Entrevista a María Dolores Sánchez González para falar da campaña contra a gripe [Páx. 2]
EMPRESAS
Páx.4
As mellores oportunidades do mercado no Salón de Vehículos de Ocasión
CIDADE
Páx.6 O CARBALLIÑO Páx.9
O Ecobarrio da Ponte abrirá unha oficina ao público para asesorar en aforro enerxético
Música de Portugal e Salamanca no 37º Festival GalaicoPortugués
DEPORTES
Páx.13 CULTURA
David Samaniego, á fronte da academia de xóvenes do Hapoel Beer Sheva
Preparados para a San Martiño
Páx.15
O Festival Internacional de Teatro de Ourense terá lugar ata o 27 de outubro
1.200 millóns para Ourense [Páx. 3]
[Páx. 9]
[Páx. 11] Participantes na carreira da Carballeira do CxO. // A Xunta aumenta o orzamento para Ourense de cara ao 2020. // O Arenteiro Fotográfico terá lugar en novembro e decembro.
Número: 111 - Ano: XII - 24 de outubro de 2019 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190
Barrios 24 de outubro 2019
ENTREVISTA
ENTREVISTA A Mª DOLORES SÁNCHEZ, SUBDIRECTORA DE PROCESOS DA ÁREA DE ENFERMARÍA DA EOXI DE OURENSE
“Faría un chamamento especial para que se vacine a poboación de entre 60 e 75 anos” 4 Ata o 27 de decembro, o Sergas ten en marcha a campaña de vacinación contra a gripe. Na provincia hai 190 puntos de vacinación. R. Torres Galicia xa ten en marcha a campaña de vacinación contra a gripe para este ano 2019. Loli Sánchez, subdirectora de P.A. de Enfermaría da EOXI de Ourense, danos as chaves sobre a campaña e a importancia de vacinarse. Na provincia de Ourense hai 190 puntos para facelo. Fálanos da campaña contra a gripe que ten lugar en Galicia. María Dolores Sánchez: “Está claro que a gripe é unha enfermidade que cando a contraen persoas que teñen patoloxías pode levar a complicacións moi graves. Vacinándose poden evitar, non só a gripe, senón as mesmas complicacións. De aí
o positivo de vacinarse. A vacinación está ao alcance de todos; as administración fan un esforzo cada ano para achegala á poboación pensando en previr a gripe e as complicacións das persoas máis vulnerables”. Sobre todo hai que incidir nas persoas con máis risco. M.D.S.: “Canta máis xente ao redor desas persoas estean protexidas menos posiblidade ten de contaxio. Non só é importante que se vacinen persoa de risco, é moi importante que os que conviven con elas tamén se vacinen para que teña menos posibilidades de contaxiarse”. Cal é o período que está en vigor a campaña?
M.D.S.: “Para a poboación, desde o 14 de outubro e manterase ata o 27 de decembro. Son 11 semanas e é aconsellable acudir con cita, xa que non é urxente nin precisa présa”.
inactivados; hai o falso mito de que pode provocar a enfermidade: non é verdade. Pode dar lixeiros síntomas nalgunha persoa que sexa moi susceptible pero é segura, lévase administrando moitos anos, así que hai que acudir con toda confianza. Así que faría un chamamento especial á poboación de entre 60 e 75 anos, vense mozos e non se dan conta que son persoal de risco e si que están metidos dentro da campaña, porque aínda que son xóvenes poden adquirir, coa vacina, unha protección a maiores”.
Que hai que facer para vacinarse? M.D.S.: “Pedir cita no seu centro de saúde coa enfermeira de referencia”. Cantas vacinas queredes administrar este ano? M.D.S.: “Para acadar os obxectivos de cobertura en Ourense habería que adminstrar algo máis de 70.000 doses”. Que ocorrería se non houbera a vacina ou as persoas de risco non se
Presentación da campaña de vacinación en Ourense. /RAMSÉS.
Loli Sánchez. /RAMSÉS. vacinaran? M.D.S.: “O ano pasado a metade dos ingresados -pola gripe- con factores de risco estaban sen vacinar, se o estiveran, o número de ingresos, complicacións e falecementos -o ano pasado rexistráronse 14 defuncións- baixaría significativamente”.
Para vacinarse basta con “pedir cita no seu centro de saúde coa enfermeira de referencia”, explica
Entón, facemos un chamamento para que as persoa en risco se vacinen?. M.D.S.: “Quero aclarar que as vacinas son virus
“O ano pasado a metade dos ingresados pola gripe con factores de risco estaban sen vacinar”
4 Datos da pasada campaña Ourense continúa a ser a provincia cos niveis máis altos de cobertura. En 2018 acadouse unha porcentaxe do 62,54% nas persoas de 65 ou máis anos, preto de 4 puntos por riba da media galega e mellorando os resultados con respecto á
campaña de 2017. Na pasada campaña, na provincia ourensá notificáronse 4.346 casos de gripe, dos que 174 foron ingresados (o 48% deles non estaban vacinados) e rexistraronse como consecuencia dela 14 falecementos.
TEMA DA SEMANA
Barrios 24 de outubro 2019
Os orzamentos da Xunta de Galicia soben en 2020 para Ourense 169 euros por habitante con respecto a este ano
4 Mentres o Partido Popular fala de bos orzamentos para a provincia; PSOE, BNG e En Marea tíldanos de moi baixos. R.T. Xa se coñece a partida presupuestaria que a Xunta de Galicia adicará o ano 2020 para a provincia de Ourense. Tocará a 4.096 euros por persona, o que supón 169 euros máis que este ano que tocabamos a 3.938 euros. Desta maneira, Ourense será a segunda provincia en inversión per cápita, só superada pola provincia de Lugo (4.252 euros por habitante). Outra cousa distinta é se falamos do total da inversión; nese caso a provincia ourensá sería a que menos cartos recibirá. Para a cidade e a súa contorna, o ente autonómico contempla un investimento de máis de 41 millóns de euros, como así o declarou o conselleiro do Medio Rural na súa visita ao Fondo Galego de Garantía Agraria da capital ourensá a pasada fin de semana. Infraestruturas O máis destacado desta partida é a destinada a infraestruturas, no que case sete millóns e medio de euros están comprometidos para a conexión do polígono de San Cibrao das Viñas coa autovía das Rías Baixas (A-52) e 3,7 irán destinados a completar a nova estación de autobuses intermodal e o novo aparcamento soterrado (esta última será unha transferencia a ADIF). Ademais, case oito millóns de euros serán para conservación e melloras de viais.
4 Reaccións
A segunda fase da estrada OU-105 conta cunha partida de 600.000 euros. /I.OSORIO. Destacadas serán as partidas para a posta en valor da Ponte Romana e para a segunda fase da estrada OU-105 ao seu paso por Seixalbo, cun total de 625.000 euros para a primeira, e 600.000 para a segunda. E parece que por fin comeza a verse luz sobre o Centro de adultos con discapacidade (CAPD) para o que Política Social destinará 3,5 millóns de euros. A Xunta prevé ademais 800.000 euros para vivendas protección oficial. Outras demandas O Centro Galego de FP ten comprometidos 400.000 euros por parte da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que tamén ten previsto gastar máis de 800.000 euros na ampliación do CIFP A Carballeira. En melloras e reformas de centros educativos destinaranse 3,7 millóns. Vicepresidencia e Con-
sellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza contempla un investimento de preto de medio millón de euros na mellora enerxética dos edificios xudicial e da Xunta na cidade e o departamento de Economía, Emprego e Industria achegará outros 385.000 euros para a ampliación do recinto feiral de Expourense. O Ecobarrio contará con 700.000 euros. A reforma do pavillón dos Remedios conta tamén coa súa partida nestes orzamentos. Máis de dous millóns de euros servirán para apoiar a rehabilitación do casco vello ourensán, a través do Programa Rexurbe, e para a recuperación de inmobles nas áreas de rehabilitación integral (ARI’s) da cidade, por parte da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Medio Rural continúa coa súa aposta en favor do rural, e para elo contará con algo máis de 2 millóns de
euros para a mobilización de terras, ademais terá 500.000 euros para o plan de regadío. Isto afecta a Xinzo de Limia que ademais ve como hai orzamento para a quinta fase do parque empresarial da localidade (2,3 millóns). Sanidade No eido da sanidade, a Xunta destina un orzamento de 1,2 millóns de euros para o proxecto do novo edificio de hospitalización do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO). Ademais, ten previsto actuacións nos hospitais de Valdeorras (1,5 millóns de euros) e de Verín, (500.000 euros).
