A provincia de Ourense xa se prepara para celebrar por todo o alto o Entroido 2020 [Páx. 8-9]
TEMA
Páx.2
Unha residencia para maiores no solar da estación de autobuses
BARBADÁS
Páx.5 ALLARIZ
O Centro de Saúde da Valenzá conta desde xaneiro con atención bucodental
Páx.6 CELANOVA
Semana Santa ao Vivo abre o período de inscrición para os artistas ata o día 14
Páx.7
17 ofertas para redactar o proxecto de mellora da estrada OU-540
Para comer, Xantar
DEPORTES
Páx.12
O Ourense CF continúa a estela do Compostela na Terceira división
Concordia para peóns [Páx. 2]
Dúas derrotas do COB no Pazo [Páx. 12]
[Páx. 3]
Xantar 2020 terá lugar en Expourense ata o 9 de febreiro. // A rúa Concordia xa foi restrinxida ao tráfico rodado. // O COB visita ao Palencia esta fin de semana. /R.T.
Número: 120 - Ano: XIII - 6 de febreiro de 2020 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190
2
Barrios 6 de febreiro 2020
TEMA DA SEMANA
Primeiro paso do plan de mobilidade 4 Concordia xa ten restrinxido o tráfico rodado. R. Torres A primeira pedra do plan de mobilidade en Ourense xa está colocada. Desde este mes a rúa Concordia ten pechado o acceso ao tráfico rodado agás aos vehículos de carga e descarga e os que aparquen en garaxes públicos ou privados. Tamén está pechado ao tráfico o primeiro tramo da avenida de Buenos Aires que comprende desde a esquina de Santo Domingo ata o cruce con Ramón Cabanillas. Este é o primeiro paso dun plan que pretende facer do centro de Ourense unha gran almendra peonal, para que na cidade se priorice ao peón ademais dos que se despracen en transporte público ou en bicicleta. Reticencias Cando hai cambios a xente ou protesta ou mostra certa reticencia. E nesta
ocasión non foi excepción. Moitos cidadáns (sobre todo comerciantes da rúa) mostraban a súa preocupación por restrinxir o tráfico. Desde o Concello ven lóxicas as inquedanzas polo cambio pero están seguros que tornarán co paso do tempo. Nos primeiros días a Policía Local simplemente informaba da imposibilidade de pasar por Concordia. Esa fase xa rematou e agora comezan a poñer as primeira multas aos que pretenden aparcar na zona o usan devandita rúa como atallo.
Este é o primeiro paso dun plan que pretende facer do centro de Ourense unha gran almendra peonal
Aspecto da rúa Concordia nas primeiras horas restrinxida ao tráfico. /RAMSÉS.
Vista da zona de aparcamento e o edificio da estación de autbuses que se demolerá este ano./RAMSÉS.
Construirase unha residencia para maiores no solar que deixará a estación de autobuses 4 A Xunta presentou a proposta aos veciños da zona. R.T. A Xunta de Galicia fixo unha presentación á veciñanza ourensá do que se pretende facer no solar que deixará a estación de autobuses (esta trasladarase xunto á de trens). A conselleira de Política Social, Fabiola García, e a de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, deron a coñecer o proxecto na propia estación. Ata alí, ademais dos veciños da zona, desprazáronse un nutrido grupo de representantes políticos entre os que se atopaba o alcalde da cidade, Gonzalo Pérez Jácome. Fabiola García explicou que o espazo que queda baleiro (10.000 m2) servirá para a creación do futuro centro integral público de atención ás per-
soas maiores. A conselleira de Política Social destacou que con esta proposta se dá un gran paso na atención ás persoas maiores ao dotar este barrio dunha das mellores residencias de toda Europa. Esta nova infraestrutura suporá un investimento duns 12 millóns de euros, e será financiada, construida e equipada pola Fundación Amancio Ortega. Contará con 120 prazas públicas e creará 110 postos de traballo. Disporá dun equipamento de vangarda e servizos innovadores como as unidades psicoxeriátricas, especializadas na abordaxe do Alzhéimer e outras demencias. Pola súa banda, a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, puxo en valor a coordinación entre os distintos
departamentos da Xunta e as achegas recibidas de asociacións e veciños para darlle uso público e social a esta parcela da estación. Demolición Recordou que está redactando o proxecto de demolición da actual estación para poder construír a residencia canto antes. AVV As Termas Aproveitando a visita, veciños da praza 200 demandaron ás conselleiras a
ampliación da rúa D (entre o solar da estación e as vivendas sociais) para que os bombeiros den accedido á praza. Tamén reclamaron un parque público e que se garantice o servizo de autobús urbano na zona coas liñas existentes.
A residencia contará con 120 prazas públicas e creará 110 postos de traballo
Os veciños da praza 200 falando coas conselleira de Política Social e Infraestruturas. /RAMSÉS.
TEMA DA SEMANA
Barrios 6 de febreiro 2020
que inclúe ademais outros peixes e mariscos que recollen a tradición da cociña de pescadores das Ons, os seus sabores e elaboracións. A outra gran novidade é a participación de Guimarães, en Portugal, que participa cun restaurante local que conta co apoio desta cámara municipal portuguesa. No seu menú non faltará nin o «bacallhau», nin o viño verde nin a repostaría tradicional.
Os restaurantes presentes en Xantar 2020 contaron con numerosos comensais dende primeira hora. /M.REJO.
Xantar abre as súas portas 4 Agárdase que milleiros de comensais pasen polos 15 restaurantes presentes na 21ª edición deste salón. Redacción Xantar 2020 (Salón internacional de turismo gastronómico) abriu as súas portas no recinto feira de Expourense. Ata o 9 de febreiro (domingo) agárdase que milleiros de
comensais pasen polos 15 restaurantes presentes no salón. Xantar, que celebra a súa 21ª edición, presenta un completo programa de actividades e unha ampla oferta en restauración que proxectará unha imaxe de
Recoñecidos chefs de 5 países impartirán talleres de cociña dentro do XV Encontro de Gastronomía Saudable
calidade e sustentabilidade do turismo enogastronómico da Península Ibérica. A tradicional e estreita cooperación transfronteiriza con Portugal convivirá tamén coa cooperación iberoamericana, xa que está confirmada a presenza nesta edición de delegacións de profesionais da gastronomía e o turismo de países como Méxi-
Asistentes a un dos talleres de cociña da xornada inaugural. /M.REJO.
co, Costa Rica, Colombia ou Perú. No que respecta ás actividades, Xantar reunirá a recoñecidos chefs de 5 países que impartirán talleres de cociña en directo enmarcados no XV Encontro Internacional de Gastronomía Saudable e Sustentable que ofrecerá ao público máis de 150 experiencias. Novidades en restauración Na 21ª edición de Xantar participan 15 restaurantes procedentes de Galicia, Castela e León e do Norte de Portugal. En total, ofreceranse máis de 20 menús baseados nos seus produtos autóctonos e de calidade, xa que a maioría inclúen alimentos amparados por unha Denominación de Orixe ou Indicación Xeográfica Protexida. Entre as novidades destaca o menú ofrecido por Illa de Ons e defendido por un dos restaurantes da illa, terá ao polbo como produto estrela dun menú
Restaurantes En total son 15 os restaurantes presentes que ofrecerán a gastronomía de Ourense (Inorde, Parada do Sil, Sabores de Ourense, Baixa Limia e Ourense Capital Termal); de Galicia (Illa de Ons, Vila de Cruces, Porto da Guarda, Ría de Pontevedra - Beluso, 100% raza autóctona Federación de razas autóctonas de Galicia e Condado de Paradanta); de Castela e León; e de Portugal (Vila Real - Douro, Guimaraes e Taste Braga).
3
Ademais deste menús, ao longo dos cinco días que o salón está aberto haberá todos os días numerosas degustacións de moi variados produtos tanto de Galicia como de fóra da nosa comunidade. Concursos Ourense acollerá, dentro da programación de Xantar, as cuartas e últimas semifinais do VIII Concurso de Cociñeiro do Ano e do IV Concurso Camareiro do Ano. Enventos que terán lugar o xoves, 6 de febreiro. Estará tamén representado o Concello de Ourense a través de dous restaurantes: o da Capital Termal e o de Saboresdeourense.
Os 15 restaurantes presentes ofertarán máis de 20 menús con produtos autóctonos de Galicia, Castela e León e Portugal
O conselleiro de Cultura, Román Rodriguez, non se deu resistido ao polbo á feira. /RAMSÉS.
4
Barrios 6 de febreiro 2020
Cursos nas AVV Redacción A Concellería de Participación Cidadá de Ourense oferta 145 cursos nas asociación de veciños. Contan con 2.700 inscritos nas máis de 50 asociacións que os solicitaron. Nalgúns hai prazas libres, polo que os interesados que pregunten nas dependencias municipais da praza de San Martiño ou unas respectivas asociacións dos seus barrios.
