[Páx. 12]
A celebración en Verín do Lázaro 2018 chega cargada de deporte VERÍN
Páx. 3
O secretario xeral de Cultura visitou a biblioteca de Verín
XINZO
Páx.7
A oposición de Xinzo solicita un pleno urxente
O CARBALLIÑO O Carballiño pon en marcha o programa Apego
A provincia mobilizouse o 8M
Páx.8 CELANOVA Páx.10 Medio Ambiente regulará o uso da Serra do Xurés
ALLARIZ
Páx.10
Rehabilitarase a praza do Matadoiro en abril e maio
Renovación enerxética no CEIP Carlos Casares
[Páx. 2 e 8]
[Páx. 7]
As manifestacións polo Día da Muller foron multitudinarias en toda xeografía ourensá. // A Consellería de Educación da Xunta de Galicia investirá preto de medio millón de euros na rehabilitación enerxética integral no CEIP Carlos Casares, de Xinzo de Limia. /RAMSÉS.
Número: 49 - Ano: XI - 15 de marzo de 2018 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190
Barrios 15 de marzo 2018
VERÍN E COMARCA
Todo listo en Verín para festexar o Lázaro 2018 4 Reunirá máis de 30 actividades. R. Torres
Ás 12 do mediodía tivo lugar unha concentración que tinguíu de violeta Verín, na que non faltaron fotos de mulleres ilustres galegas, música feminista e testemuñas de vítimas de violencia de xénero.
Centos de mulleres participaron nos actos do 8 de marzo convocados polo CIM de Verín 4 As distintas xeracións da comarca uníronse nunha xornada histórica. Redacción O Centro de Información ás Mulleres da mancomunidade da comarca de Verín, xunto con outras entidades sociais veñen de agradecer “a enorme participación” no acto central do 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Un manifesto cheo de reivindicacións transmite a necesidade da comarca por continuar defendendo o camiño cara a igualdade. Ás 12 do mediodía comezou o acto, no que a cor violeta, fotos ilustres de mulleres galegas, flores “sempre vivas” e música feminista amenizou o inicio da manifestación. A voz da mocidade do IES
“A igualdade é fundamental para que a sociedade evolucione”
Taboada Chivite rompeu o silencio, cunha mensaxe emotiva pero contundente. O evento deu paso a unha unha muller voluntaria, que leu o manifesto que o CIM xunto a Femuro (Asociación de Mulleres Rurais) elaboraron tendo en conta as voces de mulleres que cada día acoden aos seus servizos. Pero, sen lugar a dúbidas, o momento máis emotivo foi cando ao final, unha muller empoderada supervivente da violencia de xénero decidiu defender ao resto de mulleres que sofren violencia á través da súa experiencia persoal. “Dende o CIM sentímonos profundamente satisfeitas e orgullosas pola gran acollida que está tendo na comarca as diferentes iniciativas que se están a promover, e que este tipo de iniciativas se levan a cabo para defender aquelas mulleres que hoxe, por motivos diversos, non po-
den”, explicaban dende este organismo. Así mesmo, avanzan que dende as organizacións sociais implicadas coa defensa da igualdade e a loita contra a violencia de xénero continuarán o seu traballo diario, e piden aos concellos que os sigan apoiando “para poder promover máis iniciativas educativas e culturais pola defensa dos nosos dereitos”. “Consideramos que a igualdade é una peza fundamental para a que a nosa sociedade evolucione”, sentencian. Así mesmo, dende o CIM levaron a cabo outras actividades para promocionar a igualdade nos días seguintes ao 8 de marzo. Así, realizaron un taller sobre a”Historia do Feminismo”, destinado a alumnado de bacharelato, e outro, aberto a toda a sociedade, sobre “Contratación responsable”.
Verín prepárase para a celebración do Lázaro 2018 que este ano terá lugar os días 16, 17 e 18 de marzo. Maís de 30 actividades para todas as idades estarán presentes nos tres días de festexos. Este ano, como novidade destacan unha completa selección de actividades infantís pedagóxicas, o Túnel do Viño da D.O Monterrei, un Torneo de Pitch and Putt (Golf) e unha mostra de vehículos de ocasión. Máis actividades Ao igual que o ano pasado, a estas actividades súmanse a Feira do Libro, Feira de Artesanía, o Museo do Claustro dos Mercedarios (MCM), competicións deportivas, actividades de ocio e menús “especiais Lázaro” -tamén estendidos ao pincho xoves-. O alcalde da vila, Gerardo Seoane, quixo aproveitar a ocasión para asegurar que o que queren é asentar “os piares para lograr que estas tradicionais festas recuperen o esplendor que tiñan fai anos”. Por outro lado, Tamara Balboa, coordinadora de actividades do CDR portas abertas, confirmou que a Feira Agro + Verín
Presentación da Feira do Libro de Verín. contará durante os días 17 e 18 cunha interesante feira de mostras, ubicada no pavillón de Deportes. Pola súa banda, Purificación Caldelas, concelleira de Turismo e Comercio, quixo facer especial fincapé no completo programa de actividades pedagóxicas infantís programado para as festas no pavillón Municipal durante os días 17 e 18 de marzo, como poden ser obradoiros. No que a actividades musicais e culturais se refire, Emilia Somoza, concelleira de Cultura e Festexos, destacou que se seguen “ofrecendo actuacións pensadas para todos os segmentos de público”. ademais, indicou as feiras paralelas que acollerá a vila durante eses días, tales coma a de Artesanía e a do Libro (praza da Mercé) ou a de vehículos de ocasión (rúa Irmáns Moreno, o sábado e domingo). Menús A Asociación de Hosta-
leiros dá Comarca de Verín promove, coa colaboración do concello, o menú “Especial Lázaro” co fin de promocionar os produtos tradicionais da comarca. Estes menús especiais, cuxos prezos oscilan entre os 12 e os 35 euros. Feira do Libro A Feira do Libro contará con sete librarías.Contará, entre outros, coa presenza de Xosé Carlos Caneiro, Elena Gallego ou Gerardo Dasairas nesta edición. Estará ubicada na praza da Merced, en horarios de 18 a 21 horas (venres 16), e de 10.30 a 14 e 16.30 a 20.30 h (sábado e domingo).
Seoane: “queremos asentar os piares para lograr que esta festa teña o esplendor de fai anos”
Presentación das actividades do Lázaro 2018 no Concello de Verín a cargo de Purificación Caldelas, concelleira de Turismo e Comercio; Gerardo Seoane, alcalde de Verín; Emilia Somoza, concelleira de Cultura e Festexos e Tamara Balboa, coordinadora de actividades do Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas.
VERIN E COMARCA
“Félix” anegou a provincia 4 A choiva caeu cunha media de 30 litros/m2. Redacción A borrasca “Félix” deixou ao seu paso pola provincia moita auga o que fixo mellorar o caudal dos embalses -en prealerta de sequía durante moitos meses-, pero tamén deixou moitos destrozos e ríos desbordados. En toda a provincio notouse o paso de “Félix” anegando paseos e áreas recreativas; e iso que Ourense foi a provincia menos afectada das catro galegas. A choiva caeu cunha media de 30 litros por metro cadrado. Oímbra, a capital, o val do Támega, Ribadavia, Baños de Molgas, en to-
dos os recunchos causou estragos. En Vilaza, a súa área recreativa encheuse de auga pola crecida do río Bubal. O río Limia, que ao seu paso por Xinzo quedaba sen auga en 2016, co paso do temporal estivo a piques de sobrepasar o seu cauce. En canto ao vento, este alcanzou unha media de 80 km/h chegando incluso a detectar rachas de máis de 100 quilómetros por hora. Gisele Sen tempo para reporse polo “Félix” chega “Gisele” un novo frente que xa deixou fortes ventos e choiva.
O río Limia ao seu paso por Xinzo. /RAMSÉS.
