A Xunta agarda ter un Plan estratéxico do sector agrario da Limia no próximo verán [Páx. 10]
TEMA
Páx.2 CIDADE
A Xunta prevé comezar as obras do CAPD no primeiro cuatrimestre de 2020
Páx.4 CIDADE
Presentado o Observatorio Internacional de Medio Rural en Bruselas
Páx.6
Cultura presenta a programación do último trimestre do ano no Auditorio
XINZO
Páx.8 DEPORTES
A Policía Local de Xinzo de Limia incorpórase ao sistema Viogen
Conta atrás para o 25º OUFF
Páx.13
Barco e Ourense CF, entre os mellores de Terceira e en postos de promoción
O COB xera ilusión
[Páx. 3]
[Páx. 12]
O Festival de Cine de Ourense despediuse cun gran éxito de público. // O Club Ourense Baloncesto suma dúas vitorias noutros tantos encontros na LEB Ouro 2019-20.
Número: 109 - Ano: XII - 10 de outubro de 2019 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190
Barrios 10 de outubro 2019
EN BREVE 4 Exposición Unha exposición da Garda Civil puidose ver na praza Maior de Ourense durante toda a xornada deste mércores 9 de outubro. Todos os que pasaron pola praza puideron comtemplar medios e materiais que usa este corpo de seguridade do Estado, dentro dunha actividade enmarcada nos actos da súa patrona, a Virxen do Pilar, que se celebra este sábado 12 de outubro e coincide co 175 aniversario da súa creación.
4 CCOO
O sindicato Comisións Obreiras pide a recuperación do espazo de lectura para a Biblioteca da Ponte para, sobre todo, os veciños e estudantes. Ademais solicita cambio de espazo para a Oficina Municipal da Ponte (para o do lado ou noutra ubicación).
4 Actividades para escolares
O Concello preséntalles aos colexios e ás asociacións de nais e pais as actividades educativas para escolares. A oferta para este curso escolar comprende máis de 100 actividades enmarcadas en 15 programas educativos que abarcan os distintos campos do ensino.
4 Praza de Abastos
Os praceiros da Praza de Abastos mostran a súa preocupación pola presenza de “okupas” nalgún dos seus negocios e advirten dun deterioro importante da zona na que se “vende droga, prodúcense lumes e hai insalubridade”, entre outras.
TEMA DA SEMANA
A Xunta contempla comezar as obras do CAPD en 2020 4 Prevé que sexa no primeiro cuadrimestre. R.T. Un pouco máis haberá que agardar para ver colocar a primeira pedra do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) de Ourense. O director xeral de Maiores e Persoas con discapacidade, Ildefonso de la Campa, informou na Comisión quinta do Parlamento de Galicia, do día 3 de outubro, de que a Xunta de Galicia prevé comezar no primeiro cuadrimestre do ano que vén as obras do futuro CAPD de Ourense. De la Campa explicou que proximamente se licitará o contrato desta actuación por un importe de 8,1 millóns de euros (6,6 millóns de euros máis o IVE) e que por mor da súa magnitude terá que se publicar no Diario Oficial da Unión Europea. Pasos O director xeral explicou que o CAPD porá á disposición das familias ourensás 110 prazas: 80 residenciais e 30 de centro de día. Tamén deu conta de todo o proceso levado a cabo desde a orixe deste proxecto, desde a cesión
O centro contará con 80 prazas residenciais e 30 de día
dos terreos por parte do Concello ata o concurso de ideas convocado para o deseño do centro, que gañou o estudio de arquitectura Iglesias Veiga. O emprazamento, que nun primeiro momento ía
ser en Mariñamansa mudouse finalmente cara Barrocás. Ademais aumentou o equipamento e a capacidade, pasando de 80 prazas inicialmente previstas ás 110 coas que contará finalmente.
Ildefonso de la Campa.
4 100% público A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Noela Blanco, esixiulle á Xunta que o Centro de Atención Para Persoas con Diversidade Funcional de Ourense sexa “cen por cen público”. Así o dixo no debate da Comisión na que, para Blanco, o director xeral de Maiores da Consellería de Política Social “defendeu a xestión concertada ou contratada con empresas privadas, evitando comprometerse coa xestión pública do centro”. Ademais, esixiu a xes-
tión pública do centro, con empregados públicos no mesmo, e cuestionou que “estean preparando os pregos para ver a que empresa ou fundación lle dan a xestión”, e mesmo chegou a alertar de que “queren ocultar a realidade da privatización” do servizo. Blanco cualificou de “vergoñento” o proceso de licitación deste centro, con “retrasos acumulados” dende a súa data de inauguración inicial, prevista para 2017, porque “intentaron tomarlles o pelo aos pais e nais”.
Reunión para a reconstrución da Chavasqueira 4 Buscarase a forma de axilizar a licenza. Redacción Unha primeira reunión de traballo con técnicos e responsables da Xunta, da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, con técnicos do Concello e cos responsables da empresa concesionaria Ibernisha, responsable na actualidade das termas da Chavasqueira e de Outariz, abordou o mellor xeito de axilizar a licenza para reconstruir A Chavasqueira. No encontro, todas as partes amosáronse dispostas a coordinar esforzos para adecuar a zona á lexislación vixente en materia de dominio público hidráulico, condición indispensable para
obter a licenza de rehabilitación da zona arrasada polo incendio no pasado mes de abril. Valoracións “Temos claro que recuperar A Chavasqueira é clave para a cidade, e desde o Concello poremos todo o esforzo para axilizar o proceso todo o que sexa posible”, manifestou Flora Moure, concelleira de Turismo e Termalismo. Pola súa banda, a concelleira de Urbanismo, Sonia Ogando, manifestou que desde o departamento que dirixe se porán todos os medios técnicos e humanos para cooperar na resolución deste expediente para a concesión de licenza.
Reunión na que se abordou a reconstrución da Chavasqueira.
TEMA DA SEMANA
Barrios 10 de outubro 2019
4 Palmarés Redacción
Equipo de traballo do 24º Festival de Cine de Ourense.
O público respondeu ao OUFF 4 Medrou o número de asistentes con respecto á edición do ano anterior, sobrepasando os 14.000. R.T. Rematada a 24ª edición do Festival Internacional de Cine de Ourense foi hora de facer balance. Dous días despois de baixar o telón desta edición comparecían en rolda de prensa o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; e os coordinadores técnico e artístico do OUFF, Aurelio Gómez Villar e Miguel Anxo Fernández, respectivamente. A posta en escena non
puido ser mellor, xa que desvelaron uns datos que reflexaban a resposta do público, o que lle valeu a Baltar para dicir que este fora o “mellor de toda a historia do Festival de Cine”. Tras un ano, o pasado, de transición (a Deputación provincial colleu a organización do festival para darlle forma en poucas semanas), este foi o da consolidación. En parte, polo cambio de data, en parte por poder traballar no mesmo durante meses,
ademais dunha programación atractiva para o espectador, fixeron que crecera o número asistentes ás 92 proxeccións (96 películas, incluídas as curtametraxes) e ás actividade paralelas que tiveron lugar ao longo de nove días. Datos Contando con todas as actividades paralelas e proxeccións pasouse dos 8.316 asistentes do ano 2018 aos 14.349 deste. De todos eles, acudiron ás salas 9.024 persoas fronte ás
6.249 da edición anterior. En moitos dos pases colgouse o cartel de non hai entradas, polo que desde a organización xa están pensando en como incrementar o número de butacas para o 2020. “Algunhas das ideas pasan por facer sesións matinais”, adiantaba o coordinador artístico, Miguel Anxo Fernández. Estes datos aínda se poden incrementar debido a que poden acudir ás exposicións que hai no Centro Cultural Marcos Valcárcel (“Filmado en Ourense. Sempre Xonxa / Chano Piñeiro” e “Elisa e Marcela, unha historia de amor”). UNICEF O director artístico do OUFF, Aurelio Gómez, lembrou o “bo resultado solidario” do Festival, que doará a UNICEF 3.000 euros recadados coas proxeccións do ciclo Cine e Auga. Outra das vertentes so-
Miguel Anxo Fernández no discurso da gala de clausura. /OUFF.
