Skip to main content

Barrios 127

Page 1

Sexta fase do Plan de Rehumanización de Verín [Páx. 11]

TEMA

Páx.2

Un cuarto de século da Mostra Internacional de Teatro Universitario

TEMA

Páx.3

Comeza a campaña electoral en Galicia que rematará coas eleccións o 12X

VERÍN

Páx.10

Aberto o prazo de inscrición para unha nova edición da Ludoteca de verán

OCIO

Páx.12 DEPORTES

Ourense leva o ‘Verán Cultural’ á terraza do Auditorio municipal

Páx.13

A asamblea da UD Ourense deixa moi lonxe a fusión entre esta e o Ourense CF

A normalidade que non se pode perder [Páx. 3]

Coa chegada da nova normalidade os máis cativos voltaron aos parques infantís, iso sí,mantendo as axeitadas medidas de seguridade./ RAMSÉS.

Número: 127 - Ano: XIII - 26 de xuño de 2020 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


2

Barrios 26 de xuño 2020

TEMA DA SEMANA

A tarxeta Xente Nova, activada por 250 mozos 4 Barbadás e Ourense foron os concellos nos que máis se solicitou esta tarxeta. R.T. Os mozos da provincia de Ourense poden aproveitarse das vantaxes da tarxeta Xente Nova, desde o pasado 15 de xuño, para o uso do transporte público. Ourense é a primeira provincia na que se implanta esta tarxeta na súa totalidade. Desde o día 10, data dende a que se pode solicitar, xa se emitiron ao redor de 250 dispositivos, dos que 93 corresponden ao Concello de Ourense e 82 ao de Barbadás. Desde a Xunta de Galicia estímase que uns 5.200 mozos da provincia farán uso da tarxeta para viaxar gratis no autobús interurbano do ente autonómico. Esta tarxeta moedeiro non precisa ter unha conta asociada e pódese solicitar nas 24 oficinas de Abanca habilitadas. Simplemente hai que pedir cita previa na oficina e os menores de idade deberán ir acompañados dun dos

proxenitores. Tamén se pode empregar en toda a provincia a tarxeta TMG, que supón bonificacións no transporte interurbano. Neste caso, estímase que serán uns 108.000 cidadáns da provincia os que a usen. Colaboración A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e o presidente da Deputación provincial, José Manuel Baltar, mantiveron un encontro de traballo no que acordaron colaborar na promoción dunha mobilidade segura e na implantación da tarxeta Xente Nova en toda a provincia. No encontro, o Goberno galego agradeceu a disposición á colaboración da Deputación para dar a coñecer entre os mozos este dispositivo, que permite aos menores de 21 anos da provincia viaxar gratis no transporte da Xunta. Na reunión de traballo entre a conselleira e o

Baltar e Vázquez amosando a tarxeta Xente Nova. /RAMSÉS.

presidente da Deputación tamén se abordou a promoción dunha mobilidade segura, especialmente relevante nunha provincia como a de Ourense, cunha forte dispersión e unha poboación avellentada, con gran dependencia do transporte público. Ethel Vázquez lembrou que para que os cidadáns teñan confianza e sigan empregando estes servizos públicos nos seus desprazamentos, a Xunta está a promover campañas divulgativas de mobilidade segura no transporte público e no taxi, seguindo as medidas de prevención establecidas, como o uso de máscaras ou o pago preferente con tarxeta, para evitar contactos.

A Xunta estima que 5.200 mozos da provincia farán uso desta tarxeta para viaxar de balde

Un cuarto de século da Mostra Internacional de Teatro Universitario 4 A Miteu terá lugar do 2 ao 15 de xullo. R.T. Tería que ter sido en abril, pero a pandemia da COVID-19 fixo desaparecer, para a gran maioría, os meses de marzo, abril e maio do calendario. A crise sanitaria e as dúbidas dos protocolos ante a nova normalidade fixeron perigar un cumpreanos especial para a Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense (Miteu), que este ano celebra a súa 25ª edición, finalmente do 2 ao 15 de xullo. Ademais, o cambio de estratexia do Concello de Ourense en canto á cultura fixo que o ente local non colabore con esta mostra nesta ocasión. Programación Os espectáculos previstos na edición 2020 concéntranse en dous enclaves: o Teatro Principal e a praza da Biblioteca (ao aire libre). En total son 17 actuacións. As entradas serán a 3 euros, agás a do monólogo de Carlos Blanco que ten un prezo de 8 euros; as obras no exterior da biblioteca son sen custe. Esta edición arrinca con Electra e un enxame de moscas dos grupos Cordelia e Rosaura -da Aula Universitaria de Ourense- o xoves 2 de xullo ás 21 horas. O venres 3, o grupo Cordelia, de Andalucía, trae Un pa-

Presentación da 25ª Miteu. /RAMSÉS. raguas japonés (21 horas). O sábado 4 Carlos Blanco actuará ás 20 e 22.30 horas. Da UPNA (Navarra) chega Summer evening (21h) o domingo 5. O luns 6 e martes 7 a Miteu trasládase ao exterior da biblioteca con dúas propostas: La coquette (de Kanbahiota) e Etxea / Casa (de Aimar & Cía) as dúas aos oito da tarde. O mércores 8 a Compañía La Líquida trae Bacanal ao Principal (21 h). O día 9, Compañías de danzas e corpo a terra traen o 10º Encontro de danza doutras (21 horas). O 10 (21 horas) de Guinea Ecuatorial, Gorsy Edu mostraranos África en el corazón (O percusionista). O sábado 11 haberá dúas funcións. Por unha banda, Pobre Janucá de festa e luz (de Teatro El Mayal - Ule) ás 20 horas no Principal; e Dolce salato (da compañía italiana Circo Carpa Diem) ás 21.30 horas fronte á biblioteca.

O domingo 12, a Aula de Teatro Infantil de Ourense achega a obra Mati e os superpoderes ao Principal a partir das 19 horas. De Portugal a representación corre a cargo de TeatrUBI con Morder-te o coração, a partir das 21 horas no Teatro Principal o luns 13. Imperator, de Maricastaña, poderase ver o martes 14 ás 21 horas (Principal) e o mércores á mesma hora e mesmo lugar coincidindo coa clausura da Miteu. O peche xunto ao grupo ourensán tamén correrá a cargo de Mónica Sueiro cos seus Quince minutos. Aforo Por mor das medidas sanitarias o aforo do Teatro Principal será do 50% no patio de butacas, platea e anfiteatro (con asentos separados). Os palcos de 1º e 2º piso, a metade do aforo, agás persoas conviventes que poden ocupar a totalidade do palco.


TEMA DA SEMANA

Comeza a campaña electoral en Galicia 4 As eleccións á Xunta son o 12 de xullo. R. Torres O coronavirus fixo que tiveramos que parar, aprazar ou mesmo suspender infinidade de actos do día a día de cada un de nós. Outros actos colectivos tampouco se puideron levar a cabo; entre eles as eleccións autonómicas -algo nunca acontecido en democracia-. Previstas para o 5 de abril, o estado de alarma obrigou a aprazalas ata unha mellor ocasión cando a COVID-19 dera unha tregua para que todos puideramos ir votar. Con tregua ou sen ela, o certo é que a nova data elexida para que os galegos acudan as urnas é o 12 de xullo. Por diante quedan dúas semanas de campaña electoral na que todos os partidos porán a carne no asador para uns manter o que as enquisas din; outros, darlle a volta a estas; e os terceiros lograr unha representación no Parlamento de Galicia que parece complexa. As enquisas dan unha ampla maioría ao Partido Popular liderado, unha vez máis, por Alberto Núñez Feijoo, o que lle valería para repetir na presidencia da Xunta. Nas anteriores eleccións logrou un total de 41 escanos (a maioría absoluta

As enquisas dan unha ampla maioría ao Partido Popular, liderado de novo por Alberto Núñez Feijoo

está en 38) e para o 12X parece que andara nunhas cifras moi similares. O Partido Socialista, que conta con 14 deputados na actualidade está á alza e parece que subirá algún escano. Outro partido que parece que pode medrar é o Bloque Nacionalista Galego, que podería pasar dos seis escanos aos 13 que lle conceden as sondaxes. Pola contra, as mareas poden levar unha caída moi pronunciada e pasar dos 14 deputados cos que contan a andar nos cinco; esta circunstancia débese, en parte, a escisión que provocou que se presenten por separado Galicia en Común, por unha banda, e Marea Galeguista, pola outra. O resto de formación (ata un total de 19) non parecen contar con opcións de dar a sorpresa e ter representación no Parlamento galego nos vindeiros catro anos; aínda que en 15 días moitas cousas poden cambiar. Sexa como fora quedan dúas semanas de campaña para que os partidos afiancen a confianza dos seus votantes e convezan aos indecisos. O 12 de xullo saberase se continúa gobernando Galicia o partido liderado por Núñez Feijóo e sen ningún apoio doutras formacións, ou se entre PSdeG, BNG e Galicia en Común logran desbancar aos populares.

con máis posibilidades de dirixir durante catro anos máis os designios da nosa comunidade. Por parte dos socialistas, Gonzalo Caballero quere ser a alternativa, sempre contando co apoio da nacionalista; Ana Pontón, e do cabeza de lista de Galicia en Común, Antón Gómez-Reino. Por parte da Marea Galeguista, toda vez que Luis Villares renunciara a presentarse será Pancho Casal o candidato. Vox, que ten certo auxe no resto de España, dá a sensación de que en Galicia non cala; Ricardo Morado é o presidenciable da formación verde. O mesmo ocorre con Ciudadanos, a formación de centro dereita non termina de asentarse; Beatriz Pino (a candidata dos laranxas) apenas ten posibilidades de ter representación segundo as enquisas. Ourense En Ourense, o Partido Popular buscará de novo lograr os nove deputados

Barrios 26 de xuño 2020

3

-dun total de 14 escanos-. Para impedirllo os mellores posicionados están PSOE e BNG (que contan na actualidade con dous e un deputado, respectivamente). En Marea, que lograra dous parece que desaparecerá do mapa electoral. Un partido que tivera un número importante de votos nas autonómicas de 2016, Democracia Ourensana, non se presenta desta vez. O seu pacto no Concello e Deputación de Ourense cos populares fixo que a formación liderada por Gonzalo Pérez Jácome -alcalde de Ourensereixeitara presentarse. Jácome pediu o voto para Núñez Feijoo (e mesmo asegura que el o votará). Agora toca ver se os 7.679 votantes que tivo nos comicios anteriores seguen a recomendación do alcalde ourensán.

