Entrevista á influencer de moda Silvia Calvo Prieto @Silvimialove, “de Verín ao mundo” [Páx. 10]
TEMA
Páx.2 CIDADE
ProCAPD esixe á Xunta de Galicia que o futuro centro sexa de xestión pública
Páx.4 VERÍN
Os socios de AJE Ourense facturan 40 millóns ao ano e están presentes en 16 países
Páx.6 DEPORTES
A Asociación Española Contra o Cancro conta cun local en Verín cedido polo Concello
Páx.12 OCIO
10.000 persoas visitaron Sportur que visibilizou o turismo activo en Galicia
Páx.14
Os días 23 e 24 de novembro Verín celebra as II Xornadas Micolóxicas
Entrevista a Carlos Montero [Páx. 3]
Reis da San Martiño
ProCAPD esixe xestión pública
[Páx. 8-9]
[Páx. 2]
Alejandro Fernández e Joselyn Brea, vencedores da San Martiño.// Falamos co director do FIC Vía XIV de Verín. // A Plataforma ProCAPD pide a xestión pública do novo centro.
Número: 114 - Ano: XII - 22 de novembro de 2019 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190
2
Barrios 22 de novembro 2019
TEMA DA SEMANA
Comezan as probas dos contedores soterrados
provincias galegas que se ven cumplindo "desde fai 30 anos" apuntaban desde a plataforma. Tampouco lles vale que sexa xestionado por unha Fundación, "non queremos que se invistan tantos millóns de cartos públicos nun centro e no seu equipamento para que o xestione un empresario" apuntaba Eva Gutiérrez, unha das portavoces de ProCAPD.
4 Florentino Cuevillas é a rúa elexida. Redacción O Concello de Ourense estará moi atento nos vindeiros meses á rúa Florentino Cuevillas. Pois é nesa rúa onde elixiron, xunto á de Sáenz Díez, probar os novos modelos de contedores para elexir dentro duns meses por cal deciden apostar. Trátase dunha illa que alberga cinco contedores soterrados para a recollida dos seguintes residuos sólidos urbanos: vidro, papel, envases, bioresiduo e resto. Previamente desmontaron o existente para posteriormente proceder á súa limpeza e á retirada de restos do fondo do foxo de contención. Os contedores novos contan cun interior ríxido de polietileno de alta densidade; 3 m3 de capacidade; o sistema de apertura é de dobre gancho; contén depósitos de lixiviados independentes na parte inferior. Ademais, as tapas
están coloreadas para identificar cada tipo de residuo. Proba Estos contedores xuntos os de Sáenz Díez estarán en fase de proba, para ver cal deles se adapta mellor ás necesidades da recollida de lixo na cidade. Esta nova instalación xa incorpora o quinto contedor, dedicado aos residuos orgánicos, en resposta á entrada en vigor da nova Lei de Residuos. Cs Desde o grupo Ciudadanos, o seu portavoz, Pepe Araújo, calificou a noticia de “tomadura de pelo” por parte do alcalde xa que el mesmo dixera na oposión que se debían arranxar. Para Araújo, esta medida de realizar probas fará que non se contrate o pliego técnico "durante este mandato".
concellería de Asuntos Sociais aseguran que está en fase de estudo por parte dos técnicos e que o servizo non se vai deixar de realizar. Pola súa banda, dende CCOO veñen de advertir
que o Concello invitou á empresa SERALIA a participar no novo concurso, a que a xuízo do sindicato, das empresas concesionarias, “foi a que mais incumpliu as súas obrigas".
ProCAPD pide claridade á Xunta de Galicia 4 A plataforma esixe que o futuro centro sexa de xestión pública. R.T Nova convocatoria da Plataforma ProCAPD aos medios de comunicación para esixir, unha vez máis, á Xunta de Galicia que a xestión do futuro Centro de Atención a Personas con Dis-
capacidad (CAPD) sexa totalmente de xestión pública. Aos familiares dos próximos usuarios do centro non lles tranquilizas as palabras, nestas datas, da conselleira de Política Social, Fabiola García, que aseguraba que o CAPD non será "xestionado por
Solicitude de solucións para a axuda no fogar 4 O Concello garantiza a realización do servizo. Redacción
Instalación dos contedores en Florentino Cuevillas.
unha empresa privada con ánimo de lucro". Palabras que non tranquilizan a uns familiares que queren unha declaración clara desde o ente autonómico sobre a xestión do servizo. Ademais, aseguran que esta demanda equipararía a Ourense co resto das
O Centro A conselleira explicou a pasada semana no Parlamento de Galicia que o CAPD será un servizo co 100% das prazas públicas. En canto aos prazos de execución, avanzou que as obras se iniciarán no primeiro cuadrimestre de 2020. Tamén destacou que permitirá prestar coidados e axudar a 110 familias ourensás mediante a creación de 80 prazas residenciais e 30 de centro de día, e que contará con todos os servizos necesarios para o seu correcto funcionamento ademais do cumprimento coas esixencias máis estritas en materia de persoal.
Rolda de prensa da Plataforma ProCAPD. /RAMSÉS.
As traballadoras do Servizo de Atención no Fogar continúan coas súas reivindicacións. Para elo, cada día ás 12 horas preséntanse diante
do Concello de Ourense para reclamar os seus dereitos. Entre outras cousas piden a municipalización do servizo, co que non están de acordo desde o Goberno municipal. Así mesmo, desde a
Traballadoras do SAF ante o Concello.
TEMA DA SEMANA
Barrios 22 de novembro 2019
3
ENTREVISTA A CARLOS MONTERO, DIRECTOR DO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CURTAS FIC VIA XIV
“Esta edición vai ser a proba de se o camiño que eliximos funciona tralo cambio do ano pasado” 4 O director do FIC Vía XIV preséntanos as novidades desta cuarta edición, que terá lugar do 30 de novembro ao 8 de decembro no Auditorio e na Casa da Cultura de Verín. Redacción A poucos días de que comece unha nova edición, a cuarta, o seu director, Carlos Montero, adiantanos as novidades máis destacadas dun evento cultural que xa forma parte da vila de Verín e que logra traer a ela as curtas máis destacadas do panorama internacional: o Festival Internacional de Curtas FIC Vía XIV Podemos dicir que está consolidado este festival? Carlos Montero (C.M.): “Penso que en parte si. Esta edición para min é chave. A primeira edición é de proba, no segundo pasámonos de freada, no terceiro demos un xiro involucrando aos axentes sociais que funcionou moi ben e xa esta edición vai ser a proba de se este camiño que eliximos funciona tralo cambio do ano pasado”. Cantas curtas recibistes este ano? C.M.: “Máis de 700 curtas de 50 países. Desde a organización do certame, afanámonos cada ano máis en escoller as mellores curtas que se están realizando en diferentes países do mundo. Veremos 54 pezas, moitas das cales, conseguen premios en diferentes certames de renome nacionais e internacionais despois de exhibirse en Verín. En canto á calidade, este ano puxemos unha taxa de inscrición para cribar un pouco e non recibir tanto material. Pensa que o ano pasado recibimos 1.400 curtas e había que velas
todas, unha tolemia, que tíñamos que ver eu e o programador. Moitas curtas non era de perfil profesional e non encaixaban na nosa temática”.
Palma de Ouro en Cannes, “The distance between us and the sky”. Estas curtas non van a calquera sitio. Ademais, este ano traemos a dúas estudantes universitarias estadounidenses de intercambio, como becarias, que indica a relevancia internacional do festival”.
Participan autores locais? C.M.: “Si, hai unha directora local”. Continúan as mesmas catro categorías do ano pasado, pero hai algunha novidade? C.M.: “Non é un ano de grandes novidades onde se mantén a programación no concurso oficial nos funciona, con calidade. Si que damos un pequeno paso para atraer perfil multisectorial. Este ano intentamos adaptar as actividades a todo o público. Coñecer, a través da sétima arte, a realidade que se vive no Sahara Occidental ou achegarse até o cinema cubano actual, todo sen saír de Verín. Nesta nova edición do Festival Internacional de Curtas FIC Vía XIV marcámonos como propósito confeccionar unha axenda de actividades paralelas moi completa que sexa quen de achegar aos veciños e veciñas da nosa comarca unha variada proposta de lecer ligada ao cinema. Ademais das mostras vinculadas ao Sahara e a Cuba, nesta edición do certame traeremos a Verín a Mabel Rivera, que será homenaxeada no Auditorio, e tamén promoveremos unha actividade que entremestura música e cinema, dúas artes intimamente ligadas. Poderemos tamén gozar dun
Carlos Montero nunha sala do Auditorio de Verín onde se proxectarán as curtas. /M.R.
