[Páx. 2-3]
Balance do primeiro ano de mandato BARRIOS
Páx.4
Desratizan a contorna da estación de autobuses
BARRIOS
Páx.6
Denegan unha axuda para un ascensor no barrio das Camelias
OCIO
Páx.12-13
Festas de Ourense, do 25 de xuño ao 3 de xullo
SOCIEDADE Páx. 16
DEPORTES Páx. 22
O CIFP Portovello defende a formación para adultos
O 49º Rali “Ourense Termal”, para Cristian García
O convenio da intermodal asínase en campaña [Páx. 14]
A conselleira de Infraestruturas, a ministra de Fomento en funcións, o alcalde de Ourense e a directora xeral de Explotación e Construción de Adif asinaron o convenio de colaboración para executar a estación intermodal da cidade./RAMSÉS.
Número: 18- Ano: XV - Xuño 2016 - Depósito Legal: OU 15-2015 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de xullo. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190
OURENSE POR Barrios Xuño de 2016
BALANCE 1º ANO DE MANDATO EN OURENSE
Miguel Doval e Ledicia Piñeiro fixeron balance do primeiro ano no consistorio./PL.
Barquero participou nos Almorzos On/Off do Colexio de Xornalistas./P.L.
Ourense en Común acusa ao PP de gobernar “ás costas da veciñanza”
O socialista Barquero afirma que hai “parálise” no Goberno municipal
4 Afirman que contribuiron a aumentar o aforro, a transparencia e a participación.
4 O voceiro socialista defendeu que a súa é unha oposición “leal” e con propostas.
P.L.
P.L.
Os edís de Ourense en Común Ledicia Piñeiro e Miguel Doval fixeron balance dos primeiros 12 meses no Concello de Ourense, período no que destacan a súa contribución ao aforro municipal e ao aumento da transparencia e a participación cidadá. Ledicia Piñeiro indicou que cando chegaron por primeira vez ao consistorio ourensán atoparon “un Concello que malgasta e despilfarra, anquilosado nas formas e xestionando de costas á veciñanza”, e que hoxe, 12 meses despois, “a situación non
“Dixémoslle a Jácome, presenta un proxecto de goberno que poidamos trasladar a unha asemblea”
cambiou demasiado”. Pero si hai tres ámbitos nos que di Piñeiro, a súa presenza na Administración local serviu para modificar a positivo o estado de cousas. No gasto, “nós facemos que aforre o Concello”, pondo como exemplo os 300 quilos de papel aforrados ao non aceptar o dossier diario de prensa; en transparencia: “as concelleiras de OUeC teñen públicas as declaración de bens e conseguimos trasladar estas prácticas ao Concello”; e na participación, “conseguimos a creación da mesa da mobilidade”. No que se refire á valoración da xestión do grupo de goberno, desde Ourense en Común non están de acordo co termo “volta á normalidade” que emprega Jesús Vázquez. “Cal é a normalidade que ve o PP tendo un parque de bombeiros infradotado, cando un 23% das persoas están en risco de exclusión social, cando as traballadoras
da limpeza non cobran durante cinco meses, é normalidade non ter feito nun ano unha nova RPT, é facerlle modificacións substanciais ao PXOM sen facer unha segunda exposición pública?”, pregúntase a edil. De feito, consideran que o do PP goberna “ás costas da veciñanza e poñéndolle trabas á oposición”. Abertos a un goberno alternativo Preguntados sobre a postura de Ourense en Común ante unha posible moción de censura, Ledicia Piñeiro precisou que están abertos a dar apoio a un goberno alternativo: “lle dixemos a Jácome, presenta un proxecto de goberno que poidamos trasladar a unha asemblea veciñal”. Iso si, recalcou, “non o podemos facer sobre un reparto de cargos, de sillóns ou de cartos”.
O voceiro do grupo socialista, José Ángel Vázquez Barquero, fixo balance destes 12 meses na oposición nos Almorzos On/Off do Colexio de Xornalistas de Galicia. O socialista dixo do Goberno municipal popular –como xa o fixera en ocasións anteriores - que está instalado no “triunfalismo miope, na autocomplacencia, no márketing político, no turismo institucional, e despois de escoitar onte ao alcalde, na frivalidade”. E en particular, a Jesús Vázquez cualificouno como un alcalde “sen proxecto de cidade”,
A moción de censura “nestes momentos non está na axenda do Partido Socialista”
“sen liderado político”, “con déficit democrático” e que se apropia “sistemáticamente” dos proxectos do goberno anterior. A moción de censura non está na axenda Malia pintar un panorama de “parálise” tanto nos proxectos estratéxicos da cidade coma na xestión municipal, con exemplos como a Praza de Abastos da Ponte, os orzamentos, o PXOM, a ordenanza de veladores ou a estación intermodal, a moción de censura “nestes momentos non está na axenda do Partido Socialista”, afirmou. Puidera ser que o resultado das eleccións autonómicas en outono propiciara un cambio de postura, pero, subliñou Barquero, “non me dedico á política ficción, xa veremos”. O socialista recoñeceu que nas pasadas municipais os votantes “nos mandaron ao banco” e cre que agora teñen que realizar un
traballo de “recuperación do diálogo coa cidadanía”. Barquero dixo que o PSOE está a facer unha oposición “leal”, con propostas “que axudan ao bo goberno da cidade” en todos os plenos. Recordou que ten ofrecido a Vázquez Abad a súa colaboración para os proxectos estratéxicos, pero que ten que ser o popular o que goberne. E puxo un exemplo, os colectores soterrados: “estiveron un ano sen facer nada, quen goberna é o PP, quen ten que poñer as medidas é o PP”. En canto á afirmación do rexedor de que Ourense voltou á normalidade co Goberno popular, Vázquez Barquero defendeu que se a hai “é en gran medida pola oposición”. E afirmou que Jesús Vázquez “minte” cando afirma que non hai recursos nas arcas municipais; o remanente de tesouraría ascende a 40 millóns e os orzamentos prorrogados superan os 90, lembroulle.
BALANCE 1º ANO DE MANDATO EN OURENSE
OURENSE POR Barrios Xuño de 2016
Gonzalo Pérez Jácome, portavoz de Democracia Ourensana./ARQUIVO.
Jesús Vázquez compareceu cos seus concelleiros nun almorzo informativo./P.L.
Jácome ve ao PSOE “pechado en banda” a unha moción de censura
O alcalde cifra en 33 millóns de euros a captación de investimentos
4 O líder de Democracia Ourensana cre que “é imposible facelo peor” que o actual rexedor.
4 Jesús Vázquez defendeu que o PXOM non está “paralizado”.
P. Lodeiro O líder de Democracia Ourensana, Gonzalo Pérez Jácome, analizou nos Almorzos On-Off do Colexio de Xornalistas de Galicia o primeiro ano de mandato de Jesús Vázquez á fronte do consistorio ourensán. A eventual moción de censura no Concello de Ourense que DO tenta pactar co PSOE foi dos temas que máis interese espertaron nesta cita cos xornalistas. Gonzalo Pérez Jácome explicou que a súa relación co líder socialista, José Ángel Vázquez Barquero, mellorou nos últimos tempos, pero aínda así “son eles os que están pechados en banda”. E aínda que mantiveron contactos co Partido Socialista a nivel supramunicipal, recoñeceu que “non tiveron froito”. Unha postura -a dos socialistas- que considera “inexplicable, porque é algo que lles prexudica, pero non cambian”, polo que augura “un suicidio para el (Barquero) e para o
partido”. “Hai que estar tolos para menosprezar a un partido que pode ser chave para a Xunta de Galicia”, valoraba Pérez Jácome, quen estima que Democracia Ourensana pode conseguir até dous deputados nas eleccións autonómicas de outono, aínda sen ter presenza en toda a provincia; “a estrutura de partido non fai falta, o importante é a cúpula e ter boas ideas”. En relación a unha posible petición por parte dos socialistas de que non fose el o candidato a alcalde na eventual moción de censura, afirmou que se poría a un lado: “o programa electoral está por diante das persoas”. De todos os xeitos, considerou que as eleccións están a influír en que esa moción de censura non se concrete; así, cre que no PSOE “están a esperar un pouco a ver o que pasa”. Balance do goberno En canto á análise do primeiro ano de goberno do PP no Concello de
Ourense, o portavoz de DO volveu abundar nos mesmos cualificativos que máis dunha vez dirixiu a Jesús Vázquez. “É unha auténtica mentira e engano total desta persoa, é imposible facelo peor, non conseguiu ningún investimento, senón que o que había (en relación á estación de Foster) anulárona”, opinou. “É un tío ao que lle importa un bledo Ourense”, rematou. Tampouco aforrou epítetos para o presidente da Deputación, a outra administración onde Jácome exerce a oposición. “É un psicópata de garavata, xente que non ten emocións e sen escrúpulos; un megalómano”, dixo de Manuel Baltar.
“Hai que estar tolos para menosprezar a un partido que pode ser chave para a Xunta de Galicia”
P. Lodeiro No balance destes 12 meses de goberno, o alcalde de Ourense, o popular Jesús Vázquez, resaltou como positivo a “volta á normalidade, a ilusión e o traballo que o grupo de goberno leva entregado para tratar de sacar adiante moitos proxectos e tamén a receptividade e o cariño que amosa á xente”. Tamén suliñou os entre “33 e 35 millóns de euros de investimentos da administración pública e 600.000 euros de investimento privado” captados neste período, que poñen de relevo que o Goberno municipal está “en activo” e a cidade “movéndose”. E quere máis: “somos moi inconformistas, quero seguir poñendo proxectos de cidade enriba da mesa”. PXOM e orzamentos O político popular foi preguntado polo estado dos dous documentos
máis importantes para a cidade, o PXOM e os orzamentos. Dos orzamentos, que aínda dependen do trámite da RPT, o seu goberno valora se aprobar “uns presupuestos tardíos o uns presupuestos anticipados”, é dicir, esquecerse dos de 2016 e preparar xa os de 2017. Con respecto ao PXOM, dixo que “non está paralizado”, explicando que o equipo redactor o está adaptando á nova Lei do Solo, e conta con ter o documento definitivo no mes de xullo. Vázquez descartou que vaia haber unha segunda exposición pública, apoiándose no ditame dos técnicos. Estación intermodal Con respecto ao AVE, o alcalde segue confiando en que “en próximos días” se materialice o convenio para a integración ferroviaria e se presente o proxecto intermodal que agarda “cumpra os requisitos que a cidadanía vén demandando”. O rexedor
recoñeceu que quizais a ministra de Fomento “adiantouse moito”, ao anunciar que se presentaría en abril (data que non se cumpriu), pero insistiu que “un, dous, tres meses en política non é nada para presentar un proxecto desta envergadura”. Sobre a oposición Jesús Vázquez amosouse crítico co modelo de oposición “de confrontación” que cre que debería mudar, e recoñece “parte de culpa” en que a relación non sexa todo o boa que puidera ser. “Temos que intentar falar máis”, asumiu. Con respecto a unha posible moción de censura que o apee da alcaldía, Vázquez afirmou que “non me quita o sono” no sentido de que “o que vaia ser será, e se nos seguen boicoteando actuacións creo que o máis lexítimo sería que a presentaran”.
A moción de censura “non me quita o sono”
OURENSE POR Barrios Xuño de 2016
BARRIOS
Luz verde á licenza para a construción de oito vivendas en Covadonga
Desratizan a contorna da estación de buses a petición veciñal
4 Esta promoción será executada polo Instituto Galego de Vivenda e Solo.
4 A AVV As Termas tamén reclama o desbroce do camiño á zona do Tinteiro.
Redacción
Redacción
O alcalde de Ourense informou trala Xunta de Goberno local do 16 de xuño que lle foi concedida ao Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) licenza de obra para proxecto de execución de construción de oito vivendas de protección pública na área de reparto AR-16N Alejandro Pedrosa, no barrio de Covadonga. Os edificios estarán compostos de planta baixa, semi-soto para garaxeaparcamento e elementos comúns; de planta primeira a planta cuarta para dúas vivendas por planta e elementos comúns; e planta baixo-cuberta para rochos e elementos comúns, segundo o proxecto redactado polo arquitecto José Javier Suances Matías. O orzamento da obra é de 533.463 euros máis IVE e o prazo de execución de tres anos.
