Skip to main content

Setembro de 2016 - Ourense por Barrios

Page 1

[Páx. 22]

O COB xogará as semifinais da Copa Galicia CIDADE

Páx.2

A Xunta promete investir 1,6 millóns nun novo museo

A VALENZA

Páx.4

Barbadás pon a punto os colexios neste inicio escolar

SOCIEDADE

Páx.8

Satisfacción nas visitas turísticas á Catedral ourensá

ECONOMÍA Páx. 16

CULTURA

Páx. 20

A poboación moza reduciuse nun 15% dende 2008

Programación de outono do Auditorio e Teatro Principal

Ánxeles Cuña (En Marea), Noa Presas (BNG), Noela Blanco (PSdeG), Xosé Mosquera (CxG), Miguel Caride (Democracia Ouresana), Marisol Díaz (Partido Popular) e Carlos Vázquez (Ciudadanos) son os cabezas de lista por Ourense dos principais partidos.Especial Eleccións da páxina 9 á 15.

Número: 20 - Ano: XV - Setembro 2016 - Depósito Legal: OU 15-2015 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de outubro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


OURENSE POR Barrios Setembro de 2016

CIDADE

A Xunta compromete un investimento de 1,6 millóns de euros para un novo museo 4 Vén de asinarse o protocolo para executar esta actuación entre o Concello de Ourense e a Consellería de Cultura. P. L.

Obras para habilitar o futuro albergue de peregrinos./P.LODEIRO.

Comezaron as obras do futuro albergue de peregrinos Redacción Este mes comezaron as obras de adaptación como albergue de peregrinos dun inmoble situado no casco vello de Ourense, concretamente na rúa Barreira. O edificio será rehabilitado para a acollida dos peregrinos da Vía da Prata. Con esta obra, que conta cun orzamento de 508.888 euros, a Xunta de Galicia adaptará o edificio creando as dependencias necesarias para acoller o albergue de peregrinos, como salas de estar, cociña, cuartos de duchas e aseos e dormitorios. O futuro albergue ampliará, deste xeito, a oferta da Rede Pública de Albergues do Camiño de Santiago mellorando a capacidade de acollida aos peregrinos. Así mesmo, permitirá poñer en valor un edificio histórico en plena cidade e dinamizará a oferta turística da zona. Na actualidade a Rede Pública de Albergues suma 70 albergues que ofrecen máis de 3.200 prazas. Na Vía da Prata, pola que transitaron o ano pasado máis de 6.800 peregrinos, sitúanse 12 albergues.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, acudiron o luns 19 de setembro ao Concello de Ourense para asinar co alcalde da cidade, Jesús Vázquez, un protocolo para promover un novo museo en Ourense. Un “acto administrativo”, en verbas do rexedor, que permitirá que a Administración autonómica teña por fin un espazo museístico propio na cidade, e ao que, previsiblemente en vindeiras datas, “se sumen outras administracións e institucións”, puntualizou Jesús Vázquez. En concreto, o novo museo, cuxos contidos están aínda por definir, ubicarase na contorna do recinto cultural de San Francisco, no espazo que ocupou no seu día a antiga igrexa de San Francisco, templo do século XVII que foi trasladado en 1929 ao parque de San Lázaro. Será a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a que finaciará a actuación, con 1,6 millóns de euros repartidos en dúas anualidades (2016 e 2017) mentres que o Concello de Ourense levará a cabo a contratación do proxecto e das obras. O presidente da Xunta explicou que este investimento parte dunha proposta que o alcalde ourensán lle fixo directamente, e que grazas a el, “non só conseguiremos rescatar as ruínas franciscanas, senón que as poremos en valor como eixo

Apretón de mans do alcalde, Jesús Vázquez, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo e o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, trala sinatura do protocolo./P.LODEIRO dun espazo útil e como un espazo para o conxunto da cidadanía”. A actuación prevista implica a musealización dos restos conservados in situ, “o que nos permitirá ter unha idea aproximada de como era o templo”, explicou Núñez Feijóo, e a dotación de todos os servizos para que o espazo “se convirta nun lugar vivo no que se poidan desenvolver todo tipo de actividades culturais como exposicións ou conferencias”. Sinatura “electoralista” O grupo municipal socialista considerou esta sinatura como un acto “puramente electoralista no que esquecen recordar que este proxecto procede xa do ano 2010, cando o PSOE gobernaba en Madrid, e que tralo cambio de Goberno central, foi para-

lizado e bloqueado polo PP ata a data. Un proxecto que xa fora presupostado nos Orzamentos do Estado para esta provincia e que agora o PP saca do baúl en plena campaña electoral das autonómicas”. Desde Ourense ne Común, Martiño Xosé Vázquez apuntou que o anuncio “evidencia un afán electoralista única e exclusivamente para recadar votos a menos dunha semana da cita electoral”. OUeC denunciou que “namentres que o Museo Arqueolóxico continúa pechado desde hai máis de 15 anos, vén agora o presidente en funcións a pechar un acordo para un novo espazo museístico, do que se descoñece o seu contido e función específica” .

Os contidos do museo están aínda por definir

Trala entrada provisional ao claustro de San Francisco está o soar da antiga igrexa de San Francisco./P.LODEIRO


CIDADE

OURENSE POR Barrios Setembro de 2016

Vázquez remodela o Goberno municipal trala saída de Castelo 4 Carlos Campos será o novo concelleiro do grupo popular. Redacción O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, enfrontou este mes a segunda remodelación do seu goberno, obrigada trala dimisión por motivos persoais da concelleira Isabel Castelo. Trátase da segunda baixa no grupo popular neste mandato, despois de que o verán pasado abandonara o goberno o número 2 da lista, Francisco González. Os cambios afectan a catro edís do grupo de goberno. A ata de agora concelleira de Participación Cidadá, Belén Iglesias, despréndese desta área para asumir Comercio, e seguirá xestionando tamén Educación e Cultura. Ana Morenza deixa de xestionar Comercio e pasa a ocuparse de Contratación, Compras e Suministros. Mantén as competencias en Economía e Facenda. O concellerio de Servizos Xerais e Promoción Económica, Jorge Pumar, suma ás súas competencias Turismo e Termalismo (que xestionaba a edil dimisionaria), así como Formación Ocupacional. E finalmente, Flora Moure pasa a ocupar a secretaría da Xunta de Goberno e deixa de xestionar Seguridade Cidadá. Manterase á fronte dos departamentos de Persoal e Recursos Humanos. Novo edil do PP O novo concelleiro que substituirá a Isabel Castelo será Carlos Campos, o número 13 da lista po-

Isabel Castelo.

Na rúa Concello pódese observar o antigo pintado de prazas en batería e o actual en liña./M.REJO.

Os aparcamentos da rúa Concello volven ser en liña 4 As prazas de estacionamento quedan en 15. Carlos Campos. pular (en vez de Amelia Belmonte, nº 12). Campos, que xa fora edil na oposición no mandato 2007-2011, asumirá as competencias de Participación Cidadá e Seguridade (Policía Local, Bombeiros e Protección Civil). Campos tomará posesión da súa acta de concelleiro previsiblemente nun pleno extraordinario que se convocará pasadas as eleccións autonómicas.

O novo edil do PP, Carlos Campos, asumirá Participación Cidadá e Seguridade

Redacción Nin catro días durou o novo deseño da rúa Concello trala súa reforma. Despois de dúas incidencias polo estacionamento de vehículos demasiado longos para as prazas deseñadas, que impedían o paso do autobús urbano, o Goberno optou por retomar o sistema anterior de estacionamento en liña. A dirección de obra acometeu un proxecto ‘valente’, a xuizo do Goberno municipal, para deseñar unha optimización da rúa Concello en materia de circulación e humanización, “buscando maior fluidez do tránsito rodado ao tempo que aumentar a visibilidade na entrada en beneficio da seguridade viaria, máis espazo para os peóns, aumento do número de pra-

zas de estacionamento e aumento da zona de carga e descarga, ademais dunha zona reservada a ambulancias diante do PAC”. O grupo de goberno entendía que os técnicos fixeron o mellor dos deseños posibles para evitar os trastornos da dobre fila, unha práctica que viña sendo habitual nesta rúa. Pero as infraccións no estacionamento (aparcando vehículos cunha lonxitude maior á indicada polas liñas do chan) impediron, por dúas veces, levar a cabo servizos tan fundamentais coma o do transporte urbano, polo que o Goberno local decidiu tomar medidas. Logo de avaliar diferentes posibilidades (como a de variar o ángulo das prazas aos 30º para deixar máis espazo de vía, ou incrementar a vixilancia da

Policía Local sobre os estacionamentos) o Concello acordou volver ao estacionamento en liña. Para o novo escenario só foi preciso o repintado das prazas de aparcamento. Deste xeito. pérdense 5 prazas das 20 que había (con dúas reservadas para persoas con mobilidade reducida) e tamén a fluidez no tráfico que se pensara obter. En calquera dos casos, o grupo de goberno apela “ao civismo e á responsabilidade dos cidadáns para que estacionen correctamente” e garantir así unha mellor ordenación do tráfico na rúa Concello.

Ao aparcar en batería, os vehículos longos impedían a circulación

4 Críticas

Para Ourense en Común, a reapertura da rúa Concello quedou moi lonxe das promesas do Goberno local dunha pacificación do tráfico na cidade. O grupo apunta a que “as obras que mantiveron a rúa pechada cinco meses, non supuxeron grandes incidencias no tráfico da cidade, polo que se a aposta pola pacificación fose real, poderíase ter optado pola peonalización”. Segundo din, a utilización de asfalto en sustitución do anterior adoquín alónxase dun modelo que pacifique o tráfico, sinalando que a mesma DXT ou a Fundación RACC recomendan manter o material pétreo, que ademais de duradeiro e resistente ao desgaste, permite un maior control na velocidade.


OURENSE POR Barrios Setembro de 2016

Camiñadas Nórdicas Redacción A Concellería de Turismo de Barbadás desenvolve a finais de mes dúas xornadas de “Nordic Walking” (ou camiñadas nórdicas) que combinan deporte, saúde e visitas dentro do propio territorio de Barbadás. Estas xornadas levaranse a cabo os días 29 e 30 de setembro de 19 a 21 horas, e nelas participarán un grupo de veciños que a través da práctica do “Nordic Walking”, novidosa modalidade deportiva, achegaranse a coñecer e gozar de lugares de interese do seu propio municipio. A camiñada nórdica consiste en camiñar ao aire libre coa axuda de bastóns, unha técnica moi atractiva, suave pero enormemente eficaz para a saúde. As inscricións realízanse no Centro Empresarial Transfronteirizo.

A VALENZÁ

Os colexios da Valenzá puxéronse a punto para o inicio do curso 4 As melloras foron realizadas polas brigadas municipais e pola Consellería. Redacción O curso escolar comezou nos colexios Filomena Dato e Ruxidoiro da Valenzá despois de que nas últimas semanas se levaran a cabo unha serie de reformas, melloras e instalación de novos elementos. O obxectivo das tarefas de mantemento foi o de aumentar a comodidade, a habitabilidade e a accesibilidade dos centros educativos. As actuacións incluíron, no CEIP O Ruxidoiro, a instalación dun novo valado de seguri-

Acceso ao colexio do Ruxidoiro da Valenzá. dade na entrada ao centro, o repintado de pasos de peóns, o saneamento do areeiro, a habilitación dun-

ha fonte de auga potable no patio, a eliminación de barreiras arquitectónicas nos accesos, a instalación

de novos elementos na cociña e no comedor, e o desbroce do perímetro exterior do colexio. No caso do CEIP Filomena Dato reformouse o valado de seguridade, pavimentáronse os accesos á zona do areeiro, ao parque infantil e á Escola de Música, colocáronse aparcabicis, instalouse unha fonte, reformouse un antigo almacén, mellorarónse os canalóns, e instalouse aire acondicionado no comedor. Asemade, pintouse un mural para promocionar o Camiño Escolar aos centros educativos través da “Ruta Catalina”. As actuacións, melloras e reformas foron realizadas na súa maioría por medios propios do Concello de Barbadás: brigadas de obras, brigada de xardinería, Protección Civil e servizo de mantemento de iluminación. Outra parte foi asumida pola Consellería de Educación.

Concurso de monólogos Redacción As Concellarías de Mocidade e de Cultura de Barbadás mantén aberto ata o 6 de outubro o prazo para recibir vídeos para participar na primeira edición do concurso de monólogos “LINGUAreteando”. O obxectivo do concurso é promocionar as iniciativas culturais e artísticas e promover o uso da lingua galega, ofrecéndolles aos monologuistas a oportunidade de amosar as súas dotes interpretativas en público. Hai dúas modalidades: xuvenil , dirixido a mozos de 16 a 30 anos, e adultos maiores de 30 anos.Repartiranse 2.100 euros en premios. A fase eliminatoria do certame desenvolverase os días 4 e 18 de novembro e 2 de decembro na Casa da Cultura da Valenzá, e a final, o día 10 de premio.


