Entrevista a Diana e Emilio, enfermeiros do CHOU [Páx. 2-3]
CIDADE
Páx.6 XINZO
Unha modificación de crédito permitirá ao Concello dispor de 20 millóns para obras
Páx.8 ALLARIZ
Quendas, limitacións de aforo e de tempos, as normas de uso da piscina climatizada
Páx.10 CELANOVA
Allariz organiza un obradoiro para mulleres na segunda quincena de xuño
Páx.10 DEPORTES
A asociación Pato Blanco de Celanova doa 600 euros a Cruz Vermella
Páx.12
Ourense CF e Barco xogaranse o ascenso a Segunda B no estadio de Balaídos
Cara a nova normalidade [Páx. 4]
A provincia de Ourense encara a recta final da desescalada, no camiño cara a nova normalidade ocasionada pola COVID-19./ RAMSÉS.
Número: 126 - Ano: XIII - 12 de xuño de 2020 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190
2
Barrios 12 de xuño 2020
TEMA DA SEMANA
ENTREVISTA A DIANA NÓVOA E EMILIO ÁLVAREZ, ENFERMEIROS DO CHOU
Diana Nóvoa: "Chegabas a casa, estabas moi cansa, o corpo non daba máis, pero a mente estaba na túa planta" 4 Coñecemos a historia de Diana e Emilio, un matrimonio de enfermeiros ourensáns que loitaron contra a COVID-19. R. Torres Segundo os datos do Sergas, 11.440 persoas foron diagnosticas en Galicia de COVID-19 dende o inicio da emerxencia sanitaria. A día de hoxe, 10.356 delas xa están recuperadas, 465 son os casos activos e 619 perderon a vida por esta enfermidade. Dos activos, 31 corresponden á área sanitaria de Ourense. Galicia conta con 11 persoas hospitalizadas e ningunha en UCI. A nosa comunidade rexistrou 1 contaxio nas últimas 24 horas (12 na última semana). Agora que coñecen as cifras, comezamos a falar de nomes. E dámoslle dous: Diana e Emilio, claro exemplo dos profesionais sanitarios españois que axudaron a dobregar a famosa curva. Diana Nóvoa Araújo é unha enfermeira ourensá que viu como a planta de hospitalización de mediciña interna do CHUO na que traballaba habitualmente tivo que converterse, de súpeto, en planta COVID para facer fronte á pandemia que estamos a vivir. Emilio Álvarez Pita, tamén enfermeiro, foi un dos seus compañeiros nesta loita, quen ao tempo que o quirófano no que traba-
llaba paralizaba a súa actividade cotiá pasou a formar parte dos profesionais de reforzo na batalla contra o virus SARS-CoV-2 na área sanitaria de Ourense. As súas serían dúas historias tan destacables como as de todos os seus compañeiros, pero xuntos escriben unha moi particular. Diana e Emilio están casados e levaron durante estes meses os seus medos e fazañas por partida dobre a casa, onde os agardaba Vera, a súa filla de 4 anos. Máis dunha década de experiencia profesional ás súas costas non os prepararon para a situación tan tráxica que ían vivir desde que todo se precipitou na segunda semana de marzo. Con sinceridade, confesan que en xaneiro e febreiro apenas lles inquedaba o coronavirus que estaba afectando a China. Emilio cría que sería "coma outros virus que houbera en 2015 e en 2009, que apenas chegaran acá". Diana pensaba igual e lembra que China "xa superara máis epidemias sen transcender máis aló", polo que cría que "estaba alí e alí se quedaba", sentenza; ademais, o que se cría naquel momento é que "era coma unha gripe". Un pensamento que compartían moitos dos
Diana e Emilio contáronnos como viviron a pandemia en primeira fila./RAMSÉS
Falan da vantaxe que tivo Galicia ao ver que Madrid ía uns días por diante. “Serviu como reflexo á hora de actuar e, afortunadamente, non foi igual”, explican seus compañeiros e tamén a sociedade en xeral. Pero cando a COVID-19 chegou a Italia comezou a prestárselle máis atención e, sobre todo, cando milleiros de afeccionados do Valencia acudiron a Bérgamo para ver aos chés diante do Atalanta foi cando eles comezaron a temerse o peor. "Se se está
a propagar tan rápido e os afeccionados volven, algo pode pasar aquí", pensaba Emilio. Aínda así, aseguran que tampouco agardaban o que nos veu enriba. Todo se precipita Na semana na que se decreta o estado de alarma -o 14 de marzo- é cando todo se acelera a resposta con-
tra este novo virus respiratorio e hai un antes e un despois no protocolo hospitalario ourensán. "Pasamos de ter unhas cantas camas reservadas por posibles casos positivos, a constituír unha planta COVID", explica Diana. Emilio rememora como estaba en quirófano e habilitaron algún deles para
atender a este tipo de pacientes con medidas de protección e protocolos concretos. A partir de aí todo foi moi cambiante, o que lle deu unha grande complexidade, toda vez que non se coñecía "ante o que se tiña que loitar", di Diana. Tamén falan da vantaxe que tivo Galicia ao ver que Madrid ía uns días por diante na incidencia desta enfermidade. "Madrid serviu coma reflexo á hora de actuar, do que nos podía vir e que, afortunadamente, non foi igual". Emilio recorda o estudo de seroprevalenza, que na súa primeira onda en Ourense deu un resultado dun 2,8%, mentres que en Madrid os parámetros deron un 15%, "isto fala do virulento que foi en Madrid, tivo que ser horrible". Nos resultados da segunda onda que vimos de coñecer evidénciase de novo esta tendencia. Ourense conta cun 2,2% da súa poboación inmunizada, fronte ao 11,4% da madrileña. Mirando cara a capital española houbo un tempo en que non se sabía o virus chegaría un día coa mesma intensidade a Galicia. "Preparáronnos para o peor", confesan. O Sergas habilitou a URPA (Unida-
TEMA DA SEMANA
de de Recuperación Post Anestésica) como UCI Covid, así como outros quirófanos como posibles ucis en caso de ser necesarios, para recibir aos positivos máis graves, sumado a outras zonas do hospital ourensán que estaban preparadas para atender ao maior número posible de pacientes con esta enfermidade. Afortunadamente, polo momento, os peores prognósticos non se cumpliron. Cambio radical Para Diana e Emilio o seu día a día cambia radicalmente cando se decreta o estado de alarma que coincide, ademais, coa chegada dos primeiros positivos á planta na que traballa ela. Ata ese intre, como pasa en moitas outras familias, son os avós os que adoitaban coidar á pequena Vera. Son días de moita confusión fan que tomen unha difícil decisión para asegurar todo o que se poida a saúde de Vera e dos seus coidadores, persoas de risco. "Separámonos dela 10 días xa que non sabiamos como ía discorrer esta situación", revela Diana. Non querían nin contaxiar á nena nin que Vera fora un vector de contaxio. "Cando está todo o mundo loitando en primeira liña non te permites o luxo de conciliar, déixala con alguén e a traballar", afirman. Ademais, nese momento a Emilio trasládano ao servizo Covid móbil, que realizaba probas PCR daquelas personas que non se podían desprazar ao hospital. A exposición ao coronavirus na parella era real, polo que a determinación de separarse da pequena, aínda que traumá-
tica, foi de seguro a máis acertada. Preparación Con todo este panorama precísase dunha preparación psicolóxica moi forte que nin acá nin en China houbo. Ele optaron por afrontar a pandemia día a día, sen ir máis aló. "Ante o descoñecido non te podes preparar", di Diana. "Se vas con medo ao traballo as cousas non saen ben; respeto si, pero medo, non. Isto é algo moi contaxioso, invisible e que se comeza a coñecer. Cómo te preparas ante iso?", confesa Emilio. Cumprir os protocolos, adaptarse a eles e poñer os cinco sentidos na súa épica labor eran as pautas que seguían. Sobre
todo ante unha pandemia que afectaba en España aos sanitarios con especial virulencia. Ata agora máis de 50.000 sanitarios españoles foron contaxiados. Máis de medio cento deles faleceron. Os efectos físicos e mentais non se fan agardar durante os días máis axitados, e ó saír do turno nin a mente nin o corpo descansaban. "Chegabas a casa, estabas moi cansa, o corpo non daba máis, porén a mente estaba na túa planta. Falabas coas compañeiras por WhatsApp para ver que cousas se podían mellorar. A mente está ocupada niso e non pensabas noutra cousa. Incluso agora, que a situación está mellor non conseguimos desco-
Non quixeron contaxiar á súa filla, nin que fora un vector de contaxio. “Separámonos dela 10 días xa que non sabiamos como ía ser a situación”, confesan
Marcas do EPI na cara de Diana.
Barrios 12 de xuño 2020
3
nectar de aquí (sinalan o edificio novo do CHUO). Estás tan alerta que non desconectas. Persoalmente marca moitísimo a nivel positivo, e negativo tamén. Positivo por que te sintes orgullosa de formar parte e colaborar da mellor maneira posible. No negativo queda o medo á nova normalidade, a que siga habendo contaxios".", confesa ela. O natural é que algo así te marque para sempre, o sobrenatural é a profesionalidade e dedicación que, sen dubidalo, mostraron todos eles. Aplausos Ao tempo que a Diana e Emilio lles cambio a vida, ao resto da sociedade ourensá (evidentemente doutro xeito) tamén o fixo. Tocaba quedar na casa. Coma en cada recuncho de España, dende o primeiro día os balcóns da cidade enchéronse de veciños que co seu aplauso querían amosar o seu agradecemento á gran labor que estaban a realizar os sanitarios. Para estes dous enfermeiros os primeiros aplausos foron moi emotivos e entenden que co paso dos días incluso máis dun non saíra só polo recoñecemento ao seu traballo, "era unha situación complexa, estivemos moito tempo confinados e é lóxico que a xente saíra co paso do tempo ao balcón a socializar; era como a súa vía de escape". Pero inciden en que, agora que ás 20 horas xa non se ocupan os balcóns, a xente non debe esquecer tan rápido. Non se debe baixar a garda, xa que como din "ogallá nos equivoquemos, pero haberá que prepararse para unha segunda onda". Por
Emilio é un dos enfermeiros de quirófano do CHUO.
