Skip to main content

Barrios 118

Page 1

O Entroido bota a andar en Xinzo de Limia o 1 de febreiro co petardazo e o Domingo Fareleiro [Páx. 10]

TEMA

Páx.2

Goberno e oposición enfróntanse polos orzamentos municipais

CIDADE

Páx.4 BARBADÁS

O Concello proba un modelo de contedores soterrados na rúa Sáenz Díez

Páx.6 CELANOVA

Barbadás mantén o prezo do transporte público ata que chegue a tarxeta metropolitana

Páx.7 ALLARIZ

A Xunta destina 500.000 euros á mellora enerxética do Curros Enríquez

Páx.8

Elexidos os 10 xardíns que, inspirados na poesía, integrarán o FIXA 2020

Concordia peonal

[Páx. 4]

Nova biblioteca pública

[Páx. 3]

Dende febreiro a rúa Concordia terá acceso restrinxido para vehículos. // Inaugurouse a nova Biblioteca Nodal de Ourense ao carón do Auditorio./R.T.

Número: 118 - Ano: XIII - 15 de xaneiro de 2020 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


2

Barrios 15 de xaneiro 2020

EN BREVE 4 Vivendas A Xunta entregou dúas novas vivendas de promoción pública no casco histórico de Ourense. A delegada territorial, Marisol Díaz, fixo entrega das chaves aos novos adxudicatarios. O Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) investiu máis de 370.000 euros.

4 Botellón

Esta semana celebrouse a segunda reunión da comisión de seguimento constituída o 26 de novembro co fin de aprobar a ordenanza que regule o consumo de alcohol nas rúas de Ourense. Analizaranse as achegas dos distintos grupos políticos e da Federación de AAVV Limiar e volverán ter unha reunión o vindeiro día 23.

4 Tren digno

A plataforma “Tren Digno Ourense” volveu movilizarse e piden ás tres administracións implicadas (Concello, Xunta e Goberno central) que busquen solucións para que o centro de saúde da Ponte non sufra os ruídos e contaminación que se produzan unha vez creada a estación intermodal. A plataforma dará charlas explicativas do conflito e non descarta voltar á rúa como xa o fixeron na concentración do pasado 7 de xaneiro.

4 Ruídos

O BNG presentou as súas alegacións á Ordenanza Municipal de Ruídos focalizando o debate na especificidade dos locais -incidiron no tipo de aparatos que se deben instalar- e a regulación do ruído.

TEMA DA SEMANA

Os orzamentos, novo motivo de confrontación na corporación 4 PSOE e BNG non presentaron emendas; Ciudadanos fíxoo á totalidade. Redacción Un novo campo de batalla preséntase no consistorio ourensán. Nesta ocasión trátase dos orzamentos municipais presentados polo grupo de goberno conformado por DO e PP. A Xunta de Goberno Local aprobaba a inicios de ano un presuposto que ascendía a 103.126.170 millóns de euros. “Son unhas contas economicamente equilibradas e financeiramente sostibles”, foron as palabras da concelleira de Xestión Económica e Facenda, Ana Fernández Morenza. Pola súa banda, o edil de Infraestruturas, Miguel Caride, falaba deles como uns orzamentos “eminentemente sociais, con apoio decidido ao tecido produtivo de Ourense, e con especial atención ao comercio local”. Tralo anuncio, os grupos da oposición tiveron 10 días para presentar as súas emendas, cousa que nin nacionalistas nin socialistas realizaron; quen si presentou unha á totali-

“Son unhas contas economicamente equilibradas e financeiramente sostibles”, dixo a popular Ana F. Morenza

dade foi o grupo Ciudadanos. Aínda que esa figura non se contempla nas administracións locais. Desde o PSOE reclaman uns presupostos “reais, legais e acorde ás necesidades dos ourensáns”, nos que se “aposte polo emprego e o futuro da cidade”, en palabras do concelleiro José Rúas, quen seguía asegurando que están ao “marxe da legalidade e mal fundamentados e mal calculados con 5,2 millóns de euros de partidas sen consignar, sen negociación colectiva e sen fiscalizar”. Ademais, cren que son un “corta e pega” duns orzamentos presentados fai un ano pola concelleira de Facenda. Rúas incidía nos 7 millóns que se deixan de recadar pola rebaixa do IBI, considerando que ao non contemplar

unha baixada progresiva “soamente beneficia aos multipropietarios, pagando menos os que máis teñen”, afirmaba. Pola súa banda, a edil socialista Natalia González aclaraba que non presentaron emendas debido a que resulta “ilóxico e carente de sentido” un proxecto que “ten motivos de anulabilidade por parte da intervención municipal”. Ademais, os socialistas cuestiónanos por estar diante “do informe máis demoledor da historia do interventor do Concello”. BNG Os nacionalistas falaban dun informe, por parte do interventor, de tal “magnitude” que pedirán a devolución do expediente. Seara refírse a este docu-

mento como “moito máis demoledor que o que fixera en 2018”. Alegacións Os seguintes pasos serán o de levar a pleno o proxecto de orzamento quedando publicados, para que en 15 días se fagan as alegacións que se estimen oportunas. Pleno Noutra orde de cousas, o primeiro pleno deste ano aprobou por maioría realizar un censo para coñecer

o número de persoas maiores que viven soas, ademais de crear unha oficina do maior. Tamén se aprobou por maioría crear un plan municipal contra a pobreza. Outra moción que saiu adiante foi a de Ciudadanos sobre medidas en defensa do benestar animal. Porén, non saíron adiante outras mocións como a dos nacionalistas de encargar un estudo á Universidade de Vigo para contemplar posibilidades de remunicipalizar servizos; o de suspender o acordo de cesión do edificio da Casa da Maxia á Deputación; e, por último, a emenda (de DO e PP) á proposta dos socialistas sobre a creación de dous graos no Campus de Enoloxía e Moda fixo que se apoiara simplemente aos graos xa existentes.

Natalia González (PSOE) aseguraba que este proxecto de presuposto “ten motivos de anulabilidade por parte da intervención municipal” Luis Seara (BNG) fala dun informe “máis demoledor que o que fixera en 2018”

Votación no primeiro pleno do Concello de Ourense do 2020. /RAMSÉS.


TEMA DA SEMANA

Barrios 15 de xaneiro 2020

3

4 Acto institucional con ampla presenza política

O historiador Afonso Vázquez Monxardín olleando un libro na biblioteca. /RAMSÉS.

A biblioteca, que se fixo de rogar, xa é unha realidade 4 Desde 2004 estaba adxudicada a obra. R.T. Tiveron que pasar 15 anos para que a nova biblioteca pública de Ourense abrira as súas portas a toda a cidadanía. Máis de 15 anos desde que en 2003 sacárase a concurso e ao ano seguinte fora adxudicado; entre medias, dúas empresas adxudicatarias quebraron. Ata que chegou o 23 de decembro de 2019 e todos os problemas e retrasos quedaron atrás coa inuaguración da Biblioteca Nodal de Ourense que está ubicada no complexo cultural de San Francisco. Na inauguración, ademais de outras autoridades, estiveron presentes Alberto Núñez Feijoo, presidente da Xunta de Galicia, e José Guirao, nese momento ministro de Cultura en funcións. Toda a comitiva fixo un percorrido pola instalación que foi moi do agrado dos presentes -os usuarios tamén estana a valorar moi postivamente-. A sede, cunha superficie en torno aos 7.000

metros cuadrados, conta con 160.000 libros, 16.000 documentos audiovisuais e máis de 4.000 revistas e xornais. Pero ademais increméntase os servizos ao contar cun salón de actos, un punto de atención, zona de préstamo, salas infantís e xuvenís, hemeroteca, espacios de trabajo e formación, acceso a internet, zona de estudio, consulta de adultos. Para que os máis cativos se inicien na lectura a biblioteca conta cunha bebeteca -para rapaces de 0 a 3 anos-, sala de lactancia e baños adaptados. Todo esto contou cunha inversión de 12 millóns de euros. Despois da inversión do Estado será a Xunta de Galicia a que se faga cargo da xestión. Arquivo Histórico Durante a presentación estivo presente outra infraestrutura que estará ao servizo da xente nos vindeiros meses. Trátase do Arquivo Histórico Provincial (que conta cun orzamento de tres millóns de euros). O mesmo, según

avanzou o ex ministro será inaugurado entre xuño e xullo deste ano. Guirao non se quixo esquecer do comezo das obras, no mes de outubro, do Museo Arquolóxico, pechado desde 2002 á espera de que comezaran devanditas obras. Con estas tres obras, indicaba que permitiría “poñernos ao día con Ourense”.