CIDADE
La Molinera oferta novas actividades 4 Con inscrición en www.lamolinera.net. Redacción O Concello de Ourense organiza 18 novas actividades formativas de achegamento ás novas tecnoloxías para a cativada, a mocidade e as persoas adultas. As persoas interesadas poderán ins-
cribirse desde no espazo web www.lamolinera.net. A oferta para maiores de 16 anos inclúe 8 obradoiros de fabricación dixital, cun total de 160 prazas. Desenvolveranse na Aula CeMIT de La Molinera (na rúa do Abrevadeiro, 1), en horario de mañá. A
programación para a cativada e a mocidade inclúe 10 obradoiros, con 12 prazas cada un (120 en total), que se desenvolverán polas tardes (de 16.30 a 18 ou de 18.15 a 19:45).
Fabricación de impresora 3D XL.
Orzamento Redacción O Boletín Oficial da Provincia do 31 de xaneiro publica a aprobación inicial do orzamento xeral do Concello de Ourense para o exercicio 2020, aprobado polo Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria, o pasado 27 de xaneiro. O documento está inte-
grado polo orzamento do Concello e polo do Consello Municipal de Deportes, así como polas bases de execución e anexos de persoal. O expediente estará a disposición dos interesados en formato dixital e en formato papel -no departamento de Xestión Económica e Orzamentaria do Concello de Ourensedurante o prazo de quince días hábiles
Ourense quere adherirse ao Pacto de Alcaldes 4 O tenente de alcalde mantivo unha reunión coa conselleira de Medio Ambiente. Redacción O tenente alcalde e concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Pumar, mantivo unha reunión de traballo coa conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez Mejuto. O obxectivo era “avanzar no desenvolvemento de proxectos para crear o Ourense Sostible que todos desexamos”, indica Pumar. O tenente alcalde comunicoulle á Xunta a decisión de que Ourense se adhira ao Pacto de Alcaldes polo clima e a enerxía, posicionando a cidade na Rede Europa onde poderá cooperar con máis de 9.900 institucións públicas na implementación de medidas para loitar contra o cambio climático e para mellorar a calidade de
vida dos veciños. “É un compromiso no que estiven traballando desde a miña chegada ao cargo da xestión ambiental do Concello”, di Jorge Pumar. “A rede europea é unha oportunidade para identificar ideas e proxectos que permitan a Ourense ser unha cidade máis sostible hoxe e de futuro para os nosos fillos”, lembra. Ángeles Vázquez e Jorge Pumar abordaron outros asuntos de interese para o concello de Ourense, como é a posta en marcha da recollida do residuo orgánico, a “quinta fracción”, a través dos novos contedores marróns. Na reunión tamén se abordaron proxectos en materia de ámbito urbano, apostando por iniciativas de desenvolvemento sostible e de economía circular para unha cidade verde e eficiente.
A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, e o tenente de alcalde, Jorge Pumar.
BARBADÁS
Barbadás organiza a cea de comadres 4 Celebrarase o venres 21 de febreiro. Redacción
Centro de Saúde da Valenzá.
O Centro de Saúde da Valenzá conta con atención bucodental 4 O servizo estará atendido por unha odontóloga e unha hixienista dental. Redacción Desde finais do mes de xaneiro os preto de nove mil usuarios do Centro de Saúde da Valenzá dispoñen xa, no seu propio centro, de asistencia bucodental, atendida por unha odontóloga e unha hixienista dental co apoio de unha auxiliar de enfermería. Ademais desenrolarán o Programa Galego de Saúde Bucodental, para previr a incidencia da patoloxía bucal de cativos, dando especial importancia á prevención e educación para a saúde. Ao centro de saúde están adscritos 1.400 menores de 15 anos. O servizo está especialmente dirixido a nenos/as entre 6 e 14 anos. Os tratamentos e consultas serán os martes e xoves, para a atención odontolóxica, e luns e venres para consultas de hixiene dental, buscando, especialmente, previr e coidar a saúde bucodental dos mais cativos. Para acceder a este servicio, ata agora, os pacientes do Centro de Saúde da Valenzá tiñan que desprazarse ata o de A Carba-
lleira, cousa que agora deixarán de facer. Medida O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, valora positivamente a implantación do novo servizo, “tendo en conta que os veciños de Barbadás demandaban dende hai tempo un servizo imprescindible para o volume de poboación que vive no municipio”. Valcárcel destaca tamén a importancia que ten “deixar de depender para este servizo do centro de saúde da Carballeira e que os usuarios dispoñan de unha maior accesibilidade e comodidade á sanidade pública”. O Centro de Saúde levará opetativo no mes de marzo, tres anos.
Este novo servizo está especialmente dirixido aos 1.400 menores de 15 anos adscritos a este centro de saúde
O Entroido de Barbadás inclúe na programación do Entroido o venres de Comadres. A “Cea de Comadres” será o venres 21 de febreiro ás 21 horas no local de Fonval (preto do
colexio Filomena Dato, na rúa da Presa), xusto despois do pregón. A incorporación desta nova cita co Carnaval pretende dinamizar o ambiente entroideiro da localidade. O prezo do menú da “Cea de Comadres” terá
Barrios 6 de febreiro 2020
un custo de 14 euros. A venda de entradas realizarase no local de Fonval en horario de 17 a 20 horas ata o día 17 de febreiro. A cea da “Noite de Comadres” inclúe como plato principal o tradicional cocido: cachucha, orella, touciño, tenreira, oso de xoán, chourizo de cebola e de carne, verdura, patacas e garavanzos. O postre consistirá en orellas, bica e filloas. Haberá viño, auga e refrescos. Desde o Concello animar a participar nesta actividade.
5
Pleno Redacción A corporación municipal de Barbadás acordou no pleno de febreiro, por unanimidade, tomar máis medidas contra o vandalismo. Isto chega despois dos destrozos no cemiterio da Valenzá. O goberno local comprometeuse a incrementar a vixilancia. Outra das mocións aprobadas por maioría foi a de crear unha comisión para tratar os temas das lindes con outros concellos.
6
Barrios 6 de febreiro 2020
ALLARIZ E COMARCA
EN BREVE
Allariz separa, reutiliza e recicla cada vez máis
4 Mulleres compartindo Dende a area de Igualdade e Servizos Sociais retómase o proxecto Mulleres Compartindo, coas mulleres das Asociacións Veciñais de Amiadoso e Torneiros. Este proxecto leva en funcionamento 15 anos e ten como finalidade achegar ás mulleres do rural unha programación que tendo en conta a mirada sexolóxica realice unha intervención para axudar a “vivir e vivirse máis a gusto”. É un proxecto de dinamización rural onde se levan realizado intervencións novidosas como As bicicletas son para as mulleres, a recuperación e usos de herbas medicinais, e de onde xurden os grupos de doulas sororas. As sesións son semanais durante dous meses e o traballo vai enfocado ao traballo de habilidades persoais para unha maior autonomía, un mellor coñecemeneto e unha mellor convivencia.
4 FIXA
O xurado técnico elexiu ao xardín “Se o heroe da túa propia pelicula”, para acadar o premio AEP ao mellor Xardín da edición 2019 do Festival de Xardíns de Allariz. Coma gañador tamén do premio do público, poderase gozar deste xardín outra vez nesta vindeira edición 2020.
4 Achégase ao 50% de separación. Redacción
A Semana Santa ao Vivo congrega moito público polas rúas de Allariz.
Semana Santa ao Vivo abre o período de inscrición para os artistas 4 Ata o día 14 de febreiro. Redacción Xa está aberta a inscrición para todos aqueles artistas que queiran participar na Semana Santa ao Vivo de Allariz. Este proxecto cultural abarca sobre todo música, nos seus variados estilos, ademais doutras disciplinas artísticas susceptibles de realizarse na rúa, como danza, espectáculos de maxia ou teatro, entre outras. Allariz recibe miles de turistas durante as vacacións de Semana Santa polo que, dende hai anos, o Concello organi-
Allariz promove os “Sábados na mocidade” 4 Un programa que se desenvolverá de febreiro a abril. Redacción O programa “Sábados na mocidade”, promovido dende a Concellería de Mocidade do Concello de Allariz, desenvolverán unha programación de ocio para a xente moza mediante actividades lúdicas, deportivas e cultu-
rais que se levarán acabo durante algúns sábados de febreiro, marzo e abril. O Concelleiro de Mocidade, Iago Santás, explicou que se crea este programa de actividades pensando en ofertar u ocio alternativo para os mozos e as mozas do concello, no que se realizarán activida-
za unha proposta cultural, que conxuga arte, tradición e cultura. Entre o 9 e o 12 de abril, as rúas do Casco histórico de Allariz acollen a artistas de diferentes estilos musicais, para amenizar o paseo de veciños e visitantes. Prazo A área de promoción económica do concello alaricano manterá o prazo ata o día 14 de febreiro. Para participar é preciso enviar o formulario debidamente cumprimentado que poderán descargar na páxina web www.allariz. gal/xornal. A selección des para todos os gustos e intereses. Actividades “Sábados na mocidade”, contará dentro da súa programación con obradoiros de maxía, charlas coloquio, obradoiro de fotografía, actividades que fomenten o
Casa da Mocidade.
será comunicada ás persoas inscritas, a través de correo electrónico, o día 2 de marzo. Máis información na área de Promoción Económica do Concello de Allariz (dinamizacioneconomica@allariz.com – 988 442 210).