Dous días despois de que o solicitaran os veciños, unha empresa especializada enviada polo Concello de Ourense procedeu a desratizar o contorno da estación de autobuses e os accesos a zona termal do Tinteiro como resposta á petición feita pola Asociación Veciñal As Termas, situada na urbanización de vivendas sociais xunto á estación. Dende a Asociación Veciñal o presidente Ángel Gómez sinala que “as veciñas e veciños agradecen a rápida intervención do Concello. A base de insistir pouco a pouco vanse conseguindo cousas; ben sexa pequenos arranxos e cuestións de mantemento como é o caso ou obras maiores como parque infantil que conseguiramos para o barrio. Sen a participación activa da cidadanía non serían realidade”. Os veciños agardan agora que o Concello atenda a súa petición de desbroce dos accesos dende a Rúa D ata a zona
Rehabilitacións no casco vello Esta é unha das catro actuacións de promoción de vivenda pública protexida
Edificio no nº 1 da rúa Villar que se rehabilitará/P.L. que se poñen en marcha coa colaboración do Instituto Galego de Vivenda e Solo, que suporán un investimento de preto de dous millóns de euros. As outras tres desenvólvense no ámbito do casco vello. A primeira delas é a rehabilitación integral dun edificio para dúas vivendas na rúa Villar, 1. O proxecto orixinal xa foi entregado e está en fase de supervisión pola Oficina do IGVS. Su-
porá un investimento de 385.000 euros. A segunda, a reconstrución dun edificio no número 14 da rúa Cervantes, que será cedido polo Concello, cun importe estimado de 446.695 euros. Este ano licitarase a redacción do proxecto e dirección de obra. E finalmente, un edificio da rúa Villar 3-5 para dúas vivendas, por importe de 407.936 euros.
Unha empresa especializada desratizou a zona da estación de autobuses e das vivendas sociais./CEDIDA. termal do Tinteiro, petición que será atendida o antes posible segundo lles informaron desde a Administración local, apuntan dende o colectivo veciñal. Esta reclamación sú-
mase ás xa realizadas nos tres últimos anos desde As Termas; en concreto, o arranxo do firme do camiño e instalación de puntos de luz, aínda sen resposta municipal.
OURENSE POR Barrios Xuño de 2016
BARRIOS
O PSOE solicitará o adecentamento da pasarela de Outariz 4 Presentará unha moción no pleno de xullo. Redacción O Grupo Municipal Socialista presenta unha moción para o seu debate no pleno do día 1 de xullo, na que reclamará unha solución urxente á “situación de abandono” na que se atopa a Pasarela de Outariz, que “afea” a nosa imaxe turística de entrada á cidade. Os socialistas esixirán ao alcalde un acordo coa Confederación Hidrográfica co fin de garantir que urxentemente se proceda á limpeza e adecentamento da pasarela ubicada na zona termal. Dez anos de pasarela En febreiro de 2006, a Confederación Hidrográfica deu por inaugurada a Pasarela de Outariz pese que as obras aínda non estaban rematadas, faltando aínda a instalación da iluminación, sendo pechada
inmediatamente ao público e aberta de novo case dous meses despois. No mesmo ano o daquela alcalde Manuel Cabezas recoñecía que debía ser o Concello o que asumira no futuro a súa conservación e mantemento. Dez anos despois, turistas, veciños e comerciantes coinciden en denunciar a falta de control e coidado dun símbolo turístico de entrada a nosa cidade como é a Pasarela de Outariz, que se atopa en situación de abandono e chea de pintadas. Recentemente a CHMS confirmou que o mantemento da infraestrutura é responsabilidade do Concello de Ourense, polo que os socialistas reclámanlle ao grupo de goberno que chegue a un acordo con esta entidade para a execución das obras de limpeza.
A pasarela é o principal acceso peonil á zona termal de Outariz./ARQUIVO.
O edificio xudicial estrea novo acceso viario e peonil 4 Case dous meses despois da visita das autoridades ás obras da rúa Francisco Llorens. Redacción O edificio de xulgados do Couto conta desde o 10 de xuño cun novo acceso, trala finalización e apertura do enlace que comunica a rúa Francisco Lloréns e a rúa Velázquez, que foi construído polo Concello de Ourense cun investimento de 180.000 euros. A obra permite resolver a accesibilidade exterior e a rede viaria interior, salvando a diferenza de cota ou altura, existente entre ambos viais e fai posible o acceso viario, peonil e inclusive de vehículos de emerxencias. A actuación, executada pola empresa Obras e saneamentos de Galicia, soluciona o problema
topográfico mediante a construción dun muro de micropilotes que separa a zona de tráfico rodado do peonil e a dunha rampla para o segundo. A obra incluíu infraestruturas básicas necesarias para o novo vial: rede de abastecemento de auga, saneamento, drenaxe, alumeado público e telecomunicacións, así como mobiliario urbano, plantas e arbustos. Para dotar á zona dunha iluminación óptima, instaláronse luminarias con sistema de telexestión de eficiencia enerxética. Salientan desde o Concello que esta intervención “abre un cómodo e renovado acceso á nova sede do edificio xudicial e supón unha rehumanización e revaloración desta zona no barrio do Couto”.
4
Cuestionan a accesibilidade A respecto do enlace entre as rúas Francisco Llorens e Velázquez, desde Ourense en Común denunciaron deficiencias de accesibilidade. Nun comunicado fan referencia a que a nova rúa “acusa especialmente unha falta de sensibilidade no referido aos itinerarios para persoas con mobilidade reducida”. “A estreiteza e a falta de rebaixes nas beirarrúas, implica que unha usuaria en cadeira de rodas teña que modificar o seu percorrido natural, incluso dar un rodeo e desandar camiño, para poder transitar pola rúa, sen que existan sinais nin paneis informativos que lle advirtan desta situación”, indica OUeC.
O novo acceso desde a rúa Francisco Llorens, días antes de ser aberto ao tráfico./P.L.
EN BREVE 4 Entrega das últimas vivendas de Covadonga A Xunta de Galicia vén de entregar as cartas de adxudicación das 22 vivendas de promoción pública construídas no barrio de Covadonga, os inmobles adxudícanse en réxime de compravenda. Unha vez entregadas as cartas de adxudicación, os beneficiarios dispoñen dun prazo de 15 días para comunicar ao Goberno galego a aceptación da vivenda e cumprimentar os trámites previos á sinatura de escrituras de compravenda e á entrega de chaves. En total, o Executivo autonómico construíu 52 vivendas de promoción pública en Covadonga. O resto de pisos xa fora entregado aos seus propietarios no mes de febreiro.
4Ordenanza de veladores de Barbadás Entrou en vigor a nova ordenanza de instalación de terrazas e veladores de Barbadás. A normativa establece unha distancia mínima de metro e medio das terrazas a pasos de peóns, paradas de autobuses, cabeceira de aparcadoiro de taxis e colectores de lixo. Tamén deben garantir un paso peonil dun mínimo de 1,60 metros e non poderán obstaculizar o acceso á calzada desde os portais de vivendas nin desde as entradas de garaxes. A ordenanza aumenta o número de infraccións.
OURENSE POR Barrios Xuño de 2016
BARRIOS
A AVV Eiroás, disconforme coa obra da praza 4 A asociación veciñal quéixase de que a praza foi substituída por un estacionamento. Redacción A asociación veciñal As Eiroás vén de enviar unha carta aos medios de comunicación valorando como “desafortunado” o resultado da intervención municipal na praza das Eiroás. Quéixanse de que agora, en vez de praza, teñen “un grande estacionamento”. Explica o presidente da Asociación de Veciños As Eiroás, Lois Pardo, “non só non apreciamos ningunha mellora con esta obra, senón que nos atopamos con serias eivas que veñen a dificultar máis a vida cotiá do barrio”. Refírese a
que a única vivenda existente na praza viu como se lle xeneraban desniveis de até 40 centímetros nas entradas ao seu fogar e ao seu garaxe desde a superficie da praza, “situación aínda hoxe non solventada e pola que perderon estes accesos”. Asemande, as beirarrúas foron deseñadas sen cumprir as medidas mínimas, “deixando nalgún caso un poste xusto no medio do trazado”. De feito, “a propia beirarrúa que continúa desde a praza até o centro deportivo pola rúa do Pazo segue sen cumprir as medidas mínimas para a cir-
Propostas de accesibilidade para a Cruz Alta 4 A AVV Agarimo propón un ascensor e DO unhas escaleiras mecánicas. Redacción O presidente da AVV Agarimo da Cruz Alta, Manuel Carnero, presentou un proxecto da instalación dun ascensor no barrio, que subiría dende a esquina da farmacia (situada na parte baixa da rúa Xoán de Nóvoa) ata o alto desta mesma rúa, “e aquí outro para situarnos na rúa Nuño de Ousende”. Carnero fala das vantaxes da instalación deste ascensor: “poder subir 12 persoas en cada viaxe, ou poder subir unha cadeira de rodas ou un carriño de bebé, cun custe mínimo en comparación cunha escaleira mecánica”. O mantemento en avarías -“que é moito menor”- sería outra das vantaxes do ascensor fronte ás escaleiras mecánicas que viñan
Escaleiras na rúa Xoán de Nóvoa./P.L. propondo desde Democracia Ourensana. Por certo que desde DO deslixitiman a proposta de Carnero, ao consideralo só “a voz parlante do PP” e recordan que “nunca se pronunciou ao respecto”. A proposta de escaleiras mecánicas non conta co apoio do alcalde, pois “non favorecen a mobilidade”, referindose a que “nunha escaleira mecánica non pode caber unha cadeira de rodas”.
culación de peóns”, explican neste comunicado. A AVV Eiroás tamén considera que se dificulta o acceso peonil pola rúa do Campo e se suprimen “diversos espazos de lecer para a veciñanza”.
Os operarios aínda están cos últimos retoques á obra da praza de Eiroás./M.REJO.
BARRIOS
Denegan a axuda para un ascensor 4 Veciños das Camelias reclaman á Xunta que lles abone a subvención concedida. Redacción Veciños da praza da Cantiga, 2, do barrio das Camelias concentráron-
se para protestar por que a Xunta lles denegou a subvención que tiñan concendida para instalar o primeiro ascensor exterior
Protesta dos veciños da praza da Cantiga, 2./M.REJO.
de Ourense. O problema xurdiu cando no 2014 as obras se paralizaron ante un recurso dun veciño, pero a xustiza acabou dándolles a razón. “O atraso na terminación da obra foi por causas alleas á nosa vontade”, recordan. Agora están pendentes do recurso de alzada presentado ante a Consellería de Vivenda, “esperando se solidarice cun edificio de pensionistas case na súa totalidade”. De ser rexeitado, cada propietario enfrontaríase a un gasto de máis de 15.000 euros. A maioría deles son persoas maiores con problemas de mobilidade “e estarían condenados a estar pechados nas súas casas” sen o ascensor. O PSOE presentará no pleno de xullo unha moción para instar ao Concello a que medie no caso e á Xunta a que flexibilice as ordes de subvención para a instalación de ascensores para evitar máis casos coma este.
OURENSE POR Barrios Xuño de 2016
4NOTICIA DE EMPRESA
Gabriel, Guillermo e Skarlet, persoal de Calipage- Papelería La Creativa.
Campaña volta ao cole 2016-17 en Calipage Desde Calipage - Papelería La Creativa, establecemento situado na zona do Posío, queren que todos os nenos e nenas ourensáns teñan un verán divertido e unha volta ao cole chea de cor e de enerxía. Para tal fin, este ano ofrecen agasallos directos coa compra de material escolar, material para manualidades de verán. Tamén sortearán produtos tecnolóxicos e como todos os anos, coa compra dos libros de texto, darán o carné de desconto, válido durante todo o curso 2016-17, para que as familias poidan adquirir todo o material escolar que os cativos precisen cun desconto do 15%. Ademais, en Calipage aceptan os cheques-libros e cheques de material que entrega a Xunta de Galicia e o Concello de Ourense. Visítaos en rúa Galicia, 18, Ourense.
OURENSE POR Barrios Xuño de 2016
BALANCE 1º ANO DE MANDATO EN BARBADÁS
“É fundamental a construción dun centro de día e un instituto”
“Incrementamos as axudas sociais e mudamos a política de contratación”
4 O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, defende a política do goberno bipartito baseada na modernización do municipio.
4 O tenente de alcalde destaca a boa relación co PSOE, e defínea como “cordial no persoal e de entendemento no político”.
S.N.
S.N.
Logo de décadas de goberno popular, en 2015 tomaron a batuta de Barbadás PSOE e BNG en coalición. Á cabeza do novo goberno leva un ano o socialista Xosé Carlos Valcárcel, que aposta por darlle relevancia a actuacións “cercanas, próximas e factibles”.
A outra metade do actúal goberno municipal de Barbadás compona o BNG. Falamos co tenente de alcalde, o nacionalista Xosé Manoel Fírvida, para coñecer a súa visión deste ano á fronte do consistorio.
