[Páx. 2]
Entrevista a Carlos Montero, director do Festival de Curtametraxes de Verín Vía XIV VERÍN
Páx. 5
Balance da colleita na DO Monterrei
XINZO
Páx.9
Cando a segunda man é negocio
ALLARIZ
Páx.12
O Concello aproba os orzamentos de 2017
CELANOVA
Páx.14
Celanova quere atraer visitantes
DEPORTES
Páx.20
Lekhili e Fernández, da man en Monterrei
[Páx. 3]
Verín dalle prioridade aos peóns O Concello vai actuar en varios cruzamentos das principais arterias da vila, como este entre a rúa Deputación e a avenida Luís Espada.
Número: 31 - Ano: XI - Novembro 2016 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de decembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190
Barrios Novembro de 2016
VERÍN E COMARCA
do 5 ao 11 de decembro
O Festival de Curtas Vía XIV aposta polos artistas locais 4 O artista Fernando Barreira foi o encargado de realizar os trofeos, e o creativo Jorge Godás, o cartel. Redacción O Festival Internacional de Curtametraxes Vía XIV de Verín, que se celebrará do 5 ao 11 de decembro, xa ten cartel e trofeos, feitos por artistas locais. O reputado artista plástico Fernando Barreira realizou os trofeos que serán entregados, xunto co premio en metálico ao final do certame, e o deseño artístico da sala principal do auditorio. Mentres que o deseñador e creativo da TVG, Jorge Godás foi o responsable de deseñar tanto o cartel como a identidade corporativa do festival. Arte en bronce e cerámica para os premiados Os trofeos que a organización outorgará como premio en sete categorías (Mellor Curtametraxe das categorías de Emigración, Entroido ou Fronteira; Mellor Guión; Mellor Actor; Mellor Actriz; Mellor Director) foron deseñados en bronce por Fernando Barreira. Segundo o seu creador, «a idea nace coa intención de que o festival
tivese un premio de calidade». O artista, recoñecido pola súa ampla traxectoria, encargouse tamén de deseñar, en cerámica, os trofeos para o Premio do Público e o Premio honorífico Vía XIV. «As dúas, unha terminada en dourado e outra con tons máis marróns e liberados, son pezas únicas», afirma. A idea do festival, que conta cos dereitos do deseño do premio en bronce por catro anos, será dar o relevo a outro artisto local e así potenciar os talentos emerxentes de Verín, filosofía base do certame. Canto ao cartel, Jorge Godás explicou que para o deseño inspirouse «nunha imaxe que perdura non imaxinario universal como é a do ollo cortado dá curtametraxe ‘O can andaluz’ de Luís Buñuel». Ciclo de conferencias O certame xa iniciou a súa axenda de eventos este mes, cun ciclo de conferencias enfocado a realizar un achegamento ás temáticas sobre as que versa: entroido, emigración e fronteiras, e á propia Vía
XIV, como elemento vertebrador das mesmas. Tras as dúas primeiras citas, sobre a fronteira e a Raia, o 23 de novembro o mestre Xerardo Dasairas falará sobre as circunstancias da emigración na nosa terra, e o día 30 o antropológo Miguel Losada analizará a importancia que ten o entroido na sociedade. Máis de 600 traballos recibidos Na súa primeira edición, o Festival Vía XIV recibiu un total de 620 obras. Nos próximos días daranse a coñecer os escollidos para formar parte das tres seccións oficiais (Entroido, Fronteira e Emigración) e do resto do programa.
Outorgaranse galardóns en sete categorías, ademais dos premio do público e honorífico
O artista Fernando Barreira, o director do Festival, Carlos Montero, e a concelleira de Cultura Emilia Somoza. /CdV.
Jorge Godás, Emilia Somoza, Carlos Montero e Xosé Lois Santiago, co cartel./CdV.
ENTREVISTA A CARLOS MONTERO, DIRECTOR DO FESTIVAL
“VIA XIV nace como un contedor cultural” P. Lodeiro Como xorde a idea de facer o festival? Carlos Montero: “A idea xorde dunha conversa de Jorge Godás e miña, eu tiña interese en facer un formato de vídeos, de micropezas de temas propios de Verín, algo que tivera que ver co Entroido, as lendas… E Jorge dixo ‘por que non darlle formato de festival?’ E facelo coa idiosincrasia propia de Verín: emigración, fronteira e entroido”.
e fixemos un convenio coa Universidade de Santiago para traer becarios, 10 estudantes de Comunicación e Xornalismo. Como moito, estimamos, pola diferente duración das curtas, escolleremos entre 30 e 40”.
Como o plantexades ao Concello? C.M.: “Contámoslle a idea a Emilia (Somoza, concelleira de Cultura), pareceulle fantástica e nos dixo adiante. É unha idea que leva madurándose case desde que entrou o novo goberno. Ao principio parecía moi complicado; necesitabamos contratar unha persoa, que foi Peyo (Xosé Lois Santiago Rodríguez), o produtor, que traballou no Festival de Cine de Ourense”.
Todas as curtametraxes irán para algunha das tres competicións oficiais? C.M.: “Non, seguramente fagamos unha categoría fóra de concurso. Hai cousas moi variadas porque son uns conceptos abertos, cando falamos de fronteira, ese concepto filosófico, pode ser unha fronteira entre unha parella ou espacial; no tema da emigración o mesmo, non son conceptos pechados”. Son curtas rodadas en castelán, galego ou portugués; de onde proceden maioritariamente? C.M.: “Hai de 21 países, de Sudamérica de todos os países, hai de Timor Oriental, de Suecia, Austria, Canadá, de españois que están en China”.
E recibistes máis de 600 traballos. C.M.: “Sorprendeunos moito, falabamos de a ver se conseguíamos cen, e a resposta nos sorprendeu bastante. De feito agora estamos co papelón, só somos cinco persoas, de ver as curtas. Sacamos horas de onde podemos
Que máis actividade incluirá o festival? C.M.: “Imos facer tres foros, como debates de televisión, moderados portres xornalistas, cada un de cada categoría. Queremos darlle unha dimensión maior ao festival, VIA XIV nace como un contedor cultural, é un
festival de curtas pero nace coa intención de que collan moitas cousas. A VÍA XIV é unha vía romana pola que chegou a cultura a Verín, e queremos que sexa como unha vía de cultura. Vai haber un taller de documentais, e polas mañás para os escolares un taller de stop motion. Faranse proxeccións no Auditorio e na Casa da Cultura. A entrada será gratuíta previa reserva, en especial na gala de clausura, con butacas numeradas. O luns 5 será a premiére, na que se proxectará unha curta, que polas súas características é especial, pois é feita por xente de aquí”. Coa repercusión que está tendo a volta do cine a Verín, esperades unha boa acollida? C.M.: “Si, na primeira das conferencias que tivemos, estivo chea, cando non acostumaban encher, e vendo como funcionou o Festival de teatro, e as proxeccións de cine, o lóxico é que funcione moi ben”. Con que orzamento contades? C.M.: “Do Concello recibimos 20.000 euros e estamos pendentes dos patrocinios. Intentamos quitar gastos, máis que diñeiro, achegas en especie destes patrocinios. Estimamos un orzamento total de gasto de producción de 30.000 euros”.
VERIN E COMARCA
Barrios Novembro de 2016
O Concello abre as principais arterias da vila aos peóns 4 Primeira fase do plan de reforma das principais interseccións de Verín. Redacción
Representantes dos municipios do val de Monterrei suscribiron o pasado 29 de outubro a declaración do Támega./CdV.
Os concellos do val de Monterrei comprométense co río Támega 4 Os alcaldes da Mancomunidade de Municipios de Verín asinan un documento histórico declarando a auga “elemento estratéxico”. Redacción Os alcaldes da Mancomunidade de Municipios de Verín subscribiron a declaración institucional que recolle o compromiso explícito destes municipios coa preservación, o control e a mellora do seu medio ambiente, en especial dos ecosistemas fluviais do río Támega e dos seus afluentes. O documento, asinado entre todos co compromiso de facelo oficial cada un nos seus respectivos concellos, recolle tamén a “decidida vontade” de introducir criterios ambientais nas decisións que corresponden aos seus respectivos ámbitos de actuación. Neste documento, os alcaldes da Mancomunidade comprometeranse a “traballar xuntos na preservación, control e mellora do medio ambiente da nosa comarca, en especial dos ecosistemas fluviais do rio Támega e os seus afluíntes, a realización de políticas medioambientais
que favorezan o desenrolo sostible da comarca e a introducir criterios medioambientais nas decisións que correspondan nos nosos respectivos ámbitos de actuación”. Optar a financiamento europeo Neste sentido, o tenente de alcalde de Verín, Diego Lourenzo, puxo o acento na necesidade de que esta declaración tradúzase agora “en proxectos concretos que poidan beneficiarse do carácter de LIC (Lugar de Interese Comunitario) do val, e optar a unha liña de financiamento de ata 20 millóns de euros”. Ademais, Lourenzo recordou que, “a inminente integración na Eurocidade ourensano-lusa de todos os concellos que forman a Mancomunidade de Municipios de Verín posibilitará que se beneficien de importantes fondos comunitarios que permitirán implementar estas novas políticas e proxectos de sustentabilidade. “Se temos a ambición e
a capacidade política de redactar proxectos coherentes, poderemos optar a programas europeos dentro do LIFE que, con carácter plurianual, poderían acadar 20 millóns de euros, co que deixaríamos a conca do Támega dotada dunhas actuacións exemplares”. Dentro desta importante liña de financiamento cabería incluír proxectos actualmente definidos, pero que non contan aínda con orzamento. Entre eles figura a depuradora de auga potable, 1,5 millóns, unha nova EDAR, 4,5 millóns, as novas captacións de auga para consumo e o saneamento integral do Támega, entre outras.
Desde Verín apúntase á necesidade de que a declaración se traduza en proxectos concretos
O Concello de Verín comezou a primeiros de novembro a primeira fase do plan de reforma das principais interseccións do casco urbano da vila. Executando a reforma do cruzamento que une a rúa Deputación e a avenida de Luís Espada. O obxectivo das obras é superar o deseño antigo de cando non existía a A-52, e as vías nacionais canalizaban un intenso tráfico pola cidade. Trátase de abrir estas arterias aos peóns, aumentando o seu nivel de permeabilidade. A iniciativa, que partiu dunha proposta programática do BNG, permitirá unha nova regulación semafórica dos principais cruces da cidade. O plan de reforma executarase en dúas fases. A primeira, que finaliza en decembro, acondicionará o cruzamento da avenida de Luís Espada (N-525) coa rúa Deputación, e a
intersección da avenida de Portugal (N-532) coa avenida de Luís Espada (N525), A segunda, que se executará a principios do próximo ano, modificará a intersección da estrada de Laza coa rúa Rosalía de Castro. O plan está deseñado para garantir unha maior accesibilidade aos peóns, evitando os “importantes rodeos impostos polo deseño actual para cruzar as vías”, destacou o tenente de alcalde, Diego Lourenzo. O deseño actual, apuntou o rexedor, Gerardo Seoane, “está pensado e responde á circulación de vehículos motorizados, e deriva da ordenación herdada da época en que non existía a A-52”. Para erradicar estes deseños “atávicos”, o Goberno municipal propón recoñecer a nova configuración das antigas estradas como actuais rúas de Verín, ampliando as beirarrúas para facilitar o movemento de viandantes, “ao tempo que se reduce a lonxitude dos pasos de
peóns”, sinalou o alcalde. Supresión de varandas A medida que máis modificará a configuración urbana de Verín será “a supresión das varandas que actualmente delimitan o espazo peonil, e transmiten unha sensación innecesaria de encerro”, explicaba Lourenzo. Os proxectos que se executarán nestes tres cruces foron elaborados tendo en conta modernas simulacións informáticas para garantir que o vial permitirá o xiro de camións e vehículos de todo tipo. Asemade, modificarase o fluxo semafórico, adaptando os tempos de cruzamento a un criterio máis moderno da vía.