O Centro de adultos con discapacidade ten unha partida de 3,5 millóns de euros para 2020
Como era previsto as reaccións sobre o orzamento non se fixeron agardar e, como non podería ser doutra maneira, o partido que goberna en Galicia veos dunha maneira diametralmente oposta á oposición. Así, o Partido Popular en Ourense falaba dun presuposto no que “infraestruturas, educación e política social marcan o eixo dos investimentos”, segundo dicía o secretario xeral do PP ourensán, Rosendo Fernández. “A provincia ten consignados 1.261 millóns de euros para o próximo exercicio, un incremento do gasto per cápita do 4,3%”, desvelou. Pola súa banda, a deputada do BNG no Parlamento de Galicia, Noa Presas, comezou a sua valoración sinalando que “o goberno de Núñez Feijoo non ten nin unha soa idea para sacarnos desta crise económica e demográfica que estamos a vivir en Ourense”, ao tempo que destacou a falla de proxecto para a nosa provincia que posúe o Partido Popular. Sanidade, infraestruturas, servizos sociais e o rural son cuestións que reciben menos orzamentos que en anos anteriores para “unha provincia que precisa fixar poboación e desenvolver un proxecto de futuro para a provincia”, resaltou a naciona-
lista. Salientou tamén o “escaso ou nulo peso político da saga Baltar e da súa nova marca branca, Democracia Ourensana” dentro das políticas do Partido Popular de Galicia, ademais de asegurar que estes orzamentos son un “mal punto de partida que dificilmente nos axudan a afrontar os retos de futuro”. Outra voz crítica foi a dos socialistas. A deputada Noela Blanco aseguraba que Feijoo “non ten proxecto nin a curto, nin a medio nin a longo prazo para a provincia de Ourense”. Blanco advertía que moitos proxectos son promesas doutros anos e afirmaba que os 1.261 millóns de euros que vai recibir a provincia son “a metade do que vai recibir Pontevedra e a terceira parte do que vai recibir A Coruña”. En Marea tamén valorou a partida que a Xunta destina a Ourense. O seu deputado Davide Rodríguez aseguraba que “deixan moi tocadas á cidade e á provincia, sen ningunha solución para os problemas, sen políticas sociais que acompañen e sen ningunha solución para o despoboamento”. Tamén falaba deles como continuistas en canto ao “abandono da cidade e da provincia por parte da Xunta e da Deputación de Ourense”.
Barrios 24 de outubro 2019
EMPRESAS
As mellores oportunidades do mercado no 11º Salón do Automóbil de Ocasión 4 Celébrase en Expourense esta fin de semana e ofrece vehículos seminovos, de xerencia, km0 e segunda man. Redacción Por segunda fin de semana consecutiva Expourense eríxese coma centro neurálxico da automoción. Do 25 ao 27 de outubro acolle o 11º Salón do Automóbil - Vehículo de Ocasión, que serve de continuidade ao do coche novo celebrado a pasada fin de semana e que presentará as mellores oportunidades do mercado. Trátase dunha cita coorganizada entre Expourense e a Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense, ACAUTO. “As perspectivas son boas porque vimos moito interese por parte do público. A iso hai que sumarlle que estamos nun moi bo momento para comprarse un coche de ocasión”, indican os organizadores. O 11º Salón de Ocasión preséntase máis completo
que nunca co maior número de coches dispoñibles até o momento. Poderanse atopar vehículos que representan os tres eixos do mercado de ocasión: o quilómetro cero (novos que se venden así por obxectivos comerciais que indica o fabricante); seminovos (con menos de 2 anos e menos de 50.000 quilómetros froito do renting empresarial); e o de ocasión (que foi utilizado por un particular e entregado no concesionario). Aínda que a oferta será ampla e variada o “vehículo tipo” que poderá atoparse nesta cita é o seminovo dun ano ou dous de antigüidade, con 15.000 quilómetros de media e un prezo ao redor de 16.000 euros. Compralo nesta cita pode supor un aforro superior aos 5.000 euros con respecto a compralo novo.
Como incentivo para animar aos visitantes a axilizar o proceso de decisión, a organización volverá sortear, entre aqueles que pechen a compra dun automóbil durante esta fin de semana, un cheque regalo por importe de 6.000 euros a descontar do prezo do vehículo adquirido e que supón o maior desconto realizado en feiras deste tipo en Galicia. Este importe será achegado entre ACAUTO e Expourense. Horario O horario de apertura ao público será o venres de 11 a 20.30 h.; o sábado de 10 a 20.30, e o domingo 11 a 20 horas. O prezo da entrada serán 3 euros (menores de até 12 anos gratis). Haberá, ademais, servizo de ludoteca gratuíto.
Este 11º Salon de Ocasion ofertará o maior número de vehículos ata o momento.
Bétula Cars achegará a Expourense numeroso vehículos da marca Opel con destacados descontos.
Incribles ofertas de Bétula Cars no Salón de Vehículos de Ocasión en Expourense 4 Acudirá con km0 e seminovos das marcas Citroën e Opel. Redacción Se alguén acudiu a pasada fin de semana ao Salón do Automóbil en Expourense, nesa ocasión de vehículos novos, e quedou con gañas de mercar, mellor que visite os próximos 25, 26 e 27 de outubro o Salón do Automóbil de vehículos de ocasión porque poderá atopar multitude de coches de distintas marcas a prezos sen igual. Bétula Cars De entre todas elas, atoparán as destacadas ofertas e vehículos que levará Bétula Cars coas dúas marcas que comercializa, Citroën e Opel. Preto de 35 modelos distintos entre turismos, berlinas, monovolúmenes ou SUV xa sexan gasolina, diésel, eco ou a gas. Todos eles
con grandes descontos e, ademais, con catro anos de garantía. Así mesmo, quen se achegue contará sempre co mellor asesoramento por parte dos comerciais de Bétula Cars para que se faga co modelo que máis se axuste as súas necesidades.
Concesionario Se tralo salón continúa interesado nalgún vehículo que viu no stand de Bétula Cars, non o pense dúas veces e achéguese ao concesionario Citroën ou Opel da cidade na estrada de Madrid, km 234; ou consulte as súas dúbidas no teléfono 988 22 78 00.
As últimas novidades de Citroën tamén estaran presentes no stand de Bétula Cars.
EMPRESAS
Barrios 24 de outubro 2019
A Xunta quere que 10.000 comercios galegos se sumen a esta estratexia; que máis de 1.000 comercios se beneficien dos servizos de asesoramento; e que 5.000 aposten pola sustentabilidade e o tícket dixital
A Comercio 360, que ten unha visión a tres anos (2019-2021), destínanse 5,7 millóns este mesmo ano.
Chega a Galicia o Comercio 360 4 A Xunta colabora co pequeno comercio con esta iniciativa Redacción Desde mediados deste ano o pequeno comercio galego conta cun aliado máis grazas á Xunta de Galicia: Comercio 360. Trátase dunha aposta pola dixitalización, a economía circular e o produto local. A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, activouna este ano para dar resposta aos cambios que a dixitalización e os novos hábitos de consumo están introducindo no sector. Deste xeito, adáptase e anticípase ás novas demandas e necesidades dos cidadáns, cun claro obxectivo: poñer ao ao consumidor no centro
de todas as decisións mellorando a competitividade do comercio local. Impulso ao comercio Con anterioridade creouse o Plan Estratéxico de Impulso ao Comercio 2015-2020, o cal prevía actuacións encamiñadas á modernización do sector comercial. Iso supuxo a posta en marcha dunha axuda específica o ano pasado. Grazas a este plan chegouse ás 487 axudas concedidas sumando todas elas preto de 2,37 millóns de euros, permitindo a mobilización final de investimentos que superan os 4,7 millóns. Comercio 360 ven substituír ao anterior concepto
SmartCommerce creado no Plan de Impulso ao Comercio Interior de Galicia 2015-2020. A iniciativa presenta unha estratexia máis global, fronte a anterior que facía referencia a aspectos máis dixitais, que potencia a sustentabilidade, a aposta polo produto local, a creación de marca vencellada ao territorio e un novo concepto máis amplo de comerciante que inclúe tamén aspectos como o deseño ou a fabricación de produto propio. Propostas Para esta medida, que ten unha visión a tres anos (2019-2021), destínanse 5,7 millóns este mesmo ano para avanzar na dixi-
talización para mellorar a atención e experiencia do cliente, á vez que pon en valor a aposta polo produto local, a sustentabilidade e a economía circular, a responsabilidade social ou o deseño, facendo que estes sexan os seus elementos de diferenciación e especialización. As primeiras decisións, para esta primeira fase, foron as de poñer en funcionamento medidas de sensibilización, axudas para a ecoinnovación e laboratorios comerciais. A Consellería de Economía, Emprego e Industria xa ten comezado o labor de sensibilización e divulgación do Comercio 360 coa realización de xornadas e a análise de casos de éxito.
e comercios coñecer o estado e garantía das súas compras ou vendas evitando a perda ou deterioro do tícket tradicional e minimizando o uso do papel. Ademais promoveranse ecoenvases realizados con materiais cen por cen biodegradables e implantará proxectos que fomenten a reciclaxe e os produtos ecolóxicos. Outras novidades Outra das novidades será a creación de sete laboratorios comerciais nas principais cidades galegas para asesorar e potenciar o Comercio 360, achegando aos interesados servizos personalizados de mentoring, comunicación e publicidade, marketing intelligence ou mellora da xestión, entre outros. Este proxecto créase para ofrecer aos establecementos unha folla de ruta para conseguir un comercio diverso, moderno e adaptado ás novas realidades –reforzando tanto a súa imaxe física como dixital– e servizos. Ideado para pemes de menos
de 10 traballadores, enmárcase na estratexia de impulso á competitividade do comercio de proximidade. Isto permitirá, ademais, dinamizar tamén os centros urbanos das cidades e vilas galegas para facelos máis atractivos aos cidadáns, turistas e visitantes. En definitiva, a Xunta márcase tres obxectivos prioritarios coa posta en marcha desta iniciativa: lograr que 10.000 comercios galegos se sumen a esta estratexia 360; que máis de 1.000 comercios se beneficien dos servizos de asesoramento; e que 5.000 comercios incorporen no seu modelo de xestión a aposta pola sustentabilidade e o tícket dixital.