Barrios 15 de marzo 2018
O secretario xeral de Cultura visita a Biblioteca Municipal de Verín 4 Interesouse polo proxecto de voluntariado cultural de animación á lectura. R. Torres O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, realizou unha visita á Biblioteca Pública Municipal de Verín, onde tivo ocasión de coñecer as instalacións, os servizos e as principais iniciativas que desenvolve o centro bibliotecario verinés. Acompañado polo alcalde do municipio, Gerardo Seoane, e pola xefa territorial da Consellería de Cultura e Educación na provincia de Ourense, Luz Fernández Quintas, o secretario xeral interesouse polo proxecto de voluntariado cultural de animación á lectura, polo que a biblioteca foi galardoada en 2017 co Premio María Moliner, do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, na categoría de mellor proxecto de animación á lectura de municipios entre 5.001 e 20.000 habitantes. Durante a visita, o secretario xeral tivo ocasión de felicitar algúns dos alumnos e alumnas que participan neste proxecto de dinamización do hábito lector. Conferencias A propia Biblioteca esta a ser a sede do ciclo de conferencias “Terma-
lismo de Verín, as orixes”. Estas charlas dan a coñecer, de man de relatores expertos, a realidade histórica das augas de Verín. Entrando na recta final do ciclo, este mércores o Profesor Marco V. García Quintela falará sobre “As saunas da Idade do Ferro no Noroeste Peninsular”; ademais tamén este mesmo mércores haberá outra conferencia “O baño das ánimas: unha aproximación ó termalismo antigo como precedente pagán ó Purgatorio” a cargo de Dolores González, Licenciada en Filoloxía Hispánica. E finalizará este
ciclo a videoconferencia “Cultos termais hispanos: A Galicia antiga” do Profesor Francisco Díez de Velasco, da Universidade de La Laguna, Santa Cruz de Tenerife.
Anxo Lorenzo felicitou aos alumnos e alumnas que participan neste proxecto de dinamización do hábito lector
EN BREVE
4 Claustro Mercedario O Museo Claustro Mercedario recolle unha mostra cos primeiros contactos do Val de Monterrei con outras culturas. A mostra estará aberta a partir deste sábado, 17 de marzo, e entre os novos contidos destaca a interpretación patrimonial de importantes pezas do pasado do Val de Monterrei, como a Estela do Guerreiro ou Estela do Val, reproducida fielmente a escala real da orixinal que custodia o arqueolóxico de Ourense, e da ara romana de Julio Casio, un soldado de elite dos principios da era cristiá, orixinario de Verín, que militou nas lexións de César Augusto.
4 Exposición Do 16 de marzo ao 21 de abril, a Sala de Exposicións de Verín acolle a mostra pictórica “Melodías de luz e cor”, do artista verinés Leonardo Vidal Rodríguez. Tras anos sen expoñer en Verín, Leonardo, descoñecido polas gamas de cores nas que agora crea, regresa con esta mostra a terras verinesas.
4 Visita
O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, xunto co alcalde de Verín, Gerardo Seoane e alumnos participantes no proxecto de dinamización á lectura.
Alumnos de 2º de primaria do colexio Princesa de España visitaron o Concello de Verín. Foron recibidos polo alcalde, Gerardo Seoane, e a concelleira de Tráfico, Seguridade Cidadá e Protección Civil, Cándida Couñago. Ensinaronlles as dependencias municipais e respondéronlles a todas as súas preguntas.
Barrios 15 de marzo 2018
VERÍN E COMARCA
Medio Rural quere incentivar terreos en Cualedro e Oímbra
Desfibrilador
4 Contactará cos propietarios dunhas 3.500 parcelas. Redacción O director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, mantivo un encontro cos alcaldes de Cualedro, Luciano Rivero, e Oímbra, Ana María Villarino, para informar dos traballos que se levan executado para incentivar a mobilidade de terras nestes municipios. Os proxectos previstos consisten en poñer a producir terras que no seu momento foron obxecto de concentracións parcelarias pero que a día de hoxe están abandonadas, sen uso ou que foron afectadas por lumes forestais. Agora, a través de distintas iniciativas intentarase poñer a producir estes te-
rreos co dobre obxectivo, de dar rendabilidade ao tempo que se preveñen os lumes forestais nunha zona no que son recurrentes. O director xeral explicou que a primeira fase dos traballos, que pasaba pola identificación das necesidades produtivas de diferentes axentes económicos (empresas e cooperativas) interesados na posta en produción das terras, xa está concluída. En concreto, as necesidades pasan pola plantación de cereais, oliveiras, xirasois, viñedos e castiñeiros. A partir destas necesidades, estudáronse unhas 5.300 hectáreas de solo rústico nas que se seleccionaron unhas 2.500 parcelas en
Reunión de Dubois cos alcaldes de Cualedro e Oímbra.
Cualedro e outras 1.050 en Oímbra. Contacto O seguinte paso agora será contactar cos titulares destas terras para valorar o seu interese por dinamizalas e integralas no Banco de Terras de xeito voluntario. Dado que xa hai varias empresas agroalimentarias interesadas neste proxecto, a intención é rematar o proceso cun arrendamento entre os propietarios e os promotores con necesidade de terras.
Xa hai empresas interesadas neste proxecto
O Concello de Verín recibe o desfibrilador por parte da Xunta de Galicia.
A Xunta de Galicia entregou un desfibrilador a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Verín. O ente autonómico fixo entrega este aparato co fin de que a vila poida contar cos mellores equipos de resposta ante unha emerxencia. As unidades do 061 reaniman a unha media de 700 vítimas ao ano e trasladan con vida ao hospital a un 40%.
PUBLICIDADE
Barrios 15 de marzo 2018
Barrios 15 de marzo 2018
VERÍN E COMARCA
Día da muller 2018 no IES García Barbón A comunidade educativa do IES García Barbón participou na conmemoración do Día Internacional da Muller aportando fotos e textos contando a importancia das mulleres nas súas vidas. Nun mural que se colocou na entrada do centro, aparecen os textos e as fotos. Tamén se fixo unha presentación coa totalidade do material exposto –creada por Ánxeles Barge e Javier Miragayaque se pode ver nos nosos recusos en Internet. Outra actividade que fixemos foi unha charla de Lorena Álvarez (directora do Centro de Información á Muller de Verín) na que se presentou un vídeo-documental e se falou aportando unha perspectiva histórica do 8 de marzo, co alumnado de 1º de Bacharelato. O Proxecto de Innovación en Dinamización Lingüística (PIDL) “En Verín, en galego” que coordina o profesor Xosé Miguel Barrios, está a pleno rendemento e xa temos publicados no blog e na web do centro modelos de documentos de diverso tipo en galego -esquelas que foron enviadas ás empresas do sector-. Tamén se facilita material en galego vinculado a cada un dos ciclos formativos que se imparten no noso centro (Ciclo Medio de Automoción,
Ciclo Medio de Mantemento Electromecanico e Ciclo Medio de Xestión Administrativa). Un ano máis, realizamos a “Campaña de doazón de sangue” o día dous de marzo en horario de mañá. Aproveitamos para dar as grazas a todos os que participaron na organización (ás profesoras e alumnas de TCAE) e a todas persoas que doaron sangue. Outras das actividades que tiveron lugar foi a charla de exparlamentarios do Parlamento de Galicia no salón de actos. O día 7 de marzo Cástor Gago (PP), Manuel Luís Rodríguez (PSOE) e Iago Tabarés (BNG) comentaron a súa experiencia coordinados polo profesor Álvaro Perez. Moitas grazas polas súas aportacións! Tamén se presentaron, nos nosos recursos en internet, os datos da “Avaliación da satisfacción do alumnado” (febreiro de 2018). Este traballo, que realiza o Departamento de Orientación, pretende coñecer a valoración xeral que fai o alumnado sobre distintos aspectos do funcionamento do centro, coa pretensión de mellorar naquelas cuestións que se avalían de maneira máis negativa.
Autocolante realizado por Raquel Parada Núñez.
