Skip to main content

Barrios 133

Page 1

Xinzo aproba unha modificación de crédito para facturas da Covid [Páx. 6]

TEMA

Páx.2

Jácome mantense na Alcaldía, mentres a oposición busca unha moción de censura

CIDADE

Páx.5 XINZO

Durante outubro está aberto o prazo para solicitar as axudas para os autónomos

Páx.6 ALLARIZ

Xinzo contará cun aparcadoiro público e gratuíto que ofrecerá 99 prazas

Páx.7 CELANOVA

Ábrese o período de inscrición para as actividade das escolas municipais

Páx.10

“Cogomelos para cativos” é o novo libro micolóxico da familia Mínguez

O Barrocás, primeiro en competir

Confinados

[Páx. 12]

Descobre a segunda edición de Latexando 6

[Páx. 3] Novas restricións sanitaria confinan Ourense e Barbadás e restrinxen severamente outras comarcas da provinca // O Barrocás reanuda a competición na División de Honra B./ R.T.

Número: 133 - Ano: XIII - 9 de outubro de 2020 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


2

Barrios 9 de outubro 2020

TEMA DA SEMANA

Xinzo facilitará os datos da COVID-19 á cidadanía 4 Celanova líbrase pola baixa incidencia actual e Allariz pasa a nivel 2. R. Torres O alcalde, Pérez Jácome, no salón de Plenos. /ARQUIVO.

Jácome mantense na Alcaldía 4 Os grupos da oposición buscan un consenso que non chega. Redacción Todos querían botar a Jácome da Alcaldía, todos menos o propio Jácome e Armando Ojea (ou o que é o mesmo 24 de 26 concelleiros, faltaba un pola dimisión de Mario González). Así deixaron constancia nun pleno ao votar unha moción, iso si, non vinculante. Parece o desexo claro, o que non queda tan claro é quen será o seu substituto no sillón de mando. O BNG xa dixo que quen tiña que gobernar era a forza máis votada nas eleccións de 2019, neste caso o Partido Socialista con Rafael Villarino ao fronte. Os socialistas tampouco lles parece mal optar ao bastón de mando, aínda que as disputas internas parecen indicar que hai disprancias de quen pode ser o relevo de Jácome. Tamén está Ciudadanos, formación que promoveu o primeiro encontro entre Partido Popular e Partido Socialista. Por iso o voceiro de Cs, Pepe Araújo, calificou de "gravísimo" o feito de que os socialistas mantiveran unha reunión co alcalde. Ademais, o laranxa afeou a ausencia destes na reunión desta semana na que participaron o resto de partidos -incluídos os díscolos de DO-. Araújo desde un primeiro momento avogou por un goberno de concentración dadas as cir-

cunstancias. O Partido Popular que tamén busca sacar a Gonzalo Pérez Jácome de alcalde (lembremos que o pacto que o levou á Alcaldia foi cos populares) non quere ser un mero colaborador para facer efectiva a moción de censura. Dende o PP queren negociar a súa cota de poder e que non sexa o PSOE quen goberne en minoría. Recentemente o propio presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, deu vía libre a negociar un pacto de goberno en Ourense. Díscolos Os catro concelleiros díscolos de Democracia Ourensana mostraron, mediante un comunicado, "preocupación" ante a actitude do portavoz do grupo socialista, Rafael Rodríguez Villarino, despois de enterarse da reunión que este mantivera con Pérez Jácome. Jácome E con todo, o alcalde continúa o seu día a día no Concello de Ourense. O rexedor anunciou que o concello incorporou 13 novos traballadores, na categoría de técnicos de administración xeral. Trátase dun programa de funcionarios interinos ou “por programa”, é dicir, os novos traballadores son contratados para un determinado traballo por un tempo delimitado.

A "bomba vírica" que supón a pandemia na área de Barbadás e Ourense ten consecuencias negativa nas comarcas limítrofes, agás na de Terras de Celanova que queda, polo momento, sen medidas restritivas de calado. A excepcionalidade desta comarca -sendo limítrofe á de Ourense- débese a unhas taxas lixeiramente por debaixo da media de Galicia, polo que o comité clínico considera que se pode agardar a ver como evoluciona a situación nesa zona. Allariz A que si sofre a onda expansiva é a comarca Allariz- Maceda, que como consecuencia pasa a nivel 2. As restricións desta fase supoñen limitacións dos aforos ao 50% nos establecementos, ademais dunha limitación do número de persoas que se xunten tanto pública coma privadamente (a un máximo de 10 persoas), incluída a redución dos aforos en celebracións, velorios e lugares de culto. A alcaldesa de Allariz, Cristina Cid (BNG), non se calou e mandou un comunicado queixándose do trato da Xunta ao seu concello. Cid esgrimía que o feito de ser un concello próximo á capital non podía ser castigado dese xeito sobre todo cando os datos facilitados por Sanidade

En cuestión de días, Xinzo pasou de ser a única vila provincia sen brotes a ter rexistrados 3, todos de orixe familiar

indican que "existen en Allariz 9 casos activos". A nacionalista quixo deixar claro que a situación sanitaria, "segundo o propio sistema de comunicación que a Xunta de Galicia ven de anunciar", estaría nese "Semáforo Covid", na cor verde, e polo tanto, segundo o mesmo sistema, situaría a Allariz coma "un concello en situación tranquila”. Ademais desvelou que se da "a paradoxa e a inxustiza de que concellos con afectación importante de covid non terán que aplicar medidas restritivas, e Allariz, cunha situación sanitaria mellor, terá que facelo". Na súa explicación acusaba á Xunta de que non se aplicaron "en tempo e forma medidas efectivas para controlar a pandemia en Ourense, e que agora vamos a ser outros concellos os que teñamos que pagar a actuación a destempo na capital". A rexedora manifestou que estamos "ás portas dunha ponte na que haberá bo tempo e estas limitacións afectarán á economía da vila". Para rematar, recordou que Allariz "vén de pasar un verán con miles de visitantes. A pesar de ese elevado número de persoas, practicamente

non tivemos casos activos en todo o verán (segundo os nosos datos, 5 activos)". Xinzo En Xinzo de Limia, a alcaldesa, Elvira Lama, convocou á comisión municipal de seguimento da pandemia, na que están representados todos os grupos políticos da Corporación, despois do incremento da incidencia da Covid-19. En cuestión de días, Xinzo pasou de ser a única vila provincia sen brotes a ter rexistrados 3, todos de orixe interfamiliar, segundo os datos que Lama lle trasladou á comisión e que ela recibiu do Sergas. Despois de escoitar as queixas do goberno local da falta de dilixencia do Sergas á hora de facilitar aos concellos os datos de positivos, desde o ente autonómico comprometéronse a facilitar os datos de xeito inmediato. Por esta razón, Lama anunciou que a "información que a Xunta lle facilite ao Concello" será a que o goberno local lle traslade "a continuación e de forma puntual á cidadanía". Esta mesma mensaxe foi tamén a que lle trasladou ao resto de grupos municipais, acordando que as medidas que se tomen a partir de agora en Xinzo serán acordadas cos

grupos políticos e axustadas a evolución da pandemia, atendendo sempre as indicacións das autoridades sanitarias. O pasado domingo a rexedora utilizara as redes sociais para comunicarse cos veciños e para alertalos da situación e pedirlles que extremaran as precaucións ante a posibilidade de que durante os próximos días a situación se complicase. A alcaldesa tamén deu conta á comisión de que as tarefas de desinfección dos lugares críticos seguen a realizarse con regularidade, abarcando desde os accesos a colexios e institutos, parques, prazas, residencia de maiores, xulgado, praza de abastos e rúas máis transitadas, sempre a primeira hora da mañá. En paralelo, tanto a Policía Local como a Garda Civil están comprobando o cumprimento de aforos por parte dos locais de hostalería, así como o uso de mascarilla por parte da cidadanía.

Cristina Cid criticou as restricións no seu concello e recordou que “existen en Allariz 9 casos activos”

Reunión da comisión de seguimento da Covid-19 en Xinzo de Limia.


TEMA DA SEMANA

Ourense e Barbadás, confinados na segunda vaga 4 Os últimos casos rexistráronse nas residencias da terceira idade Os Gozos e Val de Monterrei. R.T.

novos gromos.

Desde este xoves a Consellería de Sanidade acorda restrinxir a mobilidade nos concellos de Ourense e Barbadás (afectando a máis de 115.000 personas), xunto con outras medidas de aplicación en Verín, O Barco de Valdeorras, Maceda, O Carballiño, Allariz e Ribadavia. Así o decidiu o Comité Clínico que fai seguimento da evolución da Covid-19 en Galicia, logo da súa xuntanza do pasado martes tras analizar a situación epidemiolóxica da comunidade. O Comité considera convinte reforzar estas medidas de prevención co obxecto de protexer, coa máxima intensidade posible, a saúde da poboación destes concellos e conter a transmisión do virus e os contaxios. Asemade, os concellos de Barbadás, Verín e O Barco de Valdeorras, e a comarca do Carballiño únense as prohibicións vixentes en Ourense, desde hai unha semana, das xuntanzas tanto públicas como privadas de persoas non convivintes -fora de aquelas de carácter, laboral, escolar ou administrativo-. Deste xeito, so están permitidas as reunións tanto fóra do domicilio coma no mesmo entre persoas convivintes. No momento de tomar estas decisións os datos da Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras eran os máis preocupantes de toda Galicia (especialmente na capital). A cidade superaba os 500 contaxios e en toda a privincia máis de 1.000 con 76 persoas

Prohibidas as visitas Dada a situación epidemiolóxica e co obxectivo de preservar a saúde colectiva, quedan prohibidas as visitas en toda a área de hospitalización do Hospital Universitario de Ourense. Tan só se permitirá a presenza do coidador ou coidadora principal, sempre que sexa precisa, e no caso da área de pediatría a dos dous proxenitores. Esta mesma medida estase a aplicar preventivamente xa no Hospital Público de Verín e no de Valdeorras. Desde o Sergas estableceranse medidas de vixilancia pero apelan á "responsabilidade e compromiso no cumprimento desta medida, polo ben dos teus e de todos".

