Volta ao cole escalonada e coas máximas precaucións [Páx. 3]
TEMA
Páx.3
Ourense suma 473 casos activos de COVID-19, con 33 hospitalizados
CIDADE
Páx.4
A rúa Marcelo Macías permanecerá en obras durante os próximos 12 meses
XINZO
Páx.7 ALLARIZ
A Xunta adxudica as obras da Torre da Fírbeda por máis de 71.000 euros
Páx.8
Novos achádegos no xacemento de Armea durante a novena fase de excavación
CELANOVA
Páx.9
A Banda de Música de Vilanova dos Infantes recibirá o Premio Rebulir 2020
Xogo de Tronos en Ourense
[Páx. 2] Catro dos sete concelleiros de DO piden a dimisión de Jácome, un quinto presentou a súa renuncia e o Partido Popular rompeu “temporalmente” o acordo de goberno./ RAMSÉS.
Número: 131 - Ano: XIII - 11 de setembro de 2020 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190
2
Barrios 11 de setembro 2020
TEMA DA SEMANA
Pérez Jácome asegura estar sufrindo a traizón de concelleiros de DO e do PP
4 Nesa acusación non inclúe aos seus edís Armando Ojea e Mario González, nin aos populares da corda de Jesús Vázquez; pero sí a Manuel Baltar. R. Torres Semana movida na Casa Consistorial de Ourense onde se sucederon os episodios que ben poderían ter saído dunha serie das plataformas tan de moda hoxe en día. Desde finais de agosto, o tsunami xa se prexasiaba cando os concelleiros díscolos de Democracia Ourensana (cinco dos sete) presentaban ante a Fiscalía un escrito para que se investigue unha presunta financiación ilegal das contas do partido presidido por Gonzalo Pérez Jácome. Os díscolos (Teresa Rodríguez, Miguel Caride, Mario González, Manuel Álvarez e María Dibuja) pediran explicacións e antes de que se reunirán con Jácome xa presentaran en Fiscalía a denuncia; unha reunión que, por certo, non lles aclarou nada sobre a onde ían destinados os cartos de DO. Logo dese episodio, o edil de Cultura Mario González anunciaba a súa decisión de dimitir; algo que xa tiña en mente antes de que saltará todo esta polémica. Sen querer entrar no fondo, González asegurou que as cousas do partido tiñan que solucionarse primeiramente de forma interna. Sobre a denuncia, o todavía concelleiro de Cultura explicaba que foran os seus avogados quenes, por dúas veces, lle dixeron que era preciso asinar o escrito á Fiscalía para “non ter problemas no futuro”. Todo se precipita E chegamos a esta semana, na que o alcalde cesa, o martes 8, das súas funcións a Miguel Caride e Manuel Álvarez (eles dirían posteriormente que xa tiñan intención de renunciar ás súas competencias). Ese mesmo día, os sete concelleiros do Partido Popular no Concello convocaban unha rolda de
aceptar todas as propostas do PP, parecía un deles”, sentenciaba Jácome. “Durante o meu mandato a miña persoa controlará 1.000 millóns de euros. Cantas mordidas vou evitar? Moitísimas!”, aseveraba.
Jácome durante a rolda de prensa desta semana./RAMSÉS. prensa na que anunciaban a “suspensión temporal” do pacto de goberno con DO. Jesús Vázquez -sen competencias no Concello- comunicaba que os seus compañeiros abandonaban as súas responsabilidades ata que o alcalde dese explicacións “claras e documentadas”. Porén, Vázquez advertía que a situación “pódese reconducir” e que “non pechan a porta” pero precisan ter “confianza”, polo que lle piden a Jácome “que reaccione”. Minutos despois de comparecer os populares, ocuparon o salón de plenos os catro edís de DO contrarios ao alcalde. Miguel Caride pronunciou duras palabras sobre a figura de Jácome. O que fora a man dereita do rexedor, dixo nesta ocasión que calquera “sería mellor alcalde que Jácome”. Ademais, aseguraba que non renunciarían ningún deles ás súas actas porque o que buscan “é quitar do asento ao alcalde”. Caride tamén comunicou que as outras dúas concelleiras renunciaban ás súas funcións en apoio ao propio Caride e a Álvarez. A comparecencia remataba
asegurando que explorarían “posibilidades” para sacar a Jácome da alcadía. Jácome deféndese Un día despois era o alcalde quen ofrecía a súa versión do que está a acontecer e aseguraba estar vivindo a “traizón máis épica da política municipal española”. O rexedor confesaba que uns días atrás un socialista lle dicía: “Baltar traizooute”. Pérez Jácome recordou como se fraguou o pacto con Baltar (tralo rexeitamento do PSOE a pactar con DO) e como lle asegurou Feijóo que ía aumentar a inversión en Ourense, de aí que el mesmo apoiase ao PP nas recentes eleccións autonómicas e que accedese a non crear ningún tipo de polémica ata pasado o 12 de xullo, tal e como lle pediran os populares. Pero para Jácome todo formaba xa parte dunha
trama, dentro da cal o sorprendeu as recentes declaracións dos populares esixíndolle que mostrase as contas de DO para saldar a confrontación. “É de coña, pídenmo eles que compraron xornais vellos (referíndose ao arquivo de La Región) por 2,7 millóns de euros”. Xornal que ata o mandato anterior a Jácome percibía máis de 500.000 euros anuais das arcas municipais, segundo o actual alcalde, mentras que da súa man só lle concedeu 25.000 euros; incluso asegurou que o presidente da Deputación, José Manuel Baltar lle dixera nunha ocasión que o problema se solucionaba “en cinco minutos, poñendo cartos”. Na súa intervención tamén se referiu ao PXOM e recordou que o aprobaría cando “estivera limpo como unha patena, sen pelotazos”; pero confesou que “Caride comezou a
“O 14 de agosto, nun xantar entre DO e PP, dinme (Caride e Manolo) que teñen un soplo de que van a determe de maneira inminente por unhas facturas. Parecíame de coña”
Unha trama Para o alcalde ourensán esta trama pasa por tres fases: unha primeira baseada no medo, na que agardan que pasen as eleccións autonómicas. “O 14 de agosto, nun xantar entre DO e PP (Caride e Manolo) dinme que teñen un soplo de que van a determe de maneira inminente por unhas facturas. Sorprendeume que sendo persoal de confianza de DO digan eso en medio dunha comida cos do PP. Parecíame de coña”. A segunda fase foi para o rexedor cando “o 27 de agosto acordamos ter unha reunión de partido para aclarar o tema, pero o día antes entregan á Fiscalía un escrito para que me investiguen, sen agardar as miñas explicación”. E a terceira fase desta trama, segundo Jácome, pasa por deixalo só. “Optan por aislarme, marchar co PP. Queren que dimita como sexa. Son todos traidores, menos Mario, el fixo o correcto e marchou para a súa casa”.
Logo destes acontecementos, Jácome chega a unha conclusión: “Caride foi mercado polo PP”, e desvelou que unha persoa vinculada aos populares de Santiago díxolle recentemente: “Caride non dimitirá porque con el temos asegurada a estabilidade na Deputación”. Non obstante, para Jácome no PP “hai dous grupos”, un encabezado por Jesús Vázquez “que non sabía nada do tema” e outro con Baltar ao fronte “que si estaba enterado”. Ignora cal é a cabeza da “traizón”, pero ten claro que “están todos coordinados (DO e PP)”. Financiación de DO Sobre a financiación do seu partido dixo que as cifras dadas por Manuel Álvarez eran “esaxeradas e falsas” e que a maior parte dos cartos destínanse a “mercar franxas horarias en Auria TV e á campaña electoral”. Quixo deixar claro que menos do 15% do soldo de concelleiros e asesores “vai ao partido”, cando noutras formacións “a contía é maior”. Gonzalo Pérez Jácome rematou aseverando que non pensa “ceder á chantaxe dos traidores” e que mantén o dito en 2019 cando tomou posesión como alcalde: “non pararei ata transformar a cidade”.
4 Reaccións O socialista Rafael Villarino ve inviable que un Concello saia adiante "con só dúas persoas". Villarino móstrase disposto a un "acordo con otras forzas de progreso"; incluso non rexeita un pacto con Jácome sempre que sexa el o que ocupe o cargo de alcalde. O portavoz do BNG, Luis Seara referíase a esta crise dicindo que "a veci-
ñanza é a que está a pagar un alto prezo" e critica ao PP “de mercar vontades para manterse na Deputación". Ademais, asegura que sacar a Jácome da alcaldía "non é a solución definitiva". Pola súa banda, José Araújo (Cs) considera que Jácome quería un xoguete "e agora ten a xoguetería enteira", en alusión a ser alcalde de Ourense.
TEMA DA SEMANA
Barrios 11 de setembro 2020
3
A máscara segue sendo obrigatoria na rúa. /RAMSÉS.
Medran os contaxios por Covid Os cativos de Infantil e Primaria comezaron as clases este 10 de setembro. /RAMSÉS.
Control absoluto na volta ao cole 4 O rapaces regresan ao colexio medio ano despois. Redacción Os rapaces de toda a provincia regresan ao colexio despois de seis meses de ausencia provocada pola pandemia da COVID-19. E é este coronavirus o que obriga a un regreso escalonado e con exhaustivas medidas de seguridade, para que o retorno sexa efectivo e non haxa que dar marcha atrás. Esta semana deron comezo as clases para os nenos de infantil e primeria. A vindeira semana (o mércores 16 de setembro) será a quenda dos de 1º e 2º de ESO; 1º de Bachillerato, 1º de FP Media e 1º de FP Superior. Un día máis tarde tocaralles aos
de 3º de ESO, 2º de Bachillerato, 2º de FP Media e 2º de FP Superior; ao día seguinte (18 de setembro) rematarán con este regreso os de 4º da ESO e os de FP Básica. Pero non só escálonase o día de regreso ao colexio, senón que tamén o acceso ao mesmo será gradual cada día para evitar as típicas aglomeracións. Protocolo Moito se ten debatido para saber como sería o retorno as aulas e o medo entre pais e profesores palpábase nas datas próximas ao inicio do curso. Finalmente, xa se conta cun protocolo que no seu primeiro punto é o do regreso
escalonado. Ademais, cada centro contará cun "equipo covid", que reciben información sanitaria para saber como actuar nos distintos escenarios que poidan xurdir. Ademais, cada colexio contará cun centro médico de cabeceira. A máscara será obrigatoria en Primaria (en Infantil é recomendable se os alumnos a aguantan) e deberán levar dúas ademais dunha caixa para gardala. En canto á distancia de seguridade, esta debe ser de 1,5 metros incluída na aula, promovéndose, ademais, grupos estables de convivencia que faciliten o control e seguemento; e cada alumno terá un asento fixo na clase, no comedor e no
transporte. Non hai ratios por aula, pero dase a posibilidade de que se poida retirar mobiliario e ampliar espazos para manter a distancia social. En caso de gromo decidiranse as medidas a tomar segundo cada caso. Aos pais pídeselles colaboración tomándolle a temperatura aos fillos para valorar posibles síntomas da COVID-19.
En caso de gromo decidiranse as medidas a tomar segundo cada caso
Á esquerda, a directora do Amadeo Barroso de Ourense colocando un cartel na fachada. Á dereita, profesores colocando carteis sobre as normás establecidas pola COVID-19. /RAMSÉS.