Crearanse sete laboratorios comerciais nas principais cidades galegas para asesorar e potenciar o Comercio 360
Tícket dixital Unha liña de axudas á ecoinnovación impulsa a economía circular e a sustentabilidade no comercio a través da adhesión á plataforma de tícket dixital. Isto permitirá aos clientes
Del Mar al Plato naceu a finais de 2014 da man de Borja Conejero e Elena Gainzarain.
Comercio 360 potencia a sustentabilidade, a aposta polo produto local, a creación de marca vencellada ao territorio
O comercio de proximidade precisa identificarse cun novo concepto actual, moderno e conectado co público actual e as tendencias do mercado.
Barrios 24 de outubro 2019
CIDADE
EN BREVE
Celebra reinvéntase no seu 20º aniversario
4 Modificación orzamentaria A xunta de goberno do Concello de Ourense vén de aprobar modificacións orzamentarias por valor de 1,5 millóns de euros para partidas sociais e de infraestruturas, expropiacións urbanísticas e convenios con diferentes entidades sociais e veciñais. A totalidade dos fondos procede do remanente de tesourería.
4 Terá lugar o 23 e 24 de novembro en Expourense. Redacción
4 Axudas á rehabilitación
Reunión mantida entre Concello, Energy-Lab e INEGA.
Este xoves 24, ás 19.30 horas, no colexio Amadeo Rodríguez Barroso, terá lugar a última das charlas informativas para informar á veciñanza da convocatoria 2019-20 de axudas á rehabilitación dos elementos comúns dos edificios e dos interiores das vivendas na ARRU de Serra San Mamede, Cruceiro Quebrado e A Inmaculada. Estas axudas contan cun orzamento de 180.000 euros, financiado polo Plan Estatal de Vivenda 2018-2021.
O Ecobarrio da Ponte abrirá unha oficina ao público
4 Obradoiros en familia A Concellería de Política Social, Igualdade e Sanidade leva a cabo os obradoiros do programa ‘En familia todos contan: SABES’, unha actividade dirixidos a mulleres emigrantes ou en risco de exclusión social. En total, son 35 as que participan neste programa, que pretende que gañan confianza, asociación e inserción laboral. O programa desenvolverase todos os martes ata o mes de xuño.
enerxética e a mobilidade sostible. En canto ás medidas de eficiencia enerxética, especialmente na iluminación pública, falouse sobre o que redundará non só nun aforro no consumo senón na mellora da calidade da iluminación. Esta medida estenderase tamén a edificios, tanto públicos como privados. A xeotermia, unha fonte renovable e endóxena de enerxía, tamén será será canalizada a través de edificios públicos e privados.
Oficina A novidade máis salientable da reunion foi a próxima apertura dunha oficina física, a cal asesorará as comunidades de veciños sobre como implantar medidas de aforro nos seus edificios, pero tamén a canalizar as axudas da Unión Europea. “Un exemplo do que se pode facer en Ourense para desenvolver enerxías limpas da forma máis natural posible”, aseguraba o concelleiro de Infraestruturas, Miguel Caride, ao remate da reunión, “e unha política pioneira para o século XXI”, remataba.
Mobilidade A outra parte da reunión tivo como protagonista á mobilidade sostible, un campo no que se traballará man a man coa oficina de Mobilidade municipal.
Falouse de adquirir medios de transporte alimentados por enerxía eléctrica
4 Para asesorar en implantación de medidas de aforro. Redacción O Ecobarrio da Ponte deu un paso máis este mes coa reunión mantida -nas dependencias da Concellería de Infraestruturas- entre responsables do Concello de Ourense (á cabeza o concelleiro de Infraestruturas, Miguel Caride, xunto cos edís de Medio Ambiente, Jorge Pumar, e de Economía e Facenda, Ana Fernández Morenza e técnico da área de Infraestruturas) e da empresa Energy-LAB, ademais de técnicos do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA). O obxectivo era pór en marcha medidas concretas de actuación en dous ámbitos: a eficiencia
Así, abordouse a adquisición e posta en marcha de novos mecanismos de transporte, que estarán alimentados por enerxía eléctrica.
Celebra cumpre 20 anos e faino apostando por un novo formato de feira que fomentará a interacción entre os expositores e as parellas e familias que se acheguen até Expourense os días 23 e 24 de novembro. O comité asesor do Salón de Vodas, Bautizos, Comuñóns e Actos Sociais, integrado por empresas ourensás especializadas neste sector, decidiu contar coa colaboración de “Bodaspack”, unha plataforma web galega que presenta todos os produtos e servizos necesarios para organizar unha voda e na que as parellas seleccionan o que realmente lles interesa de cada profesional segundo as súas preferencias. A esta empresa sumarase Dani Ríos, “O casamenteiro”, que exercerá de mestre de cerimonias na feira dinamizándoa e convertendo a visita a
Celebra nunha experiencia única e divertida. Oferta Esta cita, igual que o leva facendo nestas dúas décadas, presentará unha ampla oferta de produtos e servizos para que as familias que están a organizar o seu evento para 2020, e mesmo para 2021, poidan atopar aos provedores necesarios para a súa voda, bautizo ou comuñón como o lugar para o banquete; os traxes de noivo, noiva e festa; barbaría e estética; arranxos florais; fotografía e vídeo; xoiaría; fotomatones e photocalls, e un longo etcétera de opcións. Como é habitual, a oferta expositiva compleméntase cunha pasarela de moda nupcial e festa coordinada pola Axencia Luena na que xa está confirmada a participación de empresas como Nicandra, As Badaladas, Angelo Milano, Xoiaría Loyma, París Difussion ou Drácena, entre outras.
Desfile de traxes de noiva e noivo durante unha edición anterior de Celebra.
PROVINCIA
Galicia impulsa a igualdade 4 Varias son os frontes que Xunta de Galicia ten abertos contra a violencia de xénero. Redacción A Xunta de Galicia segue firme na súa loita contra a violencia de xénero. Para elo, desenvolve unha serie de actuacións no marco do Pacto do Estado, como a campaña Agresión OFF ou iniciativas no ámbito deportivo. Pacto de Estado O Pacto de Estado contra a violencia de xénero é unha ferramenta fundamental na prevención e loita contra esta lacra. Nace dun consenso político que busca implicar a todas as institucións e sociedade no seu conxunto. O firme compromiso da Xunta de Galicia na súa execución prevé un amplo abanico de medidas que inclúen actuacións específicas en moitos ámbitos: medio rural, educación, sanidade... e que supoñen unha actuación integral, desde a prevención e sensibilización, até a atención directa ás vítimas a través de axudas ou mesmo asistencia psicolóxica. Outros acordos Na nosa comunidade existen outros moitos acordos no marco do pacto, tales como a posta en marcha en Galicia do servizo de garda psicolóxica para mulleres vítimas de violencia de xénero e os seus fillos e fillas menores ou a implantación de protección e asistencia integral para orfos/as vítimas da violencia de xénero, estes de forma pioneira en España. E hai máis como: campaña cos Bolechas para fomentar o uso de xoguetes sen estereotipos sexistas; posta en marcha da primeira vivenda tutelada especializada para mulleres con enfermidade mental vítimas da violencia de xénero; accións no ámbito educativo; convenio entre Vicepresidencia e Vivenda de 1,65 millóns de euros para sufragar un programa de Bono de aluguer social para as vítimas durante 12
Equipo de bádminto apoiando a campaña da Xunta de Galicia NON contra a violencia de xénero. meses; convocatoria de axudas a asociacións de mulleres para levar a cabo programas de sensibilización; achega de 300.000 euros ás tres universidades galegas para colaborar na prevención e a loita desta lacra; colaboración coa Federación De Asociacións De Persoas Xordas De Galicia; accións para loitar contra a violencia de xénero no medio rural por un importe de 700.000 euros; posta en marcha da quenda de garda permanente de traballadores sociais para atender a mulleres e aos seus fillos e fillas menores; achega de 300.000 euros ás ANPAS para programas de promoción da igualdade e a loita contra a violencia de xénero; investimento de 800.000 euros para os concellos para a contratación de mulleres vítimas da violencia de xénero; 290.000 euros a campañas de sensibilización e formación no ámbito sanitario; 500.000 euros para accións entre a poboación refuxiada e desprazada; e 800.000 euros para os concellos para levar a cabo accciones contra a violencia de xénero. Deporte O deporte non é alleo a este problema e nese ámbito estase a traballar con
moito pulo. Son varias as campañas grazas ao convenio entre Vicepresidencia e Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta. Este ano a inversión é de 1,5 millóns de euros e abarca medidas como campañas en espazos deportivos e difusión das mesmas, dotación da campaña NON contra a violencia de xénero para o colectivo arbitral; así como un orzamento para os deportistas olímpicos que acudan a Tokio 2020. O triatleta, Javier Gómez Noya, o piragüista Cristian Toro, a nadadora María Vilas, a iudoca María Bernabeu e os regatistas Tamara Echegoyen e Nicolás Rodríguez son algúns dos nomes de deportistas que participan no desenrolo desta iniciativa. Acordos con distintas federacións, ademais de charlas son outras das apostas da Xunta para impulsar a igualdade no deporte.
