Skip to main content

Setembro de 2016 - Barrios

Page 1

Eleccións 25-S: entrevistas aos candidatos [Páx. 9-15] VERÍN

Páx.3

Comeza a vendima na Denominación de Orixe Monterrei

XINZO

Páx.16

20 desempregados formaranse no obradoiro Alta Limia

ALLARIZ

Páx.17

Primeiros resultados do Servizo RE posto en marcha en Allariz

[Páx. 2]

Verín contra o lume

CELANOVA

Páx.18

O Padre Fontes recibe o “Celanova, Casa dos Poetas”

DEPORTES

Páx.20

Gómez e Ferreiro vencen no trail de Celanova

[Páx. 2]

[Páx. 6]

Regreso ás aulas

Manifestación en Verín o venres 16 reclamando maior prevención na loita contra o lume./ Unha aula do instituto Lagoa de Antela./J.REGAL E R.TORRES.

Número: 29 - Ano: XI - Setembro 2016 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de outubro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


Barrios Setembro de 2016

TEMA DO MES

E Ourense volveu arder 4 Preto de 10.000 hectáreas foron arrasadas polo lume na provincia dende o 1 de xullo. Redacción Un verán máis a nosa provincia foi deborada polas lapas. Numerosos incendios (a maioría presumiblemente intencionados) leváronse por diante 9.717 hectáreas de montes dende o pasado 1 de xullo e, nalgúns casos, chegaron a acadar vivendas. Nin a loita dos medios contra incendios e de moitos veciños coas súas propias mans foi quen en ocasións de frear a un xigante que as temperaturas -por enriba dos 40 grados- axudaron a alentar. Dos 40 incendios dos que informou Medio Rural nos últimos dous meses e medio, oito concentraron a maior cantidade de superficie queimada, sumando entre eles 7.800 hectáreas; e en nove foi preciso que o goberno autonómico declarase a “Situación 2” pola proximade ás casas. O lume de maior envergadura foi o rexistrado entre os municipios de Entrimo e Lobios. Do 6 ao 13 de setembro as lapas fixeron desaparecer 2.800 hectáreas (700 delas de monte arborado). Igual de devastador foi o incendio rexistrado o 6 de setembro en Oímbra (parroquia de Bousés), que calcinou 2.035 hectáreas (50 de arbolado). O Parque Natural Baixa

Limia-Serra do Xurés tamén se viu afectado este verán polos incendios. 800 hectáreas (50 de arborado) foi o balance do que se desencadeou o 5 de setembro en Requiás (Muíños). Pola súa banda, entre os peores lumes tamén se atoparon os sufridos en Brués (Boborás), onde arderon 600 hectáreas, en Xironda (Cualedro) 500; en San Millao (Cualedro) 435; en Nieva (Avión) 334; e en Vences (Monterrei) 300. Destes grandes incendios, en seis (Lobios-Entrimo, Oímbra, Muíños, Xironda, Avión e Monterrei) decretouse “Situación 2” pola proximidade á poboacións e bens non forestais. Asemade, necesitouse tomar esta medida en lumes rexistrados en Pobra de Trives, Verín e Sandiás. O peor, setembro De todo o verán, setembro está a ser o mes máis negro en canto a incendios forestais en Ourense. Máis de 7.600 hectáreas arderon en só 12 días. E en apenas dúas xornadas (do 5 ao 7) rexistráronse catro dos lumes máis graves. Tan só a choiva que chegou á provincia o pasado día 13 conseguiu extinguir por completo as lapas.

Marcha polas rúas de Verín reclamando maior prevención na loita contra o lume./J.REGAL.

Manifestación en Verín contra a política forestal da Xunta Presidida por bombeiros de Verín, brigadistas de Laza, Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais da comarca e ducias de traballadores da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos SEAGA, a CIG organizou unha marcha contra as políticas de Medio Rural o pasado 16 de setembro na vila do Támega. Ao redor de 1.000 persoas asistiron á protesta, coreando consignas contra o que denominaron “a acción propagandística” do PP e reclamando un cambio nas políticas de ordenación do rural e forestal do actual goberno de Feijoo. Tralo percorrido, dende a CIG reclamaron aos presentes unha “posición activa” para desaloxar do poder aos responsables da “inexistencia de políticas de prevención e ordenación forestal: o PP”.

A CIG denuncia falta de medios 4 O reforzo contratado remata en setembro. Redacción Durante todo este verán dende a CIG non deixaron de denunciar “a precariedade” do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais (SPDCIF). “Estamos a atoparnos cunha vaga de lumes

que pon en evidencia esta situación e que, nalgúns casos, provoca un importante risco para a integridade física dos traballadores do servizo”, explican. E detallan exemplos como é o caso de Verín, onde dispoñían de 11 motobombas pero só funcionaban cinco; e Valdeorras,

de 7 motobombas, 3 estaban no taller e 1 tiña restricións porque lle fallaban os freos. “Podemos afirmar que isto é unha constante, dándose a circunstancia agravante de que a maioría dos camións que están fóra de servizo son completamente novos, e que teñen eivas dende que foron adquiridos”, reclamaron. Asemade, o sindicato denunciou que o reforzo de 436 traballadores contratados para a campaña de alto risco remata o 30 de setembro, “polo tipo de contratos lixo”.

“Dende a CIG non queremos volver vivir o acontecido en outubro de 2011 onde se perderon miles de hectáreas de patrimonio medioambiental na provincia”, lembraron, ao tempo que esixían a dimisión de Tomas Fernández Couto, director Xeral de Ordenación e Produción Forestal.

Critican que máis da metade das motobombas de Verín e Valdeorras non funcionan


VERIN E COMARCA

Comeza a vendima na comarca de Monterrei 4 Once técnicos, formados pola D.O. e a EVEGA, controlarán a recollida e calidade da uva. Redacción O Consello Regulador da D.O. Monterrei e a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA) colaboraron na formación de 11 técnicos, cuxa contratación autorizou recentemente o pleno da Denominación de Orixe para a tempada de vendima. Os técnicos foron recibidos o pasado 14 de setembro nas dependencias do Consello Regulador polo novo presidente da entida-

Agárdase recoller tres millóns de quilos de uvas

de, José Antonio da Silva Pereira, quen destacou que o seu traballo vai ser “fundamental para o control e a ordenación da viticultura na zona” durante as próximas semanas. De seguido, o grupo recibiu formación específica para as tarefas encomendadas por parte de Luís Miguel López, director técnico da D.O. Monterrei. A formación completouse ao día seguinte nas dependencias da EVEGA, onde os 11 técnicos de vendima coñeceron directamente as diferentes variedades de uva (autorizadas e preferentes) da comarca. Vendima 2016 Este 17 de setembro deu

comezo a tempada de vendima na comarca de Monterrei, cun lixeiro atraso de máis dunha semana con respecto ao ano pasado debido, principalmente, ás choivas rexistradas na pri-

mavera e ás altas temperaturas do verán. As previsións dos técnicos do Consello Regulador sinalan que nesta campaña poderían recollerse na comarca por enriba dos tres millóns de quilos de uva. As primeiras adegas pertencentes á D.O. en iniciar as tarefas de recollida de uva foron Castro de Lobarzán, situada en Vilaza, e Crego e Monaguillo, de Salgueira de Monterrei.

A vendima comezou cunha semana de retraso./DO.

Barrios Setembro de 2016

4 Asunción Rodríguez deixa a

Presidencia da D.O. Monterrei Asunción Rodríguez Zarraquiños vén de cesar nas súas funcións como presidenta do Consello Regulador da D.O. Monterrei por motivos persoais. Recentemente, Asunción Rodríguez comunicou a súa decisión á conselleira de Medio Rural e o pasado 7 de setembro informou da mesma ante o pleno da entidades A renuncia fíxose efectiva o venres 9, dado que o xoves tiña xa previsto o que sería o seu último acto como presidenta: un evento promocional dos viños da comarca na Casa de Galicia en Madrid, cuxa presenza estaba comprometida desde varias semanas atrás. A Presidencia en funcións do C.R.D.O de Monterrei foi asumida polo actual vicepresi-

José Antonio da Silva, o novo presidente./DO. dente do organismo, José Antonio da Silva Rodríguez, responsable de Vinos Lara, unha das 25 adegas integradas na denominacion de oirxe.

Concurso de ideas para a reordenación da contorna da Igrexa Santa María 4 O proxecto dotará a vila dunha nova praza de 2.500 metros cadrados. Sinatura do convenio entre o Concello de Verín e a Diocese de Ourense./CdV. Redacción O alcalde de Verín, Gerardo Seoane, asinou o pasado 2 de setembro un convenio de colaboración coa Diocese de Ourense para realizar un concur-

so de ideas, enfocado a arquitectos, co obxecto de ordenar a contorna da igrexa Santa María a Maior de Verín, para dotar á vila dunha nova praza de, aproximadamente, 2.500 metros cadrados,

similar en dimensións á de García Barbón. Concurso O concurso de ideas, que se convocará en breve, outorgará un premio de 15.000 euros ao

proxecto gañador e dous accésits de 5.000 euros cada un. O Concello destinará un total de 61.230 euros para as obras de adecuación da contorna da Igrexa Parro-

quial e a apertura de acceso peonil á rúa Aduana, que tamén está incluído o concurso de ideas para esta zona do casco vello verinés. “O que queremos é poñer en valor a igrexa,

buscar unha vía de comunicación entre a rúa Maior e a Alameda xunto con outros puntos de unión ao redor da igrexa e a praza de García Barbón”, explicou Seoane.


Barrios Setembro de 2016

O festival de curtas busca voluntarios Redacción

A I edición de VIA XIV - Festival Internacional de Curtametraxes de Verín busca voluntarios que queiran colaborar con este certame, que terá lugar do 5 ao 11 de decembro na vila do Támega. Os interesados en formar parte da preprodución e do desenvolvemento do festival como voluntarios teñen que ser maiores de 18 anos e poden enviar xa a súa solicitude á organización, mediante o cuestionario que se atopa na web oficial do evento: http:// ficverin.com/es/voluntarios/. Os seleccionados recibirán un certificado que acredite a súa participación. Os voluntarios formarán parte do equipo do certame, participarán de forma altruísta nas tarefas propias da posta en marcha e o desenvolvemento da actividades e, ao mesmo tempo, poderán aprender e compartir con outras persoas a paixón pola sétima arte e o compromiso social. A organización necesita persoas para tarefas específicas de Prensa e Comunicación, Redes Sociais, Coordinación de Invitados, Xestión e organización de material e Produción e para traballos de carácter xeral. Para ser partícipe e colaborar no VÍA XIV non é necesario ningún tipo de requisito, nin ter experiencia previa, tan só ser unha persoa predisposta e amante do cinema que queira colaborar no certame. Recepción de traballos Doutra banda, o VÍA XIV, Festival Internacional de Curtametraxes de Verín, mantén aberta ata o 31 de outubro na súa web (www.ficverin.com) a inscrición de obras, que poderán participar nunha das tres seccións a concurso: Fronteiras, Emigración e Entroido. O certame repartirá 6.000 euros en premios.

VERÍN E COMARCA

Chega unha nova edición da Pasarela Verín de Moda 4 Será o 24 de setembro ás 19:30 hora no Pavillón Municipal de Deportes. Redacción A Asociación de Comerciantes de Verín (AEVER), co apoio do Concello, a Xunta e a Deputación, organiza o próximo 24 de setembro, ás 19:30 horas no Pavillón Municipal de Deportes, a “Pasarela Verín de moda 2016”. Á presentación acudiron o presidente de AEVER, Santos Álvarez e o xerente do colectivo, Xosé Ángel Rodicio e Manuel Varela, xerente da empresa organizadora, a Axencia Luena. O xerente de AEVER, Xosé Ángel Rodicio, destacou que este evento “é un apoio ao sector do comercio ca finalidade de concienciar e motivar ó conxunto da cidadanía sobre a importancia económica e social do comercio na nosa vila, que é sen lugar a dúbidas un dos principais motores da economía local”. Este evento trátase dun desfile de moda, cun alto

O Concello de Verín prepara a reforma da Estrada de Laza 4 Inclúe un carril bici urbano de máis dun quilómetro. Redacción

Presentación da Pasarela Verín de moda 2016. carácter escénico, no que se amosarán distintas coleccións. No evento participarán modelos profesionais e figuras do panorama actual, especialmente galegos, e artistas nacionais. A participación de marcas, casas, deseñadores e comerciantes de renome, fará deste evento un acto altamente desexado e agardado ano tras ano, que dinamizará o mes de setembro, o mes elixido por ser o cambio de tempada para o comercio, e un mes

ao que se lle quere dar protagonismo de cara ao reclamo turístico e a actividade comercial. Nesta edición a presentación correrá a cargo da actriz viguesa Diana Nogueira e actuará o cantante Hugo Torreiro (participante do programa “La Voz”).

Participarán marcas de renome

O Concello de Verín procedeu a executar a derriba de dous inmobles situados no número 15 da Estrada de Laza. Esta actuación permitirá o inicio das obras de reforma deste importante viario que dá acceso ao complexo hospitalario de Verín, e é un dos máis transitados da vila. O orzamento total desta obra supera os 300.000 euros, nos que

se inclúen a creación do primeiro carril bici urbano de máis dun quilómetro da provincia. Así mesmo, contempla a supresión dos aparcamentos en batería, que foron sinalados nun informe como os principais desencadeantes da siniestralidade viaria nesta zona, o saír á vía os turismos marcha atrás. Tamén se creará un bulevar para o tránsito peonil e se ampliarán as beirarrúas, separadas dos carrís do tránsito rodado.