O palmarés do Festival Internacional de Cine de Ourense deixou á película “Parásitos” de Bong JoonHo, co premio Calpurnia á mellor película e mellor guión. Alejandro Landes, por “Monos”, foi o gañador do premio Carlos Velo á mellor dirección e a súa protagonista, Julianne Nicholson, logrou o de mellor interpretación. “O que arde”, de Oliver Laxe acadou o premio especial do xurado e o premio Galicia. “Chicuarotes” de Gael García Bernal levou a mención especial do xurado. A mellor banda sonora foi para «Aute Retrato» de Gaizka Urresti. O galardón que outorga a Comisión Organizadora do OUFF en colaboración con CIMA, Asociación
de mulleres cineastas e de medios audiovisuais, á mellor cineasta recaeu en Marlén Viñayo por “Cachada”. E «La odisea de los giles«, de Sebastián Borensztein levouse o premio do Público. En canto ás curtas «Soy una tumba», de Khris Cembe obtivo o primeiro premio; «De repente, la noche», de Cristina Bodelón e Ignacio de Vicente conqueriu o segundo premio e «En la boca de la mina», de Brandán Cerviño logrou unha mención especial. O premio Aisge á mellor interpretación feminina foi para Marta Nieto por “De repente la noche” e á masculina a Jaime Elías por “O que medra por dentro”. O premio do público o obtivo «Subway», de Carlos García de Dios.
O OUFF 2020 terá lugar do 25 de setembro ao 3 de outubro
Cartel da película Parásitos, vencedora no OUFF. lidarias foron os obradoiros impartidos por Xavier Bermúdez no centro penitenciario do Pereiro de Aguiar, a vinculación coa Fundación Vicente Ferrer ou accións medioambientais. Edición 2020 O OUFF 2020, do que xa deron a coñecer as súas datas -do 25 de set-
embro ao 3 de outubro-, coincidirá co centenario da Xeración Nós, polo que estará presente esta celebración na súa programación. Ademais, as vodas de prata do festival contarán con Francia e Marrocos como países convidados. A organización fará unha aposta pola descentralización de datas e espazos.
Barrios 10 de outubro 2019
CIDADE
EN BREVE
Un parque mapamundi como reclamo turístico
4 Bombeiros O Concello desbloquea o investimento para a adquisición de material para o servizo de Bombeiros, a través dunha modificación orzamentaria de 1,2 millóns de euros, dos que a patronal de seguros Unespa achega o 90%.
4 La Molinera
O Concello de Ourense, a través do Centro de Coñecemento La Molinera organiza dez obradoiros para achegar a nenos, nenas, mozos e mozas da cidade ás novas tecnoloxías que están a cambiar o mundo. Desde o pasado luns, 7 de outubro, está aberto o prazo de inscrición nestes talleres, que estarán dedicados a robótica, intelixencia artificial, programación, realidade virtual, realidade aumentada, drons e electrónica. A inscrición poderá realizase a través da páxina web www.lamolinera.net. Hai dez prazas por obradoiro, e adxudicaranse por orde de inscrición.
4 Protocolo O 23 de outubro remata o prazo de inscrición du curso “O novo protocolo para os novos tempos”, que convoca a UNED. Celebrarase os días 25 e 26 deste mesmo mes no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” e conta cunha duración de 20 horas. Máis información na web da Uned.
Manuel Baltar, como presidente de Partenalia, intervindo no Comité das Rexións.
Ourense tivo voz no Comite das Rexións 4 Baltar presentou o pioneiro Observatorio Internacional de Medio Rural. Redacción O presidente da asociación europea de gobernos provinciais “Partenalia” e presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, defendeu en Bruxelas, na sede do Comité das Rexións, á Ribeira Sacra como “un exemplo de sustentabilidade e dinamización rural” e dixo que o desafío contra o despoboamento “é unha loita sen cores políticas pero con estratexia, planificación e prema, que debemos afrontar todos xuntos: é o gran reto de Europa”, destacou. No marco da “Semana Europea das Rexións e as Cidades”, a cita máis importante sobre as políticas locais na UE, Manuel Baltar agradeceu “a sensibilidade da Unión Europea ao destinar máis
fondos contra o despoboamento rural e recoñecer á provincia como destinatario directo das axudas europeas”. Na sesión de traballo sobre “Autoridades locais intermedias e sustentabilidade”, que Manuel Baltar abriu xunto ao presidente da Confederación Europea de Poderes Locais Intermedios (CEPLI) André Viola, o presidente de Partenalia presentou a que será unha iniciativa pioneira no ámbito rural: o Observatorio Internacional de Medio Rural, que impulsa a Deputación de Ourense xunto coa Universidade de Vigo, e que terá o seu punto de partida os próximos días 29 ao 31 de outubro coa celebración do “Ourense Rural Summit”, “un cume que reunirá aos principais expertos europeos sobre reto demográfico, medio
ambiente, cooperativismo e economía rural, e que marcará a folla de ruta do Observatorio” expresou. Manuel Baltar puxo o acento nos catro alicerces nos que, na súa opinión, aséntase o desenvolvemento dun rural máis sustentable e competitivo: “Persoas, Políticas, Programas e Potencialidades, é dicir, un labor conxunto que debemos acometer desde todos os niveis da administración pública pensando nos veciños do rural para que poidan levar a cabo os seus proxectos vitais de emprego e desenvolvemento profesional na súa contorna, e para iso, deseñar políticas e transformalas en programas cribles, prácticos e realizables a curto prazo, sempre pensando nas fortalezas de cada territorio”, defendeu Baltar.
4 Estará ubicado nunha localización que se dará a coñecer en breve. Redacción O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, anunciou a construción dun novo parque na cidade que suporá unha “actuación única e innovadora”. O parque, dunhas tres hectáreas, será un mapamundi xigante, no se que reflectirán os distintos países e continentes da terra, destacando as principais cidades do mundo con pequenas maquetas dos edificios máis emblemáticos, e a natureza típica en cada zona. Todo iso estendido cunha fiel reprodución xigante dun mapamundi en forma de parque polo que se po-
Sabores de Ourense Redacción O Concello de Ourense abre o prazo de inscrición para locais hostaleiros para unha nova edición do Concurso de Pinchos Sabores de Ourense, que
derá pasear, e ademais de gozar dese espazo e a súa contorna natural, tamén se converterá nun “foco de atracción e de reclamo turístico”, aseguraba. Construción O proxecto, no que traballan técnicos municipais, estará ligado a locais de hostalería, que se licitarán en réxime de concesión. En canto á súa localización exacta, o rexedor sinala que se dará a coñecer nas próximas semanas, pero anuncia que a súa construción iniciarase durante o próximo ano 2020, unha vez se proceda á presentación do proxecto e se poña en marcha todo o procedemento administrativo.
este ano chega a súa 12ª edición. Novamente as castañas e os cogomelos serán os produtos protagonistas, sendo requisito imprescindible incluílos nas receitas. A data límite de inscrición será o 17 de outubro e certame celebrarase do 7 ao 17 de novembro.
PROVINCIA
Galicia impulsa a igualdade 4 Varias son os frontes que Xunta de Galicia ten aberto contra a violencia de xénero. Redacción A Xunta de Galicia segue firme na súa loita contra a violencia de xénero. Para elo, desenvolve unha serie de actuacións no marco no Pacto do Estado, como a campaña Agresión OFF ou iniciativas no ámbito deportivo. Pacto de Estado O Pacto de Estado contra a violencia de xénero é unha ferramenta fundamental na prevención e loita contra esta lacra. Nace dun consenso político que busca implicar a todas as institucións e sociedade no seu conxunto. O firme compromiso da Xunta de Galicia na súa execución prevé un amplo abanico de medidas que inclúen actuacións específicas en moitos ámbitos: medio rural, educación, sanidade... e que supoñen unha actuación integral, desde a prevención e sensibilización, até a atención directa ás vítimas a través de axudas ou mesmo asistencia psicolóxica. Outros acordos Na nosa comunidade existen outros moitos acordos no marco do pacto, tales como a posta en marcha en Galicia do servizo de garda psicolóxica para mulleres vítimas de violencia de xénero e os seus fillos e fillas menores ou a implantación de protección e asistencia integral para orfos/as vítimas da violencia de xénero, estes de forma pioneira en España. E hai máis como: campaña cos Bolechas para fomentar o uso de xoguetes sen estereotipos sexistas; posta en marcha da primeira vivenda tutelada especializada para mulleres con enfermidade mental vítimas da violencia de xénero; accións no ámbito educativo; convenio entre Vicepresidencia e Vivenda de 1,65 millóns de euros para sufragar un programa de Bono de aluguer social para as vítimas durante 12
Equipo de bádminto apoiando a campaña da Xunta de Galicia NON contra a violencia de xénero. meses; convocatoria de axudas a asociacións de mulleres para levar a cabo programas de sensibilización; achega de 300.000 euros ás tres universidades galegas para colaborar na prevención e a loita desta lacra; colaboración coa Federación De Asociacións De Persoas Xordas De Galicia; accións para loitar contra a violencia de xénero no medio rural por un importe de 700.000 euros; posta en marcha da quenda de garda permanente de traballadores sociais para atender a mulleres e aos seus fillos e fillas menores; achega de 300.000 euros ás ANPAS para programas de promoción da igualdade e a loita contra a violencia de xénero; investimento de 800.000 euros para os concellos para a contratación de mulleres vítimas da violencia de xénero; 290.000 euros a campañas de sensibilización e formación no ámbito sanitario; 500.000 euros para accións entre a poboación refuxiada e desprazada; e 800.000 euros para os concellos para levar a cabo accciones contra a violencia de xénero. Deporte O deporte non é alleo a este problema e nese ámbito estase a traballar con
moito pulo. Son varias as campañas grazas ao convenio entre Vicepresidencia e Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta. Este ano a inversión é de 1,5 millóns de euros e abarca medidas como campañas en espazos deportivos e difusión das mesmas, dotación da campaña NON contra a violencia de xénero para o colectivo arbitral; así como un orzamento para os deportistas olímpicos que acudan a Tokio 2020. O triatleta, Javier Gómez Noya, o piragüista Cristian Toro, a nadadora María Vilas, a iudoca María Bernabeu e os regatistas Tamara Echegoyen e Nicolás Rodríguez son algúns dos nomes de deportistas que participan no desenrolo desta iniciativa. Acordos con distintas federacións, ademais de charlas son outras das apostas da Xunta para impulsar a igualdade no deporte.
