[Páx. 17]
O celanovés Juan Hervella-Rego presenta no Festival de Cans a súa última curtametraxe VERÍN
Páx.3
O bipartito aproba os seus primeiros orzamentos
[Páx. 14]
ENTREVISTA
Páx.8
Delfín Caseiro fálanos do Museo da Limia, que cumpre 20 anos
XINZO
Páx.9
Instan á Xunta a que avalíe os danos das choivas na Limia
ESPECIAL Páx.10-14
DEPORTES Páx. 20
Coida a túa saúde cos consellos do noso especial
Carreiras populares en Celanova, Bande, Xinzo e Molgas
[Páx. 18]
Os xardíns do Raigame, unha futuro, en Allariz mirada ao pasado O Festival de Xardíns de Allariz 2016 abriu as súas portas.// Raigame acolleu unha demostración de oficios tradicionais /P. LODEIRO e R.TORRES.
Número: 25 - Ano: XI - Maio 2016 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de xuño. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190
Barrios Maio de 2016
VERÍN E COMARCA
Quintas Xornadas de Portas Abertas da Ruta do Viño de Monterrei 4 Un amplo programa de actividades para a fin de semana do 28 e 29 de maio. Redacción A Ruta do Viño Monterrei, promovida por Turismo de Galicia, organizará os días 28 e 29 de maio as V Xornadas de Portas Abertas, coa colaboración do CRDO Monterrei, a Asociación de Sendeirismo Ruta das Augas, o Club BTT Verín e o Concello de Verín. Nas mesmas participarán cinco adegas desta denominación de orixe que ofertarán visitas guiadas polas súas instalacións acompañadas dunha degustación de viño de Monterrei totalmente gratuíta. As adegas participantes na iniciativa son: Abeledos, Boo Rivero, Crego e Monaguillo, Gargalo e Pazo de Valdeconde. Nelas o horario de visita será o sábado ás 11.30, 13 e 17 horas e o domingo ás 12 horas. Tamén formarán parte desta xornada restaurantes asociados á ruta (Brasil, Mesón O Candil, Parador de Verín-Monterrei e Lugano), que ofrecerán un menú especial regado con viños da DO Monterrei cun prezo que oscila entre os 18 e 30 euros. Ademais, realizaranse ofertas especiais nos establecementos: O Retiro do Conde e Parador de Verín-Monterrei. As reservas xestiónanse directamente cos establecementos, especificando que se trata da oferta de Xornadas de Portas Abertas. As quintas Xornadas de Portas Abertas da Ruta do Viño de Monterrei tamén inclúen o obradoiro “Harmonía de Viños de Monterrei e Queixos do Mundo”, actividade gratuíta na que se probarán recoñecidos queixos de todo o mundo coas distintas elaboracións do viño de Monterrei. Será o sábado 28, ás 18 horas na adega Crego e Monaguillo, e requírese inscrición pre-
Espazo para aparcar que o Concello de Verín habilita na rúa Juan Guerra Valdés./CdV.
Cata para calificar a collieita 2015./DO MONTERREI. via no CRDO Monterrei. Asemade, haberá catas comentadas nas adegas, o sábado en Boo Rivero e o domingo en Gargalo, en ambos casos ás 11:30 horas e con inscrición previa para os participantes. De maneira paralela, o Centro Cultural das Artes de Verín acollerá unha exposición gratuíta de artes plásticas relacionada cos produtos da zona e realizada por artistas locais da comarca. Poderase visitar o sábado 28, de 10 a 14 e de 17 a 20.30 horas. O mesmo recinto será o escenario do concerto “Son e Viño” de Emilio Rúa, tamén na xornada do sábado, a partir das 21 horas. Andaina e ruta Completan o programa unha ruta cicloturística polo val do Támega, con saída o domingo 29 de maio ás 10 horas desde Verín, ascenso ao monte Ladairo e visita a varias adegas. Requírese inscrición previa no Club BTT Verín. Nesa mesma xornada e á mesma hora, partirá a andaina III Ruta dos viños, con saída da praza do Concello de Verín e visita a outras dúas adegas. Organizada pola Asociación de Sendeirismo “Ruta das Augas” tamén require inscrición previa. Ademais, haberá un concurso no Facebook da Ruta do Viño de Monte-
4 A colleita 2015, “moi boa” A añada 2015 dos viños de Monterrei foi cualificada como “moi boa” na Cata de Cualificación da Colleita celebrada na sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei. Seis expertos, representando ás principais asociacións profesionais do sector e ao Panel Oficial da DO Monterrei, cataron -a cegas- unha representación proporcional dos viños desta denominación, tanto brancos coma tintos. A nota final saiu da media das puntuacións concedidas por cada catador. rrei, no que se sortearán catro billetes para o tren turístico da Ruta do Viño Monterrei. Para facilitar a asistencia, un Bus do Viño realizará un servizo gratuíto tanto o sábado como o domingo con saídas de Xinzo e Verín e destino nas adegas que realizan as catas comentadas.
Cinco adegas da denominación ofrecerán visitas guiadas e degustacións gratuítas de viño
Verín habilita 800 prazas de estacionamento disuasorias 4 O Concello quere alixeirar de tráfico rodado as rúas. Redacción O Concello de Verín iniciou obras de acondicionamento das catro grandes zonas de aparcamentos disuasorios e gratuítos que proporcionarán a veciños e visitantes 800 prazas de aparcamento, contribuíndo a alixeirar de tráfico rodado as rúas e, nembargantes, facilitando o acceso ao comercio local, aos servizos sociosanitarios e as actividades culturais e de ocio dentro do núcleo urbano. Esta medida, proxectada como un dos principais eixos de modernización do segundo núcleo urbano da provincia de Ourense, é sinalada polo rexedor, Gerardo Seoane, como “un dos vectores de transformación da vila, porque permitirá retirar parte do tráfico rodado das nosas rúas, sen por iso impedir o acercamento de veciños e visitantes ó noso núcleo, antes ben, facilitándoo con comodidade”. A ubicación destas catro grandes zonas de aparcamento, sinalou Seoane, “está elixida para servir de cómodo acceso a outras tantas zonas de intensa afluencia de vehículos en Verín,
como por exemplo as cercanías do ambulatorio, por razóns obvias, ou ó entorno da Alameda, onde se celebran feiras e festexos, e ás outras partes do casco urbano de Verín”. Seis zonas de estacionamento As zonas elixidas son detrás da praia fluvial, no barrio de San Lázaro, con aproximadamente 250 prazas; na Preguiza, a continuación da zona da Alameda, outras 250 prazas; na rúa Juan Guerra Valdés, preto do ambulatorio, ao redor de cen prazas; e na zona de Luis Espada co cruce de Sousas, outras 200 prazas. O Concello de Verín está en negociacións para acadar outros dos soares para destinalos a aparcadoiros, e ampliar así a 1.350 as prazas dispoñibles. Serían unha na zona centro, fronte ao Concello entre a Avenida de Portugal, a rúa Luis Espada e a rúa Elle (150 prazas), e dúas zonas máis na contorna do Centro Cultural e das Artes, que sumarían outras 400 prazas. “É unha medida histórica para Verín, que como segunda urbe de Ourense, e cun desenvolvemento como núcleo de servizos, soporta cada vez máis tráfico satélite da nosa po-
boación virtual de 25.000 persoas que se achegan dende as comarcas limítrofes a realizar trámites, acudir ó médico ou ó comercio”, destacou o alcalde. Así, Gerardo Seoane explicou que a solución clásica das regulacións de ORA, en proceso de reacondicionamento en Verín, “cumpren un servizo para fomentar a rotación, pero non poden sustituir ao lexítimo dereito dos cidadáns ao libre acceso ás súas zonas de vivenda ou esparcimento”. Neste sentido, destacou que a medida de proporcionar zonas de aparcamento gratuíto aos cidadáns é “a filosofía dotacional que trunfa nos países máis desenvoltos de Europa, sempre que o espazo o permita”, e non está en contradición con regular a rotación nas rúas máis céntricas.
O Concello negocia para acadar outros dous soares para aparcamentos: fronte á casa consistorial e na contorna do Centro Cultural e das Artes
VERÍN E COMARCA
Polémica demolición 4 O Concello asegura que a derruba conta cos informes preceptivos, o PP, que a actuación foi ilegal. P.L. Novo enfrontamento entre o grupo de goberno e a oposición en Verín. Neste caso, a conta da derruba dun edificio na rúa Irmáns Fernández Álvarez. O grupo popular denunciou que a demolición “non conta coa pertinente licenza municipal, nin coa autorizacion de Patrimonio”, cuestións que refutou de seguido o bipartito. Nun comunicado, o Concello de Verín informou que a derruba do inmoble “conta cos preceptivos informes municipiais do arquitecto e do asesor xurídico na data de inicio da actuación”. Engade o comunicado que “a licenza municipal, baseada nos anteriores informes, se atopa tramitada en sentido positivo”. E recoñece que o proxecto de demolición, foi realizado para o propietario do inmoble, sen custo algún, polo alcalde, Gerardo Seoane, que tamén é arquitecto colexiado, “para facilitar a axilidade do proxecto”. Insisten desde o PP que non constan no expediente os informes “vinculantes” da Consellería de Cultu-
ra (“por estar dentro da delimitación de centro histórico”) e da Consellería de Medio Ambiente e Territorio (“por ser un viario de titularidade da Xunta de Galicia). E de novo aclaran desde o Goberno local que “é falso que este proxecto necesite de autorización de Patrimonio porque a alineación definida no Plan Xeral así o indica”. Carril bici O derrubamento deste inmoble é necesario, explican desde o Concello de Verín, para poder iniciar as obras de mellora da avenida de Laza, que comezarán os próximos días coa redifinición, reasfaltado e creación do que será o primeiro carril bici urbano da súa extensión da provincia. Polémica da árbore Esta nova polémica prodúcese días despois de que o voceiro popular criticara a colocación por parte do Concello dunha árbore diante da porta dunha finca da súa familia na rúa Deputación, impedindo así o acceso de vehículos.
Traballos de demolición do edificio na rúa Irmáns Fernández Álvarez.
Barrios Maio de 2016
PSOE e BNG aproban os seus primeiros orzamentos á fronte do consistorio verinés 4 As contas para 2016 ascenden a 10.239.000 euros, dos cales 1,5 millóns serán destinados a investimentos. P. Lodeiro Con 10 votos a favor (os que suman PSOE e BNG) e cinco en contra (do PP) este xoves quedaron aprobados os primeiros orzamentos do bipartito verinés. O voceiro do equipo de goberno, o nacionalista Diego Lourenzo, foi o encargado de debullar as contas para este 2016, que suman un total de 10.239.000 euros. Abriu a súa intervención recoñecendo a tardanza en presentar os orzamentos, e prometeu que cumprirían os prazos nos vindeiros. Sinalou Lourenzo que nas contas “se recollen as prioridades políticas do goberno, cun equilibrio entre os programas do PSOE e BNG”, e cumprindo os principios de estabilidade orzamentaria, regra do gasto e sustentabilidade financieira. O tenente de alcalde destacou a aposta pola remunicipalización de servizos que se recolle nestes orzamentos; á da ORA e a limpeza de servizos vaiselle sumar próximamente a limpeza viaria. Ademais, o gasto social crece un 11,23%, inclúense políticas de promoción cultural e dirixidas á mocidade, e aumentan nun 496% as subvencións a entidades culturais, deportivas e a nova liña de axudas a asociacións veciñais e mulleres rurais. Pola contra, a débeda baixa un 28%, e para investimentos produtivos destinase un montante de 1,5 millóns de euros. Diego Lourenzo concluiu que os orzamentos traerán a Verín un incremento da actividade comercial, do valor dos inmobles, contribuirán a fixar poboación e aumen-
O voceiro do grupo de goberno, Diego Lourenzo, o alcalde, Gerardo Seoane, e o voceiro do Partido Popular, Juan Manuel Jiménez, no pleno dos orzamentos./P. LODEIRO. tarán o benestar da xente. A remunicipalización, un “erro” para o PP Diverxente foi a valoración que realizou o líder da oposición, o popular Juan Manuel Jiménez Morán. Amosouse moi crítico coa remunicipalización de servizos, que considera un erro: “os servizos externalizados foron analizados no seu día polos técnicos e concluíron que eran máis baratos así”. Na súa segunda intervención, Lourenzo defendeu a remunicipalización: “entendemos que vai traer aforros importantes que nos dean marxe para facer esa baixada de impostos”. Jiménez Morán tamén criticou o gasto en Persoal, que sobe un 21,15%, pasando de 3,2 millóns en 2015 a 3,8 millóns en 2016. En particular, referiuse ao gasto en dedicacións exclusivas do grupo de goberno (dúas) e no persoal eventual (dous contratados) que sumarán 147.557 euros anuais. “Se a maiores asumen o servizo de limpeza viaria que son sete traballadores máis seguro, chegará un momento en que os gastos de persoal serán insoportables por este concello,
apuntou o político popular. As conclusións, para o voceiro do PP, son que o orzamento “non soluciona os principais problemas que neste momento ten o noso municipio, a industrialización nin o crecemento do emprego, nin o desenvolvemento do termalismo, o turismo e o sector primario”. Ademais, Jiménez Morán cualificou de “pésima” a xestión económica do bipartito “gastando o que non teñen, neste momento hai máis de 250.000 euros en facturas sen pagar desde setembro que terán que ir a recoñecemento extraxudicial de crédito”, apuntou.