Diana e Emilio piden á cidadanía que actúe con responsabilidade. “O conseguido ata agora que non se bote pola borda, porque se fala como se isto xa pasara e non é así, o virus segue con nós e vaise quedar” iso, están á expectativa para cando abran o fluxo entre comunidades ou ante a chegada do outono porque será "moi pouco probable" que haxa unha vacina. O risco do medo a relaxarse Emilio descríbeo como cando aprendes a conducir. "Cando eres novato vas con tanto medo que vas moi atento e o golpe telo cando tes moita experiencia e te despistas. Nesto pode pasar o mesmo: ao principio estamos moi atentos, cumprimos as normas, pero se baixamos a garda podemos ter un rebrote". E deixan unha última reflexión a que, como din eles, é a que fan todos os seus compañeiros: "o conseguido ata agora que
non se bote pola borda, porque se fala como se o virus xa pasara e non se foi, segue con nós e vaise quedar. Moita cabeza, xa que non podemos permitirnos que o sistema sanitario se volva colapsar por apurar máis do preciso; todos queremos abrazarnos, bicarnos, pero con sentidiño para non botar por terra todo o acadado", insisten. Emilio reitera en que a xente "terá que estar moi concienciada en canto ao lavado de mans, uso de máscara e o distanciamento social. O confinamento é eficaz, pero ten que ser o último recurso". Diana, pola súa banda, lembra que os "sanitarios estamos moi cansos" e se se retrocede nisto "non sei se aguantaremos".
4
Barrios 12 de xuño 2020
CIDADE
Cáritas
4TRIBUNA ABERTA
Redacción Cáritas Diocesana de Ourense fixo balance da súa memoria de 2019 sen poder pasar por alto os datos rexistrados no que vai deste ano. A pandemia pola COVID-19 golpeu da tal maneira que o comedor social da entidade pasou das 272 atencións de media o ano pasado ás 660, coincidindo co pico de contaxios pola enfermidade; agora estabilizouse nuns 500 ao día. Ao comedor acudiron ourensáns que se viron afectados polos ERTE´s. Desde Cáritas advirten que están vendo unha cronificación da pobreza destacada pola diminución de ingresos, aumento do paro e unha fractura social que ataca aos máis pobres e que esta pandemia non fixo máis que incrementar as diferenzas. Ano pasado A directora, María Tabarés explicou que o ano pasado Cáritas atendeu a preto de 13.000 persoas en toda a provincia, sendo 5.200 as que acudiron por Cáritas parroquiais. En canto ao programa de acollida integral, foron atendidas máis de 1.100 veciños. O perfil dos que acoden son persoas de mediana idade, un 56% delas son mulleres. O gasto do ano pasado foi de case 2 millóns de euros, que se invertiron no propio comedor social e en programas de axuda a maiores, á muller, programas de inserción social ou formación e emprego. Os voluntarios chegan aos 383 sendo 118 os socios. En total traballan 56 persoas. Como dato a ter en conta, o 32% das persoas atendidas estaban traballando nese momento, e o 59% en situación de desemprego, inscritos no SEPE. Os gastos de vivenda e de alimentación representan máis do 65% dos ingresos, e no 42% dos fogares atendidos teñen menores ao seu cargo.
Neste verán, máis ca nunca!
Dúas persoas saúdanse co cóbado na praza Maior de Ourense. /RAMSÉS.
Máscaras e distancia social na nova normalidade 4 A Xunta de Galicia plantexa deixar sen efecto a fase 3 sete días antes do previsto. Redacción Ourense -xunto a Galicia- está en fase 3 da desescalada cara a nova normalidade, que permanecerá nas nosas vidas até que haxa unha vacina ou un tratamento eficaz contra a COVID-19. A pesar de que esta fase debería prolongarse ata o 21 de xuño, desde a Xunta de Galicia plantéxanse deixar atrás esta fase o luns 15 de xuño, toda vez que son as comunidades as que toman o control na citada fase. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, explicou que se baralla esa opción se se mantén a taxa de contaxios nas mesmas cifras que ata o de agora (0,4 por cada 100.000 habitantes), pero mantendo as medidas desde o punto de vista sanitario. Sexa este mesmo luns ou para o seguinte, o certo é que a nova normalidade traeranos unhas pautas de condutas
A nova normalidade permanecerá nas nosas vidas até que haxa unha vacina ou un tratamento eficaz contra a COVID-19
(sobre todo hixienicos-sanitarias) ás que deberemos acostumarnos, alo menos durante os vindeiros meses. Medidas De todas elas as máis destacadas son manter a distancia de seguridade dun metro e medio, o uso de máscaras cando non se poida gardar esa distancia social, e evitar as aglomeracións. As máscaras serán obrigatorias nos medios de transporte así como en vehículos de ata nove prazas se os ocupantes non conviven no mesmo domicilio. O Boletín Oficial do Estado (BOE) marca algunhas excepcións para persoas con enfermidades ou dificultades respiratorias, discapacidade ou dependencia. Tampouco é obrigatoria ao facer exercicio ao aire libre. Mobilidade En canto á mobilidade, a partir do 21 de xuño esta xa non estará restrinxida no estado español. O ente autonómico contempla poder adiantar a mobilidade con comunidades limítrofes. Nas últimas horas, desde o Principado de Asturias rexeitaron esta opción de adiantar a mobilidade con Galicia ata que remate o estado de alarma. O rebrote no País
Vasco fixo ser cautos e agardar sete días máis. En canto a Portugal, Ourense só ten un paso (dos 20) aberto co país veciño. Verín - Chaves é a única maneira que se pode pasar de Ourense a Portugal ata o 1 de xullo. Ocio nocturno Nun primeiro momento a Xunta deixaba para o 1 de xullo a apertura de locais nocturnos. Porén, unha reunión entre Vicepresidencia e representantes do ocio nocturno da comunidade fixo posible que esta data se adiantara para as zonas exteriores dos locais, mantendo o día primeiro do vindeiro mes para a apertura das zonas interiores. Esta apertura será coas mesmas condicións que unha cafetería (uso de máscara e distancia de seguridade). Lavado de mans Pero de todas estas medidas a máis importante e da que non podemos esquecernos é o lavado de mans frecuente con auga e xabón. E tamén debemos evitar levar as mans á cara (boca, nariz e ollos). Esta depende de cada un de nós levala a cabo ou non; a saúde está en xogo.
Estamos a vivir unha situación nova, na que non queremos deixar de apoiar a nenos e nenas, adolescentes e mocidade nesta crise. Despois de meses de encerro nos que faltaron estímulos, relacións, estrutura... crémonos na obriga de, neste verán máis ca nunca, ofertar actividades de tempo libre educativo para: retomar as relacións e os procesos persoais e colectivos da infancia e da xuventude; non estigmatizar a poboación máis vulnerable; avaliar os impactos desta crise na infancia e tentar paliar os danos sufridos, de calquera tipo; educar para a saúde a través do xogo, formándonos na adquisición de hábitos de hixiene; cumprir co dereito fundamental ao lecer contemplado na Convención dos dereitos do neno e da nena. Por todo isto, imos acentuar as medidas de protección da saúde e hixiene dos participantes nas actividades de verán, respectando e cumprindo, no dia a día, as condicións e obrigacións hixiénico-sanitarias vixentes: primaremos a asunción de novas rutinas de seguridade (suficientes, realistas, axustadas) e crearemos protocolos axeitados ás circunstancias, con pautas claras e sinxelas para todos e todas. Somos un grande equipo de profesionais e voluntariado que opta polo tempo libre educativo. Coma sempre e neste verán máis ca nunca,
ímonos reinventar, como vimos facendo desde hai décadas, con fórmulas creativas, adaptadas, pragmáticas, con sentidiño común e sanitario. Será unha planificación estruturada, realizable, con actividades e procedementos que contemplen diversos escenarios; unha planificación que tentará compensar os efectos do confinamento coa presenza das persoas adultas de referencia, ao aire libre, promocionando a responsabilidade persoal, a intelixencia emocional, a relación entre iguais en pequenos grupos, a actividade física e a educación na saúde. Defendemos as actividades de tempo libre educativas, por seren experiencias inesquecibles, porque con elas os participantes o pasan en grande, fan novas amizades, divírtense, melloran as súas habilidades sociais na relación cos outros. Pretendemos axudar, neste verán máis ca nunca, a moitísimas familias na conciliación da vida persoal, familiar e laboral, proporcionándolles a tranquilidade de saber que os seus fillos e fillas se encontran en boas mans, participando nos proxectos de tempo libre educativo de verán ao carón dos animadores e animadoras da Federación de Centros Xuvenís don Bosco de Galicia. Vémonos nas rúas e parques da túa cidade, NESTE VERÁN MÁIS CA NUNCA! Xulio César Iglesias Blanco
EN BREVE 4 Modificación
4 Dispensadores
O Concello aprobou, en xunta de goberno local, dúas modificacións de crédito de 29,6 millóns de euros para pagar facturas e reposición de fondos, e para as axudas aos autónomos. Ambas modificacións serán levadas ao pleno do día 18 de xuño.