Derrube de inmobles na Estrada de Laza.


VERÍN E COMARCA

Barrios Setembro de 2016

O IES García Barbón elabora unha guía do estudante No comezo do curso 2016/2017 o IES García Barbón realizou un esforzo para elaborar unha Guía do estudante que permita posuír a información básica sobre o funcionamento do centro e os servizos que ofrece. A “triple” guía facilita a información mediante unha versión web, unha app para móbil creada

pola profesora Carmen Bretaña Quintana no curso 2015/2016 e un caderno en papel. O material está dispoñible na web do instituto: www.iesgarciabarbon.es/. Becas O instituto de Verín tamén informa da convocatoria de becas para estudar neste curso. Os estudantes

que poden solicitar beca son os de 1º e 2º de Bacharelato, ciclos formativos de grao medio e superior, formación profesional básica e Escola Oficial de Idiomas. O prazo para realizar a solicitude –mediante formulario online- remata o día 3 de outubro de 2016. Haberá que cumprir requisitos económicos e aca-

démicos específicos. Programa Erasmus + Catro profesoras e un profesor do IES García Barbón visitan entre o 19 e o 23 de setembro Finlandia para realizar un programa formativo de colaboración no ámbito dos estudos de formación profesional (Coidados auxiliares de Enfermaría). Posteriormente, no mes de marzo de 2017 o centro educativo contará coa presenza en Verín de estudantes e profesorado de Finlandia.

Profesores do IES García Barbón do programa Erasmus + en Finlandia e a guía do estudante

Os mananciais verineses recibiron 8.052 visitas na campaña estival 4 A promoción da ruta recibiu 30.000 euros. Redacción A campaña estival de promoción da Ruta termal e da auga transfronteiriza Verín-Chaves-Vidago, promovida pola Eurocidade Chaves-Verín, rexistrou do 1 de agosto ao 10 de setembro mais de 50.000 visitas aos seis mananciais deste destino transfronteirizo (Cabreiroá, Fontenova, Sousas, Fonte do Sapo, Chaves e Vidago). Verín recibiu un total de 8.052 visitas aos mananciais, das cales, 3.120 corresponderon a Cabreiroá, e 2.405 a Sousas e 2.507 a Fontenova. Do total, un 37 %

das visitas corresponderon a turistas de fóra de Galicia e Norte de Portugal. Pola súa banda, a área de Chaves-Vidago aumentou considerablemente o número de termalistas contabilizando un total de 47.864 visitas, dos cales 3.891 eran estranxeiros,”. A AECT Eurocidade Chaves-Verín investiu un total de 30 mil euros na promoción da ruta, contratando promotores para informar e dispensar as augas; formación especializada; acondicionando os mananciais, en especial os de Fontenova e Sousas; en campañas de publicidade e materiais divulgativos e nos “kits do agüista”. Un investimento, financiado

ao 75% con fondos europeos Interreg que supón un alto retorno económico para o destino, dado o elevado número de visitas rexistradas no conxunto das tres vilas termais históricas (Verín, Chaves e

Vidago) que compoñen o destino transfronteirizo. Promoción ata outubro A Eurocidade manterá aberta ata o 30 de outubro a súa promoción “sela o pasaporte do agüista/termalista e converterte en embaixador das augas da eurocidade”. Entre os embaixadores, isto é, os que realicen a ruta por todas as fontes selando o seu “pasaporte”, sortearase a finais de ano unha estancia termal no destino Chaves-Verín.

O manancial de Fontenova foi reaberto recentemente.


Barrios Setembro de 2016

Comeza o servizo de conciliación Érguete no CEIP Princesa de España

OURENSE PROVINCIA

A matrícula de infantil cae un 2,4% 4 Ao redor de 29.400 estudantes comezaron o curso nos centros educativos ourensáns.

Redacción Comezou a funcionar o servizo Érguete que o Concello de Verín oferta durante o curso escolar no CEIP Princesa de España. Devandita iniciativa persegue a conciliación da vida persoal, familiar e laboral. En concreto, Érguete permite que os menores estean atendidos por coidadores no espazo temporal que transcorre dende que as nais e os pais comezan a súa xornada laboral, ata o comezo do horario escolar. Este servizo préstase de momento exclusivamente no colexio Princesa de España, un centro público que acolle un 45% de menores de etnia xitana, familias numerosas que se dedican á venda ambulante polas distintas localidades da provincia. Tamén é un centro onde existen bastantes casos de servizos sociais, e é o único centro escolar público verinés que oferta comedor escolar e ao ter horario partido facilita que nais e pais poidan traballar. A implantación deste programa foi unha demanda exposta fai tempo por moitas familias de orixe inmigrante que tampouco teñen apoios familiares para conciliar, e pola poboación de etnia xitana. Con él trabállase, ademais, para evitar o absentismo escolar e o abandono prematuro da escola.

Redacción Preto de 19.000 alumnos de educación infantil, primaria e especial, comezaban o luns 12 de setembro o curso nos 97 centros educativos da provincia. Tres días despois, case 10.400 estudantes de ESO, bacharelato e ensinanzas de réxime especial regresaban ás aulas doutros 70 centros públicos, concertados e privados de Ourense. Nestes totais non se contempla o alumnado de FP, ensinanzas nas que aínda é posible matricularse e nas que a Consellería estima que haxa, no conxunto de Galicia, un incremento de alumnado do 2,1% con respecto ao curso pasado. Estudantes por etapa En concreto, en infantil hai este curso matriculados 5.790 alumnos, un 2,4% menos que no curso 15/16, un descenso derivado da progresiva caída da natalidade na nosa provincia. Na comarca de Monterrei estudarán 428 cativos, na comarca da Limia 324 , na de Allariz-Maceda, 201, e na de Terra de Celanova 170. No resto de etapas educativas a cifra de matriculados mantense similar á do curso anterior, á espera dos datos definitivos. Así, en educación

A xefa territorial de Educación Mercedes Gallego e a secretaria territorial da Xunta en Ourense, Silvia Dorado, inauguraron o curso escolar no CEIP Princesa de España.

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, nunha aula do IES Lagoa de Antela./R.T.. primaria son 12.942 os escolares matriculados. 961 farano en centros educativos da comarca de Verín , 697 en colexios da Limia, 500 nos da comarca de Allariz-Maceda e 416 en Terra de Celanova. Tamén comezaron xa as clases os 131 alumnos matriculados en educación

especial, dos que 88 optaron por centros públicos e os 43 restantes por centros privados con concerto. 5.706 alumnos estudarán a ESO en centros públicos da nosa provincia, 2.891 en centros concertados e 198 en centros privados, mentres que no caso de Bacharelato, están matri-

culados 2.396 estudantes en institutos públicos e 600 en centros privados. En ensinanzas de réxime especial (ensinanzas de adultos, artísticas e deportivas), son 1.306 os alumnos na provincia de Ourense, xunto a 904 que cursan estudos en Conservatorios de Música.

Visitas das autoridades educativas O CEIP Princesa de España de Verín recibiu, na xornada de apertura do curso, a visita da secretaria xeral da Xunta en Ourense, Silvia Dorado, que percorreu as instalacións do centro, acompañado polo director e o equipo docente do colexio, e a xefa territorial da Consellería de Cultura e Educación, Mercedes Gallego. Mentres, o instituto Lagoa de Antela de Xinzo era visitado, días despois, polo conselleiro de Educación Román Rodríguez aproveitou a visita ás instalacións deste centro para darlle a benvida aos seus 408 alumnos na súa primeira xornada lectiva, así como para comprobar as actuacións levadas a cabo pola Consellería nas súas instalacións de cara a este curso. Neste instituto leváronse a cabo obras por un importe de case 33.000 euros, que permitiron instalar unha pasarela de acceso ao edificio principal así como melloras no tellado do edificio de secundaria, que xa está rematada; e a impermeabilización das fachadas dese mesmo edificio, que se rematará este mesmo mes pero que, tal como subliñou o conselleiro, non interfire para nada no desenvolvemento do curso.

Hai 5.790 escolares en infantil, 12.942 en primaria, 5.706 en ESO e 2.996 en Bacharelato


PUBLICIDADE

Barrios Setembro de 2016


Barrios Setembro de 2016

OURENSE PROVINCIA

Desde 2008 a poboación moza de Ourense reduciuse nun 15% 4 Segundo datos da análise socioeconómica da provincia realizada pola CIG. Paula Lodeiro O sindicato CIG vén de facer pública unha análise socioeconómica da provincia de Ourense que amosa datos “demoledores”. Un estudo elaborado pola economista Natividad López baseado en datos e estatísticas oficiais que recolle, por exemplo, que a provincia perdeu desde o ano 2008 o 5% da súa poboación, unha perda de poboación que entre os menores de 35 anos sobe ata o 15%. Un saldo vexetativo negativo ao que se lle sumou nos últimos anos un saldo migratorio tamén negativo están detrás desta realidade. A responsable de Economía da CIG non conclúe se a perda de poboación “´ten efectos ou é consecuencia do mercado de traballo”, pero as estatísticas laborais de Ourense tampouco son boas. Así, desde 2009, caeu un 6% a poboación activa (entre menores de 35 anos a perda foi do

Etelvino Blanco e Natividad López, da CIG./P.L. 24%), baixou un 22,7% a poboación ocupada , e, pola contra, desde o inicio da crise aumentou un 200% a poboación parada. A crise tamén afectou á calidade do emprego na nosa provincia. Así, Natividad López salientou o dato “histórico” dos 67.236 contratos asinados en Ourense no último ano, dos cales o 91% foron temporais e “o 21,7% non chegou á semana de duración”. Un dato que ten consecuencias nos ingresos dos traballadores, pois o salario medio baixou un 2,9% desde o 2008, isto

é, 487 euros. Salario medio anual A sindicalista chama a atención no feito de que o único tramo de asalariados que crece no período 2009-2014 é o daqueles que perciben entre 0 e 0,5 veces o salario mínimo interprofesional (SMI). Isto é, en 2014 houbo en Ourense 19.221 persoas (o 19,2% do total de asalariados) cun salario medio anual de só 1.865 euros. Outros indicadores negativos que recolle o informe da CIG é o dato

da pensión media en Ourense, a máis baixa de Galicia (643,93 euros ao mes) ou o incremento da concesión de RISGAS e de axudas de emerxencia social, que se duplicaron nestas anos de crise. Amáis, perdéronse un 4,8% das empresas que había na provincia, e das que quedan, o 64,2% non tiñan asalariados no ano 2014 (se engadimos as que tiñan un único empregado, a cifra sobre ao 86,3%). O secretario xeral da CIG en Ourense, Etelvino Blanco, cre que os datos debuxan unha situación de “emerxencia total”, froito “dunha política económica con respecto á provincia de Ourense nefasta”. “É a herdanza que nos deixa Feijóo”, recalcou.

“A poboación activa caeu un 6% e a ocupada un 22,7%

92 millóns de superávit na industria agroalimentaria 4 Datos do Observatorio Económico da Deputación. Redacción A industria agroalimentaria da provincia xera 92 millóns de euros de superávit comercial, significándose como actividade clave da economía ourensá. Así o reflicte o último estudo do Observatorio Económico Ourensán que elabora a Deputación Provincial. O último informe do Observatorio analiza o sector agroalimentario e reflicte que este sector move a quinta parte das exportacións totais da provincia de Ourense e supera os 150 millóns de euros en volume de negocio exterior. A suma da agroalimentación e da elaboración de bebidas sostén máis da cuarta parte (27,3%) de todo o sector industrial da provincia. Segundo o estudo, o sector agroalimentario ourensán atópase “en plena fase expansiva”

e está a reforzar o seu rol como “actividade básica, estratéxica e avanzada”. Estas conclusións baséanse no superávit comercial, na dimensión que ten sobre o comercio exterior, na contribución á creación e ao mantemento de emprego (8.330 postos de traballo, incluíndo agricultura e silvicultura), e no voluminoso censo de empresas (587, o que significa que impulsa o 27,3% do sector industrial da provincia). Forte especialización Unha das trazas da industria agroalimentaria ourensá é a forte especialización e a moi elevada concentración. O 74% das empresas teñen como foco de negocio a fabricación de produtos de panadería e pastas alimenticias. Síguenlle as industrias de procesamento, elaboración ou conservación de produtos cárnicos, que acadan o 13% de representatividade.