Un operario desinfectando unha rúa do barrio do Couto. hospitalizadas. As medidas deberán ser ratificadas pola auoridade xudicial (xa avalou o da prohibición de reunións nos ámbitos públicos e privados entre non convivintes). A taxa de de incidencia global a 14 día era de 311,7 casos por cada 100.000 habitantes, explica o informe da Fiscalía. Ademáis considera relevante a porcentaxe de positividade nas probas PCR, situada no 10%. Casos O último parte dado polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) di que son 1.148 os casos activos na provincia -na cidade chegan aos 536-, ascendendo esta cifra a 4.229 casos rexistrados en total dende o inicio da pandemia, con 2.918 curados e 164 falecementos. Actualmente hai 72 ingresos (9 na UCI). Por

Dada as situación epidemiolóxica prohíbense as visitas nos hospitais da provincia (CHUO, Verín e Valdeorras). Tan só se permitirá a presenza do coidador principal, sempre que sexa necesario

áreas a de Ourense ten a 51 en planta e 9 na UCI (8 no hospital e un no Centro Médico El Carmen); 8 están ingresados en Verín e 4 no hospital comarcal de Valdeorras. 1.076 pacientes atópanse en seguemento domiciliario As últimas novas chegan desde as residencias da terceira idade. Detectáronse 152 positivos entre a residencia Val de Monterrei (notifícaronse 46 contaxios) e a residencia Os Gozos, en Pereiro de Aguiar (con 106 positivos novos e 109 en total). Xunto a isto, hai que contar un novo falecemento (un home de 57 anos con patoloxía previas), ademais de catro novos gromos nas últimas horas. En Celanova (6 casos); O Carballiño (4); O Barco (3); e Allariz (4 casos). Sen contabilizar os dous gromos das dúas residencias e os catro máis citados, Ourense contou nas últimas 24 horas con 85 positivos e 58 altas (25 casos activos máis). Ao longo do día de hoxe a cifra aumentará considerablemente cando o Sergas contabilice, na súa base de datos, estes

Mobilidade Nas últimas horas saltara a polémica de se alguén de Barbadás podería ir a Ourense e viceversa. O Sergas mandou un comunicado explicando que a restrición consiste na "mobilidade no ámbito territorial delimitado de forma conxunta por ambos os concellos, agás por causas excepcionais e xustificadas (laborais, educativos ou sanitarios)". Así mesmo, en ambos concellos aplicaranse as medidas de nivel 3, polo que estará prohibido que bares e cafeterías poidan servir no interior, limitándose a atender nas terrazas a grupos dun máximo de 5 persoas. Do mesmo xeito os restaurantes só poderán servir no interior, a un máximo de 5 persoas. Ademais, entran en nivel 2 todos os concellos das comarcas do Carballiño, Ourense, O Ribeiro, Allariz, Verín e O Barco de Valdeorras. Entre as restricións xerais deste nivel destacan a limitación dos aforos ao 50% nos establecementos comerciais, de restauración e hostalería

Barrios 9 de outubro 2020

3

-onde ademais estará prohibido o consumo en barra-, así como en bibliotecas, academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado entre outros. Tamén se establece a limitación do número máximo de persoas nas xuntanzas tanto privadas como na vía pública fixado nun máximo de 10 persoas; así como a redución dos aforos en celebracións, velorios e lugares de culto.

vírica, cun centro claro en Ourense e Barbadás, e íase estendendo a concellos limítrofes». Por iso tamén decretáronse medidas nas comarcas limítrofes, nas que aumentaba as incidencias, a excepción de Celanova, cuxas taxas están lixeiramente por debaixo da media de Galicia, polo que o comité considera que se pode agardar a ver como evoluciona a situación nesa zona.

Bomba vírica O comité clínico que determina as medidas a tomar pronunciouse sobre Barbadás e Ourense. O doutor Sergio Vázquez (HULA), membro do Comité Clínico, explicou por qué se tomou esta decisión definíndoa como «unha bomba

O Sergas permite a mobilidade entre Barbadás e Ourense pero non entrar nin saír desta área sen causa xustificada

4 Hostaleiros en pé de guerra Redacción Os hostaleiros manifestáronse este xoves na praza Maior de Ourense. As medidas da Xunta de Galicia as consideran inxustas e os sinalan a eles como o problema. Con estas medidas moitos destes locais decidiron pechar ata que se levanten as restrición, aínda que denuncia que moitos deles xa non volverán abrir. "Non somos culpables" era o que defendían nunha manifestación na que ademais "que se lle dera unha volta ás medidas" nas que, por exemplo, "podes ir cenar a un restaurante coa tua parella, porén non podes ir almorzar a unha cafetería". Desde a organización da protesta (Asociación de Hostalaría e Restauración Ourensá -Ahrou-, e a asociación Véxote nos Viños) auguran que moitos dos locais pecharán para sempre. Trala concentración,

unha representación dos hostaleiros reuniuse co alcalde, que lles avanzou que o Concello está a estudar a supresión das taxas de veladores para os vindeiros anos 2021 e 2022. “É un sector moi castigado e teñen todo o noso apoio neste drama que están a vivir”, aseguraba o alcalde de Ourense durante a reunión. “Malia que as competencias son do Estado e da Xunta de Galicia”, afirma Pérez Jácome, o Concello tomará partido. “Isto suporá un alivio de entre 700 e 800 euros anuais de media”, asegura. Pero ademais, o rexedor anunciaba que os servizos xurídicos municipais traballan para que se poida condonar a taxa de veladores da hostalería ourensá para o ano 2020. Esta medida tería que efectuarse de xeito retroactivo, xa que a maior parte dos recibos xa foron enviados para a súa notificación.

Hostaleiros menifestándose na praza Maior en contra das medidas adoitadas pola Xunta.


4

Barrios 9 de outubro 2020

CIDADE

Arranca a segunda edición de Latexando 4 Un código QR permitirá coñecer onde están ubicados os desfibriladores externos semiautomáticos (DESA) e ofrecerá descontos nos comercios cardiorresponsables. Redacción O 4 de outubro de 2018 lanzouse a I Edición da Campaña Latexando en Ourense coa idea de incrementar o número de desfibriladores externos semiautomáticos (DESA) con que contaba a cidade. O obxectivo era conseguir que existise un DESA a 5 minutos de calquera punto da cidade no que puidese producirse unha situación de emerxencia por parada cardiorrespiratoria. Por aquel entón, o Rexistro de Desfibriladores Externos da Xunta de Galicia publicaba que en Ourense había instalados, tan só, 13 DESA. Na actualidade, o número de DESA instalados ascende a 38, aos que habería que sumar o DESA instalado pola I Edición de Latexando na Estación de Servizo Pérez Rumbao. Ademais, debemos ter en conta que dentro da campaña, aínda hai pendentes 4 solicitudes máis de instalación de DESA. Segunda edición O próximo 1 de outubro arrinca oficialmente a II edición LATEXANDO coa finalidade de seguir proporcionando recursos que animen aos empresarios a incorporar políticas de responsabilidade social

Escanea este Código QR e coñece a ubicación de todos os desfibriladores da cidade de Ourense. corporativa relacionadas coa cardioprotección dos lugares de traballo. Nesta segunda edición queremos facer fincapé en que, máis aló do simple cómputo do número de desfibriladores instalados nela, unha cidade cardiorresponsable caracterízase polos seguintes elementos: - Distribución dos espazos cardioprotexidos de forma que sexa posible o acceso a un desfibrilador en menos de 5 minutos desde calquera punto da cidade. - Información de fácil acceso para os cidadáns sobre o emprazamento

dos espazos cardioprotexidos da cidade. - Formación dos cidadáns en soporte vital básico e en manexo de aparellos desfibriladores. - Intercomunicación entre os que acoden en auxilio dun accidentado e o sistema de resposta sanitaria de emerxencia. Segunda edición Nesta segunda edición

de LATEXANDO a proposta de valor dixitalizouse para adaptarse á nova normalidade. Deste xeito, para participar en Latexando simplemente terás que escanear o código QR LATEXANDO da túa localidade para, desta forma, instalar no teu móbil o cartón virtual Latexando. O cartón é gratuíta e anónimo, non se recolle ningún dato persoal do usuario, nin sequera o seu número de teléfono, non require abrir ningunha conta nin descargar ningunha aplicación. Na parte de atrás do cartón poderás acceder a un mapa coa localización dos DESA da túa localidade. Atopa o DESA que che resulta máis próximo! Ademais, os comercios cardiorresponsables da túa cidade celebrarán sorteos e ofrecerán vantaxes e descontos aos titulares dos cartóns Latexando. Identifícate co teu cartón Latexando nos comercios cardiorresponsables da túa cidade para beneficiarte das vantaxes de participar! Podes atopar o cartel identificativo co Código QR Latexando doutras cidades de Galicia tanto na web de Latexando como nos escaparates e mostradores dos comercios colaboradores de cada localidade. Para máis información: www.latexando. com.

Na actualidade, o número de desfibriladores externos semiautomáticos (DESA) instalados en Ourense ascende a 38

Sorpresa moteira 4 Solidariedade Motera Ourense entrégalle un can a un neno con necesidades especiais. Redacción Os integrantes da asociación Solidariedade Motera Ourense saíron o domingo, 27 de setembro, coas súas motos con destino a Seixalvo. O motivo era darlle unha gran sorpresa a un rapaz con necesidades especiais. Ao chegar alí, o rapaz estaba esperando na praza do pobo moi nervioso, debido a que non sabía

de que se trataba a sorpresa. Aplaudiu a chegada das motos cando, de repente, prodúxose a entrega dun canciño ao pequeno. A escena tivo moito sentimento, xa que o cativo desexaba ter un can. Antes da súa entrega, os membros da asociación encargáronse de vacinalo e desparasitalo. Durante todo o evento coidáronse todas as normas sanitaria vixentes nese día.

Membros da asociación Solidaridad Motera Ourense co rapaz ao que lle entregaron o can.

EN BREVE 4 Feira

4 Axudas libros

O Concello suspende as feiras dos meses de outubro e novembro no Parque do Barbaña, ademais do mercado de antigüidades (primeiro domingo de cada mes na praza Maior) pola evolución da pandemia da Covid-19. Esta medida foi tomada á vista da evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria.

Política Social publicou o listado provisional de cualificación dos expedientes de axudas para libros e comedor escolar. As listas provisionais pódense consultar nas dependencias municipais na rúa Bispo Carrascosa nº. 8, baixo, ou desde a web do concello. O prazo de alegacións permanece aberto até o 16 de outubro ás 14 horas.


CIDADE

Aberto o prazo para solicitar as axudas para os autónomos 4 Durante todo o mes de outubro. Redacción O Concello de Ourense abriu o prazo para solicitar as axudas para os autónomos para paliar os efectos da pandemia da Covid-19. As bases están publicadas no Boletín Oficial da Provincia e na web do concello. O prazo está aberto ata o 30 de outubro de xeito presencial (a través do Rexistro Xeral do Concello de Ourense ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro) ou telemático. O propio alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, recomenda a segunda vía para "evitar aglomeracións no Concello" e por ser “a forma máis rápida”. Subliña o rexedor que

Casa do Concello. /R.T.

a partida aprobada para esta convocatoria, de 20 millóns de euros, é suficiente para atender todas as solicitudes que se reciban. “Hai para todos”, avanza, polo que recomenda solicitar as subvencións “escalonadamente, porque teñen todo o mes e non se van esgotar”. Poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas traballadoras autónomas que exerzan a súa actividade económica no municipio de Ourense e se visen afectadas pola crise derivada da pandemia do COVID 19. Está previsto unha achega de 2.000 euros para cada solicitante. Información O Concello habilita un correo electrónico para realizar as consultas: axudasautonomos@ourense.gal.