A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ourense, coa colaboración da empresa concesionaria Ecourense, instala equipos dispensadores de xel antivírico nos parques máis concorridos da cidade que contarán cun sistema de manipulación por pé.
ECONOMÍA
Barrios 12 de xuño 2020
de excepcional. Para afianzar este selo de calidade entre os consumidores, vense desenvolvendo unha intensa actividade de promoción. O pasado ano, Galega 100% estivo presente en diversos eventos relacionados coa gastronomía ou co deporte, caso do Forum Gastronómico da Coruña, a feira Xantar de Ourense ou Expordes. Así mesmo, fíxose promoción do seu consumo nas carreiras pedestres de Santiago, Porto do Son e Frades e en varios partidos de baloncesto na cidade das Burgas. Como parte desta actividade, repartíronse máis de 60.000 unidades de bri-
5
ks de leite amparado coa marca de calidade Galega 100%, xunto con folletos nos que se facilita ao consumidor información sobre como identificar este leite nos diferentes puntos de venta e coñecer as garantías e o significado da marca.
En menos dun ano, Galega 100% consolidouse como a referencia indiscutible do leite de calidade producido e envasado en Galicia
Galega 100% ofrece un produto da máxima calidade.
Consolídase no mercado o selo lácteo “Galega 100%” 4 Este selo, impulsado pola Xunta, avala e identifica o leite galego de calidade diferenciada. Redacción A Xunta impulsou Galega 100% o selo lácteo consolidado no mercado, que avala e identifica o leite galego de calidade diferenciada. Ademais, nútrese do leite producido nas ganderías incorporadas ao Rexistro galego de
explotacións de calidade diferenciada. Este selo saía ao mercado o 7 de febreiro de 2011 como a única identificación que avala o leite galego de calidade diferenciada. Deste xeito, Galega 100% ofrece un produto da máxima calidade, suxeito aos controis dos ser-
vizos veterinarios oficiais da Xunta de Galicia, e garantido pola certificación de calidade do Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (LIGAL). A posta en marcha desta marca respondeu á aposta da Xunta pola valorización do leite galego, unha vella demanda do sector. En menos dun ano, Galega 100% consolidouse como a referencia indiscutible do leite de calidade producido e envasado en Galicia. Arrancou con catro marcas comerciais (Leyma, Feiraco, Larsa e Deleite) ao que se foron sumando moitas outras, ao longo deste tempo. Sector estratéxico Galicia é unha das primeiras rexións europeas produtoras de leite polo que é un claro sector estratéxico para Galicia. Prodúcese case o 40%
Liña de supermercado con venda de leite galega.
do leite de España e localízase máis da metade do total nacional de explotacións lácteas. O pulo deste sector ponse de manifesto tamén porque os máis de 7.000 gandeiros galegos facturan anualmente uns 800 millóns de euros e a produción de leite no 2019 chegou preto dos 2,8 millóns de toneladas, consolidando a Galicia como líder indiscutible no ámbito nacional. Deste xeito, o selo Galega 100% ofrece un produto da máxima calidade, que permite ao consumidor unha identificación fácil e sinxela, o que contribúe a poñer en valor este produto nos mercados. O consumidor que escolla un produto no que aparece este distintivo, ten a seguridade de estar consumindo un produto de Galicia, e dunha calida-
Galicia é unha das primeiras rexións europeas produtoras de leite: máis de 7.000 gandeiros galegos facturan anualmente uns 800 millóns de euros
En tendas de barrio tamén apostan polo produto galego.
4 Galicia Calidade O selo de Galicia Calidade englobará, identificará e potenciará os produtos galegos con denominación de orixe, indicación xeográfica protexida ou que cumpran requisitos de excelencia en produción ou transformación. Galicia Calidade amparará tamén os produtos derivados das razas gandeiras autóctonas galegas, dándolle así un valor engadido a estas producións, así como o selo Galega 100%, que recoñece e distingue o leite de calidade diferenciada producido nas explotacións leiteiras da nosa comunidade e o selo pescadeRías. O obxectivo marcado para este ano 2020 é dar a coñecer este novo impulso, mediante un plan de acción estratéxico
dirixido a prescriptores nacionais e internacionais, cun calendario que se estrutura en tres chanzos -galego, nacional e internacional. Esta planificación culminará co “I Congreso Internacional de Galicia Calidade”, que permitirá aos expertos coñecer empresas galegas representativas do rural e afondar no concepto da Dieta Atlántica, que será a punta de lanza para transmitir e poñer en valor o carácter saudable da produción galega. Ademais, cómpre resaltar que Galicia Calidade vai ser unha aposta transversal que se enmarca na Galicia Verde, a Galicia Innovadora (formación e investigación), a Galicia Moza e a Galicia Familiar.
6
Barrios 12 de xuño 2020
EN BREVE 4 Expourense O 14º Simposio sobre Enerxías Renovables e Arquitectura sustentable celebrarase en Expourense o xoves 18 de xuño. Dirixido a profesionais da edificación, porá en valor o papel que xoga a arquitectura na construción de edificios sustentables, eficientes coa tendencia ao “consumo case cero” presentando as tendencias en solucións arquitectónicas e instalacións de climatización con enerxías renovables.
4 La Molinera
O centro municipal La Molinera reanuda as súas actividades formativas, con seis obradoiros até finais de xullo, mais continúa pechado ao público en xeral.
4 +Rural
Desde o Concello explicaron aos representantes da Agrupación Miño as actuacións e investimentos que se van realizar nas súas parroquias no marco do Plan +RURAL. Serán 51 actuacións cun investimento de máis de 3,7 millóns de euros.
4 Reciclaxe
En 2019, a recollida de envases en Ourense experimentou un incremento de máis de 120 toneladas con respecto ao ano anteriror. A cifra total superou as 2.500 toneladas de residuos.
CIDADE
Unha modificación de crédito permitirá ao Concello dispor de 20 millóns para obras 4 37 actuación inclúense na primeira fase. Redacción O Concello de Ourense pretende acadar unha modificación de crédito para dispor de 20 millóns de euros para o plan de obras que será votada no pleno do 18 de xuño. Nesta primeira fase serán 37 as intevencións que contarán con 17 millóns para executalas. Ao marxe destas obras, atópase en trámite o expediente para a licitación pública do contrato de mantemento e conservación das vías públicas, que terá unha duración de dous anos (do 1 de setembro de 2020 ao 31 de agosto de 2022) e un montante de 2.664.000 millóns. A maiores executarase o asfaltado en rúas da cidade como é o caso de Pardo de Cela, ademais de licitarse a reforma íntegra da rúa Remedios. Outras licitacións que están próximas son os proxectos de obras que inclúen a reforma integral e humanización, con reposición de servizos, das rúas Ángel Barja, Paseo Mestre Vide e Eduardo Blanco Amor, no barrio das Lagoas, así como a
reforma integral e humanización da avenida de Portugal e rúas de Doutor Fleming, Doutor Marañón e Bonhome, entre outras. Actuacións inmediatas Obras que contaban xa con adxudicación ao remate do exercicio anterior poranse en marcha inmediatamente, como son as do acondicionamento e melloras das rúas da Canle, xunto ao Auditorio Municipal, e da Rabaza, así como o acceso desde a OU-506 ao cemiterio de Velle. En proceso Actualmente, atópanse en proceso de redacción os proxectos técnicos do conxunto das obras que conforman o Plan de Mo-
bilidade Vertical que o Concello prevé comezar a executar a partir de 2021. Este plan contempla a instalación de elementos mecánicos (escaleiras, ramplas e elevadores) en distintas zona da cidade. Obras en pasarelas peonís e a renovación da iluminación de toda a cidade son outras das medidas que pretende levar a cabo o goberno municipal.
O Concello quere comezar a instalar elementos mecánicos en 2021
A rúa Nosa Señora da Saínza sufrirá unha rehabilitación do seu firme ata a intersección con Ramón Puga.
Chega a tarxeta Xente Nova 4 Para viaxar de balde en transporte público os menores de 21 anos. Redacción A tarxeta Xente Nova comezou a emitirse en toda a provincia de Ourense, onde os menores de 21 anos poderán empregala a partir do luns, 15 de xuño. Permitiralles realizar viaxes de balde no transporte público dependente da Xunta. 24 oficinas de Abanca de 19 concellos da provincia emiten as tarxetas que se solicitan con cita previa. O comezo desta medida estaba previsto para de marzo, pero tivo que adiarse pola declaración do estado de alarma e a emerxencia sanitaria da COVID-19. Reactívase agora que a situación epidemiolóxica o permite. Os menores de idade deberán ir acompañados, ao solicitala, dun dos seus proxenitores. As tarxetas non precisan ter unha conta asociada, xa que funcionan a modo de tarxeta monedeiro. Deben ter un saldo inicial para empezar a viaxar e, posteriormente, irá reembolsándose cada 15 días o importe das viaxes realizadas, ata un máximo de
A conselleira de Mobilidade falando sobre a Tarxeta Xente Nova. 60 viaxes mensuais. Para facilitar o pago seguro e evitar contaxios, os maiores de 21 anos da provincia de Ourense poderán empregar a Tarxeta de Transporte TMG. Tamén poden solicitala nas oficinas habilitadas e comezar a empregala o 15 de xuño. Estímase que serán arredor de 5.200 mozos da provincia os que solicitarán a tarxeta Xente Nova. Certificado Os autobuses urbanos de Ourense contan coa certificación dos protocolos fronte á COVID-19 que emite AENOR. Este selo avala que a empresa aplica protocolos de seguridade para traballadores e usuarios.