A DO Monterrei estará en Agro+Verín 4 Promoverá un Túnel do Viño e unha cata. Redacción Por segundo ano consecutivo, a Denominación de Orixe Monterrei participará na Feira AgroTecnolóxica de Alimentación Agro + Verín, que
terá lugar esta fin de semana no pavillón municipal de deportes de Verín. Nesta ocasión, o C.R.D.O. Monterrei promoverá un Túnel do Viño, no que estarán presentes viños de 17 das 26 ade-
gas que conforman esta denominación de orixe. O horario de funcionamento deste Túnel será de 12 a 14 e de 18 a 20.30 horas, e para entrar no mesmo será necesario adquirir unha copa e un ticket de entrada ao Túnel (copa a dous euros e ticket por un valor de cinco euros). Nova adega Unha nova adega baixo o selo da DO despois de certificalo o Comité de Certificación da Denominación de Orixe. A adega
Fausto Rivero Pardo (sita en Oímbra) pasa a certificar os seus viños baixo a tipografía branco Monterrei e tinto Monterrei.
Cartel do Túnel do Viño da DO Monterrei.
XINZO E COMARCA
A oposción solicita un pleno urxente 4 Para pedir a dimisión do alcalde. Redacción Por estas datas o alcalde deberá convocar un pleno extraordinario que a oposición vén de solicitar por escrito. A sesión terá un único punto na orde do día e será o de: “Solicitar a dimisión como concelleiro do actual alcalde Don Antonio Pérez Rodríguez, en virtude da sentenza -número 57/2018, do Xulgado do Penal número 1 de Ourense e de data 1 de marzo de 2018- que o condea a unha inhabilitación especial de oito anos e seis meses por prevariación continuada”. O pasado 1 de marzo o Xulgado do Penal 1 condeou ao alcalde limiao a
unha inhabilitación de oito anos e medio por un delito continuado de prevaricación administrativa. Sobre esta sentenza cabe recurso de apelación sendo a resolución da mesma a Audiencia Provincial.
Antonio Pérez, alcalde de Xinzo de Limia.
Curso sobre mantemento de xardíns 4 No mes de abril. Redacción O Centro de Desenvolvemento Rural O Viso organiza para o mes de abril un curso sobre mantemento de xardíns e espazos verdes sostibles. O lugar de impartición será en Lodosedo e haberá 12 prazas dispoñibles. Esta actua-
ción formativa ocupacional está dirixida ás persoas maiormente arredadas do mercado laboral. O horario será de tarde -de 16 a 20:30 horas- de luns a xoves a partir do 3 de abril. Información e fichas de inscrición no CIX Centro de información da Limia (praza Maior, nº1, Xinzo
Victoria e Yedra participaron nas actividades do Día da Muller realizadas polo CDR O Viso.
Renovación enerxética no CEIP Carlos Casares 4 Educación investirá medio millón de euros. Redacción A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria investirá un total de medio millón de euros na rehabilitación enerxética integral no CEIP Carlos Casares, de Xinzo de Limia. O conselleiro Román Rodríguez, na súa visita ao centro, explicou que as obras teñen como principal obxectivo dotar o centro dunha maior confortabilidade para os seus usuarios, así como acadar un aforro nos custes de mantemento derivado dun menor consumo de luz e calefacción.
de Limia). Día da Muller Con motivo do Día da Muller, o CDR O Viso organizou unha serie de actividades para crear conciencia a favor da igualdade entre os mozos. Ademais de varios colexios e institutos na comarca da Limia tamén se impartiron charlas no Centro Social de Paradela de Abeleda (Porqueira), no de Arnuide (Vilar de Barrio) e no salón de actos do Concello de Sarreaus, ademais de na Casa da Cultura de Xinzo de Limia. As xornadas realizáronse coa colaboración do Centro de información á muller e a asociación Falando nós. Foron un total de seis talleres os que se realizaron e nos que participaron Victoria Diegues (avogada) e Yedra (psicóloga). Noutra orde de cousas, na Casa da Cultura de Xinzo impartirase un curso -os días 15, 19 e 21 de marzo- sobre educación para a saúde, impartido por Elisa Cadaya (DUE de atención hospitalaría.
Actuacións Para tal fin levaranse a cabo unha serie de actuacións que inclúen o illamento térmico da fachada, do forxado da baixocuberta e das caixas de persianas, así como a substitución
Barrios 15 de marzo 2018
do queimador da actual caldeira por outro de gas natural, entre outros. Segundo o estudo enerxético previo realizado pola Consellería, todas estas medidas combinadas suporán un aforro enerxético de arredor do 20%. A maiores, tamén está previsto acometer a reparación e pintado dos paramentos interiores do colexio.
O aforro enerxético chegará ao 20%
Visita institucional ao CEIP Carlos Casares. /RAMSÉS.
EN BREVE 4 Piscina O PSdeG PSOE de Xinzo de Limia recalama a reforma das numerosas deficiencia da piscina exterior da vila antes da tempada estival. A portavoz solcialista, Elvira Lamas, asegura que “é un bo momento para facer as obras co fin de que estean listas antes do verán e recorda que moitas persoas acaban marchando a outros concellos por culpa do mal estado”.
4 Exposición Ata o 31 de marzo permanecerá aberta a exposición colectiva, titulada “Do Lusco Fusco ao Albor”, no Casino Antelano de Xinzo, (rúa Dous de Maio). Consta de 37 fotografías de 19 autores diferentes que teñen como fío conductor a fotografía nocturna nas súas diferentes variantes.
Barrios 15 de marzo 2018
XINZO DE LIMIA E O CARBALLIÑO
O Carballiño pon en marcha o programa Apego
8M
4 Para promover o uso do galego no ámbito familiar. Redacción O Concello do Carballiño anunciou a posta en marcha do Programa Apego, dirixido a promover o uso do galego no ámbito familiar dende a infancia. Os requisitos para formar parte do programa son estar empadroados no municipio do Carballiño e ter un fillo ou filla de ata seis anos como máximo.
Á presentación asistiu o concelleiro de Educacion e Cultura, Diego Fernández; o concelleiro de AV-SON, Bernardo Garcia, que presentou a moción para a adhesión ao programa Apego, e a primeira familia que solicita o acollemento ao programa, integrada por Melanie Rodríguez, Manoel Pérez e a súa filla Xiana, de seis meses.
Presentación do programa Apego coa primeira familia do Carballiño adherida ao mesmo.
O IGAPE explica as súas axudas 4 Aos empresarios e comerciantes de Prolimia. Redacción A Asociación Prolimia, que agrupa a empresarios e comerciantes de Xinzo, organizou na Casa de Cultura de Xinzo unha xornada sobre as axudas do Igape para este ano baixo o título “Rural emprende”, que contou coa participación de Guillermo Viña
González, xerente de Igape Nova e responsable da área de emprendimiento deste organismo. Axudas Nesta reunión Viña anunciou a existencia de subvencións desde 20.000 a 70.000 euros para novos proxectos no rural.
Charla de Guillermo Viña a membros de Prolimia.
Manifestación no Carballiño a prol da igualdade no Día da Muller.
Centros educativos, entidades e asociacións reivindacaron este 8 de marzo no Carballiño a igualdade real entre mulleres e homes. Os actos desenvolvéronse no Concello e na praza Maior coa participación de máis dun cento de persoas. Un acto institucional, un corcurso de fotografía e unha concetración, onde se lanzaron proclamas pola igualdade e se leron dous manifestos por dúas estudiantes carballiñesas, foron os actos nese día.
