Page 1

Entrevista a Óscar Husillos, atleta internacional coa selección española [Páx. 3]

CIDADE

Páx.2

A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ourense pide crear un CIM

CIDADE

Páx.6

Ledicia Piñeiro, de Ourense en Común, renuncia á súa acta de concelleira

PROVINCIA

Páx.7

Dous meses de obras nas rúas da Igrexa e do Peto de Xinzo de Limia

Manuel Casas, novo alcalde de Xinzo

DEPORTES

Pax.11

O COB mantén a ilusión polo playoff a falta de tres xornadas para o fin da Liga

CULTURA

Páx. 14

Máis de 100 horas de actividade na Ourense ICC Week do 2 ao 5 de maio

A UD Ourense levouse o derbi fronte o Bande e segue na loita polo ascenso

[Páx. 3]

[Páx. 10]

O novo alcalde de Xinzo de Limia, no seu despacho. // O UD Ourense - Bande foi seguido desde as bancadaas do Couto por preto de 2.500 afeccionados./M.REJO e Y.SEARA.

Número: 52 - Ano: XI - 12 de abril de 2018 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190




Barrios 12 de abril 2018

TEMA DA SEMANA

A Xunta quere vivendas para alugueiro social no casco vello 4 Os propietarios interesados en vender os seus inmobles teñen de prazo ata o día 22 de abril. Redacción Reunión entre representantes da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ourense e da Xunta de Galicia./M. REJO.

A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ourense pide crear un CIM 4 A Xunta veo positivo. Redacción A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ourense reuniuse -na casa do Concello de Paderne de Allariz, sede desta entidade- coa secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, e a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, para abordar a posta en marcha dun Centro de Información á Muller. Á reunión asistiron representantes dos Concellos que conforman a mancomunidade que son: Paderne de Allariz, Baños de Molgas, Esgos, Maceda, Nogueira de Ramuín, Parada do Sil, Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadañedo. Na reunión, tamén participaron o persoal técnico da Mancomunidade e a subdirectora de Xestión Económica da Secretaría Xeral de Igualdade. A decisión de crear este centro pon en valor a importancia dos mesmos e o seu papel como porta de entrada e apoio ás mulleres en situación de vulnerabilidade. Esta iniciativa parte dos propios concellos, o que

evidencia a necesidade da concienciación dos municipios na implantación deste tipo de centros. Na actualidade, a provincia de Ourense conta con 14 centros de información á muller. Amigos de Galicia A visita da secretaria xeral da Igualdade serviu, ademais, para visitar as instalación da Fundación Amigos de Galicia. A Xunta vén colaborando nos últimos anos coa entidade para desenvolver un programa de asesoramento integral dirixido a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, no que se inclúe asesoramento psicolóxico, xurídico, apoio social e orientación laboral, entre outros servizos. Desde 2009, a Administración autonómica ten destinado preto de 260.000 euros a financiar os programas dirixidos a mulleres vulnerables que se promoven desde Amigos de Galicia.

A necesidade da creación dun CIM parte dos propios concellos

A Xunta de Galicia pretende mercar vivendas no casco vello de Ourense para rehabilitalos e destinalos a alugueiro social. Esta actuación enmárcase no programa Rexurbe, co que a Xunta de Galicia traballa na recuperación de cascos históricos de diferentes vilas e cidades galegas. A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, acompañada da xefa territorial da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, Alicia López Míguez, e doutros técnicos do IGVS mantiveron unha xuntanza con membros das asociacións veciñais “Casco Vello” e “As Burgas” para explicarlles os requisitos e resolverlles as dúbidas sobre o proceso. Trátase dun concurso público no que os propietarios interesados poderán ofrecerlle os inmobles da súa propiedade para que sexan adquiridos pola Administración au-

Reunión no Centro Cívico de Colón onde se explicou os requisitos da adquisiciòn pública de edificios. /M. REJO. tonómica. Os interesados teñen ata o día 22 de abril de prazo para presentar as súas ofertas ao Instituto Galego da Vivenda e Solo. O obxectivo é acadar arredor de 13 novas vivendas, destinando 800.000 euros en 2018 á adquisición de ditos inmobles. Requisitos Os inmobles deberán es-

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, e a xefa territorial da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, Alicia López Míguez, diante dunha vivenda que a Xunta está a rehabilitar./M. REJO.

tar situados no casco vello de Ourense, nas rúas Vilar, Cervantes, Xerónimo Feijoo, Colón, Libertade, Xulio Prieto Nespereira, Hernán Cortés, García Mosquera, Lugo, Pelaio, 2 de Maio, Manuel Sueiro, Padilla, Triunfo, do Perigo, Moratín, Primavera e Bailén e nas prazas da Victoria, do Sal, Imprenta, da Trinidade, Saco e Arce, Pena Vixía, San Marcial, de San Cosme e da Ferreira, así como en Camiño Canella Cega. Ademais, deberán atoparse en estado de abandono ou semiabandono, pero que permitan reunir condicións óptimas de confort e habitabilidade, non estar afectadas por servidumes ou cargas que poidan facer inviable a actuación e que estean inscritas no Rexistro da Propiedade. Tamén se esixirá que o custe de adquisición non supere o valor de mercado do inmoble nin un valor máximo que se calculará coas fórmulas e parámetros incluídos na resolución para cada rúa ou zona. O Executivo autonómico seleccionará os inmobles a

adquirir segundo teñan un valor arquitectónico especial, que a recuperación poida contribuír de xeito especial á rexeneración ambiental e que contemplen a recuperación dunha mazá completa. Outras actuacións Actualmente, a Xunta ten en marcha actuacións en 4 inmobles da zona antiga da capital ourensá (en Vilar 1, Vilar 3 e 5, e Cervantes 14) por un importe de case 1,6 millóns de euros e que permitirán poñer a disposición dos veciños de Ourense 8 novas vivendas. Estes inmobles viranse a sumar aos 10 que nestes momentos xa están rehabilitados e dos que se obtiveron un total de 22 vivendas e 10 locais comerciais.

O obxectivo é acadar arredor de 13 novas vivendas, destinando 800.000 euros en 2018 á adquisición de ditos inmobles