Entre o 9 e o 12 de abril, as rúas do casco histórico de Allariz acollen a artistas de diferentes estilos musicais deporte e a vida saudable, cine, etc. Para máis información ou para ir coñecendo a programación desta actividade, poderanse consultar calquera dúbida na Casa da Mocidade, no correo mocidade@allariz. com ou no 988680434.
Veciños e a propia administración local de Allariz estanse a tomar nos últimos anos moi en serio o da reciclaxe. Grazas a elo, a vila alaricano seguiu avanzando no 2019 na separación, reutilización e reciclaxe. O programa RE, posto en marcha dende a institución municipal, fixo que se chegue ao 48,06% de separación, moi preto do 50% marcado pola Unión Europea no Horizonte 2020. Cifras Se temos en conta os envases, a recollida deste supuxo un incremento de 10.000 quilos (137.140 kg en total de envases, latas e bricks o que supón 22,48 Kg por veciño) repecto a 2018; isto fixo que o concello ingresara 37.507 euros por este concepto. Tamén nuns 10.000 quilos aumentouse a recollida de papel-cartón, superando os 149.000 kg. En canto ao vidro mantívose en cifras do
Ciclo de educación sexual Redacción Durante o mes de febreiro terá lugar un ciclo de educación sexual nos centros de ensino de Allariz. Correrá a cargo da educadora familiar e técnica de igualdade da Area de Benestar Social do Concello de Allariz. Este curso levarase acabo con 6º de primaria e 2º e 4º da ESO, en colaboración co servizo de orientación do Colexio Padre Feijóo e do IES de Allariz.
ano anterior, acadando os 33,93 Kg por veciño, cando a media provincial é de 15,58. Pola sua banda, a roupa reciclada, un 5,9% máis chegando a superarse os 20.000 quilos. Os restos de comida e podas subiron uns 18.000 Kg chegando aos 347.990. En parte grazas aos novos composteiros individuais repartidos e á incorporación á compostaxe comunitaria de veciños e grandes productores da vila e o Parque Empresarial. A pesar destes datos, prevese a a repartición de 100 composteiros familiares para as casas que dispoñan de parcelas. Tamén se recolleron 3.090 kg de aceite.
Zona de recollida do textil na Alameda de Allariz.
A duración do curso será de tres sesións repartidas ao longo do mes de febreiro, no que os contidos a tratar serán dende a puberdade, os cambios que ocorren nesta etapa, etc entre outros moitos temas. Dende a Área de Benestar Social do Concello de Allariz pretende realizar estes cursos cada dous anos para fomentar a motivación nos mozos e nas mozas. A finalidade do curso é achegar ideas que sexan de interese para as persoas coas que se traballará de forma que se entendan mellor e entendan mellor aos demais.
CELANOVA E COMARCA
Ofertas para redactar o proxecto de mellora da estrada OU-540 4 Un total de 17 empresas presentan a súa oferta. Redacción Un total de 17 empresas veñen de presentar as súas ofertas para redactar o proxecto de mellora da estrada OU-540, desde Celanova ata a Baixa Limia e a fronteira portuguesa. Trátase do proxecto impulsado pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para completar o eixe de comunicación Ourense – Celanova – Fronteira portuguesa coa mellora da estrada desde Celanova ata Lobios. Este proxecto conta cun orzamento de 200.000 euros. Prazos Segundo a planificación do departamento de Infraestruturas, e cumprindo cos prazos previstos na Lei de contratos públicos, a Xunta prevé poder asinar o contrato antes do verán. O obxectivo é comezar este ano os traballos de redacción do proxecto e someter a información pública a efectos expropia-
torios, así como iniciar a tramitación ambiental e, a continuación, aprobar o proxecto e iniciar a contratación das obras. O proxecto de actuación previsto nesta estrada incluirá a intervención en varios treitos para aumentar a súa capacidade coa execución de novos terceiros carrís de adiantamento. Máis en concreto, dos 34 km que separan a saída da autovía en Celanova Sur e a ponte de Lindoso, practicamente 8 disporán dun novo terceiro carril de adiantamento, o que unido aos terceiros carrís xa existentes, farán que 15 km, o 44% do percorrido, conten con terceiro carril de adiantamento. A isto hai que engadir a mellora do trazado, sumando catro quilómetros e medio de rectificacións de curvas. A execución das obras acadará un investimento da Xunta da orde dos 9 millóns de euros.
Estrada que une Celanova con Bande.
Barrios 6 de febreiro 2020
A familia Mínguez achegará os cogomelos aos máis cativos 4 Coa súa nova publicación que sairá á rúa no transcurso deste ano. Redacción Tres xeracións de divulgadores micolóxicos de Celanova da familia Mínguez traballan nun novo libro de cogomelos que sairá este ano a rúa coincidindo co 25 aniversario da publicación do primeiro traballo titulado “Manual de cogomelos máis frecuentes e curiosos na zona de Celanova”, de 1995. Participan no proxecto Ricardo, Alejandro e Alicia Mínguez nun traballo que será en formato álbum infantil con dous tipos de ilustracións e debuxos moi diferentes, unha parte dixital con técnica informática e outra clásica a lapis. O obxectivo é explicar de forma sinxela un complexo mundo científico. O traballo cobre un oco no mercado editorial galego, xa que apenas existe bibliografía micolóxica para nenos. Os cogomelos están cada vez máis de moda, pero é preciso “iniciar a formación canto antes”, explican os autores, xa que nos montes galegos existen exemplares que son bos comestibles, pero tamén cogomelos tóxicos e incluso mortais que cada ano provocan ingresos
hospitalarios. Ademais, os nenos deben coñecer as funcións botánicas tan importantes que fan os cogomelos, para respectalos e estudalos sen danalos. 25 anos Despois dunha vida adicada a divulgación micolóxica con experiencia tamén entre os máis pequenos con charlas en colexios, os autores decidiron dar este paso para tratar de enriquecer a micobibliografía e que o libro serva comomaterial
nos centros educativos. Este traballo será o décimo primeiro da familia Mínguez de Celanova, e dentro dos títulos publicados nos últimos 25 anos cómpre salientar libros de divulgación, de cogomelos medicinais, de historia micolóxica de Galicia, cogomelos de Celanova ou unha selección dos comestibles e dos tóxicos.
O traballo será en formato de álbum infantil
EN BREVE 4 Fitur O xeodestino “Terra de Celanova–Serra do Xurés” foi presentado na Feira Internacional do Turismo (Fitur) celebrado no mes de xaneiro en Madrid. deuse a coñecer esta proposta que une turismo cultural, termal e de natureza. O xeodestino abrangue 14 municipios das comarcas de Terra de Celanova e da Baixa Limia.
4 BNG O BNG advirte que as traballadoras da axuda a domicilio non están a cobrar os desprazamentos. As nacionalistas recolleron testemuños de traballadoras que din que levan meses sen cobrar a quilometraxe e non teñen outra opción que utilizar o seu propio vehículo.
4 Trail
O domingo, 22 de marzo, Celanova acolle o seu V trail e andaina de Celanova. Iste evento deportivo consiste nunha carreira de trail en dúas modalidades: 1ª Carreira larga duns 22 km e unha carreira de trail sobre a mesma distancia, pero que se disputará por relevos, en equipos de dúas persoas. Paralelamente haberá unha andaina con duas distancias unha curta de 12 quilómetros e outra longa de 22 km, sendo coincidente co recorrido do trail.
4 Homenaxe
Ricardo, Borja e Alejandro Mínguez nun acto micolóxico celebrado en Ponteareas.
7
Xosé Velo Mosquera conta cun busto no parque das Triguerizas tras ser homenaxeado en Celanova, polo seu compromiso político.
8
Barrios 6 de febreiro 2020
especial ENTROIDO
a través do correo electrónico (casacultura@barbadas.es ) ou chamando ao teléfono 988 246 885. As solicitudes están dispoñibles en www.barbadas. gal. O desfile dará comezo ás 17 horas do martes 25 de febreiro e percorrerá a avenida de Celanova.
