10º Salón do Automóbil de vehículo novo, do 19 ao 21, en Expourense [Páx. 8 a 11]
CIDADE
Páx.3
Actos polo 125 aniversario do nacemento do mestre Vide
CIDADE
Páx.4
O Concello aproba 95.000 euros en axudas para extraescolares
VERÍN
Pax. 4
O teatro instálase en Verín con cursos e obras durante este outono
DEPORTE
Pax.13
Boa dinámica dos catro conxuntos ourensáns en Terceira división
CULTURA
Páx. 15
Aberto o prazo de presentación de propostas a cartel do Entroido de Verín 2019
Provincia de cine A pola terceira vitoria ante Liberbank Oviedo [Páx. 5 e 12]
[Páx. 13]
Verín acollerá o Festival Internacional de Curtas e Ourense o OUFF. // O COB tentará lograr a terceira vitoria ante o Oviedo este sábado no Pazo a partir das 19 horas.
Número: 73 - Ano: XI - 18 de outubro de 2018 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190
Barrios 18 de outubro 2018
CIDADE
Obradoiros musicais no Espazo Lusquiños
Ourense Activa Redacción O Concello de Ourense deulle luz verde, na xunta de goberno local celebrada o 11 de outubro, ao programa ‘Ourense Activa’ para a promoción do emprego entre a mocidade por debaixo dos 30 anos. As persoas participantes poderán formarse nalgún dos sete itinerarios formativos (Hidrotermal; Promoción turística local e información ao visitante; Asistencia á dirección técnica de espectáculos en vivo; Actividades de xestión do pequeno comercio; Desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxía web; Desenvolvemento de produtos multimedia interactivos; e Atención socio-sanitaria a persoas dependentes en institucións). Este programa permitirá que 180 menores de 30 anos realicen itinerarios profesionais remunerados. O orzamento total do proxecto ascende a 1.195.740,00 euros, dos cales 1.098.765,49 euros (91,89 %) correspondería ao Fondo Social Europeo e 96.974,52 euros (8,11 %) ao Concello. “Supón un importante paso adiante nun reto fundamental: a promoción do emprego da cidade, seguindo a folla de ruta que persegue este goberno municipal”, afirma o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez.
4 De axuda aos novos grupos da cidade. Membros de A.C.A.U.T.O na presentación do Salón en Expourense. /MIGUEL REJO.
Redacción
10º Salón do Automóbil
O Lusquiños acollerá tres obradoiros, organizados pola Concellería de Xuventude, para axudar a novos grupos musicais da cidade a abrirse camiño no mundo da música independente. De carácter gratuíto están dirixidos a mozas e mozos de 14 a 35 anos. A finalidade destes obradoiros é que sexan capaces de desenvolverse na escena da música independente, dándolles ferramentas para ter capacidade auto xestora. Serán tres bloques temáticos. A primeira delas, “Autoxestión”, desenvolverase o día 27 deste mes; a segunda sesión, o sábado, 12 de
4 Do 19 ó 21 será o Salón do Vehículo Novo e do 26 ó 28 o de Ocasión, en Expourense. Redacción Todos os concesionarios da provincia de Ourense pertencentes a Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense, A.C.A.U.T.O. participarán como expositores no 10º Salón do Automóbil que se celebrará durante dúas fines de semana seguidas en Expourense. Do 19 ó 21 de outubro terá lugar o Salón do Vehículo Novo, e do 26 ó 28 de outubro o do Vehículo de Ocasión. Trátase de dúas citas que están organziadas de forma conxunta entre Expourense e A.C.A.U.T.O. Todas as marcas aproveitarán a súa presenza nesta cita para presentar os últimos lanzamentos e os vehículos que se van comercializar de cara a campaña do 2019. En
total, participarán 16 empresas representando a 22 marcas que presentarán 30 modelos novos, algúns deles poderán verse en exclusiva por primeira vez en España. Os participantes na presentación coincidiron en indicar a magnífica oportunidade que representan estas citas (por calidade, cantidade, variedade e prezos especiais en feira) para aqueles que buscan un coche novo, ao mesmo tempo que permitirá a renovación do parque móvil da provincia de Ourense, que ten unha media de idade de 12 anos. Como incentivo para animar a os visitantes a axilizar o proceso de decisión, a organización volverá sortear, entre os visitantes que pechen a compra dun automóbil novo ou de ocasión nestas citas,
un cheque regalo por importe de 6.000 euros a descontar do precio de compra do vehículo adquirido. O horario do 10º Salón do Automóbil será os venres 19 e 26 de outubro de 11.00 a 20.30 h.; os sábados 20 e 27 de outubro de 10.00 a 20.30 h., e os domingos 21 e 28 de outubro de 11.00 a 20.00 h. O prezo da entrada son 3 euros por cada salón (menores de ata 12 anos entrada gratuíta). Haberá ademais servizo de ludoteca gratuíto para os visitantes.
Sortearase un cheque de 6.000€ a descontar no prezo do coche adquirido
novembro, centrarase na “Identidade”; e a terceira, o sábado, 1 de decembro será sobre “Comunicación”. As tres sesións serán os sábados pola mañá, de 11 a 13 horas. Inscricións As persoas interesadas poden inscribirse presencialmente (no propio Espazo Lusquinhos mediante o correo electrónico espazolusquinhos@ ourense.es.
Os obradoiros son de carácter gratuíto e están dirixidos a mozas e mozos de 14 a 35 anos
Sala no Espazo Lusquiños. /ARQUIVO.
CIDADE
Barrios 18 de outubro 2018
Actos polo aniversario do mestre Vide 4 Para celebrar os 125 anos desde o seu nacemento. Redacción A Deputación de Ourense colabora, xunto co Concello de Ourense, cos actos impulsados polo músico Óscar Ibáñez para conmemorar o 125 aniversario do nacemento do mestre Vide, para poñer en valor a súa obra e o seu legado cultural. A presentación desta iniciativa tivo lugar no Pazo Provincial, e nese acto o director da Escola Provincial de Gaitas da Deputación, Xosé Lois Foxo, recibiu da familia do mestre Vide unha gaita que Vide trouxo de Cuba en 1932, a cal pasará a formar parte do museo internacional de Cornamusas.
As actividades con motivo do 125 aniversario do nacemento do mestre Vide terán lugar o vindeiro martes, 23 de outubro, cunha ofrenda floral no panteón do Orfeón Unión Orensana aos seus directores, no cemiterio de San Francisco. No acto intervirán a Coral de Ruada, interpretando obras de Vide, e un grupo de gaiteiros da Escola de Gaitas da Deputación, que interpretarán unha muiñeira inédita composta por Vide. Pola tarde terá lugar unha conferencia a cargo do musicólogo Javier Jurado sobre a vida e a obra do homenaxeado, no centro cultural “Marcos Valcárcel”.
Autoridades na presentación das actividades.
As modificacións de crédito chegarían nun pleno extraordinario.
O Goberno busca apoios para modificacións de crédito por 18 millóns 4 Levarase a pleno a proposta. Redacción A Xunta de Goberno aprobou 17 modificacións de crédito por 18,6 millóns de euros. Estas modificacións de crédito terán que ser aprobadas pola maioría do Pleno para poder ser efectivas, nunha sesión plenaria que se convocará nestes días. O PP entregoulles a información co obxecto de cada unha das partidas. Destino O destino de cada partida será: facturas pendentes, 4,5 millóns de euros; convenios con entidades sociais (Cáritas, Afaor, Banco de Alimentos, ADO, TEA,
ATOX, Proxecto Home, Comité Cidadán Anti-Sida e Amencer): 268.564,67 euros; Progape, 52.999 euros; axudas do programa de Emerxencia Social, 174.382 euros; obras de reforma no albergue municipal de animais, 218.962,66 euros; actuacións medioambientais en parques, prazas e zonas verdes, 600.118 euros (en dúas partidas; convenios con entidades veciñais (Limiar e Miño), 30.400 euros; convenios con entidades culturais e educativas (Liceo, Ateneo, Coral de Ruada, Cineclube Padre Feijóo, Federación de Anpas Públicas), 119.108 euros; convenios con entidades comerciais (Centro Comercial Aberto,
Federación de Comercio, Federación de Artesanos, Centro Comercial Aberto Couto Centro, Centro
Comercial Aberto Norte), 39.000 euros; elaboración do Plan de Emerxencias Municipal (PEMU): 72.600 euros; Plan de Investimentos, 9.131.652,55 euros; entidades sociais -Cáritas, Afaor, Banco de Alimentos, ADO, TEA, ATOX, Proxecto Home, Comité Cidadán AntiSida y Amencer- por un importe de 268.564 euros; expropiacións urbanísticas, 1.630.397 euros; adquisicións de edificios, 412.808 euros; e diversas actuacións en vías públicas (obras, pavimentación, reparación), 1.332.150 euros.