TEMA DA SEMANA

ENTREVISTA A MANUEL CASAS, NOVO ALCALDE DE XINZO DE LIMIA

“Antonio Pérez, a día de hoxe, segue sendo o meu alcalde. Nós imos continuar na súa liña” 4 Manuel Casas descóbrenos as liñas do seu goberno e os proxectos que considera máis prioritarios para Xinzo de Limia. M. Rejo Xa é un clásico no Concello de Xinzo. Formou parte da corporación nas primeiras eleccións municipais da democracia e tras varios pasos pola Administración tócalle levar o bastón de rexedor ata as próximas eleccións municipais trala demisión de Antonio Pérez. Manuel Casas resúmenos os seus obxectivos para reste ano. Cal é a súa traxectoria política? Manuel Casas: “Son un veterano da política. Esta é a sétima corporación da que formo parte. Comecei na primeira corporación democrática que houbo en 1979. Alí recibín a miña primeira lección de ser un home de Estado. Era unha corporación onde estabamos 8 da UCD e 4 do Partido Comunista, era o concello de Galicia, despois de Ferrol, que máis representación porcentual tiña deste partido. Houbo un momento no que tiñamos que decidir crear un instituto de bacherelato acá. Hoxe é doado, pero daquela había que ter maioría para ceder os terreos. Os representantes do PCE achegáronse a nós e dixéronnos que nos apoiarían en todo porque era un tema moi importante”. Tivo algún cargo representativo ao longo da súa carreira? M.C.: “No ano 1993 ti-

ven a sorte de ser nomeado delegado de Xustiza en Ourense, despois fun ao Parlamento unha lexislatura en 1997, fun director Xeral un ano e despois viñen de delegado de Agricultura para Ourense. De seguido, incorporeime á miña praza de profesor de galego e cando me xubilei invitoume a formar parte da súa lista Antonio Pérez”. Que opina dos feitos acontecidos co anterior alcalde, Antonio Pérez? M.C.: “Antonio, a día de hoxe, segue sendo o meu alcalde. É unha persoa traballadora, moi pelexón, un gañador nato. Hai un dato económico que di bastante da súa xestión. Cando chegamos ao Concello no 2011 tiña unha débeda de 11 millóns de euros. Fixemos un plan de axuste e agora non chega a 4 millóns de euros. Pasamos de que ninguén nos quería vender na vila, porque había facturas do 2002 sen pagar no ano 2012, a ter un remanente de tesourería de 1,7 millóns de euros. Fíxose unha labor moi rigurosa no ámbito económico. El renunciou voluntariamente tras unha sentenza recurrible e agardo que a

“Estamos a piques de iniciar tres obras, na rúa da Igrexa, do Peto e Santa Mariña”

Manuel Casas, novo alcalde de Xinzo de Limia./M.R. gañe na Audiencia Provincial porque sería unha maneira de que Xinzo recuperase un moi bo alcalde, moi traballador. Nós imos continuar na súa liña”. Cales son os proxectos a curto prazo que ten enriba da mesa? M.C.: “Estamos iniciando tres obras: a rúa da Igrexa, a do Peto e Santa Mariña. Nestas dúas últimas estamos pendentes do informe definitivo de Patrimonio e na da rúa Igrexa estamos coordinando con telefonía e electricidade para que canalicen todo xunto. Tamén temos o compromiso formal do presidente

da Xunta para a avenida de Celanova, tras facer un modificado do proxecto para non cortar as árbores, como pedían os veciños; e a primeira fase de circunvalación de Xinzo, dende a rotonda da autovía na N525 ata a estrada de Baltar. Así mesmo, a conselleira Beatriz Mato comprometeuse para dotar dun colector a Morgade por valor de 350.000 euros. E hoxe a mañá chamoume o conselleiro de Industria, Francisco Conde, para lembrarme que está pendente de adxudicación o alumeado da avenida de Portugal, por 120.000 euros”. Cales son os grandes

retos na xestión para os vindeiros meses? M.C.: “O primeiro é organizarnos. Vai vir un novo edil de infraestruturas e urbanismo. Eu estou facendo os primeiros contactos ordenadamente. Estiven co presidente da Deputación e comprometeuse cunhas obras que para nós son moi importantes, na avenida de Ourense, a entrada principal de Xinzo. E na de Madrid, a súa continuación, facer algo parecido. Estamos tamén en contacto con Celso Delgado, que preside a comisión de Fomento, para que tamén participe, pois a estrada é deles. Neste ano temos que darlle un pulo importante a este proxecto. Hai outra área degradada, preto do río, na rúa Rosalía de Castro, onde hai unha antiga báscula que da mal aspecto e queriamos facer un parque para nenos con algunha discapacidade. E teño que agradecer que desde que está Francisco Marín como presidente da Conferederación do MiñoSil, Xinzo está no mapa e tenos feito obras moi importantes. En 1991, ao lado do mosteiro de Trandeiras, o Concello adquiriu uns terreos dunhas seis hectáreas con carballos e aí queriamos facer un espacio natural de interés local (ENIL) onde hai fornos, bebedoiros, fontes, condutos de auga... poñelo en valor. Tamén estamos mellorando o entorno da Torre da Pena.

Barrios 12 de abril 2018



Xa para finalizar, é moi importante, e así llo indiquei ao presidente da Xunta, a ampliación do polígono industrial. Xinzo non dispón de ningún metro cadrado de solo industrial e hai promotores que están pendentes desta ampliación”. Outra problemática o é a falla de prazas nas garderías? M.C.: “Temos unha gardería que funciona moi ben pero somos conscientes de que hai que ampliala. A poboación da vila aumenta pero temos un problema. Hai uns 1.800 veciños que residen en Xinzo e están empadroados en concellos limítrofes. Estamos intentando solucionar isto, pero vémolo moi difícil”. Os campos están asolagados polo efecto choiva, vai tomar o Concello algunha medida? M.C.: “Para esta comarca o cereal e a pataca son fundamentais. Ímoslle pedir á Administración que faga unha valoración dos danos e que haxa liñas de axuda, na maneira que eles vexan mellor”. Será o próximo candidato á alcaldía de Xinzo? M.C.: “Hoxe non toca falar diso. Temos que demostrar ao pobo que somos capaces de organizar o Concello. Encántame ser edil. Pero non me asusta. Xa encabecei unha lista coa que gañamos, aínda que gobernou o tripartito pola aritmética. Manuel Casas fixo moita máis política do que podía aspirar. Son consciente das miñas flaquezas, que son moitas, pero confío moito no equipo. Tocoume esta etapa na que vou poñer toda a miña dedicación”.

“Manuel Casas fixo moita máis política do que podía aspirar”




Barrios 12 de abril 2018

CIDADE

A execución das obras da nova estación de autobuses conta con 16 ofertas 4 A Xunta prevé iniciar en verán a terminal.

Formación en prevención laboral 4 Previsel celébrase en Expourense o 11 e 12 de abril. Redacción

Redacción Son 16 as empresas que presentaron as súas ofertas para executar as obras da estación de autobuses intermodal de Ourense, que foi licitada o pasado 26 de febreiro. Nela, o Goberno galego prevé investir máis de 4 millóns de euros. A Xunta calcula poder iniciar o vindeiro verán a construción da nova terminal de autobuses integrada na estación de ferrocarril. A mesma contará con 13 dársenas de operación e tres de regulación, ademais dun edificio de máis de 700 m² construídos, para albergar os diferentes servizos: venda de billetes, consigna, oficinas, aseos. A nova estación de autobuses forma parte da

primeira fase do proxecto, xunto co aparcadoiro soterrado, sumando un investimento de máis de 11 millóns de euros. Adif executará as obras correspondentes ao aparcadoiro, con dúas plantas con 300 prazas, que darán servizo ás terminais de autobuses e ferrocarril, e permitirá unha reodernación da actual praza da estación, cun investimento de arredor de 7 millóns de euros, achegando a Xunta 3,9 e Adif o restante. Mentres se leva a cabo a construción do aparcadoiro habilitarase, de forma provisional, unha zona de estacionamento en parte do espazo que ocupará a futura terminal de autobuses. Así, adiantaranse prazos, garantindo que

O proxecto programa que as obras do novo aparcadoiro e da propia estación se executen a un tempo as obras do aparcadoiro e da propia estación de autobuses se poidan compaxinar e executar ao mesmo tempo. Segunda fase Nunha segunda fase, que desenvolverá o Ministerio de Fomento, levarase a cabo a adaptación da terminal de ferrocarril e as actuacións para mellorar a integración urbana e a conexión transversal cos barrios da Ponte e do Vinteún.

