Skip to main content

Barrios 113

Page 1

Veciños da Milagrosa ven perigar o acceso ás súas cocheiras [Páx. 4]

CIDADE

Páx.4

O Concello organiza numerosas actividades para conmemorar o 25N

XINZO DE LIMIA Páx.6 XINZO DE LIMIA Páx.10 DEPORTES Xinzo acolle a I Feira do agro da Limia “Alimagro” do 19 ao 24 de novembro

O Concello aproba a contratación dunha póliza por valor de 1,8 millóns de euros

Páx.12 CULTURA

O Burela frea ao Ourense Envialia e o Cidade non logra puntuar en Murcia

Páx.15

Chega ao Teatro Principal o IV Ciclo Lírico os venres 15, 22 e 29 de novembro

San Martiño por partida dobre [Páx. 13]

[Páx. 2]

A carreira do San Martiño chega á súa 43ª edición este 17 de novembro. // O Concello organizou un magosto popular o día 11 ao que acudiron milleiros de veciños./R.T.

Número: 113 - Ano: XII - 14 de novembro de 2019 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


2

Barrios 14 de novembro 2019

TEMA DA SEMANA

tectou nesta edición como por exemplo, por unha orquestra e reducir as colas para que a xente non agarde tanto tempo.

Fogueira e castañas xa listas para comer no magosto popular celebrado no Parque Barbaña de Ourense. /RAMSÉS.

O magosto ten vida 4 Milleiros de persoas celebraron o patrón local ao redor da castaña, do viño e os chourizos xa sexa nas asociacións, no monte ou no Parque Barbaña. Redacción Cada 11 de novembro repítese a tradición. Acender unha fogueira para quentar primeiro os chourizos e de postre as castañas, abrir unha botella de viño e pasar un día divertido cos teus amigos ou achegados. Esa fogueira púidose acender na túa casa coa túa familia, no monte cos compañeiros,

no local da asociación de veciños do teu barrio ou podes ir ata o Parque Barbaña onde o Concello de Ourense organizou o magosto popular para todos o veciños que quixeron achegarse. A fórmula era ben sinxela. Comprar a entrada por un euro na billeteira que daba dereito a un vaso de viño ou auga, un bolo preñado e un puñadiño de castañas.

Rapaces que limparon Montealegre o día despois do magosto.

Pero o máis importante é o ambiente festivo que se respiraba, con toda a xente vivindo esta tradicional festa. Uns gaiteiros sempre axudan a crear ambiente, como non. Desta vez, aproveitando unha celebración multitudinaria o Concello e Ecovidrio quixeron pór en valor a reciclaxe e, así, se entregabas algúns envases de vidro regalábanche

unha pequena árbore, que non podía ser outra que un castiñeiro. Festa e aprendizaxe xuntos. Este ano os magostos tiveron presenza na praza Maior todos os días ás 20 horas con concertos de música folk, o venres Brañas Folk, o sábado Susasa Seivane e o domingo Os de Abaixo. Tamén na Alameda recreouse a vida dentro dun castro dos celtas para os máis cativos. O alcalde, Gonzalo Jacome, pasou o luns á tarde polo Parque Barbaña para ver como se desenrolaba o acto e xa tomou nota para corrixir erros que de-

No Parque Barbaña servíronse 2000 racións que contiñan bebida, castañas e un bolo preñado

Eco-Magosto 300 escolares dos centros educativos de Salesianos e de Maristas visitaron a mañá despois dos magostos, o día 12, os arredores do Montealegre coa fin de limpar os restos dos efectos da celebración da festa da castaña. Esta actividade, enmarcada no Eco-Magosto da Concellería de Medio Ambiente, tiña a dobre finalidade de recoller o lixo no monte e servir como clase de educación ambiental. “Os nenos son o futuro da cidade”, aseguraba Jorge Pumar, responsable da área de Medio Ambiente, “estou seguro de que nos vindeiros anos haberá xeracións de ourensáns máis respectuosos coa súa contorna”, dixo. Ademais do traballo de limpeza, no que avaliaron a situación na procura de

solucións, os escolares aprenderon durante esta xornada nocións de reciclaxe -separar correctamente vidro, papel e outros residuos-, como plantar árbores e o funcionamento da xeotermia. A actividade recibiu o recoñecemento do programa Ecólatras, unha iniciativa nacional de fomento para a reciclaxe de residuos, e en particular do vidro, que fomenta accións comunitarias de reciclaxe. A campaña do Eco-Magosto contou coa axuda de Ecovidrio -que cifra en 500 os quilos de vidro reciclados durante o magosto popular do pasado luns no parque do Barbaña-; da iniciativa “Separa con xeito” da Xunta de Galicia e Ecoembes; de “Cada lata conta”, programa de educación ambiental financiado pola Unión Europea; e co apoio de Ecourense para os procesos de recollida selectiva. Nos obradoiros do Montealegre con escolares participou tamén Sustinea, entidade ambiental colaboradora da acción.

Unha rapaza atende as explicacións que lle dan sobre a vida nos castros nas carpas situadas na Alameda . /R.T..


TEMA DA SEMANA

Barrios 14 de novembro 2019

3

Sportur acolle o I Congreso Ibérico de Turismo Deportivo

4 A Secretaría Xeral para o Deporte organizao conxuntamente coa Deputación de Ourense, Expourense e a Axencia de Turismo de Galicia. Redacción Durante esta semana Ourense será o epicentro do deporte en Galicia. A cidade das Burgas acolle tres citas nas que unhas están collendo unha importancia capital e outra xa é todo un referente na actividade deportiva amateur na nosa comunidade. O domingo, 17 de novembro, celébrase a 43ª edición da carreira popular do San Martiño. Previa a esta cita, ineludible para milleiros de persoas, e como antesala terá lugar o 3ª Salón do Deporte e Turismo Activo (Sportur) e o 1º Congreso Ibérico de Turismo Deportivo. O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, foi un dos encargados da presentación en Expourense do I Congreso Ibérico de Turismo Deportivo no marco do Salón do Deporte e do Turismo Activo ‘Sportur Galicia’, xunto co presidente da Deputación, José Manuel Baltar; a concelleira de Turismo e Termalismo, Flora Moure; a directora de Expourense, Emma González; e a delegada territorial da Xunta na provincia, Marisol Díaz. Para Lete Lasa este congreso xorde como “a mellor idea para complementar a feira cun amplísimo programa de actividades e unha lista de relatorios impartidos polos mellores profesionais do sector”. O Congreso nace, segundo o secretario xeral para “coñecer casos de éxito de destinos e modelos españois e internacionais que poden ser adaptados e reproducidos por outras entidades”. Ademais aportou un dato como o de que o deporte achega un 2,5% ao PIB nacional ou que en España existen máis de 34.000 empresas asociadas ao

sector que dan emprego a máis de 200.000 persoas. Datos Asemade salientou que España pechou 2018 con 83 millóns de turistas internacionais, cun 12% deles chamados por motivos deportivos. “Debemos aproveitar esta situación para convertela nunha fortaleza de país, tanto en España como en Galicia”, dixo. “Canto máis promocionemos as nosas experiencias deportivas como reclamo, máis hábitos saudables estaremos a fomentar nos nosos cidadáns e contribuiremos á consolidación desa sociedade activa e saudable que tanto anhelamos desde o noso Plan Galicia Saudable”, engadiu. Tamén recordou que Galicia conta con grandes activos para a práctica deportiva como poden ser “as nosas montañas, os nosos ríos, os nosos mares, as experiencias de turismo BTT, as competicións de golf, o Pantín Classic, o sendeirismo, os deportes acuáticos, as carreiras populares e sobre todo o Camiño de Santiago”. Sobre o turismo deportivo, o mandatario galego destacou, por unha banda, que “a actividade física é o principal motor do noso benestar” e, por outra, que “o turismo é un dos principais baluartes dos nosos sistema financeiro”. Neste sentido falou da Estratexia de Turismo 2020 da Xunta. No tocante á actividade que acolle este Congreso (a terceira edición de ‘Sportur Galicia’) recordou que nas dúas edicións anteriores había expositores e entidades de Galicia, resto de España, Portugal e mesmo Arxentina, centos de actividades e unha media de máis de 10.000

Emma González,. directora de Expourense; Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense; José Ramón Lete Lasa, secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia; e Flora Moure, concelleira de Turismo e Termalismo do Concello de Ourense na presentación do congreso de turismo deportivo. /M. REJO.