22 casos activos en Ourense

As eleccións estaban previstas para o 5 de abril antes de que se desatara a pandemia provocada pola COVID19

Nova normalidade Este mesmo 25 de xuño, o Goberno central sacaba adiante no Congreso o decreto para a nova normalidade, grazas ao apoio de PP, Ciudadanos e PNV. O obxectivo do mesmo é ter un marco normativo para facer fronte a calquera rebrote, incluso un de maior mag-

Candidatos Alberto Núñez Feijoo, actual presidente da Xunta de Galicia, é o líder

As candidaturas de Bloque Nacionalista Galego, esquerda; PSOE, arriba, e Partido Popular, abaixo á dereita.

4 Sumamos un positivo máis por COVID-19. Redacción Cos casos estabilizados ou en descenso dende o 9 de maio, Ourense viu este 25 de xuño como o seu contador de positivos por COVID-19 incrementábase nun máis (en principio, trátase dun caso aillado). Así, neste momento son 22 os casos activos na nosa provincia, permanecendo todos en seguimento domiciliario, ningún en hospital nin en UCI. En Ourense rexistráronse dende o inicio da pandemia 2.014 casos, deles 1.860 xa recibiron a alta e 132 perderon a vida polo coronavirus.

Axudas aos autónomos Redacción Durante o pleno do Concello de Ourense celebrado, por medidas de seguridade, no Teatro Principal, aprobouse unha modificación orzamentaria de 20 millóns de euros. Esta cantidade servirá para que se entregue a cada autónomo os 2.000 euros que se estableceron. Jácome anunciara o calendario das axudas que van desde a publicación da convocatoria no mes de xullo, periodo no que se abrirá o prazo da solicitude e entrega de documentación para en setembro comezar a cobrar a prestación.

nitude que os que se están a dar neste momento e que poidera afectar a todas as comunidades autónomas. Trátase así de evitar un novo estado de alarma. Rebrotes A día de hoxe España xa sofre rebrotes por toda a xeografía. En Galicia hai dous, un en Barbanza, con 9 positivos, e outro na Mariña, con 8. Polo momento o Sergas non os dá por controlados. A eles súmanse cinco brotes en Andalucía, con 137 casos confirmados; un en Huesca con 160 positivos; outro en Lleida con 40; un en Murcia con 19; un en Navarra con 16; outro no País Vasco con 13 casos; un de Valladolid con 22; un en Canarias con 34; outro en Extremadura con 20; e un máis en Valencia con 7 positivos. Lembren que o uso da máscara, manter unha distancia mínima de metro e medio entre persoas e o lavado de mans frecuente son as mellores armas para evitar estes rebrotes.

Os solicitantes deberán acreditar que tributan o Imposto de Actividades Económicas (IAE) en Ourense -non será preciso estar censado no Concello, pero sí tributar na cidade-, estar dado de alta no réxime xeral de autónomos ou nalgunha mutua profesional -acreditado cos últimos recibos-, así como firmar unha declaración responsable de que se produciu unha caída dos ingresos nun 50% co estado de alarma. Tempo récord O rexedor municipal recorda que a tramitación “se fará nun tempo record”, xa que a partir do 1 de setembro comezarán a cobrar “todas aquelas persoas que superen as condicións esixidas”, remata o alcalde.


4

Barrios 26 de xuño 2020

EN BREVE 4 Oficina Turismo A Oficina de Turismo da Rúa Isabel la Católica 2 volve abrir ao público seguindo o protocolo de hixiene e prevención establecido no Manual para as Oficinas de Información Turística ante a COVID-19. O horario é de luns a venres de 9 a 14 e de 16 a 20 horas; e sábados, domingos e festivos, de 9 a 14 h.

4 Bamio

O Concello de Ourense iniciou os trámites para a compra do complexo deportivo Bamio. Gonzalo Pérez, alcalde de Ourense, considera que “non se pode deixar escapar” unhas instalacións con 10 pistas de tenis, seis de pádel, dúas piscinas, ximnasio, habitacións para deportistas e preto de 100 prazas de aparcamento, entre outros espazos.

4 Comedores escolares

O Concello convoca as axudas que darán apoio ás familias para libros e comedores escolares do próximo curso. O prazo de solicitudes está aberto durante 15 días hábiles desde o 22 de xuño.

4 Libros

Desde o 1 de xullo, o Concello agasallará cun libro aos nenos e nenas que naceran entre o 1/1/2002 e o 31/12/2016, que estean no padrón do concello cunha antigüidade do 1 de xuño de 2020.

CIDADE

Conta atrás para demoler a estación de autobuses 4 Os traballos comezarán unha vez concluídas as obras da nova terminal. Redacción Un total de dezasete empresas presentaron as súas ofertas para executar as obras de demolición da actual terminal de autobuses de Ourense. Esta actuación da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade foi licitada por máis de 523.000 euros e conta cun prazo de execución de 4 meses, que comezará cando rematen as obras da nova estación de autobuses intermodal no barrio da Ponte. A estimación é que estean rematadas a finais de verán. A demolición ten como obxectivo deixar despexado o solar e aproveitar este espazo para dotacións de carácter social, concretamente, para a construción dunha residencia da terceira idade. Para efectuar esta intervención prevese principalmente o uso de retroescavadoras e grúas móbiles con acoples especiais de derribo, pero non se considera necesaria a realización de voaduras nin de microvoaduras.

AVV As Termas O colectivo veciñal situado nas vivendas sociais xunto a estación de autobuses rexistrou dous escritos dirixidos á Xunta e Concello pedindo información sobre como se vai desenvolver o derribo e o futuro do solar. Dende comezos de 2015 foron varios os escritos e comunicados presentados pola Asociación Veciñal As Termas pedindo evitar o abandono do

solar aproveitandoo para humanizar o barrio con mellores accesos, servizos e zona verde nun entorno onde residen preto de mil persoas rodeadas dunha estrada nacional. A comezos deste ano 2020, aproveitando a visita das conselleiras de Infraestructuras e Politica Social as veciñas e veciños trasladáronlle as súas peticións para incluir no proxecto da nova residencia: ampliación da Rúa D entre o solar e as vivendas sociais, creación dun parque público na zona oeste, xunto á cancha e garantir a parada de bus urbano que hoxe da servizo o barrio.

As obras terá un prazo de execución de catro meses

Veciños das vivendas sociais ao carón da estación de autobuses coas conselleira de Política Social e Infraestrutura.

Piscinas Municipais de Oira.

A Oira, con cita previa 4 As piscinas municipais de Oira abren o 29 de xuño. R.T. Con cita previa e con aforo limitado, as piscinas de Oira abrirán, por fin, o luns 29 de xuño, con todas as medidas hixienico-sanitarias necesarias (decretadas polas autoridades sanitarias) para que o recinto estea o máis protexido posible contra a COVID-19. Entre as medidas adoitadas está a de limitar o aforo ao 75% da capacidade total e a de pedir cita previa. Mario Guede, concelleiro de Deportes, asegura que “son unhas instalacións públicas e gratuítas, polo tanto hai que camiñar con moita precaución e con total seguridade”. Unha vez solicitada a cita -a través das canles que se anunciarán nos vindeiros

días-, haberá que manter a distancia de seguridade recomendada polas autoridades. Acceso O acceso farase en dúas quendas horarias para que os equipos de limpeza poidan desinfectar correctamente as instalacións. Desde o Consello Municipal de Deportes (CMD) apela á responsabilidade individual dos usuarios das piscinas para evitar situacións de risco. Desde o CMD continúan a traballar, seguindo as normas ditadas pola Xunta de Galicia, no acondicionamento das instalacións e na colocación de paneis informativos en todo o recinto, ao tempo que se enchen os vasos. De igual modo, desde o CMD apélase á responsabilidade individual dos usuarios das piscinas.


ECONOMÍA

Barrios 26 de xuño 2020

5

O programa Reactiva Comercio, Turismo e Servizos Seguros, dará apoio a 27.000 establecementos galegos 4 A Xunta destina 16 millóns de euros a esta iniciativa. Redacción Galicia facilita a reactivación de 27.000 autónomos e Pemes do comercio, o turismo, o sector servizos e o transporte a través de axudas que impulsan a instalación de medidas de protección para traballadores e clientes. En total, serán 16 millóns de euros que o goberno galego colocará no programa Reactiva Comercio, Turismo e Servizos Seguros, co que busca facilitar a volta á actividade achegando a máxima confianza aos consumidores. As iniciativas subvencionadas poden ser novas ou estar xa realizadas desde a declaración do estado de alarma e contarán cunha tramitación rápida e sinxela. Para facilitar a xestión, os solicitantes –ao igual que os potenciais beneficiarios vinculados ao sector servizos– terán a posibilidade de utilizar o Igape Responde, a xanela única de consulta habilitada pola Xunta para asesorar a autónomos e pemes sobre

Perruqueira cortando o pelo con todas as medidas de seguridade adoptadas. as liñas postas en marcha para impulsar a reactivación da actividade empresarial e comercial. As axudan cubrirán os gastos realizados para a adquisición de medios de protección e hixiene para o persoal e clientes do establecemento, así como medidas de reforzo de lim-

O turismo e a hostalería tamén terán axudas que favorecerán a adaptación do sector á nova situación.

peza e de desinfección dos locais; a adaptación dos espazos con equipamento de seguridade e redución do contacto entre persoas; a realización das obras de renovación, limpeza e ventilación do aire; e a posta á disposición dos clientes de información relativa ás medidas hixiénicas e de protección. Aos comercios de proximidade de menos de 300m2 e perruquerías de menos de 10 traballadores financiarase o 100% das medidas activadas, a partir dun mínimo de 300 euros e ata un máximo de 1200 euros.