Marty McFly e Doc Emmett Brown no desfile de Barbadás./ARQUIVO.
Vai de Entroido!
4 A provincia prepárase para un mes cheo de disfraces e troula. Redacción Este ano o mes de febreiro encherá a provincia de Entroido. Desde o día 1, día do Petardazo en Xinzo, ata o 29, Sábado de Piñata en Celanova, estaremos nuns días cheos de diversión. En Allariz os días fortes serán entre o 24 e 26 de febreiro rematando co Pranto do Entroido e a Queima do Meco. Se miramos cara a Celanova, dúas citas sobresaen: por unha banda o sábado 15 celebrarase a Noite de Comadres no Salón de Actos do Claustro
Xinzo Deixado atrás o Sábado de Petardazo e o Domingo Fareleiro, Xinzo non deixa tempo ao descanso e esta mesma fin de seman xa acolle o sábado 8, o “Colgamento do Meco”, e o día 9 celebrarase o Domingo Oleiro, onde as olas volarán polos aires ata que se esnaquicen todas. Sete días despois Xinzo acolle o Sábado de Comadres, o día 15 será a antesala da aparación por primeira vez no Entroido das “Pantallas”; será o domingo 16 co Domingo Corredoiro. Os días grandes chegarán a partir do 23 de febreiro data na que ten lugar o Domingo de Entroido, varios días seguidos de troula que terán como día álxido -se é que os outros días non son álxidos de por si- o Martes de Entroido (25 de febreiro). A novidade máis salientable desta edición é que o desfile terá lugar o Domingo de Piñata, que será o día
Barroco (imprescindible, como non, ir disfrazados de muller). A segunda gran cita será o Sábado de Piñata (29 de febreiro). Para anotarse ao desfile deberá facerse na oficina de turismo en horario de luns a venres de 9 h. a 14 h, no teléfono 988 43 14 81 ou no enderezo electrónico pinhata@celanova.gal. O prazo de inscrición rematará o mércores 26 ás 14 horas.
“Cea de Comadres” que se celebrará o 21 de febreiro (venres) ás 21 horas no local de Fonval (preto do colexio Filomena Dato, rúa da Presa), xusto despois do pregón. Terá un custo de 14 euros En canto ao desfile, outra das citas importantes, o prazo de inscrición está aberto ata o 21 de febreiro e poderase facer por tres vías: na Casa da Cultura,
Barbadás A primeira cita importante no Entroido do Concello de Barbadás será a
O Concello de Barbadás organiza a “Cea de Comadres” o 21 de febreiro (venres) ás 21 horas no local de Fonval
1 de marzo. O ano pasado por mor das inclemencias climatolóxicas a organización viuse na obriga de atrasalo ata ese día; debido ao éxito acadado este ano repiten data dun desfile que dará por rematado o Entroido 2020 de Xinzo. No aspecto infantil, por outra banda, contratarase unha empresa que realizará concursos e demais entretemento destinado aos máis pequenos, a maiores do xa coñecido desfile dos colexios tanto de Xinzo como arredores. Durante todos os días de Entroido, cabe destacar que non haberá practicamente nin unha hora sen música. “Dende as 12 da mañá ata ben entrada a madrugada desfrutaremos de grupos tradicionais, charangas, orquestas e demais”, asegurou o máximo responsable da organización. Ademais, como gran novidade, intentarase preparar o primeiro baile “de mascaritas” da vila dende
hai corenta anos. Verín Un total de catorce charangas, once orquestras, catro discomóbiles e a banda de gaitas municipal marcarán o ritmo do entroido de Verín, que comeza o día 13 co xoves de Compadres e termina o 1 de marzo co domingo de piñata. No Domingo Corredoiro (día 16) partir das 11:30 horas, o son das chocas alagará as rúas de Verín coa popular concentración de Cigarróns na praza do Concello. Como é tradición, os fregueses serán recibidos á saída das igrexas RR.PP. Mercedarios e Parroquial polos cigarróns. Ás 13:30h na
Para anotarse ao desfile do Sábado de Piñata de Celanova deberá ser antes do mércores 26 ás 14 horas
En Xinzo non faltará a troula máis desenfreada./ARQUIVO.
ENTROIDO especial
praza Maior terá lugar o Pregón. E o día 20 chega un dos días fortes en Verín co Xoves de Comadres. Pola mañá, a partir das 11:45 horas, os nenos e nenas das CEIPs Amaro Refojo, Augusto Asía da Mezquita, Castrelo do Val, Medeiros, Princesa de España, Ríós- Vendas da Barreira, Rodolfo Núñez de Vilardevós, CPR María Inmaculada, CRA Monterrei, Casas Niño de Castrelo do Val, Cualedro (Aprendo Xogando), Albarrellos (Aloumiño), Vilardevós (Lalá), Gardería da Asociación Tres Reinos A
En Xinzo, a novidade máis salientable desta edición é que o desfile terá lugar o Domingo de Piñata (1 de marzo)
Mezquita, Gardería Piñocho, Kero Kolo do Concello de Verín, IES García Barbón e Taboada Chivite percorrerán as rúas máis céntricas de Verín no Desfile Infantil de Entroido. Do mesmo xeito que o ano pasado, o desfile comezará no entroncamento de Canella Cega coa rúa Cabreiroá e seguirá polas rúas Deputación, Luís Espada e Lisa, para finalizar nas Praza Maior. Nesta ocasión o desfile contará coa música da Banda de Gaitas do Concello de Verín e das charangas Los Támega, Jalácticos, Mil9, A Chicoria e Terra de Trives. E pola noite, mandan as mulleres. Tras as tradicionais ceas das comadres nos restaurantes da vila, as mulleres dirixiranse á Casa de Escudo, no barrio de San Lázaro, onde, sobre as 00:30, partirá a procesión. A partir das 00:00 horas, en San Lázaro, a Raíña recibirá a comitiva
encabezada por Don Carnal que descenderá polo camiño Real e dirixiranse á praza Maior onde tras o saúdo da Don Carnal e a Raíña a festa continuará. O Venres de Compadre precederá ao sábado 22 e domingo 23 no que haberá un circuíto de charangas que percorrerá as rúas Montemaior, Lisa, da Cruz, do Pozo, Praza do
Cigarrón, e Praza da Mercé, entre as 19 e as 22:30 horas. O Domingo de Entroido será o día grande en Verín. A a partir das doce, cigarróns, comparsas e carrozas, percorren o centro da vila no gran desfile matinal ofrecendo os asistentes un espectáculo cheo de cor, orixinalidade e humor que se prolongara ata a hora de xantar. E
O colorido inundará o Entroido de Verín./ARQUIVO.
Barrios 6 de febreiro 2020
o Martes de Entroido (25 de febreiro) a partir das 16:30 da tarde, celébrase o derradeiro desfile repleto de máscaras, disfraces e grandes doses de humor. O epílogo a esta festa chega co Domingo de Piñata, 1 de marzo, cando unha gran comida popular para os participantes nos desfiles da por rematado o Entroido 2020. Maceda En Maceda serán, como cada ano, os Felos os protagonistas facendo acto de presencia xa en xaneiro. Do 14 o 16 de febreiro, celébrase o Pinchos de Entroido, sendo do día 14 a cena de entroideiras no Lar dos Felos. Ao día seguinte, sábnado 15, a partir das 21h. Fiadeiro en Carguizoi na que os seus veciños abrirán as portas da suas casas para recibir as gaitas e panderetas. O 16 de febreiro, domingo, Tarde de Bolouros
9
na praza Cervantes a partir das 17 h. Para o venres 21 queda a Festa de Comadres na Praza das Toldas (20 h). Os días 22 e 23 os Felos sairán polos pobos da Serra partindo desde o antigo matadoiro ás 9.30 horas. A baixada da Marela dende o Toural polas rúas da vila queda para o sábado 22, desde as 19.30 h e ata medianoite. O luns 24 haberá unha festa infantil a partir das 17 horas no pavillón de Deportes. O martes 25 o Desfile de Felos, Carrozas e Comparsas sairá ás 18 h desde a rúa das Canteiras. E rematará a festa o día 26 co mércores de cinsa e o Enterro do Entroido ás 20 h. na praza das Toldas.