visitantes cada ano. I Congreso Ibérico O I Congreso Ibérico de Turismo Deportivo celebrarase en Expourense os días 14 e 15 de novembro. Trátase dun evento dirixido aos profesionais do sector como poden ser as federacións deportivas; Pemes e autónomos do sector do deporte e o turismo; Axencias de viaxes; Clubs e empresas do deporte; Alumnado e profesorado de ensinos deportivos ou turísticos e Administracións públicas con competencia en deporte ou en turismo. O programa deste congreso dividirase en cinco eixos: políticas públicas, turismo activo e náutico, eventos deportivos, desenvolvemento de destinos e simbiose deporte-turismo. Contará coa participación de 20 relatores de

España e Portugal que son expertos en turismo deportivo, un dos subsistemas turísticos con maior crecemento interanual. Darán a coñecer casos de éxito de destinos e modelos españois e internacionais que poden ser adaptados e reproducidos por outras entidades e que poden resultar inspiradores para o desenvolvemento económico sustentable de destinos turísticos en todo o mundo. Analizaranse ademais as sinerxias existentes entre os sistemas deportivo e turístico, das que xurdirán oportunidades e ideas para as entidades e persoas que conforman ambos os sistemas. A inscrición para participar no 1º Congreso Ibérico de Turismo Deportivo é gratuíta e debe de facerse a través da web www.congresoturismodeportivo.com.

O congreso contará coa participación de 20 relatores de España e Portugal que son expertos en turismo deportivo, un dos subsistemas turísticos con maior crecemento interanual

4 III Sportur Galicia Redacción O I Congreso Ibérico de Turismo Deportivo está englobado dentro da terceira edición do Salón “Sportur Galicia”, ademais de ser o punto onde os inscritos para a 43ª Carreira popular do San Martiño deberán recoller os seus dorsais. Contribuír á desestacionalización do turismo achegando visitantes de proximidade a Galicia a través do deporte. Este é un dos obxectivos da terceira edición de Sportur Galicia, Salón do Deporte e Turismo Activo que se celebrará en Expourense os días 15 e 16 de novembro e que tamén servirá para visibilizar o traballo realizado durante todo o ano por parte das federacións e clubes deportivos da comunidade. Este ano estará colocada a pista de atletismo hidrúalica coa que conta o recinto feiral e que permitirá realizar probas depor-

tivas como as englobadas no “Xogando Atletismo”, para darlle deste xeito, visibilidade a unha das insfraestruturas máis potentes no ambito deportivo coas que conta Galicia. Sportur Galicia 2019 convoca a un cento de participantes, e a 4 países representados, entre os que destacan as federacións e clubes deportivos de Galicia e destinos de turismo activo e vencellados coa natureza que comparten espazo con empresas especializadas na organización integral de actividades deportivas entre outros. Entre os expositores procedentes de Portugal destaca a presenza dos parceiros de Turismo Porto e Norte que animou ás cámaras municipais a presentarse como destino activo de proximidade. Dentro desta rexión tamén haberá outros destinos que participan de xeito independente.


4

Barrios 14 de novembro 2019

CIDADE

ñen claro que esta manobra por parte do dono é para que se lle expropie, porén "os perxudicados somos nós" afirman. As queixas van máis aló ao asegurar que desde o goberno municipal "non dan unha resposta nin ao promotor nin a nós".

Os donos das cocheiras na parcela que pretenden pechar. /RAMSÉS.

Indignación na Milagrosa 4 Veciños das cocheiras de Roi Paez quedaranse sen poder aparcar os seus vehículos se non se soluciona a situación entre Concello e un promotor. R.T. "Da noite a mañá que apareza un cartel dicindo que van pechar imaxínate como podemos estar todos os donos dos garaxes". Así, se expresaba Lourdes Álvarez Fernández, unha das afectadas polo peche da parcela que dá acceso ás cocheiras situadas trala rúa Roi Páez da Milagrosa. Xunto a Lourdes, Javier Da Silva Álvarez, Pablo Dorrego Bravo e Ángel Diz Barrio, son unha representación dos donos das 13 cocheiras que contemplan entre o temor e a indignación como se

poden quedar sen acceso ao lugar onde gardan os seus vehículos desde fai décadas. "Eu levo desde 1988 cun garaxe pagando a entrada de carruaxes, ademais da contribución", recordaba Lourdes. Enganados A indignación destes veciños xurde cando aseguran que desde o Concello nunca lle dixeron que a zona era privada, e recordaban que o anterior concelleiro de Infraestruturas, Pepe Araújo, "en ningún momento nos dixo que isto era propiedade privada", incluso aceptaban as

demandas de adecentar o recinto, "solicitamos que botaran grava e a botaron; que limparan e limparon", aseguran. Xa tiveron a visita de representantes do PSOE e do BNG; a do grupo do goberno esta mesma semana. A concelleira de Urbanismo contactou con eles para reunirse este venres. Ademais, puxéronse en contacto co dono da parcela, que é un promotor, Bautista Rodríguez, o cal lles asegurou que había presentado un escrito no Concello en abril do ano pasado. Os veciños o te-

Petición Agora piden non continuar nesta incertidume do que vai pasar e agardan que se arranxe a situáción da que consideran que "o único culpable é o Concello" ao que acusan de non reunirse con eles e de non dar resposta ao promotor. Cren que a mellor maneira de solucionar o problema é "expropiando ao dono da parcela" e "facilitando o paso para poder aparcar nas nosas cocheiras". O tempo pasa e o promotor, de non ter resposta do Concello pechará a entrada e terán que aparcar fóra os seus vehículos. "En canto de que non haxa solución iremos por vía avogado e miraremos que facemos. Algún dereito teremos" rematan estes veciños indignados.

A concelleira de Urbanismo contactou con eles para ter unha reunión este venres

Actividades polo 25N 4 Música, teatro e obradoiros, entre as propostas. Redacción O Concello de Ourense organiza varias actividades para conmemorar o 25 de novembro, Día internacional contra as violencias de xénero. Programa As actividades comezarán o xoves, 20, con teatro: Anatomía dunha serea da compañía Chévere e protagonizada por Iria Pinheiro. Será ás 20 h no Teatro Principal. A entrada é de balde e as invitacións poderanse recoller unha hora antes no despacho de billetes. Ese mesmo día, "Nós contra a violencia", de 19 a 20 horas na Concellaría de Igualdade. "Voces violetas". Obradoiro dirixido a membros das ANPA, de 9 a 21 h na mesma concellaría; "Danza contemporánea para a igualdade". Obradoiro que participa alumnado de 1º de bacharelato do IES O Couto no propio instituto. O 25 de novembro terá lugar o acto institucional, ás 12 horas no salón de plenos do Concello. Ás 20 horas presentarase o libro da socióloga exper-

Presentación do programa de actividades. ta en xénero, Silvia Pérez Freire, no centro cívico da rúa Colón. O día 28, Guadi Galego ofrecerá un concerto no Teatro Principal ás 20h. Para o 2 de decembro a conferencia: "Cómplices. Violencia machista institucional", ás 20.15 h no Centro Cívico Colón. Exposicións "Superviventes", nas tendas da rúa Colón, do 22 de novembro ao 10 de decembro; e "Mulleres vistas por mulleres", nas tendas do colectivo Comercio Vivo e de Mulleres Empresarias das rúas da Paz, Santo Domingo e Manuel Pereira entre outras, do día 25 novembro ao 10 de decembro.