Actúase xa nas interseccións da avenida de Luís Espada coa rúa Deputación e coa avenida de Portugal
Obras no cruzamento entre a rúa Deputación e a avenida Luís Espada./CdV.
Barrios Novembro de 2016
VERÍN E COMARCA
As catas de mel, novidade na II Feira do Outono de Verín 4 Celebrarase na praza Maior os días 19 e 20 de novembro. Redacción Verín celebra o 19 e 20 de novembro a segunda edición da Feira de Outono, centrada nos produtos de tempada e ecolóxicos. O alcalde, Gerardo Seoane, o tenente alcalde, Diego Lourenzo, e a concelleira de Turismo e Comercio, Purificación Caldelas, presentaron o programa de actividades desta II Feira de Outono, que segundo o rexedor “ven de resultas do éxito da primeira, pero con importantes novidades. A xente quere productos naturais e de tempada, e no outono temos en Verín la crème de la crème”. O mercado de produtos de outono, aberto os dous días mañá e tarde, contará con 24 postos de elaboracións ecolóxicas, entre os que destacan os embutidos, mel, xabóns, artesanía, castaña, cervexa artesá, conservas ecolóxicas, queixos, bixurería e productos infantís. A principal novidade desta edición, segundo explicou Purificación Caldelas, consiste nas catas dos distintos tipos de mel que se desenvolverá no recinto da feira na praza Maior dende as 16:30 do sábado, por grupos e sen límite de
Gerardo Seoane, Purificación Caldelas e Diego Lourenzo presentaron a feira./CdV. asistentes. Nelas, amosaranse as diferenzas entre os distintos tipos de mel, as súas características de elaboración e procedencia, así coma os matices de sabor que os caracterizan. Tamén o sábado, pola mañá, haberá saídas ao campo con micólogos, e educación vial para rapaces. O domingo haberá actividades infantís, cun taller de cociña pola mañá e xogos tradicionais pola tarde. Purificación Caldelas
precisou que o concurso de cociña -aberto a todas as idades- require a inscrición previa no Concello, sen custo algún, para poder participar. Será imprescindible que o prato conteña o froito por excelencia da tempada, a castaña. Magosto A feira pecharase cun magosto popular, a partir das 20 horas do domingo. Os asistentes que teñan realizado compras xa terán recibido o ticket canxeable polas castañas,
mentres que os que non o teñan terán que pagar 0,50 euros. Durante todo o evento haberá actuacións musicais de gaiteiros da Banda de Gaitas de Verín, do grupo Os Trouleiros e da agrupación musical Candaira.
Haberá un concurso -para todas as idadesde cociña con castañas
A conselleira de Medio Rural xunto aos alcaldes de Riós e Cualedro observa a exposición de cogomelos incluída na XXII Festa da Castaña e do Cogomelo de Riós.
Exaltación da castaña en Riós A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, non quixo perderse a XXII Festa da Castaña e do Cogomelo de Riós, que se celebrou os pasados 5 e 6 de novembro. Alí puido coñecer diferentes produtos elaborados a partir destes dous froitos típicos do outono e saudar aos participantes desta edición. Saídas ao campo a recoller setas, charlas divulgativas, un magosto popular, unha ruta BTT, un concurso de fotografía, e como non, a degustación de produtos típicos, compuxeron o programa dunha festa que enxalza dous produtos típicos que están a dinamizar a vida económica da localidade. Aproveitando o seu paso por este concello, a conselleira coñeceu as instalacións da empresa Castañam, que se dedica á comercialización de diversos produtos elaborados a partir da castaña, fusionando o tradicional coas novas demandas gastronómicas da sociedade.
VERÍN E COMARCA
Barrios Novembro de 2016
A comunidade do IES García Barbón fala inglés O Departamento de Lingua Inglesa do IES García Barbón vén de iniciar varios proxectos para a dinamización e uso da lingua inglesa durante o presente curso. Os alumnos de 2º Bacharelato participan nun proxecto de colaboración co Newton South High School de Boston (USA) no que os mozos e mozas de ambos os dous centros traballan de xeito colaborativo a través da plataforma educativa Schoology no seguimento dos currículos respectivos de cada país. Fano cun bloque de
tarefas semanais online e o emprego das TIC e coordinados polas docentes dos dous centros, e tendo a lingua inglesa coma vehículo de comunicación. Unha parte do alumnado de TCAE (Coidados Auxiliares de Enfermaría) participa no programa CUALE asistindo a 3 sesións semanais de lingua inglesa para complementar as carencias en linguas estranxeiras do currículo actual. Este programa formativo ofrece boas opcións profesionais fóra das nosas fronteiras. Complementariamente,
o instituto verinés participa no programa Erasmus +, programa no que xa se atopa inmerso durante o presente curso en colaboración cun centro finlandés. Club de conversa Para rematar, todo o alumnado do centro está convidado a participar nas actividades do Club de conversa en lingua inglesa, que de xeito lúdico, se celebra varias tardes ao mes para facilitar a aproximación do alumnado ao uso real da lingua estranxeira.
Máis información en: http://barboningles.blogspot.com.es/ http://englishlanguagegarciabarbon.blogspot.com.es/
Vendimadores traballando na DO Monterrei./BORYS MARTÍNEZ.
“Calidade excelente” pero menor cantidade de uva 4 A DO concluiu a vendima con 4,4 millóns de quilos de uva recollidos. Redacción A vendima 2016 na Denominación de Orixe Monterrei finalizou cuns “resultados excelentes e tremendamente satisfactorios, tanto en termos cualitativos como cuantitavos”. Así o valora o presidente José Antonio da Silva Pereira, que indica “que a uva ten unha calidade excelente, e a redución foi menor da esperada nun primeiro momento”. En concreto, nesta campaña alcanzáronse os 4.470.338 quilogramos (o 70% de variedades brancas e o 30% de tintas), o que significa uns 260.000 quilos menos que na campaña anterior. Esa lixeira redución débese aos efectos causados polo mildiu no momento da floración, xa que durante marzo e abril foron meses de baixas temperaturas e abundantes precipitacións. Este fungo atacou a todas as variedades, pero en maior medida á araúxa, dona branca, treixadura e godello. Esta circunstancia atrasou o proceso de maduración da uva, e posterior inicio da campaña de vendima, que arrincou o pasado 17 de setembro e
4 Convenio con Abanca O Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei e Abanca renovaron a súa colaboración en materia financeira con novas opcións de crédito para atender as demandas de financiamento dos viticultores e das adegas. O presidente do CRDO Monterrei, José Antonio da Silva Pereira, e o director de Zona de Abanca en Ourense Sur, Diego Daniel Fernández Borrajo, rubricaron un novo convenio que reafirma o compromiso da entidade financeira cun segmento básico da economía produtiva da comarca de Monterrei. O convenio pon a disposición dos integrantes desta Denominación de Orixe a completa oferta sectorial vitivinícola da
entidade bancaria. Entre as mesmas, atópase unha póliza de crédito, que pode estenderse ata cinco anos, e que mitiga os efectos da entrada en vigor da Lei 12/2013 de medidas para mellorar o funcionamento da cadea alimentaria. Grazas a este produto, as adegas poden facer fronte ao pago da uva aos viticultores nun prazo inferior a 30 días, tal e como se estipula na lei. Asemade, inclúense no acordo outros produtos como préstamos para a reparación ou adquisición de nova maquinaria, liñas de comercio exterior para apoiar ás adegas nos seus proxectos de internacionalización, financiamento a través de leasing, avais, anticipos de subvencións ou impostos.
concluíu o 22 de outubro. Con todo, a aplicación de tratamentos fungicidas, por parte dos viticultores e adegueiros, permitiu conseguir unha uva nun estado fitosanitario óptimo, tanto en termos de acidez como grao alcohólico.
A redución da produción debeuse aos efectos do mildiu no momento da floración
Barrios Novembro de 2016
EN BREVE 4 Construción dunha senda en Vilardevós A Consellería de Infraestruturas e Vivenda iniciou as obras de execución dunha senda na estrada OU-310, en Vilardevós. Estas actuacións, que foron adxudicadas á empresa Hordescon S.L por un importe de máis de 43.000 euros, teñen un prazo de execución de tres meses. O proxecto consiste na construción dunha senda peonil en formigón na marxe esquerda da estrada, entre os puntos quilométricos 13+180 e o 13+570. Neste tramo atópanse varias instalacións deportivas do municipio. Os traballos incluirán a colocación dun colector para as augas de drenaxe en dous pequenos treitos nos que resulta necesario.
VERÍN E COMARCA
Mabel Lozano protagonizará en Verín os actos do 25-N 4 A actriz participará nun debate sobre a explotación sexual con estudantes verineses. Redacción A actriz, directora e activista Mabel Lozano protagonizará en Verín os actos conmemorativos do 25 de novembro, Día contra a violencia de xénero. Lozano visitará Verín o día 28, para debatir con estudantes de 3º e 4º da ESO e Bacharelato dos centros de ensino da vila sobre a explotación local, aos que proxectará o seu filme “Chicas nuevas, 24 horas”. A película, nominada aos Goya 2016, volverase exhibir ás 20:15 horas no Auditorio, nun acto para todos os públicos.
Esta actividade enmárcase na programación que organiza o Centro de Información á Muller (CIM) do Concello de Verín en colaboración con FEMURO. Entre eles, obradoiros sobre “Violencia de xénero no contexto dixital” que se imparten estes días nos centros de ensino do municipio, así como un acto de sensibilización na xornada de feira do día 23, con reparto de información e pulseira.
da Mesa de Coordinación para a Eliminación da Violencia de Xénero, que analizará o traballo e novas propostas en contra da violencia machista, conxuntamente con forzas e corpos de seguridade, sanidade, educación, xustiza, avogacía e servizos sociais. E finalmente ás 20:30 horas haberá unha concentración contra a violencia de xénero diante da casa consistorial.
Acto central, o día 25 O 25 de novembro terán lugar os actos centrais. Comezarán coa reunión, ás 10 horas no Concello,
O día 25 haberá unha concentración diante do Concello
4 Convenio entre o Concello de Monterrei , a Xunta e a Deputación O Concello de Monterrei asinou un convenio coa Xunta de Galicia - a través da Axencia de Turismo de Galicia- e coa Deputación Provincial para a limpeza, conservación e mantemento da contorna do Castelo de Monterrei e a posta en funcionamento dunha oficina de turismo. O convenio está dotado con 60.000 euros. Desta cantidade 40.000 euros dedicaranse a tarefas de mantemento e os 20.000 restantes para a reforma dunha edificación como punto de atención turística.
Os máis pequenos de Vilardevós non faltaron ao magosto.
Magosto en Vilardevós Por segundo ano consecutivo, a Asociación Os Chocalleiros, coa colaboración dos veciños, organizou un magosto popular en Vilardevós, celebrado o pasado sábado 12. Unhas 200 persoas anotáronse para degustar un menú composto de sardiñas, costela, chourizo, panceta e as imprescindibles castañas. A festa continuou despois coa actuación musical do dúo Sabrosito, á que se animaron aínda máis veciños.
Membros de En Marea, entre eles o seu voceiro, Luís Villares (centro) visitaron Monterrei.
En Marea pide a devolución do Castelo aos veciños 4 Censuran a xestión de Feijóo. Redacción En Marea mantivo o 5 de novembro unha xuntanza coa Plataforma en Defensa do Castelo de Monterrei para coñecer o traballo que os seus integrantes levan facendo nos últimos anos. Trala reunión o portavoz de En Marea, Luís Villares, afirmou que “puidemos constatar o negocio redondo da mala xestión de Feijóo” en referencia á cesión do castelo para usos hoteleiros, que era un fin non previsto para o monumento. “Iso levou a que fondos europeos que estaban previstos para esa rehabilitación coa finalidade de promocionar a comarca non se puidese levar a cabo e tiveran que facer a rehabilitación con fondos propios galegos”, denunciou Villares.