O Pacto de Estado contra a violencia de xénero é unha ferramenta fundamental na prevención e loita desta lacra
Barrios 10 de outubro 2019
4 Campaña Agresión OFF A Xunta de Galicia creou a campaña Agresión OFF, Eu digo non á violencia sexual para levar a cabo en festivais musicais coa intención de sensibilizar e evitar agresións sexuais contra as mulleres e loitar contra o acoso neste tipo de eventos. A meta principal da campaña é que as mulleres sentan seguras nestes grandes eventos, e ao mesmo tempo incidir na concienciación da sociedade sobre a violencia sexual. Para iso, colócanse casetas nos distintos festivais para distribuír material informativo como o Décalogo contra a violencia sexual: dez cosas que tes que saber. Este decálogo tamén figura na App de Agresión Off posta en marcha en agosto do ano pasado. O decálogo recolle as seguintes indicacións: - As agresións sexuais son un delito recolleito no Código Penal. - Nada justifica unha agresión: nin a forma de vestir, nin a exhibición do corpo. Tes dereito a divertirche sen ser importunado/a ou agredido/a. - Tes dereito a pasalo ben e gozar en liberdade e con seguridade. A rúa, a noite e as festas tamén son das mulleres. - Sen consentimento non é unha relación, é unha agresión.
- O consentimento non é ilimitado e existe o dereito de repensalo e a non seguir. NON É NON! - Baixo a influencia do alcol e doutras sustancias segue existindo o dereito a dicir non e se non hai un si é un non, sen que haxa outra interpretación. - Insistir cando rexéitanche é acosar. Non te poñas pesado/a. - Se necesitas axuda fronte a unha agresión chama ás 112 Emerxencias. - Se presenzas unha agresión sexista non a permitas, chama e denuncia. - Lembra que se sofres unha agresión sexual, sexa nas circunstancias que sexa non te sintas culpable porque a responsabilidade é sempre de quen agride. Ademais do decálogo a App contén consellos prácticos de como actuar ante posibles situacións de riscos e un directorio de lugares onde acudir a pedir axuda, así como teléfonos de información. Esta campaña tamén recolle a proxección de vídeos nos escenarios, ademais de persoas dando información e formación de como actuar ou a que acudir en caso de agresións. A iniciativa acompáñase de talleres formativos a voluntarios que colaboran na seguridade dos festivais de verán. O ano pasado o impacto directo foi a 4.000 persoas (700 por
Mozas nun stand de Agresión OFF no Festival Portamérica.
evento). Este ano, Vicepresidencia (a través da Secretaría de Igualdade) firmou convenios con outras conellerías dentro do marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. O acordo con Cultura (775.000 euros) valeu para realizar campañas en bibliotecas, ampliándose este anoa festas de interese turístico galego, nacional e internacional, así como en 12 festiviais do FestGalicia, e 25 concellos inscritos á Rede de entidades locais contra a violencia de xénero. Vítimas de abuso ou violencia sexual, familiares ou persoas próximas recibirán recursos terapéuticos por parte de profesionais especializados para lograr a súa recuperación integral. O programa, co que colabora a Fundación Meniños ten unha achega de 50.000 euros.
A App contén consellos de como actuar ante posibles situacións de risco, directorio de lugares onde acudir a pedir axuda, así como teléfonos de información
Barrios 10 de outubro 2019
CIDADE
Propostas para despedir o ano no Auditorio 4 Cultura tamén presentou o “Enclave de Cámara”. Redacción A Concellería de Cultura do Concello de Ourense presentou a programación do Auditorio municipal ata finais de ano, e a sétima tempada do “Enclave de Cámara”. O Auditorio propón até final de ano unha trintena de actividades, con humor, teatro, música ou danza, entre as modalidades escénicas. Entre as suxerencias, destacan tributos como a Michael Jackson (o 9 de novembro), ou Mecano (o 10 de novembro). O humor chegará da man de Moncho Borrajo -venres, 11- Luis Zahera e Osvaldo Digón –o 2 de novembro-, ou Goyo Jiménez –o 15 de novembro-.
Sara Baras subirase ás táboas o 7 de decembro e o Ballet Nacional Ruso ofrecerá O Quebranoces (10 de decembro) e A Bela
Dormente (día 11). O certame de danza contemporánea Solodos terá lugar o 20 de novembro. En teatro, “Todas as ma-
Carlos Carbonell e Mario González na presentación da nova tempada de Enclave de Cámara. /RAMSÉS.
rabillas do mundo” –o 20 de outubro-; “O meu mundo non é deste reino” –o 7 de novembro-; “Non hai papel”, con Ángeles Martín -o 7 de novembro- ou “24 horas na vida dunha muller”, con Silvia Marsó –o 16 de novembro- son algunhas das propostas. A todo isto se suma a programación dirixida ás familias que se desenvolve os domingos coa colaboración de Agadic. Enclave de Cámara Desde Cultura tamén presentaron a sétima tempada desta cita que se prolonga desde o mes de outubro deste ano ata xuño do que vén. Cada mes haberá un concerto ata completar un total de oito. O primeiro deles xa será este 10 de outubro e traerá ao cuarteto Tailich e Noelia Rodiles ao Teatro Principal ás oito da tarde (hora de todos os concertos). As entradas pódense adquirir a través da web ataquilla.com e terán un custe de entre os 5 e os 8 euros. Desde a concellaría están a traballar nun
bono social que esperan poder poñer en funcionamento a partir do segundo dos concertos. Para o 7 de novembro está prevista a actuación de Simply Cuartet, no Lice de Ourense; o 12 de decembro será o turno de Dmytro Choni (piano), no Teatro Principal; o 15 de xaneiro, cuarteto Brentano tamén no Principal; o 6 de febreiro actuación de Isabel Villanueva e François Dumont (viola e piano), no Liceo; o 1 de abril o sexteto Aires Ensemble, no Principal; o 7 de maio o Dúo del Valle (con dous pianos) tocará no Teatro Principal; e rematará esta tempada coa actuación no Auditorio da Real Filharmonia de Galicia, o 4 de xuño.
A programación deste trimestre no Auditorio traerá tributos musicais, humor e teatro
Moteiros solidarios Redacción Os Moteiros Solidarios de Ourense, por quinto ano consecutivo, inician a súa campaña de recollida de xoguetes para entregar nas casas de acollida de Ourense, asociacións, ludotecas e concellos que teñan nenos que o necesiten. A súa lema é “ningún neno sen un xoguete este nadal”. Os xoguetes non teñen que ser novos, poden ser usados en bo estado de uso. Se tedes en casa xoguetes aparcados que ninguén usa pódeselles dar outra vida facendo feliz a outro neno que non ten nada para xogar. Os xoguetes pódense doar en calquera dos puntos de recollida. Tamén necesitan voluntarios para colaborar na revisión e envoltorio en papel de agasallo dos xoguetes. Para mais información teléfono 988 224 341.