ECONOMÍA

Galicia quere estar á vangarda apostando polas Unidades Mixtas de Investigación 4 Búscase a cooperación entre os organismos de investigación e o tecido empresarial. Redacción Atopámonos nun momento no que a esixencia laboral e loxística aumenta a diario, polo que resulta vital avogar pola innovación, o desenvolvemento tecnolóxico e a formación, como motores non só dunha adaptación ao presente, senón como un método de protexer o futuro. Para iso, desde a Xunta de Galicia faise unha forte aposta polo programa das Unidades Mixtas de Investigación. Devanditas unidades enmárcanse dentro da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3). As axudas da Xunta, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), cifradas en 34 millóns de euros, permitiron crear, desde a súa posta en marcha, 39 alianzas entre centros de coñecemento e empresas. Isto supuxo mobilizar preto de 115 millóns e consolidar ata 580 empregos. Estas unidades, de fórmula híbrida, consensúa o traballo común da iniciativa privada e dos servizos públicos, contribuíndo a un desenvolvemento conxunto centrado na mellora dun eido central. Compañías Desde que comezara esta iniciativa, aló por 2014, ata 28 empresas líderes dos seus respectivos sectores, contribuíron co seu traballo a enriquecer os proxec-

As Unidades Mixtas de Investigación buscan a cooperación entre os organismos de investigación de Galicia e o tecido empresarial

O programa das Unidades Mixtas de Investigación enmárcanse na Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3). tos das diversas Unidades Mixtas. Entre elas, compañías como Navantia, Finsa, Roche Farma, Esteve, GKN, Borgwarner, Repsol, Telefónica ou Grupo Copo, que, xunto a 13 organismos de investigación galegos, dedicaron os seus recursos materiais e loxísticos para garantir unha competitividade maior do ecosistema galego de innovación. A diversificación lograda permite a atracción permanente de capital privado cara á I+D+i galega, potenciando os eixos da resolución tecnolóxica, do

crecemento continuo e da necesidade da investigación como piar do desenvolvemento. Ademais, as Unidades Mixtas abren novas vías para a cooperación entre os organismos de investigación e o tecido empresarial. Buscan sinerxias para lograr solucións beneficiosas

a través da coordinación de programas de innovación. Deste xeito, blíndase a competitividade das empresas galegas, xa que melloran o rendemento das súas ofertas; foméntase a I+D+i; créase emprego cualificado; e, finalmente, impúlsanse as capacidades dos organismos de inves-

As UMI desenvolven para desenvolver de forma conxunta actividades de investigación, innovación e desenvolvemento aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades

Barrios 14 de novembro 2019

tigación da Comunidade, potenciando o talento dos profesionais de Galicia. Proxectos O programa de Unidades Mixtas de Investigación continúa coa colaboración da Xunta de Galicia, cunha quinta edición. Segundo as estimacións, permitirá mobilizar 20 millóns de euros entre investimento público e privado en 9 centros de innovación nos que colaborarán empresas e organismos de coñecemento. Estes nove proxectos (dos cales cinco son de nova creación e catro servirán para consolidar iniciativas xa existentes) dedican o seu esforzo a sectores estratéxicos da economía galega, como son a automoción, o naval, o aeronáutico, o biotecnolóxico ou o forestal, creando ou mantendo 133 postos de alta cualificación. Dentro dos proxectos de nova creación (co-financiadas no marco do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020), está o proxecto Nautilus, no que colaborarán Navantia e Aimen, na procura de novos materiais e sistemas automatizados para a fabricación avanzada, con aplicación en buques militares. Tamén contamos co caso específico de Everis e o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG), centrados en investigar posibles melloras ao tráfico aéreo, que desenvolverán servizo converxentes co novo paradigma de xestión UTM/ USpace. En canto ao sector forestal, a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a empresa Finsa

O Instituto Tecnolóxico de Galicia colabora nas UMI con Everis para investigar melloras no tráfico aereo.

5

buscarán un proxecto de economía circular da madeira cara unha construción baixo-enerxética na UMI Eixo. No tocante ao Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) e o Grupo Antolín Enxeñería darán conta da súa colaboración coa iniciativa E-Space, que busca renovar os interiores dos vehículos ante os futuros retos da mobilidade, investigando novos conceptos mediante a electrónica que integren solucións innovadoras. E a quinta das Unidades Mixtas de nova creación nesta edición será a que une o traballo de Aimen con ArcelorMittal, desenvolvendo tecnoloxías facilitadoras para a fabricación de produtos de aceiro, incorporando novos materiais e tecnoloxías de fabricación que combinen a flexibilidade e a axilidade. No referido as catro iniciativas que buscan a consolidación atópanse os casos de Cetaqua con Viaqua sobre a xestión integral das augas galegas (na procura de novas solucións tecnolóxicas innovadoras para producir e recuperar subprodutos de alto valor engadido a partir de correntes residuais procedentes do sector agroalimentario galego e do propio ciclo da auga). Outro proxecto é o da Universidade de Coruña con Navantia para, co apoio da Xunta, avanzar o estaleiro do futuro, apostando por un estaleiro 4.0 que transforme o modelo. O CTAG traballa na optimización do proceso produtivo e loxístico de Viza, buscando mecanismos de dixitalización de procesos dentro da liña de fabricación 4.0. Finalmente, cabe salientar o traballo da Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (FIDIS) con Roche Farma na mellora do ámbito sanitario, obtendo solucións innovadoras no campo da oncoloxía de precisión.

Nesta quinta edición creanse cinco novas unidades e consolídanse outras catro


6

Barrios 14 de novembro 2019

XINZO E COMARCA

EN BREVE

Os pagos de expropiación, en decembro

4 Estación A Xunta de Galicia vén de comezar as obras de conservación e mellora na estación de autobuses de Xinzo de Limia. A intervención ten un investimento de case 23.000 euros e conta cun prazo de execución dun mes aproximadamente. Os traballos centraranse no saneamento de humidades nas instalacións, na reparación da marquesiña da terminal e no acondicionamento da marquesiña da áreas de taxis. Tamén se instalarán un rótulo de sinalización de estación de autobuses e unha pantalla informativa.

4 Curso Do 15 ao 23 de novembro impartirase na Casa da Cultura de Xinzo de Limia un curso presencial de extensión profesional sobre o “Abordaxe profesional da violencia machista”. O curso constará de 25 horas equivalentes a un crédito no que terán lugar diversas sesións destinadas a titulados e estudantes de Dereito, Criminoloxía, Psicoloxía, Traballo Social, Educación Social, Enfermaría, Mediciña, Pedagoxía, Forzas de Seguridade e interesados en xeral.

4 Transporte Os novos contratos de transporte de autobús da Xunta permitirán adecuar os horarios das rutas dos alumnos dos institutos de Xinzo de Limia. Deste xeito os alumnos dos IES Cidade de Antioquía e o IES Lagoa de Antela ven corrixidos os desaxustes actuais nas expedicións de volta dos servizos de mediodía dos luns, que neste momento chegan ao centro escolar con bastante antelación ao inicio das clases da tarde.

4 Reunión O Concello de Xinzo reclama para o Centro de Saúde de Xinzo tanto dotación de persoal, material e melloras en infraestruturas. Para elo, a alcaldesa reuniuse co Xerente do Eoxi Felix Rubial.

4 Para a ampliación do parque empresarial de Xinzo. Redacción

A alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama, xunto co concelleiro de Medio Rural, Amador Díaz, e o de Promoción Económica, Manuel Pérez, na presentación de Alimagro.

Xinzo acolle a I Feira do agro da Limia “Alimagro” 4 Trátase de dúas feiras que terán lugar do 19 ao 24 de novembro. Redacción O Concello de Xinzo de Limia quere recuperar actividades sobre o agro da comarca. Para elo, organiza a I Feira do agro da Limia, Alimagro, que terá lugar do 19 ao 24 de novembros. Durante estes días celebraranse dúas feiras monográficas: por unha banda, a da pataca do 19 ao 22 de novembro; e pola outra, a de maquinaría agrícola, do 21 a 24. Deste xeito, o goberno cumpre cunha das promesas relizada en campaña electoral, que é a de "situar a Xinzo no mapa da excelencia agrícola", como avanzaba a alcaldesa da localidade, Elvira Lama. A propia rexedora recordaba na presentación que desde 2008 non se celebraba unha feira destas características, e que agora pretenden apostar pola agricultura da comarca como "piar económico fundamental". A intención é que sendas feiras se convertan en referente e teñan continuidade no tempo, sexa

de xeito bianual, anual ou mesmo cada unha nun ano distinto, cuestión que se valorará unha vez rematada a primeira edición. Para elo, agardan que as dúas feiras sexan un éxito e logren atraer a un gran número de visitantes. Feira da Pataca Na praza Carlos Casares será o lugar onde se instalen os stands desta feira da pataca que estará aberta durante catro días. Polas mañás realizaranse xornadas na casa da Cultura sobre inquedanzas do sector como poden ser: rego por goteo, marketing e formación, novas enfermidades, a polilla do sur ou mesmo almacenamento e conservación da pataca. Durante a feira tamén haberá, como non podía ser doutro xeito, degustacións; e polas tardes, A escola rural de saúde ensinará as características ali-

O Xerente de Xestur Sur, Argimiro Marnotes, reuniuse coa alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama, e o concelleiro de Facenda, Manuel Pérez, para tratar o tema das expropiacións dos terreos para a ampliación do parque empresarial. Marnotes asegurou, a falta de comunicación oficial escrita, que os cartos para o pago das expropiacións xa está consignado e que se non hai ningún problema citarase aos propietarios para facer efectivo os pagos entre o

día 10 e 12 de decembro en horario de 09:30 a 12:00 nas oficinas do Concello. Para aqueles que os terreos cuxos titulares xa non poidan recibir os pagos, estes quedarán en deposito en Facenda ata que os herdeiros poidan demostrar a súa herdanza. A partir dese momento e a expensas dos últimos retoques no proxecto farase a licitación das obras e a execución das mesmas para poder poñer a disposición de empresarios os terreos, cuestión que Elvira Lama espera que sexa o antes posible.

mentarias da pataca. Maquinaria A outra feira, a da maquinaria, ubicarase na chaira do Toural do 21 ao 24 de novembro. Nela o que se pretende é facer un recoñecemento ao tractor, como máquina destacada e moi vinculada a actividade da zona. Concurso Paralelo a este evento, o Concello organiza, coa colaboración de establecementos de hostalaría, un concurso de pinchos. Será durante dúas semanas -a da propia feira e a seguinte-. Os locais elaborarán un pincho que terá como ingrediente básico, a pataca. Ademais haberá premio para os tres mellores pinchos e sortearase entre os participantes unha estadía nun balneario. Os prezos dos pinchos serán asequibles.