A contía é de 2.000 euros para cada beneficiario da axuda

Barrios 9 de outubro 2020

Emprendemento en tempos de pandemia 4 Dous mozos galegos crean a produtora Lecer Audiovisual. Redacción O ourensán Pablo Feijóo e o lucense Christian Lens puxeron en marcha o seu negocio poucos días antes de decretarse o Estado de Alarma. Trátase da produtora Lecer Audiovisual, unha empresa que tiña previstos diversos eventos para o verán e que tan só puido realizar algunha que outra voda debido á cancelación do resto de eventos provocada pola COVID-19. Na tempada de verán, ademais das citadas vodas, realizaron vídeos para o campus de baloncesto de Salva Arco (en Xinzo de Limia), ex xogador cobista, ou para a iniciativa cidadá lucense #CoidemosLugo. Agora, miran con optimismo a un futuro incerto que cambia as normas cada día. Christian Lens e Pablo Feijóo son realizadores audiovisuais titulados na Escola de Imaxe e Son de Lugo (a antiga Fundación TIC); ademais, Pablo traballou varios anos na televisión local de Ourense -Telemiño-, ao fronte do programa mu-

Christian Lens e Pablo Feijoo, de Lecer Audiovisual. sical La Rockipedia. Ademais, creou durante algún tempo unha sección neste mesmo xornal no que daba voz aos grupos musicais de Ourense; tamén dirixía a web Larockipedia.com. Lecer Audiovisual Lecer Audiovisual está enfocada a facer vídeos sinxelos pero de calidade, definíndose como unha produtora para o día a día. Na súa oferta atopamos dende vídeos para eventos (vodas, bautizos, comuñóns...) ou redes sociais, ata spots para empresas, videoclips ou noticias para medios de comunicación. Os seus servizos poden ser contratados a través das redes sociais ou dende a

Tiñan previstos diversos eventos para o verán, pero a maioría canceláronse pola COVID-19 súa páxina web (leceraudiovisual.com). Ourense Despois da acollida en Lugo queren buscar proxectos na vella Auria e a súa provincia. A empresa non é sinxela neste tempos de incertidume, pero ganas e a ilusión non lles faltan para emprender en tempos de pandemia.

5

EN BREVE 4 Magostos O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, acordou cancelar todos os eventos que o Concello estaba a organizar para os meses de outubro e de novembro. Entre eles, os magostos, ademais dunha programación de catro días festivos no mes de novembro -e nos que se tiña previsto organizar unha feira do viño con hostaleiros locais e presenza das catro denominacións de orixe da provincia-. Esta decisión vén para evitar aglomeracións en eventos na actual situación pandémica que vivimos.

4 Seixalbo

O Concello inviste 46.000 euros no acondicionamento e mellora dun dun noiro (talud) na rúa J, adxacente a un parque público, do barrio de Seixalbo. As obras iniciáronse o pasado 28 de setembro e contan cunha duración dun mes. Durante ese tempo haberá que cortar zonas de estacionamento.

4 Alcorques

O Concello está a substituír os alcorques das rúas máis céntricas da cidade, as comprendidas entre o Progreso e o Paseo. Os mesmos foron deteriorándose por factores coma a humidade, as condicións atmosféricas ou o tránsito, tanto de peóns coma de vehículos.


6

Barrios 9 de outubro 2020

XINZO E COMARCA

EN BREVE 4 Cogami A alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama, e o presidente da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami), Anxo Queiruga, asinaron o pasado mes de setembo un convenio de colaboración polo cal o Concello de Xinzo cederá gratuitamente unha aula da Casa da Cultura para a realización de entrevistas a persoas con discapacidade para facilitar a súa inserción laboral. As entrevistas realizaranse a partir da firma deste convenio todos os xoves, na aula Carlos Casares da Casa da Cultura, entre as 9:00 e as 14:00 horas, durante os próximos 4 anos..

4 Exposición A Fundación Carlos Casares, dentro do marco de actividades desenvolvidas no programa “O teu Xacobeo”, da Xunta de Galicia, e grazas á colaboración do Concello de Xinzo e mais a Fundación Penzol, inaugura a exposición “Galicia escandinava. O Camiño do Oeste a Santiago de Compostela”. A exposición, con textos en galego, castelán e inglés permanecerá aberta ata o 21 de outubro e está destinada a todos os públicos. O eixe central da mostra é a relación dos Países Escandinavos: Suecia, Noruega, Dinamarca, e os seus antigos territorios (Islandia, Illas Feroé e Orcadas), con Galicia a través Camiño de Santiago. Explica a historia e o desenvolvemento das rutas xacobeas que cara a Compostela e amosa os fitos senlleiros do seu devir, dos puntos emblemáticos da súa xeografía, urdime de pasado e presente, e do seu patrimonio material e inmaterial. Tamén quere render unha sentida homenaxe á vida e obra dos hispanistas nórdicos que alumearon o universo xacobeo. A exposición bota as súas raíces nos traballos do medievalista Vicente Almazán (1924-2006).

Pleno do Concello de Xinzo do mes de outubro.

Modificación de crédito para facturas da covid 4 Aprobada no pleno, a cifra ascende a 450.000 euros. Redacción O pleno municipal do mes de outubro do Concello de Xinzo aprobou unha modificación de crédito con cargo ao superávit de 2020 por importe de 450.000 euros. A maior parte irá destinado a pagar facturas e repoñer as partidas coas que fixo fronte aos gastos derivados da pandemia. Con esta operación, o goberno local pagará unha parte da factura que o Covid-19 tivo ata o de agora para as arcas públicas de Xinzo, na que se

inclúe desde a compra de material de protección e hixiene, a limpeza e desinfección de espazos públicos, o acondicionamento como espazos seguros das diferentes dependencias, instalacións e centros municipais ou as axudas sociais ás persoas máis vulnerables, entre outras moitas. Tamén volverá a dotar presupuestariamente obras e servizos considerados prioritarios e que se viron afectados pola Covid-19, como arranxo de pistas e camiños rurais, obras de reparación

Xinzo quere evitar as competicións deportivas 4 As instalacións municipais poderanse utilizar para adestrar os clubs locais. Redacción O Concello de Xinzo pídelle a todos os clubs deportivos do municipio que se absteñan de inscribirse en competicións, permitíndolle utilizar as instalacións deportivas municipais para a realización de adestramentos, pero en ningún caso para a participación en competicións. Esta decisión afecta a uns 500 rapaces e rapazas do municipio.

A decisión, adoitada polo concelleiro de Deportes de Xinzo, Rafa Penabad, e os técnicos deportivos, pretende acadar a máxima protección fronte ao Covid-19 limitando ao máximo a mobilidade á que obrigan as competicións, con desprazamentos cada fin de semana. “Debemos poñer as instalacións ao dispor dos clubs, para o exercicio do deporte, ofrecendo ás familias espazos seguros ou

en mantemento no casco vello, en parques infantís e de recreo ou remodelación de espazos públicos. A iniciativa contou co apoio maioritario da corporación. Os catro partidos de goberno maís C´s votaron a favor; mentres, o PP, abstívose. Outros asuntos O resto de asuntos da orde do día foron aprobados por unanimidade. Así, o martes de Entroido (16 de febreiro) e o 19 de xullo, por coincidir o 18, día de Santa Mariña, en domingo, serán os festivos locais. Deuse o visto bo ao convenio co Bispado e a Deputación para a rehabilitación da Casa Reitoral de Santa Mariña, que terá un custe total de 478.000 euros e o Concello aportará 50.000. E aprobouse, tamén, o voto telemático nos plenos.

saudables e colaborando tamén na conciliación familiar. Pero igualmente debemos pedir tamén ás familias a comprensión necesaria ante a decisión de que os clubs de Xinzo non se inscriban en ningún tipo de competición, para evitar os desprazamentos, tanto de entrada como de saída. Evitar a mobilidade é unha máxima nas recomendacións sanitarias que debemos respectar agora máis que nunca”, sosteñen os técnicos deportivos. Con esta decisión, o Concello de Xinzo pretende garantir a todos os deportistas locais a práctica habitual de deporte, pero sen competicións para evitar que se teñan que desprazar a outras localidades ou que teñan que facelo deportistas doutras localidades a Xinzo, reducindo así o risco de contaxios.

Os concelleiros Rafa Penabad, Ramón Gómez e a alcaldesa, Elvira Lama, visitando os solares que se transformarán nun aparcadoiro. /X.L.

Xinzo contará cun aparcadoiro público e gratuíto 4 Ofrecerá 99 prazas de estacionamento. Redacción 99 prazas de estacionamento gratuíto que permitirán acometer unha reordenación do tráfico e liberando espazo público para uso peonil. Despois de meses de negociacións, o Concello de Xinzo acadou un acordo cos 6 propietarios dun grupo de solares situados entre as dúas rúas, de tal xeito que se formalizou unha cesión do seu uso por espazo de 6 anos a cambio da exención do IBI durante o mesmo tempo. Esta negociación foi levada persoalmente pola alcaldesa, Elvira Lama, que mantivo reunións con todos os propietarios. A ubicación deste primeiro aparcadoiro gratuíto será no mesmo centro da vila, fronte á praza Carlos Casares, con entrada e saída desde a rúa Curros Enríquez e acceso tamén por Vicente Risco. Con este aparcadoiro, ademais de dar unha solución de estacionamento de balde aos condutores, reduce o impacto negativo sobre o Camiño de Santiago (vehículos estacionados en rúas que forman parte del). Transformación O Goberno local buscou o financiamento

necesario para converter estes solares, cunha superficie de 2.748 metros cadrados e que hoxe conforman un espazo degradado no centro da vila, transforándoo nun estacionamento con capacidade para preto dun centenar de vehículos e que será de uso gratuíto. Todo o traballo previo culminou coa adxudicación de construción do aparcadoiro en superficie, que estará situado a apenas 200 metros da praza Maior e a menos de 50 da Casa do Concello. A inversión será de preto de 34.726 euros, dos que o Concello aportará un 35% (12.150 euros), mentres que o resto correrá por conta da Axencia de Turismo da Xunta de Galicia, precisamente para reducir o impacto negativo provocado polo estacionamento de vehículos en rúas da vila que forman parte do Camiño de Santiago, concretamente da Vía da Prata. O prazo de execución será dun mes, polo que o Goberno local estima que estará finalizado e poderá entrar en funcionamento en novembro.

O prazo de execución da obra é dun mes


ALLARIZ E COMARCA

Barrios 9 de outubro 2020

As escolas municipais de Allariz retoman a súa actividade neste mes 4 Ábrese o período de inscrición. Concerto de verán nunha rúa de Allariz.

Un verán positivo 4 Entre xaneiro e setembro unhas 16.000 persoas pasaron pola oficina de turismo. Redacción Entre xaneiro e setembro unhas 16.051 persoas pasaron pola oficina de turismo de Allariz, segundo os datos recollidos nas instalación municipais. En canto a procedencia dos visitantes, a meirande parte neste ano proceden do resto do estado (59%) sobre todo de Madrid, Castela e León e País Vasco. Os galegos supoñen un 38% do total principalmente da Coruña e Pontevedra, no tocante as visitas en grupo supoñen un 7,6% sobre o conxunto. Tendo en conta as circunstancias deste ano derivadas da covid-19, o peche da oficina de turismo durante case 2 meses e a redución do aforo que foi do 50% á hora de atender, o balance é máis que positivo, afirman os técnicos de turismo. Segundo explican os técnicos da instalación municipal “os/as visitantes achéganse ata Allariz atraídos principalmente polo casco histórico as tendas outlets ou os museos, ademais da programación cultural e lúdica". Dende o Concello de Allariz valoran moi positivamente este verán tan atipico que, segundo afirma María López, Concelleira de Turismo, “amosa que Allariz pese ás tendencias que se marcaban ten potencial para ser un destino atractivo en calquera época do ano e baixo calquera circunstancia, Allariz é o modelo de destino perfecto que esixe a difícil

situación vivida e así o reflicten o número de visitantes que acudiron a Allariz nesta tempada”. O turista demandou sobre todo actividades ao aire libre e rutas que eles mesmos puidesen autoxestionar, coma o Roteiro Arqueoloxico de Santa Mariña e as escavacións da Cibdá romana de Armea que este verán viron incrementadas en gran medida as visitas. Visitas En canto as visitas guiadas ao Casco Histórico de Allariz que se realizaron todos os sábados do mes de agosto, dende a oficina de Turismo o balance tamén foi moi positivo cubrindo o aforo en case todas as quendas. Os museos seguiron sendo unha visita obrigada para todas as persoas que se achegaron á vila, sendo o museo do xoguete o máis visitado seguido polo museo da moda e o do coiro. Tanto comercio coma hostalería, mostran a súa satisfacción por unha tempada que ninguén esperaba que fose tan positiva e con tanta afluencia de xente na vila.