Lourenzo destacou a aposta pola remunicipalización de servizos neste orzamentos; Jiménez Morán considerouno un erro O gasto en Persoal sobe un 21,15%; a débeda baixa un 28%
4 Outros asuntos Na mesma sesión aprobouse por unanimidade unha moción do PP –transaccionada polo grupo de goberno- para a modificación catastral dos terreos urbanizables, de xeito que os propietarios paguen o IBI rústico e non o urbano. Tamén houbo unanimidade para aprobar as bases das subvencións para realizar rehabilitacións no núcleo histórico e barrio de San Lázaro. O voceiro da oposición pediu “que se axilice” a tramitación. Asemade, e coa abstención do PP, nomeouse ao tenente de alcalde, Diego Lourenzo, como representante do Concello de Verín na Asociación de Desenvolvemento Comarca de Monterrei –Verín (ADECOMOVE). No apartado de rogos e preguntas, Jiménez Morán interesouse polo arranxo de varias pedras na rúa Mariano Carrero, tanto na beirarrúa como no vial, solicitou a retirada de entullos do monte de Cabreiroá, e reclamou que se solucionen as deficiencias no saneamento do grupo de vivendas Monterrei.
Barrios Maio de 2016
VERÍN E COMARCA
A Praza de Abastos será centro de día 4 O Goberno local prevé que para outono estea listo un centro con 36 prazas. Redacción Este mes abriu a pasarela peonil sobre o Támega na zona do Olivar./CdV.
Verín acondiciona as ribeiras do río Támega 4 De cara á chegada do verán. Redacción O Concello de Verín iniciou o Plan de Acondicionamento das Ribeiras do Támega anunciado en outono pasado polo alcalde, para encarar a chegada do próximo verán con estas zonas verdes e de baño en plenas condicións. Polo momento vense de reabrir a pasarela peonil na zona do Olivar, que foi reformada cunha in-
versión de 50.000 euros, realizáronse melloras na pasarela da praia fluvial e plantáronse novas árbores. No Olivar, a obra acometida polo Concello de Verín consistiu no reforzo da pasarela cun entramado estrutural e o reaproveitamento da madeira útil para botar de novo a plataforma, unha vez restaurada. Na beira dereita do Támega, procedeuse á plantación de novas ringleiras
de árbores de sombra. Por outra banda, tamén se reforzaron e substituiron os banzos da pasarela que hai na zona fluvial próxima á Alameda, que estaban podres e constituían un risco para a seguridade. E na zona recreativa de Pazos os operarios municipais procederon ao desboco da maleza e o acondicionamento das áreas de esparcemento.
Coa aprobación dos orzamentos de 2016, o O Concello de Verín anuncia xa a súa primeira medida incluída nas contas: a construción dun centro de día na Praza de Abastos. O orzamento destinado á adaptación da planta de abaixo do recinto é de 90.000 euros, e permitirá a dotación de 36 prazas para maiores nun espazo de 380 metros. A Escola de Artes e Oficios que ocupaba estes espazos trasladarase aos edificios anexos á lonxa agropecuaria de Verín. O alcalde, Gerardo Seoane, explicou que a construción do centro de día é “unha das maiores demandas da poboación verinesa que permitirá que moitos maiores da
Praza de Abastos de Verín./P.LODEIRO. vila non teñan que desprazarse para recibir este tipo de servizo e poidan estar máis preto das súas familias, mellorando así a calidade de vida de todo o entorno familiar”. Será necesaria unha reforma interior que dotará ás instalacións dunha sala polivalentes, sala de cura e unha sala de rehabilitación. A súa céntrica ubicación permitirá “dar un novo
uso a este edificio histórico, prestando servizo aos maiores de todas as zonas da vila que desta forma integraranse dentro da vida da cidade en lugar de estar en sitios apartados”, explicou o tenente de alcalde, Diego Lourenzo. O Concello de Verín informou de que distintas entidades financieiras da vila amosaron a súa vontade de colaborar no proxecto.
VERÍN E COMARCA
O IES García Barbón acollerá un encontro de profesorado de Fabricación Mecánica O instituto García Barbón de Verín acollerá os días 10 e 11 de xuño o 16º Congreso ENFAMEC, un encontro de profesorado de Fabricación Mecánica. O congreso está organizado pola Asociación de Profesores de Fabricación Mecánica, entidade que serve para que o profesorado desta rama intercambiar experiencias, formarse e relacionarse de maneira agrupada coa industria e as institucións. Desde a Asociación de Profesores de Fabricación Mecánica destacan o interese e apoio amosado polo IES García Barbón para a celebración do congreso neste centro educativo, así como a colaboración do Concello de Verín e da Deputación de Ourense.
O 16º Congreso ENFAMEC dará inicio o venres 10 de xuño, e logo da inauguración oficial haberá un café con Carlos Iglesias, profesor do IES de Arzúa, que falará de “Titoría na FP Básica 1+1”. O primeiro relatorio correrá a cargo de Luis Sobrino, de Ferrovial Servicios, que analizará a “Xestión do mantemento en centros hospitalarios”. Na xornada do sábado, Iker Sáenz de SMC España falará sobre “Os retos da industria. Automatización 4.0”, e porá o peche ao congreso Marcelino Castro, de Análisis y Simulación, analizando no seu relatorio os “Sistemas de fabricación avanzada para a Industria”. XVI Congreso Internacional de Ebru Dentro da actualidade do centro educativo veri-
Barrios Maio de 2016
Carlos Matos aprendeu esta técnica co mestre turco Hikmet Barutçugil e as súas obras, xunto coas dun reducido número de artistas internacionais, participron na exposición paralela ao congreso. Información de interese para estudantes que remataron un Ciclo de Grao Medio Noutra orde de cousas, o IES García Barbón informa que as persoas que posúen un título de Grao Medio de Formación Profesional cumpren o requisito académico de acceso a ciclos formativos de grao superior.
O ebrú é unha antiga técnica de pintura. nés, Carlos Matos, profesor de debuxo no instituto, foi invitado a participar no XVI Congreso Internacional de Ebru que tivo lugar en Estambul entre os días 9 e 13 de maio. O ebru é una antiga técnica centroasiática de pintura flotante sobre auga, que despois é transferida a soporte de papel.
Datas de preinscrición e matrícula en FP e Bacharelato En canto ás datas de matriculaciónpara o vindeiro curso académico, para Formación Profesional, a preinscrición será na última quincena de xuño e a matrícula na última quincena de xullo. En Bacharelato, o prazo de matrícula comprende do 25 de xuño ao 10 de xullo, e en setembro do 1 ao 10.
O Campamento urbano abre a inscrición Redacción
Ángeles Vázquez e José Ramón Barreal, en San Caetano.
Xuntanza de traballo entre a titular de Medio Rural e o rexedor de Laza A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, reuniuse co alcalde de Laza, José Ramón Barreal, para coñecer as preocupacións e necesidades deste concello ourensán. Un dos temas abordados foi a dinamización do rural a través do impulso das concentracións parcelarias, que no caso de Laza o único proceso de reestruturación aberto está en fase de acordo firme e afecta a unha superficie de 3.272 hectáreas. Neste senso, a conselleira indicoulle ao rexedor que este ano o departamento autonómico destina un total de 22 millóns de euros para seguir avanzando nos 137 procesos abertos en toda Galicia. No municipio de Laza, xa van investidos máis de 4,3 millóns de euros e espérase seguir avanzando este ano coa acta de reorganización, última fase administrativa da concentración parcelaria.
A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín abriu o prazo de inscrición da Ludoteca de verán, para a que se reservan 200 prazas. O campamento urbano é un espazo de actividades destinado a menores, con idades comprendidas entre os 3 e 13 anos, que se realizará nas instalacións dos Módulos do CEIP Amaro Refoxo, Colexio Princesa de España, na Casa da Xuventude e na Casa da Cultura. Comezará o 23 de xuño e finalizará o 9 de setembro. Ao igual que o ano pasado, o Concello de Verín ofrece un abano de horarios e prezos. Nesta edición implántase como novidade un servizo por semanas.
Barrios Maio de 2016
VERÍN E COMARCA
A Consellería de Medio Ambiente convenia obras en Riós e Cualedro 4 A Xunta arranxará a praza da Trepa en Riós e mellorará o abastecemento nas Estivadas, en Cualedro. Redacción
Borys Martínez./MARÍA PARDO.
Premio para o fotógrafo verinés Borys Martínez O estudio de Verín Borys Martínez Fotografía recibiu un dos galardóns Wedding Awards 2016 da categoría Fotografía e Vídeo que outorga anualmente Bodas.net, o portal líder global no sector nupcial. Os galardóns premian exclusivamente ás empresas con maior número e mellores recomendacións de cada categoría entre máis de 33.000 empresas e ten en conta principalmente as valoracións do ano pasado, ademais da continuidade do servizo ofrecido.
A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Riós formalizaron o convenio de colaboración no que se establece que o Goberno autonómico achegará máis de 161.000 euros para mellorar a praza da Trepa. A titular deste departamento autonómico, Beatriz Mato, e o alcalde da localidade, Francisco Armando Veiga, asinaron o documento no que se establecen as bases desta colaboración, que se inscribe no Plan Hurbe. Esta actuación servirá
A conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, asinou o convenio co alcalde de Laza, Francisco Veiga./X.CRESPO. para adecuar este espazo público e recuperalo como unha área de interacción social, cunhas mellores condicións de seguridade para os seus usuarios. Esta
praza constitúe un lugar de reunión para celebracións. As Estivadas A mesma Consellería investirá máis de 134.000
euros noutro municipio da comarca de Monterrei, Cualedro. En concreto, a obra terá por obxectivo mellorar o abastecemento de auga nas Estivadas. Así o acordaron Beatriz Mato, e o alcalde, Luciano Rivero. Actualmente, o núcleo das Estivadas abastécese unicamente da auga que provén dun bombeo dun pozo profundo. Ademais, a distribución realízase mediante conducións antigas. Para solventalo, o proxecto define unha nova captación de auga e unha condución en tubaxe de polietileno ata o depósito das Estivadas, solucionando o problema de subministro de auga.