Que ten sido o máis positivo deste ano á fronte do consistorio de Barbadás en coalición co BNG? Xosé Carlos Valcárcel: “O máis positivo ten sido comezar a construír un Barbadás moderno, un concello no que os detalles, a política das pequenas cousas, adquire relevancia. Ten sido enriquecedor iniciar a xeira da transformación dun municipio que a pesar de estar nos primeiros postos dos concellos da provincia estaba a anos luz da modernidade. Neste ano tentamos conformar un Barbadás máis dinámico, moderno, adaptado ás inquedanzas da veciñanza, que precisamente se fixa e reclama actuacións cercanas, próximas, factibles. Respecto á coalición é moi edificante aglutinar diferentes puntos de vista para confluír nun proxecto de concello harmónico e que recolla todas as inquedanzas”. E o máis negativo? X.C.V.: “Ás veces por en común ideas, proxectos, propostas entre diferentes partidos e entre persoas que teñen diversos puntos de vista non é doado. Pero prima sempre o interese xeral e o desexo de que Barbadás escriba a súa propia historia dende abaixo cara arriba. Os políticos somos só unha
Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás./ARQUIVO. parte na engranaxe dunha sociedade moderna, onde todos, absolutamente todos, teñen algo que dicir, que achegar”. Cal é o proxecto inescusable que lle gustaría que saíse adiante neste mandato? X.C.V.: “É complicado elixir un só proxecto para definir un mandato. Para o goberno actual son importantes varios proxectos, fundamentalmente a construción dun centro de día público e dun instituto de ensino secundario”. Cómo é a súa relación co seu socio de goberno? e cos grupos da oposición? X.C.V.: “Co socio de goberno a relación é francamente cordial e moi fluídos os contactos para dar forma a un concello en permanente cambio, tendo en conta que o índice de natalidade é dos máis altos de Galicia. Esta situación obríganos a estar continuamente empapándonos de adaptacións sucesivas. Co resto de grupos da oposición a relación é desigual porque a represen-
tantividade de cada un é diversa. Por exemplo, non podemos esquecer que o compañeiro Ramón Padrón apoiou ao actual goberno na investidura e iso xenera unha maior proximidade e abre continuas liñas de colaboración. Respecto a Democracia Ourensana, as relacións poden resultar distantes por momentos, pero en termos xerais é un grupo que trata de achegar solucións a problemas que nós tamén detectamos e ten sido moi crítico con determinadas cuestións que, por suposto, nos preocupan a todos. Co PP as relacións son máis complexas ao tratarse do contrapunto político maioritario en Barbadás. A veces esquecen que o seu partido estivo durante décadas gobernando e non atoparon solucións a cuestións e proxectos que agora plantexan como prioritarios. Para min iso é unha contradición evidente, pero en xeral as relacións son relativamente cordiais, sempre enmarcadas na dinámica goberno-oposición”.
Que ten sido o máis positivo deste ano á fronte do consistorio de Barbadás en coalición co PSOE? Xosé Manoel Fírvida: “O incremento das axudas para emerxencia social, que cando chegamos estaban esgotadas. E o cambio na política de contratación de persoal, garantindo procesos de selección baseados no mérito, capacidade e igualdade de oportunidades”. E o máis negativo? X.M.F.: “A lentitude da administración pública. A frustración por non poder poñer en práctica proxectos para o con-
“O peor é a incapacidade financieira ou as trabas administrativas”, detalla Fírvida
Xosé Manoel Fírvida, tenente de alcalde de Barbadás. cello por incapacidade financeira ou trabas administrativas”. Cal é o proxecto inescusable que lle gustaría que saíse adiante neste mandato? X.M.F.: “A construción dun instituto de ensino secundario e dunha casa para a mocidade no concello de Barbadás”. Como é a súa relación co seu socio de goberno? e cos grupos da oposición? X.M.F.: “Con todos os grupo municipais a relación é cordial. A pesar das nosas diferencias ideo-
lóxicas e de proxecto de concello, a relación é boa. Incluso temos colaborado en varios proxectos e temos feito propostas conxuntas e chegado a acordos. Entendemos a oposición como un traballo construtivo para o concello que cómpre valorar. A relación co partido socialista mantense dentro do vieiro marcado no pacto de goberno. Cordial no persoal e de entendemento no político. Polas dúas bandas tivemos que facer esforzos de conciliación de programas e visións do proxecto de concello que queremos para Barbadás”.
BALANCE 1º ANO DE MANDATO EN BARBADÁS
“O pacto enriquece as iniciativas que saen adiante” 4 Compromiso por Barbadás analiza os aspectos a mellorar polo novo goberno. S.N. Compromiso por Barbadás entraba en maio de 2015 por primeira vez na corporación municipal, e facíao sendo chave para que o Concello mudase de mando; aínda que sen entrar a formar parte do goberno, para que sexa preciso o diálogo na toma de decisións. Ramón Padrón fainos balance. Que foi o máis positivo deste ano formando parte da corporación municipal de Barbadás? Ramón Padrón: “A presenza no Concello por primeira vez dunha forza exclusivamente veciñal, con persoas sen pasado político, co único obxetivo de ser a voz e os ollos dos veciños de Barbadás. Tamén o cambio que supuxo pasar de gobernos de maiorías absolutas a un goberno en minoría que necesita do pacto e do diálogo contínuo co resto das forzas do pleno, o que enriquece as propostas e iniciativas que saen adiante. Ademais, grazas ás nosas achegas reducíronse gastos e custos do goberno pese a aumentar en concelleiros, establecéronse tribunais con representantes dos partidos para unha maior transparencia na contratación de persoal, baixada de taxas e impostos municipais, IBI...”. E o máis negativo? R.P.: “A mala xestión na limpeza viaria e nos pobos, non tanto polas horas de traballo senón pola falla de previsión e de eficacia. A falla de diálogo do goberno coas AAVV, apro-
OURENSE POR Barrios Xuño de 2016
“O peor é ver como Barbadás está á deriva ” 4 A voceira do PP de Barbadás, Consuelo Vispo, acusa a PSOE e BNG de ter “falta de diálogo” e traballar “por separado”. S.N. Consuelo Vispo tomou o relevo de Xosé Manuel Freire Couto á fronte do PP de Barbadás de cara aos pasados comicios municipais, os cales lles depararon o paso do goberno á oposición. A popular fainos balance deste ano e acusa a PSOE e BNG de xerar “dobre goberno, dobre gasto”.
Ramón Padrón. bando unha ordenanza ás súas costas. E, ademais, non se sabe nada das dúas demandas máis urxentes: o centro de día e a gardaría municipal”. Cal cre que debería ser a prioridade do goberno neste mandato? R.P.: “Transparencia, capacidade de diálogo polo ben común, eficacia e eficiencia na xestión diaria, apoio decidido aos maiores e nenos, así como ás familias e aos dependentes”. Como está a ser a relación cos demais grupos? R.P.: “Co grupo de goberno en xeral é boa. Teñen demostrado capacidade de diálogo, con algunha pequena excepción que é preciso correxir, porque xa se sabe a onde chegan os gobernos que non dialogan e son incapaces de chegar a acordos. E co resto da oposición é boa tamén. Nós estamos abertos ao acordo sempre que sexa polo ben común, nunca para satisfacer obxetivos propoios dun grupo político en particular”.
Que foi o máis positivo deste ano formando parte da corporación municipal de Barbadás? Consuelo Vispo: “O traballo en equipo do PP de Barbadás. Somos un grupo de persoas moi centradas, comunicativas e dialogantes. A pesar de estar na oposición seguimos achegando ideas novas para mellorar o benestar dos veciños. Convertémonos nos oídos das súas inquedanzas, queixas e o seu malestar ante a desidia do novo goberno polo que tentamos darlles voz a través das nosas mocións no pleno. Cremos que o estamos conseguindo porque un terzo das nosas mocións foron aprobadas. Con todo, noutras ocasións, e a pesar de presentar proxectos contrastados e en beneficio dos veciños, votan en contra ou ignórannos, non sabemos se porque non as entenden ou por non estar en contacto coa cidadanía. Por exemplo, negáronse a aprobar unha moción do PP que pide rebaixar nun 29% o valor catastral das vivendas, porque iso
Consuelo Vispo, voceira do PP en Barbadás./ARQUIVO.
“Acá non hai mesas de traballo, apróbanse as normas por imperativo legal”, denuncia Consuelo Vispo. suporía para o Concello 600.000 euros menos de ingresos. Que pensarán os veciños?”. E o máis negativo? C.V.: “O peor, ver como un Concello como Barbadás está á deriva sen un alcalde ou un tenente de alcalde á fronte. Cremos que un Concello con máis de 10.400 habitantes e en franco crecemento precisa a unha persoa dedicada en corpo e alma aos problemas dos veciños, pero ningún deles ten dedicación exclusiva. Nin sequera parcial. Atenden aos veciños con citas. Tamén sentimos impotencia ao ver a falta de diálogo entre eles. PSOE e o BNG traballan por separado para rendibilizar as concellarías de cada grupo. Realizan políticas partidistas sen ningunha cohesión e que non levan a melloras na calidade de vida dos veciños. Están a facer certo
o dito de “dobre goberno, dobre gasto”. Ademais, seguen vivindo na oposición. En todos os plenos dinnos o que fixemos mal no pasado, pero son incapaces de achegar ideas novas. Están encallados no rancor. Cremos que neste ano viviron das rendas do goberno anterior, e que está a ser a oposición a que está a lles axudar a corrixir os seus erros en materias tan importantes como as ordenanzas, limpeza, obras ou o mantemento de parques e xardíns. É preocupante a súa falta de diálogo. Por exemplo, recentemente aprobaron unha nova ordenanza de veladores sen escoitar aos sectores implicados. Foron os hostaleiros os que nos pediron axuda para facer chegar as súas preocupacións ao alcalde. Tamén as asociacións de veciños achegáronnos as súas alegacións á ordenan-
za de subvencións para entidades veciñais e culturais. O PP apoiou as presentadas por nove das asociacións, pero o grupo de goberno aprobou a súa ordenanza facendo oídos xordos, co voto de calidade do alcalde e aproveitando a ausencia da concelleira de DO. Acá non se fan mesas de traballo coas partes implicadas, apróbanse as normas por imperativo legal, aínda que saiban que se están equivocando”. Cal cre que debería ser a prioridade do goberno de PSOE-BNG neste mandato? C.V.: “Traballar de forma conxunta por Barbadás para que sigamos sendo un Concello de referencia nivel provincial e autonómico. Levan un ano e non achegaron nada propio. É hora de deixar de vivir de rendas e facer cousas novas. De momento só poden presumir de ter máis persoal en obras e xardíns, pero só hai que dar unha volta polos pobos ou A Valenzá para comprobar que están abandonados”. Como está a ser a relación cos grupos de goberno? E cos outros grupos da oposición? C.V.: “A nosa relación cos grupos de goberno é nula. Aínda así estamos dispostos a apoialos, e xa o demostramos varias veces, cando presenten propostas que sumen para Barbadás. Nós non pensamos en partidos, senón en persoas. Os nosos veciños son o primeiro. Con DO temos mellor entendemento e a súa representante apóianos máis. No caso de Compromiso por Barbadás chegamos a algún acordo puntual, pero non hai que esquecer que foi o que lle deu a gobernabilidade ao bipartito a cambio dun pacto no que lle reclamaba unha serie de medidas e iso coarta a súa independencia”.
10
OURENSE POR Barrios Xuño de 2016
Confirmada a absolución de Áurea Soto Redacción A Audiencia Provincial de Ourense confirmou a sentenza absolutoria á ex concelleira Áurea Soto e o avogado Carlos Hernández no caso da legalización de edificacións da praza de San Antonio. A Sala desestima o recurso da Fiscalía e da acusación particular e conclúe que “non cabe falar dun delito de prevaricación urbanístico, ao non mediar polo exposto tal groseira desviación da normativa como se expuxo, nin a título de autoría en relación á concelleira de Urbanismo, nin a título de cooperación en base a un informe que ao cabo viabilizaría o éxito do incidente de inexecución”. En xaneiro de 2015, Soto dimitira como concelleira de Urbanismo trala apertura de xuízo oral.
CIDADE
DO, PSOE e OUeC denuncian unha oposición “á medida” para o posto de xefe de Recursos Humanos 4 O alcalde defende a “legalidade” do proceso. P.L. Democracia Ourensana, Partido Socialista e Ourense en Común coinciden en opoinar que a oposición para a praza de xefe de Recursos Humanos foi feita “a medida” por parte do Partido Popular para colocar no posto de xefe de Recursos Humanos ao ex concelleiro Francisco Javier Rodríguez Nóvoa. Rodríguez Nóvoa , que é funcionario na Deputación, obtivo a máxima puntuación nun concurso no que “non se require formación específica en xestión de Recursos Humanos” e “non se valora
experiencia específica”, explicaba a concelleira de OUeC, Ledicia Piñeiro. Ademais, a segunda fase do concurso era a presentación dunha memoria “na que non quedan moi claros os criterios de valoración”. O voceiro socialista, José Ángel Vázquez Barquero, cre que esta oposición responde á estratexia de “recuperar a vella política de persoal de Manuel Cabezas, de contratación de amigos, familiares e militantes do PP”. E o líder de DO, Gonzalo Pérez Jácome, dixo que contratar a Rodríguez Nóvoa como xefe de Persoal é como “pór o raposo a coidar das
Barquero, Piñeiro e Jácome compareceron xuntos./P.L. galiñas”. O proceso opositor xa foi resolto e agora está en fase de reclamacións. A oposición valorará a posibilidade de recurrir á vía xudicial.
