O 29 de febreiro e 1 de marzo, Campionato de España de atletismo de pista cuberta [Páx. 13]
TEMA
Páx.2
O Concello lanza o plan ‘+Rural’ no que participan os veciños do perímetro rural
CIDADE
Páx.3
Ourense e Montalegre (Portugal) estreitan lazos culturais e comerciais
VERÍN
Páx.10 VERÍN
Verín abre o prazo de inscrición para os expositores da Feira de Artesanía
Páx.10 DEPORTES
As Xornadas de Novela Histórica -27 e 28 de marzoresaltarán á muller
Páx.12
O Club Ourense Baloncesto suma oito derrotas en dez xornadas
Tempo de máscaras
Toda a provincia de Ourense celebra o Entroido. // Especial nas páxinas interiores con detalle das programacións de Ourense e Verín.
Número: 122 - Ano: XIII - 20 de febreiro de 2020 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190
[Páx. 4-9]
2
Barrios 20 de febreiro 2020
Parque de Rairo Redacción O tenente de alcalde e concelleiro de Medio Ambiente e Perímetro Rural, Jorge Pumar, visitou o parque rural de Rairo, que foi obxecto de obras de mellora e posta en valor por parte do Concello cun investimento de 16.000 euros. As obras consistiron na reforma e posta en valor dun parque municipal, moi utilizado na localidade de Rairo, de máis de 8.000 metros cadrados de superficie axardinada de recreo e uso sociocultural e deportivo por parte da veciñanza da zona, que se atopaba deteriorado, o que impedía a súa axeitada utilización. Actuacións As intervencións consistiron na reparación da fonte pública, que non funcionaba; na recuperación da senda peonil que a veciñanza utiliza como ruta biosaudable, e que se atopaba en mal estado (creouse un paseo con 1,20 metros de ancho de material compacto composto por xabre e cal para o seu correcto uso peonil); actuacións para evitar os anegamentos e humidades que se producían no parque cando chovía, incluíndo a limpeza da cuneta de evacuación de augas pluviais e a reposición daquelas partes desta que estaban deterioradas. Con estas obras, o Concello avanza na rehabilitación de espazos públicos nas localidades do perímetro rural da cidade.
TEMA DA SEMANA
Os veciños do perímetro rural deciden 4 O Concello de Ourense lanza o plan ‘+Rural’ que pretende sexa participativo. Redacción O Concello de Ourense lanza o plan “+Rural” co fin de responder ás demandas dos veciños do rural. O tenente alcalde do Concello de Ourense e responsable da área de Medio Ambiente e Perímetro, Jorge Pumar, reuniuse cos representantes da Federación Limiar, da Agrupación Miño e coa representante das asociacións non federadas do rural para presentarlles “+Rural”, un plan participativo de actuacións e de obras no rural que pretende darlles resposta ás necesidades máis prioritarias dos seus veciños. “+Rural” é un plan participativo onde as federacións, agrupacións, colectivos ou veciños do rural poden presentar as súas demandas ou necesidades en orde prioritaria de actuación até o 12
de marzo. A partir de aí, o Concello analizará, estudará e valorará as propostas para proceder ao desenvolvemento e execución das obras ou actuacións. Para Jorge Pumar este “debe ser un plan que parta dos veciños e que remate nos veciños, verdadeiros usuarios dos espazos rurais. Ten que ser un plan de abaixo cara arriba”, afirma. Ademais, o edil fala dun programa “onde os propios veciños elixen e priorizan as súas necesidades”, destaca Pumar. Optimismo “Este plan é moi importante para facer realidade as melloras no perímetro rural. Desde os colecti-
vos veciñais vemos con moi bos ollos esta iniciativa e priorizaremos as necesidades de cada zona”, declaraba Manuel Mosquera, presidente da Federación de AAVV Limiar. Lorinda Fernández, presidenta da Agrupación de AAVV Miño, sinalaba que “xa era hora de que se fixese un plan deste tipo polo rural, porque non se fixera ningunha actuación desta envergadura. Vai posibilitar moitas intervencións en moitas asociacións e en moitos barrios, e mellorará moito a calidade de vida dos veciños e das veciñas do perímetro rural e da periferia de Ourense”.
Colectivos ou veciños do rural poden presentar as súas demandas ou necesidades en orde prioritaria de actuación até o 12 de marzo
O tenente de alcalde, Jorge Pumar, cos representantes da Federación Limiar, da Agrupación Miño e das asociacións non federadas do rural.
O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, na súa visita a CIMO. /RAMSÉS.
Inscricións abertas nos programas integrados de emprego 4 Ata o 2 de marzo. Redacción A nova convocatoria dos programas integrados de emprego 20202021 está aberta ata o 2 de marzo, polo que os concellos e entidades interesadas poden presentar as súas solicitudes para deseñar iniciativas que melloren a ocupabilidade e inserción laboral das persoas desempregadas. Entre os criterios de selección dos proxectos presentados, destacan as características dos colectivos que hai que atender; a participación no proxecto do tecido empresarial existente no territorio; os recursos humanos e materiais; os obxectivos comprometidos en materia de inserción laboral; a experiencia acreditada; ou ser Concello
Emprendedor. A contía máxima da axuda por cada persoa desempregada participante será de 2500 euros. Nesta nova edición volve haber unha modalidade de programas destinados en exclusiva para as mulleres. Visita Todo isto explicouno o director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, na visita que realizou ás usuarias do Programa Integrado de Emprego organizado pola entidade CIMO, que se está celebrando en Ourense. No programa participan un total de 100 mulleres desempregadas que están recibindo formación para o emprego nas áreas de actividades auxiliares de comercio e operacións básicas de cociña.
TEMA DA SEMANA
Barrios 20 de febreiro 2020
Este ano estará lista a licitación da remodelación da rúa Concordia Jácome e Alves na alcaldía ourensá. /RAMSÉS.
Boa sintonía entre Ourense e Montalegre 4 Gonzalo Jácome logra unha cooperación buscada con empeño. R.T. O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, logra a cooperación entre a cidade a localidade portuguesa de Montalegre. Un vello desexo do rexedor ourensán de estreitar lazos culturais e comerciais entre ámbalas dúas localidades, que trala visita do presidente da Cámara Municipal de Montalegre, Orlando Alves, convértese en realidade. Os dous mandatarios selaron o compromiso de estreitar lazos culturais e comerciais, así como de divulgación dos seus eventos máis senlleiros, caso das “Noite das Bruxas” que se celebran cada venres 13 desde 2002 na localidade lusa, e que congrega a 40.000 persoas. Así, Pérez Jácome adiantou que o vindeiro
3 de marzo se celebrará unha rolda de prensa en Ourense para anunciar a vindeira noite meiga de Montalegre. Para o alcalde este é un evento que “sen dúbida axudará a relanzar a procesión do medo que se celebrará en Ourense o 31 de outubro”, e que vai camiño de converterse nun “clásico” da programación cultural e social. Lazos O seu homólogo, Orlando Alves, celebrou “os lazos de cooperación e proximidade transfronteiriza” entre as dúas cidades, e remarcou a ligazón cultural e comercial existente. Á súa vez, comprometeuse a manter o compromiso de estar “a disposición de Ourense en todas as iniciativas que se celebren dun lado e do outro”.
4 Contará cun investimento de tres millóns de euros. Redacción Despois da restrición do tráfico na rúa Concordia (desde este mes o tráfico está restrinxido a carga e descarga, ademais dos vehículos que aparcan nos garaxes e aparcamentos) o Concello de Ourense vai máis aló e pretende licitar este ano a remodelación integral desta rúa. Así o avanzou o concelleiro de Infraestruturas, Miguel Caride, quen dixo que o Concello ultima a elaboración dun proxecto completo de remodelación e posta en valor do vial, ao que se destinará un investimento de preto de 3 millóns de euros. Intervención A intervención incluirá a renovación da rúa en superficie, que terá plataforma única, a instalación de ramplas mecánicas que faciliten o tránsito peonil nesta rúa de elevado desnivel e a instalación de novo mobiliario urbano. Tamén se renovarán os servizos, como os de abastecemento e saneamentos de auga. Con esto se pretende, en palabras de Caride “reforzar o atractivo da rúa e
o seu potencial como rúa comercial”. Obras O concelleiro Miguel Caride tamén avanzou a próxima execución das obras de remodelación dos pasos debaixo das vías do ferrocarril nas rúas de Tarascón e Ramón Puga, que executarán o Concello e o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF), para as que nun breve prazo se prevé asinar o convenio
Rúa Concordia. /M. REJO.
de colaboración entre ambas administracións, e da rúa dos Remedios, neste caso por parte do Concello, onde tamén se realizará unha ampla remodelación, máis aló da intervención urxente e provisional, recentemente realizada no vial.