O Pacto de Estado contra a violencia de xénero é unha ferramenta fundamental na prevención e loita desta lacra
Barrios 24 de outubro 2019
4 Campaña Agresión OFF A Xunta de Galicia creou a campaña Agresión OFF, Eu digo non á violencia sexual para levar a cabo en festivais musicais coa intención de sensibilizar e evitar agresións sexuais contra as mulleres e loitar contra o acoso neste tipo de eventos. A meta principal da campaña é que as mulleres sentan seguras nestes grandes eventos, e ao mesmo tempo incidir na concienciación da sociedade sobre a violencia sexual. Para iso, colócanse casetas nos distintos festivais para distribuír material informativo como o Décalogo contra a violencia sexual: dez cosas que tes que saber. Este decálogo tamén figura na App de Agresión Off posta en marcha en agosto do ano pasado. O decálogo recolle as seguintes indicacións: - As agresións sexuais son un delito recolleito no Código Penal. - Nada justifica unha agresión: nin a forma de vestir, nin a exhibición do corpo. Tes dereito a divertirche sen ser importunado/a ou agredido/a. - Tes dereito a pasalo ben e gozar en liberdade e con seguridade. A rúa, a noite e as festas tamén son das mulleres. - Sen consentimento non é unha relación, é unha agresión.
- O consentimento non é ilimitado e existe o dereito de repensalo e a non seguir. NON É NON! - Baixo a influencia do alcol e doutras sustancias segue existindo o dereito a dicir non e se non hai un si é un non, sen que haxa outra interpretación. - Insistir cando rexéitanche é acosar. Non te poñas pesado/a. - Se necesitas axuda fronte a unha agresión chama ás 112 Emerxencias. - Se presenzas unha agresión sexista non a permitas, chama e denuncia. - Lembra que se sofres unha agresión sexual, sexa nas circunstancias que sexa non te sintas culpable porque a responsabilidade é sempre de quen agride. Ademais do decálogo a App contén consellos prácticos de como actuar ante posibles situacións de riscos e un directorio de lugares onde acudir a pedir axuda, así como teléfonos de información. Esta campaña tamén recolle a proxección de vídeos nos escenarios, ademais de persoas dando información e formación de como actuar ou a que acudir en caso de agresións. A iniciativa acompáñase de talleres formativos a voluntarios que colaboran na seguridade dos festivais de verán. O ano pasado o impacto directo foi a 4.000 persoas (700 por
Mozas nun stand de Agresión OFF no Festival Portamérica.
evento). Este ano, Vicepresidencia (a través da Secretaría de Igualdade) firmou convenios con outras conellerías dentro do marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. O acordo con Cultura (775.000 euros) valeu para realizar campañas en bibliotecas, ampliándose este anoa festas de interese turístico galego, nacional e internacional, así como en 12 festiviais do FestGalicia, e 25 concellos inscritos á Rede de entidades locais contra a violencia de xénero. Vítimas de abuso ou violencia sexual, familiares ou persoas próximas recibirán recursos terapéuticos por parte de profesionais especializados para lograr a súa recuperación integral. O programa, co que colabora a Fundación Meniños ten unha achega de 50.000 euros.
A App contén consellos de como actuar ante posibles situacións de risco, directorio de lugares onde acudir a pedir axuda, así como teléfonos de información
Barrios 24 de outubro 2019
CIDADE
O policía local do ‘VioGén’pasa ao cadrante da Policía Nacional 4 A solucion foi proposta pola xefatura da Policía Local. Redacción Despois duns días convulsos, logo de que o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jacome, anunciara que o Concello desvinculabase do programa “VioGén” contra a violencia de xénero, foi o mesmo rexedor o que adiantou que o policía local encargado da atención ás vítimas de violencia de xénero incorporarase ao cadrante da Policía Nacional. Esta solución foi proposta desde a xefatura da Policía Local de Ourense, e como avanzou Jácome “mellorará a ratio de atención de vítimas por axen-
te”, xa que se antes atendía unha soa persoa a 32 mulleres, mentres que a Policía Nacional tiña 8 para 150, e agora poderá adicarse cada axente á atención de 19 vítimas. Ademais, lembrou que Ourense é unha das 22 capitais de provincia españolas nas que a Policía Local presta este servizo. A súa incorporación ao cuadrante da Policía Nacional realizarase, como estaba previsto, o 22 de marzo de 2020, data na que se debía revisar o convenio do programa ‘VioGén’. O rexedor lembrou que as competencias en materia de atención ás vítimas de violencia de xénero co-
rrespóndelle aos corpos de seguridade do Estado, o que non quita que “ante calquera emerxencia, a Policía Local actuará como se espera que teña que facer”. “Outras capitais, como Lugo, gobernada polo PSOE, ou Santiago, non o teñen”, dixo, “e A Coruña acaba de incorporalo recentemente”, remataba. COTGS Foron moitas as voces que se alzaron contra esta medida. Ademais de todos os partidos da oposición, houbo outros colectivos que se pronunciaron en contra. O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG) mandou un comunicado no que esixía ao alcalde de Ourense manter o sistema de protección ás vítimas de violencia machista. E afirman que, malia que Jácome aludiu ter tomado esta determinación asesorado por unha técnica da policía local, estamos ante “unha decisión política”.
Socios, directiva e autoridades locais na celebración do segundo aniversario da posta en marcha do local social da AVV Peliquín.
A AVV Peliquín festexa o 2º aniversario do seu local A Asociación de Veciños Peliquín estivo de celebración o pasado 18 de outubro. E é que por esas datas, hai dous anos, facían realidade unha vella demanda: a de dispor dun local social para todos os socios da asociación ubicada no barrio do Peliquín; o local está situado na rúa Río Cobas, 14A. Á celebración non quixeron faltar autoridades locais, como o ex alcalde da cidade, Jesús Vázquez, ou os concelleiros Flora Moure e Manolo Álvarez. Como cada celebración que ten lugar desta AVV estivo moi concurrida de veciños e amigos que se quixeron unir a este festexo. Desde que collera as rendas da asociación a nova directiva o número de socios creceu de forma asombrosas chegando a superar os 300 na actualidade. É tal o éxito que están a ter que hai lista de espera nalgún dos cursos que se dan no local. O festexo contou cun ágape a base de empanada, queixo, xamón, pincho de uva e queixo e rosquillas de postre. Tampouco faltaron viño, auga e refrescos.
O CARBALLIÑO especial
Barrios 24 de outubro 2019
Recta final das obras de accesibilidade ao camping e Museo Etnográfico do Arenteiro O concelleiro de Cultura, Diego Fernández, xunto á vicepresidenta, presidente e tesoureira da coral.
4 Tamén se realizan melloras no aparcadoiro. Redacción
Música de Portugal e Salamanca no Festival GalaicoPortugués 4 Este ano coincide co 40 aniversario da Coral Casino. Redacción Este ano a Coral Polifónica do Casino do Carballiño celebra o seu 40 aniversario ademais do 37º Festival Galaico-Portugués de Polifonía e Canto Coral. Os actos de celebración terán lugar este sábado, 26 de outubro e traerán ao Carballiño a dúas agrupacións corais de Portugal e unha de Salamanca como convidadas para os dous eventos. Son a Coral “Annuba”, de Salamanca; do Orfeâo da Fundaçâo Alord, de Paredes-Porto; e da Coral Caetanense de Cantanhede, de Coímbra. O festival comezara ás 20.30 horas no salón de actos do Casino do Carballiño, con entrada de balde. Ao remate do festival, as 150 persoas integrantes das catro corais participantes celebrarán unha cea de confraternidade, e o domingo 27, na misa das 12.30 horas na Veracruz, cantará unha destas corais en memoria de todos os coralistas e directores falecidos. Posteriormente haberá un xantar de confraternización. A presentación desta iniciativa tivo lugar no Casa Consistorial do Concello do Carballiño. Na mesma estiveron presentes o concelleiro de Cultura, Diego Fernández; a vicepresidenta da Coral do Casino, Pilar
Caballero; a tesoreira da entidade, Mari Carmen Fernández, e o director da mesma, Jaime Pichel. Coral Casino A Coral do Casino tivo ao longo destes corenta anos seis directores, un feito que subliñou Pilar Caballero ao referirse á traxectoria da entidade, que naceu en 1979 por iniciativa do presidente do Casino, Manuel Blanco co apoio de Juan Corral e de quen sería o primeiro director da coral José Antonio Bueno. No ano 1984 sucedeuno Vicente Abeijón, e tras él, José Luis Reza, que coincidiu cunha etapa álxida da coral, na que se viaxou a Arxentina, Venezuela e México; logo virían Ana Docampo Arocas, durante o período no que se celebrou o 25 aniversario da coral, e Begoña Alonso. Finalmente, no 2011 a dirección asumiuna Jaime Pichel, que continúa na actualidade.
