Skip to main content

Xuño de 2016 - Barrios

Page 1

[Páx. 20]

Entrevista a Alexandre Sotelino, coordinador da Asociación Rebulir de Ramirás VERÍN

Páx.3

A Guía Peñín avalía 54 marcas da D.O. Monterrei

XINZO

Páx.9

Dúas aceleradoras formarán 500 emprendedores

ESPECIAL Páx. 10-13

ALLARIZ

Páx.14

Especial motor: talleres, maquinaria agrícola, ralis...

O comercio alaricano vivirá unha Noite Meiga o día 25

CELANOVA

Páx.17

Eliminada a maleza da fachada do Mosteiro celanovés

[Páx. 5]

Peche dos programas educativos

[Páx. 6]

Aposta polo rural

Festa de fin de curso do programa ‘Kero-Kolo’ e ‘Kero-Kedar’ de Verín. // Actuación da banda de Trasmiras no mercado de artesanía de Vilar de Santos.

Número: 26 - Ano: XI - Xuño 2016 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de xullo. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


Barrios Xuño de 2016

BALANCE 1º ANO DE MANDATO EN VERÍN

“Queremos recuperar a imaxe de vila balnearia”

“Un ano de crecemento cero para Verín”

4 O socialista Gerardo Seoane destaca deste ano o proceso de humanización de Verín.

4 O popular Juan Manuel cre que o novo goberno verinés vive das rendas do anterior.

Paula Lodeiro

P. L.

O socialista Gerardo Seoane estreouse como alcalde de Verín fai un ano, en co goberno co BNG.

Tras dous mandatos consecutivos, as urnas decidiron en maio de 2015 que o PP pasara á oposición de Verín. O anterior alcalde, Juan Manuel Jiménez Morán, segue a liderar o grupo.

Que ten sido o máis positivo deste ano á fronte do consistorio verinés? Gerardo Seoane: “Devolverlle a vida cultural a Verín, a cercanía á xente... e unha serie de cousas que levaban moito tempo enquistadas, multitude de cousas pequenas de sentido común qe fomos capaces de facer. Tamén poñer en marcha o centro de día que era unha vella aspiración, e iniciar un programa de humanización moi importante, con árbores, aparcamentos disuarios, co obxectivo que temos de cambiarlle a imaxe á nosa pequeniña cidade”. E que ten sido o máis negativo nestes 12 meses? G.S: “As cousas van moi lentas, non van todo o rápido que un quere”.

Gerardo Seoane, alcalde de Verín./ARQUIVO. Cal é o proxecto inescusable que lle gustaría que saíse adiante neste mandato? G.S.: “A humanización de Verín, conseguir a imaxe de vila balnearia que se perdeu nestes últimos anos. E ao mesmo tempo seguir iniciando cousas como o polígono industrial, o centro de día... Non hai unha sóa cousa inexcusable, é unha visión global que intentamos desenvolver; o fundamental é devolver a vida e

o optimismo á rúa”. Como é a relación co seu socio de goberno? G.S.: “Excelente, xa eramos amigos persoais antes, e dentro do grupo, tanto uns como outros, a relación é estupenda” E coa oposición? G.S.: “Teño boa relación con xente do PP, o que pasa é que con algunha xente non teño ningunha, nin boa nin mala”.

“Puxemos en práctica ser o goberno de todos” 4 Diego Lourenzo, do BNG, asumiu a portavocía do goberno de Verín. Paula Lodeiro Neste último ano tocoulle labor de goberno en coalición cos socialistas, pero o nacionalista Diego Lourenzo sabía xa o que era estar na oposición. . Que ten sido o máis positivo deste ano á fronte do consistorio verinés? Diego Lourenzo: “Sentar as bases dos cambios que durante toda a campaña electoral defendíamos. Demos mostra con esa

rehumanización que puxemos en marcha e todos eses proxectos que están comezando agora como o centro de día, que xa está orzamentado e preparado para aprobar o proxecto. Conseguimos facer que a administración fose máis aberta á cidadanía; veño escoitando a cuestión do goberno accesible desde o primeiro día e o puxemos en práctica: ser o goberno de todos independentemente das ideoloxías de cada quen”.

E o máis negativo dos últimos 12 meses? D.L.: “Creo que ver como aínda costa instaurar determinadas cousas e a lentitude de determinados procesos que nos impide ser máis áxiles, ver que aínda hai proxectos metidos no caixón e que queda tempo para poder executalos”. Cal é o proxecto inescusable para Verín para este mandato? D.L: “Cun desemprego

Como valora este ano do goberno de Verín? Juan Manuel Jiménez Morán: “Foi un ano nulo de xestión, cun descontrol e malgasto do diñeiro de todos os verineses. Todo iso a pesar de herdar unha xestión económica excelente por parte do anterior grupo de goberno, que nos anos 2013, 2014 e 2015 non pedira ningún crédito e amortizara unha importante cantidade de préstamos pendentes. Un descontrol que ocasiona que se incumpra flagrantemente o prazo medio de pago a provedores que esixe a Lei nestes momentos. Pero tamén foi un ano de falsas promesas e

O popular Juan Manuel Jiménez Morán lidera a oposición en Verín./ARQUIVO. anuncios, que non contan con partida orzamentaria para este 2016, orzamento que a 14 de xuño aínda está sen aprobar, o cal é vergoñoso. A pesar de ter chan industrial dispoñible por primeira vez en moitos anos, non conseguiron a instalación de ningunha empresa, nin xerar postos de traballo. Ademais, este grupo de goberno actúa á marxe da lei, sen ter os permisos administrativos pertinentes en cuestións como derriba de edificios ou executando obras de forma ilegal sen

o procedemento legal de contratación, e enganando aos veciños en temas tan importantes como o que prometeran da redución dos impostos municipais. Durante este ano só viviron de rendas, aproveitándose do realizado polo Partido Popular á fronte do Concello, de anuncios e publicidade enganosa feita por persoas contratadas con soldos esaxerados, como o do comunicador, maior nalgúns casos que funcionarios do Concello. Por tanto, un ano perdido. Un ano de crecemento cero para Verín”.

tan elevado e unha despoboación tan importante, o proxecto que non pode deixar de facerse é poñer en marcha o novo polígono industrial de Tamagos”. Como é a relación co seu socio de goberno? D.L.: “Moi boa relación; os compañeiros do partido socialista están aquí tamén polo mesmo que nós, para traballar por este concello. As relacións foron boas e agardo que sigan sendo como ata de agora, porque será o que permita que haxa durante os vindeiros anos un goberno de coalición”. E como valora o papel da oposición? D.L.: “Ao mellor son os propios electores do PP os que teñen que valorar se está sendo unha oposición

O nacionalista Diego Lourenzo, nun pleno./ARQUIVO. construtiva, eu non o diría; máis ben as propostas que se fixeron foron bastantes escasas. Animoos a que fa-

gan unha oposición baseada na construción que ao final é o que os verineses e verinesas queren”.


VERIN E COMARCA

Barrios Xuño de 2016

A Guía Peñín avalía 54 marcas da D.O. Monterrei 4 Ademais, sete dos seus viños lograron máis de 90 puntos na lista de The Wine Advocate. Redacción A sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei recibiu a visita de Javier Luengo, director editorial da Guía Peñín, e do catador Pablo Vecilla, co fin de catar os viños desta D.O. para a súa inclusión na próxima edición da publicación. Avaliaron 54 mostras, dúas máis que o ano anterior, enviadas pola práctica totalidade das adegas que conforman a D.O. Monterrei. Un 83% das mostras catadas pertence á colleita de 2015. Este foi o ano no que se presentou o maior número de marcas, 34 de viño branco e 20 de tinto, o que amosa o crecemento que están a experimentar os viños de Monterrei. Nunha primeira valoración, Luengo sinalou que a “colleita do 2015 é mellor que a do ano anterior, con maior intensidade dos viños en boca”. Ademais, Javier Luengo destacou o traballo das adegas pertencentes á D.O. Monterrei á hora de elaborar os viños xa que “a pesar de haber anos climatolóxicamente malos, en Monterrei sempre se consegue o equilibrio”. A Guía Peñín é unha das publicacións de referencia para os viños españois a nivel nacional e internacional. The Wine Advocate A última lista de The

Marisol Díaz Mouteira estivo acompañada durante a visita do xefe territorial da Consellería de Xustiza e do alcalde de Verín, entre outras autoridades.

Verín contará con Unidade de Antropoloxía Forense 4 A delegada da Xunta visitou os xulgados do municipio para coñecer as súas necesidades. Redacción

Javier Luengo e Pablo Vecilla, durante a cata realizada en Monterrei para a Guía Peñín. Wine Advocate volveu encumiar os viños da D.O. Monterrei, puntuando sete deles con máis de 90 puntos. Entre os viños que superan esta puntuación atópanse os elaborados polas adegas Quinta da Muradella, Couto Mixto e Vía Arxéntea. Outros 12 viños obtiveron entre 84 e 90 puntos, como os elaborados por Ladairo, Gargalo, Castro de Lobarzán, Crego e Monaguillo, Quinta do Buble eTabú.

4 Cartel Está en marcha o concurso que seleccionará o cartel anunciador da XI Feira do Viño Monterrei, aberto a deseñadores, pintores e artistas que poden presentar un máximo de dúas obras inéditas (en formato 43 x 63 cm) ata o próximo 29 de xuño. Concederase un único premio de 600 euros ao gañador.

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitou os xulgados de Verín e analizou as súas necesidades. Díaz Mouteira concretou que o novo Plan de Eficiencia Enerxética e Obras Menores dos edificios xudiciais prevé para Verín a renovación do

equipamento térmico instalando unha caldeira de biomasa, unha actuación que terá lugar ao longo do segundo semestre deste ano. E destacou que esta mellora vai reducir o consumo enerxético, e mellorar as condicións laborais dos traballadores. Antrololoxía Forense A delegada territorial explicou tamén que dito

Plan inclúe a creación da Unidade de Antropoloxía Forense do Instituto de Medicina Legal de Galicia (IMELGA), emprazada no Hospital Comarcal de Verín, e que presta servizo aos tribunais, fiscalías e xulgados da comunidade. Prevese, ademais, a instalación dun equipo para a extracción de gases e dun lavadoiro na sala de esqueletización.

4 Curso de técnicas de cultivo A Evega organiza un curso de “Técnicas de Cultivo”, que se impartirá no centro de formación da Mancomunidade de Verín do 20 ao 29 de xuño. É gratuíto e está dirixido a un máximo de 20 participantes, que aprenderán os aspectos máis importantes da viticultura. As inscricións deben realizarse ata o 18 de xuño, en evega.medio-rural@xunta.es, ou na sede do Consello Regulador da D.O. Monterrei en Verín.

Zona de aparcamento libre sita entre as rúas Juan Guerra Valdés e a Canella Cega.

Verín inaugura a súa primeira zona de aparcadoiro libre O Concello de Verín vén de pór en funcionamento a primeira zona de aparcadoiro libre das oito previstas para descolapsar o estacionamento do centro da vila, así como para facilitar o acceso dos cidadáns aos servizos públicos e ao comercio local. Estes aparcadoiros están deseñadas para que, cando estean todos operativos, Verín conte cun milleiro de novas prazas de aparcadoiro gratuítas e céntricas.


Barrios Xuño de 2016

VERÍN E COMARCA

O PP advirte diverxencias no proxecto do auditorio 4 O acceso e as prazas de aparcamento incumpren a normativa de accesibilidade. Redacción Un dos novos parques infantís da rúa Cancelón.

Arte urbana e a poesía para rehumanizar as rúas 4 Verín inaugura dous parques con zona infantil con esta decoración. Redacción O Concello de Verín finalizou o acondicionamento de dous parques con zona infantil decorados con arte urbana e poesía, situados en dous canellóns da rúa Cancelón. Esta iniciativa, que se enmarca dentro do plan

de rehumanización da vila, nace coa finalidade de recuperar espazos estériles e reconventirlos en lugares lúdicos e de lecer para o goce dos veciños. Para a posta en marcha destes parques, o Concello investiu un total de 9.115,84 euros na construción dos mesmos e

na dotación do seu mobiliario e 2.783 euros nas execucións dos tres murais de arte urbana (que correron a cargo do artista ourensán Mon Devane) e da parede decorada coa frase da iniciativa Acción poética “O imposible só existe na túa mente”.