GASTRONOMÍA
Galicia presume de gastronomía 4 Desde carnes ata viños, pasando polos queixos, todos coa calidade por bandeira. Redacción Desde os últimos anos Galicia estase posicionando coma un lugar turísticos moi aprezado polos visitantes. A súa xeografía é un reclamo xunto, como non podía ser doutro xeito, do Camiño de Santiago. Pero ademais, outros dos valores que ten Galicia e que é moi valorada polos seus visitantes e, sen dúbida algunha, a gastronomía. Proxección Pero non só se consume a gastronomía en Galicia, xa que agora ten unha gran proxección internacional. Os produtos galegos acadan un gran nivel grazas ás denominacións de orixe protexida (DOP) e ás indicacións xeográficas protexidas (IXP). Os rigorosos controis que pasan convértenos en produtos atractivos para o consumidor e con todas as garantías. A nosa comunidade conta con 35 produtos alimentarios de calidade. Estes produtos do campo galego víronse potenciados nos últimos anos de forma cualitativa e cuantitativa grazas á dinamización dos coñe-
Barrios 10 de outubro 2019
café, bebidas todas elas que forman parte inseparable do imaxinario colectivo desta terra. Máis produtos Pero a rica gastronomía galega non se queda aí. Moitos máis produtos contan co seu merecido recoñecemento de calidade. Entre eles está a IXP pataca de Galicia que conta coa súa producción repartida por Bergantiños (na Coruña), Terra Chá, A Mariña e Lemos (na provincia de Lugo) e A Limia (en Ourense). Os pementos (os de Herbón, O Couto, Oímbra, Arnoia e Mougán); grelos de Galicia; as castañas ou o mel, a faba de Lourenzá, o pan de Cea, ou mesmo a tarta de Santiago, son alimentos que tamén contan
cun recoñecemento especial. Mención aparte para a Agricultura Ecolóxica, unha denominación que non ten carácter xeográfico pero que leva vivido un gran desenvolvemento nos últimos anos. Trátase dun sistema de producción basado no respecto ao medio ambiente, o benestar animal e mantemento e mellora da fertilidade do chan.
Os rigorosos controis que pasan convértenos en produtos atractivos para o consumidor
4 Viticultura milenaria
A agricultura ecolóxica está en constante crecemento en Galicia. cidos como produtos de calidade. Trátase de recursos alimentarios que constitúen unha das mellores ferramentas das que dispón o medio rural desta comu-
A Agricultura Ecolóxica, unha denominación que non ten carácter xeográfico pero leva vivido un gran desenvolvemento nos últimos anos
nidade para asegurar o seu futuro, emprender novas vías de desenvolvemento e, mesmo, reinventarse. Produtos galegos de calidade Son varios os apartados nos que nos atopamos os produtos galegos de calidade. En canto aos lácteos, existe un indicativo que certifica o leite galego de
Tamén o sector cárnico de porcino galego de calidade ten o seu recoñecemento co IXP lacón galego.
calidade (Galega 100%), garantindo a excelencia do produto e a súa orixe nunha explotación da comunidade autónoma. Ademais, contamos con catro denominacións de orixe protexidas de queixo como son ArzúaUlloa, Cebreiro, Tetilla e San Simón da Costa. As carnes, pola súa banda, contan cun selo de calidade (Ternera Gallega) para o vacún, sendo esta a indicación xeográfica máis importante potenciándose nos últimos tempos coa IXP Vaca galega e Boi galego. O sector porcino ten o seu recoñecemento con outra IXP, o lacón galego mentres que no sector avícola está o capón de Vilalba. A comunidade autónoma destaca tamén pola riqueza e variedade das súas bebidas espirituosas. As indicacións xeográficas das augardentes e dos licores tradicionais de Galicia protexen tanto o bagazo como a augardente de herbas, o licor de herbas e o licor
Mención aparte teñen que ter os viños galegos. A introdución da viticultura en Galicia data da época dos romanos e conta cunha longa tradición nas comarcas bañadas polos ríos Sil e Miño ou as Rías Baixas. O impulso á produción do viño materializouse a finais do século XX e ao principio do século XXI, cando se realizou unha aposta decidida pola calidade e o impulso dos controis de calidade mediante denominacións de orixe específicas. Na actualidade, en Galicia hai case 10.000 hectáreas destinadas á produción vitivinícola, controladas por cinco denominacións de orixe
e que producen case 50.000 toneladas de uva. En conxunto, están rexistradas unhas 450 adegas e máis de 13.000 viticultores. As variedades de uvas son diversas. Nos viños tintos utilízanse mencía, merenzao, tempranillo, caíño, espadeiro loureiro, sousón, ferrón, brancellao, garnacha ou negreda. Nos viños brancos utilízanse as variedades dona branca, godello, treixadura, loureiro, albariño, caíño, torrontés, palomino, macabeo, lado ou albilla. Todas elas dentro das cinco denominacións de orixe de Galicia (Ribeiro, Valdeorras, Rías Baixas, Ribeira Sacra e Monterrei).
As cinco denominacións de orixe dos viños galegos están moi valoradas tanto dentro coma fóra das nosas fronteiras.
Barrios 10 de outubro 2019
XINZO E COMARCA
EN BREVE
tes e do IPC”, explicaba. E rexidora aseguraba que a medida non gustaba nin “como goberno, nin como políticos, nin como veciños”. O portavoz popular, Antonio Fernández Veiga, pola súa banda, defendeu a xestión do seu grupo neste punto ao realizar negociacións coa Deputación que lles permitiron manter conxelada a taxa.
4 100 días O grupo de goberno de Xinzo de Limia formado por catro formacións (PSOE, AXIL, XA e BNG) fixo balance dos 100 peimeiros días que levan no goberno. A alcaldesa avanzou que a xestión de aquí a final de ano “será difícil, pero non imposible” en alusión aos “atrancos do PP”. Enumeroou todo o realizado ata o momento e o que pretenden facer. O goberno quere levar a pleno extraordinario, este mesmo mes de outubro, o orzamento 2020 para que sexa efectivo a partir do 1 de xaneiro.
4 Entroido O Entroido 2020 de Xinzo de Limia xa ten constituído o grupo de traballo que conformará a súa comisión. O grupo de traballo estará dividido nun total de oito subcomisións que atenderán ás diferentes eiras do Entroido, como son Música, Tradición, Actividades, Imaxe e Comunicación, Infraestruturas, Decoración, Seguridade e Limpeza e, por último, Burocracias e Tesouraría. Esta comisión tratase dun grupo de traballo aberto, voluntario e sen animo de lucro, formado por diferentes veciñas e veciños da vila que durante os meses que preceden ao Entroido xestionarán e organizarán a festa. O método de traballo será de carácter asembleario, traballando baixo o consenso, o respecto e o compromiso.
Pleno de outubro en Xinzo.
Incremento na taxa do lixo dun 10%
do Popular abstívose. A alcaldesa, a socialista Elvira Lama, explicou que esta medida tomouse “por imperativo legal” debido a que hai un desfase “entre o custe do servizo e o que se recada, que neste momento é de 169.000 euros”. “Este desfase -continuaba- é debido a que nos últimos catro anos o goberno do PP non aplicou a suba dos cus-
Outros puntos Na mesma sesión plenaria aprobouse os dous festivos locais do vindeiro ano. O martes de Entroido, 25 de marzo, e o 17 de xullo, anterior a festividade da patroa Santa Mariña, foron os elexidos. Tamén se aprobou a colocación dun monolito na vía pública no acceso á Igrexa de Mosteiro de Ribeira, como recoñecemento a María del Valle e Salud Torres, dúas mulleres vítimas da guerra franquista e a adhesión á central de contratación da FEMP (Federación Española de Municipios e Provincias).
de Seguridade do Estado e a Policía Local de Xinzo de Limia na Protección de Vítimas de Violencia de Xénero, así como os Acordos Técnicos de Colaboración e Coordinación da Garda Civil e Policía Local de Xinzo de Limia. O obxectivo principal que se pretende acadar é a optimización dos recursos humanos e materiais das Forzas e Corpos de seguridade existentes nos municipios para garantir o cumprimento eficaz das medidas xudiciais de pro-
tección ás vítimas de violencia de xénero, evitando posibles duplicidades na resposta aos casos que se susciten. Deste xeito, os axentes da policía local de Xinzo de Limia poderán colaborar coa Garda Civil de xeito máis eficaz e directo. Os datos aportados pola Unidade contra a Violencia sobre a Muller da Subdelegación do Goberno indican que na actualidade en Xinzo hai activos 12 casos deste tipo no sistema Viogen.