Os Cigarróns farán acto de presencia en Verín o Domingo Corredoiro (día 16 de febreiro)
10
Barrios 6 de febreiro 2020
Casas do maior Redacción A Xunta de Galicia abriu o prazo para solicitar as axudas para a posta en marcha de 33 novas casas do maior, co fin de rematar a lexislatura con 60 destes pequenos centros de atención diúrna 100% gratuíta ás persoas maiores en funcionamento. Co gallo da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (DOG). Esta nova convocatoria de axudas, que suma un montante global de 1,3 millóns de euros, inclúe tres novidades. En primeiro lugar, nesta nova orde de achegas flexibilízanse os requisitos para poder acceder a esta axuda: poderán contar cunha casa do maior financiada integramente polo Goberno galego todos aqueles concellos que non conten cun centro de día, non só aqueles de menos de 5.000 habitantes, aínda que seguirán primando as localidades pequenas. Así mesmo, amplíase o perfil das persoas usuarias: xa non será necesario contar cunha valoración de dependencia, senón que poderán asistir a estas casas persoas maiores que sexan autónomas. En terceiro lugar, a Xunta de Galicia financiará ás promotoras das casas do maior para que trasladen ás persoas maiores usuarias desde os seus domicilios, ida e volta. A conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou esta semana as casas de Cenlle e Punxín.
PROVINCIA
O programa Emega promove novos proxectos 4 Os proxectos estaban liderados por mulleres que traballan por conta propia. Redacción
por conta allea.
A Xunta de Galicia suvencionou 26 proxecto liderados por mulleres na provincia de Ourense ao abeiro do programa Emega. A práctica totalidade dos apoios na provincia van dirixidos a promover a posta en marcha de novos proxectos de negocio que crean emprego por conta propia e allea. A delegada territorial, Marisol Díaz Mouteira, visitou unha farmacia na localidade de Castrelo de Miño que contou cunha axuda deste programa. Díaz Mouteira indicou que grazas ao Programa Emega foron subvencionados na provincia de Ourense os 26 proxectos, que contaron con axudas por importe de 260.000 euros e que permitiron a creación de 35 empregos femininos, dos que 27 son por conta propia e oito indefinidos
Visita A farmacia emprazada en Castrelo de Miño que presentou un dos proxectos que contou co apoio do Programa Emega recibiu unha subvención de 20.000 euros da liña Emprende para botar a andar un proxecto de venda de productos farmacéuticos. Grazas a este apoio, o proxecto xerará tres postos de traballo femininos: o da promotora (por conta propia) e o de dúas empregadas (indefinidos por conta allea). Das 26 iniciativas, 25 se corresponden coa liña ‘Emprende’ destinada á promoción da posta en marcha de novas iniciativas empresariais e crear emprego por conta propia e allea, e unha delas, ademais, tamén obtivo a axuda complementaria da liña ‘Concilia’, dirixida a promover a conciliación da vida persoal, familiar e
laboral. Ademais, un dos proxectos acolleuse ás achegas da liña ‘Activa’ para favorecer a reactivación e consolidación de empresas a través de medidas de renovación ampliación ou cambio de localización dirixidas a paliar unha situación económica adversa. Entre os proxectos apoiados, ademais desta farmacia, figuran negocios relacionados coa hostalería, comercio, xoiería, estética e perruquería, podoloxía, zapataría, centro de día, formación, fisioterapia, deseño gráfico, ilustración e banda deseñada, servizos de aloxamento web ou atención infantil.
Esta axuda permitiu a creación de 35 empregos femininos
A delegada da Xunta en Ourense, Díaz Mouteira, vistando a famacia de Castrelo de Miño que se acolleu ao programa Emega.
Os autonómos manifestaranse en Madrid 4 AUPA convoca unha concentración o día 16. A. Jácome O día 16 de febreiro, domingo, os autónomos de Ourense, Autónomos Unidos Para Actuar (AUPA), uniranse ao colectivo nacional para loitar polos seus dereitos. Dende Ourense sairá un autobús con todos aqueles traballadores por conta propia que se queiran sumar a esta iniciativa, pese a que en moitos dos casos teñan que pechar os seus propios negocios por un día. Esta situación e de tanta urxencia e non se pode soportar máis. Cada día pechan máis pequenos negocios nunha tendencia que vai en aumento, e
Marquesiñas Redacción A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de conceder marquesiñas na provincia de Ourense para a súa instalación en estradas autonómicas ao seu paso por distintos concellos, coas que se pretende mellorar o servizo aos usuarios do transporte público. Plan de mellora A súa instalación enmárcase dentro do Plan de mellora de refuxios
os responsables desta desesperada situación miran cara outra banda. Para reservar praza e apoiar a loita polos dereitos dos autónomos, hai que dirixirse a Viaxes Aldyra, na avenida de Portugal nº 10 baixo, ou falar no teléfono 617 43 85 66 con Charo, encargada da organización da viaxe. É imporante reservar a túa praza canto antes, para poder organizar con tempo o número de autobuses necesarios.
Cartel da convocatoria.
de paradas dos servizos públicos de transporte, que pretende acadar un transporte público que responda ás necesidades dos cidadáns e que prevé colocar 150 novas instalacións na comunidade. Na actualidade se está a avaliar o emprazamento destas instalacións na provincia de Ourense para decidir os concellos que contarán con novas marquesiñas. As novas infraestruturas buscan protexer aos usuarios das inclemencias meteorolóxicas e facer máis cómoda e segura a espera.
OCIO
Un ano de “Cafés feministas” 4 A Marcha Mundial das Mulleres organiza estos encontros. Redacción A Marcha Mundial das Mulleres celebra o seu 20º aniversario cunha actividade que se prolongará durante todo o ano e que leva por título “Cafés feministas”. Trátase dunhas charlas -unha vez ao mespara continuar a “difusión dunha mensaxe feminista e anticapitalista” e para contribuír a sacar “a outros espazos os debates do feminismo”. As charlas terá lugar en catro espazos da cidade: MUR, Tenda de Comercio Xusto, Andén 1 e EL Pueblo Café Cultural. Charlas As charlas comezan o venres, 14 de febreiro, en MUR, rúa Manuel Murgia 78 e títulase Como construímos as nosas relacións afectivas?. A seguinte (Hai feminismo despóis do 8M?) será o xoves, 12 de marzo, no Andén 1º, ave-
nida de Marin, Aparcadoiro de ADIF. As seguintes charlas serán: Romantizamos a sororidade?, na MUR en abril; Feminismo e maternidade, cal é o conflito?, en maio na Tenda Comercio Xusto, rúa Bailén nº4; Como e para que usamos as redes sociais?, en xuño no Andén 1º; Por que a noite e a festa feden a machismo?, en xullo no Pueblo, Hernán Cortés 26; Porse guapa, escollo eu ou o sistema?, en agosto no Pueblo; Como freamos os discursos de odio?, en setembro en MUR; Como desmontamos os nosos privilexios?, en outubro, na Tenda Comercio Xusto; Temos dereito a ser violentas?, en novembro no 1º Andén; e É o feminismo unha cuestión de expertas?, en decembro en MUR.
A MMM organiza todo o ano os “Cafés feministas”.
Os premios “Pura e Dora Vázquez” xa ten galardoados 4 Rafa Vilar e María Villarino o reciben en Maceda. Redacción O colexio público de Maceda acolleu o martes 4 de febreiro o acto de entrega do XVI Premio “Pura e Dora Vázquez” de literatura infantil e xuvenil, nas súas modalidade de narración e ilustración,
evento que contou coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e dos premiados nesta edición: o escritor coruñés Rafa Vilar (Cee, 1968), quen acadou o galardón pola súa obra Os outros oficios, e a ilustradora ourensá María Villarino.
Barrios 6 de febreiro 2020
Obradoiros en Montealegre para fomentar o coidado da Natureza 4 Serán seis obradoiros gratuítos para público infantil e adulto. Redacción Durante o primeiro trimestre deste ano, o Concello de Ourense ofrece seis obradoiros gratuítos no Parque de Montealegre. O motivo é fomentar o coidado da Natureza á vez que se da a coñecer este espazo natural. O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Pumar, convida a todos os ourensáns “a coñecer o parque botánico e a participar nas actividades, accións formativas para fomentar o coidado da natureza e promocionar o espazo verde e de lecer máis grande da cidade”. Como vén sendo habitual, celebraranse os sábados ás 15 horas -público adulto- e os domingos ás 11 horas -público infantil, maior de 6 anos-.
Un dos obradoiro leva por título: Xogos e pintacaras para Entroido bos hábitos. Xogos en equipo (todas as idades) terá lugar o sábado, 28 de marzo, e será unha boa forma de pasar o tempo libre na natureza. E o domingo, 29 de marzo, péchase este ciclo co obradoiro: Portafotos árbore con pasta de sal. Unha actividade na que as manualidades axudan ao desenvolvemento do cerebro e á axilidade das mans.