“Estamos a faer enxeñaría cultural co obxectivo de achegar o noso certame a todos os públicos”
o noso certame a todos os verineses, adaptando as accións a todos os públicos. Confiamos en acertar de novo, en converter un ano máis a Verín no epicentro galego da cinematografía”.
avance do documental “Entroidar”, que descobre por dentro a maxia do Entroido de Laza, e teremos a oportunidade de ver as pezas premiadas no Festival Internacional de Curtas de Comedia de Allariz. Tamén nesta edición contamos co respaldo dos comerciantes e empresarios de Verín, moitos dos cales engalanan estes días os seus escaparates con motivos ligados á sétima arte. E teremos ocasión, un ano máis, de achegar a maxia do cinema aos nenos e nenas da comarca cunha axenda de actividades específica para eles. En definitiva, estamos a facer enxeñaría cultural co obxectivo de achegar
Que orzamento ten o festival e canto persoal traballa nel? C.M.: “Sobre 65.000 euros aproximadamente. En canto a persoal os días do festival podemos chegar a ser 20 persoas traballando”. Cando empazaches co festival víaste neste punto tras catro edicións? C.M.: “Non nos víamos en ningún sitio porque o comezo foi como un experimento. Queriamos facer algo porque estudamos Audiovisual. Si que tíñamos claro que sería un evento que levara o nome de Verín fóra. E tomou a forma dun festival de curtas. Un dos obxectivos
deste festival é a promoción turística de Verín. Nese senso si que creo que cumprimos os obxectivos. Ao principio tampouco pensamos en facelo internacional... a verdade é que estamos contentos ata onde chegamos pero sabendo que podemos mellorar”. Que percepción se ten deste festival no exterior? C.M.: “Formamos parte de Proxecta, una coordinadora de festivais a nivel de Galicia, que empezou a funcionar fai un ano e do que somos socios fundadores. Iso indica que xa nos fixemos o noso oco nese mundo. Podemos dicir que pasaron por aquí curtas que foron nominados ao Óscar, “Homomaquiaun” foi nominado ao Goya fai pouco e vai estar aquí, “Le Jeune Fille et ses tocs” gañou en Francia o premio tv5 Monde, e teremos tamén outro que foi
Que che gustaría ver na quinta edición que non ten esta? C.M.: “O mesmo que dixen sempre. Falo en nome dos tres que estamos organizando este festival, eu, Jorge Godás e Xosé Lois Santiago cando digo que queremos pasalo ao verán polo tema dos concertos. En decembro é moi difícil organizar calquera cousa na rúa. Estamos contentos coa estrutura actual. O malo do cambio de datas é que teríamos que facer un festival máis pequeno, de transición, para que o ano seguinte sexa no verán. Por exemplo, se fose no verán teríamos concertos por tod a vila. É moi complicado. Puxémolo en decembro porque non había nada organizado. No verán o festival medraría horizontalmente e non só sería de cine, tería unha parte musical, monólogos ...”.
“Veremos 54 pezas, moitas das cales, conseguen premios en diferentes certames de renome nacionais e internacionais despois de exhibirse en Verín”
4
Barrios 22 de novembro 2019
CIDADE
EN BREVE
aos nosos fillos para o futuro.
4 Biblioteca O Concello de Ourense dálle vía libre á posta en funcionamento da Biblioteca Pública e do Arquivo Histórico Provincial de San Francisco trala concesión da licenza de ocupación das obras de adecuación destas infraestruturas culturais, sitas no antigo Convento de San Francisco.
4 Beirarrúas A Concellería de Infraestruturas está a traballar nun plan para a mellora da adherencia nas beirarrúas. Realizarase un microfresado na rúa Bernardo González Cachamuíña e no acceso á praza Eduardo Barreiros; de funcionar repetirase noutras rúas.
4 Praza de Abastos O Concello adxudicará as obras de reforma e rehabilitación da praza de Abastos número 1. O prezo de licitación é de 4.844.132,17 euros, IVE engadido, e o prazo de execución será de 540 días naturais.
4 Sabores de Outono O Bodegón Antiga Leitería logra o primeiro premio do Xurado Profesional no XII Concurso Sabores de Ourense coa súa proposta “Sugus de outono”.
En NENOOS traballa de forma integral na eduación.
Educando para o futuro aos cativos 4 Desde NENOOS Ourense dan as claves para a resolución destes problemas. Redacción Estamos a educar aos nosos fillos e fillas para o futuro? A resolución de problemas, a empatía ou a xestión emocional son ferramentas que debemos desenvolver nos nenos e nenas para que poidan facer fronte ao mercado laboral do futuro de forma autónoma e resolutiva. O coñecemento está hoxe ao alcance da man, hai acceso a todo. Pero falta o máis relevante: poder integralos, facelos lóxicos e funcionais. Así é o mundo dos nenos e nenas de hoxe, adquiren coñecemento a cada se-
gundo e de moi diversas fontes. Mauro Santos, director de NENOOS Ourense explica: “Mentres o mundo real cambia rápidamente, a maioría dos nenos e nenas non están a ser preparados para desenvolverse no mundo que vén. Estamos a entrar a un mundo onde non ten moito sentido estar sentado diante dun computador facendo tarefas mecánicas. Cada vez, con máis frecuencia, este tipo de tarefas serán automatizadas. Entón, por que nos empeñamos en seguir traballando da mesma forma con eles?”. Importancia dos centros educativos para preparar
Retos Sobre o comentado por Mauro Santos, o estudo «Future of Schools», reflexionou sobre os retos que teñen os centros educativos para axudar aos alumnos. As conclusións foron tales como que no futuro as persoas traballarán cada vez máis con xente de diferentes campos e procedencias. As emocións e a empatía serán claves para relacionarse; os centros educativos deberán ser acolledores, autodirixidos e espazos colaborativos; no mercado laboral primarán as persoas que saiban manexar procesos e sexan autónomas e creativas por enriba de resultados académicos; a tecnoloxía proporciona ferramentas para permitir o éxito dos estudantes; e involucrar á comunidade na educación constrúe sistemas urbanos resilientes. Con todo isto cabe preguntarse, que necesita o meu fillo? Tan importante como o rendemento académico é ver esa evolución nos alicerces socio-emocionais. A determinación, o traballo colaborativo, a xestión do tempo, a empatía serán sumamente útiles para os máis pequenos. Agora, o importante está en como se incorpora a información para desenvolvela dun xeito crítico, estratéxico e lóxico. Mila Vázquez, coordinadora educativa en NE-
NOOS comenta que cada neno “é único e ten as súas motivacións en talentos. A responsabilidade dos adultos é descubrilos e potencialos para que estes gañen en autoestima”. Polo tanto, sobre que precisa o meu fillo, Vázquez deixa algunha reflexión. “Os nenos aprenden xogando, desenvolvendo a súa creatividade e imaxinación; e preciso coñecer e xestionar nosas propias emocións e ser empático cos demais. Ademais, hai que desenvolver as capacidades de atención, concentración, resolución de problemas, memorización para un bo desenvolvemento académico. Entender, observar, explicar, pensar, deseñar, construír, experimentar, probar e avaliar son procesos cognitivos que aprenden hoxe e pon en práctica toda a súa vida”. E vai máis aló a asegurar que a consciencia corporal, a relaxación e a psicomotricidade “son parte dunha vida san e plena”. Para elo, precísase “a involucración das familias no desenvolvemento educativo dos nenos” xa que “maximiza os resultados e satisfai a todos” Claves A clave está en traballar de forma integral. Psicólogos, psicopedagogos, mestres, adultos, etc... teñen que apostar por unha educación integral dos nenos e potenciar o seu talento traballando a mente, o corpo e as emocións a través do traballo lúdico.
NENOOS de Ourense leva traballando neste concepto desde hai 5 anos e os resultados nos nenos son avalados polas familias En paralelo a isto, o reforzo positivo, as actividades cooperativas e o desenvolvemento das habilidades socioemocionales son valores fundamentais que debemos fomentar. O centro NENOOS de Ourense (Pura e Dora Vázquez Nº 23 Baixo), leva traballando neste concepto desde hai 5 anos e os resultados nos nenos son avalados polas familias: “vexo no meu fillo un cambio de actitude e confianza en si mesmo. Cando se lle presenta un problema tenta resolvelo de forma autónoma, creativa e razoando as súas respostas. Nada que ver con antes que se puña nervioso e non era capaz de pararse, pensar e razoar unha solución”. Coméntanos Esther, nai de Andrés.
Mauro Santos, director de NENOOS.
CIDADE
Os socios de AJE facturan 40 millóns ao ano 4 Están presentes en 16 países. Redacción A Asociación de Jóvenes Empresarios de Ourense presentou as cifras anuais do colectivo, unha entidade que agrupa a día de hoxe a 128 asociados (13 máis que o ano pasado) a través de firmas pertencentes a diversos sectores. Para Lois Babarro, presidente de AJE Ourense, este incremento demostra que na provincia “si hai cultura do asociacionismo”. As empresas integrantes da asociación dan emprego a 500 per-
soas -unha media de catro por empresa- e en canto a facturación, os datos deste colectivo no último ano arroxan a cifra de 42,5 millóns de euros. Incremento do rural Aínda que a asociación é multisectorial “vimos notando un crecemento no sector agroalimentario nos últimos tempos, coa incorporación de empresas de queixos, castañas, viño, pan,... o que demostra que o rural ourensán ten futuro”, recoñecía Babarro.