OURENSE POR Barrios Setembro de 2016

BARRIOS

EN BREVE

Luz verde á licitación da urbanización do centro de saúde do Couto

4 Charlas informativas en As Eiroás

4 Investiranse 700.000 euros. Redacción A Xunta de Goberno local deu luz verde o pasado 15 de setembro á licitación das obras de urbanización do contorno do novo centro de saúde do Couto, á que se destinará un investimento de 700.000 euros. Suporá unha reordenación de toda a área, coa incorporación de espazos verdes, apar-

camentos e dotación de mobiliario urbano. A tramitación da urbanización demorarase un mínimo de catro meses.“Intentamos actuar coa maior premura”, comprometeuse o alcalde. Retraso na apertura O Sergas tiña prevista a apertura do novo ambulatorio do Couto o pasado día 5, pero decidiu pospola ao

A contorna do centro de saúde do Couto está por urbanizar./M.REJO. non ter recibido a licenza de primeira ocupación. O Sergas entendía que o proxecto executado se correspondía co proxecto sobre o cal fora obtida a licenza municipal de obras, e polo tanto non debía haber impedimento algún para a súa posta en servizo inme-

diata. Ademais, a licenza municipal concedida, recordaban desde a Administración sanitaria, non facía mención a que a concesión da licenza de ocupación estivese condicionada á urbanización do perímetro, que, segundo o convenio de colaboración asinado

no seu día entre o Sergas e o Concello de Ourense, correspondía á institución local. Pero os técnicos municipais non comparten esa valoración. “Segue habendo discrepancias cos técnicos da Xunta”, recoñecía Jesús Vázquez.

As Termas esixe compromisos firmes aos partidos sobre o futuro da estación de buses Redacción A Asociación Veciñal As Termas esixirá aos partidos políticos que visiten a asociación “compromisos firmes” sobre os futuros usos do soar da actual estación de autobuses, unha vez se constrúa a nova estación intermodal. Desde o colectivo explican que “as preto de mil veciñas e veciños que residen ao carón da estación

de autobuses serán as máis afectadas polos futuros usos que teña a zona e do futuro das liñas de autobús urbano que alí teñen parada. Por iso dende a Asociación Veciñal estaremos activos para que se nos informe e se nos teña en conta ”. Motivos polos cales o presidente veciñal, Ángel Gómez, advertiu “a todos os partidos políticos que visiten o barrio para pedir

o voto, ímoslle esixir que se comprometan a traballar inmediatamente para evitar o abandono do soar e do edificio”. “A cidade ten a oportunidade de non cometer o mesmo erro que coa cárcere vella, hai marxe de tempo suficiente para buscar de maneira consensuada novos usos previndo que unha vez trasladado o equipamento actual quede abandonado”, engadiu.

A asociación de veciños As Eiroás puxo en marcha o programa “CidadEiros”, unha serie de charlas para “formar e informar á veciñanza no referente aos tratos coas diferentes administracións. Para coñecer mellor os nosos dereitos e deberes”. Trala charla de setembro, dedicada á mobilidade e á seguridade, o ciclo continúa o mércores 5 de outubro, ás 20 horas, cun coloquio sobre a Lei de Dependencia a cargo de Irene Somoza Sampayo. O 9 de novembro falarase sobre limpeza, recollida de residuos, e o 14 de decembro sobre infraestruturas.

4 Obras en centros educativos

A AVV As Termas recibiu a visita da candidatura socialista. Na imaxe, o presidente Ángel Gómez, entre o concelleiro Javier Rey e as candidatas Noela Blanco e Carmen Rodríguez Dacosta./CEDIDA.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de adxudicar a rehabilitación integral do CPI José García García por importe de 400.000 euros e as obras de ampliación do IES Universidade Laboral de Ourense, por 347.000 euros. No colexio mellorarase o illamento da cuberta e substituiranse a carpintaría exterior e as persianas. No caso do instituto, dotarase dunha nova área destinada á FP Dual. En ambos casos as obras terán unha duración de tres meses.


OURENSE POR Barrios Setembro de 2016

PUBLICIDADE


PUBLICIDADE

OURENSE POR Barrios Setembro de 2016


OURENSE POR Barrios Setembro de 2016

EN BREVE 4 O concurso de pinchos xa ten datas A novena edición do concurso de pinchos “Sabores de Outono” terá lugar do 28 de outubro ao 13 de novembro. O máis veterano dos concursos de pinchos da cidade volverá reunir nas elaboracións dos participantes castañas e cogomelos, así coma outros produtos de tempada. Do mesmo xeito, a data de inicio do concurso farase coincidir co comezo do Festival de Cine Internacional de Ourense, de forma que se poidan xuntar na cidade dous eventos que se complementen entre si e ofrecerlle, tanto ao ourensán coma ao visitante, unha variada oferta de actividades.

4 Nova tempada no Centro de Maiores O Centro de Maiores de Afundación en Ourense inicia nova tempada cunha variada oferta de actividades. Así, durante o mes de setembro programáronse tres charlas relacionadas cun estilo de vida saudable (o día 28, sobre nutrición), dúas visitas culturais (a Celanova e a Ávila-Segovia) e unha sesión de risoterapia, o próximo día 27. O obxectivo destas actividades é o de conseguir que a etapa vital que se inicia tras a xubilación siga ofrecendo oportunidades de desenvolver novos proxectos, medrar, formarse, estar conectados e participar activamente na sociedade, ao tempo que se goza de boa saúde.

SOCIEDADE

9 de cada 10 turistas, satisfeitos coa visita turística á Catedral 4 Unha empresa encárgase desde maio da xestión turística e cultural do templo. Paula Lodeiro O pasado mes de maio, o Cabildo Catedral de Ourense xunto coa empresa de xestión turística artiSplendore puñan en marcha unha renovada visita cultural e turística ao templo ourensán. A Catedral de San Martiño conta agora cun servizo de audioguías, que recompilan en 40 minutos toda a información histórica e relixiosa do templo, e unha nova sinalización dos seus puntos de interese. Ademais, dúas persoas contratadas ofrecen información e atención a turistas e fieis. Asemade, creouse unha nova identidade corporativa da Catedral, baseada na imaxe de San Martiño, e lanzouse unha web, www.catedralourense.com, que inclúe información detallada da visita turística -horarios e prezos de entradas- e das actividades litúrxicas e pastorais. Tamén se realizou un anuncio promocional, que recolle en pouco máis de tres minutos diferentes vistas dos recunchos do templo, non sempre accesibles á mirada do visitante. Para primeiros do ano próximo, a empresa artiS-

plendore pretende lanzar a venda en liña das entradas á Catedral, que polo momento só poden adquirirse in situ. O prezo da entrada xeral é de 5 euros, e inclúe a audioguía, pero existen descontos para diferentes colectivos. Os ourensáns non pagan entrada.

Satisfacción Unha nova forma de visitar a Catedral que foi ben acollida polos seus destinatarios. As enquisas realizadas no último mes a 642 visitantes conclúen que ao 95,32% deles pareceulles “interesante e completa” a visita e un 94,29% a recomendaría a familiares e amigos. Na presentación deste balance, o bispo de Ourense, Leonardo Lemos, recalcou que “a Catedral non se vende”, e que os ingresos derivados da actividade turística axudarán ao seu mantemento. Monseñor Lemos Montanet agarda que a partir de agora,a Catedral, “a gran descoñecida de Galicia”, se convirta “nunha xoia visitable, coñecida e aplaudida”.

La Akademia chega a Ourense 4 O curso impártese en La Molinera. Redacción O proxecto educativo La Akademia arrincou o curso en Ourense. Esta iniciativa que se autodefine como “educación emocional gratuíta para mozos extraordinarios” xurdiu fai cinco anos en Barcelona, da man do escritor e conferenciante Borja Vilaseca. Tras estenderse por 23 provincias españolas e formar a máis de 1.500 mozos, chega agora á nosa cidade “a primeira de Galicia en desenvolver este programa- para axudar aos mozos ourensáns a “descubrirse como persoas”, explicaba o seu director, Miguel Ángel Núñez.

Solicitan que se constitúa o Consello Municipal da Mobilidade Redacción

O bispo de Ourense con representantes da empresa artiSplendore, diante da Catedral./P.LODEIRO.

As asociacións STOP Accidentes, Discafis-Cogami, Amigos da Terra, Masa Crítica, a Federación Limiar e a ANPA “Os Rosais” do CEIP Amado Rodríguez Barroso veñen de solicitar ao Goberno municipal que non deixe pasar unha “semana da mobilidade” máis e constitúa o Consello Municipal da Mobilidade. Nun comunicado, estes

A través dunha sesión semanal de tres horas no Centro do Coñecemento La Molinera, unha vintena de profesionais compartirán, de maneira altruísta, os seus coñecementos sobre educación emocional, educación financeira, como saír da zona de confort, nutrición, sexo consciente, ou habilidades de comunicación. En definitiva, “imos darlles as ferramentas que o sistema educativo non ofrece”, remarcaba o director de La Akademia Ourense. La Akademia conta con 25 prazas dirixidas a mozas de entre 16 e 22 anos, aos que ofrece 100 horas lectivas e sesións prácticas durante un curso escolar. colectivos consideran que o Goberno local de Ourense debe demostrar “que se toma en serio as cuestións de mobilidade na cidade” poñendo en marcha este órgano consultivo, a partir da actual Mesa da Mobilidade, e facendo que as súas decisións sexan vinculantes. Igualmente, solicítanlle que cumpra co traballado nesta Mesa da Mobilidade, comprometéndose a aumentar as zonas peonís, a facilitar “ser peón” en Ourense, integrar a bicicleta na cidade, incentivar o uso do transporte público, definir aparcamentos disuasorios fóra do centro, e adoptar medidas para pacificar o tráfico.


ELECCIÓNS 25-S especial

OURENSE POR Barrios Setembro de 2016

ENTREVISTA A MARISOL DÍAZ, Nº 1 DA LISTA DO PARTIDO POPULAR POR OURENSE

“Hai dous camiños: ou o proxecto estable do Partido Popular ou o lío” 4 A candidata cre que o traballo desenvolvido nestas dúas lexislaturas é o mellor aval para un terceiro goberno popular na Xunta. Paula Lodeiro Marisol Díaz Mouteira (Alemaña, 1967), licenciada en Dereito, e funcionaria do Corpo Superior da Xunta de Galicia. Dende o ano 2003 ocupou diversos cargos representando ao Goberno galego na provincia de Ourense. Vostede non é novata en política, pero si é a primeira vez que encabeza unha candidatura, cambia moito a situación? Marisol Díaz: “Moito, ata agora me confiaron distintas responsabilidades xa no goberno de Fraga e no 2009 con Alberto Núñez Feijóo, finalmente na Delegación da Xunta en Ourense. Nesa etapa que fixo Marisol? Traballar e sacar adiante as responsabilidades que en cada momento se me deron. E agora encabezar a candidatura por Ourense non pode ser máis que unha honra para min e unha tremenda responsabilidade. Calquera dos compañeiros que van comigo na lista estamos a traballar por facer chegar o programa no que nós cremos a todos os ourensáns pero como cabeza de lista tes unhas responsabilidades un pouco máis grandes, paseando máis a provincia, chegando a máis xente. É unha gran responsabilidade pero fácil porque vivín os tremendos esforzos que durante estes anos tivemos que facer, nesta segunda lexislatura de 2012 xa fomos camiñando un pouquiño mellor, podendo chegar a máis. Desde a xestión pública que levo facendo estes anos creo que a transmisión da mensaxe do PP éme máis sinxela”. O PP de Ourense non necesita facer campaña? M.D.: “Non, non, por suposto que si”. Dígoo polos resultados que lles dan as enquisas. M.D.: “O PP non traballa segundo vaian as enquisas. Aquí empézase a traballar desde a mañá cedo, repartíndose os actos do día entre todos os compañeiros e recorrendo a provincia

sen descoidar ningún rincón para trasladar a nosa mensaxe e o noso traballo. Temos os votantes do PP pero temos que aspirar a máis, pedirlle a máis xente que nos dea a oportunidade de seguirlle demostrando que temos uns feitos e unhas realidades e queremos seguir avanzando”. Que destaca da xestión do PP nestes 8 anos de goberno como positivo para Ourense? M.D: “No noso programa está todo detallado, o balance do que se fixo e o que queremos seguir facendo. Chegamos en 2009 cunha situación caótica e eu vivino en Educación, cunha crise económica que non recordamos outra parecida, e cada vez que tiñamos unha reunión en Santiago a pregunta era como podíamos afrontar esa situación tan crítica porque cada vez que abríamos un caixón había facturas sen pagar. Houbo moitos esforzos e dos propios galegos e galegas; moitos desvelos, para poder chegar a todo, para poder cubrir as políticas sociais, o benestar, a sanidade e educación; traballamos moito. No 2012 a situación quizais foi mellorando, empezáronse a ver os froitos destes esforzos que fixeramos antes, empezáronse a abrir ese camiño de recuperación, e así queremos seguir. Temos un balance importante e os feitos están aí. Investiuse en sanidade, un feito innegable é a ampliación do complexo hospitalario, o centro de saúde do Couto, o que se está construíndo en Barbadás, os que se van construír en Paderne de Allariz, en Pontedeva. En centros escolares só neste verán 89 centros educativos foron obxecto de mellora, un novo edificio xudicil; son 22.000 prazas de escolas infantís que hai neste momento, superamos a media europea. Insistimos, en educación, que sempre nos falan de recortes, temos a maior ratio de profesores por alumno. Pódoche seguir enumerando proxectos sociais, a tarxeta benvida que agora anunciou o presidente que se ía alongar ata

quebra. Agora hai dous camiños: ou o proxecto estable do PP para o que precisamos esa maioría suficiente para gobernar, ou o lío, o outro día o vimos no debate, todos contra Feijóo. Outra diferenza: nós temos un programa que podemos cumprir desde as 12 e un minuto do 26 de setembro, sen embargo ao que temos enfronte, ese multipartito, vailles levar uns días, meses, que parte de cada programa de quen se vai levar a cabo. Os que teñen programa porque hai algúns que aínda non o coñecemos. Iso vai paralizar Galicia durante moito tempo”. Volvendo ao programa, que previsións de investimentos ten o PP para a provincia de Ourense? M.D.: “Está pendente a conexión da A-52 co polígono de San Cibrao, e seguiremos escoitando as necesidades de cada un dos concellos, como fixemos ata agora, de infraesturas, de saneamento, de abastecemento, de mellora de camiños, etc. Falaba tamén o presidente dun novo balneario para Ourense para explotar o noso potencial termal, e ese parque acuático para potenciar o complexo de Monterrei”.

os tres anos, o bono concilia, o bono coidado. Algo novidoso que o presidente veu de anunciar que é a Galicia 0-35 un paquete de medidas dirixidas á poboación de 0 a 35 anos. Imos axudar a aqueles sitios que non teñen un punto de atención á infancia ou unha escola infantil coas casas-niños, que eu creo que é o proxecto estrela no ámbito de políticas sociais”.

facendo desde o minuto un. Que pasa? Que ao mellor neste último ano concentrouse máis. Táchannos de electoralistas pero porque ata agora fomos investindo pero con certa contención, foise cumprindo co déficit e o resultado foi que houbo un fondo de superávit co que se nos premiou por cumprir coas contas. Ese fondo de superávit ten que reverter nos galegos e nas galegas e é o que se está facendo”.