Obradoiros Para poder participar deberán anotarse na web botanicodemontealegre. com para o control do aforo, que será de 15 persoas. O primeiro dos obra-
doiros chega o sábado, 15 de febreiro, e tratará sobre o uso de xabóns naturais e os beneficios tanto para nós como para a natureza O domingo, 23 de febreiro, en pleno Entroido será un sobre xogos e pintacaras para Entroido. Con este obradoiro achégase á rapazada á reciclaxe dunha forma divertida, á vez que manter unha tradición. O día 29 deste mes -sábado- tócalle o turnos a “Aceites esenciais” para aprender a aproveitar todas as propiedades beneficiosas das plantas medicinais. O domingo 1 de marzo: Mini horta na casa, na que os máis pequenos faranse cargo de plantas creando
En cada obradoiro poderán participar 15 persoas
O apartado musical do acto estivo ao cargo do músico rués Magín Blanco, quen converteu aos nenos do público en protagonistas dun fin de festa lúdico e cultural. O xurado desta edición valorou a obra gañadora, Os outros oficios, como “un texto excepcional des-
de o punto de vista literario, de coidada prosa e con relatos que amosan un gran coñecemento da lingua”, mentres que en relación ás ilustracións destacou que convidan “ao pensamento e á reflexión, e teñen un destacado compoñente de misterio e imaxinación”. O galardón, que convo-
ca anualmente a Deputación, está dotado con 1.500 euros para cada modalidade e ten como obxectivo fomentar a lectura no público máis novo, así como recoñecer o traballo de autores literarios e artísticos, unindo na obra premiada estas dúas disciplinas creativas.
Manuel Baltar, presidente da Deputación, cos premiados Rafa Vilar e María Villarino.
11
Enclave de Cámara Redacción A cita do mes de febreiro co Enclave de Cámara, este xoves 6 de febreiro ás 20 h. no Liceo de Ourense, reunirá dous dos músicos máis talentosos do panorama internacional da música clásica: Isabel Villanueva (viola) e François Dumont (piano). As entradas pódense adquirir en ataquilla.com ou no propio espazo, dúas horas antes da función. Isabel Villanueva (viola) é unha das violistas máis importantes da nova xeración. Actuou como solista con orquestras en Europa, Rusia, Medio Oriente e China. Ela é pioneira na presentación de concertos en numerosos lugares onde a viola nunca fora programada como solista. En 2013 converteuse na primeira violista estranxeiras en realizar recitais en Irán. Está particularmente involucrada na nova música colaborando con compositores e obras escénicas, moitas dedicadas a ela, por S.Gubaidulina, M.Sotelo, G.Khayam, J.Cervelló, H.Khoury, T. Marco, J.Zárate e B. Olivero, entre outros. En 2015 recibiu o recoñecemento institucional de Marca España como “embaixadora do talento español no mundo”. Ese mesmo ano recibiu o Premio “El Ojo Crítico” de Música Clásica da Corporación Nacional de Radiodifusión Española (RNE), e recentemente en 2019, recibiu o Premio de Cultura da Comunidade de Madrid en Música Clásica; é a primeira vez que ambos os dous premios se lle outorgan a unha violista. François Dumont (piano) é gañador dos máis prestixiosos premios internacionais: o concurso Chopin, o concurso Raíña Elisabeth, o concurso Clara Haskil e o concurso de Montecarlo. Foi nomeado para un Grammy na categoría ‘solo instrumental’ e recibe o premio dos “Críticos da Música” como Revelación Francesa.
12
Barrios 6 de febreiro 2020
Salvour Redacción O Club Salvour tivo unha gran actuación nos campionatos de Galicia xuvenil, júnior, absoluto e máster de salvamento e socorrismo. En xuvenís, Eva Feijoo Gómez proclamouse campioa galega en tres probas ademais de lograr dous récords galegos (en 200 metros con obstáculos e en 100 metros combinada de salvamento, ademais acadar o ouro en 100 metros socorrista). Na categoría júnior, o dominio ourensán foi claro nos 200 obstáculos co campionato para Raúl Civeira Corral, e o subcampionato para Santiago Gutierrez Mariño. O propio Raúl colgouse o bronce nos 100 metros combinada. O relevo 4x50 obstáculos masculino foi prata e o 4x50 combinado, bronce. Jorge Sánchez foi oitavo nos 200 metros obstáculos absoluto. E finalmente en máster, o botín estivo composto por catro ouros de Cristina García Colomo e catro pratas para Silvia Fernández López, isto supuxo que na clasificación xeral por equipos, as mulleres lograran a terceira posición. Mentres Roberto Naranjo Pérez foi quen de sumar tres outros e unha prata á expedición do Salvour.
DEPORTES
O Ourense CF continúa a estela do Compostela 4 A UD Ourense perde dous puntos no estadio do Couto. R.T. A xornada número 22 de Terceira división deixou un pouco de todo entre os equipos ourensáns. Así, vivíronse dúas remontadas, un empate e sufriuse unha goleada. O Ourense Club de Fútbol é o único equipo capaz de manter a estela dun Compos que goleou en Calabagueiros por 0-5 ao Barco. O equiopo dirixido por Fran Justo foi capaz de darlle a volta ao gol en contra encaixado
ante o Rápido de Bouzas; un golazo de Pibe desde medio campo e outro de Portela fixeron que os ourensáns lograran tres puntos máis e manterse a catro do líder. Un líder que deu boa conta do que era terceiro clasificado, o Barco. Os valdeorreses sufriron unha dolorosa derrota na casa o que lles fai ceder a terceira posición aínda que continúan en postos de promoción. A Unión Deportiva Ourense, pola súa banda, desaproveitou unha boa
Encontro entre UD Ourense e Pontellas.
oportunidade de achegarse todavía máis aos postos de promoción. Non foi quen de rematar a un Pontellas que chegaba ao Couto como penúltimo clasificado. Os de Fernando Currás adiantáronse por dúas veces no marcador pero os visitantes lograron anular a vantaxe local. Nos minutos finais o tentaron, con algunha clara ocasión para desequilibrar o electrónico pero finalmente repartiríanse os puntos. Os capitalinos baixan unha posición -son sétimospero se colocan a catro da promoción. E para rematar un Arenteiro que foi quen de remontar un partido que comezou perdendo ante o Fabril. Foi na segunda parte, cos goles de Jony e Albertito que fixeron regresar aos do Carballiño con tres puntos máis. Xornada Esta próxima xornada o Arenteiro recibe ao Rápido de Bouzas e o Ourense C.F. ao Polvorín. Mentres, o Barco visita ao Somozas e UD Ourense a Choco.
Dúas derrotas seguidas no Pazo 4 Esta xornada o COB visita a cancha do Palencia. R.T. O Club Ourense Baloncesto sumou a segunda derrota consecutiva no Pazo (contra Almansa e Oviedo). Unha situación que fai que o equipo teña que seguir loitando por unha permanencia que a teñen moi preto. Estas dúas derrotas dan certa inquedanza de ver a un equipo que chega moi xusto ao tramo final dos encontros. A pesar de todo se manteñen en postos de playoff. Importante será recuperar un estado de forma que os levou a lograr oito vitorias en 12 encontros. Palencia O COB marca o límite do playoff na novena posición con 10 vitorias. Esta semana visita a un
Palencia que marcha oitavo e suma unha vitoria máis que os ourensáns. Un partido, a priori, complicado ante un rival cun gran potencial pero que anda lonxe dos postos nobles. Os palentinos de Carles Marco veñen de perder en Lugo ante o Breogán pola mínima (75-74). Os homes de Gonzalo García de Vitoria tentarán volver á senda das vitorias e dar un paso máis cara a permanencia. Aixiña Membros da asociación Aixiña fixéronlle entrega dunha publicación realizada por eles mesmos ao adestrador Gonzalo García de Vitoria. Unha parte da familia Aixiña son asiduos aos partidos que o COB disputa no Pazo dos Deportes Paco Paz.
Garcia de Vitoria con membros de Aixiña.
DEPORTES
Sete vidas ten o Sala Ourense 4 Perdeu oito xornadas despois. Redaccción
Equipo alevín do CNPO.
Catro medallas para o CNPO 4 No galego alevín. Redacción O Club Natación Pabellón Ourense participou con 13 nadadores no Campiontado de Galicia de natación en categoría alevín. Todos eles acadaron mínimas para futuras competicións. En total lográronse catro medallas, logrando dúas delas Daniel Rodríguez Diz (ademais foi cuarto en
dúas ocasións). As outras duas medallas acadáronas o relevo 4x200 libre conformado por Miguel, Hugo, Álvaro e Daniel, e o 4x100 estilos de Hugo, Miguel, Daniel e Álvaro. Rematada a competición o CNPO logrou a terceira posición por equipos en categoría masculina, sendo sextos no cómputo global por clubs.