Resposta do alcalde O alcalde de Ourense defendeu a “transparencia” e “legalidade” de todo o proceso e animou á oposición a levar este asunto ao xulgado.
Prorrogan a instrución do caso Baltar Redacción A titular do Xulgado de Instrución nº3 de Ourense acordou prorrogar por seis meses a investigación do caso Baltar. A pesar de que o Ministerio Fiscal non interesou a declaración de complexidade da causa, é posible acordar a prórroga unha vez foi solicitada pola acusación particular e a defensa da investigada. Lembra a maxistrada que están pendentes de realizar diversas dilixencias, entre elas a toma de declaración a un dos co investigados, José Luís Baltar, que será o 29 de setembro. No mesmo auto, a xuíza require á muller investigada, Teresa S., para que facilite unha serie de datos ao xulgado e á defensa de José Luís Baltar para que realice copia das gravacións.
ECONOMÍA, EMPREGO E EMPRESAS
OURENSE POR Barrios Xuño de 2016 EN BREVE
Fátima Báñez coñece La Molinera 4 O Ministerio de Emprego apoiará programas de formación e de coworking nestre centro. P. Lodeiro A ministra de Emprego e Seguridade Social en funcións, Fátima Báñez, realizou unha visita institucional ao Centro de Coñecemento La Molinera, que depende do Concello de Ourense. “Un centro de orientación, de formación e de aposta polo emprendemento”, segundo o definiu Báñez, no que se van a implantar programas novos de formación para o emprego e tamén de coworking, como o programa de emprego xuvenil que veñen de asinar a Deputación de Ourense e a Fundación Escola de Organización Industrial, ou outros proxectos de “envegadura” que serán comunicados en próximas datas, precisaba o alcalde, Jesús Vázquez. Programas que se financiarán con fondos europeos a través do Ministerio de Emprego e que “vanlle dar oportunidades, no caso deste centro, a máis de mil
Alfonso Marnotes.
4 Ourense terá tres programas de emprego
novos nos próximos meses”, valoraba a ministra. Recuperación do emprego Nesta visita Fátima Báñez referiuse aos datos do paro e puxo en valor a “recuperación social” en materia de emprego nos últimos anos, apuntando que “hoxe hai 40.000 parados menos en Galicia que cando chegamos ao goberno en 2011, e o máis importante é que se recuperaron 50.000 dos empregos destruídos pola crise”. Tamén citou á nosa Comunidade como “un exemplo de políticas a favor dos mozos no emprego. Hoxe podemos dicir que hai 10.000 parados menores de 25 anos menos dos que había en decembro de 2011, deles mil en Ourense”. E subliñou que a taxa de paro xuvenil descende na nosa provincia a un ritmo do 12%, o que a coloca “entre as provincias de España onde máis baixa”.
A ministra de Emprego en funcións, Fátima Báñez, deixou a súa mensaxe no taboleiro de La Molinera./P.L.
11
O edil de Promoción Económica, Jorge Pumar, cos participantes na lanzadeira./P.L.
Cinco dos 25 participantes na Lanzadeira de Emprego atoparon xa traballo 4 Iniciativa do Concello de Ourense, a Fundación Telefónica e a Fundación Santa María la Real. P.L. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, o concelleiro de Promoción Económica, Jorge Pumar, a directora de Telefónica en Galicia, Marta Menéndez, e a técnica do programa Lanzadeiras da Fundación Santa María a Real, Marta Prieto, realizaron unha visita aos participantes na Lanzadeira de Emprego de Ourense, a primeira destas características que se desenvolve na nosa Comunidade. A Lanzadeira comezou a funcionar no mes de abril cun grupo de 25 mozos de entre 23 e 34 anos con perfís formativos moi diferentes pero cun mesmo obxectivo: axudarse a atopar traballo. Cinco deles xa o conseguiron, e os seus promotores agardan que ata o seu remate en setembro, se alcance a media de inserción laboral das lanzadeiras de emprego,
A media de inserción laboral das lanzadeiras está “entre un 60 e un 70%”
“entre un 60 o 70%” precisaba Prieto. Unha cifra “bastante significativa se a comparamos con programas análogos”, valoraba a directora de Telefónica en Galicia, quen resaltaba que “este tipo de iniciativas hoxe en día son necesarias para poder axudar os desempregados”. O alcalde de Ourense, pola súa banda, resaltaba o “pioneiro” deste proxecto, que pon o foco en ensinar “novos modos na busca de emprego, novas metodoloxías para que a xente crea en se mesma e poida, a partir das súas capacidades, atopar traballo”. Nesa liña, comentaba a técnica que xestiona a Lanzadeira, Lidia Enrich, “durante estes primeros días levamos a cabo sesións grupais e dinámicas para cohesionar o equipo, desenvolvemos obradoiros de autocoñecemento e comunicación para elaborar plans estratéxicos individuais e da lanzadeira. Igualmente, traballamos para coñecer novas ferramentas de mellora da empregabilidade, mellora das competencias informáticas e dixitais e adaptación ao novo mercado laboral”.
No que resta de programa os participantes reforzarán os seus contactos con empresas, reclutadores e responsables de Recursos Humanos. Valoración positiva En xeral, a valoración por parte dos participantes é positiva. Un deles, Andrés Nespereira, destacaba que “anímate realmente a saír adiante porque moitas veces non sabemos por onde ir”. Outra, Loreto Pérez, considerábaa unha “experiencia moi enriquecedora”, que no seu caso lle serviu para saír da súa contorna familiar e abrirse a un ambiente laboral e buscar “novas oportunidades”. Santiago Fernández, un mozo con discapacidade intelectual que prepara oposicións, resaltaba tanto “a forma de traballar” como que está “aprendendo moitas cousas, como Linkedln ou preparar currículums”. A Lanzadeira de Emprego de Ourense é unha iniciativa do Concello de Ourense e as fundacións Telefónica e Santa María la Real que se financia con fondos europeos.
O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, informou de que a provincia de Ourense recibirá este ano un total de 20 obradoiros de emprego, que formarán a 400 persoas de 75 concellos, así como tres programas integrados de emprego, que darán formación e prácticas laborais a outros 180 desempregados. A capital ourensá contará con dous obradoiros, cada un deles con 20 prazas (un deles de Garantía Xuvenil, específico para menores de 30 anos), así como un programa integrado de emprego, con 60 prazas.
Manuel Baltar e Juan Verde.
4 A misión USAOurense remata con 130 acordos A primeira misión comercial EEUU-Ourense rematou con 130 acordos firmados entre empresas ourensás e norteamericanas. Durante dous días, unha vintena de empresas daquel país, de sectores como a tecnoloxía, o turismo, a alimentación e a distribución, puxéronse en contacto con 54 compañías locais. Unha vez rematada, comeza agora “un proceso de seguimento para conseguir que estes acordos entre as empresas se materialicen en actividade económica, xeración de emprego e beneficios tanxibles para esta provincia”, dixo Juan Verde, da Fundación Advanced Leadership, organizadora da misión que promovía a Deputación.
12
OURENSE POR Barrios Xuño de 2016
4CONCERTOS
especial FESTAS DE OURENSE
O Concello de Ourense presenta un completo programa para as Festas
Actividades infantís e deportivas, feira medieval e gastronómica, un enofestival, un espectáculo de luz e son e moita música, principais atractivos. Sábado 25 de xuño - 22.30 h - Praza Maior - Xoel López presenta “Paramales”
Domingo 26 de xuño - 22.30 h - Praza Maior - Roi Casal presenta “Son Galego, Son cubano”
Luns 27 de xuño - 22.30 h Praza Maior - María do Ceo O autor do cartel, Moncho Barazeiro, a concelleira de Cultura, Belén Iglesias, e a técnica municipal María Díaz, posan co cartel das Festas 2016.
Martes 28 de xuño - 22.30 h - Praza Maior - Fórmula V
Mércores 29 de xuño - 22.30 h - Praza Maior - Ariel Rot
Un espectáculo de luz e son para abrir as festas Un espectáculo de luz, son e palabra nunca antes visto en Ourense será o pistoletazo de saída das Festas da cidade deste ano, o sábado 25 de xuño. Diferente, chamativo, especial, con técnicas sofisticadas en efectos de luz, este espectáculo está feito á medida para Ourense e vinculado emocionalmente á cidade. Contará con 20.000 vatios de son e 20 minutos de espectáculo que envolverán á cidade de Ourense
á medianoite do 25 de xuño, desde a Alameda do Concello. “Ourense con luz propia” non deixará indiferente a ninguén, tanto maiores como pequenos. Este espectáculo innovador será o broche final da xornada inaugural das festas, que comezará ás 22 horas co pregón a cargo de Alejandro Blanco, ourensán presidente do Comité Olímpico Español, e continuará ás 22:30 horas co concerto na praza Maior de Xoel López.
Ourense xa conta cun programa pechado para as Festas 2016, que se celebrarán do sábado 25 de xuño ao domingo 3 de xullo. Baixo a premisa de convertirse nunhas festas de todos os ourensáns e de toda a cidade, a Concellería de Cultura preparou unha programación na que haberá moita actividade infantil e para as familias, e moita música. Tampouco faltarán citas xa consolidadas como a feira medieval, e outras máis recentes, como o II Enofestival ou a feira gastronómica. A de 2016 tamén será a edición na que regrese ao programa a tradicional Batalla de Flores, e se incorpore un espectáculo de luz e son para a xornada de apertura. En definitiva, como apuntaba o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, cando se presentaron as primeiras actuacións, “unha oferta variada, pensada para todos os públicos e con nomes de primeira fila do panorama musical mesturados co mellor talento musical da cidade”. “Este Goberno municipal quere unhas festas que os cidadáns consideren como propias e das que se sintan orgullosos, unhas festas de prestixio e reputación, como foron sempre as festas de Ourense”, dixo.
Concertos na praza Maior e no Posío A praza Maior e o Xardín do Posío serán as ubicacións para os concertos máis destacados. Na praza Maior tocarán Xoel López e a súa banda, Delafé, Coque Malla, Ariel Rot, Sés, Fórmula V e The Furious Monkey Hous, acompañados de músicos locais como Gonzalo Arca, The Tetas’ Van, Priscila, María do Ceo ou Manuel Carballo. Mentres, o Posío acollerá os concertos de Duncan Dhu e Auryn, así como o XIX Ourense Dance. A Praza Maior acollerá os concertos de balde a partir das 22:30 horas (exceptuando o de The Furious Monkey House, que será ás 21:30 horas debido á idade dos seus compoñentes, todos menores de idade). O Xardín do Posío, pola súa banda, acollerá os concertos de pago (5€ por adiantado e 7€ na billeteira) a partir das 23:00 horas. Desta vez estableceuse un plan de seguridade por parte da Policía Local e de Bombeiros na praza Maior, recinto para o que se fixa un aforo máximo de 2.500 persoas durante os concertos. Habilitaranse tres entradas (rúa das Tendas, Bispo Carrascosa e Lamas Carvajal), e serán reservadas
Cita cunha ducia de deportes diferentes As Festas de Ourense sempre incluíron un destacado apartado deportivo, e as de 2016 non ían ser menos. En detalle, o sábado 25 de xuño celebrarase o Campionato galego de kung fu no polideportivo de Oira, o Torneo internacional de taekwondo no Paco Paz, a Copa Deputación de bádminton no Pompeo, e o Festival de Aeromodelismo na pista de Santa Mariña. O domingo 26 terá lugar o Campionato galego de natación
nos Remedios, o Correndo por Ourense, e o I Torneo Festas de Ourense de fútbol gaélico no campus. Do luns 27 ao venres 1 celébrase o ABO Campus de Baloncesto, e do luns ata o xoves 30 o Torneo de volei praia no Barbaña. O luns tamén haberá Torneo de pádel en Oira. O sábado 2 e domingo 3 haberá Torneo internacional Cidade de Ourense de wu-shu nos Remedios e Campionato de chave na Alameda.
