 2016 nas áreas de transporte metropolitano e a comezos do ano 2020 ampliouse a cobertura da tarxeta Xente Nova desde os 19 aos 21 anos, multiplicándose por 10 o número de dispositivos emitidos. Vázquez Mourelle sinalou que a pesar da irrupción da covid, en 2020 rexistráronse preto de 21.000 novas tarxetas Xente Nova, coincidindo coa súa implantación na provincia de Ourense e na área de Pontevedra. Ademais, salientou o aforro económico que supón a tarxeta para as familias, pois por exemplo, un mozo de Verín que vaia estudar a Ourense, pode aforrar 1.800 euros nos desprazamentos correspondentes aos 9 meses de curso escolar.

Compromisos do Estado A conselleira puxo en valor o traballo realizado por Galicia para aproveitar ao máximo a chegada do AVE e lembrou que para iso tamén é necesario que o Goberno de España cumpra os seus compromisos con Galicia e, por suposto, tamén con Ourense, que vai ter que recibir o tren de alta velocidade nunha estación sen adaptar a este gran acontecemento.

A comezos do ano 2020 ampliouse a cobertura da tarxeta Xente Nova desde os 19 aos 21 anos

Ethel Vázque no interior dun autobus. /M.REJO.

Redacción A Xunta entrega dúas novas vivendas de promoción pública en Allariz en réxime de aluguer. O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, entregou as chaves de vivendas que o ente autonómico, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), que é o encargado de satisfacer as necesidades urxentes de vivenda e velar porque os distintos colectivos con mais dificultade de acceso poidan ver satisfeito o seu dereito a unha vivenda digna e adecuada A promoción de vivendas construídas na rúa Irmandade, nº 5 de Allariz, data do ano 2011, e o número de vivendas da promoción é de 32 estando estas dúas libres. Por iso, activouse o procedemento para ocupalas a través do rexistro único de demandantes de vivenda pública que ten a Xunta. As vivendas foron adxudicadas en réxime de alugamento, cunhas rendas que non exceden dos cen euros, en función dos ingresos das persoas adxudicatarias. A superficie útil das

vivendas é de 51,28 m2 e 50,46 m2. Constan de, salón-comedor, cociña, 1 dormitorio, 1 baño, lavadoiro e un vestíbulo; rocho e garaxe. O delegado territorial explicou que esta actuación é unha mostra máis do apoio que mantén o Goberno galego aos cidadáns para facilitar o acceso á vivenda. De feito, a maiores das vivendas de promoción pública a Xunta desenvolve unha serie de medidas de carácter social encamiñadas a atender esta demanda e mantén aberto ao longo de todo o ano a posibilidade de inscribirse no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda (RUDEVI). RUDEVI Na actualidade na provincia de Ourense existen 548 unidades familiares inscritas. Así mesmo, como explicou a delegado, a Xunta de Galicia a través do o IGVS continúa promovendo a adquisición de novos edificios para ampliar o parque público de vivenda. No ano 2021 efectuáronse incluíndo estas vivendas, 15 entregas en segundas ou posteriores adxudicacións.

Gabriel Alén entregando as chaves das vivendas ás dúas beneficiarias de Allariz.


PROVINCIA

Barrios 21 de decembro 2021

19


20

Barrios 21 de decembro 2021

DEPORTES

VI San Silvestre

Clínic de doma clásica

Redacción Seis edicións fará a San Silvestre ourensán este 31 de decembro. As inscricións (7 euros) están abertas ata a medianoite do 27 de decembro na web carreirasgalegas. com para calquera persoa maior de 14 anos, sempre e cando aporten o certificado da realización dun test de antíxenos ou PCR negativo cunha antelación máxima de 72h. á celebración da proba ou ben a aportación de certificado médico conforme se superou a infección por COVID-19 nun período comprendido entre os 11 e os 180 días anteriores a celebración da proba. Os dorsais e chips serán entregados o día 30 de decembro de 2021 no lugar que lles será comunicado aos participantes con suficiente antelación. A carreira dará comezo ás 16.30 horas con saída e final no xardín do Posío. O percorrido será dunha distancia duns 5 km.