A superficie terá plataforma única e instalaranse ramplas mecánicas
3
ARRU Redacción Técnicas da Oficina de Rehabilitación do Concello de Ourense achegaranse aos barrios para informar das axudas ás que poden optar as persoas que desexen realizar proxectos de rehabilitación de edificios e vivendas nas áreas de rehabilitación (ARRU) da cidade. Atenderán o público o primeiro e o segundo mércores de cada mes no Centro Municipal La Molinera, na rúa do Abrevadoiro, 2, para os barrios da ARRU do Polvorín, A Carballeira e As Camelias. O terceiro e o cuarto mércores de cada mes estarán no local da Asociación Veciñal dos Rosais, na rúa da Serra Martiñá, número 44, baixo, para informar sobre a ARRU Serra San Mamede, Cruceiro Quebrado e A Inmaculada. Nos dous casos, de 10 a 14 horas, coa posibilidade de adaptar o horario en función da demanda. A próxima cita será mañá, día 19, nos Rosais. Esta iniciativa pretende darlle a coñecer directamente á cidadanía toda a información acerca destes programas de axudas, que poden achegar financiamento desde un mínimo do 40% até un máximo do 85% do investimento que se vaia a realizar, en función das circunstancias persoais de quen as solicite, para proxectos de reforma de baños, cociñas, tellados, cambio de fiestras, instalación de illamento, ascensores, renovación de fachadas, etc.
4
Barrios 20 de febreiro 2020
especial ENTROIDO
Verín entra de cheo no seu Entroido 4 Os desfiles serán o domingo 23 e o martes 25. Redacción Un total de catorce charangas, once orquestras, catro discomóbiles e a banda de gaitas municipal marcarán o ritmo do entroido de Verín, que comezou o día 13 co xoves de Compadres e rematará o 1 de marzo co domingo de piñata. O sábado día 15 o Auditorio municipal quedouse pequeno para acoller o documental “O noso Entroido” dentro dunha gala a favor da Asociación contra o Cancro de Verín. O director do documental Miguel Angel Prieto Sotelo, “Chita” (“Chita” é un dos colaboradores deste
xornal desde fai moitos anos, trasladando ás páxinas do Barrios as vivenzas de Verín), un día máis tarde (no Domingo Corredoiro) foi o encargado de facer o pregón. Ese día os Cigarróns saíron á rúa a dar a benvida ao Entroido. O que queda E o día 20 chega un dos días fortes en Verín co Xoves de Comadres. Pola mañá, a partir das 11:45 horas, os nenos e nenas das CEIPs Amaro Refojo, Augusto Asía da Mezquita, Castrelo do Val, Medeiros, Princesa de España, Ríós- Vendas da Barreira, Rodolfo Núñez de Vilardevós, CPR Ma-
ría Inmaculada, CRA Monterrei, Casas Niño de Castrelo do Val, Cualedro (Aprendo Xogando), Albarrellos (Aloumiño), Vilardevós (Lalá), Gardería da Asociación Tres Reinos A Mezquita, Gardería Piñocho, Kero Kolo do Concello de Verín, IES García Barbón e Taboada Chivite percorrerán as rúas máis céntricas de Verín no Desfile Infantil de Entroido. Do mesmo xeito que o ano pasado, o desfile comezará no entroncamento de Canella Cega coa rúa Cabreiroá e seguirá polas rúas Deputación, Luís Espada e Lisa, para finalizar nas Praza Maior. Nesta ocasión o desfile contará coa música da Banda de Gaitas do Concello de Verín e das charangas Los Támega, Jalácticos, Mil9, A Chicoria e Terra de Trives. E pola noite, mandan as mulleres. Tras as tradicionais ceas das comadres nos restaurantes da vila,
Os Cigarróns fixeron a súa aparición polas rúas de Verín o Domingo Corredoiro. /B.M.
Miguel Angel Prieto Sotelo, “Chita”, preparado para dar o pregón do Entroido de Verín ante milleiros de persoas. /BORYS MARTÍNEZ. as mulleres dirixiranse á Casa de Escudo, no barrio de San Lázaro, onde, sobre as 00:30, partirá a procesión. A partir das 00:00 horas, en San Lázaro, a Raíña recibirá a comitiva encabezada por Don Carnal que descenderá polo camiño Real e dirixiranse á praza Maior onde tras o saúdo da Don Carnal e a Raíña a festa continuará. O Venres de Compadreo precederá ao sábado 22 e domingo 23 no que haberá un circuíto de charangas que percorrerá as seguintes rúas de Verín: Montemaior, Lisa, da Cruz, do Pozo, Praza do Cigarrón, e Praza da Mercé, entre as 19 e as 22:30 horas. O Domingo de Entroido será o día grande en Verín. A partires das doce do mediodía, cigarróns, comparsas e carrozas, percorren o centro da vila no gran desfile matinal ofrecendo os asistentes un espectáculo cheo de cor, orixinalidade e humor que se prolongara ata a hora
de xantar. E o Martes de Entroido (25 de febreiro) a partir das 16:30 h, celébrase o derradeiro desfile repleto de máscaras, disfraces e grandes doses de humor. O epílogo a esta festa chega co Domingo de Piñata, 1 de marzo, cando un xan-
tar popular para os participantes nos desfiles da por rematado o Entroido.
O Domingo de Entroido o desfile será as 12 do mediodía
Disfrazados ante unha veciña./BORYS MARTÍNEZ.
ENTROIDO especial
Xinzo está inmerso no Entroido 4 Declarado Festa de Interese Turístico Internacional. Redacción Xinzo de Limia xa queimou varias etapas ou mellor dito xa quemou o Meco, rompeu as olas e empapou de fariña a todo aquel que se achegou ata Xinzo o Domingo Fareleiro. Tamén viron a saída das Pantallas o Domingo Corredoiro. Os días grandes chegarán a partir do día 23 de febreiro, data na que ten lugar o Domingo de Entroido, varios días seguidos de troula que terán como día álxido -se é que os outros días non son álxidos de por si- o Martes de Entroido (25 de febreiro). A novidade máis salientable desta edición é que o desfile terá lugar o Domingo de Piñata, que
terá lugar o día 1 de marzo. O ano pasado por mor das inclemencias climatolóxicas a organización viuse na obriga de atrasalo ata ese día; debido ao éxito acadado este ano repiten data dun desfile que dará por rematado o Entroido 2020 de Xinzo. A alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama, quixo facer mención, na presentación, ademais, ao recoñecemento acadado por esta celebración como festa de “interese turístico internacional”. Falou tamén da grande implicación por parte do equipo de goberno, o concello de cultura e demais por facer deste entroido “un entorno singular, seguro e libre das violencias machistas” como principal intención dos responsables da orga-
nización. Dende o goberno estase elaborando un plan de autoprotección de cara a que sexa unha festa o máis segura posible posto que, en palabras da alcaldesa, “debemos velar para que exista unha certa orde, para continuar facendo un dos mellores entroidos da península”. O concelleiro de cultura amosou o cartel co que se fará promoción desta festividade, novidoso con respecto ao tradicional, da deseñadora Iria Prol. Suárez fixo público ademais o orzamento manexado, que ronda os 150.000 euros, e fixo un chamamento á participación dos comercios locais para poder “sufragar unha festa que inflúe positivamente na economía do pobo”. Novidades En canto as novidades, o desfile terá lugar na mañá do domingo de Piñata, debido ao éxito do ano anterior. Recoñeceuse tamén a recuperación de grandes tradicións e momentos e fíxose mención
Barrios 20 de febreiro 2020
dos grupos e charangas máis destacables. No aspecto infantil, por outra banda, contratarase unha empresa que realizará concursos e demais entretemento destinado aos máis pequenos, a maiores do xa coñecido desfile dos colexios tanto de Xinzo como arredores.
a madrugada desfrutaremos de grupos tradicionais, charangas, orquestas e demais”, asegurou o máximo responsable da organización. Ademais, como gran novidade, intentarase preparar o primeiro baile “de mascaritas” da vila dende hai corenta anos.
Moita música Durante todos os días de Entroido, cabe destacar que non haberá practicamente nin unha hora sen música. “Dende as 12 da mañá ata ben entrada
O desfile terá lugar no Domingo de Piñata, 1 de marzo
As Pantallas son e serán as protagonistas do Entroido de Xinzo de Limia.
5
Entroidos de Bande e Vilardevós Redacción Os Troteiros saíron polas aldeas de Bande o sábado 14 e ao día seguinte celebraron un cocido troteiro no albergue a partir das 14 horas. O luns 24 os Feos visitarán a aldea de Mexide (16.30 horas) e o martes ás 11 horas os Troteiros percorrerán as rúas de Bande. O Enterro da Sardiña queda para o mércores 26 ás 20 horas. Vilardevós Os Chocalleiros desfilaron en Vilardevós á saída da misa no Domingo Corredoiro este pasado 16 de febreiro. O Xoves de Comadres haberá unha cea na Casa da Cultura e o día grande será o Sábado de Entroido (día 22) cos Chocalleiros amenizando a festa polas rúas onde haberá música, fachóns e degustación de porco e caldo.
6
Barrios 20 de febreiro 2020
especial ENTROIDO
Disfraces, dunha punta a outra 4 Toda a provincia celebra o Entroido. Redacción En pleno febreiro o Entroido xa está presente en varios puntos da nosa provincia, noutros achéganse os días grandes nos que os disfraces será a indumentaria de moitos veciños e visitantes das vilas ourensás.