Os comercios de proximidade de menos de 300m2 e as perruquerías de menos de 10 traballadores poderán recibir ata o 100% do financiamento das medidas activadas

Por outra banda, tamén se ofrecerán apoios directos do 80% do investimento a pemes de menos de 50 traballadores, tanto do terceiro sector como do comercio, nas accións de seguridade precisas, desde un mínimo de 1.500 euros de investimento ata un máximo de 3.750, sendo polo tanto a axuda máxima de 3.000 euros. Neste caso, os gastos subvencionables tamén inclúen a formación específica das persoas para aplicar protocolos e prácticas de seguridade adaptados ás normativas e recomendacións sanitarias e os custos relacionados coa obtención de certificacións de garantía de seguridade fronte á covid-19. Industria turística En canto ao turismo e a hostalería, e dentro do marco Galicia destino seguro, as axudas da Consellería de Cultura e Turismo –que tamén nacen do diálogo e a colaboración cos distintos axentes desta industria– favorecerán a adaptación

do sector á nova situación, promocionando a nosa Comunidade como un destino fiable e de calidade. Buscan, deste xeito, a reactivación da economía galega tras a covid-19. Esta liña tamén cubrirá o 100% do investimento, de 300 a 1.200 euros para establecementos de hostalería e restauración, axencias de viaxes e outros locais turísticos, de menos de 10 traballadores. Os apoios ás pemes de menos de 50 traballadores acadarán o 80% dos investimentos realizados, desde un mínimo de 1.500 euros ata un máximo de 3.750, sendo polo tanto a axuda máxima de 3.000 euros. Todo isto intégrase no Pacto por un destino seguro, no que se desenvolverán unha batería de accións en materia de seguridade sanitaria para mellorar a información, asesoramento e formación das empresas e profesionais. Así, arrincou un plan de formación en materia de seguridade sanitaria impartido polo Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG) e as entidades sectoriais e provinciais cunha oferta inicial de 50.000 prazas en 500 accións formativas de carácter xeral adaptadas ás especificidades de cada subsector e cada área xeográfica. Sector do transporte En canto ao sector do transporte, poderán beneficiarse destas axudas os

profesionais do transporte terrestre e marítimo de pasaxeiros (agás o sector do taxi para o que se teñen habilitado axudas específicas), o transporte de mercadorías por estrada e todas aquelas actividades anexas ao transporte terrestre. Empresas e autónomos deste sector poden ser potenciais beneficiarios de axudas de ata 3.000 euros para implantar medidas ou dotarse de material de protección e hixiene. Plataforma de autodiagnóstico O programa Reactiva Comercio, Turismo e Servizos Seguros súmase á nova plataforma gratuíta de autodiagnóstico online que vén de activar a Xunta, que xa está en funcionamento e coa que calquera negocio pode obter unha análise do seu nivel de preparación fronte as necesidades de prevención e planificar as medidas que se deben acometer. Dispoñible no enderezo web comerciosegurogalicia.com, esta ferramenta achega as claves para garantir seguridade e confianza á clientela na volta á actividade, con diferentes recomendacións sanitarias e de prevención. Coa presentación das solicitudes para acollerese as axudas do programa, os solicitantes deben presentar o informe de autodiagnóstico que proporciona esta plataforma.

Para facilitar a xestión, os solicitantes terán a posibilidade de utilizar o Igape Responde, a xanela única de consulta habilitada pola Xunta para asesorar a autónomos e pemes sobre as liñas postas en marcha


6

Barrios 26 de xuño 2020

EN BREVE 4 Escola de música O prazo para solicitar praza na Escola Municipal de Música de Barbadás estará aberto ata o 6 de xullo. A Escola Municipal de Música de Barbadás oferta tamén prazas de Música e Movemento para nenos de 4, 5, 6 e 7 anos. As persoas interesadas deberán de cubrir o impreso que se pode ver na web do concello e envialo á Escola de Música.

4 Servizos Sociais

Os Servizos Sociais de Barbadás realizaron innumerables accións ao longo do estado de alarma provocado pola COVID-19. Entre estas están o reparto de vales de 25 euros para gastar en alimentación; a posta en marcha dos teléfonos solidarios e de atención psicolóxica, para maiores e persoas que o precisaran. O Servizo de Axuda no Fogar entregou equipos de protección como máscaras e luvas, entre outros. Tamén se lle proporcionou atención ás mulleres a traves do CIM.

4 BNG

O BNG de Barbadás demanda a constitución dunha comisión de seguemento post-estado de alarma para a adopción de medidas de axudas á cidadanía, pequeno comercio e autónomos.

BARBADÁS

O parque dos Patos, epicentro cultural 4 A programación de verán irá do 2 de xullo ao 3 de setembro. Redacción O parque dos Patos será o lugar onde se celebren os eventos do "Verán Cultural" de Barbadás. Teatro, cine, literatura, circo, danza, clown conforman a programación que se desenrolará todos os xoves dende o 2 de xullo ao 3 de setembro (ás 21 horas) e que leva por lema “E no verán? Refréscate coa Cultura”. Programación O espectáculo de danzá-circo “Ikigai” dará o pistoletazo de saída o 2 de xullo. A seguinte actividade chega o día 9 coa obra “Os romeiros do caracol”. Charo Pita presentará o xoves 16 de xullo “No país do vento”, un espectáculo musical para

Masterclass Redacción O polideportivo municipal de Barbadás programa masterclass gratuitas en diferentes modalidades que se desenrolarán na pista central da instalación deportiva.

Parques, pistas e skate, abertos en Barbadás 4 En total son 27 localizacións no concello. Redacción

O Sonoro Maxín actuará o 20 de agosto. toda a familia. “Crunch”, cuxos protagonistas son dous superhéroes, é un espectáculo circense que chega o día 23. Xullo remata con Piscore e o seu “Concerto con fusión”, o día 30. En agosto, teatro Ghazafelhos mostrará a obra “Acuario” o día 6. O día 13, Inventi Teatro trae a obra "A tropa do doutor Milagre". O Sonoro Maxín estarán en Barbadás o 20 de agosto presentando o espectáculo “De navallas

e cumbias”. O mes despídese coa obra de Sarabela Teatro: “Crónicas do paraíso”, o día 27. E as propostas culturais de verán chegarán ao seu fin coa proxección da película “Yerterday”, o 3 de setembro.

Os eventos culturais terán lugar todos os xoves ás 21 h

As modalidades que se impartirán son aerobic, body tono, aerobic total, HIIT (Entrenamentos interválicos de alta intensidade), GAP (Glúteos, Abdominais, Pernas) e aerobic latino. Os horarios da masterclass é de luns a venres de 10 a 11 h pola mañá e pola tarde de 20:30 a 21:30 horas.

A entrada para participar en estas masterclass será gratuita e a asistencia debe confirmarse a través de cita previa chamando ao teléfono 988 26 35 19. O aforo máximo para participar será de 20 persoas para garantir as directrices de seguridade marcadas tralo COVID-19.

27 localizacións ao aire libre do Concello de Barbadás abriron de novo para uso de todos os veciños. Son 17 parques infantís, 9 pistas polideportivas e a pista de skate que funcionan cas medidas hixienico-sanitarias impostas pola Covid-19. Entre as medidas están a da capacidade máxima estimada nunha persoa por cada 4m2. Manter a distancia de seguridade interpersoal (1,5 metros) ou, no seu defecto, a utilización de máscara. O horario é de 11 a 21 horas. Os parques infantís serán desinfectados diariamente e, ademais, contan con dispensadores de xel hidroalcoólico.

Zonas As zonas que fixeron a súa reapertura son: os parques infantís de Loiro; Bentraces, estrada de Celanova (Besadas); Sobrado, Fidalguiño; Pontón; Barbadás, antigo centro médico; As Lamas; A Valenzá (Amieiros, a carón das piscinas, Patos, Tren, Solaina, Casa de cultura, Bahamonde, Finca Fierro (parque da fonte), Parada, Piñor (Campo de Roma), Santa Uxía, Mundideo. As pistas deportivas abertas son dúas na Solaina; en Sobado (Fidalguiño); Campo de Roma; Parada; Finca Fierro; Barbadás (a carón do antigo centro médico); Bentraces (Barreiro); e Loiro (antiga escola); ademais da pista de skate.

Operario desinfectando a pista de skate.


PROVINCIA

Aprol Rural Redacción

O conselleiro do Medio Rural, José González, supervisando os traballos de prevención de incendios no Concello de Avión. /RAMSÉS.

A Deputación colabora coa Xunta de Galicia na prevención de incendios 4 A administración provincial utiliza o seu propio parque de maquinaria. Redacción O conselleiro do Medio Rural, José González, e o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitaron os traballos de prevención de incendios forestais nos que colaboran a Xunta e o organismo provincial e que se desenvolven nun primeiro momento, no municipio de Avión, e estenderase a outros puntos da provincia. Neste caso concreto, por parte de Medio Rural mobilizáronse dous tractores e dúas brigadas de persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios, que tamén están a executar accións de anticipación aos lumes ao abeiro

Catamaráns eléctricos Redacción A Deputación de Ourense estuda adquirir unha frota de catamaráns 100% eléctricos para realizar rutas termais e enoturísticas. O barco, que conta cunha capacidade de sete prazas, non precisa de titulación náutica para ser guiado, e está pensado inicialmente

do Plan preventivo iniciado o mes pasado.

As axudas de Aprol Rural impulsarán a contratación de 212 desempregados en 90 concellos ourensáns. A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de resolver devanditas axudas que teñen como obxectivo incrementar e mellorar as oportunidades laborais do rural e dar un impulso aos traballadores das zonas menos poboadas de Galicia. Así, o Goberno galego apoiará a contratación de 212 persoas sen emprego nos 90 concellos do rural da provincia ourensá que solicitaron estas axudas, 60 deles Concellos Emprendedores. Na concesión das axudas tiveron prioridade os concellos que teñen esta distintición.

Barrios 26 de xuño 2020

Este programan supón un investimento de preto de 3 millóns de euros na provincia. O mesmo, incentiva a contratación de desempregados, durante nove meses a tempo completo, para realizar labores de silvicultura, xestión da biomasa, limpeza de montes, valorización forestal ou planificación preventiva. Financiación A Xunta financiará o 100% dos custos salariais, cun custo medio por traballador de 13.795 euros, dos contratos que realicen as entidades locais do rural galego, que terán que estar vencellados á realización de tarefas relacionadas coa prevención de incendios forestais, limpeza de montes, silvicultura e xestión da biomasa.