CONCELLO DO CARBALLIÑO especial
Obras na Otero Pedrayo Durante algo máis dun mes a rúa Otero Pedrayo estará en obras. O proxecto, financiado pola Deputación Provincial e o Concello do Carballiño, ten un custo de 84.000 euros. A reforma consiste nun novo pavimento, con asfaltado en quente; un tramo de abastecemento de conexión entre a avenida 25 de Xullo e a rúa Xosé Fariña Jamardo, e unha mellora no saneamento, co obxectivo de resolver un problema de anegamento que hai no cruce da rúa coa avenida 25 de Xullo. Ademais, as prazas de aparcamento pasarán a ser en batería, aumentando en 60. Así mesmo, o tráfico será de única dirección mellorando a seguridade víal, xa que facilitará o acceso de vehículos coas interseccións da 25 de Xullo e
Conde Vallellano. Tamén se regularizará o asfalto; construirase unha beirarrúa nun tramo que non existía; e, con respecto ao problema de anegamento, realizaranse varias medidas: recuperación do pozo de bombeo, adaptación da arqueta do verquido e prolongación, recollida de verquidos de augas fecais e construción dun by-pass entre a tubería de evacuación de augas pluviais e a rede existente, na confluencia de Otero Pedrayo e Celso Emilio Ferreiro. Tras esta remodelación, xunto cos proxectos levados a cabo o último ano noutras rúas da zona, teranse incrementado en máis dun cento o número de novas prazas de aparcamento.
Barrios 15 de marzo 2018
Comeza a andar “Carbaemprega 2018” para 85 alumnos O novo plan integrado de emprego “Carbaemprega 2018” botou a andar o pasado mes con 85 alumnos inscritos e un obxectivo mínimo de inserción laboral do 40%. Recibirán formación durante un ano para incrementar as súas oportunidades laborais. A formación centrarase en tres eidos: soldadura, técnicas de restaurante-bar e atención sociosanitaria. Estes datos foron dados a coñecer durante a presentación do plan no salón de plenos do
Concello do Carballiño, que contou coa asistencia da maioría das persoas inscritas, así como do alcalde, Francisco Fumega; e a delegada Territorial da Xunta, Marisol Díaz, entre outros. Francisco Fumega agradeceu a colaboración institucional e empresarial para poñer en marcha esta nova iniciativa dirixida á formación de persoas desempregadas en ramas laborais con demanda no Carballiño, e o interese amosado por estas persoas para adquirir una formación acorde con estas necesidades do
A formación centrarase en: soldadura, técnicas de restaurante-bar e atención sociosanitaria mercado laboral local. Obxectivo Despois de que o plan do ano pasado lograra unha inserción laboral do 70%, para este ano, co dobre de alumnado e de orzamento (200.000 euros), preténdese chegar a niveis semellantes.
Obras na rúa Otero Pedrayo. Presentación do “Carbaemprega 2018”, no que participan 85 alumnos.
Descenso do paro nun 31% O Carballiño atópase entre os concellos coa mellor evolución da taxa de desemprego da provincia. O paro rexistado descendeu o pasado mes de febreiro no municipio do Carballiño en 55 persoas, pasando de 958 a 903. Isto supón que, dende maio do 2015, cando tiveron lugar as últimas eleccións municipais, o número de demandantes de emprego baixou en 405 persoas, é dicir un 30,9%. Daquela había rexistradas 1.308 persoas fronte ás 903 que hai na actualidade.
Desde o consistorio consideran estas cifras positivas, aínda que agardan que o sexan ainda máis de cara ao verán polo repunte do sector dos servizos na primavera e tempada estival. Industria A ocupación da práctica totalidade das parcelas industriais do Carballiño require a ampliación da zona industrial, e de aí que dende o Concello se inste a incrementar a dotación de solo industrial.
Dende maio de 2015 o número de demandantes de emprego baixou en 405 persoas.
Cinco procesións en Semana Santa A Cofradía da Veracruz amplía a cinco as procesións que se celebrarán no Carballiño durante a próxima Semana Santa. Pero non será a única novidade do programa relixioso-cultural desta asociación, senón que voltará ao atrio do templo a magnífica mostra “A Paixón según Playmobil 2.0”, que este ano contará cunha catedral de grandes dimensións e máis de 3.500 pezas coformando edificios, rúas e escenas propias de Semana Santa. Incluso haberá unha pulpeira. As procesións que sairán ás rúas da vila do Arenteiro son: o Traslado da Virxe Doorosa, 23 de marzo; a de Ramos, día 25; Vía Crucis, día 28; Penitencial da Sentencia e a Misericordia, Xoves Santo; e Santo Enterro e “Dos Caladiños”,
Venres Santo. Ademais das cinco procesións haberá oito actos litúrxicos e un ciclo de catro conferencias, incluída a exposición. O domingo, 18 de marzo, ás 12 h, no templo da Veracruz, terá lugar o pre-
gón. Así mesmo, durante os actos litúrxicos e procesións contarase con diversas agrupacións musicais; como corais (Orfeón do Carballiño, Coral da Capela Madrigalista de Ourense, Coro de Voces Brancas do Orfeón Unión Ourensá, Coro do IES Chamoso Lamas do Carballiño) e bandas como a da BRILAT, Real Banda de Gaitas de Ourense e Banda de Gaitas de Guillarei.
A Semana Santa do Carballiño foi presentada no Concello.
10
Barrios 15 de marzo 2018
CELANOVA E ALLARIZ
Rehabilitarase a praza do Matadoiro
Lume en Celanova Redacción Axentes da Xefatura da Policía Autonómica de Ourense veñen de esclarecer un incendio producido no concello ourensán de Celanova. Os axentes procederon a tomar declaración como investigada a unha veciña de Celanova, como presunta autora dun lume forestal que ocorreu na tarde do pasado 25 de febreiro no lugar de Cavadoiro, na parroquia de Acevedo do Río. O incendio iniciouse, supostamente, por un escape durante unha queima, o que provocou a propagación do lume a unha finca próxima. Arderon 0,03 hectáreas de monte raso e 0,01 de arborado. Polos feitos instruíronse dilixencias remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda de Celanova. Trátase da terceira persoa investigada como presunta autora dun delito de incendio forestal na actual campaña contra incendios forestais do 2018.
Feira da oportunidade Redacción Un ano máis, os comerciantes de Celanova saen á rúa o Xoves Santo, 29 de marzo, para celebrar a décima edición da “Feira da oportunidade” e que coincidirá coa feira semanal. Ademais da venda de productos terá lugar unha programación moi diversa. Degustacións gastronómicas, campionatos de futbolín e parchís, talleres para nenos, espectáculo de drons, música e moito máis. Tamén haberá un sorteo dunha viaxe a Disneyland París. O sábado, día 31, chegará a “II Festa da Faba” cunha ampla programación.
4 Durante os meses de abril e maio. Redacción
Ana María Díaz, segunda pola esquerda, antes da reunión da Xunta Consultiva do Parque Natural Baixa Limia- Serra do Xurés./M. REJO.
Xa queda menos para que comecen as obras da praza do Matadoiro de Allariz. Durante os meses de abril e maio terá lugar unha rehabilitación (cun orzamento de 68.409,78 euros) que
pretende mellorar, ordear, humanizar e reurbanizar a praza. Ademais, integrarase no casco histórico -na época medieval foi paso obrigado- como un dos espazos máis visitados onde se ubica o Mercado da Reserva da Biosfera de Allariz.
Traballos As obras pasan pola eliminación do actual pavimento e a súa substitución por lousa de pedra do país, máis acorde cos materiais típicos dos núcleos históricos; así como tamén serán eliminados os contedores actuais. Con elo daráselle á praza un carácter peonil, ademais de mellorar a ordenación do espazo existente para dedicalo a eventos promocionais e feiras.
O orzamento da obra é de 68.409,78 euros
Medio Ambiente regulará o uso da Serra do Xurés 4 Comezan este ano os traballos de redacción do plan. Redacción A directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz, avanzou que a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio iniciará este mesmo ano os traballos de redacción do Plan Reitor de Usos e Xestión do Parque Natural Complexo Baixa Limia Serra do Xurés. A directora xeral fixo este anuncio durante a reunión da Xunta Consultiva do Parque Natural Baixa Limia- Serra do Xurés, celebrada este mes no Centro de Interpretación de Visitantes. Tal e como explicou Ana María Díaz, o obxectivo é acadar un documento que sirva para conservar o parque natural regulando os usos que se desenvolven, co fin último de que a xestión deste espazo permita compatibilizar a actividade tradicional coa preservación do medio.