Paralelamente á feira celebrarase -durante dúas semanas- un concurso de pinchos en locais de hostalaría onde o ingrediente básico será a pataca. Os mellores terán premio.

Marnotes, Lama e Pérez na reunión.

Regantes Redacción O director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, presidiu en Ourense unha nova reunión

do Comité de seguimento dos regadíos da Limia. A xuntanza serviu para avanzar na modernización dos regadíos e nela acordouse tamén trasladar á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil a necesidade de traballar conxuntamente para procurar unha tramitación máis áxil de todo este proceso.

Reunión do Comité de seguimento dos regadíos.


PROVINCIA

Os centros de saúde, preparados para atender a epidemia da gripe 4 Galicia foi a primeira comunidade en ofertar unha vacina teatravalente para persoas de 15 a 64 anos con factores de risco. A periodo de vacinación chega ao 27 de decembro. Redacción Centros de saúde e hospitais xa están preparados para atender a epidemia da gripe. De feito, Galicia foi a primeira comunidade autónoma en por a disposición da cidadanía a vacina tetravalente celular para persoas de 15 a 64 anos con factores de risco, cumprindo así cos obxectivos marcados no Plan Galego de Atención Primaria 2019-2021, aprobado en maio pasado. A campaña, que deu comezo o 14 de outubro, prolongarase durante 11 semanas -unha máis que o ano pasado- ata o vindeiro 27 de decembro. En toda Galicia son ao redor de 900 puntos de vacinación sendo só na provincia de Ourense 190. O lema deste ano da campaña é: A gripe vai chegar... vacínate! Na presentación da campaña antigripa, o director xeral de Saúde Pública, Andrés Paz-Ares Rodríguez, subliñou que o departamento sanitario ofrece á poboación galega as mellores vacinas dispoñibles no mercado, con

Para vacinarse soamente hai que pedir cita no teu centro de saúde. maiores expectativas de eficacia e de protección fronte ao virus da gripe. En total, Sanidade adquiriu 615.000 doses de vacinas antigripais (7.000 máis que en 2018), e destinou un orzamento de 3.466.632 euros, 1.283.412 máis que no ano 2018, o que supón un incremento de preto do 59%. Este ano adminístranse, por unha banda, vacinas antigripais tetravalentes á poboación en risco entre os 6 meses e os 64 anos,

Os galegos con factores de risco xa se poden vaciñar.

e doutra banda, utilizarase a vacina trivalente adxuvada, con maior poder inmunoxénico e unha resposta inmune máis potente. Isto leva a que nesta campaña de 2019 empréganse tres tipos de vacinas: a vacina tetravalente de cultivo en ovo, que pode ser utilizada na poboación infantil, con patoloxía de base, de 6 meses de idade ata os 14 anos; a vacina tetravalente de cultivo celular, que se empregará por primeira vez para as persoas con factores de risco de 15 a 64 anos, e tamén está indicada para embarazadas; e a vacina trivalente adxuvada, para todas as persoas de 65 anos ou máis, ingresados en residencias ou non, e que se corresponde co grupo de persoas con maior risco de complicacións. Esta ampliación de idade nesta última vacina significa un incremento do 72% de doses con respecto ao ano pasado. Todos os centros disporán dos tres tipos de vacinas. Poboación diana Outras das novidades salientables da campaña 2019, en canto á poboa-

ción diana, é a inclusión como grupo de risco aos nenos de entre 6 meses e 2 anos de idade que naceran prematuros (con menos de 32 semanas de xestación) e a incorporación explícita das persoas con trastornos da coagulación. Sanidade mantén a indicación prioritaria desta vacinación no persoal sanitario do Sergas, por segundo ano consecutivo e tras a boa aceptación que tivo esta iniciativa en 2018, puidéndose vacinar unha semana antes do comezo da campaña xeral. Como novidade, o departamento sanitario amplía esta oferta aos profesionais dos centros hospitalarios privados. A vacinación ofértase gratuitamente para as persoas de 60 anos ou máis anos, residente en institucións pechadas, mulleres embarazadas, nenos e adolescentes con tratamentos prolongados de ácido acetilsalicílico (AAS), nenos de 6 meses a 2 anos de idade que naceran prematuros e tamén para aquelas persoas entre 6 meses e 59 anos con factores de risco que os predispoñan a padecer complicacións derivadas da gripe. Ademais, ofértase a persoas que lle poden transmitir a gripe a outras con alto risco de complicacións (entre os que se atopan os traballadores sanitarios) e para persoas que desenvolven servizos esenciais para a comunidade. A vacina antigripal non só evita casos senón que

Este ano entran como poboación diana os nenos de entre 6 meses e dous anos que naceran prematuros

Barrios 14 de novembro 2019

diminúe a frecuencia de complicacións derivadas desta a enfermidade e o risco de hospitalización e morte relacionada coa gripe. Obxectivos Os obxectivos específicos son acadar unha cobertura na poboación de 60 a 64 igual ou superior ao 35%; conseguir unha cobertura na poboación de 65 anos ou máis anos igual ou superior ao 65%, acadar unha cobertura igual ou superior ao 50% (10 puntos máis que en 2018) nos traballadores sanitarios do Sergas e igual ou superior ao 55% (15 puntos máis que na pasada campaña) nas mulleres embarazadas. Loxística Como en anos anteriores, a Consellería de Sanidade terá activa unha web temática da gripe como principal portal de información para a sociedade e os profesionais, na que se actualizada toda a información técnica e os datos de evolución da campaña. Os profesionais sanitarios

7

(médicos e persoal de enfermería) contarán con informes mensuais sobre a cobertura de vacinación antigripal por cupo, que lles permitirá dispoñer de información personalizada. A partir da cuarta semana da campaña (11 de novembro), tamén se desenvolverá o programa de promoción da vacinación antigripal mediante chamada activa ou SMS. Os profesionais de enfermería chamarán á poboación entre 65 e 74 anos que non teña posta a vacinaou tamén se avisará por SMS ás persoas maiores de 65 anos, que o SERGAS teña o seu telefono rexistrado. Tamén se establecerán axendas de citación especial para vacinación e realizarase a vacinación aos enfermos crónicos nas visitas a domicilio.

En toda Galicia son ao redor de 900 puntos de vacinación sendo só na provincia de Ourense 190

Cartel da campaña contra a gripe.

4 Datos de Ourense Ourense continúa a ser a provincia cos niveis máis altos de cobertura. En 2018 acadouse unha porcentaxe do 62,54% nas persoas de 65 ou máis anos, preto de 4 puntos por riba da media galega e mellorando os resultados con respecto á

campaña de 2017. Na pasada campaña, na provincia ourensá notificáronse 4.346 casos de gripe, dos que 174 foron ingresados (o 48% deles non estaban vacinados) e rexistraronse como consecuencia dela 14 falecementos.


8

Barrios 14 de novembro 2019

PROVINCIA

A Secretaría Xeral da Igualdade e a Secretaría Xeral para o Deporte colaboran en varias campañas de sensibilización no ámbito deportivo.