O presidente de AJE destacou que as empresas da entidade facturan noutros países como Vietnam, Portugal, Puerto Rico, Marrocos, Estados Unidos, Colombia, México, Arxentina, Canadá, e así até 16 países de catro continentes. Tamén notan unha crecente incorporación da muller no ámbito da empresa. Na asociación a porcentaxe de mulleres ao fronte de empresas aproxímase ao dos homes.
Presentación das cifras anuais dos socios de AJE Ourense.
EN BREVE 4 Xantar
4 CM El Carmen
4 SIACI
Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico, participou como convidado especial na presentación da campaña turística “Em época Baixa, Ponche de Lima em Alta” para a tempada 2019/2020 da localidade portuguesa. Expourense presentou a próxima edición de Xantar, que se celebrará entre o 5 e o 9 de febreiro de 2020.
O Centro Médico El Carmen convértese en entidade colaboradora da Orde do Camiño de Santiago. Este convenio marca o inicio dunha serie de actuacións sendo a primeira delas este mesmo xoves no salón de actos da Confederación de Empresarios de Ourense; será a conferencia sobre “O carácter intercultural das peregrinacións”.
A directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, Natalia Prieto, participou na formación sobre o Sistema Electrónico de Atención á Cidadanía (SIACI) que se impartiu na delegación territorial da Xunta en Ourense. Foi última xornada formativa destinada a máis de 200 funcionarios das delegacións do Goberno galego.
Barrios 22 de novembro 2019
5
Allianz ofrece un gran seguro para Comunidades de veciños 4 Tamén ofrece seguros para o fogar. O Seguro para Comunidades Allianz, ofréceche os servizos e coberturas para que poidas gozar da tranquilidade ante calquera situación non desexada que poida xurdir na túa Comunidade de veciños. En Allianz ofrecenche as mellores vantaxes e as coberturas máis completas para coidar do edificio no que vives e de todas as persoas que residen alí, porque sson conscientes de que o teu fogar é un dos aspectos máis importantes da túa vida. Coberturtas básicas En Allianz brindan unhas coberturas básicas moi amplas. En caso de danos materias á edificación, repararíanse por diversas causas; a saber: incendio; explosión interna ou externa; caída du raio; fume; xeadas; tormentas; impacto (caída aeronavee, choques de vehículos, choques de cousas exteriores), roubo, furto e vandalismo; medidas da autoridade; medidas de salvamento; fenómenos eléctricos (cortocircuítos, sobretensión, inducción dun raio). todas elas co 100% das suma asegurada. Nos gastos tamén cobren a intervención de bombeiros; desescombro e verquidos de restos; salavamento e traslado de bens afectados; limpeza; peritación de sinistros extraordinarios; intervención facultativa de profesionais; intervención de
arquitecto e de arquitecto técnico; aloxamente provisional. As sumas aseguradas e os límites de cobertura nestes casos é do 100%, agás no aloxamento provisional que é do 1% máximo durante un ano. A póliza tamén cobre no tocante á Responsabilidade Civil o 100% cando se trata de propiedade da edificación, actividade dos empregados, patronal e RC administrativa por contaminación. Os danos estéticos á edificacióm tamén entrarían dentro das garantías. Máis coberturas As garantías Allianz Comunidad van máis aló e contan con moitas máis coberturas. Cando se precisa un profesional (fontanería, electricidade, pintura, limpacristais, carpintería, etc.) asegúrase o 100% do gasto no primeiro desprazamento. Ademais, a póliza personalizada cobre o 100% -nun máximo de 3.000 euros- en asesoramento e protección xurídica (ase-
soramento xurídico telefónico, reclamación por danos, contratos de servizos, defensa en procedementos penais, laborais). E continúan as coberturas en temas como o servizo de inspección técnico de edificios, eficiencia enerxética e accesibilidade; da acción da auga (reparación ou reposición por escapes, rebordamentos, desbordamentos, inundación non catastrófica, goteiras, filtracións, omisións do peche de billas e derrames de líquidos; e gastos motivados pola localización de escapes e reparación de conducións e depósitos); a responsabilidade civil derivada da acción da auga por propiedade da edificación; rotura de cristais, reclamación de impago de taxas comunitarias e mesmo gastos polo desatasco de tuberías comunitarias. Para máis información poder achegarte á sucursal de Allianz Seguros na rúa Bedoya, nº 7, primeira planta - local 9. Teléfono 680 636 539 (atende tamén WhatsApp) ou no mail: tirsocd88@ gmail.com.
Con Allianz as comunidades estarán protexidas.
6
Barrios 22 de novembro 2019
VERÍN E COMARCA
Verín contribúe ao emprego das mulleres con discapacidade 4 Mediante un programa de inserción laboral no que participan 16 mulleres da zona. Redacción Dezaseis mulleres con discapacidade da comarca de Verín participan desde finais de setembro no Programa de Empoderamento e Activación para o Emprego. Este Programa xorde da colaboración entre o Concello de Verín, a Obra social La Caixa e a Confederación Estatal de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica ( COCEMFE) e ten como obxectivo fomentar o empoderamento e conseguir a integración sociolaboral das mulleres con discapacidade. Durante os próximos meses levaranse a cabo
na sede de Servizos Sociais situada na Casa da Xuventude do Concello de Verín diferentes accións grupais e individuais: talleres grupais
de empoderamento, habilidades prelaborais, alfabetización tecnolóxica e deseñarase para cada unha das participantes un itinerario personalizado
Parte do grupo de mulleres participantes no programa.
O Museo Claustro Mercedario premia ao seu visitante número 25.000 4 Cunha cena para dúas persoas e un bono para as sesións do FIC Vía XIV. Redacción O Museo Claustro Mercedario de Verín organizou un evento especial para conmemorar a chegada aos seus primeiros 25.000 visitantes. Polo que estaba todo preparado para que o
de inserción. COGAMI, como entidade colaboradora en Galicia do “Programa Incorpora” de La Caixa apoiará as accións de procura de emprego e fomento de contratación das mulleres con discapacidade que inician o programa. Así mesmo, levaranse a cabo diversas accións de formación e sensibilización en colexios da zona co obxectivo de achegar a problemática da muller e a discapacidade ao alumnado da zona de Verín.
visitante número 25.000 fose sorprendido polo alcalde da vila para un pequeno acto conmemorativo. Dito visitante recibiu, de parte do Concello de Verín, un lote de obsequios que inclúe: material
patrimonial divulgativo, un vale dunha cena para dous con produtos propios da comarca nun establecemento da vila de libre elección e máis un bono para acceder ás proxeccións que se realizarán no Festival Internacional de
O visitante número 25.000 do Museo mostrando os obsequios recibidos.
Cine Vía XIV. O alcalde de Verín, Gerardo Seoane, expresou a súa alegría “por ver como brotan aquelas sementes que se plantaron vai menos de 3 anos.” Proba disto son as diversas iniciativas de particulares que estes días negocian co Concello de Verín a cesión dalgunhas pezas de interese público para o pobo e que proximamente pasarán a formar parte da colección do Museo. O Museo Claustro Mercedario nacía en 2017 e converteuse nun enclave cultural referente no sur da provincia. A través dunha visión diferente, didáctica e coidada, coas técnicas de interpretación patrimonial máis modernas, o museo ofrece materiais sobre o primeiro contacto cos habitantes da comarca, a historia do viño e do contrabando do café. Ademais, tamén ten oco para exposicións temporais adicadas á concienciación e interpretación da natureza así como para numerosas actividades ao longo do ano.
O Concello de Verín cede un local á AECC 4 Está situado na antiga Praza de Abastos. Redacción O alcalde de Verín, Gerardo Seoane Fidalgo, e a presidenta da Asociación Española contra o Cancro (AECC) en Ourense, María Isidora Gómez Segade, asinaron o pasado 14 de novembro o acordo de colaboración que permitirá á devandita asociación ter unha sede local en Verín para cumprir de maneira máis efectiva os seus fins sociais na vila. O acto da firma tivo lugar a Sala de Xuntas do Concello. A nova oficina da AECC estará situada na Praza García Barbón, concretamente na Antiga Praza de Abastos, e o seu horario de atención será de luns a venres, fóra dos martes. Segundo declarou o alcalde de Verín «este acordo contribúe a que esta entidade sen ánimo de lucro poida ofrecer os seus servizos na vila dunha maneira moito máis próxima, prestando un apoio importantísimo ás persoas que padecen ou padeceron esta enfermidade e aos seus familiares». Gómez Segade, tras agradecer o apoio prestado polo Concello de Verín, destacou «o gran logro que supón ter presenza neste concello xa
que é unha das localidades da provincia máis poboadas e que contan cun Hospital Público no que se presta tratamento oncolóxico». Pola súa banda, a técnico responsable da nova oficina local, Kelly Pereira, explicou que o obxectivo desta apertura é informar, apoiar e orientar ás ás persoas afectadas pola enfermidade, así como aos seus familiares, durante todo o proceso dunha maneira máis próxima. Así, ofreceranse de xeito gratuito charlas informativas, talleres, actividades recreativas e grupos de apoio a pacientes; información e orientación a través do servizo de atención social (que inclúe axudas económicas, préstamos de material ortoprotésico, información sobre prestacións económicas e sociais, pisos de acollida gratuítos para pacientes e familiares); voluntariado de acompañamento en tratamentos e xestión de citas a domicilios; así como manter informada á poboación de todas as campañas de prevención e información que leve a cabo a AECC.