Plano da futura estación de autobuses de Ourense.

O Concello informará sobre a avespa asiática 4 Realizará charlas en entidades veciñais. Redacción O Concello de Ourense vén de presentar a campaña Stop Velutina, un programa de información e prevención para que as asociacións veciñais da cidade aprendan como actuar cando se atopen un

niño de avespa asiática. Con esta campaña preténdese actuar contra a proliferación de niños. As charlas correrán a cargo de membros do corpo de bombeiros, expertos da Facultade de Ciencias de Universidade de Vigo e técnicos da Agrupación

Apícola de Galicia. Nas charlas informarase aos veciños sobre como identificar os niños de velutinas e para que cando atopen algún avisen ao 112 ou ao 012, que serán os que retiren os avespeiros. As charlas tamén servirán para ensinar ás asociacións veciñais como elaborar trampas para capturar raíñas aproveitando que co bo tempo saen dos niños nos que estiveron invernando. 80 niños en 2017 O ano pasado retiráronse da cidade de Ourense 80 niños.

Previsel, Salón da Prevención e Seguridade Laboral, celebra durante dous días (11 e 12 de abril) en Expourense a súa 13ª edición, cuxo obxectivo é impartir formación especializada para consolidar a cultura da prevención tanto nas empresas como na sociedade en xeral. Para iso, inclúe un completo programa integrado por 45 actividades, entre as que se atopan conferencias e talleres especializados dirixidos a determinados sectores como a edificación, os traballos en altura, laboratorio ou forzas de seguridade, entre outros.

Asesorar, formar e informar son os tres eixos sobre os que versa a actividade da trintena de entidades que participan como expositoras en Previsel 2018, o único salón especializado en prevención de Galicia e que conseguiu a partici-

pación activa da Administración, das empresas, de asociacións sectoriais, sindicatos, colexios profesionais, mutuas e dos servizos de prevención, seguridade e emerxencias. Simulacros O día 11 realizáronse, ademais, dous simulacros de accidente (excarceración en accidentes de tráfico e organización dos distintos servizos de emerxencia nun Incidente con Múltiples Vítimas) nos que participaron distintos servizos de emerxencias.

Cruz Vermella ensinanando en Previsel a reanimación de bebés./M. REJO.


PUBLICIDADE

Barrios 12 de abril 2018






Barrios 12 de abril 2018

CIDADE

EN BREVE

O PSOE solicita a nulidade da RPT

4 Viaqua

A nova estación depuradora Ourense abre as súas portas para grupos de até 20 persoas durante abril. Viaqua organiza visitas guiadas en horario de mañá e tarde para coñecer os segredos dunha das instalacións máis modernas de Galicia. Os interesados deberán inscribirse no teléfono 988 250 088.

4 Policía Local

A Policía Local de Ourense incrementou nun 216% as denuncias e expedientes abertos no primeiro trimestre deste ano en comparación co mesmo período do ano anterior. Pasouse de 1.337 denuncias do pasado ano ás 2.885 neste.

4 UNICEF O Consello de participación infantil e adolescente do Concello de Ourense, integrado por escolares de entre 10 e 15 anos, foi seleccionado por UNICEF para asistir aos V Encontros de Consellos de participación que organiza do 25 ao 27 de maio en Oviedo.

4 El Carmen O Centro Médico El Carmen realizou medicións gratuítas polo Día Mundial da Saúde o pasado 6 de abril. Ao redor de 100 persoas pasaron polo Espazo+60 de Afundación para medir os niveis de tensión, azucre, etc.

4 Basean as súas alegacións na falta de motivación e inseguridade xurídica. Rolda de prensa na que Ledicia Piñeiro -centro- anunciaba a súa renuncia. /RAMSÉS.

Ledicia Piñeiro renuncia á súa acta de concelleira 4 Aduciu motivos laborais. Redacción A concelleira de Ourense en Común, Ledicia Piñeiro, anunciou a súa renuncia á acta de edil do Concello de Ourense. “Motivos estritamente laborais”, esgrimiu na súa despedida, que se fará efectiva no vindeiro pleno do mes de maio. “Fun da praza ao Pazo e volvo á praza; ao activismo”, así comunicou a súa despedida como concelleira agardando que a releve alguén que poida “adicarlle todo o tempo posible”. A seguinte na lista é Montse Valencia polo que todo apunta a que sexa ela a súa substituta. Sobre as municipais do ano que vén non quixo asegurar se estará ou non presente na lista, pero si que afirmou que seguirá

na “loita” dun espazo “político de ruptura”, para que desapareza “a precariedade, os PXOM con intereses especulativos, as RPT con intencionalidades enchufistas”. Recordo Piñeiro acrodouse dos bos momentos e dos malos. Nos primeiros están todos os funcionarios das áreas que lle tocou abordar, acordándose dos bombeiros aos que felicitou na propia sede da Chavasqueira o 24 de decembro, unhas horas antes da cea de Nadal. Nos segundos momentos recalcou todos aqueles nos que había moita hostilidade e agresividade nos plenos. Agradeceu o cariño dos seus compañeiros de formación, Martiño e Miguel, da asamblea de

Ourense en Común e aos movementos “municipalistas de mareas que hai no país”, con mención especial aos alcaldes da Coruña, Santiago e O Ferrol, por “entender que a loita por un país novo é unha globalidade e non unha cuestión localista”. Quixo recordar aos funcionarios do Concello e traballadoras dos servizos sociais. Tampouco se esqueceu do compañeiros de corporación, “de moitas delas lévome un lindo recordo”, remataba.

“Fun da praza ao Pazo e volvo á praza”, aseguraba Piñeiro na súa despedida

Redacción O Grupo Municipal Socialista do Concello de Ourense solicita a nulidade da modificación da relación de postos de traballo (RPT) promovida polo partido do Goberno (PP). Os socialistas presentaron as súas alegacións baseadas na “falta de motivación” e “inseguridade xurídica” do proxecto, a “ausencia do informe de fiscalización” do interventor municipal e as “múltiples irregularidades” e “presuntas ilegalidades” que contén. Para o grupo socialista a nova RPT dota ao goberno de “capacidade discrecional, sen decisión fun-

Reprobación ao alcalde

damentada e clarificadora de como se valora de xeito individual, para cubrir os postos de traballo contemplados dentro da mesma”. Os socialistas aseguran que existe unha confección arbitraria do PP que intenta favorecer a determinadas persoas ou traballadores do Concello. Área social Noutra orde de cousas, o PSOE denuncia novos enganos e recortes na área social. Consideran que o Consello de Infancia e Adolescencia do Concello segue sen avanzar, e aseguran que o alcalde “mente” ao decir que non existe lista de espera en comedores escolares.

Redacción

ro”. Pérez Jácome asegura que a cidade está en “regresión” debido a “inacción” do grupo de goberno.