PUBLICIDADE
Barrios Maio de 2016
Barrios Maio de 2016
XINZO E COMARCA
Delfín Caseiro, membro do Padroado do Museo da Limia
“O Museo da Limia é un centro moi dinámico, punto de encontro dos veciños e dos intelectuais” 4 Este museo etnográfico celebra este mes os 20 anos na súa actual ubicación na reitoral de Vilar de Santos. Paula Lodeiro Catedráticode Lingua galega e Literatura e inspector de Educación, Delfín Caseiro é membro do Padroado do Museo da Limia de Vilar de Santos. Sempre estivo vinculado ao Museo? Delfín Caseiro: “Si, desde que se toma a decisión de facer un espazo museístico, que como primeira instalación tivo o primeiro andar das antigas escolas unitarias de Vilar de Santos. Era unha proposta moi modesta naquela altura, alá por 1990, 91, a partir dunha idea do profesor Ángel Cerrato que traballaba no instituto de Xinzo, xunto con outras persoas interesadas tamén pola materia, como Pepe Calleja e algún máis que agora non lembro”. Era unha iniciativa dee particulares ou proviña dalgunha institución? D.C.: “Foi basicamente unha iniciativa a título individual, como unha necesidade de crear un espazo no que aparecese reproducida a forma de vida e de traballo da comarca da Limia. Este profesor Cerrato e outros colaboradores tiñan reunido algunhas pezas que lle foran doadas por particulares da zona e buscaban un respaldo e un apoio institucional para materializar o museo etnográfico. E despois de varias voltas e contactos con varios concellos chegaron a Vilar de Santos e alí o alcalde que estaba entón, que era Xosé Antón Jardón que segue hoxe en día vinculado ao Museo, acepta implicarse na aventura e darlle para adiante, facilitarlles espazos e a partir de aí proceder á instalación desas primeiras pezas que tiñan”. Cando se produce o traslado á actual sede? D.C. “Nesa época, había conversas co bispado de Ourense para a cesión da casa reitoral de Vilar de Santos que estaba deshabilitada, esas conversas chegan a
bo termo e xa se pensa como a ubicación máis idónea para un museo máis digno do que tiñamos ata ese momento. Xa se fai a remodelación pensando na instalación alí do que acabaría sendo o Museo da Limia”. Que contidos podemos ver hoxe no museo? D.C.: “Basicamente mantense a estrutura organizativa do comezo, desde que hai 20 anos, agora en maio, se abren as portas do Museo da Limia na súa ubicación actual, con diferentes salas. Temos a sala dos oficios, onde están representados oficios como o de carpintaría, de ferreiros e de canteiros. Temos a reproducción dunha casa labrega completa, co lar, a cociña, cuarto de dormir, e os mobles que foron doados por veciños, tal como responde ao canon dunha casa tradicional labrega. Está a sala do liño, por ter sido a Limia unha zona de moi alta producción durante séculos de liño, e coa particularidade de que paralelamente se crea un taller de confección coa instalación de varios teares que vai estar funcionando durante anos como unha actividade que dá traballo a varias veciñas de Vilar de Santos. Tamén hai unha sala dedicada á Lagoa de Antela, que é fundamentalmente unha sala da memoria, alí o máis destacado é unha reproducción da barca da lagoa, na que os campesiños se metían pola lagoa para procurar ovos de patos. Con posterioridade incorporouse unha taberna tenda con elementos dun comercio que existía na Pereira que era da familia dos Bobillo, que foi un establecemento comercial moi importante na zona, un verdadeiro centro mercantil de boa parte do século 20 porque na Pereira había unha importante feira o primeiro de cada mes e era onde se pagaban as pensións. É unha reproducción en pequemo pero con elementos doados por parte de herdeiros destes establecementos. Outra das salas que me que-
Delfín Caseiro, membro do Padroado do Museo da Limia./P.L.
Museo da Limia, en Vilar de Santos. /M.REJO.
“O Museo naceu como unha necesidade de crear un espazo no que aparecese reproducida a forma de vida e de traballo da comarca da Limia” “Unha actividade que se vai acometer de inmediato é a elección do limiao do ano” da por mencionar é o patio, que se aproveita como espazo para gardar os apeiros de labranza representativos: o carro, o arado… e a reproducción dunha tulla onde se gardaba o cereal que
se colleitaba, por ser o cereal ao lado da pataca un dos produtos representativos da comarca. E unha ultima sala na que aparece o ciclo da pataca e unha das máis vellas clasificadoras de patacas
que existen. O Museo da Limia tamén acolle unha reproducción da “Arracada” de Vilar de Santos, un pendente celta que é un elemento do escudo do municipio”. Que actividade ten o museo? D.C.: “Hai visitas de escolares, de grupos, van particulares, excursionistas, combínase a visitas dos colexios coa realización de actividades de todo o tipo, como congresos, conferencias… Cando funcionaba o taller do liño realizáronse varios encontros, algúns deles de dimensión internacional. Tamén encontros arredor da tradición oral, exposicións de moi diverso tipo; na actualidade hai unha exposición de instrumentos musicais de diferentes partes do mundo. En definitiva, é un centro moi dinámico, punto de encontro dos veciños e dos intelectuais, non simplemente un museo para visitar senón un museo para facer actividades nel”. Como van celebrar este vixésimo aniversario? D.C: “En principio as actividades están sen definir, pero unha actividade que se vai acometer de inmediato é a elección do limiao do ano, que é unha celebración que estamos a puntos de instituir e que aínda que sexa con algunha demora temporal entendemos que é oportuno que acometa o Museo da Limia, por ser unha institución moi representativa da comarca”. Cre que é coñecido o Museo na comarca e fóra dela? D.C.: “Si, hoxe ten un nome, e unha repercusión importante. Con ser un museo local con escasos recursos é un museo moi digno, foi merecedor de varios recoñecementos, entre eles o Premio da Crítica, foi obxecto tamén dalgún premio a nivel de Estado e a verdade e que o traballo que se ten feito aí e os recursos destinados a el teñen dado un rendemento óptimo; grazas, en boa medida, á colaboración voluntaria de moitas persoas implicadas, desde os responsables das institucións, comezando polo propio alcalde, aos que formamos parte do Padroado de maneira totalmente altruista así como veciños do propio concello”. Os interesados en visitar o Museo da Limia poden facelo os sábados e domingos de 11 a 13:30 horas e de 16:30 a 19 horas, ou no caso de grupos contactando no teléfono 988 465 883 ou no correo electrónico patronato@ museodalimia.com para concertar unha visita entre semana.
XINZO E COMARCA
O Parlamento pide á Xunta que avalíe os danos das choivas na Limia 4 Reclamarase ao Ministerio de Agricultura a minoración da presión fiscal aos agricultores dos concellos afectados. Redacción O Parlamento de Galicia aprobou, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o BNG, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a realizar unha avaliación da situación na comarca da Limia derivada das precipitacións acumuladas durante a presente primavera, así como o seu impacto en forma de posibles perdas na actividade agraria, singularmente na produción de cereal e pataca. A deputada do BNG, Tereixa Paz defendera unha proposición non de lei para avaliar os danos ocasionados polas choivas que provocaron grandes perdas na actividade agraria e abrir unha liña de axudas. A voceira do grupo popular, Isabel García Pacín, explicou que este acordo “vai na mesma liña que o adoptado pola Deputación
Obradoiro de busca de emprego do CDR O Viso Redacción O CDR O Viso continúa a desenvolver as actividades do seu obradoiro de busca de emprego, integrado no programa Ruralempréga-T, que conta coa subvención da Xunta e do Fondo Social Europeo.
Moitos campos da comarca permanecen aínda encharcados de auga/P.L. Provincial de Ourense no Pleno celebrado o pasado 29 de abril, e dos acordos plenarios dos propios concellos afectados”. En concreto, a proposición non de lei recolle a solicitude ao Ministerio de Agricultura da minoración na presión fiscal para os agricultores dos concellos afectados. A portavoz popular manifestou que “as avaliacións corresponde-
rán non só aos danos directos sobre as colleitas actuais, cereais de inverno que apodrecen por encamado, senón tamén sobre as posibles perdas do volume da colleita futura de pataca ou cereais de primavera que non se puideron sementar a tempo polos asolagamentos das leiras”. Tamén se deberán avaliar as infraestruturas para
reparar ou arranxar desperfectos en vías, sobre todo de concentracións, canles de regadío ou balados cortaventos”, apuntou.
ADEGAL estimara nun 60% a perda da colleita de cereal de ciclo longo polos asolagamentos
4 ADEGAL
solicitara axudas Previo a este acordo parlamentario, a Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da Limia (ADEGAL) solicitara á Consellería de Medio Rural axudas para afrontar os efectos dos asolagamentos na comarca da Limia. O colectivo estimara nun 60% a perda da colleita de cereal de ciclo longo polos asolagamentos. As choivas tamén provocaron retrasos na sementeira dos cereais de ciclo curto e da pataca, “polo que por un lado non aguantarán as altas temperaturas do verán, e por outra banda non cumprirán o ciclo correctamente, o que implica perdas importantes no rendemento das colleitas que poden rondar o 40%, facéndose necesaria unha valoración futura”. ADEGAL tamén refire efectos das abundantes choivas nas infraestruturas da comarca, principalmente nos camiños da concentración parcelaria, que sufriron “graves danos”, así como nos canais e ríos, que arrastraron moitas partículas que dificultan o seu desauge.
Neste mes de maio formaron aos participantes no obradoiro en novas tecnoloxías para a busca activa de emprego, como a utilización do correo electrónico, a alta nunha empresa de traballo temporal, a busca de ofertas de emprego ou a creación dun perfil profesional nunha rede social. Os vindeiros 6 e 7 de xuño reeditarán a experiencia de emprendemento no rural.
EN BREVE 4 Remata a parcelaria de Porqueira O Diario Oficial de Galicia publicou o aviso polo que se anuncia a toma de posesión provisional das fincas resultantes do proceso de reorganización da propiedade de Porqueira II. Esta reestruturación parcelaria supuxo a reorganización de 9.045 parcelas pertencentes a 796 propietarios en só 2.053 fincas. Nesta concentración parcelaria investíronse algo máis de 2,3 millóns de euros destinados na súa meirande parte (1,7 millóns de euros) á execución da rede de camiños.
4 Dimite un edil
do PP en Rairiz de Veiga
A marcha dun dos concelleiros do grupo de goberno do PP de Rairiz de Veiga ao grupo mixto e a posterior dimisión doutro edil popular, Manuel Corderí, están a provocar, a xuízo do voceiro socialista Pablo Lorenzo, “a parálise na xestión municipal”. O socialista insta á alcaldesa, Asunción Morgade, a que actúe de xeito inmediato para desbloquear “esta penosa situación de inoperancia, que trae consecuencias no día a día da veciñanza”.
4 Reactivan a Protección Civil de Vilar de Santos
Participantes na homenaxe a Carlos Casares en Xinzo./A.G.
Xinzo recorda a figura de Carlos Casares
Actividade de alfabetización dixital organizada polo CDR O Viso
Barrios Maio de 2016
O Concello de Xinzo de Limia e a Deputación Provincial organizaron, en vésperas do Día das Letras Galegas, unha homenaxe ao escritor Carlos Casares. Baixo o lema: “Carlos Casares e o seu mundo creativo” a celebración tivo como obxectivo pór en valor a figura do insigne intelectual limiao. No acto, que se celebrou na praza de Carlos Casares, o seu fillo, Hakam Casares, recordou as lembranzas do escritor nos seus anos de neno vivindo nas terras da Limia. “Para el a infancia era algo fundamental na personalidade dun ser humano, e sempre tiña un grande respecto polos máis cativos, e lembraba Xinzo como o lugar onde foi plenamente feliz, evocando os anos da nenez, o tempo en que un non ten preocupacións”.
O Concello de Vilar de Santos quere reactivar a Agrupación Municipal de Voluntarios de Protección Civil. Os voluntarios realizarán tarefas propias de protección civil de prevención e de apoio para garantir a seguridade das persoas e evitar calquera posible incidencia, implicando tan só unha colaboración voluntaria desinteresada e altruísta. Os integrantes de Protección Civil recibirán a formación necesaria e homologada. Os interesados poden informarse na casa consistorial.