A maiores censurou á cesión da obra, declarada ilegal por contariar o ordenamento urbanístico, a Paradores do Estado para a súa explotación. “As veciñas e veciños conseguiron nos Tribunais parar esta obra e nós pensamos que é o primeiro paso para unha devolución do castelo e do conxunto arquitectónico para os fins para os que foi concebido”, dixo Villares, aos pés do castelo. O portavoz de En Marea engadiu que coa normativa urbanística vixente no concello “parecería inviable facer unha adaptación das obras para darlle continuidade ao Parador, pois as obras son ilegais e están sen licenza”. E asegurou que é probable que o Tribunal Supremo tamén se pronuncie en contra dos usos hoteleiros.
PUBLICIDADE
Barrios Novembro de 2016
Barrios Novembro de 2016
VERÍN E COMARCA / XINZO E COMARCA
O Concello de Verín recupera a dársena da estación de autobuses 4 A actuación ronda os 40.000 euros, Redacción O Concello de Verín está a executar obras de recuperación e mellora da dársena da estación de autobuses da vila. A superficie de aparcamento de autocares desta infraestrutura -de titularidade municipal- presentaba un deterioro funcional importante, o que propiciaba filtracións de auga que afectaban negativamente aos veciños da zona, que xa tiñan presentado reiteradas queixas. “Era unha das máis antigas e intensas reivindicacións veciñais”,
afirma Diego Lourenzo, tenente de alcalde de Verín, “que estaban fartos de padecer as filtracións de auga nas súas prazas de aparcamento”. A impermeabilización da dársena faise cunha moderna técnica de selado, que garante a eliminación das filtracións e a persistencia da actuación no tempo. O proxecto tamén contempla a dotación dun novo rego asfáltico. A obra, que estará culminada en 15 días, acada un orzamento global próximo aos 40.000 euros.
Obras na dársena de aotubuses de Verín./CdV.
A CHMS traballa na mellora da calidade da auga do río Limia 4 Executa dúas actuacións do proxecto “LIFE Regenera Limia”. Redacción A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), está a executar dúas accións incluídas no proxecto “LIFE Regenera Limia”, que foron adxudicadas por 327.945 euros. O obxectivo final deste proxecto é mellora a calidade das aguas do río Limia. En concreto, a través da denominada Acción B3 execútase o proxecto de recuperación do antigo trazado do río Limia nas Veigas de San Lourenzo en Rairiz
de Veiga, conectándoo co río Limia a través de dúas obras de drenaxe. Deste xeito, nos meses húmidos a auga volverá circular pola antiga canle e a súa chaira de inundación para que a vexetación de ribeira realice a función de retención e asimilación dos nutrintes presentes na auga, mellorando así a calidade da auga do río Limia.Coa rexeneración do ecosistema fluvial mellorarase tamén o estado de boa conservación dos hábitats naturais de especies presentes na zona recollidos na Rede Natura 2000.
Mediante a denominada Acción B4, que se executa no municipio de Sandiás, estase a conectar dúas charcas, en desuso polas explotacións areeiras, coa Canle da Lagoa de Antela. Para iso estanse construíndo tres obras de paso, instalando tres illas flotantes e revexetando as beiras, a través do que se conseguirá que a auga recircule polas charcas no período húmido e vexa reducida a presenza de nutrintes pola acción de asimilación das raíces das plantas.
Unha das conexións entre charcas na zona da Lagoa da Antela./CHMS.
EN BREVE 4 Supresión de barreiras arquitectónicas A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou unha axuda para o Concello de Xinzo de Limia por importe de 4.494 euros. Esta cantidade destinarase á instalación dun guindastre na piscina climatizada deste termo municipal. Na mesma xuntanza aprobou outra axuda para o Concello de Laza para a instalación dunha estación reemisora de televisión dixital terrestre en Camba por importe de 17.000 euros.
4 Bolsa de emprego do IES Cidade de Antioquía Cando se leva xa case dous meses do novo curso 2016-2017, o IES Cidade de Antioquía de Xinzo segue ofertando titulados dos Ciclos Formativos de Forestal e Administración na súa Bolsa de Emprego. Ao redor do 30% destes antigos alumnos tiveron oportunidade de contratación e outros participaron en procesos de selección. A Bolsa de Emprego tamén envía información a empresas e entidades interesadas sobre os novos titulados dispoñibles, cunha simple petición a bolsaempregoantioquia@gmail.com.
XINZO E COMARCA
Barrios Novembro de 2016
Cando a segunda man é negocio
4 Tres negocios da Limia e a Baixa Limia demostran que prendas e produtos de consumo poden ter unha segunda vida. Paula Lodeiro O mercado de artigos de segunda man crece, pasiño a pasiño, na nosa provincia. Se na capital ourensá hai xa arredor dunha ducia de establecementos especializados, nas vilas máis pequenas a súa presenza é aínda escasa. Algúns exemplos son Crece Crece, A Ocasión e Broc Batifoula, tres modelos diferentes que demostran que prendas e produtos de consumo poden ter unha segunda vida. Gonzalo Loureiro rexenta desde fai ano e medio, xunto á súa muller, A Ocasión, unha tenda de compra venda de produtos de segunda man en Xinzo. Recoñece que ao principio “costoulle un pouco arrancar” pero na actualidade “si que se nota que está funcionando mellor”. No seu establecemento pódese atopar un pouco de todo, desde mobles a ferramentas, xoguetes, produtos de electrónica ou menaxe de bebé, pero o que mellor se venden son os electrodomésticos. “Hai produtos practicamente novos e aforras o 50% do seu prezo na compra”, explica un dos principais motivos do éxito deste tipo de comercios. Tenda online de roupa de bebé de segunda man Tamén desde Xinzo, Rosa Pelayo e Miguel Romero levan xa un tempo comprando e vendendo roupa infantil de segunda man a toda España e Portugal a través da tenda online Crece Crece. Cóntanos Miguel que esta idea de negocio naceu a raíz da chegada da primeira sobriña á familia. “Vimos que a nena crecía e que a ropa que lle regalábamos quedaba totalmente nova
Miguel Romero, promotor da web Crece Crece./M.REJO.
Gonzalo Loureiro: “Hai produtos practicamente novos e aforras o 50%” Miguel Romero: “A roupa que aceptamos está en perfecto estado” Pilar Javier: “Ao mellor algo vello que a min non me serve a ti che pode ser útil e che gusta” e pensamos que se podía facer con esa roupa, como darlle unha segunda vida. Ocorréusenos abrir unha páxina para vender esa roupa, non só a da sobriña, evidentemente, senón intentar captar a pais que poidan aproveitarse e mercar esa roupa que queda en bo estado a prezos moi asumibles”, relátanos. Ao igual que en A Ocasión, en Crece Crece tamén notaron certa reticencia ao principio cara a este modelo de negocio. Pero unha vez que o cliente ve o estado da roupa –“a que aceptamos está en perfecto estado”- a opinión cambia, puntualiza Romero. De feito, na web explican como é o proceso: “solicítannos unha bolsa, facémoslla chegar, énchena coa roupa que nos queren
vender, unha empresa de transporte lla recolle gratuitamente, recibímola, clasificamos a que si vale e a que non, e a que si vale a valoramos e pagamos por ela, e despois a poñemos na páxina web á venda a prezos moi bos”, entre un 50 e un 70% de desconto nas prendas, mesmo algunhas coa etiqueta aínda posta. Participación nos coworkings de Xinzo e Celanova Para axudarlles a desenvolver o seu portal, Pelayo e Romero apuntáronse ao espazo coworking que desde hai uns meses se desenvolve en Xinzo de Limia, unha iniciativa do Igape, a Escola de Organización Industrial (EOI) coa colaboración do Con-
cello. Unha formación que lles vén moi ben pois “empezamos sen ningún coñecemento de e-commerce e estamos atopando algunhas dificultades para sacar o proxecto adiante e no espazo coworking temos o apoio de profesionais que nos guían por onde podemos tirar”, recoñece Miguel. Canto ás axudas económicas, eles comezaron sen ningunha aínda que logo si atoparon por constituírse como sociedade limitada laboral, pero, en todo caso, “te tes que mover, se non non as
atopas”. Quen tamén está a recibir os consellos dos expertos da EOI, desde o espazo coworking de Celanova, é Pilar Javier, unha filla de emigrantes galegos en Francia, que fai uns anos regresou á súa terra de orixe e estableceuse no concello de Muíños. Alí abriu a tenda Broc Batifoula, polo momento “en fase de laboratorio”, dinos. “A idea leva conmigo tres anos. Para min había dúas cousas fundamentais, unha era intentar crear emprego na Baixa Limia, que é unha zona bastante deprimida; e dúas, preocúpanme as cuestións da reciclaxe”, relata esta emprendedora. Participar no coworking axúdaa a “esclarecer o proxecto e definilo mellor, e aclarar algúns puntos de lexislación e fiscalidade”. O seu establecemento funciona como depósitovenda “porque eu son emprendedora froito da crise. Ao non poder viaxar para adquirir o que me dera a gana, parto do que a xente e eu mesma podo achegar”. Nun futuro pretende especializarase en tres tipos de produtos: “un, ofrecer
A tenda de Pilar Javier en Muíños./CEDIDA.
un servizo práctico, nesta zona turística, a todos nos pasou de esquecernos un bañador, ou unha prenda de abrigo ou para a choiva. Dous, roupa estrafalaria, procedente do mundo do teatro e da arte, ou roupa moi orixinal ou vintage de verdade. E tres, tallas grandes, un sector que estou investigando porque teño bastante demanda de xente obesa nova que quere vestir dunha forma alegre e lles costa atopar”. A Pilar gústalle o contacto coa xente que proporciona unha tenda física, pero non descarta a venda online. “Xa fixen algunhas probas na miña páxina de Facebook”, dinos. Con respecto ao éxito dos negocios de segunda man na nosa provincia, Pilar recoñece que aquí aínda non se valora o antigo coma si se fai noutros puntos de Europa. “ Parece que todo o novo vai ser bo e todo o vello non vale para nada; iso non é así, ao mellor algo vello que a min non me serve a ti che pode ser útil e che gusta”, reflexiona. Ao igual que os promotores de Crece Crece, Pilar defende as vantaxes de iniciativas como o do coworking. “O feito de traballar en grupo axuda moito, coñecer máis iniciativas, ver que non eres a única que non sempre o ten todo claro, é moi motivador”, explica.
10
Barrios Novembro de 2016
XINZO E COMARCA
Complétase o 6º “Percorrido da saúde” polo rural da Limia 4 Con consellos de hábitos saudables. Redacción
Participantes no II Festival do Maior de Vilar de Santos
Vilar de Santos celebrou o II Festival do Maior
Usuarios e traballadores do Centro de Día-Vivenda Comunitaria de Vilar de Santos, e veciños que participaron no proxecto comunitario “Saber envellecer” celebraron o “II Festival do Maior”, unhas xornadas que foron o resumo e remate ás actividades e terapias realizadas polos profesionais do centro ao longo do ano e que serviron para conmemorar o Día Internacional do Maior. O festival incluiu a actuación da coral “As Bolboretas”, creada polos usuarios do Centro de Maiores, unha sesión de bailoterapia e coreografía a cargo dos participantes no proxecto comunitario “Saber envellecer”; un desfile de moda cunha colección de complementos feita polos usuarios do Centro de Maiores; unha proxección dos diferentes traballos e actividades realizados no Centro de Día; unha exposición de lenzos realizados na rede de centros do Consorcio de Benestar e no Centro de Maiores; e a entrega de diplomas aos participantes nas diferentes actividades e agasallos aos colaboradores.