Democracia Ourensana solicita un pleno extraordinario para pedir unha nova reprobación -a segunda- ao alcalde de Ourense, Jesús Vázquez. O portavoz da formación califícao de “embustei-

Jácome. /R.T.


PUBLICIDADE

Barrios 12 de abril 2018






Barrios 12 de abril 2018

XINZO DE LIMIA E COMARCA

EN BREVE 4 100 anos Celebrouse na residencia de Xinzo de Limia, o aniversario de Raquel Noveiras, nacida o 7 de abril de 1918. Entre flores e a tarta, a muller centenaria gozou do seu cen aniversario.

4 Diplomas A Casa de Cultura de Xinzo acolleu a clausura do programa mixto de emprego xuvenil de Xinzo e Baltar. Tras seis meses de aprendizaxe, no que aprenderon albañilería e xardinería, os alumnos recibiron os seus diplomas.

4 Carlos Casares O Concello de Xinzo convoca a terceira edición do premio literario infantil e xuvenil de narración curta “Carlos Casares”. Neste premio colaboran o IES Lagoa de Antela, o IES Cidade de Antioquía, o CEIP Carlos Casares e o CEIP Rosalía de Castro. As bases pódense consultar na web www.xinzodelimia. es e na oficina de Cultura - Casa da Cultura.

4 Concerto A Agrupación Musical da Limia organiza un concerto xunto a Orquestra Sinfónica CMUS Mayeusis de Vigo este sábado 14 de abril, ás 20.30, no auditorio de Xinzo.

Escavación na rúa da Igrexa.

Comezan as obras da rúa da Igrexa e da rúa do Peto 4 As previsións son que finalicen en maio. Redacción As obras na rúa da Igrexa e na do Peto deron comezo o pasado mes. Estímase que os traballos finalicen en dous meses como máximo (mediados de maio). Tralo informe favorable do arqueólogo, os vestixios romanos a carón da igrexa vella illaranse co obxectivo de mantelos en boas condicións. Protexéronse cunha cuberta de tela especial esixida nestes casos, antes de continuar coa construción da rúa. Ademais, xeolocalizaránse mediante coorde-

nadas para posibles usos futuros. Gudín A Confederación Hidrográfica Miño-Sil estudiou

a viabilidade do aproveitamento hidroeléctrico do encoro de Gudín. Determinou que, a pesar de levar 20 anos paradas, mantense en perfecto estado. Este era o primeiro paso para que o Concello solicite ao Ministerio, vía CHMS, un posible aproveitamento para produción de enerxía eléctrica. Agora agardan un informe favorable por parte do Estado. Máis obras Os técnicos da CHMS visitaron a fase final da construción da obra de bombeo de Fiestras e Laroá, coa que se levarán esas augas á depuradora. O Concello de Xinzo xa recibiu a planimetría e a responsabilidade da obra para que comece co bombeo. Tamén se iniciaron as obras para un novo depósito de auga que abastecerá a todos os veciños de Ganade.

Reunión entre o alcalde e a conselleira.

Medio Rural colabora con Vilar de Santos para melloras no agro 4 Buscarán perfeccionar as infraestruturas. Redacción A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, recibiu en San Caetano ao alcalde de Vilar de Santos, Xoán Xosé Jardón, para avanzar en diferentes aspectos relacionados coa mellora das infraestruturas do agro e da calidade de vida dos

Curso de xardinería Redacción

As obras do bombeo de Fiestras.

O pasado 3 de abril, o CRD O Viso (de Lodosedo) comezou co curso de mantemento de xardíns e espazos verdes sostibles. Participan un grupo de 10 persoas, todas elas da

seus veciños. Entre outras cuestións, abordaron as vinculadas co regadío, a mellora das comunicacións, as concentracións parcelarias –caso da de Guillamil-Sabariz– ou o posible apoio da Consellería á posta en valor da maquinaria municipal destinada á prevención de incendios forestais. comarca da Limia e de distintas nacionalidades. Esta actuación formativa, que está dirixida ás persoas maiormente afastadas do mercado laboral, pretende sensibilizar e concienciar ao alumnado en materia de igualdade de oportunidades e realizar un traballo transversal durante todo o curso.


PROVINCIA

Barrios 12 de abril 2018



Os V Premios “Estatuto de Autonomía de Galicia” galardoan a 32 escolares 4 Presentáronse 213 traballos de debuxo e redacción escolar. Redacción 32 escolares de centros educativos da provincia de Ourense foron galardoados cos V Premios “Estatuto de Autonomía de Galicia”, o único certame destas características que se convoca en Galicia. Organizado pola Deputación de Ourense, “para conmemorar o aniversario da norma institucional básica galega, que regula a nosa convivencia e que tanto nos deu e nos dará no futuro”, expresou o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, na clausura do acto, celebrado no Centro Cultural

“Marcos Valcárcel”. Nesta edición presentáronse un total de 213 traballos de debuxo e redacción escolar, sendo o lema: “Un territorio coas súas formas tradicionais de convivencia e asentamento”, resultando premiados alumnos dos colexios: Padre Feijoo-Zorelle, O Pino, Miraflores, Castrelo de Miño, “Eduardo Ávila Bustillo”, San José-Josefinas, Sandiás, Divino Maestro-Franciscanas, Sagrado Corazón do Carballiño e CarmelitasVedruna. No acto, no que tamén participaron o subdelegado do Goberno en Ourense,

Roberto Castro, e a delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, o presidente do goberno provincial agradeceu a participación dos estudantes e dos colexios e felicitou aos premiados neste certame “co que ano tras ano poñemos en valor o noso Estatuto de Autonomía para Galicia, honrándoo e conmemorando a aprobación desta norma, que nos deu autonomía; un acto que por quinto ano consecutivo celebramos, impulsado pola Deputación de Ourense”, afirmou Manuel Baltar. O presidente subliñou, ademais, “a importancia

Autoridades e galardoados dos quintos premios “Estatuto de Autonomía de Galicia” convocados pola Deputación de Ourense. /A.PAZ. deste acto” e remarcou que “non hai ningún concello ou provincia galega nos que se celebre un evento de reivindicación do noso Texto Básico, no cal aparece a palabra “Ourense”, porque Galicia non se entende sen Ourense”. Dos traballos presenta-

dos 147 corresponden á modalidade de debuxo ou traballo artístico, de alumnos de Educación Infantil, Primaria e Educación Especial; e 66, á modalidade de redacción, de alumnos de ESO, Bacharelato e ciclo medio de Formación Profesional.