4 Debido a non actualizarse no anterior mandato. Redacción A partir do 1 de xaneiro de 2020 o Concello de Xinzo de Limia incrementa nun 10,24% a taxa do lixo -servizo que realiza a Deputación de Ourense-. Así foi acordado no segundo pleno deste mandata cos votos a favor do cuatripartito do goberno e o de Ciudadanos; o Parti-
Viogen Redacción A Policía Local de Xinzo de Limia incorpórase ao sistema Viogen de seguimento de vítimas de violencia machista, para estar en sintonía co indicado no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. Foi na reunión da Xunta Local de Seguridade Extraordinaria na que se asinou o ProtocoloAcordo de Coordinación entre as Forzas e Corpos
“Paraugas” para os familiares 4 Presentado o programa de axuda para familiares con Alzheimer ao seu cargo. Redacción Na mañá do 8 de outubro Elvira Lama, alcaldesa, e Alberto Martínez, concelleiro de asuntos sociais, presentaron no salón de plenos do concello de Xinzo o programa “Rede Paraugas Alzheimer”, que coa axuda de Afaor (asociación de familiares de persoas con Alzheimer de Ourense creada en 1998) vai destinado a prestar apoio e axuda a familiares con Alzheimer ou outra demencia neurodexenerativa. O obxectivo deste programa resumiuno Elvira, “prestar apoio psicolóxio ou sanitario ás familias que se ocupan do coidado das persoas con demencia. Tamén proporcionar aos familiares coidadores información relativa a enfermidade, así como no adestramento de habilidades para sobrelevala”. Dende o concello prestan servizo a 15 persoas diagnosticadas con Alzheimer e a 30 con deterioro
cognitivo pero pensan que pode haber máis casos sen descubrir, polo que agardan que estas xornadas axuden a familias con algún membro cun comportamento “raro” a porlle nome e poder axudalo. Este programa comeza o 23 de outubro e remata en xuño do ano que vén e os interesados poden achegarse ata a Casa da Cultura de Xinzo. A primeira fase do programa será a creación de grupos de familiares con enfermos ao cargo. Nunha segunda fase pasarase a analizar as necesidades de cada grupo mediante unha avaliacion e asesoramento en reunións de seis horas. Para finalizar realizarase un acompañamento mensual do grupo, de tres horas de duración, na que se resolverán as dúbidas dos participantes. Segundo pasen os meses se é preciso poden aumentar as horas de reunión. Desde o concello agardan que se creen grupos reducidos para que sexan máis eficientes.
Elvira Lama e Alberto Martínez na presentación do programa “Rede Paraugas” no salón de plenos. /M. REJO
PROVINCIA
aos concellos para mellorar o traballo das brigadas municipais e renovar o seu parque móbil. Así, neste 2019 entregáronse sete motobombas a varios concellos.
Traballos de prevención de incendios forestais, incentivando a limpeza das fincas preto das vivendas.
Drons e cámaras de vixilancia para a loita contra o lume en Galicia 4 Súmanse aos 7.000 efectivos, 360 motobombas e 30 medios aéreos da Xunta. Redacción Un ano máis a Xunta de Galicia continúa co seu esforzo na loita contra o lume. Formación do persoal, renovación do material, sensibilización da sociedade e introdución de melloras técnicas súmanse a unha campaña que se extende máis do habitual no tempo sobre o terreo co fin de protexer os nosos montes e aos cidadáns. En canto ao persoal e aos medios, o dispositivo posto en marcha polo Goberno galego é moi semellante ao das últimas campañas. Non obstante, destaca unha maior presenza no tempo dos efectivos sobre o territorio, xa que o persoal fixo descontinuo permanecerá despregado durante cinco meses, en lugar de catro, como acontecera no 2018. En total, son máis de 7.000 as persoas implicadas no operativo, procedentes da Xunta, da Administración do Estado e dos concellos, apoiadas por unha trintena de medios aéreos e por 360 motobombas, entre outros medios. Formación do persoal Os profesionais que se
encargan da prevención e extinción de incendios contan neste 2019 con novas iniciativas formativas. Trátase de 15 cursos adaptados a cada posto, que na maioría de casos se repetirán en varias edicións co fin de chegar a todo o persoal. Dentro desta acción, aínda que hai cursos xenéricos válidos para varias categorías, a maior parte son moi específicos para cada especialidade. Hai cursos de primeiros auxilios ou sobre grandes incendios forestais, así como outros dirixidos especificamente a bombeiros forestais, condutores de motobomba, emisoristas, directores técnicos de extinción, etc. Serán 272 accións formativas para un total de 7.142 alumnos, que recibirán na súa maioría dous cursos cada un. Con este plan de formación búscase actualizar os coñecementos do persoal en materia de prevención de riscos laborais e procedementos de seguridade en incendios, ao tempo
que aporta os coñecementos precisos ao persoal de recente ou inmediata incorporación, coa finalidade de contar cun servizo o máis profesionalizado posible. Este plan dá, así, cumprimento a unha das recomendacións do ditame da comisión forestal. Renovación de material Evidenciando a clara aposta da Xunta pola profesionalización deste servizo público, renováronse este ano ata 22 motobombas do Servizo de Prevención e Defensa Contra os Incendios Forestais (Spdcif). Unha mellora do material que supuxo unha inversión de preto de 5 millóns de euros. En total, dende 2013 renováronse 77 motobombas, preto do 50% coas que conta o servizo, estruturado en 19 distritos forestais. Unha acción con dobre beneficio, xa que as motobombas retiradas que se atopan en bo estado cédense gradualmente
É necesario adoptar a curto prazo actuacións que controlen a existencia de biomasa vexetal con alto potencial combustible nas proximidades dos núcleos de poboación
Última tecnoloxía Outro dos aspectos máis relevantes da campaña 2019 é a importancia das últimas tecnoloxías na loita contra os incendios forestais. Como novidade, introdúcese o emprego de drons, que desde a súa ventaxosa posición aérea realizan un dobre labor: de apoio á vixilancia e á extinción dos lumes, xa que incorporan cámaras de vídeo e térmicas, estas últimas pensadas para actuar de noite. Estes modernos dispositivos súmanse á incorporación de 30 novas cámaras de vixilancia fixa de última xeración, ascendendo a un total de 118 distribuídas pola nosa comunidade, que cobren un total de 1,8 millóns de hectáreas de terreo. Deste xeito, máis da metade de Galicia estará vixiada por estas cámaras. Pero xunto a estas melloras tecnolóxicas actuais, hai que destacar tamén o desenvolvemento dun proxecto piloto, que busca contar con alertas temperás en puntos estratéxicos que recollan observacións meteorolóxicas fiables, coa finalidade de dispor de datos como a dirección e velocidade do vento, a temperatura, a humidade ou a pluviometría na contorna na que se estea a producir un in-
Barrios 10 de outubro 2019
A Consellería do Medio Rural renovou en 2019 ata 22 motobombas do Servizo de Prevención e Defensa Contra os Incendios Forestais cendio forestal. Información imprescindible para afrontar a loita contra as lapas. Convenio O emprego de drons tamén reforza a aplicación práctica do convenio de protección das aldeas, asinado entre a Consellería do Medio Rural, Seaga e a Federación Galega de Municipios e Provincias, que constitúe un avance destacable na prevención dos lumes, ao lograr unha maior eficacia nos labores de replanteo e planificación das faixas secundarias que se están a limpar grazas ao sistema público de xestión da biomasa. Dentro deste convenio destacan tres piares. O primeiro deles inclúe a obriga das corporacións locais de dotarse do seu propio plan municipal de prevención e defensa. Pero, ante as dificultades técnicas para logralo, a Xunta facilitou este plan a 97 concellos galegos e prevese que a final de 2019 estean rematados arredor de 200 municipios sumados a este convenio. En segundo lugar, son prioridade aquelas zonas nas que a súa historia evidencia unha maior actividade incendiaria. Polo que en 70 parroquias galegas se realizará a xestión da biomasa no 100% das faixas secundarias. Por último,
Os drons súmanse á loita contra os incendios en Galicia.
o convenio inclúe as denominadas “aldeas-modelo”, unha fórmula que procura fomentar a actividade agrogandeira nos 50 metros máis próximos ás vivendas, para converter esa franxa nunha devasa natural fronte ao lume ao tempo que serve de exemplo para o resto do territorio. Concienciación Por último, para concienciar á cidadanía da importancia da súa colaboración, a Xunta habilitou o teléfono 900 815 085, específico e gratuíto de denuncias anónimas, que comunica directamente coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. En definitiva, o Goberno galego está a intensificar a mellora do seu dispositivo fronte o lume, mantendo a consideración de que este é un labor que nos inclúe a todos, para garantizar a defensa das persoas e dos seus bens, así como da riqueza forestal da nosa comunidade.