O portavoz do PP en Verin, Jiménez Morán, avisa de que a contorna actual do Centro Cultural e das Artes de Verin non se corresponde co que no seu día foi aprobado polo seu goberno e para o que se consignou unha partida presupostaria no 2015. “O acceso actual non cumpre coa normativa de accesibilidade tal e como di un informe do arquitecto municipal”, afirma o portavoz popular. Engade que “por parte do actual goberno non se executou o proxecto de accesibilidade e urbanización dos arredores do Auditorio

polo que a un determinado número de asentos lle corresponde un número de aparcamentos. Algo que se pode comprobar non existe actualmente”. Na súa opinión “unha

obra desta envergadura non merece unha pista nin sequera asfaltada” e agarda que melloren as condicións dos accesos e a contorna do Centro das Artes de Verin.

Infografía do proxecto aprobado no seu día.


VERÍN E COMARCA

Barrios Xuño de 2016

EN BREVE 4 Mitin do PP en Verín Mural elaborado polo alumnado de Debuxo Artístico do IES García Barbón.

O García Barbón, elixido para un Programa Erasmus de formación en Finlandia O IES García Barbón de Verín foi elixido no Programa Erasmus+ KA1 (2016) para levar adiante un Proxecto de Formación “European Healthcare Alliances” con alumnado e profesorado do Ciclo Medio de Coidados Auxiliares de Enfermaría en Finlandia. Complementariamente, dito centro ten solicitado participar no Programa CUALE de formación en inglés (nivel B1) para os estudantes de Coidados Auxiliares de Enfermaría no vindeiro curso 2016/2017.

Actividades extraescolares O mércores 8 de xuño o instituto verinés contou coa poesía e a música de María Lado e Lucía Aldao no salón de actos. O alumnado de Debuxo Artístico e o seu profesor Carlos Matos, despois de semanas de intenso traballo, teñen case rematado o enorme dragón que se pode ver pintado no muro da parte traseira do centro educativo. Datas de admisión e matrícula Para Formación Profesional, a preinscrición rea-

lízase na última quincena de xuño e a matrícula na última quincena de xullo. Para Bacharelato, o prazo de matrícula é do 25 de xuño ao 10 de xullo. En setembro do 1 ao 10. Información de interese para estudantes que remataron un Ciclo de Grao Medio As persoas que posúen un título de Grao Medio de Formación Profesional cumpren o requisito académico de acceso a ciclos formativos de grao superior.

O Partido Popular celebrará mitin electoral en Verín o próximo domingo 19 de xuño, a partir das 20:30 horas no colexio María Inmaculada. Abrirá o acto o senador e voceiro municipal Juan Manuel Jiménez Morán. Falarán a candidata ao Senado polo PP, Miri Barreira, o presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar, e o presidente do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.

4 “Pasaporte do Auguista” A Eurocidade ChavesVerín vén de presentar o “Pasaporte do Auguista” da Ruta termal e da auga Verín - Chaves - Vidago como punto de partida da revalorización do auguismo en Verín. A iniciativa busca promocionar o retorno e a valorización do auguismo na zona transfronteiriza e irá unida a un plan de remodelación dos mananciais de Verín.

Os programas educativos de Verín despídense por este curso 4 O Kero-Kolo terá unha edición de verán. agosto. Esta proposta está destinada a menores de entre os 2 e 4 anos e realizarase os luns e mércores, de 11 a 13 horas no CEIP Princesa de España.

Redacción Co remate do curso escolar, finalizan tamén outros programas educativos. En Verín despediron o pasado 14 de xuño os programas ‘KeroKolo’ e ‘Kero-Kedar’ cunha festa de fin de curso no complexo deportivo da Granxa. Ambas son dúas iniciativas da Escola de Familia Municipal de Verín: o ‘Kero-Kolo’ é un espazo de encontro entre proxenitores e nenos de 2 e 3 anos e o ‘Kero-Kedar’ un espazo de xogo e aprendizaxe para cativos de 3 e 4 anos que serve de conciliación para as familias. Ambos programas terán continuidade o curso

Alumnado do colexio María Inmaculada participou en xogos populares na praza do Concello de Verín. que vén, para o que xa está aberto o prazo de inscricións no departamento de Educación Familiar do Concello de Verín. No

mesmo lugar realízanse as inscricións para a súa versión de verán, a iniciativa lúdica ‘Kero-Verán’ que se desenvolverá en xullo e

Proxecto europeo Tamén se clausurou este mes o programa internacional “As túas ideas, as túas iniciativas” no que participaron estudantes de ESO do Colexio María Inmaculada. Fixérono cunha sesión de xogos populares na Praza do Concello. “O que buscamos con esta actividade é que os mozos recuperen os xogos na rúa, e o fagan ademais da forma máis segura desde o punto de vista da seguridade viaria”, explicou Fernando Castro, o policía local que coordinaba o proxecto.


Barrios Xuño de 2016

VERÍN E COMARCA /XINZO E COMARCA

Vilar de Santos estreou mercado de artesanía 4 Volverano repetir en outubro. Paula Lodeiro

José Manuel Rey Varela con Xan Jardón, alcalde de Vilar de Santos.

Rey Varela recibe os alcaldes de Baltar, Laza, Rairiz, Vilardevós e Vilar de Santos

Vilar de Santos celebrou este domingo 12 de xuño o seu primeiro mercado de artesanía e produto local, organizado pola Arca da Noe e o forno Faragullas coa colaboración do Concello. Unhas mil persoas, segundo os organizadores, achegáronse ata a localidade, onde puideron mercar nalgún dos 32 postos instalados nas rúas do casco vello do municipio,

a maioría procedentes da propia comarca da Limia. A experiencia foi boa, polo que teñen pensado repetir dentro de tres meses, o 9 de outubro, afirman. Explicaba o alcalde, Xan Jardón, que o Concello de Vilar de Santos sempre apostou “por valorizar os recursos locais e facer labor de dinamización”, de aí o apoio a este mercado, que compartiu xornada coa feira tradicional do municipio, recuperada en 2014.

Completo programa O mercado deu comezo a mediodía coa instalación dos postos de produtos artesanais e de comida nas rúas do Pasadizo, do Forno e da Senra. Houbo concerto da banda de música de Trasmiras, foliada e actividades para os máis pequenos. O concerto de Habelas Hainas completou o programa. “No rural hai futuro e hai moita vida e isto ten que valernos como un escaparate”, resaltaba o rexedor.

4 Para coordinar a atención social. Redacción O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, continúa coa súa rolda de encontros cos rexedores municipais galegos para coordinar a atención social dos cidadáns, a través da optimización dos recursos locais e autonómicos. Así, no último mes mantivo xuntanas co alcalde

de Baltar, José Antonio Feijoo, o de Laza, José Ramón Barreal Novo, a alcaldesa de Rairiz de Veiga, Asunción Morgade, o rexedor de Vilardevós, Manuel Cardoso e o de Vilar de Santos, Xan Jardón. En todos os casos incrementáronse no último ano as horas do Servizo de Axuda no Fogar. En particular, co rexedor de Vilardevós analizou a

situación do centro de día para 40 usuarios e residencia para outros 24 usuarios que o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar está a construír no municipio, e que se prevé poida abrir este mesmo ano. De Vilar de Santos o conselleiro recibiu un proxecto de ampliación dos recursos residenciais do concello.

Ademais de postos de artesanía e gastronomía, houbo animación musical./CEDIDA.


XINZO E COMARCA

Barrios Xuño de 2016

4NOTICIAS DE EMPRESA

Son tus aromas, perfumería de marca branca de alta calidade

Stand do CDR O Viso instalado na gala, na praza Carlos Casares de Xinzo./CEDIDA.

A gala solidaria “Os 80” recada mil quilos de alimentos A gala solidaria “Os 80” desenvolvida o 11 de xuño en Xinzo por Fusión Fitness rematou coa recollida de mil quilos de alimentos e produtos de hixiene básicos, cos que o Centro de Desenvolvemento Rural O Viso axudará a familias máis necesitadas da comarca da Limia. Esta recolllida axudará ao CDR O Viso a desenvovler o Programa de Atención Urxente a persoas en risco ou exclusión social, que lle subvenciona o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade. Mediante este programa desenvolven unha acción profesional “que pretende mellorar a calidade de vida das persoas e, non só ser mero asistencialismo”.

Son tus aromas é a franquía líder en perfume de marca branca de alta calidade que vén de instalarse en Xinzo de Limia. No seu establecemento dispoñen de máis de 150 referencias de perfumes para home, muller e neno, que evocan os perfumes de máis éxito do mercado internacional. Son perfumes de elaboración nacional, sometidos a estritos controis de Sanidade e Medio Ambiente, cunha alta concentración de esencia, que se manteñen ata 10 horas Ademas na súa tenda da rúa 2 de Maio poderás atopar o último en inciensos da India, fragancias ambientais, incluíndo ambientadores para casa e coche, mikados, pedras

Visítanos en r/2 de Maio, 66, en Xinzo.

Dispoñen de produtos orgánicos con propiedades terapéuticas olorosas e candeas aromáticas. Teñen tamén complementos de baño como xabóns artesáns con propiedades terapéuticas, sales de baño con manteiga de karité, xabóns exfoliantes

e anticelulíticos Podes atopar tamén aceites esenciais puros, orgánicos, aceites base e augas florais; arxilas naturais, cremas e xeles con esencias naturais; lacas de uñas de calidade profesio-

nal, e cosmética ecolóxica certificada da marca Naobay. Produtos terapéuticos En Son tus aromas dispoñen de produtos orgánicos con propiedades terapéuticas para peles secas, graxas, mixtas, adolescentes, maduras e infantís e para problemas de pel como: acne, eccemas ou psoriase..., e tamén para dores musculares, de ósos, mesmo migrañas e celulite. Tamén teñen á venda bolsas de trigo e lavanda que che axudarán a aliviar os teus problemas musculares ou de ósos, e bolsas de linaza e lavanda para aliviar olleiras e migrañas. Son tus aromas elabora cestas agasallo con grandes descontos e teñen un amplo catálogo de detalles para vodas, bautizos, comuñóns e outras celebracións con prezos rebaixados.


Barrios Xuño de 2016

BALANCE DO 1º ANO DE MANDATO EN XINZO

ELVIRA LAMA, VOCEIRA DO PSOE

Manuel Pérez, de xinzo adIAnte

“Pouco de positivo, se acaso a venda dunha parcela no polígono industrial”

“Somos o grupo que máis iniciativas presentou”

Redacción Desde a oposición, a socialista Elvira Lama fai un retrato negativo do que foi o Goberno municipal neste ano. Que ten sido o máis positivo deste ano no Concello de Xinzo? Elvira Lama: “No que vai de lexislatura pouco hai de positivo por non dicir nada. Se acaso a venda dunha parcela no polígono industrial, para unha fábrica de almidón modificado de patacas que están en fase de cultivo experimental. Un proxecto moi ambicioso dun empresario particular de Xinzo, que pode chegar a dar saída a uns 50 millos de quilos de pataca dunhas variedades especificas. Unha industria que pode solucionar o problema do

sector primario, e o monocultivo da pataca coas súas oscilacións de prezos cíclicas, sen contratos homologados e a risco e ventura das inclemencias climatolóxicas como as deste ano 2016”. E o máis negativo destes 12 meses? E.L: “Que seguimos perdendo poboación, un rural envellecido, poucos nacementos, e xente que está a emigar porque aquí non atopa traballo nin futuro. Xinzo é un pobo que esmorece, día a día cando saes á rúa dos viños ás 9 da noite e non ves a ninguén cando hai poucos anos a vida nocturna da provincia estaba precisamente aquí. Hai falta de programación e de proxectos concretos; o Museo do Entroido pechado, o albergue de peregrinos nas mesmas

P. Lodeiro Elvira Lama é a voceira do grupo socialista en Xinzo. condicións...”

deiras”.

Cal debería ser a prioridade do Goberno local de Xinzo neste mandato? E.L.: “Por descontado que a creación de emprego; ser o polo de atracción de novas empresas, para poder ampliar o polígono, pero tamén o fomento do emprego autónomo, do emprego xuvenil e do emprego no rural apostando polos proxectos de xente moza que non quere marchar, axudalos a buscar en Xinzo o seu proxecto de vida. Buscar nas institucións alleas financiamento para proxectos de investimento en Xinzo, culturais, e de restauración de patrimonio como o Mosteiro de Tran-

Como é a relación co grupo de goberno? E.L: “A relación co grupo de goberno é normal dentro do distanciamento que separa dúas formas de entender a política. De todos é sabido que o PP non comparte a visión que os socialistas temos das cousas públicas nin ten as mesmas prioridades á hora de gobernar”. E cos outros grupo da oposición? E.L.: “Cos grupos da oposición un pouco mellor porque as visións da política son máis parecidas, salvando a distancia de que nós non compartimos o nacionalismo”.

