Skip to main content

Outubro de 2016 - Ourense por Barrios

Page 1

[Páx. 20]

Entrevista ao escritor ourensán Alberto Canal CIDADE

Páx.2

Os colectores soterrados seguen sen solución

CIDADE

Páx.3

Recurso de casación contra a anulación da ordenación provisional

A VALENZÁ

Páx.6

O parque infantil da Solaina será reformado

EMPRESAS

Páx. 15

Entrevista ao presidente de Ourense Norte

DEPORTES Páx. 21 Abertas as inscricións para a San Martiño

A ponte Vella ten nova iluminación A ponte Romana de Ourense renovou as súas luminarias, con intervencións nos estribos de acceso, na calzada e na iluminación artística exterior./R.T.

Número: 21 - Ano: XV - Outubro 2016 - Depósito Legal: OU 15-2015 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de novembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


OURENSE POR Barrios Outubro de 2016

TEMA DO MES

4 Democracia Ourensana “Unha inepcia máis do alcalde e do seu grupo de goberno”, así define o voceiro de Democracia Ourensana, Gonzalo Pérez Jácome, a falta de solución ao problema dos colectores soterrados da cidade, que levan máis de dous anos clausurados. Unha solución que pasaría por un investimento de apenas 200.000 euros

segundo propuña DO. “É mentira que a lei te obrigue a poñelos por 1,7 millóns de euros, é cuestión de recomendacións e de normas”, sinalaba Pérez Jácome. E así, citaba o exemplo de Vigo, onde se acaba de adxudicar o mantemento e reparación dos contedores a unha empresa ourensá por 70.000 euros.

4 Ourense en Común Gonzalo Pérez Jácome e Domingo Castro, de Democracia Ourensana, xunto a uns dos contedores soterrados da cidade que permanecen precintados dende 2014./P.LODEIRO

Os colectores soterrados seguen agardando unha solución 4 As empresas que realizaron a auditoría informaron aos grupos políticos da problemática e expoñen posibles solucións. Redacción O grupo de traballo formado polos catro grupos políticos con representación no Concello para buscar unha solución á problemática dos contedores soterrados mantivo este 25 de outubro unha xuntanza, á que asistiron técnicos das dúas empresas especializadas, INTO Consulting e Tüv Süd Atisae, así coma un técnico municipal, para realizar unha auditoría da totalidade dos contedores. Os técnicos puxeron de manifesto a especial problemática dos contedores soterrados da cidade de Ourense que, a diferencia doutras cidades galegas,

non tiveron un mantemento preventivo desde a súa posta en funcionamento. As intervencións de mantemento realizadas foron unicamente correctivas, é dicir, de reparación de avarías, o que contribuiu ao seu deterioro actual, moi agravado polo feito de levar pechados desde o ano 2014. No transcurso da xuntanza, puxeron de manifesto a complexidade da problemática, para a que non se poden establecer solucións globais, xa que os contedores teñen diferentes características entre si, proceden de diferentes fabricantes, presentan distintas carencias e deficiencias (moitos deles nin sequera teñen o necesario

marcado CE), problemáticas e estado de deterioro.

cun gasto de 435,234 euros.

Tres alternativas Os grupos municipais foron informados das 3 alternativas de solución que se poden abordar para afrontar a problemática, cuantificando os investimentos necesarios para cada unha delas. A primeira consiste na reparación dos contedores, o que requeriría máis dun millón de euros; a segunda sería a de substituílos por outros con sistema mecánico, cuxo mantemento preventivo resulta máis barato e que poderían dar máis seguridade (cunha inversión de 1,3 millóns de euros); e a terceira sería clausuralos,

Próxima reunión A comisión acordou invitar a unha empresa local con experiencia, Formato Verde, que instalou moitos dos contedores de Ourense, para que asista á próxima reunión e achegue a súa experiencia e coñecementos nesta problemática. A reunión será o martes 8 de novembro.

As solucións pasan pola reparación, substitución ou a clausura dos contedores

Ourense en Común tampouco tardou en mostrar a súa preocupación por este tema, xa que “levamos 15 meses e aínda non hai visos de solución”, lamentaba o seu edil, Miguel Doval. En canto ás posibles solucións, apuntan a que “se temos que investir un 1,4 millóns nun sistema que vemos arcaico, pensamos que é o momento de repensar o modelo do servizo de limpeza”. “Debemos pensar se queremos fomentar a reciclaxe e o separado. Por que non dividimos a cidade por distritos? facemos a recollida selectiva e repercutimos os beneficios no propio distrito para que sexa un incentivo”, propoñen.

Miguel Doval, de OUeC. “OUeE ten posicións claras e sabemos cal é a de DO, pero cal é a posición do PP e do PSOE? O PP limítase a presentar auditorías técnicas e o PSOE agarda unha proposta dos populares, así imos estar ata o infinito”, sentencia o seu voceiro Martiño Vázquez.

4 O alcalde responde En canto á proposta de Democracia Ourensana, o rexedor popular, Jesús Vázquez, recalcou que a situación de Ourense “non é comparable” á doutras cidades citadas por Pérez Jácome. “É un servizo que foi pre-

cintado por cuestións de seguridade, se necesita ser rigoroso e cauteloso; eu non quero estar dando contas no xulgado polo facelemento dun operario, entendan que queremos tomar todas as medidas de precaución”, explicou.


TEMA DO MES

OURENSE POR Barrios Outubro de 2016

ANULADA A ORDENACIÓN URBANÍSTICA PROVISIONAL

Un recurso de casación para gañar tempo 4 O grupo de goberno considera que, tralas sentenzas do TSXG, non todos os ámbitos incluídos na normativa provisional quedan na mesma situación. P. L. O Concello de Ourense presentará recurso de casación ante o Tribunal Supremo contra o fallo que anula a ordenación urbanística provisional, para gañar tempo de cara a unha aprobación definitiva do novo Plan Xeral A Sala do ContenciosoAdministrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) estimou os recursos interpostos contra o decreto da Xunta polo que se suspendeu parcialmente o PXOM de Ourense e se aprobou unha normativa urbanística provisional ata a entrada en vigor do novo plan. En consecuencia, anula o referido decreto por consideralo contrario a dereito, pola “omisión de información pública na elaboración da impugnada normativa de ordenación provisional” O recurso de casación daría certa marxe de tempo para aprobar de maneira definitiva o novo Plan Xeral de Urbanismo. Esta é a prioridade para o alcalde, Jesús Vázquez, quen considera que a situación xerada pola anulación das normas provisionais “nos vai obrigar a chegar a un acordo”. Por iso manda recado aos partidos da oposición: “todos temos que ceder”, afirmou, porque “esta cidade necesita aprobar o plan, non podemos tirar os cartos que se levan empregados nin os tres ou

catro anos de traballo ao lixo”. O peor dos escenarios posibles, coa normativa provisional anulada polo Supremo e o novo planeamento sen aprobar, suporía, subliña o rexedor popular, “a paralización total desta cidade”. Con todo, o Goberno local aínda está a espera de recibir o texto refundido do novo PXOM por parte da empresa redactora, á quen se lle adebeda o pago de 90.000 euros pola adaptación do documento á nova Lei do Solo. Un pago que deberá afrontar mediante unha modificación orzamentaria para a que o grupo de goberno parece ter xa o apoio da oposición, pero que se descoñece cando se levará a pleno. Xunta de portavoces Para explicarlle á oposición a situación na que queda o urbanismo da cidade logo da sentenza do TSXG, o alcalde, acompañado do concelleiro de Urbanismo, convocou xunta de portavoces. Na xuntanza, déronlles a coñecer as conclusións que se extraeron dunha reunión entre os técnicos municipais e os membros do equipo redactor do novo PXOM, na que se analizaron en detalle as nove sentenzas que anulan a ordenación urbanística provisional, que xa estaba incluída na aprobación inicial do PXOM en curso mediante unha transitoria.

Vista panorámica de Ourense./ARQUIVO. Así, a situación dos diferentes ámbitos da ordenación provisional estructúrase en cinco grupos. Un primeiro grupo contén os ámbitos que caen definitivamente e que deben iniciar o proceso cando haxa un novo PXOM, un total de 11, na súa maioría privados. Non teñen proxectos de compensación ou execución aprobados e tampouco licencias concedidas. Noutro grupo están oito ámbitos, maioritariamente públicos, que non teñen problemas, por estar xa executados ou avanzada a súa execución. Teñen licenzas concedidas e deben cinguirse a elas, sen posibilidade de modificalas. Nun terceiro grupo están contemplados nove ámbitos. Contan con proxecto

de compensación e urbanización aprobados e algúns teñen licenza concedida. Isto obriga a analizar cada caso individualmente en execución das sentenzas, pero en principio o criterio técnico expón que os que teñen licenza non caducada poderían executar o ámbito e os restantes poderían conservar os proxectos de compensación e urbanización e continuar cando se aprobe un novo PXOM. Nun cuarto apartado incluiríase o catálogo de Patrimonio. Os técnicos entenden que tamén caería e entraría en vigor o do 86. Cabería a posibilidade de que se puidese manter se a Xunta o ten inventariado. E finalmente o último apartado refírese ao BIC das Burgas. Neste punto, os criterios técnicos enten-

den que se mantén vixente porque se aprobou un Plan Especial ao respecto e ten entidade propia para o seu desenvolvemento.

O alcalde insiste na necesidade de “chegar a un acordo” coa oposición para aprobar o novo PXOM O PSOE pon seis condicións para contar co seu apoio; DO está en contra do planeamento, e OUeC pide aclarar responsabilidades políticas

4 Valoracións da oposición Desde Democracia Ourensana, o seu voceiro, Gonzalo Pérez Jácome, recordou que a súa formación política está “totalmente en contra” do novo PXOM, que cualificou de “un Frankenstein que queren montar entre tres e a cousa sáelles unha chapuza”. Mentres, o voceiro socialista, José Ángel Vázquez Barquero, puxo en dúbida a posibilidade de incorporar todos os ámbitos da ordenación urbanística provisional ao Plan definitivo, pois considera que podería haber “fraude de lei”. Os socialistas póñenlle ao PP seis condicións para contar co seu apoio na aprobación definitiva, como defender o proxecto de estación intermodal, renegociar o transporte metropolitano ou xustificar tecnicamente 11 novas directrices do PXOM. Por parte de Ourense en Común, Martiño X. Vázquez afirmou que faltan por depurar “responsabilidades políticas” relacionadas coa situación do urbanismo na cidade, apuntando tanto ao PP local coma ao autonómico. Por iso pedirán no pleno de novembro crear unha Comisión de Investigación que aclare estas responsabilidades técnicas e políticas. O voceiro de OUeC sinalou ao PP como “único responsable” de que non estea aprobado o novo PXOM pois tentou modificar o documento “a favor de determinadas persoas con nome e apelidos para favorecer aumentos de edificabilidade”.


OURENSE POR Barrios Outubro de 2016

BARRIOS

En busca dun consenso sobre a OU-105 en Seixalbo 4 Para executar actuacións de seguridade viaria. Redacción A Xunta consensuará co Concello de Ourense e cos veciños de Seixalbo as actuacións para mellorar a seguridade viaria da estrada OU-105. Así o acordaron durante unha xuntanza o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, xunto a técnicos dese departamento, co alcalde, Jesús Vázquez, o concelleiro responsable e unha representación dos veciños do barrio. Nese encontro, o Concello defendeu que a solución dos problemas neste vial é importante para a cidade e avogou por ter en conta ás persoas máis directamente coñecedoras da realidade da estrada, co fin de des-

eñar un proxecto de mellora e poder executalo no vindeiro ano 2017. Nesa liña, técnicos e veciños percorreron o treito da estrada analizando as súas necesidades e prestando especial atención á intersección de acceso ao tanatorio, o acceso á parada de autobús situada no lado de baixada da estrada e a intersección do acceso ao propio núcleo de Seixalbo. Os responsables da Axencia Galega de Infraestruturas explicaron os condicionantes que existen en canto a normativa, tráfico e dispoñibilidade de terreos. Agora encargarán a a redacción dun proxecto construtivo que recolla as cuestións formuladas.

Reunión sobre a OU-105 entre responsables municipais e da Axencia Galega de Infraestruturas.

