Entrevista ao escritor Jorge Emilio Bóveda, que vén de presentar “Deserto García” [Páx. 2]
CIDADE
Páx.4 CIDADE
Instalada a primeira illa de contedores semisoterrados en Florentino Cuevillas
Páx.6 O CARBALLIÑO
A pista de xeo do CC Ponte Vella permanecerá aberta ata o 12 de xaneiro
Páx.8 DEPORTES
O Concello do Carballiño, galardoado pola iniciativa Vilas en Flor de Galicia
Páx.11 CULTURA
O pavillón dos Remedios seguirá prestando servizo a pesar das obras
Páx.13
Este Nadal non faltan as campañas de Amencer, Orixe e Moteros Solidarios
Ourense, co 25N
[Páx. 3] Milleiros de persoas participaron na gran manisfestación que tivo lugar en Ourense este 25 de novembro para apoiar a loita contra a violencia de xénero./RAMSÉS.
Número: 115 - Ano: XII - 28 de novembro de 2019 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190
2
Barrios 22 de novembro 2019
ENTREVISTA
ENTREVISTA A JORGE EMILIO BÓVEDA, AUTOR DE “DESERTO GARCÍA”
“Os vicios e defectos dos personaxes están moi prensados adrede para que todo estoupe contra o final do libro”
4 Undécima novela do ourensán que xa está dispoñible en librerías. R.T. “Deserto García” é a nova novela do escritor ourensán Jorge Emilio Bóveda. Presentada en Ourense -Libraría Eixo-, no Zig Zag fin de semana da TVG e esta mesma semana na casa de Curros Enríquez, en Celanova, haberá outra presentación no mes de decembro en Ourense; e de seguro que seguirá a o vindeiro ano en distintas feiras do libro da xeografía galega. Bóveda nesta ocasión prescinde das metáforas para meter ao lector nun ambiente máis claustrofóbico, onde todo pode saltar polos aires en calquera momento. O libro colle como base o “western”, pero cunha atmósfera actual e totalmente extrapolable a calquera punto do noso planeta, onde, ademais, florecen os nosos peores sentimentos. Cando e por que nace “Deserto García”? Jorge Bóveda: “Cando? Nun bo momento literario para min, por ter absoluta liberdade creativa e ser publicado por case todas as editoriais de Galicia. Por que? Porque nesta fase creativa tento facer literatura, combinando os
Jorge Emilio Bóveda, na presentación da súa última obra “Deserto García” na librería Eixo. /RAMSÉS. xéneros populares (terror, fantasía, western...) con influencias dos clásicos da literatura universal”. Preséntala como un western sen ser western e en Galiza. De que vai
“Deserto García”? J.B.: “Deserto García é unha historia normal sobre xente normal, un drama violento e tremendo pensado para Galicia en plena visita aos decorados de Fort Bravo no deserto de
Tabernas (Almería), que como sabes son os escenarios de, entre outras, as películas de Sergio Leone con Clint Eastwood”.
táforas para ofrecer unha obra máis directa, coma se fosen os disparos da pistola que leva o propio protagonista do libro”.
Pódese dicir que se trata dunha novela costumista? J.B.: “Non é costumista en absoluto. Os vicios e defectos dos personaxes están moi prensados adrede para que todo estoupe contra o final do libro coma se fose un barril de pólvora. Se fose costumista xa non estariamos na Terra como especie”.
Segundo libro con Editorial Galaxia, un bo binomio. J.B.: “Non serei eu quen diga bo ou malo, o que si é seguro é que as dúas obras son diferentes pero relacionadas. Se “O Mostro de ille” pivotaba nas novelas góticas e de fantasmas anglosaxonas, “Deserto García” faino no western puro e duro. Ademais, ambas historias desenvólvense en lugares pequenos e abafantes, cheos
E cunha temática universal (a pesar de ser ficción pode ocorrer en calquera parte do planeta)? J.B.: “Si, por suposto, a envexa, a carraxe, a cobiza e os celos son universais. A aldea onde ocorre a historia, chamada Loirás, podería ser Macondo, Región, Arcadia ou Hobbiton”. Na presentación falabas dun libro distinto ao que escribiras ata agora. Cal é a diferencia? J.B.: “Pertence ao meu ideario literario, pero é distinto pola vontade de estilo baseada na eliminación de sentenzas longas, adxectivos e moitas me-
de personaxes”. Onde se pode mercar? J.B.: “Galaxia distribúe por todas as librarías”. Agora que se achega o Nadal, que mellor que regalar un libro en galego. “Deserto García” está á venda nas librarías da comunidade.
“É unha obra máis directa, coma se fosen os disparos da pistola que leva o propio protagonista do libro”
4 Deserto García Unha obra a medio camiño entre o western e a novela policíaca, na que o autor retrata unha sociedade embrutecida que, malia a ficción, é dolorosamente real. Desiderio García, garda civil recentemente prexubilado, decide acudir á remota aldea de Loirás para habitar a antiga casa familiar dos seus avós, coñecidos no lugar como os Touceda. Terá como obxectivo vivir nunha especie de
retiro voluntario, afastándose para iso de todo o que foi a súa existencia ata o momento. Máis a súa presenza non será ben recibida e, pouco a pouco, o protagonista comezará a notar que alguén o axexa, e o seu receo irá en aumento ao atopar na súa porta restos animais. Ante as crecentes ameazas á súa vida, Desiderio García comezará a durmir abrazado a súa pistola Mauser…
TEMA DA SEMANA
Con saída na Subdelegación do Goberno, unha manifestación percorreu as rúas ourensás no 25N./RAMSÉS.
Barrios 22 de novembro 2019
3
tos. Tamén presentaron os “Puntos Violeta” (espazos de atención, información e axuda a vítimas de calquera tipo de agresión sexista en festas e en eventos con gran afluencia de público).
AMICA. En Xinzo de Limia, unha andaina e unha charla coloquio reivindicaron este día. E Verín tamén se sumou ao 25N cunha mulitudinaria manifestación na praza do Concello.
Na provincia En Barbadás, recordouse ás vítimas, con especial atención ás galegas. No Carballiño, os centros educativos e asociacións participaron nun acto que tivo lugar no salón de plenos. Ademais, tiveron lugar na praza Maior dúas concentracións convocadas por
“Se é machista non é xustiza” ou “Non quero ser princesa, quero ser alcaldesa”, foron algúns dos lemas que se puideron ler nas pancartas
A provincia únese ao 25N 4 Numerosas manifestacións percorreron as rúas das vilas e a capital da provincia. R.T. As vilas e a propia capital da provincia de Ourense participaron activamente nas manifestacións celebradas o 25 de novembro, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. Milleiros de persoas participaron na capital na
concentración que tivo o seu punto de partido na Subdelegación do Goberno. Alí gardouse un minuto de silencio pola vítima número 52 asasinada esta mesma semana en Tenerife. Acto seguido comezou unha marcha que levaba na súa cabeceira o lema “Se é machista non é xus-
tiza”, seguido por unha batucada que arengaba aos participantes con cánticos durante o traxecto que iría desde o parque de San Lázaro ata a praza Maior. Alí, continuarían os berros contra a violencia machista para pasar a dar lectura ao manifesto da Marcha Mundial das Mulleres.
Dous cativos portando sendas pancartas reivindicativa en prol da igualdade./R.T.
Outras pancartas lembraban que os corpos das mulleres “non son territorios do capital” ou mesmo que “un maltratador non é un bo pai”; “educación é prevención” e “non quero ser princesa, quero ser alcaldesa”. Numerosas foron as actividades ao longo dese día e durante varios días que quixeron sensibilizar sobre unha lacra intolerable e que lle toca sufrir á metade da poboación. Tanto Deputación como Concello realizaron sendos actos institucionais en conmemoración do 25N. No IES Blanco Amor, a delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz Mouteira, leu o manifesto da Xunta nun acto organizado pola Federación provincial de Anpas (FAPA) para presentar as actividades que organiza este colectivo en prol da igualdade. O delegado de Goberno, Emilio González Afonso, concentrouse con outras autoridades e responsables de institucións e forzas de seguridade para facer lectura dun manifes-
De arriba a abaixo: acto institucional no Concello e manifestación de AMICA no Carballiño; andaina reivindicatica en Xinzo de Limia; e manifestación na praza do Concello de Verín.
4
Barrios 22 de novembro 2019
CIDADE
Instalada a primeira illa de contedores 4 Está na rúa Florentino Cuevillas. R.T. O alcalde de Ourense, Gonzalo Jácome, xa puido estrear a primeira illa de contedores semisoterrados instalados na cidade, ubicados na rúa Florentino Cuevillas. No mes de decembro colocaranse outros na rúa Sáenz Díez; de entre os dous modelos decidirase cal se acopla mellor esteticamente e conta cunha mellor utilidade. Esta illa componse de cinco contedores (plásticos, papel, vidro, orgánico e resto). Todos eles contan con tecnoloxía de intelixencia artificial a cal avisa aos camións de cando están cheos para a súa recollida. Estes novos contedores soterrados son de carga su-
perior, e baléiranse nos camións de recollida de lixo por un sistema de pluma. Ademais, dispoñen de 3 m3 de capacidade (3.000 litros), case o dobre dos anteriores. Tamén contan cunha práctica infografía no seu exterior que orienta aos usuarios sobre que tipo de residuos se deben depositar en cada un. Na posta de longo desta illa o rexedor avanzou que contaba con que o prego estea “en febreiro ou marzo” e así poder ter “contedores novos para o verán”.