Os actos darán comezo ás 20.30 horas deste sábado no salón de actos do Casino do Carballiño
Xa está na fase final o proxecto de mellora do aparcadoiro e accesibildiade do camping e Museo Etnográfico do Arenteiro. Durante estes días a empresa executora da obra ultima o que son as últimas pinceladas destas melloras. A primeira fase do aparcamento, que está situado nunha carballeira preto da recepción do camping e dos bungalows, xa se completou, e agora rematarase nestes días a pavimentación das prazas reservadas ás persoas con discapacidade e colocación un panel en 2D coa sinalización turística da zona. O novo pavimento do traxecto de sendeiro do río Arenteiro entre a Pena dos Namorados e os muíños do Museo Etnográfico quedou xa rematado, e agora estase finalizando a mellora do
aparcamento, que contará con prazas reservadas e adaptadas para vehículos de persoas con mobilidade reducida. Tanto o alcalde, Francisco Fumega, como o concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, comprobaron de primeira man como marchan, e como quedaron, as obras. Orzamento O proxecto de mellora da accesibilidade no camping municipal e creación de aparcamento, promovi-
4 Cristina García Rodero dará unha master class o 23 e 24 de novembro. Nesta segunda edicion o Arenteiro Fotográfico contará gran cunha calidade na súa programación. 20 exposicións -en 10 salas-, tres charlas e dúas homenaxes, ademais de obradoiros, conforman un programa que se celebrará no Carballiño entre
O orzamento da obra -48.400 euros- chega duna subvención da Dirección de Turismo de Galicia
novembro e decembro. O evento está organizado pola Asociación Fotográfica O´Potiños Manuel Blanco, presidente da Asociación Fotográfica O´Potiños, cualificou de éxito sen precedentes a organización desta edición, atendendo sobre todo á categoría dos fotógrafos participantes,
EN BREVE 4 Coco, o musi-
cal
O músical tributo á película Coco “Recuérdame” chegará ao auditorio municipal do Carballiño o domingo, 8 de decembro, ás 17 horas. As entradas xa se poden adquirir de xeito anticipado na páxina web www.woutick.es ou no restaurante do Carballiño Comonacasa.
4 Cine club O auditorio municipal acolle este venres día 25 a última proxección do mes. Chega a película gañadora do Festival de Sundance “La deseducación de Cameron Post”. Os pases serán ás 20:00 horas, versión dobrada ao castelán, e ás 22:30 horas en VOS.
4 Plan Integra-
do de Emprego
O Plan Integrado de Emprego do Carballiño “Carbaemprega”, que remata a finais deste mes de outubro, podería ter continuidade cunha terceira edición. Así o manifestaron tanto o concelleiro de Turismo, Industria e Comercio, Manuel Dacal, como o alcalde, Francisco Fumega. Ata 60 persoas xa traballaron durante o Plan.
Estado das obras.
Vinte exposicións no Arenteiro Fotográfico
Redacción
do polo concello do Carballiño, ten unha subvención da Dirección de Turismo de Galicia que cubre a totalidade do orzamento das obras, que é de 48.399,94 euros.
entre eles o catalán Manel Puigcerver, que exporá no auditorio municipal Manuel María a súa obra “Himno a la belleza femenina” e dará a charla inaugural o 2 de novembro no Hotel Arenteiro. O día 30 de novembro, o fotógrafo Xurxo Lobato, que será presentado polo historiador Felipe Senén, dará unha charla. En canto ás homenaxes, renderáselles tributo a
Héctor Guzmán, falecido hai un ano, e Mari Hizquierdo, falecida recentemente, integrantes os dous de O´Potiños. Master class Sen dúbida, un dos pratos fortes desta edición é a master class que ofrecerá a fotógrafa da Axencia Magnum Cristina García Rodero. Impartirase os 23 e 24 de novembro e as prazas xa están cubertas.
Presentación do Arenteiro Fotográfico.
10
Barrios 24 de outubro 2019
PROVINCIA
un total de 41 colexios da provincia que acolleron 86 talleres nos que participaron un total de 1.798 nenas e nenas. No presente curso desenvolverase a terceira fase cuxo obxectivo é acudir aos restantes centros educativos ata acadar o 100% daqueles que desexen participar na iniciativa, amais de dar continuidade ao obradoiro nos colexios que xa participaran nas anteriores fases. Foto de familia de autoridades, alumnos, profesores, enfermeiras e monitores no Colexio Guillelme Brown do Pereiro de Aguiar. /RAMSÉS.
En caso de emerxencia, chama ao 112 4 Escolares de primaria da provincia reciben formación para afrontar unha emerxencia. Redación O programa Pupas, Sustos e outros desgustos forma a escolares de primaria da nosa provincia a afrontar unha emerxencia. A delegada da Xunta de Galicia en Ourense, Marisol Díaz, xunto a xefa territorial da Consellería de Sanidade, Laura López del Castillo, e o alcalde de Pereiro de Aguiar, Luis Menor, comprobaron todo o aprendido neste taller polos alumnos de 3º e 4º de primaria do CPR Plurilingüe Guillel-
me Brown, do Pereiro de Aguiar. Trátase dunha simulación práctica e xogos, para perder o medo e actuar, tanto en pequenos accidentes como emerxencias, adaptada as súas idades. A delegada territorial subliñou a importancia de formar, xogando, aos máis pequenos neste ámbito “xa que nalgunhas ocasións pode salvar vidas, xa que aprenden cando e como alertar aos servizos sanitarios ante unha emerxencia e como actuar”.
Este taller está impartido por enfermeiras de atención primaria e comezou hai dous anos, no curso 2017-2018, na comarca do Carballiño. Dado o éxito acadado na súa primeira fase, o programa continuou a desenvolverse o pasado curso chegando a
Simulacros Nos talleres, os alumnos realizan exercicios prácticos en grupo. Divido en dúas partes na primeira aprenden como actuar en situacións máis comúns: febre, diarrea e vómitos, golpes e hematomas, feridas, cortes, sangrado pola nariz, sustancias nos ollos, queimaduras e recomendacións para manterse sans. E no segundo se lles orienta a recoñecer situacións máis graves, ao tempo que se lles traslada a importancia e a maneira de alertar aos servizos sanitarios, así como a recoñecer e actuar ante o atragantamento, convulsión ou inconsciencia dunha persoa.
Os alumnos aprenden a actuar tanto en situacións comúns (vómitos, diarreas, golpes...) coma para recoñecer as máis graves (insconsciencia, convulsións...)
A Xunta dá axudas ao comercio de proximidade 4 Colabora con dez asociacións da provincia. Redacción A Xunta de Galicia colabora con dez asociacións da provincia de Ourense para continuar traballando na dinamización e revitalización do comercio de proximidade. A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, informou durante unha reunión celebrada na sede do Centro Comercial Aberto de Ourense, que ao abeiro dos programas de apoios ás asociacións de comerciantes para a dinamización dos centros comerciais abertos (CCAs) e prazas de abastos, e do destinado ás asociacións de comerciantes de ámbito superior ao municipal ou federacións, este ano resultaron beneficiados na provincia ourensá oito CCAs, unha asociación de praceiros e unha federación cunha achega de preto de 312.000 euros. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou recentemente ambas as dúas resolucións da Consellería de Economía, Emprego e Industria.
A delegada explicou que o obxectivo é reforzar o papel destas asociacións na dinamización do comercio na actividade das vilas e cidades galegas a través de iniciativas que permiten atraer clientela e mellorar os servizos que se ofrecen aos consumidores. Como novidade, entre as actuacións apoiadas inclúese a creación de sinerxías e oportunidades dixitais a través do asociacionismo, con axudas para a posta en marcha de solucións dixitais para a venda e promoción de produtos dos comercios asociados e mellora e modernización da imaxe do centro comercial aberto, a implantación e mellora do portal web do CCA ou márketing dixital. Celanova Súmase a este programa por primeira vez a Asociación de Comerciantes de Celanova que, xunto cos centros comerciais abertos de Verín, Ribadavia, Carballiño, O Barco de Valdeorras e de tres existentes na capital (Ourense Centro, Ourense Norte e Couto Centro), reciben un total de 275.069 euros.