ELECCIÓNS 25-S especial

Entrevista a Marisol Díaz, nº 1 da lista do Partido popular por Ourense

“Hai dous camiños: ou o proxecto estable do Partido Popular ou o lío” 4 A candidata cre que o traballo desenvolvido nestas dúas lexislaturas é o mellor aval para un terceiro goberno popular na Xunta. Paula Lodeiro Marisol Díaz Mouteira (Alemaña, 1967), licenciada en Dereito, e funcionaria do Corpo Superior da Xunta de Galicia. Dende o ano 2003 ocupou diversos cargos representando ao Goberno galego na provincia de Ourense. Vostede non é novata en política, pero si é a primeira vez que encabeza unha candidatura, cambia moito a situación? Marisol Díaz: “Moito, ata agora me confiaron distintas responsabilidades xa no goberno de Fraga e no 2009 con Alberto Núñez Feijóo, finalmente na Delegación da Xunta en Ourense. Nesa etapa que fixo Marisol? Traballar e sacar adiante as responsabilidades que en cada momento se me deron. E agora encabezar a candidatura por Ourense non pode ser máis que unha honra para min e unha tremenda responsabilidade. Calquera dos compañeiros que van comigo na lista estamos a traballar por facer chegar o programa no que nós cremos a todos os ourensáns pero como cabeza de lista tes unhas responsabilidades un pouco máis grandes, paseando máis a provincia, chegando a máis xente. É unha gran responsabilidade pero fácil porque vivín os tremendos esforzos que durante estes anos tivemos que facer, nesta segunda lexislatura de 2012 xa fomos camiñando un pouquiño mellor, podendo chegar a máis. Desde a xestión pública que levo facendo estes anos creo que a transmisión da mensaxe do PP éme máis sinxela”. O PP de Ourense non necesita facer campaña? M.D.: “Non, non, por suposto que si”. Dígoo polos resultados que lles dan as enquisas. M.D.: “O PP non traballa segundo vaian as enquisas. Aquí empézase a traballar desde a mañá cedo, repartíndose os actos do día entre todos os compañeiros e recorrendo a provincia

sen descoidar ningún rincón para trasladar a nosa mensaxe e o noso traballo. Temos os votantes do PP pero temos que aspirar a máis, pedirlle a máis xente que nos dea a oportunidade de seguirlle demostrando que temos uns feitos e unhas realidades e queremos seguir avanzando”. Que destaca da xestión do PP nestes 8 anos de goberno como positivo para Ourense? M.D: “No noso programa está todo detallado, o balance do que se fixo e o que queremos seguir facendo. Chegamos en 2009 cunha situación caótica e eu vivino en Educación, cunha crise económica que non recordamos outra parecida, e cada vez que tiñamos unha reunión en Santiago a pregunta era como podíamos afrontar esa situación tan crítica porque cada vez que abríamos un caixón había facturas sen pagar. Houbo moitos esforzos e dos propios galegos e galegas; moitos desvelos, para poder chegar a todo, para poder cubrir as políticas sociais, o benestar, a sanidade e educación; traballamos moito. No 2012 a situación quizais foi mellorando, empezáronse a ver os froitos destes esforzos que fixeramos antes, empezáronse a abrir ese camiño de recuperación, e así queremos seguir. Temos un balance importante e os feitos están aí. Investiuse en sanidade, un feito innegable é a ampliación do complexo hospitalario, o centro de saúde do Couto, o que se está construíndo en Barbadás, os que se van construír en Paderne de Allariz, en Pontedeva. En centros escolares só neste verán 89 centros educativos foron obxecto de mellora, un novo edificio xudicil; son 22.000 prazas de escolas infantís que hai neste momento, superamos a media europea. Insistimos, en educación, que sempre nos falan de recortes, temos a maior ratio de profesores por alumno. Pódoche seguir enumerando proxectos sociais, a tarxeta benvida que agora anunciou o presidente que se ía alongar ata

Barrios Setembro de 2016

quebra. Agora hai dous camiños: ou o proxecto estable do PP para o que precisamos esa maioría suficiente para gobernar, ou o lío, o outro día o vimos no debate, todos contra Feijóo. Outra diferenza: nós temos un programa que podemos cumprir desde as 12 e un minuto do 26 de setembro, sen embargo ao que temos enfronte, ese multipartito, vailles levar uns días, meses, que parte de cada programa de quen se vai levar a cabo. Os que teñen programa porque hai algúns que aínda non o coñecemos. Iso vai paralizar Galicia durante moito tempo”. Volvendo ao programa, que previsións de investimentos ten o PP para a provincia de Ourense? M.D.: “Está pendente a conexión da A-52 co polígono de San Cibrao, e seguiremos escoitando as necesidades de cada un dos concellos, como fixemos ata agora, de infraesturas, de saneamento, de abastecemento, de mellora de camiños, etc. Falaba tamén o presidente dun novo balneario para Ourense para explotar o noso potencial termal, e ese parque acuático para potenciar o complexo de Monterrei”.

os tres anos, o bono concilia, o bono coidado. Algo novidoso que o presidente veu de anunciar que é a Galicia 0-35 un paquete de medidas dirixidas á poboación de 0 a 35 anos. Imos axudar a aqueles sitios que non teñen un punto de atención á infancia ou unha escola infantil coas casas-niños, que eu creo que é o proxecto estrela no ámbito de políticas sociais”.

facendo desde o minuto un. Que pasa? Que ao mellor neste último ano concentrouse máis. Táchannos de electoralistas pero porque ata agora fomos investindo pero con certa contención, foise cumprindo co déficit e o resultado foi que houbo un fondo de superávit co que se nos premiou por cumprir coas contas. Ese fondo de superávit ten que reverter nos galegos e nas galegas e é o que se está facendo”.

E en políticas de emprego? M.D.: “Neste momento Galicia está a crecer e a crear emprego. Que temos que seguir mellorando? Evidentemente. Hoxe temos case 84.000 parados menos, baixamos desde o ano 2009 dos 200.000 parados, o paro xuvenil baixou ao redor do 15%. Iso non é dicir que nos conformamos, queremos seguir mellorando. Queremos seguir coa captación de talento. Hoxe 2.500 investigadores están facendo investigación con axudas da Xunta. Queremos seguir reforzando a Formación Profesional adaptándoa ás necesidades de cada contorno e do que a sociedade vai demandando. Tamén se vai seguir axudando aos novos autónomos, e ás embarazadas autónomas coas cuotas da Seguridade Social que se lle financiarán”.

Por que non se implementaron antes estas medidas? Porque os datos demográficos e socio económicos de Ourense non son bos... M.D.: “Desde o 2009 levamos traballando nisto: as axudas cando non había prazas de infantil, as melloras en colexios, en infraestruturas xudiciais fixéronse ano tras anos… estas medidas dentro das posibilidades que tiñamos e do que había viñéronse

Que escenario político se plantexa o PP tralo 25S? M.D: “Será o que os ourensáns e as ourensás queiran, é dicir, que dúas posibilidades hai? Seguir polo camiño da prosperidade, da recuperación, cun proxecto estable, sólido e forte que é o do PP ou por outro lado o que entendemos que pode ser un lío, un multipartito; e insisto, eu volvín a un goberno despois dun bipartito que nos levou case á

Por que deberían os ourensáns votar o PP nestes comicios? M.D.: “Creo que o PP nestas dúas lexislaturas falou con traballo, a frase que máis me gusta é a que encabeza o noso programa electoral: o noso discurso é o noso traballo. Non é un eslogan, dígoo porque o creo e o aplico no día a día. Cun proxecto estable, unido e forte, e cun programa que se cumplirá desde o minuto un”.

Marisol Díaz pasa de delegada da Xunta en Ourense á cabeza de lista do Partido Popular pola provincia./P.LODEIRO.

“O noso discurso é o noso traballo; nón é un eslogan, dígoo porque o creo e o aplico no día a día”, explica Díaz Mouteira


10

Barrios Setembro de 2016

especial ELECCIÓNS 25-S

Entrevista a Noela Blanco, nº 1 da lista do PSdeG-PSOE por Ourense

“Temos propostas novas para unha provincia que leva anos lanzando un SOS” 4 A candidata socialista cre que os electores valorarán a solvencia e a experiencia do seu partido por enriba das discrepancias internas. Paula Lodeiro Noela Blanco (Ourense, 1980) é licenciada en Ciencias Ambientais, e está a estudar pola UNED Ciencias Políticas. Traballou como técnica en prevención de riscos laborais en Sogama ata 2015, cando pediu a excedencia forzosa para entrar como deputada no Parlamento galego relevando a Pachi Vázquez. Xa foi deputada co PSdeG, pero é un cambio importante ir de nº 1 da lista? Noela Blanco: “É unha grande responsabilidade ser a cabeza de lista e máis dun partido como o PSdeG coa historia que ten, e coa cantidade de anos de goberno que tivo na historia deste país. A primeira vez que concurrín nunha candidatura foi nas eleccións anteriores; cheguei ao parlamento hai pouco máis dun ano e accedín hai tres ou catro meses á dirección do grupo parlamentario socialista. Todo é moi vertixinoso pero estou moi satisfeita e ilusionada”. A elaboración das candidaturas socialistas non estivo exenta de polémica, houbo diverxencias internas… vai influir iso negativamente no seu electorado? N.B.: “Penso que ao final a cidadanía o que valora á hora de meter o seu voto na urna son as propostas de cada organización política, a solvencia que teñen e tamén é fundamental a experiencia. Nós agora mesmo gobernamos en 100 concellos en toda a

comunidade autónoma, temos tres deputacións, tivemos os gobernos de Laxe e de Touriño, gobernamos a nivel estatal en varias ocasións e iso é o que nos dá precisamente solvencia, a experiencia. Sendo certo que cometemos erros porque hai que recoñecelo. A respecto do que comenta, son diferentes opinións, eu encáixoo así; se nunha familia onde hai catro membros hai diferenzas sobre como organizar unha casa pois imaxínate nunha organización política como a nosa que na provincia de Ourense ten máis de mil militantes”. Entón está satisfeita do apoio que está recibindo do partido na provincia? N.B.: “Por suposto, toda a candidatura se sinte arroupada polos militantes, estámolo vendo cando imos a todos os sitios da provincia, a xente nos dá o seu apoio, nos dá folgos para continuar. A nivel persoal teño que dicir que ter sido a máis votada pola militancia é tamén un respaldo extra”. Que propostas inclúe o programa do PSdeG para reverter os problemas da provincia? N.B.: “Temos un gravísimo problema demográfico que necesita actuacións urxentes, un plan que desde logo xa anunciou o noso candidato á Xunta que é a creación de 10.000 postos de traballo de mozos e mozas; moitos que tiveron que abandonar a provincia e que os necesitamos para volver converter o noso medio rural en algo potente. Estamos nunha provincia onde hai moití-

Noela Blanco encabeza a candidatura socialista por Ourense./P.L.

“Sempre tendemos a man a outras forzas de esquerda para chegar a acordos; pero non imos facer cábalas antes, saímos a gañar” simos recursos que teñen que ser potenciados. Na cidade, queremos que a estación intermodal sexa unha estación digna, que non sexa un pendello que é no que o quere converter o PP, e unha verdadeira conexión entre o tren e o autobús. Hai que poñer en marcha con medidas concretas o plan estra-

téxico de termalismo de Ourense; é fundamental a rehabilitación do casco histórico da cidade; e no medio rural levamos unha proposta importantísima que é a creación de 2.500 prazas para profesores, pois vimos asistindo nestes últimos anos ao peche de escolas rurais e a unha redución tremenda de mestres. Outra medida é a gratuidade

dos libros de texto, volver a aquel servizo de préstamos que era fundamental para moitas familias”. E como se financiarían estas medidas? N.B.: “É certo que non pasamos o mellor momento económico, e que herdaríamos un goberno que presume de boa xestión e que ten un grandísimo déficit, pero tamén hai maneiras de conseguir ese orzamento. Nós centrámonos principalmente nos fondos europeos pero nunha verdadeira execución, non como ten acontecido nos derradeiros anos onde Galicia sitúase á cola da execución deses fondos. Hai que perseguir o fraude fiscal, e o imos facer con especial intensidade, algo que o Partido Socialista leva defendendo desde sempre que é quen máis ten é o que máis impostos pague. A raíz destas medidas imos conseguir recadar o suficiente para poñer en marcha as nosas propostas”. Que liña vermella pon o PSdeG para pactar un goberno alternativo, de darse o caso? N.B.: “Tanto o PSOE coma o PSdeG sempre tenderon a man a outras forzas de esquerda para chegar a acordos, o diálogo foi sempre unha bandeira do socialismo. A verdadeira enquisa é o día das eleccións e unha vez que pase é probable que teñamos que sentarnos a falar pero non imos facer cábalas antes, nós saímos a gañar estas eleccións, con moitísima forza e ilusión”. Por que os ourensáns deberían votar ao PSdeG o 25S? N.B.: “Porque temos propostas novas para unha provincia que leva anos lanzando un SOS, non soamente polo despoboamento senón por ser unha provincia esquecida. Nós durante moitos anos xeramos riqueza e conseguimos o benestar, non soamente a nivel estatal, senón a nivel provincial. Porque pensamos nas persoas e porque a nosa prioridade é o mantemento do estado de benestar”.