O alcalde conta ter os contedores novos para o verán que vén
Illa de contedores en Florentino Cuevillas. /RAMSÉS.
Obras na estación de autobuses intermodal. /M.REJO.
A intermodal estará rematada a mediados de 2020 4 A conselleira de Infraestruturas supervisou a marcha das obras. Redacción A estación de autobuses intermodal estará lista para o verán de 2020. Así o indicou a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez Mourelle, quen supervisou devanditas obras esta mesma semana. Concretou que se prevé que na próxima primavera estea finalizada a estrutura do edificio da terminal de autobuses, máis de 700 m² para albergar servizos de venda de billetes, consigna, oficinas, aseos, ademais de 13 dársenas de operación e outras 3 de regulación.
Esta actuación, xunto ao novo aparcadoiro subterráneo que executa ADIF, supoñen un investimento global de preto de 11 millóns de euros, dos cales case 9 son achegados desde a Xunta. Sempre co horizonte do Xacobeo 2021, desde o executivo autonómico estase a traballar para que esta nova infraestrutura estea dispoñible no Ano Santo. Por iso, Vázquez Mourelle indicou que agardan que o Ministerio de Fomento “tamén avance no cronograma” para a reforma da “estación ferroviaria, a integración urbana e a cone-
xión cos barrios da Ponte e do Vinteún”, así como “no cumprimento dos compromisos para a chegada do AVE”. Traballos Tamén asegurou que os traballos avanzan logo de acordar a mellor maneira de simultanear os traballos da terminal de autobuses e
do aparcadoiro subterráneo que está a executar Adif, para manter o máximo número de prazas posibles de aparcamento para os usuarios mentres se realizan as actuacións. Explicou que na actualidade se están a levar a cabo os traballos de escavación e movemento de terras e unha vez rematados, se acometerán as cimentacións e a construción da estrutura do edificio da estación. Engadiu que tamén se cimentarán parte das dársenas, deixando libres unhas 85 prazas de aparcadoiro. Depois executaranse as dársenas e a estrutura de cubrición, quedando liberado o espazo para a urbanización. Esta previsto que para esas datas Adif teña adiantado o aparcadoiro soterrado de 300 prazas.
4 “Pendello electoral”, para o PSOE Desde o Partido Socialista de Ourense denunciaron que a Xunta de Galicia quere impor a Ourense un “pendello electoralista” como estación de autobuses, que prexudicará a veciños e
doentes dun centro de saúde. Para os socilaistas, este é un proxecto que “hipoteca o futuro da cidade”. Ademais, insistiron en que ofreceron á Xunta unha alternativa que rexeitaron de pleno.
Rafael Villarino e Natalia González xunto ás obras.
ECONOMÍA
Galicia quere estar á vangarda apostando polas Unidades Mixtas de Investigación 4 Búscase a cooperación entre os organismos e o tecido empresarial. Redacción Atopámonos nun momento no que a esixencia laboral e loxística aumenta a diario, polo que resulta vital avogar pola innovación, o desenvolvemento tecnolóxico e a formación, como motores non só dunha adaptación ao presente, senón como un método de protexer o futuro. Para iso, desde a Xunta de Galicia faise unha forte aposta polo programa das Unidades Mixtas de Investigación. Estas unidades enmárcanse dentro da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3). As axudas da Xunta, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), cifradas en 34 millóns de euros, permitiron crear, desde a súa posta en marcha, 39 alianzas entre centros de coñecemento e empresas. Isto supuxo mobilizar preto de 115 millóns e consolidar ata 580 empregos. Estas unidades, de fórmula híbrida, consensúa o traballo común da iniciativa privada e dos servizos públicos, contribuíndo a un desenvolvemento conxunto centrado na mellora dun eido central.
O programa das Unidades Mixtas de Investigación enmárcanse na Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3). seu traballo a enriquecer os proxectos das diversas Unidades Mixtas. Entre elas, compañías como Navantia, Finsa, Roche Farma, Esteve, GKN, Borgwarner, Repsol, Telefónica ou Grupo Copo, que, xunto a 13 organismos de investigación galegos, dedicaron os seus recursos materiais e loxísticos para garantir unha competitividade maior do ecosistema galego de innovación. A diversificación lograda permite a atracción permanente de capital privado cara á I+D+i galega,
potenciando os eixos da resolución tecnolóxica, do crecemento continuo e da necesidade da investigación como piar do desenvolvemento. Ademais, as Unidades Mixtas abren novas vías para a cooperación entre os organismos de investigación e o tecido empresarial. Buscan sinerxías para lograr solucións benefi-
ciosas a través da coordinación de programas de innovación. Deste xeito, blíndase a competitividade das empresas galegas, xa que melloran o rendemento das súas ofertas; foméntase a I+D+i; créase emprego cualificado; e, finalmente, impúlsanse as capacidades dos organismos de investigación da Comunidade,
As UMI avanzan de forma conxunta en actividades de investigación, innovación e desenvolvemento aliñadas cos retos estratéxicos
potenciando o talento dos profesionais de Galicia. Proxectos O programa de Unidades Mixtas de Investigación continúa coa colaboración da Xunta de Galicia, cunha quinta edición. Segundo as estimacións, permitirá mobilizar 20 millóns de euros entre investimento público e privado en 9 centros de innovación nos que colaboran empresas e organismos de coñecemento. Estes nove proxectos (dos cales cinco son de nova creación e catro servirán para consolidar iniciativas xa existentes) dedican o seu esforzo a sectores estratéxicos da economía galega, como son a automoción, o naval, o aeronáutico, o biotecnolóxico ou o forestal, creando ou mantendo 133 postos de alta cualificación. Dentro dos proxectos de nova creación (co-financiadas no marco do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020), está o proxecto Nautilus, no que colaborarán Navantia e Aimen, na procura de novos materiais e sistemas automatizados para a fabricación avanzada, con aplicación en buques militares. Tamén contamos co caso específico de Everis e o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG), centrados en investigar posibles melloras ao tráfico aéreo, que desenvolverán servizo converxentes co novo paradigma de xestión UTM/ USpace. En canto ao sector forestal, a Universidade de Santiago de Compostela
Compañías Desde que comezara esta iniciativa, aló por 2014, ata 28 empresas líderes dos seus respectivos sectores, contribuíron co
A cooperación entre os organismos de investigación de Galicia e o tecido empresarial é o que buscan as Unidades Mixtas de Investigación
Barrios 22 de novembro 2019
O Instituto Tecnolóxico de Galicia colabora nas UMI con Everis para investigar melloras no tráfico aereo.
5
(USC) e a empresa Finsa buscarán un proxecto de economía circular da madeira cara unha construción baixo-enerxética na UMI Eixo. No tocante ao Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) e o Grupo Antolín Enxeñería darán conta da súa colaboración coa iniciativa E-Space, que busca renovar os interiores dos vehículos ante os futuros retos da mobilidade, investigando novos conceptos mediante a electrónica que integren solucións innovadoras. E a quinta das Unidades Mixtas de nova creación nesta edición será a que une o traballo de Aimen con ArcelorMittal, desenvolvendo tecnoloxías facilitadoras para a fabricación de produtos de aceiro, incorporando novos materiais e tecnoloxías de fabricación que combinen a flexibilidade e a axilidade. No referido as catro iniciativas que buscan a consolidación atópanse os casos de Cetaqua con Viaqua sobre a xestión integral das augas galegas (na procura de novas solucións tecnolóxicas innovadoras para producir e recuperar subprodutos de alto valor engadido a partir de correntes residuais procedentes do sector agroalimentario galego e do propio ciclo da auga). Outro proxecto é o da Universidade de Coruña con Navantia para, co apoio da Xunta, avanzar no estaleiro do futuro, que transforme o modelo. O CTAG traballa na optimización do proceso produtivo e loxístico de Viza, buscando mecanismos de dixitalización de procesos dentro da liña de fabricación 4.0. Finalmente, cabe salientar o traballo da Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (FIDIS) con Roche Farma na mellora do ámbito sanitario, obtendo solucións innovadoras no campo da oncoloxía de precisión.
Nesta quinta edición creanse cinco novas unidades e consolídanse outras catro
6
Barrios 22 de novembro 2019
CIDADE
EN BREVE
Atendo presta provisionalmente a axuda no fogar
4 Nadal As luces de Nadal acenderanse en Ourense o vindeiro 5 de decembro, ás 20 horas na praza Maior da cidade. A grande novidade deste ano, segundo puxo de manifesto o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, é que a iluminación chegará a todos os barrios da capital.
4 Infraestruturas
O concelleiro de Infraestruturas, Miguel Caride, mantivo unha xuntanza co director xeral da Axencia Galega de Infraestructuras (AXI), Francisco Ménendez, para avanzar en diferentes proxectos relacionados con infraestruturas viarias na cidade. Entre as cuestión estiveron a actuación prevista na rúa de Marcelo Macías, cun investimento previsto que supera os 1,5 millóns de euros, así como proxectos que se prevé desenvolver nas rúas do Progreso, das Caldas e Río Arnoía.