10
Barrios Maio de 2016
especial SAÚDE
Os problemas do pé teñen solución en Teknos A ourensá Clínica Teknos conta desde os seus inicios cun servizo de podoloxía a cargo de Borja Pérez Serrano, podólogo especialista en cirurxía do pé. Neste campo achéganse diagnósticos e solucións ás diferentes problemáticas dos pés coas que nos podemos atopar. Ás veces requiren cirurxía pero noutras ocasións a solución virá a través de tratamentos de carácter conservador. Explícanos Pérez Serrano que a área de Podoloxía de Teknos está estruturada en tres departamentos: biomecánica, patoloxía e unidade de cirurxía do pé. A área de biomecánica inclúe, entre outros, o estudo da marcha ou o escáner da pegada, para dar solución a posibles patoloxías, a través de plantillas, ortesis de silicona ou férulas. Na área de patoloxía teñen distintos protocolos diagnósticos e terapéuticos, como o pé de risco, para os caso dos pacientes diabéticos, que teñan problemas
de circulación, ou de idade avanzada. Tamén ofrecen tratamentos para a dor do pé, entre eles infiltracións de medicamentos de última xeneración, que teñen unha acción biorreguladora e rexeneradora. Nesta área contan cunha sección de podopediatría, orientada aos máis pequenos e os problemas máis habituais nesas idades, como os problemas de apoio en nenos de 3 a 4 anos, fungos, verrugas, papilomas ou alteracións das uñas. Para facerlles máis agradable a estancia na clínica aos cativos, contan cunha área de espera adaptada. Cirurxía do pé Finalmente na unidade de cirurxía do pé practícanse diferentes técnicas para ofrecer ao paciente a resolución do seu problema. Principalmente a través de
Borja Pérez Serrano, podólogo de Clínica Teknos. cirurxía mínimamente invasiva, con pequenas incisións e anestesias locais que permiten ao paciente saír andando sen muletas trala operación, post operatorios practicamente indoloros e recuperacións máis rápidas. “En contraposición á fama que tiña a cirurxía tradicional, os protocolos avanzaron moito”, apunta Pérez Serrano.
r/Arturo Pérez Serantes, 1-3 - Ourense Tel. 988 222 800
As Andainas Solidarias de Cruz Vermella percorren a provincia de Ourense Un ano máis, Cruz Vermella organiza andainas solidarias en distintas localidades da provincia, así como sesións de zumba solidaria como alternativa para os afeccionados a esta actividade deportiva. O Carballiño celebrará a súa III Andaina Solidaria, o domingo 22 de maio. A ruta será de 11 km de baixa dificultade. Sairá ás 10.30 horas da Praza Maior. A inscrición é de 10 euros e inclúe 2 boletos do Sorteo de Ouro. O venres 27 de maio a cita será en Ourense, a partir das 20.30 horas, con dous posibles percorridos de 6 ou 10 km, co obxectivo de que moitas familias se animen a participar nunha tarde distinta, combinando deporte, convivencia e solidariedade. A inscrición é de 10 euros por persoa,
que inclúe 2 boletos para o Sorteo de Ouro, sorteo de agasallos e avituallamento. Os menores de 12 anos participarán gratis. As inscricións poden realizarse en Cruz Vermella, ou nos establecementos colaboradores. O Ribeiro celebrará unha Máster Class de Zumba Solidaria e unha sesión de fitness o domingo 29 de maio na praza Maior de Ribadavia. Neste caso a inscrición será de 5 euros por persoa (1 boleto do Sorteo de Ouro). En xuño, Xinzo No mes de xuño Xinzo celebrará a súa II Andaina Solidaria o domingo 5, na que os participantes tras unha inscrición de 7 euros (inclúe 1 boleto de Sorteo de Ouro) percorrerán parte da denominada “Ruta Franciscana”. Tamén Valdeorras está a organizar a súa III An-
daina Solidaria, que o domingo 3 de xullo congregará aos veciños e veciñas desta comarca nunha fermosa ruta que percorrerá os arredores de O Barco. Neste caso a inscrición é de 6 euros (inclúe un boleto do Sorteo de Ouro). Colaboración con Cruz Vermella A través do Sorteo de Ouro e actividades como as Andainas Solidarias, os ourensáns atopan unha fórmula máis para colaborar con Cruz Vermella, ao mesmo tempo que realizan unha actividade saudable que promove o respecto polo medio ambiente. O Sorteo do Ouro reparte un primeiro premio de 3 millóns de euros, un segundo de 1.500.000 euros, un terceiro de 750.000 euros ou o seu contravalor en ouro e centos de premios de menor contía.
SAÚDE especial
Nas XI Xornadas de Enfermería
Premio para dous traballos sobre a loita contra a infección das feridas Redacción As XI Xornadas de Enfermería de Ourense culminaron co fallo do XVIII Premio de Enfermería aos traballos “Biofilm: o malo da película” e “Aplicación do proceso enfermeiro a un paciente con úlcera tumoral infectada. Caso Clínico” nas categorías de mellor comunicación póster e mellor comunicación oral. O xurado das xornadas organizadas pola Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, premia así os traballos elaborados por Luis Alberto Ojea, supervisor xeral do Complexo hospitalario de Ourense, experto universitario e especialista en feridas crónicas pola Universidade de Santiago e referente no coidado de lesións ulcerosas na Xerencia do Sergas en Ourense, que analizou o papel do biofilm bacteriano nas feridas. O biofilm é unha fina capa formada por unha comunidade de bacterias e fungos que se interrelacionan e protexen formando unha barreira contra as defensas naturais do corpo, os anticorpos e as células fagocíticas, pero tamén fronte aos tratamentos antimicrobianos e antibióticos, constituíndo así
Presentación das XI Xornadas de Enfermería. un dos maiores riscos de infección e cronificación das feridas, dificultando a súa curación. No traballo plantéxase o necesario coñecemento do problema, baseado na evidencia, para achar o tratamento axeitado e conseguir bos resultados. Coidado das feridas a domicilio O premio a mellor comunicación oral reacaeu sobre o caso clínico, presentado por Ana Fernández Conde, Susana Borge Dafonte e Nancy Marra Gil, enfermeiras e supervisora da Unidade de Hospitalización a Domicilio do CHUO, que plantexaron a necesidade de dar unha resposta asistencial ao problema clínico como apoio a familia e coidado-
res mediante educación sanitaria e o apoio emocional. No seu traballo as profesionais de enfermería de HADO expuxeron o caso clínico dun paciente que presentaba unha úlcera oncolóxica e neoplásica. Mediante a aplicación do proceso de atención enfermeira, conseguiuse un axeitado control dos síntomas físicos e evitouse a sobrecarga do coidador, elemento clave á hora de manter uns coidados axeitados no domicilio e evitar a claudicación familiar. A clausura das xornadas coincidíu co Día Internacional da Enfermería, que conmemora a data de nacemento Florence Nightingale, figura clave da enfermería moderna.
Barrios Maio de 2016
11
Clínicas Arranz: a saúde, un ben esencial A saúde oral é un ben esencial para o benestar físico e psicolóxico do paciente. Deste xeito, o odontólogo ten como papel fundamental servir e protexer a saúde oral dos seus pacientes. Un propósito, defendido polo Dr. Mariano Arranz, cuxa actividade diaria e cirúrxica nas súas clínicas céntrase en dous alicerces fundamentais: “a saúde e a relación cos pacientes”, creando así un clima de confianza e empatía entre os pacientes e o equipo, que conta coa tecnoloxía e equipos máis avanzados para proporcionar un servizo eficiente e de calidade en todos os seus tratamentos. “O meu obxectivo é que os meus pacientes sorrían”, afirma o Dr. Mariano Arranz sobre a importancia de contar en cada clínica cos servizos e equipamentos indispensables, para un tratamento rápido e axeitado a cada caso clínico. Empezou a exercer a profesión hai 25 anos en España, concretamente en Xinzo de Limia e Allariz (onde se localizan o resto das clínicas) e hai tres anos abriu clínica en Chaves. Os seus principios básicos son o coidado, a prevención e o tratamento dental; desde a transparencia e profesionalidade. “O meu principal obxec-
O doutor Mariano Arranz. tivo consiste en previr e informar ao paciente de como manter unha boa saúde oral”, afirma o Dr. Mariano Arranz. En Clínicas Arranz dispoñen de varias opcións de tratamento que permiten dar unha resposta rápida nas áreas de estética e saúde oral (implantoloxía, ortodoncia -fixa e removible-, periodoncia, cirurxía oral, endodoncia -manual e mecánica-). En implantoloxía destacan a técnica de carga inmediata “All on four” ou “All on four modificado”, que son técnicas cirúrxicas e protésicas de implantoloxía e rehabilitación dental, que permiten recuperar a función e estética no mesmo
día con mínimo óso e sen necesidade de enxertos. Este tratamento é rápido, eficaz e indoloro; nunhas horas o paciente ten os seus dentes fixos para comer e sorrir. O seu principal obxectivo é o paciente; minimizar a dor e solucionar o seu problema canto antes. Isto é posible grazas ao escáner, que dixitaliza os modelos e fabrica férulas de posicionamento co fin de colocar os implantes dunha maneira precisa sen dor nin puntos. No caso dos implantes, cada paciente recibe unha cartilla de implantes, coa marca, modelo e referencia do implante colocado; para recibir asistencia en calquera parte do mundo se fose necesario.
Xinzo Clínica Dental - av. Madrid, 46, baixo, Xinzo - Tel. 988 46 21 33 ARG Clínica Dental - Estrada de Xunqueira, 34, Allariz - Tel. 988 44 08 43 Arranz Clínica - av. Santo Amaro, Loja 1º - Bl.A - Edificio Parque dos Príncipes - Chaves - Tel. 00351 276 333 310
12
Barrios Maio de 2016
especial SAÚDE
Centro Médico El Carmen, á vangarda da innovación Centro Médico El Carmen é un hospital que historicamente se caracterizou por ir sempre á cabeza da innovación na provincia de Ourense. De feito, a súa calidade foi recoñecida recentemente coa certificación EFQM 400+ Excelencia Europea de Xestión de Calidade Empresarial, outorgada por AENOR e o Club de Excelencia. Este selo únese á renovación da Certificación trianual da Norma de Calidade “ISO 9001:2008”, cun ámbito de “CALIDADE TOTAL”. Un dos obxectivos do hospital é pór a disposición dos seus pacientes a última tecnoloxía e as unidades sanitarias máis completas. Por esta razón, nos últimos meses incorporou un novo TAC de baixa radiación,
seguindo así as directrices europeas de progresiva diminución das radiacións que unha persoa recibe ao longo da súa vida. Este TAC ten como vantaxe que reduce até nun 40% as radiacións habituais. Desta maneira protéxese a saúde de pacientes especialmente sensibles como nenos, persoas que teñen que someterse con frecuencia a estudos radiolóxicos, como os afectados por procesos oncolóxicos, ou órganos delicados como a mama. Nesta liña tecnolóxica, tamén se renovou a Resonancia Magnética, instalando un novo software que mellora o diagnóstico de enfermidades como o cancro de próstata. Ademais, reforzáronse importantes unidades como
a de neuroloxía, cardioloxía ou cirurxía plástica, incorporando ao equipo a recoñecidos profesionais. No ámbito da cirurxía plástica, o equipo está formado por catro cirurxiáns que traballan principalmente en dous ámbitos: tratamentos reparadores sen necesidade de cirurxía (bótox, suavizado da pel...) ou cirurxías plásticas e reparadoras de mama, corporal, facial, “redistribución e reacomodación” de graxa corporal. O equipo tanto de cirurxía plástica como doutras especialidades tamén trata a pacientes internacionais a través da liña de turismo de saúde e balneoterapia WaterHealth, un proxecto único dentro da sanidade galega.
“Escola de Saúde” Centro Médico El Carmen quere compartir os seus coñecementos co resto de ourensáns e contribuír á educación en saúde. É por isto que recentemente puxo en marcha a súa propia “Escola de Saúde”, ciclo de charlas nas que participan profesionais do hospital xunto a membros de asociacións e que teñen como finalidade a divulgación sobre diversos aspectos relacionados con patoloxías concretas que interesan á cidadanía. Temas como o Alzhéimer, a infertilidade ou as consecuencias dos accidentes de tráfico foron cuestións protagonistas destes encontros, moi ben acollidos polo público. En definitiva, Centro Médico El Carmen é un hospital cun afán de mellora continua para dar a mellor atención ás persoas que confían a súa saúde aos profesionais que forman este centro.
Quirófano de Centro Médico El Carmen.
Habitación de Centro Médico El Carmen.
Avenida de La Habana, 50-52, Ourense Tel. 988 22 34 00
SAÚDE especial
Barrios Maio de 2016
13
Edades, empresa punteira en Ourense na prestación de servizos sociais O crecemento da esperanza de vida na poboación e a entrada en vigor da Lei de Dependencia dispararon nos últimos anos a demanda de servizos para o coidado e atención de persoas maiores ou dependentes, e máis nunha provincia tan envellecida como a nosa. Falamos con María Cristina Portela Pérez, a directora de Edades, para que nos achegue a realidade desta empresa de servizos sociais, que ofrece todo tipo de prestacións a uns prezos moi alcanzables para a maioría da poboación. Desde cando funciona Edades en Ourense? Cristina Portela: “Edades Servicios Sociales é unha empresa tipo franquía que desde o ano 2008
está implantada en Ourense, e que foi en constante crecemento desde a súa apertura”. Que servizos ofrece? C.P.: “A oferta de Edades contempla desde atención e coidado de maiores, dependentes ou nenos, a trámites burocráticos, a asistentes persoais para discapacitados, unha tenda de axudas técnicas en venda e aluguer, reformas a domicilio, desde cambio de bañeira por ducha adaptada a servizos de fontanaría, electricidade... Poucas veces unha empresa abrangue tantas posibilidades de servizos para os seus clientes como Edades”. E cales son os máis demandados? C.P.: “Sobre todo inter-
nas as 24 horas e para fins de semana, con diferenza”. Que produtos da vosa tenda de axudas técnicas teñen máis saída? C.P.: “O que máis saída teñen son as cadeiras para persoas con modalidade reducida, as camas xeriátricas e as grúas. Ademais, teñen bastante demanda os produtos de segunda man”. Como valoras a túa experiencia empresarial con Edades? C.P.: “Estou satisfeita por cumprir todos os obxectivos nestes oito anos e dos entre 80 e 90
traballadores cos que contamos habitualmente, que están moi implicados na empresa. Teño unhas esixencias moi altas e requiro profesionalidade ás persoas que queiran traballar con nós, con formación específica e experiencia mínima dun ano no sector. Pois para cada servizo necesítase un tipo de persoa distinta, non é o mesmo traballo o dunha señora que se dedica a tarefas domésticas, a outra que atende a unha persoa maior, e por iso temos auxiliares de enfermaría ou de xeriatría, coidadoras de nenos, licenciados ou diplomados, entre outros perfís”.