“O alcalde carece de proxecto” 4 Ramiro Rodríguez, único concelleiro do BNG, fai balance deste ano. Redacción Que ten sido o máis positivo deste ano no Concello de Xinzo? Ramiro Rodríguez: “O remate do Museo Galego do Entroido logo de 15 anos dende que os daquela concelleiros do BNG puxeran a idea sobre a mesa. No eido económico destacaría os avances no proxecto da fábrica de almidón, que agardamos se poida materializar o máis axiña posíbel”. E o máis negativo? R.R.: “A constatación de que o alcalde e o seu grupo carecen dun proxecto para este pobo e se limitan a cubrir o expediente renunciando a ter algún

tipo de incidencia ou intervención sobre a realidade económica, demográfica, social, etc. do noso concello. A evidencia disto son os orzamentos do ano 2016 dos que desapareceu calquera partida adicada á promoción económica e nos que unicamente se destinan 60 mil euros a investimentos”. Cal debería ser a prioridade do Goberno local de Xinzo? R.R.: “Reubicar a Xinzo no papel de liderado que debería desempeñar como cabeceira dunha das principais comarcas do noso país, apostando claramente pola mellora das condicións da vila como centro comercial e de servizos.

Tamén se fai urxente un plan de conservación e valorización do noso patrimonio cultural e arqueolóxico, poñendo ao Mosteiro de Trandeiras como prioridade absoluta. No ámbito organizativo rematar coas frontes abertas cos traballadores e traballadoras aprobando dunha vez a RPT e negociando un novo convenio colectivo. A medio prazo tamén se vai facer necesaria unha revisión en profundidade do PXOM”. Como é a relación co grupo de goberno? R.R.: “Os gobernos do PP non se caracterizan precisamente pola súa transparencia e participación e o de Xinzo non é

Ramiro Rodríguez, edil do BNG unha excepción, así que a relación limítase ao estritamente obrigado pola lexislación”. E cos outros grupos da oposición? R.R.: “Co resto dos grupos da oposición hai boa sintonía e sempre estamos dispostos a colaborar para defender os intereses dos veciños e veciñas”.

Xinzo Adiante entrou como nova formación no Concello de Xinzo o pasado maio, con tres edís. Manuel Pérez Grande é o seu voceiro. Que ten sido o máis positivo deste ano no Concello de Xinzo? Manuel Pérez: “Xinzo Adiante presentou máis dunha decena de mocións, e cinco foron aprobadas pola corporación de xeito unánime: a defensa do mantemento no IES Cidade de Antioquía dos estudos do Ciclo Medio de Xestión Administrativa; a solicitude á Consellería de Sanidade da posta en funcionamento dunha unidade de Coidados Paliativos con sede permanente en Xinzo e o mantemento das dúas enfermeiras adscritas aos facultativos de Pediatría no centro de saúde de Xinzo; solictar á Real Academia Galega que o vindeiro ano se lle dedique o Día das Letras Galegas a Carlos Casares; e unha moción para adecuar os tanatorios á normativa vixente. Xinzo Adiante é o grupo municipal que máis iniciativas presentou, que máis consensos xerou e que levou ao Pleno cuestións que si son importantes para o día a día da cidadanía”. E que foi o máis negativo para Xinzo nestes meses? M.P.: “Séguese coa mesma rutina dos anteriores mandatos. No equipo de goberno non existen iniciativas para reconducir a situación de regresión –económica e demográfica- que está a vivir este Concello. O único que fan e xestionar o que lles vén dado por outras Administracións”. Cal debería ser a

Manuel Pérez. prioridade do goberno local de Xinzo neste mandato? M.P.: “A prioridade fundamental debería ser a de crear a sinerxia para reconducir a situación de regresión, e empezar a crecer en todos os aspectos: sociais, económicos... Cómpre orientar a xestión municipal para dar cobertura ás necesidades do pobo: atención axeitada aos nosos maiores; plan para combater a caída demográfica; a toma de medidas para dinamizar o pequeno comercio local; un plan para a posta en valor do sector primario; rematar co clientelismos; e adoptar medidas para garantir a transparencia”. Como é a relación co grupo de goberno? M.P.: “Aínda que eles son os que teñen que gobernar, cremos que deberían contar máis coa oposición e xuntos seríanos máis fácil poder saír do atolladeiro no que se atopa hoxe Xinzo. De feito, cando presentan algunha proposta que vemos positiva, Xinzo Adiante non ten ningún inconvinte en apoiala”. E cos outros grupos da oposición? M.P.: “É boa, de feito temos presentado algunha moción en conxunto. Sempre estamos abertos ao diálogo e ao consenso cos grupos da oposición”.


XINZO E COMARCA

“O máis positivo, a puxanza do polígono industrial de Xinzo” 4 Para o alcalde, Antonio Pérez, é inescusable acometer neste mandato a circunvalación. O político popular Antonio Pérez suma xa o seu sexto ano como alcalde de Xinzo. Impulsar a circunvalación á localidade e recuperar o tramo urbano do río Limia son dous dos seus obxectivos primordiais para este terceiro mandato.

E que foi o máis negativo dos últimos doce meses? A.P.: “A taxa de desemprego, e a parálise institucional dende a non conformación do goberno en Madrid”. Cal é o proxecto ines-

Dúas aceleradoras formarán 500 emprendedores en Xinzo de Limia e Celanova 4 Impulsadas polo Igape e a Escuela de Organización Industrial. Redacción

Redacción

Que ten sido o máis positivo deste ano no Concello de Xinzo? Antonio Pérez: “A normalidade institucional, a saída da difícil situación económica, e a puxanza do polígono industrial”.

Barrios Xuño de 2016

Antonio Pérez, na Alcaldía de Xinzo./ARQUIVO. cusable do Goberno local de Xinzo para sacar adiante neste mandato? A.P.. “Son moitos proxectos, pero por enumerar algún, diríamos unha actuación global no tramo urbano do río Limia, a circunvalación á vila, e o

arranxo das avenidas de Celanova, de Ourense e de Madrid”. Como está sendo a relación cos grupos da oposición? A.P.: “En xeral, boa, diría que cordial”.

O Igape e a Fundación Escuela de Organización Industrial (EOI) impulsan dúas aceleradoras que permitirán a 500 emprendedores de Xinzo e de Celanova recibir formación e asesoramento gratuíto. Será nos espazos coworking que en datas próximas se van habilitar nos locais do Auditorio Municipal de Celanova e na Casa da Cultura de Xinzo de Limia, cedidos por ambos municipios. O director do Igape, Javier Aguilera, e o director de Iniciativa Emprendedora, Innovación e Pemes da EOI, Miguel Sánchez Galindo, presentaron en Celanova e en Xinzo de Limia os novos espazos coworking, acompañados dos respectivos alcaldes. Nestes actos, todos os representantes públicos coincidiron en salientar a importancia da cooperación entre adminis-

Javier Aguilera, Antonio Pérez e Miguel Sánchez./M.R.

tracións para dar un novo pulo ao emprendemento. O obxectivo prioritario destas dúas iniciativas de coworking é acelerar o desenvolvemento de proxectos empresariais sobre o territorio; incrementando a probabilidade de éxito das ideas impulsadas polos emprendedores ourensáns nun período limitado de tempo, identificando aqueles con maior potencial de desenvolvemento e facilitando a súa posta en marcha e consolidación. Os mellores proxectos serán titorizados por expertos.

O PP expulsa dous concelleiros en Rairiz de Veiga Redacción

Momento da reunión entre a conselleira de Medio Rural e Felipe Traveso.

Ángeles Vázquez reúnese co rexedor de Sandiás A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, vén de recibir no seu despacho de San Caetano ao alcalde de Sandiás, Felipe Traveso. Nesta xuntanza abordaron a situación dos cultivos no concello ourensán en particular e na comarca da Limia en xeral. A conselleira e o alcalde trataron tamén o arranxo de pistas no municipio.

O Goberno local de Rairiz de Veiga non remata de asentarse. Se no mes de maio dimitira o concelleiro popular Manuel Corderi, agora outros dous edís, Manuel Ferreiro e José Antonio Fernández, abandonan o grupo de goberno tras iniciarlle o PP un expediente de expulsión. Desta volta a polémica xurdiu cando transcenderon as fotos da reunión entre o conselleiro de Política Social e a alcal-

desa de Rairiz de Veiga, na que esta estaba acompañada polo ex alcalde Xaquín Rodríguez. Nada máis coñecerse a noticia, o PSOE esixiu a dimisión de Asunción Morgade por permitir a presenza do ex rexedor, que está inhabilitado por prevaricación, nun encontro oficial co conselleiro de Política Social. “O noso Concello merece algo máis que unha alcaldesa que precisa de ser tutelada para tomar decisións e que é incapaz de rachar co peor da nosa historia política”, afirmou

Financiación O proxecto de coworking impulsado por Igape e EOI disporá dunha achega conxunta para toda Galicia de 4,8 millóns de euros. A Xunta achegará 960.000 euros en dous anos, e a EOI a cantidade restante contando coa cofinanciación do Fondo Social Europeo.

Instalaranse na Casa da Cultura de Xinzo e no Auditorio de Celanova o voceiro socialista, Pablo Lorenzo. Unha petición de dimisión á que se sumaron os dous concelleiros críticos, o que motivou que o PP lles abrise un expediente de expulsión, ao considerar que “na práctica están a facer oposición contra o seu propio partido, posicionándose con outra formación contra as propostas de goberno do PP e ata pedindo a dimisión da rexedora”. Cinco no goberno Morgade seguirá gobernando con cinco concelleiros unha vez tome posesión da súa acta o sustituto de Corderi, mentres que previsiblemente a oposición quedará conformada polos dous edís socialistas e os dous ex concelleiros populares.


10

Barrios Xuño de 2016

especial MOTOR

Saxen Automoción, cando a experiencia é un grao Cando un coche chega ao taller de Bruno, el xa sabe o que lle pasa. É moito dicir, está claro, pero pouco lle falta para ser verdade. Con máis de 22 anos entre automóbiles, Bruno Lorenzo e o seu equipo ven coches de todas as marcas e con todas as avarías a diario, o que lles confire un alto grao de coñecemento sobre o mundo do motor. Saxen Automoción, en Xinzo, é o clásico taller que fai reparacións de electromecánica; chapa e pintura non. Dende un cambio de aceite, de rodas ou revisión pre-itv que pode resultar do máis sinxelo ata abrir e desmontar un motor, ou buscar a avaría imposible que fai que o teu coche falle cada pouco e non saibas porqué, en Saxen nunca te enga-

Abel Jurado vence unha vez máis 4 O piloto asturiano venceu no Ralimix da Gudiña. Redacción

Xerson, Bruno e Francisco, os profesionais de Saxen Automoción./M.REJO. narán e diranche sinceramente o que falla e cal é a solución, tendo ti sempre a última palabra coa información que manexas grazas ao estudo minucioso do teu caso. Proba disto é que

dispón de dúas máquinas de diagnose, para que unha complemente a outra e non se escape ningún detalle. Se cres que o teu coche non ten arranxo ou queres deixalo nas mellores mans,

pásate un día calquera de luns a venres de 9 a 13 e de 15 a 19 horas pola avenida de Ourense 168 de Xinzo e entra en Saxen Automoción para comprobalo.

70 docentes participaron no XVI Congreso de “ENFAMEC”

O piloto Abel Jurado venceu co seu Ya-Car Cross nunha nova edición do Ralimix da Gudiña. Para o asturiano é a segunda vitoria da tempada, xa que antes vencera en Piñor. Este triunfo fai que sexa líder indiscutible do Campionato galego de Ralimix cando van disputadas tres probas. O abandono dos seus rivais máis directos xunto a un gran control de cada tramo fixo que fora unha vitoria incuestionable. Na primera xornada o campión da pasada edición, o ourensán Iago Silva, tivo que aban-

donar tras unha rotura do cárter no seu Ya-Car Cross. Tamén tivo que deixar a proba, pero o domingo, o piloto Eugenio Fernández (por pinchazo e rotura de cárter). Podio En segunda posición remataría Óscar Añón, a máis de 25 segundos do campión. O terceiro lugar sería para o ourensán Jesús Vázquez que co seu Semog chegou a 55 segundo do líder.