4 Na última xornada rexistráronse 32 novos casos. Redacción Malos números na provincia de Ourense en canto aos novos casos de contaxios pola COVID-19. Fai uns dous meses a provincia contaba cun datos cheos de esperanza: Ourense contaba cun caso e a piques estaba de quedar libre de contaxios. A partir de aí, todo foi a peor. O día 10 de xullo eran dúas as persoas contaxiadas. Logo, pouco a pouco, os gromos foron aparecendo. Así, dous meses despois, Ourense conta con 473 casos activos de COVID-19, 32 deles rexistrados nas últimas 24 horas. Ademais, houbo un falecemento subindo esta cifra aos 136 desde que se decretou a pandemia. Dos 473 casos da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, contabilízanse 33 ingresados (cinco deles na UCI). A nota positiva son as 2.118 persoas que curaron da enfermidade, 20 delas nas últimas 24 horas. Medidas Desde a Xunta de Galicia, o seu presidente, Alberto Núñez Feijóo, fixo públicas este xoves novas medidas que se porán en marcha en centros residenciais acordadas polo comité clínico de expertos. Deste xeito, o límite das visitas será dunha persoa por residente, cunha duración máxima dunha hora ao día e extremando as medidas de prevención. Para realizar
as visitas deberá solicitarse cita previa, os visitantes deberán estar no centro con antelación e se lles realizará unha avaliación para detectar posibles síntomas. Ademais, deberán desinfectar mans, respectar distancias e usar máscara. Feijóo referiuse tamén á posta en marcha de cribados constantes entre o persoal dos centros sociosanitarios. Así, cada 15 días farase un cribado das 15.000 traballadores que están nas residencias e centros de discapacidade. Restrición Ourense mantén as restricións una semana máis, pero as terrazas pasarán do 50% ao 75 de ocupación máxima -está prohibido o consumo en barra-. Ademais, esténdese a toda Galicia o uso obrigatorio da máscara nos ximnasios. Segue a limitación do aforo ao 50% nos establecementos comerciais, de restauración e hostalería, así como en bibliotecas, academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado, entre outros. A limitación do número máximo de persoas nas xuntanzas tanto privadas como na vía pública está fixado nun máximo de 10 persoas; así como a redución dos aforos en celebracións, velorios e lugares de culto, ademais do peche dos centros de día e residencias.
Ourense suma 473 casos activos de COVID-19
4
Barrios 11 de setembro 2020
EN BREVE 4 Autónomos “O calendario de axudas aos autónomos vai ben”, así se expresaba o alcalde, quen avanza que o goberno municipal prevé aprobalo este mes en xunta de Goberno local, unha vez que as bases sexan fiscalizadas, e realizar a convocatoria das axudas no propio mes de setembro, para iniciar o seu pagamento de forma progresiva. O Concello de Ourense dispón dun montante de 20 millóns de euros para darlle apoio a este colectivo, fortemente afectado polas consecuencias económicas da pandemia da Covid-19. Esta contía foi aprobada xa polo Pleno.
4 Catedral A Xunta de Galicia licita cun investimento de 394.000 euros obras de conservación e mellora de diversos ámbitos da Catedral ourensá, que inclúen a fachada occidental, o nártex, as torres de San Martiño e das Campás e dous patios laterais delimitados pola nave central, as naves laterais, a zona do coro e as torres. Un investimento que se suma aos máis de dous millóns de euros que a Consellería de Cultura e Turismo leva investido durante a última década neste ben.
4 Arquivo Os traballos de traslado dos fondos do Arquivo Histórico Provincial de Ourense ata a nova sede situada no antigo Convento de San Francisco remataron xa. Esta operación é a máis grande deste tipo realizada nunca en Galicia. Os traballos incluíron o movemento de 54.000 caixas con seis quilómetros lineais de documentación a un depósito que nestes momentos ten capacidade para albergar case oito. Ademais, unha vez que o Ministerio de Cultura e Deporte culmine o equipamento da área de depósito, a capacidade total deste Arquivo permitirá albergar uns 27 km lineais de documentos.
CIDADE
En marcha as obras de Marcelo Macías 4 O prazo de execución é de 12 meses. Redacción A Xunta de Galicia inicou as tan necesarias -e á vez tran problemáticas- obras de acondicionamento da rúa Marcelo Macías. Esta actuación, cun prazo de execución de 12 meses, está a ser un quebradeiro de cabeza para os comerciantes da zona que din que están a afectar ao seu negocio. Tamén afecta aos veciños que agora non teñen onde aparcar os seus vehículos. A maioría dos afectados cren que se debería cortar parcialmente a circulación na rúa e non en toda a vía como se fixo. Para tentar minimizar o contratempo que supón estas obras, a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, deron instrucións
A rúa Francisco de Moure (no Couto) tamén tivo traballos de fresado e reposición da capa de firme
á empresa adxudicataria para a reorganización dos traballos minimizando afeccións. Así, todas as tardes, a partir das 19.30 horas, abrirase o tráfico en sentido Ourense para minimizar as afeccións aos usuarios e comerciantes da zona. Ademais, todo fai indicar que a finais de outubro será posible reabrir de forma permanente ao tráfico a rúa Marcelo Macías sentido Ourense debido ao ritmo de avance das obras. Execución Cabe recordar que a rehabilitación de Marcelo Macías conta cun investimento de 1,7 millóns de euros. Durante 12 meses renovarase o firme e os servizos, así como a mellora das beirarrúas ao longo de 1,3 quilómetros. A intervención aproveitarase para facer labores de mantemento no viaduto sobre o río Barbaña, que se dotará de iluminación singular e traballarase na accesibilidade peonil. Tamén, no referente aos servizos, se renovarán as redes de abastecemento, saneamento e as de alumeado. A actuación inclúe o reforzo da seguridade viaria coa
Obras na rúa Marcelo Macías.
instalación de pasos de peóns con iluminación específica. Todas estas renovacións de servizos supoñen un incremento do custo de proxecto inicial, polo que se fixo necesario un compromiso de cofinanciamento do 30% por parte do Concello de Ourense nesta actuación. Francisco de Moure Outra obra importante que deu comezo nestas datas foi a da renovación do firme na rúa Francisco de Moure (rúa entre a avenida de Portugal -á altura da praza do Couto e a rúa Faustino Santalices). Os traballos, cun investimento de 48.000 euros, consistiron no fresado e a reposición da capa de firme. Este mesmo venres, 11 de setembro, pintarase toda a vía, polo que se dará por concluídos os traballos.
O tráfico de Marcelo Macías abre, en sentido Ourense, todos os días a partir das 19.30 horas
Alfonso Rueda nos xulgados de Ourense. /M. REJO.
Melloras nos xulgados 4 O edificio xudicial contará con nova iluminación LED. Redacción A Xunta destina máis de 380.000 euros en melloras de eficiencia enerxética nos xulgados de Ouense. O vicepresidente da Xunta visitou as obras que se levan a cabo en sede xudicial. O edificio xudicial contará con nova iluminación LED (que inclúen sistema de control por luminosidade e presenza) neste mes de setembro e xa ten rematada a apertura de 87 ventás para a ventilación natural dos espazos que permitirán un aforro enerxético e económico do 20% Casa de Chocolate Por outra parte, a Xunta tamén traballa na reno-
Pleno de Ourense Redacción Con todo o caos montado no Concello de Ourense chega este mesmo venres unha sesión extraordinaria do pleno. Todo fai indicar que saltarán faíscas nun salón de plenos que contará co alcalde e o seu compañeiro, Armando Ojea, contra o resto de concelleiros. Un pleno extraordinario que leva na orde do día varias mocións interesantes como a que leva o Grupo Municipal do BNG relativa á dimisión do alcalde-presidente do Concello de Ourense Gonzalo Pérez Jácome. Verase quen secunda esta iniciativa nuns días tan convulsos no consistorio municipal. Ademais, o Grupo Municipal de Ciu-
vación das dependencias do Goberno galego na cidade, cunha dotación de 485.000 euros para mellorar a eficiencia enerxética do edificio administrativo (coñecido como Casa de Chocolate), así como o acondicionamento do salón de actos e a mellora da oficina de rexistro. Centro FP Antes de ser substituída como Conselleira de Educación, polo presidente da Xunta, Núñez Feijoo, Carmen Pomar comprobou os avances das obras do Centro Galego de Innovación en Formación Profesional. Unha obra que destina 9,9 millóns e que ten prevista a súa apertura durante o curso 2020-2021. dadanos leva unha relativa á nefasta xestión do alcalde de Ourense. Outras mocións abordarán sobre a posta en valor do Espazo Lusquiños da Mocidade; a realización dun “Protocolo fronte ao coronavirus na volta ás aulas este vindeiro curso escolar”; a defensa e posta en valor do patrimonio arbóreo; outra relativa á okupación ilegal de vivendas; outra sobre a situación xerada pola Xunta de Galiza no CEIP As Mercedes poñendo en perigo a continuidade do servizo de comedor escolar; e outra conxunto de PP e DO para instar ao goberno de España a non apropiarse dos recursos das entidades locais. Tamén se acometerá a renuncia ao cargo de concelleiro de don Mario González Sánchez.