Unha modificación, de 9.131.652,55 euros é para o Plan de Investimentos
4 Comisión de seguimento O Goberno Municipal convoca unha comisión de seguimento para avanzar nas modificacións orzamentarias para executar o plan de inversións e obras. Terá lugar no Salón de Plenos este xoves, ás 19,30 horas, e están convocados todos os grupos políticos con representación no Concello, ademais de representantes das asociacións veciñais (Agrupación Miño, Federación Limiar e asocia-
cións non federadas) O concelleiro de Infraestruturas e Medio Ambiente, José Araújo, confirmou que o Grupo de Goberno “convocará todas as reunións que sexan necesarias para sacar adiante importantes proxectos para esta cidade do Plan de Obras e en zonas verdes da cidade”. Esta comisión foi unha demanda do grupo socialista para apoiar a modificación de crédito.
Barrios 18 de outubro 2018
CIDADE / VERÍN E COMARCA
EN BREVE
“Cuestión de respecto” promove a igualdade
4 Rede DTI Ourense intégrase na Rede de Destinos Turísticos Intelixentes, enmarcada no programa de Destinos Turísticos Intelixentes que desenvolve o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, a través da Secretaría de Estado de Turismo, para mellorar a competitividade e sostibilidade dos destinos do noso país.
4 Móvete por Ourense Todo o plan ‘Móvete por Ourense’ está dispoñible en Ourense.gal. Desde o proceso de participación até as conclusións finais. Actualmente a iniciativa está en mans dunha comisión integrada por representantes dos grupos políticos municipais e por técnicos dos diferentes departamentos.
4 Axudas á cultura OUeC require anticipar os prazos na convocatoria de axudas. “Teñen que funcionar para impulsar a creación artística e reconstruir o fervedoiro cultural de Ourense” aseguran desde a formación.
4 Bispo Carrascosa DO denuncia que os xardíns da rúa Bispo Carrascosa desaparecerán para deixar paso a un peirao de carga que dea servizo ao museo. O Proxecto de Rehabilitación Arquitectónica do Museo Arqueolóxico Provincial así o contempla. “A zona axardinada ocupa unha superficie total 160m2 desaparecerá”, aseguran desde DO.
4 É un novo programa do Concello para os centros educativos. José Antonio Álvarez Caride, Jesús Vázquez e Belén Iglesias, na firma do convenio.
Axudas para actividades extraescolares 4 O orzamento estará adicado a comedores escolares e acollida temperá. Redacción O Concello destina máis de 95.000 euros para actividades extraescolares; adicados a comedores escolares e acollida temperá. O pasado 16 de outubro foi firmado o convenio entre Concello e Federación Provincial de Asociacións de Pais e Nais de Alumnos de Centros Públicos de Ouren-
se (FANPA). Deste xeito, subvenciónase o desenvolvemento de programas e actividades educativas extraescolares nos colexios de ensino público de primaria e infantil durante este curso. Os firmantes foron o propio alcalde, Jesús Vázquez, e José Antonio Álvarez Caride, presidente de ANPA, asistindo á sinatura a concelleira de Educación,
O teatro instálase en Verín 4 Cursos e obras de teatro pasarán pola vila. Redacción Verín vístese de teatro neste outono. Varias son as ofertas que os veciños poderán gozar, desde ser
protagonistas a meros espectadores. Os sábados 10, 17 e 24 de novembro, o actor Santiago Cañaveral, en colaboración co Concello de
Belén Iglesias e o oficial maior do Concello en calidade de fedatario. Con este convenio, o Goberno Municipal “quere manter unha cooperación fluida coas asociacións de nais e pais que enriqueza as actividades educativas extraescolares nos centros de ensino público da nosa cidade”, tal e como manifestou o rexedor ourensán.
Verín, oferta tres xornadas matutinas de profesionalización teatral no pavillón dos Deportes. Os alumnos deste curso poderán disfrutar dunha especialización propia e grupal na interpretación escénica. Exercicios de psicomotricidade, interpretación e improvisación; o primeiro día; superación e recoñecemento de muros emocionais e bloqueos mentais, no segundo; e execución de pequenos
Redacción “Cuestión de respecto” é o programa que pon en marcha o Concello para fomentar a igualdade e a diversidade. Desenvolverase en seis centros educativos de Educación Secundaria e formación profesional da cidade que chegará a 250 alumnos. Realizaranse actividades de análise e de reflexión en materia de diversidade para dotar a mozos e mozas participantes de ferramentas para previr situacións de odio e violencia. Cos
coñecementos adquiridos nesta materia, o alumnado preparará unha acción social que terá como obxectivo concienciar á cidadanía ourensá. Na presentación, o alcalde subliñou que “traballamos coa mocidade porque é vital actuar nestas idades para previr a violencia de xénero, así como a homofobia e o racismo, que tamén se teñen detectado en mozos e mozas”. Para levar a cabo esta iniciativa, o Concello conta coa experiencia de APES na xestión de proxectos socioeducativos.
Presentación do programa. monólogos mudos serán o que se aprenderá. O prezo do curso para os tres días é de 60 euros. Entreculturas O auditorio está a acoller a novena edición do Festival de Teatro “Entreculturas” no que participan grupos e compañías de teatro amateur galegos. As representacións que restan son: “Tarde de monólogos”, o 20 de outu-
bro; “M&M e a extraña familia”, 27 de outubro; e “Loucos de atar”, o día 3 de novembro. Todas as actuación darán comezo ás 20.30 horas, e para acceder será necesario realizar unha achega de 5 euros. Asubíos O vindeiro domingo 28 de outubro, ás 18 horas, representarase no auditorio obra “Asubíos”, para público a partir dos 3 anos.
VERÍN E COMARCA
EN BREVE 4 Obradoiro do Cigarrón O Concello de Verín mantén aberto o prazo para o Obradoiro do Cigarrón 2018-2019 ata o 30 de outubro. As clases para realizar a máscara completa serán os luns e martes. No caso de facer só a careta, os luns; para facer só o traxe, os martes. Para participar en todas as actividades, a cota de inscrición é de 95 euros, para unha das dúas é de 75.
4 Emprendemento na Eurocidade Dez mozos galegos e portugueses con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos participan no campo de traballo transfronteirizo Eurocidade 2020. Trátase dunha iniciativa que ten como finalidade promover e estimular o espírito emprendedor galego e portugués. Os obxectivos principais do campo de traballo son crear sinerxías entre os mozos e mozas de Galicia e o Norte de Portugal co fin de que xurdan novas oportunidades na zona transfronteiriza Chaves-Verín.
4 Paneis Verín xa ten operativos os seus cinco primeiros espazos públicos para pegado de cartelería. Están instalados na rúas Lisa, Irmáns Moreno (fronte ao pavillón Municipal), e nas avenidas de Portugal (no cruzamento con rúa Irmáns La Salle e fronte ao IES Xesús Taboada Chivite) e na de Laza (no cruzamento coa rúa Rosalía de Castro).
Presentación do cartel ilustrador do III FIC de Verín.
O FIC Vía XIV de Verín recibe 1.261 curtas 4 Chegadas dos cinco continentes. Redacción A terceira edición do Festival Internacional de Curtas Vía XIV de Verín (FIC) recibe un total de 1.261 curtas procedentes de 55 países (España, Portugal, Brasil, Arxentina, Colombia, Perú, Ve-
Os que queiran participar como voluntarios deberán inscribirse na web www. ficviaxiv.com
nezuela, Sudáfrica, India, China, Japón, Corea do Sur, Australia, Tailandia ou Taiwán, entre moitos outros) dos cinco continentes. Todos eles optan a participar no festival deste ano que terá lugar do 1 ao 9 de decembro. O prazo de presentación dos traballos expirou o pasado xoves, día 11, e nos próximos días o equipo organizador do festival encargarase de seleccionar aquelas curtas que mellor encaixen nas catro categorías do certame: Outra Mirada, Horizontes, A Raia e Nova. Desde a organización
Voluntarios da pasada edición do FIC.
agardan que a calidade dos traballos sexa igual ou superior á das dúas primeiras edicións; algúns dos traballos foron distinguidos en diferentes certames como os Goya ou Sundace ou seleccionadas para os carteis oficiais de festivais de recoñecido prestixio internacional tales como San Sebastián, Toronto, Rotterdam ou o New York Film Festival. Cartel Este ano o cartel ilustrador é obra de Aurora López Pérez, natural de Albarellos, en Monterrei. “Quixen involucrar ao que mira, ao que desfruta do cinema, cunha mirada que é global e que é feminina, porque neste 2018, no Ano das Mulleres, non podería ser doutro xeito”, afirma a autora do cartel. Voluntarios O certame contará novamente con voluntarios para esta terceira edición.