ELECCIÓNS 25-S especial

Entrevista a Ánxeles Cuña, nº 1 da lista de En Marea por Ourense

“Espero que a xente que ama Ourense e necesita alternativa, sinta isto como unha oportundidade histórica” 4 Convencida de que En Marea é a mellor alternativa, a dramaturga ve este comicios como a oportunidade para unha transformación real. Paula Lodeiro Ánxeles Cuña (Pontevedra, 1957) leva case catro décadas en Ourense, compaxinando teatro e ensino, e agora dá o salto á política para liderar a lista ourensá de En Marea. Por que deu este salto á política? Ánxeles Cuña: “Porque teño conciencia, primeira cuestión, e segunda cuestión, sei o que deixo, o teatro que é a miña paixón, o ensino, que é a miña vocación, e decido ser activa nisto porque creo que podo constribuír co meu grao de area. Creo que En Marea é a mellor alternativa, senón non me metería. Creo nos dereitos humanos, na democracia participativa real; e desde un punto de vista igualitario, desde o social, desde a xustiza, eses son os motivos imperiosos. Porque ademais Ourense é a provincia máis pobre de España e a min paréceme que non somos pobres nin en xente nin en talento, somos pobres porque estamos abandonados, é un abandono tan grande que hai que loitar e remar para que isto se transforme”. Que diferenza a En Marea doutras opcións políticas? A.C.: “En Marea é unha confluencia e isto para min é unha riqueza, En Marea esté composta por xente de partidos, de sindicatos, de movementos sociais, por xente diversa e plural, creo que a sociedade é diversa e plural. Isto que para moitos pode ser un problema eu estou vendo un nivel de comunicación extraordinario. Ademais hai moi bos e boas profesionais en todos os sectores. Unha diferenza grande é que non é un proxecto de arriba abaixo, é de abaixo a

arriba, a xente está facendo achegas ao programa. Obxectivo prioritario que non hai noutros partidos é priorizar cuestións cruciais como a pobreza, o equilibrio, a defensa da xente que máis o necesita, dar voz a quen non a ten, isto é un elemento diferenciador. Outro: fronte á opacidade, enfocar a política para lucrarse ou para ascender, aquí o obxectivo claro é a cidadanía. Que o protagonista real do parlamento sexa a cidadanía e para iso temos un nivel de escoita, de recepción, de democracia real moi importante. Outro nivel moi vital é a defensa do noso, enfocar a política dende a xustiza social significa facer políticas de proximidade, políticas sociais realmente efectivas, moi pragmáticas, darlle importancia non só ás cidades senón o rural, loitar pola dignificación laboral. É sangrante a cantidade de xente que ten que emigrar, entre os 25 e os 45 é unha auténtica sangría, esa xente non pode formar familias nin traballar… todas estas cousas son elementos diferenciais. As políticas sociais son prioritarias. Diante do desmantelamento da educación e da sanidade, do desmantelamento brutal da cultura, da falta de protección das mulleres, as nosas políticas son moi claras e directas e están enfocadas a facer planos, cambiar leis…” Que propostas concretas ten En Marea para reverter os problemas da provincia? A.C.: “Por exemplo, a nivel de ensino, nós plantexamos a igualdade de dereitos, vivas onde vivas; plantexamos a paralización da Lomce, non é xusto que haxa nenos de primeira e segunda. A nivel de sanidade, as medidas van ao público, a defender

En Marea leva de candidata en Ourense a Ánxeles Cuña/P.L.

“En Ourense non somos pobres nin en xente nin en talento, somos pobres porque estamos abandonados”, opina Ánxeles unha asistencia para todos. A nivel de servizos sociais, en Ourense de 300.000 habitantes, cento e pico mil están na franxa da pobreza, hai que tomar medidas concretas. Que se está facendo no municipalismo? Á xente que non lle chega a RISGA, facer un complemento. Se arde perdemos 7.000 hectáreas só en Ourense nas dúas últimas semanas, iso é gravísimo para a gandeiría, hai que atender a demanda desa xente. As cotas

lácteas, que a xente estea vendendo por debaixo dos niveis de produción… isto é abandono dunha provincia riquísima. Estratexias concretas? Necesitamos políticas de proximidade, apoiar os produtos nosos, e potenciar esas producións, arroupar aos emprendedores, ás pemes, arroupar con políticas coherentes toda esa riqueza que temos. Non estamos á cola porque si, estamos a cola polo abandono, non porque non haxa riqueza.

Barrios Setembro de 2016

11

Queremos unha política económica equitativa, solidaria, igualitaria. E iso como se pode facer? Con planos, freando esta sangría da xente que é cobizosa, que mira polo seu embigo, mirando para a nosa xente, permitindo que a nosa xente nos traslade as súas demandas”. Polo que din as enquisas, parece que a alternativa ao PP pase por un pacto entre partidos. Cales serán as liñas vermellas para En Marea? A.C.: “En Marea é dialogante e podemos chegar a un entendemento, e hai moitas cousas en común. As previsións? Non o sei, hai enquisas por aí… quen ten a palabra é a cidadanía e hai moita xente desexando ter unha alternativa diferente, porque xa está farta, ata as orellas de que os políticos non se entendan, non traballen a prol da xente. Creo que aquí, a diferenza do que está pasando en Madrid, na nosa Comunidade pode haber un acordo que nos saque desta miseria na que estamos vivindo”. Por que deberían os ourensáns votar a En Marea o 25 de setembro? A.C.: “Porque é unha alternativa sólida, porque están claros os obxectivos e as metas, porque creo que a xente necesita confiar na xente coma ela, xente honrada. Eu son consciente de que hai moito desencanto, a política está moi denostada, tense o concepto de que os políticos van aí para trepar, para enchufar os amigos e saír por unha porta xiratoria. A diferenza grande é que temos un código ético que nos leva a non ter un salario máis aló de tres veces o salario básico, temos o compromiso de dar conta, temos o compromiso da participación real, de que nos pidan contas e de dalas. Eu convido a que a xente confronte os programas e mire se realmente satisface os seus intereses ou non e se merecemos unha transformación. Eu espero que a xente de Ourense que ama a cidade e a provincia, toda esa xente que necesita alternativa, que sinta isto como unha oportunidade histórica, como unha cita coa transfromación real e se ven que non o facemos ben que pidan contas e que marchemos”.


12

Barrios Setembro de 2016

especial ELECCIÓNS 25-S

Entrevista a Noa Presas, nº 1 da lista do BNG por Ourense

“Non abonda con botar o PP, hai que ter un proxecto político para este país” 4 Confía en que o Bloque sexa a chave para un cambio político na Xunta. P. Lodeiro Noa Presas (Ourense, 1987) estudou Filoloxía e traballa como teleoperadora, aínda que agora en excedencia traballando para a organización nacionalista de forma temporal. Logo de presentarse ás dúas últimas eleccións xerais pola circunscripción ourensá, Presas opta agora a un posto no Parlamento galego. Á terceira irá á vencida para Noa Presas? Noa Presas: “Agardo que si, o certo é que todo o mundo me fai esa pregunta porque este ano coincidiron unhas eleccións moi achegadas. No BNG é moi habitual aproveitar as eleccións xerais sobre todo nas provincias nas que nunca conseguimos representación para dar a coñecer novos perfís que se non é complicado que saian da parte interna da organización. Estamos, e estaremos as veces que faga falta”. Que diferenza ao BNG doutras opcións políticas que se presentan? N.P.: “Nós entendemos que o noso é un proxecto de lealdade e defensa deste país e da súa xente, que ten catro décadas de historia, unha historia que ten tido seguramente moitos erros pero tamén moitos acertos. Realmente a día de hoxe non hai ningunha outra organización política que se defina como nacionalista e que actúe como tal. É certo que vivimos no tempo do novo e dos movementos. Nós estamos dispostos a dialogar con quen sexa pero sen perder a nosa identidade cun proxecto colectivo que

entendemos que segue tendo plena vixencia, que ten ademais implantación en numerosos concellos e no Parlamento, e aspiramos a recuperar a confianza dos veciños e veciñas e manter un bo resultado e o grupo parlamentario”.

Non vai haber cheques en branco pero haberá liñas vermellas, no caso de poder formar un goberno de coalición? N.P.: “Hai cuestións que para nós son fundamentais como a renda de garantía social ou outras cuestións de fondo que afectan directamente a Ourense. Un exemplo, o cambio na política forestal de cara a aproveitar o monte de maneira multifuncional e a aproveitar cuestións prácticas que desde Medio Rural se levaron a cabo no bipartito, que demostraron a súa validez e que foron desmanteladas polo PP, por exemplo, o banco de terras. Iniciativas deste tipo son cuestións á poñer na balanza á hora de artellar un novo goberno. A nosa liña vermella sempre será a defensa da maioría social deste país e da súa identidade. Confío en que sexamos capaces de ser flexibles pero de promover eses cambios profundos”.

O certo é que as enquisas non vos están dando moi bos resultados. N.P.: “Se as enquisas revelaron algo nas anteriores eleccións é que non están atinando demasiado. En todo caso nós estamos percibindo nesta campaña electoral unha recuperación tanto en expectativa de voto coma en porcentaxe, que vai aumentando das anteriores eleccións xerais ata estas últimas enquisas e esperamos mantela”. Que medidas concretas ten o BNG para reverter os principais problemas da provincia de Ourense? N.P.: “Os principais problemas desta provincia son o desemprego, a falta de poboación e o desaproveitamento do rural. Todo isto require de cambios profundos. Nos gusta dicir que non abonda con botar o PP, que hai que ter un proxecto político para este país como o que temos nós. En tanto non se produzan eses cambios profundos aos que aspiramos, que van levar tempo. Nós non lles dicimos aos electores que imos rematar co desemprego en 45 días, temos medidas tamén para as urxencias. Especialmente, promovemos unha renda de garantía social para garantir que non haxa ningún só fogar en Ourense que non teña un ingreso mínimo de subsistencia. Outra cuestión

un diálogo que desde logo non van ser cheques en branco pero que por nós non deixará de haber e agardamos que este país poida abrir un tempo novo. A relación de forzas terá que decidila democráticamente a cidadanía pero confío en que poidamos contribuir a poñer fin á era Feijóo como no seu día contribuimos a poñer fin á era Fraga”.

Noa Presas, candidata do BNG por Ourense/P.L.

“O BNG sempre que pasou por unha institución foi garantía de melloras para todos” importante é o Plan Retorna, de cara a incentivar o retorno das persoas que teñen marchado do país, nomeadamente da mocidade formada, como serían, por exemplo, incentivos á contratación”. No panorama político que se pode abrir a partir do día 26 de setembro, que papel vai xogar

o Bloque? N.P.: “Cremos que imos xogar un papel xa desde o 25 de setembro; en concreto en Ourense disputamos o último escano ao PP. A partir de aí nós confiamos en ser a chave dun cambio político; temos demostrado na nosa historia capacidade de sobra de diálogo con outras forzas políticas,

Por que deberían os ourensáns votar ao BNG o 25-S? N.P.: “Porque somos garantía de promover unha alternativa ao PP. Hai outras forzas políticas que concorreron ás eleccións do Estado e que lamentablemente non poden dicir iso. Podemos ter cometido erros no pasado, pero desde logo sempre que o BNG pasou por unha institución, desde o goberno ou a oposición, foi garantía de melloras para todos. Cuestións que están saíndo na campaña electoral foron promovidas polo BNG desde as institucións, como a gratuidade dos libros de texto. Outorgarnos a confianza, penso que ten un selo de garantía”.


PUBLICIDADE

Barrios Setembro de 2016

13


14

Barrios Setembro de 2016

especial ELECCIÓNS 25-S

ENTREVISTA A CARLOS VÁZQUEZ, Nº 1 DE CIUDADANOS

“A loita contra a corrupción, a nosa premisa para chegar a acordos” P.L.

Que diferenza a Ciudadanos doutras formacións que tamén se presentan a estes comicios? C.V.: “Con respecto aos partidos clásicos (PP e PSOE) diferéncianos a vontade inequívoca de terminar coa corrupción e así o demostramos reiteradamente. Tamén nos diferencia que adquirimos compromisos para cumprilos, e non como meras promesas electorais para manter ou conseguir o poder, e tamén o demostramos. Con respecto aos outros partidos, cremos que Galicia e España, requiren propostas construtivas, froito do consenso. Non cremos en políticas rupturistas nin en promesas de ‘dar o que non se ten’, que só incrementarían a carga fiscal. Non queremos dividir por cuestións lingüísticas, nin pecharse nun mundo que está globalizado e que representa unha oportunidade para o desenvolvemento. Queremos respecto para as institucións, e non espectáculos públicos, que pouco ou nada achegan a quen os representa”.

“Ninguén vai vir salvar a Ourense, teñen que ser os propios ourensáns os que o salven” P.L.

Carlos Vázquez (Monforte, 1967) é doutor en Medicina e licenciado en Dereito, e exerce como inspector médico. É novo en política, por que decidiu dar ese paso de encabezar a lista de Ciudadanos por Ourense? Carlos Vázquez: “Solidarízome coas persoas que están a sufrir; tamén coa clase media, que soportamos maior carga dunha xestión ineficiente. Non me gusta que se utilice a política como medio de enriquecemento ilícito. Tampouco soporto o engano e a mentira. Creo que é posible facer política limpamente, e quero facer unha pequena achega á sociedade, na miña terra, Galicia”.

ENTREVISTA A ELADIO FERNÁNDEZ, Nº 1 DE VÍANOVA GALICIA

Eladio Fernández (Punxín, 1958) avogado de longa traxectoria política, fundou o seu propio partido na primavera pasada, VíaNova Galicia, co que se presenta como candidato á presidencia da Xunta.

sable; é dicir, empezariamos a falar con outros partidos, se existe vontade clara e manifesta de loitar contra a corrupción e realízanse accións claras nese sentido. A partir de aí, presentariamos as nosas propostas, que tan boa acollida teñen en todos os partidos, e tratariamos de chegar a puntos de entendemento con partidos que respecten o marco legal vixente e a Constitución”.