Con este certame “poñemos en valor o noso Estatuto de Autonomía”, comentou o presidente da Deputación, Manuel Baltar


10

Barrios 12 de abril 2018

DEPORTES

A Copa Deputación de salvamento xa está en marcha 4 Disputouse a primeira xornada na Universidade. Redacción O bo ambiente foi a nota predominante na primeira xornada da Copa Deputación de salvamento acuátivo que se celebrou na piscina AQA da universidade. Esta competición consta de catro xornadas onde se decidirá o deportista campión da copa. En categoría máster, a mellor foi Cristina García Colomo na proba de 100 metros socorrista; en cadete, Cristina Santacreu; en xuvenil, Nerea Rodríguez Zamora, Lucía Gómez Montecelo -en rapazas- e Ignacio Delgado Zamora, Mateo Salgado Díaz e Joaquín Moreiras Dacosta -en rapaces-. En infantís, disputouse

a proba de 50 metros e destacaron Adrián Correa, Xenxo Fernández, Martín Sobrado e Jairo Iglesias Vázquez, en masculino, e Zaira Iglesias, Lola Lorenzo Fernández, Uxía Cárdenas Puga e Xiana Iglesias Vázquez, en feminino. Os alevíns destacados foron Martiño Fernández seguido de Marcos Pascual e Claudia. Esta competición continuará disputándose neste mes ademais de en en maio e xuño.

Este torneo disputarase de abril a xuño repartido en catro citas

Participantes da Copa Deputación de salvamento.

O partido disputado no Couto estivo moi equilibrado./Y. SEARA.

A UD Ourense vence ao Bande nun Couto de gala 4 O partido congregou a 2.500 seareiros. R. Torres Gran ambiente de fútbol o vivido o pasado sábado, 7 de abril, no Couto. Desde que desaparecera Club Deportivo Ourense non houbo un encontro que acollera tanta expectación como a Unión Deportiva Ourense - Bande da 31ª xornada da Rexional Preferente. Arredor de 2.500 afeccionados non se quixeron perder este partido tan atractivo e cos dous equipos en plena loita polo ascenso a Terceira división. Un gol de Joni no segundo tempo deu a vi-

toria aos unionistas que deixan en tres puntos a vantaxe cos da Baixa Limia. Os de Fernando Currás manteñen a terceira posición, con 60 puntos, a un do Moaña -equipo que marca o ascenso directo-, o líder, Estradense, está a seis puntos. E por detrás, o Porriño, cuarto, cos mesmo puntos cos ourensáns; Atios, quinto, cun punto menos, e o citado Bande, sexto, a unha vitoria. Nogueira e Ribeiro continúan afundidos no táboa. Mentres os primeiros están a un só punto da salvación, os segundos a teñen a 13. Faltan sete xornada para o

final da Liga. Vindeira xornada Novo derbi ourensán, terceiro consecutivo para a UD Ourense. Este domingo visita a un Nogueira de Ramuín necesitado de puntos. O encontro dará comezo ás cinco da tarde no campo da Tella de Luintra. O Bande recibe ao Caselas e o Ribeiro ao Porriño. Terceira Na Terceira estase facendo longa a tempada aos conxuntos ourensáns agás ao Ourense Club de Fútbol. Os de Fran Justo

lograron a vitoria no campo do Boiro o que lles permite ocupar a undécima posición con 46 puntos; o resto, derrotas. O Arenteiro está sumido nunha crise de resultados que o fixo baixar ata a 15ª posición cun colchón de catro puntos sobre o descenso. O Barbadás (que perdeu 0-4 ante Noia) continúa na zona vermella a catro puntos da permanencia. E o Barco que loita pola promoción de ascenso sufriu unha dolorosa derrota en Calabagueiros diante do Bergantiños (1-5). Descenden tres á espera dos arrastres de Segunda B. A vindeira xornada depara Céltiga - Barco; Arenteiro - Laracha; e o derbi Ourense CF - Barbadás.

A UD Ourense visita ao Nogueira o domingo ás 17 h

Lance do UDO - Bande coa grada chea./Y. SEARA.


DEPORTES

O COB mantén a ilusión polo playoff 4 Vence ao Manresa e volve a entrar na complicada loita pola promoción de ascenso. R. Torres

Rivero nun partido do Sala Ourense./RAMSÉS.

O Sala Ourense acaricia o título 4 Dobregou ao Carballiño por 2 a 5. Redacción O Sala Ourense cada xornada que pasa acaricia máis o título de Liga da Terceira división. A súa vitoria diante do Carballiño sumado ao traspés do seu inmediato rival -o Estradense caeu diante do Culleredo- fan posible que os de Kike García teñan a tiro o ascenso. Con dúas vitorias e un empate terían a Liga asegurada; faltan cinco xornadas. Contra o Carballiño foron os capitalinos os que marcaron o ritmo do partido sendo capaces de dobregar a un equipo que se está a xogar a permanencia -os da vila do Arenteiro son últimos-.

O Club Ourense Baloncesto logrou unha vitoria de prestixio diante de Manresa (86-78) e invita aos seus afeccionados a seguir ilusionados cun posible playoff. Os homes de Gonzalo García de Vitoria parecían fóra de partido no descanso ao que chegaron cunha desvantaxe de 16 puntos (31-47). Pero foi despois do paso polos vestiarios cando os ourensáns comezaron a facer o seu mellor xogo con Trist e Johnson coma estandartes dunha remontada épica. Lograr a vitoria no Pazo diante de Breogán,

Prat e agora Manresa (os tres equipos que se xogan o ascenso directo) fala da enorme evolución na segunda parte da tempada; e non se pode soamente falar da chegada de Rozitis e Zamora, senón que ese cambio vén, tamén, da transformación do base americano. E así, o Rio Ourense Termal foi facéndose co tempo do encontro e pouco a pouco foi recurtando distancias ata lograr empatar a falta de oito minutos e, posteriormente, poñerse por diante con cinco minutos por xogar. Era tal a superioridade que os afeccionados puideron festexar a vitoria moito antes de que rema-

Nesta xornada visitan ao Casás, mentres que o Carballiño recibe a Santa Isabel. Primeira división Na Primeira división vitoria do Ourense Envialia e nova derrota do Cidade das Burgas. As de Chipi foron quen de gañar ao UCAM (2-1) e as de Codeso caeron goleadas diante do Alcorcón (11-2). No partido máis interesanta da xornada o Navalcarnero venveu pola mínima ao Alicante (0-1) arrebatándolle a primeira posición. Na próxima xornada o Cidade recibe a Majadahonda e o Envialia visita a Roldán.

Rozitis defendido por Trías no COB - Manresa./RAMSÉS.

tara o encontro debido a que a brecha era cada vez máis grande ata situarse con 8 puntos de diferenza ao final. Playoff? Cando restan tres xornadas por xogar o COB suma 13 vitorias na décima posición; noveno é o Valladolid -marcando o playoff- con dúas máis. Difícil o teñen os ourensáns para entrar na disputa do ascenso, pero, visto como as gastan, os de Pucela non se deberán durmir para que non lles arrastre o “Expreso de Ourense” e lle quite a novena posición. Pero se se mira cara arriba non se debe esquecer facelo cara abaixo. Dúas vitorias separanos do descenso, e aínda que están virtualmente salvados deberán sumar unha vitoria para disipar dúbidas. Esta xornada visitan a Barça B, último clasificado que necesita a vitoria para seguir con opcións de salvación. A vitoria ourensá, pola contra, suporía olvidarse de apuros nas dúas últimas xornadas.