Barbadás Despois do Xoves de Comadres, os alumnos serán os protagonistas dos tradicionais desfiles de Entroido polas rúas da Valenza o venres día 21. Unha das novidades desta edición entroideira será o feito de que o alumnado
do colexio O Ruxidoiro cambiará o seu itinerario e en lugar de ir ata a capela do pobo das Lamas irá desfilando pola avenida de Celanova ata a altura da rúa Porto do Río (hora de inicio do desfile dende o centro escolar: 11.30). Pola súa banda, e no referente ao desfile dos escolares do colexio Filomena Dato, terá como novidade a incorporación do alumnado do Centro Ocupacional das Burgas, que ten a súa sede na rúa do mesmo nome, na Valenzá (hora de inicio do desfile Filomena Dato e Centro As Burgas:
13 horas). Outra das novidades foi a elaboración do meco e da meca por parte das asociación de pais, nais e alumnos dos centros de ensino, que serán colgados o venres día 21. A concelleira de Cultura, Marga Pérez, comentaba na presentación oficial da programación do Entroido que outra das novidades é a organización do Venres de Comadres, coa reunión nunha cea no local de Fonval de mulleres de todo o municipio para dar a benvida ao Entroido. O venres á
noitiña o pistoletazo oficial do Entroido será na Glorieta da familia ás 20 horas coa animación da charanga “Mekanica” e o pregón a cargo das “Mulleres da farándula”. O domingo 23 de febreiro terá lugar a xa tradicional ruada polos pobos do municipio a cargo da charanga “Os Escachapeitos”. Marga Pérez destaca como novidade a festa infantil e concurso de disfraces infantil no parque da Solaina, no que haberá animación musical, desfile amenizado por unha presentadora que irá describindo a posta en escea dos nenos que participen e posterior entrega de premios. O peche do ciclo do Entroido en Barbadás será o Mércores 26 de febreiro co inicio do desfile fúnebre ás 20,30 do inicio da Valenzá ata a praza da zona antiga, onde se queimarán os mecos. Tamén na queima dos mecos haberá novidades e sorpresas. O Carballiño A vila do Arenteiro tamén conta cunha programación que se pecha coa gran festa da Cachucha.
Este venres, 21 de febreiro, a partir das 23 horas nos locais hostaleiros realízase a festa de Vaqueir@s e indi@s. Ao día seguinte, na praza Maior día para os máis cativos que poderán participar nun obradoiro infantil de máscaras (de 11.30 a 13.30 horas) e unha festa concurso de disfraces (a partir das 16.30 h). O domingo día 23 haberá unha exhibición de Entroido da Escola Municipal de Danza (ás 12.30 horas na praza Maior) e Coplas do Entroido “Os Liborianos” tamén na praza Maior a partir das sete da tarde. A partir das 19 h. do luns 24, nos locais hostaleiros, gran concurso de peñas “A ruta dos mil; haberá un premio de 1.000 euros, un segundo de 200 e un terceiro de 100, ademais dun accésito de 200 euros para a peña máis numerosa. O martes de Entroido (día 25) a animación
O desfile de carrozas do Entroido de Barbadás será o martes 25 a partir das 17 h
Na presentación da programación oficial do Entroido estiveron Marga Pérez, concelleira de Cultura, Victoria Morenza, tenente alcaldesa e Elisabet González, concelleira de Igualdade.
ENTROIDO especial
musical pola rúa dará comezo a mediodía e ás 12.30h a Escola Municipal de Danza voolverá ás rúas da vila. Sen tempo para o descanso, ás cinco da tarde dará comezo o gran desfile de comparsas e charangas e sobre as 19.30 horas baile na praza Maior. O Enterro da Sardiña dará comezo ás 19.30 horas do mércores, 26 de febreiro, e rematará cunha chocolatada. E o domingo, 1 de marzo, o Concello do Carballiño pecha estas datas festivas coa celebración da 26ª festa da Cachucha. A mediodiia haberá un desfile de folións, comparsas e charangas para, sobre as 14h, celebrar o xantar da Cachucha nos restaurantes e mesóns. Ás cinco e meda da tarde retómase o desfile para rematar a festa bailando de 19 a 23 horas na praza Maior. Allariz O Entroido en Allariz comeza o luns 24, ás 17:30h, coa Festa Infantil amenizada por un DJ e a Batucada Infantil. E para os máis maiores, a Asociación Xan de Arzúa organiza, como xa é habitual, a Cachuchada a partir das 21:30h no Campo da Barreira co acompañamento musical da Batucada Axoúxere de Allariz que ambientará as rúas dende as 20:30h. Este ano contaremos coa charanga Los Fugitivos que a partir das 23:00h nos farán bailar e desfrutar. O martes 25, desfilan as comparsas, co acompañamento musical da charanga Bicoia de Ourense. Ás 17:30h as comparsas darán saída dende a Estrada de Xunqueira (á altura da Residencia Saliesiana) ata o Pavillón do Instituto onde se celebrará o Baile de Entroido amenizado por un DJ. Para despedir o Entroido, o mércores 26 terá lugar o Pranto de Entroido. A saída será ás 20 h dende
a praza Maior e a queima do meco realizarase no Campo dos Brancos. Ata o día 20 de febreiro ás 14h está aberto o prazo de inscrición das comparsas, para participar no desfile da edición 2020. A orixinalidade, a elaboración, a escenificación do disfrace e o acompañamento musical son os aspectos que o xurado valorará nas comparsas inscritas e que estén presentas a hora de saída do desfile.. As comparsas (a partir de 10 compoñentes) poderán optar aos seguintes premios: 200€, 150€, 100€ e 50€ para os catro primeiros clasificados. Información e inscrición: Casa da Cultura 988 440 859; cultura@ allariz.com. Maceda En Maceda serán, como cada ano, os Felos os protagonistas que xa fixeron acto de presencia en xaneiro. Do 14 o 16 de febreiro celebrouse o Pinchos de Entroido, sendo o día 14 a cena de entroideiras no Lar dos Felos. Ao día seguinte, sábado 15, Fiadeiro en Carguizoi na que os seus veciños abriron as portas da súas casas para recibir ás gaitas e panderetas. Para o venres 21 queda a Festa de Comadres na Praza das Toldas (20 h). Os días 22 e 23 os Felos sairán polos pobos da Serra partindo desde o antigo matadoiro ás 9.30 horas. A baixada da Marela dende o Toural polas rúas da vila queda para o sábado 22, desde as 19.30 h e ata medianoite. O luns 24 haberá unha festa infantil a partir das 17 horas no pavillón de Deportes. O martes 25 o Desfile de Felos, Carrozas e Comparsas sairá ás 18 h desde a rúa das Canteiras. E rematará a festa o día 26 co mércores de cinsa e o Enterro do En-
O domingo 1 de marzo, o Concello do Carballiño celebra a Festa da Cachucha acompañada de desfile de disfraces
troido ás 20 h. na praza das Toldas. Laza O Entroido de Laza xa deu comezo cos folións que saíron polas rúas o 31 de xaneiro e os 7 e 14 de febreiro. Este 20 de febreiro celébrase a cena de Comadres; e o venres pola noite chega o Gran Folión do Entroido que percorrerán a vila. O Sábado de Cabritada -día 22- contará coa “Gran Fariñada” pola tarde e a Cabritada dos Mozo pola noite. E o domingo 23 chega
o Domingo de Estrea os Peliqueiros estarán presentes todo o día incluído no desfile da tarde. A “Farrapada” e a “Xitanada dos Burros” celébrase no Luns Borralleiro (24 de febreiro) senda a baixada da “morena” e as súa formigas pola tarde. E finalmente, o Martes de Entroido (25 de febreiro), de novo os Peliqueiros -os más veteráns- polas rúas; xa de tarde o desfile de carrozas precederá ao “testamento do burro”, o enterro do Entroido e rematarase co luto dos Peliqueiros.
Barrios 20 de febreiro 2020
7
Unha comparsa no desfile de Entroido nunha localidade ourensá. /ARQUIVO.
8
Barrios 20 de febreiro 2020
especial ENTROIDO DE OURENSE
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jacome, e o edil de Cultura, Mario González, xunto a representantes dos Entroidos de Seixalbo, As Eiroás e Frei Canedo. /RAMSÉS.