Consello Municipal de Deportes Redacción O Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense daralles apoio económico para fomentar o deporte de base e de competición na cidade a un total de 68 entidades deportivas de 26 disciplinas diferentes. O Consello Reitor aprobou por unanimidade na súa sesión desta mañá a resolución da convocatoria de subvencións para a temporada 2021/2022, dotada con 663.198 euros. As axudas daranlle apoio a uns clubs que suman 8.089 licenzas deportivas, das que o 5.074 son de nenos e mozos menores de idade.

Redacción

olímpico e profesor da escola de Vilamarín foron os encargados de levar a cabo este clinic.

O clínic de doma clásica impartido no club hípico de Vilamarín contou cunha numerosa participación. Do 10 ao 12 de decembro, o xinete profesional Bruno Cid, pertencente ao equipo español, xunto ao seu tío, Manuel Cid, xinete

Mellorar a técnica En palabras de José Manuel Díaz, presidente da Asociación Ecuestre de Ourense, este clinic serviu para “mellorar a técnica dos binomios xinete-cabalo na disciplina de doma clásica cara a futuras competicións”.

Shuaijiao en categorías inferiores.

O kungfu despediu o ano no Paco Paz 4 Celebrouse a Copa Deputación. Redacción Máis de 130 deportistas participaron, este mes, na décima edición da Copa Deputación de Ourense de kungfu celebrado no Pazo dos Deportes Paco Paz. O evento foi sometido a estritas normas de seguridade e control de aforo para garantir as máximas cotas de seguridade en eventos deportivos. Deste xeito, dividiuse en dúas quendas segundo as idades de participación: a primeira na que entraron en competición os cadetes, xuvenís e a categoría absoluta; e a segunda na que participaron as categorías prebenxamín, benxamín e infantil.

Shuaijiao feminino.

Na primeira rolda de competidores as modalidades presentes foron as de Formas individual (coreografías de kungfu), kungfu combat (modalidade de pleno contacto) e shuaijiao (loita chinesa de agarres e derribos). Na segunda rolda de competidores estiveron presentes as modalidades de competición por equipos (formas e combates coreografiados), sanda sen contacto (modalidade de combate de kungfu individual) e shuaijiao de participación (categorías Infantil e inferiores). Éxito deportivo O evento foi un completo éxito deportivo e organizativo que segundo Aarón

Shuaijiao masculino. Blanco Pita, organizador do evento e director do clube Artai, “foi un espectáculo deportivo de primeiro nivel e tamén unha festa de fin de ano para o kungfu provincial. Houbo preto de 200 participacións, 20 combates de xuvenil e absoluto, 15 equipos de categorías cadete e inferiores, 60 deportistas en sanda sen contacto en categorías prebenxamín, benxamín e infantil, 100 nenos e nenas en shuaijiao,...", ademais asegurou que se apostou por un evento "de moita participación para animar á xente a facer deporte, e demostrar que o kungfu é seguro cumprindo as normas do Fisicovif- Dxtgalego da Federación Galega de Kung-Fu, tanto en adestramentos coma en competición”.

De arriba a abaixo: o xinete Bruno Cid cos seus alumnos; Carla Carrera montando a Escudo; e Blanca Babarro montando a Rumbo.


DEPORTES

Barrios 21 de decembro 2021

A UD Ourense, un líder invito

Fúbol sala Redacción

4 O Arenteiro empata fronte ao Navalcarnero. Redacción Despois da resaca que deixou no Espiñendo a cita copeira (1-3 contra o Valencia), o Arenteiro empatou no último encontro do ano no campo do Navalcarnero (0-0). Un punto que sempre é importante cando se suma fóra de casa pero que deixa aos homes de Fran Justo na 13ª posición con 14 puntos, a catro da salvación. Os do Carballiño regresarán á competición o 9 de xaneiro na casa diante do Avilés. Terceira RFEF O ano aínda non rematou nin para Arnoia nin para Ourense CF. Ámbolos dous conxuntos ourensáns terán que disputar na Queixeira o mércores, 22 de decembro (ás 16h) o encontro suspendido da 13ª xornada. No que si foi a última xornada do ano, Arnoia e Barco empataron a un tanto non que podería haber sido outra vitoria dos de Iván González senón fora por que os valdeorrese lograron a igualdade nos últimos minutos de encontro. Pola súa banda, o Ourense CF, que si rematou os seus partidos por este ano, venceu no campo do Vilalbés por cero goles a un. Con estes resultados o Barco e cuarto e Ourense CF quinto a un puntos dos de Javi Rey (e cun partido menos). O Arenteiro segue de penúltimos en postos de descenso. A primeira cita do vin-