O 59% dos visitantes procenden doutras comunidades autónomas

Redacción As distintas áreas do Concello de Allariz están a organizar as escolas municipais de inverno. Deportes, Cultura, Mocidade ou o Fogar dos Maiores retomarán no mes de outubro a programación das escolas nas diferentes áreas. O Fogar dos Maiores ofrece para os seus usuarios actividades lúdico – formativas como obradoiros de creatividade e manualidades, memoria, radio, móbil, estimulación cognitiva e ximnasia terapéutica. Para calquera consulta sobre as actividades ou os horarios no Fogar dos Maiores, na Barreira, ou no teléfono 988 554 059. As escolas de Pintura e Música tamén ultiman os preparativos para poñer en marcha as actividades do vindeiro curso 20202021. Os máis cativos poderán participar nestas actividades organizadas dende a área de Cultura do Concello de Allariz. Linguaxe musical ademais da aprendizaxe en instrumentos como piano ou guitarra, e os máis tradicionais como gaita, pandeireta ou percusión, son as actividades que imparte a Escola de Música municipal. A Escola de Pintura tamén abre o

seu prazo de inscrición. Para máis información ou tramitar a inscrición nalgunha destas actividades na Casa de Cultura, no 988 44 08 59 ou por correo electrónico cultura@ allariz.gal. Deporte As instalacións da piscina municipal albergarán varias actividades para que nenos e nenas e persoas adultas se acheguen para realizar clases de natación, aquaerobic, clases de salvamento ou socorrismo entre outras. Os cursos de natación ofertados van desde idades de 4 anos ata adultos, organizados por quendas en función da idade e en horarios distintos. Para as persoas adultas ofertase un curso de aquaerobic que contará con horario de mañá e de tarde. Ademais este ano ofertase actividades acuáticas como salvamento, socorrismo, waterpolo, aquaerobic infantil e psicomotricidade na que a idade

mínima para participar nestas actividades será de 8 años. Outras actividades Tamén se abre o prazo de inscrición para pilates, mantemento, adestramento funcional e ioga. Para máis información ou para facer a inscricións na piscina municipal no teléfono 988 442 083 ou no correo piscina@allariz.gal. Por outra banda as escolas deportivas, tanto do Club Baloncesto Allariz como do C.D Allariz, comezarán a actividade das escolas deportivas nos vindeiros días. O Club Baloncesto Allariz comezaron os adestramentos o primeiro de outubro e as escolas do CD Allariz o fixeron o luns, día 5. Estas dúas escolas deportivas non competirán, soamente terán polo de agora adestramentos. Para máis información haberá que poñerse en contacto cos respectivos clubs deportivos.

O Fogar dos Maiores ofrece para os seus usuarios actividades lúdico – formativas como obradoiros de creatividade e manualidades, memoria, radio, móbil, estimulación cognitiva e ximnasia terapéutica

7

EN BREVE 4 Casa da Mocidade As actividades programadas para este outono na Casa da Mocidade conta cun amplo abano de actividades. Youtubeiras, cinema, saídas a natureza, escape room, magosto e obradoiros compoñen a programación deste Outono na Mocidade. Todas as actividades, en total son máis dunha ducia, están abertas ao público de todas as idades, con preferencia no caso de límite de prazas, a mocidade de 13 a 33 anos. A inscrición e información sobre as actividades será a través do correo mocidade@ allariz.gal.

4 Cursos

O prazo de matriculación nos cursos de batucada adulta e infantil, guitarra e percusión está aberto. O inicio dos cursos está a espera da evolución sanitaria da Covid-19.

4 Oficina Turismo A Oficina de Turismo acomete obras de mellora por valor de 35.000 euros. Reforma nos baños e na propia oficina, ademais de adecuación da baixada cara os aseos públicos e cambios na cuberta serán as obras que se efectúan.

4 Baños de Molgas A Xunta de Galicia remata as obras de abastecemento e saneamento en tres núcleos de Baños de Molgas: Formigoso, A Acea e A Lamela. O investimento superou os 300.000 euros.

4 Ponte de Vilanova

Unha das participantes nos obradoiros de creatividade e manualidades.

Unha achega da Axencia de Turismo de Galicia de 15.000 euros e 11.000 do propio concello de Allariz é o montante (26.000 euros en total) para a restauración do pavimento da ponte románica de Vilanova. A obra deberá estar rematada antes de que finalice o ano.


8

Barrios 9 de outubro 2020

SOCIEDADE

Na primeira metade do ano detectouse un especial incremento nas chamadas ao Teléfono de Información á Muller.

Máis medidas e máis recursos na atención ás vítimas da violencia de xénero en Galicia 4 Increméntase o número de mulleres que reciben axuda económica da Xunta. Redacción No primeiro semestre deste 2020 incrementouse o número de mulleres vítimas de violencia de xénero que recibiron axuda económica por parte da Xunta de Galicia. Concretamente, foron 505 mulleres, o que supón 109 máis que no mesmo período do ano pasado (isto é un 27,5% máis). COVID-19 Este primeiro semestre do ano estivo condicionado pola crise sanitaria e o Estado de Alarma. Dado que a situación de confinamento domiciliario provocada polo coronavirus podería xerar un aumento dos conflitos por perfís violentos, a Xunta de Galicia impulsou un Plan con varias medidas de reforzo para o apoio ás mulleres vítimas de violencia machista, e así garantir que tiveran á súa

disposición os recursos necesarios: prestacións económicas, apoio psicolóxico, asistencia dos CIM, e recursos de acollida. Neste período excepcional, tamén se tomaron outras medidas de apoio adicionais como a ampliación do bono alugueiro social para as vítimas de violencia de xénero. En definitiva, con estas medidas habilitadas tratouse de que se mitigasen estas situacións pese ao illamento, e que as mulleres se sentisen acompañadas e protexidas. O Plan Devandito plan estableceu en primeiro lugar, o mantemento da operatividade normal de servizos á súa disposición: teléfono de atención da Xunta de Galicia 900 400273 ao seu servizo todos os días as 24 horas do día; asesoramento xurídico online;

apoio psicolóxico (terapias, ben en atención presencial ou a través de sesións telemáticas); apoio psicolóxico específico para vítimas de violencia sexual; quenda de garda psicolóxica permanente para apoio nos momentos iniciais de presentación de denuncia ou apoio en sede xudicial; seguimento das víctimas dende Punto de Coordinación das Ordes de Protección; apoio psicolóxico e social nas Oficinas de Atención ás Vítimas en sede xudicial; servizos de carácter administrativo está operativo online, por teléfono e por correo electrónico, e todas as axudas económicas; o Centro de Recuperación Integral para mulleres que sofren violencia de xénero e o Centro de Emerxencia de Vigo. Por outra banda, reforzouse a rede de centros de acollida abrindo un novo recurso de acollida; Tanto

os Centros de titularidade municipal como os das ONG´s e entidades sociais estiveron abertos para acoller a mulleres. Para cubrir a maior demanda durante o período de alarma, púxose en marcha recursos alternativos como foron albergues, hostais e pensións. Nestes casos constituíronse grupos de intervención e apoio psicolóxico, social e de asesoramento xurídico, con persoal especializado. E o Servizo de traslado de vítimas a centros de acollida que se proporciounou en colaboración con Fegataxi ampliouse a outro tipo de traslados inescusables que necesiten estas mulleres; a tavés da colaboración establecida coa Xunta, Administracións Públicas e Xustiza (Secretaría Xeral dá Igualdade) e a Federación de Autónomos do Taxi de Galicia (FEGATAXI), a Secretaría Xeral

dá Igualdade apoia o traslado das mulleres vítimas de violencia de xénero e dos seus fillos e fillas a calquera dos centros que conforman a Rede Galega de Acollida, cando as circunstancias especiais de vítima, valoradas convenientemente polos servizos sociais (municipais ou autonómicos) imposibiliten o seu traslado por outros medios. Ademais, para mitigar o impacto económico que o Estado de Alarma tivo sobre as vítimas, ampliouse o Bono de aluguer social que a administración

galega ten ao dispor das vítimas de violencia de xénero, asumindo a Xunta de Galicia o pago do 100% do aluguer. Para que toda esta información sobre as medidas chegara as súas destinatarias lanzouse unha ampla campaña institucional. Axudas Por este motivo, a Xunta outorgou axudas económicas a través das distintas liñas que ten habilitadas. Así, 319 mulleres foron beneficiarias da axuda de pagamentos mensuais, unha persoa máis que no

Dado que a situación de confinamento domiciliario provocada polo coronavirus podería xerar un aumento dos conflitos por perfís violentos, a Xunta de Galicia impulsou un Plan con varias medidas de reforzo para o apoio ás mulleres vítimas de violencia machista


SOCIEDADE

mesmo período de 2019; 182 mulleres recibiron unha axuda de pagamento único, o que supón 105 máis que na primeira metade de 2019; e 4 recibiron as indemnizacións que se outorgan cando, tendo as mulleres dereito a indemnización por orde xudicial, non a reciben e, pola súa causa, se produce unha situación de precariedade económica. Ademais, en 2020 concedéronse axudas ao abeiro das novas liñas postas en marcha o ano pasado. Por unha banda, concedéronse indemnizacións económicas a 2 fillos/as menores de vítimas mortais de violencia de xénero; así como 3 indemnizacións ás mulleres gravemente feridas que requiriron de hospitalización. Cada unha destas axudas ascende a 7.000 euros.

Para cubrir a maior demanda durante o período de alarma, púxose en marcha recursos alternativos como foron albergues, hostais e pensións

Cómpre lembrar que Galicia foi a primeira comunidade autónoma en dispoñer dunha axuda económica periódica e a única que a ten operativa de maneira ininterrompida ao longo de todo o ano, incluíndo ademais como beneficiarias dela ás vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual. En 2019 incorporáronse tamén como beneficiarias ás mulleres vítimas da violencia vicaria -cando a exparella asasina ao fillo-, pero non se rexistraron casos no que vai de ano en Galicia. A Xunta foi tamén pioneira na posta en marcha do programa de acompañamento a menores orfos. Atención psicolóxica A atención psicolóxica continuou funcionando, coas limitacións do Estado de Alarma. Así, o programa, das 624 persoas beneficiarias, 434 foron mulleres, 167 menores, e 23 persoas dependentes. Tamén se seguiu prestando o programa “Abramos o círculo”, orientado a homes con problemas de control de violencia, que atendeu a 90 homes, 12 máis que en 2019. Ambos os programas préstanse en colaboración

Centro de Información da Muller en Ourense.