Barrios 18 de outubro 2018
Todos aqueles que desexen cooperar na organización do certame de curtas poden inscribirse de xeito doado a través da web do festival (ficviaxiv. com), cumprimentado un formulario específico que pode baixarse na pestaña voluntarios. Xunto a isto, está previsto que a Asociación Cultural Audiovisual Vía XV, encargada de organizar o FIC, asine un novo convenio coa Universidade de Santiago de Compostela para contar con estudantes de Xornalismo e Co-
O cartel ilustrador é obra de Aurora López Pérez, natural de Albarellos, en Monterrei municación Audiovisual interesados en participar na posta en marcha do festival que xa ten acadado a categoría de internacional; estes realizarán tarefas de prensa, xestión de redes sociais, realización e produción audiovisual.
4 Programa piloto Estudantes de secundaria do IES Xesús Taboada Chivite e do IES Castro de Baronceli coñecerán as claves de produción dunha curtametraxe. Será no marco dunha iniciativa piloto que promoven os organizadores do FIC Vía XIV. Segundo sinala o director do certame, Carlos Montero, “o obxectivo final é que os mozos e mozas poidan elaborar por grupos unha proposta orixinal de curtametraxe”. Montero apunta tamén que “os mellores traballos poderán ser exhibidos en futuras edi-
cións do Festival”. Mediante masterclass específicas aprenderán nocións sobre guión, narrativa audiovisual, rodaxe, preprodución e posprodución de curtametraxes. As clases desenvolveranse durante os meses de outubro e novembro. Un total de 35 alumnos de 3º e 4º da ESO participarán na iniciativa con “moito entusiasmo” e “ilusión”, segundo apuntaba Marta Acitores, profesora de Educación Plástica, Visual e Audiovisual no IES Castro de Baronceli.
Presentación do programa piloto onde os alumnos aprenderán a realizar unha curta.
Barrios 18 de outubro 2018
VERÍN E COMARCA
Titoría e atención individualizada dos estudantes no IES García Barbón Un centro pequeno con grupos reducidos ten a posibilidade de realizar actividades de titoría e atención individualizada dos seus estudantes. Tal pretensión é unha realidade no IES García Barbón e depende dun intenso traballo colaborativo do titor/a do grupo e do apoio continuado ao longo do curso do Departamento de Orientación. A titoría individualizada que se leva adiante –entre outras finalidades- permite establecer un diálogo co adolescente no que se plantexan as súas responsabilidades académicas, as súas posibles dificultades, os seus intentos de solución e se procura chegar a acordos
Exposicións Redacción Ata o 14 de novembro, a Sala de Exposicións de Verín acollerá as mostras fotográficas “EXPOpotiños 2017”, da Asociación Fotográfica O Potiños, e “María”, de Manolo Celta & Pat Celta. “EXPOpotiños 2017” está formada por vinte maneiras diferentes de ver o que hai ou pode haber, dentro do cerebro e fóra da cámara, para expresar, como reto, cunha soa imaxe fotográfica o que máis lle impacto ao longo do pasado ano ás persoas que integran a Asociación Fotográfica O Potiños de Carballiño. Pola súa banda, Manolo Celta & Pat Celta preséntannos unha colección de vinte fotografías a todo cor en formato 40 x 70 cm, que teñen a unha muller, María, como única protagonista da serie.
que tendan a mellorar a súa situación académica. Complementariamente, a titoría individualizada permite facer un segumento xeral da evolución do estudante e facilita o coñecemento das súas opinións e problemas de maneira efectiva. A tarefa titorial individualizada comeza a súa actividade no primeiro trimestre tendo en conta os datos da avaliación inicial -ciclos formativos de Formación Profesional- e das enquisas que se facilitan ao alumnado de Bacharelato –orientación profesional e hábitos e técnicas de estudo-. A partir desta primeira fase de recolleita de información artellamos
os momentos de titoría individualizada que leva adiante o Departamento de Orientación. A imprescindible colaboración das familias O traballo de titoría individualizada e o seguemento ao longo do curso vai ser pouco efectivo se non contamos coa imprescindible colaboración das familias do alumnado. Facendo énfase nisto, xa que a colaboración das familias é unha parte absolutamente necesaria da formación plena dos estudantes. Por iso, pedimos ás familias que soliciten cita previa no teléfono do centro (988685085) para falar co titor/a ou con cal-
O PP de Verín denuncia a perda dunha subvención 4 O Goberno di que é un erro administrativo. Redacción
facelo fóra de prazo”.
O Partido Popular de Verín denuncia a perda dunha subvención por parte do Concello que ascende a 380.000 euros para a rehabilitación de vivendas no casco histórico. Ademais, o portavoz popular, Jiménez Morán, advirte que xa se perdera parte dunha axuda en 2015 duns 100.000 euros. O popular acusa ao alcalde, Gerardo Seoane, e o tenente de alcalde, Diego Lourenzo, de “esquecerse de pedir devandita subvención e
Resposta Pola súa banda, Seoane achacouno a un erro administrativo que tentan subsanar cun recurso de alzado, crendo que non se perderá a axuda. Porén o rexedor asegurou que, debido aos requisitos, apenas ten aplicación.
Jiménez Morán.
quera outro profesor/a. A colaboración entre o centro e as familias vai ser de moita axuda para acadar o éxito académico dos seus fillos e fillas. Os pais e nais teñen que axudar e animar aos seus fillos e fillas para que se podan enfrontar con decisión e boa disposición os seus estudos. É necesario insistir nos catro aspectos que falamos na reunión de principio de curso As iniciais da palabra (T.A.P.A):
1.- Tempo (sen tempo non hai aprendizaxe. É necesario planificar e organizar o tempo de estudo diario). 2.- Atención (constitúe unha condición básica para aprender). 3.- Perseverancia (dicía Séneca que “as dificultades fortalecen a mente”. Debemos ser insistentes e confiar nas nosas habilidades, nunca “tirar a toalla”) e 4.- Actitude positiva e disciplinada –facer o que teño que facer, cando
A titoría individualizada permite establecer un diálogo co adolescente teño que facelo, me guste ou non me guste-. En todo caso, lembrade tamén que a T.A.P.A é de PA.BO (sempre se estuda con Papel e BOlígrafo).
Charla impartida por Álvaro Plata, antigo alumno a estudantes de 1º curso de Ciclo Superior de Administración e Finanzas.
EMPRESA
Barrios 18 de outubro 2018
Aumentan as exportacións en Galicia 4 Nos primeiros sete meses do ano medraron un 9,9%. Redacción A comunidade galega está de noraboa no que se refire ás súas exportacións. O seu crecemento nos seis primeiros meses de ano (de xaneiro a xullo) é notable. Devanditas exportacións medraron preto do 10% (9,9% para ser exactos). Un dato que contrasta coa media estatal, situada no 3,8%. Os números falan de que Galicia é a terceira comunidade na que máis medran as exportacións no que vai de 2018. Continúa batendo récords este ano (tras superar a barreira dos 21.000 millóns de euros en 2017) grazas a un superávit comercial de 2.420,7 millóns de euros. Nestes sete meses é a terceira mellor balanza comercial en termos absolutos e no mes de xullo conseguiuse incrementar as vendas ao exterior nun 28,7% con respecto ao mesmo período do ano pasado, fronte ao 9,8% do conxunto do Estado.