Iago Silva e Eugenio Fernández abandonaron

Redacción Os días 10 e 11 de xuño, 70 profesores de fabricación mecánica de toda Galicia participaron no XVI Congreso de ENFAMEC que se celebrou, por primeira vez, no IES García Barbón de Verín. A finalidade deste congreso que organizaba a Asociación de Ensinantes de Fabricación Mecánica, foi crear un lugar de encontro entre docentes do sector e as institucións no que intercambiar experiencias, e ampliar coñecementos desta especialidade formativa. Na inauguración, o al-

Á inauguración do Congreso acudiu Gerardo Seoane, alcalde de Verín; José Domínguez Alonso, director do Centro de Formación e Recursos de Ourense; Mercedes Gallego, xefa territorial de Educación en Ourense; Fco. Javier Novelle Secades, presidente de ENFAMEC; Daniel Veiga, director do IES García Barbón e Benito Fernández Jardón, xefe do departamento Instalación e Mantemento do IES García Barbón./CEDIDA. calde, Gerardo Seoane, fixo especial fincapé na “necesidade de fomentar

en Verín un modelo propio, compartido de formación e emprego, onde vaiamos da

man, o tecido educativo e os axentes sociais e as empresas”.

Coa vitoria na Gudiña o piloto asturiano sitúase como líder indiscutible do Campionato galego de Ralimix.


MOTOR especial

Quellemoto está en rúa San Sebastián, 8, de Xinzo./M.R.

Quellemoto faise maior de idade

que traballan en formato máis económico serán as perfectas para o teu vehículo. Na rúa San Sebastián 8 de Xinzo non só está de aniversario Quellemoto. Quellealquiler é o irmán que naceu o mesmo día. En Quellealquiler atoparás toda a maquinaria de campo e xardinería que necesites. Motoserras, desbrozadoras, hidrolimpadoras, cortacéspedes... da prestixiosa marca Oleo Mac, da que son servizo técnico. Podes elexir entre mercar ou alugar, como prefiras.

Xa para rematar e demostrando que están á última, en Quellemoto tamén venden máquinas de fitness, ximnasio e cintas de correr de moitas marcas, entre a que destaca BH. Xa sabedes, o pequeno fíxose maior grazas a todos os clientes que demostraron a súa confianza nel, e el devolveu esa confianza con pequenos pasos que o fixeron medrar en oferta, produtos e mellorar en relación prezo-calidade. Noraboa e feliz aniversario!

Tras 18 anos converteuse nun referente provincial no mundo da moto, bicicleta e agora en neumáticos Xa pouco queda daquel neno que este xaneiro de 2016 cumpriu 18 anos. Deu os seus primeiros pasiños Quellemoto e Quellealquiler con medo pero agora xa pode dicir que é todo un referente na provincia. Coa experiencia adquirida co paso do tempo Quellemoto convertiuse no sitio ideal para mercar a tua moto, da marca que queiras, xa sexa nova ou de segunda man, pois das dúas formas danche garantía igual, xa que todas as motos que ten á venda pasaron un exhaustivo exame. Pero non só venden, tamén mercan a túa moto usada. E se fora pouco, se

o desexas, restauran motos clásicas dándolles ese toque vintage que tanto se leva. Xa no apartado de mecánica, Quellemoto dá resposta a todas as avarías da túa moto, quad ou bicicleta: mantemento, revisión pre-itv, diagnose de inxección, avarías mecánicas, problemas de motor.... e se é preciso, con recollida e entrega a domicilio. En Quellemoto xa podías atopar as últimas novidades en canto a neumáticos de moto a un prezo incrible pero este ano celebran a maioría de idade introducindo a venda de rodas de coche. As marcas máis coñecidas e algunha

11

Récord de inscritos 4 O Rali de Ourense contará con 88 coches nesta edición, que se corre os días 17 e 18. Redacción Ao peche do prazo de inscricións eran 88 os pilotos inscritos, polo que quedaban oito na reserva. Porén desde a organización determinaron que os 88 equipos estarán na saída deste rali. Así pois, gran participación nun rali que foi considerado o ano pasado o mellor do Campionato de España de ralis de asfalto. Peche e apertura dos tramos Cinco tramos que se disputarán o sábado 18 de xuño pecharanse ao tráfico 90 minutos antes da saída do primeiro participante. Entre as dúas pasadas non se abrirá. Tramos O primeiro tramo será o da Peroxa (27,63 km). O peche do mesmo será ás 6:30 horas, a primei-

Na mesma tenda podes atopar motos, bicis e maquinaria de xardinería./M.REJO.

Barrios Xuño de 2016

ra pasadao ás 8:00 e a segunda ás 10:55 e apertura da estrada terá lugar ás 12:25. Toén-Castrelo (15,00 km) péchase ás 7:35 h., ás 9:05 dará comezo a primeira pasada e ás 12 a segunda; para as 13:30 h está previsto a apertura. Esgos (15,48 km) péchase ás 13:30 h., ás 15 horas será a primeira pasa e ás 18:50 h a segunda; apertura será ás 20:20 horas. En Maceda (13,42 km) ás 14 horas pecharase o tramo, ás 15:30 h programada a primeira pasada e ás 19:20 h a segunda; a apertura será ás 20:50 h. E finalmente o Canón do Sil (32,00 km) que se pechará ás 14:40 horas, a primeira e segunda pasada están previstas para as 16:10 e as 20:00 horas; ás 21:30 abrirase ao público a estrada. A entrega de premios, ás 22 h no parque de San Lázaro (Ourense).

Participante da edición do rali pasado./RAMSÉS.


12

Barrios Xuño de 2016

especial MOTOR

Presentación do Rali de Ourense, nas Burgas,/RAMSÉS.

O Rali de Ourense, a escena 4 Os días 17 e 18 de xuño chega a 49ª edición dun dos mellores ralis nacionais. R.T. Dous días de pura adrenalina na que se darán cita os mellores pilotos do Campionato de España de ralis de asfalto é o que nos agarda os días 17 e 18 de xuño coa 49ª edición do Rali Ourense Termal. O piloto Xevi Pons, campión do Mundo da categoría S2000 en 2010 e campión de España de ralis sobre terra en 2008, 2012 e 2013, fará unha exhibición cun Mitsubishi Lancer Evo X no tramo espectáculo de San Cibrao. Tramos O deste ano será un percorrido similar ao de pasadas edicións, con lixeiros cambios. A tarde do venres 17 terá lugar o tramo espectáculo de San Cibrao (3,33 km), no que os parti-

cipantes terán que dar dúas voltas case completas ao trazado. O sábado pola mañá faranse dúas pasadas aos tradicionais tramos da Peroxa (27,63 km) e Toén (15,00 km), ambos con lixeiros cambios. Na Peroxa suprímese a zona estreita inicial, sendo a partir de aí idéntico ao do ano pasado. En Toén tamén hai algunhas variantes, iniciándose de forma case similar ao de 2010 para, na súa parte final, transitar pola que fora antigamente a especial de Puga, aínda que sen perder a espectacular rotonda no mesmo pobo de Toén. A tarde iníciase co tramo de Esgos (15,48 km), nesta ocasión cun percorrido máis curto ao habitual das últimas edicións, denominado San Pedro de Rocas, pois comezará en Triós e

rematará en Niñodaguia, nunha versión xa utilizada noutras ocasións. A gran novidade será o tramo de Maceda (13,42 km), cuxa saída estará nas rúas da localidade e finalizará en Baldrei, collendo parte do trazado que xa se realizou nos anos 1994 e 1995, e cunha zona nova. E como non podía ser doutra forma, non faltará o clásico de Canón do Sil (32,00 km), que repite o mesmo esquema da edición anterior con ese bonito inicio no centro urbano de Castro Caldelas.

A gran novidade será o tramo de Maceda con saída en zona urbana

Xinzauto está na avenida de Ourense, 73, de Xinzo de Limia.

XINZAUTO, taller mecánico multimarca e compra venda de vehículos Unhas instalacións preparadas para que todos os clientes queden satisfeitos cos servizos demandados. Con esta premisa se traballa no taller de reparación Xinzauto de Xinzo. Dispoñen dun servizo multimarca de diagnose rápido e moderno con persoal cualificado e máxima atención ás necesidades e tempo do cliente. Xinzauto conta cunhas amplias instalacións preparadas para todas as marcas e modelos (turismos, industriais, 4x4). Ofrecen todo tipo de servizos de mecánica en xeral e mantemento regular do vehículo (aceites, distribucións, freos, inxección, lavados e limpeza de tapizarías) e xestionan todos os pro-

blemas e avarías que poidan aparecer na ITV do seu vehículo. Tamen se realizan todos os traballos de electricidade do automóbil. Entre os servizos demandados cabe destacar nestes meses de verán a comprobación e carga de aire acondicionado, a precios especiais, realizado por profesionales titulados oficialmente. Stock de vehículos de ocasión e seminovos En Xinzauto dispoñen de gran stock no referente á venda de vehículos de ocasión e seminovos, turismos, furgonetas, furgóns, todoterrenos revisados e garantidos, así como remolques de todo tipo. Nestas instalacións poderá atopar o vehículo que está

buscando ao tempo que valoran o coche que entregue o cliente, se é o caso. Homologacións Outro servizo que se ofrece son as homologacións e reformas de vehículos. Os seus técnicos encárganse de todas as xestións relacionadas con proxectos, pasos de furgonetas a turismo, fichas técnicas, preparacións deportivas de vehículos… Ofrecen ademais prezos moi competitivos e económicos e contan con especialistas e maquinaria que permite que o cliente non teña que preocuparse por ningún tipo de problema. Pásate por Xinzauto e terás un chequeo xeral do teu vehículo de forma totalmente gratuíta.


MOTOR especial

Barrios Xuño de 2016

13

Comercial Agrícola Guerra chega a Xinzo de Limia Tras máis de 50 anos no mundo agrícola, Comercial Agrícola Guerra, agora xa na terceira xeración, acadou unha estreita relación co cliente da comarca de Viana. Agora traslada todo este coñecemento á zona de Xinzo, onde seguirán reafirmando os valores que os fixeron medrar pouco a pouco.

Contan cun equipo de 12 persoas. “Dende sempre apostamos pola formación, para que tanto os nosos técnicos coma os comerciais ou recambistas, coñezan todos os produtos e así poder ofrecer o mellor servizo”, explican. Unha das marcas máis prestixiosas no mundo agrícola, New Holland,

No seu establecemento atoparás todo tipo de maquinaria agrícola, accesorios, e ferramentas de xardinería.

apostou por Comercial Agrícola Guerra para que fose distribuidor dos seus tractores. Unha ampla gama de vehículos, desde os de 25 ata os de case 700 cv., que inclúe tamén colleitadoras, empacadoras xigantes, as remodeladas rotoempacadoras, picadoras e vendimadoras. Dende o pasado 2015 son tamén distribuidores da división de New Holland dedicada ao ramo da construción. Para complementar a súa oferta tamén traballan co líder mundial en venda de apeiros, Kuhn, incluíndo segadoras rotativas, encintadoras, carros mezcladores, empalladoras... Tamén excelentes fresadoras ou gradas rotativas, así coma as súas máis que recoñecidas abonadoras, unha ampla gama de pul-

En Viana do Bolo, Estrada Vilariño 3. Tel. 988 340 339 En Xinzo, Polígono Industrial Xinzo, nave 43. Tel. 988 461 315 - Móbil 664 465 072. verizadores tanto suspendidos como arrastrados, e sembradoras, xa sexan mecánicas ou neumáticas. Xa para rematar poderá atopar no seu establecemento produtos de xardinería e ferramentas, como desbrozadoras, hidrolavadoras, cortasetos, iluminación e todos os accesorios necesarios para o tractor.

Agricultura de precisión Comercial Agrícola Guerra apostou pola agricultura de precisión, grazas a cal conseguirá aforro de custos e de tempo, redución de solapamentos e traballo máis cómodo, sen fatiga. Grazas a unha rede de satélites prográmase o tractor para que traballe a finca, automaticamente e

el só, cun erro dun centímetro aproximadamente. Se está interesado en mercar un tractor achéguese pola nave de Comercial Agrícola Guerra para recibir toda a información que precise e benefíciese dos seus descontos ou da financiación 0,00% pola que poderá mercar agora e pagar en cómodos prazos.