A oficina ofrece atención de luns a venres (salvo os martes)
O alcalde de Verín e a presidenta da AECC en Ourense, durante a sinatura da cesión do local.
VERÍN E COMARCA
Cifra récord para a D.O. Monterrei 4 Logrou 5.633.717,3 quilogramos de uva. Redacción
terminou o 18 de outubro.
A Denominación de Orixe Monterrei rematou a vendima 2019, alcanzándose de novo unha colleita histórica, con 5.633.717,3 quilogramos de uva colleitados. Para a presidenta do Consello Regulador, Lara Da Silva, estes son uns “fantásticos resultados a nivel cuantitativo e cualitativo”, lembrando que se volveu lograr un máximo histórico “superando en 41.893,8 quilogramos a campaña 2018, até agora a máis exitosa”. En canto a variedades, colleitáronse 3.558.320,1 quilogramos de uva branca polos 2.075.397,2 quilogramos de uva tinta. En canto ao estado fitosanitario da uva, a presidenta valorábao de “excelente”, así como as condicións climáticas durante a campaña, pudíendose colleitar de modo gradual o que a fixo ser unha das campañas máis longas. A vendima iniciouse o 7 de setembro e
Taller A Xunta de Galicia organiza para o vindeiro 26 de novembro un taller práctico sobre novos procesos de recoñecemento dos atributos en viños da Denominación de Orixe Monterrei. Realizarase no Museo Claustro Mercedario de Verín e contará cun total de 25 prazas en xornada de tarde O taller será impartido polo director técnico da DO Monterrei, Luís Miguel López; o enxeñeiro técnico agrícola da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, Juan Carlos Vázquez, e o presidente da Asociación Galega de Enólogas, Luís Buitrón. O prazo de inscrición remata o vindeiro 25 de novembro. Os interesados poderán consultar o programa a través da páxina oficial da Evega, onde tamén terán á súa disposición a folla de inscrición.
Unha manchea de actividades formativas no IES García Barbón Participación en Programas Internacionais “Erasmus+” O IES García Barbón participou activamente no Proxecto “Step ahead 2” de Programa Erasmus+ que se celebrou en Finlandia do 14 ao 18 de outubro de 2019. O proxecto xira ó redor das novas tecnoloxías en vehículos híbridos eléctricos e automáticos. O IES García Barbón tamén participou no 1st Transnational Meeting en Zagreb –Croacia- do Proxecto “Inclusión e empleabilidade mediante a tecnoloxía do vehiculo
esléctrico” do 5 ao 8 de novembro de 2019. Actividades extraescolares O día 25 de outubro, pola mañá, un numeroso grupo de estudantes, acompañados por varios profesores
Barrios 22 de novembro 2019
realizaron unha andaina de 10 quilómetros polos Lagares do Concello de Oímbra. Con este tipo de actividades, o centro busca aunar novas técnicas didácticas cun estreitamento dos lazos dentro da comunidade educativa, así como unha valorización da contorna. Tamén se celebrou o Samaín con moita participación dos estudantes e profesorado no deseño de lápidas e epitafios, material que se mostrou no vestíbulo do centro. O día 18 de novembro fixeron un Magosto para
7
alumnado e profesorado. O día 25 de novembro, dentro da celebración do mes da Igualdade na comarca de Verín –organizado polo Centro de Información á Muller- estudantes do IES García Barbón asistirán para ver no Auditorio o documental “Girl Rising”. Durante todo este mes de novembro, que adican á Ciencia, están a realizar distintas actividades informativas e exposicións que se poden ver no vestíbulo da entrada do centro e na Biblioteca.
Participantes da andaina polos Lagares de Oímbra.
EN BREVE 4 Feira de Outono O Concello de Verín pospuxo a Feira de Outono programada para os días 9 e 10 de novembro debido á previsión de inclemencias meteorolóxicas. O evento trasládase ao 7 e 8 de decembro, unificándoo coa Feira de Nadal.
4 Doazón raíl
Colleita deste 2019 na DO Monterrei.
Peza cedida Redacción O adegueiro de Verín José Luis Mateo, un dos máis premiados da DO Monterrei, cede unha peza singular para o Museo do Claustro Mercedario de Verín. Trátase dun pipote
carreteiro. A peza, un barril cun deseño especial para poder ser cargados e desprazados nun carro polos camiños, ten un significado especial na comarca de Monterrei, cuxa producción destinabase nunha porcentaxe importante á venda tras o seu transporte.
Eloi Domínguez, veciño de Verín, doa ao Museo Claustro Mercedario de Verín os derradeiros raís que se conservan do tranvía de Cabreiroá. O Concello instalaraos na súa localización orixinal, para lembrar aquela infraestrutura que unía cun tranvía de tracción animal a vila de Verín co balneario de Cabreiroá.
4 Rio Támega O Concello de Verín remata as accións de limpeza e conservación do río Támega no seu tramo urbano, concretamente na zonas situadas entre a ponte de Verín (zona do Olivar) e Pazos. Esta actuación realizouse previa autorización de Xunta de Galicia.
8
Barrios 22 de novembro 2019
XLIII SAN MARTIÑO especial
Alejandro Fernández, pentacampión, e Joselyn Brea, bicampioa 4 O atleta ourensán é o que máis veces venceu na clásica carreira do San Martiño. R. Torres O mellor atleta ourensán volveu ser profeta na súa terra e fíxose co triunfo na 43ª carreira popular do San Martiño. En categoría feminina, Joselyn Brea foi a vencedora. Alejandro Fernández era o gran favorito despois de vencer sete días antes na carreira disputada en Negreira sobre a mesma distancia; o seu tempo de 29:29 minutos facía presaxiar que repetiría vitoria en terras ourensás, xa que ese tempo está ao alcance de moi poucos. E así foi. O corredor do Ourense Atletismo antes da metade da proba cambiou o ritmo e quedouse en solitario na cabeza de carreira, unha posición que non deixaría ata entrar na liña de meta. O seu tempo de 29 minutos e 36 segundos facía que levantara os brazos en sinal de vitoria por quinta vez na carreira da súa cidade. O pentacampeón lograra a vitoria en 2012, 2013, 2017 e 2018, con esta xa se queda só como o atleta con máis entorchados na San Martiño -Solange Pereira era a outra que levaba catro vitorias-. No podio absoluto acompañaría a Alejandro o atleta do ADAS Proinor Iván Roade, o seu tempo 29.58. En terceira posición remataría Fernando Rial, do Club Celta con 30:36 minutos. O cuarto en liña
de meta sería o local Rubén Diz (Ourense Atletismo) con 30:56. Completaba o Top 5 o do ADAS e podio anteriormente na San Martiño Alejo Ares. Brea Joselyn Brea comeza a escribir o seu nome entre
as mellores da proba decana de Galicia. A da Sociedade Gimnástica de Pontevedra inscribe por segunda vez o seu nome no palmarés. O seu tempo de 33 minutos 47 segundos foi imposible de alcanzar polas súas rivais. Ester Navarrete (FC Barcelona) entraba
atleta do Atletismo Arenteiro, Begoña Domínguez (oitava obsoluta). Escolares En sub18 vitorias de Carla Guisande e Carlos López; en sub16 venceron Pedro Vázquez e Isabel Caeiro; e en sub14, triunfo de Ilyass Dahmouni e Xela Martínez.
segunda a 34 segundos da gañadora. A terceira posición era para Marta Casanova (Universidad de Oviedo) a minuto e medio da gañadora. Alice Finot remataba cuarta e Laura Santos (Caixa Rural) poñía a guinda ao Top 5. A primeira ourensá era a
Begoña Domínguez foi a primeira ourensá na categoría feminina
quilómetros consumidos, quedan catro, ánimo! Atravesas o casco vello chegas á praza Maior e por Lamas Carvajal entras no Paseo: aquí sempre hai quen te da folgos -a pesar do mal tempo moitos non se queren perder este espectáculo que soamente acontece unha vez ao anoe algún coñecido berra o teu nome, outros animan a todos os participantes, é unha festa. Xa levas sete quilómetros. Deixas Paseo, segues un pouco por Curros Enríquez e subes pola Habana ata chegar a Cardenal Quevedo, enfilas Castelao e xa van oito quilómetros. Chega unha zona onde se pode recuperar do esforzo realizado ata o momento e cargar algo
de enerxía para encarar o último tramo. Baixas pola Otero Pedrayo ata chegar á ponte Nova que a cruzas para meterte por segunda vez no barrio da Ponte. Xiro á esquerda por Vicente Risco ata chegar ao parque da Ponte que se bordea para volver a chegar ás Caldas; pero agora non levas un so quilómetro, senón que falta un para chegar e rematar a carreira. Volves a cruzar a ponte Romana pero desta vez xiras a dereita e xa ves o arco de meta e o marcador electrónico. Apretas os dentes, incrementas o ritmo e levantas os brazos, non eres o primeiro pero un ano máis remataches a San Martiño, e van...