4 Cidades AVE
O Concello propón Ourense como sede dalgunha das vindeiras asembleas da Rede de Cidades AVE. A concelleira de Turismo, Flora Moure, argumentouno na asemblea que tivo lugar en Sevilla, a previsión de apertura á circulación do tramo entre Zamora e Pedralba no primeiro semestre de 2020.
4 Orzamento
A concelleira de Facenda, Ana Morenza, e o concelleiro de Recursos Humanos, Armando Ojea, presentáronlles aos sindicatos con representación no Concello no marco da Mesa de Negociación, o anexo de persoal do proxecto de Orzamentos. O goberno municipal completa así un paso previo necesario para tramitar o expediente, que agora será remitido á Intervención para a súa fiscalización.
4 Pleno
Este xoves 28, pleno extraordinario con dous puntos: modificación de créditos e recoñecemento extraxudicial de créditos.
4 A empresa galega faise cargo ata a nova licitación. Redacción Inauguración da pista de xeo de Ponte Vella. /RAMSÉS.
Abre a pista de xeo de Centro Comercial Ponte Vella con nova ubicación 4 Este ano estará aberta nunha nova ubicación ata o 12 de xaneiro. Redacción Durante os próximos 45 días o Centro Comercial Ponte Vella dispón para todos os seus clientes e visitantes da pista de xeo que xa é tradición no Nadal ourensán e concretamente nas actividades destas datas no centro comercial. Ata o 12 de xaneiro -cinco días máis que o ano pasado-, todo aquel que queira poderá calzarse as láminas e patinar sobre xeo. Este ano cambia de ubicación, polo que estará instalada na terraza superior accesible desde a planta de ocio a través do ascensor ou da escaleira mecánica. O prezo é de 6,50 euros e dá dereito a permanecer na pista 45 minutos. Os andadores -con forma de foca- terán un custe dun euros e poderán usarse durante 15 minutos. Horario O horario será de luns a venres, de 17 a 21 horas e os sábados, domingos e festivos, de 12 a 22 horas. Desde o 21 de decembro e ata o 7 de xaneiro, o horarios será de 12 a 22 horas. Terá un horario especial os días
24, 25 e 31 de decembro e 1 de xaneiro. Black Friday Ponte Vella súmase ás promocións do Balck Friday e nesta ocasión chega con grandes descontos e ofertas. Ademais, os clientes poderán gañar un coche (con impostos e gastos de matriculación engadidos). Só teñen que achegarse ao Punto de Información ata o domingo, 1 de decembro, e validar as compras de 30 euros ou máis (nun ou varios tiquets) de establecementos de Ponte Vella. Deste xeito participarase no sorteo dun Hyundai i20 Essence. Por
cada múltiplo de 30 euros poderase encher unha papeleta adicional de participación no sorteo ata un máximo de cinco participacións por persoa e compra. O venres día 29 abren as tendas ata as 23 horas e o domingo todos os locais abren as súas portas.
A pista está ubicada no terraza superior accesible desde a planta Ocio en ascensor ou escaleira mecánica
Ata que o Concello complete a licitación do servizo de axuda no fogar, a empresa galega Atendo prestará servizo de forma provisional. A licitación será mediante concurso, cuxo prego de condicións estase a tramitar na actualidade no departamento de Contratación, logo de que o anterior quedara deserto, feito este que fixo necesario realizar este procedemento provisional ata o novo contrato. Así, a empresa Atendo prestará o servizo de axuda no fogar do Concello de Ourense despois de constatar que a firma presentou a mellor das tres ofertas que recibiu o Concello para adxudicar este servizo municipal (cumplía a totalidade das esixencias técnicas e realizou a mellor oferta económica). Atendo asumirá o 100% do persoal subrogable do servizo e prestará a totalidade dos servizos ás persoas usuarias, garantindo así a continuidade deste servizo. Atendo é unha empresa especializada neste sector de actividade, que na actualidade xestiona o Centro interxeneracional da Farixa e o propio servizo de axuda no fogar noutros municipios galegos. Manifestacións Durante varios días as
Os primeiros ususarios da pista de xeo deste ano o pasaron en grande. /RAMSÉS.
traballadoras de atención no fogar manifestáronse ás portas do Concello reivindicando unha solución ao problema. O contrato caducaba ao rematar novembro polo que urxían á administración local un remedio para saber que pasaría co futuro das traballadoras e dos usuarios deste servizo (sobre 500). Con este acordo deixan as protestas aínda que estarán expectantes sobre o futuro concurso. Transición O Concello, Atendo e a anterior adxudicataria Sacyr xa están en contacto nestes momentos para axilizar a transición, co necesario trasvase de información e recursos humanos e materiais do servizo á nova empresa. En todo caso, o goberno municipal lembra que tanto as condicións e servizos que se poñen a disposición das persoas usuarias como a totalidade dos postos de traballo manteranse coa nova adxudicataria sen ningún tipo de interrupción, de forma que ningunha persoa usuaria quedará sen atención nin ningunha empregada do servizo deixará de traballar.
Atendo xestiona na actualidade o Centro interxeneracional da Farixa
Reunión do alcalde e concelleiros con representantes da axuda a domicilio.
CIDADE
Barrios 22 de novembro 2019
7
EN BREVE 4 Praza de Abastos
Numerosos asistentes ao magosto na AVV Peliquín. /RAMSÉS.
Magosto no Peliquín Encaixe de bolillos nas Termas.
Gran convivencia en “Palilleando entre Barrios”
A Asociación de Veciños Peliquín organizou no seu local social o Magosto 2019. Preto de 100 veciños participaron dunha xornada moi especial na que todos compartiron unhas horas agradables durante un xantar no que non faltou de nada típico destas datas. Empanada, churrasco, criollos, chourizos, castañas e bica foi un menú do máis apetitoso para todos os que participaron deste xornada de convicencia entre os veciños do barrio do Peliquín. Ademais, houbo un concurso de filloas no que participaron edís do todas as formacións do goberno municipal.
4 A actividade chegou a súa terceira edición nas Termas. Redacción O Centro Cívico As Termas volveu a ser sede da 3º Edición de “Palillando entre Barrios”. Un encontro de convivencia e de compartir experiencias entre veciñas de todos os barrios e pobos da cidade usando como nexo de unión a afección polo encaixe de bolillos. Grazas a iniciativa da Asociación Veciñal As Termas e a colaboración do Concello de Ourense a da Agrupacion Miño foi posible reunir as Asociacións Veciñais de: Tras Estación, Ponte Canedo, Santa Olaia de Beiro, Barbaña, Palmes, Santa Cruz, Santa Ana do Pino e Arranxar. Nesta terceira edición alcanzáronse as 100 participantes superando as cifras das dúas edicións anteriores. O encaixe de bolillos é das actividades que mais
demandan teñen polas AA.VV. entre todas as actividades que anualmente oferta a Concelleria de Participación Cidadá. Unha labor que combina axilidade e destreza nas mans das palilleiras e que o convirte nunha verdadeira arte con fonda tradición na cultura galega. Samaín Outra actividade moi concurrida nas Termas foi o Samaín. Este evento está encadrado dentro da programación Outono Participativo impulsado pola asociación. Os disfraces e os sustos foron os protagonistas no centro social da Asociación que se decorou para a ocasión pero tamén pola praza 200 e polos comercios do barrios que os nenos do barrio percorreran asustando as veciñas e veciños que se atopaban no camiño.
4 Celebra
Os descontos, a calidade, o alto grao de especialización, as garantías do comercio local e o trato “cara a cara” foron os principais atractivos que fixeron que máis de 1.000 visitantes se achegasen á feira Celebra de Expourense, sendo a meirande parte deles parellas novas. Con Celebra conclúe o calendario feiral de Expourense para o 2019.
4 Transporte
Reunión da comisión de seguimento.
Consumo de alcohol na rúa Esta semana tivo lugar a primeira reunión da comisión de seguimento constituída co fin de aprobar a ordenanza que regule o consumo de alcohol nas rúas de Ourense. Reuníronse todos grupos políticos e o presidente da Federación vecinal para convidalos a realizar achegas ao texto, -xa redactado no anterior mandato pero que non tivo o apoio necesario da oposición para a súa aprobación-, da Ordenanza Reguladora da Convivencia Cívica e a Protección da Sáude derivada do consumo, venda e publicidade do alcohol, a coñecida popularmente como “ordenanza do botellón”.
Foto de familia dos premiados do Concurso Sabores de Ourense.
Pinchos de Outono
Celebración do Samaín na AVV As Termas.
A Xunta Local adxudicou á empresa ACCIONA Construcción S.A. o contrato para a execución das obras da Praza de Abastos número 1 de Ourense, por un prezo total de 4.844.132,17 euros (IVE engadido) e cun prazo de execución de 540 días naturais.
O Salón de Plenos do Concello de Ourense acolleu a entrega de premios o 12º Concurso Sabores de Ourense – Pinchos de Outono. O xurado profesional elexiu o Sugus de Outono, de Bodegón Antiga Leitería, como o mellor pincho; segundo foi A castaña e o seu zurrón, de Glabistrô; e terceiro, Souto das Táboas da Feiriña. En canto ao premio do público, Donald Bao da Casita do Pulpo. O segundo máis votado repetiu nesta categoría o de Glabistrô e en terceiro lugar quedou O capricho de San Martiño, de Gastrobar Sanmiguel. En canto ao premio Pincho Celíaco, o Ribeira Sacra da Estación de Loman foi o mellor valorado.