Vostede pasou polo PSOE e polo PP e agora funda o seu propio partido, como cre que acollerá o votante ourensán este “baile” de ideoloxías? Eladio Fernández: “Eu creo que non vai afectar, realmente sempre tiven na miña cabeza o proxecto de Galicia. Durante a miña traxectoria no PSOE dinme de conta de que os partidos son moi xerárquicos, obedecen á liña que marcan desde Madrid e estes partidos son meras delegacións dos partidos centrais. Por iso estou convencido de que unha opción enteiramente galega que non dependa de decisións externas é o que mellor lle vai a Galicia. É moi necesario un liderado enteiramente galego”.

Por que os ourensáns deberían votar ao seu partido o 25 de setembro? C.V.: “Porque, do mesmo xeito que sucede noutras comunidades autónomas, non os imos defraudar. Non lles pedimos un ‘cheque en branco’ senón a oportunidade de traballar e esforzarnos, con honestidade, para mellorar a calidade de vida dos nosos concidadáns e deixarlles unha sociedade mellor aos nosos fillos. Non somos políticos profesionais senón profesionais que queremos facer unha achega construtiva á sociedade e favorecer o cambio, porque Galicia merecese máis”.

Xa existen partidos de ámbito galego, por que esa necesidade de crear un partido novo? E.F.: “No noso ámbito non hai tanto, somos un partido de ámbito galego que intentamos sintonizar con esa franxa social galega maioritaria que podíamos entender de centro. Queremos representar o espírito de como somos os galegos, non somos independentistas, nin nacionalistas, defendemos a integridade co Estado español pero defendendo firmemente o noso. Un partido galego de centro, sen depender de fóra, partidarios da unidade de España e europeísta, non hai ningún”.

Carlos Vázquez, cabeza de lista de Ciudadanos/P.L. É o proxecto de Ciudadanos válido para a nosa provincia? C.V.: “Sen dúbida, Ourense sofre un declive demográfico e económico que require cambios. A rexeneración democrática e despolitización das institucións públicas é a nosa insignia. A loita contra a corrupción, a nosa premisa para chegar a acordos”. Díganos unha proposta do programa de C’s que sexa primordial para Ourense. C.V.: “A loita contra o desemprego mediante un conxunto de medidas que inclúen: a formación específica nas áreas que teñen demanda, o apoio ao emprendedor, autónomo, comerciante e empresario, un plan para desenvolver as múltiples potencialidades da provincia e reactivar o rural (agrario, forestal, gandeiro, turístico, enerxético, cultural..)”. Se son chave de goberno, cal sería a súa postura? Só pactarían co PP? C.V.: “Do mesmo xeito que fixemos en anteriores ocasións, fariamos oposición construtiva e respon-

Eladio Fernández, candidato de VíaNova Galicia./P.L. Como fai un partido modesto para tratar de facerse un oco na campaña? E.F.: “Cun proxecto crible, serio, dicindo a verdade á xente. En política hai que ter moita paciencia, sabendo que hai que sementar unha semente e que necesita tempo para crecer, pero se a semente é boa e o terreo é apropiado a semente sempre xermina. Nós sabemos que vai xerminar. O tempo que imos necesitar dirao as circunstancias pero cada día me confirma máis que a nosa liña é a que necesita Galicia. Somos un proxecto para quedar”. Cal é a súa proposta estrela para Ourense? E.F.: “Ourense é a última provincia de Galicia, de España e de Europa, os indicadores sociais e económicos o veñen dicindo. Ourense non se soluciona cunha medida, Ourense necesita primeiro que os axentes sociais, económicos, cidadáns, partidos se dean conta do pozo no que estamos metidos. Ninguén vai vir salvar a Ourense, teñen que ser os propios ourensáns os que

o salven. O gran problema de Ourense é a desunión que houbo sempre, primeiro temos que contar coa unidade; necesítase moita capacidade de pacto. Un pacto de goberno por Ourense nas cuestións fundamentais para empezar a levantar esta provincia é imprescindible. As medidas estrelas son en todos os ámbitos porque está todo por facer. Só se preocuparon de que fora unha fábrica de funcionarios e pouco máis”. Por que os ourensáns deberían optar pola súa opción nas eleccións ao Parlamento de Galicia? E.F.: “Porque é unha gran oportunidade, tocamos fondo en Ourense, o 21% dos nenos están en risco de exclusión social, os poucos nenos que existen. Economicamente non hai actividade ningunha, as infraestruturas están paradas, estamos nunha situación complicada. De todos modos, nos poñan onde nos poñan os cidadáns imos seguir traballando por Ourense e por Galicia, porque cremos en algo mellor para Ourense”.


ELECCIÓNS 25-S especial

Entrevista a Xosé Mosquera, nº 1 de Compromiso

“Para nós as decisións políticas tómanse en Galicia e polos galegos”

“É hora de dicir basta xa, de reverter a situación de Ourense” P. L.

Xosé Mosquera (San Cristovo de Cea, 1956), é profesor de dereito constitucional e xefe de servizo de Intervención na Deputación. Novamente encabeza unha candidatara de Compromiso por Galicia, desta volta nas eleccións ao Parlamento de Galicia

Miguel Caride (Ourense, 1964), avogado de profesión e músico afeccionado, dá o salto á política como cabeza de lista da candidatura de Democracia Ourensana.

Que diferenza a Compromiso doutras opcións políticas? X.M.: “Do PP, unha política que no caso de Compromiso contan as persoas, e no PP contan os números, a tecnocracia, engádase a corrupción, as influencias e o chouriceo… No caso do PSdeG, presentan unha oferta internamente divididos e co matiz de formar parte do PSOE; para nós non, as decisións políticas tómanse en Galicia e polos galegos. No caso de En Marea, leva grupos de carácter galeguista ou nacionalista pero xunto a iso está Podemos cunhas posicións políticas que nalgúns sitios foron utilizadas para desmontar parte do nacionalismo, non creo que aquí vaian ser os nosos salvadores. E co BNG nos diferenza que o noso proxecto non é independentista; nós cremos que non é o momento do independentismo, é o momento das persoas”.

Xosé Mosquera, candidato de Compromiso por Galicia./P.L. Que medidas propón para afrontar os problemas da provincia? X.M.: “Grosso modo diríamos que Ourense, como provincia interior, o seu desenvolvemento pasa por algo que non se ten feito nada por el nos últimos anos, que é o desenvolvemento agrícola e forestal. Que pretende Compromiso? A valorización do mundo rural e do forestal para que ocorra todo o contrario do que está ocorrendo. Se ten valor xa non se queima o monte. Temos posibilidades importantes como a castaña, a uva, o viño, o mel, etc.; hai que traballar coas persoas do mundo rural para que coordinen os seus esforzos, comercialicen os seus produtos a través de cooperativas de forma que se introduzan nos mercados. Aspiramos a que quen viva no rural viva coma quen vive na cidade”. E para o tema demográfico e falta de oportunidades de emprego, que propoñen? X.M.: “Non se pode facer unha política na que se forme aos mozos e unha vez formados o que se lle

ofrece é unha viaxe para que vaian a outros países a buscar emprego. Hai que buscar fontes de emprego, que pasan por esas actuacións no ámbito agrícola e forestal, e por dinamización e creación de oportunidades coas empresas existentes e mediante a busca de novas empresas que se asenten no territorio, relacionadas cos produtos de calidade que hai. Todo iso ten que recibir un impulso para que os mozos teñan oportunidade de traballar nesta terra. Non concibo que nós creemos talento e o mandemos ao exterior. Ao mesmo tempo se o talento queda aquí, o tema demográfico se vai resolvendo, mentres doutra forma o único que quedan son as persoas maiores”. Por que os ourensáns deberían votar a Compromiso por Galicia? X.M: “Porque Compromiso é un voto útil; o voto útil é aquel que vai traballar no Parlamento, porque votar a unha persoa que vai ser un número é perder o tempo desde o punto de vista electoral”.

15

Entrevista a miguel caride, nº 1 de democracia ourensana

P. L.

Con que expectativas se presenta Compromiso a estes comicios? Xosé Mosquera: “Compromiso preséntase a estas eleccións por primeira vez decidindo moi claramente que concorre en solitario e tomou a súa decisión con anticipación suficiente, para que os galegos souperan que había unha forza galeguista, socialdemócrata, progresista, que ía ir ás eleccións co seu proxecto político e que tentaría de obter o aval dos galegos. Con que finalidade? Estar presente no Parlamento de Galicia e unha vez alí poñer o proxecto de Compromiso sobre a mesa, e negociar se tocara”.

Barrios Setembro de 2016

Por que decide dar o paso de encabezar a candidatura de Democracia Ourensana? Miguel Caride: “Unha vez que coñezo a Gonzalo Jácome e empezo a traballar con el, en xaneiro ofréceme participar no proxecto como candidato para as eleccións autonómicas, e vin que tiña opción de estar en primeira liña, con liberdade. Pensei que era o momento de poñer en práctica todas as ideas que sempre comentaba en distintos foros. Por idade, xa teño 52 anos, recuperei ese idealismo de meterme en primeira liña política. Penso que é un idealismo pragmático, é o momento de apostar por ideas concretas innovadoras e que xeren modernidade e emprego. Despois de viaxar por Europa e América chego a Ourense e sinto certa depresión. Picoume esa necesidade de intentar facer algo”. Que diferenza a Democracia Ourensana doutras opcións políticas que se presentan? M.C.: “Aínda que ten estrutura de partido político é unha agrupación independente de ourensáns ao redor dun proxecto impulsado por Gonzalo Pérez Jácome. A xente que chega a Democracia Ourensana ten distintas tendencias, non é un partido que se poida calificar, como erroneamente fan algúns, como un partido liberal; eu por militancia histórica son unha persoa máis comprometida coa esquerda. O denominador común é que é un proxecto netamente pragmático e ourensán”.

Miguel Caride, candidato de Democracia Ourensana./P.L. Reclaman 2.000 millóns de investimentos máis para Ourense, é viable esta cifra? M.C.: “Si; Ourense sempre foi discriminada polo que consideramos que é unha cifra moi moderada, humilde, pois hai un agravio comparativo coas provincias atlánticas: na provincia da Coruña, a nova terminal de Lavacolla, o porto exterior da Coruña, o Gaiás suman máis de 2.000 millóns, en Vigo o Hospital Álvaro Cunqueiro custou 1.300 millóns e a PLISAN recibe un investimento millonario. Hai que ter en conta que Galicia recibirá 6.000 millóns de euros en fondos estruturais da UE polos indicadores económicos de Ourense, corresponde que ese diñeiro se invirta aquí”. A intención de DO é ser chave de goberno, con quen preferirían pactar? M.C.: “Quen se faga cargo desas 10 medidas que propoñemos, pero tamén é certo que por hixiene política, nunha provincia na que gobernou a familia Baltar durante 30 anos, é difícil apoiar ao mesmo partido en Santiago”.

As enquisas non son moi optimistas con Democracia Ourensana M.C. “Esa caída brutal de votos que nos dan non entra na lóxica da evolución do voto, pero non nos preocupa, coido que teremos un bo resultado. Unha enquisa nosa interna nos dá o primeiro deputado garantido. E hai que ter en conta que o 39% do voto é non declarado, oculto e indeciso, e de feito voto oculto e Democracia Ourensana van da man”. Por que os ourensáns deberían votar a DO? M.C.: “Desde 1981 Galicia construiuse entorno ao eixo atlántico. Desde aquela recibimos 25.000 millóns en fondos estruturais, pero os de Ourense só puxemos os ladrillos para construír un muro que separa a Galicia atlántica da Galicia interior; é hora de dicir basta xa, de reverter esta situación. Presentamos 10 medidas para cambiar a situación de Ourense e xerar emprego e riqueza. E somos unha formación política que non é franquia e por riba de nós non temos a ningúen, só a cidadanía ourensá”.


16

Barrios Setembro de 2016

XINZO E COMARCA

Colexios da comarca participarán nunha convivencia de educación viaria 4 Será o 29 de setembro. Redacción A agrupación de Proteccion Civil de Xinzo, a Dirección Xeral de Tráfico (DXT) e a Policía Local de Xinzo veñen realizando nos últimos dous anos distintas tarefas de educación viaria. Xornadas, saídas cos nenos a distintos lugares como o cuartel da Garda Civil, a sede da Policía Local, o Instituto do Campo ou a casa consistorial de Xinzo, paseos en bicicleta e a pé son actividades organizadas coa finalidade de que os menores recoñezan e interpreten os distintos sinais e de fomentar hábitos seguros. Nesa liña, vaise implantar nos colexios de Xinzo o “Xogo da serpe” ou Camiño Seguro, coa colaboración do Concello, Policía Local, a DXT e profesores dos dous centros educativos da vila. Esta iniciativa consiste na crea-

ción de varios camiños que conduzan aos escolares de casa ao colexio. Pintarase no chan marcas por onde transcorra a súa andaina habitual, e os comercios colaboradores por onde discorra colocarán un adhesivo na porta e contarán cun listado de números de teléfonos para porse en contacto en caso de necesidade dos nenos. O xogo pretende fomentar en proxenitores e fillos hábitos seguros de educación viaria. Na mesma liña de traballo, o 29 de setembro, terá lugar en Xinzo a “I convivencia interescolar de educación viaria” onde participarán todos os colexios da comarca. Nela estará presente o helicóptero Pegasus, coches camuflados, motos, ou coches radares, e amosaráselle aos estudantes o traballo que realiza a Garda Civil.