O concelleiro socialista Javier Rey./ARQUIVO..

O alcalde e a conselleira de Infraestruturas visitando a ponte do Milenio./P.LODEIRO.

A mellora da ponte Vella e do Milenio, a piques de rematar 4 A Xunta inviste máis dun millón de euros. Redacción A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, supervisou nas últimas semanas as actuacións de mellora que a Xunta está a executar na ponte Vella, do Milenio e na pasarela de Oira, co fin de reforzar a monumentalidade da cidade e potenciar o seu atractivo turístico. Na ponte do Milenio, o tráfico nas dúas calzadas xa foi restablecido o pa-

sado 14 de outubro. A circulación estivera pechada desde agosto para levar a cabo distintas melloras, que incluiron selado de fendas, eliminación da corrosión, impermeabilización do taboleiro, retirada de vexetación, canalización das augas e reparación do sistema de iluminación. Os traballos quedarán totalmente rematados no mes de novembro, devolvéndolle así a funcionalidade a unha infraestrutura emblemática.

Ponte Vella Na ponte Romana, xa se pode comprobar o resultado dos traballos realizados pola Xunta. A renovación da iluminación foi unha das accións máis salientables que se acometeu nesta infraestruturas. Realizáronse tres intervencións: nos estribos de acceso, na calzada e a iluminación artística exterior. Ethel Vázquez subliñou que se trata dunha iluminación 100% galega, deseñada e fabricada por técnicos e empresas da comunidade. Pasarela de Oira Por outra parte, a Xunta instalou a iluminación da pasarela peonil de Oira. Os traballos quedaron finalizados este mes, restando só a acometida eléctrica.

O PSOE solicita o arranxo da rúa Río Návea Redacción O grupo municipal socialista vén de solicitar ao Goberno municipal o arranxo urxente de beirarrúas e firme da rúa Río Návea, no barrio do Vinteún. O concelleiro Javier Rey xa trasladara unha demanda veciñal á Xunta de Área de Infraestruturas no mes de febreiro sen acadar aínda resposta. Asemade, os veciños da rúa presentaran a través do rexistro xeral un cento de sinaturas ratificando a súa solicitude. Doutra banda, os socialistas queren coñecer a memoria do proxecto aprobado recentemente de obras no vertedoiro de Eiroás a través dunha modificación orzamentaria e os informes que avalarían a clausura do mesmo, se existen.


OURENSE POR Barrios Outubro de 2016

BARRIOS

EN BREVE

A zona termal de Outariz, en reparación

4 Vivendas de promoción pública en Covadonga

4 Prevese que os traballos terminen o 31 de outubro. Redacción A zona termal de Outariz stá sendo obxecto dunha intensa reparación na infraestrutura básica para o usuario. “Logo dos danos sufridos a causa das intensas choivas do inverno e do vandalismo, estamos a recuperar unha infraestrutura básica para o turismo da cidade, cuestión prioritaria para proxectar unha imaxe dinámica e aberta da nosa cidade”, asegurou o alcalde nunha visita ás obras. As actuacións supoñen un investimento de 82.000 euros, sufragados mediante un convenio entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Ourense dentro do Plan Integral de Turismo de Galicia. O departamento autonómico achega 70.000 euros, polos 12.000 da Administración local.

Os traballos de reparación das instalacións centráronse no bar con terraza cuberta, aseos públicos, vestiarios con taquillas e punto de información turística. Estas obras están orzamentadas en 57.000 euros e rematarán, cumprindo cos prazos establecidos, o 31 de outubro. Sinalización O convenio inclúe unha segunda liña de sinalización, a través da cal se renovarán os paneis informativos no paseo da ribeira do Miño entre as áreas termais da Chavasqueira, O Tinteiro, Muíño da Veiga, Outariz e a Burga de Canedo. Neles os usuarios terán información sobre recomendacións e normas de uso ou propiedades das augas, etc. O orzamento é de 25.000 euros.

Área termal de Outariz./ARQUIVO.

Zona verde que estivo precintada baixo a pasarela peonil.

A AVV As Termas traslada as súas demandas ao Goberno municipal 4 Os veciños solicitaron a mellora da pasarela da estación e do acceso á zona termal. Redacción O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, o edil de Participación Cidadá, Carlos Campos, e o de Infraestruturas e Medio Ambiente, Pepe Araujo, acudiron á visita solicitada pola Asociación Veciñal As Termas, situada nas Vivendas Sociais ao carón da Estación de Autobuses, para que coñecerán as necesidades do barrio. Entre as peticións dos veciños destacan a reparación da pasarela peonil que comunica o Barrio das Vivendas Sociais coa Rúa San Rosendo, a mellora dos accesos a zona termal de O Tinteiro, arranxos no parque do Centro Cívico de A Pon-

te, un espazo para cans no barrios ou reparacións da Rúa D entre outras... Así mesmo, tamén trataron o futuro do solar da Estación de Autobuses. “Estamos a tempo, se hai vontade, de buscar entre todas alternativas para evitar o abandono do recinto unha vez sexa trasladado”, asegura o seu presidente, Ángel Gómez. Mantemento Así mesmo, o colectivo veciñal presentou no rexistro do Concello a petición de diversas melloras de mantemento no entorno, beirarrúas, zonas verdes e iluminación do seu barrio. Un exemplo é a zona verde que tivo que precintar a Policía Local polos desprendementos de

pedras dun muro. Volta ao cole A AVV As Termas tamén vén de iniciar un novo curso de actividades que se realizan semanalmente no seu local, coa colaboración da Concellería de Participación Cidadá. Así, a asociación acolle clases de confección, ioga, encaixe de bolillos e actividades de Cruz Vermella dirixidas á inclusión dos máis cativos. Ademais, a directiva lembra aos veciños que se mantén á súa disposición para recoller peticións de información ou recibir queixas que trasladar posteriormente ás autoridades municipais.

A Xunta de Galicia destinará máis de 1,34 millóns de euros á construción de 10 novas vivendas de promoción pública na cidade. Xa se publicaron no Diario Oficial de Galicia as licitacións das obras de construción dun edificio para oito novas vivendas no barrio de Covadonga e de rehabilitación dun edificio na rúa do Villar no que se obterán dous pisos. O prazo de execución das obras será de 12 meses para a rehabilitación e de dous anos e tres meses para o inmoble de nova construción.

4 A concurso a Praza da Ponte O Concello de Ourense volve tramitar a xestión integral da Praza de Abastos nº2 da Ponte, tras quedar deserto un primeiro intento de adxudicar os postos dos praceiros. A xestión de todo o mercado será adxudicada a unha empresa, SL ou UTE, sendo a adxudicataria quen busque os comerciantes que ocupen os oito postos e a propia cafetería do recinto. O canon anual da adxudicataria será de 45.410 euros, sete mil menos que na anterior ocasión. Tamén se reduciron os horarios de apertura esixidos, pasando das 16 horas contempladas anteriormente ás 12 horas que prevé o novo prego, cun mínimo de 8 horas.


OURENSE POR Barrios Outubro de 2016

A VALENZÁ

Os valores catastrais serán rebaixados en 2017

Barbadás investirá 287.000 euros en melloras de parques, pavimentación e alumeado

O Ministerio de Facenda e Administracións Públicas vén de confirmar ao Concello de Barbadás que cumpre cos requisitos necesarios para actualizar os valores catastrais para o ano 2017, que se rebaixarán nun 8%. Barbadás só poderá aplicar un coeficiente reductor do 0,92% . Desde a Concellaría de Facenda de Barbadás desminten así ao PP, que asegurara que o bipartito non quería aplicar unha rebaixa superior do IBI. “O PP tivo a oportunidade de actualizar os valores catastrais durante tres anos e nunca o fixo, impedindo así que a veciñanza se aproveitase da rebaixa no recibo do IBI, indicaba o edil de Facenda, Xosé Manoel Fírvida.

4 O parque infantil da Solaina, un dos que será reformado.

Redacción

Redacción O Concello de Barbadás vén de aprobar unha modificación de créditos por valor de 301.104 euros, que serán empregados para a execución de melloras en diversos parques, zonas de ocio, pavimentación e alumeado público. Así, investiranse 71.000 euros na mellora do parque infantil da Solaina. Nesta zona de xogos cambiarase a area por caucho, instalarase unha tirolina e reubicaranse xogos e fontes. Outros 60.000 euros serán dedicados á reno-

Parque da Solaina na Valenzá./CEDIDA. vación do pavimento na rúa Tangaraño e Camiño das Antoniñas en Parada. 51.000 euros serán para actuacións en diversos parques e xardíns, como o do Común, Bentraces, Bahamonde, o dos Amieiros ou o de Parada. Asemade,

empregaranse 37.000 euros na instalación de alumeado led na estrada OU-519, dende o cruce de Parada ata a entrada de Piñor; e finalmente outros 67.500 euros destinaranse á ampliación do camiño da Granxa en Parada.

Comezou a Escola de Familias 4 Un recurso do Concello para familias con fillos. Redacción Neste mes de outubro comezaron os obradoiros da Escola de Familias de Barbadás, cunha sesión celebrada o día 6, nas instalacións municipais do parque da Solaina da Valenzá, sobre a forma de educar os cativos. Os obradoiros son impartidos pola psicóloga Lara Arribas e pola experta en coaching educativo Eva Muñoz. A próxima sesión terán lugar os días 27 de outubro (ás 19 horas) co título “Aprende a comunicarte co/a teu fillo/a”. En novembro (día 17) e decembro (día 1), volverá a haber obradoiros, sobre o poder

do vínculo emocional e a autoestima e a xestión de celos e enfados. A Escola de Familias é un programa de formación, organizado pola Concellería de Educación de Barbadás, encamiñado a dar respostas ás dúbidas xurdidas no proceso de educación e dotalas de recursos e orientación. Nela colaboran os departamentos de Orientación dos colexios Filomena Dato, O Ruxidoiro e do IES Ferro Couselo, ademais do Espazo Infantil. A Escola de Familias está dirixida a todas as familias do municipio con fillos nas diferentes etapas, dende o nacemento ata a adolescencia.


CIDADE

O PP quere rebaixar un 5% o recibo do IBI en 2017 4 O Concello de Ourense deixaría de recadar ao redor de 1,6 millóns con esta medida. P. L. O grupo de goberno do Concello de Ourense anuncia unha rebaixa do IBI para 2017 do 5%. Segundo explicou o rexedor trala Xunta de Goberno local extraordinaria na que se aprobou a modificación da ordenanza correspondente, detrás desta medida está a “vontade de diminuír a presión fiscal sobre as familias”. Na actualidade, o tipo do Imposto de Bens Inmobles de Ourense está no 0,54%, na franxa baixa do imposto, e coa redución prevista quedaría nun 0,51%. Jesús Vázquez xustificou que a rebaixa do IBI non sexa superior en informes

O alcalde, Jesús Vázquez e a concelleira de Facenda, Ana Morenza presentaron a proposta de redución do IBI. técnicos: “unha redución maior suporía unha fractura da estabilidade orzamentaria”, dixo. No último ano o Concello de Ourense recadou 32,9 millóns de euros polo cobro dos 131.361 recibos de IBI emitidos (129.861

de natureza urbana e uns 1.500 de natureza rústica). Coa redución prevista, a Administración deixará de percibir ao redor de 1,6 millóns de euros no vindeiro ano. O Goberno local agarda compensar esta cifra cunha maior achega

económica por parte do Estado. A modificación da ordenanza do IBI aprobada tamén implica mellorar o tratamento fiscal á Universidade de Vigo, que recibirá unha bonificación do 95% neste imposto. “Á Universidade se lle esixirán condicións, que ese beneficio redunde na cidade”, precisou Jesús Vázquez. O alcalde conta con que os grupos da oposición renuncien ao período de emendas para poder levar a aprobación da modificación da ordenanza ao vindeiro pleno ordinario, do 4 de novembro. “Estamos co tempo moi xusto”, sinalou. Resposta da oposición Desde Democracia Ourensana consideraron este anuncio do equipo de goberno como “un novo recoñecemento aos programas electorais de DO” e amosáronse favorables á baixada do IBI. Porén,

OURENSE POR Barrios Outubro de 2016

irán máis alá e pedirán nunha emenda que a redución do imposto sexa do 20%, algo “totalmente asumible, non só actualmente polo alto remanente de tesouraría, senón aplicando unha racionalización do gasto e evitando o despilfarro”. E Ourense en Común anunciou que renunciarían ao período de emendas se o Concello “procede a cobrar o IBI a todos os inmobles do termo municipal, por exemplo aqueles en propiedade da Igrexa que non teñan unha función pública”.