Sen ningunha dúbida: NON á violencia de xénero

4 A Xunta de Galicia desenvolve o Pacto de Estado e puxo en marcha a campaña Agresión OFF, Eu digo non á violencia sexual. Redacción Galicia segue avanzando na loita contra a violencia machista. Por iso, a Xunta de Galicia uniuse ao Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, que vén sendo un instrumento vital, xa que nace dun consenso político que busca implicar a todas as institucións e sociedade no seu conxunto. O compromiso co cumprimento do pacto é total para que se execute o mesmo na nosa comunidade. Entre as actuacións prevese un amplo abano de medidas específicas para diversos ámbitos como poden ser o medio rural, a educación e a sanidade, entre outros, e que supoñen unha actuación integral desde a prevención e sensibilización, ata a atención directa ás vítimas, ás que se lle aporta axudas ou

mesmo asistencia psicolóxica. Agresión OFF A Xunta de Galicia creou a campaña Agresión

OFF, Eu digo non á violencia sexual para levar a cabo en festivais musicais coa intención de sensibilizar e evitar agresións sexuais contra as mulleres

Un stando de Agresión OFF nun festival na xeografía galega.

e loitar contra o acoso neste tipo de eventos. A meta principal da campaña é que as mulleres se sintan seguras nestes grandes eventos, e ao mesmo tem-

po incidir na concienciación da sociedade sobre a violencia sexual. Decálogo Para iso, colócanse casetas nos distintos festivais para distribuír material informativo como o Décalogo contra a violencia sexual: dez cousas que tes que saber. Este decálogo tamén figura na App de Agresión Off posta en marcha en agosto do ano pasado. O decálogo recolle as seguintes indicacións: - As agresións sexuais son un delito recollido no Código Penal. - Nada xustifica unha

agresión: nin a forma de vestir, nin a exhibición do corpo. Tes dereito a divertirte sen ser importunado/a ou agredido/a. - Tes dereito a pasalo ben e gozar en liberdade e con seguridade. A rúa, a noite e as festas tamén son das mulleres. - Sen consentimento non é unha relación, é unha agresión. - O consentimento non é ilimitado e existe o dereito de repensalo e a non seguir. NON É NON! - Baixo a influencia do alcol e doutras sustancias segue existindo o dereito a dicir non e se non hai un si é un non, sen que haxa

O Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero nace dun consenso político que busca implicar a todas as institucións e sociedade no seu conxunto


PROVINCIA

outra interpretación. - Insistir cando che rexeitan é acosar. Non te poñas pesado/a. - Se necesitas axuda fronte a unha agresión chama ao 112 Emerxencias. - Se presenzas unha agresión sexista non a permitas, chama e denuncia. - Lembra que se sofres unha agresión sexual, sexa nas circunstancias que sexa non te sintas culpable porque a responsabilidade é sempre de quen agride. App Ademais do decálogo a App contén consellos prácticos de como actuar ou a quen acudir ante posibles situacións de riscos e un directorio de lugares onde pedir axuda, así como teléfonos de información. Esta campaña tamén recolle a proxección de vídeos nos escenarios, ademais de persoas dando información e formación de como actuar ou a que acudir en caso de agresións. A iniciativa acompáñase de talleres formativos a voluntarios que colaboran na seguridade dos festivais de verán. O ano pasado o impacto directo foi a 4.000 persoas (700 por evento). Este ano, a Vicepresidencia da Xunta (a través da Secretaría Xeral da Igualdade) firmou convenios con outras consellerías dentro do marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. O acordo con Cultura (775.000 euros) valeu para realizar campañas en bibliotecas, ampliándose este ano a festas de

Barrios 14 de novembro 2019

9

4 Actuacións no deporte

Grupo de mozos interesándose polo stand de Agresión OFF. interese turístico galego, nacional e internacional, así como en 12 festiviais do FestGalicia, e 25 concellos inscritos á Rede de entidades locais contra a violencia de xénero. Vítimas de abuso ou violencia sexual, familiares ou persoas próximas recibirán recursos terapéuticos por parte de profesionais especializados para lograr a súa recuperación integral. O programa, co que colabora a Fundación Meniños ten unha achega de 50.000 euros. Máis acordos A Xunta de Galicia contempla outros acordos no marco do Pacto de Estado. A posta en marcha do servizo de garda psicolóxica para mulleres vítimas de violencia de xénero e os seus fillos e fillas menores é pioneiro dentro de España. Ese é un dos moitos acordos como son a campaña cos Bolechas para fomentar o uso de xoguetes sen estereotipos sexistas; a implantación, tamén de

As artes marciais tamén forman parte da campaña NON.

forma pioneira en Galicia, de medidas de protección e asistencia integral para orfos/as de vítimas de violencia de xénero; ou a posta en marcha da primeira vivenda tutelada especializada para mulleres con enfermidade mental vítimas da violencia de xénero. Tamén se colabora coa Federación De Asociacións De Persoas Xordas De Galicia para por en marcha medidas contra a violencia de xénero para mulleres e nenas con discapacidade auditiva. Se falamos de achegas, as cifras son as que seguen: tres millóns de euros para impulsar accións no ámbito educativo para loitar contra a violencia de xénero; convenio entre Vicepresidencia e Vivenda de 1,65 millóns de euros para sufragar un programa de Bono de aluguer social para as vítimas de violencia de xénero durante 12 meses; axudas a asociacións de mulleres de case medio millón de euros para levar a cabo programas de sensibilización; achega de

300.000 euros ás ANPAS para programas de promoción da igualdade e a loita contra a violencia de xénero; posta en marcha da quenda de garda permanente de traballadores sociais para atender a mulleres vítimas da violencia de xénero e aos seus fillos e fillas menores por 253.000 euros; accións para loitar contra a violencia de xénero no medio rural por un importe de 700.000 euros; accións no ámbito social contra a violencia de xénero por 890.000 euros; 290.000 euros a campañas de sensibilización e formación para loitar contra a violencia de xénero no ámbito sanitario; 500.000 euros para accións contra a violencia de xénero entre a poboación refuxiada e desprazada; un investimento de 800.000 euros para os concellos para a contratación de mulleres vítimas da violencia de xénero; achega de 300.000 euros ás tres universidades galegas para colaborar na prevención e a loita contra a violencia de xénero; e 800.000 euros para os concellos para levar a cabo accións contra a violencia de xénero.

A Xunta fai achegas económicas para previr e loitar contra esta lacra en ámbitos como o rural, o sanitario ou o educativo, entre moitos outros

O deporte non é alleo a este problema e nese ámbito estase a traballar con moito pulo. Son varias as campañas grazas ao convenio entre a Vicepresidencia da Xunta e a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta. Este ano a inversión é de 1,5 millóns de euros e abarca medidas como campañas en espazos deportivos e difusión das mesmas, dotación da campaña NON contra a violencia de xénero para o colectivo arbitral; así como un orzamento para os deportistas olímpicos que acudan a Tokio 2020. O triatleta, Javier Gómez Noya, o piragüista Cristian Toro, a nadadora María Vilas, a judoka María Bernabeu e os regatistas Tamara Echegoyen e Nicolás Rodríguez son algúns dos nomes de deportistas que participan no desenvolvemento desta iniciativa. Recentemente firmaron o patrocinio Ana Peleteiro, Adrián Ben, Susana Rodríguez Gacio e Victoria Alonso. Estes deportistas galegos son algúns dos 25 clasificados ou en fase de clasificación para os Xogos de Tokio 2020, así como participantes nas edicións anteriores dos Xogos Olímpicos e Paralímpicos, que asinarán contratos de patrocinio nesta primeira fase. Acordos con distintas federacións, ademais de charlas son outras das apostas da Xunta para impulsar a igualdade no deporte. Os deportistas deben incorporar nos seus equi-

pamentos oficiais de competición e de adestramento os logotipos da campaña NON contra a violencia de xénero. Ademais, teñen que difundir a través das súas redes sociais polo menos unha publicación mensual relacionada coa loita pola tolerancia e contra a violencia de xénero. Para executar as accións neste ámbito, a Vicepresidencia da Xunta asinou un convenio coa Secretaría Xeral para o Deporte para levar a cabo distintas campañas de sensibilización no ámbito deportivo, de especial importancia pola relevancia e influencia que ten na sociedade, especialmente entre as xeracións máis novas. Todos estes deportistas son referentes e ídolos de moitos mozos aos que transmiten valores moi importantes para a sociedade como o traballo, o esforzo, a participación en equipo, o respecto aos demais ou a dedicación. Por iso, esta colaboración é fundamental co obxectivo de educar na igualdade e na loita contra a violencia machista. A Xunta de Galicia vén apostando nos últimos anos por impulsar a igualdade no ámbito deportivo. O Goberno conta xa con varias liñas de actuación nesta área como charlas en centros educativos coa Fundación Vero Boquete, ou a colaboración coa Federación de Fútbol para impulsar a igualdade no fútbol profesional e afeccionado. Ademais, tamén se chegaron a acordos coas federacións de balonmán e baloncesto.