A sexta edición do “Percorrido da saúde pola zona rural da Limia” completou os seus talleres divulgando consellos prácticos de hábitos saudables e educando en prácticas cotiás que melloran a calidade de vida. O obxectivo do programa que se levou a cabo desde a Asociación Escola Rural de Saúde da Limia é o achegamento dos profesionais sociosanitarios e a promoción da saúde. Explica Lola Rico, directora da Escola, que cos talleres “Es o que comes” quixeron concienciar do papel tan importante que ten a alimentación, “pois
Charla sobre nutrición de Pablo Vivanco en Sarreaus. as tres primeiras causas de morte no mundo, enfermidades cardiovasculares, cancro e ictus teñen unha relación directa cos hábitos de cada persoa”. Agradecementos A Escola Rural de Saúde agradece aos concellos de Xinzo de Limia, Tras-
miras, Sandiás, Sarreaus, Porqueira, e Vilar de Barrio a colaboración prestada, así como “a Nutrición Center Prieto e a Pablo G. Vivanco que o fixo posible e a Coren polo apoio á iniciativa de acción comunitaria así como pola súa involucración nas necesidades da contorna rural”.
ALLARIZ E COMARCA
Barrios Novembro de 2016
Niñodaguia inaugura o seu Museo Taller da Olería 4 Será un centro interactivo que realizará visitas guiadas. Redacción
A pasarela, en obras./CdA.
O Concello de Allariz reforma a pasarela do Portovello O Concello de Allariz está reformando a pasarela do río Arnoia, á altura do Festival Internacional de Xardíns de Allariz. As obras inclúen a instalación dunha pasarela de madeira para adaptarse as condicións da zona. A reforma enmárcase no plan provincial deste ano cun orzamento de 80.000 euros dos que unha parte destinarase, ademais, á creación de novas beirarrúas na zona do Piñeiro.
Allariz conmemora o 25-N con charlas e obradoiros
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o alcalde do Concello de Xunqueira de Espadanedo, inauguraron este mes o Museo Taller de Olería de Niñodaguia. O goberno provincial entende a “Niñodaguia e a alfarería como un asunto de interese provincial. O seu legado de máis de 500 anos merece ser reivindicado e apoiado”, destacou Manuel Baltar. O presidente da Deputación de Ourense comprometeuse a contribuír “ao sostemento do Museo e ao seu potencial xerador de riqueza e de emprego”. Asemade quixo
agradecer na inauguración ao Concello; ao alfareiro, Agustín Vázquez; e á Asociación Os Xuncos, “o seu interese nunha cuestión que é referencia na Ribeira Sacra e, en Galicia”, sinalou Baltar. Cultura do barro Este centro que pretende converterse nun espazo interactivo baseado na cultura do barro acollerá distintas actividades que contribúan á posta en valor desta tradicional profesión artesán. Deste modo, levaranse a cabo visitas guiadas adaptadas a diferentes grupos e idades, facendo un percorrido polo museo pero tamén polos fornos comuneiros; experiencias “cacharreiras”, isto é obra-
doiros de olería tradicional, unha actividade cun alfareiro de Niñodaguia, na que os visitantes poderán tocar e traballar o barro; e actividades para os centros de ensino que o demanden. A aldea de Niñodaguia de Xunqueira de Espadanedo, constitúe o último reduto da artesanía oleira ourensá. Os cacharreiros de Niñodaguia coñecidos tamén como xarreiros e calleiros, mantiveron a súa olería tradicional grazas a que a beta de arxila do Monte do Barro, no termo de Veigachá, parece non ter fin. Na actualidade consérvanse tres fornos comunais exteriores recentemente restaurados.
4 O propio día haberá lectura de manifestos na praza Maior. Redacción Allariz conmemora, o día 25 de novembro, o Día Internacional para a Erradicación da Violencia contra as mulleres. Con este motivo, a área de Igualdade, organiza varias charlas e obradoiros no Fogar dos Maiores. Iniciaranse estas actividades o día 22 ás 17:30h co obradoiro para mulleres “Manual de primeiros coidados: corpo e bo trato”, impartido pola técnica de igualdade e educadora familiar do concello de Allariz, Ana Pérez e Uxía Cordeiro. O día 24 terán lugar os “Diálogos Poéticos” coas mulleres da Asociación Silvardeira. Acto central O propio Día contra a violencia de xénero, o 25 de novembro, a mediodía, lerase na Praza Maior unha declaración institucional, o manifesto da asociación
Silvardeira e o manifesto polo amor e o bo trato a cargo de estudantes do IES de Allariz. De feito, alumnado de 1º de Bacharelato do instituto da vila tivo a ocasión de traballar nun obradoiro sobre esta temática os pasados días 7 e 14. Tamén o venres 25, ás 18:30h, celebrarase unha mesa de coordinación do Protocolo de actuación contra a violencia de xénero, e ás 19:30h a avogada Victoria Diéquez moderará a charla-coloquio “Casuística na atención a mulleres vítimas de violencia de xénero”. Para participar nos obradoiros é necesario realizar inscrición previa no Fogar dos Maiores ou no teléfono 988 554 059.
Para participar nos obradoiros é precisa inscrición previa
Manuel Baltar na inauguración do Museo Taller da Olería de Niñodaguia/A.PAZ.
11
EN BREVE 4 Senda peonil na OU-320 A Axencia Galega de Infraestruturas vén de iniciar as obras de remate da senda peonil na estrada OU-320, ao seu paso por Allariz. As actuacións, que foron adxudicadas a Hordescon S.L por un importe de máis de 232.000 euros, teñen un prazo de execución de catro meses. O proxecto comeza na travesía de Allariz, no PQ 9+730, na rúa do Piñeiro, na intersección con Camino Ferradal, dando continuidade ás sendas existentes nas marxes da vía ata o punto no que finaliza a travesía, no PQ 10+180. A partir deste punto, continuarase a senda pola marxe dereita ata o PQ 11+540, en Outeiro de Orraca. As obras complementaranse coa execución dunha rede para a recollida das augas de drenaxe.
4 Balance das Xornadas de Carne de Boi Máis de 3.000 quilos foron consumidos nas V Xornadas de Carne de Boi de Allariz que se desenvolveron entre o 30 de setembro e o 16 de outubro. O balance feito polo Goberno local foi moi positivo: “Durante as tres fins de semana, Allariz acolleu gran número de visitantes e veciños que saíron á rúa para degustar este manxar”, sinalaba Cristina Cid, edil de Promoción Económica.
Terapia con asnos 4 A través de A.N.D.R.E.A. Redacción Un ano máis a Deputación de Ourense subvenciona os Programas de estimulación multifuncional asistidos con asnos que imparte en Allariz a asociación A.N.D.R.E.A. desde fai xa máis dunha década para persoas con diversidade funcional.
Entre os beneficios desta terapia, que están a recibir estes meses os usuarios do Centro para discapacitados severos da Fundación San Rosendo en Allariz, están o desenvolvemento da súa psicomotricidade e da empatía, das súas capacidades cognitivas e emocionais, e da comunicación verbal e non verbal.
Terapia con asnos a cargo da asociación A.N.D.R.E.A.
12
Barrios Novembro de 2016
O PP rexeita “un novo catastrazo” Redacción
O Partido Popular de Allariz vén de amosar a súa oposición ao que denomina segundo “catastrazo” promovido polo grupo de goberno do BNG e que ocasionou o aumento dos valores catastrais nos últimos tres anos e outro máis previsto para 2017. Os populares esixen unha supervisión completa da regularización catastral “dando de baixa todas as construcións abandonadas ou ruinosas que nunca se deberon incorporar á base de datos do Catastro”. Para a súa voceira, Luz Doporto, os alaricanos, especialmente os do medio rural, “teñen a maior presión fiscal de todos os municipios da provincia e están a sufrir nos seus petos as consecuencias da nefasta xestión económica do BNG, que converteu a Allariz no municipio galego de máis de 5.000 habitantes con maior débeda por veciño”. Doporto explica que “ao parecer para o alcalde o aumento da presión fiscal e da recadación, logo da regularización catastral dos anos 2011 a 2013 e mailo incremento dos valores catastrais dos anos 2014 a 2016, non foi suficiente, de tal xeito que neste 2016 volveu solicitar un novo aumento dos valores catastrais do 10%, con entrada en vigor o próximo ano”, o que suporía un aumento do valor catastral de cada recibo “do 46% en catro anos”.
ALLARIZ E COMARCA
Os orzamentos de Allariz para 2017 superan os seis millóns 4 Priorizan a dinamización económica e as políticas sociais. Redacción O Concello de Allariz aprobou, no pleno do 10 de novembro, as contas para o ano 2017, que ascenden a 6.050.791 euros. Fíxoo cos votos favorables do grupo de goberno do BNG e o voto en contra dos concelleiros do PP. Segundo explicara o alcalde na presentación dos orzamentos, estes centran os seus esforzos “na dinamización económica favorecedora da creación de emprego e na oferta dun capital social básico cun amplo abano de servizos públicos municipais de calidade”. Xeración de emprego Con estas contas, a Administración local pretende seguir actuando de locomotora da economía local e apostará pola xeración de emprego en programas que poidan permitir unha oportunidade de ocupación ás persoas desempregadas. Paga extra No capítulo de persoal, as contas contemplan o pagamento da cantidade pendente da paga extra eliminada polo Goberno central e unha suba do 1% así como a promoción interna para dúas prazas de axentes da Po-
O alcalde de Allariz, Francisco García, nun pleno. licía Local e o incremento de prazas nas traballadoras de axuda no fogar e atención a dependencia. Investimentos As inversións municipais para 2017 ascenden a 1.200.000 e contemplan o cambio de luminarias para reducir o consumo eléctrico no alumeado público e en instalacións como a piscina climatizada, a execución do programa de Camiños Escolares, a execución do Allariz 2020 atendendo ás demandas veciñais nas diferentes parroquias e a posibilidade de construír un novo campo de herba sintética na Cidade Deportiva do Seixo se a Deputación Provincial o inclúe no seu programa de actuacións do que o Concello de Allariz cofinanciaría o 40 % do custo. Amáis, no exercicio 2017 o Concello de Allariz procederá a unha im-
portante amortización de préstamos a longo prazo e a carga financeira da débeda municipal situarase, ao final de ano, por debaixo do 75% dos ingresos ordinarios. Mantemento de taxas No referente ao capítulo de ingresos destaca o mantemento das ordenanzas fiscais nas tarifas e tipos fixados no 2016 e a aplicación dunha bonificación dun 50% no Imposto de construcións para favorecer o asentamento de empresas no polígono de Chorente. No caso dos recibos da auga e saneamento a aplicación da variación do IPC suporá unha baixa do 0,4%.
O Concello reserva para investimentos 1,2 millóns de euros
No acto de entrega tomaron parte Ánxeles Rodríguez, de Puzzle; e Antonio Riobó, por parte de Primagas.
Primagas entrega un cheque á Asociación Puzzle 4 330 euros recadados na súa festa de presentación. Redacción O local social da Asociación Puzzle en Allariz acolleu a entrega por parte de Primagas da recadación conseguida na recente “Festa Primagas”, celebrada como presentación pública desta empresa en Ourense. No acto de entrega tomaron parte Ánxeles Rodríguez, de Puzzle; e Antonio Riobó, por parte de Primagas. A Festa Primagas, celebrada na Barreira o domingo 9 de outubro, era de acceso libre, pero contaba con polbeiro e
filloeiros que repartiron racións a prezos populares. Por ela pasaron máis de mil persoas. Todo o conseguido (330 euros) servirá para colaborar nas actividades da Asociación Puzzle, entidade que loita contra a exclusión social e laboral das persoas con discapacidade. Primagas é unha firma que ofrece solucións enerxéticas eficientes e limpas en zonas non urbanas e que está en fase de expansión en Galicia. Este donativo responde a un dos principais valores da compañía, o compromiso coas comunidades nas que traballa.