A cidade de Ourense contará cun novo Regulamento do Transporte Colectivo de Viaxeiros, toda vez que a xunta de goberno aprobase o seu borrador. Será o primeiro paso para a ordenanza e para a licitación dun novo contrato de autobuses.
4 TED As charlas TED chegarán a Ourense o 30 de novembro. O Auditorio acollerá baixo o nome TEDxXardíndoPosío, 15 conferenciantes de primeiro nivel, co obxectivo de transmitirnos ideas novas e de facernos reflexionar evocando o pensamento dos membros da Xeración Nós e a súa forma de ver o futuro da cidade, indíca Daniel Diéguez, un dos organizadores principais deste evento. Unha das conferenciantes que participa nesta iniciativa é a farmacéutica Mafalda Soto. Farao o sábado 20, ás 14 horas. Soto lidera “Beyond Suncare”, adicado á fabricación do primeiro fotoprotector destinado á prevención de cáncer de pel de persoas con albinismo en Tanzania.
8
Barrios 22 de novembro 2019
EN BREVE
4 Arranxo O Concello do Carballiño investiu 18.000 euros de fondos propios no arranxo dun muro de contención e un tramo do camiño do Varón a Fonteantiga xunto ao río. Este vial, que se corresponde cun tramo do Camiño dos Arrieiros, e que comunica O Varón con Fonte Antiga, atopábase en moi mal estado, cun muro de contención prácticamente caído e a calzada en pésimas condicións.
4 Fotografía A Asociación Fotográfica O´Potiños, organizadora do Arenteiro Fotográfico, organizou unha master class os días 23 e 24 de novembro, impartida pola fotógrafa Cristina García Rodero, unha das profesionais españolas con máis sona. A gran expectación que suscitou esta iniciativa, motivou que se tivese que ampliar o número de prazas dispoñibles, que era inicialmente de 35 ou 40, e que ao final quedou en 50, pero deixando fóra a un elevado número de solicitudes chegadas de toda Galicia e Portugal.
4 Programa de Emprego Xa está aprobada a próxima edición do Programa Integrado de Emprego no Carballiño que impartira a 100 usuarios formación no eido industrial, cursos de atención ao cliente e de marketing dixital e un certificado de profesionalidade de Atención Sociosanitaria a Persoas dependentes en institucións sociais. En breves comezará a selección de participantes, que terán que ter unha destas condicións: desempregadas, menor de 30 anos de baixa cualificación, maior de 45 anos, muller, perceptor/a de prestacións, subsidios ou renda activa de inserción, polo que se recomenda a todos os interesados a solicitalo canto antes no departamento de Servizo e Orientación Laboral do Concello.
especial O CARBALLIÑO
O Carballiño galardoado por coidar e promocionar zonas verdes 4 Pola iniciativa Vilas en Flor de Galicia. Redacción O Concello do Carballiño recibiu estes días un galardón consistente en dúas Flores de Honra concedidas pola inciativa Vilas en Flor Galicia. O galardón foille entregado ao alcalde polo director do Instituto de Estudos do Territorio, Guillermo Evia, e a directora da Escola Galega da Paisaxe, Isabel Aguirre, no transcurso dun acto celebrado na Cidade da Cultura en Santiago. Ademais do rexedor, Francisco Fumega, tamén acudiu a esta convocatoria a concelleira de Medio Ambiente, Rita Soto, que participou previamente nunhas xornadas técnicas organizadas por Vilas en Flor Galicia. É o primeiro ano que o Concello do Carballiño participa nesta experiencia, e por iso o alcalde agradeceu a concesión do galardón, que supón, según dixo, “un aliciente máis para seguir mellorando este recurso e contribuir a que os espazos naturais do Carballiño
Punto de control de auga Redacción A Confederación Hidrográfica Miño Sil remata a construción dun novo punto de control de calidade das augas -Red Saica- no río Arenteiro ao seu paso polo Carballiño. Os traballos foron executados na marxe esquerda do Arenteiro e consistiron na instalación dunha sonda multiparamétrica que fornecerá datos en tempo real de variables físico-químicas tan importantes para a calidade das augas como a turbidez, o osíxeno disolto, a condutivi-
Espectáculo de Frozen na vila 4 Trala súa estrea en Madrid, O Carballiño será o seguinte destino. Redacción
Francisco Fumega e Rita Soto co galardòn de Vilas en Flor Galicia concedido ao Concello do Carballiño. sexan cada vez mellores. Realmente, no Carballiño temos arredor de 500.000 metros cadrados de zonas verdes, plenamente integradas no casco urbano, e cuxo mantemento require un gran esforzo económico, así como en medios técnicos e persoal. Non cabe dúbida que o parque municipal e os sendeiros do río Arenteiro otórganlle ao Carballiño unha configuración urbana de singular beleza natural e medioambiental, e que, xunto cos espazos axardiñados das nosas prazas, conforman un patrimonio que debemos seguir mimando e mellorando”. dade, a concentración de amonio ou o ph, así como a temperatura da auga. Desta forma será posible detectar potenciais episodios futuros de contaminación accidental que se poidan producir nesta
O galardón supon “un acicate máis para seguir mellorando este recurso” Vilas en Flor Galicia é un programa anual que recoñece en forma de galardóns, chamados Flores de Honra, a traxectoria e as accións levadas a cabo polos municipios galegos na mellora e potenciación dos espazos verdes urbanos, a súa xestión sustentable, a educación ambiental e a concienciación cidadá no coidado da contorna. masa de auga e actuar de forma máis rápida e eficaz contra eles. Así mesmo poderase facer un mellor diagnóstico e control en continuo do estado da masa de auga do río Arenteiro.
Un operario construíndo o punto de control de augas.
A Compañía Onbeat inicia a súa terceira tempada na Gran Vía de Madrid con ‘A Orixe do Xeo’, un tributo a Frozen. No mes de xaneiro comeza a xira polas cidades de España, e o 24 de xaneiro chegará ao Carballiño. As entradas para este espectáculo xa se poden adquirir en woutick!. Co seu estilo interactivo co público, a calidade das súas voces, a espectacularidade das súas coreografías, a súa coidada posta en escena e a súa fórmula de tributo onde os personaxes fan de presentadores das cancións,
a diversión en familia está garantida. Máis de 450.000 espectadores viron xa as súas obras en toda España. Tras o éxito de Supercalifragilístico ou A Lámpada Marabillosa, Onbeat está de novo no Teatro Arlequín Gran Vía de Madrid.
Cartel tributo a Frozen.
Nadal na Praza de Abastos 4 Comezou a campaña que rematará o 23 de decembro. Redacción A Praza de Abastos xa comezou a campaña de Nadal, na que sorteará entre a súa clientela nove cestas con produtos naviñedos, por valor 70 euros cada unha, e dúas caixas de viño Pazo Tizón. A campaña prolongarase ata o 23 de decembro, cando terá lugar o sorteo ás 13,00 h. Ata ese día, haberá cinco urnas para depositar os boletos cubertos, que se entregarán nos distintos postos da plaza polas compras efectuadas ata entón. Silvia Baranda, concelleira de promoción do Comercio, destacou na presentación desta campaña a celebración do 90 aniversario da plaza como un aliciente máis para acudir a mercar a esta instalación durante
estas datas, e salientou a campaña de Nadal como unha das máis importantes do ano. Asimesmo, asegurou que se seguiría apoiando desde o Concello as actividades na plaza con diversas actuacións musicais, e animou aos veciños a facer as compras nos distintos postos. Eligio González, presidente da asociación de praceiros, expresou a sua ledicia por presentar unha nova campaña de dinamización da plaza e agradeceu á clientela a confianza depositada nos postos. Asimesmo, anunciou que ía haber unha actuación musical do grupo Anda Soa o 21 de decembro ás 12,00 h. Tamén dixo que os produtos incluidos nas cestas de Nadal foron adquiridos en establecementos do Carballiño para promocionar o comercio local.
INFRAESTRUTURAS
Barrios 22 de novembro 2019
A EDAR de Ourense está situada na ribeira do río Miño e pode abastecer a 355.000 habitantes.