14

Barrios Xuño de 2016

BALANCE DO 1º ANO DE MANDATO EN ALLARIZ / ALLARIZ E COMARCA

EN BREVE

francisco garcía, alcalde de allariz

“Queremos consolidar o programa RE” P. Lodeiro 16 anos leva xa o nacionalista Francisco García a fronte do consistorio alaricano. Que ten sido o máis positivo para Allariz deste primeiro ano de mandato? Francisco García: “En certa medida, a boa marcha da actividade económica en Allariz, especialmente na creación de postos de traballo, o dinamismo empresarial e comercial que o noso concello ten; a política de eventos realizada desde o propio Concello. Ademais, proxectos que o Concello está poñendo en marcha de carácter pioneiro, como o programa RE de recuperación a través da separación de residuos e da compostaxe. E foi moi importante a creación de novos vestarios e ximnasios na piscina climatizada”. E que ten sido o máis negativo destes 12 meses? F.G.: “Sigue sendo para

nós un gran obxectivo o impulso á dinamización do medio rural, a recuperación das parroquias tanto a nivel de demografía como de actividade económica, unha cuestión que está sendo máis lenta do que quixéramos a pesar dos proxectos que estamos vendo en castaña, queixo, mel, cervexa, carne de boi, en fin… como digo é necesario intentar incrementar ese ritmo”. Cal é o proxecto inescusable para sacar adiante neste mandato? F.G.: “Destacaría consolidar o programa RE, facer de Allariz un referente no tratamento do lixo, pola actividade económica que o lixo pode significar. Destacaría os camiños escolares, facendo eses percursos máis seguros a través da modificación que pretendemos realizar da estrada de Xunqueira. E tamén destacaría no apartado museísistico no que Allariz ten unha gran potencialidade, a posibilidade de completar as infraestruturas que hoxe temos

Presentación da Noite Meiga, que será o 25 de xuño.

Francisco García. cun centro de interpretación da idade media”. Como é a relación cos grupos da oposición? F.G.: “É unha relación correcta, cun diálogo bastante fluído; con puntos de encontro nalgúns casos como pode ser a declaración institucional a respecto da Festa do Boi, con diferencias de criterio nalgúns outros; pero en todo caso cunha presenza da oposición, dentro da transparencia que vimos practicando, nas mesas de contratación e nos concursos”.

LUZ DOPORTO, VOCEIRA DO PP

“A mala xestión do BNG pagámola todos” Redacción Por segundo mandato, Luz Doporto lidera o principal grupo da oposición en Allariz, o PP. Que ten sido o máis positivo para Allariz deste ano? Luz Doporto: “O máis positivo neste ano, foi o avance en convivencia. A unión ante a defensa da nosa festa máis popular e tradicional, a Festa de Boi. Por primeira vez en moitos anos, todos os grupos políticos estivemos unidos e á altura dun asunto transcendental para o pobo”.

E que ten sido o máis negativo? L.D.: “A incapacidade do grupo de goberno do BNG para xestionar e reducir a débeda e a continua subida de impostos. A mala xestión do BNG pagámola todos, sóbennos o IBI e apágannos a iluminación pública, é inadmisible”. Como é a relación co grupo de goberno? L.D.: “A relación co grupo de goberno é correcta aínda coas nosas diferenzas ideolóxicas. O noso grupo sempre man-

4 Arranxo da rúa As Laxas

Luz Doporto. tén unha actitude construtiva, e iso condúcenos a esa convivencia correcta e positiva en prol dos intereses xerais. E co outro grupo da oposición? L.D.: “Co grupo socialista tamén, aínda que con menos relación porque tratamos menos. Pero en liñas xerais, en Allariz na actualidade pode dicirse que hai unha boa convivencia política”.

O comercio alaricano vivirá unha Noite Meiga 4 Máis de 30 locais abrirán o día 25 ata medianoite. Redacción O Concello de Allariz e a Asociación de Comerciantes e Hostaleiros organizan unha Noite Meiga o 25 de xuño. Máis de 30 comercios asociados, do sector téxtil e de calzado, hostaleiros e de servizos, entre outros, abrirán as súas portas en horario nocturno, de 20 a 24 horas, o vindeiro sábado 25 de xuño. Descontos de ata un 50%, obradoiros infantís, sorteos, petiscos a prezo reducido e animación con música ao vivo engloban a programación da Noite Meiga, co obxectivo, segundo explica a concelleira Cristina Cid “de

Volve comercializarse a carne de boi Redacción O Concello de Allariz deu por comezada a campaña de comercialización de Carne de Boi de Allariz. Desde o sábado 11 de xuño, os locais hostaleiros alaricanos adheridos ao programa ofrecerán carne de boi de Allariz nas súas cartas. Ademais ofrécese a venda directa no Mercado da Reserva que se celebra todos os sábados pola mañá na

dinamizar a vila dando a coñecer a oferta comercial e hostaleira”. A Asociación quere darlle ao evento un carácter festivo e agasallar aos seus clientes con descontos ademais de sortear máis de 25 produtos e unha viaxe a Londres para aquelas persoas que fagan as súas compras durante a Noite Meiga. A hostalería tamén se suma ao evento ofrecendo petiscos meigos a prezos reducidos. Están previstas outras actividades como a apertura de museos en horario nocturno e a realización dun flashmob por parte dos alumnos dunha escola de baile.

Praza de Abastos. Dous exemplares de 450 kg cada un, cebados durante un ano en Allariz, veñen de ser sacrificados para que os amantes desta carne, recoñecida polas súas especiais características gastronómicas, poidan degustala. Este ano comercializaranse 12 exemplares criados no municipio, que serán sacrificados progresivamente para ser degustados, a meirande parte, nas Xornadas de Degustación de Carne de Boi de Allariz, do 30 de setembro ao 16 de outubro.

O Concello de Allariz iniciou as obras de acondicionamento da rúa As Laxas, nas inmediacións do centro de saúde, onde se creará nunha parcela municipal un aparcamento con capacidade para 15 vehículos. O proxecto de humanización da rúa tamén contempla a mellora da pavimentación dende a intersección coa rúa Oliveira ata a Emilia Pardo Bazán que se acondicionará con adoquín. A reforma, ademais, mellorará os espazos peonís coa creación de beirarrúas de ata dous metros de ancho en aquelas edificacións e espazos públicos que así o permitan. Ademais, dado que as obras incluirán levantamento das beirarrúas actuais, aproveitarase para soterrar os cables telefónicos. A reorganización do tráfico rodado da zona así como a renovación da sinalización vertical e horizontal son aspectos incluídos no proxecto. A actuación conta cun orzamento de 55.000 euros, dos que 29.500 proceden da Vicepresidencia da Xunta e o resto serán fondos municipais.

4 Novo horto urbano

A zona do Fuxón de Allariz, nun espazo que serviu para tirar os entullos dunha urbanización, acolle agora un novo horto urbano destinado ao autoconsumo de quince familias. A leira, de 3.000 metros cadrados, acondicionouse para contar con 12 parcelas independentes para o cultivo de froitas e hortalizas, e outras para plantar árbores froiteiras e outros arbustos. Na parcela comezan a crecer as primeiras leitugas, tomates, pementos e chícharos, entre outros produtos. Na zona das froiteiras crecerán, o ano que vén, cereixas, peras e figos. Na actualidade existen outros dous hortos urbanos na Casa Lomberte e na rúa Alarico.


PUBLICIDADE

Barrios Xuño de 2016

15


16

Barrios Xuño de 2016

BALANCE 1º ANO DE MANDATO EN CELANOVA

“A maioría absoluta restoulle a Ferro o pouco talante que tivo antano” 4 Dende o BNG reclaman que o PP non teña proxectos claros a curto e medio prazo. Silvia Nieto José Luis Ferro, alcalde de Celanova./ARQUIVO.

“A aprobación do Plan Xeral é vital” 4 José Luis Ferro fai balance deste ano no goberno. Silvia Nieto José Luis Ferro presentouse por primeira vez como candidato do PP á alcaldía de Celanova en maio de 2015. Contaba coa experiencia de dous anos no cargo tras substituir a Antonio Mouriño cando este pasou a parlamentario. Agora fai balance deste ano de goberno no que foi escribindo o seu propio camiño. Que ten sido o máis positivo deste ano á fronte do consistorio celanovés? José Luis Ferro: “Aolongo deste primeiro ano de mandato foron frutificando distintos proxectos nos que levabamos xa tempo traballando, entre os que podemos destacar: o campo de herba artificial (que era unha demanda e unha necesidade real e urxente, dada a importancia das Escolas Deportivas do Concello de Celanova); e o parque infantil (que estará a disposición dos veciños a finais de mes). Ademais, con independencia das dificultades que vive o comercio de Celanova, das que somos conscientes, si que estamos apreciando aperturas e reaperturas de negocios de toda índole, que están xerando emprego e que fai que vexamos con optimismo o futuro”. E o máis negativo? J.L.F.: “A pesar de que

a situación económica do Concello é moi boa en si mesma e máis se a comparamos con concellos similares ao noso, á hora de pensar en proxectos economicamente máis custosos e que definirían o que queremos que sexa Celanova nun futuro, atopámonos con moitas dificultades para conseguir a financiación necesaria. Por outra banda, no lado negativo da balanza hai que por o feito de non poder atender sempre coa celeridade e satisfacción que nos gustaría as demandas cotiás dos nosos veciños”. Cal é o proxecto inescusable que lle gustaría que saíse adiante neste mandato? J.L.F.: “A redacción e aprobación definitiva do Plan Xeral que será de vital importancia para o futuro desenvolvemento do noso Concello”. Como é a súa relación coa oposición? J.L.F.: “A verdade é que polo de agora está sendo moi boa e moi cordial. O voceiro do BNG xa estivera no anterior mandato, no que traballamos, colaboramos e incluso coincidimos na necesidade de varios proxectos para o noso pobo. O voceiro do PSOE e o seu compañeiro tamén son moi respetuosos e dialogantes”.

Leopoldo Rodríguez e o BNG continúan no grupo da oposición do Concello de Celanova, sen perder nin un ápice das gañas de loitar polos intereses de todos os veciños. Que ten sido o máis positivo deste ano formando parte da corporación municipal do consistorio celanovés? Leopoldo Rodríguez: “O máis positivo é que o BNG segue sendo a voz dos veciños que nos demandan a defensa dos seus intereses no Concello. A día de hoxe, os únicos proxectos que se están materializando foron os que puxo en marcha o BNG no anterior mandato, aproveitando a perda de maioría absoluta do PP. Por exemplo, estase a realizar estes días -por fin- a reforma integral do parque infantil, que foi unha das grandes reivin-

Leopoldo Rodríguez, voceiro do BNG./ARQUIVO. dicacións do noso grupo. Para o BNG é un orgullo contribuír a que Celanova sexa unha vila na que cada día se viva mellor e na medida en que poidamos seguir aportando ideas que melloren as cousas, aquí estaremos”. E o máis negativo? L.R.: “O máis negativo é que, despois dun ano de goberno con maioría absoluta, o alcalde José Luís Ferro e o PP aínda

non nos deixaron entrever que proxectos teñen para Celanova a curto e medio prazo. O único que percibimos é inmobilismo total, falta de ideas e desidia, que nos van seguir condenando a ser o vagón de cola da provincia. Atopámonos diante dun “máis do mesmo”, que o único que provoca é frustración entre os veciños que a única solución que lle ven ao seu futuro é marchar do concello.

Como exemplo da falta de obxectivos chega con dicir que aínda non foi quen de presentar un orzamento para o 2016 e que está gobernando co de 2013 prorrogado e así non é posible ter un proxecto de futuro sólido”. Cal debería ser a prioridade do goberno de Celanova neste mandato? L.R.: “Ter unha idea clara da Celanova que queren de aquí a tres anos, polo menos. Non se percibe ningún cambio substancial da época do anterior alcalde á época de Ferro, mesmo nalgún caso comete ou repite os mesmos erros”. Como està a ser a relación co grupo de goberno e co outro grupo da oposición? L.R.: “Botamos de menos que o alcalde conte máis con nós para consensuar temas importantes para o Concello, como pasaba cando estaba en minoría e onde o BNG lle fixo, en todo momento, unha oposición construtiva. A maioría absoluta restoulle o pouco talante que tivo antano. Polo demais temos, en xeral, unha relación de cordialidade e respecto tanto co grupo de goberno como co outro grupo da oposición”.