Galicia é a terceira comunidade en aumento de exportacións
Visita de prescriptores procedentes de Francia e Suiza para o sector da pizarra, celebrada no marco dunha misión inversa organizada pola Confederación de Empresarios de Ourense (CEO). Galicia ten un importante peso no conxunto do Estado debido a esta tendencia positiva das exportacións; suma un 8% do total das vendas ao exterior desde España. Os factores clave para lograr estas cifras na evolución de sectores estrátexicos para a economía son: as máquinas e o material eléctrico, cun incremento do 29,1%
no que vai de ano; a industria metalúrxica, cun 20%; a automoción, cun 14,1%; a madeira e as súas manufacturas, cun 11,1%; ou o téxtil, cun incremento do 7,4%. Os mellores comportamento das exportacións están nos mercados dos países do Mercosur, cun incremento do 29,1% no que vai de ano; Bélxica, cun
32,1%; Polonia, cun 15%; Reino Unido, cun 6%; Xapón, cun 5,8% ou Portugal, cun 3,4%. Sen dúbida, Galicia está a vivir o seu mellor ciclo exportador grazas á aposta das empresas pola innovación e a calidade que fan chegar a novos mercados. Esta aposta fixo que se lograra que os últimos cinco anos sexan os de maiores vendas ao exterior da nosa historia. Apoio A cooperación da Xunta de Galicia é vital para seguir avanzando neste camiño. Por elo, o ente autonómico, continúa a apoiar ás empresas a través da Estratexia de Internacionalización da Empresa Galega. O obxectivo da mesma é que as exportacións representen nese horizonte o 40% do PIB (no 2017 xa acadaron o 36%) ou incrementar a base de empresas expor-
tadoras que, actualmente, é de 6.722, das que 2.400 fano con regularidade –é dicir, desde os últimos 4 anos–. Unha das actividades que se promoven para impulsar a saída ao exterior do tecido empresarial galego é o programa Galicia Exporta, que conta cun orzamento de 6,5 millóns de euros e cobre ata o 70% dos investimentos que comporta a actividade exportadora. Neste momento dá apoio directo a máis de 300 empresas galegas con plans comerciais no exterior. Outra iniciativa destacada é o programa Bolseiros de Internacionalización, unha das iniciativas pioneiras posta en marcha polo Igape trala súa creación hai 25 anos. O programa ten beneficiado a un total de 295 persoas, ás que este ano se suman outras 33. Os bolseiros colaboran no desenvolvemento de proxectos de internacionalización das pemes galegas, achegando os seus coñecementos ao tempo que reforzan a súa formación práctica. Ademais, esta medida contribúe á capacitación profesional de novos titulados para consolidar o proceso de internacionalización de empresas e para facilitar o seu acceso ao mercado laboral. Foexga Outra peza fundamental
para o impulso da internacionalización das empresas galegas, por parte da Administración, é o Plan de Fomento das exportacións galegas (Foexga), mediante o cal a Xunta apoiou o ano pasado a internacionalización de case 200 empresas que participaron en máis de 300 accións promocionais en 36 países. Entre os sectores que están a abrir novos mercados co apoio do Foexga destacan o agroalimentario, seguido do metal e a maquinaria. A Xunta pretende impulsar este ano a internacionalización de outras 300 firmas, facilitando a súa presenza en feiras internacionais ou a súa participación en misións comerciais no estranxeiro. A colaboración do Plan Foexga é estreita coas Cámaras de Comercio galegas. Estas son as encargadas de coordinar as accións internacionais centradas en incrementar as exportacións cara a países como Alemaña, China, Brasil, Estados Unidos, México, Perú, Reino Unido, Chile, Francia, Italia, Rusia ou Xapón, entre outros mercados de interese para o tecido empresarial.
O Plan Foexga apoiou o ano pasado a case 200 empresas que participaron en máis de 300 accións promocionais en 36 países
A Xunta continúa a apoiar ás empresas a través da Estratexia de
Internacionalización Misión inversa de Japón celebrada en maio de 2017 en Ourense.
da Empresa Galega
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Franciso Conde, visitando as instalacións de Egatel, no Parque Tecnolóxico de Galicia en Ourense.
Barrios 18 de outubro 2018
especial SALÓN DO AUTOMÓBIL
Santi Garza López, director de Marketing en Garza
Novidades de Garza no Salón 4 Santi Garza descóbrenos os novos modelos Mercedes. Redacción Antes de que comece o Salón do Automóbil esta fin de semana en Expourense, Santiago Garza, director de Marketing de Garza Automoción, concesionario Mercedes na provincia de Ourense, adiántanos o que a marca ofertará aos visitantes da mostra. Que novidades poderemos atopar no stand de Garza? Santiago Garza: “Contaremos cunha caseta duns 400 metros cadrados, na que haberá unha representación da gama actual de turismos de MercedesBenz, na que contaremos con vehículos compactos, SUV´s, berlinas, monovo-
lúmenes, familiares... O número de unidades que exporemos no Salón roldará as 15. As tres novidades que teremos no Salón serán as novas xeracións da Clase A, da Clase C e o novo CLS. A novo Clase A corresponde á cuarta xeración deste modelo, e á segunda da nova xeración de compactos da marca. Este novo modelo crece en todos os sentidos con respecto ao seu antecesor incorporando máis equipamento tecnolóxico e de seguridade, máis espazo tanto de carga como para os ocupantes, ademais de ser o primeiro modelo da marca en estrear o sistema multimedia de última xeración MBUX (Merce-
des-Benz User Experience) que conta con intelixencia artificial, control por voz, realidade aumentada, e que se converterá no estándar da marca para os seus próximos lanzamentos. Tamén contaremos coa última xeración da Clase C, que se renova en todas as súas variantes, berlina, coupé, cabrio e familiar, con melloras en equipamento, motores máis eficientes e novos deseños tanto interior como exterior. Por último, contaremos coa terceira xeración do CLS de Mercedes-Benz, o vehículo que no seu nacemento foi aclamado pola prensa especializada e que deu lugar ao nacemento dunha nova categoría de vehículos, o coupé de 4 portas. Nesta nova versión do CLS atopámonos cun modelo totalmente redeseñado que se adapta aos novos estándares de deseño de Mercedes-Benz, un vehículo que ademais de contar cos últimos avances en deseño, tecnoloxía e seguridade, estreará a nova xeración de motores diésel de Mercedes-Benz, que reducen o consumo e as emisións contaminantes a niveis até agora impensables. Para facerse unha
Mercedes-Benz presentará en Expourense as novas xeracións da Clase A, Clase C e o novo CLS
idea, as emisións reais de NOX dun CLS350d son de 13 gramos por quilómetro percorrido, estas emisións son 12 veces inferiores ás autorizadas para calquera vehículo matriculado a partir de setembro de 2019”. Nuevo Clase A O novo Mercedes Clase A facilítalle a condución, especialmente en situacións de tensións como as horas punta, durante viaxes nocturnas ou ao circular por estradas descoñecidas. Isto débese a un concepto que fai calquera desprazamento nun Mercedes-Benz máis seguro, e convérteo nunha vivencia moi especial: Mercedes-Benz Intelligent Drive. A nova Clase A é máis intelixente que nunca. Non deixa nunca de aprender e, sobre todo, cada día coñece algo mellor ao seu condutor. É capaz de lembrar as túas cancións preferidas e o camiño que adoitas elixir para ir traballar. En consecuencia, sintoniza automaticamente a emisora adecuada de radio, ou propón unha vía alternativa, máis rápida, se hai unha retención na ruta habitual. O habitáculo da nova Clase A parece abrazar aos ocupantes. As transicións entre o taboleiro de instrumentos, a consola central e os revestimentos das portas son case imperceptibles, xerando o agradable efecto envolvente. Este concepto é tan singular nesta categoría de vehículos como o mostrario de elementos de adorno e a iluminación
Garza ofrece descontos e atractivas financiacións para os que merquen durante o Salón indirecta, que resalta a calidade do interior. Por iso, o maleteiro da nova Clase A ofrece máis espazo que nunca. Expresado en cifras, é 110 mm máis longo e 225 mm máis ancho, e o seu volume é 29 litros maior que o do seu antecesor. Que significa isto á hora de transportar obxectos voluminosos? Seis caixas con botellas de refrescos, dúas bolsas de golf superpuestas ou un cochiño para nenos, por exemplo. Novo CLS O CLS marcou unha época no deseño automobilístico, e agora volve facelo. O frontal inclinado cara adiante, os faros de perfil extremadamente plano e a grella deportiva abren un
novo capítulo na súa historia de éxitos. As súas formas destilan deportividade. Os detalles dan testemuño: xa sexa a liña de cintura alta e tensa, as ventanas laterais extremadamente baixas, as luces traseiras divididas en dous elementos ou os ombreiros anchos. O novo CLS mostra en cada centímetro a sensualidade dun corpo atlético. No exterior, a Edition 1 baséase na liña AMG Line Exterior. Os elementos máis destacados específicos da Edition son a grella de efecto diamante con pasadores e aplique en cromo mate e as llantas de aleación AMG de 20 polgadas en deseño multirradio, cor negra brillante e pestana puída a alto brillo. Os faros Multibeam Led garanten a mellor visibilidade e seguridade. Deportividade e confort con só pulsar un botón: coas opcións do tren de rodaxe adaptativo Dynamic Body Control e Air Body Control, o novo CLS ofrece unha forma exclusiva de viaxar.