PUBLICIDADE
Barrios Novembro de 2016
13
14
Barrios Novembro de 2016
EN BREVE
4
O BNG da Merca pide a Velo que asuma responsabilidades O Xulgado do Penal de Ourense nº 1 vai investigar ao alcalde da Merca, Manuel Jorge Velo, por un presunto delito de desobediencia. A Fiscalía culpa ao rexedor de non atender sucesivos requerimentos xudiciais do TSXG que instaban ao Concello a derrubar unha vivenda, que finalmente foi demolida en 2015 tras dúas décadas de procedemento contencioso. A petición do Ministerio Fiscal é de inhabilitación para o exercicio de emprego ou cargo público durante cinco meses e unha multa de 700 euros. Desde a oposición, o BNG considera que o alcalde debe asumir as responsabilidades tanto políticas como pecuniarias. Os nacionalistas presentaron un escrito no Concello solicitando información sobre a contía das multas e outros gastos relacionados co devandito expediente administrativo, “aos que leva facendo fronte o Concello a costa do erario público”.
4 Catálogo fotográfico do comercio celanovés Para celebrar o primeiro ano do portal web compraencelanova.com, o portal do comercio de Celanova, preséntase un catálogo fotográfico no que participaron un total de 98 establecementos que deron como resultado un material gráfico de 49 fotografías. Con este catálogo preténdese dinamizar e facer difusión dos establecementos que forman parte de compraencelanova a través dun material gráfico único e novidoso.
CELANOVA E COMARCA
Visitas turísticas, concertos de órgano e micoloxía, propostas para atraer visitantes a Celanova este outono 4 O Concello presentou os novos horarios da súa oficina de turismo e da Casa dos Poetas. Redacción O Concello de Celanova e a Fundación Curros Enríquez seguen traballar en conxunto para ofrecer ao visitante que se achegue a Celanova a mellor atención e o acceso a todo o seu patrimonio monumental e inmaterial. Así, durante este outono e inverno a oficina de turismo municipal permanecerá aberta de martes a venres de 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 18:30 horas. E sábados e festivos de 10:30 a13:30 e de 16 a 18 horas. A Casa dos Poetas, pola súa banda, abrirá de martes a sábado, de 11:00 a 13:30 e de 16:00 a 19:00 horas. E a Torre de Vilanova permanecerá visitable de mércores a venres de 16 a 19 horas e sábados, domingos e festivos de 11 a 14 e de 16 a 19 horas. Ofrecerase a posibilidade de realizar un paseo guiado ata a Cova de San Vivián con acceso incluído. Tamén haberá visitas guiadas, de martes a sábado, polo Mosteiro de San Salvador e a Capela de San Miguel ás 11:00, 12:30 e 16:30; e á Torre das Campás ás 12:00 e 17:30 horas. E á Castromao para grupos con reserva previa. Concertos de órgano Para sumar máis atractivos á proposta turística de Celanova, a Fundación Curros Enríquez e o Concello de Celanova veñen de acordar coa Parroquia de San Rosendo e coa
O claustro do Mosteiro é un dos lugares máis visitados de Celanova./ARQUIVO.
Imaxe da primeira saída micolóxica./FCE. Asociación de Amigos do Órgano “Un rato no tubo” a realización de pequenas audicións ou microconcertos de órgano para os grupos de turistas que se acheguen á localidade con reserva concertada para visitar o mosteiro de San Rosendo. Cunha hora e media de
duración, o visitante poderá coñecer o patrimonio arquitectónico que ofrece este recinto, desde a capela mozárabe de San Miguel ata o maxestuoso barroco da igrexa, rematando coa participación nun microconcerto-demostración deste instrumento presente no coro alto do mostei-
O primeiro colectivo que tivo a oportunidade de gozar dos microconcertos de órgano foi un grupo de usuarios do Hotel Balneario Arnoia - Caldaria o pasado mércores 9 de novembro. ro, a cargo de María José Mosquera -que é a organista da parroquia de San Rosendo-, Irma Fernández Alonso, Marisol Mendive ou calquera outro organista da Asociación ‘Un rato metido no tubo”. Ademais de coñecer a mecánica do instrumento, a súa evolución a través da historia, os visitantes terán a oportunidade de gozar dunha breve audición práctica sobre o seu funcionamento. Sábados micolóxicoturísticos Outra iniciativa turística novidosa na comarca é o programa “Outonéate”, unha iniciativa do proxecto cultural e turís-
tico ‘Rosenlands’ en colaboración coa Fundación Curros Enríquez e os concellos de Celanova, Verea e Bande. Trátase dunha serie de xornadas nas que a micoloxía será a protagonista. Dúas delas xa se celebraron (o 29 de outubro e o 5 de novembro) e resta aínda a convocatoria do 19 de novembro, con saída ao monte de Verea en busca de cogomelos e un posterior obradoiro de produción de cogomelos en sacos.
A última saída micolóxica será o 19 de novembro, en Verea
especial DEPUTACIÓN DE OURENSE
DEBATE SOBRE O ESTADO DA PROVINCIA
Manuel Baltar: “Cómpre unha nova ‘axenda dos territorios’ que priorice participación cidadá, emprego, innovación, cultura e medio ambiente” O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, afirmou na sesión plenaria de debate sobre o Estado da Provincia que os gobernos locais “deben situarse no centro das políticas públicas, convertendo os ideais normativos en propostas concretas”, e defendeu a necesidade de poñer en marcha “unha nova ‘axenda dos territorios´ que priorice participación cidadá, creación de emprego, mellora nos servizos públicos, innovación, cultura e unha filosofía medioambientalista como eixe vertebrador, xunto con políticas culturais que fomenten o patrimonio, a creatividade e a diversidade local”. O presidente provincial presentou no debate 12 novas medidas de dinamización provincial, que sumadas ás 10 do grupo de goberno teñen como obxectivo “vertebrar o territorio atendendo ás especificidades de cada concello e de cada bisbarra”. Afirma que a Deputación “é o motor de transformación dunha provincia que terá na chegada da alta velocidade “un pulo determinante”, e remarca como principais eixes de actuación: turismo, deporte, tecnoloxía, habitabilidade e xestión e rigor nas contas públicas. Manuel Baltar anunciou a
elaboración dun Plan Provincial de Turismo Creativo e Cultural “para ser competitivos no mapa turístico nacional”; e a creación dunha “Bolsa socio-sanitaria de emprego”, pioneira en España, e do Centro Tecnolóxico “Ourense Intelixente”, ademais da posta en marcha dun “Programa de Aceleración para a Innovación Pública”. O pleno aprobou en total 19 propostas de resolución referidas á innovación pública, emprego, dinamización económica, tecnoloxía, emprendemento, igualdade, medio ambiente, termalismo, transparencia, cultura e patrimonio, desenvolvemento rural, viticultura, cooperación cos concellos, cooperación europea e etnografía, propostas que recollen aspectos estratéxicos para o futuro da provincia de Ourense e que abranguen os ámbitos de actividade que desenvolve a institución provincial. Plan de mandato da próxima lexislatura: “Ourense 72-73” Manuel Baltar dixo no seu discurso que as iniciativas que propón “marcarán a axenda dos próximos doce meses e constitúen unha prioridade para este goberno, ademais das propostas
Manuel Baltar durante o debate do estado da provincia. de resolución que se aproben e, por suposto, sen esquecer as previsións contidas no Plan Ourense 15-19 de xestión e estratexia operativa desta Deputación Provincial”. Tamén avanzou a que será a denominación do plan da próxima lexislatura (20192013), que se chamará “Ourense 72-73”, en alusión aos 7.273 quilómetros cadrados que ten a provincia de Ourense, “todos eles igual de importantes”.
Debate pioneiro Manuel Baltar destacou que este Debate sobre o Estado da Provincia “só se celebra nesta deputación en Galicia e en dúas provincias máis en España, unha innovación contida no Código Ético e de Conduta desta institución”, e subliñou a importancia do mesmo reafirmándose na importancia da provincia “da que defendemos unha visión integral”.
Barrios Novembro de 2016
15
Ourense será sede e provincia fundadora do Consello Europeo de Economía Sostible Ourense será sede e provincia fundadora do Consello Europeo de Economía Sostible (European Sustainable Economy Council), unha asociación permitirá a cidadáns, empresas e administracións da Unión Europea ter unha maior fortaleza e presenza nas políticas medioambientais e participar activamente nos ámbitos da “economía verde”, favorecendo a posta en marcha de proxectos empresariais e sociais que avancen na cultura da sostibilidade. A elección de Ourense para acoller esta sede europea é consecuencia directa da misión comercial USA, na que participou o presidente do Consello Americano de Negocios sostibles (ASBC), David Levine, quen avaliou o compoñente medioambiental do goberno provincial. O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, está a impulsar a creación desta asociación, logo de asinar no Pazo Provincial con David Levine, presidente da ASBC –organización que engloba a 250.000 empresas USA-, un acordo de colaboración para levar a cabo a creación do Consello Europeo de Economía Sostible e potenciar así as políticas medioambientais nas empresas e administracións públicas europeas en cooperación con este organismo norteamericano.
O premio “Ourensanía” 2016 recoñece ao produtor de cine José Sousa O produtor ourensán de cine José Sousa (Ramirás, 1951) recibiu o 11 de novembro, día de San Martiño, patrón de Ourense, o Premio “Ourensanía” 2016, nun acto celebrado no Teatro Principal de Ourense, que contou coa participación dos presidentes da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, ademais de persoeiros dos ámbitos institucional, cultural e social de Galicia. O premio “Ourensanía” nesta sexta edición recoñece a José Sousa “a súa fonda galeguidade, a súa capacidade integradora e multicultural, e o feito de que non esqueceu nunca dúas marcas de ourensanía: a súa terra nai e o
seu interese pola arte”, afirmou Manuel Baltar no seu discurso, engadindo que estes son elementos que integran esa maneira de ser e de sentir Ourense, “unha cultura a través da cal abrímonos ao mundo”. O xurado do premio “Ourensanía” destacou de Sousa, propietario da productora Xenón Films, a súa importante carreira cinematográfica en Venezuela, “que o colocaron como un dos nomes imprescindibles dentro da industria cinematográfica de Iberoamérica” O presidente do goberno provincial expresou que ao elenco de relevantes persoeiros que foron galardoados con Premio ”Ourensanía”, entre os que citou
a José Antonio Vázquez Taín, Xosé Rodríguez Carballo, Victoria Prego e Mariluz Barreiros “únese agora o nome de José Sousa, un ourensán que de moi novo emigrou a Venezuela e traballo moi duro ata chegar a ser un referente da actividade cinematográfica daquel país”. “Hoxe –destacou Baltar-, con 37 películas no seu haber, é unha das figuras máis importantes da industria audiovisual de América Latina e un ourensán exemplar, feito a si mesmo, e un ser humano que, a pesares da traxedia familiar que tivo que afrontar recentemente, mantense firme no seu rumbo vital, traballando, creando e sentíndose ourensán, galego, español e venezolano”.
Manuel Baltar entrega o premio “Ourensanía” ao produtor José Sousa en presenza de Alberto Núñez Feijóo.
16
Barrios Novembro de 2016
CELANOVA E COMARCA
Entregados os galardóns do concurso de fotografía de Raigame 4 A exposición coas fotografías premiadas poderase ver ata final de mes na Sala dos Arcos do Concello de Celanova.
Celanova prepara unha APP coa información municipal 4 O Goberno local tentará poñela en marcha en 2017.