DEPORTES
Barrios 24 de outubro 2019
11
Ourense Envialia, suma e segue 4 O Sala Ourense perdeu a condición de invicto. O Cidade perdeu ante o Esplugues. Redacción A última fin de semana deixounos a un Ourense Envialia que non floxea, a un Sala Ourense que caeu por primeira vez na tempada e a un Cidade que sumou a quinta derrota consecutiva. Primeira división Con seis xornadas disputadas xa non é noticia que o Ourense Envialia manteña o pulso con Burela e Futsi ao fronte da clasificación. Estos tres equipos son os únicos que contan os seus encontros por vitorias, polo que xa marcan diferenzas co resto agás co Alcorcón que está a unha vitorias dos tres. A pasada xornada as de Morenín desfixéronse do Bilbo por un contundente 0-5. Para esta semana reciben nos Remedios ao Sala Zaragoza, equipo que está a ser a sensación neste primeiro tramo de liga ocupando a quinta posición. O Cidade das Burgas, pola súa banda, desde o debut con vitoria leva
encadenadas cinco derrotas. A última contra o Penya Esplugues pola mínima (3-4). Para esta fin de semana visita ao Futsi. Sala Ourense En Segunda división B, o Sala Ourense perdeu a condición de invicto ao caer na casa diante do Domotec de León. Un a dous foi o resultado final dun encontro no que os de Kike García tentárono ata o final, porén desta ocasión non estiveron acertados nos últimos metros. Esta semana tócalles desprazarse ata unha das canchas máis difíciles, xa que xogarán contra o actual campión de liga, o Atlético Benavente.
Esta xornada o Envialia recibe ao Zaragoza, o Cidade visita ao Futsi e o Sala Ourense ao Atlético Benavente
Momento do xogo entre Sala Ourense e Domotec de León. /C. DOMARCO.
Begoña Domínguez e Luis Iglesias, vencedores do “Correndo por Ourense”, entrando na meta da Carballeira. /R.T.
Begoña Domínguez e Luis Iglesias dominan o “Correndo por Ourense” 4 Os dous atletas foron os vencedores desta novena edición. R. Torres O barrio da Carballeira puxo o punto e final á novena edición do circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense”. Nesta ocasión os atletas do Atletismo Arenteiro Luis Iglesias e Begoña Domínguez proclamáronse vencedores. Na carreira deseguido
formouse un trío entre os que estaban os atletas do Ourense Atletismo Saturnino González e Julián Romero, xunto co propio Iglesias. Estiveron nas dúas primeiras voltas xuntos ata que na definitiva o do Arenteiro cambiou o ritmo e deixounos entrando só en liña de meta. Segundo foi Romero, a nove segundos, e terceiro, Gon-
zález, a 15. O circuíto masculino rematou coas mesmas posicións para estes tres atletas. En mulleres, Domínguez colleu a primeira posición desde os primeiros compases e xa non a deixaría ata a liña de meta. En segunda posición, a máis de 40 segundos, remataría a atleta do
Pato Blanco de Celanova, María del Carmen Arias; moi preto desta chegaba a terceira clasificada, Brook Hansel. Na clasificación xeral do circuíto, as dúas primeiras posicións foron para Domínguez e Arias, sendo a terceira, Nerea Conde Álvarez. Premios Despois das carreiras entregáronse os premios aos mellores de cada categoría nesta proba. Os premios do circuíto daranse durante o transcurso do salón Sportur, o día 16 de novembro, previo á carreira do San Martiño. Respecto á carreira decana de Galicia, que terá lugar o domingo, 17 de novembro, xa ten aberta as inscricións.
12
Barrios 24 de outubro 2019
Parroira Trail Redacción O Concello da Merca, xunto á Asociación Deportiva OVALA2, organiza a primeira edición da Parroira Trail por parellas. Trátase dunha carreira de montaña e consta de dous percorridos (un de 15 quilómetros e outro de 28). A saída terá lugar a partir das 9:30 horas do 3 de novembro desde o pavillón municipal da Merca. As inscricións pódense realizar na web galitiming.com ata o 30 de outubro ás 23:59 horas. Ten un custe de 15 euros por participantes en calquera dos dous percorridos. Os participantes na modalidade de parellas deberán permanecer durante o percorrido a unha distancia máxima entre ambos de dous minutos, tendo que chegar á liña de meta xuntos. A proba transcorre pola Merca, Proente, Pazos de Olás, Entrambosrios, Rubillós, A Parroira, Rebola, Queiroá e zonas do Concello da Bola. Andaina Pero a actividade deportiva non se queda só neste trail no Concello da Merca. O domingo, 27 de outubro, ás 9 horas, desde o local social de Rubillos dará saída a décima edición da andaina. Os interesados en participar na andaina poderán inscribirse ata o 25 de outubro ás 13 horas no Concello ou o mesmo día da andaina ata 30 minutos antes. O prezo da inscrición é de 5 euros.
DEPORTES
Pensando en Alicante para olvidarse de Palencia 4 O Club Ourense Baloncesto visita ao recén ascendido despois da derrota vivida contra un dos mellores equipos da Liga.
4 Son primeiro e terceiro, respectivamente. Redacción O Ourense Club de Fútbol vai tan sobrado neste tramo de campionato na Terceira división que aínda cedendo un empate na casa fronte o Vilalbés (0-0) non é impedimento para que os de Fran Justo continúen comandando a clasificación. Agora mesmo son líderes con 22 puntos, un máis que o Compostela que vén de vencer ao Estradense por tres goles a dous. Os ourensáns buscarán manterse ao fronte da clasificación no seu desprazamento a Arzúa.
R.T. O COB chegaba á cuarta xornada coa moral polas nubes e continuou con ela por alí enriba ata os minutos finais do choque contra Palencia. Ata ese momento, o equipo de Gonzalo García de Vitoria fixo un partido de nota e cun público totalmente entregado. Pero foi neses minutos, nos que se deciden un encontro tan igualado, cando soe saír a relucir o caché dos xogadores; e aí os casteláns venceron por goleada, ou máis concretamente por 72-81. Durante todo a cita os ourensáns foron quen de estar no partido e dominalo durante moitos minutos. Tres triplas seguidas de Ott vislumbraban unha tarde inolvidable para o estadounidense, pero quedouse en espellismo. A pesar diso é un dos líderes do equipo e iso nótase. Quen está dando pasos para ser o auténtico guía dentro da pista é Balaban. O serbio anotou 28 puntos, colleu 10 rebotes e puxo dous tapóns para contabilizar 28 puntos de valoración e estar no quinteto ideal da xornada. Mención especial merece o amago que fixo ao seu par para cunha reviravolta quedar só ante
Ourense CF e Barco manteñen o tipo
Van Wijk entrando a canastra. /C. DOMARCO. a canastra e anotar a pracer. Xa ten no bolsillo á afección. Van Wijk é outro que, polo seu carisma ten no peto aos seareiros; o resto, irán sendo do beneplácito da bancada a pouco que o dean todo en cada partido. Alicante Esta fin de semana chega a quinta xornada na LEB Ouro na que o Club Ourense Baloncesto visita ao Alicante, recén ascendido que conta con dúas vitorias e dúas derrotas e deixan moi boas sensacións neste arranque de curso. Alí estará no banco un Pedro Rivero, que era o buque insignia do COB o ano do ascenso. Atoparase esta fin de semana con Gonzalo
García de Vitoria, o que fora o seu adestrador nesa época; mestre e alumno veranse as caras. Tras esa xornada chega a primeira entre semana. Os ourensás recibirán no Pazo o mércores 30 de outubro ás 20:45 horas ao Valladolid, outro dos equipos que están a facer un gran inicio de tempada (empatado co COB con tres vitorias e unha derrota).
O seguinte partido do COB no Pazo será o mércores 30 de outubro contra o Valladolid
Derbi O encontro disputado entre o Barco e a Unión Deportiva Ourense saldouse coa vitoria dos valdeorreses por 3 a 2. O partido tivo moita emoción e os visitantes fixeron méritos para non saír de Calabagueiros con cero puntos, sobre todo nuns primeiros compa-
ses de encontro nos que mantiveron maniatados aos barquenses. A efectividade dos de Manolo Pérez serviu para lograr os tres puntos que tiveron que suar; despois do 3-0 os de Currás foron quen de lograr dous goles e meterlle o medo no corpo aos valdeorreses. O Barco suma xa seis vitorias consecutivas, o que o levou á terceira posición a tres e dous puntos do primeiro e segundo respectivamente. Esta fin de semana visita ao Estradense. Pola súa banda, a UD Ourense recibe no Couto a partir das 17 horas do domingo ao Bergantiños. Arenteiro O Arenteiro tamén conta cunha boa racha, que o levou a puntuar nos últimos cinco encontros. O último saldouse con vitoria por 2-0 fronte o Silva en Espiñedo. Os do Carballiño ocupan a oitava praza con 12 puntos; esta fin de semana visitan ao Vilalbés.