Indicou que tamén ao longo do presente ano se continuará co deseño e execución de campañas de divulgación e promoción do turismo de natureza sustentable e de educación ambiental e a encomenda de xestión de mantemento dos valores naturais. Compromiso Asemade, a directora xeral recordou que a Xunta anunciou o compromiso de, xunto co Goberno portugués, seguir traballando nun proxecto conxunto co obxectivo de dinamizar e dar a coñecer a riqueza natural do territorio da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés. Os gobernos galego e portugués colaboran na actualidade como socios e principais beneficiarios no proxecto Gerês-Xurés Dinámico, que forma parte do Programa Interreg España-Portugal 2014-2020.
A praza do Matadoiro sofrirá unha transformación tralas obras. /M. REJO.
As xornadas pola igualdade continúan en Allariz 4 A programación prolóngase ata o día 22. Redacción As xornadas pola igualdade do Concello de Allariz continuarán ata o día 22 de marzo. Despois de charlas, contacontos, obradoiro e, como non, a folga do día 8 as actividades non paran. Así, o día 17, sábado, celébrase un concerto pola igualdade e a diversidade a cargo de Batuko Tabanka -na Casa da Cultura ás 19 horas-. O luns 19, xuntanza coa mesa de coor-
dinación contra violencia de xénero no Fogar dos Maiores. O martes 20, ás 20.30 horas no Café Cultural Roi Xordo, terá lugar a proxección da película “Vivir e outras ficcións”. E para rematar, o mércores 21, “Parrafada na tasca2, un faladoiro sobre os seres redondos de Platón, na Tasca Pepiño. Estas xornadas, que chegan a súa 14ª edición, teñen como lema “Falemos de ti e de min, xa que vivimos”.
Melloras de camiños Redacción A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, recibiu ao alcalde de Maceda, Rubén Quintáns. A conselleira salientou que nos últimos tres anos destinouse a este concello, dentro do Plan Marco de mellora de camiños, 187.527 euros, sendo a contía para este ano de 58.644. Grazas a este programa, destacou a titular de Medio Rural, mellóranse as vías de comunicación que dan acceso ás 30.000 entidades nas que se asentan as vivendas da poboación rural e que supoñen as canles de saída das producións rurais (desde o leite ata a artesanía) e de entrada que os negocios rurais precisan.
PUBLICIDADE
Barrios 15 de marzo 2018
11
12
Barrios 15 de marzo 2018
EN BREVE 4 Media maratón O Concello do Carballiño acolleu a sexta edición da súa media maratón, que ademais celebra, á par, unha carreira de sete quilómetros. Manuel Basteiro foi o máis rápido ao facer o percorrido en 1 hora 15 minutos e 19 segundos. A mellor muller foi Sonia Teijeiro, o seu tempo: 1:29:58. Nos sete quilómetros o campión foi Anxo Castro cun tempo de 23:11 minutos e a mellor muller, Carla de Dios (31:46).
4 Fútbol Na Terceira División, o Arenteiro despois de perder no campo do Bergantiños, por 3 a 0, baixa ata a 14ª posición con 31 puntos. O equipo dirixido por Manel Vázquez está a xogar con lume e xa está con soamente seis puntos máis ca zona de descenso. Esta semana visita ao Choco.
4 10k Xinzo O Concello de Xinzo de Limia, en colaboración coa Asociación Deportiva Limiactiva, organiza unha carreira popular de 10 quilómetros -o vindeiro 13 de maio- homologados pola Real Federación Española de Atletismo. Tamén haberá probas para os máis cativos.
DEPORTES / PROVINCIA
A celebración do Lázaro chega cargada de deporte 4 Os eventos deportivos terán lugar os días 17 e 18 de marzo. R.T. No marco da “III Edición Especial Deportes do Lázaro”, o Concello de Verín programa cinco importantes eventos deportivos, durante os días 17 e 18 de marzo, coa finalidade de devolverlle ao Lázaro o seu antigo esplendor ofertando actividades deportivas, para todas as idades, que incorporen un novo público a estas tradicionais festas. O sábado 17 de marzo, as 10:30 horas, celebrarase na piscina Climatizada de Verín o tradicional Torneo de Natación do Lázaro. Nesta edición do evento participarán equipos procedentes de diversos puntos da provincia e do norte de Portugal: a Piscina climatizada de Allariz, Piscina climatizada de Xinzo de Limia, BeOne de Ourense, o Club Flavitus de Chaves
e o Club Natación Verín. O domingo 18 de marzo, ás 10:30 horas, terá lugar a “III Carreira do Lázaro” cuxo percorrido discorrerá pola zona da Preguiza, Vilela e o Casco Antigo de Verín. O domingo 18 de marzo, ás 10 horas, terá lugar a III Ruta BTT das Festas do Lázaro. Terá un percorrido de 47 km (10 horas) e está considerada de nivel medio. A maiores da ruta longa, programouse unha opcional de 20 quilómetros, enfocada ao goce familiar, e que suprime os tramos de maior dificultade. A área deportiva da Granxa acollerá o vindeiro sábado 17 de marzo, a partir das 19:30 horas, un Torneo de fútbol de veteranos, no que participarán o G.D. Chaves e Verín C.F. Pitch & Putt Este ano, como novidade, o sábado 17 de marzo
A novidade deste ano é a celebración dun torneo de Pitch&Putt o sábado 17 celebrarase o primeiro torneo de Pitch & Putt do Lázaro. A competición, disputarase nas instalacións de Verín Pitch & Putt (Os Remedios) a 18 foxos stablefor. Pozo do Demo E para o domingo, 25 de marzo, está previsto que se dispute a sétima edición da carreira de monte “Pozo do Demo”. Ademais dunha andaira, haberá unha carreira longa (de 27 km) e unha curta de 10. Toda a información e inscricións na web www.championchipnorte.com ata o 21 de marzo.
4 Ximnasia O Club Marusia organiza no Carballiño o primeiro Torneo de inter escolas de ximnasia. Esta primeira fase que se celebra na vila do Arenteiro terá lugar o día 18 de marzo.
Saída da BTT do “Deporte no Lázaro” nunha edición anterio.
Presentación do proxecto por parte da conselleira de Vivenda, Ethel Vázquez. /RAMSÉS.
A Xunta construirá vivendas públicas en Cenlle 4 Trátase dun proxecto pioneiro ao ser modulares. R.T. A Xunta de Galicia está a impulsar no Concello de Cenlle un proxecto pioneiro coa construción de seis vivendas públicas modulares que estarán rematadas o vindeiro ano. A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, e a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, presentáronlle ao alcalde de Cenlle, Gabriel Alén, esta iniciativa. A Xunta achega un investimento de algo máis dun millón de euros para esta actuación, cun prazo de 10 meses, sendo proxecto pioneiro en materia de vivenda modular que se pretende implantar coma experiencia piloto. Vaise levar a cabo a construción destes inmobles e a súa urbanización nun solar do Goberno galego, que se atopa na contorna do CEIP e ao carón das outras oito vivendas de promoción pública.
Para familias A conselleira destacou que se trata de vivendas pensadas para familias, xa que os inmobles terán unha superficie útil de entre 87 e 120 m2, un mínimo de 3 dormitorios máis salón, cociña, baño, aseo, praza de garaxe e rocho. Terán, ademais, a cualificación de eficiencia enerxética C ou superior. Modular A arquitectura modular consiste na construción de vivendas mediante a unión de distintos módulos estandarizados que se constrúen en taller e tan só se executa en obra a cimentación e a ensamblaxe das distintas vivendas.