Deberes pendentes nas augas galegas 4 Galicia conta con 148 depuradoras que deben continuar cun óptimo funcionamento unhe vez cheguen ás mans dos concellos. Redacción Ademais dun recurso esencial para a vida, a auga é un factor de calidade ambiental e de producción económica, pois dela dependen actividades como a pesca, o marisqueo, a acuicultura e, en grande medida, o turismo. Para elo, é preciso coidar o bo estado das augas, xa que ademais protéxese a saúde pública, preservar o noso medio natural, os ríos e as rías, e favorecer a actividade produtiva. Por eses motivos, e para cumprir a normativa europea na materia, o Goberno galego ten como obxectivo, desde a última década, o correcto saneamento e abastecemento da auga. Iso levou a que nos últimos 10 anos investíranse máis de 1.100 millóns de euros en obras hidráulicas, axudando así aos concellos no exercicio das súas competencias de xestión do ciclo urbano da auga. Este in-
vestimento permitiu levar a cabo 350 actuacións de saneamento que beneficiaron a 165 concellos. Hai 30 anos, en Galicia só había cinco depuradoras activas. O resto das augas residuais se vertían de xeito directo ou cun simple pretratamento. Hoxe, Galicia conta con 148 depuradoras totalmente operativas, das cales moitas foron construídas nesta década. 45 son de creación recente e contan con capacidade para dar servizo a 1,5 millóns de galegos e de galegas, o que supón máis da metade da poboación de Galicia. Exemplos como a depuradora de Lagares, en Vigo, en servizo desde 2017 é a obra hidráulica máis importante dos últimos anos; a Xunta aportou 80 millóns de euros para a mesma. Esta construción permitiu culminar o saneamento da parte exterior da ría, conseguindo reducir de forma moi significativa a afección da maior aglomeración ur-
A Xunta de Galicia está a impulsar a creación dunha sociedade pública que, seguindo o modelo de Sogama para os residuos, preste apoio aos Concellos no ciclo integral da auga
bana de Galicia e cumprir coa normativa comunitaria. Tamén culminouse o saneamento de Ribeira (investimento de 18 millóns de euros), que estivo no punto de mira da Comisión Europea, pero que agora cumpre os requerimentos comunitarios. Outro exemplo é o saneamento da ría do Burgo, que supuxo un investimento da Xunta de preto de 100 millóns para mellorar a depuración local e a calidade das augas da ría. Estas melloras fan posible que se realice actividade de marisqueira, xa que se mellorou a calidade da auga (pasou de clasificación C a B). Máis preto, en Reza, esta a nova EDAR, na ribeira
do río Miño. Esta instalación, que substitúe á anterior triplica a capacidade hidráulica da anterior depuradora, logrando depurar un caudal medio de 72.192 m3 de augas residuais ao día puidendo soportar as necesidades de 355.000 habitantes. Esta obra contou cun investimento de 52 millóns de euros. As contas autonómicas permitirán continuar ou rematar os proxectos que redundarán na mellora do saneamento das rías galegas, como o da Malata, en Ferrol, en Pontedeume ou en Rianxo. Inicaranse as obras da EDAR de Viveiro, as actuacións de saneamento en Cabanas ou a mellora da depuradora de Praceres
Parte superior da EDAR de Ourense.
e o emisario submarino na ría de Pontevedra. Vixilancia Pero o traballo non remata unha vez concluída a Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR). A Xunta tamén realiza labores de vixilancia, inspección e asesoramento das instalacións que lle son entregadas aos concellos, para que sigan sendo eficaces e funcionen correctamente durante toda a súa vida útil. O obxectivo é garantir que funcionen corretamente. Ademais, desenvólvese o Plan de control de vertidos, para loitar contra os aportes contaminantes ao dominio público hidráulico e desde terra ao mar. Froito desta actividade de control, emendáronse máis de medio milleiro de vertidos contaminantes ao dominio público marítimo-terrestre, dos cales a meirande parte foron emendas de vertidos nas rías. Melloras Con todo este traballo, Galicia incrementou a capacidade de depuración en case 1,5 millóns de habitantes desde o ano 2009. Isto supuxo que se pasara dun 50% en 2007 o cum-
9
primento da directiva europea en materia de depuración de augas residuais ao 90% actual. E ponse de manifesto, ademais, na mellora da calidade da auga: no ano 2009 o estado das augas era bo no 67%; hoxe, o 76% das masas de auga está en bo estado. Aínda así, desde a Xunta de Galicia seguen a traballar para lograr o saneamento integral das rías e dos ríos galegos. Proba delo será que Augas de Galicia disporá o vindeiro ano dun orzamento que medra nun 10% e suma máis de 100 millóns de euros para reforzar o apoio aos concellos nas súas competencias de saneamento e abastecemento. Así, a colaboración técnica e financeira da Xunta cos concellos concretarase en partidas que suman máis de 70 millóns de euros. Pequenos municipios Para pequenos municipios a xestión de infraestruturas hidráulicas entraña as súas dificultades técnicas e económicas. Por ese motivo, a Xunta está a impulsar a creación dunha sociedade pública que, seguindo o modelo de Sogama para os residuos, preste apoio aos Concellos no ciclo integral da auga, coa implicación das deputacións provinciais. Para municipios de menos de 20.000 habitantes participará a Xunta (de xeito maioritario), o propio concello e as Deputacións, que farán de coordinadoras. A pretensión é abaratar custos e garantan a calidade das prestacións mediante unha explotación profesional. A sociedade proporcionaralles aos municipios servizos relacionados co ciclo urbano da auga que terán unhas tarifas por m3 igual para todos os concellos que participen na entidade, cumprindo así a primeira premisa do Pacto local da auga.
Desde a Xunta de Galicia seguen a traballar para lograr o saneamento integral das rías e dos ríos galegos
10
Barrios 22 de novembro 2019
OCIO E CULTURA
ENTREVISTA A CARLOS MONTERO, DIRECTOR DO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CURTAS FIC VIA XIV
“Esta edición vai ser a proba de se o camiño que eliximos funciona tralo cambio do ano pasado” 4 O director do FIC Vía XIV preséntanos as novidades desta cuarta edición, que terá lugar do 30 de novembro ao 8 de decembro no Auditorio e na Casa da Cultura de Verín. Redacción A poucos días de que comece unha nova edición, a cuarta, o seu director, Carlos Montero, adiantanos as novidades máis destacadas dun evento cultural que xa forma parte da vila de Verín e que logra traer a ela as curtas máis destacadas do panorama internacional: o Festival Internacional de Curtas FIC Vía XIV Podemos dicir que está consolidado este festival? Carlos Montero (C.M.): “Penso que en parte si. Esta edición para min é chave. A primeira edición é de proba, no segundo pasámonos de freada, no terceiro demos un xiro involucrando aos axentes sociais que funcionou moi ben e xa esta edición vai ser a proba de se este camiño que eliximos funciona tralo cambio do ano pasado”. Cantas curtas recibistes este ano? C.M.: “Máis de 700 curtas de 50 países. Desde a organización do certame, afanámonos cada ano máis en escoller as mellores curtas que se están realizando en diferentes países do mundo. Veremos 54 pezas, moitas das cales, conseguen premios en diferentes certames de renome nacionais e internacionais despois de exhibirse en Verín. En canto á calidade, este ano puxemos unha taxa de inscrición para cribar un pouco e non recibir tanto material. Pensa que o ano pasado recibimos 1.400 curtas e había que velas
todas, unha tolemia, que tíñamos que ver eu e o programador. Moitas curtas non era de perfil profesional e non encaixaban na nosa temática”.
Palma de Ouro en Cannes, “The distance between us and the sky”. Estas curtas non van a calquera sitio. Ademais, este ano traemos a dúas estudantes universitarias estadounidenses de intercambio, como becarias, que indica a relevancia internacional do festival”.
Participan autores locais? C.M.: “Si, hai unha directora local”. Continúan as mesmas catro categorías do ano pasado, pero hai algunha novidade? C.M.: “Non é un ano de grandes novidades onde se mantén a programación no concurso oficial nos funciona, con calidade. Si que damos un pequeno paso para atraer perfil multisectorial. Este ano intentamos adaptar as actividades a todo o público. Coñecer, a través da sétima arte, a realidade que se vive no Sahara Occidental ou achegarse até o cinema cubano actual, todo sen saír de Verín. Nesta nova edición do Festival Internacional de Curtas FIC Vía XIV marcámonos como propósito confeccionar unha axenda de actividades paralelas moi completa que sexa quen de achegar aos veciños e veciñas da nosa comarca unha variada proposta de lecer ligada ao cinema. Ademais das mostras vinculadas ao Sahara e a Cuba, nesta edición do certame traeremos a Verín a Mabel Rivera, que será homenaxeada no Auditorio, e tamén promoveremos unha actividade que entremestura música e cinema, dúas artes intimamente ligadas. Poderemos tamén gozar dun
Carlos Montero nunha sala do Auditorio de Verín onde se proxectarán as curtas. /M.R.