Democracia Ourensana quere que a baixada do IBI sexa do 20% e OUeC que se cobre a todos os inmobles, tamén os da Igrexa sen función pública

A limpeza de centros educativos, por procedemento negociado Redacción A Concellería de Contratación presentou na Xunta de Goberno local do 13 de outubro un informe xustificativo da urxencia para a contratación do servizo de limpeza nos centros educativos, que actualmente presta en precario a anterior concesionaria, Linorsa. O concurso quedara deserto nunha convocatoria anterior, polo que agora tramitarase polo procedemento negociado sen publicidade. O contrato será por dous anos, prorrogable por outros dous anos máis. A empresa que resulte adxudicataria percibirá 1,9 millóns de euros, un 10% máis que no contrato anterior.


OURENSE POR Barrios Outubro de 2016

SOCIEDADE

Sanidade repartirá preto de 70.000 doses da vacina da gripe en Ourense 4 Acadar o 65% de cobertura nos maiores de 65 anos, un dos obxectivos específicos. Redacción Minimizar o impacto da gripe na saúde mediante a súa prevención, tentando diminuír o número e gravidade das complicacións derivadas de padecela é o obxectivo da campaña de vacinación antigripal posta en marcha pola Consellería de Sanidade. Como obxectivos específicos, a Consellería quere acadar unha cobertura do 65% na poboación de 65 ou máis anos (o ano pasado chegouse ao 59,52%) e reforzar a vacinación do persoal sanitario. Desde Sanidade consideran que para acadar os obxectivos en Ourense ao longo de toda a campaña haberá que administrar

69.804 doses. A poboación diana indicada para recibir a vacina da gripe son todas as persoas con maior risco de padecemento da enfermidade e as súas complicacións: persoas de 60 ou máis anos e persoas menores de esa idade pertencentes aos grupos de risco (con patoloxías crónicas cardíacas, respiratorias, renais, endocrinas... con cancro ou outras inmunodeficiencias, con obesidade mórbida, con disfunción cognitiva…); tamén a persoas con posibilidade de transmisión a grupos de risco, entre os que se atopa o persoal sanitario, e traballadores esenciais para a comunidade. A campaña estará en

marcha durante nove semanas (ata o día 23 de decembro) en 185 puntos de vacinación establecidos na provincia, polo que os responsables sanitarios recordan que hai tempo suficiente para facela progresivamente e non sobrecargar o sistema asistencial.

Integrantes da Asociación Dano Cerebral Adquirido xunto a Jesús Vázquez e Sofía Godoy, no stand instalado no Paseo o 26 de outubro./P.LODEIRO.

Campaña anterior Na pasada campaña, na provincia ourensá notificáronse 3.608 casos de gripe, dos que 104 foron ingresados; rexistrouse un falecemento.

No Día Mundial do Dano Cerebral Adquirido, a Asociación Renacer deu lectura a un manifesto no que reclaman das administracións públicas “respostas coordinadas e adecuadas ás nosas necesidades nos ámbitos sanitario e social” e garantir o dereito a “vivir con dignidade destas persoas que foron salvadas”. E é que para as 420.000 persoas con dano cerebral adquirido que hai en España “as barreiras para desenvolverse de forma independente, o illamento social e a carga familiar son realidades que comezan a vivirse desde a alta hospitalaria”. No caso concreto de Ourense, reclaman un local no que poder ampliar as súas terapias, que reciben a diario 50 persoas.

Poderémonos vacinar ata o 23 de decembro en 185 puntos

Piden garantir o dereito a “vivir con dignidade” das persoas con dano cerebral adquirido

Préstamo de perrucas na AECC R.T.

Na presentación da campaña de vacinación participaron a xefa territorial de Sanidade en Ourense, María Villar, ; a subdirectora de Procesos de Enfermería, Montserrat Souto; a secretaria territorial da Xunta en Ourense, Silvia Dorado, e o xefe de servizo do centro de saúde Valle Inclán, Raimundo Gulín.

A Asociación Española Contra o Cancro de Ourense cede en préstamo perrucas para as mulleres que o precisen. Ademais, acaban de habilitar un espazo na súa sede para que, desde a intimidade, poidan ser asesoradas sobre as mesmas, da man do estilista ourensán Quique Martínez. A Asociación conta cunha 70 perrucas, das cales sobre 25 están en activo. As outras están expostas para aquelas que

o precisen. A pesar de que baixou considerablemente o prezo das mesmas (rondan os 200 ou 300 euros), a AECC

quéreas ter en préstamo, de xeito gratuíto, para aquelas persoas que non se poden permitir compralas. Unha vez que non a precisen, devolverase para que estea dispoñible para outra posible usuaria. 152 mulleres en Ourense están sendo asesoradas das cales 55 usan perruca.

Maribel Fernández, Dora Gómez e Luis Chao./R.T.


OURENSE POR Barrios Outubro de 2016

SOCIEDADE

A Diocese organiza grupos de autoaxuda para coidadores de dependentes 4 A de San Pío X é a primeira das parroquias que se une a esta iniciativa. Paula Lodeiro O Centro de Orientación Familiar (COF) da Diocese de Ourense promove a creación de grupos de autoaxuda destinados a coidadores de dependentes. Unha iniciativa que xurdiu fai uns anos no grupo de Cáritas de Xunqueira de Espadanedo da man do párroco Carlos González Prieto e que agora, desde o COF, que dirixe, quere implantar nas parroquias da capital ourensá. A Diocese busca así “arrimar o ombreiro” e axudar aos verdadeiros “heroes”, as familias e coidadores, que moitas veces se sinten queimados e sofren o desgaste, a nivel físico e social, do seu labor. E para iso o COF organizará uns encontros nos que os coidadores “se poidan encontrar cun profesional que vai tratar de darlle unhas axudas, todos os contidos van destinados aos coidadores”, detallaba o seu director. Participan de xeito voluntario psicoterapeutas, farmacéuticos, enfermeiros, e fisiotera-

peutas. Todas as sesións terán actividades prácticas onde as persoas poderán participar e intervir. “Non son charlas, o coidador ten que sentirse protagonista”, precisaba González Prieto. Os encontros programarán un mínimo de tres sesións, habitualmente os sábados pola tarde, nas que se tratarán aspectos como a realidade de coidar a outro, fisioterapia de restauración ou o equilibrio emocional. Polo momento xa hai unha parroquia que manifestou o seu interese en desenvolver estes grupos de autoaxuda, a de San Pío X, pero desde o Centro de Orientación Familiar agardan chegar a outras tres parroquias máis neste curso, con arredor de dez participantes en cada un deles.

Participan psicoterapeutas, farmacéuticos, enfermeiros e fisioterapeutas

O director do COF, Carlos González Prieto, e a responsable de Prensa do Bispado, Cristina Rodríguez./P.L.

A Deputación incrementa o seu apoio económico á Universidade de Vigo 4 O convenio entre ambas entidades alcanza este ano os 185.000 euros, 20.000 máis que o ano pasado. P.L. A Deputación de Ourense reforza a súa colaboración coa Universidade de Vigo. O presidente provincial, Manuel Baltar, e o reitor, Salustiano Mato, refrendaron este martes o acordo de colaboración entre ambas entidades, mediante o cal a institución provincial contribúe con 185.000 euros (20.000 máis que en 2015) ás actividades da institución universitaria. Asemade, mediante un segundo convenio, a Deputación achega outros 10.000 euros para cofinanciar as cinco becas de mobilidade do programa “Ourense Exterior”. O convenio para as bolsas “Ourense Exterior” vai dirixido a descendentes de emigrantes ourensáns que cursen estudos de mestrado no Campus de Ourense. As becas cubrirán as taxas de matrícula no centro que corresponda, e unha axuda de 600 euros e 2.500 euros para contribuír aos gastos da viaxe e cos gastos de aloxamento, respectivamente. Canto ao convenio de ámbito cultural, ten como obxectivo desenvolver accións como foros, seminarios e actividades da Cátedra “Carlos Casares”, o programa de proxección universitaria e actividades culturais como “Alterarte”, aulas e obradoiros, a MITEU e cursos de verán, o

EN BREVE 4 O Concello aumenta as axudas a Progape O Concello aumenta este ano nun 43,4% as axudas a Progape, situándoas en 109.000 euros, ás que se lles suma o proxecto de mellora das instalacións do albergue de animais por 60.100 euros. O proxecto de mellora das instalacións contempla, entre outras actuacións, a instalación de oito novas xaulas para hospitalización de animais, novas gateiras para gatos non esterilizados, novas divisións nos patios dos cans para separalos por tamaños, así como a substitución e adecuación de peches e portas metálicas, algo que esixe a lexislación para o benestar animal.

4 Torneos de rol e videoxogos no Espazo Lusquiños

Manuel Baltar e Salustiano Mato./P.LODEIRO. programa de apoio á mobilidade estudantil para o alumnado do campus, ou o programa específico de apoio a grupos de investigación do Campus de Ourense (INOU 2016). O incremento de 20.000 euros no orzamento permitirá, explicaba o reitor, “ter máis apoio aos grupos de investigación emerxentes e darlle máis potencia a esas iniciativas de mergullarnos na cidade, na cultura e no deporte”. De cara a 2017, a Deputación prevé aumentar aínda máis o apoio económico á Universidade, chegando aos 220.000 euros, xa reservados nos orzamentos provinciais.

Ourense quere á universidade O reitor agradeceu o apoio da Deputación subliñando que este traballo conxunto “indica que se lle quere á universidade en Ourense, e isto maniféstase a través das súas institucións, o que nos anima a loitar cada día máis polo Campus de Ourense e facer posible que este axude no desenvolvemento económico e o benestar da provincia”.

A Deputación financia 5 becas de mobilidade con outros 10.000 euros

Máis de 300 persoas competirán nas diferentes probas do Torneo de Magic e Videoxogos TMV Cidade de Ourense 2016, que terán lugar esta fin de semana e a do 4 e 5 de novembro no Espazo Lusquiños da Mocidade, un evento no que os seus organizadores prevén unha asistencia total de máis dun milleiro de persoas. O evento, que acada a súa oitava edición, “vai recollendo novos participantes cada vez”, segundo Alberto Núñez Blanco, organizador do evento xunto a Miguel Pérez Novoa. Nesta ocasión, repartiranse preto de 3.000 euros en premios, sendo as competicións de Magic, Fifa, Star Wars X-Wing, e as actividades abertas para o público como simulacións aéreas e videoxogos participativos, os fitos máis destacados do TMV.


10

OURENSE POR Barrios Outubro de 2016

SOCIEDADE

Chegada do outono a The Singular Kitchen Ourense The Singular Kitchen Ourense celebra a chegada do outono e facendo gala do gusto pola boa cociña contou co gran profesional e chef Cesar García, do restaurante Misturas do Grove, que presentou o seu novo éxito culinario, hamburguesas de mariscos e peixes da Ría. Cesar explicou dunha forma sinxela e dinámica a forma de preparar un alimento nutritivo e moi apetecible onde caben mil posibilidades de degustar as saborosísimas hamburguesas de produtos do mar, unha fórmula que favorece o consumo de peixe dunha forma diferenciada e que atrae a nenos, adultos, e dun modo especial a aquelas persoas interesadas en coidar a saúde coa alimentación consciente. Os asistentes aplaudiron a experiencia compartida despois de degustar

os pratos, que contaron cunha presentación coidada e moi atractiva, sendo agasallados con diferentes premios. Outono Coméntanos a xerente de The Singular Kitchen Ourense, Pepi, que no estudo de cociña de avenida de Zamora non pasou desapercibida a chegada da nova estación, na que se cambian os xeados polas castañas, os cogomelos... É momento de abrigarse e reunirse na casa coa familia e amigos, e cociñar os mellores pratos da tempada, gozando de todas as comodidades que nos ofrecen as novas tecnoloxías. Co outono chega tamén a maxia a The Singular Kitchen Ourense. A natureza énchese de cor, as paisaxes e sons inspíranos conseguindo así para os seus clientes ambientes

cálidos, cheos de luz e perfecta harmonía. Aula de cociña The Singular Kitchen Ourense na súa filosofía de promover a cultura de alimentación sa, equipou totalmente coa última tecnoloxía a “Aula de Cociña do Concello de Ourense”, onde se celebran cursos de cociña saudable, tendo como obxectivo primordial o fomento da vida sa, así como a educación nutricional e mellorar así a calidade de vida dos cidadáns, onde se ofrece formación en diferentes temáticas como cociña creativa, tradicional, vegetariana, charlas, e tendo así a posibilidade de asistir a foros e showcookings, monográficos sobre alimentación, con chefs recoñecidos, bloggers e profesionais da hostalaría.