4 A San Martiño por dentro Ameazaba temporal e non foi para tanto. Si que é certo que o tempo foi moi desapracible, con momentos de choiva, pero nada fóra do normal nesta época do ano. Cando faltaban poucos minutos para as 11 da mañá do domingo 17 de novembro, preto de 3.000 persoas estaban impacientes na ponte do Milenio agardando a que Jorge Silva, ex marchador internacional, dera o pistoletazo de saída da 43ª edición da carreira pedestre popular do San Martiño. A esa hora en punto coa pistola apuntando ao ceo ourensán soou o disparo dando comezo a unhas hostilidades que durarían 10 quilómetros polas rúas da vella Auria. 10.000 metros que se coñecen de memoria. Subida á estación de tren e baixada polas Caldas para cruzar o río
Miño pola ponte Romana e enfilar Progreso -dous quilómetros nas pernas-. Baixas pola Praza de Abastos ata Doutor Fleming e camiño do Couto por Ervedelo e avenida de Portugal -quilómetro catro- ata chegar a Marcelo Macías. Alí crúzase a ponte para xirar á dereita e facer os últimos metros de Progreso antes de meterse na avenida de Zamora. Alí está o quilómetro cinco, e comezas a saber se levas boas ou malas sensacións, se poderás cumprir co obxectivo marcado: quen máis quen menos ten na súa mente o tempo que quere realizar e o punto intermedio dache unha referencia de se serás capaz de conseguilo. Pasas o ecuador da proba e continuas ata a intersección con Bonhome, xiro de case 360 grados e enfilas todo Bonhome ata o xardín do Posío, que o bordeas para meterte na rúa Padre Feijoo: seis
Apretas os dentes, incrementas o ritmo e levantas os brazos , non eres o primeiro pero un ano máis remataches a San Martiño, e van...
Fotos: as tres primeira mulleres; os
especial XLIII SAN MARTIร O
s tres primeiros homes; Alex chegando a meta e participantes da carreira รณ seu paso pola ponte do Milenio. /I. OSORIO.
Barrios 22 de novembro 2019
9
10
Barrios 22 de novembro 2019
VERÍN E COMARCA
ENTREVISTA A SILVIMIALOVE, INFLUENCER DE MODA
“Móstrome sempre tal como son” 4 Case 7 mil persoas están pendentes do sorriso e o bo rollo das tendencias que Silvia lanza “de Verín ao mundo”. P. Porto É un feito irrefutable. Vivimos na sociedade do “like” e agora os blogs, os perfís de Instagram e as influencers son os novos modelos a seguir. Neste contexto falamos con Silvia Calvo Prieto - máis coñecida como @silvimialove - apaixonada da moda, técnica superior en comercio e mercadotecnia e personal shopper. Trinta e dous anos de cariño e dedicación á moda traducíronse no que agora podemos ver no seu perfil: case 7 mil persoas pendentes do sorriso e o bo rollo das tendencias que Silvia lanza “de Verín ao mundo”. Como viñamos adiantando, as influencers están á orde do día, que
4 Unhas visitas guiadas mostraron os edificios e espazos construidos por García Barbón e Vázquez Gulías. Redacción
Silvia Calvo Prieto./BORYS MARTÍNEZ. consideras que é o que che diferencia das demais. Silvia Calvo: “En efecto, somos moitas as persoas que nos adicamos ao mundo das redes sociais, pero creo que se algo me diferencia por enriba de todo é a naturalidade, trato de mostrarme sempre tal e como son”. Polo tanto poderíamos dicir que a clave está en ser un mesmo, non? S.C.: “Exacto! Por exemplo, eu son unha persoa que a penas se maquilla e se teño que facer un storie coa cara lavada e recén levantada, fágoo e xa está!”.
@silvimialove./B.M..
Un século pasado moi moderno
Entón, se unha persoa diche “oe Silvia, gustaríame crear un blog de moda, que consello lle darías? S.C.: “Antes de dar ningún consello lle preguntaría se realmente apaixónalle a moda. A palabra soa un pouco forte pero é unha realidade, o único que fai falta para dedicarte a isto é que che guste moito, moitísimo. Se che gustan as tendencias o resto de con-
sellos veñen sós, vas ler e informarte moito sobre moda, estarás ao día dos deseñadores e das grandes marcas... Iso si, despaciño e con moita paciencia: Roma non se construiu nun día”. Desde o teu punto de vista, cal é o segredo para ir sempre á moda e que non deberíamos facer nunca? S.C.: “Eu creo que a cuestión non está en ir á moda en todo momento, senón en levar sempre o que che faga sentirche cómoda e se dá a casualidade de que é tendencia pois mellor que mellor”. Poderías contarnos como son 24 horas na túa vida? S.C.: “Buff! esa pregunta é moi complicada, cada día é distinto ao anterior pero podería dicir que hai tres cousas que nunca poden faltar: un bo almorzo (para empezar o día cas pilas cargadas), sesión de ximnasio ou de natación (diría que sempre me tira máis a segunda opción e é que encántame nadar), e redes, redes e máis redes. Dedico
gran parte do meu día a crear contido, saber que pensan os meus seguidores, consultar contas de moda, etc.”. Para rematar con bo pé, que é o que máis lle sorprendería de ti aos teus seguidores? S.C.: “Creo que o que máis sorprendería alguén que me coñecese en persoa despois de ver as miñas redes sociais é a miña timidez. Ao principio custábame moito facer cousas tan simples como un stories falando (aínda que hei de dicir que cada vez me supero un pouquiño máis a min mesma). Ah! E que, aínda que coido moito a miña alimentación, a bollería e o chocolate pérdenme”.
“A cuestión non está en ir á moda en todo momento, senón en levar sempre o que che faga sentirte cómoda”
A Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego (APATRIGAL) realizou en Verín a actividade “O Mundo balneario de 1906, o soño modernista de García Barbón e Vázquez Gulías”. Foron un conxunto de visitas guiadas nas que asistentes puideron visitar os fermosos edificios e espazos construidos por estes dous visionarios. A presentación de devandita iniciativa tivo lugar en Cabreiroá, e correu a cargo do alcalde de Verín, Gerardo Seoane Fidalgo, e do presidente de APATRIGAL, Carlos Fernández Coto. Xosé García Barbón regresou a Verín para buscar unha transformación moderna da vila e facer dela un paraíso balneario. Visión García Barbón quería converter a Verín nun
paraíso de paz ao redor dos balnearios existentes (Sousas, Caldeliñas, Fontenova), ademais da construción dun Gran Balneario que marcara a diferenza: Cabreiroá. Para elo chamou ao arquitecto Daniel Vázquez-Gulías ao que lle encomendou unha visión global. Gulías encargouse ademais do Gran Hotel, do Quiosco das Augas, da Fábrica de Embotellado, das Cocheiras para autobuses e tranvía, ademais do deseño interior e dos mobles Art Decó. Este arquitecto tamén deixaría a súa impronta en outros seis proxectos arquitectónicos, como o Palacete Modernista da Praza Maior, o Cine Principal, o Casino, a Vila Peláez e a Casa García Barbón, ademais dun fermoso panteón no camposanto. Pero esta visión de futuro e modernismo ArtNouveau non foi entendido por todos os seus contemporáneos, e tivo que fuxir cara Vigo deixando a súa obra inconclusa.
O alcalde, Gerardo Seoane, encargouse da presentación das visitas guiadas./CMZ.
DEPORTES
O COB recibe ao Huesca 4 Os ourensáns caeron derrotados ante Gipuzkoa na última xornada. R.T.
Clara, autora do gol ante o Bilbo./I. OSORIO.
Depois de gran vitoria ante Granada tocaba medirse a un dos mellores equipo da LEB Ouro: Gipuzkoa. A cita en terras vascas saldouse con derrota (73-62) nun partido no que o técnico Gonzalo García de Vitoria lamen-
tabase ao final do mesmo do tiro exterior e da pouca aportación dos homes que saían desde o banco. Ademais, explicou que non puideron adestrar durante toda a semana como a el lle gustaría. As baixas lastraron a un equipo que precisa de moitos adestramentos para medrar. De
Freazo do Envialia 4 O Cidade suma un punto ante o Bilbo. R.T. O Ourense Envialia suma un só punto nos dous últimos encontros logo de empatar ante Móstoles e perder diante do Burela. As albinegras ven freada a súa progresión que as levou nas oito primeiras xornadas a liderar a clasificación de Primeira división xunto a Futsi e Burela. Ata ese momento as de Morenín sumaban todos os encontros por vitorias. Porén, ante o Burela caeron derrotadas e sete días despois non pasaron do empate a dous contra o Móstoles. Agora, as ourensás son terceiras pero a cinco puntos do Futsi que marcha líder en solitario tralo traspés do Burela esta pasada xornada ao empatar na casa fronte o Alcorcón. Este sábado, a partir das cinco da tarde nos Remedios, reciben ao Alcorcón de Vanessa Sotelo. Cidade O Cidade das Burgas perdeu unha oportunidade de ouro de sumar os tres puntos diante dun rival
directo. O empate a un deixa con mal sabor a escadra ourensá logo de dominar durante todo o encontro ao Bilbo. As de Manolo Codeso foron as mellores ocasións. Pero normalmente cando se perdoa se paga e iso foi o que lle ocorreu as franxiverdes, que despois de ver como se esfumaban todas as ocasións que tiña as visitantes lograban empatar o partido a dous minutos do final. Con este resultados seguen na penúltima posición a tres da salvación. Esta fin de semana visitan ao Poio Pescamar. Sala Ourense Na Segunda división B o Sala Ourense caeu no seu exilio de Oira ante o Albense polo resultado de 2-3. Nun partido moi emocionante os de Kike García buscaron o empate ata o final pero non lograron o premio agardado. Esta fin de semana visitan ao Esteo, que conta con tres puntos máis cos ourensás (13 puntos).