Redacción Veñen de entregarse os premios do concurso fotografía que cada ano se convoca con motivo da celebración da Romaría Etnográfica Raigame o 17 de maio en Vilanova dos Infantes. A entrega dos premios tivo lugar o pasado 12 de novembro, con motivo da inauguración da exposición fotográfica que se celebra cada ano coincidindo co Outono Fotográfico e que estará na Sala dos Arcos do Concello de Celanova durante o que resta de mes de novembro, baixo o título de “Estampas dunha romaría”. O premio á mellor serie fotográfica (dotado con 500 euros) foi para o traballo titulado “Retratos” de José Ángel Paz Gil, de Cangas do Morrazo, mentres que o premio á mellor fotografía (premio de 300 euros) recaeu no traballo
Redacción
Premiados no concurso de fotografía de Raigame. titulado “Xente de Vilanova 1”, de Ana Iglesias, de Ourense. O segundo e terceiro premios á mellor fotografía (dotados con 250 e 200 euros) foron para “O gaiteiro cortés” de Beatriz Cabanelas González, de Pontevedra, e “Tra-la-festa”de Isabel Janeiro, do Carballiño, respectivamente. Ademais, o xurado acordou conceder dúas mencións especiais ás series
“Bailando aos catro ventos”, de José Manuel Nóvoa Blanco, de Ourense, e “As raiñas do Raigame”, de Isabel Janeiro Touriño, do Carballiño “pola creatividade, orixinalidade e singularidade amosadas nas súas propostas”. Asemade, concedéronse accesits ás fotografías “Xente de Vilanova-2”, de Ana Iglesias, de Ourense; “Con moito mimo”, de Manuel Pazos Vázquez, de
Marín; “Complicidad” e “Secreto compartido”, de Susana Baños González, de Ourense; “Amancio. O pequeno romero”, de Beatriz Cabanelas González, de Pontevedra; “A modista”, de José Manuel Nóvoa Blanco, de Ourense; “Moceando”, de José López Pérez, de Santiago de Compostela; e “Gaiteiro”, de José Ángel Paz Gil, de Cangas do Morrazo.
Terra de Celanova incorpórase á rede de comunicacións de emerxencias Tetra da Xunta
Unha enquisa realizada polo Concello de Celanova a través da Aula CEMIT e difundida polas redes sociais manifesta o interese do 98,9% dos veciños deste municipio na posible posta en marcha dunha aplicación móbil que baixo o título de “Celanova Viva” tratará de unificar a información administrativa, cultural, deportiva e social do Concello de Celanova para achegala a eles dun xeito máis cómodo e unificado. A Aula CeMIT de Celanova foi a encargada de levar a cabo a prospección de opinión sobre esta proposta, no marco do proxecto CeMIT-Innova, unha iniciativa da Amtega para o fomento da Innovación Social Dixital en Galicia. “Celanova Viva” pretende unificar toda a información que xera de forma cotiá a Administración local e achegala dun xeito sinxelo a todos aqueles usuarios, residentes ou non no municipio, e que conten cun
teléfono con acceso á internet e con posibilidades de descargar aplicacións. A falta de información por parte dos veciños sobre a realidade diaria das actividades xeradas no Concello fan a miúdo que estas non conten cun número mínimo de asistentes, polo que se espera que coa creación futura desta aplicación e coa unión da tecnoloxía e da innovación se poida dinamizar a actividade social, cultural e económica do Concello. Coñecido o interese veciñal pola posible posta en marcha desta iniciativa, o Concello de Celanova, en colaboración coa empresa de tecnoloxías da información Evelb, tratará de xestionar a axuda necesaria por parte da Xunta de Galicia para poder poñela en marcha durante o ano 2017. Innovación Unha das novidades coas que conta esta App é a interacción entre comerciantes e clientes, facilitando a visualización dos produtos e permitindo que compradores e vendedores interactúen en tempo real.
4 A Mancomunidade recibu 6 equipos de comunicacións.
Actuacións de eficiencia enerxética no alumeado público
Redacción A Dirección Xeral de Emerxencias vén de incorporar á Mancomunidade Terra de Celanova á rede de comunicacións de emerxencias Tetra da Xunta de Galicia. A Mancomunidade recibiu seis terminais de comunicacións, cun custo que supera os 4.000 euros. Ademais, os responsables e integrantes do seu servizo de emerxencias tiveron unha sesión formativa, co obxectivo de implantar o correcto uso dos equipos de comunicacións nos seus servizos.
Redacción
O director xeral de Emerxencias, Luis Menor (centro), e o presidente da Mancomunidade Terra de Celanova, José Antonio Pérez Cortés (dereita).
O Concello de Celanova vén de renovar a iluminación exterior da Rúa Encarnación e da praza Maior. En concreto, instaláronse medidas de control e telexestión do consumo de enerxía, e control do acendido e do apagado. O orzamento da actuación superou os 47.500
euros, dos cales 14.278 destinarónse ás obras da rúa Encarnación e os 33.250 restantes á actuación da praza Maior. Ditas actuacións foron realizadas ao abeiro dunha convocatoria de subvencións da Xunta para proxectos de aforro e eficiencia enerxética na Administración local, cofinanciadas con fondos europeos Feader.
OURENSE PROVINCIA
Barrios Novembro de 2016
17
Recollen sinaturas en Maceda en apoio a unha rebaixa do IBI 4 Iniciativa do PSOE. Redacción A Agrupación Socialista de Maceda emprendeu unha campaña de recollida de sinaturas en apoio a unha moción de rebaixa do IBI. A concelleira socialista Ana María Rodríguez Blanco, amosouse satisfeita pola resposta masiva da veciñanza e anunciou que presentarán “no rexistro do Concello centos de sinaturas antes da celebración do pleno que expresan o apoio real da veciñanza, apoio que o alcalde de Maceda ten que ter en conta”. A veciñanza avala as razóns nas que se basea esta baixa, explica a política socialista: “a regulariza-
ción promovida dende o Ministerio de Facenda incrementará as altas e modificacións, así que a recadación municipal vai aumentar. Dado que o elevado coeficiente actual 0,6% que data de 1999 é excesivo polas características económicas actuais, é o momento de baixar o imposto ao 0,4%, que está en consonancia con concellos similares ao noso”
“É o momento de baixar o imposto ao 0,4%, en consonancia con concellos similares”
Ana María Rodríguez con veciños de Maceda.
Representantes de Stop Accidentes, Expourense, ACAUTO, e Cáritas na presentación do 8º Salón do Automóbil.
26 marcas estarán presentes no 8º Salón do Automóbil 4 Do 18 ao 20 de novembro celébrase en Expourense o Salón do Vehículo Novo e do 25 ao 27 de novembro o Salón do Vehículo de Ocasión. Redacción Todos os concesionarios da provincia de Ourense pertencentes á Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense, ACAUTO, participarán como expositores no 8º Salón do Automóbil que se celebrará durante dúas fins de semana seguidas en Expourense.
Para incentivar as compras sortearase un cheque regalo de 6.000 euros
Do 18 ao 20 de novembro terá lugar o Salón do Vehículo Novo, e do 25 ao 27 de novembro o do Vehículo de Ocasión. Dúas citas vencelladas cun dos sectores comerciais de maior peso na provincia de Ourense, o da automoción, organizadas de forma conxunta entre Expourense e ACAUTO. En total estarán presentes 17 concesionarios que representan 26 marcas, o que supón o 100% das marcas vendidas na provincia. Todas elas aproveitarán a súa presenza nesta cita para presentar os últimos lanzamentos e os vehículos que se van co-
mercializar de cara á campaña do 2017. O obxectivo destes dous salóns é presentar no recinto feiral unha oferta completa e atractiva, que cubra todas as gamas e modelos de vehículos para adaptarse ás necesidades e preferencias dos visitantes. O público poderá consultar nun mesmo espazo toda a oferta existente no mercado ourensán, e comparar opcións antes de decidir a compra do seu vehículo. Como incentivo para animar a os visitantes a axilizar o proceso de decisión, a organización volverá sortear, entre os visitantes que pechen a compra
dun autómobil novo ou de ocasión nestas citas, un cheque regalo por importe de 6.000 euros a descontar do precio de compra do vehículo adquirido. Novidades Expourense e ACAUTO colaboran nesta ocasión con Cáritas Ourense, a quen lle farán unha doazón por cada vehículo vendido; e con “Stop Accidentes” que contará cun stand informativo nestas citas no que entregarán a aqueles interesados un adhesivo que inclúe un plano do vehículo que facilitará o traballo dos bombeiros no caso dunha excarcelación.
18
Barrios Novembro de 2016
DEPORTES
Feijoo, líder da Copa de España 4 En categoría júnior de ciclocross. Redacción O ciclista do Club Ciclista Maceda, Iván Feijoo, vén de situarse primeiro na clasificación
provisional da Copa de España de ciclocross. O alaricano accede ao primeiro posto logo de rematar segundo na proba disputada en Les Franque-
Iván Feijoo no circuíto embarrado de Karrantza. /CEDIDA.
Triple vitoria do CC Maceda 4 Na proba da Copa de España disputada en Karrantza. Redacción Histórica xornada para o Club Ciclista Maceda a vivida en Karantza. Disputabase na localidade vizcaína unha das probas da Copa de España de ciclocross. Unha representación do Academia Postal Ation MMR desprazouse para participar nun evento marcado polo barro presente no circuíto. A representación ourensá non puido brillar máis. En júnior, Iván Feijoo alzouse co triunfo, a pesar dos problemas na saída; Feijoo puido remontar e rematar vencendo supe-
rando incluso ao seu máximo rival, o catalán Jofre Cullel. Cadetes En cadetes, dobre vitoria. Carlos Canal, en homes, e Aida González, en mulleres, eran os vencedores.
Canal impoñíase ao actual campión de España, Gonzalo Inguanzo; Marco Nube entraba en meta 15º e Hugo Vázquez 28º. Se Aida era a primeira, Noela Saa entraba en liña de meta quinta e Antía Martínez, sétima entre as cadetes.
Carlos Canal e Aida González no podio de Karrantza.
Feijoo na proba de Les Franqueses. /CEDIDA.
O Verín puntúa Redaccción O Verín, da Rexional Preferente grupo sur, logrou un punto no seu partido no José Arjiz da xornada número 13 contra o Mondariz. Os de Anxo Valcárcel logran puntuar despois de dúas xornadas consecutivas perdendo -as dúas anteriores lograran
un empate-. O Mondariz e outro dos equipos que está na zona delicada da clasificación xunto cos verineses (décimo oitavo o primeiro e vixésimo o segundo), polo que non perder soa a boa noticia para os ourensáns. A salvación teñena a tres puntos. Dúas vitorias, tres empates e oito derrotas é a bagaxe do Verín nestas 13 primeiras xor-
ses (Barcelona). Iván sufría unha picada na segunda volta, o que lle afastaba da loita polo triunfo contra o catalán Cullel. A pesar do infortunio logrou chegar a liña de meta como segundo o que lle vale ese primeiro posto provisional. Resto do equipo En canto ao resto do equipo que se desprazou para a disputa desta carreira, Carlos Canal (en cadetes) era segundo nunha dura proba; esta segunda posición faille sumar un novo podio e manterse no segundo lugar da clasificación. Marco Nube remataba undécimo. En cadetes mulleres, Aida González seguía a estela dos seus compeñeiros e subía ao podio no terceiro caixón; Aida fóra a primeira na pasada xornada celebrada en Karrantza. Ademais Noela Saa era quinta e Antía Martínez, sétima.
nadas de Liga. En canto aos outros conxuntos da nosa provincia, o Arenteiro marcha líder (26 puntos); o Ourense Club de Fútbol, oitavo (20 puntos); o Nogueira, 12º (16 puntos) e o Polígono, décimo sexto (13 puntos). Esta próxima xornada os de Valcárcel visitan ao Sanxenxo, equipo que é décimo cuarto.
PUBLICIDADE
Barrios Novembro de 2016
19
20
Barrios Novembro de 2016
DEPORTES
Lekhili e Fernández, da man en Albarellos
carreira de cativos -1.400 metros de percorrido con saída ás 13:15 h- o número total de anotados é de 2.657.
4 Yolanda Gutiérrez foi a máis rápida.
Ponte Vella O Centro Comercial Ponte Vella porá a disposición dos participantes o aparcadoiro do centro comercial de xeito gratuíto.
nández, dándolle a organización o triunfo ao primeiro deles; o tempo dos dous de 31 minutos e 55 segundos. En terceiro lugar chegaba Luis Iglesias (32:49). En canto ás mulleres, Yolanda Gutiérrez foi a campioa (37:58), seguida de Sonio Teijeiro (38:38) e de Ana María Ocampo (39:33). Foron máis de 200 os atletas da carreira absoluta que remataron a mesma.