FESTAS DE OURENSE especial
Os postos do mercado medieval instalaranse nas prazas do casco vello de Ourense (ver mapa). como vías de evacuación a rúa Arcediagos e a da Barreira. “En calquera caso”, explicaba María Díaz, técnica de Cultura, “haberá sinalización sobre o terreo e traballadores da Concellería para axudar a que todo o mundo se organice mellor”. O apartado musical complétase con concertos de formato máis pequeno nas prazas de San Martiño e do Ferro, ás 20:30 e 21 horas. Nelas poderemos ver a Capela Madrigalista, o dúo Aída&Cris, Gold&Colt blues, o flamenco de Daniel Casares, o pop rock de Juan José Ramos, o funk de Transilvanians, dous grupos tributo a David Bowie e a Coldplay, A Banda da Factoría da Subsistencia, o grupo gospel VGo! Negro Son, e Blues do País e o Sindicato da Verbena. E non faltarán as orquestras;
haberá verbena nocturna coas orquestras Brujas, Trovadores, Olympus e Costa Norte, os días 25 e 26 de xuño, e 1 e 2 de xullo, respectivamente. Os escenarios estarán colocados na rúa Progreso á altura da Alameda. Durante toda a semana, música de charanga e grupos de gaiteiros encargaranse da animación musical nas rúas da cidade. Feira medieval, feira gastronómica e Enofestival Ourense De novo neste 2016 haberá feira gastronómica organizada pola Unión de Hostaleiros, que este ano se celebra na Alameda do Bispo Cesáreo. Será do 28 de xuño ao 3 de xullo de mediodía ata as 2 da mañá. Este ano por motivos de seguridade a feira medieval circunscribirase ás prazas do casco ve-
A programación infantil verase reforzada Ante a falta de barracas pola decisión dos feirantes de non acudir a Ourense por problemas de datas, a Concellería de Cultura reforzou as actividades que resultan máis atractivas para o público infantil e para as familias na programación festiva, todas elas de carácter gratuíto. Ademais, decidiu amplialas a un segmento de idade sobre o que se vén apostando todo este curso, os bebés. En concreto, os días 26 e 27 de xuño e 2 e 3 de xullo proponse “O río da vida”, con teatro, obradoiros, cine mudo con pianista, concertos durante toda a xornada nos Xardíns do Padre Feijoo. Do martes 28 ao venres 1 de xullo haberá teatro de rúa en horario de mañá e tarde na
Alameda do Bispo Cesáreo. No mesmo lugar, tamén en horario matutino e vespertino pero do mércores 29 ao venres 1, chega unha das novidades do programa: unha instalación para bebés, baseada no circo e as abellas, deseñada para cativos de 0 a 4 anos. Asemade o sábado 2 e o domingo 3, no bulevar termal das Burgas están previstos obradoiros infantís ás 12:30 horas, coincidindo coa sesión vermú. O programa péchase o 3 de xullo con dous concertos, o de A Gramola Gominola ás 20 horas na praza de San Martiño, grupo rock para os máis pequenos, e a continuación (21:30h), The Furious Monkey House, dirixido a rapaces de entre 9 e 12 anos, na praza Maior.
llo, colocándose os 80 postos de artesanía e a oferta gastronómica na Barreira, Bailén, e nas prazas de San Marcial, da Imprenta, Manuel Sueiro, Saco e Arce, Ferreiría e a da Trinidade. Esta feira histórica celébrase desde o 30 de xuño ao 3 de xullo e conta cun programa de eventos propio, con actuacións musicais e teatrais,
OURENSE POR Barrios Xuño de 2016
contacontos, e espectáculos nocturnos. Ademais, o Bulevar Termal das Burgas acolle o 1 de xullo, a partir das 20:30 horas, a segunda edición do Enofestival Ourense. Esta proposta inclúe un concerto con tres grupos de pop-rock (Best Boy, Best Life Underyourseat e The Phantom Keys) maridado cos viños das catro D.O. da provincia de Ourense e tapas elaboradas con produtos locais. As entradas para o evento teñen un custo de 5 euros (anticipada) e de 7 euros na billeteira.E para a fin de semana do 2 e 3 de xullo, no mesmo recinto (Bulevar Termal), agárdanos a sesión vermú. En horario de 12 a 16 horas, con actuacións infantís e de bandas musicais, quérese recuperar a filosofía da tradición de xuntarse as fines de semana en familia a charlar e tomar un vermú.
13
4CONCERTOS
Xoves 30 de xuño - 23 h Posío - Duncan Dhu
Venres 1 de xullo - 22.30 h Praza Maior - Delafé presenta “La fuerza irresistible”
A Batalla das Flores sairá o sábado 2 de xullo ás 19 horas de Mestre Vide e rematará na praza Maior.
O Concello recupera a Batalla de Flores O tradicional desfile infantil da Batalla de Flores, un dos emblemas máis entrañables das Festas de Ourense, regresa este ano á programación festiva da cidade, logo de dous anos sen que se organizase. Así, a Batalla de Flores terá lugar o 2 de xullo. O percorrido deste desfile, que dará comezo ás 19:00 horas, irá por Mestre Vide, avenida Otero Pedrayo, Curros Enríquez, rúa Concello, Xoán XXIII e Progreso, para finalizar na praza Maior. A Batalla de Flores estará composta por carrozas concebidas e deseñadas especialmente para esta actividade. Serán oito as carrozas aportadas polo Concello, que levarán os títulos de “Cervatillos”, “Verme de
seda”, “Poboado de Gnomos”, “Flamingo”, “Bolboretas”, “Xardín Tropical” e “Arco da Vella floral”. A estas carrozas sumaranse outras dúas que estarán patrocinadas por empresas colaboradoras. A animación do desfile será de temática variada. Non obstante, ese día unha parte fundamental de dita animación serán os tradicionais xigantes e cabezudos do Concello de Ourense. Con esta edición da Batalla de Flores, o Goberno municipal de Ourense quere recuperar un dos eventos festivos máis singulares, entrañables e tradicionais da cidade, con décadas de historia ás súas costas e polo que pasaron diversas xeracións de rapaces e rapazas ourensás.
Venres 1 de xullo - 23 h - Posío - Auryn
Sábado 2 de xullo - 22.30 h - Praza Maior - Coque Malla presenta “El último hombre en la tierra”
Domingo 3 de xullo - 21.30 h - Praza Maior - The Furious Monkey House
14
OURENSE POR Barrios Xuño de 2016
EN BREVE 4 Modificación de créditos de 1,4 millóns de euros O Concello de Ourense celebrou o 22 de xuño sesión plenaria extraordinaria para aprobar un expediente de modificación de créditos, por valor de 1,4 millóns de euros, que permitirá pagar facturas pendentes. O apoio do Partido Socialista, que sumou os seus 6 votos aos dez do Partido Popular, permitiu que nesta ocasión a modificación de créditos que pretendía o grupo de goberno saíse adiante. Democracia Ourensana votou en contra e Ourense en Común abstívose.
4 Obras en máis de 20 centros educativos Máis de vinte centros educativos da cidade mellorarán as súas instalacións, oferta formativa e servizos con investimentos de 2,3 millóns de euros por parte da Consellería de Educación. As obras, que se realizarán durante o verán, serán de eficiencia enerxética, reparación de cubertas e fachadas, ampliación de patios e centros, reparación da instalación eléctrica, pintura ou substitución da carpintaría exterior. As actuacións afectarán a seis institutos, por un importe de 587.010 euros, 12 CEIP, por un importe de 594.151 euros, tres CIFP por un importe de 131.000 euros, a Escola Oficinal de Idiomas, o Centro de Educación Especial O Pino e o CPI José García de Mende.
CIDADE
Concello, Xunta, Fomento e ADIF asinan o convenio para construír a estación intermodal 4 A ministra en funcións recalcou que é un “acordo que obriga” ás partes. P.L. A catro días das eleccións, Concello de Ourense, Xunta de Galicia, Ministerio de Fomento e Adif asinaron o “acordo administrativo” que garante a execución da estación intermodal de Ourense. Con esta sinatura cada administración asume tarefas e obrigas de forma oficial para acometer cada un as actuacións da súa competencia para que Ourense teña unha estación intermodal adaptada ás necesidades de transporte dos seus cidadáns. A ministra de Fomento en funcións, Ana Pastor, recalcou que non é un protocolo senón un “acordo que obriga; as partes teñen obrigas xurídicas e administrativas”. A ministra non entrou en detalles sobre o deseño da estación, pero si confirmou que o equipo redactor do proxecto será o mesmo (Foster & Partners) que gañara o concurso en 2011. Pastor citou algunhas características básicas da futura estación, como unha ampliación de máis de 2.000 metros cadrados; unha gran pasarela peonil; unha área de aparcamento que “máis que duplica” a actual, e parte da cal será soterrada; unha ampliación “importante” de vías, que serán de alta velocidade; e unha “comunicación directa” en-
tre estación de autobuses, que executará a Xunta, e a estación de alta velocidade. Con respecto aos prazos, a previsión de Fomento é que a obra “ten que estar rematada a estación para cando chegue a alta velocidade; o compromiso é 2018”, afirmou Ana Pastor. Valoracións Ante as críticas da oposición que considerou esta sinatura un acto electoral, a ministra en funcións aclarou que “as administracións temos que seguir traballando” aínda en campaña, e, pola contra, cualificouno de “acto de xustiza para Ourense, que se conseguiu nun ano o que non se conseguiu en moitos”. Previamente, o alcalde, Jesús Vázquez, insistira na mesma idea, engadindo que o convenio “xa pasou por Xunta de Goberno e todo o mundo coñece”. Pola súa banda, a conselleira de Infraestrutura, Ethel Vázquez, afirmou que este acordo é o resultado “da suma de esforzos, diálogo e colaboración para sacar adiante este proxecto en común”.
O equipo redactor do proxecto da estación será o mesmo (Foster & Partners) que gañara o concurso en 2011
Ethel Vázquez, Ana Pastor, Jesús Vázquez e Isabel Pardo de Vera, no Concello./R.T.
A oposición considera “electoralista” a sinatura do convenio A sinatura do convenio de integración ferroviaria entre o Concello de Ourense, a Xunta de Galicia e o Ministerio de Fomento foi tachada polos grupos da oposición de acto “electoralista”. O PSOE xa anunciou que presentará denuncia ante a xunta electoral provincial. Democracia Ourensana e Ourense en Común non o farán porque non concurren ás eleccións, dixeron. Para o socialista José Ángel Vázquez Barquero, trátase dun “acto electoral ilexítimo” porque o alcalde vai asumir compromisos urbanísticos e económicos con
Adif “para os que non está lexitimado”. O socialista apunta a que debe ser o pleno quen ratifique protocolo, algo que non sucedeu, e recorda que na última sesión plenaria a oposición en bloque votou en contra dun convenio marco con Adif e Fomento “da mesma natureza”. Nesa mesma liña, Gonzalo Pérez Jácome, de DO, recordou que o acto se celebrará “no mesmo salón de plenos no que a maioría do pleno votou en contra” do convenio e por parte dun goberno en minoría e outro en funcións. Con respecto ao convenio en si, Jácome tildouno de “low cost” e esixiu para Ouren-
se o mesmo que reciben outras cidades galegas. O voceiro de OUeC, Martiño Xosé Vázquez, insistiu que o convenio se presenta agora “única e exclusivamente para recadar votos” e cualificouno de “carta aberta” pois “non se define absolutamente ningunha das necesidades” da cidade. Ademais, Vázquez cre que o acto pon en evidencia “a nula capacidade de diálogo” do equipo de goberno, “ten que ser consciente de que goberna con 10 concelleiros e ten enfronte a 17 e está incumprindo sistematicamente acordos plenarios”, recordou.
PUBLICIDADE
OURENSE POR Barrios Xuño de 2016
15
16
OURENSE POR Barrios Xuño de 2016
SOCIEDADE
EN BREVE
Un campo de traballo rehabilitará fincas abandonadas
Piscinas de Oira.
4 Desenvolverase en agosto.
4 As piscinas de Oira e dos Remedios, abertas
Redacción
Xa están abertas as piscinas públicas de Oira, que permanecerán a disposición dos usuarios ata o 11 de setembro. O horario de apertura será todos os días de 11 a 21 horas, sendo o acceso libre e gratuíto. No seu acondicionamento o Concello investiu 20.000 euros. No caso da piscina exterior do pavillón dos Remedios, terá o mesmo horario, pero de luns a sábado. Os domingos, abrirá de 11 a 14 horas, salvo en xullo e agosto.
Piscina dos Carrís.
4 A piscina dos Carrís, reformada Desde o 22 de xuño está aberta a piscina dos Carrís da Valenzá, logo de traballos de renovación e de impermeabilización nos que o Concello de Barbadás investiu preto de 51.500 euros. O servizo de mantemento e da cafetería é asumido por unha nova adxudicataria. O horario de apertura será de 11 a 21 horas todos os días.
4 Premio para un blog do Colexio Padre Feijoo O blog do proxecto “Ciencia Activa” de alumnos de Secundaria do Colexio Padre FeijooZorelle vén de recibir o primeiro premio na 10ª edición do Certame Espiral Edublogs, que recoñece a calidade educativa de blogs de todo o estado. “Ciencia Activa” é unha bitácora na que os estudantes divulgan noticias científicas e os proxectos que levan a cabo.
Profesorado do Portovello na concentración do pasado luns 20 de xuño./P.LODEIRO.