Van Wijk, xogador “Estrella Galicia” de outubro.
A Terceira división, según se mire 4 Ourense CF e Barco sorrín mentres que a UD Ourense entra nunha pequena crise. R.T. Con 13 xornadas gastadas na Terceira división de fútbol as cousas andan mellor ou peor según do equipo ao que se anime. Os que poden sorrir a estas alturas de curso son os afeccionados do Ourense CF e do Barco. Os capitalinos son líderes indiscutibles con 32 puntos, un máis co Compostela.
Os de Fran Justo veñen de dobregar ao Pontellas por tres goles a un con goles de Pibe, Castro e Portela. Os albinegros precisaron soamente dos 30 primeiros minutos para deixar o encontro finiquitado. Para esta xornadas visitan ao Choco, sexto clasificado. O Barco é o outro conxunto ourensán que pode sorrir neste momento. Con 28 puntos é terceiro a
Barrios 22 de novembro 2019
todas maneiras, por potencial do rival, poderíase dar este resultado. Agora toca pensar no vindeiro encontro no que se atoparán cun Huesca que leva unha vitoria menos cos ourensáns (catro). Un equipo ao que hai que vencer para seguir loitando polos postos de arriba. O partido dará comezo no Paco Paz este sábado, 23 de novembro, a partir das 19 horas. Para este partido, García de Vitoria seguirá sen poder contar co pívot Víctor Serrano que aínda estará de baixa alomenos tres partidos máis. MVP Kevin Van Wijk foi o elexido como xogador “Estrella Galicia” do mes de outubro. O xogador recibiu o 53% dos votos da afección. O segundo máis valorado foi o pívot Darko Balaban (38%) e o terceiro foi o base Óscar Alvarado (9% dos votos). Este premio darase esta tempada ata o final da mesma. Os seareiros elixirán entre os tres xogadores seleccionados previamente pola prensa ourensá.
cuatro do líder. A súa vitoria contra o Vilalbés (2-1) fixo que leven unha racha de tres vitorias consecutivas e continuen a estela das dúas primeiras prazas e manteñan a un punto ao cuarto clasificado, un Fabril que vai a máis neste tramo de tempada. Os valdeorreses visitan ao Arzúa nesta xornada. O Arenteiro, pola súa banda, anda a xogar na zona perigosa da clasificación. Os 14 puntos no casilleiro dos do Carballiño fan que se atopen dous por enriba do descenso. Pontellas será o próximo rival dos de Espiñedo. UD Ourense E mención especial para a Unión Deportiva Ouren-
11
BTT Redacción Primeira vitoria de Iván Feijoo (Nesta) en categoría absoluta na Copa de España. Feijoo dominaba con claridade a carreira desde a primeira volta abrindo oco e mantendoo ata o final. Un gran triunfo nesta categoría na que o ourensán se está a adaptar a pasos axigantados. Pola súa banda, Carlos Canal (BH Burgos) remataba quinto e terceiro entre os sub23. Por parte do CC Maceda, Saúl López entraba en meta 22º dos elite. En júnior, Brais Fernández remataba undécimo e Marco Nube, 15º. Noela Saa era quinta e Aida González, sétima, entre as júnior. E en cadetes, Hugo González, 28º.
Iván Feijoo.
se. Ao igual que o Arenteiro suma en 13 xornadas 14 puntos. Unha renda moi pequena para un equipo que estaba chamado a non pasar apuros este ano. Os malos resultados destas datas fixeron que houbera unha reunión nas oficinas do club entre a directiva xunto co corpo técnico e capitáns. Un comunicado posterior da entidades deixa clara a confianza que desde o club se ten tanto con xogadores coma co corpo técnico. Para enderezar a dinámica deberán comezar a sumar de tres en tres. A primeira das oportunidades será no vindeiro encontro, no que se enfrontan no Couto ao Somozas a partir das 16.30 horas.
12
Barrios 22 de novembro 2019
DEPORTES
Ximnasia
Natación
Redacción
Redacción
A fin de semana do 15 ao 17 de novembro oito conxuntos pavillonistas dábanse cita no B.E.C. de Bilbao, no prestixioso Torneo de ámbito nacional Euskalgym. As infantís realizaron un excelente exercicio que mellorou moito o realizado no nacional, colocáronse 25ª nunha categoría de case media centena de conxuntos. As alevíns base estiveron tamén moi acertadas executando con moita decisión, foron 13ª entre máis de 40 participantes. As xuvenís remataron no posto 28 e as cadetes, con un exercicio cada vez máis seguro, ocuparon o posto 18 en categorías con maís de 45 participantes. O nivel base o conxunto benxamín que participaba cun conxunto mixto ocuparon o posto 12 da clasificación. En nivel absoluto, as alevíns, pola súa banda, lograron ser sextas a pesares dos erros; as sénior remataron décimo sétimas, e as júnior remataron no posto 31º.
O Club Natación Pabellón Ourense estivo presente en varios campionatos a pasada fin de semana. Eva Feijoo e David González, xunto ao técnico Martín Sabuz acudían ao Campionato de España absoluto. A júnior Feijoo melloraba as súas marcas persoais en todas as probas que disputou; fixo o récord provincial -de 15 anosen 50, 100 e 200 libres. González, pola súa ban-
Rítmica En ritmica masculina Damián Diosdado logrou unha meritoria décima posición tendo en conta que está comezando en competición nacional individual.
Ximnasia Pavillón.
Artai Ximnasios non faltou á cita con Sportur e coa Federación galega de kung fu.
Sportur visibilizou o turismo activo de Galicia
da, chegaba curto de forma a este campionato faltándolle ritmo nas probas de velocidade. Categorías inferiores Tamén se disputaba a Liga galega promesa, alevín e benxamín celebrada en Ourense logrando os nadadores do CNPO as primeiras mínimas da tempada. Liga máster Ata Riveira desprazáronse os máster para disputar a segunda xornada da Liga. última cita antes do galego de inverno a disputar en Lugo.
4 Pasaron polo salón 10.000 persoas. Redacción A terceira edición de Sportur Galicia visibilizou o deporte e o turismo activo en Galicia. Ademais do propio salón o evento contou co I Congreso Ibérico de Turismo Deportivo. Entre os dous eventos lograron que pasaran por Expourense 10.000 visitantes nas máis de 60 actividades celebradas en tres días. As xornadas contaron con infinidades de campionatos e torneos de disciplinas dispares como kickboxing, esgrima antiga, halterofilia, kung fu, taekwondo, atletismo ou mesmo escalada e xadrez. Ademais entregáronse os dorsais da carreira do San Martiño e os premios aos gañadores do “Correndo por Ourense”. Moitos clubs da cidade e provincia tamén estiveron presentes no salón. Destacada foi a presenza da montañista nava-
rra, Susana Ruíz Mostazo, quen impariu unha conferencia sobre “os somos non teñen cima”, ademais da olímpica e seleccionadora bielorrusa de ximnasia rítmica júnior, Nelly Pischelina. Escalada Entre as actividades máis destacadas en Sportur habería que citar o Campionato de Galicia de escala de bloque, que congregou aos mellores escaladores da comunidade.
Quen non faltou á cita foi o club de referencia en Ourense, o Asesou. Os ourensáns lograron dous podios: un segundo posto en categoría absoluta feminina por Lucía Sousa e un terceiro posto absoluto masculino de Alberto Rodríguez. Ademais, foron cuartos en categoría absoluta Blanca García e Alfonso Böck; quintos, Edsley Sousa (absoluta) e Miriam Caíña (sub 16); e sexta Pilu Vázquez (absoluta).
Nadadores do CNPO máster. /CNPO.
Liga de salvamento Redacción
Sportur acolleu o Campionato de Galicia de escalada.
A piscina municipal de Caldas de Reis foi a sede da segunda xornada da liga galega de salvamento e socorrismo en augas pechadas. Disputáronse as probas de 200 metros Supersocorrista, 100 metros remolque de manequín con aletas, 50 metros remolque de manequín, 100 metros socorrista, además de diferen-
tes relevos. Os representantes do club Salvour estiveron a piques de subir ao podio. O relevo 4x50 combinado júnior foi cuarto e o equipo en conxunto rematou na décima posición.