7

Vixilancia forestal Redacción A Xunta de Galicia reforza a coordinación policial para a vixilancia, disuasión e control da actividade incendiaria de cara á tempada de alto risco que, como cada ano, comeza o 1 de xullo. O Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga) mantén este ano as súas liñas básicas de actuación, pero incorpora algunhas novidades como a implementación dun completo e detallado plan de prevención aprobado pola Administración autonómica, que suporá actuar en 46.000 hectáreas e en case 5.800 quilómetros de pistas e estradas galegas.

contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga 2020). Os labores en colaboración prolongaranse ata o vindeiro día 16 de xullo. Neles, a Deputación de Ourense participa con diferentes vehículos pesados, tales como unha pa cargadora, un tractor, dúas motoniveladoras e un camión.

Acordo Estes traballos entre a Xunta e a Deputación realízanse ao abeiro dun acordo entre ambas partes que facilita que a Deputación realice, co seu propio parque de maquinaria, tarefas de prevención de lumes, tales como áreas de devasa e mantemento de pistas e camiños que atravesen as zonas de actuacións de xestión de biomasa. Uns traballos que guía a Consellería do Medio Rural co obxecto de potenciar a prevención fronte o lume, conforme ás liñas deseñadas no Plan de prevención e defensa

Os labores en colaboración entre Xunta e Deputación prolongaranse ata o vindeiro día 16 de xullo

para realizar rutas termais e enoturísticas pola contorna do embalsa de Castrelo de Miño, así como pola zona

do balneario de Arnoia, visitando diferentes adegas da Denominación de Orixe Ribeiro.

O presidente da Deputación no catamarán eléctrico.

Manuel Baltar xunto a Tiziana Domínguez nas instalacións da empresa ourensá.

Adolfo Domínguez veste ao “Gaiteiro da Catedral” 4 En recordo das vítimas da COVID-19. Redacción A empresa ourensá Adolfo Domínguez deseñou e confeccionou a capa que vestirá o “Gaiteiro da Catedral” de Ourense, que será o símbolo permanente do recordo ás vítimas do COVID-19, unindo música e solidariedade nun acto que se repetirá todos

os días do ano na torre da catedral, desde onde un gaiteiro ou unha gaiteira interpretarán durante dous minutos unha melodía en honra das vítimas do coronavirus. O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou os talleres da empresa téxtil ourensá, situados no polígono de San Cibrao, onde estivo

acompañado pola directora creativa da empresa, Tiziana Domínguez, quen lle explicou os detalles da capa, 100 % creada e producida no taller de costura de Adolfo Domínguez. A peza, deseñada sen enfoque de xénero para que poida ser vestida por mulleres e homes, está realizada 100% de la negra e foi confeccionada con tecido de arquivo da firma de moda de autor. Domínguez explicou que a peza reinterpreta as capas tradicionais dos gaiteiros galegos e está deseñada en dúas pezas, seguindo a crenza de que San Martiño rasgó a súa capa en dúas para entregarlla a un esmoleiro nun día de tormenta.


8

Barrios 26 de xuño 2020

PUBLICIDADE

O Centro Residencial Docente sito na Avenida da Universidade, nº 18 en Ourense.

CRD Ourense, oportunidade para estudar o que queres 4 A residencia de alumnos non universitarios de Ourense oferta preto de 200 prazas. Redacción O Centro Residencial Doente (CRD) de Ourense (sito na Avenida da Universidade, nº 18), dependente da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, ten como destinatario ao alumnado do ensino non universitario postobrigatorio e que non dispoña na súa localidade de centros educativos para continuar determinadas ensinanzas (Bacharelato, Ciclos Formativos de Formación Profesional e ensinanzas artísticas) e na convocatoria extraordinaria de alumnado universitario. O acceso as prazas coma alumno/a do CRD regúlase por unha convocatoria anual, para este ano ORDE do 29 de maio de 2020 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2020/21, en período ordinario. As prazas poden ser con beca completa, no caso de cumprir cos requisitos fixados na convocatoria. Así mesmo, a mediados de setembro, ábrese un novo prazo para solicitar prazas na residencia, se feita a adxudicación de prazas en período ordinario, seguen existindo algunhas prazas vacantes. O centro está dividido en dous colexios residenciais,

que teñen cada un tres plantas con 11 habitacións e capacidade para tres persoas por habitación e 1 habitación dobre con capacidade para dúas persoas. A capacidade total do centro na actualidade sería de 198 alumnos/as residentes máis 6 bolseiros/colaboradores, é dicir 204 persoas. Existen 6 prazas reservadas para colaboradores/ bolseiros. O acceso a estas prazas regúlase por unha convocatoria para este ano ORDE do 5 de xuño de 2020 pola que se convocan

prazas de residencia para persoas colaboradoras bolseiras nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso académico 2020/21. As persoas adxudicatarias de prazas de colaborador/bolseiro utilizarán os servizos da residencia de forma gratuíta. Os requisitos para poder optar as prazas de colaborador/bolseiro, son. a) 18 anos cumpridos ou acadar esta idade dentro deste ano natural. b) Posuír a capacidade

funcional para o desempeño do labor de apoio no desenvolvemento da actividade diaria da residencia. c) A persoa solicitante deberá estar inscrita ou matriculada en ensinanzas universitarias de grao, máster oficial, primeiro, segundo ou terceiro ciclo nunha facultade, escola superior, escola universitaria ou colexio universitario no curso 2020/21. O alumnado do CRD de Ourense dispón de diferentes servizos no centro: biblioteca con aula de informática con equipos de derradeira xeración e conexión gratuíta a internet, salas de estudos, comedor escolar, pavillón polideportivo e pistas exteriores de fútbol, tenis e baloncesto, ximnasio, salas de uso múltiple, salas de TV colectivas, sala de cine e conferencias, cafetería/bar, enfermaría e servizo médico no propio centro, zonas de lecer exteriores e xardíns, aparcamento privado e vixiado, ademais, dunha atención educativa e apoio ás necesidades psicolóxicas, sociais e de desenvolvemento integral, mediante a intervención do equipo directivo e educativo. Prazo de presentación As prazas de residencia (198 en total) regúlanse

pola Orde do 29 de maio de 2020 (DOG do 9 de xuño de 2020) sendo gratuítas no caso de cumprir cos requisitos fixados (non superar o limiar 2 de renda). O prazo de presentación de solicitudes en período ordinario é: a) Para o alumnado matriculado en bacharelato, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 10 de xullo de 2020 (este incluído). b) Para o alumnado matriculado en ciclos formativos, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 3 de agosto de 2020 (este incluído). O prazo de presentación de solicitudes en período extraordinario, entre o 15 e o 22 de setembro de 2020, ambos incluídos. Espazo controlado covid 19 O CRD de Ourense acreditouse por un Servizo de Prevención de riscos externo, CUALTIS, conforme desenvolveu todos os procedementos adecuados e articulou todos os mecanismos necesarios para minimizar a posible exposición do novo COVID 19, acorde coas directrices establecidas polo Ministerio de Sanidade e o resto de autoridades competentes. O proceso de certifica-

Selo de espazo controlado COVID-19 no CRD. ción consistiu na superación dunha auditoría dos procedementos e medidas de prevención adoptadas pola entidade para actuar contra a pandemia derivada do SARS- COV-19. Os aspectos fundamentais que foron obxecto da auditoría, foron: procedementos para o control da transmisión e identificación de persoal sintomático; xestión de traballadores especialmente sensibles; procedementos de actuación se se detecta persoal sintomático; medidas organizativas implantadas (xestión e aforos, distancias de seguridade, elementos de protección, etc.); avaliacións de risco dos riscos, plans de continxencia ou plans de retorno relativos ao SARS- COV-2; equipos de protección individual; formación e información de traballadores; limpeza e desinfección das instalacións e sinalización do centro.


ECONOMÍA

Barrios 26 de xuño 2020

9

Galicia conta con xoias gastronómicas amparadas coas denominacións de orixe e as indicacións xeográficas protexidas

4 É a terceira comunidade autónoma de española con máis produtos de calidade certificados. Redacción Galicia pode presumir de gastronomía. E é que a nosa comunidade é a terceira de todas as españolas con máis produtos de calidade certificados. Os selos de denominación de orixe ou indicación xeográfica protexida chegan ata os 36. Nesta época que nos toca centrarnos máis nun turismo nacional, Galicia é un dos principais atractivos. Os visitantes acoden atraídos, entre outras cousas, polos seus manxares, sendo esta una das grandes motivacións para a súa viaxe. As producción agrarias víronse potenciadas nos últimos anos de forma cualitativa e cuantitativa, grazas a dinamizacións dos coñecidos como produtos de calidade. Son recursos alimentarios que supoñen unha das mellores ferramentas das que dispoñe o medio rural para asegurar o futuro, emprender novas vías de desenrolo e, incluso, reinventarse. Proxección internacional Debido á posta en valor dos produtos galegos a través das denominacións de orixe protexida (D.O.P.) e das indicacións xeográficas protexidas (I.X.P.) agora son máis competitivos no mercado e máis atractivos ao consumidor despois de haber pasado rigorosos controis de seguridade. Produtos amparados Entre os produtos amparados polos selos de calidade están, entre outros, os viños e augardentes. Galicia conta con cinco denominacións de orixe de viño (Ribeiro, Valdeorras, Rías Baixas, Ribeira Sacra e Monterrei). Cada unha cunha personalidade ben definida, pero todas cun

denominador común: a calidade e a vinculación moi directa co territorio. Cabe tamén destacar os viños con indicación xeográfica (tamén coñecidos como Viños da Terra), dos que contamos con catro: Barbanza e Iria, Betanzos, Val do Miño-Ourense e Ribeiras do Morrazo. Tamén se destaca na riqueza e variedade das bebidas espirituosas. Augardentes e licores tradicionais (orujo, augardente de herbas, licor de herbas e licor café) forman parte do imaxinario colectivo desta terra. Carnes O prestixio e recoñecemento das carnes galegas son de sobra coñecidos. No que se refire ao vacún ten en "Tenreira Galega" o seu selo de calidade sendo a indicación xeográfica máis importante no sector cárnico español. A protección desta producción viuse potenciada coa creación, en 2017, da Indicación Xeográfica Protexida Vaca galega y Boi galego garantizando a súa orixe e calidade. Lacón Galego, no porcino, e o Capón de Vilalba, no avícola, son outros dos sectores que están recoñecidos. Lácteos Un dos puntos fortes de Galicia é o relacionado coa