“A prioridade debe ser que a xente non marche da vila” 4 O PSOE demandan máis información e iniciativa do PP. S. Nieto Marcial Lafuente e Fabio González estreáronse neste mandato como edís do PSOE no Concello de Celanova (trala renuncia da súas compañeira Boo e Miranda). Achégannos a súa valoración deste ano na oposición. Que ten sido o máis positivo deste ano formando parte da corporación municipal do consistorio celanovés?

Marcial Lafuente: “Positivo creo que moi pouca cousa, xa que non contaron coa opinión da oposición para nada”. Fabio González: “O mellor é estar nesta nova etapa na que estamos intentando aprender dentro das nosas posibilidades”. E o máis negativo? M.L.: “Case todo, non hai transperencia, non hai información, non hai iniciativa por parte do partido do goberno”.

Marcial e Fabio, edís socialistas en Celanova./CEDIDA. F.G.: “ O máis negativo é a pouca axuda do partido de Celanova. Estamos sós”. Cal debería ser a prioridade do goberno de Celanova neste mandato? M.L.: “Deberían ser moitas. Tratar de que Celanova non quede obsoleta. Crear medios ou fontes de traballo para non perder núcleo human”.

F.G.: “O primordial deber ser impulsar Celanova., intentar que a xente non marche e que a xuventude quede na vila”. Como està a ser a relación co grupo de goberno e co outro grupo da oposición? M.L. e F.G.: “As relacións son boas co grupo de goberno e, por suposto, co BNG”.


CELANOVA E COMARCA

Eliminada a maleza da fachada do mosteiro 4 A cargo da brigada de conservación do patrimonio da Fundación Curros Enríquez. Redacción A conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, e o alcalde de Verea, Juan Antonio Martínez González./R.T.

Mellora do abastecemento de auga na parroquia de San Martiño A Consellería de Medio Ambiente e o Concello de Verea colaborarán na mellora do abastecemento de auga á parroquia de San Martino. Traballos que serán responsabilidade de Augas de Galicia e que contan cun orzamento de 100.000 euros. Con esta actuación preténdese garantir aos veciños dun sistema de abastecemento axeitado, necesario debido á escaseza de auga detectada e ao incremento da demanda da época estival.

“Da micofobia á micofilia”, 20 anos de cogomelos 4 É a última publicación de Alejandro Mínguez. Redacción A última publicación do micólogo celanovés Alejandro Mínguez, “Da micofobia á micofilia”, recolle a súa experiencia no mundo dos cogomelos e a súa aportación na divulgación micolóxica en distintos medios de comunicación dende 1996. Trátase de textos seleccionados que falan dos aspectos menos coñecidos, como os cogomelos do verán, os medicinais, o cultivo, a orixe dos seus nomes e, como non, o caso de Celanova, que concentrou nun momento concreto as Xornadas Micolóxicas máis lonxevas de Ourense, unha explotación de cultivo de cogomelos e comercialización e a tapería micolóxica, todo en mans da súa familia. O texto relata as vivencias persoais que parten dunha clara situación de fobia aos cogomelos anos atrás, micofobia, ata a micofilia actual, ou amizade cos cogomelos, nunha so-

ciedade que vai introducindo distintas especies fúnxicas na cociña e noutros aspectos da vida. Despedida Ademais este texto, o décimo relacionado coa micoloxía do autor, serve de despedida. Plan C, a tapería especializada en cogomelos que abría en outubro de 2013, arrancou este ano con nova xerencia; Ricardo Mínguez, pai do autor e presidente da Asociación Cultural e Micolóxica de Celanova, anunciou que trala celebración no 2015 das XXX Xornadas Micolóxicas de Celanova, pechábase unha etapa e haberá un descanso sen tempo definido; e Borja Mínguez, titular da explotación de cultivo de cogomelos en Celanova, tamén anunciou o peche da mesma. Remata así unha etapa para os Mínguez que, sen dúbida, nin Celanova nin o mundo dos cogomelos esquecerá.

Unha vez superadas as xornadas de adversa climatoloxía, que facían imposible levar a cabo os traballos de conservación previstos, a brigada de conservación do patrimonio cultural e natural de Celanova (posta en marcha este ano pola Fundación Curros Enríquez) levou a cabo os traballos de limpeza da maleza que ao longo do inverno medrou sobre a ornamentación artística da fachada da igrexa do Mosteiro de San Rosendo. “A conxunción da permanente presencia das palomas que aniñan no lugar, xunto coa propia climatoloxía e as condicións arquitectónicas do edificio fan que de forma periódica haxa que levar a cabo traballos de mantemento do conxunto, pois calquera outra actuación de prevención da presencia das palomas no lugar non teñen dado

Foi precisa unha grúa de grandes dimensións para realizar os traballos de limpeza da fachada. en ningún caso, resultados satisfactorios”, explican dende a Fundación. Segundo aseguran, o principal problema para levar a cabo estes traballos son as propias dimensións da fachada que obrigan á contratación dunha grúa de grandes dimensións para poder acceder aos espazos

onde é preciso levar a cabo a limpeza, de aí que a veces resulte moi difícil e especialmente oneroso executar con máis frecuencia estas tarefas. O custo económico do servizo de grúa foi sufragado polo Concello de Celanova e a Parroquia de San Rosendo.

Barrios Xuño de 2016

17

EN BREVE 4 Rexeitada a dimisión do presidente da Mancomunidade Cos votos dos edís do Partido Popular foi rexeitada a reprobación e petición de dimisión do presidente da Mancomunidade Terras de Celanova que solicitou no pasado pleno do 7 de xuño o BNG. Os nacionalistas incluíron na orde do día esta demanda de modo urxente argumentando que o presidente da Mancomunidade, o popular José Antonio Pérez, deu traballo neste organismo ata a 16 persoas achegadas á súa familia e ao PP, ademais de empregar recentemente un espazo propiedade da Mancomunidade para festexar o cumpleanos do seu neto.

4Melloras viarias A Xunta vén de licitar as obras de reforzo de firme nas estradas OU-402, OU-212 e OU-404, que contarán cun investimento de máis de 502.000 euros. No caso da OU404, que une Celanova e Barral, levarase a cabo a rehabilitación localizada mediante fresado e reposición, nos municipios de Cartelle e Castrelo de Miño. O prazo de execución é de 6 meses e as empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 15 de xuño.

4“Relax & Siesta”

Anxo Lorenzo, Marisol Mendive, Mercedes Gallego e Antonio Piñeiro, durante a clausura dos concertos didácticos de órgano de Celanova./RAMSÉS.

Clausurados os concertos didácticos de órgano O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, compartiu o pasado 8 de xuño co alumnado do IES Antonio Fraguas de Santiago de Compostela a xornada de clausura dos Concertos Didácticos de Órgano de Celanova 2016, nos que participaron desde o pasado mes de abril 1.500 estudantes de centros educativos de toda Galicia. En colaboración co Concello de Celanova, a Consellería de Cultura e Educación da Xunta de Galicia apoiou este ano unha nova edición deste ciclo, no que se realizaron preto de 30 concertos no órgano barroco da igrexa de San Rosendo de Celanova, baixo a dirección da profesora do Conservatorio de Música de Ourense Marisol Mendive.

O Auditorio Ilduara de Celanova acolleu este 4 de xuño a presentación da segunda entrega –adicada á Terra de Celanova- da serie “Relax & Siesta”, dirixida pola videoartista celanovesa Xudit Casas, e o compositor pontevedrés Adrián Saavedra. Esta é a primeira serie adicada exclusivamente a durmir a sesta. Por iso os vídeos teñen unha duración de entre 20 e 30 minutos, e neles úsanse as imaxes a modo de postais en movemento, introducindo fermosas paisaxes propias dos documentais de natureza cun concepto artístico.


18

Barrios Xuño de 2016

DEPORTES

Maceda, sede dos nacionais de bicicleta de montaña 4 Disputaranse os días 15, 16 e 17 de xullo. Redacción Maceda foi elexida a sede do Campionato de España de bicicleta de montaña. Os días 15, 16 e 17 de xullo será o foco de atención para os amantes das dúas rodas. Na localidade ourensán disputaranse o “team relay” na mañá do venres 15, para dar paso ás probas masters de cross country o sábado 16 pola mañá; o eliminator, nun circuíto urbano,

pola tarde noite, e pechar coas probas de júniors, sub23 e elites, femininas e masculinas, na matinal do domingo 17. Open de Galicia Na última proba do Open de Galicia de BTT, o Club Ciclista Maceda logrou catro vitorias. Saúl López, na categoría raíña; Iván Feijoo, en júniors; e Carlos Canal e Antía Martínez, en cadetes.

No centro, Saúl López no podio elite do Open de Piñor.

Un ouro e dúas pratas para Ferreira

Lekhili e Fernández, xuntos

4 O verinés logrou as medallas do europeo de wushu.

4 Os dous cruzaron a liña de meta de Celanova da mán.

Redacción

Redacción

Excelente a actuación do deportista verinés José Manuel Ferreira. O integrante do Gimnasio Arco Verín representou a España no Campionato de Europa de wushu. Ferreira logrou un título europeo e dous subcampionatos. O ourensán logrou colgarse o ouro en formas de pao (nangun). Tamén logrou as pratas en formas de puño (nanquan) e en combate de exhibición (‘Duilian’ -combate sincronizado-) formando tándem co seu compañeiro Dan Río. O seu compañeiro, o ourensán Ezequiel Gago, logrou os subcampionatos de taichí moderno e taichí con espada.

O sábado 11 de xuño celebrouse en Celanova a súa 13ª carreira popular. Na categoría absoluta Alejandro Fernández e Hassan Lekhili chegaron a meta da mán despois de completar xuntos todo o percorrido. Rubén Diz foi o terceiro clasificado. En categoría feminina o podio foi copado por Ariana González, Iria Fernández e Sonia Teijeiro remataron primeira, segunda e terceira, respectivamente.

Internacional A vindeira cita será

José Manuel Ferreira realizando un exercicio no Campionato de Europa de Wushu. na casa, coa disputa do Campionato Internacional de Ourense. Será os días 2 e 3 de xullo na capital ourensá. Este evento contará con equipos de China, Portugal, Francia e outros países europeos.

Xinzo Este sábado 18 Xinzo celebrará a súa carreira nocturna. Ás 20:15 h comezará coa proba de benxamíns e alevíns. Ás 21:30 horas rematará coa proba absoluta. A saída terá lugar na praza San

Nocturna de Xinzo. Roque. Molgas O vindeiro 30 de xullo, celebrase a IX edición da carreira popular San Salvador de Baños de Molgas. As 19:00 horas empezarase ca carreira de pitufos (150 metros), as 19:15 benxamins e alevins (750 metros), as 19:30 infantis e cadetes (2.300 m.) e as 20:00 horas a proba absoluta (7.000 m.), tres voltas a un circuito urbano.