Equivalenza celebra o seu 5º aniversario Equivalenza celebrará o próximo 10 de novembro o 5º aniversario da apertura do seu establecemento en Ourense. Equivalenza, marca española fundada en 2011, líder en perfumaría de alta calidade, ofrecendo unha nova maneira de comprar fragrancias baseadas no asesoramento e a personalización, e unha ampla gama de produtos cosméticos e de aroma para o fogar. Entre os produtos de cosmética podemos destacar a liña Bio* de aloe vera, de cultivo ecolóxico mediterráneo, así como a liña de rosa de Bulgaria.

Equivalenza está ubicada na rúa Ramón Cabanillas 6.

Ourense presenta a súa oferta turística en Madrid Redacción A Casa de Galicia en Madrid acolleu a presentación da campaña promocional deseñada polo Concello que leva por tí-

Á esquerda Pepi López e César García, no showcooking de The Singular Kitchen.

A compañía ten sede en Barcelona, São Paulo e México DF e todos os produtos son elaborados segundo os estándares de boas prácticas, utilizando esencias de primeira cali-

dade e sen parabenos, testados dermatoloxicamente pero non en animais. Equivalenza actualmente conta con 811 establecementos en máis de 30 países. Na actualidade Equivalenza sitúase na rúa Ramón Cabanillas 6 de Ourense, e podes seguilos a traves de twitter en @equiourense ou no seu Facebook Espazo Equivalenza.

tulo “Ourense, un Plan Perfecto” e que será visible en mupis de Ponferrada, Santiago, A Coruña e León. E sobre todo en Madrid, onde se concentrarán en Atocha, Chamartín e a parada de

O alcalde presentou esta campaña en Madrid.

metro da T4. Así, mediante un acordo con Renfe os que visiten Ourense desde a capital de España terán un 30% de desconto do 27 de outubro e o 9 de novembro. O motivo de centrar esta iniciativa alí débese a que é unha importente fonte de turistas (dos 16.260 rexistrados durante o pasado ano, 3.701 procedían de Madrid). Principais atractivos O caudal termal da cidade, as actividades lúdicas con motivo do Samaín, a gran tradición dos magostos polo San Martiño, o Festival de Cinema Internacional de Ourense, as exposicións do Outono Fotográfico ou o proxecto cultural “Prego, 100 anos” son algúns dos atractivos ourensáns que esta campaña pretende promocionar.


CELEBRACIÓNS especial

OURENSE POR Barrios Outubro de 2016

11

Máis de 60 empresas de organización de eventos cítanse en Celebra 4 Unha ducia de establecementos ourensáns participarán nos dous desfiles que acolle. P. Lodeiro Unha plataforma que presenta a calidade, o deseño e a orixinalidade cos que traballan as empresas ourensás á hora de organizar eventos e celebracións de todo o tipo. Isto será o que ofreza Celebra 2016, o Salón de Vodas, Comuñóns, Bautizos e Actos Sociais que terá lugar en Expourense esta fin de semana do 29 e 30 de outubro e durante a cal os expositores ofrecerán asesoramento profesional. Como é habitual, as pasarelas de moda nupcial e festa serán os puntos for-

As pasarelas terán lugar o sábado e domingo ás 18 horas

tes desta cita. A feira, que se presentou esta mañá en rolda de prensa, “conta cunha forte participación do comercio e de empresarios ourensáns, que grazas á súa involucración, esta cita converteuse nun referente no sector da provincia” según declarou Marisol Nóvoa, Vicepresidenta da CEO. Pola súa parte, Emma González, directora adxunta de Expourense, declarou que “nesta edición, ao coincidir cunha ponte festiva, esperamos poder captar novos clientes potenciais de todas esas persoas e familias de Ourense que viven fóra e fan as súas celebracións aquí”. A 17ª edición de Celebra contará con máis de 60 expositores, o 76%

deles pequenas empresas da provincia de Ourense e o resto procedentes das outras provincias galegas, de Cataluña e Portugal. Todos eles presentarán unha ampla oferta de produtos e servizos cos que dar resposta á complexa planificación de todo tipo de actos sociais tales como vodas, comuñóns, bautizos, reunións de empresas, presentacións e lanzamentos de novos produtos, etc. Unha ducia de sectores estarán presentes en Celebra, como a restauración, a organización integral de eventos e animación, a moda nupcial e de festa, axencias de viaxes, aluguer de vehículos, repostería creativa, imprenta, servizos audiovisuais, florerías, xoiarías, fogar ou estilismo.

Presentación da edición 2016 de Celebra á que asistiron a vicepresidenta da CEO, Marisol Nóvoa, e a directora adxunta de Expourense, Emma González. Dúas pasarelas As pasarelas volverán convocar ao público que se achegue para coñecer as últimas tendencias en moda nupcial e festa. Terán lugar tanto o sábado como o domingo ás 18.00 h. e contarán coa participación das seguintes empresas: Alvarino (traxes de noivo e cerimonia); Charo López (moda festa); Chévere (animación); Drácena (arranxos florais); En dos detalles (decoración); Loyma (xoiaría); Magic Stories (organización de eventos); Nicandra (moda noivas); Noar Novias (vestidos de noiva e festa);

Paris Diffusion (perruquería e estética) e Passion Novias (moda noiva e comuñón). Esta actividade estará coordinada pola Axencia Luena. Todas estas firmas aseguran a organización dun evento 100% ourensán, xa que ademáis todas elas contan con coleccións de fabricación e deseño propio. Nos últimos anos é tendencia que os noivos sorprendan aos convidados cun baile ou flash mob polo que un dos expositores desta edición, o centro deportivo Moovett, ofrecerá un curso de baile nupcial ao sábado de 12.00 a

Moovett ofrecerá un curso de baile nupcial gratuíto o sábado ás 12 h 13.00 que é gratuíto previa inscrición. Celebra será ademáis un espazo para visitar en familia xa que contará cun área de actividades adicada aos máis pequenos e que incluirá inchables. Celebra abrirá as súas portas en Expourense o sábado 29 e o domingo 30 de outubro en horario de 11.00 a 14.30 e de 16.00 a 20.30 horas.


12

OURENSE POR Barrios Outubro de 2016

especial CELEBRACIÓNS

Komodamoda ofrece roupa de festa cunha ampla tallaxe Porque a comodidade non está reñida co estilo, Komodamoda leva case unha década ofrecendo ás súas clientas ourensás roupa de festa cunha ampla tallaxe. Se tedes unha festa ou celebración, en Komodamoda queren que a talla non sexa un problema e por iso ofrecen moda actual, xuvenil, con cores e cortes que sentan moi ben, tanto en vestidos longos coma curtos; vestidos con encaixe, drapeados, estampados ou lisos. Na súa colección da próxima primavera 2017 incorpora vestidos con saias plisadas, que lle dan

volume e ademais con petos, que tan de moda van estar. E o máis importante é que a gran maioría do que ofrece Komodamoda na súa liña de festa chega

ata a talla 60, solucionando así o gran problema que é atopar roupa bonita en talla grande.

Desde o pasado outono Komodamoda atópase nunha ubicación máis ampla e céntrica, rúa Bedoya, 13

Para inmortalizar ese día inolvidable Once anos e máis de 200.000 fotos realizadas son motivos suficientes para que nas túas celebracións máis especiais elixas a Fotoservice21, especialistas en grandes eventos. Héctor Rojas pon todo o seu empeño e profesionalidade para que ese momento quede inmortalizado, xa sexa en video ou álbum personalizado (sen plantillas xa prefixadas).

Alugar autobuses de Anpian para as súas celebracións, todo un acerto!

Agora para dar un mellor e amplo servicio aos seus clientes trasladouse da rúa Bellao á avenida de Santiago 52, onde nos 220 metros cadrados de local podes atopar unha sala audiovisual, un estudo ou unha sala de proxeccións para alugar cando a precises por cuestións laborais ou personais. Ademais, grabación de realidade virtual ou foto-

grafías en 3D demostran que Fotoservice21 ofrece os últimos avances no mundo da imaxe e o son.

Para comprobalo achégate á avenida de Santiago, 52, ou chama ao 988 612 112.

Fotoservice21 está na avenida de Santiago, 52.

O aluguer de autobuses con condutor, permitirá gozar dos seus eventos familiares, dunha forma distendida e relaxada. Só ten que confiar nos excelentes profesionais de Anpian e os convidados quedarán agradecidos por non ter que coller os seus coches e poderán volver tranquilos da gran festa. Anpian encárgase de que o seu evento sexa o esperado, onde non se teñan que preocupar de levar, traer, subir e baixar dos seus vehículos. Cun único transporte, vostede poderá gozar da comuñón/bautizo/voda e da satisfacción de todos os invitados. A comodidade que supón contar co servizo de aluguer de autobuses de Anpian é algo que realmente non ten prezo. Un servizo cómodo, económico, axustado ás súas necesidades e con todas as garantías de seguridade ao volante que xamais imaxinase. E como todas as celebracións non son iguais, dispoñemos de diferentes vehículos, con varias capacidades, que se adapta-

rán perfectamente ao que teña planeado. Da man do noso gran equipo de expertos da condución, a seguridade e a satisfacción reinarán en todo momento no seu gran día. Oferta en viaxes Ademais, as axencias de viaxe do grupo Anpian, Viaxes Piña e Viaxes Auria, lanzaron desde hai varios anos unha oferta estrela para as vodas, ofrecendo a oportunidade de que o transporte dos noivos e invitados, un servizo moi demandado, saia gratis se contrata a lúa de mel con nós. Ademais, se non dispón de tempo para achegarse a algunha das axencias, Viaxes Auria desprázase onde vostede queira para que poida realizar os trámites necesarios para elixir destino e contratar a lúa de mel. Do mesmo xeito, as axencias de viaxe do grupo Anpian son a mellor opción á hora de contratar calquera tipo de vacacións, reservas de hotel, entradas a concertos e eventos, billetes de avión, tren ou bus, cruceiros, etc.


CELEBRACIÓNS especial

OURENSE POR Barrios Outubro de 2016

13


14

OURENSE POR Barrios Outubro de 2016

ECONOMÍA, EMPREGO E EMPRESAS

A segunda Lanzadeira admitirá parados de ata 59 anos

Plan de apoio ao Comercio Redacción

A Cámara de Comercio de Ourense acaba de pór en marcha un novo plan integral de apoio á competitividade do comercio minorista, co que facilitará aos comerciantes o acceso a diagnósticos de innovación comercial. O programa está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e pola Secretaría de Estado de Comercio, coa colaboración das Cámaras de Comercio e é totalmente gratuíto para os participantes. O plan integral de apoio á competitividade inclúe entre as súas accións un diagnóstico de innovación comercial, onde un asesor identifica as debilidades e potencialidades do negocio e sobre as que, tras a súa análise, realizará unha serie de recomendacións e propostas de actuación. O prazo para a presentación das solicitudes finaliza o 23 de novembro. Anteriores plans Este é o cuarto plan que desenvolve a Cámara de Ourense, do cal se beneficiaron máis de 250 comerciantes e emprendedores nas tres edicións anteriores. O téxtil era a actividade maioritaria dos participantes, na súa maioría negocios con menos de cinco anos de antigüidade.