Actividade de educación viaria para escolares de Protección Civil de Xinzo, a DXT e a Policía Local.

Alcaldes de Sarreaus, Trasmiras, Sandiás e Vilar de Barrio xunto á secretaria territorial da Xunta en Ourense e os participantes no obradoiro de emprego

20 desempregados formaranse no obradoiro de emprego Alta Limia IV 4 Este programa mixto de formación e emprego impartirá dúas especialidades: xardinería e albanelería. Redacción A secretaria territorial da Xunta en Ourense, Silvia Dorado, visitou aos participantes no obradoiro Alta Limia IV, que terá unha duración de seis meses e no que se formará a 20 persoas desempregadas dos municipios de Sarreaus, Trasmiras, Sandiás e Vilar de Barrio. Silvia Dorado, acompañada do xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Tomás Paz Doniz, asistiu ao inicio do desenvolvemento deste programa mixto de formación e emprego nas especialidades de xardinería e albanelería. Na visita tamén estiveron presentes os alcaldes que promoven esta iniciativa. A secretaria territorial da Xunta en Ourense

destacou que esta cuarta edición de Alta Limia ten “un obxectivo claro: dar formación a persoas desempregadas para que logren reinsertarse laboralmente”. Tamén salientou a “colaboración institucional da Xunta coas entidades locais para que os obradoiros de emprego teñan continuidade na creación de postos de traballo no futuro”. Da formación dos 20 participantes encargaranse un equipo de docentes e administrativos formado por cinco persoas. Principais actuacións Durante os seis meses de duración do obradoiro, logo da súa etapa inicial de formación, os alumnos e alumnas porán en práctica os coñecementos adquiridos. Así, as principais actuacións que levarán a

cabo será o mantemento, conservación e renovación do peche perimetral da pista polideportiva de Lodoselo, reparación do tanque de abastecemento de auga de Paradiña, actuacións no entorno do muíño e da piscina e restauración medioambiental de distintas zonas axardinadas, no concello de Sarreaus. No concello de Trasmiras, o acondicionamento do local da antiga escola de Vilaseca e obras de xardinería en Viladerrei, Escornabois, Abavides, Chamusiños, Rabal, Vilaseca, Pardieiros, Lobaces, Zos, Vilardelebres, Soutelo, nas piscinas municipais e no entorno da casa consistorial. En Vilar de Barrio, o acondicionamento exterior da antiga casa do médico e interior da antiga casa do mestre, e o acondicionamento da área

recreativa existente diante das piscinas municipais. E finalmente no municipio de Sandiás, a obra de mellora na rampa de acceso, así como actuacións no contorno do centro social de Cerredelo. Ao longo deste mes de setembro poranse en marcha 20 obradoiros de emprego na provincia de Ourense que beneficiarán a preto de 400 persoas en situación de desemprego dun total de 75 concellos, xa que a maioría se organizan de forma conxunta entre varias localidades ou a través de mancomunidades.

Este mes poranse en marcha 20 obradoiros de emprego na provincia


ALLARIZ E COMARCA

Barrios Setembro de 2016 EN BREVE

Licitado o proxecto do novo centro de saúde de Paderne de Allariz

4 Curso na Casa da Mocidade

4 Deberá estar redactado en dous meses. Redacción O Diario Oficial de Galicia publicou este mes a licitación da contratación da redacción do proxecto básico, de execución e dirección de obra da construción do novo Centro de Saúde de Paderne de Allariz. O concurso ten un orzamento de 20.286 euros e un pazo de execución de dous meses, desde a súa adxudicación. A construción do centro de saúde fora anunciada en marzo polo conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, que visitou os terreos ofertados polo Concello de Paderne nos

que estará ubicado. Na actualidade, os preto de 1.600 usuarios de Paderne de Allariz contan cunha carteira de servizos de asistencia básica de prevención e coidado da saúde, atendida por un cadro de persoal de dous médicos, dúas enfermeiras e un PSX (Persoal de Servizos Xerais). Asemade poden acceder aos servizos de saúde bucodental e pediatría ubicados en Maceda e Castro Caldelas, onde tamén dispoñen de controis de saúde específicos da muller, ademais de cirurxía menor e telemedicina.

Aberto o prazo para a próxima edición do Festival de Xardíns 4 O lema de 2017 será “Xardíns da Memoria”. Redacción O Festival de Xardíns de Allariz abre o prazo de recepción de propostas para o concurso de xardíns efémeros. O tema do vindeiro ano é “Xardíns da Memoria” e evoca a historia do deseño da paisaxe, a arte e a xardinería. Paisaxistas, arquitectos, estudantes, xardineiros e todas aquelas persoas relacionadas co mundo da xardinería e o sector verde poden presentar o seu proxecto de xardín ata o 30 de novembro. En 2017 levarase a cabo a 8ª edición do FIXA e cada ano recíbense máis proxectos de lugares máis distantes ao longo de todo o planeta. Nas súas sete edicións, o Festival recibiu

preto de 200 propostas de lugares como Corea, Países Baixos, República Checa, Colombia, Austria, Serbia, Italia, Francia, Brasil, Polonia, Paraguai ou Gran Bretaña. O certame está posicionado como un punto de referencia na paisaxe ibérica. As propostas serán seleccionadas por un xurado de expertos no que están representadas as organizacións máis importantes do paisaxismo: asociacións, profesionais, deseñadores, artistas e o sector comercial. Entre todas elas, o xurado elixirá 10 xardíns que serán exhibidos como finalistas na edición do vindeiro ano.

17

Técnicos de Allariz amosan o primeiro compost creado con este programa.

Primeiros resultados do Servizo RE de Allariz 4 En cinco meses observáronse reducións de ata un 17% no peso da fracción resto. Redacción Cinco meses despois da posta en marcha do Servizo RE en Allariz, os resultados invitan ao optimismo. Así o confirman desde o concello alaricano, que indican que desde a primavera de 2016 observáronse reducións de ata un 17% no peso de fracción de rexeitamento xerado. Amáis, o nivel de aceptación entre os veciños do Servizo RE é alto, sinalan. Dende a posta en marcha do Servizo RE leváronse a cabo accións loxísticas e informativas para cumprir as metas propostas. Na zona urbana do municipio instaláronse equipos de compostaxe comunitaria e de recollida de restos de xardín, mentres que nas zonas rurais repartíronse composteiros individuais. Para o tratamento da materia orgánica provinte de grandes produtores construíuse unha planta específica de tratamento. A distribución e posta en marcha de equipamentos foi parella a unha

campaña de información e formación dos usuarios do sistema. Realizáronse entregas de información e cubos específicos para a separación , charlas formativas no rural e na zona urbana e actividades destinadas a nenos e nenas nos centros educativos. A posta en marcha do Servizo RE requiriu, ademais, un sistema de seguimento, control e asesoramento no que participan técnicos do Concello de Allariz e entidades coas que se estableceron convenios como Adega ou as Universidades de Vigo e Coruña. Experiencia piloto O Concello de Allariz participa desde 1998, na experiencia piloto de recollida selectiva de residuos sólidos urbanos (RSU) mostrando o seu compromiso coa mellora da xestión medioambiental. Así o Concello adoptou medidas para minimizar o impacto da xeración de residuos. No ano 2010 púxose en marcha un proxecto piloto para a separación da materia orgánica e o seu aproveitamento mediante com-

postaxe. A finais de 2014 lanzouse un novo proxecto para estender a separación e aproveitamento da materia orgánica a todo o municipio: o Servizo RE. De esta maneira, e como indica a páxina web desta iniciativa, preténdese aumentar a taxa de reaproveitamento e reciclaxe ata chegar ao 80% do lixo que se produce, e diminuír ao máximo a porcentaxe de residuos con destino na bolsa negra. Con este sistema, o Concello comprometeuse a conxelar as taxas de recollida de lixo en 50 euros nas parroquias e 70 euros na vila de Allariz para os vindeiros 5 anos, “faga o que faga e suba o que suba SOGAMA”.

O Concello instalou equipos de compostaxe comunitaria na vila, e composteiros individuais no rural

A Casa da Mocidade de Allariz comeza a tempada co curso “Introdución á edición dixital de películas”. Os participantes no curso aprenderán a editar con Blender os seus propios clips de vídeo a partir das gravacións de cámaras ou dispositivos móbiles para subir á rede; ou a crear películas a partir de fotografías, entre outras tarefas. O curso impartirase en outubro e os interesados poden anotarse no correo animacion3d@ allariz.com. Ademais, a Casa ofertará clases de música, en concreto, de guitarra, batería, canto e batukada. O prazo para anotarse remata o 8 de outubro. A instalación municipal voltou xa ao horario de inverno: os xoves de 19 a 21 horas e venres e sábados de 18:30 a 21 horas.

4 Actividade no Fogar dos Maiores O Fogar dos Maiores de Allariz mantén aberto o período de inscrición nas súas actividades para o curso 2016/17. Ximnasia terapéutica, estimulación cognitiva e memoria, obradoiro de creatividade e manualidades, obradoiro de canto coral e un programa de radio son as propostas para os maiores alaricanos. Os interesados poden anotarse no Fogar, na rúa da Barreira, 3.

4 A Escola de Música inicia o curso A Escola de Música de Allariz presenta unha completa oferta formativa para o novo curso. Música e movemento, iniciación ao piano, linguaxe musical, iniciación á composición, piano, guitarra, gaita e percusión, canto e pandeireta, danza galega, e mesmo unha escola de pintura. As actividades darán comezo en outubro cun mínimo de inscritos, e desenvolveranse na Casa da Cultura e na Casa dos Mestres de Alalriz.


18

Barrios Setembro de 2016

ALLARIZ E COMARCA / CELANOVA E COMARCA

Comprar en Allariz prémiase con 4.000 euros 4 A campaña “As compras na túa vila teñen premio” ten vixencia ata o 30 de setembro. Redacción A Federación Galega de Comercio, a Federación de Comercio de Ourense e a Asociación de Comercio e Hostalaría de Allariz, presentaron unha campaña de dinamización do consumo en Allariz, que baixo o lema “As compras na túa vila teñen premio”, desenvolverase ata o 30 de setembro. A iniciativa premiará con 4.000 euros a confianza no comercio retallista da vila alaricana,

sorteándose 5 tarxetas regalo de 300 euros e 25 tarxetas regalo de 100 euros. Nos días de duración da campaña, os consumidores que aposten polo comercio tradicional de Allariz poderán presentar os seus tickets de compra na carpa situada no Campo da Feira- A Barreira. Tamén ás promotoras que se atoparán polas rúas da vila, que lles entregarán boletos de participación para o sorteo final que terá lugar o venres, 30 de setembro, nunha

carpa ubicada no mesmo Campo da Feira , dentro do programa dunha festa final de campaña que contará coa actuación do mago Rei Midas. O sorteo será ese día ás 20 horas e os posuidores dos boletos deberán estar presentes para converterse en gañadores.

O Padre Fontes sostén o gravado co que se lle agasalla acompañado por, entre outros, o alcalde de Celanova e o secretario xeral de Política Lingüística./RAMSÉS.

O sorteo das tarxetas regalo será o día 30, na Barreira

O Padre Fontes recibe o “Celanova, Casa dos Poetas” 4 Pola súa contribución ao coñecemento e á divulgación da cultura trasmontana. Redacción

A presentación contou coa presenza da directora xeral de Comercio, Sol Vázquez; o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; a súa homóloga na Federación de Comercio de Ourense, Beatriz Gómez; a presidenta da Asociación de Comercio e Hostalaría de Allariz, Beatriz Fernández; o alcalde de Allariz, Francisco García; e a concelleira de Comercio de Allariz, Cristina Cid. /RAMSÉS.

Antonio Lourenço Fontes, o Padre Fontes, recibiu o pasado 4 de setembro o XXXII Premio “Celanova, Casa dos Poetas”, que cada ano concede a Fundación Curros Enríquez. Nesta ocasión, recoñécese a contribución do galardoado “ao coñecemento e á divulgación da cultura trasmontana”. A xornada comezou cunha recepción na casa do concello de Celano-

va do premiado, Antonio Lourenço, e os convidados. Posteriormente houbo unha ofrenda floral e unha semblanza de Celso Emilio diante do seu monumento con motivo do seu 37º cabodano. Houbo unha pequena lectura de textos de Celso Emilio e Curros Enríquez a cargo de membros da Fundación, nun acto que estivo amenizado coa intervención do grupo de gaitas de Celanova. Xa na Casa dos Poetas, o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta,

Valentín García, presidiu a entrega do premio ao Padre Fontes, quen recibiu unha medalla de prata, coa imaxe da fachada da casa e as letras “C” (por Celanova, Casa, Celso, Curros e Castor Elices) da autoría de Acisclo Manzano e un gravado realizado por Baldo Ramos, e asinou no libro de honra da Fundación, da que pasa a formar parte como patrón. A celebración rematou cun xantar na horta da casa familiar de Curros Enríquez.