Galicia foi a primeira comunidade autónoma en dispoñer dunha axuda económica periódica e a única que a ten operativa de maneira ininterrompida ao longo de todo o ano co colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. Cabe lembrar que, ademais, en Galicia existen outros mecanismos de atención psicolóxica, como a activación do grupo GIPCE (Grupo de intervención psicolóxica en catástrofes e emerxencias) cando ocorren casos de gravidade; ou a posibilidade de que accedan a estes servizos as persoas con discapacidade auditiva. Denuncias e medidas de protección En canto ao número de denuncias presentadas durante o primeiro trimestre, de acordo cos últimos datos facilitados polo Consello Xeral do Poder Xudicial, presentáronse 1.397 denuncias, a gran maioría delas na provincia da Coruña e Pontevedra. No mesmo período do ano pasado, o número de denuncias foi de 1.736. Ademais, na primeira metade do ano os xulgados comunicaron un total de 536 medidas de pro-

tección. Foron 625 as mulleres que contaron con protección móbil e 89 agresores tiveron un sistema telemático para cumprir a orde de afastamento. É preciso lembrar que, desde 2013 o Goberno galego conta cun protocolo para o exercicio da acción popular por parte da Xunta nos procedementos penais en casos de morte por causa de violencia de xénero. Desde entón, son 18 os procedementos nos que se personou.

Para mitigar o impacto económico que o Estado de Alarma tivo sobre as vítimas, ampliouse o Bono de aluguer social que a administración galega ten ao dispor delas

Barrios 9 de outubro 2020

9

4 Os datos de atención no primeiro semestre do ano Redacción Dadas as circunstancias derivadas da crise sanitaria, na primeira metade do ano detectouse un especial incremento nas chamadas ao Teléfono de Información á Muller. Tamén aumentaron as consultas aos Centros de Información á Muller, que estiveron funcionando de forma telemática e mesmo de forma presencial para os casos de maior gravidade. En datos globais durante os seis primeiros meses deste 2020, a Xunta concedeu axudas económicas a 505 mulleres vítimas de violencia de xénero (109 máis que no mesmo período do ano anterior -27,5% máis-). Tamén creceron as consultas recibidas no teléfono de Información á Muller que recibiu 1.842 consultas, 477 máis que no mesmo período de 2019 (35% máis); a maioría das consultas estiveron relacionadas coa atención psicolóxica. Posteriormente, as máis numerosas foron sobre recursos e cuestións xurídicas. As consultas nos 82 Centros de Información á Muller que hai en Galicia nos que se recibiron 5.465 consultas (779 máis -16,6% máis-). Nestes centros, préstase ás mulleres atención e acompañamento de proximidade, así como orientación psicolóxica, xurídica e sociolaboral. Un pouco máis positivo foron datos do programa de atención psicolóxica e do aloxamento nas casas de acollida. Na primeira, relativa a atención psicolóxica a vítimas, fillos/ as destas e persoas dependentes ao seu cargo, atendéronse a 624 persoas (32 persoas menos con respecto ao primeiro semestre de 2019). En canto ás casas de acollida, estas aloxaron sucesiva e temporalmente a 142 persoas, sendo 78 mulleres e 64 menores, un 13,4% menos que no mesmo período do ano pasado.

Deste total, 5 mulleres foron acollidas nos recursos alternativos (albergues e hoteis) que se habilitaron no marco do Plan de reforzo durante o Estado de Alarma, xa que presentaban unha casuística que precisaba dun tratamento diferenciado. Todos estes datos fan ver a necesidade, neste momento de crise sanitaria e socioeconómica, de poñer os recursos e servizos a disposición da violencia machista. Por iso, o ente autonómico ampliou o orzamento en 485.000 euros da orde de axudas destinadas ao fomento da contratación de mulleres que sofren violencia de xénero destinadas aos concellos. Este incremento supón que esta orde de axudas ascende a máis de 1,8 millóns de euros no marco dos fondos para desenvolver en Galicia das medidas recollidas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. As axudas do programa Emega para o fomento do emprendemento femininosuperan os 2,1 millóns de euros grazas a un incremento de 343.368 euros. Ademais, o orzamento das axudas de pago único destinadas á atención das vítimas de violencia de xénero tamén se ampliou en 600.000 euros pasando a un orzamento de 1,8 millóns de euros, grazas a esta segunda ampliación de axudas. A Xunta tamén conta cun servizo de teletraducción, para facilitar que todas as mulleres poidan acceder á axuda e aos recursos que teñen á súa disposición. Este servizo, que está dispoñible en 51 idiomas distintos en 61 Centros de Información á Muller (CIM), no Centro de Recuperación Integral da Muller, en 11 ONG´s e en todos os centros de acollida, usouse no primeiro semestre durante un total de 2.113 minutos, fronte aos 533 minutos do pasado ano. A maioría das peticións foron para árabe, árabe marroquí, francés, inglés e ruso.


10

Barrios 9 de outubro 2020

EN BREVE 4 Turismo Durantes os meses de xullo e agosto a oficina de turismo do Concello de Celanova atendeu a preto de 1.000 visitantes. De todos eles, o 40% foron galegos, seguidos de Madrid e Cataluña. Comparado con 2019 (2.547 persoas atendidas) a cifra e bastante menor, debido, sobre todo, á pandemia da COVID-19; a pesar desta baixada a cifra é bastante optimista. Ademais, neses dous meses as visitas á Casa dos Poetas e a Torre de Vilanova dos Infantes superou as 1.200.

4 Bande O presidente da Xunta, Núñez Feijóo, mantivo un encontro coa alcalde de Bande, Sandra Quintas, na que acordaron estudar fórmulas para actuar na travesía urbana e mellorar a seguridade viaria.

4 Campaña

Ata o 7 de novembro está en marcha a campaña: Celanova sempre chea! Deberase consumir nos establecementos participantes, pedir o cupón e polas compras acumular selos para entrar nos sorteos de cada sábado. Hai máis de 1.200 euros en premios.

CELANOVA E COMARCA

"Cogomelos para cativos" 4 Novo libro de micoloxía da familia Mínguez. Redacción “Cogomelos para cativos” é o novo libro de tres xeracións de divulgadores micolóxicos de Celanova da familia Mínguez. Editado por Didot, pódese mercar xa por internet e en librerías de Celanova e Ourense. Esta publicación coincide co 25 aniversario do primeiro traballo titulado “Manual de cogomelos máis frecuentes e curiosos na zona de Celanova” de 1995. A presentación do traballo tivo lugar en Plan C, a única sala micolóxica con exposición permanente de cogomelos existente no país que está en Celanova. Pola contra, quedaron anuladas as presentacións pre-

vistas en colexios a causa da situación sanitaria que se vive en Ourense. Traballo Participaron no proxecto Ricardo, Alejandro e Alicia Mínguez nun traballo novidoso formato álbum infantil con dous tipos de ilustracións e debuxos moi diferentes, unha parte dixital con técnica informática e outra clásica a lapis. O obxectivo é explicar de forma sinxela un complexo mundo científico. O traballo cobre un oco no mercado editorial galego, xa que apenas existe bibliografía micolóxica para nenos. Os cogomelos están cada vez máis de moda, pero é preciso “iniciar a formación canto antes”, explican os autores, xa que nos montes ga-

legos existen exemplares que son bos comestibles, pero tamén cogomelos tóxicos e incluso mortais que cada ano provocan ingresos hospitalarios. Ademais, os nenos deben coñecer as funcións botánicas tan importantes que fan os cogomelos, para respectalos e estudalos sen danalos. Despois dunha vida dedicada a divulgación micolóxica con experiencia tamén entre os máis pequenos con charlas en colexios, os autores decidiron dar este paso para tratar de enriquecer a micobibliografía e que o libro serva como material nos centros educativos como unidade didáctica. Este traballo é a décimo primeira publicación da familia Mínguez de Celanova e dentro dos títulos publicados nos últimos 25 anos cómpre salientar libros de divulgación, de cogomelos medicinais, de historia micolóxica de Galicia, cogomelos de Celanova ou unha selección dos comestibles e dos tóxicos.

4 Exposición A Casa dos Poetas acolle, ata o 31 de outubro, a exposición do artista ourensán Xosé Poldras “Gravados e monotipos para a Xeración Nós”. Poderase visitar de martes a venres de 10 a 14 e de 16 a 18, os sábado de 11 a 14 e de 16 a 18h.

4 Mancomunidade Os portavoces nacionalistas no pleno da Mancomunidade Terra de Celanova votaron contra a aprobación da Conta Xeral de 2019 da entidade atendendo ás irregularidades sobre as que advirte a intervención no seu informe. Ademais, critican a que se neguen a atender o acordo unánime da corporación de Celanova para que se destinen axudas directas a dependentes con menos recursos.

Os Mínguez, presentando o libro na sala Plan C de Celanova.

Doazón do BNG de á San Carlos Redacción O concelleiro do BNG na corporación municipal de Celanova, Leopoldo Rodríguez, doará os cartos que recibe pola asistencia aos plenos municipais á Residencia

San Carlos de Celanova. A formación nacionalista indicou que esta decisión de renunciar ás axudas de custo do seu representante produciuse no pleno de xuño, e pediu que se destinasen a asuntos sociais os cartos que por ese concep-

to debería recibir desde a declaración da pandemia (marzo) até final de ano. Doazón Despois da consulta cos servizos administrativos do Concello, onde lle aconsellaron que a fórmula máis sinxela é a de facer el mesmo a doazón, Leopoldo Rodríguez anunciou que o destino deses fondos será a Residencia San Car-

Imaxe dun microconcerto do órgano no Mosteiro de Celanova.

Regresan os microconcertos de órgano 4 Con grupos reducidos e concertados. Redacción A Fundación Curros Enríquez retoma, co fin de continuar afondando na personalización dunha oferta turística asentada no patrimonio arqueolóxico, monumental e cultural de Celanova, a posibilidade de que visitantes que se acheguen a Celanova con reserva concertada para visitar o mosteiro de San Rosendo poidan escoitar pequenas audicións ou microconcertos de órgano, sempre, previa reserva. Esta iniciativa de divulgación do órgano desde a perspectiva turística iniciouse hai dous anos e engádese ao que se leva realizando desde hai 10 cos escolares -os turistas do futuro-. Unha décado do Ciclo de concertos didácticos de órgano que se levan a cabo da man de Marisol Mendive. Os primeiros destes

los xa que a asemblea local do BNG considera que dada a situación do centro de maiores polo impacto da COVID-19 e a alarma social que xerou o gromo, esta é a institución máis axeitada para facer a doazón este ano. Entre marzo e setembro celebráronse catro sesións plenarias, nas que o concelleiro recibiu algo máis de 80 euros netos.

microconcertos tiveron lugar o pasado 26 de setembro (contou cun grupo de 15 persoas) e ao día seguinte no que estiveron presentes catro. Teñen unha duración dunha media hora e son impartidos por María José Mosquera –que é a organista da parroquia de San Rosendo-. Ademais de coñecer a mecánica do instrumento, a súa evolución a través da historia, os visitantes terán a oportunidade de gozar dunha breve audición práctica sobre o seu funcionamento neste contexto único do coro alto no que están presentes libros corais do S.XVIII e un coro gótico do S.XV. Reservas Os intersados poden facer a súa reserva ou informarse desta e outros actividades da Fundación Curros Enríquez no 646.026.421 ou fundacion@currosenriquez.