Augardentes e licores tradicionais forman parte do imaxinario colectivo desta terra. produción láctea. Neste sentido, hai que destacar, en primeiro lugar, a existencia dun indicativo que certifica o leite galego de calidade diferenciada. Trátase de "Galega 100%", un selo que garante a excelencia do produto e que este, ademais, ten como orixe explotacións da comunidade autónoma. Este selo promociónase ao longo do ano a través de distintos eventos, relacionados fundamentalmente coa gastronomía e co deporte, co fin de incentivar o consumo de leite e de produtos lácteos galegos de calidade entre a

Pememtos galegos como os da Arnoia -imaxe- están amparados baixo a indicación xeográfica protexida.

poboación, tendo en conta as súas indubitables beneficios para a saúde. Estas accións promocionais consisten, fundamentalmente, nun posto itinerante que conta cun mostrador-expositor para almacenaxe e distribución de bricks de leite. Tamén se empregan paneis e folletos informativos sobre a marca, para facilitar ao consumidor información sobre como identificar este leite nos diferentes puntos de venda, así como coñecer as garantías e o seu significado. Polo demais, Galicia destaca tamén pola calidade dos seus queixos, con catro diferentes denominacións de orixe protexidas (Arzúa-Ulloa, Cebreiro, Tetilla e San Simón dá Costa). Cada un ten a súa propia personalidade, pero todos coinciden en ofrecer ao consumidor un produto feito co máximo esmero e a partir dunha materia prima "o leite galego" de gran calidade. Outros produtos Os pementos son outro dos produtos que merecen unha especial atención pola

súa calidade. Os de Herbón, O Couto, Oímbra, Arnoia e Mougá son cinco tipos de pementos diferentes que están amparados baixo da denominación de orixe, no primeiro caso, e de indicación xeográfica protexidas, nos outros catro. Os Grelos de Galicia son outro dos produtos da horta galega con calidade amparada por un indicativo específico, coa vista posta nunha maior proxección fóra da comunidade autónoma. Pódense atopar no mercado en varios formatos (fresco, conxelado ou en conserva). As castañas, o mel ou as patacas ou producidas en Galicia tamén contan con recoñecemento especial pola súa calidade. En canto á Castaña, a zona de orixe deste produto abarca a maior parte do territorio de montaña, mentres que no caso do Mel de Galicia, a súa área de produción esténdese por toda a autonomía. A apicultura constitúe ademais un elemento importante da etnografía en Galicia, onde perviven construcións tradicionais vinculadas a esta produción artesanal.

O IXP Pataca de Galicia ampara outra referencia da despensa galega e ten a súa zona de produción repartida nas subzonas de Bergantiños (na Coruña), Terra Chá, A Mariña e Lemos (na provincia de Lugo) e A Limia (en Ourense). Pola súa banda, a Faba de Lourenzá ou o Pan de Cea, entre outros, asocian o nome da súa zona de produción ao do produto. O cultivo da Faba de Lourenzá abarca o territorio costeiro da provincia de Lugo e con este distintivo déuselle nome propio a esta variedade. Ademais, o Pan de Cea, xunto coa Torta de Santiago, son os dous produtos galegos do sector de panadaría e pastelaría que contan con distintivo de calidade. A zona de elaboración da torta é toda Galicia, mentres que no caso do pan correspóndese co municipio ourensán de San Cristovo de Cea. Cabe destacar o recente recoñecemento europeo para a Indicación Xeográfica Protexida Pan Galego, o que supón un novo selo para protexelo. A aprobación deste selo remata unha vella aspiración dos panadeiros galegos para a facilitar a súa identificación aos consumidores. A Agricultura Ecolóxica, sen carácter xeográfico fai que o sistema de producción estea basado nun total respecto ao medio ambiente, o benestar animal e o mantemento e mellora da fertilidade do chan.

Galicia conta con catro denominacións de orixe protexidas de queixo (Arzúa-Ulloa, Cebreiro, Tetilla e San Simón dá Costa)


10

Barrios 26 de xuño 2020

VERÍN

EN BREVE

4TRIBUNA ABERTA

4 Ludoteca deportiva Aberto o prazo de inscrición para o programa deportivo “Ludoteca Deportiva 2020”, unha iniciativa lúdico-deportiva que se desenvolverá desde o 1 de xullo ata o 31 de agosto. Para formalizar as inscricións nesta actividade, compre cubrir a folla de solicitude, entregar unha fotocopia do DNI e o xustificante de pagamento das taxas en Caja Rural de Zamora.

4 María Solinha A estrea do filme “María Solinha”, de Ignacio Vilar, no Autocine de Verín tivo unha gran acollida. Foron 120 coches, a totalidade da capacidade do recinto, os que se estacionaron na zona habilitada para ver a película. Ademais vénderonse 56 menús servidos durante a proxección.

4 ORA Verín retoma o sistema de Ordenanza Reguladora do Aparcamento (ORA), suspendido desde o pasado 16 de marzo. O horario será o habitual de 10 a 14 e de 16.30 a 20.30 horas de luns a venres; e de 10 a 14 horas os sábados.

4 Protección Civil Durante o estado de alarma Protección Civil Verín realizou un total de 75 actuacións de asistencia á cidadanía. Ademais dos seus labores habituais, os voluntarios realizaron tarefas de repartición de alimentos, medicamentos e material escolar, desinfección de vehículos de emerxencia da comarca e apoio loxístico aos corpos e forzas de seguridade do estado. Incluso felicitaron a moitos nenos polo seu cumpreanos.

4 Entroidar A vila do Támega é o lugar elexido para a estrea oficial do documental “Entroidar”, de Pablo Ces. Será no marco do Festival Internacional de Curtas Vía XIV. O documental está centrado na singularidade do Entroido de Laza.

Reflexións de Borja Salgado Sotelo (IES García Barbón)

O tenente de alcalde, Diego Lourenzo, e a concelleira de Recursos Humanos, Rosario Rodríguez, supervisando unha das instalacións que se usará na Ludoteca.

A Ludoteca de verán regresa un ano máis 4 Xa está aberto o prazo para inscribirse. Redacción O prazo de inscrición da Ludoteca de verán “Convive en Igualdade” e do Campamento urbano “Támega” xa está aberto. Con motivo da crise sanitaria, este ano chega con novidades orientadas á asegurar a seguridade dos seus usuarios e cos firmes obxectivos de axudar aos veciños para conciliar a súa vida laboral e familiar, así como de promover a igualdade entre todas as persoas. A Ludoteca de Verán é un espazo destinado a menores, con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos, o Campamento Urbano destinado a menores de 11 a 14 anos que se realizará en diversas instalacións ampliándose este ano a outras cedidas polo colexio María Inmaculada. Este servizo comeza-

rá o 1 de xullo e finalizará o día hábil anterior ao comezo do curso escolar 2020/2021 (10 de setembro), de luns a venres, con variedade de horarios. Novidades Entre as novidades, ademais de realizar todos os protocolos recomendados, destacan a ampliación de horario sendo este de 7:45 a 14:45 horas. Tamén os grupos serán de nove nenos e nenas e un monitor que, por seguridade, nunca se xuntarán co resto dos grupos. A persoa diagnosticada por COVID-19, a que presente calquera sintomatoloxía asociada á enfermidades durante os 14 días previos á súa participación e o que estivo en contacto estreito ou compartindo espazo sen gardar a distancia interpersoal con algunha persoa afectada por COVID-19 nos 14 días

previos á súa participación, non poderán participar nestas actividades. As solicitudes cubriranse na Oficina Municipal de Información Xuvenil, na Casa da Xuventude (Avda. Portugal 11, 1ª planta - Porta 15), en horario de 8:30 a 14 horas. Preferencia para pais/nais que teñan que conciliar vida laboral e familiar e familias monoparentais por orde de inscrición e pago ata cubrir prazas. Para máis información contactar no 988 414 776.

Os grupos serán de nove nenos e un monitor que, por seguridade, nunca se xuntarán co resto dos grupos

Son Borja Salgado Sotelo e tiven unha nota de 9,52 en segundo de Bacharelato no IES García Barbón. Esta cualificación non significa que sexa máis listo -nin moito menos- xa que con esforzo e adicándolle o tempo necesario pode acadala quen queira. Todos somos capaces de ter un 10, pois temos un cerebro no que collerían moitas máis cousas das que estamos a estudar. O paso máis difícil é poñerse o primeiro día. Hai que convertelo nunha rutina e desta maneira non costa case nada, sempre e cando se manteña a constancia, algo moi importante á hora de estudar. Ademais, todos nacemos con curiosidade sobre as cousas, só se trata de usar esa curiosidade nos estudos e xa nada che parecerá aburrido. En conclusión, se non se da aprobado unha ma-

Borja Salgado. teria, hai que tomala con calma e ver como sacala adiante, xa que cada un ten a súa propia maneira de estudar. E, sobre todo, nunca perder a motivación nin a ilusión de aprender nin tirar a toalla. E si non das por ti mesmo, os profesores sempre estarán para axudarche, posto que o que menos queren é suspender a alguén que traballe. Moito ánimo a todos os alumnos e profesores nesta etapa tan difícil. Sorte. Borja Salgado

Obras en Verín.

Sexta fase de rehumanización 4 Realízanse catro actuacións simultáneas. Redacción

as obras neste momento.

Xa está en marcha a sexta fase do Plan de Rehumanización de Verín. A mellora integral da contorna da Alameda, a dotación dun novo punto urban de recollida de lixo, a reforma da praza do Concello e a ampliación das aceras en diferentes puntos da vila son

Contratación A contratación dos traballadores (peóns e albanéis) foi posible grazas ao convenio asinado pola concellería de Recursos Humanos e Réxime Interior do Concello de Verín, dirixida por Rosario Rodríguez Delgado, e o INEM.