PROVINCIA

Barrios Setembro de 2016

19


20

Barrios Setembro de 2016

DEPORTES

EN BREVE

4 Deporte en Xinzo

Os integrantes do Pato Blanco de Celanova (club organizador) dividíronse na participación e na organización./PATO BLANCO.

O secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José R. Lete Lasa, e o alcalde de Maceda, Rubén Quintás, na firma do convenio./RAMSÉS.

Maceda terá unha pista cuberta para adestrar BTT 4 Xunta e Concello de Maceda habilitarán unha pista pump track. Redacción O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, asinou un convenio co alcalde de Maceda, Rubén Quintas, para a creación dunha pista pump track (pista cuberta para o adestramento de BTT). As obras que se acometerán consisten principalmente en movemento de terras, rede de drenaxe e saneamento da antiga nave hípica Os Secos, ascendendo a 61.000 euros. Esta actuación chega pola demanda macedá debido ao instaurado que está o ciclismo -sobre todo de mountain bike- na localidade. Trátase dunha actuación innovadora en Galicia que dota ao concello dun recinto adecuado para a mellora e perfeccionamento dalgunhas disciplinas ciclistas. Inicio de obras O rexedor local explicou que se acometerán as obras “de inmediato” para que poidan realizar

os adestramentos os rapaces resgardándose “da choiva do inverno”. Rubén Quintás afirmaba que este proxecto é “merecido” para unha localidade que conta cun club como o Ciclista Maceda “polo que levan feito ao longo de todos estos anos”, sobre todo na figura de “Xulio Conde”, que agota o seu tempo “no deporte base”. Pola súa banda, Lete Lasa aseguraba que este convenio “achega as infraestruturas á demanda existente”. O secretario xeral recorbada a todas as figuras, presente e futuro, que saíron desta zona ourensán como son Pablo Rodríguez ou Iván Feijoo, entre outros.

A obra, que é pioneira en Galicia, ascenderá a 61.000 euros e acometerase de “inmediato”

Gómez e Ferreiro vencen no trail de Celanova 4 O equipo “Os fenómenos” foi o máis rápido en relevos. Redacción

competición.

O Concello de Celanova, xunto co Club Pato Blanco de atletismo, foron os organizadores do I Trail de Celanova, no que participaron preto de 200 atletas. Conxuntamente celebrouse unha andaina na que estiveron presentes 150 participantes. A carreira contou cun trazado de 20 quilómetros -cun desnivel de 800 metros- mentres que a andaina foi de 14 . As dúas proba discorreron sen incidencias pero con presenza da néboa ata ben entrada a

Gañadores En categoría individual o máis rápido foi o especialista neste tipo de probas Elpidio Gómez; o seu tempo foi de 1 hora 31 minutos e 39 segundos. Segundo rematou Rubén Diz co mesmo tempo. En terceiro lugar, José M. Casado (1:34:46). En mulleres o podio estivo conformado por María Ferreiro (1:59:40), primeira; Belén Rodríguez (2:09:52), segunda; e Sandra Fernández (2:10:11), terceira. Tamén se organizou unha carreira por parellas

na que o equipo “Os fenómenos” foi o primeiro, seguido de “Castrotrail” e “Feijoo”, segundo e terceiro, respectivamente.

Xinzo de Limia iniciou a súa campaña de oferta deportiva para a tempada 2016-2017. Baixo o lema “Móvete!” queren movilizar á cidadanía para a práctica do deporte. Baloncesto, atletismo, kárate, tenis, aerobic, aquagym, pilates, e moitos máis deportes son as ofertas, para todas as idades, das escolas deportivas. Os interesados poden informarse e inscribirse no pavillón municipal en horario de 10 a 13 horas e de 16 a 19:30 horas -de luns a venresou no teléfono 988 461 020.

4Ciclismo A edición deste ano da Volta Ciclista a Galicia pasou por Verín. A cuarta etapa (con saída e chegada na localidade ourensá) tivo a Marcos Jurado coma vencedor, seguido a 15 segundos de Mendonça e Tello. A Volta a Galicia finalizou coa vitoria na clasificación xeral de Samuel Blanco.

4 Fútbol

Elpidio Gómez en pleno esforzo./PATO BLANCO.

Mitrovic co balón no partido de Celanova contra o Marín./RAMSÉS.

O COB pasou por Celanova Como vén sendo habitual o Club Ourense Baloncesto durante a pretempada pasa por Celanova. Nesta ocasión foi para a disputa do segundo partido da Copa Galicia diante do Marín Peixe Galego o pasado 12 de setembro. O resultado foi de 78 a 73 para os homes de Gonzalo García de Vitoria. Mitrovic (15 puntos) e Flis (21) foron os xogadores máis destacados do cadro cobista. Este martes 20 de setembro o COB enfróntase ao Breogán por unha praza para a semifinal da Copa.

No grupo sur da Rexional Preferente o Verín só sumou tres puntos nas catro primeiras xornadas do curso. Os homes de Anxo Valcárcel computaron como na primeira cita da Liga logo de denunciar ao Atios por alineación indebida (ese partido perdérano). Desde entón os vermellos non levantan cabeza; na segunda xornada caeron ante o Caselas (2-0); na terceia ante o Grove (1-3) e na cuarta, 1-0 no campo do Portonovo. A próxima xornada recibirán ao Erizana, equipo que leva un punto máis na clasificación. Na Primeira de Galicia (Primeira Rexional) o Allariz é quinto; sexto o Xunqueira; oitavo o Sporting de Celanova; décimo cuarto o Antela; e A Manchica, 16º.


OCIO E CULTURA / SOCIEDADE

Barrios Setembro de 2016

O retorno do cine a Verín atrae a 6.000 espectadores

Actividade no CDR O Viso Redacción

4 De setembro a novembro haberá novas proxeccións. Redacción Durante os seis meses de funcionamento, 5.812 espectadores puideron gozar de cine comercial e de estrea en Verín. Os cales, ademais de dar lugar a un importante retorno económico na vila, deixaron na taquilla do cine municipal 28.758 euros, que o Concello destinará ao sustento das proxeccións. Pola súa banda, durante o verán 1.500 persoas asistiron ás sesións de cine ao aire libre en Vilaza, Vilardevós, Laza, Cualedro, Castrelo e Verín; organizadas a través dun convenio entre

o Concello de Verín e a Mancomunidade de Municipios. Novas proxeccións Tras un mes de descanso, no que se acometeron melloras en mateiral na Casa da Cultura (por unha subvención da Xunta de 15.000 euros), este outono volta o cine a Verín. De seguido, será o turno de “Meigallos” (24 de setembro ás 18:30 horas); “O Raio” (16 de novembro ás 20:30 horas) e “Lobos Sucios” (23 de novembro ás 20:30 horas). Todas teñen un prezo de entrada de 3 euros.

21

Membros da asociación Pro Animais Verín e os concelleiros Julio Viéitez (Servizos Públicos), Cándida Couñago (Seguridade Cidadá, Tráfico e Protección Civil) e Purificación Caldelas (Turismo, Comercio, Balnearios e Transportes).

Medio millar de persoas participaron na Festa Solidaria de Pro-Animais Verín O 27 de agosto pola tarde a Asociación Pro-Animais Verín organizou -coa colaboración do Concello- a súa primeira festa solidaria, na praia fluvial do Támega, coa finalidade de poder seguir acollendo e asistindo animais abandonados. Na festa participaron preto de medio millar de persoas. O evento foi de carácter gratuíto e incluiu actuacións musicais, sorteos, inchables para os máis pequenos, e exhibicións deportivas e de adestramento canino.

O CDR O Viso de Lodoselo (Sarreaus) oferta dúas novas accións formativas. Do 20 de setembro ao 28 de novembro o CDR O Viso organiza un curso de español básico dirixido á poboación inmigrante. Impartirase no CEIP Rosalía de Castro de Xinzo de Limia en horario de tarde, ata completar 60 horas lectivas. E o 3 de outubro comezará un curso de axudante de cociña (de 100 horas e 40 de prácticas en empresas), por tratarse dun servizo moi demandado na comarca. Os cursos están subvencionados pola Consellería de Política Social a través da convocatoria destinada a entidades de iniciativa social e están cofinanciados parcialmente polo Fondo Social Europeo e o FEDER.


22

Barrios Setembro de 2016

4AXENDA Exposicións - Ata o 30 de setembro - Exposición “Verín, o ferrocarril soñado” de Alberte Blanco - Auditorio de Verín - Ata o 16 de outubro - Exposición fotográfica “Sul” - Fundación Vicente Risco (Allariz) Teatro - Do 1 de outubro ao 5 de novembro - VII Festival de Teatro “Entreculturas” - Auditorio Municipal de Verín Cine - 24 de setembro Proxección de “Meigallos”- 18:30 h - Casa da Cultura de Verín Música - 24 de setembro Concerto de Aurum Ensemble - 21 h - Fundación Vicente Risco de Allariz - 30 de setembro Concerto de Habitación Vudú- 22 h - A Arca da Noe (Vilar de Santos) Festas e espectáculos - Do 23 ao 25 de setembro - Romaría da Saínza Rairiz de Veiga - 30 de setembro - Espectáculo do mago cómico O Rei Midas - 19 h - Campo da Barreira (Allariz) Feiras - 27 de setembro - Feira en Xinzo - 1 e 15 de outubro Feira en Allariz - 23 de setembro - Feira en Verín - Todos os xoves - Feira en Celanova www.periodicobarrios.com

OCIO E CULTURA / ARTIGOS

4DESDE A PONTE... A MONTERREI

O neno do balneario Nos veráns de cando era neno había en Verín un ambiente extraordinario por mor dos balnearios, que formaban un preciado patrimonio que non é doado de igualar. Os tres balnearios estaban daquela en plena produción, nos setenta, chamaban o reclamo de toda España, e mantiñan a vila nun estado continuo de ebullición, con visitantes que elexían o val de Monterrei para tomar as augas medicinais, coa intención de curar os males. Eran os peregrinos da fe, da nostalxia, convencidos de que estas augas minerais fixeran o milagre esperado, polo que cada ano voltaban no verán. Sousas, Fontenova, e Cabreiroá, os tres lugares da miña tola infancia, onde fuxía cada tarde para xogar sen descanso ata o anoitecer. O preferido sempre foi para min Cabreiroá, nese fermosísimo parque, ou dentro da fábrica, coa xente traballadora, persoas que xamais esquecerei, aque-

“Un sinfín de ilustres personaxes escolleron Cabreiroá”

las que bregaron en tempos complicados, cando as caixas aínda eran de madeira e o lento chouqueleo das cintas trasportadoras formaban unha nítida sinfonía que mantiña a un esperto ata o final do día. Alí mesmo, no quiosco das augas, xuntábanse os auguistas para sentir na gorxa as burbullas finas desta auga, que brota nas entranas dunha roca granítica espectacular. No fronte, o gran hotel de Cabreiroá, un rústico pero refinado edificio feito en pedra de cantería con escadas centrais coa saída a dous lados que o facían maxestuoso. Cada un dos seus recunchos agocha o misterio, o embruxo dun tempo dourado, deixando para o maxín moitas das historias que alí aconteceron. Furgando na alma deste hotel, feito pola iniciativa de D. José García Barbón alá por 1904, topei os incribles relatos, dos que por alí pasaron, e que deixaron plasmado o testimonio sinxelo, do que puideron sentir naqueles momentos. Fermosos e emotivos escritos que algún día verán a luz, para que todos os de aquí teñamos constancia das visitas dun sinfín de personaxes ilustres, que escolleron Cabreiroá. Recoñecidos médicos, políticos, militares e bohemios escrito-

res, así como membros destacados da realeza de España e Portugal. Un deles escribiu: “Chego aquí este verán como turista, e non felizmente como enfermo. Chamoume a recén sona destas augas medicinais, e, como non, os encantos das paisaxes, co saudable clima dispensado neste previlexiado val, matizado por viñedos, que producen o viño máis exquisito de Galicia. O nome Cabreiroá asemella un pouco duro, máis o luar é sinxelamente fermoso”. Así ollaba o noso val un dos ilustres visitantes en 1906, podendo agora entender, que pasados máis de 100 anos, seguimos atesourando cualidades propias dunha terra divina. Fun o “neno do balneario”, sen dúbida algunha, un privilexiado por ter a sorte de poder gozar dos encantos dun lugar máxico. Quixera dedicar este relato á memoria do meu pai, persoa que adoraba Cabreiroá, non só por ser parte da súa vida, senón que o levou no corazón ata o final dos seus días, e que soubo transmitirme, con prudente sutileza, o amor por un lugar apaixoante. Unha aperta. Miguel A. Prieto “Chitín”

Portugal, “quo vadis”? cións democráticas. Este camiño arruína o sistema que en teoría se chama democracia, manipulado por un neoliberalismo europeo desmedido, aliado á masonaría e a outras sectas que nós non entendemos moi ben. Sen dúbida, que hai grandes reformas urxentes a facer sobre todo a nivel da xustiza. Europa está a ser gobernada pola peor especie e neste punto José Saramago tiña razón cando afirmaba que “xa non

hai partidos a gobernar nin de esquerda nin de dereita, mais si bandos de deshonestos que se reúnen para nos roubar xuntos”. O pobo europeo ten moito orgullo no seu país, mais vergoña do sistema político e económico. A inestabilidade que se está a vivir é unha das grandes ameazas da economía, cunha banca fráxil, a transmitir medo e desilusión. En Portugal, felizmente, despois de nove meses de goberno, xa se nota unha

4 Haberá unha exposición. Redacción Vén de coñecerse o fallo do concurso fotográfico convocado pola organización da “XV Romaría etnográfica Raigame” celebrada o 17 de maio en Vilanova dos Infantes. O galardón á mellor serie fotográfica foi para “Retratos”, do cangués José Ángel Paz Gil, que recibe 500 euros. Houbo dúas mencións especiais a “Bailando aos catro ventos”, de José Manuel Nóvoa Blanco, de Ourense, e “As raiñas do Raigame”, de Isabel Janeiro Touriño, do Carballiño, “pola creativida-

de e orixinalidade”. En canto á mellor fotografía, resultou premiada “Xente de Vilanova-1” da ourensá Ana Iglesias, que recibirá 300 euros. En segundo lugar quedou “O gaiteiro cortés” da pontevedresa Beatriz Cabanelas (recibe 250 euros), e en terceiro, “Tra-la festa” da carballiñesa Isabel Janeiro (obtén 200 euros). O xurado acordou ademais conceder accesits a sete fotografías que formarán parte da exposición que será organizada no marco do Outono Fotográfico de Ourense. Os premios serán entregados en novembro.