O edil do BNG en Celanova, Leopoldo Rodríguez.


OCIO E CULTURA

Barrios 9 de outubro 2020 EN BREVE

“Ourense ICC Week”, a medias 4 Os concertos suspéndense pola situación sanitaria. Redacción A situación actual da pandemia na nosa provincia e coas restriccións anunciadas pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia fai que a ICC Week (Semana das Industrias Culturais e Creativas) modifique parte do seu programa. Apraza os concertos e mantén a programación das charlas sen público, que poderán ser seguidas en directo pola canle de youtube. Así, os concertos que se aprazan son os deste sábado, 10 de outubro, de Juan Perro, programado para Ribadavia, e a sesión vermú (gratuíta previa inscrición), que estaba prevista nesa mesma localidade o mesmo sábado coa presencia de Anni B Sweet, Yawners e DJ Isaac Pedrouzo. As datas definitivas daranse a conocer nos vindeiros días. O Parador de Santo Estevo de Ribas de Sil mantívose como escenario da primeira xornada desta edición especial da ICC Week, e acolleu o encontro do Consello Asesor de Cultura de Ourense, onde se analizou o futuro do sector cultural despois da COVID-19, ademais da entrega dos premios “Rodolfo Prada” á xestión cultural e “Xosé Aurelio Carracedo” de xornalismo. A xornada inaugural contou tamén coa conferencia de Óscar Mariné, destacado deseñador, ilustrador, tipógrafo e artista. Charlas As charlas e relatorios mantéñense no programa, pero cambian a súa ubicación e celebraranse no Centro Cultural Marcos Valcarcel, sen acceso para o público. Todas poderán ser seguidas en directo por streaming na canle de YouTube da ICC Week. O programa das charlas inicouse coa musicóloga Erea Carbajales, sobre

a evolución da música nos videoxogos, e o relatorio de Oscar Mariné que aportou a súa ollada como referente do deseño. Tamén tivo lugar a mesa redonda sobre as oportunidades da Industria dos videoxogos, na que Sonia Herranz (Directora de Hobby Consolas); Roberto Yeste (Business Director de Playstation Iberia); Kiko Béjar (CEO de Benditos Videojuegos); aportaron -vía streaming- a súa visión do sector. O venres 6, o protagonista será Alejo Stivel, cunha conferencia sobre a figura do produtor musical, prevista para as 12.30 horas e o programa péchase o sábado 7 coas reflexións do filósofo e escritor Ernesto Castro sobre a democratización da fama na era das redes sociais, desde as 12 horas. A conferencia de Santiago Auserón prevista para o venres e o espectáculo de monólogos “Comicamente”, programado para A Rúa quedan aprazados para novas datas que será anunciadas proximamente.

As charlas poderán ser seguidas en directo por streaming na canle de YouTube da ICC Week

Santiago Auserón actuará nunha data que se coñercerá proximamente.

11

4Premio Risco

Premiados do 25º OUFF. /RAMSÉS.

"Deux" lévase o premio á mellor película no OUFF 4 “To the sea” foi elexida mellor curta. Redacción Baixou o pano da 25ª edición do Festival Internacional de Cine de Ourense. Coas pertinentes medidas de seguridade adoitadas (pola COVID-19) na gala de clausura celebrada no auditorio municipal de Ourense, púxose o punto e final a esta edición tan atípica polas circunstancias sanitarias. Unha gala de clausura, con fortes medidas de seguridade, na que estiveron presentes soamente 60 persoas que viron unha entrega de premios na que a maioría dos premiados non puideron achegarse a Ourense a recibir o premio (sexa polas restricións da pandemia ou por outros compromisos). Premiados En canto á categoría de longametraxes “Deux” foi a gran triunfadora ao levarse o premio Calpurnia á mellor película e o de mellor interpretración a Barbara Sukowa. Jan Komasa levouse o premio á mellor dirección por “Corpus Christi” e William Nicholson por “Regreso a Hope Gap” levouno na categoría de mellor guión. O premio especial do xurado recaeu en Maite Alberdi por “El agente topo”. Outra das películas triunfadores desta edición foi “Cartas Mojadas”; a obra de Paula Palacios logrou aglutinar uunha mención especial, ademais do premio CIMA e un dos premios máis queridos polos candidatos: o

premio do público. No que se refire ás curtas “To the sea”, de Julian Grünthal, logrou o primeiro premio e “La penumbra”, de Daniel Viqueira, o segundo ademais do do público. O de mellor actriz e actor foron para Lidia Veiga, de “Onde dormen as gaivotas” e Denís Gómez, de “Mentres iso pasa”, respectivamente. “Los que no sienten”, de Marta Porto, recibiu unha mención especial. O Premio Especial OUFF 25 aniversario que concede a organización recaeu no documental “Spitsbergen, o Gardián do Ártico” de Ignacio Benedeti. Por último, o recén creado Premio Xacobeo á mellor produción ou coprodución galega foi a parar a “La Isla de las mentiras” de Paula Cons. O premio AISGE concedéronllo á actriz Rosa Álvarez, quen non puido a recollelo.

Gala Durante a cerimonia de clausura puidose ver un adianto do que se espera da comedia galega “Cuñados”, que está previsto que chegue aos cinemas nos primeiros meses de 2021. Ademais, entre premio e premio a Alfonso Medela Cuarteto deleitou aos presentes con pezas musicais de cine. Para rematar, prexectouse a curta “Non me espera ninguén” de Amanda Ortega e un adianto, dunha media hora, da película “Luarada” do director ourensán Óscar Doviso.

Durante a clausura viuse un adianto da película “Luarada”, de Óscar Doviso e da comedia galega “Cuñados”

Xesús Manuel Marcos gaña a XXI edición do Premio Risco de Creación Literaria por ‘Lousas’. Marcos recibirá 6.000 euros e a publicación da obra, editada polo Concello de Ourense. Ademais, formará parte do Xurado na seguinte edición.

4 Youtubeir@s Ata o 23 de outubro ás 23.59 h está aberto o prazo de inscrición na cuarta edición dos Premios Youtubeir@s, na que o Concello de Ourense forma parte da organización. Nesta edición repártense 7.500 euros en premios repartidos en 12 categorías. As propostas poderanse facer só a través do formulario habilitado na páxina web youtubeiras.

4 Exposición

A avenida de Pontevedra (Alameda) acolle ata o 4 de novembro a exposición “Xénese” do fotógrafo Sebastião Salgado. Unha mostra na que se pon o foco no mundo natural e o impacto dos humanos nos recursos naturais do planeta.

4 Premio Poesía

Lorena Conde gaña o 36º do Premio de Poesía Cidade de Ourense. O certame premia o mellor traballo inédito e orixinal escrito en lingua galega ou portuguesa. Está dotado cun premio de 6.000 euros e a publicación da obra gañadora.

4 Premio Pura e Dora Vázquez

Dani Viqueira, director de la “La penumbra” levouse o segundo premio de curtas e o do público. /RAMSÉS.

O 30 de novembro remata o prazo para presentar traballos ao XVII Premio “Pura e Dora Vázquez” de ilustración. As obras deberán basearse no texto premiado na modalidade de narración, Adrán e a fábrica de xeo, da autora Begoña Graña. As persoas interesadas poden solicitar a obra premiada de narración a través do correo electrónico publicacions@ depourense.es ou no teléfono 988 317 790.


12

Barrios 9 de outubro 2020

La Vuelta Redacción A volta ciclista a España, que o 4 de novembro ten final en Ourense cambiou de ubicación a súa meta. De inicio estaba previsto un final no barrio de San Francisco, pasando previamente polas rúas máis céntricas da cidade. Co cambio (proposto polo alcalde e corroborado pola organización) o remate da etapa será no Seminario Maior, co fin de evitar aglomeracións no núcleo urbano, e así cumprir coas restricións provocadas pola pandemia. Deste xeito, o pelotón accederá á meta desde a N-120, pasando baixo as pontes de Ourense. Ademais, os últimos 900 metros contan con desniveis entre o 8% e do 9%.

Fútbol sala Redacción O Ourense Envialia é o primeiro equipo ourensán de fútbol sala que disputará un partido oficial despois do Estado de Alarma. As ourensás despois de realizar un test de pretempada diante do Burela (co que perdeu por seis goles a un) enfróntase este sábado ao Poio a partir das 19 horas no Pazo dos Deportes Paco. Será na semifinal da Copa Galicia da tempada pasada, logo de ter que ser aprazada pola COVID-19. A fin de semana seguinte comezará a Primeira división coa disputa da primeira xornada. As albinegras enfrontaranse ás actuais campioas, o Burela. Pola súa banda, o Cidade das Burgas visitará ao Leganés. Para o Sala Ourense (Segunda división B masculina), a liga comeza o 24 de outubro.

DEPORTES

Vitoria do Barrocás para comezar

4 Porén os ourensáns caeron na segunda xornada. Redacción Dúas xornadas e unha vitoria e unha derrota para o CH Barrocás de División de Honra B do hoquei nacional. Os ourensáns foron quen de vencer na casa, na primeira xornada ao Atlético San Sebastián por tres goles a un. Porén, na segunda xornada non foi quen de sacar un resultado positivo no campo do Taburiente co que caeu por catro goles a tres. E iso que se puxeron por diante no marcador en tres ocasión, pero os erros se pagan. Fallar

unha contra (coa que se poñería 4-2) e dúas expulsións no tramo final fixo que regresaran a terras ourensá de baleiro.

Partido en Mariñamansa entre o Barrocás e o Atlético San Sebastián. /I.OSORIO.

Tramo final de pretempada 4 O COB inicia a Liga en Valladolid o día 18. Redacción O Club Ourense Baloncesto encara os últimos días de pretempada de cara ao inicio do curso da LEB Ouro 2020-21 ilusionante á par que incerto. Una pretempada atípica debido á crise sanitaria provocada pola pandemia da COVID-19. Os adestramentos do COB están lastrados polas ausencias de Adonys Henríquez e Djorde Dimitrijevic; a boa nova nste aspecto é que o primeiro xa está en terras ourensás baixo as ordes de García de Vitoria. O COB leva catro amigables nos que perdeu en tres e, atención!, empatou noutro. As derrotas foron nos tres primeiros

Próxima cita O equipo adestrado por Roberto Oliveira disputará a terceira xornada de competición este mesmo sábado, e o fará no campo do Egara 1935. O Barrocás regresa a Mariñamansa a seguinte semana (18 de outubro) para medirse ao Benalmadena. Actualmente, os barrocos son cuartos con tres puntos.

encontros contra Palencia, Lugo e Coruña, respectivamente. Nos dous primeiros partidos diluise conforme caían os minutos, no terceiro aguantou o tirón ata o final, pero sen recompensa. O último partido disputado levouna Ponferrada onde se puido ver unha mellor versión dos oruensáns, se ben é certo, medíase a un equipo de inferior categoría. O partido o tiñan na man, pero certa relaxación

no tramo final fixo que os locais recurtaran diferenzas de tal maneira que a recortaron toda: co pitido final o marcador reflexaba un empate a 77; ámbolos dous conxuntos decidiron que non merecía a pena sumar cinco minutos máis ao encontro e deron por bo o resultado.