O Mercedes CLS destaca polo seu deseño deportivo.
SALÓN DO AUTOMÓBIL especial
Barrios 18 de outubro 2018
Campaña 48 horas Peugeot 4 A marca ofrece grandes descontos no Salón do Automóbil e no seu concesionario. Redacción A PSA Retail Orense non lle chega trasladar o seu concesionario ás instalacións de Expourense para unha nova edición do Salón do Automobil para que podas elexir entre toda a gama dos modelos da marca francesa. Ademais, vai incluir unha campaña para que podas beneficiarte de incribles descontos e de unha financiación con moi baixos tipos de interese. Trátase da “Campaña 48 horas Peugeot”. Se tes ideas de mercar un coche novo, grazas a esta nova campaña de Peugeot poderás ter ata 6900 euros de desconto no teu coche
novo. E se o financias súmalle o baixo tipo de interese do que te poderás beneficiar. Pero a campaña non queda só no Salón de Expourense. No concesionario oficial Peugeot, en Seixalbo, tamén hai esta “Campaña 48 horas Peugeot”, ademais de para vehículos novos, tamén para usados e post venda. Se desexas cambiar de coche aproveita esta campaña con grandes descontos e baixos tipo de interese que che ofrece PSA Retail Orense, pero lembra, só entre os días 18 e 21, tanto no Salón do Automóbil coma no concesionario.
Concesionario PSA Retail Orense, en Seixalbo.
Imaxe do novo Peugeot 508 no que se aprecian as súas liñas depuradas e agresivas.
Presentación en primicia do novo Peugeot 508 en España 4 Tralo Salón de París, en Expourense será a primeira vez que se verá no noso país. Redacción O concesionario PSA Retail Orense terá a honra de acoller a presentación por primeira vez en España do novo Peugeot 508. Será esta fin de semana no Salón do Automóbil en Expourense. Podemos adiantar co interior do novo Peugeot 508 é unha invitación a unha viaxe en primeira clase. A elección e a calidade dos materiais, tanto en adornos como en tapicería, e o coidado que se puxo no seu acabado conxúganse para mergullar aos ocupantes
nun ambiente acolledor, moderno e refinado, propio do mundo das berlinas de luxo. Esta excelencia tamén se traduce na profusión de equipamentos ligados ao confort e á seguridade. Omnipresente, hai algunhas décadas, no interior dos automóbiles máis luxosos, a madeira de zebrano caracterízase pola súa densidade e a súa resistencia, unhas propiedades que a converteron nun material moi apreciado por ebanistas, deseñadores, lutieres, decoradores e carpinteiros. Coa súa silueta baixa e dinámica, o seu frontal agresivo e o seu estilo po-
deroso e aceirado, a nova berlina de gama superior Peugeot 508 inaugura unha nova era de deportividade e elegancia. As seus liñas esculpidas, a súa sofisticada calandra e a súa nova firma luminosa reforzan o seu carácter distinguido, atrevido e innovador. Perfección O coñecemento investido no deseño púxose ao servizo dunha estética e unha calidade sen concesións. O equilibrio das proporcións, as portas sen marco, os acabados e as unións traballáronse con precisión para que cada detalle contribúa
á suma de elegancia e perfección. Navega nun posto de condución áxil e visionario, co seu volante compacto, o seu Head-up Display e a súa pantalla táctil capacitiva de 25,4 cm (10’’) HDi. Goza da comodidade dos asentos, as masaxes multipunto e o son de alta fidelidade Focal, que ofrece o pracer dun son puro que contribúe a xerar unhas sensacións de condución inéditas. Grazas á eficiencia dos seus motores 6.2 PureTech ou BlueHDi e a súa caixa de cambios automática de 8 velocidades EAT8, o novo Peugeot 508 combina potencia cunhas baixas emisións de CO2. Motores O novo 508 conta con motores PureTech e BlueHDii de última xeración 6.c. En gasolina, hai dúas versións dispoñibles desenvolvidas a partir do motor 1.6L PureTech. En canto aos diésel, hai catro versións desenvolvidas a partir dos motores 1.5L e 2.0L BlueHDi. A nova caixa de cambios automática EAT8, tan sobria como unha manual, permite cambios rápidos e fluídos grazas á nova tecnoloxía Shift and Park by wirei e ás levas do volante. O novo Peugeot 508 tamén pode equiparse con caixa de cambios manual de 6 velocidades BMV6, asociada ao motor BlueHDi 130.
10
Barrios 18 de outubro 2018
especial SALÓN DO AUTOMÓBIL
Nova ITV Redacción Os condutores que desde o 21 de maio pasasen a ITV aos seus vehículos atopáronse algunhas novidades. As novidades chegan da man dun real decreto que entrou en vigor o pasado 20 de maio e que, entre outras cousas, permite elixir a estación onde pasar a ITV á segunda e adiantar a ITV sen cambiar a data da seguinte inspección. A nova norma inclúe tamén novos métodos de control de emisións contaminantes e dos sistemas electrónicos de seguridade. Os cambios serán graduais, non influirán no prezo que o condutor paga pola inspección, e non deben xerar máis preocupación. Unha das grandes novidades desta nova ITV é o control de emisións (gases contaminantes) mediante un equipo de diagnóstico a bordo. A proba é complementaria ao control de gases que se fai mediante a sonda no tubo de escape nos vehículos dotados con toma OBD (diagnóstico de a bordo). Desde o 21 de maio realízase esta proba aos vehículos diésel e gasolina dependentes da normativa de emisións Euro 5 e 6, é dicir, os matriculados a partir de 2011 (e aos vehículos pesados Euro VIN - desde 2015). Os vehículos suxeitos a normativas anteriores seguirán sendo sometidos só ao control a través do tubo de escape.
Víctor Ameijeiras, xefe de vendas de Bétula Cars Citröen, coa nova Berlingo. /M. REJO.