E en políticas de emprego? M.D.: “Neste momento Galicia está a crecer e a crear emprego. Que temos que seguir mellorando? Evidentemente. Hoxe temos case 84.000 parados menos, baixamos desde o ano 2009 dos 200.000 parados, o paro xuvenil baixou ao redor do 15%. Iso non é dicir que nos conformamos, queremos seguir mellorando. Queremos seguir coa captación de talento. Hoxe 2.500 investigadores están facendo investigación con axudas da Xunta. Queremos seguir reforzando a Formación Profesional adaptándoa ás necesidades de cada contorno e do que a sociedade vai demandando. Tamén se vai seguir axudando aos novos autónomos, e ás embarazadas autónomas coas cuotas da Seguridade Social que se lle financiarán”.

Por que non se implementaron antes estas medidas? Porque os datos demográficos e socio económicos de Ourense non son bos... M.D.: “Desde o 2009 levamos traballando nisto: as axudas cando non había prazas de infantil, as melloras en colexios, en infraestruturas xudiciais fixéronse ano tras anos… estas medidas dentro das posibilidades que tiñamos e do que había viñéronse

Que escenario político se plantexa o PP tralo 25S? M.D: “Será o que os ourensáns e as ourensás queiran, é dicir, que dúas posibilidades hai? Seguir polo camiño da prosperidade, da recuperación, cun proxecto estable, sólido e forte que é o do PP ou por outro lado o que entendemos que pode ser un lío, un multipartito; e insisto, eu volvín a un goberno despois dun bipartito que nos levou case á

Por que deberían os ourensáns votar o PP nestes comicios? M.D.: “Creo que o PP nestas dúas lexislaturas falou con traballo, a frase que máis me gusta é a que encabeza o noso programa electoral: o noso discurso é o noso traballo. Non é un eslogan, dígoo porque o creo e o aplico no día a día. Cun proxecto estable, unido e forte, e cun programa que se cumplirá desde o minuto un”.

Marisol Díaz pasa de delegada da Xunta en Ourense á cabeza de lista do Partido Popular pola provincia./P.LODEIRO.

“O noso discurso é o noso traballo; nón é un eslogan, dígoo porque o creo e o aplico no día a día”, explica Díaz Mouteira


10

OURENSE POR Barrios Setembro de 2016

especial ELECCIÓNS 25-S

ENTREVISTA A NOELA BLANCO, Nº 1 DA LISTA DO PSdeG-PSOE POR OURENSE

“Temos propostas novas para unha provincia que leva anos lanzando un SOS” 4 A candidata socialista cre que os electores valorarán a solvencia e a experiencia do seu partido por enriba das discrepancias internas. Paula Lodeiro Noela Blanco (Ourense, 1980) é licenciada en Ciencias Ambientais, e está a estudar pola UNED Ciencias Políticas. Traballou como técnica en prevención de riscos laborais en Sogama ata 2015, cando pediu a excedencia forzosa para entrar como deputada no Parlamento galego relevando a Pachi Vázquez. Xa foi deputada co PSdeG, pero é un cambio importante ir de nº 1 da lista? Noela Blanco: “É unha grande responsabilidade ser a cabeza de lista e máis dun partido como o PSdeG coa historia que ten, e coa cantidade de anos de goberno que tivo na historia deste país. A primeira vez que concurrín nunha candidatura foi nas eleccións anteriores; cheguei ao parlamento hai pouco máis dun ano e accedín hai tres ou catro meses á dirección do grupo parlamentario socialista. Todo é moi vertixinoso pero estou moi satisfeita e ilusionada”. A elaboración das candidaturas socialistas non estivo exenta de polémica, houbo diverxencias internas… vai influir iso negativamente no seu electorado? N.B.: “Penso que ao final a cidadanía o que valora á hora de meter o seu voto na urna son as propostas de cada organización política, a solvencia que teñen e tamén é fundamental a experiencia. Nós agora mesmo gobernamos en 100 concellos en toda a

comunidade autónoma, temos tres deputacións, tivemos os gobernos de Laxe e de Touriño, gobernamos a nivel estatal en varias ocasións e iso é o que nos dá precisamente solvencia, a experiencia. Sendo certo que cometemos erros porque hai que recoñecelo. A respecto do que comenta, son diferentes opinións, eu encáixoo así; se nunha familia onde hai catro membros hai diferenzas sobre como organizar unha casa pois imaxínate nunha organización política como a nosa que na provincia de Ourense ten máis de mil militantes”. Entón está satisfeita do apoio que está recibindo do partido na provincia? N.B.: “Por suposto, toda a candidatura se sinte arroupada polos militantes, estámolo vendo cando imos a todos os sitios da provincia, a xente nos dá o seu apoio, nos dá folgos para continuar. A nivel persoal teño que dicir que ter sido a máis votada pola militancia é tamén un respaldo extra”. Que propostas inclúe o programa do PSdeG para reverter os problemas da provincia? N.B.: “Temos un gravísimo problema demográfico que necesita actuacións urxentes, un plan que desde logo xa anunciou o noso candidato á Xunta que é a creación de 10.000 postos de traballo de mozos e mozas; moitos que tiveron que abandonar a provincia e que os necesitamos para volver converter o noso medio rural en algo potente. Estamos nunha provincia onde hai moití-

Noela Blanco encabeza a candidatura socialista por Ourense./P.L.

“Sempre tendemos a man a outras forzas de esquerda para chegar a acordos; pero non imos facer cábalas antes, saímos a gañar” simos recursos que teñen que ser potenciados. Na cidade, queremos que a estación intermodal sexa unha estación digna, que non sexa un pendello que é no que o quere converter o PP, e unha verdadeira conexión entre o tren e o autobús. Hai que poñer en marcha con medidas concretas o plan estra-

téxico de termalismo de Ourense; é fundamental a rehabilitación do casco histórico da cidade; e no medio rural levamos unha proposta importantísima que é a creación de 2.500 prazas para profesores, pois vimos asistindo nestes últimos anos ao peche de escolas rurais e a unha redución tremenda de mestres. Outra medida é a gratuidade

dos libros de texto, volver a aquel servizo de préstamos que era fundamental para moitas familias”. E como se financiarían estas medidas? N.B.: “É certo que non pasamos o mellor momento económico, e que herdaríamos un goberno que presume de boa xestión e que ten un grandísimo déficit, pero tamén hai maneiras de conseguir ese orzamento. Nós centrámonos principalmente nos fondos europeos pero nunha verdadeira execución, non como ten acontecido nos derradeiros anos onde Galicia sitúase á cola da execución deses fondos. Hai que perseguir o fraude fiscal, e o imos facer con especial intensidade, algo que o Partido Socialista leva defendendo desde sempre que é quen máis ten é o que máis impostos pague. A raíz destas medidas imos conseguir recadar o suficiente para poñer en marcha as nosas propostas”. Que liña vermella pon o PSdeG para pactar un goberno alternativo, de darse o caso? N.B.: “Tanto o PSOE coma o PSdeG sempre tenderon a man a outras forzas de esquerda para chegar a acordos, o diálogo foi sempre unha bandeira do socialismo. A verdadeira enquisa é o día das eleccións e unha vez que pase é probable que teñamos que sentarnos a falar pero non imos facer cábalas antes, nós saímos a gañar estas eleccións, con moitísima forza e ilusión”. Por que os ourensáns deberían votar ao PSdeG o 25S? N.B.: “Porque temos propostas novas para unha provincia que leva anos lanzando un SOS, non soamente polo despoboamento senón por ser unha provincia esquecida. Nós durante moitos anos xeramos riqueza e conseguimos o benestar, non soamente a nivel estatal, senón a nivel provincial. Porque pensamos nas persoas e porque a nosa prioridade é o mantemento do estado de benestar”.


ELECCIÓNS 25-S especial

ENTREVISTA A XOSÉ MOSQUERA, Nº 1 DE COMPROMISO

“Para nós as decisións políticas tómanse en Galicia e polos galegos”

“É hora de dicir basta xa, de reverter a situación de Ourense” P. L.

Xosé Mosquera (San Cristovo de Cea, 1956), é profesor de dereito constitucional e xefe de servizo de Intervención na Deputación. Novamente encabeza unha candidatara de Compromiso por Galicia, desta volta nas eleccións ao Parlamento de Galicia

Miguel Caride (Ourense, 1964), avogado de profesión e músico afeccionado, dá o salto á política como cabeza de lista da candidatura de Democracia Ourensana.

Que diferenza a Compromiso doutras opcións políticas? X.M.: “Do PP, unha política que no caso de Compromiso contan as persoas, e no PP contan os números, a tecnocracia, engádase a corrupción, as influencias e o chouriceo… No caso do PSdeG, presentan unha oferta internamente divididos e co matiz de formar parte do PSOE; para nós non, as decisións políticas tómanse en Galicia e polos galegos. No caso de En Marea, leva grupos de carácter galeguista ou nacionalista pero xunto a iso está Podemos cunhas posicións políticas que nalgúns sitios foron utilizadas para desmontar parte do nacionalismo, non creo que aquí vaian ser os nosos salvadores. E co BNG nos diferenza que o noso proxecto non é independentista; nós cremos que non é o momento do independentismo, é o momento das persoas”.

Xosé Mosquera, candidato de Compromiso por Galicia./P.L. Que medidas propón para afrontar os problemas da provincia? X.M.: “Grosso modo diríamos que Ourense, como provincia interior, o seu desenvolvemento pasa por algo que non se ten feito nada por el nos últimos anos, que é o desenvolvemento agrícola e forestal. Que pretende Compromiso? A valorización do mundo rural e do forestal para que ocorra todo o contrario do que está ocorrendo. Se ten valor xa non se queima o monte. Temos posibilidades importantes como a castaña, a uva, o viño, o mel, etc.; hai que traballar coas persoas do mundo rural para que coordinen os seus esforzos, comercialicen os seus produtos a través de cooperativas de forma que se introduzan nos mercados. Aspiramos a que quen viva no rural viva coma quen vive na cidade”. E para o tema demográfico e falta de oportunidades de emprego, que propoñen? X.M.: “Non se pode facer unha política na que se forme aos mozos e unha vez formados o que se

lle ofrece é unha viaxe para que vaian a outros países a buscar emprego Hai que buscar fontes de emprego, que pasan por esas actuacións no ámbito agrícola e forestal, e por dinamización e creación de oportunidades coas empresas existentes e mediante a busca de novas empresas que se asenten no territorio, relacionadas cos produtos de calidade que hai. Todo iso ten que recibir un impulso para que os mozos teñan oportunidade de traballar nesta terra. Non concibo que nós creemos talento e o mandemos ao exterior. Ao mesmo tempo se o talento queda aquí, o tema demográfico se vai resolvendo, mentres doutra forma o único que quedan son as persoas maiores”. Por que os ourensáns deberían votar a Compromiso por Galicia? X.M: “Porque Compromiso é un voto útil; o voto útil é a aquel que vai traballar no Parlamento, porque votar a unha persoa que vai ser un número é perder o tempo desde o punto de vista electoral”.

11

ENTREVISTA A MIGUEL CARIDE, Nº 1 DE DEMOCRACIA OURENSANA

P. L.

Con que expectativas se presenta Compromiso a estes comicios? Xosé Mosquera: “Compromiso preséntase a estas eleccións por primeira vez decidindo moi claramente que concorre en solitario e tomou a súa decisión con anticipación suficiente, para que os galegos souperan que había unha forza galeguista, socialdemócrata, progresista, que ía ir ás eleccións co seu proxecto político e que tentaría de obter o aval dos galegos. Con que finalidade? Estar presente no Parlamento de Galicia e unha vez alí poñer o proxecto de Compromiso sobre a mesa, e negociar se tocara”.