Os deportistas Teresa Portela e Javier Gómez Noya colaboran coa campaña en contra da violencia de xénero.


10

Barrios 14 de novembro 2019

Casa niño en Sarreaus Redacción A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, acompañada da delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, visitou as instalacións da nova Casa Niño que se puxo en marcha na localidade de Sarreaus o pasado mes de agosto. Esta é unha das 32 casas que están á disposición das familias na provincia de Ourense.

XINZO E COMARCA

As Casas Niño son recursos gratuítos para as familias que se impulsan nos concellos máis pequenos -con menos de 5.000 habitantes- para contribuír a facilitar a conciliación da vida laboral e familiar e, ademais, dinamizar a economía local para intentar fixar poboación nova no rural. É un servizo no que se presta atención personalizada e nun horario flexible a un máximo de cinco nenos e nenas de entre 0 e 3 anos. En concreto, esta Casa Niño de Sarreaus ten todas as súas prazas ocupadas.

Amparo González na casa niño de Sarreaus. /M.REJO.

O pleno aproba a contratación dunha póliza 4 Por valor de 1.800.000 euros. Redacción O pleno do Concello de Xinzo de Limia aprobou, por unanimidade, a contratación dunha póliza de crédito por valor de 1.800.000 euros no pleno extraordinario celebrado o 5 de novembro. Con esta aprobación o concello terá liquidez ata final de ano. Ademais, nestes días fan fronte ao "adianto dunhas obras do goberno anterior", como recoñecía a alcaldesa, Elvira Lama. Explicaba qure tiñan que aboar "para podelas rematar" e despois "agardar a que a Xunta aboe eses cartos". A póliza solicitada amortizarase no prazo dun ano. Tamén, desta maneira, se pode facer fronte as nóminas dos traballadores do Concello.

Apoio O acordo foi apoiado por todos os grupos da oposición, aínda que o portavoz popular afeou os cinco meses do novo goberno. Criticou o endebedamento, a subida de impostos e o non cobro de nóminas, asegurando que se eliminara "a total transparencia" que caracterizou ao seu goberno. A rexedora, pola súa banda, replicouno dicindo que "a suba da taxa do lixo foi debido a que eles -o PPnon a actualizaran durante cinco anos" e que as subas das outras taxas "non son mais que froito do contrato leonino que asinou o señor Vila -ex rexedor da vila- no ano 2007 e que hipoteca a este concello coa empresa Viaqua ata o ano 2036. Pois dentro das cláusulas dese contrato existe a obriga de actualizar as taxas co

IPC cada ano" aseguraba Lama. Precisamente sobre as taxas de subministro e tratamento das augas trataron os seguintes puntos saíndo adiante cos votos do goberno e a abstención da oposición. Tivo unanimidade a modificación da ordenanza reguladora da taxa polo uso de recintos e in-

fraestruturas de carácter deportivo, para o uso dos diferentes colectivos que sofren diversidade funcional. Por último, aprobouse a modificación do anexo de subvencións aplicado ao caso da Escola de Gaitas e Percusión, de maneira que as horas que imparte o seu director quede recollida como unha subvención en especie onde participan 20 alumnos nunha hora á semana, cun salario xa contemplado de maneira que unicamente afecta dándolle cobertura legal á asociación que acode a recibir esas clases.

Pleno extraordinario de Xinzo.


PUBLICIDADE

Barrios 14 de novembro 2019

11


12

Barrios 14 de novembro 2019

DEPORTES

O COB remonta ante o Granada

Terceira división Redacción Xornada positiva para os catro conxuntos ourensáns na Terceira división a pesares do empate sen goles do Ourense Club de Fútbol no campo do Arousa, e do Arenteiro contra Paiosaco. Os de Fran Justo, pese ao empate mantén a primeira posición, iso si, agora cun marxe dun punto sobre o Compostela (segundo con 28 puntos. E na terceira posición segue un Barco que venceu por 0-1 no campo do Silva. Os valdeorreses están, con 25 puntos, a catro dos capitalinos. Pola súa banda, a UD Ourense foi quen de gañar ao Rápido de Bouzas no estadio do Couto por tres goles a dous. Os de Currás lograron darlle a volta ao marcador despois do gol inicial dos visitantes. Lograron colocarse 3-1 pero o segundo gol a falta de cinco minutos para o final fíxolles pedir a hora aos locais. O empate do Arenteiro tivo lugar despois de que os do Carballiño dominaran en case todo o partido, o gol rival chegaba no tempo engadido. Vindeira xornada Nesta xornada o Ourense CF recibe ao Pontellas, o Arenteiro ao Arousa e o Barco ao Vilalbés. Mentres a UD Ourense visita ao Polvorín.

4 Este domingo visita ao Guipuzkoa. R.Torres

Xogada do partido entre Envialia e Burela. /RAMSÉS.

O Burela frea ao Ourense Envialia 4 O Cidade non logra puntuar en Murcia. R.Torres E na novena xornada chegou a primeira derrota da tempada. O Ourense Envialia que está a realizar unha grandísima tempada non foi quen de dobregar a un dos cocos da Liga. As ourensás enfrontábanse ao Burela co que ata ese momento compartían o mesmo número de puntos (24) ao igual que o Futsi. Neste partido querían demostrar que poden loitar cos dous grandes equipos da competición de ti a ti; e o lograron. Alomenos en xogo, que non en resultado. Si que é certo que a calidade das mariñáas decantou a balanza do lado visitante pero as de Morenín tiveron as súas oportunidades

de puntuar ata o final do encontro. O resultado final foi de 3-1 e as albinegras que perden comba con respecto aos dous primeiros clasificados. As burelenses adiantaríanse no marcador pero Marta, de dobre penaltí, lograba empatar antes do descanso. Na reanudación, os primeiros minutos foron do Envialia, aínda que pouco a pouco as laranxas facíanse co tempo do partido para que Jane primeiro e Jenny despois plasmaran o definitivo 1-3. Agora as de Morenín son terceira con 24 puntos a tres de Futsi e Burela que continúan coa súa marcha imparable neste curso, igual que nas últimas tempadas. Esta xornada o Envialia

visita ao Móstoles. Cidade O Cidade das Burgas non foi quen de manter a vantaxe que tiña fronte ao UCAM Murcia e rematou perdendo un partido que ía gañando por 1-3. As ourensás lograron darlle a volta ao gol inicial local antes do descando (1-2) e un gol máis nos primeiros minutos do segundo tempo daban certa tranquilidade ás franxiverdes. Porén o xogo de cinco condeou ás de Codeso e as locais con tres goles foron quen de sumar os tres puntos en disputa. O Cidade terá unha nova oportunidade de puntuar nesta xornada. Xoga na casa diante do Bilbo, outro dos equipos que loita pola permanencia. Sala Ourense O Sala Ourense sacou un empate (1-1) na súa visita ao Unión Arroyo, logrando o gol do empate a un minuto do final.

O Club Ourense Baloncesto logra unha vitoria, 79 a 74, cunha gran carga de moral. Os de Gonzalo García de Vitoria foron quen de remontar 17 puntos de desvantaxe despois dunha mala primeira metade. Nos 20 primeiros minutos entre o desacerto no xogo local e o acerto no tiro dos visitantes a sangría parecía imparable e ademais daba a sensación de que a parroquia ourensanista tería que agardar para ver outra vitoria na casa do seu equipo. Pero todo mudou na segunda metade. Os ourensáns apretaron e lograron frear o ataque do Granada (vital para un García de Vitoria que sempre incide en que para que o seu equipo sume a vitoria debe ser moi disciplinado en tarefas defensivas). E no último cuarto delirio total. Coa grada en comuñón co equipo, viviuse un éxtase que evocou as grandes tardes. E todo grazas a dous detalles: o cambio de esquema do adestrador e aos mellores momentos de Pol Figueras.

Balaban no salto inicial contra Granada./C.D. Gonzalo optou por poñer sobre a cancha aos dous bases do equipo -en rolda de prensa explicaría que o fixo para probar cousas para lograr a vitoria-. Por outra banda, emerxeu, entre todas, a figura de Pol Figueras. O base tivo momentos brillantes con roubo de balón incluído (nun dos momentos clave do partido) e ademais acompañado de acerto de cara a canastra. Vindeira xornada O COB é sexto con cinco vitorias e tres derrotas. Esta fin de semana visita a un Guipuzkoa que marcha na cuarta posición cunha vitoria máis que os ourensáns.