4A inscrición está aberta até o 18 de novembro. P. Lodeiro Martín Sousa, Marga Díaz, Montse Lama, Beatriz Gómez e José Manuel García, na presentación da campaña da Federación de Comercio de Ourense./P.LODEIRO.

A Federación de Comercio premiará a fidelidade dos seus clientes 4 A campaña “En Ourense, merca e reláxate” desenvolverase ata o 8 de novembro. P. L. 50.000 tarxetas-rasca serán repartidas en máis de 400 establecementos da cidade asociados á Federación de Comercio de Ourense. Parte delas terán premio directo: 14 estancias termais nos balnearios de Caldaria, e 350 circuítos termais en Outariz -50 deles incluíndo baño con chocolate-. Deste xeito a Federación quere “fomentar a demanda no comercio local e premiar a fidelidade dos nosos clientes”, explicaba a súa presidenta, Beatriz Gómez. Esta é a terceira edición

Convocados os 5º Premios AJE Ourense 4 Os galardóns serán entregados o 3 de novembro. P. L. Visibilizar o labor do colectivo na provincia e impulsar aos empresarios locais é o obxectivo dos premios AJE Ourense, que neste 2016 chegan á súa

5ª edición. Os galardóns serán entregados nun acto o próximo 3 de novembro ás 20 horas, no Centro Cultural Marcos Valcárcel, segundo desvelou o presidente dos novos empresarios ourensáns, Lois

da campaña “En Ourense, merca e reláxate” 2016, que estará vixente ata o 8 de novembro, e na que a Federación conta coa colaboración da Dirección Xeral de Comercio, da Deputación Provincial de Ourense e do Concello de Ourense. Os rascas xa foron repartidos nas tendas ourensás, que fixarán ao seu criterio o consumo mínimo que deberán facer os seus clientes (en produtos ou servizos) para poder conseguilos. Os premios estarán vixentes ata o 31 de marzo de 2017. Beatriz Gómez indicou que esta é unha das cam-

pañas do comercio de proximidade ourensán de máis éxito, non só entre os consumidores senón entre os propios comerciantes. “A nós fainos moita ilusión que os nosos clientes rasquen as tarxetas e lles salga un premio” explicou. Pola súa banda, o vicepresidente da entidade, José Manuel García, explicou que os clientes participan máis ao darlles tarxetas tipo rascas porque saben no momento se gañaron un premio ou non, tratándose dun sistema máis cómodo que o empregado en edicións pasadas.

Babarro. O colectivo premiará ao mellor novo empresario de 2016, que recoñecerá “unha traxectoria exemplar”, e a mellor iniciativa emprendedora, dándolle así “un impulso e visibilidade social”. Para estas dúas categorías, os interesados -que non necesariamente deben ser socios de AJE- poden presentar candidaturas até o 1 de novembro ben na sede de AJE (na CEO) ben a través do correo info@ajeourense.com.

Ademais, o colectivo de novos empresarios entregará o premio mentor 2016, a aquela persoa “que colaborase co noso colectivo” e o premio compromiso social 2016, un recoñecemento “ás entidades sociais que se implicaron con esta provincia”.

Os novos empresarios entregarán catro premios

O Concello de Ourense, a Fundación Santa María La Real e a Fundación Telefónica promoven a segunda edición da Lanzadeira de Emprego da capital ourensá que, como novidade, aceptará participantes até os 59 anos. Satisfeitos cos resultados da primeira edición, que conseguiu inserir laboralmente a 14 dos 25 participantes, e atendendo á realidade do desemprego dos traballadores de máis idade, a Fundación Telefónica e a Fundación Santa María La Real decidiron que a súa segunda edición en Ourense inclúa tamén un 25% de desempregados de até 59 anos. A directora de Telefónica Galicia, Marta Menéndez, o director de Fundación Telefónica, Joan Cruz, a responsable de Comunicación de Fundación Santa María a Real, Marta Prieto, o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o concelleiro de Promoción Económica, Jorge Pumar, presentaron todos os detalles dunha convocatoria que

xa está aberta e para a que agardan un grao de inserción laboral similar ao da primeira edición, do 60%. Serán cinco meses de formación, que incluirán coaching e intelixencia emocional, dinámicas de comunicación, marca persoal e procura de emprego. “Comezaremos a finais de novembro, con 20 persoas desempregadas e o reto de reforzar as súas habilidades profesionais e pór ao seu alcance novas ferramentas de acceso ao mercado laboral”, explicou o alcalde de Ourense. “Queremos que os participantes sexan o máis diversos posibles, non buscamos un perfil ou un sector laboral concreto”, engadiu a responsable de Fundación Santa María La Real. Os desempregados interesados en participar poden inscribirse até o 18 de novembro na web www. lanzaderasdeempleo.com ou ben no Centro de Iniciativas Empresariais de Ourense.

Na primeira edición, atoparon traballo 14 dos 25 participantes

Representantes do Concello e das fundacións Telefónica e Santa María La Real presentaron a lanzadeira./P.L.


ECONOMÍA, EMPRESAS E EMPREGO

OURENSE POR Barrios Outubro de 2016

ENTREVISTA A JOSÉ MARÍA GONZÁLEZ, PRESIDENTE DA ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES OURENSE NORTE

“Apoiamos ao comercio local con campañas e asesoramos ao empresario” 4 Descubrimos a traxectoria da Asociación de Comerciantes Ourense Norte da man do seu presidente, José María González. S.N.

de decembro, a cal realizamos durante tres anos, e esta vez a nosa idea é que teña lugar nun lugar emblemático ourensán. Tamén imos sacar unha revista para dar a coñecer os nosos comercios e para contar un pouco a historia que aí detrás de cada un.

Dende hai sete anos os empresarios da zona norte de Ourense decidiron unir forzas para loitar polos intereses comúns e poñer en marcha campañas comerciais para incentivar ao cliente. A través da Asociación de comerciantes Ourense Norte comparten dúbidas, demandas e ideas. Falamos con José María González, o seu presidente, para coñecela máis a fondo. Cando naceu a Asociación de Comerciantes Ourense Norte? José María González: “A asociación naceu fai sete anos e converteuse en centro comercial aberto fai cinco”. Dende cando es o seu presidente? J.M.G.: “Levo case seis anos no cargo”. Cantos socios ten? J.M.G.: “Ao día de hoxe conta con 172 socios”. Que tipo de servizos

“Estamos intentando recuperar a pasarela Nortemoda para decembro”

José María González preside a Asociación de Comerciantes Ourense Norte dende fai seis anos./RAMSÉS.

“Os empresarios desta zona demandan sobre todo prazas de aparcadoiro. E que as autoridades cheguen a acordos sobre a Praza de Abastos da Ponte, o AVE e o termalismo” ofrece aos asociados? J.M.G.: “Os servizos que ofrecemos aos socios son principalmente o de apoiar no comercio coas distintas campañas, asesorar en calquera tipo de problema tanto coas administracións como con calquera dúbida que lles xurda relaciónado co comercio. Por exemplo, tanto lle axudamos en conseguir un vado, unha carga e descarga como os asesoramos xuridicamente”.

Que tipo de demandas teñen os empresarios desta zona? J.M.G.: “Os empresarios da nosa zona demandan sobre todo que habiliten prazas de aparcadoiro xa que dá pena ver como se nos van os clientes por non poder aparcar. E sobre todo queremos que as nosas autoridades se acheguen en posturas que tanto poden favorecer ao comercio local, como pode ser a Praza de Abas-

tos da Ponte, a chegada do AVE, e que por unha vez se faga algo polo tema do termalismo, con máis investimentos para xerar empresas e emprego local a través deste sector, do que tanto se fala pero que dá pena velo”. Que tipo de promocións organizades? Cal serà a próxima? J.M.G.: “Estamos intentado recuperar a pasarela Nortemoda para o mes

Como valorades a resposta das autoridades políticas municipais ante as vosas demandas? J.M.G.: “As autoridades, en xeral, responden ben, tendo en conta os anos tan malos que nos tocou vivir. Pero quen máis nos axuda é a Consellería de Industria a través da Dirección Xeral de Comercio, que sempre estivo ao noso lado apoiando tanto con iniciativas da Consellería como os nosos proxectos locais”. Envialle unha mensaxe aos nosos lectores. J.M.G.: “Animo aos empresarios ourensáns e en especial aos do norte de Ourense para que se unan e intentar entre todos superar estes momentos de crise que vivimos. Así mesmo, anímoos a que presenten propostas de todo tipo, porque estaremos encantados de atendelos”.

15

O programa “Ourense Emprega” formará 60 persoas paradas Redacción O Concello de Ourense, en colaboración coa Xunta, porá en marcha o programa integrado de emprego e formación “Ourense Emprega”, dirixido a persoas demandantes de emprego na cidade. Esta iniciativa dará cobertura, durante un ano, a 60 persoas desempregadas, cun obxectivo de inserción laboral do 35%, garantindo que 21 persoas atopen traballo. O obxectivo deste programa é fomentar a empregabilidade de persoas perceptoras de prestacións e subsidios que pertenzan a colectivos vulnerables, como son os desempregados con discapacidade, persoas en risco de exclusión social, mulleres desempregadas vítima de violencia de xénero, menores de 30 anos desempregados de baixa cualificación e parados de longa duración. “Ourense Emprega” buscará capacitalos mediante certificación profesional nos seguintes eidos: curso de vixiante de seguridade; operacións básicas de cociña; atención socio sanitaria a persoas en domicilio; e condutor de vehículos de clase C1-C (camión). Os interesados, que deberán estar empadroados no municipio e estar inscritos como demandante nas oficinas de emprego, poden anotarse no Centro de Iniciativas Empresariais.


16

OURENSE POR Barrios Outubro de 2016

ECONOMÍA, EMPRESAS E EMPREGO

Todos os concesionarios oficiais da provincia acoden ao 8º Salón do Automóbil 4 A fin de semana do 18 ao 20 de novembro celebrarase o Salón do Vehículo Novo e do 25 ao 27 de novembro o de Ocasión. Redacción Todos os concesionarios da provincia de Ourense pertencentes á Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense, A.C.A.U.T.O., participarán coma expositores no 8º Salón do Automóbil que se celebrará no mes novembro, durante dúas fins de semana seguidas, en Expourense. Do 18 ao 20 de novembro terá lugar o Salón do Vehículo Novo, e dende o 25 ao 27 de novembro o do Vehículo de Ocasión. Trátase de dúas citas vencelladas cun dos sectores comerciais de maior peso na provincia de Ourense, o da automoción, e que están organizadas de forma conxunta entre Expourense e A.C.A.U.T.O. coa colaboración de Abanca e de Cáritas Ourense. As marcas aproveitarán a súa presenza nesta cita para presentar os últimos lanzamentos e os vehículos que se van comercializar de cara á campaña do 2016. O obxectivo destes sa-

Uhha edición anterior do salón do automóbil. lóns é presentar no recinto feiral unha oferta completa e atractiva, que cubra todas as gamas e modelos de vehículos para adaptarse ás necesidades e preferencias dos visitantes. Desta forma, o público poderá consultar nun mesmo espazo toda a oferta existente no mercado ourensán, e comparar opcións antes de decidir a compra do seu vehículo. Sorteo dun cheque regalo de 6.000 euros Como incentivo para animar a os visitantes a axilizar o proceso de de-

4NOTICIA DE EMPRESA

Andrade Seguros, a túa axencia Pelayo en Mariñamansa Falamos con Iciar Reboredo, responsable de Andrade Seguros, axencia Pelayo en Mariñamansa. Por que decidides abrir en Ourense? Iciar Reboredo: “Debido ao crecemento da nosa carteira en Xinzo de Limia, decidimos impulsar e crecer un pouco máis... así que abrimos fai tres meses esta nova oficina con moitísima ilusión e sobre todo con moitas ganas de traballar. A zona de Mariñamansa é un sitio onde hai comercio, afluencia de xente e ademais tivemos moi boa acollida”.

cisión, a organización volverá sortear, entre os visitantes que pechen a compra dun autómobil novo ou de ocasión nestas citas, un cheque regalo por importe de 6.000 euros a descontar do prezo do vehículo adquirido.

Por que se caracteriza Pelayo - Andrade Seguros? I.R.: “Por estabilidade, seriedade, compromiso. Con certificado de garantía de calidade. É unha compañía con grandes profesionais ao servizo do cliente”.