E Sala Ourense deu por rematada unha racha que levouno a sumar sete vitorias consecutivas. A oitava non puido ser tras perder na cancha do Playas de Gijón por 3-2. E iso que os de Kike García puideron sacar algo postivo, pero finalmente regresaron de vacío a terras ourensás. Fin a unha racha coa que lograron situarse na parte alta da clasificación. Sen tempo para lamentacións este domingo, 9 de febreiro, as 12 horas nos Remedios o Sala Ourense recibe ao Xove. Primeira Na Primeira división, o Ourense Envialia sigue
con paso firme trala vitoria fronte a UCAM Murcia. As de Morenín venceron por 3-2 e manteñen a terceira posición cunha vantaxe de seis puntos sobre o cuarto clasificado. O Cidade das Burgas plantoulle cara ao Burela logrando rematar a primeira metade con empate.
Barrios 6 de febreiro 2020
A maior pegada das lucense fixo que se levaran o encontro por 4-1. Esta semana non hai competición na Primeira división; o Cidade regresa ao Remedios para enfrontarse ao Alcorcón e o Envialia visita ao Roldán.
O Sala Ourense rompe a racha de sete vitoria consecutivas ao perder fronte o Playas de Gijón por 3-2
13
EN BREVE
4 Convenio O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, asinou os convenios de colaboración coas federacións deportivas galegas da área de Ourense. Estes acordos posibilitarán que estas entidades realicen, na súa integridade, a totalidade das actuacións que asumen as federacións deportivas en réxime de exclusividade. En total, os sete convenios asinados foron os da federación galega de automobilismo (189.878 euros), colombicultura (3.332 euros), deportes de inverno (8.438 euros), esquí náutico (8.799), hoquei (15.494 euros), kickboxing (19.899 euros) e ximnasia (74.669 euros).
4 Remo
Celebración dun dos goles do Envialia. /O.E.
Esta fin de semana (8 e 9 de febreiro) Castrelo de Miño acolle os campionatos de España de remo de Larga Distancia e Seleccións Autonómicas.
14
Barrios 6 de febreiro 2020
OCIO E CULTURA
4AXENDA Exposicións - Ata o 23 de febreiro Exposición pictórica “A cor e a luz” de José María Barreiro - Centro Cultural Marcos Valcárcel - Ata o 23 de febreiro - Exposición pictórica “Luz que nunca se apaga” de Juan Rivas - Centro Cultural Marcos Valcárcel Teatro - Teatro infantil “Levántate Xan” - 18 h - Auditorio de Ourense - Día 8 de febreiro Teatro “Mestiza” - 20 h - Teatro Principal - Día 8 de febreiro Danza “Sin Título 97/17” - 20.30 h. - Auditorio de Ourense - Día 9 de febreiro Teatro: “Pavías no corazón” -18.30 h- Casa da Cultura de Allariz - Día 9 de febreiro Teatro infantil “Segundo caviloso“- 12 h - Auditorio de Ourense - Día 15 de febreiro Teatro “Dúas donas que bailan” - 20 h - Teatro Principal Música - Día 14 de febreiro - Presentación do novo disco de A Banda da Loba “Fábrica de luz”- 20.30 h - Auditorio de Ourense Deportes - Día 8 de febreiro Copa de Galicia de escalada base - Pavillón dos Remedios - Día 8 de febreiro Pena Trevinca en Invernal - A Veiga - Día 8 de febreiro - 3ª división fútbol - Ourense CF - Polvorín FC - 17 h O Couto - Día 9 de febreiro - I Copa Ourense Termal - 3 horas BTT resistencia Nogueira de Ramuín Outros - Do 5 ao 9 de febreiro - Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar - Expourense - Día 9 de febreiro Domingo Oleiro - Xinzo - Día 16 de febreiro - Domingo Corredoiro Verín - 20 de febreiro - Xoves de Comadres - Verín www.periodicobarrios.com
Moncho Borrajo, nunha actuación en Ourense.
O Entroido xa está preto na cidade 4 Moncho Borrajo dará o pregón o sábado día 22. Redacción O Entroido 2020 xa está en marcha na cidade coa convocatoria do Concurso de Comparsas e da Elección do Rei-Raíña, cuxas bases publica a Concellería de Cultura no seu espazo web e que están abertas a asociacións de veciñas e veciños, culturais ou xuvenís, grupos, colexios, etc. Repartiranse 18.000 euros en premios entre os participantes no desfile, que terá lugar o vindeiro domingo, 23 de febreiro. Para o Rei-Raíña do Entroido, un xurado valorará a orixinalidade, a chispa diante do público, o vestiario e a creatividade. Premios Os premios por categorías serán para o Rei/ Raíña 600 euros, com-
parsas con máis de 10 compoñentes o primeiro premio será de 900 euros, o segundo premio 700 euros e o terceiro 500 euros. Para comparsas con menos de 10 compoñentes 400 euros para o primeiro premio, 300 para o segundo e 200 para o terceiro premiado. Outros premios especiais para as comparsas serán os de 300 euros para a máis numerosa, para a máis ocorrente ou graciosa e tamén para a que teña a mellor animación ou musical. O mellor deseño e animación tamén terán un premio de 300 euros na categoría de carrozas. A Concellería de Cultura tamén prevé axudas para todos os participantes que completen o desfile e non acaden ningún premio. As carrozas recibirán 120 euros cada unha pola súa participación; as compar-
sas de 5 a 9 compoñentes 60 euros, de 10 a 19 compoñentes 90 euros, de 20 a 29 compoñentes 120 euros, de 30 a 39 compoñentes 150 euros, de 40 a 49 compoñentes 180 euros, de 50 compoñentes en adiante 210 euros. As inscricións das carrozas e/ou comparsas faranse a través do Rexistro Xeral do Concello e mediante os modelos de inscrición oficiais. No caso de asociacións ou entidades a inscrición farase a través de Sede Electrónica. O prazo de inscricións de carrozas e comparsas, así como para participar no concurso de Rei/Raíña remata o martes 18 de febreiro ás 14 horas.
4ARQUIVO VISUAL OURENSÁN
Os charco e Picasso Distraen a miña rutina cánticos adolescentes, levanto o cu da cadeira e asómome á vella xanela para escoitar ao futuro.Un grupo de mozas descende a praza do Trigo entoando éxitos radiofónicos. Chove a caldeiros pero non lles importa. Cun rechamante calzado deportivo, propio daquel verán que fuxiu á carreira, pisan rotundas os charcos que deixou a chaparrada. Certo, a xuventude ten que ser a medicina que cure todos os males deste
mundo enfermo. Regresa o silencio e visítame unha pregunta: cando remata a xuventude? Poucos coñecemos a resposta. Picasso deu coa clave cando afirmou que tardara catro años en aprender a pintar como Rafael pero toda unha vida en debuxar como un neno. Teño a esperanza de que ser novo é só unha actitude pois o camiño da xuventude debería durar o que a existencia mesma. Fernando Valcárcel
Pregón O artista Moncho Borrajo (Baños de Molgas, 1949) será o encargado de abrir as festas do Entroido na cidade. Será desde a Praza Maior o vindeiro sábado, 22 de febreiro, ás 20.30 h, e introducirá o primeiro dos concertos gratuítos das festas, a cargo da orquestra Los Satélites -desde as 21:30 horas-. O de Moncho Borrajo será un pregón diferente: terá moito de actuación teatral impregnada de moito sentido do humor. A última vez que puidemos ver o artista ourensán na cidade foi o pasado mes de outubro, co seu espectáculo A pelo no Auditorio municipal.
4HUMOR
Antiga vista da praza do Trigo desde cardeal Cisneros.
Cortes por obras nos Remedios Redacción O Concello de Ourense pechará ao tráfico esta fin de semana a rúa Remedios entre as interseccións coas rúas Juan de Anges e Velázquez, incluíndo o cruzamento con Prego de Oliver, para efectuar reparacións puntuais, de carácter provisional e urxente mentres
se ultima a tramitación para licitar a súa reparación integral, na que se acometerá tamén a renovación das beirarrúas. O corte será efectivo desde o venres, 7 de febreiro, até o luns 10, xa que a solución de formigón precisa repouso durante un mínimo de dous días para darlle cohesión ao lousado, que actualmente se atopa danado e dificulta o tráfico rodado e a seguridade dos vehículos.
OCIO E CULTURA / CLASIFICADOS
Barrios 6 de febreiro 2020
15
BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda, C. Domarco, Avelino Jácome. Yedra Seara Nº120 - Ano: XIII - 6 de febreiro de 2020 - Difusión: 7.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.