Nova Citröen Berlingo 4 No concesionario Bétula Cars Citröen xa podes atopala. Redacción A nova Citroën Berlingo innova coa súa morfoloxía robusta e valorizante. Moderna e lúdica, dispón de dúas lonxitudes: a talla M de 4,40 m. e a nova talla XL de 4,75 m. As dúas poden transportar 5 ou 7 pasaxeiros. a Talla XL aumenta 35 cm. sobre a Talla M grazas á súa distancia entre eixos e
Conta con dúas lonxitudes, que poden transportar a 5 ou 7 pasaxeiros
ao seu voladizo traseiro. No frontal, a nova Berlingo distínguese polas súas liñas fortes: un capó máis alto e curto, un frontal de forte identidade alargado que integra a firma luminosa de dúas alturas e un parabrisas avanzado que achega máis espazo e luminosidade. Dispón, así mesmo, de barras de teito e proteccións con Airbumps que acentúan a súa robustez e protexen a carrozaría. Combinacións A nova Berlingo ofrece unha ampla paleta de cores exteriores: Area, Aqua Green, Gris Artense, Gris Platino, Negro Onyx, Deep
Blue, Vermello Ardent e Branco Banquise. Unha firma colorida reforzada polos Packs Cor e con detalles puntuais en branco ou laranxa, ao redor dos antinéboas e nos embelecedores laterais. A nova citroën Berlingo destaca polo seu interior de a bordo, de liñas depuradas con múltiples ocos portaobxetos. O habitáculo ofrece unha posición de condución elevada. O ambiente XTR distínguese polo seu tecido Mica Green que integra ao nivel dos respaldos unha banda de cor laranxa. Confort A nova Berlingo parti-
cipa no programa Citroën Advanced Confort. Propón unha calidade de marcha óptima, facendo de cada viaxe un momento de pracer polo confort dos seus asentos, as súas suspensións e o tratamento acústico de alto nivel. Tamén dispón dun habitáculo luminoso, grazas á súa gran superficie acristalada en 360°. Ademais dispón dun gran teito de cristal panorámico, con cortiniña eléctrica. Os asentos traseiros son abatibles por separado ou en conxunto, adáptanse perfectamente á configuración desexada. Permiten obter un chan plano. A nova Berlingo pode ofrecer, abatendo (chan plano) o asento do pasaxeiro dianteiro, até 4.000 litros de volume e máis de 3 metros de lonxitude de carga na Talla XL. Ademais, atrás a bandexa oculta equipaxes dispón de 2 posicións: a posición alta, clásica, e a intermedia que permite compartimentar o maleteiro. Soporta unha carga de 25 kg e se accede a ela con facilidade a través da luneta traseira abrible. A bandexa gardase tras os asentos da segunda fila. Tecnoloxía A nova Berlingo combina un conxunto de tecnoloxías modernas e útiles no día a día. Dispón da mellor tecnoloxía para garantir un alto nivel de seguridade e unha condución tranquila con total seguridade grazas ás súas 19 axudas á condución como a alerta activa de cambio involuntario de
Tamén poderás atopala en Expourense con interesantes ofertas carril, alerta de atención do condutor, sistema de vixilancia do ángulo morto, recoñecemento dos sinais de velocidade, freada automática de urxencia, cámara de visión traseira con Top Rear Vision. Ademais, conta con pantalla táctil e 4 tecnoloxías de conectividade: Mirror Screen, Citroën Connect Nav, Citroën Connect Box e recarga inalámbrica do teu smartphone. Motor A nova Berlingo benefíciase dun comportamento dinámico grazas á nova plataforma e as novas motorizaciones de última xeración eficientes en termos de consumo e emisións de CO2. Presenta motores gasolina e diésel adaptados a todos os usos, tanto urbano como extraurbano. As motorizacións ofrecen prestacións de primeira orde respectando o medio ambiente. Incorpora, así mesmo, unha caixa de cambios automática de 8 velocidades, para un confort de marcha óptimo. En gasolina, a gama PureTech: 1.2 PureTech S&S 110 6 velocidades (81 KW) ou 130 (96 KW) 8 velocidades automática (EAT8) (proximamente). En diésel, a gama BlueHDi 1.5 BlueHDi 75 (56 kW) ou 100 (75 KW) ou 130 (96 KW) S&S 6 velocidades.
SALÓN DO AUTOMÓBIL especial
cluíndo a lonxitude e a altura. Para a parte posterior existe a posibilidade de montar tres asentos individuais con regulación longitudinal. Cos respaldos dos asentos posteriores abatidos, o maleteiro alcanza un volume de 1.755 litros.
O impresionante frontal do novo Audi Q8 é un dos seus atractivos exteriores.
Novo Audi Q8: elegancia, versatilidade e potencia 4 Apersa fará a presentación deste novo modelo de Audi no Salón, en Expourense. Redacción Se te achegas a Apersa, no polígono Barreiros, descubrirás o novo membro da familia Audi, e que vén a ampliar a gama dos Q: o Audi Q8. O novo Audi Q8 combina a elegancia dun coupé de luxo de catro portas e
a versatilidade propia dun SUV de gran tamaño. Amplamente conectado, cun completo equipamento e preparado para a esixencia que supón poder rodar fóra do asfalto. O novo modelo da familia Q está equipado cun potente e eficiente motor 3.0 TDI que rende unha poten-
cia de 210 kW (286 CV). O novo SUV é máis ancho, máis curto e máis baixo que o seu irmán, o Audi Q7. Cunha distancia entre eixos de case 3 metros, ofrece un xeneroso espazo cun habitáculo que mellora ao dos seus rivais máis directos nas dimensións máis relevantes, in-
Deseño exterior A ancha grella en posición vertical, xunto co spoiler que se inclina cara a parte dianteira e as grandes entradas de aire, resaltan o aspecto agresivo do frontal. Numerosos detalles lembran ao deseño do Audi Quattro orixinal. Os poderosos contornos e as superficies tensas transmiten sensación de potencia, sofisticación e o dinamismo característico da tracción permanente ao catro rodas. O spoiler, as molduras dos pasos de roda e das
O novo SUV é máis ancho, máis curto e máis baixo que o seu irmán, o Audi Q7
Barrios 18 de outubro 2018
portas, así como o difusor están acabados nunha cor de contraste, para acentuar aínda máis o aspecto de todoterreo. Suspensión e tracción Audi ofrece opcionalmente a suspensión neumática adaptativa con axuste de confort ou deportivo, que pode variar a altura da carrozaría dependendo da situación de condución e das preferencias do condutor até en 90 mm. Ademais da dirección progresiva de serie, que se volve máis directa canto máis se vira o volante, Audi ofrece como opción o eixo traseiro direccional, que a baixa velocidade permite un ángulo de xiro nas rodas traseiras de até 5 graos en dirección contraria ás dianteiras, para mellorar así a axilidade. A velocidades elevadas, as rodas do eixo posterior viran no mesmo sentido que as dianteiras, para aumentar a estabilidade. Potencia Este SUV coupé lanzarase no mercado europeo coa versión Q8 50 TDI. O po-
11
tente motor 3.0 TDI entrega unha potencia máxima de 210 kW (286 CV) e desenvolve un par máximo de 600 Nm. O Audi Q8 acelera de 0 a 100 km/h en 6,3 segundos, e alcanza unha velocidade máxima de 245 km/h. Un rápido e á vez suave cambio tiptronic de oito velocidades transmite a potencia á tracción quattro. Dúas versións adicionais engadiranse á gama o próximo ano: o Q8 45 TDI cun V6 diésel de 170 kW (231 CV) e o Q8 55 TFSI, co motor 3.0 de gasolina de 250 kW (340 CV). Deseño interior O elemento central é a pantalla superior do MMI touch response. Coa súa aparencia black panel, convértese nunha superficie ampla e elegantemente escura cando o sistema está apagado. As opcións inclúen asentos con función de masaxe e ventilación, climatizador de catro zonas e o paquete air quality con ionizador e fragrancias para mellorar o elegante ambiente que se respira no interior.
12
Barrios 18 de outubro 2018
PROVINCIA
Coworking Ourense Redacción A terceira convocatoria do espazo coworking Ourense, “Xornada Demoday”, que organizan a Deputación de Ourense e Escola de Organización Industrial (EOI), presentou en “La Molinera” 20 proxectos. Manuel Baltar destacou que o éxito destas iniciativas emprendedoras “contribúe a facer Ourense”, e agradeceu aos participantes, ao Concello e á EOI “a implicación para que a nosa provincia sexa referente de promoción de emprego e emprendemento”.
O presidente da Deputación na presentacion.
Miguel Anzxo Fernández, Manuel Baltar e Carmen Leyte, na presentación do convenio de colaboración.
A Deputación presenta o OUFF 4 Terá lugar do 29 de novembro ao 5 de decembro. R.T. A 23ª edición do Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF) terá lugar do 29 de novembro ao 5 de decembro, da man da Deputación Provincial de Ourense, despois de que o Concello anunciara que non se podía facer cargo neste ano. O presidente provin-
cial, Manuel Baltar, e a presidenta da Fundación Carlos Velo, Carmen Leyte, asinaron o protocolo de colaboración para a organización desta nova edición festival. Miguel Anxo Fernández, vicepresidente da Fundación Carlos Velo será o coordinador artístico, e o asesor de Cultura da Deputación, Aurelio Gómez Villar, o coordinador técnico.
Esta 23 edición é froito da cooperación entre a Deputación, o Concello de Ourense –que cede a marca do certame- e a Xunta de Galicia –que colabora economicamente-. Baltar expresou que desde o minuto un a Deputación “se puxo a disposición do Concello para poder organizar o Festival”, e tivo tamén palabras de agradecemento para a Fundación Carlos Velo, “implicada ao máximo con este proxecto, o que permitirá levar ao Festival máis aló dos días de celebración do evento, para que teña presenza non só na capital ourensá senón tamén noutros concellos da provincia”.