“Requiro profesionalidade ás persoas que traballan con nós, con formación específica e experiencia mínima”
Cristina Portela, xerente de Edades.
Fachada de Edades, no número 33 da avenida de Marín.
14
Barrios Maio de 2016
ALLARIZ E COMARCA
Festa do Boi
nicipais que fan realidade as súas creacións. Aínda que algunha da planta está por florecer, o rexedor agarda que, co sol destes días, os xardíns alcancen pronto o seu esplendor. O alcalde tamén adiantou a temática da edición de 2007, “Xardíns da Memoria”, coa que se celebrará o 700º aniversario da Festa do Boi. O prazo para presentar candidaturas estará aberto ata o 30 de novembro.
4 Do 21 ao 29 de maio Redacción Envolta na polémica pola crítica decolectivos de defensa dos animais, chega unha nova edición Festa do Boi de Allariz. A asociación Libera reunirá máis de 25.000 firmas en Internet contra o uso de bois na festa, pero os seus organizadores (a Asociación Cultural Xan de Arzua), o Concello e moitos veciños defenden que se trata dunha festa medieval, non un espectáculo taurino e que non se produce maltato ao animal. Sexa como for, a festa comeza este sábado, 21 de maio, cara á mediodía, coa chegada dos bois a San Salvador dende Penamá. Durante unha semana, sucederanse as carreiras de bois polas rúas do casco histórico alaricano, recreando deste xeito o boi utilizado en 1317 por un
cristián, Xan de Arzúa, para facer fuxir aos xudeus que se mofaban da procesión de Corpus Christi. Cada percorrido dura como máximo 30 minutos e cada boi (haberá cando menos catro animais) participa nunha carreira cada dous días. Un dos eventos centrais dos festexos será a procesión de Xan de Arzúa celebrarase o domingo 22, dando inicio a mediodía no Eiró, para percorrer o casco histórico e rematar no Campo da Barreira ao carón do Mosteiro de Santa Clara.Os gremios e personaxes participantes na procesión -e posterior xantar medieval- deberán acudir vestidos de época. Outros atractivos da festa, que dura ata o domingo 29 de maio, serán o mercado medieval, os pasarrúas e verbenas, e as actividades infantís.
Unha carreira do boi do ano pasado./ARQUIVO.
Participantes no Festival de Xardíns con X.Manuel Piñeiro e Francisco García./P.L.
O Festival de Xardíns de Allariz mira ao futuro 4 Abriu as portas a 7ª edición do FIXA. Paula Lodeiro Como ven os paisaxistas os xardíns do futuro é a temática que enlaza as creacións presentes na sétima edición do Festival Internacional de Xardíns de Allariz, que se inaugurou o 13 de maio. Os dez xardíns efémeros que concursan na edición 2016 expresan e aventuran as inquedanzas sobre o futuro das cidades e o papel clave que xogarán as zonas verdes urbanas. A parcela 1 ocúpaa a proposta “Ecos-Oikos”, Marina Jiménez, Julio Jiménez, Ana Jiménez e María de la O García,
procedentes de Vigo e Valladolid. A parcela 2, “Soñando el futuro. Viviendo el presente”, das colombianas Melisa Ávila e Daniela Polo. A parcela 3, “Jardín de luz” é obra do barcelonés Xabier Pageo. Na parcela 4 repite o xardín gañador do ano pasado, “A la IMAGINE de Allariz”, do paraguaio Gabriel Ayala. O xardín nº5 é “Rent a garden”, creado por Martina Kadnarova, Eva Robausch e Eva Pointner, de Austria. A parcela 6 está ocupada pola “Huerta cibernética” de Michalina Wójcikm de Alicante, e a número 7, “Terraformación”, é obra do galego José Souto. A
parcela número 8 está ocupada polo xardín que realiza o alumnado do colexio Padre Feijoo de Allariz. Na parcela 9 podemos ver “Better future”, dun grupo de paisaxistas brasileiros. A número 10, “Green cloud garden” recolle o deseño dun equipo holandés f. O xardín número 11 leva por nome “[RE]evolución” e é obra dos alaricanos María Susana Ribeiro e Jesús Pacheco; e finalmente na parcela 12 está o xardín “The future is futurist?” dun estudio italiano. Durante a inauguración, Francisco García, agradeceu o traballo dos paisaxistas e dos traballadores mu-
Historia Inaugurado en 2010, o festival de Allariz é pioneiro na península, xunto co portugués de Ponte de Lima, constituíndo non só un encontro ineludible no eido do paisaxismo, senón unha aposta de desenvolvemento social e económico da vila, pois por el pasan cada ano unhas 40.000 persoas. O recinto do festival, de 40.000 metros cadrados de auga, sons, cores e vexetación ao carón do río Arnoia, permanecerá aberto ata o 1 de novembro. Ata o 19 de xuño o horario de apertura será de luns a venres de 17 a 21 horas e fins de semana e festivos tamén de 11:30 a 14 horas. A entrada custa dous euros, sendo gratuíta para persoas coa tarxeta cidadá e menores de 12 anos, e a un euro para pensionistas e grupos.
Dez xardíns compiten polo voto do público
PUBLICIDADE
Barrios Maio de 2016
15
16
Barrios Maio de 2016
ALLARIZ / CELANOVA
A Praza de Celanova, seleccionada para un estudo de modernización
Melloras no saneamento en Frieira Redacción O Concello de Allariz vén de realizar melloras no saneamento do núcleo municipal de Frieira substituíndo a fosa séptica pola instalación dun novo sistema que conecta coa rede de saneamento xeral. Debido ás limitacións da fosa séptica na depuración da auga, a brigada municipal procedeu a súa substitución pola conexión coa rede de saneamento xeral do Parque Empresarial de Chorente, aproveitando a súa proximidade. As obras, que ascenderon a 20.000 euros, consistiron na instalación dun pozo de bombeo con dúas bombas e un cadro eléctrico e a colocación dun tubaxe de conexión coa rede xeral. Isto permite a mellora no tratamento das augas e a eliminación de posible contaminación.
O subdelegado do Goberno en Ourense e o alcalde de Allariz copresidiron a Xunta Local de Seguridade.
As infraccións penais en Allariz mantéñense estables 4 Haberá un dispositivo especial de seguridade con motivo da Festa do Boi. Redacción A Xunta Local de Seguridade de Allariz analizou os datos relativos á delincuencia na comarca durante o ano 2015 e o primeiro trimestre de 2016, constatando unha tendencia estable na cuantificación da totalidade das infraccións penais, respecto ao ano anterior. Así, mantense o índice de delitos, redúcese lixeiramente o número
Máis de 2.300 alumnos visitarán Celanova ata xuño 4 O instituto español Cañada Blanh de Londres xa o fixo. Redacción De febreiro a xuño a Fundación Curros Enríquez acolle numerosos grupos de escolares que se achegan a Celanova para visitar a Casa dos Poetas e para realizar algunha das actividades organizadas en torno aos escritores da vila. Moitos deles realizan o programa ‘Ven coñecer a Celanova de Curros e Celso Emilio’ que combina as visitas á Casa dos Poetas, ó Mosteiro de San Rosendo, a Vilanova dos Infantes e a
Castromao cun percorrido urbano a través da poesía pola vila de Celanova. Anualmente a recepción media de visitas escolares na Casa dos Poetas ronda os 50 centros de toda Galicia (aproximadamente uns 2.000 rapaces), actualmente, cando aínda se continúan a recibir solicitudes, a Fundación ten confirmada a visita de 60 centros de toda Galicia cunha previsión de 2.300 alumnos. En 2016 contan con 8
de faltas e increméntase levemente as infraccións penais sen delitos contra a seguridade viaria e as infraccións administrativas. Así mesmo descende o número de detidos e investigados. Os niveis de esclarecemento tanto de delitos como faltas está por riba do 70%. Dispositivo pola Festa do Boi Na xuntanza tamén se definiu o dispositivo de se-
guridade que se porá en marcha co gallo da celebración da Festa do Boi, que ano tras ano reúne a moitos visitantes. A este respecto, a Subdelegación foi informada dunha concentración de protesta por parte de colectivos animalistas o 22 de maio, de 12:30 a 14 horas na Barreira. Ao estar ocupado o espazo polas atraccións da feira, a Subdelegación recomendou o cambio de ubicación.
centros que participan por primeira vez nesta actividade, entre os que destaca o Instituto Español Cañada Blanch de Londres, cuxos alumnos coñeceron Celanova este 6 de maio. Ademais, este ano a novidade do programa ofrecido consiste na incorporación da visita dun espazo emblemático vinculado á obra de Celso Emilio
como é o espazo no que popularmente se cre que estivo preso no Mosteiro de Celanova. A cela coñecida por ser lugar de inspiración para o poema ‘Longa noite de pedra’ é en realidade o antigo arquivo do Mosteiro, unha estancia de pedra para evitar que un incendio destruíra os códices gardados.
Estudantes do Instituto Español Cañada Blanch de Londres, na praza Maior de Celanova.
4 Só se realizará noutros 9 recintos de toda España. Redacción A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, salientou nunha visita á praza de abastos de Celanova a importancia na dinamización económica da vila deste recinto, que nos últimos anos está a ser obxecto dunha fonda transformación que lle está a permitir consolidarse como unha infraestrutura clave para o comercio da localidade. Neste sentido, Vázquez Abeal, que estivo acompañada polo alcalde celanovés, José Luis Ferro, salientou que grazas á colaboración da Xunta e o Concello o mercado vén de ser seleccionado polo Ministerio de Economía e Competitividade para a elaboración dun estudo de viabilidade e técnico comercial de proposta de rehabilitación e modernización. Esta actuación, que vai realizar a empresa públi-
ca Mercasa, suporá, tal e como salientou Vázquez Abeal, un novo impulso ao proceso de modernización que está a vivir o mercado celanovés, achegando as claves para continuar mellorando a praza da localidade ourensá e incrementando a súa rendibilidade. A de Celanova é a única praza galega que vai participar neste programa, xunto con outros nove mercados de toda España. A Xunta, que impulsa as prazas de abastos como pezas clave do comercio de proximidade, está a traballar no novo Plan de Mercados Excelentes que contará con medidas centradas en eidos como a mellora da imaxe e a atención ao cliente, os servizos e os equipamentos, así como iniciativas para reforzar o emprendemento.
O estudo mellorará a rendibilidade do mercado celanovés
Sol Vázquez visitou a Praza de Abastos de Celanova xunto ao rexedor municipal, José Luis Ferro./M.R.