As marcas aproveitarán a súa presenza para presentar os últimos lanzamentos

Que tipo de seguros facedes? I.R.: “Sobre todo dedicámonos a familias e a autónomos... Auto, fogar, vida, saúde... fidelizamos ao cliente coa

Iciar Reboredo, responsables da axencia Pelayo de Mariñamansa. conta de Seguros Pelayo, a través da cal unificando os seguros aforras moitísimo diñeiro. Pero tamén traballamos con plans de pensións, decesos..etc.”

Pelayo onde podes aforrar até un 25% nos teus seguros. E ademais no mes de novembro, só con pedir orzamento, levas un agasallo seguro”.

Algunha oferta que teñades neste momento? I.R.: “Sempre temos novas campañas. Por exemplo, en Fogar, até o 31 de decembro, se traes o teu seguro de fogar a Pelayo, levaste 30 euros senón es cliente, e se xa o es, un agasallo seguro. Ademais, temos a conta de seguros

Que recomendación lle dades a alguén que está pensando en facerse un seguro? I.R.: “Que se pase pola nosa oficina na avenida de Zamora, 143, onde lle ofreceremos un seguro á súa medida coas mellores coberturas ao mellor prezo”.


OCIO E CULTURA

4ARQUIVO VISUAL OURENSÁN

OURENSE POR Barrios Outubro de 2016

17

4IMAXES DO MES

Virtus 10 de decembro de 1948. Lida a acta levantada polo xurado calificador do “Concurso de Proyectos para la erección del monumento a los Caídos”, de entre as 5 propostas en disputa, acórdase elixir a presentada baixo o lema “Virtus”, obra de Fernando Díaz Rodríguez, veciño da nosa cidade. Tras a entrega da cuantía do premio, consistente en 5.000 pesetas, o Concello de Ourense asume a propiedade do proxecto gañador e encarga a súa execución, na contorna do parque de San Lázaro, ao escultor Francisco Asorey González. Rematada en 1951, evoca hoxe, nos máis cativos, a figura dun anxo protector. Unha piedade moderna que auxilia ao mortecino nun agónico xesto de humanidade. E, por quw e non? De nós depende.

Un momento da actuación de La Unión no Paco Paz./R.TORRES.

La Unión en Ourense

Praza Maior, esquina Modesto Fernández. Ano 1960.

Case toda a súa carreira, que é longa, tivo que pasar para poder volver ver en Ourense a La Unión. Centos de persoas asistiron ao concerto dunha das bandas máis emblemáticas do pop español, o pasado 15 de outubro no “Mid Season Festival” celebrado no Paco Paz. Sildavia, Hombre lobo en París, Vivir al este del Edén, Maracaibo, Mala vida, Ella es un volcán, entre moitas outras, sonaron en todo o Pazo das cordas vogais de Rafa Sánchez -alma máter do grupo- e do público entregado a elas, cancións coas que moitos deles creceron.

Virtus e capela do San Lázaro. Anos 50./AVO. Fernando Valcárcel, membro do Arquivo Visual Ourensán

Fermosa reciclaxe. Serena ignorancia. Marabillosa mentira.

4ADÓPTANOS...

Recorda: é para sempre! Concerto de Thirteen Bled Promises./J.E.

Tormenta musical no Live for Madness

A sexta edición do festival ourensán Live for Madness Metal Fest reuniu o pasado 24 de setembro no Campo da Feira a varios centos de seguidores deste estilo musical. Tocaron Ocean’s Garden, StrikeBack, Thirteen Bled Promises, Aphonic, Rise to Fall e Legacy of Brutality, unha representación dos estilos máis extremos do metal que se poden escoitar hoxe en día no panorama nacional. Macho de raza mini, de dous anos. Pesa só 4 quilos. É un pouco desconfiado ao principio, pero moi cariñoso. Ideal para piso.

Rescatada con dúas filllas dunha granxa. Raza pequena, preciosa. Boísima con cans e persoas. Ignora aos gatos

Dous machos de 4 meses acostumados a vivir en casa con finca. Crioados a biberón. Moi dóciles e cariñosos.

Neska, pastor alemán de 6 anos, femia. Acostumada a vivir en casa. Lévase ben con outros cans.

Cachorra de 9 meses, raza mediana-grande. Un poco dominante coas femias. Encántalle a xente.

Orejas, macho dun ano, moi cariñoso. Convive perfectamente con cans e gatos.

Contacta con PROGAPE no 988 21 29 39, na protectora na estrada de Eiroás ou no seu Facebook

Coro do colexio Padre Feijóo

Pequenos cantores

O coro do colexio Padre Feijoo Zorelle participou a pasada fin de semana en dous certames. Os escolares amosaron as súas dotes musicais no Festival Auria Canta e no Festival de coros e rondallas de San Cibrao das Viñas.


18

OURENSE POR Barrios Outubro de 2016

OCIO E CULTURA

DO 28 DE OUTUBRO AO 5 DE NOVEMBRO

Desvélase o programa do 21 OUFF 4 Esta edición xirará ao redor do cinema iberoamericano e das propostas dos novos realizadores. Paula Lodeiro 21 películas conforman a sección oficial da 21ª edición do Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF), que se celebrará entre o 28 de outubro e o 5 de novembro. Cando o director artístico desta edición, Fran Gayo, aterrou en Ourense hai menos de cinco meses, fíxoo cunha intención clara, dotar ao festival de “unha coherencia e unha programación clara”. O programador optou por centrarse no cine iberoamericano e nos novos cineastas, de aí a nova configuración da sección oficial, con dúas compe-

ticións: a iberoamericana, con 10 películas, e a de óperas primas, con 11 filmes, todos eles estreas en España. As obras seleccionadas optarán ao Premio Calpurnia á mellor película (para cada unha das dúas competicións), ao Premio Carlos Velo ao mellor director na competición iberoamericana, o Premio do Público e o Premio ao mellor actor e actriz. Como novidade, o Cineclube Padre Feijoo entregará un Premio á mellor ópera prima. O galardón que xa está decidido é o Premio Cidade de Ourense, que este ano recaerá no cineasta Oliver Laxe.

Retrospectivas Xunto á sección oficial, completan a programación os filmes de apertura (“Santoalla” dos norteamericanos Andrew Becker e Daniel Mehrer) e clausura (“Pedro Páramo” de Carlos Velo), o OUFF Escola, un encontro de coprodución audivisual e varias seccións paralelas. “Son un programador da vella esola, gústanme as retrospectivas”, explicaba o director artístico do certame a aposta por estas proxeccións, con catro “Focos” dedicados a Hugo Santiago, Mercedes Moncada, Camilo Restrepo e L’Abominable e María Ruido.

Na presentación do 21 OUFF, o director de Agadic, Jacobo Sutil, o director artístico, Fran Gayo, o alcalde, Jesús Vázquez, o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e a edil de Cultura, Belén Iglesias./P.L. En total, son 73 películas as que se poderán ver durante nove días de cine, un vintena das cales son de produción galega. “Estou moi entusiasmado coa programación”, recoñecía Fran Gayo. De novo en Ponte Vella Nesta edición, amplíanse as sedes do festival.

Ademais do Auditorio Municipal, o Teatro Principal e o Centro Cultural Marcos Valcárcel, volveranse proxectar filmes no Centro Comercial Ponte Vella, e tamén na Biblioteca Pública, así como nas vilas de Xinzo, Celanova e O Carballiño e no centro penitenciario de Pereiro de Aguiar.

Os filmes “Santoalla” e “Pedro Páramo” abrirán e clausurarán o festival O cineasta Oliver Laxe recibirá o Premio Cidade de Ourense


OCIO E CULTURA

OURENSE POR Barrios Outubro de 2016

19

Humor, danza e música na IV Gala contra o cancro 4 O 18 de novembro no Auditorio Municipal. Redacción A Gala contra o Cancro de Ourense volve este ano para celebrar a súa cuarta edición. A cita será o venres 18 de novembro ás 20.30 horas no Auditorio Municipal de Ourense. Tras tres anos enchendo o Auditorio, esta cita solidaria consolidouse como unha das máis relevantes da provincia, reunindo a referentes do mundo da música, a danza, o humor e a interpretación. Con esta gala, a Asociación Cultural Xuvenil As Canellas, tratará de repetir o éxito das anteriores edicións. En palabras do organizador, David Rodríguez, “ano tras ano, tentamos ofrecer unha iniciativa cultural para a

cidade que teña un fin tan loable e marabilloso como é axudar ás persoas afectadas polo cancro. Queremos que esta edición, o Auditorio volva inundarse de solidariedade”. No cartel desta edición, a cantante Lys Pardo, filla do eterno Juan Pardo; o dueto Monoulious Dop, o compositor Xabier Vizcaíno, e o dúo local La Dama de Gris. No apartado de humor, participará Pepe Capelán, mentres que a danza estará presente a través da escola “Estilo Libre” . Como mestres de cerimonias, o actor Rubén Riós e a presentadora de televisión Lucdía Rodríguez. As entradas da gala xa están á venda en varios establecementos da cidade.

Os cativos festexan o Samaín 4 Haberá obradoiros e desfile de cabazas. Redacción O Concello de Ourense presentou a programación de actividades dirixidas aos máis pequenos da casa que ten previstas para festexar o Samaín o próximo luns 31 de outubro. Así, ás 17 horas terá lugar un taller de baleirado de cabazas na praza Saco e Arce; e dende as 17:30 na praza da Imprenta haberá microteatro para dar a coñecer aos cativos a orixe desta festa; así como obradoiros de accesorios, para disfrazarse de celta ou espíritu; e de amuletos de Samaín. Á mesma hora na praza Manuel Sueiro, haberá obrado-

Cartel do Samaín 2016. iros de maquillaxe, chapas e cerámica, este último co artesán Juan Rodríguez Ferreira. Xa ás 19 horas dará comezo o desfile de cabazas, e ao rematar haberá baile e festa na praza Maior con Katembe Proyect. E para completar esta celebración prazas e rúas da Zona Vella estarán decoradas para mostrar o seu aspecto máis terrorífico.


20

OURENSE POR Barrios Outubro de 2016

OCIO E CULTURA

ENTREVISTA A ALBERTO CANAL

“Situacións actuais de extremismos non están tan lonxe da realidade de Birkernau” 4 O escritor ourensán está a presentar a súa segunda novela, ‘O amor nos escuros días de Birkenau’, que foi finalista do Premio Xerais. Paula Lodeiro Alberto Canal (Casal de Maus, A Merca,Ourense, 1967). Durante unha década exerceu de xornalista na prensa escrita, para pasar logo ao eido da comunicación empresarial na empresa Caldaria. En 2008 publicou a súa primeira novela, ‘Conexión Tubinga’, unha intriga filosófica sobre a existencia de Deus que resultou finalista do Premio Xerais dese ano e do San Clemente de 2009. ‘O amor nos escuros días de Birkenau’ é a súa segunda novela e tamén foi finalista do Premio Xerais. Lendo a sinopse do libro, adivíñase un relato duro. Alberto Canal: “É un relato sobre unha época da historia bastante crúa, dura. O trasfondo do Holocausto todos sabemos cal é, aínda que nesta novela non intentei incidir sobre os aspectos máis crus da realidade dos campos de concentración, senón que o centrei na historia de amor entre os dous personaxes protagonistas, Tomas Munch e Irene Rosenthal. Munch é un político alemán anarquista que é condenado a Birkenau como preso político para exercer o traballo de coordinador da brigada de perruqueiros, alí se encontra casualmente con Irene Rosenthal que é unha polaca xudea, e iníciase unha relación sentimental que vai ter continuidade ao longo da novela. O que pretendo amosar desa relación non son os sentimentos como aquilo que nos acontece a todo o mundo nun momento da vida dun xeito espontáneo, senón a procura do amor e dos sentimentos dunha maneira desesperada, como unha motivación para sobrevivir, e o conflito emocional que provoca nas persoas que se enfrontan a iso a peito descuberto, debido ás circunstancias que os rodean”. A Segunda Guerra Mundial, o nazismo, o Holocausto… son temas moi tratados na literatura, cal é a túa achega a esta temática? A.C.: “Tense escrito moito úl-