OURENSE POR Barrios Setembro de 2016

Por que decide dar o paso de encabezar a candidatura de Democracia Ourensana? Miguel Caride: “Unha vez que coñezo a Gonzalo Jácome e empezo a traballar con el, en xaneiro ofréceme participar no proxecto como candidato para as eleccións autonómicas, e vin que tiña opción de estar en primeira liña, con liberdade. Pensei que era o momento de poñer en práctica todas as ideas que sempre comentaba en distintos foros. Por idade, xa teño 52 anos, recuperei ese idealismo de meterme en primeira liña política. Penso que é un idealismo pragmático, é o momento de apostar por ideas concretas innovadoras e que xeren modernidade e emprego. Despois de viaxar por Europa e América chego a Ourense e sinto certa depresión. Picoume esa necesidade de intentar facer algo”. Que diferenza a Democracia Ourensana doutras opcións políticas que se presentan? M.C.: “Aínda que ten estrutura de partido político é unha agrupación independente de ourensáns ao redor dun proxecto impulsado por Gonzalo Pérez Jácome. A xente que chega a Democracia Ourensana ten distintas tendencias, non é un partido que se poida calificar, como erroneamente fan algúns, como un partido liberal; eu por militancia histórica son unha persoa máis comprometida coa esquerda. O denominador común é que é un proxecto netamente pragmático e ourensán”.

Miguel Caride, candidato de Democracia Ourensana./P.L. Reclaman 2.000 millóns de investimentos máis para Ourense, é viable esta cifra? M.C.: “Si; Ourense sempre foi discriminada polo que consideramos que é unha cifra moi moderada, humilde, pois hai un agravio comparativo coas provincias atlánticas: na provincia da Coruña, a nova terminal de Lavacolla, o porto exterior da Coruña, o Gaiás suman máis de 2.000 millóns, en Vigo o Hospital Álvaro Cunqueiro custou 1.300 millóns e a PLISAN recibe un investimento millonario. Hai que ter en conta que Galicia recibirá 6.000 millóns de euros en fondos estruturais da UE polos indicadores económicos de Ourense, corresponde que ese diñeiro se invirta aquí”. A intención de DO é ser chave de goberno, con quen preferirían pactar? M.C.: “Quen se faga cargo desas 10 medidas que propoñemos, pero tamén é certo que por hixiene política, nunha provincia na que gobernou a familia Baltar durante 30 anos, é difícil apoiar ao mesmo partido en Santiago”.

As enquisas non son moi optimistas con Democracia Ourensana M.C. “Esa caída brutal de votos que nos dan non entra na lóxica da evolución do voto, pero non nos preocupa, coido que teremos un bo resultado. Unha enquisa nosa interna nos dá o primeiro deputado garantido. E hai que ter en conta que o 39% do voto é non declarado, oculto e indeciso, e de feito voto oculto e Democracia Ourensana van da man”. Por que os ourensáns deberían votar a DO? M.C.: “Desde 1981 Galicia construiuse entorno ao eixo atlántico. Desde aquela recibimos 25.000 millóns en fondos estruturais, pero os de Ourense só puxemos os ladrillos para construír un muro que separa a Galicia atlántica da Galicia interior; é hora de dicir basta xa, de reverter esta situación. Presentamos 10 medidas para cambiar a situación de Ourense e xerar emprego e riqueza E somos unha formación política que non é franquia e por riba de nós non temos a ningúen, só a cidadanía ourensá”.


12

OURENSE POR Barrios Setembro de 2016

especial ELECCIÓNS 25-S

ENTREVISTA A NOA PRESAS, Nº 1 DA LISTA DO BNG POR OURENSE

“Non abonda con botar o PP, hai que ter un proxecto político para este país” 4 Confía en que o Bloque sexa a chave para un cambio político na Xunta. P. Lodeiro Noa Presas (Ourense, 1987) estudou Filoloxía e traballa como teleoperadora, aínda que agora en excedencia traballando para a organización nacionalista de forma temporal. Logo de presentarse ás dúas últimas eleccións xerais pola circunscripción ourensá, Presas opta agora a un posto no Parlamento galego. Á terceira irá á vencida para Noa Presas? Noa Presas: “Agardo que si, o certo é que todo o mundo me fai esa pregunta porque este ano coincidiron unhas eleccións moi achegadas. No BNG é moi habitual aproveitar as eleccións xerais sobre todo nas provincias nas que nunca conseguimos representación para dar a coñecer novos perfís que se non é complicado que saian da parte interna da organización. Estamos, e estaremos as veces que faga falta”. Que diferenza ao BNG doutras opcións políticas que se presentan? N.P.: “Nós entendemos que o noso é un proxecto de lealdade e defensa deste país e da súa xente, que ten catro décadas de historia, unha historia que ten tido seguramente moitos erros pero tamén moitos acertos. Realmente a día de hoxe non hai ningunha outra organización política que se defina como nacionalista e que actúe como tal. É certo que vivimos no tempo do novo e dos movementos. Nós estamos dispostos a dialogar con quen sexa pero sen perder a nosa identidade cun proxecto colectivo que entendemos que segue

tendo plena vixencia, que ten ademais implantación en numerosos concellos e no Parlamento, e aspiramos a recuperar a confianza dos veciños e veciñas e manter un bo resultado e o grupo parlamentario”.

Non vai haber cheques en branco pero haberá liñas vermellas, no caso de poder formar un goberno de coalición? N.P.: “Hai cuestións que para nós son fundamentais como a renda de garantía social ou outras cuestións de fondo que afectan directamente a Ourense. Un exemplo, o cambio na política forestal de cara a aproveitar o monte de maneira multifuncional e a aproveitar cuestións prácticas que desde Medio Rural se levaron a cabo no bipartito, que demostraron a súa validez e que foron desmanteladas polo PP, por exemplo, o banco de terras. Iniciativas deste tipo son cuestións á poñer na balanza á hora de artellar un novo goberno. A nosa liña vermella sempre será a defensa da maioría social deste país e da súa identidade. Confío en que sexamos capaces de ser flexibles pero de promover eses cambios profundos”.

O certo é que as enquisas non vos están dando moi bos resultados. N.P.: “Se as enquisas revelaron algo nas anteriores eleccións é que non están atinando demasiado. En todo caso nós estamos percibindo nesta campaña electoral unha recuperación tanto en expectativa de voto coma en porcentaxe, que vai aumentando das anteriores eleccións xerais ata estas últimas enquisas e esperamos mantela”. Que medidas concretas ten o BNG para reverter os principais problemas da provincia de Ourense? N.P.: “Os principais problemas desta provincia son o desemprego, a falta de poboación e o desaproveitamento do rural. Todo isto require de cambios profundos. Nos gusta dicir que non abonda con botar o PP, que hai que ter un proxecto político para este país como o que temos nós. En tanto non se produzan eses cambios profundos aos que aspiramos, que van levar tempo. Nós non lles dicimos aos electores que imos rematar co desemprego en 45 días, temos medidas tamén para as urxencias. Especialmente, promovemos unha renda de garantía social para garantir que non haxa ningún só fogar en Ourense que non teña un ingreso mínimo de subsistencia. Outra

logo con outras forzas políticas, un diálogo que desde logo non van ser cheques en branco pero que por nós non deixará de haber e agardamos que este país poida abrir un tempo novo. A relación de forzas terá que decidila democráticamente a cidadanía pero confío en que poidamos contribuir a poñer fin á era Feijóo como no seu día contribuimos a poñer fin á era Fraga”.

Noa Presas, candidata do BNG por Ourense/P.L.

“O BNG sempre que pasou por unha institución foi garantía de melloras para todos” cuestión importante é o Plan Retorna, de cara a incentivar o retorno das persoas que teñen marchado do país, nomeadamente da mocidade formada, como serían, por exemplo, incentivos á contratación”. No panorama político que se pode abrir a partir do día 26 de

setembro, que papel vai xogar o Bloque? N.P.: “Cremos que imos xogar un papel xa desde o 25 de setembro; en concreto en Ourense disputamos o último escano ao PP. A partir de aí nós confiamos en ser a chave dun cambio político; temos demostrado na nosa historia capacidade de sobra de diá-

Por que deberían os ourensáns votar ao BNG o 25-S? N.P.: “Porque somos garantía de promover unha alternativa ao PP. Hai outras forzas políticas que concorreron ás eleccións do Estado e que lamentablemente non poden dicir iso. Podemos ter cometido erros no pasado, pero desde logo sempre que o BNG pasou por unha institución, desde o goberno ou a oposición, foi garantía de melloras para todos. Cuestións que están saíndo na campaña electoral foron promovidas polo BNG desde as institucións, como a gratuidade dos libros de texto. Outorgarnos a confianza, penso que ten un selo de garantía”.


ELECCIÓNS 25-S especial

OURENSE POR Barrios Setembro de 2016

ENTREVISTA A ÁNXELES CUÑA, Nº 1 DA LISTA DE EN MAREA POR OURENSE

“Espero que a xente que ama Ourense e necesita alternativa, sinta isto como unha oportunidade histórica” 4 Convencida de que En Marea é a mellor alternativa, a dramaturga ve este comicios como a oportunidade para unha transformación real. Paula Lodeiro Ánxeles Cuña (Pontevedra, 1957) leva case catro décadas en Ourense, compaxinando teatro e ensino, e agora dá o salto á política para liderar a lista ourensá de En Marea. Por que deu este salto á política? Ánxeles Cuña: “Porque teño conciencia, primeira cuestión, e segunda, sei o que deixo, o teatro que é a miña paixón, o ensino, que é a miña vocación, e decido ser activa nisto porque creo que podo contribuír co meu grao de area. Creo que En Marea é a mellor alternativa, senón non me metería. Creo nos dereitos humanos, na democracia participativa real; e desde un punto de vista igualitario, desde o social, desde a xustiza, eses son os motivos imperiosos. Porque ademais Ourense é a provincia máis pobre de España e a min paréceme que non somos pobres nin en xente nin en talento, somos pobres porque estamos abandonados, e hai que loitar para que isto se transforme”. Que diferenza a En Marea doutras opcións políticas? A.C.: “En Marea é unha confluencia e isto para min é unha riqueza, que En Marea esté composta por xente de partidos, de sindicatos, de movementos sociais, por xente diversa e plural, creo que a sociedade é diversa e plural. Isto que para moitos

pode ser un problema eu estou vendo un nivel de comunicación extraordinario. Unha diferenza grande é que non é un proxecto de arriba abaixo, é de abaixo a arriba. Obxectivo prioritario que non hai noutros partidos é priorizar cuestións cruciais como a pobreza, o equilibrio, a defensa da xente que máis o necesita, dar voz a quen non a ten. Outro: fronte á opacidade, enfocar a política para lucrarse ou para ascender, aquí o obxectivo claro é a cidadanía. Que o protagonista real do parlamento sexa a cidadanía e para iso temos un nivel de escoita, de recepción, de democracia real moi importante. Outro nivel moi vital é a defensa do noso, enfocar a política dende a xustiza social significa facer políticas de proximidade, moi pragmáticas, darlle importancia non só ás cidades senón o rural, loitar pola dignificación laboral. É sangrante a cantidade de xente que ten que emigrar, entre os 25 e os 45 é unha auténtica sangría, esa xente non pode formar familias nin traballar. As políticas sociais son prioritarias. Diante do desmantelamento da educación e da sanidade, da cultura, da falta de protección das mulleres, as nosas políticas son moi claras e directas e están enfocadas a facer planos, cambiar leis…” Que propostas concretas ten En Marea para reverter os problemas da provincia?

En Marea leva de candidata en Ourense a Ánxeles Cuña/P.L.

“En Ourense non somos pobres nin en xente nin en talento, somos pobres porque estamos abandonados”, opina Ánxeles A.C.: “Por exemplo, a nivel de ensino, nós plantexamos a igualdade de dereitos, vivas onde vivas; a paralización da Lomce, non é xusto que haxa nenos de primeira e segunda. A nivel de sanidade, as medidas van ao público, a defender unha asistencia para todos. A nivel de servizos sociais, en Ourense de 300.000 habitantes, cento e pico mil están na franxa

da pobreza, hai que tomar medidas concretas. Que se está facendo no municipalismo? Á xente que non lle chega a RISGA, facer un complemento. Se arde perdemos 7.000 hectáreas só en Ourense nas dúas últimas semanas, iso é gravísimo para a gandeiría, hai que atender a demanda desa xente. As cotas lácteas, que a xente estea vendendo por debaixo dos niveis

13

de produción… isto é abandono dunha provincia riquísima. Estratexias concretas? Necesitamos políticas de proximidade, apoiar os produtos nosos, e potenciar esas producións, arroupar aos emprendedores, ás pemes, con políticas coherentes. Queremos unha política económica equitativa, solidaria, igualitaria”. Polo que din as enquisas, parece que a alternativa ao PP pase por un pacto entre partidos. Cales serán as liñas vermellas para En Marea? A.C.: “En Marea é dialogante e podemos chegar a un entendemento, e hai moitas cousas en común. Quen ten a palabra é a cidadanía e hai moita xente que desexa ter unha alternativa diferente, porque xa está farta, ata as orellas de que os políticos non se entendan, non traballen a prol da xente. Creo que aquí, a diferenza do que está pasando en Madrid, na nosa Comunidade pode haber un acordo que nos saque da miseria na que estamos vivindo”. Por que deberían os ourensáns votar a En Marea o 25 de setembro? A.C.: “Porque é unha alternativa sólida, están claros os obxectivos e as metas, porque creo que a xente necesita confiar na xente coma ela, xente honrada. Eu son consciente de que hai moito desencanto, tense o concepto de que os políticos van aí para trepar, para enchufar os amigos e saír por unha porta xiratoria. A diferenza grande é que temos un código ético que nos leva a non ter un salario máis aló de tres veces o salario básico, temos o compromiso de dar conta, da participación real, de que nos pidan contas e de dalas. Eu convido a que a xente confronte os programas e mire se realmente satisface os seus intereses e se merecemos unha transformación. Espero que a xente de Ourense sinta isto como unha oportunidade histórica”.