Un integrante do Salvour.
Barrios 22 de novembro 2019
OCIO
25N Redacción O Concello de Ourense conmemora o Día internacional contra as violencias de xénero con varias actividades. Estas terán no día 25, luns, o acto institucional, ás 12 h no salón de plenos do Concello. Ás 20 horas presentarase o libro da socióloga, Silvia Pérez Freire, no centro cívico da rúa Colón. O 28, Guadi Galego ofrecerá un concerto no Principal ás 20h. Para o 2 de decembro a conferencia: “Cómplices. Violencia machista institucional”, ás 20.15 h no Centro Cívico Colón. Exposicións “Superviventes”, en tendas da rúa Colón, ata o 10 de decembro; e ata a mesma data “Mulleres vistas por mulleres”, en tendas do colectivo Comercio Vivo e de Mulleres Empresarias das rúas da Paz, Santo Domingo e Manuel Pereira entre outras.
21ª Semana audiovisual 4 Do 25 ao 29 de novembro. Redacción A Semana Audiovisual do Club Alpino Ourensán terá lugar do 25 ao 29 de novembro. Durante cinco días os propios protagonistas contarán as súas experiencias polo mundo adiante. Todas as conferencias (que estarán acompañadas por mate-
rial audiovisual) terá lugar ás 20.30 horas en distintos emprazamentos da cidade. Programa Así, o luns 25 no Liceo Francisco Javier Valencia “Quico” e Antón Gavela falarán de "Pena Corneira: 65 anos de escalada no corno do Ribeiro"; o martes 26 no Marcos Val-
cárcel, os integrantes do equipo galego de novos alpinistas falarán sobre as actividades desenvolvidas nun ano; O Café Cultural Auriense acolle o mércores 27 a charla "Peaks of the Balkans: 140km a través de Montenegro, Albania e Kosovo; o xoves 28 no Espazo El Cercano Carmela Conde e Kike Soto impartirán: “Tres travesías en kaiak, tres destinos”; e rematará a semana o venres 29 coa conferencia de Alex Txikon: "K2 winter top appeal: O K2 en inverno".
Marco Vázquez, Luz Iglesias e Mar Pallás presentadno a semana audiovisual. /M.REJO.
13
Danza con SóloDOS 4 Todas as actuacións serán no Auditorio Municipal. Redacción Ourense acolle ata o 23 de novembro a 4ª edición de SóloDOS en Danza. Contará coa participación de compañías de 6 países de Europa e América, que presentarán 13 obras de creadores noveis no Auditorio municipal. O pasado día 21 e este venres 22 de novembro pola mañá, máis de 500 nenos e mozos da provincia de Ourense compartirán e poderán dialogar cos creadores sobre as súas obras. Eles outorgarán o Premio Xove a unha das 10 obras semifinalistas do certame de dúos e solos. Eles seleccionarán a súa coreografía gañadora, premio que se entregará o día 23 na final do
SóloDOS foi presentado na Sala Valente. /M.REJO. Certame. Os días 21 e 22 ás 20.30 horas, terán lugar as actuacións das dúas semifinais do Certame. Nestas semifinais se seleccionarán as coreografías que pasarán á final e que actuarán de novo o sábado día 23, as 20.30 horas.
14
Barrios 22 de novembro 2019
4AXENDA Exposicións - Ata o 23 de novembro - Mostra fotográfica “Fragmentos da Natureza” - Sala de Exposicións de Verín - Ata o 8 de decembro De mar a mar. O Camiño de Santiago en 3D. Vía da Prata - Centro Cultural Marcos Valcárcel - Ata o 15 de decembro - Soliloquios - Centro Cultural Marcos Valcárcel - Ata o 15 de decembro - Liña de flotación - Sala Valente de Ourense - Ata finais de ano “Fragmentos de existencia” - Museo Municipal Outos - Do 21 ao 23 de novembro - 4º Festival internacional de danza contemporánea e Certame de creación de dúos e solos Sólodos En Danza - Auditorio de Ourense - 22 e 29 de novembro - IV Ciclo Lírico Ourense 2019 - 20h - Teatro Principal - 22, 25 e 27 de novembro - Xornadas Apego Ourense (charlas, contacontos, obradoiros) - Auditorio de Ourense - 23 e 24 de novembro II Xornadas Micolóxicas ”Rocos, turtullos e cacabinas” - Museo Mercedario de Verín - 7 e 8 de decembro Feira do Nadal e Feira de Outono - Verín Cinema e teatro - Do 30 de novembro ao 8 de decembro - Festival Internacional de curtas Vía XIV de Verín - Verín - 24 de novembro - Teatro: “La Strada” - 19h Teatro Principal Ourense - 30 de novembro -Teatro: “Comedia Aquilana”20 h- Teatro Principal de Ourense Deportes - 24 de novembro - 3ª división fútbol - UD Ourense - Somozas - 16.30 h - O Couto - 23 de novembro - 1ª división fútbol sala - Ourense Envialia - Alcorcón - 17h - Os Remedios - 23 de novembro LEB Ouro baloncesto 19h COB - Huesca - Pazo Paco Paz www.periodicobarrios.com
OCIO E CULTURA
Dous días de Xornadas micolóxicas en Verín
4ARQUIVO VISUAL OURENSÁN
4 A segunda edición está adicada á seguridade na recolección das setas.
Fermosa tradición, hoxe desaparecida, que serviu para concienciar á veciñanza sobre a importancia das superficies arborizadas. Inescusable momento para recuperala. Os espazos naturais agonizan. 19 de marzo de 1924. Na praza maior reunírase unha comitiva encabezada pola banda municipal. Tras ela ía un grupo de nen@s e os seus mestres, aos que sucedían: autoridades, corporación municipal,
Redacción Verín acolle esta fin de semana do 23 e 24 de novembro as II Xornadas Micolóxicas ”Rocos, turtullos e cacabinas”, con sesións teóricas, saída de campo e show cooking especial sobre delicias das setas. Haberá unha exposición micolóxica o domingo, no Museo do Claustro da Mercede, e contará cun apartado especial sobre confusións alimentarias entre tipos de fungos. O sábado ás 10h inauguraranse coas sesións teóricas impartidas polo enxeñeiro e experto en micoloxía Rafael Castro Vaamonde, que estarán seguidas pola saída ao campo. Pola tarde as sesións continuarán coa clasificación no claustro das
especies e exemplares recollidos, e ás 20 horas trasladarase ao restaurante O Regueiro da Cova, onde a recoñecida cociñeira Begoña Vázquez realizará un show cooking sobre delicias micolóxicas. A continuación, haberá unha cea de confraternización. Na xornada do domingo realizarase unha exposi-
4 Trátase dun documental do santiagués Pablo Ces. Dentro das actividades pararelas do FIC Vía XIV de Verín exhibirase na vila do Támega un avance do documental Entroidar, un proxecto que está a dirixir o santiagués Pablo Ces. Entroidar é un documental no que se describen as personaxes que fan posible o Entroido, os lugares nos que se fai e a propia celebración. Tal e como salienta o seu director, este documental “busca tumbar mitos” e céntrase moi especificamente no Entroido de Laza. O Entroido de Laza son os peliqueiros, pero
banda militar e público en xeral. Transitaron estes polas rúas do Instituto, Isabel “la católica” e Paz Novoa e, ao chegar á rúa Vicente Pérez, alcalde e autoridades plantaron no lugar unha árbore, mentres os rapaces cantaban o himno da festa da árbore. As conciencias nútrense de pequenos impactos adquiridos ao longo de toda unha vida. Serás segundo te eduquen, dicían. Non é tarde para aprender! Fernando Valcárcel
Seoane, alcalde de Verín, co cartel das xornadas.
Un avance de “Entroidar” no FIC
Redacción
ción micolóxica, na que se disporá un apartado especial sobre identificación de especies parecidas que poidan entrañar riscos alimentarios. O prezo da asistencia é de 10 euros, e a inscrición poderase facer no Museo do Claustro Mercedario e no mail museodeverin@gmail.com.
A festa da árbore
tamén as formigas, as madamas, os maragatos. “Queremos ver como se transforman as persoas que están detrás das personaxes que se dan no Entroido”, destaca Ces. Ademais de se presentar un avance do documental, haberá un debate sobre o mesmo e unha exposición no hall do Auditorio de Verín que levará por título
“Descubrindo o Entroido de Laza”. Bandas sonoras Outra das actividades paralelas, nesta cuarta edición, será a de analizar a relación entre música e cinema. Baixo a denominación de Cámara e batuta farase un repaso polas bandas sonoras máis célebres. Será o lusn, 2 de decembro, no Auditorio de Verín a partir das 20.30 horas. Impartirá a actividade Edelmiro L. Mateo, responsable da coral polifónica da vila e haberá unha actuación da agrupación instrumental infantil do Conservatorio de Verín, dirixida por Miguel Ángel Guerra.
Fotograma do documental “Entroidar”.