Ourense, capital do Entroido 4 A gran novidade serán os tres desfiles que percorrerán as rúas da cidade. Redacción Este ano o Entroido de Ourense contará con tres desfiles como gran novidade. Ademais, o pregón que pasa de venres a sábado (nesta ocasión será o día 22 de febreiro) correrá a cargo de Moncho Borrajo. O Concello reforza a programación do Entroido de Ourense 2020 coa finalidade de potenciar a súa dimensión de Entroido líder no Noroeste peninsular. Así o anunciou o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, que presentou a programación de actividades xunto ao concelleiro de Cultura, Mario González, e representantes dos Entroidos da cidade: As Pitas de Eiroás, Paquita e Nicanor de Seixalbo e Frei Canedo da Ponte. Como principal novidade o Entroido de Ourense (do 13 ao 26 de febreiro) contará por primeira vez con tres desfiles. Xunto ao tradicional de comparsas
e carrozas do domingo, 23 de febreiro, incorpora un desfile infantil (venres día 21 ás 12 h) no que participarán 1.300 escolares da cidade, e un desfile dos Entroidos da cidade (o mesmo día, ás 20:30 h), que percorrerán as rúas e prazas da zona vella da cidade. Tamén se reforza a programación coa actuación de orquestras, catro en to-
tal: o sábado, o domingo, o luns e o martes na praza Maior. Ademais das actividades de animación de rúa, o pregón de Moncho Borrajo, as sesións de DJ´s, as festas e actividades infantís ou a elección do Rei ou Raíña do Entroido, o Enterro da Sardiña e as actividades propias dos entroidos da Ponte, Seixalbo e As Eiroás.
rapazas buscaran vinganza tentando facerse coas comadres delas para destrozalas. Ademais, este mesmo xoves, pola noite, a praza do Correxidor acollerá a “Noite de Comadres” coa música de Trópico de Grelos, BrassicaRapa, Bicoia e Somodolilá, amenizando as rúas da cidade no que pode ser o pistoletazo de saída de seis días de troula.
Compadres A primeira data gastada no Entroido ourensán foi a do Xoves de Compadres. O pasado xoves, 13 de febreiro, centos de nenos e nenas ourensáns invadiron a praza Maior para celebrar este tradicional día. As rapazas tentaron escapar dos rapaces que buscaban esnaquizar os compadres delas. Este mesmo xoves, día 20, as
Pregón Este ano o pregoeiro do
Entroido en Ourense será o recoñecido artista Moncho Borrajo. O mesmo terá lugar na praza Maior, o sábado 22 de febreiro, a partir das 20.30 horas. “Vai ser un excelente Entroido de cidade”, asegurou o alcalde de Ourense, quen lembrou que
a nosa é “indubidablemente a cidade galega e do noroeste de España co mellor entroido que hai. Non hai ningunha cidade que poida competir con nós e esperamos seguir liderando ese ránking”, afirmou Gonzalo Pérez Jácome.
O venres 21 de febreiro haberá o Desfile infantil pola mañá, e pola tarde desfile dos varios Entroidos da cidade polas rúas do casco vello
Moncho Borrajo actuará de pregoeiro do Entroido o sábado 22 ás 20.30 h na praza Maior de Ourense. O aforo será limitado.
ENTROIDO DE OURENSE especial
XOVES 20 DE FEBREIRO No Xoves de Comadres, ás 11.30 horas haberá regueifas e loitas na praza Maior. Animación de rúa con Trópico de grelos, Brassica Rapa, Bicoia e Somdolilá ás 00.00 horas polas rúas da cidade. VENRES 21 DE FEBREIRO Desfile escolar de Entroido (de 3 a 12 anos) ás 12 horas co percorrido por: praza Maior, rúa Lamas Carvajal, rúa do Paseo, Parque de San Lázaro, rúa Santo Domingo, rúa da Paz, rúa das Tendas e volta á praza Maior. Animación de rúa con Trópico de Grelos e Os Caliqueños ás 20.30
horas e con Támega, Dr. Anchoa, Alambique, Nova terra de Trives, Noroeste e Mekánika ás 00.00 h polas rúas da cidade. O desfile dos entroidos do cidade coas Pitas de Eiroás, Paquita e Nicanor de Seixalbo e Frei Canedo da Ponte sera ás 20.30 horas co seguinte percorrido: praza Maior, rúa Lamas Carvajal, rúa do Paseo, Parque de San Lázaro, rúa Santo Domingo, rúa da Paz, rúa das Tendas e praza Maior. Sesión Dj de 00.30 a 03.30 horas no Correxidor. SÁBADO 22 DE FEBREIRO Animación de rúa con Castro Bello e Os Caliqueños ás 12.30 h. Ás 18 horas ruada cos cabezudos amenizada pola charanga Europa. Os perqtores, Aperta e Mu-
cha marcha animarán a festa ás 20.30 horas e Alambique, Dr. Anchoa, Noroeste, Trópico de grelos, Sorcha e Latexo percusión farano á media noite. Ademais, habera festa infantil na praza das Mercedes de 17.30 a 19 horas. O pregón, que correrá a cargo de Moncho Borrajo, terá lugar na praza Maior a partir das 20.30 horas. De seguido, actuará a Orquestra Os Satélites que realizara un segundo pase á medianoite. A sesión Dj será na praza do Correxidor de 00.30 a 03.30 h. DOMINGO 23 DE FEBREIRO Animación de rúa con Mucha Marcha e Lou band polas rúas da cidade ás 12.30 horas, para deixar paso a un dos grandes eventos: o desfile de comparsas e carrozas (coa actuación das charangas Dr. Anchoa, CLK, Albor e Castro Bello) a partir das 17 horas, con saída das Lagoas e paso por: Curros Enríquez, rúa Xoán XXIII, Progreso, Doutor Marañón e praza Maior. Ás 18.30 horas, haberá baile coa
Orquestra Funçao Pública na praza
Maior, e posteriormente (sobre ás 19.30 h) será a entrega de premios do concurso de comparsas e carrozas e elección de Rei ou Raíña do Entroido 2020. A capacidade será limitada na praza Maior. LUNS 24 DE FEBREIRO Animación de rúa con Albor e Lou band ás 12.30 e ás 18 horas ruada cos cabezudos e a charanga El Brexit. Ás 20.30 horas tocaralle a quenda de amenizar a Fanfarria Taquikardia, Sorcha e Os Caliqueños
e á medianoite actuarán Trópico de Grelos, Mucha marcha, Noroeste, Aperta, Dr. Anchoa e Mekánika. Ás 00.30 h na praza Maior, con capacidade limitada, sreá a actuacion da orquestra Grupo Claxxon. E de 00.30 a 03.30, nova sesión de Dj no Correxidor. Para os máis pequenos, de 17.30 a 19 horas, na praza das Mercedes, haberá festa infantil. MARTES DE ENTROIDO, 25 DE FEBREIRO Animación de rúa con Lou band e Mucha Marcha ás 12.30 horas e con Nova Terra de Trives, Albor e CLK ás 20.30. Un dos momento máis agardados chegará a partir das 19 horas, na praza Maior (con aforo limitado) da man da actuación da Orquestra
Olympus.
MÉRCORES 26 DE FEBREIRO A festa rematará co Enterro da Sardiña, que comezará coa tradicional concentración na praza Maior. Logo as carpideiras acompañarán co seu cortexo fúnebre, que irá amenizado pola charanga Nova Terra de Trives. Será ás 20 horas e o percorrido terá inicio e fin na praza Maior pasando por Lamas Carvajal, Paseo, Parque de San Lázaro, Sto Domingo, Lepanto, Xoán de Austria, praza de Santa Eufemia e Lamas Carvajal. Rematado o percorrido procederase á queima da sardiña.
Despois da Colga do meco na praza de Eiroás, o 8 de febreiro, e as celebracións do Domingo Fareleiro e Domingo Oleiro, a festa continúa nas Eiroás co Sábado de Entroido (día 22) con Entre lusco e fusco Folión do Entroido. O Martes de Entroido haberá unha ruada con máscaras e música da charanga Equipo B ás 11.30 horas, para das paso á Voda da Pita (ás 12.30 horas). Posteriormente, tocará celebrar o enlace ás 14 horas co Xantar popular da Voda da Pita (os asistentes traerán o seu propio xantar). A orquestra Río Miño amenizará a festa ás 17.30 horas antes de realizarse o concurso de disfraces (ás 18.30 horas). Rematará a festa nas Eiroás as 21 horas coa queima do meco.
Despois do Domingo Oleiro, coa recollida dos Mecos “Paquita e Nicanor”, Seixalbo celebra o Venres de Entroido, 21 de febreiro, co desfile da rapazada do colexio CEIP Plurilingüe de Seixalbo, acompañados pola charanga Brexit (ás 11.30 horas). DOMINGO 23 DE FEBREIRO A sesión vermú (13 horas) estará amenizada polo Grupo Airiños de Caldelas e ás 14 horas celebrarase o xantar do Entroido, no que haberá sorteos enxebres entre os asistentes. O baile será ás 17.30 horas coa orquestra Nevada e a charanga Brexit; e ao remate haberá chocolatada. MARTES DE ENTROIDO, 25 DE FEBREIRO Ás 16.30 horas será o desfile de comparsas e posterior actuación na praza Maior acompañados polas charangas Europa, Escachapeitos e Mucha marcha. Ás 18 horas haberá baile de disfraces, amenizado polas mesmas charangas e ás 20 horas, desfile po-
Barrios 20 de febreiro 2020
las rúas, e remate final coa queima dos mecos e posterior entrega ás súas novas familias. MÉRCORES 26 DE FEBREIRO A saída da comitiva do Enterro da Sardiña será ás 22 horas, desde o Parque da Infesta e posteriormente haberá unha gran sardiñada no punto de partida.