SOCIEDADE
Barrios 12 de xuño 2020
7
Residencias de maiores como a de Edades, en Ourense, cumpren cos protocolos de seguridade.
Pautas para poder visitar aos nosos maiores nas residencias 4 Seguir os protocolos da Xunta é a base dunha visita segura. Redacción As visitas aos nosos maiores nas residencias de terceira idade están permitidas desde o pasado 25 de maio. Moitos familiares xa puideron visitalos despois de tanto tempo, pero moitos outros están agardando a súa oportunidade para poder facelo en vindeiras datas. A pesar de que a situación non é tan grave como fai unhas semanas, o certo é que é preciso seguir uns protocolos para poder acudir a estos edificios e non poñer en risco a ninguén. A pandemia provocada pola COVID-19 fixo que
nos confinaramos durante semanas e, a pesar de que a súa virulencia non é tan intensa, actualmente débese estar alerta para non provocar outro rebrote ben sexa na nosa comunidade en xeral ou nalgunha zona concreta en particular. Debemos lembrar que o virus non foi erradicado e precisamos ter presente que o mellor xeito de amosar o amor e cariño aos nosos seres queridos é protexelos actuando con responsabilidade. Logo de moitas semanas de implicación de toda a cidadanía e, sobre todo, grazas ao esforzo de todo o persoal de servizos so-
A hixiene de mans e levar máscara é fundamental para visitar aos nosos maiores nas residencias.
Felipe Iglesias, co “sorriso posto”, volveu ver á súa nai Trifina acatando todos os protocolos de seguridade instaurados en residencias. ciais e sanitario, o peor da pandemia foi superado, pero aínda así non podemos baixar a garda ante esta enfermidade. Que hai que facer para visitar unha residencia? Para elo, co obxectivo de garantir o benestar dos nosos maiores, cando visitamos un centro residencial debemos facelo respectando de xeito rigoroso o seguinte protocolo marcado pola Xunta: Cita previa: Para visitar unha residencia temos que chamar con anterioridade e pedir cita. Debemos ser comprensivos e ter en
conta que algúns centros residenciais necesitan algo máis de tempo para adaptarse. Un único visitante: Co fin de minimizar os riscos de contaxio, só está permitido un visitante por cada residente, unha vez á semana (aínda que nos centros máis pequenos poderían ser dúas) e no día e hora acordados coa residencia. Sen síntomas: Se temos algunha sospeita de que podemos estar contaxiados debemos ser prudentes e non acudir á visita. De todos os xeitos, na entrada do centro o persoal com-
probará que non presentamos síntomas. Máscara: É obrigatorio o uso de máscara en todo momento. Non poderemos quitala en ningún caso mentres nos atopemos dentro do recinto. Lavar as mans: A hixiene segue a ser fundamental á hora de evitar contaxios, así que debemos lavar as mans con frecuencia. Permítense os paseos:
Se é posible, son recomendables os paseos por zonas amplas ao aire libre e espazos verdes que sexan do propio centro, sempre coa máscara e respectando o distanciamento. Se non, encontros en espazos interiores amplos. Visita a persoas que estean na cama: Só se poden facer visitas no cuarto do residente no caso de que este estea encamado. Indicacións da residencia: En todo caso haberá que seguir estritamente as indicacións e protocolos establecidos pola propia residencia, que se adaptarán a cada centro en función das súas características. Actuemos con responsabilidade por respecto a aqueles que son máis vulnerables ante o virus. Actuemos con responsabilidade para protexer aos nosos maiores e tamén aos profesionais das residencias. Entre todos daremos superado esta situación.
Para visitar aos nosos maiores é preciso cita previa, acudir só unha persoa, levar máscara, hixiene de mans e non presentar síntomas
8
Barrios 12 de xuño 2020
XINZO
EN BREVE
Protocolos na climatizada
4 Limisi Unanimidade entre todos os grupos políticos do Concello de Xinzo entorno á reapertura inmediata do centro ocupacional da asociación Limisi. Ademais, pediranlle a outros 16 concellos que se sumen a esta demanda: “non é comprensible que abran os centros privados e non os sen ánimo de lucro”, afirmaba a alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama. Nun primeiro momento, a Xunta de Galicia anunciou a apertura deste tipo de centros (xunto a escolas infantís e centros de día) ao entrar na fase 2 da desescalada, e posteriormente fixou como nova data a do 1 de setembro. Desde a propia asociación ven esta situación con preocupación.
4 Festas A COVID-19 está a facer estragos nas festas galegas. En Xinzo, despois de susupender as súas festas patronais as últimas en caerse do calendario de celebracións son a Romaría da Saínza e a Festa do Esquecemento. Desde ámbalas dúas organizacións explican que ante a crise sanitaria non ven posible manter uns protocolos mínimos de seguridade nunhas celebracións tan multitudinarias.
Torres medievais Redacción A Xunta de Galicia licita a restauración das torres medievais de Sandiás e Porqueira por máis de
4 Establécense quendas, limitacións de aforo e de tempos de uso. Redacción Gómez, Díaz e Lama visitando as obras.
Melloras nos accesos a Pidre, Boado e Piñeira Seca 4 Actuouse en 3,5 quilómetros de vías rurais. Redacción A alcaldesa de Xinzo de Limia, Elvira Lama, e os concelleiros de Medio Rural, Amador Díaz, e Obras, Ramón Gómez, comprobaron como quedaron as obras, unha vez rematadas de acesos aos pobos empezando por Pidre, Boado e Piñeira Seca. Estas son as primeiras actuacións do plan de mellora que contempla o acondicionamento dos accesos a todos os pobos do municipio (20 parroquias e 32 núcleos de poboación). Así, os preto de 350
150.000 euros. Concretamente, actuarase na Torre do Castro, no concello de Sandiás, e na de Fírbeda ou da Forxa, en Porqueira. Trátase de dous elementos declarados Ben de Interese Cultural (BIC) coa categoría de monumento que forman parte da rede
veciños dos pobos de Boado, Pidre e Piñeira Seca xa gozan dos renovados accesos viarios a cada un destes núcleos desde a estrada que une Xinzo con Sarreaus, unha actuación decidida polo Concello de Xinzo e financiada con cargo a unha subvención de 45.700 euros da Deputación de Ourense.
a carga de descarga de patacas nos almacéns da zona. En total, foron preto de 3,5 os quilómetros de vías rurais renovados cunha actuación que consistiu na reparación das fochancas da estrada e a mellora da capa de rodadura.
Traballos Os traballos de mellora e acondicionamento tamén incluíron a pista que vai dende a OU-1105, Xinzo-Sarreaus, ata a N-525, moi utilizada tamén por vehículos agrícolas para
Os traballos incluíron a pista que vai dende a OU-1105, XinzoSarreaus, ata a N-525
defensiva da Limia xunto coa Torre da Pena, en Xinzo de Limia, e a Torre de Ceme, en Rairiz de Veiga. No caso da Torre do Castro as actuacións centraranse no estado actual da cuberta limpando, ademais, o interior e o terreo
colindante, entre outras. Na Torre de Fírbeda ou da Forxa instalarase un illamento térmico e cubrirase con nova tella de cerámica; tamén substituirase o pararraios existente e a instalarase un proxector con tecnoloxía LED.
A piscina climatizada e o ximnasio municipal de Xinzo de Limia abriron as súas portas despois de meses pechados como consecuencia da crise sanitaria provocada pola COVID-19. Baixo uns estritos protocolos de seguridade e hixiene volven estar disponibles para todos os veciños. Así, establécense quendas, limitacións de aforo e de tempos de uso para garantir a seguridade tanto de usuarios como de traballadores. Previo á súa apertura, leváronse a cabo todos os traballos de adaptación a nova normalidade para o cumprimento estrito das normas do Ministerio de Sanidade coa fin de garantir a seguridade e hixiene, tanto de usuarios como de traballadores. Cambios Na piscina non estarán nunca máis de sete persoas (antes podían nadar
a un mesmo tempo ata 21), que poderán permanecer nela un máximo de 45 minutos, sempre con cita previa. No ximnasio o aforo máximo queda limitado a seis persoas, sendo tamén obrigatorio solicitar cita (no teléfono 988 550 507 ou na propia instalación). O uso das instalacións é por quendas, con intervalos de 15 minutos entre cada unha, para evitar a coincidencia dos usuarios que entren e saian e poder desinfectar (piscina, ximnasio e vestiarios). Ademais, contarán con zonas de entrada e saída e zonas de paso que aseguren a distancia mínima. Algunhas taquillas e bancos estarán precintados e o uso da ducha está prohibido. Antes de acceder ao recinto farase un control de temperatura e haberá hidroxeles desinfectantes a disposición dos usuarios. Tamén será obrigatorio o uso de máscara naqueles casos nos que non sexa posible manter a distancia de 2 metros.
Penabad e Lama na piscina climatizada.
SANIDADE
Barrios 12 de xuño 2020
9
10
Barrios 12 de xuño 2020
EN BREVE 4 Allariz San
O Concello de Allariz crea o selo “Allariz San” para o comercio e a hostalería local. Este distintivo diferenciará aos comercios, bares, restaurantes, hoteis e establecementos que cumpran os requisitos de hixiene e limpeza para a prevención e control da COVID-19. A solicitude do recoñecemento está dispoñible no correo electrónico comercio@allariz.gal ou fisicamente nas oficinas de Promoción Económica na rúa do portelo número 4, concertando cita previa no 988 442 210.