“Estamos a facer enxeñaría cultural co obxectivo de achegar o noso certame a todos os públicos”
o noso certame a todos os verineses, adaptando as accións a todos os públicos. Confiamos en acertar de novo, en converter un ano máis a Verín no epicentro galego da cinematografía”.
avance do documental “Entroidar”, que descobre por dentro a maxia do Entroido de Laza, e teremos a oportunidade de ver as pezas premiadas no Festival Internacional de Curtas de Comedia de Allariz. Tamén nesta edición contamos co respaldo dos comerciantes e empresarios de Verín, moitos dos cales engalanan estes días os seus escaparates con motivos ligados á sétima arte. E teremos ocasión, un ano máis, de achegar a maxia do cinema aos nenos e nenas da comarca cunha axenda de actividades específica para eles. En definitiva, estamos a facer enxeñaría cultural co obxectivo de achegar
Que orzamento ten o festival e canto persoal traballa nel? C.M.: “Sobre 65.000 euros aproximadamente. En canto a persoal os días do festival podemos chegar a ser 20 persoas traballando”. Cando empazaches co festival víaste neste punto tras catro edicións? C.M.: “Non nos víamos en ningún sitio porque o comezo foi como un experimento. Queriamos facer algo porque estudamos Audiovisual. Si que tíñamos claro que sería un evento que levara o nome de Verín fóra. E tomou a forma dun festival de curtas. Un dos obxectivos
deste festival é a promoción turística de Verín. Nese senso si que creo que cumprimos os obxectivos. Ao principio tampouco pensamos en facelo internacional... a verdade é que estamos contentos ata onde chegamos pero sabendo que podemos mellorar”. Que percepción se ten deste festival no exterior? C.M.: “Formamos parte de Proxecta, una coordinadora de festivais a nivel de Galicia, que empezou a funcionar fai un ano e do que somos socios fundadores. Iso indica que xa nos fixemos o noso oco nese mundo. Podemos dicir que pasaron por aquí curtas que foron nominados ao Óscar, “Homomaquiaun” foi nominado ao Goya fai pouco e vai estar aquí, “Le Jeune Fille et ses tocs” gañou en Francia o premio tv5 Monde, e teremos tamén outro que foi
Que che gustaría ver na quinta edición que non ten esta? C.M.: “O mesmo que dixen sempre. Falo en nome dos tres que estamos organizando este festival, eu, Jorge Godás e Xosé Lois Santiago cando digo que queremos pasalo ao verán polo tema dos concertos. En decembro é moi difícil organizar calquera cousa na rúa. Estamos contentos coa estrutura actual. O malo do cambio de datas é que teríamos que facer un festival máis pequeno, de transición, para que o ano seguinte sexa no verán. Por exemplo, se fose no verán teríamos concertos por tod a vila. É moi complicado. Puxémolo en decembro porque non había nada organizado. No verán o festival medraría horizontalmente e non só sería de cine, tería unha parte musical, monólogos ...”.
“Veremos 54 pezas, moitas das cales, conseguen premios en diferentes certames de renome nacionais e internacionais despois de exhibirse en Verín”
DEPORTES
Os servizos deportivos dos Remedios permanecerán a pesar das obras 4 Trasladaranse a espazos onde non estean a realizarse os traballos. Redacción Desde este luns, 25 de novembro, deron comezo as obras de reforma do pavillón dos Remedios, logo de asinarse a acta de replanteo o pasado día 7 deste mes. Así deu comezo a Primeira Fase das obras, que abrangue o groso da reforma. Para que os usuarios no se queden sen os servizos deportivos durante a duración da obra (prevese uns tres meses) os mesmos trasladaranse a espazos onde non haxa obras. Nesta primeira fase traballarase sobre o vaso da piscina de 25 metros ‘Pedro Escudero’, o soto no que se atopa a sala de musculación e o actual ximnasio. Sobre este espazo colocarase unha nova planta que albergará unha grande sala de musculación con vistas á Ponte Vella, xunto cunha sala de actividades dirixidas.
A duración estimada desta primeira fase é de tres meses
Na planta 0 emprazaranse os vestiarios masculino e feminino, así como dúas sala máis de actividades dirixidas. No soto está proxectado unha grande sala de halterofilia, dous
vestiarios multifuncionais, almacéns e vestiarios para monitores. Todo quedará conectado por escaleiras e un ascensor de grande capacidade que fará accesible todos os
Actividades e lugar onde se realizarán durante as obras.
espazos do pavillón municipal, desde o soto até a grada da cancha central. Convivencia dos servizos coas obras O Consello Municipal de Deportes quere influír o menos posible nas actividades dos usuarios que se prestan nas instalacións, polo que os técnicos estableceron un plan de choque que permita a non interrupción do servizo. O citado plan traslada parte da actual sala de musculación e de halterofilia ao módulo de atletismo. As máis de 25 activi-
Barrios 22 de novembro 2019
O Consello Municipal de Deportes quere influír o menos posible nas actividades dos usuarios dades dirixidas que se imparten ao longo da semana trasladaranse no vestíbulo do Anexo, no vaso pequeno da piscina olímpica ‘Rosario Dueñas’, na Cancha Central e na cancha do Anexo segundo o caso. Todo este plan de convivencia obras e servizo foilles informado aos usuarios. A duración estimada desta primeira fase é de tres meses aproximados, e estarán previsiblemente finalizadas cara a marzo do 2020. As obras seguirán as seguintes fases: substitución de soleiras e paramentos verticais da piscina Rosario Dueñas; reforma de circulacións de acceso, entrada principal do edificio, distribuidor central e aseos da entrada; fachadas exteriores tanto de Pardo de Cela como cara á capela dos Remedios. 50 anos O Pavillón dos Remedios, edificio que cumpriu 50 anos o pasado mes de xuño, quedará renovado en gran medida, xa que a principios do 2017 xa se fixeran melloras no Anexo cambiando o pavimento e as gradas.
11
EN BREVE
4 Asesou Este pasado domingo 24 de novembro a Escola Ourensá de Escalada desprazouse con parte dos seus integrantes á capital galega con motivo do II Encontro de Escolas Galegas de Escalada de Base. Practicaron o tres modalidades de escalada que serán Olímpicas este próximo ano 2020 en Tokio -escalada deportiva ou dificultade, escalada de velocidade e escalada de bloque ou boulder-.
4 Trampolín
Daniel Pérez foi convocado de novo para representar a España no Campionato do Mundo Absoluto de Trampolin, que se celebrará a finais deste mes en Tokio (Japón). Farao en dobre minitramp onde ten xa foi subcampión de Europa ademais de cuarto do Mundo.
4 Ximnasia
Celebrouse na Cancha Central dos Remedios, a III Fase e Final Liga Federacións de Ximnasia Estética. Antía, Ana, María, Uxía, Paula, Candela, Lorena, Sabela e Rebeca dirixidas por Raquel Dafonte, realizaron dous pases moi ben executados dun fermoso exercicio que fixo disfrutar moito á grada, proclamándose campioas e obtendo a mellor nota da competición nas dúas rotacións.
12
Barrios 22 de novembro 2019
Fútbol Redacción Movida xornada na Terceira división de fútbol máis por aspectos extradeportivos que polo acontecido nos terreos de xogo. Xa que dous xornalistas deportivos denunciaban ao remate do partido entre a UD Ourense e o Somozas unha presunta agresión e ameazas por parte do presidente unionista, Ramón Dacosta. Segundo a versión do xornalista de COPE e colaborador de La Región, Pepe Garrote, Dacosta propinoulle a el un cabeza e ao seu compañeiro de Faro de Vigo, José Luis Díaz, un puñetazo. Esta acusación foi negada polo presidente da UDO. En canto ao deportivo, a UD Ourense sumaba unha vitoria (3-2) contra o Somozas que o afasta un pouco dos postos de descenso. O Arenteiro tamén vencía na casa do Pontellas (0-1) para irse á zona tranquila. O Barco gañaba no campo do Arzúa (1-2) para achegarse a dous puntos do Ourense CF que continúa líder tralo empate diante do Choco (1-1). Vindeira xornada Esta fin de semana a UD Ourense repite na casa contra o Estradense; o Ourense CF visita ao Somozas; o Barco recibe a Paiosaco e o Arenteiro ao Choco.
DEPORTES
Marín e Canoe para seguir sumando 4 O COB ten na súa man achegarse á salvación moito antes do previsto. R.T. Seis vitoria en 10 encontros. Unha cifra que fai pensar que o Club Ourense Baloncesto ten na súa man a salvación moito máis pronto do agardado. Pero primeiro hai que conseguila -virtualmentepara poder falar de outros obxectivos máis ambiciosos. Nestas dúas xornadas que chegan, os homes de Gonzalo García de Vitoria teñen dúas boas oportunidades para ir sumando pasos cara esa permanencia que é a primeira meta do club esta tempada. Este mesmo sábado terá como rival ao Marín Peixegalego (o encontro celébrase en terras pontevedresas ás 19.30 horas coas cámaras da TVG2 como testemuñas). O equipo dirixido por Javier Llorente suma unha sóa vitoria nestas 10 primeiras xornadas (vitoria fronte o Real Canoe), polo que os ourensáns deben de tentar lograr un triunfo para sumar a segunda vitoria consecutiva. Diante estará o ala pívot ourensán Álex
Mazaira. O COB regresará ao Pazo no último día da ponte da Constitución; o día 8 de decembro (domingo) cando recibe a un Real Canoe que suma dúas vitorias. Por diante dúas citas nas que o COB debería gañar para pensar en cotas máis altas. Huesca E chega a estos encontros repleto de moral e por partida dobre. Primeiro despois dun atractivo partido vivido a pasada fin de semana no Pazo diante do Huesca. Os ourensáns venceron nun choque no que estiveron moito tempo por
detrás do marcador. Unha tripla de Alvarado puxo en pé á parroquia cobista a falta de 12 segundo para o final (72-69). A última posesión dos visitantes non fixo que se movera o marcador e ledicia para un COB que gañou sufrindo, e que viu como o seu base titula (Alvarado) comeza a espertar e ser o xogador que se espera. Un Balaban que volve a ser referente e que pouco a pouco comeza a ter máis presenza en defensa. E un Wood que anotou cinco triplas. Subvención E a outra nova boa para o club é que o vindeiro ano pasará a cobrar 150.000 grazas a unha subvención nominativa por parte do Consello Municipal de Deportes. Deste xeito, triplicará a aportación económica por parte do concello. Corre unha brisa a favor en na entidade.