Todas as actividades realizaranse ao carón da Ponte Romana. Comeza a festa en Frei Canedo o Xoves de Comadres (20 de febreiro) coa cea-baile na sede da confraría para todas as comadres da Ponte e acompañantes amenizado por un dúo musical (é obrigatorio que os homes vaian disfrazados de muller). O venres 21, ás 20.30 horas haberá festa con Dj. O Sábado de Entroido (día 22) ensaio de lanzamento de “Globos voadores” ás 23 horas e á media noite, baile de disfraces a cargo dunha orquestra. DOMINGO 23 DE FEBREIRO Xogos populares para nenos ás 11 horas e sesión
9
sesión vermú coa charanga “Bin Ban” a mediodía. Sobre as 13 horas haberá unha gran papatoria con Carne ao caldeiro, polbo, pan e viño. Ás 20 horas actuarán “Tanito e Brais” e repartirán agasallos para todas as crianzas. Ás 22 horas actuará de novo o grupo “Bin Ban”. LUNS 24 DE FEBREIRO (Día grande de Frei Canedo) O día forte comezará cunha charanga e ruada para a xuntanza dos frades ao redor da Capela ás 18 horas e ás 19.30 dará comezo dos solemnes actos con: presentación, purificación do lugar co “Potefumeiro”, homenaxes: sermón a cargo do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e bendición dos novos confrades. Ás 20.15, saída da solemne procesión polas rúas da Ponte e ás 22 h xuntanza nos solemnes comedores para honrar a Frei Canedo cunha cea para confrades, acompañantes e amizades. O baile dará comezo ás 23.30 co grupo Nebraska e á medianoite chegará o folión dos fogos de artificio e lanzamento de globos por parellas desde a Ponte Romana.
10
Barrios 20 de febreiro 2020
EN BREVE
4Feira de Artesanía O Concello de Verín abre o prazo de inscrición para os expositores da Feira de Artesanía do Lázaro, que terá lugar os días 27, 28 e 29 de marzo na praza da Mercé. Todas as candidaturas deberán ser formalizadas antes do 4 de marzo. O horario de funcionamento será o venres, 27 de marzo, de 18 a 21h. O sábado, 28 de marzo en horario de 10:30 a 14 h e de 16:30 a 20:30 horas. E o domingo, 29 de marzo en horario de 10:30 a 14 e de 16:30 a 20 horas. Inscricións en feiras@verin.gal.
4 Peza do mes Como cada mes, o Museo Claustro Mercedario de Verín escolle unha das pezas da súa colección para destacala como Peza do Mes. En febreiro, nun tempo no que moitos aínda están no proceso de elaboración dos embutidos das matanzas, a peza escollida foi unha antiga máquina de encher cuxo papel era fundamental nestas labores. Esta peza foi cedida por Raúl Lamas Rodríguez a todos os verineses.
“Máscara Ibérica” Redacción A Sala de Exposicións de Verín acolle a mostra “Viaxe polo mundo da Máscara Ibérica” de Mercedes Vázquez. A mostra estará aberta ata o 21 de marzo. Trátase dunha exposición fotográfica
VERÍN E COMARCA
Verín implanta o Plan de Autoprotección 4 Aplicarase durante o Entroido e inclúe o reforzo de equipos de emerxencias. Redacción A reunión de coordinación de seguridade do Entroido 2020 presentouse o Plan de Autoprotección desenvolto para devanditos festexos. Á reunión acudiu a concelleira de Trafico, Seguridade Cidadá e protección Civil, Cándida Couñago, xunto con representantes da Garda Civil, Policía Local, Cruz Vermella, Protección Civil de Verín, Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), Dirección Provincial de Emerxencias, CIS Ourense, 061 e Garda Civil de Tráfico. Este Plan reflicte na coordinación necesaria entre os diferentes equipos de emerxencia e os protocolos de actuación a seguir, no caso necesario, para garantir a seguridade do público e dos profesionais. Medidas Entre as medidas está Mercedes Vázquez Saavedra deuse a coñecer en Verín coa exposición “Viaxe polo mundo dá máscara”. Agora, a partir do tronco común de máscaras galegas e portuguesas que fundamentan ambas propostas, nesta viaxe polo mundo da máscara ibérica da a coñecer máscaras de Castela León, Asturias, Cantabria, País
o reforzo dos equipos dos grupos de emerxencia e dispositivos de seguridade nos días máis destacados (os desfiles e o Xoves de Comadres, entre outros). Ademais, non se permitirá o uso ou presenza de animais nos desfiles do Entroido. O horario de corte de tráfico nas avenidas Luís Espada e Castela será: o domingo a partir das 11 horas e o martes a partir das 16 horas. Ambos desfiles contarán co servizo de ambulancia por se fora preciso. O tríptico informativo que se reparte entre veciños e visitantes contempla información xeral sobre
consellos de seguridade, así como o plano coas vías de evacuación da praza García Barbón e das zonas de aparcamento libre gratuíto (haberá sete zonas de aparcadoiro libre gratuíto). Tenda Xa está aberta a tenda oficial do Entroido situada na praza García Barbón. Estará aberta de 12 a 14 e de 17 a 21 horas e poderanse adquirir produtos do Entroido de Verín como sudadeiras, camisetas, panos, bragas, cuncas e chapas. O recadado servirá para sufragar os gastos desta celebración.
Reunión que tratou o Plan de Autoprotección. Vasco, Estremadura, Andalucía, Castela A Mancha e outras comunidades ibéricas.
Inauguración da exposición.
O horario da exposición é de martes a sábado, de 12 a 14 e 17 a 21 horas.
Somoza, Seoane, Rodríguez e Prieto, na presentación das xornadas. /C.M.
As Xornadas de Novela Histórica resaltarán á muller 4 Celébranse os días 27 e 28 de marzo. Redacción A muller será a protagonista da terceira edición das Xornadas de Novela Histórica de Verín, que se celebrarán en Verín os días 27 e 28 de marzo. Un ano máis relatores e relatoras de primeiro nivel (oito en total) converterán a vila do Támega no epicentro da novela histórica «sendo unha cita ineludible para todos os amantes de este xénero literario, é unha magnífica oportunidade de escoitar a autoras e autores que sempre están nas listas dos libros más leídos», explicou Emilia Somoza na presentación do evento. Unha presentación que contou, ademais, co alcalde de Verín, Gerardo Seoane; e os responsables da Biblioteca de Verín e organizadores do evento, Aurora Prieto e Vicente Rodrí-
guez, quenes quixeron por en valor o papel da muller ao longo da historia. «A historia escribírona os homes na inmensa maioría e esqueceron ás mulleres, é unha materia todavía pendente, por eso este ano quixemos que elas foran as protagonistas», explicou Aurora Prieto. Segundo destacou Vicente Rodríguez, «nesta terceira edición contaremos presencia, entre outros, de escritoras e escritores de grande prestixio» coma Luz Gabás, María Vila, María Solar, Eva Díaz ou Rosario Raro.
Estarán presentes autoras como Luz Gabás, María Vila, María Solar, Eva Díaz ou Rosario Raro
VERÍN E COMARCA
Barrios 20 de febreiro 2020
11
Centro de día de Riós Redacción
Datas de admisión e matrícula en Bacharelato no IES García Barbón O IES García Barbón informa nos seus recursos en internet (web, blog e Facebook) sobre as datas de admisión e matrícula para os estudos de Bacharelato, pero tamén quere facelo desde este artículo. Somos un centro pequeno e con grupos reducidos, o que posibilita unha atención pedagóxica individualizada e de calidade, tanto no que se refire á docencia como na realización de prácticas específicas (Aula de Tecnoloxía, Aula de Debuxo, Aula de Informática, Taller de Física e Química e Taller de Bioloxía). Tamén se facilita un seguimento individualizado proporcionando aos estudantes sesións de titoría individualizada por parte do Departamento de Orientación, en colaboración cos titores e titoras. A solicitude de praza para os estudos de Bacharelato é do 1 ao 20 de marzo. As persoas interesadas poderán realizar os trámites na web: https:// www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ O prazo ordinario de matrícula é do 25 de xuño ao 10 de xullo. O prazo extraordinario é do 1 ao 10 de setembro.
Tamén está aberto o prazo para a presentación de solicitudes para as probas de acceso a ciclos de grao medio que é do 2 ao 13 de marzo. Actividades extraescolares O IES García Barbón participa no ENTROIDO de Verín 2020. Un grupo de estudantes e profesorado vai participar activamente no desfile do xoves día 20 pola mañá. O día 13 de febreiro tivo lugar –como ven sendo habitual cada ano- a Doazón de sangue por parte da comunidade educativa de 10.30 ás 14.00 horas. Os días 11 e 12 as estudantes do Ciclo Medio de Coidados Auxiliares de Enfermaría e dúas profesoras (Cristina e Marisol) visitaron a cidade de Barcelona para ver a exposición “Human Bodies”, entre outras actividades pedagóxicas.
A presidenta da DO Monterrei, Lara da Silva, e o presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar.