Neste ano introducíronse 30 novas cámaras de vixilancia fixa de última xeración, ascendendo a 118 distribuídas por toda Galicia
10
Barrios 10 de outubro 2019
XINZO E COMARCA
EN BREVE
Un silencio para ser escoitados
4Curso A Escola Rural da Saúde de Xinzo de Limia organiza o curso de historia da medicina rural e os seus profesionais. O curso terá lugar os martes 15, 22 e 29 de outubro e 5 e 12 de novembro. Será impartido polo doutor José Manuel Lage Parente en horario de 17 a 20 horas. Darase unha serie de charlas que rematará coa visita guiada ao museo do Médico Rural de Maceda. O obxectivo é coñecer as orixes e a evolución do actual sistema sanitario, así como a importancia dos profesionais sanitarios no benestar da poboación galega rural. As inscricións pódense realizar por varias vías: na Casa da Cultura de Xinzo de Limia; no teléfono 603 784 435 ou a través do correo electrónico escolaruraldesaudedalimia@yahoo. es. O curso está aberto á poboación en xeral.
4 “Móllate polos ríos” Xinzo participou por primeira vez na campaña “móllate polos ríos”. A súa alcaldesa, Elvira Lama, estivo á cabeza dunha iniciativa que recolleu dous remolques de lixo. Participaron preto de medio cento de persoas. Lama asegurou que iniciativas coma esta seguirán realizándose en Xinzo.
4 Hípica Este sábado, 12 de outubro, o hipódromo de Antela acolle o V gran premio de Galicia pura sangre inglés. As carreiras darán comezo ás 13 horas. Despois terá lugar -sobre ás 13.40 horas- o gran premio de Galicia de trote.
4 Escudo e bandeira A comisión heráldica aprobou o escudo e a bandeira de Xinzo de Limia. Despoirs de seis meses de que se aprobara no pleno chega esta ratificación.
4 O CDR O Viso sumouse á iniciativa da España Baleirada. Redacción
O conselleiro do Medio Rural, presidindo a segunda reunión da mesa da Limia./M.R.
Estratexia e formación para impulsar a agrogandeiría na Limia 4 A Xunta anuncia sendos plans. Redacción A Mesa da Limia acolleu a segunda reunión que foi presidida polo conselleiro do Medio Rural, José González. Durante a mesma, anunciou a elaboración dun Plan estratéxico do sector agrario da Limia que a Xunta prevé ter completado no verán de 2020. Esta iniciativa complementarase con outro Plan de formación agrogandeira específico, que inclúe o asesoramento sobre a xestión dos residuos e subprodutos como fertilizantes. O que se busca é o consenso de todos os axentes económicos e sociais da zona para impulsar a actividade agrogandeira desde unha perspectiva sustentable. Trátase, ademais, de mellorar a cali-
dade dos produtos e lograr bos resultados económicos, sendo respectuosos co medio ambiente. Participativo O conselleiro avanzou que a elaboración deste documento será un proceso participativo, mediante a creación de diferentes mesas de traballo con todas as institucións e todos os axentes relacionados co sector. Abordaranse temas como a remuda xeracional no agro, o acceso á terra e á auga, a calidade do produto, a formación, o asesoramento e a investigación no sector. Tamén se tratarán aspectos ambientais, en especial os residuos agrarios e a súa xestión, o asociacionismo entre gandeiros e agricultores e a comercialización
e os mercados. Adegal Adegal acudiu á Mesa “cun espírito construtivo” para traballar pola defensa e o impulso desta comarca. Para a asociación “demóstrase que o sector produtivo, perfectamente organizado, está disposto a seguir impulsando un modo de producir que preserve o medio do que se dispón como sinal de identidade e de calidade diferenciada nos seus produtos”.
A Mesa da Limia busca o consenso de todos os axentes económicos e sociais
O pasado venres, 4 de outubro, veciñas e veciños de Lodoselo veciñas e veciños de Lodoselo, persoas integrantes do CDR “O Viso e persoas participantes dos programas da entidade acudiron á convocatoria do CDR O Viso, entidade integrante da España Baleirada a un paro silencioso de cinco minutos e que levaba por lema “Eu paro polo meu pobo”. Trala lectura do manifesto e dunha forma clara e concisa pediuse un verdadeiro Pacto de Estado que permita a vertebración territorial e a igualdade de oportunidades. O paro tamén foi
secundado á entrada da casa consistorial do Concello de Xinzo. Premio Na terceira edición do Premio Pedra Alta, o galardoado foi o CDR “O Viso”. O Premio Pedra Alta é un galardón que concede o Padroado do Museo Etnográfico da Limia. Creado en 2017 ten como obxectivo “recoñecer o traballo e dedicación de persoas ou entidades, encamiñados a pór en valor o coñecemento do pasado, a análise da realidade actual, a creación intelectual, os elementos identitarios ou o apoio ao desenvolvemento económico e social da comarca da Limia”.
No CDR O Viso sumáronse aos cinco minutos de paro silencioso para denunciar a España baleirada.
Obras de mellora na estación de autobuses 4 A intervención conta cun investimento de case 23.000 euros. Redacción A estación de autobuses de Xinzo de Limia acometerá obras de mellora e conservación, nas que a Xunta de Galicia inviste preto de 23.000 euros para a súa execución, dando comezo os traballos nestas datas, os cales contarán cun prazo de execución dun mes.
Os traballos centraranse no saneamento de humidades nas instalacións, na reparación da marquesiña da terminal ou no acondicionamento da marquesiña da áreas de taxis. Tamén se instalarán un rótulo de sinalización de estación de autobuses e unha pantalla informativa para optimizar o servizo ofrecido aos viaxeiros.
PUBLICIDADE
Barrios 10 de outubro 2019
11
12
Barrios 10 de outubro 2019
DEPORTES
O Sala Ourense segue invicto
Parroira Trail Redacción O Concello da Merca, xunto á Asociación Deportiva OVALA2, organiza a primeira edición da Parroira Trail por parellas. Trátase dunha carreira de montaña e consta de dous percorridos (un de 15 quilómetros e outro de 28). A saída terá lugar a partir das 9.30 horas do 3 de novembro desde o pavillón municipal da Merca. As inscricións pódense realizar na web galitiming.com ata o 30 de outubro ás 23:59 horas. Ten un custe de 15 euros por participantes en calquera dos dous percorridos. Os participantes na modalidade de parellas deberán permanecer durante o percorrido a unha distancia máxima entre ambos de dous minutos, tendo que chegar á liña de meta xuntos. A proba transcurre pola Merca, Proente, Pazos de Olás, Entrambosrios, Rubillós, A Parroira, Rebola, Queiroá e zonas do Concello da Bola. Ribeira Sacra O domingo, 13 de outubro, o Concello de Nogueira de Ramuín organiza o 4º Trail RIbeira Sacra. Unha proba esixente que conta con dous percorridos (de 24 e 47 quilómetros, respectivamente).
4 Venceu ao Gijón Playas na cuarta xornada. Redacción
Óscar Alvarado no partido fronte o Castelló. /C.DOMARCO.
Dúas de dúas 4 O COB visita ao Oviedo na terceira xornada da LEB Ouro. R.T. Desde a tempada 2014-15 o Club Ourense Baloncesto non arrincaba a LEB Ouro con dúas vitorias nos dous primeiros partidos. Nesa ocasión a racha rematara na terceira xornada, pero tamén nesa ocasión o COB lograba na pista o que non foi quen de acadar nos despachos: o ascenso a ACB. Queda moita Liga e moito por sufrir pero é un deses datos que gustan aos afeccionados, polo que aí queda. De volta a esta tempada, os homes de Gonzalo García de Vitoria suman dous triunfos que lles permite ocupar a parte nobre da clasificación -marcha segundo- á es-
pera de peores momentos, que de seguro chegarán. Contra Almansa logrouse a primeira vitoria ante un equipo que debuta na competición; fronte Castelló chegou a segunda, primeira no Pazo. Un comezo esperanzador para un equipo que quere ir crecendo chanzo a chanzo nesta competición e que o mellor será non presupoñer nada do que poida pasar durante a tempada. A vitoria ante Castelló foi contundente (82-65) e deixou a un heroe agardado desde fai tempo: Alfred Ott. O estadounidense está chamado a ser, xunto a Van Wijk, o líder do equipo. Oviedo Esta fin de semana dis-
pútase a terceira xornada e os ourensáns visitan ao Oviedo. Os asturianos veñen de perder contra o Breogán nun encontro no que os lucense se despegaron no marcador a no segundo tempo. Clasificación Seis equipos están sen derrota (xunto a COB, Breogán, Valladolid, Alicante, Lleida e Huesca). Os outros dous galegos (Leyma e Marín) aínda non estrenaron o seu casilleiro e marchan pola zona baixa.