Dorsais Os dorsais poderanse recoller na cancha central do pavillón dos Remedio. Este venres de 16 a 20 horas ou sábado de 9 a 20 horas. No mesmo recinto, o sábado ás 19 horas realizarase a cerimonia de premiación dos mellores de cada categoría do circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense”, que rematou o mes pasado coa carreira da Carballeira.
Redacción Quince días antes da San Martiño disputáronse dúas probas atléticas na nosa provincia: os 10 km de Albarellos (Monterrei) e a popular dos Santiños (O Barco de Valdeorras). Albarellos A localidade de Albarellos no Concello de Monterrei acolleu a terceira edición da súa carreira popular. Este ano o seu percorrido de 10 quilómetros foi homologado pola Real Federación Española de Atletismo (sobre un circuíto de 5 km). Á proba acudiron a maioría dos mellores atletas da nosa provincia. Chegaron da man os atletas Hassan Lekhili e Alejandro Fer-
Máis de 200 atletas participaron na carreira absoluta de Albarellos
Podio masculino e feminino nos 10 km de Albarellos./ERIK ALFONSO.
Saída da carreira absoluta na edición do ano pasado da San Martiño. /ARQUIVO.
Todo listo para unha San Martiño XL 4 A carreira popular decana de Galicia chega á súa 40ª edición. Redacción Galicia enteira está preparada para unha nova edición da carreira popular do San Martiño. A edición XL - 40ª- esta prevista para este domingo 20 de novembro. Coparán as rúas da cidade das Burgas os milleiros de atletas chegados de todos os puntos da nosa comunidade, que un ano máis estarán na liña de saída. Números Este ano o número de inscritos baixou con respecto ao do ano pasado en preto de 500. Aínda
así, a cifra é para asustar; 11.271 entre as tres carreiras que terán lugar. 4.463 e o número de persoas que se anotaron para a proba absoluta -dará comezo ás 11 horas cun per-
corrido homologado pola Real Federación de Atletismo de 10 quilómetros-; na proba escolar o número é de 4.151 -ás 12:30 h dará o pistoletazo esta carreira de 4.700 metros-; e para a
O número total de inscritos nas tres carreiras ascende a 11.271
Esquerda, Lekhili foi o gañador no 2015. Dereita, saída da carreira escolar./ARQUIVO.
OCIO E CULTURA
Barrios Novembro de 2016
21
Verín, escenario da miniserie “Vidago Palace” 4 Unha coprodución galego-portuguesa. Redacción
Presentación da miniserie “Vidago Palace”, no hotel luso do mesmo nome.
Verín será un dos escenarios da miniserie romántica luso-galega Vidago Palace, que se ambientará no hotel portugués do mesmo nome. Esta é a primeira coprodución entre a RPT e a TVG, cuxa emisión está prevista nas dúas canles. Verín e as súas augas
serán protagonistas, con presenza no guión “tanto dos fermosos paraxes da contorna verinesa coma do noso auguismo, e as botellas das marcas históricas que levaron, e levan, a Verín a todos os fogares e establecementos hostaleiros de España, Portugal e de Europa”, adiantou o tenente de alcalde, Diego
Lourenzo. Esta serie de ficción, que se atopa en plena rodaxe, está ambientada no contexto histórico de 1936. A trama céntrase no amor prohibido entre Carlota, filla dos condes de Vimeiro, e o mozo Pedro, empregado do hotel, nunha época na que imperaban as conveniencias familiares e sociais.
En busca do cartel do Entroido 4 Verín e Xinzo manteñen abertos concursos para elixir a imaxe dos seus carnavais. Redacción Os concellos de Xinzo e de Verín manteñen abertos os certames para seleccionar os seus carteis oficiais para o Entroido 2017. No caso de Xinzo, a data límite de presentación de traballos é o 19 de novembro; mentres que en Verín poderanse entregar ata o 9 de decembro. En ambos casos, as obras deberán presentarse en formato vertical cun tamaño 50 x 70 cm, sen límites de tintas nin técnicas. O cartel de Verín levará como único texto “Entroido 2017-Verín. 16, 19, 23, 24, 25, 26, 27 e 28 de febreiro. Festa declarada de interese turístico nacional”, e deberá recoller o espírito entroideiro de Verín. En Xinzo, o texto deberá ser “Entroido 2017 - Xinzo de Limia do 4 de febreiro ao 5 de marzo e debaixo Entroido 24, 25, 26, 27 e 28 de febreiro. Festa declarada de interese turístico nacional” ou ben introducir a fórmula “ 4 de febreiro Petardazo, 5
de febreiro Fareleiro, 11 de febreiro Colgamento do Meco, 12 de febreiro Oleiro, 18 de febreiro Sábado Corredoiro, 19 de febreiro Domingo Corredoiro, 24, 25, 26, 27 e 28 de febreiro Entroido, 1 de marzo Enterro da Sardiña e 5 de marzo Domingo de Piñata”. En todo caso, o tema deberá reflexar o sentimento do entroido de Xinzo. Como en anos anteriores, a elección do cartel gañador será decisión dun xurado profesional e do voto do público que visite a exposición das obras presentadas. En Xinzo poderanse ver e avaliar na Casa da Cultura entre o 21 e o 24 de novembro, mentres que en Verín exhibiranse do 12 ao 17 de decembro. Premios O Concello de Verín premiará o traballo seleccionado con 600 euros, sendo a dotación económica do concurso de Xinzo de 500 euros.
En Xinzo ata o 19 de novembro e en Verín ata o 9 de decembro
22
Barrios Novembro de 2016
4AXENDA Exposicións - Desde o 21 de novembro - Exposición monográfica sobre Xesús Taboada Chivite -Biblioteca de Verín - Ata o 30 de novembro - Fotografías Concurso Raigame - Sala dos Arcos de Celanova - Ata o 15 de decembro - “Esquenzo” de Xaquin Rosales - A Arca da Noe (Vilar de Santos) Cine - 18, 19 e 20 de novembro: “Cigüeñas” e “Yo, Daniel Blake” Varias sesións - Casa da Cultura de Verín Música - 20 de novembro Concerto de Santa Cecilia: Banda Unión Musical de Allariz e Banda Nova - 12:30 h - Casa da Cultura de Allariz - 22 de novembro Concerto de Santa Cecilia - 20 h - Igrexa dos Pais Mercedarios de Verín - 26 de novembro - Mitocondrias - A Corte dos Bois (Sandiás) Varios - 23 de novembro Conferencia: “A emigración no país do Támega” - 20:15 h - Casa da Cultura de Verín - 24 de novembro - Presentación do libro “Sete puntos negros sobre fondo vermello” de Juanjo Lamelas - 20 h - Casa dos Poetas de Celanova - 22, 24 e 25 de novembro - Conferencias sobre Xesús.Taboada Chivite - 19:30 h - Casa da Cultura de Verín Infantil - 18 de novembro - Contacontos: “O Dinosaurio Tragón” - 18 h - Biblioteca de Verín Feiras e festas - Todos os xoves - Feira en Celanova - 24 de novembro - Feira de Verín - 27 de novembro - Feira en Xinzo - 1 de decembro - Feira en Allariz
OCIO E CULTURA / ARTIGOS
4DESDE A PONTE... A MONTERREI
4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA
O milagre de Paulino Cando escribo cousiñas de Vilardevós e das súas xentes, de súpeto o sentimento sae das entrañas e case sen pensar, as verbas brotan coma un manancial de auga imparabel. Hoxe quero deixar aquí, a historia de Paulino, un mozo de Vilardevós, que dalguha maneira quedou no meu maxín, cando de rapaces vivimos as mil e unha noites, naqueles veráns inesquecibles no inicio dos oitenta, ao carón da serra das Penas Ceibes, velados polo San Roque, o noso patrón. Paulino, “o neno do altiplano” alcume co que el mesmo se bautizou con termos taurinos, para que os seus amigos de “La Herradura” en Granada, pobo onde reside dende fai xa máis dunha década, sintan con acento andaluz a profunda amizade deste galego inquedo e polifacético. Corrían os noventa cando Paulino exerceu de carteiro rural, cubrindo os pobos da montaña no val de Monterrei, sen presa pero sen pausa, rezaba no seu maletín de coiro desgastado. Daquela, o seu pai, carteiro xubilado, estaba ingresado no hospital de Ourense, e despois da xornada laboral, Paulino ía dormir ao seu carón, e atendelo en todo aquelo que fora mester, e pola estrada N-525 facía a
“Todos os mozos de Vilardevós xuntáronse e inventaron unha sala de rehabilitación no baixo da casa”
viaxe diaria cara á capital. Un fatídico dia de xuño do 1990, por mor do cansazo acumulado, quedou dormido mentres guiaba o seu coche, sufrindo un gravísimo accidente, con lesións que presaxiaban o peor. Paulino sobreviviu a este duro golpe do destino, mais unha cadeira de rodas sería necesaria para poder desprazarse dun lado cara outro durante un longo tempo. Foi entón, cando en Vilardevós, ese vento frío que zoa cara a serra, pegou a volta e unha voz forte e profunda saiu do corazón da montaña máxica, arrincando o sentimento puro da amizade, o cariño e o amor, xurdindo de súpeto a mensaxe da esperanza, aquí estamos nós! E así foi como se conxurou unha “armada invencible”, o Lora, o Chucho, o Linos e todos os mozos de Vilardevós xuntaronse e inventaron unha sala de rehabilitación no baixo da casa, que consistía nunhas sinxelas barras de ferro paralelas, ben ancladas no chan, cun corredor liso sen atrancos. Alí Paulino, coa forza dos compañeiros e con voluntade e agallas, comenzou a percorrer o longo camiño, amarrándose aos ferros da vida. Aos poucos, foi deslizando os seus maltreitos pés polo corredor mollado polas bágoas dun sufrimento doce, coa alma encendida, e sempre co alento dos mozos ao seu carón. Despois duns meses de loita, a cadeira de rodas quedou esquecida e o milagre de Paulino xurdiu de forma natural, coma a vida mesma, mais seguro que o San Roque, o noso santiño, puxo da súa parte. Paulino tivo que emi-
grar por motivos laborais, e de vez en cando regresa a Vilardevós, o seu pobo natal, no altiplano onde o vento dá a volta. E alí xuntamonos na lareira, para esgallar estas cousiñas que xorden cando nos lembramos daqueles lonxanos tempos da mocidade, cando entre bromas espetounos “tiven que aprender de novo a camiñar como as bonecas de famosa”, mais se non chego a ter amigos, non sería posible. Agora camiña lonxe da súa terra, mais non está só, porque a amizade, valor indiscutible dos que enraizamos nesta fermosa terra do contrabando e das letras, seguirá sendo a nosa guía, coma sen dúbida foi n outros tempos para os nosos avós. A néboa acouga nos tellados, e a noite cae en Vilardevós, a estrola segue ao carón do lume purificador, e nós, cheos de harmonía e ledicia, mirámonos aos ollos en silencio, escoitando as verbas que Paulino escomenza a recitar pausadamente, coa voz entrecortada pola emoción, “Forzas do ar, terra mar e lume, a vós, fago esta chamada: se é verdade que tedes máis poder que a humana xente, aquí e agora, facede que os espíritos dos amigos que están fóra participen con nós desta queimada”. Un calafrío percorre a nosa alma, e as risas cómplices outorgan á xuntanza un sentido enxebre do que é a amizade, as lembranzas e do máis fermoso, o amor por un pobo, onde xourden as espontáneas e incribles historias da vida. Miguel A. Prieto “Chitín”
Osteoporose Segundo a Asociación Portuguesa de Osteoporose, a doenza atinxe a preto dun millón de persoas. É unha doenza crónica, progresiva e tamén silenciosa. Reduce a masa ósea e aumenta a posibilidade de sufrir fracturas e é máis frecuente nas mulleres despois da menopausa, período en que esa perda pode acelerarse o dobre que no sexo masculino. Hai unha perda da masa ósea e como consecuencia a súa fraxilidade. Para combatelo é preciso tomar alimentos ricos en calcio, como produtos lácteos, agróns, brócoli, espinacas, améndoas, todos os legumes de folla verde, etc. Ao mesmo tempo non esquecer a presenza da vitamina D, presente nos aceites de peixe, na súa graxa e nos baños de sol. O exercicio
físico é imprescindíbel, así como o consumo de froitos e cereais. Os protectores dos ósos son: a vitamina D (peixe azul, ovos e lácteos), vitamina K (legumes, aceite e soia), o potasio (legumes, froitas, froitos secos, peixe e carne), e o magnesio (chocolate, soia, legumes, noces e améndoas). Os ósos porosos e fráxiles sofren facilmente fracturas e calquera caída, mesmo lixeira pode ter consecuencias graves provocando por veces incapacidade extrema. A osteoporose pode ser diagnosticada e tratada precozmente. Existen exames que miden a densidade dos ósos, sendo o máis común a osteodensiometria, indolora e sen riscos. E non esquecer “ou se usan ou se perden”. João Damião
Novo premio para a Biblioteca de Verín 4 Polo seu proxecto de voluntariado cultural. Redacción A Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín resultou premiada, por sétimo ano consecutivo, na ‘XVII Campaña de Animación á Lectura María Moliner’, co proxecto ‘Voluntariado cultural para o fomento da lectura’. O galardón consiste nun lote bibliográfico composto por 150 libros infantís e xuvenís, seleccionados entre as novidades de cada ano e valorado en, aporoxima-
damente 4.000 euros. A Biblioteca Municipal foi galardoada na categoría de municipios de menos de 50.000 habitantes para premiar os mellores proxectos que inclúan accións de animación á lectura, eficiencia e labor bibliotecaria, integración social na comunidade así como a utilización das novas tecnoloxías. A Biblioteca Pública Municipal de Verín conta con máis de 3.265 socios, dos que 360 se sumaron o ano pasado.