O prazo de execución será de 10 meses e conta cun orzamento dun millón de euros
DEPUTACIÓN DE OURENSE especial
Carlos Casares recibe, a título póstumo, a Medalla de Ouro da Provincia de Ourense O escritor e intelectual ourensán Carlos Casares foi recoñecido, o pasado 9 de marzo coa Medalla de Ouro da Provincia de Ourense, a título póstumo, o máximo galardón que concede a Deputación de Ourense. O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, entregou o título aos fillos do escritor e ao seu irmán, nun acto celebrado no Salón de Plenos do Pazo Provincial no día no que se conmemora o 16º cabodano do intelectual ourensán, falecido en 2002. A concesión do galardón foi aprobada en sesión plenaria pola corporación provincial o pasado 24 de novembro de 2017, ditaminando conceder a Carlos Casares o dito recoñecemento. O expediente de honra, ao que deu lectura o deputado provincial de Cultura, Manuel Doval, sinala que se lle outorga esta distinción “como homenaxe e recoñecemento do noso pobo a toda unha longa traxectoria cultural e social marcada polo seu carácter conciliador, que forxou na súa etapa máis ourensá”. Tamén destaca o expediente que as meritorias circunstancias persoais e profesionais que concorren en Carlos Casares “son determinantes para avaliar as calidades que honran a este persoeiro”, e é obrigado deber da Deputación “promover a exaltación dos fillos ilustres da provincia de Ourense que dedicaron a súa vida e as súas actividades a prol do noso desenvolvemento,
Familiares de Carlos Casares recibindo a Medalla de Ouro da provincia de Ourense a cargo do presidente da Deputación, Manuel Baltar. tanto cultural, artístico, musical, social como económico”. O acto, presidido por Manuel Baltar, contou coa presenza de familiares de Carlos Casares e de representantes dos ámbitos institucional, cultural e social, sendo a laudatio a cargo do escritor Luis González Tosar, e contando no apartado musical coa Coral de Ruada, que interpretou “Ourense ao lonxe” como apertura do acto, e o Himno Oficial da provincia de Ourense, “Ourense no solpor”, como peche. En nome da familia, Hakan Casares, fillo de escritor, agradeceu
O programa “Coñece Ourense” amosou as bondades da provincia O Mosteiro de San Pedro de Rocas acolleu este 13 de marzo o encontro entre o presidente da Deputación, Manuel Baltar, con preto de 30 alumnos do IES Cidade de Antioquía, que coñeceron a riqueza patrimonial e natural da Ribeira Sacra con motivo da súa participación no programa “Coñece Ourense”, que desenvolve a Deputación de Ourense para difundir o patrimonio natural e arquitectónico-artístico da provincia a alumnado da E.S.O. “Coñece Ourense” é un programa que está dirixido “aos ourensáns máis novos co obxectivo de
difundir o patrimonio, a paisaxe e as bondades arquitectónicas que hai por todos os recunchos da provincia de Ourense e contribúen a reafirmar a identidade das rapazas e dos rapaces”, explicou o presidente provincial. Desde que a Deputación puxo en marcha esta iniciativa cultural no ano 2016, “participaron nela máis de 2.100 persoas e neste intre forman parte deste Coñece Ourense 2017/2018, 16 institutos da provincia”, salientou Baltar, quen asegurou que o programa é “un éxito porque, a través del, o alumnado coñeceu máis o noso
esta distinción que lle outorga a Deputación á memoria do seu pai, e tivo tamén palabras de agradecemento para a cidadanía, “que fai posible estes homenaxes”, lembrando así mesmo a importancia da tradición cultural da nosa provincia, “porque a cultura galega e Galicia –dixo- non se entenden sen Ourense”. Escritor comprometido No seu discurso, o presidente da Deputación de Ourense definiu a Casares como “un escritor creador de linguaxe, comprometido co seu país”, engadindo
que Casares non escatimou esforzos cando tivo que mediar para resolver conflitos. Fíxoo convencido e desde a razón, con sensatez, buscando solucións pactadas, chegando a consensos que permitisen avanzar na difícil tarefa de dotar a Galicia das institucións das que carecía”. “Ese foi –afirmou Baltar- o gran mérito de Casares, asentar os alicerces da convivencia democrática, o que el, xunto con Ramón Piñeiro, consideraba mellor e máis útil, sen atender a provocacións ou delirios extremistas”.
e descubriu tesouros como este Mosteiro que, cando aínda non estaba posta a primeira pedra da
Catedral de Santiago, aquí xa había vida intelixente moitos séculos antes”.
Manuel Baltar, no Mosteriro de San Pedro de Rocas, cos alumnos do IES Cidade de Antioquía.
Barrios 15 de marzo 2018
13
Baltar visita o novo Centro Interxeracional O presidente da Deputación, Manuel Baltar, visitou este 12 de marzo, xunto ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, as instalacións do novo Centro Interxeracional de Ourense, que albergará unha escola infantil e un centro de día para maiores. Este novo centro, que nace da man da Fundación Amancio Ortega, ten vocación de converterse nun foro de intercambio de experiencias entre maiores e pequenos. O presidente do Goberno galego salientou as 80 novas prazas para maiores das que dispón este centro e tamén explicou que as 82 prazas da escola infantil de 0 a 3 anos contribuirán a que Galicia supere o curso que vén o limiar das 24.000 prazas de escolas infantís sostidas con fondos públicos. Ademais, subliñou que isto supón acadar unha ratio de cobertura do 41,3%, máis de 10 puntos por riba do óptimo considerado pola Unión Europea.
A Deputación súmase aos plans deportivos de Suzuki O equipo de ralis Suzuki será o novo soporte da marca “Ourense, a provincial termal”, a marca de promoción turística da Deputación de Ourense a través do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (INORDE). Á presentación deste equipo, que tivo lugar o 14 de marzo no Balneario de Laias, acudiu o presidente da Deputación, Manuel Baltar, así como os pilotos de Suzuki, o ourensán Javier Pardo e o seu compañeiro Joan Vinyes, que disputarán 11 probas do Campionato de España de Ralis de Asfalto e 7 do Campionato de España de Ralis de Terra. Tendo en conta o impacto económico que supón o turismo deportivo en toda España e a idoneidade das condicións da provincia de Ourense no ámbito orográfico, xeográfico e natural, “creamos un ecosistema de turismo deportivo no que a promoción do destino, a innovación e o posicionamento de marca son os obxectivos prioritarios durante os vindeiros anos”, explicou o presidente provincial, Manuel Baltar.