Colaboración O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse no Pazo Provincial coa presidenta do Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei, Lara da Silva. No encontro analizaron a situación desta denominación de orixe, así como a colaboración que presta a Deputación de Ourense para gastos de funcionamento e promoción das actividades que leva a cabo esta entidade, orientadas á difusión do labor do consello e das adegas adscritas a esta denominación de orixe, en mercados nacionais e internacionais. Baltar valora esta colaboración, “como un apoio a un sector fundamental da economía da nosa provincia, a única de España que conta con catro denominacións de orixe vitivinícola, sendo a de Monterrei un importante motor económico de revitalización da súa comarca desde que en 1994 se creara esta distinción de calidade para os seus viños”, afirmaba Manuel Baltar.
A Xunta de Galicia destinará 200.000 euros para a construción dun centro de día en Riós. Así o avanzou a conselleira de Política Social, Fabiola García, na súa visita ao concello, onde mantivo un encontro co seu alcalde, Francisco Armando Veiga, e veciños; tamén estivo presente a delegada da Xunta de Galicia en Ourense, Marisol Díaz Mouteira. Convenio Nestas semanas se asinará un convenio entre o Goberno galego e o Concello. No financiamento desta obra tamén participarán a Deputación de Ourense e o Concello. A construción e xestión posterior do centro será municipal. Proxecto O Concello de Riós ten elaborado un proxecto para este centro de día que ascende a 528.000 euros e contará cunha superficie de 508 metros cadrados. O novo edificio disporá de diferentes espazos como unha sala de rehabilitación, unha sala polivalente, unha destinada a atención, comedor e cociña, ademais doutras dependencias comúns neste tipo de recursos.
A solicitude de praza para os estudos de Bacharelato é do 1 ao 20 de marzo
Fabiola García co alcalde, Francisco Armando Veiga. /RAMSÉS.
12
Barrios 20 de febreiro 2020
EN BREVE 4 Fútbol sala Na 20ª xornada da Primeira división o Cidade caeu diante do Alcorcón (1-9) e o Envialia venceu na cancha do Roldán (0-3). Esta fin de semana xogan contra Penya Esplugues e Bilbo (17 h do sábado), respectivamente. O Envialia marcha terceiro e o Cidade, décimo cuarto. O Sala Ourense perdeu por 7 a 5 ante o Domotec. Este domingo, ás 12 horas, recibe ao líder, o Benavente. Os homes de Kike García van quintos na Segunda B.
4 Ximnasia Catro ximnastas do Club Ximnasia Pavillón participaron nun torneo celebrado en Vilagarcía de Arousa. Patrick Celis López foi primeiro en pelota categoría benxamín, e Damián Gómez Diosdado fixo o propio en corda categoría alevín. Tamén participaron José Vázquez Gómez e Eduardo Montero Rodríguez. Xunto a eles acudiu á cita o conxunto cadete feminino.
DEPORTES
O derbi, para o favorito 4 O Ourense CF venceu por 2-0 á UD Ourense. R.T. O derbi ourensán de Terceira división entre Ourense Club de Fútbol e Unión Deportiva Ourense chegaba cos primeiros como claros favoritos á vitoria. A pesar de que nun derbi todo pode ocorrer, o certo é que se acertou no prognóstico e homes homes de Fran Justo gañaron con comodidade aos de Fernand Currás. Sen ser un partido moi vistoso, os visitantes -o Ourense CF- con pouco logrou os tres puntos. Un gol e propia porta
de Josu e outro de Lamelas, no minuto 23, deixou visto para sentenza un encontro ao que lle quedaba máis dunha hora por xogar. Esta derrota e o empate do Compostela ante o Fabril (2-2) fai que os ourensáns se coloquen a tan só dous puntos da cabeza. Pola súa banda, a UD Ourense segue perdendo posicións e puntos con respecto á promoción de ascenso que agora a ten a catro postos e a cinco puntos. Quen segue e promoción, a pesar da derrota, e o Barco. Os valdeorreses
4 Sincro O Club Sincro Ourense participou con dous equipos na segunda xornada da Copa Promoción de Natación Artística. As infantís remataron sextas, mentres que as júnior foron sétimas a pesar de ser penalizadas por non cumprir co número obrigatorio de nadadoras.
Lance de xogo no derbi. /YEDRA SEARA.
son cuartos -cun partido menos- e iso que volveron a pinchar; nesta ocasión fronte o Bergantiños (2-1). O Barco marca a zona de promoción -é cuarto- con tres puntos de diferenza co quinto. E mentres o Arenteiro que volveu a perder, nesta ocasión diante do Polvorín por tres goles a cero. Os do Carballiño están catro puntos por enriba do descenso. Vindeira xornada Para esta semana chega outro derbi. Desta será no Espiñedo e enfrontará a Arenteiro ante UD Ourense. O partido dará comezo ás 17 horas. Os dous equipos están necesitados de puntos (uns para achegarse da promoción e outros para alonxarse do descenso). Un dos protagonistas será o céspede do campo, tan vilipendiado nas últimas datas. E é que a herba de Espiñedo está en moi malas condicións. Tamén o sábado, o Barco recibirá ao Fabril, 17.30 horas, en Calabagueiros e o Ourense CF recibe a Estradense ás 19.15h.
Este sábado xogan: Arenteiro UD ourense (17h O Espiñedo); Barco - Frabril (17.30h Calabagueiros); e Ourense CF - Estradense (19.15h O Couto)
Dúas semanas para a reflexión 4 O COB leva oito derrotas nas 10 últimas xornadas. R.T. O que apuntaba a unha presenza nos playoffs estase a converter nunha loita pola permanencia. Despois das oito derrotas nas 10 últimas xornadas, o Club Ourense Baloncesto debe preocuparse por asegurarse a salvación o máis pronto posible. Unha dinámica negativa que, a pesar de seren coñecidas as limitación do club, pilla a máis dun a pé cambiado. A última pedra no camiño foi un Alicante que asaltou o Pazo por 68 a 70. Con esta dinámica de resultados, en finais apretados sae cruz, cando noutras ocasións a moeda saía cara. Descanso Tres xornadas seguidas con derrota que dan paso a unha semana de descanso que lle virá ben aos ourensáns. Momento para despexar a mente, adestrar duro e tentar volver a unha senda de vitorias tan necesaria para os xogadores como para os afeccionados, que ven atónitos (aínda que consciente de que isto podía ocorrer en calquera momento da tempada) como o equipo comeza a sufrir
para certificar a permanencia. O certo é que queda tempo (12 xornadas) e a diferenza aínda é importante (tres vitorias con respecto ao descenso), pero canto antes se acade mellor; e se aínda se pode loitar por entrar entre os nove mellores será unha motivación máis para acudir ao Pazo a ver ao equipo. Líder Despois do parón o COB visita a un Valladolid que é o líder sorpresivo da LEB Ouro. Os de Pucela levan 17 vitorias e a estas alturas loitan con Guipuzkoa para proclamarse campións. Sen dúbida algunha, os casteláns son o equipo revelación da competición.
Sima no partido contra Alicante. /C.DOMARCO.
DEPORTES
Barrios 20 de febreiro 2020
13
Ana Peleteiro, Adrián Ben, Jean Marie, Belén Toimil, Alejandro Fernández, Mauro Triana ou Ester Navarrete, entre os galegos que competirán
Representantes da Xunta, Expourense, Concello, Deputación e federacións de atletismo, na presentación desta cita./R.T.
A pista cuberta de Ourense acolle o Campionato de España 4 Será o 29 de febreiro e o 1 de marzo en Expourense. Redacción A pista de atletismo cuberta de Ourense acollerá os días 29 de febreiro e o 1 de marzo o 56º Campionato de España de atletismo de pista cuberta no que se darán cita os mellores atletas nacionais do momento. Na presentación estiveron presentes o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa; o presidente da Federación Ga-
lega de Atletismo, Isidoro Hornillos; o presidente da Real Federación Española de Atletismo, Raúl Chapado; o alcalde de Ourense, Gonzalo Jácome; o vicepresidente da Deputación Provincial de Ourense, Rosendo Fernández; e a directora de Expourense, Emma González. O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, recoñeceu que, tras a celebración de grandes campionatos de Espa-
A atleta internacional, Solange Pereira, nunha cita atlética celebrada na pista cuberta de Expourense. /ARQUIVO.
ña como o sub 20 en 2018 e o máster en 2019, a pista de atletismo de Ourense “cobra todo o sentido ao acoller outro dos eventos para os que se fixo, neste caso o histórico Campionato de España Absoluto de atletismo meses antes de que dean comezo os Xogos Olímpicos de Toquio 2020, nos que tamén estarán moitos dos atletas que virán a Ourense”. Lete Lasa lembrou que neste 2020 cúmprense 100 anos do nacemento de Manuel Suárez-Pumariega -Manuel Molezún- que foi o primeiro atleta galego en participar nuns Xogos Olímpicos tras a súa actuación nos 110 metros valados en Londres 1948. “Hoxe xa son 25 os galegos que participaron nuns Xogos Olímpicos e de seguro que en Toquio a lista medrará sensiblemente con todas as esperanzas postas en Ana Peleteiro, Adrián Ben, Carmela Cardama ou Jean Marie Okutu, entre outros”, dixo.