4 Padre Feijoo
A Xunta acometerá obras de rehabilitación enerxética no CEIP Padre Feijoo de Allariz, por un importe total de 478.390,44 euros. Entre as actuacións está a colocación de illamento de fachada polo exterior, mudar as actuais fiestras por unhas novas de carpintería de aluminio e a substitución das persianas por outras con illante térmico interior.
4 Retablo
Adxudicouse, por parte da Xunta, a restauración do retablo maior da igrexa de San Salvador de Mourisco, en Paderne de Allariz. Farase unha restauración integral. A obra trátase dun retablo de estilo barroco datado do século XVIII.
4 Turismo
A oficina de Turismo -sita na Alameda- abre esta fin de semana e o fai con todas as medidas de seguridade. Contará cun 50% do aforo a visitantes.
ALLARIZ / CELANOVA
Allariz organiza un obradoiro para mulleres 4 Terá lugar na segunda quincena de xuño. Redacción A Área de Benestar Social do Concello de Allariz organiza un obradoiro para mulleres que terá por título: pequenas doses e coñecementos para unha mesma e para a comunidade! Os días nos que se realizará esta actividade, se a situación sanitaria o permite, serán o 16, 18, 23 e 25 de xuño. Este obradoiro será o comezo dunha serie de intervencións curtas, con grupos pequenos, que teñen como finalidade seguir traballando pola convivencia, e previndo e atendendo as violencias. Nesta ocasión esta actividade é para mulleres, e ten como finalidade aportar coñecementos e fe-
Unanimidade Redacción A alcaldesa de Allariz, Cristina Cid, e as voceiras dos grupos da oposición, Luz Doporto polo Partido Popular e Zaida Rodríguez polo PSG-PSOE, compareceron nunha rolda de prensa conxunta por primeira vez na historia do Concello de Allariz. Nesta comparecencia mostraron a súa unanimidade de cara á reactivación económica a causa da emerxencia sanitaria. Cristina Cid, despois de manter varias reunións cos representantes dos
O Concello de Allariz organiza unha xornadas para a igualdade. rramentas que acompañen a situación que estamos a vivir, aportando un apoio para as situacións vividas e derivadas da COVID-19. O obradoiro ten unha duración de catro sesións, de dúas horas cada sesión, e terá unha serie de contidos relacionados coa posibilidade de entender a muller que somos agora, e poder así entender tamén aos ou-
tros/as. Esta formación estará impartida pola Técnica Municipal, Ana Cardoso, e contará coa presenza de Beatriz Pérez Fernández e Berta Vega Villaamil, que complementarán a parte dos contidos, cun traballo sobre as actitudes nas relacións e as ferramentas persoais para os momentos de crise.
feirantes que se instalan na feira sobre a decisión sobre o cambio das mesmas, comunicou que non se puido chegar a ningún tipo de acordo cos mesmos. Tanto o goberno municipal como a oposición seguirán apostando pola celebración das feiras os sábados. Por outra banda, a rexedora comentaba que calquera dos eventos, dinámicas ou accións que se programen deben estar suxeitas a uns protocolos sanitarios, polo que “a feira de Allariz debe reordenarse e reorganizarse”. Luz Doporto (PP) coincidíu co goberno municipal en que é unha reorganiza-
ción de futuro, pensada para saír da zona de confort que faga que Allariz estea preparada para esa nova normalidade. A popular apelou de novo a que os feirantes dialoguen para chegar a un acordo. A nova normalidade que nos tocou vivir obríganos a mudar a forma de relacionarnos socialmente, e dende o grupo socialista a través da súa voceira Zaida Rodríguez, reitera que debemos mudar para garantir a saúde de todos e de todas e por outro lado seguir reforzando que o turismo sexa seguro para todas as persoas.
Pato Blanco Redacción A asociación Pato Blanco de Celanova doa 600 euros ao Plan Cruz Vermella Responde fronte á COVID-19. A contía foi destinada para a adquisición de alimentos e produtos de hixiene para persoas e familias atendidas por Cruz Vermella. No marco do estado de alarma nacional, a organización humanitaria lanzou o Plan Cruz Vermella RESPONDE para dar resposta ás necesidades de persoas en situación de vulnerabilidade así como de poboación xeral, en coordinación
con todas as administracións públicas. Desde o primeiro momento a principal demanda das persoas coas que traballa a organización foi a axuda para a adquisición de alimentos. Nos últimos dous meses Cruz Vermella realizou máis de 4.400 entregas de bens de primeira necesidade na nosa provincia contando coa colaboración de empresas e doantes particulares, persoas socias e doantes puntuais. Francisco Soto, vicepresidente provincial de Cruz Vermella en Terra de Celanova, recibiu á directiva da Asociación para agradecer persoalmente esta colaboración.
Directivos de Pato Blanco facendo entrega da doazón a membros de Cruz Vermella.
Pleno Redacción O BNG de Celanova pide que no próximo pleno se habilite o escano cidadán para que os membros da corporación e a veciñanza en xeral poidan escoitar ás familias de residentes na residencia de maiores San Carlos e coñecer de primeira man cales son as súas queixas e demandas. Ademais, reclaman que, catro meses despois do último pleno, regre-
sen as sesións plenarias ao consistorio celanovés, toda vez que “xa se dan as circunstancias para que o pleno poida celebrarse de maneira presencial e aberto ao público”. Mobilidade O BNG considera que un debate urxente é o que ten que ver coas medidas de mobilidade na vila. E propón consensuar coa veciñanza unha peonalización que necesariamente se ten que levar adiante en base a criterios de saúde pública.
ECONOMÍA
Barrios 12 de xuño 2020
11
Galicia Calidade amparará tamén os produtos derivados das razas gandeiras autóctonas galegas.
Galicia Calidade potencia a competitividade do sector agrogandeiro da nosa comunidade
4 Identificará e potenciará os produtos galegos con denominación de orixe, indicación xeográfica protexida ou cumpran requisitos de excelencia en produción ou transformación. Redacción Galicia Calidade será o selo que englobará, identificará e potenciará os produtos galegos con denominación de orixe, indicación xeográfica protexida ou que cumpran requisitos de excelencia en produción ou transformación. Ademais amparará tamén os produtos derivados das razas gandeiras autóctonas galegas, dándolle así un valor engadido a estas producións. Con esto, a industria agroalimenta-
ria galega reforzará a súa presenza na marca Galicia Calidade co obxectivo de que a súa produción gañe en competitividade nos mercados. Así o decidiu a Xunta no Consello do Goberno galego de carácter monográfico sobre o rural que se celebrou no mes de febreiro no Pazo de Quián, en Sergude (Boqueixón). Así, este será un selo que englobará, identificará e potenciará os produtos galegos con denominación de orixe, indicación xeográfica pro-
O impulso a Galicia Calidade farase en base a dous piares: a axuda financieria a todos os produtores e un plan de acción estratéxico dirixido a prescriptores nacionais e internacionais para dar a coñecer os produtos galegos
texida ou que cumpran requisitos de excelencia en produción ou transformación. Galicia Calidade amparará tamén os produtos derivados das razas gandeiras autóctonas galegas, dándolle así un valor engadido a estas producións, así como o selo Galega 100%, que recoñece e distingue o leite de calidade diferenciada producido nas explotacións leiteiras da nosa comunidade. O impulso a Galicia Calidade como identidade da excelencia no rural galego farase con base en dous piares, o financiamento e a estratexia. O primeiro promocionará o posicionamento e a axuda a todos os produtores, produtos e transformadores da nosa produción agroalimentaria. O segundo, a estratexia, centrara-
se en optimizar recursos, para unificar a acción de todos os actores implicados e para levar a marca ao primeiro nivel mundial de calidade. A gran aposta de Galicia Calidade faise polo valor engadido, xa que non se busca cantidade a calquera baixo prezo, senón produción con calidade diferenciada.
que se estrutura en tres chanzos -galego, nacional e internacional-. Galicia Calidade vai ser, ademais, unha aposta transversal e de implica-
ción máxima da Xunta que se enmarca na Galicia Verde, a Galicia Innovadora (formación e investigación), a Galicia Moza e a Galicia Familiar.
Plan estratéxico O obxectivo durante este 2020 é dar a coñecer este novo impulso, mediante un plan de acción estratéxico dirixido a prescriptores nacionais e internacionais, cun calendario
Este selo é unha aposta transversal e de implicación máxima da Xunta
A Xunta de Galicia quere levar a marca ao primeiro nivel mundial con produtos agrogandeiros de calidade.
12
Barrios 12 de xuño 2020
DEPORTES
EN BREVE
O Sala Ourense segue confiando en Kike García
4 Paco Paz Desde o pasado luns, e coincidindo coa entrada de Galicia na fase 3 da desescalada da COVID-19, o Pazo dos Deportes Paco Paz abre as súas portas. E faino con todas as garantías hixiénico-sanitarias para a seguridade tanto de socios como de monitores. Ademais, existirá un control de acceso para verificar a temperatura de cada asistente, que recibirá por medio dos monitores e do persoal especializado.