PUBLICIDADE
Barrios 11 de setembro 2020
5
NENOOS Ourense: como desenvolver a intelixencia de forma divertida e eficaz nos nenos 4 Con motivo do seu quinto aniversario, comezando o 6º curso de actividades educativas, falamos con Mauro Santos, director de NENOOS, sobre a súa traxectoria de emprendemento educativo. Redacción NENOOS é un espazo educativo comprometido cun ensino innovador implantado na nosa cidade desde o ano 2014. O obxectivo fundamental do proxecto é dar resposta ás necesidades do alumnado e as súas familias a través de diferentes programas baseados nun método de traballo integral que desenvolve corpo, mente e emocións e gamifica a aprendizaxe. Situación a situación, cambio a cambio, tendencia educativa a realidade educativa o I+D+i de NENOOS nunca deixa de traballar. Atopados na rúa Pura e Dora Vázquez nº 23 Baixo, ao carón do parque Barbaña, contan cun centro diáfano, luminoso e adaptado a nenos/as de entre os 0 e os 16 anos no que garantizan unha aprendizaxe significativa, divertida e experimental. Ademáis de ser prestador de actividades extraescolares a colexios e organizacións de índole diversa. Froito do I+D+i, NENOOS evoluciona dos 2 programas de 2014 a con-
Está todo listo para a volta ao curso escolar, con todas as medidas de seguridade e prevención
Un grupo de rapaces en NENOOS. tar na actualidade con 9 programas (NENOOS 360, NENOOS emprendedores, NENOOS tech, Smart NENOOS, Baby NENOOS, NENOOS academy, NENOOS writing club, Educando con emoción e Obradoiros en familia) cun plantexamento didáctico e pedagóxico integral que abrangue as dimensións humanas do corpo, mente e emocións. Traballan contidos como a robótica e o pensamento computacional, a mecanografía e lectoescritura, os valores do emprendemento, matemáticas manipulativas, conciencia corporal e motricidade con Brain&Move, lecer experimental, xeneran momentos educativos en familia, educación emocional para familias, entre outras. No que aprender facendo é a base e que "buscan desenvolver capacidades, aptitudes e actitudes que favorezan a
creatividade, as habilidades sociais e as condutas prosociais, as habilidades tecnolóxicas, reforzan as capacidades mentais e de atención ademais de fortalecer os hábitos para estudar e desenvolverse na vida dunha forma autónoma e plena dende idades temperás". Un dos lemas deste centro é "se queres preparar aos teus fillos/as para o mundo que vén, NENOOS é o teu centro educativo de referencia complementario ao cole". De cara a este curso 2020/2021, e coa actual situación, non queren deixar de lado a familias que queiran acudir ás súas actividades de forma presencial. Teñen todo preparado para a volta ao curso escolar, con todas as medidas de seguridade e prevención que van marcando as autoridades sanitarias: máscara desde os 3 anos, mesas con 2 metros de distancia, xel
hidroalcohólico e lavado de mans frecuente, toma de temperatura na entrada e saída. Na aula descalzos ou con calzado só para NENOOS, ademais de contar con grupos reducidos e fixos durante todo o curso. Novidades Mauro Santos é consciente de que esta pandemia nos abofeteou a todos/ as e que era preciso xerar un cambio a forma de facer as cousas en NENOOS Ourense, deste xeito e de cara a este curso brindarán moitos dos seus programas ademáis de forma presencial no seu centro, con formato online e con servicio de mestres/as a domicilio. Ademáis dos seus programas de ritmo semanal, ofertarán tamén durante o curso escolar o seu programa Smart NENOOS, de carácter lúdico e educativo, tan ben valorado polas familias que acoden nas
vacacións escolares e que atenderá de luns a vernes a nenos/as entre 3 e 5 anos en horario de mañá e entre 3 e 12 anos en horario de tarde. Contando con diferentes actividades dirixidas e recunchos de xogo libre, comezando dende o 28 de setembro ata o 31 de maio. Outra novidade que traen de cara a este quinto aniversario, son as colaboracións con proveedores externos que se alinean ca súa filosofía de traballo con nenos/as. Contarán con Aula desafío (empresa galega), co seu programa de Programación e Robótica educativa (Impresión e Deseño 3D, programación con Scratch, robótica, creación de mundos virtuais, drons, etc.) e contarán tamén con O Taller de benestar (empresa ourensana), onde Moi e Adriana nos deleitarán cun programa de cociña e educación nutricional para pequenos/ as e familias. Que é NENOOS? Para rematar, o director do centro, Mauro Santos explica que se fai en NENOOS para aqueles que aíndan non coñecen o centro. "Lles diríamos primei-
ro grazas por querer coñecernos e logo lle explicaría que somos unha academia diferente. Onde os nenos/ as e familias poden facer unha serie de actividades/ programas durante o curso escolar e vacacións cun alto valor educativo que lle servirán para o colexio, relacións familiares, descubrir afeccións, controlar a conducta, aumentar autoestima e que desenvolven capacidades intelectuais, personais, sociais e emocionais moi, moi necesarias para moverse neste mundo tan cambiante que lles está tocando vivir". "Solo nos queda convidalos a coñecer as súas actividades, de seguro que non lles deixarán indiferentes. No mes de setembro atenderán con cita previa e realizarán presentacións en liña dos seus programas (colgadas datas nas súas redes sociais)". Ademais incide en que coma educadores/as, como pais e nais "debemos ser conscientes da gran responsabilidade que temos entre mans", pero entre todos "podemos seguir adiante coas nosas rutinas, garantindo unha infancia con xogos, motivación e curiosidade”.
De cara a este curso NENOOS brindará moitos dos seus programas, ademáis de forma presencial no seu centro, con formato online e con servicio de mestres/as a domicilio
6
Barrios 11 de setembro 2020
EN BREVE 4 Curso escolar Comezou o curso na Escola Infantil Municipal de Barbadás con 73 matriculados. O luns 31 de agosto as familias visitaron as instalacións para coñecer ao persoal e comprobar as reformas e medidas de seguridade e saúde implantadas no protocolo entre elas a obligatoriedade de calzado exclusivo para Escola. A comunicación coas familias será principalmente por vía telefónica e correo electrónico. As entradas e saídas serán escalonadas e pídese a máxima responsabilidade á hora de control de temperatura ou outros sintomas compatibles coa Covid-19 para que todo o persoal, familias e cativos poidan desenvolver a sua actividade o mellor posible.
4 Axudas para libros
O Concello de Barbadás financia axudas económicas para libros e material didáctico ao alumnado de educación infantil. O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o 30 de setembro, e están destinadas a estudantes matriculados en centros públicos e privados en tramos concertados. Trátase de unha subvención monetaria para a compra de libros e material que ascenderá a 90 euros como máximo. Os solicitantes poderán descargar o modelo de impreso de solicitude a través da páxina web do Concello de Barbadás. Será beneficiarios destas axudas unidades de convivencia cuxos ingresos non poderán exceder de 5.500 euros por membro familiar anual.
4 Lectura A Biblioteca de Barbadás promove “Contadas no parque” que se desenrolará na Solaina os días 11, 16 e 25 de setembro e o 2 de outubro ás 18.30 horas. Os contacontos están dirixidos a nenos e nenas entre os 5 e os 11 anos e participar é preciso inscribirse en biblioteca@barbadas.es.
BARBADÁS
Barbadás promove unha campaña para dinamizar o comercio local 4 O Concello activa unhas axudas para a creación de empresas. Redacción “ReVive os comercios de Barbadás” é o título da campaña dinamizadora das compras no comercio de proximidade que promove o conello. Esta acción busca a dinamización do comercio local. A campaña constará de 1.000 bonos de desconto, por valor cada un deles de 10 euros que se poderán empregar como desconto en compras superiores ou iguais a 30 euros nos establecementos de Barbadás adheridos á campaña. A campaña realizarase entre o 15 de setembro e o 30 de setembro (ou ata que se troquen os mil bonos postos en circulación). Na mesma, poderán participar todos os clientes do comercio de Barbadás maiores de 18 anos que se rexistren na páxina web www. comerciobarbadasrevive.es e descarguen correctamente o seu bono. Cada usuario, que deberá estar empadroado no concello, só podera usar un bono. Para o seu troco teranse que presentar ao comerciante ben a través do correo descargado no móbil ou debidamente impresos antes de que perdan a súa vixencia (48 horas, pasado ese tempo perderán a súa validez).
A campaña ReVive os comercios de Barbadás”, que vai do 15 ao 30 de setembro, repartirá bonos con 10 euros de desconto
Axudas Por outra banda, o Concello de Barbadás activa a creación de emprego no municipio co programa de axudas municipais para crear empresas. As axudas están dirixidas a empresarios individuais e pequenas e medianas empresas que iniciasen a súa actividade empresarial entre o 1 de novembro de 2019 e o 30 de setembro de 2020. Esta convocatoria financiase cun importe de 15.000 euros, contía que poderá ampliarse en función da dispoñibilidade orzamentaria. Entre os requisitos xerais dos beneficiarios figuran que a empresa teña o seu domicilio fiscal e o centro de traballo no concello de Barbadás. O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de setembro. As empresas deben ser de nova creación, considerando incluidos neste concepto os traspasos de negocios, excepto aqueles que se realicen entre cónxuxes ou parellas de feito e familiares por consanguinidade, afinidade ou adopción ata o segundo grao. Como mínimo cada empresa debe crear un posto de traba-
llo, non ter débedas coa Seguridade Social nin coa Consellería de Economía e Facenda, coa Axencia Estatal, de Administración Tributaria nin co Concello de Barbadás. As axudas son a fondo perdido e a súa finalidade é subvencionar a reación do propio posto de traballo e parte dos gastos iniciais da posta en marcha da actividade. O importe da axuda ten unha contía fixa de 500 euros pola cración do propio posto de traballo, e unha variable equivalente á metade dos gastos iniciais de posta en marcha da actividade cun máximo de 1.000 euros por empresa. O prazo máximo para resolver será, como máximo, de tres meses dende a presentación de solicitudes no Rexistro Xeral do Concello de Barbadás.
O prazo de presentación de solicitudes para as axudas para empresas remata o 30 de setembro
Autobús que opera no Concello de Barbadás.
O autobús en Barbadás xa conta con bonificación 4 As persoas que dispoñan de bonobuses antigos deben consumilos antes do 1 de novembro. Redacción Desde o 1 de setembro comezou a aplicar as bonificacións do Concello de Barbadás para o transporte en autobús. As axudas consistirán na xestión das bonificacións establecidas mediante o uso da tarxeta de transporte de Galicia que corresponda. Son de aplicación en todos os medios de transporte públicos especificados no artigo 2 da ordenanza aprobada recentemente, sendo as axudas reguladas neste prego de aplicación exclusiva naquelas viaxes no propio
Reformas Redacción
A avenida de Celanova na Valenzá. /ARQUIVO.
Reforma da pista de San Bieito de Cova do Lobo para facilitar a accesibilidade e a mellora de infraestrututas na zona rural. A execución das obras tivo un custo de 38.811,61 euros. Un dos motivos do arranxo desta pista, en palabras do alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, é “mellorar un tramo de acceso a vivendas e a fincas agrícolas e pór en valor aos núcleos rurais, así
concello de Barbadás ou entre o este e o concello de Ourense.As bonificacións fan que o billete xeral conte cun prezo de 0,85 euros; o de estudantes, de 0,60; o de pensionistas, de 0,70 euros; e de balde para as persoas en risco social. A Tarxeta é persoal e intransferible, responsabilizándose o seu titular do correcto uso da mesma. Ademais, a titular da tarxeta deberá identificarse sempre que lle sexa requirido polo condutor do autobús, persoal de inspección da compañía de transporte ou persoal do concello debidamente acreditados. como potenciar o arraigo da súa poboación”, sinala Valcarcel. As melloras consistiron na rexeneración do firme nun camiño de titularidade municipal. Procedeuse tamén á ampliación, mediante a roza e retirada da vexetación herbácea dos bordos laterais do camiño. Os traballos de execución do proxecto incluiron tamén a mellora, mediante o reforzo do firme existente cunha dobre rega asfáltica, e o mantemento mediante o bacheo de zonas puntuais dun tramo de 550 m de lonxitude.
XINZO E COMARCA
Restauración da Torre da Fírbeda 4 A Xunta adxudicouna por máis de 71.000 euros. Redacción A restauración da Torre da Fírbeda ou da Forxa, na Porqueira está máis preto despois de adxudicar as obras por un importe de máis de 71.000 euros que serán cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %). Esta intervención permitirá poñer en valor este elemento declarado Ben de Interese Cultural (BIC), coa categoría de monumento, que forma parte da rede defensiva da Limia xunto coa Torre da Pena, en Xinzo de Limia, a Torre de Ceme, en Rairiz de Veiga, e a Torre de Sandías, cuxa restauración foi adxudicada hai só unhas semanas. Os traballos contan cun prazo de execución previsto de tres meses, e teñen como finalidade avaliar as posibles deficiencias, corrixir as patoloxías existentes e mellorar o estado de conservación deste importante elemento. Deste xeito, desmontarase e eliminarase a carpintería metálica da cuberta e das tellas e placas para insta-
lar un illamento térmico e cubrir con nova tella de cerámica. Ademais, debido a que a carpintería actual non impide a entrada de auga, cómpre crear unha nova carpintería de madeira que evite o deterioro dos elementos interiores. Os traballos inclúen tamén a substitución do pararraios existente e a instalación dun proxector con tecnoloxía LED. Historia A Torre da Fírbeda foi construída nos séculos XI e XII co obxectivo de impedir os intentos de invasión procedentes de Portugal e controlar a lagoa da Antela. Xunto co resto das torres da rede defensiva, esta edificación foi testemuña de acontecementos históricos diversos.