PUBLICIDADE

Barrios Xuño de 2016

19


20

Barrios Xuño de 2016

ENTREVISTA

Entrevista a Alexandre Sotelino, coordinador da Asociación Rebulir

“Rebulir busca involucrar a nenos e mozos na posta en valor da cultura tradicional endóxena” 4 Coñecemos máis a fondo toda a oferta formativa e iniciativas culturais que a Asociación Rebulir, de Ramirás, organiza ao longo do ano. Silvia Nieto Leva 10 anos en funcionamento e as súas propostas culturais xa figuran fixadas nas axendas dos veciños de Ramirás e de distintos puntos da provincia. Repasamos co coordinador da Asociación Rebulir, Alexandre Sotelino, a historia, oferta formativa e o amplo abano de actividades que levan a cabo ao longo do ano, sempre partindo dunha única premisa: aman o que fan e gozan con elo; e iso demóstrase en todas e cada unha das iniciativas nas que se involucran. Cando e como naceu a Asociación Rebulir? Alexandre Sotelino: “Rebulir nace no curso 2006/2007 continuando o traballo do que fora o Grupo Sendra, a escola de baile tradicional de Ramirás e a Banda de Gaitas de Ramirás. A idea xurdiu dun grupo, profesores, pais e nais, Concello e por suposto, membros da antiga banda e da escola de baile, para crear un novo proxecto que involucrase aos nenos e nenas, e mozos de Ramirás a partir da recuperación e posta en valor da cultura tradicional endóxena”. Con que obxectivo? A.S.: “O obxectivo foi doble. Por unha banda, fomentar a par-

certar unha actuación vosa? A.S.: “A verdade é que temos unha axenda moi intensa para o verán, e seguen chegando chamadas para pechar datas dos diferentes grupos, con especial relevancia no caso do grupo de música tradicional. Se algún Concello, asociación ou comisión quere contar coa nosa presenza nas súas festas só ten que contactar con nós por calquera das vías que se ofrecen na web e estaremos encantados de poder contribuír a facer troula alí onde se nos requira”.

ticipación veciñal a partir dun proxecto de índole cultural. E por outra, a consolidación dunha escola de baile e música tradicional de calidade e rigurosa no seu quefacer, que puidera ser referente en e desde Ramirás”. Que tipo de formación ofrece? A.S.: “Actualmente impártense catro disciplinas: gaita tradicional, percusión, canto e pandeireta e baile tradicional; con diferentes grupos para cada actividade segundo idade e nivel. Nestas actividades participan máis de 100 socios, que desde os 3 anos de idade se mergullan na música e no baile tradicional”. Que tipo de actividades organiza ao longo do ano? A.S.: “Durante todo o ano organízanse unha chea de iniciativas. Desde cursos, xornadas, monográficos, concertos, exposicións, saídas... tendo protagonimo sobre todo tres actividades. A primeira é o FIR (Festival Internacional Rebulir), que ten lugar en decembro; a segunda sería a Noite de Fiadeiro que recupera a esencia daqueles fiadeiros que se facían antano na comarca de Celanova; e por último unha actividade emerxente chamada “C@ ntadas”; onde os veciños e veciñas do Concello poñen en valor

Alexandre Sotelino (esquerda) xunto a Freixo, gaiteiro das Pontes.

“Rebulir ten sentido en canto é un revulsivo para as dinámicas culturais de Ramirás, implicando a todos os membros da comunidade”, explica as súas historias de vida, lendas, mitos, ritos... etc”. Unha das máis destacadas é o Festival Internacional Rebulir de Baile e Música Tradicional que en 2016 chegará a súa décimo primeira edición. A.S: “Efectivamente, o FIR é unha cita importante para nós.

Empezou como un pequeno festival de Nadal para os nosos nenos, e actualmente estamos traendo grupos de toda España, e mesmo do estranxeiro. Tamén é destacable nos últimos anos a creación do Premio Rebulir, que recoñece o labor de diferentes persoas en prol da cultura tradicional ou ben da difusión do nome de Ourense fóra das nosas lindes”. Tamén é moi coñecida a Noite de Fiadeiro. Como foi a celebrada este 28 de maio? A.S: “Como comentaba, na Noite de Fiadeiro recréanse esas celebracións que antigamente tiñan lugar nas cortes, bodegas, baixos das casas da contorna; e que foron desaparecendo. Nesta edición, que foi xa a décima creamos un programa de actividades que comprendeu a xornada enteira, e na cal participaron diferentes colectivos de música tradicional das catro provincias galegas, sendo un total de 30; grupos de animación e teatro de rúa, artesáns, postos de gastronomía... todo para facer desta unha edición especial”.

Actuacion durante unha edición anterior do Festival Internacional Rebulir.

Como hai que facer para con-

Tamén realizades actuacións en localidades de fóra de Galicia e doutros países. A.S.: “Efectivamente. Neste dez anos levan sido moitos os festivais e eventos nos que temos participado a nivel autonómico, estatal e mesmo internacional. Este verán viaxaremos ao importante Festival de Sarvar en Hungría para representar a Ourense, e por ende, a toda Galicia. Pero para nós ir de viaxe non é unha prioridade. Desde un comezo Rebulir pensou que os seus membros tiñan que amar o que fan e gozar con iso, independentemente do lugar onde se faga. Deste xeito, aseguramos que a motivación sexa intrínseca e que o grupo permaneza no tempo”. Envíalle unha mensaxe aos nosos lectores. A.S.: “Tan só quería engadir que Rebulir é máis que unha asociación folclórica. Rebulir ten senso en canto é un revulsivo para as dinámicas culturais, educativas e sociais de Ramirás, implicando na súa dinámica a todos os membros da comunidade, desde empresarios e institucións, a veciñanza e outras asociacións e grupos cívicos. Por iso é que ano tras ano seguimos conquerindo os obxectivos que se propoñen. Pois doutro xeito non tería sentido”.

“Este verán viaxaremos ao Festival de Sarvar en Hungría para representar a Galicia”, adiantounos


PROVINCIA

75 concellos ourensáns terán obradoiros de emprego 4 A Allariz, Vilar de Santos e A Bola non llo concederon. Redacción A Xunta de Galicia aumentou nun 25% o número de obradoiros de emprego na convocatoria deste ano. 20 serán na provincia de Ourense, chegando a un total de 75 municipios. O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, presentou a oferta destes programas na provincia ourensá, coa que se formarán 400 desempregados. Entre outros, haberá obradoiros no concello de Monterrei, xunto con Castrelo do Val, Laza, Cualedro e Oímbra; en Celanova, conxuntamente con Bande e Verea; na Mancomunidade Conso Friei-

ras; na Mancomunidade voluntaria dos concellos da comarca de Ourense; o de Sarreaus, conxuntamente con Trasmiras, Sandiás e Vilar de Barrio; o obradoiro compartido por Xinzo e Baltar; o da Merca,Cartelle e Ramirás; e o de Porqueira, Rairiz de Veiga e Os Blancos. Dos tres obradoiros de Garantía Xuvenil, para menores de 30 anos, un irá para a Mancomunidade de municipios da comarca de Verín, e outro para a Mancomunidade Terra de Celanova. Concellos sen obradoiro Tres concellos que quedan sen obradoiro son Allariz, Vilar de Santos, e A Bola, que presentaran

Alfonso Marnotes, director xeral de Orientación e Promoción Laboral da Xunta./P.L. unha proposta conxunta. O alcalde de Vilar de Santos, Xan Jardón, dixo que vai estudar a resolución e opinou para este medio: “parece que contan todos os concellos menos determinados”.

Barrios Xuño de 2016

21

4NOTICIAS DE EMPRESA

Cociñas únicas en The Singular Kitchen Na avenida de Zamora 154 de Ourense podes atopar unha tenda The Singular Kitchen, na que a experiencia de comprar unha cociña convértese en algo exclusivo, único e diferente para cada cliente. Detrás de The Singular Kitchen hai un grupo de profesionais cheos de ilusión por ofrecer ao consumidor a máxima transparencia para que poidan acceder ao produto máis vangardista, tecnolóxico e de calidade do mercado, democratizando o mercado de mobles de cociña de alta gama, facéndoas accesible a calquera familia. En The Singular Kitchen saben que a elección da cociña é un investimento meditado e moi significativo que pode converter o proceso

Cociña de The Singular Kitchen. de compra en algo longo e complexo cando se descoñece todo o que abrangue. A cociña é moito máis que unha estancia da casa e por iso poñen todos os medios para axudar a elixila. Desde o establecemento cóntannos que o seu segredo é que non hai secreto, é simplemente enxeño, empatía e sentido común para servir aos intereses dos seus clientes e lograr a súa satisfacción. En The Singular Kitchen

Ourense atoparás unha ampla exposición de cociñas que responden a diferentes gustos e necesidades. Están as ultramodernas que obedecen aos canons das últimas tendencias, as que destacan pola súa funcionalidade, algunhas de corte tradicional ou máis rústicas.

Visita The Singular Kitchen Av. Zamora, 154 Ourense


22

Barrios Xuño de 2016

4AXENDA Exposicións - Ata o 19 de xuño - Exposición “Festa do Boi: a mirada dos nenos” - Fundación Vicente Risco (Allariz) - Ata o 26 de xuño Exposición de manualidades da Asociación de Mulleres Silvardeiras Sala A Fábrica (Allariz) - Do 17 de xuño ao 10 de xullo- Exposición da Escola de Pintura- Casa da Cultura de Verín Cine - 17, 18 e 19 de xuñoProxección de “X Men Apocalipsis” e “Triple 9”- Sesións ás 18:30 e 22 h - Casa da Cultura de Verín - 18 de xuño - Proxección de “Vida” - 22:30 h Praza da Mercé de Verín - Do 20 ao 25 de xuño - Proxeccións de astronomía “Planeta móbil”- 11 e 17 h- Pavillón de Deportes de Verín Música - 23 de xuño - Concerto de Ken Stringfellow - 22 h - A Arca da Noe (Vilar de Santos) - 24 de xuño - Concerto de Aló Django Cuarteto - 23:30 h - Bar O Latas (Celanova) - 24 de xuño - Concerto de Tiao Duá - 22 h A Arca da Noe (Vilar de Santos) - 25 de xuño - Concerto de 2NaFroteira - 20:30 h - Fundación Vicente Risco (Allariz) - 25 de xuño - Concerto de Ton Risco Trío - 20 h - A Arca da Noe (Vilar de Santos) Espectáculos - 17 de xuño - “Unha marimba no mar”- 12 hCasa da Cultura de Allariz - 18 de xuño- “Os bolechas van ás Olimpíadas”- 12:30 h - Auditorio Municipal de Verin - 19 de xuño - “Os bolechas van ás Olimpíadas” - 18:30 h - Auditorio Ilduara de Celanova www.periodicobarrios.com

OCIO E CULTURA / ARTIGOS

4HISTORIAS DE MONTERREI

A necrópole de Medeiros No ano 1984 apareceu de forma casual unha necrópole sueva mentres se arranxaba o contorno da capela de San Salvador das Rozas en Medeiros. Segundo contaba daquela o diario “La Región” os sarcófagos apareceran cando os veciños escavaban para ampliar o terreo arredor da capela. Este descubrimento fortuíto é, aínda hoxe, o maior e mellor testemuño da época sueva na nosa comarca, unha época de transición entre Roma e o medievo da que se teñen moi poucos datos. Pese a importancia do achado as pezas xamais foron valoradas como se merecían e pasaron os últimos 30 anos nun galpón feito de bloques de cemento, amontoados uns enriba doutros e sen protexer das inclemencias do tempo. Seguramente se nos ocos dos sarcófagos se puidera montar un hotel xa houberan tido máis coidado. Pero este desprezo pola nosa historia chegou ao seu fin o pasado 10 de xuño cando, despois da sinatura dun convenio

Á actividade “Cantamos un conto?” acudiron 50 nenos socios da instalación.

Clausura das actividades do curso escolar da Biblioteca de Verín

Achádegos na igrexa de San Salvador de Rozas. entre o concello de Monterrei (cando fan algo ben tamén hai que dicilo) e a Universidade de Vigo, deron comezo as labores arqueolóxicas que teñen como principais metas a conservación, o estudo e a divulgación da necrópole. Unha vez rematada a intervención, os restos arqueolóxicos serán trasladados á caseta tellada construída na banda norte da igrexa para a custodia e exhibición dos mesmos. Estes traballos arqueo-

lóxicos teñen una política de “aberto por obras” polo que mentres dure a intervención haberá atención diaria e visita guiada gratuíta para calquera que se queira achegar. Así que, dende aquí, anímovos a que vos acheguedes á capela de San Salvador e coñezades de primeira man e por xente ben formada una parte importante da nosa historia. Andrés Diz historiamonterrei. blogspot.com.es

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

mento”. Indicacións terapéuticas dos froitos vermellos: - A mora é axeitada para doenzas cardíacas e neurolóxicas, neoplasias e cancro, envellecemento da pel, falta de visión, anemia, ansiedade e hipertensión. - Cereixas, para a artrite, reumatismo, arteriosclerose e anemia . - A framboesa reforza a función do corazón e do fígado, é depurativa. - Os amorodos son bos

EN BREVE 4 Concertos no FIXA de Allariz

4 Actividades para nenos e maiores

Allariz acolle os días 18 e 19 de xuño o III Festival de Bandas de Música no Festival Internacional de Xardíns (FIXA). Ambos días haberá pasarrúas ás 19:30 horas e concerto ás 20 horas. O sábado, a cargo da Banda Musical Parafita de Montealegre (Portugal); e o domingo actuará a Banda de Música Sementeira de Cambre e a Banda Unión Musical de Allariz.

O Concello de Allariz ten aberto ata o 17 de xuño o prazo para que as familias se inscriban no programa “Concilia Verán”, unha iniciativa lúdica de atención a nenos de 3 a 12 anos cuxos pais residan en Allariz. Tamén ata o 17 os pensionistas e xubilados poden anotarse no programa “Vacacións para maiores”, e gozar de estancias en zonas costeiras, viaxes culturais e turismo de natureza. Ambas solicitudes deben tramitarse no Fogar do Maior.