O COB está a dúas vitorias de Valladolid, equipo que marca o playoff

Barrios 12 de abril 2018

11

Torneo de Primavera Redacción O Torneo de Primavera de ximnasia leva a partir deste ano o nome de “Cidade Termal”. Un evento que reunirá o sábado, 14 de abril, a máis de 500 ximnastas (de toda Galicia, Castela e León e Asturias) de 23 clubs e que serve de preparación para as próximas competicións. O programa desenvolverase en dúas xornadas, de mañá e tarde, actuando na primeira as ximnastas de nivel de promoción, e na segunda as de conxuntos de nivel absoluto. O colofón final será unha exhibición do conto de Brancaneves. Bakú Do 12 ao 15 de abril celébrase en Bakú (Azerbaián) o Campionato de Europa de ximnasia. Nesta cita continental participarán os ourensáns Daniel Pérez e Alejandro Cid Masid (en categoría absoluta Doble minitramp), xunto con Noa Puente-Dod Álvarez que formará parte do equipo nacional júnior.

Noa executando un exercicio nuha competición.


12

Barrios 12 de abril 2018

EN BREVE

DEPORTES

ENTREVISTA A ÓSCAR HUSILLOS, UN DOS ABADANDEIRADOS NA NOVA XERACIÓN DO ATLETISMO ESPAÑOL

“Agardo poder ir competir, adestrar ou

4 Tenis de mesa O Galmédica Ourense impúxose ao A.D. Vincios de Gondomar no Paco Paz por 4 a 2. Os ourensáns manteñense na metade da táboa con 10 vitorias e 10 derrotas. Este sábado, o Galmédica T.M. desprazarase a Santiago para enfrontarse ao Arteal que encabeza a clasificación e é o firme candidato ao ascenso directo.

4 Balonmán O equipo sénior Nova Xestión Pabellón conseguiu a permanencia na primeira autonómica despois de vencer ao Atlético Novas (33-17) na última xornada. Pola súa banda, o equipo feminino logrou un claro triunfo na pista do Carballal (15-25); estas rematan a Liga esta fin de semana na casa diante do Lavadores.

4 Halterofilia O anexo do pavillón municipal dos Remedios será a sede, este sábado 14 de abril ás 11 h, do Campionato de Galicia júnior e absoluto de halterofilia. Ademais celébrase, conxuntamente, a Copa Deputación.

simplemente gozar do atletismo na pista cuberta de Ourense” 4 Husillos foi un dos candidatos a mellor atleta español de 2017. R.Torres Con 24 anos, Óscar Husillos, sufriu a amargura de quen na súa mellor carreira, ata o momento, foi descualificado por invadir outra rúa. Lonxe de derrubarse colleu máis folgos pensando nun futuro que pasa polo europeo deste verán ademais de Tokio 2020 e París 2024. Como viviches a túa descualificación en Birmingham? Óscar Husillos: “Estiven triste pero hai que recoñecer que foi ilegal. Un par de días malos despois de verte campión do Mundo e non ter nin a medalla nin a sensación de ser campión; a pesar do recoñecemento dos compañeiros e do mérito de realizar esa carreira -nesa carreira parou en 44.92 segundos o que sería

récord de España, de Europa, dos campionatos e sexta mellor marca da historia en pista cuberta-. Tocou retomar os adestramentos e fixarse nos retos deste verán. Temos un campionato de Europa que quero dar o mellor de min e que agardo que sexa bastante máis que en Birmingham”. Din que das derrotas se aprende, esta derrota é inusual. Ó.H.: “Aprendín a ser máis forte, a valorarme máis e ser máis ambicioso. Agora os rivais coñécenme; antes eu os temía e agora eles temeranme a min”. Fíxote madurar esta carreira? Ó.H.: “Levo uns anos que profesionaliceime máis. Non é que me adique en corpo e alma a elo por que tamén teño clases pero

decidín apostar estos anos polo atletismo. Pensando en Tokio 2020 e París 2024. Sei que podo estar alí e que podo loitar por algo grande”. Vas seguir dando ledicias ao afeccionado? Ó.H.: “Se o afeccionado goza conmigo eu gozo co traballo que fago. Son horas de sacrificio, aínda que teño tempo para os amigos. O de Birmingham foi un pao pero a xente gozou co que fixen, así que estou satisfeito”. Temos unha recén estreada pista cuberta en Ourense. Agardamos ver a Husillos por ela. Ó.H.: “Gustaríame correr nela. Recentemente un compañeiro batiu un récord de España baixando de 21 segundos -Pol Retamal parou o crono en 20.99

Husillos na sede do Comité Olímpico Español. /RAMSÉS. segundos nos 200 metros no Campionato de España sub 20 celebrado en marzo- e me dixeron que a pista é moi boa e moi rápida. Agardo poder ir competir, adestrar ou simplemente gozar do atletismo nesa pista. Ademais estou a catro horas de Ourense”.

“Aprendín a ser máis forte, a valorarme máis e ser máis ambicioso”, trala decepción de Birmingham


DEPORTES

O CNPO trae oito medallas de Pontevedra

cun total de seis medallas (unha de ouro, tres de prata e dous bronces) ademais dunha cuarta posición.

4 No XIII Trofeo Promesas do Lérez. Redacción Celebrouse a 13ª edición do Trofeo Promesas do Lérez que organiza o CN Galaico. En canto á participación ourensá, o Club Natación Pabellón Ourense logrou meter a varios dos seus nadadores en distintas finais, sendo algún deles medallista. O único ouro conseguiuno Daniel Rodríguez (en 50 bolboreta benxamín). As pratas foron

de Breogán Janeiro (100 braza alevín) e Alejandro Santiso (400 estilos alevín). E os cinco bronces acadáronos Andrés Araújo (100 libre alevín), Lucía Domínguez (50 bolboreta prebenjamín), Hugo Da Costa (50 costas prebenxamín), Hugo Estévez (50 costas benxamín) e Miguel Agromayor (50 braza benxamín). Por clubs, o ourensán foi subcampión.

Integrantes do Base 4 júnior do Sincro Ourense.

O Sincro Ourense logra seis podios en Oleiros 4 No IV Trofeo Acuatic da localidade coruñesa. Redacción

O CNPO en Pontevedra.

O pasado sábado, en dobre xornada de mañá e tarde, celebrouse na piscina do INEF de Bastiaguerio (A coruña) o IV Trofeo Acuatic Oleiros

que organizaba devandito Club. Como en anteriores edicións, ao trofeo acudiu o Sincro Ourense con todas as súas nadadoras de Base. As ourensás conseguiron volverse para casa

Medallas Na categoría de Base 1, os dous combos do Sincro Ourense finalizaron en segundo e terceiro lugar, respectivamente, sendo o ouro para o anfitrión Acuatic Oleiros. En Base 2, o combo ourensán obtivo a medalla de prata, tamén por detrás do Acuatic Oleiros. En Base 3, tamén presentaba dous combos o cadro ourensán, repetíndose o mesmo podio que en Base 1: ouro para Acuatic Oleiros e prata e bronce para as ourensás. Na categoría de Base 4 infantil, as ourensás lograron subirse ao máis alto do podio en equipo libre. En base 4 júnior unha máis que meritoria cuarta praza se temos en conta que tiveron que competir cunha nadadora menos por unha baixa de última hora dunha das súas compañeiras.