Sen San Martiño 4 A carreira popular decana de Galicia deberá agardar pola 44ª edición. R.T. A carreira popular do San Martiño queda cancelada pola crise sanitaria provocada pola Covid-19. Despois de que o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, propuxera, nunha primeira instancia, unha edición especial (polas marxes do río Miño con saídas escalonadas e sen carreiras escolares) finalmente deu marcha atrás e acordou cancelala. Esta decisión tomouse logo de reunirse con representantes da Consellería de Sanidade -Félix Rubial, xerente da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, e Laura López del Castillo, xefa territorial-. As previsións que Félix Rubial Laura López lle adiantaron ao alcalde son que a situación é “a curto prazo moi pesimista, e a medio prazo, gris”. Por este motivo, Pérez Jácome afirmaba que se

cancelaban todos os eventos que produzan “risco de contaxios por agrupacións de persoas”. Precaución “A carreira está supeditada a manter as condicións sanitarias na cidade”, afirma o rexedor, malia que era un evento tecnicamente viable, como así se derivaba das reunións mantidas coa Federación Galega de Atletismo e técnicos do Consello Municipal de Deportes. “Intentámolo até o último segundo”, afirmaba, pero “dada a situación non podemos provocar situacións de risco para a poboación”, sentenzaba o alcalde.

“Dada a situación non podemos provocar situacións de risco para a poboación”, sentenzaba o alcalde

Coruña e Valladolid Ao COB quédalle un último amigable, se as autoridades sanitarias non o impiden. Este sábado reciben no Paco Paz ao Coruña. A liga, pola súa banda, na seguinte fin de semana. O COB visitará ao Valladolid o domingo, 10 de outubro, a partir das 12 horas no polideportivo Pisuerga. Jácome reunido con Rubial e López.

Partido entre Coruña e COB./MÓNICA ARCAY.


DEPORTES

As revisións cardiolóxicas no deporte 4 Michel Zabala explica a importancia destas revisións. Redacción O outono é unha época na que moitos retoman o deporte ou se animan a practicalo por primeira vez. Por que é importante revisar a saúde do noso corazón? Michel Zabalza, xerente de LetsCardio, que colabora co hospital Centro Médico El Carmen na realización de revisións cardíacas previas ao comezo do exercicio físico, dános as claves. "Cando retomamos o deporte é recomendable realizar unha revisión cardiolóxica deportiva. Así poderemos determinar o noso estado cardiovascular actual e planificar os nosos adestramentos e retos con indicadores de saúde obxectivos", afirma Zabalza. O índice de gravidade das patoloxías que podemos atoparnos nestas revisións, se é que atopamos patoloxías, "varía en función da idade do deportista. Desde o punto de vista cardiovascular nos menores de 35 anos son as cardiopatías congénitas e as miocardiopatías. Nos pacientes maiores de 35 anos é a aterosclerosis coronaria que pode derivar en angina de peito ou infarto de miocardio", conta o especialista. Periodicidade En canto ao tipo de pro-

ba recomendada, “non hai unha proba definitiva e a valoración depende de moitos factores como a idade, o tipo de deporte, o tempo dedicado, a intensidade e a presenza de síntomas. Pero sen dúbida é recomendable unha revisión integral realizada por un cardiólogo que poida facer unha boa exploración, un electrocardiograma, unha proba de imaxe cardíaca como un ecocardiograma doppler cor e unha proba funcional como unha proba de esforzo”. “Unha revisión cada dous anos podería ser razoable en pacientes sen patoloxía ou síntomas, aínda que non podemos xeneralizar xa que depende do tipo de deporte, da frecuencia, a intensidade e as características de cada deportista”, conclúe Zabalza.

Míchel Zabala.

Barrios 9 de outubro 2020

A UD Ourense presenta a campaña de socios 4 Abonos coa crise sanitaria moi presente. Redacción A Unión Deportiva Ourense reinventanse este ano e anuncia unha campaña de abonados acorde ás circunstancias que estamos a vivir pola COVID-19. É unha campaña atípica xa que o que hoxe pode ser, mañá poda que esté prohíbido por mor da pandemia. Por exemplo, agora mesmo non está permitida a entrada no estadio debido ao confinamento que sufre a cidade. Como dicía Roberto Almeida sobre o eslogan deste ano: «Ourense sodes vós. Este ano máis que nunca, vai encamiñado a que o club é grazas a eles, e este ano máis que nunca». As restricións de aforo fan que sexan uns abonos especiais, polo que despois de moitas reunións e moita meditación decidiron facer unha campaña especial. Así, para este curso a cota é menor pero deberán pasar por taquilla os que queiran ver algún dos partidos que se disputen na casa (se é que mellora a situación sanitaria). «O motivo de quitar entrada non é outro que o que temos limitacións de aforo. As entradas irán do euro en fondo aos catro en tribuna», explicaba Almeida. Ademais advirte que según evolucione a pandemia «pode haber modificacións», xa que «estamos moi pendentes dos aforos». O directivo fai fincapé nos nenos que

«son o que máis nos doe»; con estas limitacións de aforo vense na obriga «de que teñan que pagar» aínda que avisa de que si as cousas van ben «os primeiros favorecidos serán os do abono Dragón (75 euros) e Dragonciño (5 euros)». Os que adquirán o abono Dragón (sentimento) e Dragonciño (menores de 16 anos) en caso de retirarse as restricións de aforo non terán que pagar a entrada nos partidos. Os que se acollan aos outros tipos de abonos: xeral León (40 euros) e reducido León (30 euros para persoas de 16 a 25 anos) si que terían que pagar entrada aínda que se levantara o veto de limitación de aforo.

que mandalo á bancada de fondo por cuestións sanitarias». Con esta redución do abono adiantanse a unha posible situación na que non se poda acudir ao campo como afeccionado ou mesmo ao peche da competición. «A iniciativa está pensada pola situación actual», asegura González. O directivo recorda que o ano pasado houbo «1.700 socios, dos cales 1.200 eran de tribuna. Este ano, coas restricións 700 abonados quedarían fóra do campo e soamente 400 poderían sentarse en tribuna». «Estas medidas as tomamos por que queremos ser infinitamente honestos cos socios».

Restricións Neil González, pola súa banda, clarifica que tomouse a decisión de non facer unha campaña normal e non cobrar os 90 euros que se cobraba por un abono en tribuna «por que non podemos garantir que poida sentarse en tribuna e ter

O abono Dragón ten un custe de 75 euros; o xeral León, de 40; o reducido León, de 30; e o Dragonciño, de 5

Almeida e González presentando a campaña de socios da UD ourense. /RAMSÉS.

13

Volei Ourense Redacción O Volei Ourense (Aceites Abril) que tiña que arrincar a súa participación na Primeira división nacional de voleibol esta fin de semana, viuse na obriga de aprazar o seu encontro. O motivo é a situación sanitaria que ten Ourense. Por iso, Voleyourense e La Curtidora (rival das ourensáns nesta primeira xornada) decidiron, de mutuo acordo, pospoñer o encontro ao 31 de outubro (a data xa foi posta en coñecemenro da Real Federación Española de Voleibol). O Pompeo O partido entre galegas e asturianas estaba previsto para este domingo, 11 de outubro, no polideportivo do Pompeo e sen público. O parón, longo de máis, ten que prolongarse un pouco máis á espera de que a situación da COVID-19 mellore nas próximas datas. As Patri Gladys, Alba, Rebeca, Rocío Alex, Ania, Xulia e Lucía terán que agardar un pouco máis para saír á pista en competición oficial.

Xogadoras do CVO.


14

Barrios 9 de outubro 2020

4AXENDA Teatro - Venres 16 - 20 horas - “Prostitución” - Teatro Principal - Domingo 25 - 19 h - “Jauría” - Teatro Principal Cinema - Venres 9 - 18 e 21 h “A ventá indiscreta” - CC Padre Feijoo - Domingo 11 - 18 h “O padriño” - CC Padre Feijoo - Martes 13 - 18 e 21 h - “Cleo de 5 a 7” - CC Padre Feijoo - Mércores 14 - 18 e 21 h - “O sabor das cereixas” - CC Padre Feijoo - Xoves 15 - 18 e 21 h - “Plácido” - CC Padre Feijoo - Venres 16 - 18 e 21 h - “A princesa Mononoke” - CC Padre Feijoo Música - Venres 9 - 21 h Maeso - Zelada - Costa - Anaut - Teatro Principal Exposicións - Ata o 4 de novembro - “Xénese”, - Alameda - Ata o 18 de outubro - “Ourense de cine. 25 anos do OUFF - CC Marcos Valcárcel - Ata o 18 de outubro - “Rolling Stones. Catálogo de discos e artes gráficas - CC Marcos Valcárcel - Ata o 31 de outubro “Gravados e monotipos para a Xeración Nós”, de Xosé Poldrás - Casa dos Poetas de Celanova.

HUMOR / ARTIGOS

4DECRECENDO

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

O pico do petróleo explicado cun vaso de auga No ano 1956 o xeofísico M.K. Hubbert elaborou unha proxección a futuro do momento no que a produción de petróleo no mundo empezaría a reducirse pola súa escaseza e pola crecente dificultade para a súa extracción. O seu modelo situaba o cénit petroleiro no ano 2000 aproximadamente. A realidade foi un pouco mais optimista e segundo outros analistas como Antonio Turiel o pico petroleiro comezou no ano 2008 e agora estaríamos no comezo da fase de declive. É importante identificar que o pico petroleiro non significa que haxa menos xacementos petroleiros no planeta. Estímase que pode haber petróleo e derivados para os vindeiros 200 anos. O pico petroleiro fai fincapé na dificultade da súa produción, elevando os custes enerxéticos, económicos e medioambientais da extracción mentres a sociedade mal chamada desenvolvida segue a esixir a súa enorme dose de barrís diarias. O científico físico e

www.periodicobarrios.com

Auditorio

matemático Antonio Turiel, no seu blogue “The Crash Oil” explica moi claramente esta diferencia entre existencia e capacidade de extracción co exemplo do vaso de auga. Imaxinade que tedes sede e queredes beber un vaso de auga dispoñible. Hai catro opcións: Opción 1: Hai un vaso cheo de auga. Un cólleo e bébeo. Iso é o que fixo o mundo co petróleo desde o século XIX ata 1970. Opción 2: A auga está derramada sobre unha superficie lisa. Un colle unha palliña e, con máis esforzo que no caso anterior, acaba conseguindo beber a auga. Iso é o que fixo o mundo co petróleo desde 1970 ata o 2000. Opción 3: A auga está mesturada con area. Un ten que quentar a area, condensar a auga que se evapore e que acabe por un alambique no vaso, e logo ten que esperar a que se arrefríe. O proceso non é perfecto, parte da auga nunca se evapora e parte pérdese, así que se recuperan 2/3 do vaso orixinal. Ademais, o proceso é lento e xera moita calor, así que cada vez se ten máis sede e ese proceso

non lle sacia. Iso é o que fixo o mundo co petróleo do 2000 ao 2010. Opción 4: Non hai auga líquida, pero un sabe que a pode condensar do aire. É un proceso moi lento e ineficiente. O problema é que un ten que seguir bebendo e a humidade relativa da habitación vai baixando. Aínda queda moita auga no aire, pero cada vez extráese máis lentamente. Poderíase construír algún mecanismo para “secar todo o aire”, pero realmente non existen os recursos para facelo, así que hai que conformarse co que hai. Iso é o que está a pasar co petróleo desde 2010. Actualmente temos unha mestura das 4 opcións pero a medida que pasa o tempo vánsenos esgotando os xacementos sinxelos e van quedando cada vez os máis complicados. A descrición gráfica, na seguinte ligazón: https://crashoil.blogspot.com/2020/09/visual-thinking-explicando-el-peak-oil.html Óscar Blanco