deiro ano será a disputa da xornad número 18 programada para o domingo, 9 de xaneiro. O Arnoia recibirá ao Alondras, mentres que Ourense CF e Barco visitarán a Noia e Silva, respectivamente. Autonómica No grupo B da Preferente Sur de Galicia non hai que tosa á UD Ourense. O conxunto capitalino pechou o ano cunha goleada fronte ao Caselas (6-0) que o mantén como líder invito da competición. Os ourensáns sácanlle sete puntos ao segundo clasificado (Areas). Na terceira posición está un Barbadás que venceu (12) ao Mondariz e coloca ao equipo da Valenzá a oito puntos do líder pero con dous partidos menos. Na cuarta posición está un Verín que empatou (2-2) diante do Guardés. O derbi da xoranda foise para Nogueira ao vencer este no campo do Velle (0-2). E o Polígono sufriu unha nova derrota, nesta ocasión na casa do Cultural Areas (3-1). Na segunda fin de semana de 2022 regresa a competición (9 de xaneiro) na que o derbi da xornada será o Verín - Velle. Ademais, o Barbadás recibe ao Areas; o Nogueira de Ramuín ao Atios e o Polígono Industrial ao Sporting Guardés. Pola súa banda, a UD Ourense visita a un Porriño que está en fase de ascenso.

21

O COB caeu derrotado en terras leonesas diante do Ponferrada./NOELIA RODRÍGUEZ.

O COB suspende cos de arriba 4 Perdeu contra Burgos, Zornotza e Ponferrada. R. Torres Pintaba ben cando o Club Ourense Baloncesto sumaba a sétima vitoria consecutiva na LEB Prata. Líder en solitario, todo apuntaba que sería máis sinxelo do previsto o ascenso. Pero tiveron que chegar os equipos de arriba para devolver aos afeccionados do club á crúa realidade dunha categoría na que ninguén regala nada. Nunha competición na que para ascender non só vale con ser un dos favoritos, senón que hay que suar en cada minuto de cada partido. Iso é o que está a comprobar un COB que suma tres derrotas consecutivas, precisamente contra tres equipos que ocupan as primeiras prazas. Dos seis primeiros perdeu

contra Burgos (sexto), Zornotza (líder) e esta mesma xornada ante Ponferrada (cuarto); os ourensáns son terceiros e venceron a Zamora (quinto), faltando por xogar contra Cantabria (segundo). Visto o visto, a falta de pívots é un contratempo moi grande que esperan paliar coa chegada de Seydou Aboubacar (Breogán).; aínda que faltaría alomenos unha fichaxe máis para comensar un equipo que, agora, está desequilibrado. Ponferrada Contra Ponferrada volveu faltarlle o carácter -como ocorrera ante Zornotza- de saber encarar un final apretado con garantías de gañalo. Mudou unha dinámica claramente dominante ante os adversarios para pasar a

atenazarse e xogar con ansiedade durante gran parte dos encontros. Proba delo foi o partido que se levaron os do Bierzo (74-71), onde o COB non soubo xogar ese minutos decisivos. Marbella Pero como o deporte vive de dinámicas, os ourensáns teñen unha unha oportunidade de despedir o ano dándolle a volta a esta tendencia negativa. Os homes que dirixe Armando Gómez buscarán a vitoria este mércores, 22 de decembro (ás 20.30 horas), ante o Marbella. O encontro terá lugar no Paco Paz e os xogadores terán a ocasión de despedirse devolvéndolle o sorriso aos afeccionados e encarando o 2022 con máis optimismo do que agora teñen.