DEPORTES

proba inclusiva (1,4 km). Dorsais O horario de recollida de dorsais será o venres, 15 de novembro, de 16 a 20 h; e o sábado 16, de 10 a 14 e 16 a 20 h. A recollida anticipada de dorsais-chips será os días 14, 15 e 16 de novembro nos puntos seleccionados.

Panorámica da saída da carreira do ano pasado. /ARQUIVO.

Ourense prepárase para unha nova San Martiño 4 10.894 é a cifra de inscritos nesta edición. Redacción Quen vaia estes días polo paseo das Ninfas darase conta de que algo vai pasar na cidade. Normalmente o número de persoas que adestran na ribeira do Miño é grande, pero a escasos días de que chegue unha nova edición da San Martiño a proporción aumenta exponencialmente. Aos habituais que adestran nesa zona durante todo o ano súmanse os que teñen en vermello a cita do 17 de novembro e durante unhas semanas calzan as “zapas” para preparar a carreira da súa cidade. Porque a San Martiño é unha carreira distinta, na que os asiduos a probas populares mestúranse cos que soamente participan nesta proba. Unha cita para superarse, para demostrar que estamos en

forma, para gozar, para que te animen familiares e amigos e para animalos tí a eles. En definitiva, un día que milleiros de ourensáns agardan con impaciencia. Pero non só os ourensáns a teñen como cita imprescindible, moitos galegos e de fóra da nosa comunidade participan nesta na decana de todas as carreiras que se celebran en Galicia. E é que este ano, concretamente o domingo 17 de novembro, a pedestre do San Martiño chega a súa 43ª edición. E faino con 10.894 inscritos de todas as idades. Se falamos de favoritos, no 10k, volve a emerxer a figura do atleta local, Alejandro Fernández. O do Ourense Atletismo vén de vencer en Negreira sobre a mesma distancia cun tempo de 29:29 polo que será dificil que algún dos seus

rivais lle quite a vitoria en terras ourensás. Desta cifra, 3.510 participarán na proba absoluta; 2.787 farano na proba escolar (nados entre 2007 e 2002); os cativos (nados entre 2011 e 2018) son 2.294 os inscritos; e finalmente, na carreira inclusiva hai anotados 2.303 participantes. Horarios A carreira absoluta mantén o percorrido de anos anteriores con 10.000 metros homologados polas rúas da vella Auria. Con saída desde a ponte do Milenio e remate en Pardo de Cela (fronte ao pavillón dos Remedios). A saída será ás 11 horas. Ás 12.30 será a saída na categoría escolar (percorrido de 4,7 km); ás 13.20 a da cativada (1,4 km), e ás 13.30 a

Lebres Por sexto ano consecutivo, membros do club Esprintes Ourense volverán facer de lebres, para axudar a corredores que teñen marcado un obxectivo en canto ao tempo a realizar. Varios compoñentes do club correrán en ritmos que permitirán ir en grupo durante o percorrido. As distintas lebres marcarán os ritmos para chegar a meta en 45, 50, 55 e 60 minutos de tempo neto (desde que se pasa por debaixo do arco de saída ata que se chega a meta) sen preocuparse do cronómetro. Esta iniciativa, que se realiza en numerosas carreiras, é unha boa axuda para aquel que ten un obxectivo a cumplir. As lebres -dous por cada

Barrios 14 de novembro 2019

tempo- portarán unha bandeirola suxeita a un arnés para que sexan facilmente localizables. Servizos Para facer máis sinxela a chegada á liña de meta dos corredores, o Centro Comercial Ponte Vella dispón para os participantes o seu aparcadoiro de balde. A organización, ademais, disporá dun servizo de gardarroupa pero non se responsabiliza dos efectos depositados no interior das bolsas. Haberá baños móviles na saída da proba e os vestiarios estarán ubicados no pavillón dos Remedios. Caixóns Segundo o dorsal de cada un, os participantes deberán colocarse no caixón asignado. Así, no primeiro caixón (negro) estarán os homes que acrediten unha marca inferior aos 35 minutos e mulleres

13

A recollida de dorsais terá lugar os días 15 e 16 no marco de Sportur (Expourense) O Centro Comercial Ponte Vella volve ceder o aparcamento de balde para os participantes inferior a 40; o caixón vermello é para os que conten cunha marca entre 35 e 40 minutos (homes) e entre 40 e 45 minutos (mulleres); o caixón amarelo para os que teñan marca entre 40 e 45 minutos (homes) e 45 e 50 minutos (mulleres); e o caixón verde é para o resto de participantes.

Alex Fernández é o máximo favorito despois de vencer en Negreira, sobre a mesma distancia, a pasada semana cun tempo de 29:29

Integrantes do Esprintes Ourense. /E.O.


14

Barrios 14 de novembro 2019

4AXENDA Exposicións - Ata o 15 de decembro - Exposición de Ramón Conde “Soliloqios” - Centro Cultural Marcos Valcárcel - Ata o 8 de decembro - Exposición “Xacobeo 2021. De mar a mar. O Camiño de Santiago en 3D. Vía da Prata”. - Centro Cultural Marcos Valcárcel - Ata o 24 de novembro - “Transitar a ruina” de Neves Seara - Centro Cultural Marcos Valcárcel

OCIO E CULTURA

4ARQUIVO VISUAL OURENSÁN

Auria Nomeada co mesmo apelativo empregado por Blanco Amor nos seus escritos para referirse á cidade de Ourense, a sala Auria comeza a operar un 30 de abril de 1960. Era propiedade da familia Blanco, os mesmos que rexentaban o bazar Blanco e a ferretería Blanco Vega da

vetusta praza do Ferro. Revestida coas últimas novidades en iluminación e son, dicíase naqueles lonxanos 60, que era unha das mellores salas de espectáculos de España. No ano 1983 levántase no lugar que ocupara o edificio que acolleu a Auria, no actual número 26 da rúa do Paseo, unha construción de nove

Teatro - 14 de novembro Ópera “A amnesia de Clío” - 20.30 h - Auditorio de Ourense - 15 de novembro - Teatro infantil “Son no berce” - 18 h - Auditorio de Ourense - 15 de novembro Goyo Jiménez “Aiguantulivinamérica” - 21 h Auditorio de Ourense - 16 de novembro - Musical “24 horas na vida dunha muller” - 20.30 h Auditorio de Ourense - 17 de novembro Teatro infantil “Animal sacro” - 12 h - Auditorio de Ourense Deportes - 14 e 15 de novembro - I Congreso Ibérico de Turismo Deportivo - Expourense - 15 e 16 de novembro - III Sportur Galicia - Expourense - 16 de novembro - 1ª Cidade das Burgas - Bilbo - 17 h. - Pavillón dos Remedios - 17 de novembro - 43 Carreira do San Martiño - desde as 11h. - Pavillón dos Remedios - 17 de novembro - 3ª Ourense CF - CD Pontellas - 16.30 h. - O Couto - 17 de novembro - 3ª Div. CD O Barco - RC Vilalbés - 17 h. - Calabagueiros - 17 de novembro - 3ª Div. CD Arenteiro - Arosa SC - 17 h. - O Espiñedo Outros - 30 de novembro TEDx “Apostando desde a distancia”-15.30 h.-Xardín do Posio (Ourense) www.periodicobarrios.com

alturas. Nos seus baixos, unha placa e unha columna certifican os restos daquel naufraxio e insinúan un universo fascinante que claudicou un venres, 30 de xuño de 1972, ao son dun bolero triste de tempo lento e aciago final. Fernando Valcárcel

Xornadas castrexas na Casa do Patrón de Lalín 4 O 16 e 17 de novembro. Redacción Os vindeiros 16 e 17 de novembro, o Museo Casa do Patrón acollerá as primeiras Xornadas Castrexas nas que investigadores de Galicia, Asturias e Portugal presentarán os seus traballos e reflexións acerca da Idade do Ferro do Noroeste. Falarase do mundo dos castros desde distintos puntos de vista: a academia, a arqueoloxía profesional, o ensino e a administración, ademáis de poñernos ao día dos últimos traballos arqueolóxicos que se están a facer neste momento. O sábado día 16, presentarase o libro “O Castro de Doade, unha fortificación da Idade do Ferro no corazón do Deza”, coordinado pola directora das últimas intervencións arqueo-

loxicas no castro Vanesa Trevín e no que colaboran distintos profesionais para falar do Castro de Doade dende diferentes perspectivas. Dentro das xornadas farase tamén a presentación da exposición: Galaicos, un pobo entre dous mundos, da Deputación de Pontevedra, que ven do Museo Arqueolóxico Nacional e se encontra exposto no Museo Provincial. Ábrese o período de inscripción para todas aquelas persoas que desexen asistir, sexan ou non do mundo da arqueoloxía e coñecer máis de preto o mundo dos castros e reflexionar e debatir sobre él. Para inscribirse basta con enviar un mail a xornadasdoade@gmail. com. As solicitudes serán aceptadas ata completar o aforo.