Barco - UD Ourense en Calabagueiros. /Y. SEARA.
DEPORTES
Barrios 24 de outubro 2019
13
Samaniego: de Ourense a Israel pasando pola Coruña e Madrid 4 O ourensán David Samaniego é o responsable da academia de xóvenes do Hapoel Beer Sheva. Pelayo Mon no seu monopraza durante unha proba.
Pelayo Mon, terceiro nas Pontes 4 Na última proba do Campionato de Galicia de karts. Redacción A última carreira do Campionato Galego de Karting disputouse no Circuíto das Pontes o pasado 5 de outubro. Na mesma, o ourensán Pelayo Mon asinaba un terceiro posto na categoría cadete, estreándose no podio na súa segunda carreira neste campionato, tras un 6º posto na súa primeira participación o 14 de setembro na Madalena. Na súa curta traxectoria Pelayo vén de quedar primeiro no Open Renault 2018 celebrado conxuntamente co Campionato de Asturias o pasado ano, gañando tres do cinco probas das que constaba o evento, recibindo o trofeo nun dos meeting de mans do mesmo Fernando Alonso. Este ano foi unha tempada agridoce, pois os problemas mecánicos ao comezo e a cancelación de probas ás que estaba previsto asistir fixeron
que se perdese boa parte da tempada, pero os resultados ao final da mesma coa inestimable axuda de Abel e Luís de SeijoKart SC, fixeron que a ilusión e as ganas de superación aparezan de novo. Futuro Tras non poder participar no Campionato de Asturias 2019 por problemas de homologación do motor, agora comeza o traballo de preparación, de cara á próxima tempada poder disputar o galego na súa totalidade, e de solucionar os devanditos problemas de homologación poder participar nalgunha das probas dos veciños campionatos de Asturias e Castela.
Pelayo agarda poder participar en todas as probas do Galego do ano que vén
Redacción O ourensán David Samaniego García (07/09/1985) ten nas súas costas unha historia nada convencional relacionada coa súa paixón: o fútbol. Os seus primeiros pasos deunos en Ourense; ata os 18 vivindo na cidade e desde os 6 formando parte da plantilla do Pabellón, sendo incluso o capitán no seu último ano en División de Honra xuvenil. Despois marcha -en 2003- cara A Coruña onde estudia INFEF (Licenciatura en Ciencias da Actividade Física e Deporte). Na tempada 2004-05 milita no filial do CD Ourense e ao ano seguinte ficha polo Laracha de Terceira división. Remata os estudos
David Samaniego diante do escudo do Hapeol Beer Sheva. universitarios e realiza os cursos de adetrador de fútbol (Nivel 1,2 e 3), deste xeito pode adestrar a calqueira equipo nacional. Os primeiros anos demostra as súas dotes de técnico en equipos de base da provincia herculina como o Sporting Coruñés, Laracha CF e Betanzos CF, clubs nos que tamén ficha
O ourensán nunha das clases cos futbolistas das categorías inferiores do club israelí.
coma futbolista. Madrid O seu último ano na Coruña xoga no Arteixo e ao rematar a tempada marcha cara Madrid a traballar como funcionario do Estado. Alí, compaxiña o traballo co fútbol (xogador e adestrador) ata que en 2014 se cruza no seu camiño o Atlético de Madrid para facer de segundo adestrador dun dos equipos cadete. Nos seguintes anos compaxina a súa función no club madrileño xunto ao traballo de director académico dunha escola de adestradores de fútbol (que conta cunha sede no colexio Salesianos de Ourense). Ademais traballa en SpainSport, como coordinador xeral de becas deportivas para Estados Unidos asesorando a deportistas que rematan o bacharelato e queren ir ao
país americano becados a través do deporte que practican. Israel Neste 2019 a Samaniego presentóuselle a oportunidade de ir a Israel cun proxecto internacional que ten o Atlético de Madrid co Hapoel Beer Sheva. Firma por un ano, con opción a máis tempo, como director deportivo e responsable da academia de xóvenes do club israelí, ademais de ser o adestrador do equipo sub19 (equipo que xoga na máxima categoría xuvenil do país e ser o filial do primeiro equipo).
David Samaniego leva vencellado ao Atlético de Madrid dende o 2014
14
Barrios 24 de outubro 2019
4AXENDA Exposicións - Ata o 27 de outubro - Mostra sobre a película “Sempre Xonxa” - Centro Cultural Marcos Valcárcel - Ata o 27 de outubro - XV Certame de Artes Plásticas Deputación Ourense - Centro Cultural Marcos Valcárcel - Do 24 de outubro ao 24 de novembro - Transitar a rutina, de Neves Seara - Centro Cultural Marcos Valcárcel Cinema e teatro - 25 de outubro - Proxección de “La deseducación de Cameron Post” - 20 e 23 horas - Auditorio Municipal Manuel María do Carballiño - Do 23 ao 27 de outubro - 12º FITO - Ourense Conferencias - 24 de outubro - sesión inaugural da Academia Médico Quirúrxica de Ourense: “Investigar nun hospital, como facelo realidade?” - 20 h - Centro Cultural Marcos Valcárcel - 25 de outubro - “A integración dos hemisferios cerebrais” - 20 h Centro Cultural Marcos Valcárcel - 26 de outubro - Obradoiro: Do concepto á realización: o fotolibro, o álbum e o fanzine - de 10 a 14 e de 16 a 20 h Centro Cultural Marcos Valcárcel - Do 29 ao 30 de outubro - VI Curso o novo protocolo para os novos tempos: A linguaxe vexilolóxica. As Bandeiras e o seu Protocolo -C.C. Marcos Valcárcel Deportes - Do 25 ao 27 de outubro - Festival sendeirismo área Allariz - Allariz - Día 26 - Ourense Envialia - Sala Zaragoza 17.00 h - Os Remedios - Día 26 de outubro Andaina zombie Cenlle - 20 h - Cenlle - 26 e 27 de outubro VII extremo Mesego - O Carballiño - 27 de outubro - UD Ourense - Begantiños - O Couto www.periodicobarrios.com
OCIO E CULTURA
4TRIBUNA ABERTA
4ARQUIVO VISUAL OURENSÁN
Barcelona
Cando os maiores volven ser mociños O venres, 11 de outubro, o Campus de Ourense da Universidade de Vigo, foi escenario da graduación de titulados sénior do “Programa Universitario de Maiores”, estiveron presentes nun acto conxunto os titulados dos tres campus. Vigo, Ourense e Pontevedra. O acto contou co profesorado implicado no programa, e do reitor Manuel Reigosa que saliantou a importancia da Universidade como formadora, de persoas preparadas para axudar á sociedade, sen esquecer o outro grande cometido de ensinar valores e ser xérmolo de inquedanzas e soños. Os titulados escolleron a ourensá Antonia Blanes para o discurso de agradecemento, en verbas da propia Antonia “o día que deixemos de aprender ese día empezaremos a morrer”, e “éste momento é importante pois cando nos dín para que queres estudar a túa ida-
Avelino Jácome con Martínez Coello e Blanes, encargada do discuso. /ESTEBAN ESCUREDO. de, eu digo para qué, non, para quen, para min, para ti, para vos… pois sen cultura o mundo sería moito menos fermoso”. “Os sénior comparten coñecementos cos júnior, a idade non é nigun impedimento, interactúan mestes e alumnos, mozos novos e mozos máis maiores, manterse activos despois da xubilación, estudar aquelo que non puideches, e estar rodeado de xente nova e de persoas cheas de coñecementos e de cariño, fainos rexuvenecer de novo” nos decía o pintor Miguel Ángel Martínez Coello, outro dos matriculados
nos cursos. O reitor fixo un chamamento a que ninguén se quede na casa e reivindicou a “calidade desta Universidade, que vos pido que recomendedes a todos, estamos facendo moitas cousas e moitas moi ben, vos sodes os nosos mellores embaixadores”. O acto pechouse coa actuación do Coro e un ágape na cafetería onde invitados, profesores e alumnos conversaron e compartiron experiencias.
Agonizaban os 70 e agromaba a democracia. Con este alentador panorama, o meu padriño Hilario decide deixar Ourense para gañar a vida de taxista en Barcelona. Estes días visítame o seu recordo de maneira intermitente, reclamado pola violencia e o abafante fume dun conflito fabricado desde os despachos e alimentado por unha cruenta ideoloxía asentada sobre falsos mitos. Hilario morreu moi novo, talvez demasiado. Fíxoo namorado da marabillosa terra que o acolleu con agarimo. Hoxe sería un “charnego”.