O COb despide o ano no Pazo o mércores, 22 de decembro (20.30h), contra Marbella

O fútbol sala despide o ano con boas sensaciós dos equipos femininos (Envialia e Cidade) e un sabor agridoce para o Sala Ourense. Na 1ª división o Ourense Envialia logrou a vitoria dianto do Raio Majadahonda (5-1). As pupilas de Morenín despiden o ano cun triunfo que lles permite asentarse na metade da táboa. Para as albinegras regresa a competición o 15 de xaneiro para recibir na casa ao Esplugues. Cidade das Burgas O Cidade das Burgas continúa con velocidade de cruceiro na 2ª división. As ourensás desfixéronse, na casa, con solvencia do A Fervenza (6-0). Con este resultado, as xogadoras de Manolo Codeso encarámanse á segunda posición a cinco puntos do líder, Viaxes Amarelle. As franxiverdes visitan o 15 de xaneiro ao equipo asturiano do Rodiles. Sala Ourense O Sala Ourense despediu o ano cun traspés na casa dianto da Estrada (2-3). Os homes de Óscar Vivián foron valentes e con empate foron a polos tres puntos xogando de cinco. Pero saiu cruz e un roubo de balón converteuse no terceiro tanto dos visitantes sen tempo para máis. Os ourensáns deberán curarse a ferida durante este Nadal, xa que non poderán resarcirse desta derrota ata o ano que vén; concretamente o 8 de xaneiro cando visiten ao Albense.


22

Barrios 21 de decembro 2021

Consello Municipal de Deportes Redacción A sétima edición do Festival Internacional de Curtas Vía XIV de Verín desenvolverase do 31 de agosto ao 4 de setembro de 2022. “Deste xeito, dase continuidade a unha iniciativa cultural perfectamente incardinada xa, logo de tantas edicións, na axenda de ocio e lecer de Verín”, destaca o director do certame, Carlos Montero. Segundo adiantou Montero a sétima edición do festival presentará importantes novidades. “Tamén se reestruturará a axenda do certame aumentando o número de eventos e proxeccións nos días de máis audiencia e suprimindo as xornadas que, co paso dos anos, teñen menos afluencia de público”, explica o director. Outra Mirada Unha das modificación máis destacadas será a sección a concurso “Outra Mirada”, concibida orixinalmente para mostrar traballos sobre o Entroido, que cambiará de formato transformándose nun conxunto de actividades multidisciplinares cuxo eixo central será o Entroido. Punto de encontro «Serán cinco días nos que Verín se convertirá nun punto de encontro vivo entre público e artistas con máis de oito horas continuas diarias de actividades pensadas para todo tipo de públicos», remata Montero.

4 Subvención

Letras a la Carta SL, empresa que edita Barrios, recibiu unha axuda de 12.524,07 euros, correspondente á Resolución do 4 de xaneiro de 2021, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se conceden as axudas económicas dirixidas a empresas que realicen publicacións integramente en galego.

OCIO E CULTURA

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

4DESDE A PONTE... A MONTERREI

Aquel Nadal coa candea Pasei por diante do portón verde. Parei un anaco, e ollei pensativo a casiña da miña infancia, pechada pola lei da vida. Por un intre voltaron as lembranzas de novo, e as fiestras abrironse de par en par. Daquela, os rapaces, do fermoso barrio antigo en Verín, esperabamos con ansia a chegada do Nadal. As candeas eran as raiñas da rúa, sempre ao carón dos portóns das casas, a primeira hora, entre a néboa. A ledicia, a xoldra e as reunións cos veciños deixabanse notar. No ambiente sentíase algo especial. A chegada dos que estaban fóra, por mor do traballo, enchía de esperanza e vitalidade o barrio, aínda que apuraban a tope, os poucos días que traían para estar entre os seus. Voltaban a casa polo Nadal. Aquel Nadal de antano, inesquecíbel, que era doutro xeito, outra forma de vivir e gozar. No meu lar, a candea ardía no patio. O avó, pendente sempre do lume purificador, feito coa maxia dos antergos. Era o mellor aliado para formar un fogar acolledor. Non hai mellor abrigo que a familia ao carón da mesa, adornada con cariño e amor. A infatigable avoa dáballe xeito á receita con sabiduría, para agradar unha prole numerosa, que con infinito entusiasmo, seguía con orgullo as pautas da tradición ancestral de sentir a Noite Boa como a noite do ano máis entrañable. O bacallau coas patacas outra vez deu que falar. Non podía estar máis rico! Coido que os avós foron e serán parte fundamental destas estrolas familiares, que non deberiamos esquecer xamais. Agora, despois dos anos, lémbrome das miradas do avó, que cun sorriso, mesturado de nostalxia e ledicia, cumpría co seu gusto de ter a