14
Barrios 15 de marzo 2018
4AXENDA Exposición - Ata o 26 de marzo - “Obra Gráfica” de Eduardo Arroyo - Galería Circular (Allariz) - Ata o 8 de abril - Exposición da obra gráfica de Teresa Varela, José Famos e Xabier Varela CSA Cambalhota (Allariz) - Do 16 de marzo ata o 21 de abril - Exposición de Leonardo “Melodías de luz e cor” - Sala de Exposicións de Verín - Ata o 21 de abril “Medievo” exposición fotográfica do colectivo Expressom Sauda - Parque Náutico de Castrelo de Miño Música - 17 de marzo - Concerto de Rodrigo Cuevas - 22 h - A Arca da Noe (Vilar de Santos) - 24 de marzo - Concerto de Alfre 096 - 23 h - Umpalumpa (Maceda) Cine - 16 de marzo - “Testemuña” - 20 e 22.30 h Auditorio Manuel María (O Carballiño) Outros - Do 16 ao 18 de marzo - Feira do Lázaro - Pavillón de Deportes e Praza de Merced (Verín) - 16 de marzo - Videoconferencia “Cultos termais hispanos: a Galicia antiga” - 19.30 h. - Biblioteca Pública de Verín - 21 de marzo - Frank Báez poeta dominicano - 20.30 h - Fundación Vicente Risco (Allariz) - 25 de marzo - Carreira Pozo do Demo - 9 h Cabreiroá (Verín) - 25 de marzo - Andaina Pozo do Demo - 10 h - Pavillón de Deportes (Verín) - 1 de abril - Presentación do libro “Un maxara cordo” de Iletxu Marcos - 20 h - Umpalumpa (Maceda) www.periodicobarrios.com
AXENDA / ARTIGOS
4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA
4DESDE A PONTE... A MONTERREI
Rapaciños do 68 Dende que o 2018 comenzou a rodar, os amigos e amigas da miña xeración están a celebrar con orgullo os cincuenta anos. Mais, sempre queda un resquicio de luz, cando alguén afirma convencido, que a mellor idade son os cincuenta, pois é cando un se atopa na plenitude, no cúspide da pirámide, onde se comenza a actúar doutra maneira e a entender as cousa con outra mirada O caso é, que aí están os nenos da miña infancia que vivimos xuntos naqueles anos lonxanos. Xa hai un tempo, que teño a persistente costume de fíxarme moito nas facianas dos meus colegas, de miralos ós ollos, e, sinceramente, ainda que o paso do tempo foi deixando pegadas nas meixelas, e tinguiu tal vez os cabelos de prata, as miradas, os xestos e os sorrisos seguen sendo os mesmos de cando cativos, e as berbas non mudaron, cicais cun chisco máis de pausa pero cheas de sincera complicidade. A diario atópome con eles e non podo evitar ollalos coma antes, a época de cando eramos nenos. Foi alá polo 1968 cando as nosas nais nos deron a vida que nunha época complicada fixeron malabares para levantar unha prole, que en moitos casos facíase tremendamente dificil, mais, grazas ó esforzo extraordinario dos nosos pais e avós
A diario atópome con eles e non podo evitar ollalos coma antes, a época de cando eramos nenos
inagotables, saimos cara adiante felizmente. Daquela, os bebés do 68, mentres dormitabamos nos carriños ou nos colos das nosas nais ou avóas, na radio e na televisión, xa se escoitaban os ecos revolucionarios dos xóvenes universitarios que comenzaban a revolta, o mesmo tempo que un xoven toreiro chamado “El Cordobés” rompía os moldes da tauromaquia máis atrevida, co famoso “salto de la rana”, e “Massiel”, unha xoven madrileña, gañaba por primeira vez para España, o Festival de Eurovisión, cunha canción que naceu no Hotel Parque de Ourense, unha fría tarde de inverno chea de neve. Tamén o ano 1968 foi declarado ano Internacional dos Dereitos Humáns pola ONU, onde noutro lado do mundo remataban os bombardeos da sanguenta e devastadora guerra do Vietnan dando paso en España a barbarie e a acción brutal e terrible da banda terrorista E.T.A. E nós, bebés de poucos meses, acurrucados nos regazos máis quentes e apacibles, víamos pasar un sinfín de sucesos, ao tempo que medrabamos alleos nun mundo inverosímil. Era entón, cando Verín no verán permanecía ateigado de visitantes nos balnearios das augas minerais, e nos hoteis máis soados rezaba sempre o cartel de “non hai prazas”. A fronteira con Portugal, era unha fervenza de xente pululando dun lado cara o outro, arriscando no pasaxe cunha enchenta de adrenalina, cando se chegaba preto dos gardiñas que estaban á espera. O casino da vila, en plena ebullición acollía os máis intrépidos contrabadistas, que nas longas xornadas de inverno dilapidaban as súas fortunas amasadas sin
piedade nas longas noites na raia. Os cines eran o refuxio dos namorados, e nas festas do Lázaro outro mundo aparecia por uns días. Os salóns de baile eran testemuñas da diversión xuvenil que non daban puntada sen fío. O castelo de Monterrei ollaba cara o val sen remordementos, sen adornos inútiles e improvisados, e o Támega, o fermoso río Támega deixabase querer nas calurosas tardes de estío. As rúas do meu pobo estaban cheas de vida, de xente que dinamizaba os paseos no solpor, escoltados coas impresionantes sombras que daban as árbores, que por centos se contaban en xardins e avenidas. Unha estampa, que por sorte poidemos ver e disfrutar durante anos os da miña xeración. Medio século pasou, outra postal nos alumea, outra vila, outras xentes e moitos contrastes que non temos máis remedio que soportar, ainda que a esencia marabillosa daquela época dourada, resistirá con elegancia e sencillez o porte e a nobreza dunha vila fidalga e cabaleira. E non queda outra, que seguir o rumbo co vento a favor ou en contra, gozar da vida na medida que cada quen estime oportuno e sobre todo, que os deuses nos permitan ollarnos sempre coas facianas doces e impolutas, coma as de cando eramos cativos. Quixera deixar aquí,unha lembranza para os amigos que prematuramente nos deixaron e xa non están entre nós, e unha aperta forte para todos vos, rapaciños do 68, cincuentóns da miña vida. Miguel A. Prieto Chitín”
Os maiores beneficios do exercicio físico Aumenta o osíxeno nas células. O osíxeno é necesario para a vida e acontece que hai persoas con cantidades insuficientes no organismo e é aquí que desempeña un papel importante para non deixar aloxar os virus, os cancros e mantén un corpo alcalino. Inflúe no movemento linfático. O sistema linfático é importante no proceso de eliminación das toxinas do organismo. Estimulación das células, estas producen detritos tóxicos e precisan de estimulación para seren eliminados e florecen dunha forma normal evitando a dexeneración dos órganos vitais. Abertura de canles de enerxía e flúe a través do organismo tal como o sangue nas veas e dá vitalidade ás células. Libera as tensións e o estrés. Sabemos que o estrés é un asasino silencioso, pois capta enerxía negativa e pode
aloxarse nas varias partes do corpo e os músculos fican tensos e fan que o corpo fique ácido. A seguir vén o merecido descanso para as células teren oportunidade de recargar e rexuvenecer. Ao exercicio gústalle o sol e o descanso despois de desaparecer o sol. Os pensamentos influencian a nosa conduta de vida. Segundo o Dr.Coldwel, utiliza métodos para reducir o estrés e así corrixir o ph do organismo para afrontar doenzas, baseándose en pensamentos positivos. O estrés sería visto en situación de pensamentos negativos. O poder da mente, como vimos no filme “Little Boy”, pode mover montañas. Camiñar é probablemente a mellor forma de exercicio que se pode facer e a ausencia de camiñadas fai que as canles de eliminación do organismo se tornen lentos e vagarosos. João Damião
Corredores participando na última Carreira San Martiño que se disputou.
CLASIFICADOS
Barrios 15 de marzo 2018
15
BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios. com. Distribúe: Lebre Mensaxeira. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda e Avelino Jácome. Nº49 - Ano: XI - 15 de marzo de 2018 - Difusión: 15.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.
4TELÉFONOS DE INTERESE
4CLASIFICADOS
INMOBILIARIA Vendo ou troco piso de protección oficial (para entrar a vivir). Tres habitacións, salón, cociña baño; pódese cambiar por galpón que teña preto unha parada de autobús. Tel: 638 678 381. Vendo apartamento de 2 habitacións, novo. Cociña americana, trasteiro, garaxe. A 5 minutos de praia América e a 10 de Vigo. Tel.: 620 660 762.. Véndese pequeno soar en ruínas e 18 fincas rústicas no pobo de Reparada (Muiños). Prezo 2.000 euros. Tel. 636 329 524. Alúgase (ou vende) praza de garaxe para coche grande na rúa Curros Enriquez (Xinzo de Limia) cruce coa rúa Cruceiro. Porta automática. Tel. 617 532 017. Vendo ático con gran terraza, 4 habitacións, baño, salón, cociña amoblada, ascensor na Avenida Santiago. Tel. 620 061 531. Vendo casa pequena de pedra totalmente restaurada en Ourense, fronte a parada de bus urbano, con terreo. 29.800 euros. Tel. 606 42 25 43. Alúgase local de oficina na Ponte (Ourense) acondicionado, 25 m2, económico. Tel.634 950 659. Ofrezo unha casiña pequena para restaurar moi próxima a Ourense a cambio de traballos de albanelería (restauración tellado, piso, encintar e dividir). Tel. 606 422 543. Vendo casa na estrada de Santiago, alugo 2 oficinas na r/ Progreso e alugo piso no barrio do Couto. Tel. 672 089 349. Alugo apartamentos (fins de semana, pontes, etc.) de 1 e 2 habitacións en Montalvo -Sanxenxo-. Equipados, xardín, barbacoa, aparcamento. Tel.: 607 271 916. Vendo finca de 9.000 m2, pode usarse para construir unha vivenda residencial para uso agrícola gandeiro, con auga e luz. Zona Vilar das Tres. Tel: 634 950 659. Vendo finca edificable con proxecto en Bóveda (Amoeiro) de 1.120 m2. Prezo: 11.900 euros. Tel. 606 42 25 43.