Inverso camiño fixeron, tempo atrás, unha chea de cataláns cara a Ourense na procura dun futuro mellor para os seus, caso dos Fábrega, os Oliver, os Pascual, os Reverter, os Sirvent ou os Bosch, entre outros. O hotel Barcelona da Avenida de Pontevedra deseñado por Vázquez-Gulías, testemuña este fermosísimo irmandamento que hoxe cobra infausto protagonismo. Tras da lona, ferido de morte, o Barcelona agarda a chegada da ruína que sempre sucede ao descoido. Fernando Valcárcel
Avelino Jácome
Foto dos titulados. /ESTEBAN ESCUREDO. Publicidade do hotel Barcelona. Ano 1962.
4HUMOR
OCIO E CULTURA / CLASIFICADOS
Barrios 24 de outubro 2019
15
BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda, C. Domarco, Avelino Jácome. Yedra Seara Nº111 - Ano: XII - 24 de outubro de 2019 - Difusión: 7.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.
Seis obras no FITO
son seis as propostas que se poderán ver tanto no Teatro Principal como na Universidade ou mesmo na rúa. Despois de que este mércores chegara “La voz dormida”, o xoves é o turno de ver “La miel es más dulce que la sangre”, ás 20
horas no Principal. O venres, dobre sesión: “Oopart”, na rúa ás 19 horas e “Chola a it girl”, ás 21 horas no Campus, O sábado, “Hemos venido a darlo todo”, ás 20 horas no Principal, igual que o domingo “Generación Why” ás 19 horas, pechando o festiva. As entradas para as obras no Principal son 8 euros e a da Universidad -Sala Emilia Pardo Bazán-, 5 euros. O teatro na rúa é de balde.
promovidas por asociacións veciñais e comisións de festas. As entidades ou asociacións poderán presentar as súas solicitudes até o venres, 8 de novembro. A contía das subvencións estará en función do custo dos programas ou actividades e dos recursos cos que conte para cubrir estes parcialmente. En ningún caso o importe da subvención poderá ser de tal contía que supere o 75% do orzamento do proxecto. As solicitudes presen-
taranse a través do trámite dispoñible na Sede electrónica municipal. O extracto da convocatoria pódese consultar no Boletín Oficial da Provincia de Ourense de 17 de outubro, e toda a documentación relativa a esta convocatoria está dispoñible na páxina web do Concello de Ourense. Para máis información, as persoas interesadas poden dirixirse á Concellería de Cultura do Concello de Ourense, na Rúa da Canle 2, teléfono 988391290.
4 O festival celébrase ata o domingo 27 de outubro. Redacción O Festival Internacional de Teatro de Ourense celebra a súa 12ª edición ata o domingo, 27 de outubro. Cunha programación máis pequena do habitual -debido a que o Concello non ofrece o seu apoio-
Subvencións á cultura Redacción O Concello de Ourense convoca as subvencións destinadas á realización de programas, proxectos ou actividades culturais e recreativas considerados de interese público promovidos por asociacións ou entidades sen fin de lucro; así como as festas patronais, romarías e outras celebracións de carácter tradicional ou senlleiro
Botánico de Montealegre
Desfile Samain
Praza de Abastos
Redacción
Redacción
Redacción
Aberto o prazo de inscrición nos 10 obradoiros (que se ofrecen ata final de ano) do parque de Montealegre, dirixidos ao público o infantil, os domingos ás 11 da mañá; e o adulto, os sábados ás 15 horas. As actividades son gratuítas pero con prazas limitadas: haberá que anotarse no formulario do espazo web www. botanicodemontealegre. com. A primeira delas, este domingo 27 de outubro ás 11 horas, dirixida a maiores de 5 anos: ‘Máscaras e Milladouros de Samaín’.
Os grupos que desexen vestirse e sumarse ás procesións de Samaín, do 31 de outubro, recreando libremente o que para elas representa a Santa Compaña poderán inscribirse vía correo electrónico á Concellería de Cultura (cultura@ourense.es), especificando o nome da persoa responsable, o número de participantes e o contacto telefónico. O prazo está aberto ata o luns 28 de outubro ás 14 horas. As procesións partirán desde varios puntos e confluirán na praza Maior.
A Praza de Abastos de Ourense súmase á celebración de Samaín no que haberá un obradoiro de confección de caretas terroríficas. O evento terá lugar este venres, 25 de outubro, a partir das 18.30 horas. Ese mesmo día abrirase o prazo para a presentación dos traballos do “IV concurso de cabaciñas de Samaín”. Con este concurso os preaceiros queren premiar os traballos realizados por alumnos da provincia de 0 a 12 anos. Os traballos pódense entregar ata o día 31 en horario de mañá.
4ANUNCIOS CLASIFICADOS [Deixe o seu anuncio no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]
INMOBILIARIA Alugo sala para actividades culturais, con posibilidade de cociña, baño e outros sertvizos. Tlf.: 988 247 113. Busco casa en alquiler na periferia de Ourense. Opción a compra ou dunha permuta dun piso situado na Valenzá. Tlf.: 600 826 029. Vendo casa pola estrada de Santiago, con finca. Para restaurar. Tel.: 988 247 824. Alugo oficina na rúa Progreso. Exterior. Prezo económico Tel.: 988 247 824. Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunitaria Tel.: 650 64 15 19. Vendo casa na zona de Rante (a 8 km de Ourense) preto da autovía. 3 dormitorios, terreo, pozo de auga e garaxe. Prezo 49.800€. Tlf: 606 422 543 Vendo finca edificable. Zona Rante. Moi económica (11.900€). Tlf: 606 422 543 Alugo casa de campo a 5km de Allariz. Todos os servizos. Tlf: 657 945 665. Alugo casa de campo a 5km de Allariz. Todos os servizos. Tlf: 657 945 665. Véndese o alúgase un piso na estrada de Vigo. Preto do Lidl. Amoblados. Bo prezo. Tel.: 988 234 342. Alugo almacén pequeno en soto de garaxes. Para almacén, adega, trasteiro ou garaxe de moto. Rúa Francisco de Moure. Tel. 636 32 95 24. Alúgase apartamento en Montalvo con dúas habitacións, cociña, salón, baño, barbacoa, aparcadoiro, xardín; fronte á
praia. Tel: 607 271 916 Véndese apartamento de 2 habitacións, cociña americana, baño, trasteiro e garaxe. Recén reformado. A 5 min. de praia América. Bo prezo. Tel. 620 66 07 62. Alugo praza de garaxe na zona universitaria. Prezo 55 euros. Tlf.: 636 329 524. Alugo oficina económica de 15 metros cadrados, amoblada, con baños comunitarios por 100 euros máis 7 de comunidade. C.E:C. Tel.: 627 203 131
Busco mozo como asistente persoal con certificado de atención a persoas en situación de dependencia ou con auxiliar de enfermería. Boas condicións laboraia Tel.: 679 699 508. Ofrécese señora por horas para tarefas do fogar, coidado de nenos. Atende persoas maiores; tamén de noite en hospital ou domicilio. Telf.: 620 052 173. Coido ou acompaño a maiores enfermos polas noites. Económico. Tel.: 616 361 548.
TRABALLO
VENDAS
Danse clases de francés a domicilio. Todos os niveis. Titulación en España e Francia. Tlf.: 625 745 611 Imparto clases particulares de Matemáticas a domicilio en Ourense capital. Todos os niveis. Tamen materias curriculares de ESO e Bacharelato. As clases son individuais e personalizadas. Amplia experiencia. Excelentes resultados. Económico. Interesados enviar mensaxe vía WhatsApp ao 610 38 25 89. Ofrécese xerocultora para axuda a domicilio en Xinzo. Tamén para limpeza de casas e negocios por horas e adaptados ao seu horario. Tel: 686 005 358. Fanse desbroces en tractor e a man. Tlf.: 63 521 448 Ófrecese señora seria e responsable para tarefas do fogar e coidado de nenos e maiores. Con informes. Preferencia zona Ponte. Tlf: 685 374 191. Busco traballo en desbroces con tractor ou condutor de camión e carretillas. Ampla experiencia. Tel: 637 282 405.
Compro moble de cociña completo. Tel: 988 247 824. Vendo escritorio. Como novo, bo prezo. Tel: 988 247 824. Vendo estufa de frío e calor. Tel: 988 247 824. Vendo remolque tenda comanche compact ano 2012. Como nova. 2.500€. Tel: 620 43 20 60 Vendo porta de cristal e aluminio. Tel: 988 247 824. Vendo hormigonera de 280 litros e maquinillo / grúa (a gasolina). Tel.: 988 23 47 91 Vendo maquina de coser industrial (dobre arrastre). Tel.: 630 587 527 Véndense polos caseiros (zona Allariz). Tel. 674 317 302 (chamar a partir das 21 horas). Vendo e cambio calendarios de bolsillo para coleccionar; así como barallas de cartas. Tel e whatsapp: 630 67 21 05. Véndense tres pares de zapatillas de fútbol sala. Talla 40, seminovas. Tel: 666 303 635
VARIOS Acepto canarios. Tel: 988 247 824.
Barrios 24 de outubro 2019