todos, outro ano máis ao seu redor, ao tempo que deixaba cair con sutileza a lección primordial do que debe ser a familia e o respecto. Entre grolo e grolo a noite fundíase en sorrisos e anécdotas que xurdían de súpeto. Os rapaces iniciabamos a noble costume de brindar, e con especial permiso, por un día, mollabamos o dediño nunha pinga de viño, e cumpriamos coa obriga como Deus manda. Rulaban os doces de todos os xeitos, onde non faltaba o roscón fresco e esponxoso, e como non, o turrón de chocolate. Coa barriga chea comenzaba o folclore e as panxoliñas brotaban sen parar, unha tras da outra, facéndonos por un intre tocar o ceo. O avó, despois de escoitar as cantigas máis modernas, arrincaba emocionado coas súas, aquelas que cando neno escoitou, fermosas e centenarias letras do Nadal en Vilardevós, que con gusto transmitiunos á súa maneira e que hoxe, cantamos cos nosos fillos, para que esta divina tradición non se esqueza co tempo.

“De quen son estos Palacios, feitos de palma e oliva? Uns son do Rei do ceo e outros da Virxe María… e outros son destes señores que por moitos anos vivan!”. Ben seguro que os que agora estades a ler estas letras, tamén teredes unha particular historia de Nadal, coas lembranzas e costumes dos avós. Coido que mirar atrás para lembrar non é tempo perdido, porque a candea que prenderon os vellos non deixarán xamais de quentar os nosos corazóns e como non, sinalar con orgullo o camiño, o mellor camiño... Bon Nadal para todos! Miguel “Chitín”

A.

Prieto

Lembrar non é tempo perdido, porque a candea que prenderon os vellos non deixará xamais de quentar os nosos corazóns

Herbas aromáticas Perexil. Cando se usa regularmente pode alcalinizar todo o corpo. Si, porque os alimentos alcalinizantes só teñen a capacidade de actuar nun ou dous dos sistemas do corpo. Os sales presentes no perexil son as principais responsables das súas propiedades e mesmo actúan para expulsar os ácidos nocivos do organismo. Ademais posúe unha ampla variedade de vitaminas e minerais polo que é un alimento remineralizante. Ourego. Son excelentes para matar bacterias, como por exemplo a a helicobácter pylori. É tamém eficaz contra a micose. Romero. Tamén antibaceriano, con capacidade de eliminar bacterias resistentes a antibióticos, como as que desenvolven nun hospital. Debe incluír esta herba na súa alimentación. Salvia. Marabillosa

para combater os fungos e axuda a remover os materiais pesados tóxicos do trato intestinal. Tomiño. A súa misión é destruír o virus da gripe. Cilantros. Son os maiores especialistas na desintoxicacín de metais pesados que viaxan a través da corrente sanguínea. Cúrcuma. Tamén chamado azafrán, ten un efecto moi positivo nas inflamacións, no fígado graso, na psoríase e no lúpus. Incorpore estas herbas aromáticas no seu día a día ao cociñar. Experimente e vexa como os seus pratos básicos pódense beneficiar dun chisco destas especies. Poden ser sustitutos do exceso de sal en diferentes alimentos. Merece a pena consumir as herbas aromáticas con regularidade e recorde que son útiles para o organismo e para a mente. João Damião