Trala visita polos distintos departamentos do novo edificio tocou o turno do acto institucional. José Guirao chegaba a Ourense a inaugurar a biblioteca como o ministro de Cultura en función. Na súa comparecencia deu as grazas a Ourense “pola súa paciencia, porque a espera foi moi longa” pero xa estrea “unha instalación do século XXI situada nun monumento histórico”. Ademais Guirao desvelou que era un acto moi importante para el, xa que “a 200 metros estaban depositadas as cinzas de José Ángel Valen-

te” mestre e amigo persoal do ex ministro. Pola súa banda, Núñez Feijoo agradeceu o traballo dos diferentes gobernos do Estado -con catro presidentes- e dos seis alcaldes que tivo Ourense durante estos 15 anos. “Fai xustiza a tanta mala sorte e certa desidia”, aseguraba. Ademais desvelou que a biblioteca conta “cun crecemento constante e sendo un factor de dinamización cultural” e salientou os 38.000 socios cos que conta. O alcalde de Ourense apuntou que o goberno municipal aportará comodidade no que á accesi-

bilidade se refire. “Non está no mellor sitio de Ourense -a bibliotecapero colocaremos elemento de mobilidade mecánica” para facilitar o acceso á mesma. O rexedor agarda que estos elementos mecánicos que irán desde a rúa Progreso “estén listos en 2021”. Ademais, reclamou máis inversións para “saír da eterna discriminación” que sofre Ourense. A directoria da Biblioteca, Rosa María Díaz Naya, aseverou que é “un soño cumprido” e unha institución “símbolo de liberdade”.

Nome O presidente da Xunta, Núñez Feijoo, anunciou durante a súa intervención que serán os cidadáns os que elixan o nome da biblioteca mediante un concurso. Bus De momento, o Concello porá en marcha unha liña circular para dar servizo á nova Biblioteca Pública, en San Francisco.

Ademais, o Arquivo Histórico será inaugurado entre xuño e xullo deste ano

De esquerda a dereita e de arriba a abaixo: José Guirao, Alberto Núñez Feijoo, Gonzalo Jácome e Rosa María Díaz. /RAMSÉS.


4

Barrios 15 de xaneiro 2020

CIDADE

Os contedores para a cidade, a proba

Os restantes vehículos deberán circular por itinerarios alternativos de forma que, quen chegue á glorieta de Progreso con Concordia, deberá desviarse pola rúa Xoán XXIII.

4 Xa están en funcionamento os modelos de contedores que elexirá o Concello para a súa instalación. Redacción Foi a finais de 2019 cando o alcalde de Ourense, Gonzalo Jácome, xunto ao tenente de alcalde, Jorge Pumar, asistiron a instalación dos contedores soterrados que estarán durante un período de proba na rúa Sáenz Díez. A diferencia destes cos antigos contedores soterrados deriva en que estes levántanse de forma individual sen requirir levantar toda a illa de contedores. Agora, o Concello avaliará o funcionamento deste modelo, e o do que se instalou anteriormente na rúa Florentino Cuevillas, de contedores semisoterrados. Elexirase o máis axeitado, e será o que se estenderá logo por toda a cidade, substituíndo as 50 illas de contedores antigas.

De superficie O alcalde avanzou que o Concello substituirá tamén todos os contedores en superficie da cidade por outros de tamaño máis reducido, dos que xa situou unha mostra nesta zona, e noutros puntos da cidade. Ademais, o rexedor convidou á veciñanza a que se achegue a coñecelos, subliñando que nun radio de 50 metros, entre as rúas Florentino Cuevillas e Saénz Díez pódense ver os tres modelos. Coa incorporación destes novos modelos “seremos a cidade que terá o mellor sistema de España”, asegura o alcalde.

Substituirán todos os contedores de superficie por un de menor tamaño

Contedores soterrados na rúa Saénz Diez. /RAMSÉS.

A partir de febreiro a rúa Concordia tera restrinxido o seu paso a vehículos. /RAMSÉS.

Concordia, primeiro paso para un Ourense máis amable co peón 4 A finais de mes restrinxirase o acceso a vehículos. Redacción Ourense está a dar os primeiros pasos para converterse nunha cidade onde os peóns teñan todo o protagonismo. O Concello está a avanzar no Plan de Mobilidade que pretende pacificar o tráfico e darlle prioridade aos peóns fronte aos coches na cidade. E o primeiro paso darase este mesmo mes. A finais de xaneiro, a rúa da Concordia será de acceso restrinxido para vehículos. Así o anunciou o alcalde de Ourense,

Gonzalo Pérez Jácome, quen avanzou que con esta medida perséguese “dar un paso adiante decisivo para mellorar a mobilidade peonil na cidade, avanzar na pacificación do tráfico e promover un modelo de cidade que lle dea prioridade ao tránsito peonil fronte ao de vehículos”. Por iso, a rúa deixará de recibir o tráfico ordinario de vehículos máis alá do ocasionado polas persoas usuarias das prazas de garaxes e aparcadoiros públicos existentes. As prazas de aparca-

mento en superficie en zona azul reservaranse para os vehículos de carga e descarga, que só as poderán utilizar nos horarios autorizados para darlle servizo tanto á rúa da Concordia como á propia rúa do Paseo. De feito, un dos obxectivos prioritarios que persegue o Concello con esta medida é o de lle dar un carácter verdadeiramente peonil á rúa do Paseo e á rúa de Santo Domingo, cuxos tránsitos se ven constantemente afectados polo tráfico de vehículos pola perpendicular rúa da Concordia.

Plan de Mobilidade Esta medida é unha das iniciativas incluídas no Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Ourense, promovido pola Concellería de Infraestruturas e Mobilidade, e elaborado pola empresa Urbamas Consultoría de Urbanismo y Arquitectura. O Plan foi aprobado pola xunta de goberno local do Concello do día 28 de novembro de 2019, que pretende traballar nun novo modelo de mobilidade que lle dá prioridade so aos peóns. Este plan vai máis aló e no mesmo recóllense achegas de cidadáns tras un amplo proceso de participación social. Nel abórdanse cuestións como os movementos de tráfico, zonas peonís e humanizacións, zonas onde se debe intervir para incrementar a seguridade viaria, incorporación de elementos mecánicos de mobilidade vertical, cámaras de vixilancia, radares, zonas A30, entre outros. Tamén prevé a creación dunha oficina municipal de mobilidade ou unha comisión técnica-política e outra de seguimento do plan.

As prazas de aparcamento en superficie en zona azul reservaranse para os vehículos de carga e descarga


CIDADE

Barrios 15 de xaneiro 2020

Cumprindo soños

‘Igual a nós’ Redacción

4 A campaña do Lapis Solidario levou, un ano máis, xoguetes aos máis necesitados. Redacción Un ano mais, e son xa catorce, a campaña do Lapis Solidario consegue levar os nenos mais necesitados a ilusión no dia de Reis. Dende a organización, en palabras de Avelino Jácome de Orixe Publicidade, quere “facerlle chegar a todos os colaboradores, comerciantes, voluntarios, anunciantes, medios de comunicación e a todos os ourensáns, o noso agradecemento pola sua solidaridade nesta campaña, e o longo de tantos anos”. Manuel Lorenzo Reguera e Avelino Jácome fixeron entrega na sede de ADRA, unha das ONG´s

encargadas de achegar os mais cativos os xoguetes. “É unha ledicia moi grande poder atender as solicitudes e facer felices os cativos un ano máis”, comentaba Manuel o responsable de Juguettos, unha das firmas organizadoras de esta campaña. Sen tempo que perder, “xa estamos traballando, para preparar a seguinte”, aseguraban.

A Fundación ADRA foi unha das ONG´s que achegaron os xoguetes aos máis pequenos

Foto de familia dos premiados no concurso organizado polo Centro Comercial Ponte Vella e a Fundación Cum Laude. /RAMSÉS.

II Concurso de Fotografía de Outono O Centro Comercial Ponte Vella xunto á Fundación Cum Laude entregaron os premios ás mellores fotografías do II concurso de fotografía de Outono que este ano titulouse “Ourense: Tempo de Magostos“. Nun acto celebrado o pasado 19 de decembro galardoouse ás mellores instantáneas que participaron no concurso; os premios a repartir ascenderon aos 900 euros. O xurado elexiu para o primeiro premio a obra que leva por título “A vuelo y fuego”; a segunda máis valorada foi a titulada “A flor do magosto”; e o terceiro premio foi para “Tempo de Castañas”. Ademais se entregaron sete premios máis como finalistas. Por segundo ano consecutivo, este concurso foi un éxito tanto de participación e de calidade.