CELANOVA E COMARCA
entrevista a JUAN HERVELLA-rego - DIRECTOR DA CURTA “SHARE O NO SHARE”
“Conseguín unha peza coa que me sinto identificado, son eu de principio a fin” 4 Esta curta será presentada no Festival de Cans. R. Torres / S. Nieto Formado en Benposta, en canto caeu unha cámara nas súas mans comezou a practicar por libre no mundo do audiovisual. Emigrou a Madrid, traballou en televisión e estudiou na Escola de Cristina Rota (pero deuse conta que ser actor non era o seu). Máis tarde –cando cumpriu a maioría de idade- formouse para ser especialista de cine na escola de Ángel Planas. Logo chegaría o momento de adentrarse nas curtametraxes.Coa única bagaxe de “The Doom”, foi nesta – “Share o no share”- coa que aprendeu a facer de todo. Falamos con Juan Hervella-Rego –Juanchis Lee nos seus anos mozos-. Como xurdiu esta curta? J.H.: “Ía un día pola rúa facendo xogos de palabras. Era cando o programa Gran Hermano non era a merda repetitiva que é hoxe e veume á cabeza o Gran Rumano. A partir de aí o resto saiu deseguido. É a historia dun reality show sobre seis inmigrantes que queren acadar o permiso de residencia. Ocorréuseme fai moito tempo, hoxe por hoxe xa non é tan estraño; iso significa que a televisión, por desgraza, avanzou cara a inhumanidade. Isto mestureino con outra historia de pelexas... senón hai hostias é coma se non fora meu. Foi a historia medrando, metinme nela e ao final remateina”. Tardaches moitos anos en completala, que pasou? J.H.: “Tardei moito. A ignorancia é moi atrevida. Cando eu me decidín a rodar tiña un guión no que se me foi a man, era moi complexo poder plasmar as escenas, o que escribira, non se podía facer. Tiven que afastarme do mundo, encerrarme. Editei unha versión imposible de 47 minutos que non tiña nin pés nin cabeza. Despois o director Miguel Ángel Lamata axudoume a editala vía telefónica. E deixámola en 19 minutos que é o que dura agora”. Como foi traballar con acto-
“Non sei en que orde pero proxectarase en Ourense e Celanova, e quero que sexa pronto”, confesounos
res como Luis Tosar, Luis Zahera…? J.H.: “Imaxínate, tiña unha versión dos personaxes que en realidade eran moito menos profundos dos que eles poderían agardar así que non se esperaba unha interpretación ao “Sonrisas y lágrimas”. A veces sentíame cohibido á hora de dirixilos, pero eles axudáronme moito. Sobre todo aprendín moito”. Nas túas curtas hai moita acción. Estás cómodo nese xénero? J.H.: “É o que mellor sei facer. Como espectador gústame de todo, pero vendo acción foi como me namoreime do cine. Por agora é o que quero facer”. O primeiro título para este traballo era “Enemicísimo”, por que o cambio? J.H.: “Ao rodalo da maneira no que o rodei, ao facelo a tiróns, a historia foi cambiando tanto… “Enemicísimo” ía moi ben para a historia orixinal. Din que os títulos hai que escollelos ao final e eu collérao antes de gravar. Finalmente derivou en “Share o no share”, pero desde logo non pretendo emular a Shakespeare xamais”. Como recibes a nova da proxección da curta en Cans? J.H.: “Feliz ata a morte porque o Festival de Cans é, para min, básico e esencial. Creceu empezando do freak e anecdótico, pasou a ser un pouco a meca do audiovisual galego. Alfonso Pato, director do Festival, interesouse pola miña curta xa desde o principio, cando estaba rodando, e cando dirixía o glorioso programa “Onda curta” enviou a Ourense a uns reporteiros a facer unha reportaxe do tema e incluso proxectara un tráiler antigo deste traballo en Cans. Non sabía se o ían seleccionar porque a competencia é moi dura. Vin traballos que estarán presentes que son moi bos”. Como vai ser a túa presenza no Festival? J.H.: “Tentarei estar todo o que poida. Cans é un festival no que mo paso moi ben; espero ver as demais curtas e conto con que se achegue parte do elenco do meu traballo. O director Dani de la Torre forma parte do xurado, a ver se empatiza ao ser unha cinta de acción,
Juan Hervella-Rego, director de “Share o no share”./RAMSÉS.
En canto a traballar con actores como Luis Tosar ou Luis Zahera, confesa que “setíame cohibido á hora de dirixilos, pero axudáronme moito” na que está presente Luis Tosar… (risas)”. E a partir de agora? J.H.: “Agora estamos en trámites de movela cunha distribuidora e comezar a ofrecela a distintos festivais”. Cando a veremos en Celanova e en Ourense? J.H.: “Iso é. Ademais en Ourense e en Celanova. Non sei aínda en que orde pero si nos dous lugares. Celanova é moi importante porque aquí (estamos facendo a entrevista en CasAberta) o rematei física e moralmente. E pasala en Ourense gustaríame moito xa que grabei a maior parte alí, ademais de en Vilanova dos Infantes e en Madrid. Quero que sexa pronto; agora estou un pouco saturado polo de Cans, pero despois poreime a iso”. Gustaríache unha estrea como na anterior curta, na que subiches ao escenario e pediches perdón polo que ían ver? J.H.: “Neste vou sobrado para
pedir perdón, para facer penitencia e incluso chorar no ombreiro dalguén polo meu mal cometido. Pero esta vez non vou pedir perdón xa que, ao contrario que con “The Doom”, esta vez conseguín unha peza coa que me sinto identificado, son eu de principio a fin. Así que non vou pedir perdón por existir (risas)”. Como evolucionou Juanchis Lee a Juan ou “The Doom” a “Share o no share”? J.H.: “Sobre todo á hora de ver películas. Vin tantas que vas desenrolando o gusto; canto máis ves máis podes comparar e máis fino se volve o teu gusto. Pero enorgullézome de ser máis ou menos o mesmo. Cambiando a praza de Callao pola do Ferro pode dicirse que me purguei”. Sínteste liberado? J.H.: “Si, aínda que non de todo porque non vin voar a curta e non vin a súa traxectoria. Agora toca unha fase de distribución que non coñezo e que estou descubrindo. Pero si que estou liberado; estou dixerindo o proceso e
Barrios Maio de 2016
17
espero dixerilo por moito tempo, eso significaría que a traxectoria é boa”. Pensaches que ía quedar no caixón? J.H.: “Si, e creábame moita angustia. Rematei o traballo e vía que non funcionaba; ata pensei: acabouse. Tentei sacar outros proxectos; entre eles tiña un traballo duns soldados nun bosque esperando que os atacaran en calquera momento. Era unha historia moi escura, que era coma me sentía naquel momento. Pero con cada cousa que tentaba sacar víñame á cabeza esta curta e diciame: como podo facer nada sen rematar isto? Tiven que verme no punto de pensar que ía a existir unha vida sen rematar este traballo, pero a ver que emprendía eu... Era unha lousa nas miñas costas. Silvia –a súa parella- axudoume moito e díxome que tiña que rematala por unha cuestión terapéutica. Logo veu Miguel Ángel Amato que me dixo que se me poñía a elo el me axudaba. A partir dese momento comezou un proceso –montala, recurtar esceas, efectos especiais,- que durou tres anos”. Tes outros proxectos audiovisuais? J.H.: “De momento non, a non ser que se me dea por gravar algunha bizarría desas . Pero si que é certo que escribo moito, e teño diferentes guións en diferentes fases; e agardo ter a oportunidade de mostralos. Son historias de distinto tipo, unha é sobre a caza do lobishome en Celanova, outra sobre un home que é contratado para vivir un inferno... Tiña outra historia, pero tívena que tirar para atrás porque trataba do roubo da Virxe do Cristal; titulabase “Diario dun montuno”, e nela roubaban a virxe e tres montunos recuperábana e remataban como heroes, nesta non morría ninguén, pero lamentablemente polo que aconteceu na realidade non verá a luz”. Non faltará no OUFF J.H.: “Claro, ao Festival de Ourense mandareina. É como mal karma non facelo”. Trala entrevista imos cara a praza Maior de Celanova para realizar as fotografías; rematamos, despedímonos e marchamos cara lados distintos. Mentres nos distanciamos xa me tarda a estrea da curta en Ourense e/ou Celanova para vela. Son moitos os anos que sabemos desta obra e por fin está preto o día na que a veamos nunha pantalla. Despois de vernos de novo, Hervella paréceme a mesma persoa que coñecín cando estaba a presentar a súa primeira curta; vitalidade a raudais e un punto de hiperactividade. Os malos tragos xa pasaron, toca gozar desta etapa de promoción e do seu traballo.
18
Barrios Maio de 2016
CELANOVA E COMARCA
Medio millón máis para as parcelarias de Cartelle 4 A conselleira de Medio Rural visitou as obras en Mundil. Redacción
Un dos 22 grupos de música e danza tradicionais que participaron na romaría./RAMSÉS.
Homenaxe aos segadores na Romaría Raigame 4 Un novo 17 de maio, Vilanova dos Infantes fixo revivir a vida de comezos do século XX. P. L. Despois de que o ano pasado se convertera nunha homenaxe ao párroco de Vilanova, Adolfo Enríquez, e á figura da Virxe do Cristal, Raigame volveu en 2016 con máis forza. A cita foi o 17 de maio, festividade das Letras Galegas, en Vilanova dos Infantes, Celanova, cun amplo programa de actividades que encheron de rebumbio e vida o burgo medieval. O bo tempo acompañou, e a presenza de romeiros foi constante durante toda a xornada.
Como apuntara a organizadora da romaría, Mariló Fernández, Raigame é máis que unha festa, “é poñernos na pel da xente de finais do século XIX e comezos do XX”, e así, estiveron presentes en Vilanova oficios como os canteiros, oleiros, telleiros, carpinteiros… pero tamén xogos populares, música e danza, e como novidade, un taller de costureiras tradicionais. Na parte cultural, houbo exposicións, ambientación nas rúas a cargo de gaiteiros, música popular, títeress, e teatro baseado nun
A Consellería do Medio Rural destina este 2016 máis de 500.000 euros para seguir avanzando nas parcelarias da zona de Mundil e San Tomé, ambas no concello de Cartelle. Así o destacou a súa titular, Ángeles Vázquez, durante a súa visita ás obras. Así mesmo, sinalou que a reestruturación parcelaria é fundamental para o despegue socioeconómico do rural ga-
lego en xeral e do agro en particular, posto que per-
Ángeles Vázquez durante a súa visita a Mundil./RAMSÉS.
Iniciativa solidaria de Nosolobicis
texto de Manuel María, a quen este ano se lle dedicaba o Día das Letras Galegas. Homenaxes Na 15ª edición desta romaría etnográfica, rendeuse unha especial homenaxe aos segadores ourensáns, conmemorouse o centenario da galeguización do topónimo de Vilanova colocando unha praca recordatoria na localidade. e entregouse o premio honorífico “Adolfo Enríquez” ao historiador Clodio González.
mite a redimensión das explotacións agrogandeiras, facéndoas máis rendibles, sustentables e competitivas no mercado. A concentración parcelaria de Mundil afecta a unha superficie de 885 hectáreas; e a de San Tomé, a 1.719. O investimento realizado en total pola Xunta no concello de Cartelle ascende a preto de 10 millóns de euros.
Mari Carmen Durán, xerente de Nosolobicis, cunha das biciletas doadas./M.REJO.
A tenda Nosolobicis de Celanova vén de lanzar a iniciativa solidaria “Un neno, un sorriso”, coa que animan a quen teña bicicletas na casa que non utilice a entregalas no seu local. Eles arránxanas e entréganas a Cáritas e Cruz Vermella, para que sexan repartidas entre as familias máis necesitadas da comarca en cumpleanos ou Nadal, para que ningún cativo quede sen regalo. Todos os que desexen colaborar, poden facelo ata finais de ano.
PUBLICIDADE
Barrios Maio de 2016
19
20
Barrios Maio de 2016
DEPORTES
Iván Feijoo, prata en Portugal
O Verín Futsal, campión galego
4 Varios podios no Open galego para o CC Maceda.
4 Na categoría alevín.
Redacción
demia Postal - Actyon disputaron a proba de Mugardos (O Ferrol) do Open de Galicia de BTT XCO da localidade. Román Saa, en júnior, lograba unha vitoria que o afianza no seu liderato no Open. Os cadetes Carlos Canal (homes) e Antía Martínez (mulleres) tamén lograron a vitoria nas súas probas; Antía segue ao fronte da clasificación. Ademais, subían ao podio Marcos Villar, terceiro en sub 23; Abel Franco, terceiro entre os júnior; Xiana Conde, terceira en elite; e Hugo Vázquez, terceiro cadete.
O Verín Futsal gaña o Campionato de Galicia de fútbol sala na categoría alevín. O equipo das Escolas Deportivas do Concello de Verín venceu por 6-0 ao Ex-alcohólicos (A Coruña) na final do torneo celebrado o domingo 8 de maio en Verín; proclamándose deste xeito como campión autonómico. A final disputouse no pavillón da Granxa, ao
Molgas Pola súa banda, Carlos Canal proclamouse campión de Galicia cadete, na especialidade de contrarreloxo individual en estrada, nos campionatos celebrados na localidade de Baños de Molgas.
4 Prevista para o 4 de xuño.
A pasada fin de semana o Club Ciclista Maceda tivo aos seus deportistas en varios frontes. O júnior Iván Feijoo participaba na proba internacional da Taça de Portugal. O ciclista ourensán lograba a segunda posición facéndose deste xeito cuns moi valiosos puntos UCI. Open Galego Os integrantes do Aca-
Carlos Canal.
Carreiras populares para estas datas 4 Celanova, Bande, Xinzo e Molgas son as vindeiras citas. Redacción Varias son as carreiras populares que terán lugar na provincia nas próximas semanas. A primeira delas é este domingo 22 de maio, o IV Desafío Solidario San Mamede. A carreira, de 21 quilómetros, terá a súa saída dende a praza onde está ubicado o centro social de Castro de Escuadro, dentro do Concello de Maceda. Tamén haberá unha andaina Bande O 4 de xuño será o turno da III carreira popular
Vía Nova - Concello de Bande. A inscrición está aberta (championchipnorte.com) ata o 2 de xuño ou ata completar os 400 inscritos. Ás 19 horas comezarán as probas escolares e ás 20 a absoluta (de 8 quilómetros). Celanova Sete días máis tarde a carreira nocturna de Celanova chega á súa 13ª edición. As nove da noite as probas escolares e a partir das 22:30 horas será a absoluta (7.800 metros). A inscrición (en championchipnorte ) está aberta ata o 9 de xuño.
Redacción
que os integrantes do Verín Futsal chegaron tras eliminar previamente ao
O 4 de xuño está previsto que se celebre a XIX andaina de Allariz (que conta dun percorri-
EN BREVE
Máis torneos Tamén se disputou no val do Támega a fase final de categoría benxamín, na que se alzou co título o Parrulo, que gañou na final por 8 a 2 ao Carballiño.
O martes 17 de maio celebrouse no hipódromo de Antela unha xornada de carreiras de cabalos. Sun, Ocean, Dapostrafe e Peon Ford gañaron en trote enganchado. Riu Falcón, Jokan Pelayo e La Cañiza foron os vencedores das carreiras.
4 Hípica
4 Verín C.F.
O equipo alevín de Verín Futsal, campión de Galicia.
Inscrición aberta na andaina de Allariz Redacción
Poio FS/Cios (Pontevedra).
do 50 quilómetros a realizar en 12 horas). As inscricións estarán abertas ata o 31 de maio e ten un prezo de 15 euros; estas poden realizarse na
piscina municipal de Allariz (teléfono 988 44 20 83, e-mail: piscina@ allariz.com), en deportes Redonet (rúa Ervedelo, 21 -Ourense- ou no teléfono 988 22 26 92 ou fax 988 22 59 60). O número máximo de participantes será de 1.000. O comezo, ás 9 horas, será na Alameda de Allariz. O percorrido estará convintemente sinalado.
O Verín C.F. será equipo de Rexional Preferente tralo descenso de categoría deste ano. O seu presidente, Zubiela, seguirá como máximo mandatario ao percibir que ninguén quería coller as rendas do club, o cal ten aínda unha débeda de 20.000 euros para facer fronte aos pagos pendentes desta tempada.
4 Desafío 42 Maceda, Ourense e Allariz acolleron a pasada fin de semana a terceira edición do Desafío 42. Os participantes percorreron a distancia dun maratón (42,195 metros) nas probas das tres localidades. Hassan Lekhili e Sonia Teijeiro foron os vencedores.
Xinzo Outra das clásicas do mes de xuño é a de Xinzo de Limia. Prevista para o día 18 dese mes, está pendente de abrirse a inscrición. Molgas Un pouco máis tarde no tempo, o 30 de xullo, celebrase a IX edición da carreira popular San Salvador de Baños de Molgas. As 19 horas empezará ca carreira de pitufos (150 metros; ás 19:15 será o turno de benxamins e alevins (750 metros); ás 19:30, dos infantis e cadetes (2.300 m); e ás 20 horas a proba absoluta (7.000 m).
Este domingo 22 de maio terá lugar o IV Desafío Solidario San Mamede
Del Bosque con rapaces no remodelado campo Cardenal Quiroga de Maceda./M. REJO.
Vicente del Bosque, en Maceda O seleccionador nacional de fútbol,Vicente del Bosque, estivo o mércores 27 abril en Maceda. Os motivos foron varios. O seleccionador realizou unha visita ao Concello para asinar no libro de honra e posteriormente descubriu unha praca dunha rúa céntrica da vila que levará, a partir de agora, o seu nome. De seguido, foi o encargado de inaugurar o remodelado campo Cardenal Quiroga, que pasa de ser de area a céspede artificial. Alí estiveron presentes un milleiro de escolares de Maceda e arredores. A apretada axenda levouno tamén ata o castelo de Maceda, onde ofreceu unha charla a adestradores galegos. A homenaxe rematou cun xantar.
PROVINCIA
Axudas da Deputación a concellos Redacción A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou axudas por importe de 1.962.296 euros destinados a asociacións e a concellos da provincia. Entre eles, o Concello de Allariz recibirá 6.000 euros para escavacións no Castro de Armea; o de Porqueira, 27.000 euros para a adecuación da instalación eléctrica para a piscina municipal; o de Riós, 13.648 euros para a iluminación pública en Valfarto; o de Vilar de Santos, unha axuda de 12.000 euros, para gastos de funcionamento e mantemento do Museo da Limia. Finalmente, o Concello de Xinzo recibirá dúas axudas: unha para proxectos de dotacións artísticas nas rúas por importe de 40.000 euros, e outra para o proxecto Xinzo 5G, por valor de 16.698 euros.
Expourense acollerá por primeira vez un “Car Outlet” 4 Do 20 ao 22 de maio no recinto feiral ourensán. Redacción Os datos indican que en Galicia por cada coche novo véndense dous
de ocasión, incluíndo tamén as compras entre particulares. E tendo en conta a importancia que o sector da automoción ten
na provincia, Expourense e a Asociación de Concesionarios de Automóviles da provincia (ACAUTO), decidiron organizar por
Gerardo Aragonés, Ramón Seijas, Alejandro Rubín e José Manuel Nogueira, na presentación do “I Car Outlet”.
Barrios Maio de 2016
21
primeira vez un “Car Outlet”, que se desenvolverá no recinto feiral ourensán entre o 20 e o 22 de maio.
Axudas ás festas de interese turístico galego
300 vehículos Un total de 24 marcas estarán representadas a través dos 15 concesionarios acollidos a ACAUTO que participarán como expositores nesta cita, que reunirá máis de 300 coches con ofertas moi especiais. A oferta presentada neste salón será ampla puidendo atoparse kilómetro cero, seminovos, de xerencia e segunda man, de entre 1 e 6 anos, e prezos a partir de 3.500 euros, aínda que o “vehículo tipo” nesta cita será o do mercado de ocasión en España, isto é, un coche que ronda os 13.000 euros e que conta con ata cinco anos de antigüidade segundo datos da Federación de Asociacións de Concesionarios. O horario de apertura do salón será venres de 11.00 a 20.30 horas, sábado de 10.00 a 20.30 horas e domingo, de 11.00 a 20.00 horas.
Redacción Turismo de Galicia subvenciona con 45.000 euros a 15 concellos da provincia que celebran festas declaradas de interese turístico galego. A Xunta outorga 3.000 euros a cada unha das seguintes festas: a Festa da Castaña e do Cogumelo, en Riós; a Romaría da Saínza, en Rairiz de Veiga; a Festa do Pemento de Arnoia; a Festa do Pemento de Oímbra; a Festa do Peixe, en Bande; os entroido de Laza, Vilariño de Conso e Maceda; o Folión do Entroido de Manzaneda; a Festa da Androlla, de Viana do Bolo; a Festa de Exaltación do Pan de Cea, A Feira do Viño do Ribeiro, en Ribadavia; a Festa dos Maios, en Ourense; a Xuntanza Internacional de Gaiteiros, en Monterrei; e, a Romaría Etnográfica Raigame, en Celanova.
22
Barrios Maio de 2016
4AXENDA Exposicións - 20 de maio - Inauguración da exposición “A Festa do Boi: a mirada dos nenos” - 20:30 h. Fundación Vicente Risco de Allariz - Ata o 25 de maio Exposición “Unha porta no Rial” - Sala de Exposicións de Verín Cine - 20, 21 e 22 de maio - Proxección de “Ratchet & Clank” e “Triple 9”- Sesións ás 17, 19:15 e 22 h - Casa da Cultura de Verín Teatro - 20 de maio - Sarabela Teatro: “Nola e María na Terra Chá” - 18 h - Biblioteca de Verín Música - 21 de maio - Petiscos Musicais - 21 h - Fundación Vicente Risco de Allariz - 26 de maio - Concerto de alumnos do Conservatorio -10 h - Verín Deportes - 4 de xuño - XIX Andaina de Allariz - 5 de xuño - II Andaina Solidaria de Xinzo Festas e Feiras - Do 21 ao 29 de maio - Festa do Boi en Allariz - Todos os xoves - Feira en Celanova - 23 de maio - Feira en Verín - 24 de maio - Feira en Xinzo - 1 de xuño - Feira en Allariz Outros -19 de maio - Presentación do libro “A Edreira. El última bastión de la resistencia en Ourense” de José Domínguez - 19:30 h - Biblioteca de Verín - 20 de maio - Presentación do libro “Xinzo de Limia na memoria” de Edelmiro Martínez Cerredelo - 20:30 h - Casa da Cultura de Xinzo - 28 e 29 de maio - Xornadas de Portas Abertas na DO Monterrei -Ata o 1 de novembro Festival Internacional de Xardíns de Allariz www.periodicobarrios.com
OCIO E CULTURA / ARTIGOS
4DESDE A PONTE... ... A MONTERREI
Os 70 Agora que a noite está rendida, e a madrugada é a miña compañeira, a maxia do pensamento xorde coma unha bendición, e alivia a miña alma, cando as verbas comenzan a brotar das entrañas, e poder escribir estas letras. De súpeto, mirando cara ao ceo, vexo as estrelas do maio florido, e penso en vós, nas fermosas damas do val de Monterrei, as flores do Támega. Imaxínovos mozas, inxenuas, e inocentes, cheas de vida, e coa ilusión impoluta, acollidas no amor das vosas vidas, naqueles amores verdadeiros, amores perpetuos e puros, que fixeron que o impulso de namorarse non tivera caducidade. Era a época dourada dos setenta, aqueles setenta de pasodobre e de guateque, de verbenas e xoldas inesquecibles. Lembranzas dun tempo millor, mulleres doces e fortes, as nais incansables da miña xeración, creativas e valentes, dandoio todo, para criar os fillos en tempos dificiles e complicados, mulleres atrevidas e con carácter, mulleres dos setenta. Quixera rendervos esta homenaxe, a todas vós, as que estades lendo estas humildes letras que de seguro non son dabondo para expresar todo o que eu quixera. Agora, que a vida ponvos noutras andanzas, e que aquelas mulleres de 20 anos, aquelas nais novas e inespertas, sodes agora as avoas mais chulas do planeta, as avoas das cores, da liberdade, as avoas dos contos interminables e das noites eternas, as avoas comprensivas e astutas, as meigas dos nosos soños.
Agora é tempo de gozar, engulir os acontecementos que se presenten por diante, sen mirar cara a atrás, sinxelamente disfrutar, de todo e de todos, non hai tempo para o resentimento e a dúbida, eé tempo de botarse cara a adiante e beber a groliños a vida. Sei a boa fe, que nestes días estades argallando unha xuntanza de fraternidade, esas xuntanzas, nas que de seguro, voltaran aparecer as lindas historias do pasado, aquelas fermosas andanzas que levades cravadas no corazón, e que nestes intres especiais, sempre se sacan do interior, apra poder manter intacto, o patrimonio inesquecible dun tempo vivido. Setenta, si, setenta.... as mamás dos setenta, que agora tedes setenta, sodes as musas da noite, as raíñas do luar, as donas do mundo. Setenta, é un longo camiño andado, é a sorte de percibir a madurez dun xeito divino, é un tesouro recollido do ceo, é a virtude de saborear as bágoas salgadas, que caeron polas ledicias e polas tristuras, é o cumio da mirada, é porse o mundo por monteira. Queridas sereas das mareas en calma, gustaríame que gozaran en plenitude da xuntanza, e que por unha noite, voltasen ser as bolboretas inquedas do val de Monterrei, e que as cantigas da amizade saian nítidas das vosas gorxas, e nun acto de xenerosidade brinden polos vosos nenos, para que a providencia nos deixe algun dia gozar e sentir a única e doce sensación de cumprir os setenta. Parabéns e bicos para todas. Miguel A. Prieto “Chitín”
4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA
Solidariedade Ser solidario é por riba de todo respetar e compartir. Vivimos nun mundo moi complicado, onde as persoas viven megulladas nunha vida egocéntrica que nos condena á soidade. É fácil ser solidario coas persoas pobres que non teñen nada que comer e que vestir, mendigan o pan para sobrevivir e son humildes de corazón. Mais o maior desafío é tolerarmos, comprendermos os outros tipos de miserables, de persoas mesquiñas, insensatas, envexosas e os que nos fan ata mal. A solidariedade pode vir de varias formas. Sexa no impulso por
causa dunha traxedia, sexa en forma de traballo voluntario ou até mesmo día a día no trato coas persoas. Investigacións indican que os xestos voluntarios altruístas estimulan a ledicia, alivian as tristezas e aumentan a inmunidade evitando doenzas. A axuda desinteresada tamén se reflicte na identidade persoal e social. Aumenta a autoestima, e introduce sentido ás nosas competencias. Recompénsanos co pracer de contribuír á felicidade dos nosos semellantes e nos dá o pracer da melloría da felicidade. João Damião
Noite de Fiadeiro en Ramirás Redacción A Asociación Cultural Rebulir, en colaboración co Concello de Ramirás, teñen practicamente ultimados os preparativos da que será a 10ª edición da Noite de Fiadeiro. Esta festa ten por obxectivo recuperar a esencia dos antigos fiadeiros da comarca onde os mozos xuntábanse para cantar, bailar, ou simplemente gozar dun ambiente festivo. A cita terá lugar o sábado 28 de Maio en Vilavidal, sendo o lugar de San Andrés o centro neurálxico das actividades, que comezan ás 11 da mañá e rematarán pasada a medianoite.