4ANUNCIOS CLASIFICADOS
4AS ANDRÓMENAS E OUTROS CONTOS
[Deixe o seu anuncio no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]
Cando o río vai cheo Cando bota por fóra o Asneiro, e non para de chover, dende a fiestra da eira, vese a braña, o prado do muíño e ata o prado de Perucho cuberto coa cor dunha ferida untada con manteiga e leite mazado. O regato da Xunqueira, tamén bota fóra e xúntanse os dous, bicándose tras da zarra dos do Castrelo, a fonte de Abaixo queda soterrada e a da Picha baixa avolta, carrexando o lixo dende a vía do tren. Os camiños son regatiños pequenos converxendo todos na Costa da Fonte ou no Leiro, para despois deixar que os muxa o río, camiño doutros mundos e doutros mares, “coma a fame, muxe a nosa xente, espallándoa en terras alleas” dixo o pai achegándolle de paso uns garabullos á lareira para manter o lume e tornar o frío e a humidade, que entraban abondosas pola porta sen pedir permiso. A Linda, a cadeliña pinta, séntase a carón do lume, co cu contra a porta aberta do anllar, pecho de carozos de millo que debullou o pai, para prepararlle a caldeirada á Ratina, a xovenca máis nova que temos, é primeiriza, pariu onte á noite, cambiámola para a corte da casa de Cándido, hai que apartala das outras. O pai botoulle unha manta por riba e uns sacos cortados do mineral, para que non se mollara, os que nos mollamos fomos nos, porque a botaban a caldeiros,
a min entroume ata por riba dos zocos, a cadeliña tamén se puxo coma un pito, houbo que secala cun trapo vello, dos do baúl do cuarto de abaixo. O pai puxo a asar uns chourizos, entre a borralla da lareira envoltos nunha verza de col que as collemos noutronte na horta do Prado do Muiño, xusto antes do asolagamento, e no pote uns cachelos a cocer para comer cos ovos das galiñas, que llos sacamos todos, menos o niñeiro, porque co tempo que está non as deixamos saír do poleiro e pódennos comer se non temos ansia de sacarllos. Cando levaban un anaco fervendo, levantou o testo e sacou un para probalo e díxome, “hai que esperar a que arrefríen, senón pódeste queimar o esófago, como lle pasou a túa tía Pacita, que houbo morrer por comer unha pataca moi quente cando era moza, quedoulle atravesada e non morreu de milagre”. Hoxe cincuenta anos despois acórdome disto como se fora onte, fai uns días atrás finaron a tía Pacita, a irmán do meu pai e tamén tía Celsa, a muller do tío Manolo de Lugo, irmán de miña nai, que estiveran co pai en Venezuela, e o Asneiro, tristeiro polas perdas, encheuse de carraxe outra vez e a enchente chegou á braña e tapou ata o Muíño da Ponte. Estamos moi preto da noiteboa, e se cadra esta vez non a podo pasar en
“Contarche que tal e como ti nos pediches antes de marchar, seguimos levándonos ben e coidando uns dos outros, xuntámonos nas festas e cantamos como a ti che gusta”
Ribas do Asneiro, papá, porque o Suso non anda moi ben e ten que estar uns días en Santiago no hospital, acórdome que aquel ano andaba por Barcelona traballando e volveu para a casa nestas datas para pasarmos o Nadal xuntos. Daquelas o outro irmán noso, o teu Manoliño querido, non estaba aquí andaba polas Américas, agora está e direiche que a noite pasada durmiu, con Suso no hospital, como cando eran rapaces e falaron de moitas cousas, e lembráronse tamén de ti. Eu fun a velo tamén, pero non me quedei, xa sabes que eu son “mal enfermeiro” e se paso moito tempo alí, remato eu máis enfermo co enfermo. Contarche que tal e como ti nos pediches antes de marchar, seguimos levándonos ben e coidando uns dos outros, xuntámonos nas festas e cantamos como a ti che gusta, e cando nos critican por facelo, soltámoslle a cantiga que nos ensinaches de “cando o río vai cheo, leva carballos e folla, tamén podía levar, as linguas murmuradoras...” que tan ben cantaba a tía Pacita; aínda que a min a que máis me gustaba oírlle era a do Alecrín dourado. A verdade é que te boto un chisco de menos; non te rías, sei que te estás rindo, e non me digas que me deixe de andrómenas e que mire no ceo as estrelas, como me dicías de cativiño. De todos os xeitos, estamos no Nadal, e para min papá, ti sempre és a mellor estrela do Belén. Avelino Jácome
INMOBILIARIA Alúganse apartamentos en Montalvo (de Semana Santa a outubro) con unha ou dúas habitacións, cociña, salón, baño, barbacoa, aparcadoiro, xardín; fronte á praia. Tel: 607 271 916 Alugo sala para actividades culturais, con posibilidade de cociña, baño e outros sertvizos. Tel.: 988 247 113. Busco casa en alquiler na periferia de Ourense. Opción a compra ou dunha permuta dun piso situado na Valenzá. Tlf.: 600 826 029. Vendo casa pola estrada de Santiago, con finca. Para restaurar. Tel.: 672 089 349. Alugo oficina na rúa Progreso. Exterior. Prezo económico Tel.: 672 089 349. Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunitaria Tel.: 650 64 15 19. Vendo casa na zona de Rante (a 8 km de Ourense) preto da autovía. 3 dormitorios, terreo, pozo de auga e garaxe. Prezo 49.800€. Tel: 606 422 543 Vendo finca edificable. Zona Rante. Moi económica (11.900€). Tlf: 606 422 543 Alugo casa de campo a 5km de Allariz. Todos os servizos. Tlf: 657 945 665. Véndese o alúgase un piso na estrada de Vigo. Preto do Lidl. Amoblados. Bo prezo. Tel.: 988 234 342. Alugo almacén pequeno en soto de garaxes. Para almacén, adega, trasteiro ou garaxe de moto. Rúa Francisco de Moure. Tel. 636 32 95 24. Véndese apartamento de 2 habitacións, cociña
americana, baño, trasteiro e garaxe. Recén reformado. A 5 min. de praia América. Bo prezo. Tel. 620 66 07 62. Alugo praza de garaxe na zona universitaria. Prezo 55 euros. Tlf.: 636 329 524. Alugo oficina económica de 15 metros cadrados, amoblada, con baños comunitarios por 100 € máis 7 de comunidade. C.E:C. Tel.: 627 203 131
TRABALLO Danse clases de francés a domicilio. Todos os niveis. Titulación en España e Francia. Tlf.: 625 745 611 Imparto clases particulares de Matemáticas a domicilio en Ourense capital. Todos os niveis. Tamen materias curriculares de ESO e Bacharelato. As clases son individuais e personalizadas. Ampla experiencia. Excelentes resultados. Económico. Interesados enviar WhatsApp ao 610 38 25 89. Ofrécese xerocultora para axuda a domicilio en Xinzo. Tamén para limpeza de casas e negocios por horas e adaptados ao seu horario. Tel: 686 005 358. Fanse desbroces en tractor e a man. Tlf.: 63 521 448 Ófrecese señora seria e responsable para tarefas do fogar e coidado de nenos e maiores. Con informes. Preferencia zona Ponte. Tlf: 685 374 191. Busco traballo en desbroces con tractor ou condutor de camión e carretillas. Ampla experiencia. Tel: 637 282 405. Busco mozo como asistente persoal con certificado de atención a persoas en situación de dependencia ou con auxiliar de enfermería. Boas condicións laboraia
Tel.: 679 699 508. Ofrécese señora por horas para tarefas do fogar, coidado de nenos. Atende persoas maiores; tamén de noite en hospital ou domicilio. Telf.: 620 052 173. Coido ou acompaño a maiores enfermos polas noites. Económico. Tel.: 616 361 548.
VENDAS Véndense dous lavacabezas de perruquería. Tel.: 672 089 349 Vendo cama hospitalaria articulada en bo estado, con colchón anti-escaras. Tlf.: 606 133 522 Vendo prensa de viño mediana/grande, ideal para decoración en xardíns. Tlf.: 606 133 522 Compro moble de cociña. Tel: 672 089 349. Vendo cubas de viño grandes, ideais para decoración ou facer portas locais. Tlf.: 606 133 522 Véndese mampara nova. Prezo 10€. Tel: 672 089 349. Véndense traxes de cabaleiro moi antigos en bo estado, ideal para Entroido. Prezo 10€. Tel: 610 979 897. Compro moble de cociña completo. Tel: 988 247 824. Vendo escritorio. Como novo, bo prezo. Tel: 672 089 349. Vendo estufa de frío e calor. Tel: 672 089 349. Vendo caldeira de gasoil Tel: 672 089 349. Vendo hormigonera de 280 litros e maquinillo / grúa (a gasolina). Tel.: 988 23 47 91 Vendo maquina de coser industrial (dobre arrastre). Tel.: 630 587 527
VARIOS Acepto canarios. Tel: 988 247 824.
Barrios 6 de febreiro 2020