timamente, desde David Safier con ‘28 días’ ou Marcus Zusak con ‘A ladroa de libros’ pero o curioso é que eses autores seguen invitando a escribir sobre estes temas. A Segunda Guerra Mundial, o Holocausto, a Shoah, é un pano de fondo no que ocorren historias; o importante é a historia que se conta e como se conta, conseguir contar unha boa historia e contalo do xeito axeitado é a procura de todo escritor. Ben é certo que achega un dramatismo que ao mellor non o achegan outros momentos. Tampouco foi unha historia que eu fun buscar. Xa o teño contado, fun visitar unha feira de turismo en Ourense e na oficina polaca de turismo atopeime cunha moza que cando lle pedín información para ir visitar os campos de concentración de Polonia me pediu que non os fora visitar, o cal me sorprendeu. Logo coñecín que case todos na súa familia morreran nese campo e ela consideraba que Auschwitz ou Birkernau non tiñan sentido como museo. O que pasa é que tamén te atopas con outro tipo de persoas que si cren convinte seguir contando historias sobre o Holocausto. De feito na presentación do libro lembro situacións actuais de extremismos que non están tan lonxe da realidade de Birkernau; poño por caso persoas que foron queimadas vivas e o seu martirio retransmitido en televisión por parte dos xihadistas; os extremismos de dereitas que levan anos presentes en Europa... contar unha historia sobre aquilo non é tan vacuo como poida parecer”. Con que obxectivo escribes? A.C. : “Eu doulle máis importancia á historia que se conta, que sexa unha historia atractiva, que ao público lle guste, aí inflúe moito a maneira de contala. ‘O amor nos escuros días de Birkenau’ está contada a maneira de intriga, pero recoñezo que no escritor ten que haber unha pulsión por traballar co idioma no sentido creativo. Ese é a principal motivación. E logo tamén está o desafío de

que ofreces a novela, e dis ‘creo que esta é unha novela interesante’ senón que houbo un xurado. Enfrontei a ese recoñecemento desde o anonimato, non quería utilizar influencias nin buscar padriños, senón que entreguei a miña obra sen que ninguén soupese quen estaba detrás e recibín unha valoración positiva. A verdade é que tamén está recibindo unha valoración positiva por parte da crítica, o cal é moi gratificante porque é un recoñecemento de xente cualificada”. E a valoración dos lectores? A.C.: “O libro leva dous meses e esta é a primeira presentación oficial (a realizada no Liceo de Ourense o 4 de outubro). Durante o verán fixemos pequenas presentacións e logo virán outras en Santiago, Vigo, Lugo… Á literatura en galego hai que darlle tempo e grao de coñecemento. Quizais dentro de tres, catro meses poderei dicir está indo ben ou non tan ben.”

Alberto Canal, no Liceo de Ourense, onde presentou ‘O amor nos escuros días de Birkenau’./R.TORRES.

“O que pretendo amosar é a procura do amor dunha maneira desesperada, como unha motivación para sobrevivir” “No fondo o escritor non escribe para si mesmo, escribe para que os demais vexan as súas historias” facer unha obra, de intentar lograr unha obra de arte, eso está aí presente. Tamén tes a motivación de que iso que estás a contar poda chegar ás persoas, porque no fondo o escritor non escribe para si mesmo, escribe para que os demais vexan as súas historias”. É complicado dar o paso de publicar? A.C.: “Esta é a segunda novela na mesma editorial; a primeira, ‘Conexión Tubinga’, foi finalista

do Xerais e ‘O amor nos escuros días de Birkenau’ tamén foi finalista do Premio Xerais . Entón non houbo que pelexar pola súa publicación porque pasou o tamiz dun xurado que ditaminou que era unha obra de calidade. Ademais xa tiña unha pequena historia despois de publicar ‘Conexión Tubinga’, co cal xa non era unha persoa descoñecida. Aínda que eu preferín chegar á súa publicación utilizando ese camiño porque hai xa varias valoracións por medio, non eres ti o

Que papel xoga a literatura na túa vida? A.C.: “Eu non penso na literatura como un traballo, polo menos polo momento e ata que non aconteza nada extraordinario. Desde a adolescencia quería ser escritor, incluso antes que xornalista. Canto tiña 11 anos perseguía ao meu pai para que me comprara a historia da literatura española en fascículos… Durante unha etapa da miña vida dediqueime máis ao periodismo, que non che deixa espazo para outro tipo de creatividade. Unha vez que me liberei desde traballo recuperei esas ganas de crear. Tampouco publico tanto porque o traballo que fago esixe moita implicación”. Entón xa hai algúnha idea para un terceiro libro? A.C.: “Si, de feito vai saír publicado en breve outra obra en Xerais que encadraron dentro da literatura xuvenil, pero penso que é un libro que pode gustar tamén a adultos. Está situado en Ourense, titúlase ‘O trapecista da malla de rombos’, e conta a visión dun neno de 10 anos da rúa do Vilar que aspira a ser trapecista. Conta os últimos días do Circo dos Muchachos e de Benposta, todo ese conflito que terminou cun dos proxectos, ao meu entender, máis interesantes da historia de Ourense. Non sei se vai saír neste segundo semestre ou a principios do que vén. E estou escribindo tamén outra novela que vai pola metade, pero de cousas que están pola metade é mellor non falar”


DEPORTES

OURENSE POR Barrios Outubro de 2016

21

Abertas as inscricións para a San Martiño 4 A carreira terá lugar o 20 de novembro. R. Torres A San Martiño celebra este ano a edición XL da carreira decana do panorama autonómico. 40 anos nos que se converteu nalgo máis que unha simple carreira. 40 anos nos que a súa evolución foi palpable; dos 216 participantes da primeira edición, o 10 de novembro de 1977 pasouse a 9.483 da pasada. Unha proba de que é un festa en si. Uns queren gañar, outros batir as súas marcas, algúns demostrar

As inscricións están abertas ata o 13 de novembro

que son capaces de completar a distancia; ou pasar un día en familia en torno ao deporte é outra das opcións. Pero para todos é un día especial no que se quere poñer o seu gran de area nunha cita tan emblemática. Ás 11 da mañá os maiores percorrerán un circuíto homologado de 10 quilómetros. Ás 12:30 horas, a escolar de 4,7 km. E o punto e final porano os máis cativos (13:15 horas) cunha carreira de 1,4 km; nesta moitos dos que correron a absoluta acompañarán aos seus fillos Inscricións As inscricións realízanse en deportesourense.

com ou en championchinorte.com. O prazo para anotarse xa está aberto e ten un prezo (para a carreira absoluta, as demais son de balde) de 5 euros se se fai ata o 5 de novembro e de 7 se se realiza do 6 ao 13 do mesmo mes. O prazo de inscrición para optar á recollida anticipada de dorsal (entrégase nun lugar determinado pola organización para os que son de fóra de Ourense), chip e camiseta é ata o 5 de novembro. A recollida de chips (agás os que teñen chip en propiedade), dorsais e camisetas será o venres día 18 de novembro de 16 a 20 horas e o sábado día 19 de novembro de 9 a 20 horas na cancha central

Presentación no Concello de Ourense da carreira popular do San Martiño, que este ano chega a súa 40ª edición. /RAMSÉS. do Pavillón dos Remedios. Se a inscrición se realiza como grupo, a recollida de chips, dorsais e camisetas será do mesmo xeito, nunca de maneira individual. A recollida anticipada de chips (para os inscritos ata o 5 de novembro) será os días 17, 18 e 19 de novembro de 2016 nos puntos acordados. A organización dispo-

rá dun servizo de gardarroupa, que deberá solicitar na inscrición. Novidade Un magosto popular no campo da feira é a maior novidade e a colaboración solidaria con asociacións contra o cancro e Stop Accidentes -representado por Benito Bouzada- son os condimentos desta edi-

Trala carreira haberá magosto popular no campo da feira ción. O magosto celebrarase a partir das 14:30 e terá un custe de 5 euros por persoa; o menú constará de bolos preñados, costilla e castañas.


22

OURENSE POR Barrios Outubro de 2016

EN BREVE

4 Rugbi O Campus Ourense Coosur da División de Honra B recibe este sábado -12 horas, nas Lagoas- ao Bera Bera; o conxunto de San Sebastián ocupa a segunda posición na Liga.

4Atletismo Rematou a sexta edición do circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense” coa cita da Carballeira. Os gañadores desta última proba, en categoría absoluta, foron Rubén Diz e María Ferreiro. En canto aos vencedores do circuíto, o propio Diz foi o gañador masculino e Sonia Teijeiro a feminina.

4BTT O biker do Club Ciclista Maceda Iván Feijoo, rematou na 35ª posición na primeira cita da tempada da Copa do Mundo celebrada na localidade holandesa de Valkenburg.

4Andaina Este domingo 30 de outubro terá lugar a segunda edición da andaina “Serra Mosteironda” en Velle. O evento, organizado pola asociación de veciños Santa Marta, conta con reunir a 250 participantes. Haberá unha andaina de 10 quilómetros e outra de 18.

DEPORTES

Terceira seguida do COB 4 O Club Ourense Baloncesto logra a terceira vitoria consecutiva e xa suma máis partidos gañados que perdidos. R. Torres O COB demostrou ante Retabet e Melilla que está a medrar. Certo é que houbo erros nos dous encontros pero non menos certo é que se logrou a vitoria contra dous equipos que están chamados a estar en postos altos ao final de tempada. A última vítima foi un Melilla en horas baixas. Con Suka (nos seus primeiros minutos da tempada) e Pedro Rivero (lastrado fisicamente) no bando melillense, os ourensáns souperon sacar adiante un encontro que se presumía complicado. Se no anterior partido fora Mitrovic o máis destacado, nesta ocasión tocoulle ao capitán Diego Kapelan. Con 21 puntos (6 de 7 en tiros de 3) foi un dos responsables da vitoria. No inicio de partido, Flis fixo súa a canastra contraria, os nove primeiros puntos cobistas foron del. Este comezo tivo a súa continuidade durante os dous cuertos para chegar ao descanso con 45-36.

Os norteafricanos reaccionaron no terceiro cuarto. Foi o momento de máis apuro dos homes de Gonzalo García de Vitoria cando o rival se achegaba no marcador. Pero os ourensáns soupérono manter a raia. Unhas decisións arbitrais desfavorables para os locais fixeron irritar aos seareiros. Porén o equipo soupo templar o nerviosismo e lograr unha importante vitoria 77-72. Tres triunfos consecutivos para poñer o 3-2 (vitorias-derrotas) no casillei-

4 A UD Ourense logrou a vitoria ante o Monterrei. 4Tiro O Campionato Galego de aire comprimido celebrouse o pasado 23 de outubro no club de tiro Eiroás, con tres vencedores ourensáns: Jorge Encinas en carabina, Nuria Mera en pistola damas, e Paula Fernández en pistola júnior. Encinas, ademais, conseguiu un novo récord galego da modalidade, con 609,6 puntos.

Redacción A Unión Deportiva Ourense logra un esforzado triunfo contra o Monterrei. O primeiro tanto chegou na primeira parte; Cristian Dacosta recolleu un centro só na área e con tranquilidade batiu ao porteiro rival. Na reanudación os locais non se renderon e buscaron con gañas o gol do empate, que chegou nun roubo de balón

Coruña Este sábado o COB viaxa a A Coruña para enfrontarse ao Leyma. O equipo de Tito Díaz suma catro vitorias e unha derrota sendo un dos favoritos desta LEB Ouro.

O COB visita ao Leyma Coruña este sábado, na sexta xornada

Pedro Rivero, nas filas do Melilla, defendendo ao seu substituto no COB, Christian Díaz. /C. DOMARCO.

Tres puntos e grazas O tirador Jorge Encinas.

ro e situarse na novena posición empatados cos cuartos.

en medio campo e de forte disparo, desde o borde da área, o balón colábase pola escadra da portaría defendida por Lucas Sierra. Pero pouco lle dourou á ledicia aos parroquiáns, xa que Marcos Sotelo que acababa de entrar no terreo de xogo- deu un pase perfecto a Durán para que este, despois de deixar sentado ao meta, lograra o 1 a 2. Despois, o marcador xa non se movería.