Daranse cita en Ourense uns 500 deportistas do máis alto nivel do atletismo nacional
Os dous primeiros -Peleteiro e Ben- competirán a próxima fin de semana en Ourense por ser os mellores de España en triplo salto e 1.500 metros, xunto a outros galegos de primeiro nivel como Belén Toimil, Saleta Fernández, Tariku Novales, Alejandro Fernández, Mauro Triana, Ester Navarrete ou Marta Casanova. “Todos eles son representantes da época dourada do ateltismo galego polo seu esforzo, traballo,
sacrificio, constancia e resiliencia, valores gravados a lume no ADN dos nosos atletas”, afirmaba o secretario xeral para o Deporte. Lete Lasa asegurou que “cen anos despois do nacemento do primeiro home en levar ao atletismo galego á cúspide olímpica, Galicia acollerá por primeira vez un campionato de España absoluto en pista cuberta onde se darán cita uns 500 deportistas que representan o máis alto nivel do atletismo nacional”. “Desde a Xunta de Galicia non temos ningunha dúbida de que este Campionato de España Absoluto en Pista Cuberta será un rotundo éxito”, engadiu.
unha cita na que se poden proclamar campións de España na súa terra. A baza ourensá corre a cargo de Alejandro Fernández, quen acadou billete para a proba de 3.000 metros. A pesar de ser un campionato nacional, varias son as figuras internacionales interesadas na cita ourensá. Unha delas é Yulimar Rojas. A venezolana é bicampioa mundial en pista cuberta, e bicampioa ao aire libre, ademais de ser unha das claras opcións de medalla en triplo salto e que terá como rival a Ana Peleteiro. Aínda que en Ourense, de acudir, participará en lonxitude.
Participantes Ata o día 24 están abertas as inscricións para o campionato polo que aínda é pronto para aventurarse en que atletas acudirán á cita ourensá. O que si é certo é, que moitos das primeiras espadas españolas participarán en Ourense. Moitos deles será a primeira vez que acudan á pista ourensá, da que tanto se leva falado nos últimos dous anos. Cos que si se conta ter unha nutrida representación son por parte dos atletas galegos que acudirán en masa, xa que non se quererán perder
Das mellores A pista cuberta que foi inaugurada pola Xunta de Galicia o pasado 18 de decembro de 2017 acolle con este campionato o evento máis importante celebrado ata a data. Devandita pista foi catalogada como unha das mellores de España e conta coa tecnoloxía máis moderna. Esto, unido a que Galicia conta con moitos dos mellores xuíces de atletismo (moitos deles internacionais), fai que se unan todos os ingredentes para que o campionato sexa un auténtico éxito.
O director xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, destacou a gran calidade dos atletas galegos, que tamén nos representarán nos Xogos Olímpicos de Tokio 2020./R.T.
14
Barrios 20 de febreiro 2020
4AXENDA Exposicións - Ata o 23 de febreiro Exposición pictórica “A cor e a luz” de José María Barreiro - Centro Cultural Marcos Valcárcel - Ata o 23 de febreiro - Exposición pictórica “Luz que nunca se apaga” de Juan Rivas - Centro Cultural Marcos Valcárcel- Ata o 23 de febreiro - Exposición “Leonardo o músico”, colección de Luis Delgado - Centro Cultural Marcos Valcárcel Teatro - Día 23 de febreiro - Teatro “O libro da selva“- 12 h - Auditorio de Ourense - Día 27 de febreiro Teatro “O mel non caduda“- 20.30 h - Auditorio de Ourense Deportes - Dia 22 de febreiro XXXI Campionato de Galicia Máster en pista cuberta - Expourense - Día 22 de febreiro Ourense Envialia - Bilbo - 17 h - Pavillón dos Remedios - Día 22 de febreiro 3ª división fútbol - CD Arenteiro - UD Ourense - 17 h - O Espiñedo - Día 22 de febreiro - 3ª división fútbol - Ourense CF - CD Estradense 19.15 h - O Couto - Dia 23 de febreiro XXXV Campionato de Galicia Absoluto en pista cuberta - Expourense - Día 24 de febreiro - Campionato de fútbol sala Entroido 2020 - Cancha de Salesianos - Día 29 e 1 de marzo LVI Campionato de España de Atletismo en pista cuberta - Expourense Outros - Día 20 de febreiro Conferencia “Cinco décadas para derrotar a ETA” 20.15 h - Centro Cultural Marcos Valcárcel - Día 27 de febreiro - Conferencia “Saúde dixestiva e mental” 20.15 h - Centro Cultural Marcos Valcárcel - 28 de febreiro - “Ven respirar. Festa tradicional itinerante” - 20 h. - Liceo de Ourense www.periodicobarrios.com
OCIO E CULTURA
O Espazo Lusquiños abre unha nova convocatoria para os locais de ensaio 4 O prazo rematará o 29 de febreiro. Redacción A Concellería de Xuventude abre durante todo o mes de febreiro o prazo para inscribirse nunha nova convocatoria para que mozos e mozas da cidade poidan optar aos locais de ensaio do Espazo Lusquiños da avenida de Marín. Poden solicitalos grupos musicais noveis e solistas, tanto instrumentais como vocalistas, da cidade ata o vindeiro 29 de febreiro, inclusive. Con esta proposta ofréceselle á mocidade unha oportunidade para achegarse ao mundo da músi-
ca e de entrar en contacto con outras persoas da súa idade coas mesmas inquedanzas; así como estimular o seu interese pola cultura e descubrir que a música tamén pode ser un sector profesional ao que poder adicarse no futuro. Actualmente, realizan os seus ensaios nos locais do Espazo Lusquiños un total de 10 bandas e 2 solistas da cidade, de diferentes estilos musicais. Solicitudes Poden solicitarse os locais, entregando por Rexistro Xeral (na planta baixa da Casa do Concello, de 9 a 14 horas) ou pola Sede
Susana López Abella e Anxo Lorenzo no momento da inauguración na Biblioteca Pública de Ourense.
Descubrindo a loita das pioneiras 4 A exposición reivindica o papel das mulleres xornalista pola igualdade no tempo. Redacción A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e o director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, asistiron o 14 de febreiro á inauguración da exposición “Elas escribiron a historia. As primeiras
xornalistas”, que recoñece o papel das precursoras galegas da comunicación na loita pola igualdade entre mulleres e homes. López Abella destacou a importancia de que a sociedade teña referentes femininos en ámbitos como a profesión xornalística que fixeron historia por ser pre-
electrónica do Concello, cubrindo o formulario dispoñible na páxina web [na sección de impresos de www.ourense.gal]. Poden indicar un horario de preferencia, en función das súas necesidades, xa que se ofertan luns, mércores e venres de 17 a 22 horas e os sábados de 10:30 a 14:00 e de 17 a 22. Esta quenda servirá para adxudicar o uso dos locais por un período de 6 meses (de abril a setembro de 2020) As quendas de ensaio son de tres horas repartidas en dúas sesións semanais de hora e media cada unha. cursoras e pioneiras nas súas especialidades e mulleres que destacaron en campos tradicionalmente masculinizados abrindo camiño ás novas xeracións. A mostra repasa a traxectoria de Sofía Casanova, Concha Castroviejo, Emilia Pardo Bazán, Filomena Dato Muruais, María Luz Morales, Mercedes Vieito Bouza, Pura Vázquez Iglesias, Concepción Arenal, Clara Corral Aller, Virginia Felicia Auber, María Vinyals e Avelina Valladares Núñez. Cómpre lembrar que precisamente este ano celebrase o bicentenario do nacemento de Concepción Arenal cunha ampla programación que permitirá divulgar a figura da autora.
“Elas escribiron a historia. As primeiras xornalistas” pódese visitar na Biblioteca Pública sita a carón do Auditorio, en San Francisco
Coello móstranos “Xente do redor” 4 Trátase dunha exposición que se poderá visitar na Galería Ferrer. Redacción O pasado 13 de febreiro, na Galería Ferrer (ao carón do Auditorio de Ourense) tivo lugar a inauguración da exposición “Xente do Redor” do pintor ourensán Miguel Angel Martínez Coello, con grande afluencia de xente. Inaugurouse a mostra pictórica de 180 obras, que nesta primeira quenda mostrará os 30 primeiros retratos, da serie, que se estenderá durante seis meses, cun sentido homenaxe a Ricardo Outeiriño un persoeiro moi querido polo artista En palabras do artista,
“quixen xuntar a xente do común, con persoeiros moi relevantes, porque a historia faise dende os miudos aos máis grandes, e a verdadeira grandeza atópase na humildade”. Este evento foi patrocinado por Orixe Publicidade, dentro das actividades que ven realizando a favor da cultura, según o seu director Avelino Jácome: “quixemos facelo dende a iniciativa privada, sen ningunha axuda pública; debemos espertar en Ourense e ser quen, de pór en valor a nosa xente para perder vellos complexos. Somos unha cidade que aínda ten moito que decir e que ensinar”.
Avelino Jácome, de Orixe Publicidade e patrocinador da exposición, posa xunto ao seu retrato.