Selo de Internacionalidade a Xantar e Funergal 4 O Salon gastronómico, a primeira cita do 2020, do 5 ao 9 de febreiro. Redacción

Entrega de xoguetes á Fundación ADRA.

5

Dúas feiras organizadas por Expourense

volven a contar co selo de Internacionalidade: Xantar e Funergal. Así está indicado no calendario de “Feiras

Comerciais Internacionais de 2020” publicado pola Secretaría de Estado de Comercio do Ministerio de Economía, Industria e Turismo do Gobierno de España no Boletín Oficial del Estado do 30 de decembro. Termatalia celébrase este ano en Arxentina, motivo polo cal non está incluída no calendario de feiras internacionais deste ano. A todo isto, hai que engadir a concesión de Internacionalidad a Efectos Aduaneiros a Galisenior, Salón Internacional das Persoas Maio-

Os concellos de Barbadás e Ourense organizan un obradoiro para rachar estereotipos de xénero, potenciar as novas tecnoloxías para a participación social e o encontro entre mulleres. O mesmo se chama ‘Igual a nós’ e se celebra o día 15 de xaneiro en Ourense, e o día 4 de febreiro ás 18 horas nas instalacións municipais do parque da Solaina da Valenzá. Esta actividade está dirixida ás mulleres adultas, especialmente ás de maior idade para potenciar o uso das novas tecnoloxías. Para anotarse na actividade da Valenzá (con cun total de 30 prazas) pódese chamar ao teléfono teléfono 988 222 251. res. Celebrarase os días 10 e 11 de decembro de 2020. Xantar Xunto a outras ferias de recoñecido prestixio como é o caso de FITUR en Madrid, B-TRAVEL celebrada en Barcelona, ou INTUR en Valladolid, sitúase Xantar, que se celebra do 5 ao 9 de febreiro este ano 2020, como a única feira española internacional especializada en Turismo Gastronómico. Esta feira que chega a súa 21ª edición.


6

Barrios 15 de xaneiro 2020

BNG Barbadás Redacción Debido aos cortes de subministros eléctricos de varias parroquias do Concello de Barbadás acontecidos durante o temporal de finais do pasado ano, o Bloque Nacionalista Galego rexistrou un escrito no concello no que pedía ao grupo de goberno que sexa máis incisivo coas empresas subministradoras de electricidade que son as responsables da limpeza dos perímetros por onde están ubicados os tendidos eléctricos. Para os nacionalistas, as limpas “deixan moito que desexar”, onde “se lles permite que haxa árbores de grandes dimensións nas parcelas lindeiras aos tendidos eléctricos -de media e de alta tensión-”. Desde o BNG de Barbadás “esixen” ao grupo de goberno de Barbadás que negocie coas empresas subministradoras para que esta situación mude de raíz e non se volva repetir.

Exposición Redacción A exposición de escultura de madeira “Moxom xente de pau” permanecerá no Museo Etnográfico de Loiro até o 1 de marzo de 2020. A mostra é de Xosé Manuel Rodríguez Mojón

BARBADÁS

“Non semella normal que varias parroquias do noso concello sufra case 24 horas de corte de subministro eléctrico na fin de semana pasada, por un nefasto mantemento nos perímetros dos tendidos eléctricos” continuaban. Asesoramento Ademais, co escrito pretenden “solicitar ao concello que facilite o asesoramento preciso á veciñanza para presentar as oportunas reclamacións no relativo as posibles perxuizos ocasionados co corte do suministro eléctrico nos fogares e negocios”. Outra crítica que non quixeron deixar pasar desde o BNG é o que para eles supón unha desidia do grupo de goberno de Barbadás no tocando a cumplir a Lei de Montes de Galicia. “No que se refire as limpas perimetrais dos núcleos rurais, que seguen sen efectivizarse en moitas parroquias do noso concello” aseguraban. “MOXOM” (Ourense, 1964). Mojón comezou a súa andaina, totalmente autodidacta como “Moxom” no mundo da escultura de madeira no ano 1996. Transforma así moitos dos seus debuxos en pezas de madeira con volume cheas de movemento, orixinalidade e sensibilidade.

Barbadás mantén o prezo do transporte público 4 Segue nos 1,35 euros sen bonificar ata que chegue a TMG. Redacción O Concello de Barbadás seguirá bonificando o transporte metropolitano ata que non se poña en funcionamento a tarxeta metropolitana de Galicia (TMG). O prezo sen bonificar é de 1,35 (será de 1,5 cando chegue a tarxeta), mentres que coas bonificacións o prezo é de 0,60 euros por viaxe para estudantes (taco de bonos a 6 euros); 0,70 por viaxe para pensionistas (taco de bonos a 7 euros) e 0,90 para o viaxeiro xeral. Unha vez estea en fun-

cionamento a TMG o prezo do billete sinxelo para as persoas que a teñan será de 1,35, pasando ao 1,5 para os que non a teñan. Antes, haberá un período de adaptación de ata seis meses ata a posta en marcha definitiva da Tarxeta Metropolitana de Galicia. Desde o Concello de Barbadás iniciaron as conversas para seguir mantendo as bonificacións municipais través dun convenio que asinarán coa Xunta. Este convenio incluirá as bonificacións sociais e, por outra banda, os bonos xerais, ambas a cargo do Con-

Transporte público que une Barbadás con Ourense.

cello. Por outra banda, a Xunta informou ao Concello que ao longo deste ano se poñerá en funcionamento a gratuidade do transporte para os nenos e mozos entre 4 e 21 anos. Erro Desde o 1 de xaneiro a nova empresa concesionaria cobrou, durante varios días, o billete a 1,50 euros, comunicandollo ao Concello e subsanando o erro -volveu a cobralo a 1,35. A empresa asegurou que se devolverá o diñeiro cobrado incorrectamen-

te entregando o comprobante. Canxear As persoas que aínda teñan bonos da concesionaria anterior poden canxealos polos da nova empresa á maior brevidade posible nas Oficinas Municipais da Valenzá. Soamente se canxearán tacos enteiros de bonos no caso dos bonos do Anpian. No caso de Piñor, os bonos de Alfer canxearanse por un novo bono de 30 viaxes e o usuario terá que pagar a diferencia entre os bonos novos e as viaxes que entrega. As Lagoas Debido a gran saturación en horas puntas, ponse en marcha un cuarto autobús na ruta da Valenzá-Lagoas. A ruta Lagoas-Lagoas, que pasa por Loiro-Sobrado-Bentraces-Barbadás, a instancias de usuarios e do Concello, manterá o horario das 15,30 que tiña coa anterior concesionaria. Para máis información consutar na web www. bus.gal ou na app Transporte público de Galicia. Tamén no teléfono da empresa concesionaria 988371235.

Este ano porase en funcionamento a gratuidade do transporte para os nenos e mozos entre 4 e 21 anos


CELANOVA E COMARCA

Melloras enerxéticas no Curros Enríquez 4 A Xunta destina a tal fin máis de 500.000 euros. Redacción Antes do remate das clases polas vacacións de Nadal, a conselleira de Educación, Carmen Pomar, visitou o CEIP Plurilingüe Curros Enríquez de Celanova para avanzar sobre a mellora enerxética que sufrirá o centro. O seu departamento licita por algo máis de medio millón de euros (555.345,71 exactamente) para devandita rehabilitación. A intención é que as obras execútense no verán de 2020. Na súa visita a conselleira estivo acompañada pola delega-

da da Xunta na provincia de Ourense, Marisol Díaz Mouteira. Pomar lembrou que tamén se farán obras de mellora enerxética no CEIP Padre Feijoo (Allariz). Os traballos suporán unha mellorea enerxética e funcional, xeralmente abranguen actuacións específicas en cubertas e fachadas (illamentos), carpintarías (substitución por ventás con rotura de ponte térmica), luminarias (substitución por equipos de alta eficiencia enerxética) e outros elementos das instalacións.

Espazo coworking Redacción A Xunta de Galicia mantén aberto o prazo de solicitudes para participar no coworking de Celanova; tamén está aberto o prazo para o de Cenlle. A Consellería de Economía, Emprego e Industria e en colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI), mantén aberto ata o 31 deste mes de xaneiro o prazo de inscrición nas convoca-

torias destinadas aos emprendedores que desexen dispor de asesoramento e apoio formativo para desenvolver unha iniciativa empresarial. O de Celanova acelera proxectos de calquera ámbito económico e acada coa presente a súa quinta edición. As convocatorias anteriores celebradas na provincia de Ourense levan apoiado as iniciativas de 133 emprendedores e a creación e consolidación de 70 novas empresas. Mentres, o espazo do Ribeiro, con sede no con-

Barrios 15 de xaneiro 2020

cello de Cenlle, abre a súa primeira convocatoria e promoverá principalmente actividades relacionadas coa agroalimentación, o turismo rural e a economía circular. Os espazos coworking forman parte da plataforma StartIN Galicia, que agrupa a todas as aceleradoras que apoia a Administración autonómica e que permitiu nos últimos cinco anos impulsar máis de 1000 proxectos emprendedores en todo o territorio.