COMPRA /VENDA Vendo cociña de madeira de castaño con pedra de Porriño, 5 metros (sen electrodomésticos). Prezo: 1.100 euros. Tel. 617 592 244 (chamar polas tardes). Vendo sofá 3 + 2, bici seminova, secador de pelo e dous lavacabezas de perruquería, mampara de baño e botelleiro a estrear e alugo dúas oficinas na rúa Progreso. Tel. 672 089 349. Precísase cadeira de rodas, asequible. Tel. 620 061 531. Véndense tres bicicletas (unha de moza a estrear), dous lavacabezas e un secador de perruqería seminovos, sofá 3+2, botelleiro, porta de aluminio marrón, mampara nova e unha casa a restarurar na estrada de Santiago. Tel. 672 089 349. Vendo terreo edificable, 1.800 metros2, preto do Polígono de San Cibrao, a 10 km de Ourense. Prezo: 35.000 euros. Tel. 610 82 64 94.
Vendo tres armarios e dúas camas xemelgas. Pódense ver sen compromiso. Tel. 988 24 60 96 - 669 434 330.
EMPREGO Ofrécese señora galega, con referencias, moi cariñosa coa xente e os nenos. Para traballar polas mañás e algunha tarde. Tel: 606 42 25 43. Ofrécese señor para traballar de pintor -con 40 anos de experiencia- . Dispoñibilidade inmediata. Tel. 647 640 620. Danse clases particulares de pintura artística, óleo, acuarela, pastel, acrílico, todos os niveis, máis de 40 anos de experiencia. Tel. 610 659 417. Búscase traballo para manexar carretillas e/ou grúas. Tel. 673 764 277. Ofrécese señora para coidar persoas, na casa ou hospital. Con informes. Tel. 669 434 330. Danse clases particulares de piano, ideal para nenos e para iniciación. Tel. 667 985 171. Danse clases particulares de todas as materias de primaria, a domicilio ou presenciais. Tel. 666 743 660. Ofrécese rapaza responsable e con experiencia para coidar nenos ou realizar tarefas do fogar polas tardes. Tel. 630 649 610. Impártense clases individuais personalizadas en Ourense. Matemáticas e estatística. Materias curriculares de ensinanzas medias. Con CAP. Ampla experiencia. Económico. A domicilio. Contacto: clasesadomicilio2014@hotmail.com e 610 38 25 89 Moza galega responsable e con ampla experiencia atende maiores pola noite. Tel. 659 844 682 Ofrécese señora para servizo doméstico por horas. Tel 674 500 513. Busco cualquera traballo, de media xornada (mañá ou tarde), que me poidan ofrecer. Dispoñibilidade inmediata. Persoa responsable. Tel. 645 770 510. Danse clases particulares de Matemáticas, a domicilio ou no meu local, para niveis de ESO, Bacherelato e Universidade. 30 anos de experiencia. Tel. 625 515 818. Profesora de lingua/literatura española/galega e latín. Clases de apoio para Primaria, ESO e Bacherelato. Tamén clases de apoio de Francés en Primaria e ESO. En local ou a domicilio. Atendo WhatsApp. 15 anos de experiencia. Tel. 608 852 259. Precísase condutor para formigoneira na zona de Borrán (preto de Xinzo de Limia), con experiencia. Tel. 639 81 39 05 - 645 17 81 11.
CONTACTOS Ofrécese mozo de compañía para mulleres de 40 a 60 anos. Danse masaxes eróticos. Prezo anticrise. Absterse de chamar homes. Tel. 697 79 59 28.
Comarca de Monterrei Concello de Verín Concello de Monterrei Concello de Oimbra Concello de Vilardevós Concello de Riós Concello de Castrelo de Val Concello de Laza Concello de Cualedro Comisaría de Policía Verín Policía Local Verín Bombeiro Verín Garda Civil Protección Civil Estación de autobuses Taxis - Parada Hospital Taxis - Parada Estación Autobuses Taxis - Parada Praza Merced Taxis - Parada Praza do Concello Ambulatorio Urxencias Ambulatorio Cita previa Hospital de Verín Cruz Vermella Correos e Telégrafos Rexistro Civil de Verín Rexistro da Propiedade Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Servizos Sociais Verín Cáritas Parroquial IES nº1 de Verín IES García Barbón I. Bacharelato X. Taboada Chivite CEIP Amaro Refoxo CEIP Princesa de España Comarca de A Limia Concello de Xinzo Concello de Porqueira Concello de Calvos de Randín Concello de Baltar Concello de Os Blancos Concello de Trasmiras Concello de Sarreaus Concello de Vilar de Barrio Concello de Sandiás Concello de Vilar de Santos Concello de Rairiz de Veiga Policía Local Xinzo Garda Civil Estación de autobuses Centro de saúde Xinzo Punto Atención Continuada Rexistro civil de Xinzo Rexistro da Propiedade Taxis - Parada Xinzo
988 410 001 988 418 002 988 426 160 988 417 004 988 425 032 988 419 002 988 422 002 988 424 004 988 414 123 988 411 612 988 590 206 988 410 005 988 412 121 988 413 516 988 414 342 988 411 812 988 410 385 988 411 113 988 410 800 988 413 460 988 413 636 988 411 600 988 411 038 988 410 387 988 410 737 988 410 703 988 410 253 988 414 776 988 410 679 988 411 212 988 685 085 988 410 041 988 411 425 988 410 128 988 550 111 988 466 102 988 434 000 988 466 503 988 467 506 988 445 000 988 454 002 988 449 001 988 465 001 988 465 883 988 465 552 988 462 425 988 462 361 988 460 309 988 462 200 988 462 456 988 46 0 188 988 460 209 988 460 309
Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Xulgado de 1ª Instancia Servizos Sociais Xinzo Cáritas Parroquial IES Lagoa de Antela IES Cidade de Antioquía CEIP Rosalía de Castro CEIP Carlos Casares Gardería Municipal Oficina Agraria Comarcal da Limia Comarca de Allariz-Maceda Concello de Allariz Concello de Baños de Molgas Concello de Maceda Concello de Paderne de Allariz Concello de Xunqueira de Ambía Concello de Xunqueira de Espadanedo Policía Local Allariz Garda Civil Allariz Centro de Saúde de Allariz Centro de Saúde de Baños de Molgas Centro de Saúde de Maceda Policia Local Maceda Garda Civil Maceda Parada taxis Maceda CEIP Padre Feixoo IES Allariz Gardería municipal Allariz Servicio Municipal de Augas Allariz Xulgado de Paz Allariz Comarca de Terras de Celanova Concello de Celanova Concello da Bola Concello de Cartelle Concello de Gomesende Concello da Merca Concello de Padrenda Concello de Pontedeva Concello de Quintela de Leirado Concello de Ramirás Concello de Verea Policía Local Celanova Centro de Saúde de Celanova IES Celanova CEIP Curros Enríquez Oficina Seguridade Social Celanova Xulgado 1ª Instancia Celanova Urxencias Sanitarias Cita previa Servizo Galego Saúde Teléfono maltratadas ITV Protección Civil Incendios forestais Fenosa (averías)
988 460 375 988 462 951 988 462 364 988 550 111 988 460 222 988 462 454 988 461 271 988 460 480 988 460 507 988 461 049 988 460 024 988 440 001 988 430 000 988 463 001 988 293 000 988 436 006 988 291 001 988 440 000 988 440 031 988 440 958 988 430 331 988 463 370 696 511 038 988 463 084 988 463 204 988 440 825 988 440 036 988 440 219 988 440 004 988 440 704 988 431 481 988 433 768 988 491 111 988 485 000 988 260 000 988 494 783 988 495 005 988 493 500 988 491 523 988 430 600 988 431 806 988 451 736 988 431 290 988 431 725 988 553 055 988 431 482 061 902 077 333 016 902 309 000 112 085 988 222 222
16
Barrios 15 de marzo 2018