4 Hoquei
Desde a Federación Galega de hoquei estase a traballar de cara á captación de patrocinios. Para elo pretenden programar accións de gran impacto en diversos ámbitos. Para elo, desde o ente deportivo contan coas instalacións de Mariñamansa onde queren realizar algún evento de renome. Sobre a mesa está a inauguración da reforma do campo coa celebración dun stage e partidos amigables da selección nacional absoluta. A data que se baralla é xuño de 2021. Algún outro evento está previsto que acolla esta pista de hoquei.
4 Balonmán
O porteiro do equipo absoluto do Pabellón Balonmán, Rubén González, farase cargo do equipo infantil feminino ao que dirixirá. González, desde fai anos defendendo a portaría do conxunto sénior, leva oito como adestrador da escola de Vistahermosa e un, dos porteiros e porteiras pavillonistas.
4 Na Primeira división o Futsi renuncia ao playoff. Redacción
O Ourense CF está ante a oportunidade de ascender á Segunda División B.
O ascenso a Segunda B pasa por Balaídos 4 Compos, Ourense CF, Arousa e Barco serán os que se xogarán subir. R.T. O ascenso de Terceira a Segunda División B pasa polo estadio de Balaídos. Así o determinou a Federación Galega de Fútbol toda vez que quedou suspendida a liga regular na xornada 28 a causa da pandemia provocada pola COVID-19. Ao non poder rematar o curso e non poder disputarse as típicas eliminatorias de cada ano, a decisión de disputar un playoff expres entre os catro primeiros equipos -antes de que se tivera que paralizar a competición- foi do agrado de todos. Esta mesma semana foi seleccionado o estadio do Real Club Celta de Vigo para albergar
esta mini competición que consagrará a un equipo nesta tempada atípica. Compostela, Ourense CF, Arousa e Barco son os catro conxuntos galegos que se diputarán unha praza en Segunda B para a tempada 2020-21. As semifinais disputaranse o 18 e 19 de xullo e a final será o día 25 do mesmo mes. Os enfrontamentos serán: Compostela - Barco; e Ourense CF - Arousa. Enfrontamentos Na primeira eliminatoria, a que enfronta a Compostela e Barco, xogarase o sábado 18, mentres que a segunda entre Ourense CF e Arousa será un día despois -19 de xullo-. Todo apunta a que os encontros darán comezo pasadas as
sete da tarde. Cabe ter en conta que en caso de empate ao final dos 90 minutos non haberá nin prórroga nin penaltis. O equipo mellor clasificado será o que pase á final (neste senso tanto Compos coma Ourense CF parten con vantaxe). A final contará coa mesma dinámica. Ourensáns Tanto capitalinos como barquenses afrontan esta eliminatoria con moita ilusión. Cando a liga parouse abruptamente os de Fran Justo marchaban na segunda posición a un punto do líder, Compos. Pola súa banda, os homes de Manolo Pérez eran cuartos empatados a puntos co Arousa.
O Barco enfrontarase ao Compos o sábado, 18 de xullo, e ao día seguinte o Ourense CF mídese ao Arousa
Cando estamos nuns momentos de calma tensa no deporte en xeral, o fútbol sala é o que máis movementos está a sufrir en Ourense. En canto ao Sala Ourense, o club vén de renovar ao seu adestrador, Kike García. Este será o quinto proxecto deportivo que inicia e o seu primeiro obxectivo será o de renovar na súa totalidade á plantilla. Unha plantilla que rematou na quinta posición neste curso o que lle da dereito, por primeira vez na súa historia, a disputar a Copa do Rei. Boas novas para un equipo que dará que falar na Segunda División B. Por outra banda, o club continúa co proxecto solidario "Tu ayuda es de 10" que lanzou a semana pasada. Nas redes sociais do club pódese completar a información desta iniciativa. Primeira Despois dos anuncios por parte do Ourense En-
vialia das incorporacións de Iria Saeta e María Arias, a noticia esta semana chegaba desde Madrid. Resulta que o Futsi renunciou a disputar o playoff polo título. Varios son os puntos nos que basa a decisión de apearse da loita polo título (o conxunto madrileño ocupaba a primeira praza cando suspendeuse a competición). As poucas posibilidades dunha preparación previa necesaria, engadindo ademais que o lugar de adestramentos está actualmente en obras; o inconvinte de que Madrid está nunha fase de desescalada -fronte á COVID-19menos avanzadas que outras comunidades, como por exemplo Galicia na que están Burela e Ourense Envialia que tamén disputarán o playoff, e que os partidos teñan lugar pasado xuño co problema dos seguros que isto conlevan, foron as excusas que esgrimiron desde o club para non disputar o plyoff polo título. Tampouco descartan accións legais ante o que consideran unha situación inxusta ao alterar o sistema de competición.
Kike García, á dereita, posando xunto ao directivo Sousa coa camiseta do Sala Ourense.
OCIO E CULTURA
Nace “Nós, a Xente do Redor”
4HUMOR
4 Sae á luz o seu primeiro número virtual. Redacción Cando se cumpren cen anos daquel nacemento da revista NOS, cando o prodixio xurdiu na cidade dos afiadores e das Burgas, a Atenas Galega, fai un seculo daquela loita, e despois tamén dunha pandemia, como resposta a dureza e a crise reinventándose. Un novo rexurdir (hoxe no 2020) das letras, sae desta pandemia tan rara, a cultura non pode quedar parada, senon morrerá o mellor da humanidade.
Máis de 20 autores colaboran neste número
Premio Carlos CasaresKristina Berg Redacción Por causa da crise do COVID-19 e do estado de alarma, a Deputación de Ourense e a Fundación “Carlos Casares” amplían ata o vindeiro 15 de outubro o prazo de presentación de candidaturas ao premio “Carlos Casares-Kristina Berg ao talento activo”. O obxectivo desta iniciativa é recoñecer o talento emerxente. O ámbito territorial da convocatoria é Galicia, podendo ser candidato calquera persoa natural ou residente na Comunidade Autónoma de Galicia, que teña demostrado o seu talento previamente nalgunha das áreas de coñecemento, ben cun traballo publicado ou inédito, ben coa realización dunha obra ou iniciativa orixinal, que estea rematada ou en marcha. O premio ten unha do-
tación económica de 10.000 euros, que servirán para cubrir calquera gasto que axude ao desenvolvemento da carreira da persoa premiada, que poderá investilos no desenvolvemento dun proxecto, ovo ou en marcha; en formación, sexan matrículas, estadías, material, etc.; tamén como axuda para a conciliación familiar. Requisitos As persoas que desexen concorrer a este premio deberán reunir os seguintes requisitos: ser natural da Comunidade Autónoma de Galicia ou ter residido nela durante a metade da súa formación académica, ou durante un mínimo de tres anos da súa carreira profesional; ter menos de 36 anos; non ter recibido o premio en convocatorias anteriores, e demostrar actividade relevante nalgunha das áreas de coñecemento detalladas na convocatoria.
Desta filosofía nace “Nos, a Xente do Redor”, o primeiro número virtual, xa se pode ollar, de balde e nas redes sociais. Tamén se pode solicitar impreso cun custe de 5 euros que se usarán para poder editar o segundo. Máis de 20 autores colaboran neste primeiro numero: pintores, escultores, poetas, fotógrafos, deseñadores,… Firmas como Miguel Ángel Martínez Coello, Paco Ascón, Marina Sánchez, Avelino Jácome Iglesias, Purificación Pasionaria Quintas, Marcos Pardo, Manuel Blanco Villar, Miguel Blanes, Pepa Alvarez Gómez, Tony Ferrer, Fina Cruz, Marila Abad, Antonio Martínez
Os IV 'Premios Youtubeir@s' repartirán 7.500 euros en premios 4 A inscrición estará aberta ata o vindeiro 23 de outubro. Redacción Os Premios Youtubeir@s, organizados polos servizos de normalización lingüística de dez concellos, das tres universidades e da Deputación da Coruña, lanzan a súa cuarta edición con cambios significativos nas súas bases e un incremento da súa dotación económica, que pasa dos 6.500 a 7.500 euros para repartir nas doce categorías do certame neste ano. O concurso estará aberto a todas as persoas maiores de 14 anos con canles e/ou vídeos en galego, auto producidos, subidos a Youtube e que estean publicados con data posterior ao 27 de setem-
bro de 2019. No caso de presentar unha canle, esta debe conter polo menos 5 vídeos, maioritariamente en galego. Deste xeito, os Premios Youtubeir@s buscan o obxectivo de animar a creación de vídeos con temáticas e formatos diversos, dende vídeos de deportes, viaxes ou videoxogos até vídeo blogs políticos ou vídeo consellos de moda. Ao tempo, buscan darlles visibilidade tanto á pro-
Coello, Avelino Jácome Dobarro, Isabelly Victoria Carmo Valverde, Daniel Sutil Moreira, María Rosa González Méndez, José Ramón Fernández Morgade, Pablo Cid e Berta Dobarro. Dende cativos de oito anos, ata mozos dos 80 colaboran neste proxecto que pretende un novo rexurdir desa cultura do pobo, una estrella que escintile no ceo de Ourense, nace con vocación de quedarse.
Barrios 12 de xuño 2020
13
EN BREVE
4 Actividades en verán A Concellería de Cultura do Concello de Ourense deseñou unha programación de actividades de verán adaptada á nova situación sanitaria. O espazo no que se levarán a cabo é a explanada do Auditorio Municipal. A programación está pensada para os xoves e os venres do meses de xullo e agosto e a primeira quincena de setembro. O programa constará de teatro, circo e música para un público adulto como para un público familiar.