Novo equipamento de emerxencia

30 hectáreas para unha aldea modelo

A Xunta de Galicia elixiu a Mancomunidade de Terras de Celanova para facer entrega de novos equipamentos de emerxencia a concellos da provincia de Ourense. O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, e o xerente da Axega, Marcos Araújo, fixeron entrega de nove tendas de campaña. As tendas están destinadas a atención ás emerxencias por parte das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC). Son tendas de fácil transporte e lixeiras, con fácil montaxe e desmontaxe. Ademais da mancomunidade Terras de Celanova, este material foi adxudicado aos concellos de Allariz, Coles, Chandrexa de Queixa, A Gudiña, Maceda, Manzaneda, A Pobra de Trives e A Veiga.

4 Medio Rural quere actuar en Xacebáns. Redacción O conselleiro do Medio Rural, José Gónzalez, explicoulles aos veciños de Xacebáns (Quintela de Leirado), as características e vantaxes do proxecto de creación dunha aldea modelo neste núcleo de poboación. A actuación realizaríase nun total de 622 parcelas pertencentes a 132 propietarios, cun perímetro de algo máis de 30 ha. O obxectivo destes traballos é a recuperación da actividade socioeconómica neses núcleos, co fin de per-

mitir a súa recuperación demográfica e a mellora da calidade de vida da súa poboación, ao tempo que se busca tamén unha anticipación aos lumes forestais, creando unha devasa natural fronte eles. Foto dos premiados pola biblioteca de Celanova.

Premio aos que máis len

González cos veciños de Xacebáns. /RAMSÉS.

EN BREVE 4 Radioloxía O Centro de Saúde de Celanova contará cunha nova sala de radioloxía. O Sergas destina 108.900 euros á compra dun novo equipo totalmente dixital que permitirá estudos radiolóxicos mais rápidos e con menor exposición. Trala presentación de ofertas, rematada o 8 de xaneiro, seguen as fases de información, valoración e adxudicación. Estímase que xa esté instalado e en funcionamento antes do verán, probablemente na primaveira.

4 Rebulir

Entrega do material de emerxencia. /RAMSÉS.

Pomar con escolares do centro. /M. REJO.

7

O pasado 19 de decembro, a Biblioteca Municipal de Celanova, fixo entrega dos diplomas aos usuarios que máis libros levaron en préstamo durante todo o ano 2019. Son os tres primeiros clasificados nas categorías de infantil e adulto (feminino e masculino) e un recoñecemento ao usuario máis lector veterano e benxamín. A entrega foi realizada polo alcalde de Celanova, Antonio Puga Rodríguez.

Nin as inclemencias climatolóxicas fixo que o Festival Internacional Rebulir fora un éxito na súa 14ª edición celebrada o pasado 21 de decembro. Nesta ocasión o festival galardoou a Rosa Cedrón, Antonio Durán “Morris” e á Coral de Ruada polo seu labor en prol da cultura galega. Nesta edición participaron agrupacións de Senegal, Paraguai, Portugal, Asturias e Andalucía, que este ano estivo adicada aos doante de médula ósea.

4 Balance 2019 Durante todo o ano 2019 a Fundación Curros Enríquez acolleu numerosos grupos de escolares que se achegaron a Celanova a para visitar a Casa dos Poetas e para realizar algunha das actividades organizadas en torno aos escritores da vila. Moitos deles realizan o programa ‘Ven coñecer a Celanova de Curros e Celso Emilio’ que combina as visitas á Casa dos Poetas, ó Mosteiro de San Rosendo, a Vilanova dos Infantes e a Castromao cun percorrido urbano a través da poesía pola vila de Celanova. A fundación atendeu neses 365 días a 78 centros escolares (10 deles a visitaron por vez primeira) e 3.644 alumnos. Cifra, a do número de alumnos, que é a maior nos trece anos que a Casa dos Poetas leva aberta.


8

Barrios 15 de xaneiro 2020

ALLARIZ E COMARCA

Abastecemento en Formigoso, A Acea e A Lamela

O Peto dos Desexos

Redacción

O Concello de Allariz coa colaboración do Comercio de Allariz, sortearon os premios da campaña O Peto dos Desexos, organizada co propósito de propiciar as compras na época de Nadal no comercio local e agasallar aos seus clientes. A concellería de promoción económica foi

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de formalizar o contrato para a execución das obras de abastecemento e saneamento nos núcleos de Formigoso, A Acea e A Lamela, no Concello de Baños de Molgas. O investimento é de 300.000 euros. Estas actuacións dipoñen dun prazo de execución de catro meses, desde o inicio das obras. Nesta intervención prevese a construción de dous ramais de conexión de abastecemento entre os núcleos de Bouzas e Formigoso, e entre Fondo de Vila e A Acea. A rede de saneamento que se executará terá unha lonxitude de máis de medio quilómetro. Como medio de depuración das augas residuais proxéctanse tres fosas sépticas con capacidade para 50 persoas en Formigoso e na Lamela, e para 30 persoas na Acea. Na Lamela prevese ademais a mellora da captación existente. O proxecto tamén contempla mellorar as condicións do servizo de abastecemento de Formigoso.

Redacción

O xurado do FIXA reunido para elexir os “Xardíns de Poesía”.

A poesía invadirá o FIXA 2020 4 Sobre esta expresión artística estará centrado o festival de xardíns de Allariz. Redacción O xurado do Festival Internacional de Xardíns de Allariz xa elexiu os 10 xardíns (e os dous de reserva) que este ano formarán parte do festival. A temática nesta ocasión será a poesía e as propostas elexidas son: “Los mundos infinitos de los Haijines” de Argentina; “Soneto”, “Jardín futurista” e “El jardín interior de Emily Dickinson”, de Madrid; “La Poesía de las cosas”, de Italia e Alemania; “The forest of the night”, de Italia e China; “¿Espera, duerme o sueña?, de Madrid e Soria; “Un jardín excesivamente nítido”, de Colombia; “O Camiño cara a emigración de Rosalía”,

de Galicia; e “Restlssness garden”, de Portugal son os dez Xardíns da Poesía que formarán o Festival de Xardíns de Allariz deste ano. Os suplentes nesta ocasión serán “Otra Cara. Jardín de Rosalía de Castro” e “Nadaismo”. Estes xardíns enche-

rán Allariz de poesía, de maio a outubro, recordando a poetas tan coñecidos como Rosalía de Castro, Emily Dickinson ou Machado, entre outros. A estas propostas súmanse “Sé o heroe da túa propia película” xardín austríaco máis votado polo público visitante na edición pasada e a proposta que os centros de Allariz plantexan na parcela educativa.

Os xardíns poderanse visitar entre maio e outubro

Un estudo confirma que Allariz será un dos destinos turísticos favoritos en 2020. O estudo foi realizado pola compañía internacional Atrápalo, especializada na venda online de viaxes e experiencias, a que acredita que Allariz será un dos destinos preferidos du-

Un operario recollendo todas as papeletas do sorteo “O Peto dos Desexos”.

Incisex

4 Destino turístico rante este ano. O estudo conta con dúas partes diferenciadas. No que se refire ás tendencias turísticas para o 2020, no apartado de escapadas nacionais, Allariz ocupa o terceiro posto na lista dos dez primeiros destinos predilectos para facer unha escapada.

a encargada de repartir os 24 premios entre os clientes do comercio e hostalaría de Allariz. As persoas premiadas disporán de todo o mes de xaneiro para gozar dos seus premios nos respectivos comercios locais. Os agraciados cos vales de 150 euros outorgados polo Concello de Allariz serán convocados a unha xornada de compras na que, acompañados por técnicos de Promoción Económica, poderán gastar o premio no comercio e hostalería de Allariz.

Redacción O Instituto de Sexoloxía-INCISEX, a través do convenio recentemente asinado co Concello de Allariz, impartirá en Allariz o vindeiro sábado, 18 de xaneiro, de 15:30 a 20 h, o primeiro seminario de sexoloxía na infancia e na adolescencia en situación de

transexualidade. Esta formación está aberta para profesionais interesados así como para o alumnado do curso de monitor de educación sexual impartido no Fogar dos Maiores de Allariz. Xamu Díez Arrese será o docente do seminario xunto con Bárbara Serrano, apunta que “como novidade presentaremos os puntos centrais do modelo de atención con familias”.