Presentación da edición 2016 de “Entreculturas”.

Chega o VII Festival de Teatro “Entreculturas”

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

Está a crearse cada vez máis un caos financeiro nas contas do Estado. O poder político oculta a corrupción (de miles de euros). Pouco ou case nada se ten feito para evitar este cancro, que se vén arrastrando xa hai décadas. O desemprego aumenta aquí e en toda a Europa. A “invasión” dos africanos continúa e continuará tal como se prevía, contribuíndo á desorde social e ao lucro dos “grandes”, en detrimento das institu-

Fallado o concurso de fotogafría de Raigame

tenue melloría nas principais calamidades sociais: fame, pobreza e comeza a notarse un decrecemento da emigración. É hora de que a oposición colabore co goberno e que pasen catro anos para que o pobo xulgue. Estamos fartos de mentiras e de demagoxias saídas da boca da oposición. Unha cousa é certa, os nosos mozos están atentos e un día reporán a democracia. João Damião

Redacción O Auditorio Municipal de Verín acollerá, en outubro e novembro, o VII Festival de Teatro “Entreculturas”, no que participarán compañías de teatro amateur galegas. O festival, que fai unha clara aposta polo teatro local, está organizado pola Asociación para la Cultura y Ocio La Caja de Pandora de Verín coa colaboración do Concello.

Programa O festival inclúe sete funcións: “Fuga” (1 de outubro), “Hoy no me puedo levantar” (o 2), “Menciñeiro á forza” (o 8), “A casa de Bernarda Alba, a estanqueira da Mercé” (o 14), “O velatorio” (o 15), “O segredo” (o 22), “Cuñadas y juntas, ni difuntas” (o 28), “Azul escuro” (o 29) e “Un mal día” (5 de novembro). Todas comezarán ás 20 horas.


CLASIFICADOS

Barrios Setembro de 2016

23

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios. com. Distribúe: Visual. Imprime: Publicaciones Tameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro. Colaboracións: Joao Damiao, Borys Martínez, Miguel A. Prieto Sotelo, Silvia Nieto, Andrés Diz. Nº29 - Ano: XI - Setembro 2016 - Difusión: 15.000 exemplares. Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 045 352.

4TELÉFONOS DE INTERESE

4CLASIFICADOS

INMOBILIARIA Véndese pequeno soar en ruínas e 18 fincas rústicas no pobo de Reparada (Muiños). Prezo 2.000 euros. Tel. 636 329 524. Vendo piso no Vinteún. Boas vistas, corrido de adelante para atrás con praza de garaxe pechada. Prezo económico. Pouco gasto de comunidade. Tel. 629 52 38 12. Cómprase finca preto de Ourense, non urbanizable, económica. Interesados chamar ao 630 030 642. Vendo casa pequena de pedra totalmente restaurada en Ourense, fronte a parada de bus urbano, con terreo. 29.800 euros. Tel. 606 42 25 43. Vendo apartamento con dúas habitacións, cociña americana, trasteiro e garaxe. A cinco minutos da praia. Tel. 636 422 497. Vendo piso en praza España (Vigo). Tres habitacións, cociña, baño, salón, garaxe e trasteiro. Urxe venda. Tel: 639 81 62 09. Alugo praza de garaxe fronte ao centro de saúde da rúa Valle Inclán. 50 euros. Tel. 636 329 524. Alúgase local de oficina na Ponte (Ourense) acondicionado, 25 m2, económico. Tel.634 95 06 59. Ofrezo unha casiña pequena para restaurar moi próxima a Ourense a cambio de traballos de albanelería (restauración tellado, piso, encintar e dividir). Tel. 606 42 25 43. Traspáse cafetería en galerías parque de San Lázaro. Todo novo, recén reformado. Moi económico. Tel. 640 37 83 00. Precísase home para compartir piso, con calefacción, no barrio do Couto. Tel. 637 00 59 10. Véndese casa con finca na estrada de Santiago. Tel. 637 00 59 10. Alúgase piso amoblado exterior con garaxe ao lado dos novos xulgados. Tel. 637 00 59 10. Alúganse oficinas acondicionadas en r/Progreso. Tel. 637 00 59 10. Vendo finca edificable de 750 m2 con proxecto para casa. Ocasión: 12.900 euros. Tel. 606 42 25 43. Vendo casa en Cambeo. Pranta baixa, terreo, galpón e pozo. Tel: 649 673 492 - 988 216 755.

COMPRA /VENDA Vendo sofa 3+2 e caldeira de calefacción de gas cidade seminova. Tel. 637 00 59 10. Vendo Citroen Berlingo 1.6 HDI 90cv., ano 2012, 78.000 km., 5 prazas, con gancho de remolque, AA, porta lateral, peche centralizado. 8000 euros. Peugeot 207 1.4 HDI 70 cv., ano 2012, 80.000km., 5 prazas, AA, regulador velocidade. 7000 euros. Ford Focus 1.8 TD 90 cv., impecable, todos os extras. 3900 euros. Renault Clio 1.5 DCI, 70

cv., ano 2012, 70.000 km., AA, regulador velocidade, todos os extras. 7000 euros. Nissan Terrano II 2.7 TD, 125 cv., ano 2005, todos os extras. 4900 euros. Volkswagen Golf IV 1.6 16 v., 105 cv., moi coidado. 2900 euros. Tel. 988 460 576. Vendo Opel Zafira 1.9 CDTI 150CV (7 prazas) acabado COSMO (todos os extras). Máis info e fotos no 607 20 34 81 (atendo WhatsApp) Vendo máquinas recreativas (modelos vellos), máquinas de dardos (PRESAS), máquinas expendedoras de tabaco, etc. Tel. 607 20 34 81 (atendo WhatsApp).

EMPREGO Ófrecese señor para traballar de pintor -con 40 anos de experiencia- . Disponibilidade inmediata. Tel. 647 640 620. Limpeza de fincas, xardíns, desbroce e traballos de campo, ampla experiencia. Consulte prezo sen compromiso. Tel. 602 864 666. Danse clases particulares de pintura artística, óleo, acuarela, pastel, acrílico, todos os niveis, máis de 40 anos de experiencia. Tel. 610 659 417. Búscase traballo para manexar carretillas e/ou grúas. Tel. 673 764 277. Ofrécese señora para o coidado de persoas. Pode ser en casa ou no hospital. Con informes. Tel. 669 434 330. Danse clases particulares de piano, ideal para nenos e para iniciación. Tel. 667 985 171. Ofrécese señora para coidar a persoas maiores. Con informes. Tel. 669 434 330 - 988 24 60 96. Danse clases particulares de todas as materias de primaria, a domicilio ou presenciais. Tel. 666 743 660. Necesítase señora para coidar un matrimonio de persoas maiores e realizar tarefas do fogar. Tel. 630 03 06 42. Ofrécese home de 40 anos con experiencia e titulación para coidado de persoas maiores ou depedentes. Calquera horario. Seriedade. Tel. 685 56 46 81. Fanse desbroces con tractor ou a man. Bo prezo. Tel. 630 521 448. Impártense clases individuais personalizadas en Ourense. Materias curriculares de ensinanzas medias. Con CAP. Ampla experiencia. Económico. A domicilio. Contacto: clasesadomicilio2014@hotmail.com e 610 38 25 89

CONTACTOS Ofrécese mozo de compañía para mulleres de 40 a 60 anos. Danse masaxes eróticos. Prezo anticrise. Absterse de chamar homes. Tel. 697 79 59 28.

Comarca de Monterrei Concello de Verín Concello de Monterrei Concello de Oimbra Concello de Vilardevós Concello de Riós Concello de Castrelo de Val Concello de Laza Concello de Cualedro Comisaría de Policía Verín Policía Local Verín Bombeiro Verín Garda Civil Protección Civil Estación de autobuses Taxis - Parada Hospital Taxis - Parada Estación Autobuses Taxis - Parada Praza Merced Taxis - Parada Praza do Concello Ambulatorio Urxencias Ambulatorio Cita previa Hospital de Verín Cruz Vermella Correos e Telégrafos Rexistro Civil de Verín Rexistro da Propiedade Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Servizos Sociais Verín Cáritas Parroquial IES nº1 de Verín IES García Barbón I. Bacharelato X. Taboada Chivite CEIP Amaro Refoxo CEIP Princesa de España Comarca de A Limia Concello de Xinzo Concello de Porqueira Concello de Calvos de Randín Concello de Baltar Concello de Os Blancos Concello de Trasmiras Concello de Sarreaus Concello de Vilar de Barrio Concello de Sandiás Concello de Vilar de Santos Concello de Rairiz de Veiga Policía Local Xinzo Garda Civil Estación de autobuses Centro de saúde Xinzo Punto Atención Continuada Rexistro civil de Xinzo Rexistro da Propiedade Taxis - Parada Xinzo

988 410 001 988 418 002 988 426 160 988 417 004 988 425 032 988 419 002 988 422 002 988 424 004 988 414 123 988 411 612 988 590 206 988 410 005 988 412 121 988 413 516 988 414 342 988 411 812 988 410 385 988 411 113 988 410 800 988 413 460 988 413 636 988 411 600 988 411 038 988 410 387 988 410 737 988 410 703 988 410 253 988 414 776 988 410 679 988 411 212 988 410 379 988 410 041 988 411 425 988 410 128 988 550 111 988 466 102 988 434 000 988 466 503 988 467 506 988 445 000 988 454 002 988 449 001 988 465 001 988 465 883 988 465 552 988 462 425 988 462 361 988 460 309 988 462 200 988 462 456 988 46 0 188 988 460 209 988 460 309

Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Xulgado de 1ª Instancia Servizos Sociais Xinzo Cáritas Parroquial IES Lagoa de Antela IES Cidade de Antioquía CEIP Rosalía de Castro CEIP Carlos Casares Gardería Municipal Oficina Agraria Comarcal da Limia Comarca de Allariz-Maceda Concello de Allariz Concello de Baños de Molgas Concello de Maceda Concello de Paderne de Allariz Concello de Xunqueira de Ambía Concello de Xunqueira de Espadanedo Policía Local Allariz Garda Civil Allariz Centro de Saúde de Allariz Centro de Saúde de Baños de Molgas Centro de Saúde de Maceda Policia Local Maceda Garda Civil Maceda Parada taxis Maceda CEIP Padre Feixoo IES Allariz Gardería municipal Allariz Servicio Municipal de Augas Allariz Xulgado de Paz Allariz Comarca de Terras de Celanova Concello de Celanova Concello da Bola Concello de Cartelle Concello de Gomesende Concello da Merca Concello de Padrenda Concello de Pontedeva Concello de Quintela de Leirado Concello de Ramirás Concello de Verea Policía Local Celanova Centro de Saúde de Celanova IES Celanova CEIP Curros Enríquez Oficina Seguridade Social Celanova Xulgado 1ª Instancia Celanova Urxencias Sanitarias Cita previa Servizo Galego Saúde Teléfono maltratadas ITV Protección Civil Incendios forestais Fenosa (averías)

988 460 375 988 462 951 988 462 364 988 550 111 988 460 222 988 462 454 988 461 271 988 460 480 988 460 507 988 461 049 988 460 024 988 440 001 988 430 000 988 463 001 988 293 000 988 436 006 988 291 001 988 440 000 988 440 031 988 440 958 988 430 331 988 463 370 696 511 038 988 463 084 988 463 204 988 440 825 988 440 036 988 440 219 988 440 004 988 440 704 988 431 481 988 433 768 988 491 111 988 485 000 988 260 000 988 494 783 988 495 005 988 493 500 988 491 523 988 430 600 988 431 806 988 451 736 988 431 290 988 431 725 988 553 055 988 431 482 061 902 077 333 016 902 309 000 112 085 988 222 222


Barrios Setembro de 2016


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Setembro de 2016 - Barrios by Periodico Barrios - Issuu