A torre foi construída nos séculos XI e XII para impedir a invasión portuguesa
Máis aulas para o curso escolar en Xinzo 4 O Concello cede á Xunta de Galicia máis dunha ducia de aulas e outros centros municipais. Redacción O Concello de Xinzo ofreceu á Xunta de Galicia máis dunha ducia de aulas para facilitar os desdobres de cara a un inicio do curso anómalo provocado pola COVID-19. A maioría delas (10) atópanse na Casa da Cultura e xa foron revisadas polos arquitectos municipais. O resto están nas instalacións municipais usadas agora para ensino musical. Ademais, o Concello pon a disposición da Consellería de Educación todos os centros sociais do municipio, distribuídos nas diferentes parroquias, algúns dos cales xa foron no seu día escolas unitarias. A alcaldesa, Elvira Lama, asegura que o Concello fará todo o que estea na súa man para poñer a disposición da Xunta todos os espazos dispoñibles, pero ao mesmo tempo considera que a administración autonómica ten que facer pola súa banda “a parte dos deberes que lle corresponde, pois é quen ten todas as competencias en materia educativa”.
Peche das piscinas Redacción
A Torre da Fírbeda.
Barrios 11 de setembro 2020
En Xinzo víronse na obriga do peche das piscinas 15 días antes do previsto. Uns actos vandálicos que se volveron repetir a última fin de semana de agosto e que obrigaron ao seu peche debido aos danos realizados. Arroxaron cadeiras, mesas e outro mobiliario e obxectos ao interior do vaso, ademáis de provocar outro tipo de danos. Unha vez máis, tanto o sábado como o domingo pola mañá os emprega-
Acordo orzamentario Porén, Lama considera imprescible un “acordo orzamentario para que asuma os gastos excepcionais dunha volta ao cole completamente excepcional”. Os concellos fanse cargo dos gastos de mantemento dos centros, en Xinzo suporá máis de 100.000 euros por curso, segundo os cálculos realizados pola Concellería de Educación, que dirixe Alberto Martínez. A rexedora recorda que a Xunta recibiu 100 millóns de euros para organizar a volta á escola, polo que lle
pide ao ente autonómico a necesidade de crear un paquete económico para financiar estes gastos. Todos os grupos da Corporación local aprobaron no último pleno unha moción conxunta na que xa lle pedían “dotación económica suficiente" á Xunta para "poder dispor de persoal e materiais dedicados ás tarefas de limpeza, desinfección e mantemento que se marquen no Protocolo de adaptación dos centros de ensino non universitario do noso Concello”.
A alcaldesa, Elvira Lama, pídelle á Xunta que asuma os gastos adicionais dunha volta ao cole “completamente excepcional”
Xinzo de Limia. dos da instalación atoparon mesas, cadeiras e outro mobiliario e obxectos no vaso da piscina. Depois de retirar todo o arroxado e arranxar o máis visible, o concelleiro de Deportes, Rafa Penabad, tomou a decisión de pechala definitivamente. “É absolutamente lamentable a falta de respecto ao público por parte das persoas que fixeron isto e que incluso o repetiron. Non descartamos, porque a Policía Local traballa en elo, identificalas para que se responsabilicen de todos os danos causados”, explica Penabad, que agarda polo menos a sanción social
para os autores das desfeitas. “O resto da veciñanza, especialmente os usuarios da piscina, teñen que saber que é responsabilidade exclusiva destes irresponsables que tomemos a decisión de pechar a piscina 15 días antes do previsto”, explicaba o concelleiro.
Cadeira dentro da piscina de Xinzo.
7
EN BREVE 4 Campaña O Grupo de Desenvolvemento Rural Limia Arnoia, continúa coa campaña de apoio ao pequeño comercio das comarcas de Allariz/Maceda, Terras de Celanova, A Limia e Baixa Limia. 25 concellos, unha mensaxe: Merca no teu concello, sen ir máis lonxe. Até o 30 de setembro está aberto o prazo para participar no sorteo de 58 premios por valor de 180 euros para consumir en establecementos afectados polo estado de alarma (venda ao por menor, hostalería e servizos) dos 25 concellos do GDR. Participarán no sorteo, todas as persoas con compras superiores a 40 euros en calquera establecemento de venda ao por menor e hostalería dos 25 concellos. Mais info en: www. limia-arnoia.gal e www. senirmaislonxe.gal.
4 Protesta Desde comezos de curso, todos os días ás 12 do mediodía familias, ANPA, Corporación Municipal e veciñanza protestan ás portas do CEIP Rosalía de Castro pola medida tomada desde a Xunta de non habilitar unha praza de Educación Primaria como se viña facendo nos cursos. Consideran que este ano é máis necesario que nunca debido á pandemia da COVID-19”.
Convenio Redacción A aula Carlos Casares da Casa da Cultura de Xinzo de Limia será utilizada para realizar entrevistas a persoas con discapacidade para facilitar a súa inserción laboral. Isto é grazas a un convenio firmado entre o concello e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami). As entrevistas terán lugar todos os xoves entre as 9 e as 14 horas, durante os próximos 4 anos.
8
Barrios 11 de setembro 2020
ALLARIZ E COMARCA
EN BREVE
II Xornadas sexolóxicas de verán
4 Arte de man O Concello de Allariz comunica a decisión de cancelar Arte de Man, que se ía celebrar o vindeiro domingo, 13 de setembro. Estas decisión está fundamentada na necesidade de ofrecer as máximas garantías preventivas nun contexto en que os casos por coronavirus medran en Galicia. Arte de Man, deberá esperar a que a situación sanitaria o permita para celebrar a súa 18ª edición. Máis de 25 artesáns e artesás galegos exporían no casco histórico este ano distintas disciplinas artesas tradicionais.
4 Feira de produtos apícolas Tampouco se celebrará a Feira de Produtos Apícolas prevista para o 20 de setembro. Concello de Allariz e a Asociación Galega de Apicultura, AGA, deciden de mutuo acordo, non celebrar este ano a terceira edición desta feira e aprazala a unha data na que esté superada a loita sanitaria contra a COVID-19.
4 Transporte escolar Para facer uso do transporte escolar municipal é preciso informarse e inscribirse na piscina Municipal de Allariz, ou ben no teléfono 988 442 083 ou no correo electrónico piscina@allariz.gal.
Redacción
Xacemento de Armea en Santa Mariña de Augas Santas (Allariz).
Novos achádegos no xacemento de Armea 4 Durante a novena campaña de escavacións. Redacción A novena campaña arqueolóxica en Armea, na parroquia de Santa Mariña de Augas Santas (Allariz), rematou deixando novos achádegos no coñecemento histórico da antiga "Cibdá de Armea". Así o subliñaba Adolfo Fernández, do Grupo de Estudos en Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (Geaat) e Vicedecano da facultade de Historia da Universidade de Vigo que en agosto desenvolveu a escavación froito do convenio de colaboración subscrito entre esta universidade e o Concello de
Allariz. Por primeira vez, tamén participaba a Xunta a través da dirección xeral de Patrimonio cun aporte de 30.000 euros, axuda que se viña pedindo desde hai anos. Intervención A intervención deste ano na denominada Finca da Atalaia, de propiedade municipal, centrouse nos traballos de escavación da domus leste, asomando importantes mostras de estruturas e estancias, nas que se atoparon restos tanto pétreos coma de materiais cerámicos, tellas e vidro ademais de pequenas alfaias na súa maioría elaboradas
en bronce. A cibdá de Armea, que segundo os arqueólogos estivo habitada entre os séculos I y II da nosa era, ten de momento escavadas 3 domus e una vía central. Dentro desas domus o visitante pode atopar estancias con lareiras, muíños, zonas dedicadas a produción de utensilios de metal e vidro. Visita A alcaldesa de Allariz, Cristina Cid, e a decana da Facultade de Historia, Susana Reboreda, visitaron as escavacións. “Intereses académicos e locais pódense acercar grazas a este tipo de convenios”, destacaba Reboreda. A rexedora puxo a til na "gran potencialidade e singularidade do xacemento, que é xa un gran recurso patrimonial e turístico para Allariz e da necesidade de que nun futuro e grazas á colaboración entre administracións a campaña puidera ser de algún mes máis”.
A Concelleira de Asuntos Sociais Maribel Poisa e a Técnica de Igualdade municipal Ana Cardoso presentaron, en colaboración co Instituto de Ciencias Sexolóxicas de Madrid, INCISEX, e coa Xunta de Galicia-Vicepresidencia- Consellería de Presidencia, o Ministerio de Igualdad e o Fondo Social Europeo, as II Xornadas sexolóxicas de verán, adiadas pola situación derivada do COVID-19, e coa posibilidade derivada deste fenómeno, de trasladar ás mesmas a unha plataforma virtual para que poidan executarse. Celebraranse o 19 e 20 de setembro. Xornadas que veñen derivadas do convenio de colaboración que este Concello ten co INCISEX, co obxectivo de realizar intervencións máis axustada á realidade humana e co obxectivo de traballar pola convivencia. Nesta ocasión teñen como prioridade reflexionar en torno ao concepto de saúde dende a mirada sexolóxica, como forma de entender a saúde como un concepto amplo onde están relacionadas moitas disciplinas, e que coa aportación da mirada sexolóxica pó-
dese ter un plus para realizar intervencións máis comprensivas fuxindo así de situacións hostís que o único que fomentan e máis distancia entre nós. Falarase da sexoloxía e das posibilidades que ofrecen a profesionais de disciplinas relacionadas coa saúde, para ter máis coñecemento e traballar para que as dificultades comúns polo feito de ser humanos, non se convirtan en dificultades engadidas. O compromiso, e a responsabilidade para unha intervención que teña en conta o comunitario e a necesidade de ter coñecemento sobre o feito sexual humano para entender mellor o que se nos presenta, e facer así unha intervención máis centrada no que temos, centrada no suxeito. Unha intervención comprensiva e de cultivo, de cultivo da diversidade e polo tanto, da convivencia. Contarase a maiores nesta ocasión, de actividades complementearias á formación, como pode ser a Obra de Teatro.
Cartel das xornadas de sexoloxía de Verán.
CELANOVA E COMARCA
Barrios 11 de setembro 2020 EN BREVE
A Banda de Música de Vilanova dos Infantes, premio Rebulir 2020
4 Residencia San Carlos
4 Xunta á actriz Fina Calleja e á música Mercedes Peón. Redacción A actriz Fina Calleja, a música Mercedes Peón e a Banda de Música de Vilanova dos Infantes son os premiados nos Premios Rebulir da cultura galega 2020. Calleja recibirá o premio na categoría de artes escénicas, pola súa traxectoria profesional no eido do teatro e audiovisual, e polo seu compromiso coa cultura de base, en, desde e para Ourense; Peón, no de música galega, pola súa contribución a difusión e a renovación da música galega dentro e fora de Galicia; e Banda de Música de Vilanova dos Infantes na categoría homenaxe o ano do seu 160º aniversario, polo legado cultural na música popular. Reunión A comisión que avaliou as diferentes candidaturas reuniuse o pasado venres, 4 de setembro, de 2020 de maneira virtual. esta xuntanza, acordouse tamén establecer o acto de entrega de ditos galardóns o sábado, 19 de decembro, deste ano, no marco da Gala Central do Festival Internacional Rebulir (FIR_2020), a cal se celebrará previsiblemente no Complexo Polideportivo do Picouto (Concello de Ramirás) seguindo
A entrega dos premios está prevista para o 19 de decembro durante a celebración da gala central do Festival Internacional Rebulir estritamente as medidas sanitarias vixentes nese momento. Cabae sinalar que o Premio Rebulir de Cultura Galega, nace no ano 2012 como un recoñecemento a persoas e colectivos que contribúan á difusión e posta en valor da cultura autóctona nas súas diferentes manifestacións. Un dos aspectos que defende este galardón é a proxección do nome de Galicia alén das súas fronteiras, facendo fincapé no establecemento de vínculos interculturais e de raíz. Entre os/as premiadas están nomes de recoñecido prestixo como Guadi Galego, Rosa Cedrón, Uxia, Leilía, Rubén Riós, Antonio Durán "Morris", María do Ceo, Carlos Blanco, Marcos Pereiro e Xose Antonio Touriñán, Xosé Ramón Gayoso, Xose Manuel Piñeiro, entre outros.
Banda de música de Vilanova dos Infantes.
9
Xosé Cid recibindo o premio arroupado por Anxo Lorenzo, Miguel Santalices, Antonio Puga e Rosendo Fernández. /RAMSÉS.
O escultor Xosé Cid recibe o 36º premio "Celanova, Casa dos Poetas" 4 Este ano o acto principal trasladouse ao Claustro Barroco. R.Torres Este ano a COVID-19 fixo modificar as nosas costumes, porén a esencia delas permanece. Como é no caso da entrega do 36º premio “Celanova, Casa dos Poetas”, que a pesar de ter que mudar o lugar da súa celebración non cambiou un ápice a solemnidade e emotividade do acto. O domingo, 6 de setembro, foi o día elexido para a celebración da entrega do premio que este ano recaeu na figura do artista Xosé Cid. O primeiro cambio con respecto aos outros anos foi a recepción que tivo lugar na praza Maior en lugar da Casa do Concello. Non se quixeron perder este evento persoeiros como o Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; o director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenxo; o vicepresidente da Deputación Provincial de Ourense, Rosendo Fernández; así como numerosos persoeiros vinculados ao mundo da cultura como Acisclo Manzano, José Antonio Ocaña ou Baldomero Moreiras. Como non podería ser menos tamén estaba presente o alcalde
de Celanova, e presidente da Fundación Curros Enríquez, Antonio Puga. Trala recepción, trasladáronse ata o monumento a Celso Emilio Ferreiro onde se lle homenaxeu cunha ofrenda floral, polo seu 41º cabodano, e se interpretou o Himno Antergo polo grupo de gaitas “O gaiteiro de Penalta”. Acto principal Rematada a homenaxe, todos os presentes achegáronse ao Claustro Barroco para presenciar o acto principal. Foi o Secretario desta Fundación, Antonio Piñeiro, o que deu lectura da concesión do premio. Un premio que tenta recoñecer cada ano a unha persoa ou entidade que ó longo da súa vida se ten significado especialmente por desenvolver un intenso labor a prol da cultura galega en tódalas súas facetas, ou da propia Galicia. A acta da elección deste ano xustifica a concesión ao escultor Xosé Cid “pola súa longa traxectoria como intérprete das formas e dos feitos da Galicia tradicional máis auténtica a través da súa obra escultórica”. Para a Fundación Curros Enríquez, a elección nesta ocasión de Xosé Cid, ademais de cumprir con tó-
dolos méritos artísticos non se quere esquecer da “súa querenza pola figura de Rosendo Guterres (San Rosendo), o fundador de Celanova”, coa realización de varios monumentos pola provincia, do que constitúe o seu principal paradigma “o que se atopa instalado na rúa do Progreso da cidade de Ourense”. O premiado, Xosé Cid, recibiu unha medalla de prata coa fachada da casa de Curros por un carón e as letras C (Celanova, Casa, Celso, Curros e Castor, de Castor Elices), polo outro; a autoría desta obra é de Acisclo Manzano. Ademais fíxoselle entrega dun gravado realizado por Baldomero Ramos. Unha vez asinado -o premiado- no libro de honra da Fundación, chegou gabanza sobre o premiado a cargo de José Antonio Ocaña. Xosé Cid, na súa intervención, dixo sentirse moi “emocionado” e recibir “con orgullo” este premio.
Xosé Cid dixo sentirse “emocionado” de recibir este premio
O BNG de Celanova pide ao Concello que asuma a co-xestión da Residencia San Carlos participando no padroado e colaborando no financiamento para “garantir que sexa viable nos novos tempos”. Os nacionalista ven útil “á luz doutras experiencias”, que “as usuarias (a través das familias) e as traballadoras teñan un papel nesa co-xestión sen ter que mudar o modelo da fundación sen ánimo de lucro coa que se vén organizando o centro”.
4 Exposición Ata o 15 de setembro a Casa dos Poetas acolle a mostra “CC2020. Carvalho Calero. A voz presente”, promovida pola Consellería de Cultura e Turismo dentro do marco do programa do Día das Letras Galegas. Esta exposición sobre o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas do ano 2020 divídese en doce paneis que permite ó visitante facer un percorrido pola traxectoria vital e profesional de Carvalho Calero acompañado pola propia voz do autor ferrolán.
4 Visitas Nun mes de agosto atípico, marcado polas circunstancias que todos xa coñecemos, a Fundación Curros Enríquez centrou os esforzos na atención ó público da Casa dos Poetas e da Torre de Vilanova dos Infantes, ademais de ofrecer visitas guiadas polo burgo medieval. Cunha afluencia de 952 persoas atendidas durante estes 31días, destácase a magnífica acollida que recibiu por parte dos visitantes a mostra de gravados “Múltiple. A arte do gravado de Picasso a Barceló” organizada pola Afundación e que permitiu contemplar na Casa dos Poetas obras orixinais de Miró, Dalí, Picasso, Maruja Mallo, Luis Seona, Barceló e outros.
10
Barrios 11 de setembro 2020
PROVINCIA
Arranca a XI lexislatura do Parlamento de Galicia 4 Feijóo desvela aos seus conselleiros. Redacción Alberto Núñez Feijóo foi nomeado por cuarta vez, consecutiva, como presidente da Xunta de Galicia. Está é a XI lexislatura do parlamento galego e chega con dúas novidades destacadas no seu executivo. A crise provocada pola pandemia da COVID-19 e que estará presente durante os vindeiros anos -tanto no aspecto sanitario coma no económico- fixo que Feijoo destituíra aos conselleiros de Sanidade (Jesús Vázquez Almuíña) e a conselleira de Educación (Carmen Pomar), sendo estas as dúas carteiras máis expostas nesta crise. Almuíña estaba ao fronte de Sanidade desde 2015, mentres Pomar dirixía Educación desde 2018. Nestas datas tanto os colectivos educativos coma os sanitarios erixíronse pedindo a dimisión dos dous conselleiros. Julio García Comesaña será o encargado de substituír a Jesús Vázquez.
Francisco Conde convértese en vicepresidente segundo e Román Rodríguez asume novamente Educación en detrimento de Carmen Pomar
Alberto Núñez Feijóo asinando o decreto no que nomea aos conselleiros da Xunta. Comesaña chega da Área Sanitaria (EOXI) de Vigo na que era xerente (previamente o fora na Área de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco). Pola súa banda, Román Rodríguez retoma a carteira de Educación na que estivera ata que o substituíra a saínte Pomar; con este cambio Rodríguez será o titular de Cultura, Educación e Universidade (como o fixera ata 2018). Deste xeito, Feijóo nomea a dous homes da súa confianza para afrontar os grandes retos que lle agardan nesta lexislatura a estas dúas consellerías. Organigrama Así, o cuarto mandato de Alberto Núñez Feijóo na Xunta de Galicia arranca
mantendo no cargo a Valeriano Martínez García, na consellería de Facenda e Administración Pública; Ángeles Vázquez Mejuto, en Medio Ambiente, Territorio e Vivenda; Ethel Vázquez Mourelle, Infraestruturas e Mobilidade; Román Rodríguez González, en Cultura, Educación e Universidade; Fabiola García Martínez, en Política Social; José González Vázquez, en Medio Rural; e Rosa Quintana Carballo, na consellería do Mar. Ademais estreanse ao fronte dunha consellería o citado Julio García Comesaña (Sanidade) e María Jesús Lorenzana Somoza e Emprego e Igualdade, quen se fai cargo da recén creada consellería de Emprego e Igualdade. En canto aos ourensán con responsabilidades, ademais do propio Feijoo continuará José González -Medio Rural- como único conselleiro ourensán. Dúas vicepresidencias Ademais, Feijóo nomea a dous vicepresidentes. A
Francisco Conde pasa a ser Vicepresidente segundo da Xunta e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación.
Alfonso Rueda Valenzuela (vicepresidencia Primeira e consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo) o acompañará Francisco Conde López que asume a vicepresidencia Segunda e continúa na consellería de Economía, Empresa e Innovación). Alfonso Rueda mantense na vicepresidencia desde 2012 e nesta ocasión ademais de Presidencia e Justicia tamén se fará cargo de Turismo, nun momento no que estamos ás portas do Xacobeo 2021. Pola contra, deixa Administración Pública que pasa a mans de Valeriano Martínez, quen leva ademais Facenda. En canto a Francisco Conde, seguirá ao fronte de Economía, Empresa e Innovación, deixando Emprego para a nova conselleira María Jesús Lorenzana Somoza. Posesión Durante a toma de posesión de Núñez Feijóo como presidente da Xunta pediu a BNG e PSOE (oposición no parlamento galego) "axuda" nun momento en que fai "falta" e os galegos "a precisan". O presidente advertiu que chegan anos duros por culpa da COVID-19 e que nestes primeiros anos haberá que "sufrir" os efectos da pandemia. Oposición Trala toma de posesión de Feijóo pronunciáronse os seus adversarios políticos. A líder do BNG, Ana Pontón, augurou unha lexislatura "moi dura" e esixiu a Feijoo chegar a "acordos de país" ante a situación provocada pola pandemia. Para elo pediulle "altura de miras" En canto ao líder dos socialistas, Gonzalo Caballero, reclamoulle todas as decisións para que nesta crise "ningúen quede atrás".
Jesús Vázquez Almuíña é substituído por Julio García Comesaña en Sanidade; María Jesús Lorenzana Somoza estréase na carteira de Emprego e Igualdade, recentemente creada
Boa acollida da tarxeta "Xente Nova" 4 Preto de 2.000 mozos a levan usado. Redacción Preto de 2.000 menores de 21 anos da provincia de Ourense están a viaxar xa de balde no autobús interurbano da Xunta coa tarxeta ‘Xente Nova’, tras cumprirse case tres meses da implantación deste dispositivo. A tarxeta ‘Xente Nova’ é unha iniciativa do ente autonómico para o fomento do uso do transporte público. Comezou en 2016 e era de balde para menores de 19 años, idade que se ampliou ata os 21 desde o pasado 1 de xaneiro. Beneficiarios Desde a segunda quincena de xuño e ata principios do mes de setembro, segundo os datos facilitados estánse a beneficiar da gratuidade do transporte 1.838 menores de 21 anos da provincia de Ourense, encabezando o número de usuarios os mozos e mozas da capital, onde se expediron 728 dispositivos, seguidos dos seus veciños de Barbadás, con 340 tarxetas Xente Nova distribuídas. Nesta lista, séguenlle os usuarios dos municipios de Xinzo de Limia (93), Verín (61) e Allariz (49 tarxetas Xente Nova expedidas). En canto ás viaxes realizadas desde a implantación do dispositivo ‘Xente Nova’ nesta provincia, desde mediados de xuño e ata o 31 de xullo, o número ascende ata un total de 2.281, sendo os traxectos máis empregados os de ida e volta entre Ourense-Barbadás e as conexións entre Ourense e Allariz. Tarxeta TMG A implantación total do Plan de Transporte Público está a permi-
tir estender ademais ao conxunto dos usuarios do autobús interurbano da provincia de Ourense as vantaxes da Tarxeta de Transporte Metropolitano (TMG), cun 10% de desconto en todas as viaxes. Os datos destes primeiros meses de extensión da tarxeta de Transporte TMG, reflexan que na provincia de Ourense, onde está a funcionar este dispositivo tamén desde o pasado 15 de xuño, xa beneficia a 1.376 usuarios. Deste xeito, coincidindo coa posta en funcionamento destes novos contratos, os usuarios das liñas destas áreas teñen tamén á súa disposición un novo bono de ata 50 viaxes mensuais, independentemente de que sexan de ida ou de volta, que supón un desconto do 50% do custo de cada unha das viaxes sobre a tarifa das empresas. Plan de Transporte A posta en marcha do Plan de Transporte Público en Galicia, no que a Xunta vai investir máis de 70 millóns de euros ao ano para o seu mantemento, inclúe máis paradas e mais servizos e tamén supón aplicar unha tarifa homoxénea en toda Galicia. É dicir o custo do percorrido por quilómetro será igual en toda Galicia, de aí que as tarifas varíen segundo o número de quilómetros dos traxectos.
Dende mediados de xuño ata principios de setembro estánse a beneficiar da gratuidade do transporte 1.838 menores de 21 anos da provincia de Ourense
DEPORTES
O Sincro Ourense volve aos adestramentos 4 Despois de cinco meses de parón. Redacción As nadadoras do Sincro Ourense retomaron este mes os seus adestramentos despois de algo máis de cinco meses de parón. Un parón provocado pola pandemia COVD-19, ademais de polas obras que se están a levar a cabo na piscina Rosario Dueñas do pavillón municipal. Sen dúbida algunha, está tempada será atípica para as mozas nadadoras ourensás. Agora toca adaptarse a esta nova situación que afrontan con forza e máis ilusión que nunca. Tócalles asumir novos retos a un club acostumado a estar no podio dos distintos campionatos aos que se presenta. Desde o club levan traballando para dar a maior
seguridade as súas nadadoras, adestradoras e familias. Dipoñen, pois, dun estrito protocolo baseado nas normas de seguridade vixentes para a prevención desta enfermidade, cumprindo a normativa establecida para a volta aos adestramentos. Os adestramentos comezaron en seco ao aire libre nas primeiras sesións. Agora, poden adestrar na piscina do colexio Miraflores ata que reabra a do pavillón municipal. Prazas Todas as rapazas que o desexen poden probar este deporte de balde durante este mes de setembro. Máis información na web sincroourense.es.
Adestramento en seco das nadadoras do Sincro.
O Arenteiro anima o mercado 4 O conxunto do Carballiño "racha coa banca" e fai un equipo que aspira a todo. R.T. Cando todo fai indicar que os equipos de fútbol -e doutros deportes- terán que apretarse o cinturón para esta tempada 2020-21 debido á crise sanitaria derivada da pandemia da COVID-19, o Arenteiro, alleo a esta realidade, está a ser o verdadeiro animador do mercado dos conxuntos ourensáns na Terceira división. Con Argimiro Marnotes como novo presidente do club do Carballiño, as fichaxes, a cada cal máis ilusionante sucédense cada semana. Os "verdes" onde máis pescaron foi na capital ourensá, con Ourense CF e UD Ourense como principais abastecedores de xogadores para o conxunto carballiñés. Así, do Ourense Club de Fútbol aterrizan en Espiñedo o adestrador, Fran Justo; o porteiro, Diego García; e os defensas, Dani Portela, Manu Mariña e Germán Nóvoa. Outros catros xogadores proveñen da Unión Deportiva Ourense: o defensa Germán Pérez; o centrocampista Adrián Presas; e os dian-
teiros, Marquitos e Rubén Arce. Da Segunda división B tamén reclutaron ao lateral esquerdo Álvaro Naveira e o central ourensán Álex Fernández, do Pontevedra de 2ªB, ademais do dianteiro do Coruxo, Alassane Sylla. As outras fichaxes pechadas ata a data son a de Vicktor Nikolov, porteiro internacional coa selección búlgara Sub-19 -chega do Elche-; Martín Torres, centrocampista do Barbadás; Víctor Eimil, dianteiro do filia do Deportivo e Manuel Bardelás, dianteiro do Maside. En canto as renovación continuán no club os defensas Adrián Padrón, Toño Vázquez e Adrián Pol; e os dianteiros Javier Pazos e Jonatan Magisano. Resto de ourensán O Ourense Club de Fútbol despois dunha grandísima tempada, na que a piques estiveron de ascender á categoría de bronce do futbol nacional, tense que renovar e practicamente comezar de cero. A primeira ficha do taboleiro foi a do adestrador. Con Fran Justo marchando cara O
Barrios 11 de setembro 2020
Carballiño o novo inquilino do banco é un vello coñecido, Rubén Domínguez. Entre as novas caras que estarán no terreo de xogo destacan o lateral Josu (UD Ourense), o regreso de Wadir (Arenteiro), o centrocampista Andoni Pérez (Sestao), o lateral, Jesús Braganza (ex Algeciras CF , Cadiz CF B, CD Gerena e Real Betis B), Diego Díaz (dianteiro do Formentera), Santi Bernal (extremo do Atlético Pulpileño), César Rodi (Paiosaco), Cassano Iván (Elche) e Borja Domingo (Teruel). A Unión Deportiva Ourense parece o conxunto que máis se está a apretar o cinto. Sen fichaxes de renome, os unionista contrataron a Raúl Melo (Velle), Álvaro Fernández "Varo" (Polvorín), Daniel Sampayo (xuvenil Pabellón) , Miguel Ángel Fernández "Migue" (Conxo xuvenil) e o ourensán Carlos de Dios (Somozas). Do equipo filial sube este ano Alvaro Villarino. Os capitalinos
Dani Portela, un dos grandes reforzos do Arenteiro.
11
continúan co núcleo duro do ano pasado despois de renovar a Viti, Hugo García, Gabi Sanín, Alfredo, Vieytes, Manuel Blanco, Raúl Gil "Champi", , Carlos López "Charly", Borja Atanes, Pablo Corzo, Isi, Tiago Rodríguez e Rubén Durán. O cuarto conxunto ourensán que estará presente nesta Terceira división e o Barco. O conxunto valdeorrés segue a confiar en Manolo Pérez no banco. Xunto a el continuarán no equipo Rubén García, Ivi Vales, Juanito Bazo, Iván Oviedo, David Álvarez, Andrés Calvo, Antonio Segura e Carlos Villar. As novidades para este ano son: Antonio Verá, Carlos Cruz, De Pedro, Iván Tato, Marc Vicente, Santi Díaz, Pablo Rubio, Óscar Martín e Rodri Alonso. Liga A liga en Terceira dará comezo o 18 de outubro sempre que non haxa novidades negativas por mor da COVID-19. Haberá dous grupos -norte e sur- na fase regular para despois xuntarse os mellores de cada grupo, para xogarse o ascenso, e os peores, para loitar pola permanencia.
O comezo da Liga en Terceira está previsto para o 18 de outubro, se non hai novidades negativas da COVID-19
12
Barrios 11 de setembro 2020
EN BREVE
4 Piragüismo Este sábado, 12 de setembro, o encoro de Castrelo de Miño acolle a primeira regata da Copa Deputación de piragüismo 2020. O evento dará comezo ás 11 horas. A segunda xornada celebrarase o sábado, 3 de outubro, en Barra de Miño.
4 Esquí náutico Os días 12 e 13, os vindeiros sábado e domingo, o Club Esquí Naútico Dummies organiza a 25ª Copa Deputación de Ourense de esquí náutico e o Open Ibérico de esquí náutico e wakesurf. O lugar é en Barra de Miño e o horario será de 16 a 20 horas o sábado e de 9 a 15 horas o domingo.
4 Motor
Os días 19 e 20 de setembro, no circuíto do Choqueiro (Vilamarín) celébrase a carreira de resistencia 6 horas “Dalle zapatilla”. Cada día celébrase unha carreira independiente da outra. As carreiras son por equipos e as dúas probas xa teñen completas as súas parrillas de saída.
DEPORTES
Valladolid, primeira parada do COB 4 Os ourensáns visitan Castela na primeira xornada da LEB Ouro 2020-21. R.T. A Federación Española de Baloncesto deu a coñecer o calendario da LEB Ouro desta atípica tempada 2020-21. O COB (que este ano, e os dous seguintes, pasa a chamarse Ibereólica Renovables Ourense, polo seu principal patrocinador) terá na fase regular a oito rivais: Valladolid, Palencia, Cáceres, Oviedo, Burgos, Melilla e os outros dous galegos Breogán e Coruña. Xogaranse un total de 18 xornadas. Na primeira xornada, os homes que dirixirá, unha vez máis, Gonzalo García de Vitoria visitan ao Valladolid nun encontro que terá lugar o 16 de outubro. O conxunto do Pisuerga ía na primeira posición da LEB Ouro cando deu por concluída a tempada por mor da pandemia da COVID-19. Os
puceláns fixeron unha gran renovación da súa plantilla para volver a loitar polo ascenso á ACB neste curso. Un dos nomes propios do conxunto carmesí para esta tempada é a do regreso do ala-pívot Nacho Martín (o xogador conta con máis de 350 partidos disputados en ACB). O grupo B está conformado por 10 equipos, a saber: Girona, Lleida, Alicante, Real Canoe, Palma, Real Murcia, TAU Castelló, Covirán Granada, Levitec Huesca e Almansa Datas Esta fase regular rematará o 5 de marzo, xornada na que os ourensáns reciben a Melilla. Á conclusión desta fase, os cinco primeiros clasificados de cada grupo xogarán unha segunda fase (con inicio o venres, 12 de marzo e remate o 14 de maio) na que se loitará polo ascenso; os catro
peores do grupo A -do COB- e os cinco do grupo B loitarán por salvar a categoría. Os plyoffs polo ascendo terán lugar do 21 de maio ao 19 de xuño. A Copa Princesa Asturias disputarase o venres, 22 de xaneiro. Brito e Joseph O Club Ourense Baloncesto vén de anunciar dúas novas incorporacións. Diogo Brito, aleiro portugués de 1,98 m de estatura, que en Ourense vivirá a súa primeira experiencia profesional. O curso pasado anotou 8’5 puntos e 4’5 rebotes por encontro. Está é a décima incorporación do conxunto ourensán que deu comezo esta semana a pretempada. A última incorporación, polo de agora, é a do pívot Arkeem Joseph, que provén do Cáceres onde promediou 9,8 puntos e 6,8 rebotes por encontro.
Esta tempada, e as dúas seguintes, o COB pasa a chamarse Ibereólica Renovables Ourense
4 Aeromodelismo
O Club Aeromodelismo Ourense organiza no campo de voo de Santa Mariña (Ourense) a sétima concentración de aeromodelismo o sábado 19 de setembro.
4 Montaña
Desde as 8.30 horas do sábado, 19 de setembro, Terras Altas de Trevinca organiza a Ruta Pena Trevinca - Terras altas de Trevinca.
Primeiros adestramentos de tempada do COB 2020-21./C.DOMARCO.
Acordo entre a EFF Rosalía e University Soccer 4 Dá a posibilidade ás xogadoras da escola de acceder a unha beca para estudar en Estados Unidos. Redacción A Escola de Fútbol Feminino Rosalía vén de materializar un acordo coa empresa University Soccer, axencia de bolsas en universidades de Estados Unidos especializada en fútbol. O obxectivo é o de seguir promovendo valores e dar oportunidades ás súas xogadoras. University Soccer xurdiu co fin de poder dar ás mozas a posibilidade de que gocen dunha gran experiencia a nivel futbolístico, académico e persoal, grazas a unha bolsa nalgunhas das mellores universidades de Estados Unidos. O seu equipo, con moita experiencia no sector, traballarán de forma personalizada con cada unha das futbolistas para situarlles na Universidade perfecta para o seu perfil académico e deportivo. Serán elas quen se poñan en contacto cos adestradores, resolvan todo o proceso administrativo e fagan a preparación previa con soporte de nutricionistas, psicólogos e preparadores físicos. No seu empeño por acompañar en todo o proceso ás xogadoras, University Soccer continuará o seu
seguimento durante a etapa universitaria. É precisamente nos Estados Unidos onde xoga a súa embaixadora e futbolista compostelá, Vero Fenda. Un dos maiores referentes do fútbol feminino nacional e internacional que afronta unha nova tempada con Utah Royals, mentres continúa co seu labor de expansión do fútbol feminino con LaLiga, UEFA e FIFA. Mario Gómez, presidente da EFF Rosalía pola súa banda incidiu que "desde a creación da nosa Escola sempre puxemos especial fincapé en buscar o mellor para nosas xogadoras. Persoalmente para min como presidente, o maior orgullo sería poder ter a máis dunha xogadora cunha carreira universitaria sacada en Estados Unidos e labrando o seu futuro profesional co fútbol como ferramenta. Ese sería o trofeo máis bonito nas nosas vitrinas" apuntaba. Acordo Este acordo dá a posibilidade ás xogadoras da Escola de Fútbol Feminino Rosalía de acceder a unha bolsa nunha das 500 universidades de EEUU que teñen equipo de fútbol feminino nalgunha das ligas universitarias do país.
OCIO E CULTURA
Décimo aniversario de Bela Auria no centenario de Nós 4 Celébrase na Alameda de Ourense o 19 de setembro. Redacción O sábado 19 de setembro volve a festa histórica A Bela Auria -nos xardíns Bispo Cesáreo (Alameda)para recrear o esplendor cultural de Ourense nos anos vinte do século pasado, xusto cando se compre o centenario da publicación do primeiro exemplar da revista Nós. Baixo o lema “Celebremos Nós”, regresa desta volta con reberetes de festival literario. O evento “non será outra homenaxe”, vai visibilizar aspectos transversais e temáticas que aparecen en NÓS: “a infancia, as mulleres que participaron na revista, a sexualidade, a festa, a creatividade, a música”, explica Óscar Penín, director do evento. A organización orienta esta edición do evento dende unha óptica aberta e integradora. Traducións a lingua de signos, espazo amigable coas mascotas, espazo seguro libre de Covid-19, espazo sostible
Fetega Redacción O FETEGA, Festival do Teatro Galego “Celso Parada”, concederá o Premio de Honra “Dorotea Bárcena 2020”, outorgado a Afonso Becerra pola súa labor académica e de activismo teatral ao longo de vinte cinco anos de carreira. Cunha ampla e brillante traxectoria no sector das
(uso de materiais reciclados e reciclables, entre outros), música e son sen estridencias, iluminación sen estridencias etc. con máis dunha ducia de horas de programación. A Bela Auria recuperará un ano máis o Ourense clásico, o fervedoiro cultural que era a vida na cidade nos anos 20 do século pasado. Medidas As actividades estarán descentralizadas, haberá espazos amplos, e control de aforos que permitan manter a seguridade do público.
artes escénicas. Recibirá o premio o sábado 26 de setembro, durante a gala do festival no auditorio municipal do Carballiño. Previamente, ás 18 horas, impartirá na Casa da cultura a charla “De traxedias, dramas, comedias e públicos”. Nesta edición de 2020, foron finalistas aos premios actrices e actores, colectivos e institucións relacionadas coa escena.
Afonso Becerra, Premio de Honra na edición 2020.
Barrios 11 de setembro 2020
13
Dani de la Torre, Premio Ourense no 25º OUFF
Axudas á cultura
4 O xurado valorou a “polivalencia e transversalidade da súa traxectoria profesional”.
A Concellería de Cultura do Concello de Ourense publica na páxina web www.ourense.gal as bases que rexerán a convocatoria de axudas á cultura. Destinadas á realización de programas, proxectos ou actividades culturais e recreativas considerados de interese público promovidos por asociacións ou entidades sen fin de lucro; así como as festas patronais, romarías e outras celebracións de carácter tradicional ou senlleiro promovidas por asociacións de veciños e comisións de festas. As entidades interesadas poderán solicitalas proximamente, durante un prazo de 15 días hábiles a partir do seguinte ao que se publique o extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
Redacción O director Dani de la Torre recibirá o Premio Ourense na 25ª edición do Festival de Cine de Ourense -OUFF- en recoñecemento a súa labor profesional no mundo do cine. O Premio Ourense, un dos máis prestixiosos do festival, concédese a un profesional que teña destacado no seu traballo no audiovisual, non necesariamente pola traxectoria de toda unha vida, senon por algún aspecto concreto que o faga único. O pasado ano recibiu o galardón o director ourensán Norberto López Amado e no 2018 recaera no actor Luis Tosar. Ao longo da historia do Festival de Ourense recibírono persoeiros como Imanol Arias, José Sacristán, Emilio Gutiérrez Caba, Emilio Martínez-Lázaro ou Enrique Urbizu. O OUFF considera ao director monfortino merecedor do galardón “pola polivalencia e transversalidade da súa traxectoria profesional, ao ter creado curtametraxes, tv movies, longametraxes e serie de ficción, ata estar considerado un dos novos valores xa consolidados no actual panorama audiovisual español. Engádese igualmente que o premio, polo seu nome e pola significancia, recae nesta edición nun autor emocionalmente vinculado a Ourense por terse formado en Imaxe e Son na Escola de Cine de Bemposta e tamén por terse formado como espectador nas salas da cidade durante o seu tempo de estudante”. Carreira Dani de la Torre naceu en Monforte de Lemos e estudou Imaxe e Son en Ourense. Súas son curtas como “Minas” (2004),
O director monfortino Dani de la Torre. “Lobos” (2004) ou “Bos días” (2006), ademais de “Álex y Julia”, para Estrella Damm. Escribiu e dirixiu dous episodios da serie “Mar libre” e a súa primeira longrametraxe sería “El desconocido”; logo viría “La sombra de la ley”. Para televisión rodou “La unidad”, e na actualidade está a rodar en localizacións das provincias de Lugo e Ourense a súa nova película “Live is life”. Cartel A Deputación de Ourense presenta a imaxe oficial da 25ª edición do OUFF. O cartel, obra do pintor celanovés Baldomero Moreiras. Destaca polo seu colorido e forza plástica, incorporando elementos que fan referencia a algúns dos monumentos máis destacados da capital
Cartel do 25 OUFF.
ourensá como é a ponte romana. Novidades Mantéñense as datas previstas do 25 de setembro ao 3 de outubro para a celebración do OUFF. Esta edición tan especial virá marcada pola situación actual, que obrigará a tomar medidas como a redución do aforo para proxeccións e eventos, que seguirán sempre as medidas sanitarias recomendadas. Nesta edición, o Premio Ourense será para o director Dani de la Torre, e o modisto Adolfo Domínguez recibirá a Calpurnia Especial 25 aniversario. Ademais, haberá unha homenaxe a Eloy Lozano, fundador e director da primeira edición do Festival de Cine de Ourense, e estrearase “Olvido y León”, a nova película do director ourensán Xavier Bermúdez, na gala de inauguración. O filme foi rodado en diferentes escenarios da provincia de Ourense.
O 25º OUFF está previsto que se celebre do 25 de setembro ao 3 de outubro
Redacción
Liñas Estas axudas correspóndense coas Liñas I e II do Plan estratéxico de subvencións da Concellería de Cultura. A primeira son subvencións a asociacións e entidades sen fin de lucro que desenvolvan accións no eido cultural: proxectos relacionados coas artes escénicas, musicais, artes plásticas, cinematográficas e literatura; edición, publicación ou impresión de libros, publicacións seriadas ou obras audiovisuais en calquera soporte; actividades que teñan por obxecto o estudo, difusión, exaltación ou posta en valor do patrimonio cultural material ou inmaterial da cidade). A liña dous corresponde a subvencións a asociacións de veciños e comisións de festas que desenvolvan accións no eido festivo: festas patronais, romarías e outras celebracións de carácter tradicional ou senlleiro. Outorgaranse en réxime de concorrencia competitiva, de acordo cos criterios que se concretan nas bases, que se poden onsultar en https://sede. ourense.gob.es/public/catalog-.