XINZO E COMARCA

CDR O Viso Redacción Dende o Programa de Emerxencia Social que desenvolve o CDR O Viso, apoiouse durante o mes de decembro a cobertura das necesidades básicas de preto de 30 persoas da comarca da Limia en situación de vulnerabilidade. Facilitouselles produtos de alimentación, de hixiene persoal e limpeza do fogar e bombonas. Este programa subvencionouse dende a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e da Deputación de Ourense. Ao mesmo tempo realizouse, desde o CDR, unha coordinación cos servizos sociais comunitarios dos concellos cos que traballan en rede, para garantir o benestar social das persoas atendidas. Destaca a aportación do Banco de Alimentos de Ourense, con 989 kg de alimentos non perecedoiros e a colaboración, coma de costume nestas datas, da Parroquia Santa María de Couso de Limia (Sandiás), entre outras.

Reparto de produtos de primeira necesidade.

Dúas pistas de pádel para os veciños de Xinzo 4 O Concello limián vén de adxudicar a súa instalación. Redacción Neste días, o Concello de Xinzo de Limia vén de adxudicar a instalación de dúas pistas de padel no recinto deportivo exterior ao carón das piscinas públicas exteriores e da piscina climatizada. Segundo manifestacións da alcaldesa Elvira Lama e do concelleiro de Deportes Rafa Penabad, “a execución desta obra debese á demanda actual, que obriga a moitos afeccionados a desprazarse a capital ou a concellos limítrofes que si dispoñen destas infraestruturas. Será unha prioridade desta Concellería a mellora de tódalas infraestruturas deportivas, para ofertar a mellor calidade nos servizos”, afirmaban. A memoria do proxecto indica a creación das pistas de pádel sobre o campo de fútbol sala existente. Ese é o lugar elexido pola proximidade da piscina climatizada e os seus vestiarios e servizos complementarios, seguindo o disposto do Plan Director

deportivo. A súa situación protexida de ventos e pola proximidade con outras infraestruturas deportivas municipais foi polo que se decantou a súa ubicación. Por mor das inclemencias climatolóxicas as pistas levarán un pavimento con drenaxe para garantir o mantemento en tempada de choivas. Ademais, nun futuro procurarase levantar unha cuberta sobre as pistas para poder utilizalas en calquera época do ano. Utilizarase a pista existente de fútbol sala como sub base para poder realizar a base da pista deportiva de pádel, téndose en conta a colocación das canalizacións necesarias para o drenaxe e a iluminación da mesma. Orzamento A inversión prevista para esta construción será de 48.000 euros IVE engadido, e o prazo de execución será de dous meses. Segundo o prego de adxudicación a obra terá que estar rematada antes do 30 de marzo. Do presuposto total da obra, 35.000 euros se-

rán aportados pola Deputación Provincial e os 13.000 restantes dos fondos do Concello. Pista de fútbol Seguindo con temas deportivos, o Concelleiro de Deportes avanza que tamén se instalará ao carón das pistas de pádel, o campo de fútbol adquirido polo anterior equipo de goberno, unha pista igual á que se tivo instalada na praza Carlos Casares. Deste xeito, indica o con-

Barrios 15 de xaneiro 2020

celleiro, “dase resposta as reiteradas preguntas da oposición sobre o lugar onde se ía a instalar esta pista”. A alcaldesa aseguraba, ao mesmo tempo, que está é “a primeira das varias actuacións que de aquí ao verán se van a levar a cabo na zona deportiva das piscinas exteriores e da climatizada, as seguintes actuacións de melloras e acondicionamento serán proxectos que se irán anunciando segundo se vaian a realizar” prometía a rexedora. Elvira Lama, recordaba que “estas actuacións ían no programa deste novo equipo de goberno”, tendo en conta a situación “calamitosa” na que se encontran as instalacións que dende a súa apertura

9

fai máis de 15 anos, “apenas se fixeron inversións nas mesmas”. Outra das remodelacións pendentes, que pretenden realizar antes do verán, será a parte superior do edificio de vestiarios que se atopa nas mesmas instalacións das piscinas exteriores, “que nunca funcionou, nin se lle deu uso”, declarou para rematar Lama.

“As seguintes actuacións de melloras serán proxectos que se irán anunciando segundo se vaian a realizar” prometía a rexedora

Lugar onde se instalarán as pistas de pádel ao carón da zona deportiva.


10

Barrios 15 de xaneiro 2020

Zona de Emerxencia Redacción O Concello de Xinzo solicitou a Declaración de Zona de Emerxencia de Protección Civil. O sábado, 28 de decembro, os portavoces de todos os grupos políticos que compoñen a corporación local reuníronse na Sala de Xuntas do Concello para tratar a problemática dos efectos e danos dos últimos temporais. Estos fenómenos meteorolóxicos adversos en formas de borrascas de grande intensidade, ventos e choivas torrenciais nunha situación prolongada durante varios días fixeron que o Concello de Xinzo de Limia atopárase ante unha situación de grandes perdas económicas. Por este motivo, os portavoces dos grupos políticos iniciaron os trámites para solicitar a Declaración de Zona de Emerxencia, e poder obter axudas das distintas administracións. Os sectores de maior dano foron os da agricultura e gandería, que perderon a totalidade dos cultivos de inverno xa sementados. Ademais dos danos ocasionados nas infraestruturas municipais e na rede viaria, así como a caída de postes e tendido eléctrico ou o dano en zonas de uso e dominio público, parques e xardíns. O Pleno instará á Consellería de Medio Rural da Xunta para que tramite a declaración do Concello de Xinzo de Limia como zona afectada gravemente por unha emerxencia de protección civil.

XINZO E COMARCA

Agricultores e gandeiros da limia fórmanse en xestión de residuos 4 Esta actividade formativa vaise completar a través do Plan estratéxico do sector agrario da Limia. Redacción A mesa redonda “As explotacións medioambientalmente sostibles e a distribución e venda de produtos” serviu como acto de clausura do Plan de formación agrogandeira para Xinzo de Limia. Participaron 160 persoas e se desenvolveu na casa de cultura da localidade dende o pasado día 28 de novembro ata o 18 de decembro. Ao acto de clausura acudiu o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros. Con esta iniciativa procurouse mellorar a formación dos agricultores e gandeiros como vía para optimizar a xestión das súas explotacións, co fin de que a Limia sexa

Limpezas nas feiras Redacción O Concello de Xinzo de Limia pídelle aos feirantes que deben cumprir coas obrigas de limpeza nos postos de feira. Un novo bando advirte que o incumprimento destas obrigas pode dar inicio

referente de compatibilidade entre unha xestión ambiental adecuada e uns bos resultados económicos. Programa formativo A acción formativa tivo unha duración de 27 horas e se trataron temas sobre a planificación da produción e a xestión adecuada dos residuos gandeiros, a prevención e loita contra pragas e enfermidades, o asesoramento sobre novos cultivos e a súa adaptación ao cambio climático.

Tamén se formou aos participantes nas novas alternativas de produción e diversificación económica, no asociacionismo e na promoción dos produtos locais. Esta formación vaise completar a través do Plan estratéxico do sector agrario da Limia, que ten como horizonte para a súa elaboración o vindeiro verán de 2020. Todo isto, forma parte dunha estratexia global para facerlle fronte á xestión dos xurros.

Xinzo roxe polo Entroido 4 A Limia prepárase para cinco semanas de troula. Redacción Sen tempo para dixerir os polvoróns do Nadal, Xinzo de Limia xa conta os días para que chegue a festa máis grande de todas, o entroido. Algúns terán que baixar eses quilos collidos e poñerse en forma para vestir o traxe de “Pantalla” e desfilar polas rúas limiás. Este ano, o Entroido 2020, como cada ano, contará con cinco fins semanas de celebración que dará comezo o día 1 de febreiro coa celebración do Sábado de Petardazo e ao día seguinte, 2 de febreiro, terá lugar o Domingo Fareleiro onde haberá que protexerse ben, xa que todos rematarán brancos como a fariña que se botarán uns aos outros. A fin de semana seguinte chega o sábado 8, o “Col-

gamento do Meco”, e o día 9 celebrarase o Domingo Oleiro, onde as olas volarán polos aires ata que se esnaquicen todas. Sete días despois Xinzo acolle o Sábado de Comadres, o día 15 será a antesala da aparación por primeira vez no Entroido das “Pantallas”; será o domingo 16 co Domingo Corredoiro. Días grandes Os días grandes chegarán a partir do día 23 de febreiro, data na que ten lugar o Domingo de Entroido, varios días seguidos de troula que terán como día álxido -se é que os outros días non son álxidos de por si- o Martes de Entroido (25 de febreiro). O Domingo de Piñata, 1 de marzo, porá fin a máis dun mes de Entroido en Xinzo.