VERÍN

Recoñecemento á excelencia educativa no IES García Barbón A educación pública é un ben social que temos que valorar. Os resultados acadados neste curso tan complicado dan conta do intenso traballo dos estudantes de Bacharelato, do apoio imprescindible das súas familias e da tarefa pedagóxica do seu profesorado. Por iso, a comunidade do IES García Barbón quere dar moitos parabéns ao noso mellor estudante de 2º de Bacharelato BORJA SALGADO SOTELO (nota media de 9.52). Tamén temos que felicitar a tres estudantes que acadan unha nota media maior de nove puntos: -Sofía Morillo Dobarrio, Daniel Moura González e Antía Santamarina Anes. Noraboa! Datas de admisión e matrícula Bacharelato (datas confirmadas) O prazo ordinario de matrícula nos estudos de Bacharelato é do 1 ao 10 de xullo. Na convocatoria extraordinaria dispomos do 1 ao 10 de setembro para formalizar a matrícula. Ciclos Formativos de Formación Profesional

(datas confirmadas) A admisión en ciclos formativos é do 25 de xuño ás 13 horas do 8 de xullo. Recomendamos consultar a web do centro ou chamar por teléfono 988 685085. Educación Secundaria de Adultos (ESA) A inscrición na ESA pode facerse do 1 ao 15 de xullo. A matrícula do 1 ao 10 de setembro. Formación Profesional Básica (FBB) A presentación de solicitudes poderá realizarse do 1 ao 10 de setembro. Aula Mentor A matrícula nesta ensinanzas –que se imparten a través de internet- está aberta todo o ano. Para solicitar información poden escribir un correo a secretariobarbon@gmail. com. As datas que se facilitan son orientativas en función das publicadas en anos anteriores.

O prazo ordinario de matrícula nos estudos de Bacharelato é do 1 ao 10 de xullo

De esquerda á dereita: Sofía Morillo, Daniel Moura, Antía Santamarina e Borja Salgado.

Calificada de "moi boa" a colleita de Monterrei de 2019 4 A sede da DO acolleu a cata de calificación. Redacción A colleita 2019 da Denominación de Orixe de Monterrei recibe a calificación de "moi boa" trala cata de calificación realizada na sede da DO. Nesta cata participaron representantes de asociacións profesionais e do panel oficial da denominación. Devandito equipo de cata destacou: "en brancos, a diversidade orixinada nos viñedos pola mestura de variedades, balanceando recordos de froitas e flores, con frescura de carácter

oceánico propio da anada; mentres que en tintos, unha óptima maduración dando lugar a viños con aromas propios dos varietales da denominación". Co obxecto de valorar a presente colleita, unha re-

presentación proporcional de viños da denominación someteuse ao xuízo do panel. Ditas mostras foron analizadas por cada un dos catadores, que realizaron unha valoración "a cegas" de todas elas, para manter así criterios de obxectividade. A nota final resultou do cálculo da media das puntuacións concedidas por cada catador a cada unha das mostras, incluíndo neste cálculo. Finalmente, esta puntuación trasladouse a unha táboa de correspondencias onde se obtén a cualificación de colleita.

Barrios 26 de xuño 2020

11

EN BREVE 4Taxas O pleno da corporación municipal de Verín aprobou por unanimidade a suspensión do cobro durante o exercicio 2020 da Taxa pola ocupación de vía pública mediante a instalación de postos, barracas, casetas de venda, espectáculos, atraccións ou recreo, situados en terreos de uso público local na parte da taxa correspondente á feiras que se celebran no municipio os días 3, 11 e 23 de cada mes.

4 Mesas electorais

Cata da colleita 2019 da DO Monterrei.

Coa finalidade de protexer a saúde pública, evitando as aglomeracións en espazos reducidos, o Concello de Verín modifica algunha ubicación das mesas electorais para as eleccións autonómicas previstas para o 12 de xullo. Así, as ubicadas na Casa da Xuventude e na Oficina de Turismo/Sala de Exposicións trasládanse ao Pavillón Municipal de Deportes; as do Salón de Actos do Hospital de Verín trasládanse ao Estadio de Fútbol José Arjiz; e a de Feces de Abaixo trasládase a antiga escola.

4 Biblioteca A Biblioteca Pública Municipal de Verín retomou os servizos de préstamos e devolución de libros (que pasarán unha corentena de 14 días antes de estar dispoñibles novamente para outros usuarios). A devolución dos libros poderase realizar no horario de 10 a 13:30 e de 16:30 a 19:30 horas, quedando reservadas de modo exclusivo para as persoas maiores as franxas horarias de 11:30 a 12:30 e de 18.30 a 19:30 horas. No que se refire aos préstamos de libros, as persoas interesadas poden consulta no Catálogo da Biblioteca: www.bibliotecadeverin.es apartado OPAC. Unha vez feita a solicitude, a usuario recibirá unha cita previa para recoller o libro ou libros seleccionados.


12

Barrios 26 de xuño 2020

Campamento Urbano Redacción Amencer organizará, un ano máis, o Campamento Urbano (CU) que este ano chega á súa 33ª edición. Este ano desenvolverase do 3 ao 13 de agosto, e estará aberto á participación de todos os rapaces de entre 8 e 16 anos de idade. Inscrición Para máis seguridade, cada participante deberá facer unha inscrición previa que será na web www. amencer.org. Quen non poida facela poderá acudir, antes de que comece o campamento á sede de Amencer (colexio Salesianos) para que o inscriban. O xoves anterior ao comezo do campamento será a data tope para as inscricións. Ademais, os familiares dos participan-

OCIO E CULTURA

tes deberá asinar unha declaración responsable para poder participar. Na declaración deberán asegurar non ter síntomas do COVID-19 e deberán informar á organización en caso de baixa por enfermidade do rapaz.

“A metade da vida” reestrease no OUFF

Medidas Entre as medidas hixiénicas é obrigatorio o uso de xel, utilización de máscaras e control da temperatura ademais de ter en conta o distanzamento físico nas diferentes actividades a realizar. As entradas e saídas do campamento serán distribuídas en distintos horarios. Haberá grupos de convivencia dun máximo 15 rapaces cun mínimo de 2 animadores, que utilizarán espazos diferentes. Formarase sobre medidas hixiénico-sanitaria a todos os participantes (animadores e rapaces).

Redacción

Ourense leva o ‘Verán Cultural’ fóra do Auditorio 4 Haberá programación en xullo, agosto e setembro. Redacción A cidade de Ourense terá programación cultural de verán de xullo a setembro na terraza do Auditorio -parte traseira, con acceso desde rúa da Canle-. As actividades serán os xoves e venres e comezarán ás 20:30 horas -salvo as de setembro, que se adiantan ás 20h-. Son espectáculos pensados para o aire libre e para que os

asistentes poidan estar sentados. O lugar escollido permite dispoñer de camerinos para artistas, diferentes entradas e saídas para que non se apiñe o público. Ademais, entre cadeira e cadeira haberá 1,5 metros para respectar a distancia de seguridade sanitaria. Variedade O programa, de “transición” cara á normalidade “até que se poidan

4 Nunha versión remasterizada. A película “A metade da vida” do director Raúl Veiga na súa versión remasterizada na 25ª edición do Festival de Cine de Ourense. Estreado en outubro de 1994, foi o único rodado enteiramente en galego de toda esa década. Agora chega de novo á gran pantalla cunha edición restaurada e reeditada “para facerlle o visionado máis amable ao espectador”, segundo o seu director Raúl Veiga moi satisfeito de que o OUFF sirva de escenario para esta estrea. Para o crítico Miguel

celebrar espectáculos masivos”, en palabras do alcalde, inclúe música de diferentes estilos, teatro e circo a cargo de compañías premiadas en certames nacionais e internacionais. Entre eles, o espectáculo de danza e pintura de Shakti Olaizola, ou o clásico de Shakespeare ‘Moito ruído e poucas noces’. Tampouco faltará a ópera con «La Traviata» e «Zarzuela Marina».

As actividades serán os xoves e venres e comezarán ás 20:30h, salvo as en setembro que darán comezo ás 20 horas

O alcalde e o concelleiro de Cultura na presentación do “Verán Cultural”. /RAMSÉS.

Anxo Fernández, coordinador artístico do festival, a exhibición desta “película, que considero heroica polo tempo no que se produciu e as condicións daquela, correspóndese

coa idea de consolidar o festival como a casa propia do audiovisual galego, máis aínda co que representou no seu tempo “A metade da vida” de Raúl Veiga, un dos directores máis singulares desde o punto de vista autoral, que deu este país, e que só sentimos non telo con máis frecuencia nas pantallas. Agardamos que desde OUFF 2020, rebrote a súa figura diante do novo público”.

Fotograma de “A metade da vida”.

Premios Redacción O prazo de presentación do XVII premio de narración “Pura e Dora Vázquez” -dotado con 1.500 euros- ampliouse ata o 31 de xullo. As narracións que se presenten terán temática libre, sempre adaptada a un público infantil ou xuvenil, e os textos serán inéditos e totalmente orixinais. Blanco Amor Ademais, o 34º Premio Blanco-Amor de novela longa ten aberta a súa inscrición ata o 14 de setembro. Premiarase á obra gañadora con 15.000 euros e unha obra escultórica. A entrega do premio terá lugar o martes 1 de decembro de 2020, corenta e un cabodano do autor de A Esmorga.


DEPORTES

O Envialia quere o título de Liga 4 Esta fin de semana coñecerase o campión de fútbol sala feminino.