Postal comercial da sala Auria. Anos 60.

Cartel das xornadas na Casa do Patrón de Lalín.

4HUMOR


OCIO E CULTURA / CLASIFICADOS

Barrios 14 de novembro 2019

15

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda, C. Domarco, Avelino Jácome. Yedra Seara Nº113 - Ano: XII - 14 de novembro de 2019 - Difusión: 7.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.

nía “unha proposta musical diferente á que en xeral non se pode acceder con tanta facilidade coma a outras”, explicou Saborido. O programa, explicaron, combina tres estilos diferentes e complementarios coa finalidade de que o público ourensán teña a oportunidade de tomar contacto coa variedade do xénero lírico. Comezará o día 20 con lírica galega, da man da soprano Susana de Lo-

renzo e o pianista Alejo Amoedo, experto na recuperación de repertorio lírico galego. Continuará o día 22, con lírica medieval, da man da formación “Luz e Norte”, formada por Víctor Sordo, tenor, Sara Águeda, arpa histórica e Calia Álvarez, viola de gamba. O programa “Vexo eu os teus ollos belos” está formados por tons humanos do barroco español e textos cervantinos. A última cita, o día 29 será coa lírica internacional máis coñecida, co barítono Josep Ramón Olivé e o pianista Francisco Poyato, que interpretarán composicións de Schubert, Mahler, Strauss ou Tchaikovsy, entre outros autores. As entradas pódense adquirir a través da páxina web www.ataquilla. com con prezos entre os 5 e os 8 euros, que pretenden facer este espectáculo accesible a todos os públicos. Esta actividade está organizada pola Concellería de Cultura coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense e polo Teatro Principal.

as súas mans conseguen dar vida a imaxes moi diversas, como paisaxes da zona, elementos decorativos, animais... Unha actividade que comezou coma un hobbie, convértese agora no centro dunha serie de exposicións que a actual cidadá de Xunqueira de Ambía realiza por distintas zonas

de Galicia, compatibilizadas coa impartición de talleres en colexios, asociacións ou entidades de diversa índole. Ademais, Lorena participa tamén como ponente en distintos foros e encontros centrados na incorporación ao mercado laboral de mulleres con discapacidade no rural.

Mario González e Anxo Saborido na presentación.

IV Ciclo Lírico, os próximos venres 4 Coa mellor música galega, medieval e internacional. Redacción O concelleiro de Cultura, Mario González, e o técnico Anxo Saborido presentaron o IV Ciclo Lírico Ourense 2019, que se desenvolverá os tres próximos venres (15, 22 e 29 de novembro) ás 20.00 horas no Teatro Principal. Trátase dun “ciclo musical de calidade”, en palabras do concelleiro, que pretende achegar á cidada-

Exposición “Xogo de fíos” Redacción Dende o 4 de novembro ata finais de mes os cidadáns de Xinzo poderán desfrutar da exposición “Xogo de fíos”, da man de Lorena Quintas Rejo, na Casa da Cultura. Lorena Quintas perdeu a súa vista de xeito progresivo durante os últimos seis anos, e dende hai tres dedica moitas horas á realización de cadros de fío que tece mediante un único sentido: o tacto. Cun debuxo perfilado previamente,

Laura Quintas inaugurando a súa exposición en Xinzo.

4ANUNCIOS CLASIFICADOS [Deixe o seu anuncio no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]

INMOBILIARIA Alugo baixo na zona do Couto con luz, auga e baño. 70 m2. Tel: 653 208 506 Véndese casa en Penedo (San Cibrao das Viñas) para restaurar. Prezo: 2.000€. Tel. 678 062 617. Alugo sala para actividades culturais, con posibilidade de cociña, baño e outros sertvizos. Tlf.: 988 247 113. Busco casa en alquiler na periferia de Ourense. Opción a compra ou dunha permuta dun piso situado na Valenzá. Tlf.: 600 826 029. Vendo casa pola estrada de Santiago, con finca. Para restaurar. Tel.: 988 247 824. Alugo oficina na rúa Progreso. Exterior. Prezo económico Tel.: 988 247 824. Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunitaria Tel.: 650 64 15 19. Vendo casa na zona de Rante (a 8 km de Ourense). 3 dormitorios, terreo, pozo de auga e garaxe. Prezo 49.800€. Tlf: 606 422 543 Vendo finca edificable. Zona Rante. Moi económica (11.900€). Tlf: 606 422 543 Alugo casa de campo a 5km de Allariz. Todos os servizos. Tlf: 657 945 665. Alugo casa de campo a 5km de Allariz. Todos os servizos. Tlf: 657 945 665. Véndese o alúgase un piso na estrada de Vigo. Preto do Lidl. Tel.: 988 234 342. Alugo almacén pequeno en soto de garaxes. Para almacén, adega, trasteiro ou garaxe de

moto. Rúa Francisco de Moure. Tel. 636 32 95 24. Alúgase apartamento en Montalvo con dúas habitacións, cociña, salón, baño, barbacoa, aparcadoiro, xardín; fronte á praia. Tel: 607 271 916 Alugo praza de garaxe na zona universitaria. Prezo 55 euros. Tlf.: 636 329 524. Alugo oficina económica de 15 metros cadrados, amoblada, con baños comunitarios por 100 euros máis 7 de comunidade. C.E:C. Tel.: 627 203 131

Busco mozo como asistente persoal con certificado de atención a persoas en situación de dependencia ou con auxiliar de enfermería. Boas condicións laboraia Tel.: 679 699 508. Ofrécese señora por horas para tarefas do fogar, coidado de nenos. Atende persoas maiores; tamén de noite en hospital ou domicilio. Telf.: 620 052 173. Coido ou acompaño a maiores enfermos polas noites. Económico. Tel.: 616 361 548.

TRABALLO

VENDAS

Ofrécese señora para tarefas do fogar e coidado de persoas maiores en Ourense. Tel.: 698 34 98 19 Danse clases de francés a domicilio. Todos os niveis. Titulación en España e Francia. Tlf.: 625 745 611 Imparto clases particulares de Matemáticas a domicilio en Ourense capital. Todos os niveis. Tamen materias curriculares de ESO e Bacharelato. As clases son individuais e personalizadas. Interesados enviar mensaxe vía WhatsApp ao 610 38 25 89. Ofrécese xerocultora para axuda a domicilio en Xinzo. Tamén para limpeza de casas e negocios por horas e adaptados ao seu horario. Tel: 686 005 358. Fanse desbroces en tractor e a man. Tlf.: 63 521 448 Ófrecese señora seria e responsable para tarefas do fogar e coidado de nenos e maiores. Con informes. Preferencia zona Ponte. Tlf: 685 374 191. Busco traballo en desbroces con tractor ou condutor de camión e carretillas. Ampla experiencia. Tel: 637 282 405.

Vendo sulfatadora de 100l con 40m de mangueira e pistola. Nova. Tel.: 616 72 63 31 Vendo máquina de facer exercicio. Seminova, bo prezo. Tel: 674 317 302. Compro moble de cociña completo. Tel: 988 247 824. Vendo escritorio. Como novo, bo prezo. Tel: 988 247 824. Véndense polos e pavos caseiros (zona Allariz). Tel. 674 317 302. Vendo estufa de frío e calor. Tel: 988 247 824. Vendo remolque tenda comanche compact ano 2012. Como nova. 2.500€. Tel: 620 43 20 60 Vendo porta de cristal e aluminio. Tel: 988 247 824. Vendo hormigonera de 280 litros e maquinillo / grúa (a gasolina). Tel.: 988 23 47 91 Vendo maquina de coser industrial (dobre arrastre). Tel.: 630 587 527 Vendo e cambio calendarios de bolsillo para coleccionar; así como barallas de cartas. Tel e whatsapp: 630 67 21 05.

VARIOS Acepto canarios. Tel: 988 247 824.


Barrios 14 de novembro 2019


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Barrios 113 by Periodico Barrios - Issuu