José Balseiros na clausura do Plan de Formancion.

a expedientes sancionadores. Cabe recordar, que en Xinzo celébrase feira os dias 14 e 27 de cada mes. Como en anteriores ocasións mediante un bando comunicase a tódolos vendedores que deben cumprir coa ordenanza reguladora da venda ambulante e contribuír a limpeza de cada posto e da zona circundante durante o exercicio da actividade e ao finalizar a mes-

ma, baixo de advertencia de que si non se procede deste xeito no resto das feiras do ano, poderanse iniciar denuncias por parte da Policía local. “O motivo desta medida obedece a que todos deben contribuír para deixar os espazos públicos nas mellores condicións de limpeza” comentaba a alcaldesa Elvira Lama.

As Pantallas volverán percorrer as rúas de Xinzo.


DEPORTES

Barrios 15 de xaneiro 2020

O derbi, para o Barco 4 UD Ourense gaña e Arenteiro perde. Redacción

Partido entre Cidade e Xaloc. /I. OSORIO.

Vitorias ourensás 4 Envialia, Cidade e Sala Ourense logran a vitoria esta xornada. R.T. Xornada redonda para os conxuntos ourensáns máis representativos do futbol sala. Mentres o Cidade das Burgas e Ourense Envialia lograban a vitoria na Primeira división, o Sala Ourense facía o propio na Segunda B masculina. O Cidade de Manolo Codeso lograba os tres puntos nun traballado partido diante do Xaloc, no que tiveron que remontar para sumar a segunda vitoria da tempada (2-1). Con esta vitoria son antepenúltimas con oito puntos. Aínda que seguen en postos de descenso, gañar despois de tanto tempo pode supoñer un golpe de moral para as franxiverdes. Actualmente contan con oito puntos a seis da salvación. Esta fin de semana visitan a pista do Roldán. O Ourense Envialia continúa realizando un gran curso. A súa vitoria por 2-4 fronte o Leganés as mantén na terceira posición a cinco puntos do segundo clasificado, Burela, e seis por enriba do cuarto: Poio. Esta

fin de semana reciben nos Remedios ao Universidad de Alicante. Sala Ourense Importante vitoria dos pupilos de Kike García ante un dos mellores equipos do grupo 1 da Segunda división B. O Sala Ourense desfíxose do Leis Pontevedra nun gran encontro que rematou con vitoria ourensá por seis goles a dous. A pesar dun mal comezo dos locais, no minuto cinco perdían por 0-2, foron quen de darlle a volta e antes do descanso xa foron quen de empatar (2-2). No segundo tempo catro goles máis dos ourensáns deixaron o definitivo 6-2. Esta vitoria supón colocarse en quinta posición con 28 puntos, a un do Leis Pontevedra. Con esta son cinco as xornadas consecutivas que suman de tres en tres. Esta fin de semana visita ao Universidade de Valladolid que ocupa a sexta posición con dous puntos menos que o Sala Ourense.

O Sala Ourense recibiu ao Leis Pontevedra. /DOMARCO.

Remata a primeira volta na Terceira división e é hora de facer balance. Tivo que ser no tempo de desconto cando o Barco lograba o único gol da tarde en Calabagueiros que lle daba a vitoria aos locais e remataba coa racha de 16 xornadas sen coñecer a derrota do Ourense CF. Estos tres puntos fan que os valdeorreses manteñan a terceira posición (37 puntos en total) e se queden a catro puntos do Ourense Club de Fútbol. Os de Fran Justo, a pesar da derrota, non ven empañada unha primeira volta sobresaínte que levounos a chegar a ser líderes para chegar ao ecuador do curso na segunda posición. Agora están a catro puntos do líder, un Compostela que dobregou ao Arenteiro nesta décimo novena xornada. Os do Carballiño non foron quen de parar aos santiagueses na capital galego ao perder por 3-0. Aínda con esta derrota os do Carballiño

son 12º con 21 puntos. E o outro conxunto ourensán, a UD Ourense, logrou a vitoria no Couto diante do Arzúa (1-0). Estes tres puntos permiten aos de Fernando Currás situarse na sétima posición a cinco puntos do cuarto clasificado -posto de promoción de ascenso-. Con todo isto, satisfacción nas entidades ourensás tralo remate da primeira volta. Todos eles terían firmado, a principios de tempada, a posición que ocupan actualmente. Dous equipos en postos de pro-

Lance de xogo do partido entre a UD Ourense e o Arzúa disputado a pasada fin de semana no Couto. /I. OSORIO.

4 O alaricano proclamouse campión de España sub21 en ciclocros. Iván Feijoo logrou esta pasada fin de semana en terras pontevedresas proclamarse campión de España sub23 en ciclocros. Con este é o terceiro título consecutivo que logra o alaricano (un como júnior e dous nesta categoría). Como en moitas das súas carreiras, desde os primeiros compases colocouse na primeira posición e xa non a soltaría ata alzar os brazos na liña de meta a case un

Vindeira xornada Para esta fin de semana, a primeira da segunda volta, chega un novo derbi en Calabagueiros. O Barco recibe ao Arenteiro. Tamén repite na casa a Unión Deportiva Ourense fronte o Paiosaco, mentres que o Ourense CF visita ao Bergantiños.

EN BREVE 4 Canicros Este domingo, 19 de xaneiro, celébrase a cuarta edición do canicros Apmou. Un evento que terá lugar en Oira e que discorrerá pola ribeira do Miño. A proba dará comezo ás 12 horas ao carón das piscinas. Haberá unha categorías masculina, outra feminina e outra infantil.

4 Rugbi Tralo empate a 27 na 13º xornada fronte o Babyauto Zarautz, o Campus Ourense Rugbi ocupa a cuarta posición a tan só dous puntos do terceira, que precisamente e o rival desta pasada xornada. Os homes de David Monreal recibe esta fin de semana ao Pasek Belenos, equipo que está a dous puntos dos ourensáns.

4 Voleibol

Iván Feijoo continúa en racha

Redacción

moción de ascenso: Ourense CF e Barco; un, a UD Ourense acechando eses postos de playoff (a cinco puntos); e un Arenteiro na metade da táboa.

11

minuto do segundo clasificado, Gonzalo Inguanzo; terceiro foi Xabier Murias.

Outro ourensán, Carlos Canal, tivo que conformarse coa quinta posición tras varios problemas ao longo da carreira. Na categoría elite, o representante do Club Ciclista Maceda, Saúl López, logrou a sexta posición. Maceda Unha semana antes, en Maceda, disputabase o 12º ciclocros Castelo

Feijoo na carreira disputada en Maceda.

Vitoria do Aceites abril fronte o Alcorcón no que foi o primeiro encontro da segunda volta na Primeira división. As ourensás venceron por dous sets a tres ás madrileñas nun reñido envite. Con esta vitoria ocupan unha máis que meritoria quinta praza na clasificación.

de Maceda, última proba da Copa Galicia de CX. A representación ourensá non puido ter mellores resultados. Na carreira absoluta vencía Iván Feijoo, sendo segundo Saúl López (1º elite) e terceiro Carlos Canal (2º sub 23). En mulleres, Noela Saa erá primeira en júniors (Marco Nube foi segundo pero en homes); Andrea García (terceira en sub 23).


12

Barrios 15 de xaneiro 2020

DEPORTES

Primeira volta en postos de playoff 4 O COB chega ao ecuador na novena posición. Redacción Rematou a primeira volta e tanto corpo técnico coma directiva e afeccionados están satisfeitos polas prestacións do equipo ata o ecuador da LEB Ouro. O conxunto que dirixe Gonzalo García de Vitoria é noveno o que o coloca en postos de playoff. Trala vitoria fronte Lleida (64-49) os ourensáns suman nove vitorias por oito derrotas e sitúanse como fronteira para xogar a promoción de ascenso. O COB viña de colleitar catro derrotas consecutivas a finais de ano, enfrontándose, iso si, a catro equipos chamados a estar arriba ao final do curso (Melilla, Palma, Breogán e Leyma Coruña). Polo que a vitoria, en

casa, diante de Lleida era innegociable. Como innegociable será sumar unha nova vitoria este mesmo sábado. Os de García de Vitoria repiten como locais o día 18 a partir das 18 horas fronte Almansa (conta con dúas vitorias menos,

sete). Por outra banda, Valladolid e Guipuzcoa disputarán a Copa Pincesa ao rematar a primeira volta como primeiro e segundo, respectivamente. Yankuba Sima O pívot Yankuba Sima é a nova incorporación do Club Ourense Baloncesto para encarar a segunda metade do campionato. O xogador ven cedido de Manresa e nel buscan que aporte no rebote, faceta no que o equipo ten o seu punto máis feble.