A Deputación e a Fundación Carlos Velo asinaron un convenio para organizar o festival
Baltar participa no Día do Patrimonio Europeo 4 Reuníuse co comisario europeo de Cultura, Navracsics. Redacción O presidente da Deputación de Ourense e vicepresidente da Asociación de Cidades Termais Históricas de Europa (EHTTA) dixo en Budapest, na celebración do Día do Patrimonio Europeo, que proclamar o 12 de outubro como “Día europeo do patrimonio termal”, “será un impulso para afianzar ao noso termalismo na canle internacional do turismo de natureza e saúde”. No encontro entre Baltar e Navracsis, comisario europeo de Cultura, analizaron temas de colaboración e falaron da importancia que para os territorios provinciais ten
Navracsics e Baltar. o novo marco financeiro plurianual 2021-2027, polo que supón de incremento da competitividade, na liña do avanzado por Baltar ao presidente da Comisión Europea, Jean Claude Juncker, na reunión que mantiveron días pasados en Bruxelas.
DEPORTES
O COB buscará a terceira ante o Oviedo no Pazo 4 Na cuarta xornada. R.T. O Club Ourense Baloncesto superou a primeira semana da LEB Ouro con nota. En 10 días xogou tres partidos (dous deles como visitante con viaxe en autobús a Granada e Barcelona incluídos) dos que dous remataron en triunfo. Trala primeira derrota contra o Granada os ouren-
Encontro Barça B-COB.
sáns venceron na casa ante Canoe e lonxe do Pazo ao FC Barcelona. Un gran comezo para os homes de Gonzalo García de Vitoria, que queren continuar a racha este mesmo sábado (ás 19 horas) no Pazo Paco Paz contra Oviedo. Rival O partido terá o aliciente de recibir a un Oviedo que ten nas súas filas a Roope Ahonen, un dos estandartes do COB do ano pasado. Tamén nas filas ovetenses estará o ex cobista Fran Cárdenas. Os asturianos contan cunha vitoria e dúas derrotas e veñen de perder contra o Palencia.
Boa dinámica en Terceira División 4 Os catro ourensáns lograron bos resultados. R. Torres Continúa a boa dinámica de Barco, UD Ourense, Arenteiro e Ourense CF na Terceira división. A pasada fin de semana Barco e UD Ourense (fronte Alondras e Paiosaco, respectivamente) lograron folgadas vitorias, mentres que Arenteiro e Ourense CF empataron a un tanto no derbi. Os dous primeiros están en zona de promoción (valdeorreses, terceiros; e unionistas, cuartos), Arenteiro é sétimo e os albinegros están en postos de descenso, pero levan dúas xornadas sen perder. Esta fin de semana o Ourense CF recibe ao
Laracha e Barco, UD Ourense e Arenteiro visitan a Silva, Compostela e Polvorín. Preferente Na Preferente, o Barbadás cedeu o liderato ao perder co Beluso (2-1); o Bande caeu goleado no campo do Estradense (4-0); e o derbi entre Antela e Velle saldouse con vitoria dos segundos (1-2), deixando aos limiáns nunha delicada situación. Para esta xornada chega outro derbi co Barbadás - Velle. E Bande e Antela buscarán saír da mala dinámica diante de Vilalonga e Alertanavia.
Derrota de Sala Ourense Redacción De nada serviu o gol a favor de Adrián no minuto catro. O Guardo saiu dos Remedios cos tres puntos. O 1-0 estivo no marcador ata o último minuto da primeira metade, cando os visitantes lograron o empate. Aos dous minutos da reanudación o Sala Ourense
vía como o rival se poñía por diante e tres minutos despois facía o 1-3. No ecuador do segundo tempo a diferenza facíase insalvable co cuarto dos visitantes. Tizón para o Ourense e Óscar para o Guardo deixaban o luminosos no definitivo 2-5. O vindeiro encontro levaraos ata A Coruña para enfrontarse ao Ventorrillo. Feminino O Ourense Envialia non
Barrios 18 de outubro 2018
pasou do empate diante do Leganés (0-0). Este sábado recibe nos Remedios á UCAM (17 horas). Por outra banda, reanú-
13
dase a competición en Segunda, na que o Envialia B recibe ao Mutilvera e o Cidade das Burgas visita ao Calceatense.
Lance do encontro entre o Sala Ourense e o Guardo.
14
Barrios 18 de outubro 2018
4AXENDA Exposicións - Ata o 21 de outubro - Exposición do pintor Santiago López Amado “O movemento estático” - Centro Cultural Marcos Valcárcel - Ata o 21 de outubro - Exposición do escultor Pepe Galán “A volta dunha ausencia” - Centro Cultural M. Valcárcel Teatro - 18 de outubro - Sarabela Teatro “Celebración. A gran noite” - 20.30 h. - Auditorio Municipal de Ourense - 21 de outubro - Teatro infantil “A Biblioteca Máxica“ - 12 h. - Auditorio Municipal de Ourense Música - 20 de outubro - Outras musicas “Rodrigo Leao” - 21 h. - Auditorio Municipal de Ourense - 29 de outubro - Jam Session Rock - 22 h. Café Cultural Auriense Deportes -20 de outubro - Río Ourense Termal - Liberbank Oviedo - LEB Ouro19 h. - Pazo Paco Paz -22 de outubro - Ourense CF- Laracha CF - Terceira División - 12 h. - O Couto - 21 de outubro - Circuito Correndo x Ourense “Carballeira” - 11 h. - Barrio da Ponte Outros - Do 19 ao 21 de outubro - 10 º Salón do Automóbil “Vehículo novo” - Expourense - 22 de outubro - Luns de fimoteca “o león durme esta noite”- 20.30 - Biblioteca Pública de Ourense - 23 de outubro - Contiños con Susana - 18.30 h. - Biblioteca Pública de Ourense www.periodicobarrios.com
AXENDA / OCIO E CULTURA
4DESDE A PONTE... A MONTERREI
O noso heroe Aínda estaban en pé as casiñas do colexio Amaro Refojo, onde moitos rapaces da miña xeración iniciamos a longa andadura cos libros, e seguramente pisamos por primeira vez a escola. Alí, nos corredores, era onde faciamos a xuntanza para escoitar as aventuras e fazañas do noso heroe preferido. Con puntualidade metódica, e co pasiño lento e pendular, foise achegando o corrillo de rapaces que esperabamos impacientes. Aquel día, presentouse cun pano vermello atado no frontal da cachola, chaqueta de coiro negra, pulseiras metálicas na
Foi o máis rápido e intrépido pistoleiro do bar “Los amigos” 4HUMOR
man dereita e prendido dun cordel, un crucifixo plateado, que locía por fóra dunha camiseta dos Rolling Stones. Altivo e desafiante, non deixaba de ollarnos fixamente, coma se estivese facendo revista. As primeiras verbas foron: “veño canso”. Escomenzou o relato con voz tenue, coa mirada perdida na inmensidade do mundo, do seu marabilloso mundo. E nós, sen pestanexar, escoitando sen perder detalle, e imaxinando as secuencias con entusiasmo. Contou que acababa de chegar dunha longa viaxe na impoluta Harley Davidson, e que estaba rendidiño, despois do concerto que dera coa súa banda de rock nunha das máis sonadas salas da capital. Naquel garito ateigado, pedíanlle unha e outa vez que tocara o millor punteado que xamais escoitaran, ao mesmo tempo que nos reproducía
coa súa voz os sons metálicos dunha “Gibson”, lexendaria e xenuina guitarra americana. Multitude de luces e flashes, autógrafos e apertas, mesturados co descontrol que transmite o rock and roll, foinos envolvendo na fantasía máis real que poideramos imaxinar, transformando cun relato pausado, aquel inmenso barullo imaxinado, en melodía suave. O noso heroe aparecía por todos os recunchos do pobo, e sen dúbida formou parte daquela rapazallada, que no comenzo dos 80 buscaba pasar o rato a base de imaxinación. Non faltou cada domingo á sesión das cinco no Buenos Aires, para engulir unha do oeste, do zorro ou de Tarzán. Ninguén luciu coma el a indumentaria de vaqueiro, con chapeu texano, chaquetiña de flecos nas mangas e con remache de cordón e chapa
no pescozo. Foi o máis rápido e intrépido pistoleiro do bar “Los amigos”, onde os duelos eran a vida ou morte. Entroideiro incansable, dos que triunfan sempre, e un infatigable galán, que namoraba ás máis fermosas damas da vila. Un home sinxelo e cariñoso, golpeado polo infortunio dende cativo, levando o seu “San Benito” con dignidade e valentía. Infortunio que deixou tocada cicais a súa coraza de ferro, mais non foi quen de apagar a súa alma, e nin sequera dobregar os sentimentos, cos que afortunadamente nos cautivou, facendo gala dunha imaxinación prodixiosa e coa virtude única de crear fermosas historias que brotaban sempre sen esforzo dunha infalible memoria. Agora, que pasaron os anos veloces coma a impoluta Harley Davidson,
quixera adicar estas letras ao meu amigo Miguel Angel González Atanes “Michel” acá, onde podo transmitir sensacións e sentimentos, que ás veces non son doados de contar. Quixera que o tempo voltara atrás por un intre, e que outra vez puideramos escoitar aquelas historias fermosas que sempre nos contou, e gozar da melodía da súa canción preferida “Wher no one Stands Alone” (Onde ninguén queda só), cun particular inglés verinense, premonición acertada do rei Elvis, que daquela xa intuía que “Michel” xamais estaría só, porque a familia e os amigos, sempre o adoramos, e a pesares da idade, aínda seguimos tendo presente que para nós, aqueles nenos que agora temos 50, sempre, sempre será o noso heroe. Miguel A. Prieto “Chitín”
OCIO E CULTURA / ARTIGOS / CLASIFICADOS
Barrios 18 de outubro 2018
15
BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda, C. Domarco Avelino Jácome. Nº73 - Ano: XI - 18 de outubro de 2018 - Difusión: 10.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.