14

OURENSE POR Barrios Setembro de 2016

especial ELECCIÓNS 25-S

ENTREVISTA A CARLOS VÁZQUEZ, Nº 1 DE CIUDADANOS

“A loita contra a corrupción, a nosa premisa para chegar a acordos” P.L.

Que diferenza a Ciudadanos doutras formacións que tamén se presentan a estes comicios? C.V.: “Con respecto aos partidos clásicos (PP e PSOE) diferéncianos a vontade inequívoca de terminar coa corrupción e así o demostramos reiteradamente. Tamén nos diferenza que adquirimos compromisos para cumprilos, e non como meras promesas electorais para manter ou conseguir o poder, e tamén o demostramos. Con respecto aos outros partidos, cremos que Galicia e España, requiren propostas construtivas, froito do consenso. Non cremos en políticas rupturistas nin en promesas de ‘dar o que non se ten’, que só incrementarían a carga fiscal. Non queremos dividir por cuestións lingüísticas, nin pecharse nun mundo que está globalizado e que representa unha oportunidade para o desenvolvemento. Queremos respecto para as institucións, e non espectáculos públicos, que pouco ou nada achegan a quen os representa”.

“Ninguén vai vir salvar a Ourense, teñen que ser os propios ourensáns os que o salven” P.L.

Carlos Vázquez (Monforte, 1967) é doutor en Medicina e licenciado en Dereito, e exerce como inspector médico. É novo en política, por que decidiu dar ese paso de encabezar a lista de Ciudadanos por Ourense? Carlos Vázquez: “Solidarízome coas persoas que están a sufrir; tamén coa clase media, que soportamos maior carga dunha xestión ineficiente. Non me gusta que se utilice a política como medio de enriquecemento ilícito. Tampouco soporto o engano e a mentira. Creo que é posible facer política limpamente, e quero facer unha pequena achega á sociedade, na miña terra, Galicia”.

ENTREVISTA A ELADIO FERNÁNDEZ, Nº 1 DE VÍANOVA GALICIA

Eladio Fernández (Punxín, 1958) avogado de longa traxectoria política, fundou o seu propio partido na primavera pasada, VíaNova Galicia, co que se presenta como candidato á presidencia da Xunta.

sable; é dicir, empezariamos a falar con outros partidos, se existe vontade clara e manifesta de loitar contra a corrupción e realízanse accións claras nese sentido. A partir de aí, presentariamos as nosas propostas, que tan boa acollida teñen en todos os partidos, e tratariamos de chegar a puntos de entendemento con partidos que respecten o marco legal vixente e a Constitución”.

Vostede pasou polo PSOE e polo PP e agora funda o seu propio partido, como cre que acollerá o votante ourensán este “baile” de ideoloxías? Eladio Fernández: “Eu creo que non vai afectar, realmente sempre tiven na miña cabeza o proxecto de Galicia. Durante a miña traxectoria no PSOE dinme de conta de que os partidos son moi xerárquicos, obedecen á liña que marcan desde Madrid e estes partidos son meras delegacións dos partidos centrais. Por iso estou convencido de que unha opción enteiramente galega que non dependa de decisións externas é o que mellor lle vai a Galicia. É moi necesario un liderado enteiramente galego”.

Por que os ourensáns deberían votar ao seu partido o 25 de setembro? C.V.: “Porque, do mesmo xeito que sucede noutras comunidades autónomas, non os imos defraudar. Non lles pedimos un ‘cheque en branco’ senón a oportunidade de traballar e esforzarnos, con honestidade, para mellorar a calidade de vida dos nosos concidadáns e deixarlles unha sociedade mellor aos nosos fillos. Non somos políticos profesionais senón profesionais que queremos facer unha achega construtiva á sociedade e favorecer o cambio, porque Galicia merecese máis”.

Xa existen partidos de ámbito galego, por que esa necesidade de crear un partido novo? E.F.: “No noso ámbito non hai tanto, somos un partido de ámbito galego que intentamos sintonizar con esa franxa social galega maioritaria que podíamos entender de centro. Queremos representar o espírito de como somos os galegos, non somos independentistas, nin nacionalistas, defendemos a integridade co Estado español pero defendendo firmemente o noso. Un partido galego de centro, sen depender de fóra, partidarios da unidade de España e europeísta, non hai ningún”.

Carlos Vázquez, cabeza de lista de Ciudadanos/P.L. É o proxecto de Ciudadanos válido para a nosa provincia? C.V.: “Sen dúbida, Ourense sofre un declive demográfico e económico que require cambios. A rexeneración democrática e despolitización das institucións públicas é a nosa insignia. A loita contra a corrupción, a nosa premisa para chegar a acordos”. Díganos unha proposta do programa de C’s que sexa primordial para Ourense. C.V.: “A loita contra o desemprego mediante un conxunto de medidas que inclúen: a formación específica nas áreas que teñen demanda, o apoio ao emprendedor, autónomo, comerciante e empresario, un plan para desenvolver as múltiples potencialidades da provincia e reactivar o rural (agrario, forestal, gandeiro, turístico, enerxético, cultural..)”. Se son chave de goberno, cal sería a súa postura? Só pactarían co PP? C.V.: “Do mesmo xeito que fixemos en anteriores ocasións, fariamos oposición construtiva e respon-

Eladio Fernández, candidato de VíaNova Galicia./P.L. Como fai un partido modesto para tratar de facerse un oco na campaña? E.F.: “Cun proxecto crible, serio, dicindo a verdade á xente. En política hai que ter moita paciencia, sabendo que hai que sementar unha semente e que necesita tempo para crecer, pero se a semente é boa e o terreo é apropiado a semente sempre xermina. Nós sabemos que vai xerminar. O tempo que imos necesitar dirao as circunstancias pero cada día me confirma máis que a nosa liña é a que necesita Galicia. Somos un proxecto para quedar”. Cal é a súa proposta estrela para Ourense? E.F.: “Ourense é a última provincia de Galicia, de España e de Europa, os indicadores sociais e económicos o veñen dicindo. Ourense non se soluciona cunha medida, Ourense necesita primeiro que os axentes sociais, económicos, cidadáns, partidos se dean conta do pozo no que estamos metidos. Ninguén vai vir salvar a Ourense, teñen que ser os propios ourensáns os

que o salven. O gran problema de Ourense é a desunión que houbo sempre, primeiro temos que contar coa unidade; necesítase moita capacidade de pacto. Un pacto de goberno por Ourense nas cuestións fundamentais para empezar a levantar esta provincia é imprescindible. As medidas estrelas son en todos os ámbitos porque está todo por facer. Só se preocuparon de que fora unha fábrica de funcionarios e pouco máis”. Por que os ourensáns deberían optar pola súa opción nas eleccións ao Parlamento de Galicia? E.F.: “Porque é unha gran oportunidade, tocamos fondo en Ourense, o 21% dos nenos están en risco de exclusión social, os poucos nenos que existen. Economicamente non hai actividade ningunha, as infraestruturas están paradas, estamos nunha situación complicada. De todos modos, nos poñan onde nos poñan os cidadáns imos seguir traballando por Ourense e por Galicia, porque cremos en algo mellor para Ourense”.


ELECCIÓNS 25-S especial

OURENSE POR Barrios Setembro de 2016

15

polo traballo militante, non temos ningún liberado. Sacamos as nosas campañas co noso esforzo. Aínda que nos presentamos ás eleccións, non somos un partido reformista, nin democrático no sentido estricto”.

Ourense decide o seu futuro

P.L

Emilio de Miguel, parado de longa duración de 51 anos, é o cabeza de lista por Ourense do Partido Comunista dos Pobos de España.

Por que vos presentades ás eleccións do 25-S? E.d.M.: “Porque queremos que saiban que en Ourense hai xente comunista traballando pola nosa ideoloxía. Interésanos máis a implicación da xente que presentar uns resultados electorais. A revolución non se fará nas urnas”.

Que define ao Partido Comunista dos Pobos de España? Emilio de Miguel: “Somos un partido marxistaleninista que cremos na experiencia socialista da URSS e dos seus aliados, tamén recoñecemos a experiencia cubana. Ademais, cremos na igualdade do xénero human e defendemos a cultura galega.

Por que os ourensáns deberían votarvos? E.d.M.: “Votar comunista é querer que os mozos non rematen vivindo debaixo dunha ponte, ou nun traballo de merda. É votar polo dereito a un traballo digno que permita unha vida digna. É demostrar que che doe o galego, a cultura e a fala”.

ENTREVISTA A EMILIO DE MIGUEL, Nº 1 DA LISTA DE PARTIDO COMUNISTA

“A revolución non se fará nas urnas” 4Buscan implicar á xente na súa ideoloxía, máis que uns resultados electorais. Redacción

Emilio de Miguel. Rexeitamos o dereito de ladróns e parasitos a montar guerras criminais que só traen a desgraza á xente corrente, incluida a dos estados imperialistas. En Comunistas da Galiza-PCPE ninguén cobra

4 Algo máis de 364.000 ourensáns poderán exercer o seu dereito a voto o próximo domingo 25 de setembro. Ourense elixe o vindeiro 25 de setembro 14 dos 75 deputados que conformarán o próximo Parlamento galego. Os 364.380 electores da provincia de Ourense – nos que se inclúen 98.932 ourensáns que residen no estranxeiro- poderán darlle o seu voto a un dos 13 partidos que concorren ás eleccións autonómicas: Partido Popular, Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE, BNG, En Marea, Ciudadanos, Democracia Ourensana, Compromiso por Galicia, VíaNova Galicia, PACMA, Partido Comunista dos Pobos de España, Partido Anticorrupción

y Justicia, Recortes CeroGrupo Verde, e Ganemos Galicia: Sí se Puede. Fai catro anos, os 14 escanos que corresponden á provincia de Ourense repartíronse entre o PP (que obtivo oito), PSOE (con catro) e AGE e BNG (un deputado cada un). Enquisas As enquisas dos últimos días apuntan a que o PP revalidaría a maioría absoluta, que En Marea superaría ao PSdeG e colocaríase como segunda forza e que o BNG perdería gran parte dos seus apoios. Para acadar os seus obxectivos, nestas dúas semanas os partidos multiplicaron os actos na rúa, os encontros sectorais, as visitas e os

mitins e encheron de cartas os nosos buzóns. Mesmo tivemos desembarco de líderes estatais: Rajoy, Pedro Sánchez e Albert Rivera pasaron pola cidade para apoiar aos seus candidatos. Con todo, a última decisión téñena ourensáns e galegos este domingo.

4 Aclaración Desde Ourense por Barrios tratamos de contactar coas candidaturas minoritarias que se presentan ás eleccións autonómicas pola nosa provincia para que respostasen ao noso cuestionario. Só respondeu o PCPE.


16

OURENSE POR Barrios Setembro de 2016

ECONOMÍA, EMPREGO E EMPRESAS

EN BREVE

Desde 2008 a poboación moza de Ourense reduciuse nun 15%

4 Coworking de La Molinera Concello de Ourense, Deputación de Ourense e Escola de Organización Industrial (EOI) puxeron en marcha os primeiros espazos coworking no Centro de Coñecemento La Molinera. 19 proxectos, dos 24 que se presentaron á convocatoria, desenvolverán a súa idea empresarial na Molinera durante os próximos cinco meses. Os emprendedores recibirán un apoio integral, tanto no que se refire a espazo de traballo, formación, 40 horas de tutoría personalizada, talleres e eventos promocionais, para “acelerar” o seu proxecto. Pecharán a etapa cunha presentación pública da súa idea empresarial ante expertos e posibles investidores no DemoDay. O espazo coworking conta cun orzamento de 800.000 euros e terá outras tres convocatorias máis.

4 Emprendemento na Cámara A Cámara de Comercio de Ourense pon en marcha o programa “Xove_ Emprende” para menores de 30 anos, que se enmarca dentro da convocatoria de “Itinerarios de Emprendemento Xuvenil” da Fundación Incyde. De forma gratuíta, proponse un programa intensivo de formación empresarial de oito semanas de duración, dirixido a mellorar a empregabilidade dos participantes. Inclúe obradoiros prácticos, sesións conxuntas e de apoio individualizado, inmersión empresarial e mentorización. O programa comeza cunha xornada de sensibilización motivacional, que terá lugar o xoves 22 de setembro, ás 20 horas, na sede da Cámara.

4 Segundo datos da análise socioeconómica da provincia realizada pola CIG. Ana Méndez, Lois Babarro, e César González,/P.LODEIRO.