4HUMOR

Teatro Principal Redacción O Teatro Principal de Ourense presentou a súa primeira carteleira semestral para 2022, que inclúe máis de 50 actuacións escénicas e musicais. Dez destas propos-

tas están programadas co apoio da Xunta de Galicia por ser un dos 40 escenarios membros da Rede Galega de Teatros e Auditorios. A programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios arrancará os días 21 e 22 de xaneiro con catro funcións de Moria


ARTIGOS / CLASIFICADOS

Barrios 21 de decembro 2021

23

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Arcediagos,11, 1º - 32005 Ourense. Tel: 685 969 546. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Jorge E. Bóveda, C. Domarco, Avelino Jácome. Yedra Seara, Manuel Blanco Nº157 - Ano: XIV - 21 de decembro de 2021 - Difusión: 10.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 685 800 190.

4ANUNCIOS CLASIFICADOS

4TRIBUNA ABERTA

Unha aldea no Nadal (Codeseda 2021) Debido ao gran éxito acadado nos dous últimos anos, con máis de 3.000 visitas ao lugar de Codeseda no tempo do Nadal, en plena pandemia e no momento máis cru do inverno, este ano, organizaremos por terceira vez consecutiva o evento "Unha aldea no Nadal" no lugar de Codeseda, na parroquia lalinense de Doade. Unha actividade singular e pioneira en Galicia, situada no mesmo corazón e centro xeográfico de Galicia, consistente na dinamización integral dunha aldea neste período navideño. Ademais da iluminación da totalidade das vivendas e da rúa principal da aldea con preto de 80.000 luces de todas cores e tamaños, contaremos cunha gran variedade expositiva de beléns artesanais de múltiples formas e materiais, todos eles visitables, espallados ao longo do lugar, situados nun pesebre, na sala de actividades do Museo e os de menor tam-

ñao, no interior da Capela do Museo Casa do Patrón, convivindo coa exposición permanente sobre relixiosidade e etnomedicina popular "Líbranos do mal", unha mostra única no seu xénero en Galicia, que alberga habitualmente este orixinal edificio, que rememora a capelanía que tivo esta pequena aldea, fundada no ano 1710. Gozaremos, ademais, de mercadiño artesanal solidario con postos de varios mozos emprendedores da zona, así como entidades de protección social, dedicadas a axudar a persoas con diversidade funcional, como Cogami e En Morea. Tamén haberá diversas actividades para nenos, obradoiros e actuacións musicais ao aire libre baixo carpa, nas tardes dos domingos comprendidos no evento, dun xeito totalmente libre e gratuíto, apto para todos os públicos, sen máis limitacións que as impostas polas restricións sanitarias co gallo da pandemia,

Codoseda decorada con motivos navideños.

segundo o programa xenérico publicado. O Museo Etnográfico Casa do Patrón ponlle así o broche de ouro a este ano 2021, cheo de retos, dificultades e traballos, pero tamén de novas actividades, ampliacións e melloras substanciais do seu contido, que o fan aínda máis atractivo, converténdose, sen ningunha dúbida, no gran ecomuseo das exposicións sobre o patrimonio material e inmaterial, numerosos obradoiros, actividades e gastronomía tradicional propios do mundo rural galego, complementado con rutas de sendeirismo, área fluvial de lecer, natureza e cultura, así como unha aldea rural totalmente restaurada, asolagada por unha formidable paisaxe natural, tendo tamén no seu haber 16 libros e 5 vídeos editados. Bo Nadal e feliz Aninovo!

[Deixe o seu anuncio no 685 96 95 46 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]