Unha das carreiras de pitufos disputadas na San Silvestre ourensá. /RAMSÉS.

Ourense rematou o ano á carreira 4 Centos de ourensáns despediron o ano a ritmo de San Silvestre. R.T.

Van Wijk no partido ante Lleida no Paco Paz. /RAMSÉS.

Xa é un clásico na época de Nadal. E é que en tan só catro edicións a San Silvestre Ourensá bastaron para comprobar que esta actividade deportiva é imprescindible para rematar o ano. Son centos de ourensáns

-e de visitantes que pasan esas datas na cidade e provincia- os que congrega ao carón do xardín do Posío para rematar o ano á carreira. Probas Probas para todas as idades no que o máis importante é pasar un rato

amigable en familia e con compañeiros. Unha xornada na que o que se pretende é mediante o bo ambiente -que non o bo tempo, que estamos a 31 de decembro- despedir o ano dun xeito saudable. A pesar de non ser o máis importante na San Silvestre tamén tiveron a súa recompensa os mellores. Así, en categoría masculina o máis rápido foi Héctor Álvarez Rodríguez, seguido de Alex Montero -segundo- e de Julián Romero -terceiro-. En categoría feminina, Leticia Fernández foi a primeira, sendo segunda, Sonia Teijeiro e terceira, Aída Martínez.


PUBLICIDADE

Barrios 15 de xaneiro 2020

13


14

Barrios 15 de xaneiro 2020

4AXENDA Exposicións - Ata o 23 de febreiro Exposición pictórica “A cor e a luz” de José María Barreiro - Centro Cultural Marcos Valcárcel - Ata o 23 de febreiro - Exposición pictórica “Luz que nunca se apaga” de Juan Rivas - Centro Cultural Marcos Valcárcel Teatro - Día 17 de xaneiro - Teatro “Fariña“- 20.30 h - Auditorio de Ourense - Día 18 de xaneiro Teatro “Unha humilde proposta” - 20 h - Teatro Principal - Día 24 e 25 de xaneiro - Teatro “Curva España” 20 h. - Teatro Principal - Día 26 de xaneiro - Teatro infantil “Azul e a revolución dos colores“- 12 h - Auditorio de Ourense Música - Día 19 de xaneiro - Concerto “family Session” descubrindo a Metallica - 12 h - Auditorio de Ourense - Día 25 de xaneiro Concerto “Sam Amidon” - 20 h - Café Pop Torgal Deportes - Día 18 de xaneiro - 1ª división - Ourense Envialia - Universidade de Alicante - 17 h - Pavillón dos Remedios - Día 18 de xaneiro Campionato galego de voleivol alevín e benxamín - Pavillón dos Remedios - Días 18 e 19 de xaneiro - Campionato provincial de Xadrez - Centro cívico da Cuña - Días 18 e 19 de xaneiro - XXXI Campionato de Galicia de probas combinadas en pista cuberta Absoluta - Sub 16 e Master - Expourense - Día 19 de xaneiro Campionata de Galicia en pista cuberta Sub 23 - Expourense - Día 19 de xaneiro - 3ª división fútbol - UD Ourense - UD Paiosaco - 17 h - O Couto - Día 19 de xaneiro - 3ª división fútbol - CD Barco - CD Arenteiro - 17 h - Calabagueiros www.periodicobarrios.com

OCIO E CULTURA

O Festival Pórtico do Paraíso chega a Lugo 4 Do 6 ao 16 de marzo, en Ourense, Carballiño e na Ribeira Sacra lucense . Redaccion A organización do Festival Internacional de Música Pórtico do Paraíso adiantou hoxe o cartel da súa décimo terceira edición, que terá lugar do 6 ao 15 de marzo e para a que conta coa colaboración da Xunta de Galicia. O festival, dedicado á difusión da música culta desde escenarios arquitectónicos singulares, esténdese por vez primeira fóra da provincia de Ourense, para ofrecer na Ribeira Sacra lucense dous dos cinco concertos programados este ano. Con tal motivo, Monforte de Lemos acolleu esta presentación, na que participou o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, xunto distintos representantes institucionais; Juan Enrique Miguéns, presidente da Asociación Pórtico Musical e director artístico do encontro; e a súa coordinadora, Conchi da

Silva. O representante da Xunta destacou a traxectoria de descentralización seguida polo evento, que en primeiro lugar se estendeu desde a cidade de Ourense a outros puntos da provincia e agora dá o salto á de Lugo. “Desde a Consellería de Cultura e Turismo, vemos esta descentralización do festival e a súa apertura a unha contorna natural e patrimonial de tanta riqueza como é a Ribeira Sacra lucense como un gran valor engadido a un evento que xa conta co aval do público e con recoñecementos tan destacados como o selo de calidade EFFE Label, que se concedeu a Asociación de Festivais Europeos”, sinalou. Concerto inaugural En palabras de Sutil, Pórtico do Paraíso ten xa consolidado un importante papel como plataforma de difusión da música culta entre o noso público a través de propostas tanto de

intérpretes galegos como do resto de España e do panorama internacional. Así por exemplo, no cartel deste ano, o concerto inaugural correrá a cargo da Escolanía de Segovia o 6 de marzo no Templo da Vera Cruz do Carballiño. O festival inclúe, así mesmo, as actuacións do arpista británico Andrew Lawrence King o día 7 na igrexa de Santo Estevo de Ribas de Miño (O Saviñao), do violinista galego José Manuel Álvarez o día 8 na igrexa do Santo Anxo de Ourense, do Kosmos Emsemble do Reino unido o día 13 na igrexa de Santa María da Régoa de Monforte de Lemos e do guitarrista arxentino Víctor Villadangos o 15 de marzo no Liceo. Este último será, ademais, o encargado de impartir o curso de interpretación que se desenvolverá do 11 ao 13 de marzo no Conservatorio Profesional de Música de Ourense.

4ARQUIVO VISUAL OURENSÁN

Mañá será outro día Levo un tempo observándoa. Descoñezo o seu nome, a súa idade, o seu sexo, pero sei que é moi especial, diría que máxica. Fáloche da oca branca do xardín do Posío. Deconfiada e medorenta, o seu comportamento é moi diferente con certos visitantes que acoden ao recinto a diario, cos que mantén un vínculo case maternal. Parece que perciba a súa diferencia. Semella que pretenda protexelos deste mundo desquiciado

A oca do Posío. Nadal 2019.

4HUMOR

Presentación en Monforte de Lemos con Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Juan Enrique Miguéns, presidente da Asociación Pórtico Musical e a súa coordinadora, Conchi da Silva.

“Fariña”, no Auditorio Redacción Nacho Carretero e Xosé A. Touriñán levan ao teatro “Fariña”, unha adaptación da exitosa obra de Carretero sobre a historia do narcotráfico en Galicia nas últimas

décadas do pasado século. Dirixida por Tito Asorey, conta no seu elenco con Marcos Pereiro, María Vázquez, Sergio Zearreta e Cristina Iglesias, ademais do propio Touriñán. A unha impoñente descarga suceden conversas entre rapaces e veciños das vilas falando, mercando, consumindo e ma-

nexando con soltura o famoso Winston de batea. Todo cabe sobre un escenario que recolle un percorrido fiel por este escuro capítulo da historia de Galicia desde un punto de vista único. Unha viaxe no tempo desde unha óptica próxima, real e familiar.

e insensible, tan intransixente e fanático que ás veces aterroriza aos nosos propios medos. Seis e media da tarde do día de Nadal. Un dos validos da oca abandona o lugar. Faino pola porta que comunica o verxel coa rúa do Progreso. Ela ségueo de preto, el acelera o seu difícil paso. Míranse por última vez, non será a derradeira. Sorrío moi emocionado e algo confuso, os dous saben que mañá será outro día. Fernando Valcárcel


OCIO E CULTURA / CLASIFICADOS

Barrios 15 de xaneiro 2020

15

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda, C. Domarco, Avelino Jácome. Yedra Seara Nº118 - Ano: XIII - 15 de xaneiro de 2020 - Difusión: 7.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.