Balabán buscando a canastra rival. /C.DOMARCO.
Partido do Sala Ourense. /C.DOMARCO.
O Ourense Envialia estáncase 4 Ao Cidade cóstalle sumar. R.T. Dous empates e unha derrota nas tres últimas xornadas fan que o Ourense Envialia perda comba con Futsi e Burela. A derrota contra Burela e os empates diante de Alcorcón e Móstoles fan que as de Morenín se queden a sete puntos do líder Futsi e a cinco do Burela. Unha diferenza que, visto o visto nos últimos anos, parece insalvable. Esta fin de semana ten a oportunidade de volver á senda dos triunfos, visitará a un Majadahonda que ocupa postos de cola. Pola súa banda, ao Cidade das Burgas estalle
a costar coller o pulo da competición no seu regreso á Primeira división. A pasada fin de semana caía frone Poio Pescamar (52) e continúa en postos de descenso. A falta de pegada nos metros finais é o debe que ten o equipo de Manolo Codeso; en 11 xornadas conta con 18 goles. Este sábado regresa aos Remedios (17 h) para recibir ao Mostoles. Sala Ourense Tres goles na primeira metade foron unha pesada lousa para o Sala Ourense que caía na cancha do Esteo por 4-1. Esta fin de semana recibe ao Prone Lugo, colista da Segunda división B.
OCIO E CULTURA
A solidariedade inunda Ourense 4 Nestas datas organízanse numerosas campañas a favor dos máis vulnerables. Redacción Chega o Nadal e con el aflora o noso espírito máis solidario. Son numerosas as campañas que teñen lugar en todos lados para axudar aos máis desfavorecidos e que sobreleven mellor estas datas. Recollida de xoguetes e de alimentos son as máis típicas. Lapis solidario A sede de Queixumes dos Pinos foi o lugar da presentación do Lapis solidario, unha iniciativa que leva 14 anos de percorrido. A intención é vender o maior número de lapis para recadar fondos e mercar xoguetes para os menores máis desfavorecidos.
A iniciativa estará vixente ata o 6 de xaneiro e poñense á venda máis de 3.000 que se poderán mercar en 50 establecementos da cidade. O prezo de cada lapis é de un euros e hai 10 modelos diferentes. Esta campaña promovida por Orixe Comunicación xunto a Quiexumes dos Pinos e tendas Juguettos, busca achegarse aos 3.000 lapis vendidos, para chegar ao maior número de nenos posibles. O ano pasado lográronse vender algo máis de 2.000 e recibiron o seu regalo de Nadal entre 60 e 70 rapaces. Aínda que é palpable a solidaridade ourensá lonxe quedan anos nos que se
vendían 5.000 unidades (aló polo 2007). Este ano estamos a tempo pois quedan 40 días para poder mercalos. Moteros solidarios Moteros Solidarios, debido a gran cantidade de xoguetes cos que contan, solicitan voluntarios para a preparación dos xoguetes a entregar aos nenos das casas de acollida en Reis.
Para contactar 988224341 o por Facebook: Moteros Solidarios Ourense. Este será o quinto ano desta iniciativa que leva por lema “Ningún neno sen xoguete por Nadal”. Amencer Outra que non pode faltar é a Operación Quilo de Amencer que este ano leva por lema “como un Nadal como en casa”. A campaña,
Barrios 22 de novembro 2019
que leva xa 33 anos, estará vixente ata o 20 de decembro. Como cada ano en diversos supermecados da cidade estará colocado un carro da compra, para que todo o que o desexe deixe productos non perecedoiros. Tamén habera huchas nalgún local para recoller cartos que se destinarán a comprar alimentos. Todo o recadado irá a Cáritas quen realizara o
13
reparto ás familias máis necesitadas.
Orixe Comunicación, Moteros solidarios e Amencer, organizadores de campañas solidarias
Ningun neno sen xoguete, Operación Quilo e Lapis solidario, campañas postas en marcha para este Nadal.
14
Barrios 22 de novembro 2019
4AXENDA Exposicións - Ata o 8 de decembro De mar a mar. O Camiño de Santiago en 3D. Vía da Prata - Centro Cultural Marcos Valcárcel - Ata o 15 de decembro - Soliloquios - Centro Cultural Marcos Valcárcel - Ata o 15 de decembro - Liña de flotación - Sala Valente de Ourense - Ata finais de ano “Fragmentos de existencia” - Museo Municipal Teatro - 30 de novembro “Comedia Aquilana“- 20 h - Teatro Principal Ourense - 1 de decembro - Musical “Hansel y Gretel” - 17 h. - Auditorio Municipal de Ourense - 5 de decembro - “ Todas feren e unha mata“20 h - Teatro Principal Ourense Danza - 7 de decembro - Espectáculo de danza de Sara Baras “Sombras” 21 h.- Auditorio Municipal de Ourense Música - 29 de novembro - IV Cicli Lírico de Ourense con Josep Ramón Olivé e Francisco Po - 20 h - Teatro Principal Ourense - 30 de novembro e 1 de decembro - II Encontro Bachateiro - Hotel Auriense Deportes - 30 de novembro Copa Deputación de Boxeo - desde as 11 h. - Pazo Paco Paz - 30 de novembro 3ª división fútbol - CD Arenteiro - CD Choco 16.30 h - O Espiñedo - 30 de novembro - 1ª división fútbol sala - Cidade das Burgas - Mostoles - 17 h - Os Remedios - 1 de decembro - 3ª división fútbol - UD Ourense - CD Estradense 16.30 h - O Couto Outros - 30 de novembro ao 8 de decembro - Festival Internacional de curtas Vía XIV de Verín - Verín www.periodicobarrios.com
OCIO E CULTURA
IX edición do ciclo “Cine e Vida” 4 Con proxeccións no Centro Cultural Marcos Valcárcel. Redacción A Concellería de Cultura de Ourense organiza ata que remate novembro varias actividades. O pasado mércores 27 ás 18 horas no Auditorio Municipal tivo luga a xornada “Outono con Apego” no que achégaselles ás familias recursos que axuden a mellorar e enriquecer a lingua que falan na casa cos seus descendentes. Este xoves 28 ás 20:30 horas tamén no Auditorio Municipal o espectáculo teatral “Chola a it girl”. Chola, mecánica de coches, blogueira e youtubeira galega, é contratada por un teatro para presentar o seu monólogo ó máis puro estilo de show escénico youtubeiro. O venres 29, ás 20 horas no Teatro Principal o
“IV Ciclo Lírico de Ourense” coa actuación de Josep-Ramon Olivé, un dos mozos barítonos españois con maior proxección internacional, afianzada polas súas colaboracións con orquestras como Les Arts Florissants e Hespérion XXI e o seu recente debut no Gran Teatre del Liceu e o Festival de Peralada. O domingo 1 de decembro, ás 17 horas no Auditorio Municipal, musical para os máis pequenos de “Hansel e Gretel”. A fermosa pero terrible versión dos Irmáns Grimm converteuse nun musical, que sen perder de vista a triste historia dos dous irmáns, está chea de humor e tenrura que se desprende da relación de Hansel e Gretel, a música, as cancións e as belas coreografías. Ademais, proseguen, até o mes de decembro,
Un avance de “Entroidar” no FIC 4 Trátase dun documental do santiagués Pablo Ces. Redacción Dentro das actividades pararelas do FIC Vía XIV de Verín exhibirase na vila do Támega un avance do documental Entroidar, un proxecto que está a dirixir o santiagués Pablo Ces. Entroidar é un documental no que se describen as personaxes que fan posible o Entroido, os lugares nos que se fai e a propia celebración. Tal e como salienta o seu director, este documental “busca tumbar mitos” e céntrase moi especificamente no Entroido de Laza. O Entroido de Laza son os peliqueiros, pero
tamén as formigas, as madamas, os maragatos. “Queremos ver como se transforman as persoas que están detrás das personaxes que se dan no Entroido”, destaca Ces. Ademais de se presentar un avance do documental, haberá un debate sobre o mesmo e unha exposición no hall do Auditorio de Verín que levará por título
as seguintes exposicións: Fragmentos de existencia, de Francisco Ramos, e Inquietudes, de Fernando Prieto, no Museo Municipal; e Liña de Flotación, de Xavier Cuiñas, na Sala Valente. Pódense visitar en de martes a sábados de 11 a 13:30 e de 18:30 a 21:30, e os domingos de 11 a 13:30 horas. O Claustro de San Francisco e o Belén de Baltar son outros dos espazos culturais xestionados porde Cultura abertos para a cidadanía. Cine e Vida Para os máis cinéfilos poderan disfrutar coa novena edición do ciclo “Cine e Vida, abrindo camiños”. Coa película “Chámome Gennet” abriuse este ciclo o día 27 de novembro. A seguinte película, “O maior regalo”, será o 18 de decembro. Xa o 29 de xaneiro “Cafarnaún” e o 19 de febreiro “Unha bolsa de canicas”. Remata o ciclo o 25 de marzo co film “Unha cuestión de xénero”. Todas as proxeccións serán no Centro Cultural Marcos Valcárcel.