EN BREVE 4 Día da Bibioteca O venres 19 de outubro, ás 18h, a Biblioteca Pública do Concello de Verín celebrará, de maneira anticipada, o “Día da Biblioteca”. Consistirá na realización de contacontos e manualidades con materiais reciclados. A actividade será coordinada por nenos voluntarios, de entre 9 e 17 anos, e o persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.
4 Bicicletada 170 nenos e nenas (de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria), xunto con profesores e pais, participaron na III edición da “Bicicletada” do CEIP Amaro Refojo, pensada para fomentar o uso da bicicleta como medio de transporte seguro, ecolóxico, e saudable. Tanto a saída como a chegada tiveron lugar no propio centro.
4 Cartel Entroido Verín abre o prazo para o concurso do cartel oficial do Entroido 2019. O formato será vertical con tamaño de 50x70 cm (non servirán formatos proporcionais). As obras levarán como único texto “ENTROIDO 2019 - VERÍN. 21, 24 e 28 de febreiro e 1, 2, 3, 4 e 5 de marzo. Festa declarada de interese turístico nacional”. A data límite de entrega é o 30 de novembro de 2018.
4ANUNCIOS CLASIFICADOS
4AS ANDRÓMENAS E OUTROS CONTOS
O medo a morrer lévate a comer a vida de golpe (4ª parte) Nas tabernas xúntanse todos, os gardas e os que rouban o mineral, os que o compran de preto “Os de Martixe” ou os que o compran para embarcalo dende Vilagarcía en Carril “O Vieira” e “O Almallas”, sempre coa carpetiña de coiro cun bo feixe de billetes preparado, agardando polas pedras negras, alí tamén están os obreiros da mina que venden o que poden sacar escondido da empresa, no dobre fondo dos zocos ou no burato de un bastón. Canto máis os cachean máis inventan, as mulleres nos peitos e nas bragas, onde faga falla, para levar o po milagreiro. Ás 11 xa estaban de volta co froito da venta: 35 pesos e dúas pesetas a maiores, que xa trouxeron en viño, o que tomaron alí, máis dúas botellas da litro para seguir a festa. Tocamos a cinco pesos cada un, polo menos para un mes tiñamos dabondo. Aquela noite rímonos e cantamos ata as dúas da mañá, non deixamos nin un grolo de viño, nin saímos a buscar mineral, foi noite de conversas e de soños, cando foramos ricos non habería quen nos tusira, e estabamos no
sitio onde os cartos nacían bastos da terra como os nabos no nabal. Deseguida a nosa sorte ía mudar, xa comezara a mudar pensabamos... Pero pouco dura a alegría na casa do pobre, e tras as risas veñen as choras, para o outro día andabamos onde o río lavando na terra cando o Sinesio, que viña cargado, esvarou e esgazou unha perna toda, xa eramos poucos e agora peor, sen Sinesio estabamos perdidos, el coñecía todo, sabía onde cavar e onde non pagaba a pena, el era a nosa esperanza e agora, mancado, que fariamos nós soiños? Ás veces precísase da sorte, e a sorte precisa dos arroutados, nunha desas noites de desespero baixamos por un carreiro cara o río e vimos a Miñoto, un dos Gardas, agochar unha bolsa nunha toqueira. O mineral que requisaban non ía todo de volta, moito quedábase agochado e despois algún dos máis apegados vendíao de extraperlo, era un bo negocio e pouco risco, o conto é que lle atopamos aquel niño e dixemos que eses ovos ían acabar facendo a nosa tortilla. Velamos ben o sitio e metémonos detrás dunha toxeira, unha vez que liscou, fomos sen pen-
salo metemos a man no burato e ripamos cada un súa bolsa, baixamos cara o río sen apurarnos, pero o Amadeo e o Antelo, que andaban de garda, decatáronse do bulto debaixo da chaqueta e berraron: Alto! Alto! Nós, cando oímos os berros, botamos a correr, pero enseguida veu a outra parella, o Belarmino e o Victoriano, e pilláronnos de fronte. –Date rapaz, date que non pasa nada– díxonos o Victoriano coa pistola na man. Eu mirei ao Andrés e entendín que de darse nada, só coa mirada entendiámonos. Botamos a correr un cara un lado e outro cara outro, saltei unhas sebes e vin que a min xa non me pillaban, mirei cara o outro lado e Andrés sí que estaba collido, enganchárono e tirárono no chan, pero cando pensaron que o tiñan soltoulles a chaqueta e furoulle por entre as pernas ao Belarmino, deu un pinchacarneiro e tirouse a voltas cara o río. Eu collín tamén cara o río e escoitabamos os tiros e os berros detrás: date! date! date preso! (Continúa no número seguinte)
Avelino Jácome
[Deixe os seus anuncios no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]
TRABALLO Ofrécese señora por horas para tarefas do fogar, coidado de nenos. Atende persoas maiores; tamén de noite en hospital ou domicilio. Telf.: 620 052 173. Busco mozo responsable de entre 25 a 45 anos para traballar como asistente persoal. Imprescindible tiulación relacionada coa actividade física. Tel.: 679 699 508. Chamar polas tardes.. Ofrécese auxiliar de clínica para o coidado de persoas maiores en residencia ou domicilio. Tel.: 686 688 610. Ofrécese señora para coidar xente maior interna, con informes (Yolanda). Tel 688 30 48 81. Piano e voz, todo tipo de cerimonias e eventos. Repertorio variado e personalizable. Dánse clases de canto, linguaxe musical e piano. Email: musicaparaeventoslorenaymaria@gmail.com. Tel. 663 733 179.
INMOBILIARIA Véndese casa na zona de Rante, semirestaurada, con terreo e pozo de auga. Prezo. 28.800 euros. Tel.: 606 42 25 43
Vendo terreo edificable, 1.800 m2, preto do Polígono de San Cibrao das Viñas, a 10 km de Ourense. Prezo: 35.000 euros. Tel. 610 82 64 94. Alugo almacén pequeno en soto de garaxes. Para almacén, adega, trasteiro ou garaxe de moto. Rúa Francisco de Moure. Tel. 636 32 95 24. Véndense tres terreos na provincia de Ourense, en Gustei, terreo de labradío (1.000-2.000 m2) e outro con carballos e piñeiros(500 m2). Nas Barxas, un de labradío (1.0001.500 m2). Prezos a tratar. Tel.: 988 210 065 / 627 608 758 (Paz Milagros)
VENDAS Véndense candelabros antigos con reloxo a xogo. Tel. 610 97 98 97.
CONTACTOS Ofrécese mozo de compañía xoven, para mulleres de entre 40 e 60 anos. Prezos económicos. Tel. 697 795 928. Contesto Whastapp. Ofrécese mozo de compañía para mulleres. Son educado e discreto e amóldome a todas as situacións. Prezo económico. Teléfono 691 617 090.
Barrios 18 de outubro 2018