Toxinas A pel é o maior órgani do corpo, e calquera cousa posta aí é absorvida e entra no organismo. A ciencia admite que todo o que é administrado topicamente na pel pode chegar ao fluxo sanguíneo. De aí a controversia de aplicar protectores solares e outros produtos cosméticos. A través da respiración tamén entran toxinas, dependendo do local onde vive e traballa. Os ambientadores, pólenes, gases emitidos polo pegamento, tintas, suavizantes de telas, do ar condicionado, tamén transmiten e poden ser contaminantes. Os ollos poden transmitir resultado de imaxes que causan emocións negativas, así como os oídos, mais só cando certas vibracións son máis irritantes e máis chocantes. Antenas de móbil transmiten ondas enerxéticas, os móbiles producen enerxía electromagnética e por iso cando están xunto a nós estamos a ser afectados. Os cabos de alta tensión afectan a todos os seres vivos nun raio á súa volta. Luces frecuentes até poden causar dores de cabeza, así como os computadores, televisións, radios e micro-ondas. As toxinas son eliminadas do corpo, a través do nariz, da boca, trato

Redacción Á vista da evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria do Concello de Ourense e das restricións previstas pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, a Concellería de Cultura do Concello de Ourense apraza a programación de actividades que tiña previsto desenvolver no mes de outubro no Auditorio Municipal. O Concello reprogramará os espectáculos cando as circunstancias sanitarias o fagan aconsellable.

4HUMOR

Fonte: Visual Books.

urinário cólon e pel. O nariz e a boca eliminan as toxinas polo uso dos pulmóns. O trato urinário ocúpase de eliminar dos rils e do fígado. O cólon é a través do estómago, fígado e do intestino delicado. Finalmente a pel elimina pola transpiración. Cando o organismo xa esta condicionado, digamos, xa non funciona en pleno, imos ter máis acumulación de toxinas e tóxicos. Por exemplo, os antibióticos matan as bacterias benéficas do intestino e do cólon, así como a falta de exercicio para que aumente o proceso de eliminación. O uso diario de cremeas e locións na pel, poden complicar o bo funcionamento dos poros da pel. Canta máis toxina colocarmos no noso corpo, máis as persoas están expostas a doenzas ou ven aumentar a gravidade das mesmas. João Damião

Toxinas.


ARTIGOS / CLASIFICADOS

Barrios 9 de outubro 2020

15

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda, C. Domarco, Avelino Jácome. Yedra Seara Nº133 - Ano: XIII - 9 de outubro de 2020 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.

4ANUNCIOS CLASIFICADOS

4EMIGRANTE EN ALEMANIA

[Deixe o seu anuncio no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]

A outra cara da emigración Unha pantasma percorre Europa: a pantasma da emigración, da emigración desesperada, xa non só de famentos senón de miles e miles de persoas que foxen das guerras que os propios interese europeos, xuntos aos do seu socio estadounidense, decidiron organizar, alentar, financiar e propiciar nesas nacións. A emerxencia sanitaria pola COVID-19 golpeou aos migrantes. A situación para os nosos grupos de persoas complícase máis, xa que nos enfrontamos dificultades para acceder a un emprego que nos garanta o acceso a servizos médicos e sanitarios. A nosa situación de vulnerabilidade vólvese máis complexa. Por unha banda atópanse quen deben regresar aos seus fogares en países de ingresos baixos e medianos, onde os mercados laborais están fráxiles por mor da crise polo coronavirus, mentres que outros nos atopamos varados nas nacións de acollida, sen acceso á protección social e con pouco diñeiro para custear a nosa alimentación ou aloxamento. Nós os emigrantes somos humanos, somos veciños, familias, persoas que os vosos fillos coñecen da escola. Vémonos afectados da mesma maneira en que todos nos vemos afectados por esta emerxencia de saúde pública. E cremos que a mensaxe máis importante é tratar ás persoas con dignidade e lembrar que o pleno respecto polos nosos dereitos humanos. Non se pode esperar que as persoas vivamos nun estado de incerteza durante anos, sen a posibilidade de volver a casa, nin a esperanza de construír un futuro onde estamos. Necesitamos unha actitude nova e máis receptiva cara a todas

as persoas desprazadas. Esta situación agravase na crise da Covid-19 polo peche de fronteiras que nos deixou nas pavías aos migrantes, xa que non se pensou nas nosas necesidades específicas e con iso nosa poboación quedou na indefensión. Nós somos persoas migrantes e, xunto ás nosas familias vémonos expostos a máis vulnerabilidade e vulneración dos nosos dereitos por canto principalmente accedemos a tipos de emprego temporais, precarios e informais que nos condiciona a non poder deixar de traballar para recibir unha remuneración, da cal depende a nosa familia. As migracións son fenómenos recorrentes na historia, pois obedecen ao instinto de supervivencia, de buscar mellores días e moitas veces son unha viaxe sen retorno. Cando se mergulla na historia dos pobos de España sempre se atopan valentes emigrantes que se marcharon a buscar unha nova vida en Canadá, Estados Unidos, Alemania ou Francia, onde había desde quen facían a vendima e volvían, aos que quedaron nos anos 60. A evolución económica levounos no século XXI a seguir enviando emigrantes a eses mesmos países. A mocida-

de española márchase en éxodo a outros países da Unión Europea debido á precariedade. En época de bandeiras en balcóns e arengas encomiando o “grandioso” que foi o Imperio Español, mandan os bulos: falsas infografías e vídeos con datos inventados para meter medo a unha poboación cun orgullo patrio fácil de ofender. Así, dunha maneira algo simplificada, nacen as falsas concepcións que temos sobre España, os seus habitantes e a súa emigración. Desta maneira, dicir que España se converteu nun país de emigrantes desde o 2008 resulta polémico a pesar de que os datos actuais e da nosa historia recente aválano, coa crise do coronavirus o éxodo. A mocidade márchase en éxodo a outros países da Unión Europea debido á precariedade e a segunda taxa de paro xuvenil máis alta da UE. hai que recoñecer que en Europa en xeral rexorden o racismo e a xenofobia, a intolerancia, o antisemitismo e un mal que se dá contorna ás ondas de inmigrantes: o etnocentrismo, a prepotencia cultural. Jose Mateos Mariscal

INMOBILIARIA Véndese casa céntrica en Xinzo de Limia. Baixo máis unha planta (144m2,) tres prazas de garaxe e patio, cinco habitacións, dous baños, cociña amoblada e terraza. 133.000 euros. Tel. 699 648 514 / 988 21 40 70 Alugo baixo na zona do Couto totalmente acondicionado. Con luz, auga, 70 m2. Prezo 300 euros. Tel: 653 208 506 Alúgase perruquería. Tel. 672 08 93 49 Alúganse apartamentos en Montalvo (de Semana Santa a outubro) con unha ou dúas habitacións, cociña, salón, baño, barbacoa, aparcadoiro, xardín; fronte á praia. Tel: 607 271 916 Alugo sala para actividades culturais, con posibilidade de cociña, baño e outros sertvizos. Tel.: 988 247 113. Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunitaria Tel.: 650 64 15 19. Busco casa en alquiler na periferia de Ourense. Opción a compra ou dunha permuta dun piso situado na Valenzá. Tlf.: 600 826 029. Vendo casa pola estrada de Santiago, con finca. Para restaurar. Tel.: 672 089 349. Alugo oficina na rúa Progreso. Exterior. Prezo económico Tel.: 672 089 349. Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunitaria Tel.: 650 64 15 19. Vendo casa na zona de Rante (a 8 km de Ourense). 3 dormitorios, terreo, pozo de auga e garaxe. Prezo 49.800€. Tel: 606 422 543 Alugo casa de campo na

provincia de Ourense con finca e pozo. En boas condicións. Tlf: 657 945 665 Alugo almacén pequeno en soto de garaxes. Para almacén, adega, trasteiro ou garaxe de moto. Rúa Francisco de Moure. Tel. 636 32 95 24. Véndese apartamento de 2 habitacións, cociña americana, baño, trasteiro e garaxe. Recén reformado. A 5 min. de praia América. Bo prezo. Tel. 620 66 07 62.

TRABALLO Señora, auxiliar de enfermería responsable e con experiencia, ofrécese para coidar persoas maiores, enfermos, nenos e tarefas do fogar. Tel.: 620 052 173 Ofrécese señora responsable -española- para coidade de nenos ou persoas maiores. Con informes. Tel.: 606 422 543 Ofrécese auxiliar de enfermaría, con titulación, para o coidado de maiores. Como interna ou por horas. En Ourense ou arredores. Telf.: 663 043 561 Danse clases de francés a domicilio. Todos os niveis. Titulación en España e Francia. Tlf.: 625 745 611 Imparto clases particulares de Matemáticas a domicilio en Ourense capital. Todos os niveis. Tamen materias curriculares de ESO e Bacharelato. As clases son individuais e personalizadas. Ampla experiencia. Excelentes resultados. Económico. Interesados enviar WhatsApp ao 610 38 25 89. Ofrécese xerocultora para axuda a domicilio en Xinzo. Tamén para limpeza de casas e negocios por horas e adaptados ao seu horario. Tel: 686 005 358. Fanse desbroces en tractor e a man. Tlf.: 63 521 448

Coido ou acompaño a maiores enfermos polas noites. Económico. Tel.: 616 361 548. Ófrecese señora seria e responsable para tarefas do fogar e coidado de nenos e maiores. Con informes. Preferencia zona Ponte. Tlf: 685 374 191. Busco traballo en desbroces con tractor ou condutor de camión e carretillas. Ampla experiencia. Tel: 637 282 405. Busco mozo como asistente persoal con certificado de atención a persoas en situación de dependencia ou con auxiliar de enfermería. Boas condicións laboraia Tel.: 679 699 508. Ofrécese señora por horas para tarefas do fogar, coidado de nenos. Atende persoas maiores; tamén de noite en hospital ou domicilio. Telf.: 620 052 173.

VENDAS Véndense dous lavacabezas de perruquería. Tel.: 672 089 349 Vendo cama hospitalaria articulada en bo estado, con colchón anti-escaras. Tlf.: 606 133 522 Vendo prensa de viño mediana/grande, ideal para decoración en xardíns. Tlf.: 606 133 522 Véndese mampara nova. Tel: 672 089 349. Véndense traxes de cabaleiro moi antigos en bo estado, ideal para Entroido. Prezo 10€. Tel: 610 979 897. Compro moble de cociña completo. Tel: 988 247 824. Vendo escritorio. Como novo, bo prezo. Tel: 672 089 349. Vendo estufa de frío e calor. Tel: 672 089 349. Vendo hormigonera de 280 litros e maquinillo / grúa (a gasolina). Tel.: 988 23 47 91


Barrios 9 de outubro 2020


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Barrios 133 by Periodico Barrios - Issuu