Os socios da UD Ourense esquivan a fusión 4 A asamblea do club explicou as dúbidas sobre a unión co Ourense CF. Redacción

R.T. O Ourense Envialia xógase en dous partidos a posibilidade de ser campión da Primeira división de futbol sala nesta atípica tempada 2019-20. O conxunto dirixido por Morenín leva varias semanas coa posta a punto de cara a afrontar un playoff exprés para coñecer que equipo se alza co título. O cadro ourensán vai con moitas gañas para proclamarse campión. Playoff A Real Federación Española de Fútbol, tralo parón provocado pola crise sanitaria, decidiu dar por rematada a tempada e que se xogaran o título os catro primeiros equipos clasificados antes do parón. Estes catro equipos

son: Atlético de Madrid, Burela, Ourense Envialia e Alcorcón. As semifinais emparellaban ao Atlético contra Alcorcón e a Burela fronte o Envialia. Porén a renuncia das que marchaban como líderes (Atlético) a disputar este playoff fixo que a federación decidirá que o segungo clasificado (Burela) pasaba á final directamente; deste xeito as albinegras mediranse na semifinal ao Alcorcón de Vanessa Sotelo. O encontro terá lugar este mesmo venres a partir das 20 horas no Martín Carpena de Málaga, coas cámaras de Teledeporte como testemuñas. En caso de pasar á final -na que agarda o Burelaestá disputarase o domingo, 28 de xuño, ás 17:30 horas, tamén retransmitido por Teledeporte.

O Ourense Envialia nos Remedios. /ARQUIVO.

Terras de Maside Redacción O primeiro Depor Campus Cabreiroá Terras de Maside terá lugar nas instalacións do campo municipal de Maside do 10 ao 14 de agosto, e está dirixido a nenos e nenas de 6 a 14 anos.

Inscrición As inscricións faránse na páxina da fundación do Depor e terán precios especiais para todos aqueles asistentes que pertenzan a escola de Maside. A este respecto o alcalde da vila manifestou que ningún neno de Maside que queira participar, quedará fora por motivos económicos.

Barrios 26 de xuño 2020

A asamblea extraordinaria da Unión Deportiva Ourense facíase por primeira vez no auditorio e con medidas extraordinarias por mor da COVID-19. Extraordinario, para máis inri, era o tema a tratar: a fusión da UD Ourense e o Ourense CF. Xa no verán de 2014 fixéranse reunións para abordar este tema; o éxito foi nulo e cada club seguiu polo seu camiño. Anos despois, e co alcalde da cidade -Gonzalo Pérez Jácome- ao fronte da iniciativa, rexurde a idea da unificación. O rexedor considera que sería bo ter un só equipo potente na cidade para

buscar cotas maiores. Durante a asamblea, a directiva explicou todos os pasos dados ata a data e o que plantexan desde concello e o outro club. Mesmo o presidente do Ourense CF, Camilo Díaz, explicou a súa postura, porén a dos socios unionistas era outra distinta desde fai

tempo. Difícil parece que saia adiante a idea de Jácome e Díaz, máxime se temos en conta que apenas habería tempo material para convocar outra asamblea. Ademais, en caso de votar a favor habería que agardar a se o Ourense CF ascende ou non de catego-

Directiva da UD Ourense na asamblea. /RAMSÉS.

13

ría (en caso de ascenso a unificación xiraría en torno a este; en caso de non subir, sería sobre os piares da UD Ourense cos que se cimentaría o novo club). As peñas O día antes da asamblea todas as peñas da UD Ourense (A Caña, Ouligans, Escornaboys, Cambeo, Polbo á Feira e Vedette) mostraron o seu rexeitamento á fusión en forma de comunicado. A débeda do Ourense CF (650.000 euros) e a forma de levar o club (o Ourense CF ten moito xogador de fóra e a Unión conta con moitos xogadores de aquí) foron algunhas das causas polas que rexeitan a operación. Ademais, consideran que de estar de acordo isto leverá á “desaparición, cando levamos cumpridos só 6 anos de vida” e recordan que en 40 anos de historia o Ourense CF (con todas as súas denominacións anteriores) chegou a Terceira, a mesma categoría que a UD “en só seis anos”.


14

Barrios 26 de xuño 2020

EN BREVE 4 Monterrei As piscina do complexo deportivo de Monterrei abren as súas portas de 12 a 21 horas e co aforo ao 75% -1.575 persoas-. Na páxina web do Deporte Galego xa se pode consultar o protocolo de actuación trala superación da fase III e o comezo da nova normalidade. A adquisición de entradas farase, prioritariamente, a través da páxina web www.complexomonterrei.com. Desde o 12 de maio están abertas o resto de instalacións deportivas do complexo; para acceder a elas deberase concertar cita telefónica de 9 a 12 horas no teléfono 629 576 393.

4 Olvido e León

A segunda parte da película “León e Olvido” (titulada “Olvido e León”) estrearase na sesión de apertura da 25ª edición do Festival de Cine de Ourense. O filme continúa a trama da primeira parte e conta coa dirección do ourensán Xavier Bermúdez e os actores Marta Larralde e Guillem Jiménez.

4 Raigame

O número 44 da revista Raigame homenaxea á Xeración Nós con motivo do seu centenario. Entre os contidos deste número están tales como a prehistoria, a etnografía e o folclore, a súa relación con Ourense, a estética de Nós, a política, o papel da muller naquela época, a narrativa, a educación e as preocupacións lingüísticas.

4 Termalismo

A Deputación e os balnearios planifican a estratexia “Ourense, destino termal seguro”. O presidente da Deputación reuniuse cos representantes dos establecementos termais para analizar (ante a nova realidade derivada da pandemia xerada pola COVID-19) a situación do sector e coordinar a apertura dos balnearios, no marco do programa “Termalismo social”, que impulsa o ente provincial.

OCIO E CULTURA / ARTIGOS

4DECRECENDO

4EMIGRANTE EN ALEMANIA

Números para pensar Nunha conferencia que pode verse íntegra en Youtube, o filósofo e profesor Jorge Riechmann, outro gran expoñente do Decrecemento, fálanos do concepto de “extralimitación” referido aos sistemas humanos demasiado grandes en relación co ecosistema. A idea é que crecemos demasiado como sociedade e fixémolo tanto que a pegada ecolóxica conxunta da humanidade supera a biocapacidade da Terra. Seguro que moitos coñecen esa estatística que di que se todos vivísemos como os cidadáns de EE.UU. serían necesarios 5 planetas Terra para manter o devandito estilo de vida. Actualmente, segundo un informe do Fondo Mundial para a Natureza (World Wildlife Fund) estamos a vivir a un ritmo do 170% da capacidade do planeta. Se tentásemos axustar os nosos estilos de vida ao 100% e se toda a poboación do planeta tivese o mesmo dereito a bens e consumos, teriamos que facer drásticas reducións en diversos comportamentos e rutinas. As cifras son arrepiantes e son unha chamada de atención sobre o uso e abuso do consumo enerxético polas sociedades mal chamadas “desenvolvidas”. - Redución na inxesta de carne ata unha quinta parte da nosa dieta actual. De cinco filetes só deberiamos comer un.

Xeración 1960 - Xeración 2013. Volve o “Vente cara Alemania, Pepe!

www.masscience.com. - Redución no espazo habitado ata unha cuarta parte. - Redución do consumo enerxético por fogar ata unha cuarta parte. Só poderiamos consumir o 25% da enerxía que usamos actualmente. - Redución en vehículos motorizados ata menos dunha décima parte. En España iso suporía catro (repito) catro coches por cada 1.000 habitantes. Pasariamos de ter un parque móbil nacional de máis de vinte millóns de coches a pouco máis de 180.000 que en boa lóxica serían de uso esencial: ambulancias, autobuses, coches de bombeiros, etc. - Redución do uso do avión ata unha vintecatroava parte (1/24). Para aclarar este punto, pensemos nun voo Madrid Tenerife (1.900 km aproximadamente a ida e case 4.000 km ida e volta) En termos de xustiza poderia-

mos facer esa viaxe cada 31,5 anos. Ou facer unha viaxe transatlántico (por exemplo, Madrid – A Habana) unha vez na vida. Estes cálculos resultan se nos axustamos á capacidade de carga do planeta e de forma igualitaria, é dicir, se un habitante de Sudán do Sur, por exemplo, tivese os mesmos dereitos e accesos que un cidadán español. Comparto estes números para que cada un analice internamente canto é o dano que todos, absolutamente todos, estamos a facerlle ao planeta coas nosas rutinas diarias. PD: A conferencia mencionada pode visualizarse íntegra na seguinte ligazón: https://www. youtube.com/watch?v=pT-bsL2PXZQ&feature=youtu.be&t=2082. Óscar Blanco

Cada día vanse máis. Uns 50.000 ao ano. O número de españois que enfila cara a Alemania lembra as cifras dos anos 60 e 70. Entón, unha comedia, “Ven cara Alemania, Pepe!”, retratou aquela inmigración. Agora, outra, “Perdendo o norte”, actualiza o fenómeno. Reunimos a estas dúas xeracións en Munich. Que levante a man o que teña algún parente, amigo ou coñecido en Alemania! Nacho Velilla buscaba un argumento para a súa próxima comedia cando, unha mañá, reuniu ao seu equipo creativo. Corría o ano 2012. Sobre a mesa, algúns recortes de prensa reclamaban a súa atención. 30.000 españois fóronse o ano pasado a Alemania, cifra que non se alcanzaba desde 1973. O Ministerio de Emprego prevé que entre 2010 e 2020 un millón de españois emigren. Na sala había dez persoas. Todas levantaron a man. Velilla, o home detrás de series como Sete vidas ou Aída e taquillazos como Fóra de carta e Que morran os feos, xa tiña o que buscaba. Tres anos despois, recentemente estreada Perdendo o norte, retrato dun grupo de mozos ultraformados buscándose a vida en Berlín, a marea cara a Alemania segue crecendo. Ao ano son xa máis de 50.000 os españois en-

4HUMOR

tre quen non parece calar o optimismo que transmiten axentes económicos e políticos no noso país. A cifra, de feito, remite á gran emigración que levou cara a terras teutoas a máis de 700.000 españois entre 1960 e 1973 -retratada por Pedro Lazaga en Ven cara a Alemania, Pepe!, cando o réxime de Franco atopou en terras xermanas unha válvula de escape para canalizar parte do masivo fluxo de traballadores do campo que, sen cualificación algunha, emigraban cara aos centros industriais. Hoxe, con todo, o panorama cambiou de forma radical. Xa en 1960 marcháronse máis de 30.000 persoas e o fluxo alcanzou o seu pico en 1965, roldando os 80.000 emigrantes enfilando cara á República Federal Alemana. Entón, o Goberno puxo freo á marcha de man de obra cualificada, indispensable para o desenvolvemento da incipiente industria española. Pero hoxe, entre quen buscan o soño xermano, dous terzos posúen estudos superiores e mellor formación mesmo que a media alemana. José Mateos Mariscal autónomo empresario prexudicado terriblemente pola crise económica de España marchou cara Alemania. José Mateos Mariscal


ARTIGOS / CLASIFICADOS

Barrios 26 de xuño 2020

15

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda, C. Domarco, Avelino Jácome. Yedra Seara Nº127 - Ano: XIII - 26 de xuño de 2020 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.