14
Barrios 11 de setembro 2020
HUMOR / ARTIGOS
4DECRECENDO
4TRIBUNA ABERTA
Ninguén se cre o decrecemento? Recentemente, Ferran Puig, recoñecido divulgador científico que recolle valoracións sobre a crise climática e outros temas relacionados no seu blog “Usted no se lo cree” sufriu a dura censura de Facebook que non permitían ligazóns a dito blog nas publicacións da coñecida rede social cualificándoas como “spam”, ou como “información non veraz”, entre outras. É difícil dar crédito a esas cualificacións cando se analiza un pouco o perfil do censurado. Ferran Puig é Enxeñeiro Superior de Telecomunicación de titulación e xornalista científico e técnico de exercicio e mantén a convicción de que “o sistema mediático convencional e o sistema económico son estruturalmente incapaces de informar de forma adecuada e de afrontar o reto do cambio climático e a escaseza enerxética con eficacia ética suficiente. E que é moi posible que superásemos xa puntos de non retorno.” As múltiples publicacións do autor con ánimo infor-
mativo están cheas de datos e fontes contrastadas pero para Facebook non era suficiente. Como resposta de apoio, ducias de científicos, analistas e escritores apoiaron a Ferran Puig nunha Declaración do Decrecemento ante a grave censura que Facebook levou a cabo pero que, ao tempo de escribir este artigo, xa foi retirada. Non é o único caso o de Facebook. Xa sexa como censura pura e dura xa sexa por omisión inconsciente ou por calquera outro motivo, os medios xeneralistas son remisos a mencionar o Decrecemento, as súas teorías, consecuencias e obxectivos. Claramente estes chocan co discurso imperante do “crecentismo” considerado este como a obsesión económica por medrar que toca todos os eidos da nosa vida. Decía Jorge Reichmann que “o ecolóxicamente necesario é cultural e politicamente imposible. E o politicamente posible non sae da traxectoria mortal na que nos atopamos: eco-
Fonte: https://ustednoselocree.com
Doade 2020, unha malla diferente
cidio máis xenocidio”. Recoméndolles a lectura da Declaración do Decrecemento no blog do autor censurado que poden atopar no enderezo web: https://ustednoselocree.com pero mentres, adiántolles un pequeno fragmento: “O actual paradigma socieconómico de desenvolvemento industrial, caracterizado polo seu curtopracismo e individualismo metodolóxico, resulta progresivamente disfuncional e é intrinsecamente incapaz de abordar estes problemas [fala da crise ecolóxica, climática e enerxética]. Neste marco, a consideración da información como produto impide que estas cuestións, consideradas incómodas ou inaxeitadas para o propósito empresarial, cheguen ao gran público e poidan ser obxecto de debate aberto”. Por este e outros motivos estou especialmente orgulloso desta humilde columna decrecentista. Óscar Blanco
Por causa da COVID-19, neste ano 2.020 todo mudou: xa non podemos saír tranquilos a pasear polas rúas, respirar en liberdade, abrazar aos nosos seres queridos, nin achegarnos a compartir o tempo cos nosos amigos, desapareceron as verbenas populares dos nosos pobos e as ceas nos restaurantes, sentimos pánico de ir ao médico, non podemos acompañar aos enfermos nos hospitais, nin sequera despedir aos achegados no seu funeral. E como nada é igual que antes, a XXI edición da Malla Tradicional de Doade, celebrada o pasado 22 de agosto no Museo Casa do Patrón, tamén resultou ben distinta ás anteriores. Se, por unha banda, tiñamos a obriga moral de celebrala unha vez máis, na honra dos nosos devanceiros que cada ano polo mes de agosto realizaron durante séculos este sacrificado traballo comunitario, sen importar as guerras nin as pestes habidas ao longo da historia, posto que precisaban mallar para obter o gran que levar ao muíño e facer coa fariña o seu pan de cada día, tamén por respecto aos queridos veciños e amigos do Museo que acudiron ininterrompidamente durante 21 anos a esta cita, aportando o seu traballo para poder realizar a Malla, que demostraron máis ca nunca a súa valentía e compromiso con este singular evento, que tan lonxe levou polo mundo o nome da parroquia de Doade. Por outra banda, sentimos a pena, a incerteza e a
responsabilidade de decidir facela por primeira vez sen público, coa finalidade de poder garantir o estrito cumprimento de tódalas medidas de seguridade requiridas pola pandemia. Tampouco se realizou a tradicional comida de confraternidade, así como a ruada da malla. Para suplir a ausencia de público realizamos unha completa transmisión en directo do evento por streaming, puidéndose visualizar visualizar pulsando a pestana “Malla de Doade” no canal youtube, ademais da edición especial do libro “Unha cita coa historia: 20 anos de Malla Tradicional en Doade (Lalín)”, en formato grande. Foi realmente exemplar a responsabilidade, disciplina e comportamento dos participantes, dende os máis cativos ata os máis vellos, observando escrupulosamente as directrices marcadas pola organización. Especialmente emotiva resultou a interpretación do Himno de Galicia polo grupo local de gaitas Os Trasnos de Doade, en recordo dos 638 galegos falecidos polo coronavirus, escoitado co máximo respecto e moi aplaudido pola totalidade dos presentes, moitos dos cales non puidemos evitar derramar algunhas bágoas pola súa inxusta partida. Aproveitando os descansos, este grupo interpretou varias cantigas populares das mallas, poñendo a nota folclórico - musical á celebración. En definitiva, non podemos máis que sentirnos ben orgullosos de ter organizado e participado na execución, talvez da única malla
Participantes na “malla” deste ano en Doade.
celebrada este ano en Galicia, quizais a máis triste e estraña, pero tamén a máis emotiva, transcendental e histórica das nosas vidas, que marcará un antes e un despois no longo percorrido que lle auguramos a Malla Tradicional de Doade, que non dubidamos pronto será declarada “Festa de Interese Turístico de Galicia”. Pero, como a vida segue, a pesar das circunstancias adversas que atravesamos, tentaremos desenvolver a maioría das actividades previstas no noso programa anual, como son a edición e publicación de dous libros máis relacionados coa antropoloxía histórica da parroquia e o confinamento, a “fía do liño”, a limpeza, sinalización e prospección xeofísica das mámoas de Doade, a celebración do evento “Unha aldea no Nadal do Camiño”. A Casa do Patrón quere facer público o maior dos agradecementos a todos e cada un dos participantes, aos seguidores habituais, esta vez ausentes fisicamente, pero presentes no corazón, aos medios de comunicación e a todas as persoas que, co seu incondicional apoio, fixeron posible darlle continuidade á gran malla do interior de Galicia nunha situación tan crítica. Tanto eles coma nós, cando dentro duns anos botemos a vista cara atrás, decatarémonos de que estabamos a facer Historia con maiúsculas, no peor dos escenarios. Manuel Blanco Villar
ARTIGOS / CLASIFICADOS
Barrios 11 de setembro 2020
15
BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda, C. Domarco, Avelino Jácome. Yedra Seara Nº131 - Ano: XIII - 11 de setembro de 2020 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.
4ANUNCIOS CLASIFICADOS
4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA
[Deixe o seu anuncio no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]
Colesterol Para obter unha excelente saúde, é preciso dar importancia ao durmir ben, descansar e moverse con asiduidade. O mellor tempo para durmir é entre as 22 horas e as 7 horas da mañá, está relacionado coa rotación da terra na volta do sol e da lúa. Se fora tarde para a cama, mesmo durmindo as oito horas de sono, non está a facer ben ao seu corpo porque as hormonas de rexuvenecemento só son liberadas entre as 10 da noite e as 2 da mañá. Será vital durmir entre as 10 e 2 horas da mañá. A partir desta hora está a roubar ao corpo a posibilidade de se curar a si mesmo. É por iso polo que as persoas que traballan de noite parecen estar deprimidas, máis cansadas e teñen máis doenzas. Para mellorar ten que facer algúns cambios e a primeiro é mudar o horario: deitarse cedo e cedo
4HUMOR
erguerse dá saúde e fai crecer. A próxima é sobre a elección do colchón, das telas e da calidade do ar no cuarto; antes non había ar condicionado, as casas non eran construídas con materiais sintéticos, non había o caos eletrónico que hai agora e por iso a calidade do ar é espantoso. Isto vai afectar negativamente o noso sono e o proceso rexenerador do organismo, tornándonos máis vulnerabades ás doenzas. Outro principio importante é librarse das toxinas que, por veces, se acumulan no organismo. As deficiencias nutricionais, o caos electromagnético e o strés fan que tamén o seu corpo fique ácido e non rexuveñeza. Existen varias técnicas de eliminar as toxinas, desde a transpiración até ás irrigación ao intestino. O strés, desde ouvir un bo CD, até ao rir. Pare de fumar, evite a
comida do micro-ondas, os lácteos, azucre refinado e fariña branca procesada. Colla sol, coma máis froitos e vexetais frescos biolóxicos, beba zumes feitos en casa e use sal mariño, pois o sal das nosas cociñas non é sal, é cloreto de sódio (o mellor é o vermello dos himalaias). Non lea o xornal, non vexa noticias, escoite música agradable, faga sexo, arranxe un animal de macota, plante un xardín, líbrese de débedas, conduza menos. A envexa fai sufrir, deixe vivir ben o veciño, así vainos transmitir enerxía positiva. Non sexa radical no fútbol, na relixión e na política e poña a sigla dos partidos e a envexa no caixón do lixo. Rexuveñeza, adicando cariño e respecto polos outros. João Damião
INMOBILIARIA Véndese casa céntrica en Xinzo de Limia. Baixo máis unha planta (144m2,) tres prazas de garaxe e patio, cinco habitacións, dous baños, cociña amoblada e terraza. 133.000 euros. Tel. 699 648 514 / 988 21 40 70 Alugo baixo na zona do Couto totalmente acondicionado. Con luz, auga, 70 m2. Prezo 300 euros. Tel: 653 208 506 Alúgase perruquería. Tel. 672 08 93 49 Alúganse apartamentos en Montalvo (de Semana Santa a outubro) con unha ou dúas habitacións, cociña, salón, baño, barbacoa, aparcadoiro, xardín; fronte á praia. Tel: 607 271 916 Alugo sala para actividades culturais, con posibilidade de cociña, baño e outros sertvizos. Tel.: 988 247 113. Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunitaria Tel.: 650 64 15 19. Busco casa en alquiler na periferia de Ourense. Opción a compra ou dunha permuta dun piso situado na Valenzá. Tlf.: 600 826 029. Vendo casa pola estrada de Santiago, con finca. Para restaurar. Tel.: 672 089 349. Alugo oficina na rúa Progreso. Exterior. Prezo económico Tel.: 672 089 349. Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunitaria Tel.: 650 64 15 19. Vendo casa na zona de Rante (a 8 km de Ourense). 3 dormitorios, terreo, pozo de auga e garaxe. Prezo 49.800€. Tel: 606 422 543 Alugo casa de campo na
provincia de Ourense con finca e pozo. En boas condicións. Tlf: 657 945 665 Alugo almacén pequeno en soto de garaxes. Para almacén, adega, trasteiro ou garaxe de moto. Rúa Francisco de Moure. Tel. 636 32 95 24. Véndese apartamento de 2 habitacións, cociña americana, baño, trasteiro e garaxe. Recén reformado. A 5 min. de praia América. Bo prezo. Tel. 620 66 07 62.
TRABALLO Ofrécese auxiliar de enfermaría, con titulación, para o coidado de maiores. Como interna ou por horas. En Ourense ou arredores. Telf.: 663 043 561 Danse clases de francés a domicilio. Todos os niveis. Titulación en España e Francia. Tlf.: 625 745 611 Imparto clases particulares de Matemáticas a domicilio en Ourense capital. Todos os niveis. Tamen materias curriculares de ESO e Bacharelato. As clases son individuais e personalizadas. Ampla experiencia. Excelentes resultados. Económico. Interesados enviar WhatsApp ao 610 38 25 89. Ofrécese xerocultora para axuda a domicilio en Xinzo. Tamén para limpeza de casas e negocios por horas e adaptados ao seu horario. Tel: 686 005 358. Fanse desbroces en tractor e a man. Tlf.: 63 521 448 Ófrecese señora seria e responsable para tarefas do fogar e coidado de nenos e maiores. Con informes. Preferencia zona Ponte. Tlf: 685 374 191. Busco traballo en desbroces con tractor ou condutor de camión e carretillas.
Ampla experiencia. Tel: 637 282 405. Busco mozo como asistente persoal con certificado de atención a persoas en situación de dependencia ou con auxiliar de enfermería. Boas condicións laboraia Tel.: 679 699 508. Ofrécese señora por horas para tarefas do fogar, coidado de nenos. Atende persoas maiores; tamén de noite en hospital ou domicilio. Telf.: 620 052 173. Coido ou acompaño a maiores enfermos polas noites. Económico. Tel.: 616 361 548.
VENDAS Véndense dous lavacabezas de perruquería. Tel.: 672 089 349 Vendo cama hospitalaria articulada en bo estado, con colchón anti-escaras. Tlf.: 606 133 522 Vendo prensa de viño mediana/grande, ideal para decoración en xardíns. Tlf.: 606 133 522 Vendo cubas de viño grandes, ideais para decoración ou facer portas locais. Tlf.: 606 133 522 Véndese mampara nova. Tel: 672 089 349. Véndense traxes de cabaleiro moi antigos en bo estado, ideal para Entroido. Prezo 10€. Tel: 610 979 897. Compro moble de cociña completo. Tel: 988 247 824. Vendo escritorio. Como novo, bo prezo. Tel: 672 089 349. Vendo estufa de frío e calor. Tel: 672 089 349. Vendo caldeira de gasoil Tel: 672 089 349. Vendo hormigonera de 280 litros e maquinillo / grúa (a gasolina). Tel.: 988 23 47 91 Vendo maquina de coser industrial (dobre arrastre). Tel.: 630 587 527
Barrios 11 de setembro 2020