O CIFP Portovello defende a formación para adultos 4 Educación pretende suprimir os tres ciclos que se impartían desta modalidade. Paula Lodeiro O claustro do CIFP Portovello non abandona a súa reivindicación en defensa dos estudos presenciais para adultos. O ano pasado conseguiron unha moratoria para que os alumnos dos ciclos de Educación Infantil, Atención á Dependencia, e Administración e Finanzas puidesen rematar os seus estudos, pero desta volta parece que a decisión definitiva da Consellería de Educación (que se coñecerá nos próximos días) é a da supresión para o vindeiro curso 16/17. Segundo Xesús For-
tes, xefe de departamento de Servizos socioculturais e á comunidade, desde Santiago “non se escoitaron os argumentos da comunidade educativa”, nunha política de “feitos consumados” que deixará á provincia sen este tipo de estudos (agás un caso concreto en Valdeorras), que si ofertan nas outras tres provincias galegas. Desde o CIFP Portovello defenden as vantaxes da formación de adultos para un determinado tipo de alumnos non acostumados ao manexo das novas tecnoloxías, e tamén por impartírense en horarios de tarde-noite, poderen cursarse por módulos e
Inscrición aberta en dous campamentos 4 O urbano de Amencer e o de Porto do Son. Redacción O Concello de Ourense mantén aberto o prazo de inscrición en senllos campamentos gratuítos de verán: o de Campamento Urbano Amencer e o Campamento Xuvenil Virxe de Loreto, en Porto do Son.
No caso do Campamento Urbano, que cumpre a súa 29ª edición, as inscricións para a modalidade infantil -entre 8 e 16 anose xuvenil - a partir de 15 anos- poden realizarase ata o 1 de agosto. Do 1 ao 11 de agosto, nel participarán cada xornada entre 400 e 500 rapaces. Serán
teren máis convocatorias. Unha formación que ata este curso cursaban neste centro educativo de Ourense 64 persoas. Amáis, “o índice de empregabilidade é máis alto na oferta para adultos”, apuntaba Fortes. E aínda que ven difícil que a Consellería reconsidere a súa decisión, anuncian que seguirán reclamando a reimplantación deste tipo de estudos no vindeiro curso.
Son os ciclos de Educación Infantil, Atención á Dependencia e Administración nove días de actividades en horario de mañá, tarde e, no caso do xuvenil, tamén de noite. No caso do Campamento Xuvenil Virxe de Loreto, as inscricións realízanse na Concellería de Xuventude ata o 1 de xullo. Hai dispoñibles 80 prazas para nenos e nenas de 9 a 14 anos. Esta cita lúdica desenvolverase do 13 ao 20 de agosto e está deseñada “para gozar do tempo libre a través de actividades creativas e de natureza”, afirmaba na súa presentación Carolina Brea, da empresa Lúcete, que o xestiona.
“Un rural para tod@ s” é o nome do campo de traballo internacional que se celebrará en Ourense entre os días 1 e 11 de agosto. Trátase dun proxecto piloto que promove o Concello de Ourense coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude, e a organización de Sustinea para recuperar fincas abandonadas do entramado urbano e destinalas ao sustento de familias en risco de exclusión social. “Boas noticias”, comentou o alcalde Jesús Vázquez, “pois actividades coma esta son as que dinamizan as políticas sociais e ambientais, cuestións ambas das que sempre debemos estar preocupados se queremos medrar de forma sostible como cidade e como sociedade”. Este campo de traballo é un proxecto que facilitará a segunda fase do proxecto. Os 20 mozos e mozas de países de todo o mundo que nel participen acondicionarán dúas fincas urbanas, unha na Carballeira e outra na rúa Dr. Flémin, para o seu uso agroecolóxico. Os participantes no campamento dotarán de
elementos de apoio ás parcelas, coma un pequeno pendello para almacenaxe e un invernadoiro, deseñarán as hortas e realizarán a plantación de verduras de outono-inverno. Tamén realizarán actividades de formación e asesoramento na comercialización de produtos agrícolas. Cecilia Vázquez, directora xeral de Xuventude, Participación Social e Voluntariado, destacou que “os campos de traballo contribúen á difusión de valores como a participación, a solidariedade, o coñecemento do contorno e o traballo en equipo entre os participantes, o que vén sendo a educación non formal”, dixo. Porén, haberá tamén tempo para o lecer con visitas ás termas, xogos e visitas guiadas pola cidade para os integrantes do campo de traballo. A segunda fase do proxecto, rematado o campo de traballo, será a de carácter de inclusión social. Rebeca Carreiro, coordinadora de actividades de Sustinea, destacou que os hortos acondicionados polos voluntarios do campo de traballo serán destinados a familias con risco de exclusión social “para o seu consumo propio e despois para a comercialización destes produtos”.
Sofía Godoy, Jesús Vázquez, Cecilia Vázquez, Marisol Díaz e Rebeca Carreiro presentaron o campo de traballo./RAMSÉS.
SOCIEDADE / ARTIGOS
4DIARIO DUNHA EMIGRANTE
“O nacionalismo estará sempre presente, porque necesitamos un espello colectivo no que mirarnos”
remos o espello da bruxa do conto, que sempre nos responda que somos os máis belos do reino? Ou queremos un nacionalismo fraternal cuxo obxectivo sexa ser a salvagarda dunha cultura (e todas as súas expresións estéticas) dentro dun marco humanista, expansivo e global? Por aí veñen librando as batallas de recoñecemento e capacidade de autodeterminación exclusivista e as que avogan por un nacionalismo colaboracionista, máis acorde coa sociedade plural na que reside. Non é unha batalla que debamos de deixar orfa de reflexión; debemos de penetrarnos neste intrincado debate e opinar sen complexos e con moito sangue frío sobre que visión queremos desenvolver e implementar. As ideas de nacionalismo de Juanjo Álvarez, Daniel Innerarity e Iñaki Goikoetxea poderían ser un comezo do ca-
Mentireiro, verdadeiro!
miño a seguir. Como raza, parecemos estar sempre ao borde do magnífico, loitando para que perdure, como unha esencia, como un amor correspondido, doce e compasado. Pero temos tamén a implacable capacidade de arruinar os momentos de apertura e achegamento. Temos o mal hábito de deixarnos convencer polos nosos medos. Quizais esteamos preto da meta, cos nosos dedos acariñando unha posible realidade, marabillosa e próxima a encaixar no mundo que un día a nosa imaxinación atreveuse a soñar. Ou poida que esteamos a dar pasos de xigante cara a un abismo de besta apocalíptica e destrutiva. Sexa cal fora o caso, o desenlace está nas nosas mans. Raquel Sertaje
4ARQUIVO VISUAL OURENSÁN
Galileo A precaria construción de madeira lembrábame aos fielatos. Ademáis, por aquelas, na contorna das Burgas, localizábase unha caseta de consumos. Mal sabía eu!. Unha mañá de domingo atopeime con Avelino Rodríguez na praza Maior. Home honesto e modesto, cabal en grao superlativo e declarado inimigo do “copiaepega”, faloume da existencia, desde a segunda metade do século XIX, de urinarios públicos. Ubicábanse estes en puntos estratéxicos de Ourense, como a praza do Corrixidor, as Burgas ou as escaleiras de Santa María nai, fronte á entrada do antigo pazo episcopal. Inducidos polas teorías hixienistas, os gobernantes procuraban manter unhas mínimas condicións de salubridade na urbe en aras de evitar a aparición da temida enfermidade.
Cando o pai baixou da Canda calado, mirando cara a diante, xa me dei conta polo xeito de andar que ese día non había que turrarlle do xenio, a ferraia non estaba para gaitas. Mandou fuxir ao Pachi, o noso cadelo, el que sempre deixa que lle lamba as mans e lle suba enriba, e esta vez doulle un empurrón e apartouno. Eu quedara a gardar as vacas no prado da Albela, aínda que non fai falta gardalas moito porque o apastadeiro está pechado. E aproveitaba para ler unha novela do Oeste que me prestara Tito, o de Vilanova, o fillo de Severino, que me gustaba moito. Tamén me gustaban as de Marcial Lafuente Estefania e as de Keith Luger, o malo é que me duraban pouco, cada unha só unhas dúas horas.... Claro que tamén me enredaba xogando co Pachi ás loitas, ou se viña Antonio de Elías coas vacas deles e traia a pelota, dabámoslle unhas patadas, el era un porteiro moi bo e parábamas case que todas. O papá sacou da faldriqueira o paquete de tabaco, fumaba “Ideales” pero chamábanlle “caldos”, nunca souben porqué, e votoulle un pito, como dicía el. Cando lle
“Os mentireiros son os máis miserentos dos homes”, dicíame o papá
Urinario das Burgas. Ano 1890. Na era das adiccións virtuais e narcisistas, dos “megusta” e os sabios de tempada, é un pracer atoparse con persoas que, desde a humildade, sentan cátedra. Porque como dicía
17
4AS ANDRÓMENAS E OUTROS CONTOS
O desenlace está nas nosas mans Lía en El País un artigo cuxa cabeceira se preguntaba a viabilidade do nacionalismo na sociedade do futuro. Nesa sociedade, cada vez máis marcada pola disolución de fronteiras e a fusión de razas e culturas, seguirá existindo o nacionalismo? A miña resposta é que si: O nacionalismo estará sempre presente, porque necesitamos un espello colectivo no que mirarnos, definirnos, entender o lugar do que vimos e predicir un futuro no que podamos proxectar a nosa forma de ver o mundo. O reto, penso, xorde en cal é a definición da nosa idea de nacionalismo. Que-
OURENSE POR Barrios Xuño de 2016
Galileo Galilei: “o signo máis certo da sabiduría é a serenidade constante”. Fernando Valcárcel, membro do Arquivo Visual Ourensán
deu dúas chupadas espetoume de golpe: - cantas veces che teño dito que non me contes mentiras? - Moitas, papá, pero eu xa non che conto mentiras. Non te enfades, pero non che contei ningunha dende o sábado cando me berraches por non dicirche que foramos bañarnos ao río. - Como que non! Onte pregunteiche se che escaparan as vacas do prado o domingo á tarde e dixeches que non, e agora acabo de atopar a Guillermo e dime que lle comeron a horta toda, dous centos de repolos, dúas ducias de leitugas, a remolacha e un cento de coles. Vólvocho preguntar: deixaches fuxir as vacas o domingo? E esta vez dime a verdade, que se non vas probar a vara de carballo que fixemos onte. - Dígoche, papá, que as vacas non escaparon, eu deixeinas soas un anaco, é verdade, e fun a xogar ao Cruceiro cos de Santomé, mais cando volvín estaban todas no apastadeiro, e ti preguntáchesme se escaparan e non escapou ningunha, estaban todas! -Acabaramos, deixáchelas soas toda a tarde e así lle paparon a horta aos da Canda. E tróuxoas Guillermo de volta e ti nin te enteraches. Dende logo, non sei que vou facer contigo, menudo pastor estás feito! Agora hai que pagarlle a horta, así que vaite preparando, non che vou dar un peso para o Carmen de Vilanova nin para o San Bartolomeu de Botos, nin para ningunha festa do verán. Agachei a cabeza mentres lle escoitaba dicir: “e
fálalle ás vacas que imos para a casa que é mellor levalas agora que deixarchas a ti para que volvan fuxir”. Aquilo non me gustou nada, fiquei calado, algo enrabiado todo o camiño ata que chegamos onda a igrexa e alí díxenlle: pero coa vara de carballo non me darás, non papá? - Telas ben merecidas, mais é certo que mentir non mentiches, porque ti non sabías que fuxiran, os mentireiros son os máis miserentos dos homes porque de tanto mentir, acaban enganándose a eles mesmos. Tes que ter máis coidado para outra. Mirando cara o adro onde está enterrada a mamá díxome: “a verdade é que se vivira túa nai habíache de estar ben fachendosa do listo que saíches”. E, mentres, pasoume agarimoso a man pola cabeza. Eu xa me din conta que xa lle ía pasando o mal xenio e díxenlle: -E iso de que non me vas dar nada para as festas de Botos e de Vilanova... se me porto ben de agora en adiante, aínda pode cambiar un chisco, non si? -Anda, chiquito, anda, non abuses da miña paciencia e déixate de andrómenas, que aínda que se me vaia a carraxe, a Guillermo haiche que pagarlle a horta igual, menuda paparota se deron as condenadas! Entón escachamos os dous a rir mentres o Pachi subía por nós moi ledo, e entón pensei: canto me quere o papá! Avelino Jácome
18
OURENSE POR Barrios Xuño de 2016
IMAXES DO MES
Foto de grupo dos participantes no II Concurso escolar de seguridade vial./P.L.
Escolares de catro colexios premiados nun concurso de seguridade vial Músicos, autoridades e directiva, na inauguración da Semana Cultural de Albor./P.L.