Barrios 12 de abril 2018

13

Strade Termal Redacción Xa está todo listo para que este domingo, 15 de abril, teña lugar o primeiro Strade Termal ao sur da nosa provincia. Previamente, o sábado 14, a partir das 17 horas, os inscritos poderán recoller o seu dorsal e a bolsa con agasallos. Haberá un Show room Ridley Bikes entre as 20.30 e as 22.30 xunto cunha “Pasta Party” (cea a base de pasta para ter enerxía durante a proba) con concertos en directo. O domingo, aínda se poderá recoller o dorsal antes da proba, sendo a saída da mesma ás 9.30 horas. En torno a unha da tarde irán chegando os primeiros corredores tendo ata ás tres da tarde tempo para que chegue o último dos participantes. A saída e meta está situada no Hotel Balneario Caldaria de Lobios. Trala proba, buffet libre no hotel.


14

Barrios 12 de abril 2018

4AXENDA Teatro - Do 12 ao 28 de abril - 23ª Miteu - Auditorio, Teatro Principal, Campus de Ourense e Paseo - 12 de abril - “Os inocentes” - 20.30 h - Teatro Principal - 15 de abril - III Festival Terra Máxica “Código” do Mago Dani - 19 h - Auditorio de Verín Exposicións - Ata o 29 de abril - Exposición de Baldomero Moreiras “O eco das amazonas” - Centro Ánxel Valente - Ata o 6 de maio Exposición de Christian Villamide “Hortus Conclusus” - Centro Cultural Marcos Valcárcel Música - 15 de abril - IV Xornadas Interculturais - de 11 a 19 h - Sede Queixumes dos Pinos (Nosa Señora da Saínza, 26) Deportes - 14 de abril - Campionato de Galicia de piragüismo K2 / C2 - 12 h - Coles - 14 de abril - Campionato de Galicia de halterofilia - 11 h - anexo dos Remedios - 15 de abril - Cidade das Burgas - Majadahonda. Primeira división - 12 h - Os Remedios - 15 de abril - Arenteiro - Laracha. Terceira división - Espiñedo. - 15 de abril - Ourense CF - Barbadás. Terceira División - O Couto. - 15 de abril - Nogueira - UD Ourense. Rexional Preferente - 17 h. - A Tella - 15 de abril - Ribeiro - Porriño. Rexional Preferente - San Cristovo. - 15 de abril - Bande - Caselas. Rexional Preferente - Outeiro. Outros - días 13, 14 e 15 de abril - cinema de Verín varios horarios - proxección de O fillo de Bigfoot e Ready player one - 14 de abril - Curso “Multiplicación do Colmear: a cría de raíñas” - de 10:00 a 14:00 horas - Sala de Exposicións Audiovisual de Verín - 14 de abril - Obradoiro de poesía visual - de 16 a 20 h - Casa dos Poetas de Celanova - 17 de abril - Ciclo de conferencias: Introducción á Astronomía - 20 h. - Centro Cultural Marcos Valcárcel www.periodicobarrios.com

OCIO E CULTURA

Máis de 100 horas de actividades na Ourense ICC Week 4 Terá lugar entre o 2 e o 5 de maio. Redacción Vén de ser presentado o completo programa da Ourense ICC Week 2018, que contará con máis de 100 horas de actividade e case unha vintena de ponencias entre o 2 e o 5 de maio. O presidente da Deputación de Ourense destacou que o evento “focaliza todos os ámbitos da innovación, e supón unha explosión de vangarda que sitúa a Ourense como provincia da creatividade, presentando as últimas novidades en innovación”. Manuel Baltar remar-

cou que Ourense “volve converterse na capital do debate da innovación e da creatividade coa “Ourense ICC Week”, que chega á súa cuarta edición cun programa tremendamente atractivo e con actividades que se desenvolverán na cidade pero tamén se trasladarán a lugares emblemáticos da nosa provincia como os mosteiros de Rocas e San Clodio, a Casa Museo “Otero Pedrayo” e tamén o Campus de Ourense”. Artistas Pasarán por Ourense, con motivo deste evento, nomes como o de Bárba-

Obradoiros en Montealegre para todas as idades 4 As actividades son gratuítas e con prazas limitadas. Redacción Xa está aberto o prazo para anotarse nos obradoiros do parque botánico de Montealegre. As actividades son gratuítas e con prazas limitadas, polo que haberá que inscribirse na web www. botanicodemontealegre. com. As propostas para o público infantil terán lugar os domingos ás 11:00 da mañá; mentres que as dirixidas ao público adulto se desenvolverán os sábados. Mindfulness en ámbitos sociosanitarios (os días 21 e 28 de abril); comedeiros para paxaros (o 29 de abril); obradoiro

As inscricións realízanse a través da web

Logo do botánico de Montealegre. de bombas de sementes (o 13 de maio); artistas do clima (o 27 de maio); consumo responsable (o 2 de xuño); coñecendo os ecosistemas (o 3 de xuño); alimentación ecolóxica e saudable (o 9 de xuño); aprendendo sobre a enerxía (o 10 de xuño); e reciclaxe de papel (o 24 de xuño) son os obradoiros afertados.

Presentación, no Centro Cultural Marcos Valcárcel, da ICC Week 2018./A.PAZ. ra Ouka Leele -fotógrafa e deseñadora-, Paco Clavel -artista e axitador cultural- ou Javier Mariscal, creador do Cobi mascota dos Xogos Olímpicos de Barcelona, entre outros. Ao longo desta semana debatirase en diversos lugares da provincia sobre a fotografía, a música, o cinema, a arqueoloxía, o humor, as TICs, o gaming, e a xestión cultural. Ademais, o “alma mater” de Los Suaves, Yosi Domínguez, recibirá o

Premio Musa SGAE. E non faltará a música da man de Mikel Erentxun ou mesmo Morgan. Paralelamente a estas actividades, os días 3, 4, 5 e 6 de maio, o Campus de Ourense, acollerá a “ICC Gamers”, que inclúe dúas actividades: a “ICC Technium R Encounter” (contará con catro grandes torneos) e a “ICC eSports”. Inscricións Os interesados en participar nas diferentes

propostas da Semana das Industrias Culturais poderán inscribirse, gratuitamente, a través da web www.ourenseiccweek. com, ata completar aforo, excepto as entradas para os concertos de Morgan e Mikel Erentxun, que teñen un custo de 12 euros, e poden adquirise a través ataquilla.com.

Yosi, de Los Suaves, recibirá o Premio Musa SGAE


OCIO E CULTURA /CLASIFICADOS

Barrios 12 de abril 2018

15

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda, C. Domarco Avelino Jácome. Nº52 - Ano: XI - 12 de abril de 2018 - Difusión: 10.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.