P. L.

Os 90 asociados de AJE Ourense facturan 40 millóns de euros ao ano 4 Os novos empresarios convocarán os seus premios anuais o 3 de novembro. P. L. O presidente de AJE Ourense, Lois Babarro, xunto aos vicepresidentes Ana Méndez e César González, e o secretario da entidade, Germán Rodríguez, fixeron balance da actividade do colectivo diante dos medios de comunicación. Ao longo deste ano, realizaron un curso de comunicación corporativa impartido por Manuel Campo Vidal, sesións de networking e almorzos con dirixentes da Xunta, Inditex, o ICO, ou medios de comunicación a nivel nacional. Institucionalmente, como asociación, realizaron visitas a entidades como CEOE ou o Instituto de Crédito, organismos como o Congreso dos Deputados ou empresas como Inditex ou ABC. A faceta solidaria dos novos empresarios tamén se fixo notar este ano, no que colaboraron con entidades como Down Ourense e Aixiña, unha

cooperación que pensan seguir incorporando ás súas accións futuras. De cara ao futuro inmediato, o próximo 3 de novembro convocarán os Premios Aje Ourense, e en canto aos galardóns que convoca AJE Galicia, Ourense acollerá a súa entrega o 26 de xaneiro. AJE Ourense xurdiu con 26 socios pero na actualidade xa son 90, pertencentes practicamente a todos os sectores, desde a mercadotecnia, a formación, as enerxías renovables ou o sector primario. As empresas de AJE Ourense teñen presenza en 25 países, facturan anualmente 40 millóns de euros e dan traballo a 315 persoas. Loitar pola provincia Desde a asociación defenden e solicitan unha actitude proactiva para loitar pola provincia e reivindicar ese futuro desde todos os ámbitos, para que os mozos poidan permanecer en Ourense. O seu presidente, Lois Babarro, considera que en Ourense

“si hai futuro” para emprendedores e empresarios, pero quen se anime a emprender ten que ter previamente “formación e actitude”. Ademais, recoñece que nos últimos anos “hai máis facilidades que nunca” para montar unha empresa, e que os trámites se reduciron. Aínda así, pide ás administracións “que nos deixen medrar, non pódese sacar froitos dunha árbore que acaba de ser plantada”. Con todo, o presidente dos novos empresarios non está moi de acordo coa incentivación “en exceso” do autoemprego dos últimos anos. “A cultura empresarial hai que ir sementándoa aos poucos; a aposta polo sector empresarial é a medio prazo, o cortoplacismo é perigoso”, afirma, lembrando que “o 80% das empresas que se crean morren nos catro primeiros anos”.

As empresas de AJE dan traballo a 315 persoas

O sindicato CIG vén de facer pública unha análise socioeconómica da provincia de Ourense que amosa datos “demoledores”. Un estudo elaborado pola economista Natividad López baseado en datos e estatísticas oficiais que recolle, por exemplo, que a provincia perdeu desde o ano 2008 o 5% da súa poboación, unha perda de poboación que entre os menores de 35 anos sobe ata o 15%. Un saldo vexetativo negativo ao que se lle sumou nos últimos anos un saldo migratorio tamén negativo están detrás desta realidade. A responsable de Economía da CIG non conclúe se a perda de poboación “ten efectos ou é consecuencia do mercado de traballo”, pero as estatísticas laborais de Ourense tampouco son boas. Así, desde 2009, caeu un 6% a poboación activa (entre menores de 35 anos a perda foi do 24%), baixou un 22,7% a poboación ocupada, e, pola contra, desde o inicio da crise aumentou un 200% a poboación parada. A crise tamén afectou á calidade do emprego na nosa provincia. Así, Natividad López salientou o dato “histórico” dos 67.236 contratos asinados en Ourense no último ano, dos cales o 91% foron temporais e “o 21,7%

non chegou á semana de duración”. Un dato que ten consecuencias nos ingresos dos traballadores, pois o salario medio baixou un 2,9% desde o 2008, isto é, 487 euros. Salario medio anual A sindicalista chama a atención no feito de que o único tramo de asalariados que crece no período 2009-2014 é o daqueles que perciben entre 0 e 0,5 veces o salario mínimo interprofesional (SMI). Isto é, en 2014 houbo en Ourense 19.221 persoas (o 19,2% do total de asalariados) cun salario medio anual de só 1.865 euros. Outros indicadores negativos que recolle o informe da CIG é o dato da pensión media en Ourense, a máis baixa de Galicia (643,93 euros ao mes) ou o incremento da concesión de RISGAS e de axudas de emerxencia social, que se duplicaron nestas anos de crise. Amáis, perdéronse un 4,8% das empresas que había na provincia, e das que quedan, o 64,2% non tiñan asalariados no ano 2014 (se engadimos as que tiñan un único empregado, a cifra sobre ao 86,3%). O secretario xeral da CIG en Ourense, Etelvino Blanco, cre que os datos debuxan unha situación de “emerxencia total”, froito “dunha política económica con respecto á provincia de Ourense nefasta”. “É a herdanza que nos deixa Feijóo”, recalcou o sindicalista.


ARTIGOS

4ARQUIVO VISUAL OURENSÁN

A compañía tivo como primeira ubicación o número 2 da rúa da Paz

Quero ser ceibe como as vacas nos tellados e as curuxas nos camiños

Praza Maior, esquina Modesto Fernández. Ano 1960. “santa” para financiar o traxe de noiva, o ansiado televisor ou un novo comedor. Hoxe, as instalacións de “Santa Lucía” radican no inmoble que outrora ocuparan as dependencias do Auto Industrial na actual rúa de Florentino Cuevillas.

17

4AS ANDRÓMENAS E OUTROS CONTOS

Santa Lucía A compañía que nacera como aseguradora-funeraria e tomara o nome da mártir orixinaria de Siracusa, tivo como primeira ubicación na cidade, o número 21 da ourensanísima rúa da Paz. En febreiro de 1952 cambiará a súa localización para o primeiro andar do número 2 da rúa Modesto Fernández, moi cerca do seu anterior emprazamento. Posteriormente, ocupará o soto do edificio Cantón da Diagonal (hoxe Papa Xoán XXIII). Os nosos maiores recordarán con anhelo aqueles créditos concedidos pola

OURENSE POR Barrios Setembro de 2016

Mudan as formas de facer, de pensar, de sentir, a morfoloxía dos lugares e o xeito de miralos. Só o pasado permanece, agochado na verdade, nunha eterna fuxida do esquecemento. Fernando Valcárcel, membro do Arquivo Visual Ourensán

4ADÓPTANOS...

Recorda: é para sempre!

Beagle femia esterilizada, de máis de 10 anos. Con problemas de corazón e sobrepeso, precisa fogar para pasar a última etapa.

Hydra. Femia de ano e medio aproximadamente. Esterilizada. Viviu en piso. Non ten problemas con cans nin gatos.

Bebés de mes e medio. Siamés e raiado e blanco. Apareceron tirados nunha caixa a 40 graos. Son boísimos.

Siamés macho de dous meses. Recollido na rúa. É moi dócil.

Cachorra cruce de pastor alemán de 5 meses. Dúas irmás máis. Moi activas.

Cachorros de 4 meses, macho e femia. Serán de tamaño grande.

Contacta con PROGAPE no 988 21 29 39, na protectora na estrada de Eiroás ou no seu Facebook

Subín enriba do tellado, quería ser retelladora, non quería ser como todas, pasar a vida traballando a reo co carro dun sitio para outro, arando no agro ou botando as patacas, criando aos fillos eu soíña sempre. O amor, que dura un anaquiño, que non dá máis pracer que o fillo que despois levas dentro, máis que facer o amor parece unha violación consentida. Mais pendurarse nos tellados sentindo o medo do baleiro, pisar de vagar nas tellas para non afundirse, como unha xoaniña subindo por unha herba seca avalada polo vento, fai que unha se sinta doutro xeito. O cheiro do perigo faite revivir, o sangue corre, salta como se quixera rebentar de paixón contra as paredes das veas. Deixar a rutina de comer e remoer... vencellada ao pesebre, cavilando sen parar mentres descansas, farta de que todos manden en ti, xunguida aos desexos de aqueles aos que serves, como se non tivera unha dereito a soñar, como se unha non puidera mudar o seu xeito de vivir, condenada a repetir o que as devanceiras fixeron. Por que non deixar que o ar refresque a túa cara no alto do tellado? De vagarciño, achegarte

“Non me gustan as alambradas e cancelas, quero correr polas congostras”

ao cumio onde as tellas se xuntan, con moito xeito para non esvarar, o tellado é perigoso, garda para si a humidade, mais empoleirarte na cima faite ceibe e ves aos paxaros máis preto, os niños das pegas nos castiñeiros xa no outono a piques de criar as castañas, e a xente murmura dicindo que non se debería deixar que unha fixera estas cousas, que son tolerías, cousas que ninguén faría se estivera corda. Estar corda é facer o que fan todos, ser sumisa, dicir a todo amén, arar dereitiña, non saírse nunca do rego, turrar do carro da vida sen dicir nin mu, non dar un berro máis alto ca outro, non vaia ser que se moleste a alguén. A min non me gustan os aramados, nin as cancelas, nin os valados, eu quero poder correr polas congostras e os carreiros, dar choutos polos prados e os lameiros, beber nas fontes e nos regatos, quero cheirar por onde me saia da gaña, sen dar sempre a razón a aqueles que mandan, quero ser como as rulas e as anduriñas... ceibe, eu só quero ser ceibe! Xa sei que os tellados non son doados para arranxar, que pode haber niños de avespas e de abesouros agochados entre as tellas, se toleas cando te pican, se te tiras do tellado estás perdida, tes que saber aguantar, claro que isto non o debería dicir unha vaca, nós que moscamos cunhas ducias de tabaos, pero unha vaca rubia coma min, filla da Cachorra, neta da Marela, con sangue pura de vaca rubia do país

ten dereito a acadar aqueles soños que lle negaron as devanceiras. Se unha de nós é ceibe dalgún xeito todas seremos ceibes, se vedes unha vaca nun tellado non pensedes que é unha vaca tola, é tan só “a vaca ceibe que aprendeu a retellar”. Bo, papá, vas pensar que o que toleou fun eu pensando na liberdade das vacas, e vasme dicir que me deixe de andrómenas, pero se cadra é porque de liberdade agora tampouco andamos sobrados por aquí, se cadra tamén foi porque ti tamén eras un retellador ceibe, non te deixaches prender polo que facían todos, fuches un bo home, soubeches ser ti sen asoballar a ninguén, como un xílgaro que canta na pola do freixo á noitiña en Ribas do Asneiro: “Se me prendedes eime ceibar, eu son coma o vento, non teño amo, son das fonduras e das raíces, son das árbores e das cortizas, ninguén me pode encadear. Dono de min e do meu cavilar, facedes cárceres para prenderme, mais nun alento atoparei un belisquiño de liberdade, nun pensamento ei de fuxir, a cabalo da vida quero vivir, e cando morra non me ides a boca tapar, porque son libre como as curuxas, nas noites pechas aínda podo berrar, porque non poderedes calarnos a todos os paxariños, aínda que sexamos pequeniños son moi grandes os nosos ancellos de cantar.” Eu quero ser ceibe como as vacas nos tellados e as curuxas nos camiños. Avelino Jácome


18

OURENSE POR Barrios Setembro de 2016

OCIO E CULTURA

4IMAXES DO MES

Festa do metal no Campo da Feira 4 O 6º Live for Madness Metal Fest, o 24 de septiembre. Redacción

Os escolares seguiron atentos as coreografías de SóLoDos./P.L.

O curso escolar comeza con danza A Concellería de Educación quixo inaugurar este curso escolar 2016-2017 cunha actividade didáctica de danza a cargo da compañía SóLoDos composta por Maruxa Salas e por Erick Jiménez. Tivo lugar na praza de San Martiño e a ela asistiron arredor de 300 alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º curso de Educación Primaria dos colexios Mestre Vide, Seixalbo, As Mercedes, San José e Sta. Teresa de Jesús.

A sexta edición do Live for Madness Metal Fest, festival de música metal, celebrarase o sábado 24 de setembro no Campo da Feira e, por primeira vez, contará co apoio da Concellaría de Cultura. O organizador do festival, Iván Nieto, foi o encargado de debullar o cartel desta edición, que inclúe tres grupos galegos (Aphonnic, Strikeback e Ocean´s Garden) e tres do resto do Estado (Legacy of Brutality, Thirteen Bad Promises e Rise to Fall). Todas elas

bandas “avaladas por un grandísimo directo”, apuntaba o organizador, que definiu esta edición como “a máis ambiciosa”. As entradas están dispoñibles en venda anticipada ao prezo de 10 euros e en taquilla a 12 euros. Os menores de idade poderán acceder ao festival (os menores de 14 de maneira gratuíta) a condición de que vaian acompañados por un adulto e leven cuberta unha autorización polos seus pais ou titores. Os organizadores agardan pasar a cifra de 500 asistentes a un festival que consideran “é referente de

toda a escena nacional metal”. Neste sentido, o Live for Madness foi en dúas ocasións finalista dos Iberian Festival Awards, e na súa curta traxectoria, máis de 250 medios de comunicación fixéronse eco das súas anteriores edicións. Banco de Alimentos Como festival solidario e non lucrativo que é, o Live for Madness Metal Fest renovou por terceiro ano a súa colaboración co Banco de Alimentos de Ourense, acordo que permitiu doar nas dúas pasadas edicións máis dunha tonelada de alimentos. Nesta ocasión, a oenegué recibirá, ademais, o 5% da recadación total pola venda de entradas.

O festival colabora por terceiro ano co Banco de Alimentos

Grupo de alumnos cos membros da Policía Local e da Protección Civil.