INMOBILIARIA Véndese piso en Beluso, Bueu (Pontevedra). 100 m2, 3 habitacións, salón, cociña, baño, despensa e 3 trasteiros amplios. Soleado todo o día, situado preto de servizos básicos e a menos de 2 km das mellores praias da zona. Prezo: 85.000 euros. Tfno.: 679 588 349 (envío fotos, escoito ofertas). Alugo local económico no centro. Ideal para oficina, almacén ou trasteiro. 17m2. Dispón de baños comunitarios. 120 euros/mes máis 7 euros de comunidad. C.E.: C. Teléfono 627 203 131 Véndese casa céntrica en Xinzo de Limia. Baixo máis unha planta (144m2,) tres prazas de garaxe e patio, cinco habitacións, dous baños, cociña amoblada e terraza. 133.000 euros. Tel. 699 648 514 / 988 21 40 70 Alugo baixo na zona do Couto totalmente acondicionado. Con luz, auga, 70 m2. Prezo 300 euros. Tel: 653 208 506 Alúganse apartamentos en Montalvo (de Semana Santa a outubro) con unha ou dúas habitacións, cociña, salón, baño, barbacoa, aparcadoiro, xardín; fronte á praia. Tel: 607 271 916 Alugo sala para actividades culturais, con posibilidade de cociña, baño e outros sertvizos. Tel.: 988 247 113. Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunitaria Tel.: 650 64 15 19. Busco casa en alquiler na periferia de Ourense. Opción a compra ou dunha permuta dun piso situado na Valenzá. Tlf.: 600 826 029. Vendo casa na estrada de Santiago, con finca. Para restaurar. Tel.:672 089

349. Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunitaria Tel.: 650 64 15 19. Véndese apartamento de 2 habitacións, cociña americana, baño, trasteiro e garaxe. Recén reformado. A 5 min. de praia América. Bo prezo. Tel. 620 66 07 62.

TRABALLO Ofrécese señora para traballar con xente maior ou nenos. De toda confianza, con informes. Disponibilidade de coche e fins de semana Tel.: 606 422 543. Ofrécese señora para limpeza por horas Tel.: 674 500 513. Señora, auxiliar de enfermería responsable e con experiencia, ofrécese para coidar persoas maiores, enfermos, nenos e tarefas do fogar. Tel.: 620 052 173 Ofrécese señora responsable -española- para coidade de nenos ou persoas maiores. Con informes. Tel.: 606 422 543 Ofrécese auxiliar de enfermaría, con titulación, para o coidado de maiores. Como interna ou por horas. En Ourense ou arredores. Telf.: 663 043 561 Danse clases de francés a domicilio. Todos os niveis. Titulación en España e Francia. Tlf.: 625 745 611 Imparto clases particulares de Matemáticas a domicilio en Ourense capital. Todos os niveis. Tamen materias curriculares de ESO e Bacharelato. As clases son individuais e personalizadas. Ampla experiencia. Excelentes resultados. Económico. Interesados enviar WhatsApp ao 610 38 25 89. Busco traballo en desbroces con tractor ou condutor de camión e carretillas. Ampla experiencia. Tel: 637 282 405.

Ofrécese xerocultora para axuda a domicilio en Xinzo. Tamén para limpeza de casas e negocios por horas e adaptados ao seu horario. Tel: 686 005 358. Fanse desbroces en tractor e a man. Tlf.: 63 521 448 Ófrecese señora seria e responsable para tarefas do fogar e coidado de nenos e maiores. Con informes. Preferencia zona Ponte. Tlf: 685 374 191.

VENDAS Vendo colección de revistas “Muy interesante”, do nº1 ao 163, e “Natura”, do 1 ao 132 (as dúas encadernadas). Tlf: 636286434. Vendo accesorios para cans: arnes de tiro, correas, collares e fournitures. Tlf: 636286434. Vendo unha xanela de dúas follas en aluminio sapelly de 1,40 x 0,94 m con cristais. Tlf: 636286434. Vendo dúas cadeiras infantís de coche (Jane) de 15-36 kg con isofix, unha negra e outra vermella. Tlf: 636286434. Vendo rizador de pelo con accesorios para alisar e rizar. Tel.: 666 303 635 Vendo cama hospitalaria articulada en bo estado, con colchón anti-escaras. Tlf.: 606 133 522 Vendo prensa de viño mediana/grande, ideal para decoración en xardíns. Tlf.: 606 133 522 Véndese mampara nova. Tel: 672 089 349. Véndense traxes de cabaleiro moi antigos en bo estado, ideal para Entroido. Prezo 10€. Tel: 610 979 897. Compro moble de cociña completo. Tel: 988 247 824. Vendo escritorio. Como novo, bo prezo. Tel: 672 089 349. Vendo estufa de frío e calor. Tel: 672 089 349.


24

Barrios 21 de decembro 2021


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.