4ARQUIVO VISUAL OURENSÁN
Dunnig-Kruger Hai xa algún tempo, J. Noguerol preguntoume sobre as enfermidades da cidade. Daquelas descoñecía o “efecto Dunning-Kruger”, esa falsa apariencia de superioridade que xeran certos individuos mediocres incapaces de recoñecer a súa ineptitude, nun fallido e kamikaze intento de disimulala. Son persoas de poucas habilidades e escasos coñecementos que se teñen por máis intelixentes que outras
moito máis preparadas. Sempre pensara que eran mala xente, agora sei que sofren un trastorno ocasionado por unha infancia mal xestionada. Tóxicos e sombríos, non admiten opinións contrarias á súa. Parecen estar impregnados do lado máis negativo do ser humano, envoltos nun aguzado arame de espiño. Sabes do que che falo. Canto menos saben, máis listos son.
“Descubrindo o Entroido de Laza”. Bandas sonoras Outra das actividades paralelas, nesta cuarta edición, será a de analizar a relación entre música e cinema. Baixo a denominación de Cámara e batuta farase un repaso polas bandas sonoras máis célebres. Será o lusn, 2 de decembro, no Auditorio de Verín a partir das 20.30 horas. Impartirá a actividade Edelmiro L. Mateo, responsable da coral polifónica da vila e haberá unha actuación da agrupación instrumental infantil do Conservatorio de Verín, dirixida por Miguel Ángel Guerra.
Fotograma do documental Entroidar.
Rúa do Paseo a finais dos anos 60.
4HUMOR
Fernando Valcárcel
OCIO E CULTURA / CLASIFICADOS
Barrios 22 de novembro 2019
15
BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda, C. Domarco, Avelino Jácome. Yedra Seara Nº115 - Ano: XII - 28 de novembro de 2019 - Difusión: 7.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.
4ANUNCIOS CLASIFICADOS
4TRIBUNA ABERTA
[Deixe o seu anuncio no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]
Creando escola... Difícil de superar van ser a xornadas arqueolóxicas celebradas no salón de actos do Museo Casa do Patrón de Lalín, abarrotado de público, os pasados días 16 e 17 de novembro. Cunha ducia de conferencias impartidas por figuras de primeira liña da arqueoloxía galega, asturiana e portuguesa, presentación de 14 pósters de arqueólogos noveles, complementadas con visitas á sala de arqueoloxía do propio Museo, que alberga a totalidade dos restos arqueolóxicos mobles do Castro de Doade, á Castro-Deza en Lalín e ao propio recinto da aurela do Castro, para comprobar “in situ” as estruturas habitacionais e arqueolóxicas descubertas ata o momento. No escenario deste pioneiro evento nunha aldea galega, tivo lugar a presentación do libro científico titulado O Castro de Doade, unha fortificación da idade de Ferro no corazón do Deza, editado, maquetado e impreso por Orixe Publicidade e a Formiga Rabicha. Inclúe dous retratos realizados polo recoñecido pintor ourensan Miguel Angel Martínez Coello, que honran a memoria do doutor Caamaño Gesto, falecido recentemente e o impulsor Manuel Blanco Villar director do Muse da Casa do Patrón, os dous pioneiros nesta aventura.
INMOBILIARIA
As xornadas contaron con moito público asistente. O libro de 200 páxinas, ilustrado con numerosas fotos, gravados e fotogrametrías, escrito por 13 arqueólogos e profesores da USC, que saca á luz a enorme importancia dos traballos e achados realizados neste xacemento ao longo dos últimos cinco anos, dun xeito técnico e profesional, pero tamén ameno e alcanzable a tódolos públicos, que contribuirá dun xeito decisivo a súa difusión no mundo da arqueoloxía, no ámbito autonómico, nacional e mesmo internacional. Tamen tivo lugar unha pequena homenaxe in memoriam ao doutor Caamaño,a persoa responsable, xunto con Manuel Blanco, o xerente da Casa do Patrón, de que todo isto acontecera. Procedeuse á entrega dun retrato pintado polo xenial pintor ourensán Miguel Angel Martínez Coello ao seu fillo Gonzalo replica do que figura no libro, puxo a nota emotiva a este congreso, no que tódolos participantes glosaron a
Presentación do libro de arqueoloxía.
súa colosal talla profesional e humana, así como a súa fundamental e altruísta contribución ás campañas realizadas no Castro. Mención aparte merce Dª Vanesa Trevín Pita, coordinadora da xuntanza e do libro, así como á totalidade dos participantes e asistentes a estas xornadas castrexas de Doade, celebradas na sede do Museo Casa do Patrón, en especial aos que fixeron o gran esforzo de participar, desprazándose dende fóra da nosa Comunidade, dun xeito altruísta e desinteresado, que acredita o seu amor cara a arqueoloxía. A Consellería de Cultura da Xunta de Galicia participou co mecenado da obra presentada, sen o cal resultaría imposible a súa publicación, así como a colaboración da Deputación de Pontevedra e do Concello de Lalín na celebración deste congreso. Manuel Blanco Villar
Alugo sala para actividades culturais, con posibilidade de cociña, baño e outros sertvizos. Tel. 988 247 113. Busco casa en alquiler na periferia de Ourense. Opción a compra ou dunha permuta dun piso situado na Valenzá. Tel. 600 826 029. Vendo casa pola estrada de Santiago, con finca. Para restaurar. Tel. 988 247 824. Alugo oficina na rúa Progreso. Exterior. Prezo económico Tel. 988 247 824. Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunitaria Tel. 650 64 15 19. Vendo casa na zona de Rante (a 8 km de Ourense) preto da autovía. 3 dormitorios, terreo, pozo de auga e garaxe. Prezo 49.800€. Tel. 606 422 543 Vendo finca edificable. Zona Rante. Moi económica (11.900€). Tel. 606 422 543 Alugo casa de campo a 5km de Allariz. Todos os servizos. Tel. 657 945 665. Alugo casa de campo a 5km de Allariz. Todos os servizos. Tel. 657 945 665. Véndese o alúgase un piso na estrada de Vigo. Preto do Lidl. Amoblados. Bo prezo. Tel. 988 234 342. Alúgase apartamento en Montalvo con dúas habitacións, cociña, salón, baño, barbacoa, aparcadoiro, xardín; fronte á praia. Tel: 607 271 916 Véndese apartamento de 2 habitacións, cociña americana, baño, trasteiro e garaxe. Recén reforma-
do. A 5 min. de praia América. Bo prezo. Tel. 620 66 07 62. Alugo oficina económica de 15 metros cadrados, amoblada, con baños comunitarios por 100 euros máis 7 de comunidade. Tel.: 627 203 131
TRABALLO
Ofrécese señora para tarefas do fogar por horas. Tel.: 606 650 905 Danse clases de francés a domicilio. Todos os niveis. Titulación en España e Francia. Tlf.: 625 745 611 Imparto clases particulares de Matemáticas a domicilio en Ourense capital. Todos os niveis. Tamen materias curriculares de ESO e Bacharelato. As clases son individuais e personalizadas. Amplia experiencia. Excelentes resultados. Económico. Interesados enviar mensaxe vía WhatsApp ao 610 38 25 89. Ofrécese xerocultora para axuda a domicilio en Xinzo. Tamén para limpeza de casas e negocios por horas e adaptados ao seu horario. Tel. 686 005 358. Ófrecese señora seria e responsable para tarefas do fogar e coidado de nenos e maiores. Con informes. Preferencia zona Ponte. Tel. 685 374 191. Busco traballo en desbroces con tractor ou condutor de camión e carretillas. Ampla experiencia. Tel. 637 282 405. Busco mozo como asistente persoal con certificado de atención a persoas en situación de dependencia ou con auxiliar de enfermería. Boas condicións laborais. Tel. 679 699 508. Ofrécese señora por horas para tarefas do fogar, coidado de nenos. Atende
persoas maiores; tamén de noite en hospital ou domicilio. Telf.: 620 052 173. Coido ou acompaño a maiores enfermos polas noites. Económico. Tel.: 616 361 548.
VENDAS Vendo carretillo de sulfatar de 100l con 40 m de mangueira. Tel: 616 726 633. Vendo abrigo longo de astracán. Tel: 617 534 375 Compro moble de cociña completo. Tel. 988 247 824. Vendo escritorio. Como novo, bo prezo. Tel. 988 247 824. Vendo estufa de frío e calor. Tel. 988 247 824. Vendo remolque tenda comanche compact ano 2012. Como nova. 2.500€. Tel. 620 43 20 60 Vendo porta de cristal e aluminio. Tel. 988 247 824. Vendo hormigonera de 280 litros e maquinillo / grúa (a gasolina). Tel. 988 23 47 91 Vendo maquina de coser industrial (dobre arrastre). Tel. 630 587 527 Véndense polos caseiros (zona Allariz). Tel. 674 317 302 (chamar a partir das 21 horas). Vendo e cambio calendarios de bolsillo para coleccionar; así como barallas de cartas. Tel e whatsapp: 630 67 21 05. Vendo cazadora de inverno XXL. Tel e whatsapp: 666 303 635. Vendo zapatillas de fútbol sala. Tel e whatsapp: 666 303 635.
VARIOS Se alguén atopou unha chave dun Kia (xunto a outra chave pequena e nun chaveiro de mazá) contacten no 679 176 113.
Barrios 22 de novembro 2019