Asistentes á gala, no exterior da Casa da Cultura de Verín, onde se despregaron dúas faixas alusivas a Manuel María./CdV.
Gala Músico-Literaria das Letras Galegas A Casa da Cultura de Verín foi o lugar onde se desenvolveu este 17 de maio a Gala Músico-Literaria das Letras Galegas. Nela entregáronse os premios do Certame de relato curto Antonio Fernández Pérez e do Certame de poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez, e realizouse unha homenaxe ao escritor Manuel María. No certame de relatos foron finalistas 39 traballos de alumnos do CEIP O Castiñeiro de Laza, CEIP Amaro Refojo, Colexio Privado Plurilingüe María Inmaculada, Colexio Apostólico Mercedario, IES Castro de Baronceli e IES Xesús Taboada Chivite, mentres que no concurso de poesía chegaron á fase final 33 poemas de estudantes dos mesmos centros. Todos os finalistas recibiron un lote de libros e un diploma acreditativo. Ademais, os traballos seleccionados como primeiro premio obtiveron 90 euros; os segundos, 60; e os terceiros, 30 euros. O acto pechouse coa colocación de dúas pancartas no exterior da Casa da Cultura alusivas ao autor homenaxeado nas Letras Galegas, a interpretación do seu poema “O Carro”, e a actuación da Banda de Gaitas do Concello de Verín.
CLASIFICADOS
Barrios Maio de 2016
23
BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios. com. Distribúe: Visual. Imprime: Publicaciones Tameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro. Colaboracións: Joao Damiao, Borys Martínez, Miguel A. Prieto Sotelo, Silvia Nieto, Andrés Diz. Nº25 - Ano: XI - Maio 2016 - Difusión: 15.000 exemplares. Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 045 352.
4TELÉFONOS DE INTERESE
4CLASIFICADOS
ALUGUER/VENDA Véndese pequeno soar en ruínas e 18 fincas rústicas no pobo de Reparada (Muiños). Prezo 2.000 euros. Tel. 636 329 524. Véndese casa de dúas plantas en León de Villamarín. Tel. 988 615 263 e 676 758 819. Vendo edificio residencial próximo a Ourense, sen intermediarios. Tel. 690 795 379 Cámprase finca preto de Ourense, non urbanizable, económica. Interesados chamar ao 630 030 642. Cómprase casa pequena con horta preto de Ourense, económica. Interesados chamar ao 630 030 642. Vendo finca en Loiro. 3.000 m2. Con luz e auga. Tel. 687 628 628. Vendo finca de 10.000 m2 con granxa para cría de 100 terneiros con 300 metros de almacén. Con todo o necesario para a cría de animais con a PAC. Zona de Xinzo. Prezo: 140.000 euros. Tel. 686 540 087. Alugo apartamento en Montalvo. 1 e 2 habitacións, preto da praia, equipado (xardín, tumbonas, aparcamento), fronte ao mar. Tel. 607 27 19 16. Vendo apartamento con dúas habitacións, cociña americana, trasteiro e garaxe. A cinco minutos da praia. Tel. 636 422 497. Vendo piso en praza España (Vigo). Tres habitacións, cociña, baño, salón, garaxe e trasteiro. Urxe venda. Tel: 639 81 62 09. Alugo praza de garaxe fronte ao centro de saúde da rúa Valle Inclán. 50 euros. Tel. 636 329 524. Alúgase local de oficina na Ponte (Ourense) acondicionado, 25 m2, económico. Tel.634 95 06 59.
COMPRA /VENDA Vendo colchas de ganchillo. Tel. 988 23 06 69. Vendo sofa 3+2 e caldeira de calefacción de gas cidade seminova. Tel. 637 00 59 10. Vendo Citroen Berlingo 1.6 HDI 90cv., ano 2012, 78.000 km., 5 prazas, con gancho de remolque, AA, porta lateral, peche centralizado. 8000 euros. Peugeot 207 1.4 HDI 70 cv., ano 2012, 80.000km., 5 prazas, AA, regulador velocidade. 7000 euros. Ford Focus 1.8 TD 90 cv., impecable, todos os extras. 3900 euros. Renault Clio 1.5 DCI, 70 cv., ano 2012, 70.000 km., AA, regulador velocidade, todos os extras. 7000 euros. Nissan Terrano II 2.7 TD, 125 cv., ano 2005, todos os extras. 4900 euros. Volkswagen Golf IV 1.6 16 v., 105 cv., moi coidado. 2900 euros. Tel. 988 460 576. Vendo Opel Zafira 1.9 CDTI 150CV (7 prazas) acabado COSMO (todos os extras). Máis info e fotos no 607 20 34 81 (atendo WhatsApp)
Vendo máquinas recreativas (modelos vellos), máquinas de dardos (PRESAS), máquinas expendedoras de tabaco, etc. Tel. 607 20 34 81 (atendo WhatsApp). Ofrezo unha casiña pequena para restaurar moi próxima a Ourense a cambio de traballos de albanelería (restauración tellado, piso, encintar e dividir). Tel. 606 42 25 43.
EMPREGO Ofrécese señora de mediana idade, galega, para as tarefas do fogar, coidar persoas maiores ou calqueira tipo de traballo. Só media xornada. Tel. 659 129 142 Ófrecese señor para traballar de pintor -con 40 anos de experiencia- . Disponibilidade inmediata. Tel. 647 640 620. Licenciada en Traducción e Interpretación dá clases de inglés e francés, todos os niveis, individuais ou grupos reducidos. Tel. 664 59 06 04. Danse clases particulares de pintura artística, óleo, acuarela, pastel, acrílico, todos os niveis, máis de 40 anos de experiencia. Tel. 610 659 417. Fanse desbroces con tractor e a man. Tel. 630 521 448. Ofrécese señora para o coidado de persoas. Pode ser en casa ou no hospital. Con informes. Tel. 669 434 330. Danse clases particulares de piano, ideal para nenos e para iniciación. Tel. 667 985 171 (WhatsApp). Moi económico, fanse reparacións en fogar e negocios, carpintaría, mobles, persianas, etc. Tel. 656 782 460 Danse clases particulares de todas as materias de primaria, a domicilio ou presenciais. Tel. 666 743 660. Necesítase señora para coidar un matrimonio de persoas maiores e realizar tarefas do fogar. Tel. 630 03 06 42. Ofrécese home de 40 anos con experiencia e titulación para coidado de persoas maiores ou depedentes. Calquera horario. Seriedade. Tel. 685 56 46 81. Fanse desbroces con tractor ou a man. Bo prezo. Tel. 630 521 448. Impártense clases individuais personalizadas en Ourense. Materias curriculares de ensinanzas medias. Con CAP. Ampla experiencia. Económico. A domicilio. Contacto: clasesadomicilio2014@hotmail.com e 610 38 25 89
CONTACTOS Ofrécese mozo de compañía para mulleres de 40 a 60 anos. Danse masaxes eróticos. Prezo anticrise. Absterse de chamar homes. Tel. 697 79 59 28.
Comarca de Monterrei Concello de Verín Concello de Monterrei Concello de Oimbra Concello de Vilardevós Concello de Riós Concello de Castrelo de Val Concello de Laza Concello de Cualedro Comisaría de Policía Verín Policía Local Verín Bombeiro Verín Garda Civil Protección Civil Estación de autobuses Taxis - Parada Hospital Taxis - Parada Estación Autobuses Taxis - Parada Praza Merced Taxis - Parada Praza do Concello Ambulatorio Urxencias Ambulatorio Cita previa Hospital de Verín Cruz Vermella Correos e Telégrafos Rexistro Civil de Verín Rexistro da Propiedade Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Servizos Sociais Verín Cáritas Parroquial IES nº1 de Verín IES García Barbón I. Bacharelato X. Taboada Chivite CEIP Amaro Refoxo CEIP Princesa de España Comarca de A Limia Concello de Xinzo Concello de Porqueira Concello de Calvos de Randín Concello de Baltar Concello de Os Blancos Concello de Trasmiras Concello de Sarreaus Concello de Vilar de Barrio Concello de Sandiás Concello de Vilar de Santos Concello de Rairiz de Veiga Policía Local Xinzo Garda Civil Estación de autobuses Centro de saúde Xinzo Punto Atención Continuada Rexistro civil de Xinzo Rexistro da Propiedade Taxis - Parada Xinzo
988 410 001 988 418 002 988 426 160 988 417 004 988 425 032 988 419 002 988 422 002 988 424 004 988 414 123 988 411 612 988 590 206 988 410 005 988 412 121 988 413 516 988 414 342 988 411 812 988 410 385 988 411 113 988 410 800 988 413 460 988 413 636 988 411 600 988 411 038 988 410 387 988 410 737 988 410 703 988 410 253 988 414 776 988 410 679 988 411 212 988 410 379 988 410 041 988 411 425 988 410 128 988 550 111 988 466 102 988 434 000 988 466 503 988 467 506 988 445 000 988 454 002 988 449 001 988 465 001 988 465 883 988 465 552 988 462 425 988 462 361 988 460 309 988 462 200 988 462 456 988 46 0 188 988 460 209 988 460 309
Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Xulgado de 1ª Instancia Servizos Sociais Xinzo Cáritas Parroquial IES Lagoa de Antela IES Cidade de Antioquía CEIP Rosalía de Castro CEIP Carlos Casares Gardería Municipal Oficina Agraria Comarcal da Limia Comarca de Allariz-Maceda Concello de Allariz Concello de Baños de Molgas Concello de Maceda Concello de Paderne de Allariz Concello de Xunqueira de Ambía Concello de Xunqueira de Espadanedo Policía Local Allariz Garda Civil Allariz Centro de Saúde de Allariz Centro de Saúde de Baños de Molgas Centro de Saúde de Maceda Policia Local Maceda Garda Civil Maceda Parada taxis Maceda CEIP Padre Feixoo IES Allariz Gardería municipal Allariz Servicio Municipal de Augas Allariz Xulgado de Paz Allariz Comarca de Terras de Celanova Concello de Celanova Concello da Bola Concello de Cartelle Concello de Gomesende Concello da Merca Concello de Padrenda Concello de Pontedeva Concello de Quintela de Leirado Concello de Ramirás Concello de Verea Policía Local Celanova Centro de Saúde de Celanova IES Celanova CEIP Curros Enríquez Oficina Seguridade Social Celanova Xulgado 1ª Instancia Celanova Urxencias Sanitarias Cita previa Servizo Galego Saúde Teléfono maltratadas ITV Protección Civil Incendios forestais Fenosa (averías)
988 460 375 988 462 951 988 462 364 988 550 111 988 460 222 988 462 454 988 461 271 988 460 480 988 460 507 988 461 049 988 460 024 988 440 001 988 430 000 988 463 001 988 293 000 988 436 006 988 291 001 988 440 000 988 440 031 988 440 958 988 430 331 988 463 370 696 511 038 988 463 084 988 463 204 988 440 825 988 440 036 988 440 219 988 440 004 988 440 704 988 431 481 988 433 768 988 491 111 988 485 000 988 260 000 988 494 783 988 495 005 988 493 500 988 491 523 988 430 600 988 431 806 988 451 736 988 431 290 988 431 725 988 553 055 988 431 482 061 902 077 333 016 902 309 000 112 085 988 222 222
Barrios Maio de 2016