Axentes de tráfico por un día Un grupo de 74 estudantes de 6º de primaria dos colexios Ruxidoiro e Filomena Dato da Valenzá celebraron a Semana Europea da Mobilidade saindo á rúa con tarxetas para premiar ou sancionar. O alumnado saiu ás rúas da localidade acompañados da Policía Local e de Protección Civil para multar ou premiar ás persoas que incumpren as normas de tráfico. Segundo sinalou a concelleira de Educación, Marga Pérez, “houbo moitas multas por aparcar indebidamente nas paradas de bus e en liña amarela”.

Cecilio Santalices, Belén Iglesias, Iván Nieto e Juan Carlos Provecho presentaron o Live for Madness Metal Fest./P.LODEIRO.


OCIO E CULTURA

OURENSE POR Barrios Setembro de 2016

Gastronomía sobre rodas na Alameda do Bispo Cesáreo

Volta ao pasado

4 O primeiro Ourense Street Foud ofrece comida, música, actividades infantís e un mercado os días 23, 24 e 25 de setembro.

Redacción

Redacción O movemento das food trucks ou cociña sobre rodas chega de novo a Ourense. Hamburguesas premium, xeados artesáns, bocadillos gourmet, ensaladas orixinais, tapas diferentes, cociña vegana e sen glute… 14 propostas culinarias diferentes é o menú que nos ofrece o primeiro Ourense Street Foud, un evento que se desenvolverá entre o 23 e o 25 de setembro na Alameda do

Bispo Cesáreo. Os seus promotores, Rubén Amorín e Cristobal Cudeiro, presentaron este martes esta oferta lúdica para a vindeira fin de semana no salón do plenos do Concello de Ourense, acompañados do alcalde, Jesús Vázquez, e da concelleira de Comercio, Ana Morenza. En concreto, o Street Foud estará composto por 14 food trucks –catro deles de Ourense-, amáis dunha selección de viños

19

4 Este sábado celébrase A Bela Auria.

O promotor do evento Rubén Amorín; o alcalde, Xesús Vázquez; a concelleira de Comercio, Ana Morenza; e o promotor, Cristobal Cudeiro, na presentación do primeiro Ourense Street Foud./P.LODEIRO. do Ribeiro e vermús, un mercado de arte, moda e tendencias, e animación e obradoiros infantís. Cinco grupos –todos eles locais: Mad Mission, Soul & Roll, SuperAphonics, Os Forasteiros e The Tetas Van- porán a ambientación musical ao Street Foud. Horario Abrirá de 12 a 16 e de 19 a 00:30 horas os tres días, con concertos ás 21:30 o venres e o sábado, e ás 20 horas o domingo, e sesións vermús ás 13:30 horas o

sábado e o domingo. “Unha propostas variada e complementaria ao que hai na cidade”, apuntaba Cudeiro, quen invitaba a ourensáns e visitantes “a que despidan o verán dunha forma diferente”.

Hamburguesas premium, xeados artesáns, bocadillos gourmet... as propostas

Ourense volve aos anos 20 do século pasado da man da Bela Auria. O xardín do Posío e as prazas Pena Vixía, da Liberdade e de San Marcial serán os escenarios dunha mirada a fai case 100 anos. Numerosas actividades terán lugar para rememorar esa década. Comezarase ás 10:30 horas cun bicipaseo patrimonial desde a praza Maior. A oferta lúdica comezará ás 12 no Posío co contacontos Anxo Moure, obradoiros de esgrima antiga e xogos populares, e encontro de sketchcrawl. Para as 13 horas sesión vermú a cargo de Blues do País e ás 13:45 xan-

truck (comida por 6 euros a base de lacón, cuscús con verduras e bebida). Durante a tarde máis cousas: encontro fotográfico (15 horas); castro piscina (zona castro de Oira, 16:45); obradoiro dos graxos da Burga (16:45); o castelo de ourense (zona castelo Ramiro, 16:45); foliada popular (17) e concertorecital de Cinta Adhesiva (19:45). Ás 21:15 horas, cinema musicado “Mariñeiro de auga doce” pola pianista Cristina R. Boado na praza Pena Vixía; ás 22, cea na rúa modernista (rúa da Liberdade); ás 23, concerto de swing de The Alley Stompers; e rematará a xornada unha sesión picadiscos swing no Rock Club.


20

OURENSE POR Barrios Setembro de 2016

OCIO E CULTURA

Homenaxe ao centenario de Prego de Oliver 4 Tres exposicións mostran a obra do referente da plástica galega do século XX. Rosendo Fernández, Olga Mojón e Jacobo Sutil, na presentación da programación cultural do Teatro Principal./P. LODEIRO.

Auditorio e Principal presentan a súa programación de outono 4 A oferta cultural é variada para todos os gustos e públicos. Redacción Ourense está plagado de actividade cultural para este outono. Tanto o Auditorio coma o Teatro Principal presentaron a súa programación para os vindeiros meses. O Auditorio Municipal acollerá multitude de eventos no que queda de setembro e todo outubro. “Tratamos, coma sempre, de combinar fórmulas de espectáculos de éxito xunto co apoio á consolidación doutro tipo de estilos”, explicaba a concelleira de Cultura, Belén Iglesias. Desta forma, xunto a recoñecidos nomes como Martirio, Goyo Jiménez ou Sarabela Teatro, coa estrea da obra “Normas para saber vivir na sociedade actual”, o programa inclúe tamén a IX edición do FITO, o NÚ de Nelson Quinteiro, un concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia con músicas de cine ou os Contos na Lareira de Quico Cadaval e Cándido Pazó. Novidade Como novidade, o Auditorio irá presentando a súa programación cada dous meses debido á cantidade

Martirio, Goyo Jiménez ou Los Secretos actuarán en Ourense

de espectáculos que está a xestionar a súa oficina de programación. Porén, de momento avanzáronse actuacións como a de Los Secretos, o novo espectáculo de Nuria Sotelo ou “Edip”, a cargo da Companhia do Chapitô. Programación infantil Tamén haberá espazo para os máis pequenos, con 24 espectáculos para toda a familia. Os primeiros venres de cada mes, ás 18 horas, na Sala Apego do Auditorio, os máis cativos terán un espectáculo axeitado para eles. Tamén os domingos haberá unha cita a mediodía para o público familiar; a próxima, este domingo coa obra “Lobo bobo”. No Nadal non faltará a programación da MOTI, que inclúe catro obras específicas para bebés. Teatro Principal No que queda de ano o público ourensán poderá ver no Teatro Principal representacións como “Arizona”, “La cervantina”, “Helena, xuízo a unha lurpia”, “Alberti, un mar de versos”, “Foucellas”, “Marat/Sade”, “Vip”, “O Tartufo”, “El asno de oro”, “El Brujo” ou mesmo “El público” de Lorca. Así mesmo, o seu escenario acollerá entre o 7 e o 16 de outubro parte das funcións do Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO); do 26 ao

O Auditorio presentará a súa programación cada dous meses 29 de decembro a MOTI, Mostra de Teatro Infantil; o “Enclave de Cámara”, o primeiro xoves de cada mes; unha Gran Gala de Ópera o 22 de outubro; e unha nova edición do Blues Teatro Principal no mes de novembro, que presentará novidades en canto a ubicacións. Tamén será testemuña do concerto de Voces Femininas o día 24 de novembro, cuxas artistas aínda están por confirmar; e da actuación da Orquestra de Cámara Leos Janacek e Ivan Zenaty o día 27. En decembro, será o turno do concerto da agrupación Müsica Antiqua Viva, o día 11; cita cos Grandes do Gospel, o 17; e o Concerto de Nadal a cargo da Orquestra Sinfónica da Radio Nacional de Kiev, o 23 de decembro. O Teatro Principal tamén acollerá varias proxeccións do XXI Festival de Cine de Ourense (entre o 28 de outubro e o 5 de novembro), así como outros actos organizados por outros organismos e asociacións que se irán sumando a este programa.

Redacción Ourense acollerá ata o 8 de xaneiro tres exposicións sobre Prego de Oliver, en conmemoración dos 100 anos do nacemento do referente da plástica galega do século XX. Na sede de Afundación xa se pode visitar “Prego de Oliver, un pintor de ideas e arquetipos. Do boceto á obra gráfica”; “O obradoiro: espazo de creación e materialización práctica. A súa obra inédita”, desde o 23 de setembro no Museo Municipal e “Prego de Oliver e a captación do Eterno. O óleo como materialización da súa plástica”, na Valente a partir do día 29 deste mes.

Outras actividades Así mesmo, nos próximos meses tamén haberá obradoiros didácticos, conferencias, publicacións e actos divulgativos que afondarán na figura do pintor e no seu modo de entender a vida a través da arte. Os datos En 1.200 metros cadrados de espazo expositivo atoparemos 1.200 obras catalogadas e inventariadas, 50 obras de coleccións e de institucións, ademais de 340 debuxos e 130 óleos.

trospectiva sobre o artista ourensán pola empresa propietaria da mesma. O traballo de restauración, que durou un ano, non foi sinxelo, tanto polo mal estado de conservación en que se atopaba a pintura ao óleo aplicada como unha acuarela, como polas dificultades de separar e trasladar o mural desde o seu emprazamento orixinal, na cafetaría do Hotel Parque, ao taller de restauración. O mural data de finais dos anos 60 e ten unhas dimensións de 3,72 metros de ancho por 1,40 metros de alto.

Mural Recuperouse para a ocasión o mural do Hotel Parque. A obra foi cedida ao Concello para esta re-

As exposicións estarán abertas ata o 8 de xaneiro

O mural estará exposto na Sala Valente ata o 8 de xaneiro./P. LODEIRO.

8 concertos, 8 estilos, no Enclave de Cámara 4 A Real Filharmónica de Galicia inaugura esta edición. Redacción Unha programación ecléctica que percorre a historia da música clásica é o que ofrece a cuarta edición de Enclave de Cámara, o ciclo de música de cámara que a Concellaría de Cultura desen-

volve cada primeiro xoves de mes, dende outubro a xuño, no Teatro Principal. O programa -que cobre todas as etapas da música clásica: barroco, clasicismo, romanticismo, nacionalismo ou neoclasicismo, entre outras- ábrese o 6 de outubro co concerto da

Real Filharmonía de Galicia. De seguido, pasarán polo Principal o Cuarteto Akilone, o dúo de pianistas dos irmás Naughton, o cuarteto con piano The Bramhs Project, o Cuarteto Attacca (que repite no festival), o pianista Juan Pérez Floristán, o quinteto Zoar, e o Dúo García Jermann Moretti. Ademais do valor artístico, o ciclo ten un compoñente didáctico, pois mantén unha colaboración co Conservatorio Profesional de Música de Ourense para que o seu alumnado poida participar en charlas-taller cos músicos participantes.


PUBLICIDADE

OURENSE POR Barrios Setembro de 2016

21


22

OURENSE POR Barrios Setembro de 2016

DEPORTES

O COB, a semifinais da Copa Galicia Xaco co balón no partido contra o Vilariño./RAMSÉS.

A UD Ourense vence ao Vilariño 4 O Bande mantén o liderato tras tres xornadas. Redacción A Unión Deportiva Ourense logrou a vitoria na terceira xornada da Primeira Galicia no campo do Vilariño. Un gol de Unai no segundo tempo deu a vitoria a un equipo que necesitaba os tres puntos despois da derrota a xornada pasada na casa ante o Allariz. A Liga está comandada polo invicto Bande (9 puntos) seguido do Velle (7) e a UD Ourense (6). Terceira Na Terceira división o

Barbadás comezou o ano con bo pé. Os de Miki López son segundos con 11 puntos. Pola súa banda, o Barco ocupa a undécima posición con 7. Preferente O mellor equipo ourensán na Preferente é o Arenteiro. Os de Espiñedo son terceiros con 9 puntos. O seguinte ourensán é o Ourense C.F. con 7, na sétima posición. O segue na clasificación o Nogueira con 6. Na parte baixa están Verín, 17º con 3 puntos e Polígono, 18º cos mesmos puntos.

A Ponte, parada do “Correndo por Ourense” 4 A quinta proba do circuíto celébrase este sábado. R. Torres A carreira da Ponte -a quinta do circuíto- que estaba prevista para o domingo 25 deste mes adiántase ao sábado 24, pola coincidencia na mesma data coas eleccións de Galicia. Así, a partir das 21 horas as rúas do barrio ourensán serán as protagonistas nesta ocasión. Zona universitaria Os atletas Rubén Diz (Sociedad Gimnástica Pontevedra) e Sonia Teijeiro (Atletas Veteranos Ourense) foron os vencedores da cuarta proba

4 Venceu a Breogán no Pazo por 69-66. R. Torres O Club Ourense Baloncesto continúa a súa preparación para o inicio da LEB Ouro que está previsto para o 30 de setembro (Oviedo será o rival dos ourensáns na primeira xornada no Pazo). Esta semana, ademais dos adestramentos, tocoulle disputar o partido de Copa Galicia diante do Breogán de Lugo, no Paco Paz. Os homes de Gonzalo García de Vitoria realizaron un gran primeiro cuarto en detrimento dun Breogán que estivo moi desafortunado nos primeiros 10 minutos. Ao descanso dominaban os locais 43-30. No terceiro cuarto caeu a intensidade dos ourensás e o físico non daba para máis; un parcial de 9-23 puxo aos lucenses por diante (52-53). No último cuarto a casta de Fran Guerra e os puntos

Carreira da Universidade./RAMSÉS.