Albor celebrou a súa Semana Cultural Entre o 6 e o 10 de xuño tivo lugar a Semana Cultural da Sociedade Cultural Artística e Recreativa Albor, no barrio do Couto. A cita abríase cun pregón a cargo do vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, seguido dunha conferencia sobre a historia da gaita a cargo de Xosé Lois e Marcos Foxo. Os actos proseguiron cunha charla-coloquio sobre a elaboración de aceite de oliva, a actuación do Mago Deimi, unha charla sobre a historia da capela dos Remedios. A actuación da Coral Albor pechou este evento, organizado por unha sociedade que conta xa con 47 anos de historia.
Veñen de entregarse os premios do II Concurso escolar de debuxo e redacción en seguridade vial que organiza Stop Accidentes xunto ao Centro Comercial Ponte Vella. Un acto ao que acudiron, ademais dos escolares premiados, o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, a concelleira de Educación, Belén Iglesias, o xefe provincial de Tráfico, David Llorente, o xerente de Ponte Vella, Marcos Vila, o representante de Stop Accidentes, Benito Bouzada, a vocal da asociación Down Ourense, Sonia González, e os patrocinadores Esteban Cuesta, de McDonald’s Ourense, Laureano Bermejo, de Campus-Francisco e Adrián Gutiérrez, de Lex Auria. Nesta segunda edición participaron estudantes de catro centros educativos. Resultaron galardoados Eva Fernández, Alba Cid, Nerea Lamela, Sunai Martínez, Laura Díaz, Sheila Fernández, Goyo Fernández, Sofía Álvarez e Paula Andrés do Luis Vives, Mateo Cruz, Paula Vázquez, Sara Iglesias do Curros Enríquez, Miriam Rey e María Rey do CEIP Prácticas, e Carlota Dalama, Noa Pérez e Beatriz de Freitas, do Santo Ángel. Todas as autoridades coincidiron na importancia de ensinar educación vial desde pequenos como maneira de evitar malas prácticas xa de maiores.
Alumnado do Colexio Maristas protagoniza un pleno infantil na Deputación
No pleno na Deputación participaron 75 estudantes de Maristas./A.P.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar e a deputada provincial de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, recibiron no Salón de Plenos do ente provincial a 75 alumnos e alumnas de 5º de Primaria do Colexio Maristas Santa María de Ourense, acompañados polos seus profesores. Alí celebraron un pleno infantil no que se aprobou por unanimidade unha “moción” para poñer en valor os 108 anos do colexio Maristas na cidade de Ourense cun acto institucional do goberno provincial. Manuel Baltar lembrou, como antigo alumno de Maristas, “o gran traballo que exerceu o colexio na cidade de Ourense”, e a importancia de estudar “nun centro de ensino con tanta historia”. Ao remate do pleno, que se retransmitiu a través da web da Deputación, cada alumno foi agasallado cunha medalla alusiva á visita e tres libros da Deputación de Ourense.
PUBLICIDADE
OURENSE POR Barrios Xuño de 2016
19
20
OURENSE POR Barrios Xuño de 2016
OCIO E CULTURA
EN BREVE
Unha comisión prepara as festas da Ponte
4 Fallado o Premio de Poesía Cidade de Ourense O poeta Xurxo Alonso, consolidado escritor vilagarcián, foi elixido gañador do XXII Premio de Poesía Cidade de Ourense pola súa obra “Cartas da fronteira”. O xurado desta edición, composto por Isabel Alves, Fernando de Castro, Luciano Rodríguez, Amalia Moreiras, e Luís González Tosar, escolleu a obra de Alonso como a mellor das 57 obras presentadas nun concurso aberto a todos os cidadáns da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Dotado cunha cantidade de 6.000 euros xunto coa publicación do libro, Alonso recibirá 25 exemplares da obra publicada e formará parte do xurado na edición 2017.
4 Certame literario para escolares Escolares do IES Blanco Amor e do colexio Santo Ángel recibiron os premios do Certame Literario Rosa Gómez convocado polo Concello de Ourense. Na categoría de poesía, dotada con 300 euros máis un lote de libros, gañou Daniel Alonso, do instituto pontino, pola obra “Sombras”. Na categoría de narrativa para segundo ciclo da ESO, dotada con 200 euros máis lote de libros, a gañadora foi María Blanco, do colexio Santo Ángel, pola obra “El mundo que yo quiero”. Ademais, recibiron mencións especiais Ángela-Carmen del Canto Soláns, do Blanco Amor, por “Primer domingo de Mayo de todos los días de mi vida”, e Lara Rodríguez, do Santo Ángel, por “Tormento”. Na categoría de narrativa de primeiro ciclo da ESO o premio quedou deserto. Recibiron dúas mencións especiais Carla González, do Santo Ángel, por “La voz de la guerra”, e Lorena Fernández do IES Blanco Amor, por “La piedra de la salvación”.
4 Empezarán a recadar fondos entre a veciñanza. Redacción
O alcalde, o director do festival, o director de Agadic, a concelleira de Cultura, o deputado provincial de Cultura e a xefa territorial de Cultura sosteñen o cartel da 21ª edición do Festival de Cine Internacional de Ourense./RAMSÉS.
Preséntase o cartel do 21ºOUFF Agadic achega 32.000 euros ao festival Redacción O 21º Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF), que se desenvolverá do 28 de outubro ao 5 de novembro vén de presentar o seu cartel, obra de Pablo Menor Palomo. Foi nunha rolda de prensa no Concello de Ourense, que tamén serviu de presentación pública do novo director do
certame cinematográfico, o asturiano Fran Gayo.“Este festival xa avanza a velocidade de cruceiro, así que agora nos retiraremos aos nosos cuarteis de inverno para poñernos a traballar”, dixo. Achega de Agadic A presentación contou coa presenza de Jacobo Sutil, director da Agadic, entidade que renovou o seu compromiso co OUFF
achegando 32.000 euros para a presente edición. En virtude do acordo, a Agadic comprométese a cofinanciar o evento, actualmente en prazo aberto de recepción de películas, e que para a súa próxima entrega incorporará nova estrutura e contidos a través dun programa conformado por dúas seccións competitivas, desta volta centradas no cine iberoamericano e nas óperas primas. Neste mesmo acto tamén se deu a coñecer a web do festival, www. ouff.org, que foi renovada pero que a día de hoxe permanece pechada por mantemento.
O ‘Verán Participativo’, unha iniciativa de lecer para relacionar os barrios 4 Para participar haberá que ser socio dalgunha asociación veciñal. Redacción O Concello de Ourense lanza ‘Verán Participativo’, unha programación de tres meses de obradoiros “co obxectivo de ser unha alternativa máis ao lecer estival para os veciños de Ourense e que persegue relacionar os habitantes dos distintos
barrios e pobos da cidade”, segundo explica a concelleira de Participación Cidadá, Belén Iglesias. Ioga e zumba en familia, para o fomento da actividade física e hábitos saudables, elaboración de doces e decoración de cupcakes, cosmética natural, confección de velas e de xabóns artesanais, ou
mesmo sevillanas e pandeireta son algúns dos obradoiros organizados para este fin. No ‘Verán Participativo’ poden inscribirse veciños inscritos en calquera das asociacións de veciños inscritas no rexistro do Concello, a partir de 14 anos e sen límite de idade.
Os pontinos non quedarán sen as súas festas na honra de Santiago. Unha nova comisión, de recente constitución, encargarase de organizar os festexos. A comisión de festas da Ponte 2016 decidiu presentarse ante os cidadáns do barrio, “tras as dúbidas surxidas de se habería ou non festas este ano como ven acontecendo todos os anos, para confirmar que este ano haberá festas a pesares de todas as dificultades”, explicaron nun comunicado. Un novo colectivo que está presidido por Sindo Alonso, e que será o encargado de organizar as festas do barrio deste ano, para o cal empezarán a solicitar aos veciños achegas económicas “para que cada persoa poña o seu gran
de area”. Para iso, a xente que solicite os cartos irá debidamente identificadas. “Pregamos a todos os veciños que verifiquen sempre a identidade daquelas persoas que lle soliciten colaboración, para maior seguridade”, aclaran. A comisión está formada por veciños do barrio, e está totalmente aberta a calquera idea, suxerencia ou colaboración, as cales poderán ser transmitidas a través da súa páxina de Facebook “Comision de Festas da Ponte 2016”, na que irán anunciando o programa e as actividades planificadas. O colectivo agradece a colaboración do Centro Comercial Aberto Ourense Norte, “que nos axudou a presentar os escritos necesarios no Concello de Ourense, e á propia Concellería de Cultura pola disposición de colaboración mostrada”.
Os premiados xunto ás autoridades, na entrada do CIFP A Farixa./R.T.
Concurso de relatos da Farixa Ainhoa Ollero, de Huesca, resultou gañadora da cuarta edición do Concurso internacional de microrrelatos do CIFP A Farixa, co traballo ”Factoría de historias”; o segundo clasificado foi Jonathan Martínez, de Biscaia, con “El francotirador”, por decisión do xurado que decidiu os vencedores de entre 578 relatos de ata 28 países diferentes que se presentaron ao certame. A entrega de premios tivo lugar nun brillante acto organizado por un equipo de alumnos do centro, apoiado por membros do equipo docente. A el asistiron, entre outras autoridades, o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, e o alcalde da cidade, Jesús Vázquez. Na mesma sesión tivo lugar a despedida formal de 92 alumnos que remataron os seus estudos e o premio á excelencia para os nove mellores expedientes.
PUBLICIDADE
OURENSE POR Barrios Xuño de 2016
21
22
OURENSE POR Barrios Xuño de 2016
DEPORTES
O Rali “Ourense Termal”, para Cristian García 4 Non tivo rival durante todo o rali. Directiva do COB nunha rolda de prensa. /RAMSÉS.
R. T.
O COB e Ourense quedan sen ACB
Cristian García, piloto, e Rebeca Liso, copiloto, foi o vencedor do 49º Rali de Ourense “Ourense Termal”. O equipo aos mandos do Mitsubishi Lancer Evo X foi o dominador absoluto deste certame, que contou coa participación de máis de 80 vehículos. García leva un total de cinco vitorias das seis probas disputadas no Campionato de España de ralis de asfalto (polo que domina o nacional), sendo esta a primeira vez que sobe ao máis alto do podio ourensán. A pesar de que tivo un pinchazo na primeira pasada do tramo de Toén, o certo é que non tivo rival durante a proba; os seis mellores tempos dos 11 tramos así o amosan. Tres tramos foron neutralizados por saídas de pista de coches, que non tiveron consecuencias.
4 Ao non reunir os tres millóns de euros que lle esixían. R. Torres Un ano despois de que o COB acordara un ascenso en diferido coa Asociación de Clubs de Baloncesto (ACB), este non se fará efectivo. O acordo coa Asociación era que o COB tiña que depositar, antes do 15 de xuño, 3 millóns de euros. De facelo tiñan a obriga de convertelo en equipo da Liga Endesa; en caso de negarse, esta tiña que indemnizar ao club con tres millóns de euros. Parecía todo de cara, so bre todo, despois de que o ano pasada COB e Abanca xa firmaran un crédito por esa cantidade. Ese acordo rompérase para negociar outro que non fora tan gravoso para o club. Así, a finais do pasado ano e principios deste, a entidade bancaria entregou un novo acordo, que rexeitaron desde o consello de administración do club con sede no Paco Paz, por ser exactamente igual ao firmado en xuño pasado. Pasaron os meses e Abanca non entregou un novo contrato ata o 29 de abril; a 16 días de que se abra o prazo para presentar os cartos a ACB. Nese momento hai que facer traslado do mesmo a Concello e Deputación, para que asuman ao 50% a operación. Concello e Deputación Desde o Concello advirten de que é imposible de firmar por parte da administración local por “ilegal”, segundo o alcaldeda cidade, Jesús Vázquez; ademais de contar
con cláusulas “leoninas”. Desde a Deputación insisten en que non hai problema para firmar o aval pola cantidade de 1,5 millóns de euros. No Concello buscan unha solución por medio dunha subvención nominativa que precisaría de aprobación en pleno. O PP (grupo que goberna en minoría) vota a favor, pero os votos en contra de Democracia Ourensana, Ourense en Común e o Partido Socialista botan atrás a axuda económica. A partir dese momento comézase a negociar con outras entidades bancarias; logran reunir 600.000 euros da iniciativa privada pero apouco marxe de negociación fai que por 300.000 euros non cheguen a un acordo e o COB quede sen poder disputar a Liga Endesa 2016-17. LEB Ouro A directiva ten ata o 6 de xullo para inscribir ao equipo na LEB Ouro. 180.000 euros de aval e 18.000 euros da metade da inscrición son os fondos que necesitan para xogar nesta categoría. Parece que non haberá problema, pero no COB calquera cousa pode pasar.