4 Enclave de Cámara
Portada da revista “Nós, a xente do redor”.
dución en galego coma á comunidade creadora e “Expandir a Rede”, como versa o lema deste ano. Categorías O certame neste 2020 pasa de oito a 12 galardóns. Así, o concurso contará cos seguintes premios: canle, vídeo, youtubeir@, calidade lingüística, impacto, calidade técnica, comunicación, creatividade, musical, didáctico, pioneiro e premio do público. Os tres primeiros acompañaranse cunha dotación económica de 1.000 euros, mentres que os nove restantes chegarán aos 500 euros. O prazo de inscrición está aberto ata o 23 de outubro de 2020 ás 23.59 h. Cada participante debe inscribirse a través do formulario que figura na web www.youtubeiras.gal.
Imaxe da edición 2020 destes galardóns.
Xa hai datas para a oitava edición do ciclo de música Enclave de Cámara. Do 1 de outubro e ata o 3 de xuño de 2021 serán 10 os concertos que terán lugar, incluidos os dous que tiveron que aprazarse pola COVID-19.
4Escola Municipal de Idiomas A Escola Municipal de Idiomas amplía a oferta de horario para grupos de escolares e abre un novo prazo de preinscrición para o curso 2020-2021. O prazo de preinscrición ata o 30 de xuño, a través da web educacionourense.com. Os cursos teñen unha de duración coincidente co ano escolar.
4 Premio Nós de relatos O Concello de Ourense organiza un novo concurso literario. Trátase do Premio Nós de relatos 2020, e busca incentivar a creación e e publicación en galego no centenario da Revista Nós. Haberá un premio de 3.000 euros para o primeiro, 1.000 para o segundo, e 500 para o terceiro. Os traballos terán que ser orixinais e inéditos, cun mínimo de de 10 páxinas e un máximo de 50, escritos en letra Arial, corpo 12 e interliñado 1,5. O prazo de presentación rematará ás 14 horas do 4 de setembro.
14
Barrios 12 de xuño 2020
ARTIGOS
4DIARIO DUNHA EMIGRANTE
4DECRECENDO
Catarse: revalorización da vida rural Desde 2015, xa son mais de 190 países en todo o mundo comprometidos con tomar medidas destinadas a limitar o incremento da temperatura do planeta. Dinamarca non só comprometeuse a alcanzar as metas establecidias no Tratado de París, senón a excedelas, aspirando a converterse na primeira capital mundial Carbon-Neutral en 2025. Para conseguilo, estanse implementando grandes cambios nas áreas de consumo e produción de enerxía e mobilidad. Por suposto, é indispensable liderar dando exemplo. Para iso pon especial énfase en educar aos líderes do futuro na problemática do cambio climático e os retos que expón á poboación mundial contemporánea. O esforzo lexislativo, social e económico de pór todo este plan en marcha é inxente. A responsabilidade de que funcione recae en cada un dos cidadáns deste país, como consumidores e votantes conscientes. Desde que no 2014 Copenhagen foi nomeada Capital Verde Mundial, foron emerxendo iniciativas que promoven unha maior sostenbilidad, como as granxas urbanas e o terreo público cultivable. Hoxe en día xa son miles de urbanitas os que poden aprender e gozar da experiencia de cultivar as súas propios vexetais en lugares como østerGRO, onde calquera pode traballar como voluntario a cambio de comida gratis e poder levar a casa un puñado de vexetais da súa propia colleita. Como dicía Marie Hertz de SLOW Living, unha organización que promove garden-to table workshops para individuos e empresas, a xente está desexosa dunha catarse. A catarse: O campo na cidade Quizais o Covid fose o principio desta catarse. Por mor desta pandemia, o mundo viuse obrigado a frear. Pero non só é necesario un cambio de ritmo; tamén o é o reflexionar
sobre que estilo de vida levamos e que podemos e debemos cambiar para melloralo. As iniciativas propostas por organizacións que promulgaron a volta ao rural e demandado máis espazos cultivables en plena capital, están a afianzarse. Como resultado, aumentou a demanda de aluguer de espazos aptos para o cultivo. “Calquera cidadán ten acceso a este terreo. A solicitude ábrese cada 1 de marzo e, dependendo da zona, adoita haber unha lista de espera de 2 a 4 anos”, cóntanos Mathias, veciño da miña comunidade en Amager. “Cultivar os teus propios vexetais supón o reto de ter aprender cales son as características de cada planta”, conintúa Mathias, pero ofrece a posibilidade de ter un espazo verde no medio da cidade que tamén resulta perfecto para pasar tempo cos máis pequenos. Cando lle pregunto polos beneficios de traballar a túa propia parecela de terra, a súa resposta é rotunda: “ver e gozar do froito dos teus esforzos é unha gratificación instantánea, ademais de ser unha oportunidade magnífica de socializar con xente que senta paixón por este tipo de actividade”. Revalorización do mundo rural Segundo Nacións Unidas, o 50% da poboación mundial actual está condensada nas cidades. Mentres que as urbes sofren unha gran presión demográfica, empeoramento da calidade de vida e aumento da contaminación, as zonas rurais despoboanse e as opcións educativas, profesionais e culturais dos que quedan alí ven reducidas a mínimos insustentables. Chegou a hora do cambio? Por mor desta pandemia, Julien Marionnet, Emprendedor Creativo afincado en Madrid, pasou dunha atarefada vida de empresario con varios desprazamentos internacionais mensuais, a unha de confinamento e vida no campo. Cando lle pregunto se ve factible
unha transición a unha vida en maior contacto coa natureza e como compatibilizala co traballo de oficina, responde que “para as empresas e os postos de traballo compatible co teletraballo, creo que hai moito que gañar (motivación, benestar,...). Flexibilizando normativas e horarios, parece factible. Para os gobernos, creo que o importante é buscar o equilibrio e ter coidado de que os cidadáns urbanos non invadan as comunidades rurais coas súas posibles consecuencias negativas”. A volta ao rural, máis que unha moda, é unha necesidade. Ou unha moda necesaria. Con todo, este estilo de vida non é novo. Como di Julien, non inventamos nada. Ao contrario, estamos a aprender a perder malos hábitos. Conectar coa terra, coa natureza, coas túas mans, cun proxecto onde o tempo pasa doutra forma. Na antigüidade, o cultivo da terra foi fundamental no xurdimento e desenvolvemento das cidades. Quizais é hora de que as complexas sociedades modernas retomen este contacto coa terra da que tanto dependemos e da que tanto nos habemos alienado. Non é cuestión de retornar á caverna, senón de sacar o máximo das opcións que temos ao noso alcance. O rural e o urbano deben de atoparse a medio camiño para revalorizar o mellor que temos de ambos os mundos. Diso quizais dependa a nosa supervivencia neste belo planeta. Non deberiamos desaproveitar esta oportunidade. Raquel Sertaje
As oito “R” do Decrecemento “Optar polo decrecemento non é o mesmo que sufrir un decrecemento. O proxecto dunha sociedade do decrecemento é radicalmente diferente ao crecemento negativo, é dicir, ao que coñecemos na actualidade. O primeiro é comparable a unha cura de adelgazamento realizada voluntariamente para mellorar o noso benestar persoal cando o hiperconsumismo ameázanos coa obesidade. O segundo é o máis parecido a que nos poñan a réxime forzado ata o punto de matarnos de fame”. Así se explicaba un dos máis coñecidos defensores do decrecemento é o economista francés, Serge Latouche nunha entrevista en 2009 que pode traspoñerse ao momento actual sen apenas fisuras. Xa dixemos no artigo anterior que O decrecemento será coordinado, solidario, construtivo ou, pola contra, será bárbaro, cruel e cheo de pesares, así que agora, profundaremos noutro aspecto do decrecemento positivo, as súas “oito R”, a saber: Reavaliar, Reconceptualizar, Reestruturar, Relocalizar, Redistribuír, Reducir, Reutilizar e Reciclar REAVALIAR os principios que queremos na nova sociedade. Agora que a pandemia colócanos nunha encrucillada sobre o tipo de sociedade que queremos, é o momento de pensar como queremos construíla. Mantemos os vellos principios individualistas e egoístas ou poñemos na base novos principios máis solidarios e cooperativos? RECONCEPTUALIZAR,
Horta en Madrid.
é dicir, modificar o significado dos termos que usamos. Por exemplo, destacando que o desenvolvemento “per
se” non é algo positivo senón vai da man do equilibro, que o “progreso” pode atoparse noutras actuacións que non aumentan necesariamente o PIB dun país nin a súa renda “per cápita”. REESTRUTURAR as estruturas económicas para que poidan acoller unha alternativa máis solidaria, adaptalas cara á procura do beneficio humano xenuíno e non do beneficio económico do capital, evitando as lóxicas do sistema capitalista. RELOCALIZAR: fomentar o consumo de produtos fabricados, cultivados e manufacturados localmente, diminuíndo os custos de transporte e por tanto os danos ambientais. REDISTRIBUÍR a riqueza e un estilo de vida digno entre todos, así como poder acceder aos recursos naturais en condicións xustas. REDUCIR a nosa pegada ecolóxica e o noso abuso de recursos. Usar menos, consumir menos, viaxar menos, necesitar menos cousas ou servizos, e no caso de que sexa imprescindible o seu uso que sexan servizos ou cousas locais. Reutilizar os obxectos de maneira máis duradeira, loitar contra todo tipo de obsolescencia progra-
mada, planificar segundas e terceiras vidas aos obxectos. Sistemas para compartir os obxectos, fomentar non tanto a súa propiedade senón o seu goce. RECICLAR, quizá o termo máis coñecido, con todo, merece unha reflexión máis certeira. Comezan a xurdir tendencias que non apostan primeiramente pola reciclaxe como xestión de recuperación dos residuos, senón que prefiren o fomento dunha fase anterior: evitar a xeración dese residuo para que non teña que ser reciclado, a través de sistemas de economía circular ou de retorno ao momento de inicio. Con razón dise que na Natureza non existe o residuo, todo volve e aprovéitase. O concepto “residuo” é unha creación meramente humana. Óscar Blanco
O proxecto dunha sociedade do decrecemento é radicalmente diferente ao crecemento negativo, é dicir, ao que coñecemos na actualidade
ARTIGOS / CLASIFICADOS
Barrios 12 de xuño 2020
15
BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda, C. Domarco, Avelino Jácome. Yedra Seara Nº126 - Ano: XIII - 12 de xuño de 2020 - Difusión: 7.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.