O COB ocupa a segunda posición na táboa
O Sala Ourense comezou a tempada con moi bo pé. Nas catro xornadas disputadas, os de Kike García non coñecen a derrota e ocupar a terceira posición con oito puntos (dúas vitorias e dous empates). A última vítima dos ourensáns foi o Gijón Playas ao que venceu con contundencia (5-0) no exilio en Oira. Desde o comezo o Sala Ourense saíu á pista cunha presión moi alta logrando claras ocasións que non se materializaron. A falta de cinco minutos para o descanso fai cando se abriu a lata e antes de coller o camiño de vestiarios os locais xa mandaban con claridade
(3-0). Allariz, Édgar e Bermejo firmaban os goles. A pesar do empuxe dos visitantes no segundo tempo, dous goles máis de Allariz e Bermejo deixaban unha goleada para afrontar o partido desta fin de semana coa moral polas nubes. Visita ao Xove, segundo clasificado. Primeira división Na Primeira, o Ourense Envialia mantén o pulso con Futsi e Burela, sendo os tres únicos equipos que suman os seus partidos por vitorias. Pola súa banda, o Cidade das Burgas suma tres puntos en catro partido o que o coloca na décimo segunda posición. Esta fin de semana o Envialia recibe ao Roldán e o Cidade visita a Alcorcón.
Xogadores do Sala Ourense. /C.DOMARCO.
DEPORTES
O Ourense CF, líder de Terceira 4 O Barco tamén está en postos de promoción. R.Torres
Un equipo realizando un exercicio no Campionato de Galicia de conxuntos celebrado nos Remedios.
Unha prata en Valladolid 4 Noa Puente-Dod lógraa en dobre minitramp. Redacción O Club Ximnasia Pavillón regresa do Torneo Internacional Cidade de Valladolid (disputado esta fin de semana pasada no polideportivo do Pisuerga) cunha medalla de prata e oito finalistas. A prata foi para Noa Puente-Dod na modalidade de dobre minitramp (DMT); María Salas foi cuarta. PuenteDod tamén foi sétima en trampolín. Destacadas tamén foron as actuación de Mateo Rodríguez Pérez (11-12 anos) que rematou cuarto en DMT e sétimo na modalidade de trampolín. Pola súa banda, Claudia Blanco Cidón acadou un meritorio quinto posto en trampolín. Entraron tamén en finais de DMT os seguintes ximnastas: Saúl Rodríguez Rodríguez (6º), Hugo Rodríguez Pérez (7º), Nicolás Cid Rancaño (5º) e Lucas Domuro Arias (4º).
Galego de conxuntos O domingo 6 de outubro, na cancha central dos Remedios tivo lugar o Campionato de Galicia de conxuntos de nivel base e en xornada de tarde o control para Copa de España de conxuntos de nivel absoluto e Copa Individual Base. As alevíns do Escola Pavillón proclamáronse campioas galegas; as benxamíns foron subcampioas a unha décima do ouro; o conxunto infantil remataou quintas na clasificación xeral; o conxunto cadete lograron a cuarta posición; o conxunto xuvenil acadouo o bronce na categoría. No control da Copa de España, as alevíns e sénior lograron a clasificación para este campionato que se disputará en Pamplona; as júnior quedaron apeadas ao ser terceiras na súa categoría.
O Ourense Club de Fútbol tivo a recompensa do seu gran arranque ligueiro na xornada sete. Foi a pasada fin de semana cando os homes de Fran Justo alcanzaron a primeira posición na Terceira, empatado a puntos co Compostela. A vitoria (2-1) fronte As Pontes e a derrota do Choco na casa diante do Silva fixo que os ourensáns lideren a clasificación. Dezaoito puntos avalan ao equipo máximo goleador da competición (18) e un dos menos goleados (6). Precisamente o Silva será o rival dos albinegros que adiantan o seu
encontro ao sábado. O seu veciño, a UD Ourense, pode axudarlle a manter o liderato na táboa. Os unionistas reciben no Couto ao Compostela (domingo, 17 horas). Os pupilos de Fernando Currás buscarán unha vitorias que lles é esquiva desde hai cinco xornadas e que fai que estén a un punto do descenso. No partido desta semana non souberon manter o gol de vantaxe que tiñan e terminaron cedendo un empate cun gol en propia porta nos últimos minutos de partido. O Barco, pola súa banda, encadea catro triunfos consecutivos o que o leva a escalar a postos de promoción. Os valdeorreses
Barrios 10 de outubro 2019
son cuartos con 13 puntos a cinco da cabeza. Esta fin de semana procurarán manter a racha na súa visita ao Polvorín; o encontro está previsto para a xornada do sábado. Arenteiro Os do Carballiño lograron a súa primeira vitoria do curso e con ela foron quen de saír da zona de descenso. Dous a un foi o resultado que lle deu os tres puntos fronte o Estradense en Espiñedo. As Pontes -farolillo vermello- é o rival nesta xornada (tamén adiantada ao sábado) para seguir sumando e así escalar na clasificación.
A UD Ourense recibe ao Compostela o domingo 13 a partir das 17 horas
13
EN BREVE 4 Campus Rugby A Vitoria do Campus Ourense Rugby no campo do Belenos (26-31) permite aos de David Monreal manterse nos postos altos da clasificación. Con catro xornadas disputadas os ourensáns son quintos. Esta semana non hai liga; a mesma regresa o día 20, no que o Campus desprázase ata Eibar.
4 Hoquei Tras tres xornadas o Barrocás continúa sen saber o que é gañar. Tan só un punto no seu casilleiro logrado no campo do Benalmádena. Os dous partidos disputados en Mariñamansa saldáronse con sendas derrotas. Esta fin de semana visitan ao Egara 1935.
4 Correndo por Ourense O circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense” chega ao seu fin nesta novena edición. O domingo, día 20 de outubro, a partir das 11 horas, as rúas do barrio da Carballeira porán o punto e final por este ano a este evento.
4 Voleibol
O Ourense CF venceu As Pontes no Couto./I. OSORIO.
O Aceites Abril debuta neste curso 2019-20 con vitoria diante da súa afección. O parcial de tres sets a cero (2519/25-20/25-19) non deixou dúbidas de que os puntos se quedarían na casa. A segunda xornada na Primeira división fai que as ourensás viaxen ata Pucela para enfrontarse ao Universidad de Valladolid.
14
Barrios 10 de outubro 2019
4AXENDA Exposicións - Ata o 27 de outubro - Exposición sobre a película “Sempre Xonxa” - Centro Cultural Marcos Valcárcel - Ata o 27 de outubro - XV Certame de Artes Plásticas Deputación Ourense - Centro Cultural Marcos Valcárcel Teatro - 11 de outubro - “A Pelo” de Moncho Borrajo - 20.30 h. - Auditorio - 12 de outubro - Teatro infantil “Cronopios” - 12 h - Auditorio Música - 11 de outubro - Festival Blues Teatro Principal “Miguel Talavera & Blues latin Experience” - 21 h - Teatro Principal - 11 de outubro - Festival Blues Teatro Principal “Saron Crendshaw Blues Band” - 22.30 h - Teatro Principal - 12 de outubro - Festival Blues Teatro Principal “Vanessa Collier Band” 22 h - Teatro Principal - 16 de outubro - Concerto de Dani Fernández - 21 h. - Centro Cultural Marcos Valcárcel www.periodicobarrios.com
AXENDA / OCIO E CULTURA
4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA
4ARQUIVO VISUAL OURENSÁN
Batata e lévedo de cervexa O elevado valor nutritivo de fécula foi o principal motivo do aproveitamento da batata na alimentación humana e animal normal. Posúe proteínas completas e de alto valor biolóxico, e unha gran riqueza en sustancias minerais e a presenza de importantes vitaminas. De aí as aplicacións médicas da batata. Cóntase actualmente co zume de batatas crúas para aliviar a existencia excesiva de
zumes gástricos. Nas doenzas circulatórias con acumulacións edematosas en órganos e tecidos, ten dado bos resultados as dietas de batatas soas como medida dietética. Que o consumo engorda é un prexuízo infundado. A batata soa non favorece a obesidade. O “Pai da Medicina” xa coñecía o lévedo de cervexa. Tense estudado especialmente a influencia do lévedo de cervexa na diabetes e recoñeceuse o seu efecto
Zarzallo benéfico análogo ao da insulina. O lévedo é un medio curativo en varios tipos de doenzas, sobre todo no sector do metabolismo, útil no caso de perturbacións intestinais, doenzas cardíacas, inflamacións gastrintestinais, doenzas cardíacas, diabetes e obesidade. Tomar unha cullerada de lévedo dá unha sensación de frescura e ben estar. Joao Damiao
Orballa sen mollar. Unha improvisada procesión de facianas alongadas circunda a catedral en silencio. Ora un aceno, ora unha carreira. Poucos saúdos e ningún sorriso. Son as oito menos cinco. Nas Mercedes laia a vella campá e a praza vístese coas follas dun outono prestado. A barbaña, esa chuvia feble e molesta tan nosa,
adobia Ourense un luns cabrón dun outubro agochado no almanaque. Semella un anuncio do Gadis. É tan só unha mañá máis con sabor a ese viño que aínda non ferve. Parca e escura. Case dramática. Deixa que escampe.