O club buscará sacar ao equipo na LEB Ouro logo de non conseguir facelo na Liga Endesa
Podio Xunto a Cristian García estiveron no podio Iván Ares, segundo, e Pedro Burgo, terceiro. Iván Ares e José Pintor (Porsche 911 GT3 2010) baixaron ao segundo caixón do podio despois de lograr a vitoria no 2015. Ares lograba impoñerse en catro tramos pero non era suficiente para pelexar polo triunfo
Podio do 49 Rali de Ourense. final. Pedro Burgo e Marcos Burgo finalizaron terceiros co seu Porsche 911 GT3 2010. Os irmáns Burgo chegaron ir segundos, e incluso venceron no último tramo do Canon do Sil, pero finalmente tivéronse que conformar coa terceira praza. Sergio e Diego Vallejo remataron cuartos co seu Citroën DS3 R5. Alberto Monarri e Rodrigo Sanjuán foron quintos aos mandos dun Mitsubishi Lancer Evo X.
Dúas Rodas Motrices de tracción delantera; Esteban Vallín (Opel Adam R2) facíao en R2; Ángel Paniceres (Opel Adam R2) era o mellor en júnior; Fran Cima facíase coa Clio R3T European; Efrén Llarena levou a Copa Suzuki Swift e Javier Bouza era o primeiro na Dacia Sandero Rallye Cup. Finalmente, Javier López (Ford Escort RS 2000 MKII) gañou o Trofeo da Fundación Estanislao Reverter ao mellor dos históricos.
Neutralización Tres foron os tramos que se tiveron que neutralizar. O primeiro paso de Toén e as segundas pasadas de Maceda e o Canón do Sil. 56 equipos remataron a 49ª edición do rali.
Cristian García venceu en seis dos 11 tramos, Iván Ares en catro e Pedro Burgo nun
Copas Adrián Díaz (Suzuki Swift S1600) vencían en
García domina o Campionato de España
EN BREVE
4 VII Trofeo Barrios Deportivo Chega a sétima edición do Torneo Barrios Deportivo de fútbol sala. O Torneo dos campións reunirá aos mellores equipos de fútbol sala da provincia desta tempada. A cancha central do pavillón dos Remedios será, novamente, a sede deste evento, que terá lugar o mércores 29 e o xoves 30 de xuño. O mércores a partir das 20:15 horas disputaranse as semifinais masculinas; o xoves disputaranse as finais tanto en categoría masculina como na feiminina. Este torneo porá, como cada ano desde fai sete, o broche final á tempada de fútbol sala na provincia.
4 Campionato de Galicia de natación Do venres 24 ao domingo 26 de xuño a piscina Rosario Dueñas do pavillón municipal de Ourense acolle o Campionato de Galicia de natación en categoría absoluta, júnior e infantil. Máis de 400 nadadores de 24 clubs galegos estarán presentes na cita.
4I Torneo de fútbol gaélico Este domingo 26 de xuño vaise celebrar o “I Torneo Festas de Ourense de Fútbol Gaélico”. Os partidos terán lugar no campus universitario. Ás 18 horas o partido feminino e ás 19 o masculino. Os rivais en ambos os dous encontros serán o Auriense FG e Herdeiras de Dhais (Lalín).
4 Nova cita co “Correndo por Ourense”
Cristian García e Rebeca Liso no Mitsubishi Lancer Evo X.
O domingo 26 de xuño, ás 12 h, as rúas do centro da cidade serán as protagonistas da terceira carreira do circuíto “Correndo por Ourense”. Na proba absoluta deberán dar catro voltas a un circuíto para cubrir a distancia de 5.600 metros.
AXENDA - CLASIFICADOS - INFORMACIÓN DE SERVIZO
OURENSE POR Barrios Xuño de 2016
23
Ourense por Barrios. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 15-2015. Redacción: r/ Bedoya 7 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352 Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Lebre Mensaxeira Imprime: Publicaciones Tameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Miguel Rejo. Colaboracións: Silvia Nieto, Raquel Sertaje, Fernando Valcárcel, Avelino Jácome, Pablo Feijoo Nº 18 - Ano: XV - Xuño de 2016 - Difusión: 30.000 exemplares. Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, chame ao 988 045 352.
4AXENDA Música - 23 de xuño - Concerto de Yomelo Montosolo - 21:30 h - Praza do San Martiño - 28 de xuño - Concerto de Those Pretty Wrongs - 20.30 h. - Cafe Pop Torgal - 7 de xullo - Concerto de André Fernandes - 22 h - El Cercano. - 12 de xuño - Concerto de Night Demon 21:30 h - Sala Berlín Exposicións - Ata o 3 de xullo- Exposición “Cando as neuronas bailan” de César Prada - Museo Municipal - Ata o 10 de xullo - Exposición de María José Leira - Centro Cultural Marcos Valcárcel - Do 22 de xuño ata o 15 de agosto - Exposición “A alegría da cor” de José Ramón - Centro Cultural Marcos Valcárcel - Ata o 30 de setembro - Exposición “La imagen fantasma” de Tamara Feijóo - Galería Marisa Marinón (Ourense) Teatro - 30 de xuño - Obradoiro de danza clásica “Bonjour Paris!”. - 21 h - Teatro Principal Espectáculos - XIX Gala a beneficio de Renacer - 21 h - Teatro Principal Outros - 25 de xuño - XV Aniversario do Grupo 24 H. de Alcohólicos Anónimos de Ourense - Rúa Xoán Vicente Viqueira 1 (Vistahermosa) www.periodicobarrios.com
4TEL. DE INTERESE
4ANUNCIOS CLASIFICADOS [Deixe os seus anuncios no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]
TRABALLO Ófrecese señor para traballar de pintor -con 40 anos de experiencia- . Dispoñibilidade inmediata. Tel. 647 640 620. Ofrécese señora para traballar de luns a venres media xornada e tarefas do fogar, coidado de maiores, mascotas, recados, etc. ou ben as fins de semana para coidar persoas maiores ou o que necesiten. Tel. 645 770 510. Clases de apoio a domicilio,. Matemáticas xeraias e outras materias curriculares. Todos os niveis. Ampla experiencia. Económico. Con CAP. Información en clasesadomicilio2014@ hotmail.com e 610 382 589. Poñémosche a túa máquina de café gratis. Tel. 618 646 959 (Claudio). Ofrécese home de 40 anos con experiencia e titulación para coidado de persoas maiores ou depedentes. Calquera horario. Seriedade. Tel. 685 564 681 Fanse desbroces en fincas e montes. Tel. 722 216 123. Realízase limpeza de fincas, xardíns, desbroce e traballos de campo, ampla experiencia, presuposto sen compromiso. Tel. 602 864 666. Fanse desbroces con tractor ou a man. Bo prezo. Tel. 630 521 448. Danse clases particulares de todas as materias de primaria. A domicilio ou presenciais. Económico. Tel. 666 74 36 60.
INMOBILIARIA Alugo oficina amoblada de 24 m2. Lista para empezar a traballar. 150 euros/mes (+4 euros da luz da escaleira). Tel. 627 203 131. Vendo casa para restaurar pola estrada de Santiago. Tel. 637 00 59 10. Alugo apartamento no casco antigo de Ourense. Económico. Tel. 637 00 59 10. Alugo apartamento en Montalvo. 1 e 2 habitacións, preto da praia, equipado (xardín, tumbonas, aparcamento...). Fronte ao mar. Tel. 607 27 19 16. Vendo apartamento en Praia América con dúas habitacións, cociña americana, trasteiro e garaxe. A cinco minutos da praia. Tel. 636 422 497. Vendo piso en Praza España (Vigo). Tres habitacións, cociña, baño, salón, garaxe e trasteiro. Bo estado. Urxe venda. Tel: 639 81 62 09. Ofrezo unha casiña pequena para restaurar moi próxima a Ourense a cambio de traballos de albanelería (restauración tellado, piso, encintar e dividir). Tel. 606 422 543. Alugo perruquería en Progreso, 250 euros + comunidade. Tel. 637 00 59 10 Necesítase mozo ou señor responsable para compartir piso. Zona Couto. Tel. 637 00 59 10. Alugo praza de garaxe fronte ao centro de saúde da rúa Valle Inclán. 50 euros. Tel. 636 329 524. Vendo finca en Loiro. 3.000 m2. Con luz e auga. Tel. 687 62 86 28.
Alúganse oficinas en Progreso, unha amoblada, todas exteriores. Bo prezo. Tel. 637 00 59 10. Alúgase local de oficina no barrio da Ponte, acondicionado, 25 m2, económico. Tel.634 950 659. Vendo finca edificable con proxecto próxima a Ourense. Prezo de oferta: 13.800 euros. Tel. 606 422 543.
VENDAS Vendo sofá 3+2, caldeira de calefacción de gas cidade, de calefacción de corrente de calor e frío, e porta de alumunio oscuro. Tel. 637 00 59 10. Véndese base terapéutica médica a estrear, marca Biofield, rexistrada polo Ministerio da Saúde, con 9 bandas magnéticas, para cama de 135 cm. Prezo negociable: 400 euros. Tel.988 249 781 Vendo colchas de ganchillo. Tel. 988 23 06 69. Vendo leña de carballo. 220 euros/tractor. Tel. 630 521 448. Vendo Opel Zafira 1.9 CDTI 150CV (7 prazas) acabado COSMO (todos os extras). Máis info e fotos no tel.: 607 20 34 81 (atendo WhatsApp) Vendo máquinas recreativas (varios modelos vellos), máquinas de dardos (PRESAS), máquinas expendedoras de tabaco, etc. Máis info e fotos no tel.: 607 20 34 81 (atendo WhatsApp) Vendo Peugeot 207 1.4 HDI 70 cv., ano 2012, 80.000km., 5 prazas, AA, regulador velocidade. 7000 euros. Tel. 988 460 576
Vendo Citroen Berlingo 1.6 HDI 90cv., ano 2012, 78.000 km., 5 prazas, con gancho de remolque, AA, porta lateral, peche centralizado. 8000 euros. Tel. 988 460 576 Vendo Renault Clio 1.5 DCI, 70 cv., ano 2012, 70.000 km., AA, regulador velocidade, todos os extras. 7000 euros. Tel. 988 460 576 Vendo Nissan Terrano II 2.7 TD, 125 cv., ano 2005, todos os extras. 4900 euros. Tel. 988 460 576 Vendo Ford Focus 1.8 TD 90 cv., impecable, todos os extras. 3900 euros. Tel. 988 460 576 Vendo Volkswagen Golf IV 1.6 16 v., 105 cv., moi coidado. 2900 euros. Tel. 988 460 576 Traspáse cafetería en galerías parque de San Lázaro. Todo novo, recén reformado. Moi económico. Tlf: 640 378 300. Véndese Citroen Xsara varios extras, impecable, 2.000 euros. Tel. 636 452 147. Vendo roupa de señora de moi boa calidade e de marca. En perfecto estado. Tamén telas, cortinas e algunha mantelería. Tel. 690 79 53 79 (Carmen).
CONTACTOS Mozo novo, con grandes apuros económicos, ofrécese para compañía de mulleres de 40 a 63 anos. Prezo anticrise (1 hora / 20 euros). Ademais danse masaxes eróticos a mulleres. Absterse de chamar homes. Tel. 697 79 59 28.
Concello Ourense 988 388 100 Concello Barbadás 988 360 000 Deputación 988 385 100 Xunta de Galicia 012 Pazo de Xustiza 988 370 728 Policía Local 092 / 988 388 138 P. Local Barbadás 988 221 050 Policía Nacional 988 391 771 Guardia Civil 988 235 353 Guardia C. Tráfico 988 222 881 ITV 902 309 000 Bombeiros 080 / 988 370 000 Incendios forestais 085 Prot. Civil 24 h. 988 510 254 Prot. Civil Barbadás988 391 479 Cruz Roja Ourense 988 222 484 SOS Galicia 112 Urxencias e ambulancias 061 Consultas sanitarias902 400 116 H. Sta. Mª Nai 988 385 499 Hospital Cristal 988 385 500 Atención Cidadán 988 392 909 Teletaxi 988 21 00 11 Taxis A Valenzá 988 251 471 Taxis Carrefour 988 231 657 RENFE 902 240 202 Estación autobuses 988 216 027 Correos 988 223 083 Fenosa 988 222 222 Aquagest 988 250 088 Atención menor 900 202 010 Asoc. Diabética Auria988 226 608 AECC 988 219 300 C. C. Antisida 988 233 000 Alcer 988 229 615 AFAOR 988 219 292 Alcoh. Anón. 646 645 119 24h. Alc. Anón. 988 269 540 Alcoh.An. 24h. 988 22 76 23 Narcóticos Anóm 671 58 28 38 Asoc.Crohn 630 136 447 Down Ourense 988 370 313 Atención Muller Maltratada 016
4AUTOBUSES liñas e horarios dos urbanos de Ourense en www.urbanosdeourense.es e liñas e horarios dos buses á Valenzá en www.anpian.com
OURENSE POR Barrios Xuño de 2016