4HUMOR
OCIO E CULTURA / CLASIFICADOS
Barrios 20 de febreiro 2020
15
BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda, C. Domarco, Avelino Jácome. Yedra Seara Nº122 - Ano: XIII - 20 de febreiro de 2020 - Difusión: 7.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.
4ANUNCIOS CLASIFICADOS
4DESDE A PONTE... A MONTERREI
Miguel Chita: o carnaval do vinte, vinte... Lonxe de tódolos carnavais que se celebran por todo o país, hainos para ver, para participar, para darlle imaxes ás televisións, para vender fume, para entreter ós miróns,... pero tamén hainos para vivilos, sentilos, meterse neles e padecer unha humilde e grata satisfacción. Incluso hainos para necesitalos como unha menciña e curar unha dor profunda. Todos coa súa importancia son necesarios. Pois ben, unha das características máis notables do entroido de Verín é participar e facer participar. Meterse de cheo na festa e implicar ós que están arredor para que sintan o mesmo que un e padezan a paixón de entregar a ánima a troula. O carnaval de Verín non é para os espectadores nin para a televisión, non é para os de fóra que é para os de dentro, é para os gladiadores do humor, os críticos da vida sinxela, os creadores dos trasnos, os ideólogos das chirigotadas, os enxeñeiros das alevosías, os chivatos das beneficiosas ofertas políticas, os artífices do pitorreo, os destapadores da vida oculta dos señoritos, os titiriteiros da convivencia, as alacenas do bo comer e do beber, o disfrute da festa por pouco diñeiro se hai imaxinación, os vividores das xoldras que
“Os que estamos ó seu lado (de Miguel Sotelo) e temos a sorte de vivir con el as súas monecadas, vivimos todo o ano un auténtico entroido”
outros non saben disfrutar, Cheguei ó principio, onde quería chegar. Quero falar de Miguel, Sotelo para o deporte, padriño para a miña sobriña, frei Chitín para o cine, o Chita para as comedias, o compadre para o meu irmán, un dos herdeiros do “Buenos Aires” e gardador de tódalas reliquias que alí aconteceron, e pregoeiro deste entroido. Para mín é Miguel, o que sempre lle collo o teléfono independentemente da hora a que me chame. Para min é un grande acerto que o pregón deste ano se lle encomendara a el, porque de seguro que será algo novidoso, creativo e diferente. “De casta le viene al galgo”. De seguro que a ninguén deixará coa incertidume do vacío. Nadie sairá sen saber qué dicir, porque a sorpresa é para todos, tamén para min. Anímovos a ir a praza o domingo de corredoiro e deixaivos levar polas súas palabras. Viaxade libremente ó son da súa sintonía porque “a gracia do Chita, non se imita...”. Miguel é deses cidadáns que é festa, fai festa e métese nela con tódolos que estean ó seu redor. Dende fai dez anos celébrase en Ábedes, o luns de entroido na bodega do Chita. Un escenario festivo, amigable, onde conviven a gastronomía coas artes escénicas, o humor co talento, a improvisación coas novas tecnoloxías, a música cos monólogos, a saúde coa alegría de conxugar entroido con cidadanía. En fín, tódolos que por alí pasamos repetimos, ano tras ano, nas seguintes edicións, porque son únicas e irrepetibles.
Para que todo esto se poida levar adiante é necesaria a persoa de Miguel, que abandeira coa creatividade unha maneira de facer e vivir a festa que contaxia ós que son da súa condición. Incluso os máis remolóns para soltar un sorriso xeneroso préstanse voluntarios para colaborar na mellora do mellor entroido de Galicia, e non son eu o xuíz, esto é según a información de última hora dada polo Gadis. Os que estamos ó seu lado e temos a sorte de vivir con el as súas monecadas, vivimos todo o ano un auténtico entroido, porque a chispa cotidiana de Miguel fai un fogar alegre cada día onde está. En fin, tamén animo a tódolos veciños a ver o film do noso entroido, que grazas a profesionalidade de Oscar Conde e a compaña fidelis de Damorín, dúas pezas claves na imaxiñería do Chita, teremos a oportunidade de disfrutar este sábado no Auditorio. Sei que será unha grande sorpresa para tódolos asistentes e unha xoia para o arquívo dos grandes feitos entroideiros para a historia de Verín. Estamos en entroido, xa é entroido, por iso ten xente que gasta e consume, por iso veu o Gadis e descubríu que de toda Galicia o meirande entroido, o que suliveia ós que o fan e ós que veñen, é o de Verín. Gracias Gadis, gracias Miguel, gracias entroido e gracias a tódolos veciños que profesan a mesma crenza que nos. Edelmiro L. Mateo García Veciño encelado polo carnaval
[Deixe o seu anuncio no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]
INMOBILIARIA Alúganse apartamentos en Montalvo (de Semana Santa a outubro) con unha ou dúas habitacións, cociña, salón, baño, barbacoa, aparcadoiro, xardín; fronte á praia. Tel: 607 271 916 Alugo sala para actividades culturais, con posibilidade de cociña, baño e outros sertvizos. Tel.: 988 247 113. Busco casa en alquiler na periferia de Ourense. Opción a compra ou dunha permuta dun piso situado na Valenzá. Tlf.: 600 826 029. Vendo casa pola estrada de Santiago, con finca. Para restaurar. Tel.: 672 089 349. Alugo oficina na rúa Progreso. Exterior. Prezo económico Tel.: 672 089 349. Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunitaria Tel.: 650 64 15 19. Vendo casa na zona de Rante (a 8 km de Ourense) preto da autovía. 3 dormitorios, terreo, pozo de auga e garaxe. Prezo 49.800€. Tel: 606 422 543 Vendo finca edificable. Zona Rante. Moi económica (11.900€). Tlf: 606 422 543 Alugo casa de campo a 5km de Allariz. Todos os servizos. Tlf: 657 945 665. Véndese o alúgase un piso na estrada de Vigo. Preto do Lidl. Amoblados. Bo prezo. Tel.: 988 234 342. Alugo almacén pequeno en soto de garaxes. Para almacén, adega, trasteiro ou garaxe de moto. Rúa Francisco de Moure. Tel. 636 32 95 24. Véndese apartamento de 2 habitacións, cociña
americana, baño, trasteiro e garaxe. Recén reformado. A 5 min. de praia América. Bo prezo. Tel. 620 66 07 62. Alugo praza de garaxe na zona universitaria. Prezo 55 euros. Tlf.: 636 329 524. Alugo oficina económica de 15 metros cadrados, amoblada, con baños comunitarios por 100 € máis 7 de comunidade. C.E:C. Tel.: 627 203 131
TRABALLO Danse clases de francés a domicilio. Todos os niveis. Titulación en España e Francia. Tlf.: 625 745 611 Imparto clases particulares de Matemáticas a domicilio en Ourense capital. Todos os niveis. Tamen materias curriculares de ESO e Bacharelato. As clases son individuais e personalizadas. Ampla experiencia. Excelentes resultados. Económico. Interesados enviar WhatsApp ao 610 38 25 89. Ofrécese xerocultora para axuda a domicilio en Xinzo. Tamén para limpeza de casas e negocios por horas e adaptados ao seu horario. Tel: 686 005 358. Fanse desbroces en tractor e a man. Tlf.: 63 521 448 Ófrecese señora seria e responsable para tarefas do fogar e coidado de nenos e maiores. Con informes. Preferencia zona Ponte. Tlf: 685 374 191. Busco traballo en desbroces con tractor ou condutor de camión e carretillas. Ampla experiencia. Tel: 637 282 405. Busco mozo como asistente persoal con certificado de atención a persoas en situación de dependencia ou con auxiliar de enfermería. Boas condicións laboraia
Tel.: 679 699 508. Ofrécese señora por horas para tarefas do fogar, coidado de nenos. Atende persoas maiores; tamén de noite en hospital ou domicilio. Telf.: 620 052 173. Coido ou acompaño a maiores enfermos polas noites. Económico. Tel.: 616 361 548.
VENDAS Véndense dous lavacabezas de perruquería. Tel.: 672 089 349 Vendo cama hospitalaria articulada en bo estado, con colchón anti-escaras. Tlf.: 606 133 522 Vendo prensa de viño mediana/grande, ideal para decoración en xardíns. Tlf.: 606 133 522 Compro moble de cociña. Tel: 672 089 349. Vendo cubas de viño grandes, ideais para decoración ou facer portas locais. Tlf.: 606 133 522 Véndese mampara nova. Prezo 10€. Tel: 672 089 349. Véndense traxes de cabaleiro moi antigos en bo estado, ideal para Entroido. Prezo 10€. Tel: 610 979 897. Compro moble de cociña completo. Tel: 988 247 824. Vendo escritorio. Como novo, bo prezo. Tel: 672 089 349. Vendo estufa de frío e calor. Tel: 672 089 349. Vendo caldeira de gasoil Tel: 672 089 349. Vendo hormigonera de 280 litros e maquinillo / grúa (a gasolina). Tel.: 988 23 47 91 Vendo maquina de coser industrial (dobre arrastre). Tel.: 630 587 527
VARIOS Acepto canarios. Tel: 988 247 824.
Barrios 20 de febreiro 2020