4ANUNCIOS CLASIFICADOS

4AS ANDRÓMENAS E OUTROS CONTOS

[Deixe o seu anuncio no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]

O aceite das ánimas Ás doce en punto estalan os cristais das ventás, cada noite un misterio, un aterrecemento, primeiro o bruar xordo do vento, coma un coitelo rañando nun arame dos da traída da luz, despois un calafrío na pel, un cheiro a xofre, e fica todo calado, non soa nin o murmurio do Asneiro como se tamén a auga se detivera na presa do Leiro, ata que de súpeto, escóitase un ruído moi forte, coma o estoupido dun foguete o día da festa, un estoupido no cuarto da palleira e a xanela da cociña ábrese de par en par, así dende Santos ata o día de San Andrés. Ás once, cando deixa de escoitarse o balbordo do Expreso, cando pasa pola vía dende A Pena ata o Prado de Carrón, a avoa collía o rosario e todos a repetir as “letanías” pedindo para que “se vaia o mal desta casa” vez tras vez sen ningún resultado. Ás doce en punto e durante todo o mes de no-vembro repítese o mesmo fenómeno. Avisado do mesmo, veu o cura e trouxo un San Antón de madeira, din que é avogoso para os labregos e os animais. Deixouno na cociña a carón da espeteira, e mandou que lle puxeran doce candeas arredor ata cumprir unha novena, e ca auga ben-

“Foron inútiles todos os esforzos, por máis augas benditas e Salves, ao chegar as doce en punto, arrefriábase a casa ...”

dita asperxeu as catro esquinas de cada cuarto, as cortes e ata a solaina e o corredor, dicindo que debiamos rezar nove rosarios cada noite, porque “estes son espíritos dos mortos, que non se queren ir por algunha promesa que non cumpriron ou por algún segredo que alguén non lles gardou“ e dicindo isto fixo catro cruces ca man no ar, colleu as dúas ducias de ovos de esmola para o santo e foise por onde viñera, dicíndonos a todos que fixeramos exame de conciencia e nos foramos confesar antes da misa do domingo para despois comulgar en paz con Deus. Foron inútiles todos os esforzos, por máis pai nosos e rosarios, por máis augas benditas e Salves, ao chegar as doce en punto, arrefriábase a casa, os cristais enchíanse de néboa e estouraban tan forte que doían os oídos, e a xanela da cociña abríase tirando os pratos fregados ao chan, sorte que eran de latón se foran os das festas xa terían escachado todos. Unha noite, levantouse o tío Cándido a mexar, contaba a avoa, e viu no chan o chisqueiro do avó Amador, que fora un agasallo do seu irmán Benito que morrera na guerra, e entón acordouse que a bisavoa Dorinda dixera antes de morrer, que había que levarlle unha lata de aceite ás ánimas, porque como loitara no bando dos roxos, non fora que a súa ánima precisara algúns folgos para saír do purgatorio. Decatándose disto, espertou aos avós e contoullo. Ao outro día mercaron unha lata de Giralda na taberna do cruceiro, de cinco litros do mellor aceite

e leváronllo ao cura. Aquela noite ás doce en punto veuse saír unha luz coma un lóstrego pola xanela da eira, e estourou toda a casa como se lle cargaran barrenos de dinamita, e abríronse de golpe todas as ventás. A partires desa noite xa non houbo máis estoupidos, nin cheiros a xofre, nin arrefríos e o único son que se oía era o do noso río querido, o Asneiro, que cantaba de novo, ledo, a música de sempre. Este conto escoiteino na Lareira unha desas noites de escuridade pecha e forte invernía, cando zoa o vento e renxen as cancelas, mentres as pingas esmáganse doces nos cristais das fiestras, sorte que o pai me dixo rindo: “non fagas ningún caso destas andrómenas, sonche contos de vellas para asustar aos meniños, o aceite en vez de levarllo ao cura é mellor gardalo para facer un bo bacallau con cachelos, botarllo a unhas boas talladas de polbo ou fritir un bo capón, os mortos non comen, nin volven a facer nada aquí, eles xa non teñen máis parte que o seu recordo no noso entendemento, e o noso cariño”. Aquela noite durmín ferradiño ao pai e cada vez que sopraba o vento encollíaseme o corazón e achegábame máis a el. Agora, nestas noites de inverno onde parece que nunca escampará, cando escoito o vento forte e a choiva nos cristais, non me lembro nin dos espíritos nin do aceite, só me acordo daqueles agarimos que ti me dabas papá! Avelino Jácome

INMOBILIARIA Alugo sala para actividades culturais, con posibilidade de cociña, baño e outros sertvizos. Tel.: 988 247 113. Busco casa en alquiler na periferia de Ourense. Opción a compra ou dunha permuta dun piso situado na Valenzá. Tlf.: 600 826 029. Vendo casa pola estrada de Santiago, con finca. Para restaurar. Tel.: 988 247 824. Alugo oficina na rúa Progreso. Exterior. Prezo económico Tel.: 988 247 824. Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunitaria Tel.: 650 64 15 19. Vendo casa na zona de Rante (a 8 km de Ourense) preto da autovía. 3 dormitorios, terreo, pozo de auga e garaxe. Prezo 49.800€. Tel: 606 422 543 Vendo finca edificable. Zona Rante. Moi económica (11.900€). Tlf: 606 422 543 Alugo casa de campo a 5km de Allariz. Todos os servizos. Tlf: 657 945 665. Alugo casa de campo a 5km de Allariz. Todos os servizos. Tlf: 657 945 665. Véndese o alúgase un piso na estrada de Vigo. Preto do Lidl. Amoblados. Bo prezo. Tel.: 988 234 342. Alugo almacén pequeno en soto de garaxes. Para almacén, adega, trasteiro ou garaxe de moto. Rúa Francisco de Moure. Tel. 636 32 95 24. Alúgase apartamento en Montalvo con dúas habitacións, cociña, salón, baño, barbacoa, apar-

cadoiro, xardín; fronte á praia. Tel: 607 271 916 Véndese apartamento de 2 habitacións, cociña americana, baño, trasteiro e garaxe. Recén reformado. A 5 min. de praia América. Bo prezo. Tel. 620 66 07 62. Alugo praza de garaxe na zona universitaria. Prezo 55 euros. Tlf.: 636 329 524. Alugo oficina económica de 15 metros cadrados, amoblada, con baños comunitarios por 100 € máis 7 de comunidade. C.E:C. Tel.: 627 203 131

TRABALLO Danse clases de francés a domicilio. Todos os niveis. Titulación en España e Francia. Tlf.: 625 745 611 Imparto clases particulares de Matemáticas a domicilio en Ourense capital. Todos os niveis. Tamen materias curriculares de ESO e Bacharelato. As clases son individuais e personalizadas. Ampla experiencia. Excelentes resultados. Económico. Interesados enviar WhatsApp ao 610 38 25 89. Ofrécese xerocultora para axuda a domicilio en Xinzo. Tamén para limpeza de casas e negocios por horas e adaptados ao seu horario. Tel: 686 005 358. Fanse desbroces en tractor e a man. Tlf.: 63 521 448 Ófrecese señora seria e responsable para tarefas do fogar e coidado de nenos e maiores. Con informes. Preferencia zona Ponte. Tlf: 685 374 191. Busco traballo en desbroces con tractor ou condutor de camión e carretillas. Ampla experiencia. Tel: 637 282 405. Busco mozo como asis-

tente persoal con certificado de atención a persoas en situación de dependencia ou con auxiliar de enfermería. Boas condicións laboraia Tel.: 679 699 508. Ofrécese señora por horas para tarefas do fogar, coidado de nenos. Atende persoas maiores; tamén de noite en hospital ou domicilio. Telf.: 620 052 173. Coido ou acompaño a maiores enfermos polas noites. Económico. Tel.: 616 361 548.

VENDAS Compro moble de cociña completo. Tel: 988 247 824. Vendo escritorio. Como novo, bo prezo. Tel: 988 247 824. Vendo estufa de frío e calor. Tel: 988 247 824. Vendo remolque tenda comanche compact ano 2012. Como nova. 2.500€. Tel: 620 43 20 60 Vendo porta de cristal e aluminio. Tel: 988 247 824. Vendo hormigonera de 280 litros e maquinillo / grúa (a gasolina). Tel.: 988 23 47 91 Vendo maquina de coser industrial (dobre arrastre). Tel.: 630 587 527 Véndense polos caseiros (zona Allariz). Tel. 674 317 302 (chamar a partir das 21 horas). Vendo e cambio calendarios de bolsillo para coleccionar; así como barallas de cartas. Tel e whatsapp: 630 67 21 05. Véndense tres pares de zapatillas de fútbol sala. Talla 40, seminovas. Tel: 666 303 635

VARIOS Acepto canarios. Tel: 988 247 824.


Barrios 15 de xaneiro 2020


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Barrios 118 by Periodico Barrios - Issuu