4ANUNCIOS CLASIFICADOS

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

[Deixe os seus anuncios no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]

Hemorroides Poden ser internas e externas. Desenvólvense dentro do ano ou aparecen á volta por fóra. Trátase dunha cuestión embarazosa e non constitúen un agradable tema de conversa e, como tal, as persoas non se atreven a facer preguntas sobre este tema. As hemorroides son semellantes ás varizes das pernas, as veas preséntanse inchadas e moi sensibles no interior do recto ou na rexión anal. A presión provén da tensión causada pola obstrución, pola diarrea, pola gravidez e ata pola obe-

sidade. Cando sangran o sangue é vermello vivo. Para solucionar esta patoloxía, evidentemente que terá que recorrer a un profesional da saúde, pero non sempre resultan as medidas que lle vai transmitir e por iso aquí fican algúns consellos da medicina alternativa e tamén das nosas avoas. Non force cando vai á casa de baño, a evacuación debe ser efectuada naturalmente. Coma máis fibras alimentarias, legumes, cereais froitas, feixón, espárragos, coles de Bruxelas, cenouras e lentellas. Beba máis auga

TRABALLO e outros líquidos, para amolecer as feces. Cando evacuae pase do baño para o bidé para lavarse con auga fría e evite limparse co papel hixiénico, pois pode irritar aínda máis. E finalmente preséntolle aquí a solución máis eficaz (con probas dadas de gran eficacia), coma todolos días un iogur natural e sen azucre, mesturando unha culler de sopa de liñaza dourada e granulada.

João Damião

4ARQUIVO VISUAL OURENSÁN

A torre de telefonía O concesionario da rede telefónica e veciño de Pontevedra, Manuel Corbal, solicitaba, no ano 1916, licenza para colocar na cuberta da casa nº 2 da rúa do Instituto (hoxe Lamas Carvajal), propiedade de Camila de la Brasa, unha torre de telefonía co obxecto de garantir un óptimo servizo aos, por entón, escasos usuarios na cidade de Ourense. Esta sinxela atalaia de madeira, símbolo de progreso e modernidade, metáfora sen destilar do efémero da vida, coroaba aquela Praza Maior referente do pequeno comercio, onde librerías, artesáns e negocios adicados ao téxtil e á alimentación, conformaban un microcosmos frecuentado por funcionarios, donas enlutadas e limpabotas.

Torre de telefonía. Ano 1918. Anóminos protagonistas dunha fotografía en branco e negro de autor descoñecido.

Fernando Valcárcel Membro do Arquivo Visual Ourensán

Moza galega responsable e con ampla experiencia atende maiores pola noite. Tel. 659 84 46 82.. Ofrécese señora seria responsable e de mediana idade para coidado de nenos, persoas maiores e tarefas de fogar en xeral, recados. de luns a venres, preferiblemente en zona A Ponte ou próxima. Posúo curso de axuda a domicilio. Tel. 685 37 41 91. Busco calquera traballo, de media xornada (mañá ou tarde), que me poidan ofrecer. Dispoñibilidade inmediata. Persoa responsable. Tel. 645 770 510. Imparte clases a domicilio en Ourense de matemáticas e estatística (todos os niveis). Tamén materias curriculares de ESO e Bacharelato. Con CAP. Clases individuais e personalizadas. Amplia experiencia. Económico. Tel. 610.38.25.89 (contesto whatsapp). Profesora de lingua/literatura española/galega e latín. Clases de apoio para Primaria, ESO e Bacherelato. Tamén clases de apoio de Francés en Primaria e ESO. En local ou a domicilio. Atendo WhatsApp. 15 anos de experiencia. Tel. 608 85 22 59. Xubilado de 68 anos, en bo estado de saúde, desexa traballar (pódeo facer legalmente) no ámbito do naturismo ou similar. Tamén consideraríanse outros traballos. Media xornada ou completa. Interesados chamar ao teléfono ou deixar mensaxe. Tel. 988 38 03 63. Precísase señora fixa para casa en pobo. Libres sábado pola noite e domingo todo o día. Tel. 988 25 59 63.

Ofrécese señora para servizo doméstico por horas. Tel 674 50 05 13. Ofrécese señora galega, con referencias, moi cariñosa coa xente e os nenos. Para traballar polas mañás e algunha tarde. Tel. 606 42 25 43. Fanse desbroces con tractor ou manualmente. Prezo económico. Tamén se fan portes e mudanzas a bo prezo. Tel. 630 521 488.

INMOBILIARIA Alugo local. Rúa Sáenz Diez (zona centro comercial/salesianos). Acondicionado e a pé de rúa. 170 m2. Prezo: 750 Euros. Teléfono 625 515 818. Vendo terreo edificable, 1.800 m2, preto do Polígono de San Cibrao das Viñas, a 10 km de Ourense. Prezo: 35.000 euros. Tel. 610 82 64 94. Alugo local económico. 15 m. Está valeiro pero o podo amoblar. 100€ ao mes máis 7€ de comunidade. Aseos comunitarios. A beira da Catedral. Tel. 627 20 31 31. Alugo local económico. 15 m. Pode ser amoblado. 100€/mes + 7€ de comunidade. Aseos comunitarios. Á beira da Catedral. Tel. 627 20 31 31. Véndese piso zona Vinteún (absterse axencias). Tel. 676 75 88 19. Alúgase local acondicionado moi céntrico e a pé de rúa con escaparate en Ourense. 160 m2 Dispoñible a partires de outubro. Tel. 625 515 818. Vendo apartamento de dúas habitacións con baño, cociña america, trasteiro, garaxe. A cinco minutos de praia América e a 10 de Vigo. Tel. 620 660 762. Alugo almacén pequeno en soto de garaxes. Para almacén, adega, trasteiro ou garaxe de moto. Rúa Francisco de Moure. Tel. 636 32 95 24.

Alugo dúas oficinas na rúa Progreso. Tel. 672 089 349. Alúgase local comercial acondicionado en rúa Fco. Moure 14 (ao lado Praza Couto ), 65 m2 útiles. Dispoñible a partires de marzo. Tel. 636 32 95 24. Vendo casa en Cambeo. Planta baixa, terreo, galpón e pozo. Tel. 649 673 492 - 988 216 755. Alugo apartamentos (fins de semana, pontes, etc.) de 1 e 2 habitacións en Montalvo -Sanxenxo-. Equipados, xardín, barbacoa, aparcamento. Tel. 607 271 916.

VENDAS Vendo tres armarios e dúas camas xemelgas. Ver sen compromiso. Tel. 988 24 60 96 - 669 434 330. Ofrécese leña de salgueiro e carballo en Ceá; de balde. Tel. 659 494 272. Vendo material de viñas (cubas en distintos tamaños, pilo, estruxadora) e vendo postes de pedra para peches para facer muros. Perpiaños. Tel. 617 92 58 73 / 988 43 16 64. Vendo fregadeiros de aceiro; visagras de frío, burlete para portas, tacholas de tapizar, mangueiras, mantas, máquina de xeo, pilas, baño e inodoro, expositor de fregadeiros, cadeiras de carballo e tapizadas, e máis. Tel. 625 591 151. Vendo sofá 3 + 2, bici seminova, secador de pelo e dous lavacabezas de perruquería, mampara de baño e botelleiro. Tel. 672 089 349.

CONTACTOS Ofrécese mozo de compañía xoven, para mulleres de entre 40 e 60 anos. Prezos económicos. Tel. 697 795 928. Contesto Whastapp.


Barrios 12 de abril 2018

Barrios52  

Na rúa un novo número do Barrios co máis destacado de Ourense, a provincia e o deporte.

Barrios52  

Na rúa un novo número do Barrios co máis destacado de Ourense, a provincia e o deporte.

Advertisement