4 Maceda solidaria

A importancia dos froitos vermellos Aí están eles, os milagreiros: inxeridos nos intervalos das comidas van de seguida lubrificar os vasos sanguíneos. Unha alimentación correcta non só contribúe para unha mellor calidade de vida e para unha sensación de benestar, tamén prevén moitas doenzas. É así que podemos definir estes alimentos lembrando a Hipócrates: “que o teu alimento sexa o teu primeiro medica-

Finalizou o curso escolar na Biblioteca Municipal de Verín coa actividade “Cantamos un conto?”. Ano no que se levaron a cabo 58 actividades: 10 presentacións literarias, 19 contacontos, 16 conferencias, 2 obradoiros, 11 visitas escolares e 15 reunións do club de lectura. Así mesmo, anunciou os seus servizos estivais: a Biblio-Rúa, información sobre a biblioteca nos días de feira; e a Biblio-Piscina, nas piscinas municipais en xullo e agosto.

para o estrés, a ansiedade e inflamacións. - A arandeira, para problemas de visión, hemorroides, infeccións urinárias e doenzas neurolóxicas. Deben ser consumidos regularmente, porque axudan a previr o cancro, o envellecemento e reforzan o sistema inmunitário, tornándoo máis forte e resistente a bacterias e virus. João Damião

Maceda acolle este 18 de xuño unha gala benéfica (ás 21 horas no parque Francisco Carballo) para axudar aos refuxiados sirios. Nela actuarán Os do Fuelle, Carlos Quintas, Mar Rivero, Xarabote, e o grupo convidado Andrius Blues Nights & Jam Band. As entradas custan catro euros. A iniciativa complétase coa proxeción do documental “Syria Self Portrait, Silvered water”, no salón de actos do Concello o 17 ás 20 horas.

4 Arte infantil Até o 5 de xullo, a Sala de Exposicións de Verín acolle a mostra ”Arte Infantil”, realizada por nenos e nenas durante o curso escolar 2015-2016 nas Aulas de Iniciación ás Artes Plásticas da Escola de Artes e Oficios de Verín. A exposición está aberta ao público de luns a venres de 17:30 a 20:30 horas; e os sábados de 10 a 14 e de 17 a 20 horas.


CLASIFICADOS

Barrios Xuño de 2016

23

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios. com. Distribúe: Visual. Imprime: Publicaciones Tameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro. Colaboracións: Joao Damiao, Borys Martínez, Miguel A. Prieto Sotelo, Silvia Nieto, Andrés Diz. Nº26 - Ano: XI - Xuño 2016 - Difusión: 15.000 exemplares. Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 045 352.

4TELÉFONOS DE INTERESE

4CLASIFICADOS

ALUGUER/VENDA Véndese pequeno soar en ruínas e 18 fincas rústicas no pobo de Reparada (Muiños). Prezo 2.000 euros. Tel. 636 329 524. Vendo piso no Vinteún. Boas vistas, corrido de adelante para atrás con praza de garaxe pechada. Prezo económico. Pouco gasto de comunidade. Tlf.: 629 52 38 12. Cámprase finca preto de Ourense, non urbanizable, económica. Interesados chamar ao 630 030 642. Cómprase casa pequena con horta preto de Ourense, económica. Interesados chamar ao 630 030 642. Vendo finca de 10.000 m2 con granxa para cría de 100 terneiros con 300 metros de almacén. Con todo o necesario para a cría de animais con a PAC. Zona de Xinzo. Prezo: 140.000 euros. Tel. 686 540 087. Alugo apartamento en Montalvo. 1 e 2 habitacións, preto da praia, equipado (xardín, tumbonas, aparcamento), fronte ao mar. Tel. 607 27 19 16. Vendo apartamento con dúas habitacións, cociña americana, trasteiro e garaxe. A cinco minutos da praia. Tel. 636 422 497. Vendo piso en praza España (Vigo). Tres habitacións, cociña, baño, salón, garaxe e trasteiro. Urxe venda. Tel: 639 81 62 09. Alugo praza de garaxe fronte ao centro de saúde da rúa Valle Inclán. 50 euros. Tel. 636 329 524. Alúgase local de oficina na Ponte (Ourense) acondicionado, 25 m2, económico. Tel.634 95 06 59.

COMPRA /VENDA Vendo colchas de ganchillo. Tel. 988 23 06 69. Vendo sofa 3+2 e caldeira de calefacción de gas cidade seminova. Tel. 637 00 59 10. Vendo Citroen Berlingo 1.6 HDI 90cv., ano 2012, 78.000 km., 5 prazas, con gancho de remolque, AA, porta lateral, peche centralizado. 8000 euros. Peugeot 207 1.4 HDI 70 cv., ano 2012, 80.000km., 5 prazas, AA, regulador velocidade. 7000 euros. Ford Focus 1.8 TD 90 cv., impecable, todos os extras. 3900 euros. Renault Clio 1.5 DCI, 70 cv., ano 2012, 70.000 km., AA, regulador velocidade, todos os extras. 7000 euros. Nissan Terrano II 2.7 TD, 125 cv., ano 2005, todos os extras. 4900 euros. Volkswagen Golf IV 1.6 16 v., 105 cv., moi coidado. 2900 euros. Tel. 988 460 576. Vendo Opel Zafira 1.9 CDTI 150CV (7 prazas) acabado COSMO (todos os extras). Máis info e fotos no 607 20 34 81 (atendo WhatsApp) Vendo máquinas recreativas (modelos vellos), máquinas de dardos (PRESAS), máquinas ex-

pendedoras de tabaco, etc. Tel. 607 20 34 81 (atendo WhatsApp). Ofrezo unha casiña pequena para restaurar moi próxima a Ourense a cambio de traballos de albanelería (restauración tellado, piso, encintar e dividir). Tel. 606 42 25 43. Traspáse cafetería en galerías parque de San Lázaro. Todo novo, recén reformado. Moi económico. Tlf: 640 378 300.

EMPREGO Ofrécese señora de mediana idade, galega, para as tarefas do fogar, coidar persoas maiores ou calqueira tipo de traballo. Só media xornada. Tel. 659 129 142 Ófrecese señor para traballar de pintor -con 40 anos de experiencia- . Disponibilidade inmediata. Tel. 647 640 620. Limpieza de fincas, jardines, desbroce y trabajos de campo, amplia experiencia, presupuesto sin compromiso. tlf. 602 864 666. Danse clases particulares de pintura artística, óleo, acuarela, pastel, acrílico, todos os niveis, máis de 40 anos de experiencia. Tel. 610 659 417. Fanse desbroces con tractor e a man. Tel. 630 521 448. Ofrécese señora para o coidado de persoas. Pode ser en casa ou no hospital. Con informes. Tel. 669 434 330. Danse clases particulares de piano, ideal para nenos e para iniciación. Tel. 667 985 171 (WhatsApp). Moi económico, fanse reparacións en fogar e negocios, carpintaría, mobles, persianas, etc. Tel. 656 782 460 Danse clases particulares de todas as materias de primaria, a domicilio ou presenciais. Tel. 666 743 660. Necesítase señora para coidar un matrimonio de persoas maiores e realizar tarefas do fogar. Tel. 630 03 06 42. Ofrécese home de 40 anos con experiencia e titulación para coidado de persoas maiores ou depedentes. Calquera horario. Seriedade. Tel. 685 56 46 81. Fanse desbroces con tractor ou a man. Bo prezo. Tel. 630 521 448. Impártense clases individuais personalizadas en Ourense. Materias curriculares de ensinanzas medias. Con CAP. Ampla experiencia. Económico. A domicilio. Contacto: clasesadomicilio2014@hotmail.com e 610 38 25 89

CONTACTOS Ofrécese mozo de compañía para mulleres de 40 a 60 anos. Danse masaxes eróticos. Prezo anticrise. Absterse de chamar homes. Tel. 697 79 59 28.

Comarca de Monterrei Concello de Verín Concello de Monterrei Concello de Oimbra Concello de Vilardevós Concello de Riós Concello de Castrelo de Val Concello de Laza Concello de Cualedro Comisaría de Policía Verín Policía Local Verín Bombeiro Verín Garda Civil Protección Civil Estación de autobuses Taxis - Parada Hospital Taxis - Parada Estación Autobuses Taxis - Parada Praza Merced Taxis - Parada Praza do Concello Ambulatorio Urxencias Ambulatorio Cita previa Hospital de Verín Cruz Vermella Correos e Telégrafos Rexistro Civil de Verín Rexistro da Propiedade Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Servizos Sociais Verín Cáritas Parroquial IES nº1 de Verín IES García Barbón I. Bacharelato X. Taboada Chivite CEIP Amaro Refoxo CEIP Princesa de España Comarca de A Limia Concello de Xinzo Concello de Porqueira Concello de Calvos de Randín Concello de Baltar Concello de Os Blancos Concello de Trasmiras Concello de Sarreaus Concello de Vilar de Barrio Concello de Sandiás Concello de Vilar de Santos Concello de Rairiz de Veiga Policía Local Xinzo Garda Civil Estación de autobuses Centro de saúde Xinzo Punto Atención Continuada Rexistro civil de Xinzo Rexistro da Propiedade Taxis - Parada Xinzo

988 410 001 988 418 002 988 426 160 988 417 004 988 425 032 988 419 002 988 422 002 988 424 004 988 414 123 988 411 612 988 590 206 988 410 005 988 412 121 988 413 516 988 414 342 988 411 812 988 410 385 988 411 113 988 410 800 988 413 460 988 413 636 988 411 600 988 411 038 988 410 387 988 410 737 988 410 703 988 410 253 988 414 776 988 410 679 988 411 212 988 410 379 988 410 041 988 411 425 988 410 128 988 550 111 988 466 102 988 434 000 988 466 503 988 467 506 988 445 000 988 454 002 988 449 001 988 465 001 988 465 883 988 465 552 988 462 425 988 462 361 988 460 309 988 462 200 988 462 456 988 46 0 188 988 460 209 988 460 309

Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Xulgado de 1ª Instancia Servizos Sociais Xinzo Cáritas Parroquial IES Lagoa de Antela IES Cidade de Antioquía CEIP Rosalía de Castro CEIP Carlos Casares Gardería Municipal Oficina Agraria Comarcal da Limia Comarca de Allariz-Maceda Concello de Allariz Concello de Baños de Molgas Concello de Maceda Concello de Paderne de Allariz Concello de Xunqueira de Ambía Concello de Xunqueira de Espadanedo Policía Local Allariz Garda Civil Allariz Centro de Saúde de Allariz Centro de Saúde de Baños de Molgas Centro de Saúde de Maceda Policia Local Maceda Garda Civil Maceda Parada taxis Maceda CEIP Padre Feixoo IES Allariz Gardería municipal Allariz Servicio Municipal de Augas Allariz Xulgado de Paz Allariz Comarca de Terras de Celanova Concello de Celanova Concello da Bola Concello de Cartelle Concello de Gomesende Concello da Merca Concello de Padrenda Concello de Pontedeva Concello de Quintela de Leirado Concello de Ramirás Concello de Verea Policía Local Celanova Centro de Saúde de Celanova IES Celanova CEIP Curros Enríquez Oficina Seguridade Social Celanova Xulgado 1ª Instancia Celanova Urxencias Sanitarias Cita previa Servizo Galego Saúde Teléfono maltratadas ITV Protección Civil Incendios forestais Fenosa (averías)

988 460 375 988 462 951 988 462 364 988 550 111 988 460 222 988 462 454 988 461 271 988 460 480 988 460 507 988 461 049 988 460 024 988 440 001 988 430 000 988 463 001 988 293 000 988 436 006 988 291 001 988 440 000 988 440 031 988 440 958 988 430 331 988 463 370 696 511 038 988 463 084 988 463 204 988 440 825 988 440 036 988 440 219 988 440 004 988 440 704 988 431 481 988 433 768 988 491 111 988 485 000 988 260 000 988 494 783 988 495 005 988 493 500 988 491 523 988 430 600 988 431 806 988 451 736 988 431 290 988 431 725 988 553 055 988 431 482 061 902 077 333 016 902 309 000 112 085 988 222 222


Barrios XuĂąo de 2016


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Xuño de 2016 - Barrios by Periodico Barrios - Issuu