4HUMOR
Rúa de San Martiño. Ano 1930.
Fernando Valcárcel Membro do Arquivo Visual Ourensán
OCIO E CULTURA / CLASIFICADOS
Barrios 10 de outubro 2019
15
BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda, C. Domarco, Avelino Jácome. Yedra Seara Nº109 - Ano: XII - 10 de outubro de 2019 - Difusión: 7.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.
4ANUNCIOS CLASIFICADOS [Deixe o seu anuncio no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]
INMOBILIARIA Os organizadores durante a presentación do Festival Musgo. /RAMSÉS
Musgo amplía actividades 4 Ademais dos concertos, o día 19 haberá un roteiro polo Camiño Sanabrés e o Camiño do Sureste ao seu paso pola cidade. Redacción Musgo contará cunha actividade complementaria á programación de concertos prevista para o sábado 19 de outubro no cara sur da Zona vella ourensá. A iniciativa, que nace neste 2019 ao amparo do programa “O teu Xacobeo”, impulsado pola Xunta de Galicia para anticipar o próximo Ano Santo, busca pór en valor os Camiños que chegan e cruzan a provincia de Ourense cara a Compostela, e antes de dar comezo á completa axenda musical da xornada, unha ruta guiada percorrerá o camiño que os peregrinos facían (e fan) desde a Idade Media ao seu paso pola cidade de Ourense. A ruta percorrerá un tramo do Camiño ao seu paso por Ourense, visibilizando o Camiño Sanabrés e o Camiño do Sureste, os menos
Nova exposición no Museo Municipal Redacción O Museo Municipal inaugurou o pasado 4 de outubro a exposición “Fragmentos de existencia”, do artista ourensán Francisco Ramos, que estará aberta ao público até
frecuentados nas peregrinacións a Compostela. Cunha duración aproximada de hora e media, as persoas participantes na actividade terán oportunidade de coñecer lendas e tradicións marcadas polo Camiño de Santiago e gozar da riqueza patrimonial do Centro histórico ourensán. A inscrición para a actividade é gratuíta e está aberta até o día 14, enviando un correo a roteiro@ musgo.gal. Desde o equipo promotor de Musgo, sinalan o atractivo de Ourense como lugar de partida para un peregrinar a Compostela curto e de outono, e buscan que o propio evento sexa capaz de pór en valor á cidade dentro da Galicia Xacobea.
ofrecendo oito concertos gratuítos con artistas emerxentes e destacados non só de Galicia, se non tamén de nivel estatal e internacional nos Xardíns Calpurnia Abana e a Praza Saco e Arce. Por esta primeira edición do evento pasarán dúas bandas portuguesas - Lince e Whales-, tres galegas -Branco Palamera, Ladrillo e Muller, e Baiuca-, dúas estatais - Yana Zafiro e Mourn-, e unha do Reino Unido, o dúo AK/ DK, a aposta máis forte do proxecto, que non vai deixar a ninguén indiferente.
A música en Musgo A programación central de Musgo estará protagonizada pola música,
A inscrición para a actividade é gratuíta e está aberta até o día 14 enviando un correo
final de ano na sala III do Museo da rúa Lepanto. A mostra consta dun total de 20 acuarelas de formato medio-grande e un óleo sobre táboa. Francisco Ramos, natural de Morgade (comarca da Limia) é un artista que sente a textura acuosa da acuarela a través das cores de diversa natureza, integrando de forma diferente e atrevida tons fríos
e cálidos, facendo xurdir dunha captura previa do natural unha abstracción paisaxística. O Museo Municipal acolle tamén ata final de ano, nas salas I e II a exposición “Inquietudes” de Fernando Prieto, formada por unha colección de 30 obras sobre lenzo do pintor coruñés. Esta exposición inaugurouse o pasado 3 de outubro.
Busco casa en alquiler na periferia de Ourense. Opción a compra ou dunha permuta dun piso situado na Valenzá. Tlf.: 600 826 029. Vendo casa pola estrada de Santiago, con finca. Para restaurar. Tel.: 988 247 824. Alugo oficina na rúa Progreso. Exterior. Prezo económico Tel.: 988 247 824. Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunitaria Tel.: 650 64 15 19. Vendo casa na zona de Rante (a 8 km de Ourense) preto da autovía. 3 dormitorios, terreo, pozo de auga e garaxe. Prezo 49.800€. Tlf: 606 422 543 Vendo finca edificable. Zona Rante. Moi económica (11.900€). Tlf: 606 422 543 Alugo casa de campo a 5km de Allariz. Todos os servizos. Tlf: 657 945 665. Alugo casa de campo a 5km de Allariz. Todos os servizos. Tlf: 657 945 665. Véndese o alúgase un piso na estrada de Vigo. Preto do Lidl. Amoblados. Bo prezo. Tel.: 988 234 342. Alugo almacén pequeno en soto de garaxes. Para almacén, adega, trasteiro ou garaxe de moto. Rúa Francisco de Moure. Tel. 636 32 95 24. Alúgase apartamento en Montalvo con dúas habitacións, cociña, salón, baño, barbacoa, aparcadoiro, xardín; fronte á praia. Tel: 607 271 916 Véndese apartamento de 2 habitacións, cociña americana, baño, trasteiro e garaxe. Recén refor-
mado. A 5 min. de praia América. Bo prezo. Tel. 620 66 07 62. Alugo praza de garaxe na zona universitaria. Prezo 55 euros. Tlf.: 636 329 524. Alugo oficina económica de 15 metros cadrados, amoblada, con baños comunitarios por 100 euros máis 7 de comunidade. C.E:C. Tel.: 627 203 131
liar de enfermería. Boas condicións laboraia Tel.: 679 699 508. Ofrécese señora por horas para tarefas do fogar, coidado de nenos. Atende persoas maiores; tamén de noite en hospital ou domicilio. Telf.: 620 052 173. Coido ou acompaño a maiores enfermos polas noites. Económico. Tel.: 616 361 548.
TRABALLO
VENDAS
Danse clases de francés a domicilio. Todos os niveis. Titulación en España e Francia. Tlf.: 625 745 611 Imparto clases particulares de Matemáticas a domicilio en Ourense capital. Todos os niveis. Tamen materias curriculares de ESO e Bacharelato. As clases son individuais e personalizadas. Amplia experiencia. Excelentes resultados. Económico. Interesados enviar mensaxe vía WhatsApp ao 610 38 25 89. Ofrécese xerocultora para axuda a domicilio en Xinzo. Tamén para limpeza de casas e negocios por horas e adaptados ao seu horario. Tel: 686 005 358. Fanse desbroces en tractor e a man. Tlf.: 63 521 448 Ófrecese señora seria e responsable para tarefas do fogar e coidado de nenos e maiores. Con informes. Preferencia zona Ponte. Tlf: 685 374 191. Busco traballo en desbroces con tractor ou condutor de camión e carretillas. Ampla experiencia. Tel: 637 282 405. Busco mozo como asistente persoal con certificado de atención a persoas en situación de dependencia ou con auxi-
Compro moble de cociña completo. Tel: 988 247 824. Vendo escritorio. Como novo, bo prezo. Tel: 988 247 824. Vendo estufa de frío e calor. Tel: 988 247 824. Vendo remolque tenda comanche compact ano 2012. Como nova. 2.500€. Tel: 620 43 20 60 Vendo porta de cristal e aluminio. Tel: 988 247 824. Vendo incubadora pequena para ovos ede paxaro ou galiña (12 uds.). Tel: 616 726 331. Vendo hormigonera de 280 litros e maquinillo / grúa (a gasolina). Tel.: 988 23 47 91 Vendo maquina de coser industrial (dobre arrastre). Tel.: 630 587 527 Véndense polos caseiros (zona Allariz). Tel. 674 317 302 (chamar a partir das 21 horas). Vendo e cambio calendarios de bolsillo para coleccionar; así como barallas de cartas. Tel e whatsapp: 630 67 21 05. Véndense tres pares de zapatillas de fútbol sala. Talla 40, seminovas. Tel: 666 303 635
VARIOS Acepto canarios. Tel: 988 247 824.
Barrios 10 de outubro 2019