Semifinal Con esta vitoria o COB xogará a semifinal diante do Leyma Coruña. O encontro terá lugar este sábado en Noia (20:30 horas). No encontro na fase de

Jukic Zarko Jukic é última fichaxe do equipo. Co internacional danés pechase a plantilla da 2016-17.

Zarko Jukic é a última fichaxe do COB

Wright no partido ante Breogán no Pazo./C. DOMARCO.

4 O equipo “Os fenómenos” foi o máis rápido nos relevos. O Concello de Celanova xunto co Club Pato Blanco de atletismo foron os organizadores do primeiro Trail de Celanova. No trail participaron preto de 200 atletas. Conxuntamente celebrouse unha andaina na que estiveron presentes 150 participantes. A carreira contou cun trazado de 20 quilómetros -cun desnivel de 800 metrosmentres que a andaina foi de 14 . As dúas proba discorreron sen incidencias pero con presenza da né-

boa ata ben entrada a competición. Gañadores En categoría individual o máis rápido foi o especialista neste tipo de probas, Elpidio Gómez; o seu tempo foi dunha hora 31 minutos e 39 segundos. Segundo rematou Rubén Diz co mesmo tempo. En terceiro lugar, José M. Casado (1:34:46). En mulleres o podio estivo conformado por María Ferreiro (1:59:40), primeira; Belén Rodríguez (2:09:52), segunda e Sandra Fernández (2:10:11), terceira. Tamén se realizou unha

EN BREVE

4 Día da Bici O Día da Bici trasládase ao 16 de outubro. A cita estaba prevista para este domingo 25 de setembro, pero a coincidencia coas eleccións autonómicas obrigou aos organizadores, a Fundación ADO Moure, a retrasala.

4Fútbol sala

Gómez e Ferreiro vencen no trail de Celanova Redacción

do circuíto disputada na zona universitaria. Tras Diz chegaron a meta Luis Iglesias e José M. Corral, segundo e terceiro, respectivamente. En mulleres, María Ferreiro foi segunda e Ana Mª Ocampo, terceira.

de Hittle fixeron que a vitoria quedara en Ourense.

grupos entre o herculinos e ourensáns o resultado foi de 72 a 64 a favor de Basket Coruña. En caso de vitoria disputarían a final ao día seguinte no mesmo lugar ante o Obradoiro.

carreira por parellas na que “Os fenómenos” foron os primeiros, seguidos de “Castrotrail” e “Feijoo”, segundos e terceiros, respectivamente.

Elpidio Gómez en pleno esforzo./PATO BLANCO.

Consumidas as dúas primeiras xornadas de Liga na Primeira División o Ourense Envialia é quinto con 4 puntos, e o Cidade das Burgas, oitavo con 3. Nesta xornada o Cidade venceu ao Txantrea (5-1) e o Envialia empatou na cancha do Poio (1-1). Esta fin de semana as de Manolo Codeso xogan na casa diante do Futsi e as de Chipi visitan ao Txantrea. Na Terceira Dvisión o Carballiño gañou ao Casás (5-4) e o Sala Ourense caeu ante A Pontenova (6-2). A vindeira xornada depara un Pazos de Borbén - Carballiño e Sala Ourense - Ribeira (domingo, ás 12 horas, nos Remedios).

4 Rugbi Debut histórico do Campus Ourense Rugby na División de Honra B. Os ourensás desprazáronse ata terras olívicas para xogar o primeiro encontro de liga diante do Vigo RC; o resultado foi de 27 a 17 para os locais. Esta fin de semana debutan en casa diante do El Salvador B (o sábado 24, ás 16 horas).

4 Memorial Os días 24 e 25 de setembro celebrarase no campo de fútbol de Velle (Monte da Aira) o V Memorial Manolo Carrera. Asistirán 36 equipos das categorías pre benxamín e benxamín de clubes de toda Galicia, entre os que se atopan o Deportivo da Coruña, Celta de Vigo ou CD Lugo, xunto a outros coma Pabellón ou Barbadás. No torneo, organizado polo CD Velle, participarán preto dun milleiro de xogadores.


AXENDA - CLASIFICADOS - INFORMACIÓN DE SERVIZO

OURENSE POR Barrios Setembro de 2016

23

Ourense por Barrios. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 15-2015. Redacción: r/ Bedoya 7 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352 Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Lebre Mensaxeira Imprime: Publicaciones Tameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Miguel Rejo. Colaboracións: Silvia Nieto, Raquel Sertaje, Fernando Valcárcel, Avelino Jácome, Pablo Feijoo Nº 20 - Ano: XV - Setembro de 2016 - Difusión: 30.000 exemplares. Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, chame ao 988 045 352.

4AXENDA Cine - 26 de setembro - Cine Clube Padre Feijoó “As 1001 noites volume 1, O Inquieto” - 20.30 h. e 23.00 h. - Biblioteca Pública de Ourense Música - 24 de setembro - Live for Madness Metal Fest 2016 - 18.30 h. - Campo da Feira - 24 de setembro - Eladio e os seres queridos 21.30 h. - Café Auriense - 24 de setembro - Jägermusic Tour 2016 - 21.30 h. - Café El Pueblo - 29 de setembro - Concerto de Sleepwalker - 22.00 h. - Praza San Martiño Exposicións - Do 1 ao 30 de setembro - Exposición conxunta de ‘Romar e M. Lago’ - Espazo Xove Casa da Xuventude - Ata o 23 de outubro Exposición “Romper o Vento” de José Luís Seara - Centro Cultural Marcos Valcárcel Teatro - 23, 24 e 25 de setembro - Estrea de “Normas para saber vivir na sociedade actual” de Sarabela Teatro - 20.30 h. - Auditorio Municipal - 29 de setembro - Obra “Arizona” - 21.00 h. Teatro Principal Festas - 24 de setembro - “A Bela Auria”- 12.00 h. - Xardín do Posío Máis en: www.periodicobarrios.com

4TEL. DE INTERESE

4ANUNCIOS CLASIFICADOS [Deixe os seus anuncios no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]

TRABALLO Ófrecese señor para traballar de pintor -con 40 anos de experiencia- . Dispoñibilidade inmediata. Tel. 647 640 620. Ofrécese señora para traballar de luns a venres media xornada e tarefas do fogar, coidado de maiores, mascotas, recados, etc. ou ben as fins de semana para coidar persoas maiores ou o que necesiten. Tel. 645 770 510. Dánse clases persoalizadas de matemáticas e estatística (todos os niveis). Tamén materias de ensinanzas medias.Con CAP. Experiencia. A domicilio. Económico. clasesadomicilio2014@hotmail.com. Ofrécese home de 40 anos con experiencia e titulación para coidado de persoas maiores ou depedentes. Calquera horario. Seriedade. Tel. 685 564 681. Ófrecese auxiliar de enfermaria para coidar a persoas por horas, noites ou fins de semana. Tel. 620 052 173. Ofrecése señora para coidar a persoas maiores. Con informes. Tlf. 669 434 330 - 988 24 60 96. Búscase traballo para manexar carretillas e/ou grúas. Tlf. 673 764 277. Dánse clases particulares e apoio escolar: Primaria, ESO, bacharelato, acceso ciclos, letras, idiomas, déficit de atención, hiperactividade, técnicas de estudo. Tratamentos a domicilio. loenjes@yahoo.es e tel. 618 374 503.

INMOBILIARIA Alugo oficina amoblada de 24 m2. Lista para empezar a traballar. 150 euros/mes (+4 euros da luz da escaleira). Tel. 627 203 131. Vendo casa para restaurar pola estrada de Santiago. Tel. 637 00 59 10. Alugo apartamento no casco antigo de Ourense. Económico. Tel. 637 00 59 10. Ofrezo unha casiña pequena para restaurar próxima a Ourense a cambio de traballos de albanelería (restauración tellado, piso, encintar e dividir). Tel. 606 422 543. Vendo finca en Loiro. 3.000 m2. Con luz e auga. Tel. 687 62 86 28. Alúganse oficinas en Progreso, unha amoblada, todas exteriores. Bo prezo. Tel. 637 00 59 10. Alúgase local de oficina no barrio da Ponte, acondicionado, 25 m2, económico. Tel.634 950 659. Vendo finca edificable con proxecto próxima a Ourense. Prezo de oferta: 13.800 euros. Tel. 606 422 543. Vendo piso en Ervedelo. 3 dormitorios, salón, cociña, baño, calefacción, balcón pechado, dobre ventá. Recén arranxado. Tel. 626 297 504. Vendo casa para reformar na estrada de Santiago. Tel. 672 089 349. Vendo apartamento en casco vello. Económico. Tel. 672 089 349. Necesítase señor ou mozo para compartir piso no Couto. Tel. 672 089 349. Alúgase oficina na Rúa Progreso. Acondicionada. Tel. 672 089 349.

Véndese casa vella pequena nun pobo a dous km. de Amoeiro. Prezo 6.500 euros. Tel. 636 329 524. Véndense fincas e montes no pobo de Reparade ( Muiños) . Prezo 12.000 euros. Tel. 636 329 524. Alúgase praza de garaxe, fronte ao Centro de Saúde de Valle Inclán, para vehiculo pequeno ou moto. Prezo: 50 euros. Tel. 636 329 524. Véndese casa en Praza de Amoeiro, de pedra e arranxada lista para vivir. Tel. 636 329 524.

VENDAS Vendo tres bicicletas: moza, mozo e de paseo. Tel. 672 089 349. Vendo sofá 3+2, caldeira de calefacción de gas cidade, de calefacción de corrente de calor e frío, e porta de alumunio oscuro. Tel. 637 00 59 10 e 672 089 349. Véndese base terapéutica médica a estrear, marca Biofield, rexistrada polo Ministerio da Saúde, con 9 bandas magnéticas, para cama de 135 cm. Prezo negociable: 400 euros. Tel.988 249 781. Vendo colchas de ganchillo. Tel. 988 23 06 69. Vendo leña de carballo. 220 euros/tractor. Tel. 630 521 448. Vendo Opel Zafira 1.9 CDTI 150CV (7 prazas) acabado COSMO (todos os extras). Máis info e fotos no tel.: 607 20 34 81 (atendo WhatsApp). Traspásase cafetería en galerías parque de San Lázaro. Nova e recén reformada. Económico. Tel. 640 378 300.

Véndese Citroen Xsara varios extras, impecable, 2.000 euros. Tel. 636 452 147. Vendo casa pequena de pedra totalmente restaurada en Ourense, fronte a parada de bus urbano, con terreo. 29.800 euros. Tel. 606 42 25 43. Vendo finca edificable de 750 m2 con proxecto para casa. Ocasión: 12.900 euros. Tel. 606 42 25 43. Vendo casa en Cambeo. Planta baixa, terreo, galpón e pozo. Tel. 649 673 492 988 216 755. Vendo roupa de señora de moi boa calidade e de marca. En perfecto estado. Tamén telas, cortinas e algunha mantelería. Tel. 690 79 53 79 (Carmen). Vendo leña de carballo. 220 euros/tractor. Tel. 630 521 448.

VARIOS Poñémosche a túa máquina de café gratis. Tel. 618 646 959 (Claudio). Regalo cadela pequena raza crestado chino, só habería que pagar as vacunas. Tel. 606 42 25 43.

CONTACTOS Mozo novo, con grandes apuros económicos, ofrécese para compañía de mulleres de 40 a 63 anos. Prezo anticrise (1 hora / 20 euros). Ademais danse masaxes eróticos a mulleres. Absterse de chamar homes. Tel. 697 79 59 28.

Concello Ourense 988 388 100 Concello Barbadás 988 360 000 Deputación 988 385 100 Xunta de Galicia 012 Pazo de Xustiza 988 370 728 Policía Local 092 / 988 388 138 P. Local Barbadás 988 221 050 Policía Nacional 988 391 771 Guardia Civil 988 235 353 Guardia C. Tráfico 988 222 881 ITV 902 309 000 Bombeiros 080 / 988 370 000 Incendios forestais 085 Prot. Civil 24 h. 988 510 254 Prot. Civil Barbadás988 391 479 Cruz Roja Ourense 988 222 484 SOS Galicia 112 Urxencias e ambulancias 061 Consultas sanitarias902 400 116 H. Sta. Mª Nai 988 385 499 Hospital Cristal 988 385 500 Atención Cidadán 988 392 909 Teletaxi 988 21 00 11 Taxis A Valenzá 988 251 471 Taxis Carrefour 988 231 657 RENFE 902 240 202 Estación autobuses 988 216 027 Correos 988 223 083 Fenosa 988 222 222 Aquagest 988 250 088 Atención menor 900 202 010 Asoc. Diabética Auria988 226 608 AECC 988 219 300 C. C. Antisida 988 233 000 Alcer 988 229 615 AFAOR 988 219 292 Alcoh. Anón. 646 645 119 24h. Alc. Anón. 988 269 540 Alcoh.An. 24h. 988 22 76 23 Narcóticos Anóm 671 58 28 38 Asoc.Crohn 630 136 447 Down Ourense 988 370 313 Atención Muller Maltratada 016

4AUTOBUSES liñas e horarios dos urbanos de Ourense en www.urbanosdeourense.es e liñas e horarios dos buses á Valenzá en www.anpian.com


OURENSE POR Barrios Setembro de 2016


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Setembro de 2016 - Ourense por Barrios by Periodico Barrios - Issuu