4UN EMIGRANTE EN ALEMANIA
4ANUNCIOS CLASIFICADOS
A historia da emigración española está chea de mentiras Aínda lembro as historias dos anos de emigrantes en Alemania de moitos españois. De neno contábanme como, tras volver de pasar fame na posguerra, viron que, cun soldo de peón caminero, que pasaba máis tempo en paro que traballando, non podía dar para comer á súa incipiente prole. Algúns decidiron emigrar a Alemania e apuntáronse a ir traballar como Gastarbeiter a unhas bases militares americanas preto de Frankfurt do Meno. Alí realizaban todos os traballos que nin os soldados americanos, nin os soldados alemáns, querían realizar, derrotados na Segunda Guerra Mundial. Moitos españois despois de 40 anos trabando en Alemania só aprenderon a dicir Bier, Brot, Sauerkraut, Kartoffelnsalat, Wurst e, por unha anécdota que hoxe prefiro non contar, Spanische Scheisse. Esperaban impacientes na estación o tren que os levaría á cidade que deu nome ao perfume máis antigo do mundo. Entón tiñan dúas opcións: traballar como xardineiros en Hannover ou como mineiros en Colonia. Non o pensaron moito, eran novos e crían que traballar na mina non sería tan duro. Así comezaban a súa aventura como Gastarbeiter -”traballador invitado” en alemán- na mina de carbón de Zollverein, a máis grande e moderna do mundo e que, na actualidade, constitúe un exemplo representativo do desenvolvemento da industria siderúrxica en Europa. Moitos dos españois que chegaron aquí a finais dos 60 pensaban que os alemáns ataban os cans con longanizas. Crían que con traballar un ano gañarían suficiente para regresar a
España e comprar unha casa. Despois dese ano, dábanse conta de que non gañaran suficiente así que decidían quedar un ano máis. A maior barreira que se atopaban os Gastarbeiter ao chegar aquí era o idioma. Moitos vían a súa estancia en Alemania igual de temporal que o seu contrato. Ao fixar sempre unha data de volta, non se esforzaban en aprender alemán e, por tanto, non podían aspirar a un posto mellor. Hai pouco marchou un paisano noso, que estivera máis de 50 anos, e que nunca aprendeu o idioma alemán. «A historia da emigración española está chea de mentiras, maquillouse convenientemente e todos cremos esa versión, porque é máis duro enfrontarse á verdade e á historia». «O tren da memoria é unha homenaxe á dignidade dunhas persoas que sufriron moito e que espertaron os sindicatos e as reivindicacións laborais en situacións moi difíciles. Entón había máis solidariedade, porque unha gran maioría traballaba en fábricas, agora os emigrantes están máis dispersos e resúltalles máis difícil agruparse». “Estas barracas usábanse, antes de vir as expedicións de españois, como cuadrizas de cabalos. E entón trouxéronnos aos emigrantes aquí, e cando
aquelo acabouse, fíxose a Sociedade Protectora de Animais e isto tíñano como rehabilitación dos animais. A historia é así: animais, persoas, animais... O próximo non sabemos o que será!”. Aqueles que, seguindo a demagoxia irresponsable, acusan aos españois de non lembrar a súa propia historia como país de emigrantes agora que chega a inmigración, minten. Os españois lembramos moi ben estas historias familiares ou persoais de emigración. É por iso que entendemos que é un tema que debe tratarse con moita responsabilidade. A inmigración é unha riqueza para a sociedade de acollida e unha perda para a de partida. Con todo o tratado anteriormente, apréciase que esa intención de mellorar, de superarse e, en resumo, de obter benestar familiar ao emigrar, non foi do todo satisfeita pola maioría dos emigrantes en Alemania. De aí as súas intencións de retorno, de preferir estar en España coas familias e reinsertarse laboralmente nas súas localidades de orixe, a quedar en Alemania “sobrevivindo”, “traballando para comer e vivir” ou sen ter a opción de “aforrar”. José Mateos Mariscal
José Mateos Mariscal coa súa familia: a súa muller Coral e os seus fillos, Leandro e Yhasmina.
[Deixe o seu anuncio no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]
INMOBILIARIA Alugo baixo na zona do Couto totalmente acondicionado. Con luz, auga, 70 m2. Prezo 300 euros. Tel: 653 208 506 Alúgase perruquería. Tel. 672 08 93 49 Alúganse apartamentos en Montalvo (de Semana Santa a outubro) con unha ou dúas habitacións, cociña, salón, baño, barbacoa, aparcadoiro, xardín; fronte á praia. Tel: 607 271 916 Alugo sala para actividades culturais, con posibilidade de cociña, baño e outros sertvizos. Tel.: 988 247 113. Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunitaria Tel.: 650 64 15 19. Busco casa en alquiler na periferia de Ourense. Opción a compra ou dunha permuta dun piso situado na Valenzá. Tlf.: 600 826 029. Vendo casa pola estrada de Santiago, con finca. Para restaurar. Tel.: 672 089 349. Alugo oficina na rúa Progreso. Exterior. Prezo económico Tel.: 672 089 349. Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunitaria Tel.: 650 64 15 19. Vendo casa na zona de Rante (a 8 km de Ourense). 3 dormitorios, terreo, pozo de auga e garaxe. Prezo 49.800€. Tel: 606 422 543 Alugo casa de campo na provincia de Ourense con finca e pozo. En boas condicións. Tlf: 657 945 665 Alugo oficina económica de 15 metros cadrados, amoblada, con baños comunitarios por 100 € máis 7 de comunidade. C.E:C. Tel.: 627 203 131
Véndese o alúgase un piso na estrada de Vigo. Preto do Lidl. Amoblados. Bo prezo. Tel.: 988 234 342. Alugo almacén pequeno en soto de garaxes. Para almacén, adega, trasteiro ou garaxe de moto. Rúa Francisco de Moure. Tel. 636 32 95 24. Véndese apartamento de 2 habitacións, cociña americana, baño, trasteiro e garaxe. Recén reformado. A 5 min. de praia América. Bo prezo. Tel. 620 66 07 62.
TRABALLO Ofrécese auxiliar de enfermaría, con titulación, para o coidado de maiores. Como interna ou por horas. En Ourense ou arredores. Telf.: 663 043 561 Danse clases de francés a domicilio. Todos os niveis. Titulación en España e Francia. Tlf.: 625 745 611 Imparto clases particulares de Matemáticas a domicilio en Ourense capital. Todos os niveis. Tamen materias curriculares de ESO e Bacharelato. As clases son individuais e personalizadas. Ampla experiencia. Excelentes resultados. Económico. Interesados enviar WhatsApp ao 610 38 25 89. Ofrécese xerocultora para axuda a domicilio en Xinzo. Tamén para limpeza de casas e negocios por horas e adaptados ao seu horario. Tel: 686 005 358. Fanse desbroces en tractor e a man. Tlf.: 63 521 448 Ófrecese señora seria e responsable para tarefas do fogar e coidado de nenos e maiores. Con informes. Preferencia zona Ponte. Tlf: 685 374 191. Busco traballo en desbroces con tractor ou condutor de camión e carretillas. Ampla experiencia. Tel: 637 282 405.
Busco mozo como asistente persoal con certificado de atención a persoas en situación de dependencia ou con auxiliar de enfermería. Boas condicións laboraia Tel.: 679 699 508. Ofrécese señora por horas para tarefas do fogar, coidado de nenos. Atende persoas maiores; tamén de noite en hospital ou domicilio. Telf.: 620 052 173. Coido ou acompaño a maiores enfermos polas noites. Económico. Tel.: 616 361 548.
VENDAS Vendo mesa escritorio. 15€. Tel: 666 303 635. Véndense dous lavacabezas de perruquería. Tel.: 672 089 349 Vendo cama hospitalaria articulada en bo estado, con colchón anti-escaras. Tlf.: 606 133 522 Vendo prensa de viño mediana/grande, ideal para decoración en xardíns. Tlf.: 606 133 522 Vendo cubas de viño grandes, ideais para decoración ou facer portas locais. Tlf.: 606 133 522 Véndese mampara nova. Tel: 672 089 349. Véndense traxes de cabaleiro moi antigos en bo estado, ideal para Entroido. Prezo 10€. Tel: 610 979 897. Compro moble de cociña completo. Tel: 988 247 824. Vendo escritorio. Como novo, bo prezo. Tel: 672 089 349. Vendo estufa de frío e calor. Tel: 672 089 349. Vendo caldeira de gasoil Tel: 672 089 349. Vendo hormigonera de 280 litros e maquinillo / grúa (a gasolina). Tel.: 988 23 47 91 Vendo maquina de coser industrial (dobre arrastre). Tel.: 630 587 527
Barrios 12 de xuĂąo 2020