CLASIFICADOS
Barrios Novembro de 2016
23
BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios. com. Distribúe: Lebre Mensaxeira. Imprime: Publicaciones Tameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro. Colaboracións: Joao Damiao, Borys Martínez, Miguel A. Prieto Sotelo, Silvia Nieto, Andrés Diz. Nº31 - Ano: XI - Novembro 2016 - Difusión: 15.000 exemplares. Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 045 352.
4TELÉFONOS DE INTERESE
4CLASIFICADOS
INMOBILIARIA
COMPRA /VENDA
Véndese pequeno soar en ruínas e 18 fincas rústicas no pobo de Reparada (Muiños). Prezo 2.000 euros. Tel. 636 329 524. Vendo piso no Vinteún. Boas vistas, corrido de adiante para atrás con praza de garaxe pechada. Prezo económico. Pouco gasto de comunidade. Tel. 629 52 38 12. Cómprase finca preto de Ourense, non urbanizable, económica. Interesados chamar ao 630 030 642. Vendo casa pequena de pedra totalmente restaurada en Ourense, fronte a parada de bus urbano, con terreo. 29.800 euros. Tel. 606 42 25 43. Vendo apartamento con dúas habitacións, cociña americana, trasteiro e garaxe. A cinco minutos da praia. Tel. 636 422 497. Vendo piso en praza España (Vigo). Tres habitacións, cociña, baño, salón, garaxe e trasteiro. Urxe venda. Tel: 639 81 62 09. Alugo praza de garaxe fronte ao centro de saúde da rúa Valle Inclán. 50 euros. Tel. 636 329 524. Alúgase local de oficina na Ponte (Ourense) acondicionado, 25 m2, económico. Tel.634 95 06 59. Ofrezo unha casiña pequena para restaurar moi próxima a Ourense a cambio de traballos de albanelería (restauración tellado, piso, encintar e dividir). Tel. 606 42 25 43. Traspáse cafetería en galerías parque de San Lázaro. Todo novo, recén reformado. Moi económico. Tel. 640 37 83 00. Véndese casa con finca na estrada de Santiago. Tel. 637 00 59 10. Alúgase piso amoblado exterior con garaxe ao lado dos novos xulgados. Tel. 637 00 59 10. Alúganse oficinas acondicionadas en r/Progreso. Tel. 637 00 59 10. Vendo finca edificable de 750 m2 con proxecto para casa. Ocasión: 12.900 euros. Tel. 606 42 25 43. Vendo casa en Cambeo. Pranta baixa, terreo, galpón e pozo. Tel: 649 673 492 - 988 216 755. Véndese casa para entrar a vivir, moi preto do centro. Con garaxe, adegas, terraza, pequeno terreo, bus urbano. Moi económica 90.000 euros. Absterse chamar inmobiliarias. Tel. 678 032 088. Vendo finca edificable con proxecto próxima a Ourense. Prezo de oferta: 13.800 euros. Tel. 606 422 543. Vendo finca de 9.000 m2, pode usarse para construir unha vivenda residencial para uso agrícola gandeiro, con auga e luz. Zona Vilar das Tres. Tel: 634 950 659. Alugo café bar especial totalmente equipado ben situado en Xinzo. tel. 659 47 08 92. Vendo piso en Xinzo. 3 habitacións, cociña, baño, salón, garaxe e trasteiro. Tel. 659 47 08 92.
Vendo máquinas recreativas (modelos vellos), máquinas de dardos, máquinas expendedoras de tabaco, etc. Tel. 607 20 34 81. Vendo bici deportiva azul e branca, neceser, casco e timbre a bo prezo. Tel. 646 94 85 79. Vendo microondas Teka con grill cor branco. Tel. 646 94 85 79. Vendo pedras para unha cheminea. Tel.: 639 338 473.
EMPREGO Ófrecese señor para traballar de pintor -con 40 anos de experiencia- . Dispoñibilidade inmediata. Tel. 647 640 620. Limpeza de fincas, xardíns, desbroce e traballos de campo, ampla experiencia. Consulte prezo sen compromiso. Tel. 602 864 666. Danse clases particulares de pintura artística, óleo, acuarela, pastel, acrílico, todos os niveis, máis de 40 anos de experiencia. Tel. 610 659 417. Búscase traballo para manexar carretillas e/ou grúas. Tel. 673 764 277. Ofrécese señora para o coidado de persoas. Pode ser en casa ou no hospital. Con informes. Tel. 669 434 330. Danse clases particulares de piano, ideal para nenos e para iniciación. Tel. 667 985 171. Ofrécese señora para coidar a persoas maiores. Con informes. Tel. 669 434 330 - 988 24 60 96. Danse clases particulares de todas as materias de primaria, a domicilio ou presenciais. Tel. 666 743 660. Necesítase señora para coidar un matrimonio de persoas maiores e realizar tarefas do fogar. Tel. 630 03 06 42. Ofrécese home de 40 anos con experiencia e titulación para coidado de persoas maiores ou depedentes. Calquera horario. Seriedade. Tel. 685 56 46 81. Fanse desbroces con tractor ou a man. Bo prezo. Tel. 630 521 448. Impártense clases individuais personalizadas en Ourense. Materias curriculares de ensinanzas medias. Con CAP. Ampla experiencia. Económico. A domicilio. Contacto: clasesadomicilio2014@hotmail.com e 610 38 25 89 Moza galega responsable e con ampla experiencia atende maiores pola noite. Tel. 659 844 682
CONTACTOS Ofrécese mozo de compañía para mulleres de 40 a 60 anos. Danse masaxes eróticos. Prezo anticrise. Absterse de chamar homes. Tel. 697 79 59 28.
Comarca de Monterrei Concello de Verín Concello de Monterrei Concello de Oimbra Concello de Vilardevós Concello de Riós Concello de Castrelo de Val Concello de Laza Concello de Cualedro Comisaría de Policía Verín Policía Local Verín Bombeiro Verín Garda Civil Protección Civil Estación de autobuses Taxis - Parada Hospital Taxis - Parada Estación Autobuses Taxis - Parada Praza Merced Taxis - Parada Praza do Concello Ambulatorio Urxencias Ambulatorio Cita previa Hospital de Verín Cruz Vermella Correos e Telégrafos Rexistro Civil de Verín Rexistro da Propiedade Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Servizos Sociais Verín Cáritas Parroquial IES nº1 de Verín IES García Barbón I. Bacharelato X. Taboada Chivite CEIP Amaro Refoxo CEIP Princesa de España Comarca de A Limia Concello de Xinzo Concello de Porqueira Concello de Calvos de Randín Concello de Baltar Concello de Os Blancos Concello de Trasmiras Concello de Sarreaus Concello de Vilar de Barrio Concello de Sandiás Concello de Vilar de Santos Concello de Rairiz de Veiga Policía Local Xinzo Garda Civil Estación de autobuses Centro de saúde Xinzo Punto Atención Continuada Rexistro civil de Xinzo Rexistro da Propiedade Taxis - Parada Xinzo
988 410 001 988 418 002 988 426 160 988 417 004 988 425 032 988 419 002 988 422 002 988 424 004 988 414 123 988 411 612 988 590 206 988 410 005 988 412 121 988 413 516 988 414 342 988 411 812 988 410 385 988 411 113 988 410 800 988 413 460 988 413 636 988 411 600 988 411 038 988 410 387 988 410 737 988 410 703 988 410 253 988 414 776 988 410 679 988 411 212 988 410 379 988 410 041 988 411 425 988 410 128 988 550 111 988 466 102 988 434 000 988 466 503 988 467 506 988 445 000 988 454 002 988 449 001 988 465 001 988 465 883 988 465 552 988 462 425 988 462 361 988 460 309 988 462 200 988 462 456 988 46 0 188 988 460 209 988 460 309
Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Xulgado de 1ª Instancia Servizos Sociais Xinzo Cáritas Parroquial IES Lagoa de Antela IES Cidade de Antioquía CEIP Rosalía de Castro CEIP Carlos Casares Gardería Municipal Oficina Agraria Comarcal da Limia Comarca de Allariz-Maceda Concello de Allariz Concello de Baños de Molgas Concello de Maceda Concello de Paderne de Allariz Concello de Xunqueira de Ambía Concello de Xunqueira de Espadanedo Policía Local Allariz Garda Civil Allariz Centro de Saúde de Allariz Centro de Saúde de Baños de Molgas Centro de Saúde de Maceda Policia Local Maceda Garda Civil Maceda Parada taxis Maceda CEIP Padre Feixoo IES Allariz Gardería municipal Allariz Servicio Municipal de Augas Allariz Xulgado de Paz Allariz Comarca de Terras de Celanova Concello de Celanova Concello da Bola Concello de Cartelle Concello de Gomesende Concello da Merca Concello de Padrenda Concello de Pontedeva Concello de Quintela de Leirado Concello de Ramirás Concello de Verea Policía Local Celanova Centro de Saúde de Celanova IES Celanova CEIP Curros Enríquez Oficina Seguridade Social Celanova Xulgado 1ª Instancia Celanova Urxencias Sanitarias Cita previa Servizo Galego Saúde Teléfono maltratadas ITV Protección Civil Incendios forestais Fenosa (averías)
988 460 375 988 462 951 988 462 364 988 550 111 988 460 222 988 462 454 988 461 271 988 460 480 988 460 507 988 461 049 988 460 024 988 440 001 988 430 000 988 463 001 988 293 000 988 436 006 988 291 001 988 440 000 988 440 031 988 440 958 988 430 331 988 463 370 696 511 038 988 463 084 988 463 204 988 440 825 988 440 036 988 440 219 988 440 004 988 440 704 988 431 481 988 433 768 988 491 111 988 485 000 988 260 000 988 494 783 988 495 005 988 493 500 988 491 523 988 430 600 988 431 806 988 451 736 988 431 290 988 431 725 988 553 055 988 431 482 061 902 077 333 016 902 309 000 112 085 988 222 222
Barrios Novembro de 2016