Clasificación A goleada do Bande ante A Manchica (5-1) fixo posible que os de Iván González sexan os novos líderes da competición cos mesmos puntos (24) que os unionistas.

Partido entre Monterrei e UD Ourense./RAMSÉS.

Xogadoras do Cidade nun partido nos Remedios./R.T.

Vitorias a pares 4 Cidade As Burgas e Ourense Envialia gañan na sétima xornada da Liga. Redacción Xornada importante para os dous equipos ourensáns da Primeira División de fútbol sala feminino. O Cidade enfrontábase a un dos conxuntos cos que loitará pola salvación e o Envialia a un dos que mellor inicio de tempada levan realizado. Cidade O partido contra Rubí comezou moi tenso á vez que trabado. O primeiro gol tardou en chegar e foi en propia porta contra os intereses das visitantes. Antes do descanso Gisela transformaba un dobre penalti, o que permitía marchar cara vestiarios con empate. Ao inicio da segunda metade, Sonia Pacios fixo o segundo gol local nunha xogada ensaiada ao remate dunha falta. Un minuto despois, Iria, nun rechazo en curto de Nerea, poñía o 3 a 1 para o Cidade. O conxunto catalán foi na procura de recurtar diferenzas e conseguiuno co gol de Arancha no ecuador do segundo tempo. Nos últimos minutos o Rubí optou polo xogo de cinco sen resultado; ao contrario, Iria conseguía, desde cancha propia, marcar o cuarto tanto das franxiverdes e darlles os tres puntos. O Cidade é décimo con 9 puntos. A vindeira xornada visita a pista do Rioja.

Envialia O Ourense Envialia sumou unha importante vitoria na cancha do Roldán. Sara Moreno abría a lata cun gol aos catro minutos de encontro. A forte presión de ambas escuadras tan só permitiu un gol máis nos primeiros 20 minutos, o cal foi obra de Bea Seijas para deixar o marcador favorable para as ourensás (0-2). Nada máis comezar o segundo tempo, Mayte Mateo recurtaba distancias (1-2); e Mariángeles puxo o empate a dous. Pero este sería o día de Barberá, e ela logrou despexar un dobre penalti que aproveitaron en contragolpe as súas compañeiras para, por mediación de Andrea, facer o terceiro tanto. Ademais, a menos de dous minutos parou un penalti e o posterior rexeite, dándolle os tres puntos ás albinegras. As de Chipi son cuartas con 15 puntos. A vindeira xornada reciben ao Gironella. Terceira División Pola súa banda, na Terceira División masculina, o Sala Ourense logrou unha nova vitoria que o mantén na segunda posición con 15 puntos. Os de Kike García venceron ao Estrada por 5-2. O Carballiño arañou un empate na súa visita ao 5 Coruña e continúa na 12ª posición con 4 puntos. Carballiño - Superti A Pontenova e Mosteiro Bembrive - Sala Ourense son os partidos da vindeira xornada.


AXENDA - CLASIFICADOS - INFORMACIÓN DE SERVIZO

OURENSE POR Barrios Outubro de 2016

23

Ourense por Barrios. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 15-2015. Redacción: r/ Bedoya 7 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352 Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Lebre Mensaxeira Imprime: Publicaciones Tameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Miguel Rejo. Colaboracións: Silvia Nieto, Raquel Sertaje, Fernando Valcárcel, Avelino Jácome, Pablo Feijoo Nº 21 - Ano: XV - Outubro de 2016 - Difusión: 30.000 exemplares. Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, chame ao 988 045 352.

4AXENDA Cine - Do 28 de outubro ao 5 de novembro - 21ª edición OUFF - Varias localizacións. Música - 29 de outubro - Brutal Northern Night - 20.30 h. - Sala Berlín. - 29 de outubro - Concerto de Crow Black Chiken -21.30 h.- Café Auriense - 30 de outubro - Concerto de Revel in Dimes e Polo Horse - 21.00 h. - Café Auriense - 3 de novembro - Concerto do cuarteto de corda francés Akilone - 20.30 h. - Liceo de Ourense Exposicións - ata o 4 de novembro - Exposición: “Ilusionismo, máxia ou ciencia?” - Xardín do Posío Festas - 31 de outubro - Celebración do Samaín - 17.00 h. - Prazas do Casco Vello Teatro - 3 de novembro - Obra “Edipo” - 20.30 h. - Teatro Principal - 6 de novembro - Obra “Foucellas” - 19.00 h. Teatro Principal Deportes - 20 de novembro - 40ª Carreira do San Martiño - 11.00 h. - Pavillón dos Remedios Danza - 10 de novembro - Espectáculo de danza “Ensaio Amor”- 20.30 h. Auditorio Municipal Máis en: www.periodicobarrios.com

4TEL. DE INTERESE

4ANUNCIOS CLASIFICADOS [Deixe os seus anuncios no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]

TRABALLO

Ófrecese señor para traballar de pintor -con 40 anos de experiencia- . Dispoñibilidade inmediata. Tel. 647 640 620. Ofrécese señora para traballar de luns a venres media xornada e tarefas do fogar, coidado de maiores, mascotas, recados, etc. ou ben as fins de semana para coidar persoas maiores ou o que necesiten. Tel. 645 770 510. Dánse clases persoalizadas de matemáticas e estatística (todos os niveis). Tamén materias de ensinanzas medias.Con CAP. Experiencia. A domicilio. Económico. clasesadomicilio2014@hotmail.com. Ofrécese home de 40 anos con experiencia e titulación para coidado de persoas maiores ou depedentes. Calquera horario. Seriedade. Tel. 685 564 681. Ófrecese auxiliar de enfermaria para coidar a persoas por horas, noites ou fins de semana. Tel. 620 052 173. Ofrecése señora para coidar a persoas maiores. Con informes. Tlf. 669 434 330 - 988 24 60 96. Búscase traballo para manexar carretillas e/ou grúas. Tlf. 673 764 277. Moza galega responsable e con ampla experiencia atende maiores pola noite. Tel. 659 844 682 Ofrécese señora para coidar persoas maiores, nenos, tarefas do fogar, limpeza en xeral, de luns a venres. Curso auxiliar de axuda a domicilio. Tel. 685 374 191

INMOBILIARIA Alugo oficina amoblada de 24 m2. Lista para empezar a traballar. 150 euros/mes (+4 euros da luz da escaleira). Tel. 627 203 131. Vendo casa para restaurar pola estrada de Santiago. Tel. 637 00 59 10. Alugo apartamento no casco antigo de Ourense. Económico. Tel. 637 00 59 10. Ofrezo unha casiña pequena para restaurar próxima a Ourense a cambio de traballos de albanelería (restauración tellado, piso, encintar e dividir). Tel. 606 422 543. Vendo finca en Loiro. 3.000 m2. Con luz e auga. Tel. 687 62 86 28. Alúganse oficinas en Progreso, unha amoblada, todas exteriores. Bo prezo. Tel. 637 00 59 10. Alúgase local de oficina no barrio da Ponte, acondicionado, 25 m2, económico. Tel.634 950 659. .Vendo piso en Ervedelo. 3 dormitorios, salón, cociña, baño, calefacción, balcón pechado, dobre ventá. Recén arranxado. Tel. 626 297 504. Vendo casa para reformar na estrada de Santiago. Tel. 672 089 349. Vendo apartamento en casco vello. Económico. Tel. 672 089 349. Necesítase señor ou mozo para compartir piso no Couto. Tel. 672 089 349. Alúgase oficina na Rúa Progreso. Acondicionada. Tel. 672 089 349. Véndese casa vella pequena nun pobo a dous km. de Amoeiro. Prezo 6.500 euros. Tel. 636 329 524.

Véndense fincas e montes no pobo de Reparade ( Muiños) . Prezo 12.000 euros. Tel. 636 329 524. Alúgase praza de garaxe, fronte ao Centro de Saúde de Valle Inclán, para vehiculo pequeno ou moto. Prezo: 50 euros. Tel. 636 329 524. Véndese casa en Praza de Amoeiro, de pedra e arranxada lista para vivir. Tel. 636 329 524. Vendo casa pequena de pedra totalmente restaurada en Ourense, fronte a parada de bus urbano, con terreo. 29.800 euros. Tel. 606 42 25 43. Vendo finca edificable de 750 m2 con proxecto para casa. Ocasión: 12.900 euros. Tel. 606 42 25 43. Vendo casa en Cambeo. Planta baixa, terreo, galpón e pozo. Tel. 649 673 492 - 988 216 755. Vendo casa moi preto do centro. Garaxe, adegas, terraza, pequeno terreo, bus urbano. Moi económica 90.000 euros. absterse chamar inmobiliarias. Tel. 678 032 088.

VENDAS Vendo tres bicicletas: moza, mozo e de paseo. Tel. 672 089 349. Vendo sofá 3+2, caldeira de calefacción de gas cidade, de calefacción de corrente de calor e frío, e porta de alumunio oscuro. Tel. 637 00 59 10 e 672 089 349. Véndese base terapéutica médica a estrear, marca Biofield, rexistrada polo Ministerio da Saúde, con 9 bandas magnéticas, para cama de 135 cm. Prezo negociable: 400 euros. Tel.988 249 781.

Vendo colchas de ganchillo. Tel. 988 23 06 69. Vendo leña de carballo. 220 euros/tractor. Tel. 630 521 448. Vendo Opel Zafira 1.9 CDTI 150CV (7 prazas) acabado COSMO (todos os extras). Máis info e fotos no tel.: 607 20 34 81 (atendo WhatsApp). Traspásase cafetería en galerías parque de San Lázaro. Nova e recén reformada. Económico. Tel. 640 378 300. Véndese Citroen Xsara varios extras, impecable, 2.000 euros. Tel. 636 452 147. Vendo bici deportiva azul e branca, neceser, casco e timbre a bo prezo. Tel. 646 94 85 79. Vendo microondas Teka con grill cor branco. Tel. 646 94 85 79.

VARIOS Poñémosche a túa máquina de café gratis. Tel. 618 646 959 (Claudio). Regalo cadela pequena raza crestado chino, só habería que pagar as vacunas. Tel. 606 42 25 43.

CONTACTOS Mozo novo, con grandes apuros económicos, ofrécese para compañía de mulleres de 40 a 63 anos. Prezo anticrise (1 hora / 20 euros). Ademais danse masaxes eróticos a mulleres. Absterse de chamar homes. Tel. 697 79 59 28.

Concello Ourense 988 388 100 Concello Barbadás 988 360 000 Deputación 988 385 100 Xunta de Galicia 012 Pazo de Xustiza 988 370 728 Policía Local 092 / 988 388 138 P. Local Barbadás 988 221 050 Policía Nacional 988 391 771 Guardia Civil 988 235 353 Guardia C. Tráfico 988 222 881 ITV 902 309 000 Bombeiros 080 / 988 370 000 Incendios forestais 085 Prot. Civil 24 h. 988 510 254 Prot. Civil Barbadás988 391 479 Cruz Roja Ourense 988 222 484 SOS Galicia 112 Urxencias e ambulancias 061 Consultas sanitarias902 400 116 H. Sta. Mª Nai 988 385 499 Hospital Cristal 988 385 500 Atención Cidadán 988 392 909 Teletaxi 988 21 00 11 Taxis A Valenzá 988 251 471 Taxis Carrefour 988 231 657 RENFE 902 240 202 Estación autobuses 988 216 027 Correos 988 223 083 Fenosa 988 222 222 Aquagest 988 250 088 Atención menor 900 202 010 Asoc. Diabética Auria988 226 608 AECC 988 219 300 C. C. Antisida 988 233 000 Alcer 988 229 615 AFAOR 988 219 292 Alcoh. Anón. 646 645 119 24h. Alc. Anón. 988 269 540 Alcoh.An. 24h. 988 22 76 23 Narcóticos Anóm 671 58 28 38 Asoc.Crohn 630 136 447 Down Ourense 988 370 313 Atención Muller Maltratada 016

4AUTOBUSES liñas e horarios dos urbanos de Ourense en www.urbanosdeourense.es e liñas e horarios dos buses á Valenzá en www.anpian.com


OURENSE POR Barrios Outubro de 2016


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Outubro de 2016 - Ourense por Barrios by Periodico Barrios - Issuu