Contorna do pontillón da Burga. Anos 20.
4HUMOR
OCIO E CULTURA / CLASIFICADOS
Barrios 22 de novembro 2019
15
BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda, C. Domarco, Avelino Jácome. Yedra Seara Nº114 - Ano: XII - 22 de novembro de 2019 - Difusión: 7.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.
4ANUNCIOS CLASIFICADOS
4DESDE A PONTE... A MONTERREI
[Deixe o seu anuncio no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]
Viva e ceibe! Agora que as feridas están casi pechadas, e na túa alma renova a esperanza, escribo para ti, nesta fría madrugada. De súpeto, unha mensaxe sonou entre a néboa. Paseniño lin as verbas de agradecemento, e un calofrío atravesoume as entranas, xunto coas bágoas que viñeron aos meus ollos, o tempo que no meu interior escoitaba unha voz tenue que dicía... a vida é marabillosa! Lémbrote de nena, cando tiñas o sorriso de meiga malvada, envolta no misterio dunha faciana fermosa. Esa imaxen nítida dun tempo atrás, está anclada no meu maxín, aquela rapaciña travesa e doce o carón do pai, correteando polo negocio familiar. Coido, que sobran as verbas pra dar conta dun mal sono. Acontece a diario, lonxe de nós, cando ollamos o tren que segue seu rumbo, sen facer sequera parada na estación da comprensión, porque o final do traxecto, os que se apean, case sempre, pertencen ao andén do esquecemento. Mais desta vez, o destino fixo que a traxedia caera preto de nós, e todo aquelo que escoitabamos nas noticias, e que sempre eran historias lonxanas, de súpeto, a sin razón quedouse aquí, golpeando a nosa alma, amosando a cruel realidade do que pode acontecer en calquera fogar, a calquera hora, sen que ninguén poida impedir o peor. O certo é, que a ti, fermosa flor de Monterrei, o demo foi na túa procura, cando aínda non chegara a primaveira. Cicais un anxo divino alumeou dende o ceo, e fixo forza
para que o despiadado xardineiro non tivese folgos pra tronzar nun intre, unha das rosas máis fermosas do meu pobo. Un feixe de silencios inocentes encubren os canallas, e seguro que fan máis dano eses longos silencios que un golpe traicioneiro. Son silencios valentes, dunha nai protectora dos seus fillos, e que sen querer son tamén cobardes, porque axudan a engrandecer o ego dun psicópata incontrolado, reforzando unha falsa sensación de aceptación do acontecido. Atrapada na gaiola do medo, tiñas o teu redor so paredes conxeladas, que te ataban de pés e mans, e coa soedade do pensamento, ías deixando inerte a condición de muller ceibe, anulando a pouquiño as relacións de amizade e familires, porque o demo sabía, que aí, sinxelamente aí, podería estar a túa saída. Nun intre, no medio da tolemia, os valores da persoa, os sentimentos dunha nai, dunha esposa ou dunha compañeira poden desvanecer e perder o seu valor. Entón e cando en outra dimensión aparece unha angustia incontrolable, que non deixa vivir. Mais desta vez, a divina providencia quixo envolverte no seu regazo, e a vida abriu os brazos de par en par, porque esta bendita vida, sabe de mulleres loitadoras, mulleres de Monterrei, as que xamais doblan o xeonllo, e que son tesouros codiciados desta vila, e como xa fixeron as de antes, vós, mulleres de agora, seredes tamén invencibles. Porén, querida amiga, coido que serás bandeira
INMOBILIARIA das mulleres valentes do noso val, mulleres con agallas, e sobre todo das que non puideron escapar das trampas dun cabrón. Mulleres que caeron na derrota da violencia, mulleres como Isabel e Fátima, que toparon as mans sucias e cheas de odio, agochadas na infame actitude de dous cobardes. Despois da tormenta, aparecen a miudo raios de sol que templan os xélidos pensamentos. Unha nova etapa xurde no teu mundo. Sinxelos abrazos e outros bicos serán a sabia que farán que broten de novo os teus pétalos, que non son outros, mais co teu sorriso infinito, porque sei a boa fe, que o “entroideiro” que te mira dende as estrelas, hoxe estará feliz de que a sua rosiña preferida desprenda outra vez, o aroma da vida, do amor e da esperanza. O próximo 25 de novembro celebrase o día internacional contra “as violencias de xénero”, e non podía deixar pasar esta ocasión para lembrarme de ti Eva María, non só pola ledicia que da saber que o manantial de vida que sempre tiveches, así coma esa forza de muller inconmensurable, siga revolucionando os teus soños, e desexar unha vez mais, que as violencias de xénero, deixen de ser definitivamente, a lacra que tanto dano estan a facer nesta sociedade. De corazón para ti e para a túa familia, e con especial agarimo para Paquita. Unha aperta! Miguel A. Prieto “Chitín”
Alugo sala para actividades culturais, con posibilidade de cociña, baño e outros sertvizos. Tel. 988 247 113. Busco casa en alquiler na periferia de Ourense. Opción a compra ou dunha permuta dun piso situado na Valenzá. Tel. 600 826 029. Vendo casa pola estrada de Santiago, con finca. Para restaurar. Tel. 988 247 824. Alugo oficina na rúa Progreso. Exterior. Prezo económico Tel. 988 247 824. Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunitaria Tel. 650 64 15 19. Vendo casa na zona de Rante (a 8 km de Ourense) preto da autovía. 3 dormitorios, terreo, pozo de auga e garaxe. Prezo 49.800€. Tel. 606 422 543 Vendo finca edificable. Zona Rante. Moi económica (11.900€). Tel. 606 422 543 Alugo casa de campo a 5km de Allariz. Todos os servizos. Tel. 657 945 665. Alugo casa de campo a 5km de Allariz. Todos os servizos. Tel. 657 945 665. Véndese o alúgase un piso na estrada de Vigo. Preto do Lidl. Amoblados. Bo prezo. Tel. 988 234 342. Alugo almacén pequeno en soto de garaxes. Para almacén, adega, trasteiro ou garaxe de moto. Rúa Francisco de Moure. Tel. 636 32 95 24. Alúgase apartamento en Montalvo con dúas
habitacións, cociña, salón, baño, barbacoa, aparcadoiro, xardín; fronte á praia. Tel: 607 271 916 Véndese apartamento de 2 habitacións, cociña americana, baño, trasteiro e garaxe. Recén reformado. A 5 min. de praia América. Bo prezo. Tel. 620 66 07 62. Alugo praza de garaxe na zona universitaria. Prezo 55 euros. Tlf.: 636 329 524. Alugo oficina económica de 15 metros cadrados, amoblada, con baños comunitarios por 100 euros máis 7 de comunidade. Tel.: 627 203 131
TRABALLO Danse clases de francés a domicilio. Todos os niveis. Titulación en España e Francia. Tlf.: 625 745 611 Imparto clases particulares de Matemáticas a domicilio en Ourense capital. Todos os niveis. Tamen materias curriculares de ESO e Bacharelato. As clases son individuais e personalizadas. Amplia experiencia. Excelentes resultados. Económico. Interesados enviar mensaxe vía WhatsApp ao 610 38 25 89. Ofrécese xerocultora para axuda a domicilio en Xinzo. Tamén para limpeza de casas e negocios por horas e adaptados ao seu horario. Tel. 686 005 358. Ófrecese señora seria e responsable para tarefas do fogar e coidado de nenos e maiores. Con informes. Preferencia zona Ponte. Tel. 685 374 191. Busco traballo en desbroces con tractor ou condutor de camión e carretillas. Ampla experiencia. Tel. 637 282 405. Busco mozo como asis-
tente persoal con certificado de atención a persoas en situación de dependencia ou con auxiliar de enfermería. Boas condicións laborais. Tel. 679 699 508. Ofrécese señora por horas para tarefas do fogar, coidado de nenos. Atende persoas maiores; tamén de noite en hospital ou domicilio. Telf.: 620 052 173. Coido ou acompaño a maiores enfermos polas noites. Económico. Tel.: 616 361 548.
VENDAS Compro moble de cociña completo. Tel. 988 247 824. Vendo escritorio. Como novo, bo prezo. Tel. 988 247 824. Vendo estufa de frío e calor. Tel. 988 247 824. Vendo remolque tenda comanche compact ano 2012. Como nova. 2.500€. Tel. 620 43 20 60 Vendo porta de cristal e aluminio. Tel. 988 247 824. Vendo hormigonera de 280 litros e maquinillo / grúa (a gasolina). Tel. 988 23 47 91 Vendo maquina de coser industrial (dobre arrastre). Tel. 630 587 527 Véndense polos caseiros (zona Allariz). Tel. 674 317 302 (chamar a partir das 21 horas). Vendo e cambio calendarios de bolsillo para coleccionar; así como barallas de cartas. Tel e whatsapp: 630 67 21 05. Vendo abrigo longo de astracán. Tel: 617 534 375
VARIOS Se alguén atopou unha chave dun Kia (xunto a outra chave pequena e nun chaveiro de mazá) contacten no 679 176 113.
Barrios 22 de novembro 2019