4ANUNCIOS CLASIFICADOS

4DESDE A PONTE... A MONTERREI

[Deixe o seu anuncio no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]

Doutor Camba Neste tempo de confinamento, lembramos moito aos sanitarios que están en primeira liña, dándoo todo por nós, somerxidos neste maldito pesadelo que nos tocou vivir irremediablemente. Todos sabemos, que estes homes e mulleres, con poucos medios para desenrolar a súa función, foron sacando adiante con orgullo e valentía unha situación preocupante. Dicía o meu poeta do sur, que podemos vivir sen carteira, pero non, sin corazón. Teño no maxín, as facianas dos meus amigos sanitarios, que nestes malos tempos demostraron con agallas que loitar pola vida é o mais grande. Adicado a todos eles, escribo aquí hoxe, cousiñas do Doutor Emilio Camba, médico de familia que daquela, na fermosa época da miña infancia, exercía tamén con poucos medios, mais con sobrada intuición, a súa nobre e necesaria profesión. Curtido en mil batallas, facía que os diagnósticos das doenzas, foran peculiares e celebres, incluso, aínda hoxe moitos de nós, lembrámonos delas con agarimo. No barrio vello, o señor Camba era o noso médico, e na casa onde medrei, foron varias, as veces que o doutor tivo que acudir. Lembro con claridade aquela estampa dun home sinxelo, tranquilo e sosegado, con sorna e gracia natural, que non é doado relatar. Aquel día, o home do cabelo de neve e a mirada azul, entrou polo portón da casa. Portaba o seu inseparable maletín de coiro desgastado. Paseniño subiu as escadas ata o primeiro andar. O rapaz berraba por mor dunha doenza insoportable no

fondo da barriga. O médico, sacou a chaqueta, e retirou a roupa da cama, ata deixalo o descuberto. De súpeto, cabalgou enriba do rapaz, e coas mans superpostas, comezou a palpar na zona abdominal. O cabo dun anaco, quitou un bolígrafo do peto, e ante a mirada atónita de tódolos presentes, debuxou na pel do pequeno, un triangulo equilátero, entre o pube e a cadeira dereita. No medio do triangulo, puxo unha cruz e exclamou. Aquí está o mal!! e si fora fillo meu, arrincaba agora mesmo cara Ourense. Sacou unha pácema do maletín e dixo..., déanlle cunha culler este xarabe, que lle fará ben. O médico baixouse da cama, recolleu os bártulos e liscou. Xa cando estaba no fondo do patio, dende o dormitorio escoitábase berrar. Señora! a avoa asomou a fiestra, e tirando de ironía, soltoulle. Si pode ser, a culler que sexa a do caldo! Horas despois o rapaz foi intervido de apendicite en Ourense satisfactoriamente. Moitas foron as anécdotas deste doutor carismático e moi querido pola xente da vila. Sempre que por diante da casona onde vivía, na rúa Luís Espada lémbrome daquel home bo. Teño no maxín a súa estampa tosca, e o seu falar entrecortado pero eficaz. Un día tratoume dunha doenza nos ollos, e para aplicar a pomadiña milagrosa, cumpría que estivera quieto, cousa que non sería posible sen a necesaria axuda da avoa, que parva quedou, cando lle dixo.. señora, escarránchese aí, colla o neno entre as pernas, e amarreo forte. A miña avoa, ao escoitar aquelo, non poido reprimir as risas incontidas, que sen

remedio foi contaxiando a todos os que por alí andaban, ante a faciana incrédula do Camba que a boa fe, pensaría que estabamos tolos de remate. Outro dia, o bisavó que rondaba os cen anos, púxose maliño, e o doutor voltou a casa. Entrou na habitación, e colleu unha botella que o vello tiña o carón da mesiña. Pasouna polo nariz e deixou a botella no chan. Puxo o fonendoscopio no peito desgastado do vello, e cun sorriso cómplice, e divina benevolencia escapouselle un suspiro. Dous días.., quédanlle dous días, exclamou, o señor está nas portas do ceo, podo trabucarme pero a vida ten un limite. Daquela, o Camba fallou no diagnostico, e o bisavó recuperouse milagrosamente. Pode ser, que as meigas de Vilardevós, axudaran algo, mais a botelliña que estaba o carón da mesiña, estou seguro que tamén. Meses despois o médico paseaba por diante do nosa casa, acercouse o porton e viu o vello enredando no patio. Señor Tomás, vostede estivo arriba e voltou, non? O velliño quedou pensativo, e o doutor, con axuda dun caxato de carballo, perdeuse rúa abaixo, deixando co seu maltreito paso, unha estela de bondade. Así eran e son os sanitarios do mundo, entregados, bondadosos e solidarios, sempre seguindo a estela da boa xente, coma o doutor Emilio Camba García, inesquecible médico de Verín. Unha aperta! Miguel A Prieto “Chitin”

INMOBILIARIA Alugo baixo na zona do Couto totalmente acondicionado. Con luz, auga, 70 m2. Prezo 300 euros. Tel: 653 208 506 Alúgase perruquería. Tel. 672 08 93 49 Alúganse apartamentos en Montalvo (de Semana Santa a outubro) con unha ou dúas habitacións, cociña, salón, baño, barbacoa, aparcadoiro, xardín; fronte á praia. Tel: 607 271 916 Alugo sala para actividades culturais, con posibilidade de cociña, baño e outros sertvizos. Tel.: 988 247 113. Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunitaria Tel.: 650 64 15 19. Busco casa en alquiler na periferia de Ourense. Opción a compra ou dunha permuta dun piso situado na Valenzá. Tlf.: 600 826 029. Vendo casa pola estrada de Santiago, con finca. Para restaurar. Tel.: 672 089 349. Alugo oficina na rúa Progreso. Exterior. Prezo económico Tel.: 672 089 349. Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunitaria Tel.: 650 64 15 19. Vendo casa na zona de Rante (a 8 km de Ourense). 3 dormitorios, terreo, pozo de auga e garaxe. Prezo 49.800€. Tel: 606 422 543 Alugo casa de campo na provincia de Ourense con finca e pozo. En boas condicións. Tlf: 657 945 665 Alugo oficina económica de 15 metros cadrados, amoblada, con baños comunitarios por 100 € máis 7 de comunidade. C.E:C. Tel.: 627 203 131

Véndese o alúgase un piso na estrada de Vigo. Preto do Lidl. Amoblados. Bo prezo. Tel.: 988 234 342. Alugo almacén pequeno en soto de garaxes. Para almacén, adega, trasteiro ou garaxe de moto. Rúa Francisco de Moure. Tel. 636 32 95 24. Véndese apartamento de 2 habitacións, cociña americana, baño, trasteiro e garaxe. Recén reformado. A 5 min. de praia América. Bo prezo. Tel. 620 66 07 62.

TRABALLO Ofrécese auxiliar de enfermaría, con titulación, para o coidado de maiores. Como interna ou por horas. En Ourense ou arredores. Telf.: 663 043 561 Danse clases de francés a domicilio. Todos os niveis. Titulación en España e Francia. Tlf.: 625 745 611 Imparto clases particulares de Matemáticas a domicilio en Ourense capital. Todos os niveis. Tamen materias curriculares de ESO e Bacharelato. As clases son individuais e personalizadas. Ampla experiencia. Excelentes resultados. Económico. Interesados enviar WhatsApp ao 610 38 25 89. Ofrécese xerocultora para axuda a domicilio en Xinzo. Tamén para limpeza de casas e negocios por horas e adaptados ao seu horario. Tel: 686 005 358. Fanse desbroces en tractor e a man. Tlf.: 63 521 448 Ófrecese señora seria e responsable para tarefas do fogar e coidado de nenos e maiores. Con informes. Preferencia zona Ponte. Tlf: 685 374 191. Busco traballo en desbroces con tractor ou condutor de camión e carretillas. Ampla experiencia. Tel: 637 282 405.

Busco mozo como asistente persoal con certificado de atención a persoas en situación de dependencia ou con auxiliar de enfermería. Boas condicións laboraia Tel.: 679 699 508. Ofrécese señora por horas para tarefas do fogar, coidado de nenos. Atende persoas maiores; tamén de noite en hospital ou domicilio. Telf.: 620 052 173. Coido ou acompaño a maiores enfermos polas noites. Económico. Tel.: 616 361 548.

VENDAS Vendo mesa escritorio. 15€. Tel: 666 303 635. Véndense dous lavacabezas de perruquería. Tel.: 672 089 349 Vendo cama hospitalaria articulada en bo estado, con colchón anti-escaras. Tlf.: 606 133 522 Vendo prensa de viño mediana/grande, ideal para decoración en xardíns. Tlf.: 606 133 522 Vendo cubas de viño grandes, ideais para decoración ou facer portas locais. Tlf.: 606 133 522 Véndese mampara nova. Tel: 672 089 349. Véndense traxes de cabaleiro moi antigos en bo estado, ideal para Entroido. Prezo 10€. Tel: 610 979 897. Compro moble de cociña completo. Tel: 988 247 824. Vendo escritorio. Como novo, bo prezo. Tel: 672 089 349. Vendo estufa de frío e calor. Tel: 672 089 349. Vendo caldeira de gasoil Tel: 672 089 349. Vendo hormigonera de 280 litros e maquinillo / grúa (a gasolina). Tel.: 988 23 47 91 Vendo maquina de coser industrial (dobre arrastre). Tel.: 630 587 527


Barrios 26 de xuĂąo 2020


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook