[Páx. 2]
Entrevista ao concelleiro de Servizos Xerais e Promoción Económica, Jorge Pumar TEMA DO MES Páx.3
BARRIOS
Fracasa a petición de dimisión do alcalde por parte de DO
Instan a executar actuacións urxentes no barrio do Pino
[Páx. 6]
Páx.4
ESPECIAL Páx.13-15
CULTURA
Coida a túa saúde cos consellos do noso especial
A Festa dos Maios repartirá 1.700 euros en premios
Posta en valor da ponte Romana
Páx. 16
DEPORTES Páx. 22 O COB quere forzar o cuarto partido do playoff
[Páx. [Páx.16] 9]
Linorsa, Abre La en concurso Molinera
Comezaron as obras de renovación da calzada e da iluminación da ponte Vella . // As traballadoras da empresa de limpeza Linorsa concentráronse os últimos días na praza Maior para reclamar que a empresa lles abone os salarios que lles adebeda./R.TORRES e P.LODEIRO.
Número: 16- Ano: XV - Abril 2016 - Depósito Legal: OU 15-2015 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de maio. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190
OURENSE POR Barrios Abril de 2016
ENTREVISTA
ENTREVISTA AO CONCELLEIRO DE SERVIZOS XERAIS E PROMOCIÓN ECONÓMICA
“Non me gusta falar de plans de emprego faraónicos porque me parece enganar os desempregados” 4 Jorge Pumar prefire plans de emprego “específicos”, “cribles” e que a curto prazo “poidan ter un rendemento”. Paula Lodeiro Jorge Pumar é concelleiro de Servizos Xerais e Promoción Económica no Concello de Ourense, cargo que compaxina co de vicepresidente segundo da Deputación Provincial e co de vicesecretario xeral do PP de Ourense. Acaba de abrir ao público o Centro de Coñecemento A Molinera, era un reto como concelleiro? Jorge Pumar: “A verdade é que si, porque non é fácil que a nove meses de estar no Concello, co mesmo orzamento e persoal, poder abrir unha nova instalación e ao mesmo tempo aforrar diñeiro, porque estamos a deixar de pagar 30.000 euros que pagabamos polo aluguer da aula CeMIT da rúa Progreso, e a min non me entraba na cabeza dicir como é posible que esteamos a pagar 2.000 euros para un centro de novas tecnoloxías tendo a Molinera pechada? E o que estou a buscar nestes primeiros meses é potenciar o nome da Molinera, un edificio que tiña unha marca negativa, por todo o que pasou, polo en positivo e facer xornadas de potenciación para que La Molinera sexa o que queiran os ourensáns, que dean ideas, e logo xa é a miña función buscar financiamento e recursos para levalo a cabo”. Entón non están definidos todos os usos da Molinera? J.P.: “Si, están definidos. A día de hoxe temos programación até o mes de xullo, e xa estamos a planificar todo o que vai ser de setembro a decembro, e isto tendo en conta que non temos partida orzamentaria para iso, estou a buscar acordos con fundacións e entidades bancarias para poder facer as actividades porque se non non teño maneira. E vai haber un espazo networking aberto a todos os cidadáns, vai haber un taller de robótica, outro de electrónica, unha persoa que queira facer un coworking tamén pode
ter o seu espazo, todos eses usos están establecidos, pero como é un edificio polivalente está claro que pode haber moitísimos máis usos”. Tamén este mes comezaba a funcionar a Lanzadeira de Emprego. J.P.: “Si, este luns púxose en marcha a primeira Lanzadeira de Emprego de Galicia que temos a sorte que sexa en Ourense, é un programa de emprego innovador. É un éxito de participación (218 solicitudes para 25 prazas) e creo que vai ser un éxito nestes cinco meses que vai durar, e que se vai a facer no Centro de Iniciativas Empresariais para tentar que a porcentaxe maior posible intégrese laboralmente”. Que outras iniciativas ten o Concello para promover o emprego na cidade? J.P.: “As políticas activas de emprego son competencia da Xunta de Galicia; nós, os concellos, o que facemos é colaborar, pór ferramentas para tentar xerar emprego, pero o emprego xérano os empresarios, as pequenas empresas, os autónomos, o comercio en Ourense. Como concello o que temos é que axudar a esas pemes, primeiro, que non desaparezan as que hai, e segundo, a aquela xente que teña unha iniciativa emprendedora tentar axudala. No Concello de Ourense non estamos para que a xente crea que aquí se xera emprego, estamos para tentar apoiar a que pasen da idea á acción e poidan crear a súa empresa. E para iso temos un Centro de Iniciativas Empresariais (CIE) con toda a infraestrutura necesaria, onde hai tres orientadores laborais e tres técnicos de emprego”. Están todos os niños do CIE ocupados? J.P. : “Hai nove niños e a día de hoxe só un libre. Unha ordenanza regula o seu uso; os custos son mínimos porque están equipados totalmente con mobiliario, equipamento informático, wifi.
zos Xerais, é un caixón de xastre? J.P.: “É o Concello por dentro, o que é a loxística: o mantemento de todas as instalacións municipais, o parque móbil, rexistro, estatística, a infraestrutura, o mobiliario. Como cargo público que son intento minimizar os custos o máximo posible e tentar facer unha xestión coma se fose a túa propia casa. Ás veces hai gastos que se poden aforrar e sobre todo xestionar. Como xestión teño que destacar o Plan de reestruturación de edificios municipais e que vai supor que neste mandato vaiamos aforrar ao redor de 800.000 euros. Non pode ser que teñamos alugueres como o da aula CeMIT ou o local de Dr. Marañón onde está Recursos Humanos que pagamos dous alugueres, que teñamos na rúa Arcediagos todo Servizos Sociais sen ter ascensor e tendo locais baleiros como podía ser a segunda planta do Concello, que a rehabilitamos e a día de hoxe xa está operativa, ou como pode ser a Cárcere da Coroa, que é un edificio que está baleiro”. Hai carencias no parque móbil municipal? J.P.: “Non vou negar que é un parque móbil que ten anos. A Policía Local ten demandado melloras, pero non só eles, tamén o piden as brigadas de medio ambiente e doutros departamentos. Na Policía Local acábase de facer un proceso de contratación por renting de tres vehículos, un tema que xestiona directamente a concelleira Flora Moure. Desde o meu departamento vemos que ao mellor o parque móbil necesita un restyling”.
Jorge Pumar é concelleiro de Promoción Económica no Concello de Ourense e vicepresidente da Deputación./P.LODEIRO.
“Todo proxecto que poidamos presentar e redunde en beneficio dos ourensáns presentarémolo, o non xa o temos” “Se estou nun cargo público é para cumprir e ter proxectos, non me gusta pasar o tempo” Animo á gente que teña unha idea a que o intente”. Rexeitan logo o Plan de emprego consensuado durante o mandato anterior por grupos políticos e axentes sociais e económicos? J.P.: “Non é que o descarte, nin moito menos. Non me gusta falar de plans de emprego faraónicos porque me parece enganar
á xente que por desgraza está desempregada. O que me gusta é o día a día, con plans específicos, cribles e que a curto prazo poidan ter un rendemento. Oxalá puidésemos conxuntamente coa Xunta de Galicia e cos empresarios ter unha partida específica para poder facer plans de emprego específicos”. Tamén leva a área de Servi-
Presentaron varios proxectos a convocatorias da UE. J.P.: “Si, eu teño unha máxima: que todo aquel proxecto que poidamos presentar e redunde en beneficio dos ourensáns presentarémolo, o non xa o temos. Estamos en cinco proxectos europeos: un, un macro proxecto que lidera a Deputación que é o “Conecta Ourense?”, onde estaría involucrado o Concello, a Deputación e os concellos limítrofes. Pode haber un antes e un despois para o desenvolvemento da área metropolitana de Ourense, pois estamos a falar de 18 millóns de euros e dunha programación de catro anos. Pénsase que poidan resolvelo no mes de xuño ou xullo. Os outros catro son programas POCTEP para o Norte de Portugal e Galicia. Cada un dunha liña diferente. Pénsase que se poida resolver no mes de outubro ou novembro. No caso de que veñan apro-
TEMA DO MES
bados Ourense vai ter durante estes catro anos moita actividade e moitos recursos para os cidadáns”. Tamén leva Cooperación Institucional, hai sintonía neste mandato con outras administracións? J.P.: “Pois si, sobre todo podo destacar a sintonía coa Deputación Provincial, hai un comité de cooperación permanente e grazas á Deputación puido sacarse adiante o Plan de Obras do concello, con obras tan importantes como a da rúa Concello. Iso é cooperación, non nun folio, senón con realidades”. Inflúe nisto o feito de que vostede estea nas dúas administracións? J.P.: “A miña máxima independentemente que esteas na Deputación ou no Concello é o cidadán, o importante é darlle servizo. O que quero é tentar resolver os problemas deles, que para iso estamos aquí. Se vén un colectivo e pódolle axudar dentro das miñas posibilidades no Concello xenial e se é na Deputación pois tamén. E o mellor é que entre as administracións cooperen para o desenvolvemento da cidade”. E como fai para compaxinar o cargo de concelleiro co de vicepresidente da Deputación? J.P.: “Pois moito traballo, as 24 horas do día. Gústame moito a planificación, teño establecidos os meus horarios e todos os días estou nas dúas administracións, mañá e tarde. É algo que me apaixona e gústame, cantas horas lle bote non hai problema ningún. Se estou nun cargo público é para cumprir e ter proxectos, non me gusta pasar o tempo; quen me coñece sábeo, e o que busco é o ben dos ourensáns e o ben de Ourense”.
OURENSE POR Barrios Abril de 2016
Fracasa a petición de dimisión do alcalde 4 O Partido Popular rexeitou a moción sobre a alta velocidade de Democracia Ourensana, que abandonou o pleno tras un altercado entre Gonzalo Jácome e Jesús Vázquez. P. Lodeiro A moción para que o alcalde de Ourense dimitise se non conseguía compromisos dun mínimo de 100 millóns de euros de investimento para a estación intermodal da cidade quedou en auga de borrallas. Nin Partido Socialista nin Ourense en Común apoiaron a proposta de Democracia Ourensana –por máis que dixeron compartir os seus argumentos, decidiron absterse- pero nin sequera houbo votos a favor, ao abandonar os de Gonzalo Pérez Jácome a sesión tras unha discusión co alcalde. Na súa segunda intervención, Jácome acusou a Jesús Vázquez de rirse cando el estaba falando dos emigrantes, e tachouno de “maleducado” e “senvergoña”. O rexedor chamouno ao orde, ameazou con suspender ao pleno, e pediulle que retirara os insultos, decidindo finalmente quitarlle a palabra. Acto seguido Jácome instou aos seus á abandonar a sesión plenaria extraordinaria que eles mesmos solicitaran. De aí que a votación final fose de 10 votos en contra (os do PP), e 9 abstencións (as de PSOE e OUeC). A este respecto, o rexedor negou que se rira dos emigrantes e enmarcou o comportamento de Jácome na busca dun “espectáculo”, “ao ver que os dous grupos (PSOE e OUeC) non lle entraban ao saco”. Martiño Xosé Vázquez de OUeC tamén o situou nunha “estratexia” de DO de buscar
Momento no que os edís de Democracia Ourensana abandonan o salón de plenos./P.LODEIRO. un titular na prensa. Ao finalizar a sesión Gonzalo Jácome ratificouse no dito, “ampárame a liberdade de expresión”, dixo. Ademais, acusou ao PSOE de ser “colaboracionista” co PP e afirmou que a súa postura no pleno deste martes será o seu “suicidio” nas eleccións autonómicas. Argumentos Mais non só houbo insultos no pleno extraordinario. A sesión comenzaba ás 10 da mañá con Pérez Jácome pedindo para Ourense “o mesmo que o resto de Galicia”, citando investimentos en Santiago de mil millóns de euros, na Coruña de 700 millóns ou en Vigo de 300 millóns. “E Ourense, que a estación intermodal son 65 millones orzamentados din que é moi caro”, apuntaba. O voceiro de Ourense en Común compartía a “indignación” de Pérez Já-
come pola “mala xestión” do PP, en particular no que se refire á falta de coordinación entre administracións, por canto que a Xunta xa licitou a terminal de autobuses sen coñecer o proxecto da estación de tren. Como xa anunciaran na véspera, OUeC optaría pola abstención porque non concordaban na cifra de inversións solicitada, nin en que se concretaran as características técnicas nin en que se puxera un límite de tempo (final de abril) ao rexedor para acadar os compromisos. O socialista José Ángel Vázquez Barquero tamén compartía o “malestar” e “cabreo” e mesmo “a filosofía” da moción de DO, pero recoñecía “elementos de discrepancia” (no referido ao investimento solicitado) que os inclinaban a absterse. Barquero afirmaba que a posición do PP neste tema “sempre foi unha posición errática, en-
tre o oportunismo político e a cicatería extrema”. Foi o edil de Urbanismo, Jesús Cudeiro quen defendeu a posición do grupo de goberno. Nunha intervención lida, afirmou que DO propuña esta moción ante a súa “incapacidade” de asinar unha moción de censura. Entrando no contido, defendeu que o PP quere “unha estación racional e economicamente viable”, que a súa postura é “construtiva e realista”, e considerou que o investimento que precisaba a estación de Norman Foster, que cifrou en 227 millóns de euros, é “un custo inasumible”. Cudeiro volveu insistir en que o que queren os ourensáns “é que chegue o AVE” e subliñou
que toda a operación “ao Concello non lle custará nada”. Pechou o debate Jesús Vázquez, que defendeu que “que este alcalde non berre, non monte espectáculos ou esboce un sorriso cando o insultan non significa que non defenda con firmeza os intereses desta cidade ante calquera sigla”. O político popular deu lectura a unha carta da ministra de Fomento en funcións, Ana Pastor, do 8 de abril, na que mantén o compromiso de presentar “nas próximas semanas” a proposta para a estación de Ourense. “Non temos motivos para desconfiar da palabra da ministra”, rematou.
Nunha carta do 8 de abril a ministra de Fomento en funcións mantén o compromiso de presentar “nas próximas semanas” a proposta para a estación
OURENSE POR Barrios Abril de 2016
BARRIOS
Medio Rural destinará 60.000 euros para a adecuación de Montealegre 4 Creará sendas peonís, instalará mobiliario, plantará especies arbóreas singulares e eliminará especies invasoras.
4 Como limpeza de maleza e mantemento de parques.
P.L. A Consellería do Medio Rural destinará preto de 60.000 euros para a posta en valor do espazo forestal periurbano de Montealegre, co fin do seu uso “como esparcemento e como ámbito didáctico”. Así o destacou a titular deste departamento, Ángeles Vázquez, acompañada polo alcalde da cidade, Jesús Vázquez, na presentación das obras. Segundo detallou o director xeral de Ordenación e Produción Forestal, Tomás Fernández-Couto, a actuación consiste na creación de 650 metros de sendas peonís, acompañadas de 50 metros de varandas nas zonas de desnivel, a colocación de mobilario de madeira (13 mesas con bancos, papeleiras e carteis informativos), e a instalación de 300 metros de tendido de rego para axudar a manter o parque na época estival. Tamén se levará a cabo un tratamento para eliminar as posibles especies invasoras presentes na zona, como as acacias, e se procederá á plantación de 2.000 especies arbóreas singulares. Actuarase, en particular, nun ámbito de 20 hectáreas na zona norte de Montealegre, nun espazo de transición entre o actual parque e unha zona de monte. “Era unha zona
O PSOE insta a executar actuacións urxentes no barrio do Pino
Redacción
Autoridades observan o plano cos traballos previstos en Montealegre./P.LODEIRO. abandonada e supuña un risco de incendios para o parque”, apuntaba Fernández-Couto. Ademais, elaborarase un instrumento de xestión forestal por parte dun enxeñeiro de montes. O director xeral de Ordenación e Produción Forestal apuntou que algúns destes traballos xa comezaron e conta con que estean“moi avanzados” no verán. Darlle uso a Montealegre O recinto actual de Montealegre alcanza os 146.000 metros cadrados. Nel hai 478 especies catalogadas, das cales 240 son autóctonas. O alcalde de Ourense non quixo en-
trar no debate sobre o seu nome (xardín botánico, parque forestal ou parque periurbano). “O que si está claro é que lle temos que sacar partido. Isto é un paso máis, pouco a pouco querémolo ir dotando de novas infraestruturas, como parques biosaudables”, precisou. Nesa liña recordou os obradoiros para cativos e adultos que hai todas as fins de semana, e anunciou as exposicións de bonsais e plantas carnívoras para os meses de maio e xuño.
Vázquez indicou que están feitos os proxectos –estaba previsto que se executara na segunda fase do Plan municipal de investimentos- pero que falta “a dispoñibilidade económica”. “Estamos falando de contías bastante importantes”, valorou Vázquez Abad, pois non se trataría só de renovar o firme do vial, senón tamén de mellorar a seguridade vial ampliando as zonas de paso para os peóns, o que implicaría expropiacións.
Mal estado dos accesos Preguntado pola mellora dos accesos por estrada a Montealegre, Jesús
Actuarse nun ámbito de 20 hectáreas na zona norte do parque
O grupo municipal socialista vén de denunciar, tras escoitar as demandas veciñais e comprobar “in situ” o estado de abandono no que se atopa o barrio do Pino, as “múltiples deficiencias” desta zona, que -din- son froito tanto da desidia do Goberno do PP como da falta de actuación doutras administracións. “Podemos observar que o estado no que se atopan as rúas, parques e zonas comúns é lamentable, cunha clara falta de mantemento e conservación por parte do Concello. Asemade, o tramo urbano da N-120 que atravesa o barrio presenta unha circulación para os peóns cada día máis complexa, por unha banda as beirarrúas son moi estreitas e moitas delas presentan maleza e non contan con rebaixes para persoas de mobilidade reducida, e por outra a falta de valado dos solares colindantes coa estrada que provoca que a maleza invada as beirarrúas”, relatan nunha nota. Outras problemáticas importantes no barrio do Pino son o deficiente alumeado público en xe-
Beirarrúa invadida pola maleza, no Pino. ral, e máis en concreto na rúa Travesía da Vía Vella, e a inexistente presenza de Policía Local “fai que continuamente se estean a producir actos vandálicos, como por exemplo as pintadas en distintas infraestruturas da zona”. En resumo, os socialistas demandan ao grupo de goberno a execución dunha batería de actuacións urxentes en colaboración co Ministerio de Fomento e a Xunta, co fin de “adecuar as beirarrúas e dotalas de accesibilidade peonil, limpar a maleza existente nas mesmas e instar a que se limpe a dos soares colindantes, dotar dun alumeado público en condicións a zona, aumentar a presenza da Policía Local no barrio e efectuar reparacións e mantemento nas rúas, parques e zonas comúns”.
OURENSE POR Barrios Abril de 2016
BARRIOS
Búscase proxecto de saneamento para Velle 4 O 4 de maio é a data límite para presentar ofertas. Redacción A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) licitou por 82.975 euros o contrato de redacción do proxecto construtivo para a mellora do saneamento de Velle. O obxectivo deste traballo é obter a mellor solución ao problema do saneamento existente neste núcleo. Concretamente exponse dúas alternativas
a estudo, por unha banda, a incorporación das augas residuais de Velle ao saneamento xeral e, por outra, a execución dunha depuradora de augas residuais que cubra as necesidades concretas da zona. O prazo máximo de redacción do proxecto estímase en sete meses. As empresas poden presentar ofertas ata o 4 de maio.
4FOTO DENUNCIA
Ultímanse os accesos ao Edificio Xudicial
EN BREVE
4 As actuacións na zona completaranse cos accesos ao novo Centro de Saúde do Couto.
A asociación ecoloxista Amigos da Terra denunciou publicamente a poda e “decapitación” de diversos exemplares de plataneiros de sombra, no tramo urbano da estrada de titularidade provincial que comunica a cidade con Oira. Para os ecoloxistas estas podas supoñen unha total demostración de falla de sensibilidade, de falla de políticas medio ambientais axeitadas, e de falla de respecto cara o patrimonio arbóreo... “xa que se están a realizar en plena primavera e movemento de savia das arbores, fora da época recomendable segundo os manuais básicos de arboricultura”.
Redacción O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a delegada territorial, Marisol Díaz, visitaron este mes as obras de urbanización dos accesos ao Edificio Xudicial, que están a piques de rematar tras tres meses de traballos. Estas obras, que conectarán as rúas Francisco Lloréns Díaz e Velázquez, contaron cun orzamento de 180.023 euros. As actuacións na rúa Francisco Lloréns foron realizadas cos criterios de accesibilidade -paso para ambulancias, co-
ches de bombeiros, e os propios veciños- e sostibilidade, ao adaptarse á topografía existente evitando así o transporte de terra fóra do seu ámbito. Tamén se contemplou a instalación de abastecemento de auga, sumidoiro e drenaxe, media e baixa tensión, alumeado público e telecomunicacións. Actualmente, trabállase na colocación de xardineiras en aceiro, varandas nas escaleiras e proteccións no muro para separar vehículos de peóns. O vicepresidente da Xunta cualificou a actuación como imprescindible para mellorar a contorna do novo edificio xudicial
e facilitar o acceso ao inmoble. Accesos ao Centro de Saúde O Couto Aproveitando esta visita o rexedor anunciou o inicio da contración das obras para axeitar tamén o tramo que conduce ao Centro de Saúde do Couto, actualmente en construción. Así, iniciaranse os trámites para poder iniciar estas obras coa maior brevidade posible, co fin de “manter nas mellores condicións os accesos a esta importante infraestrutura que dará servizo sanitario a este barrio de máis de 20.000 habitantes”, dixo.
Aspecto da beirarrúa na rúa Mercado.
Barreiras arquitectónicas na rúa Mercado O grupo municipal socialista alerta de que as obras en execución da rúa Mercado, no barrio da Ponte, non están a eliminar barreiras arquitectónicas. Os socialistas esixen ao Goberno do PP que atenda as demandas veciñais e que dea as ordes oportunas á empresa adxudicataria para proceder ao rebaixe e acondicionamento das beirarrúas antes do remate das obras, pois actualmente limitan a accesibilidade ás persoas de mobilidade reducida ou aos carriños de bebés.
A conexión da rúa Francisco Llorens coa rúa Velázquez está pendente de apertura.
4 Denuncian prácticas “arboricidas”
4 Renovación do saneamento na Besada 15 vivendas da Besada, na parroquia de Santa Mariña, dispoñen xa dunha nova infraestrutura de saneamento. Estes traballos, contratados mediante procedemento de adxudicación aberto, contaron cun orzamento de 95.022 euros, e remataron un mes antes do previsto. As actuacións realizadas incluiron a instalación de novas tuberías e ramais, a creación de 20 pozos de rexistro, a reposición do firme na totalidade da actuación e a renovación dos servizos afectados polas obras.
OURENSE POR Barrios Abril de 2016
BARRIOS
Dous viais conectarán coa ampliación do hospital 4 Enlazarán desde a Saínza e Cruceiro Quebrado co novo edificio de hospitalizacións. Redacción A ampliación do complexo hospitalario ourensán estará conectada por dous novos vais coas rúas Nosa Señora da Saínza e Cruceiro Quebrado. Un acordo entre Xunta, Concello de Ourense e Deputación Provincial permitirá a realización destas obras, nas que se inviste máis de 1,5 millóns de euros e que acaban de ser licitadas. A previsión que manexa o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, é que a actuación se inicie este verán e teña un prazo de execución de cinco meses. Os traballos realizaranse nunha superficie de 4.050 metros cadrados e limítanse a terreos de titularidade pública indicados
no planeamento municipal, polo que non foron precisas expropiacións. Vázquez Almuíño dixo o que este “é un magnífico exemplo do que se pode facer e conseguir cando diferentes administracións colaboran para levar adiante iniciativas que teñen como obxectivo mellorar os servizos que debemos prestar á cidadanía”. O novo edificio de hospitalización, en funcionamento este ano O conselleiro de Sanidade visitou esta semana a zona, acompañado da titular de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez Mourelle, do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e do alcalde da cidade, Jesús Váz-
quez. Na súa visita anunciou que antes de rematar este ano a ampliación do hospital ourensán estará funcionando ao cento por cento. O novo edificio de hospitalización do CHUO terá sete plantas e contará cun total de 14 unidades: nove son polivalentes médico-cirúrxicas, unha de psiquiatría, unha de paliativos, unha de oncoloxía e dúas unidades innovadoras, integradas no proxecto H2050. O orzamento desta obra ascende aos 41 millóns de euros.
Prevese que antes de finalizar 2016 a ampliación do CHUO estea en funcionamento
Autoridades visitando esta semana as obras do novo hospital./RAMSÉS.
Alcalde, conselleira, delegada da Xunta e concelleiros atenden as explicacións de como serán as obras de posta en valor da ponte Romana./RAMSÉS.
Dan inicio as obras de posta en valor da ponte Vella 4 Os traballos consisten na renovación da calzada e da iluminación. Redacción A Consellería de Infraestruturas destina 300.000 euros a obras de posta en valor da ponte Vella de Ourense, que comezaron esta semana e estarán finalizadas no prazo de tres meses. Os traballos vanse centrar na calzada e na renovación da iluminación. Durante unha visita á infraestrutura, a conselleira Ethel Vázquez quixo resaltar que “o cambio da iluminación actual será a acción máis destacada desta fase inicial dos traballos, xa que servirá para realzar a monumentalidade da estrutura da ponte, posto
que se optará por medios de iluminación con leds de máxima tecnoloxía, un sistema que permitirá aforros no consumo enerxético e contribuirá a reducir a contaminación lumínica, ao eliminar os grandes focos que proxectan a luz cara aos lados da ponte”. Na calzada, procederase á reparación da vía, igualando o pavimento e empregando como único material o bloque de pedra e substituirase a capa de formigón dos apartadoiros e pavimentarase o único treito en terra existente. Como medidas complementarias, eliminaranse os graffitis pintados na infraestrutura e nas edifi-
cacións anexas, e retirarase o mobiliario urbano e outros elementos engadidos á fábrica da ponte. Pola súa banda, a Consellería de Cultura iniciará en maio a súa parte dos traballos, que consistirán na restauración do tallamar do piar número 4 da ponte, en actuar nas xuntas para evitar que medre a vexetación e na retirada da condución de abastecemento en desuso que actualmente dana esteticamente a ponte. Dedicará para iso 200.000 euros.
Infraestruturas investirá 300.000 euros nesta actuación
BARRIOS
OURENSE POR Barrios Abril de 2016
Novo asfalto para os accesos ao Muíño da Veiga 4 Son tres quilómetros de vial desde a N-120. Redacción As termas do Muíño da Veiga contan
cun acceso en mellores condicións. Concello e Deputación de Ourense, no marco do comité per-
Alumnado do colexio Filomena Dato, xunto á edil de Educación.
Premio para os escolares que vaian ao colexio camiñando Estudantes dos CEIP Filomena Dato e O Ruxidoiro da Valenzá participan nunha novidosa iniciativa para fomentar o uso de tranportes alternativos ao coche á hora de ir ao colexio. A través do “xogo da serpe”, pegarán cada día nun cartel o número de escolares que acudiron ao centro educativo a pé, en bici ou en patinete. Como premio, os alumnos destes dous centros públicos participarán no parque infantil de tráfico o 25 de xuño. A concelleira de Educación, Marga Pérez, explicou que o obxectivo da implantación do camiño escolar é reducir o número de vehículos privados que a diario transportan nenos aos colexios e crear unha rede de itinerarios seguros para que os escolares se poidan desprazar camiñando. Preténdese tamén promover a autonomía infantil e fomentar o camiñar “coma unha forma de loitar contra o colesterol, a obesidade, a ansiedade ou o abatemento”
Pablo Pérez, Pepe Araújo e Jorge Pumar na Vía Vella.
manente de cooperación entre as dúas institucións, veñen de arranxar o camiño da Vía Vella, un vial de tres quilómetros que conecta a N-120 co aparcadoiro da zona termal, “unha demanda veciñal e unha reivindicación dos usuarios que accedían en coche a través do acceso”, segundo comentou na visita ás obras o concelleiro de Infraestruturas, José Araújo. Cun orzamento de 60.000 euros -asumido integramente polo Goberno provincial- e un prazo de execución de tres meses, as obras consistiron no asfaltado aglomerado mixto do primeiro tramo e capas de zahorra para o resto, así coma a construción de cembas na zona máis próxima ao río. As actuacións no camiño da Vía Vella completaranse cunha mellora na sinalización para que os vehículos que transitan pola N-120 sentido Vigo estean mellor informados.
OURENSE POR Barrios Abril de 2016
BARRIOS
ENTREVISTA Á PRESIDENTA DA AVV O BARRIO, INMA FREIJEIRO
“Cando imos cun problema importante os políticos pasan de nós, nin as manifestacións lles afectan” 4 A presidenta da asociación de veciños O Barrio, Inma Freijeiro, achéganos ás necesidades da súa zona e ao complexo labor do movemento veciñal. S.N.
saudable...”.
O traballo dos presidentes das asociacións de veciños é tan desinteresado como complexo. Explicarlle á xente do barrio a indiferencia dos gobernantes non é sinxelo, non perder o ánimo no intento, tampouco. Falamos con Inma Freijeiro, presidenta da asociación de veciños O Barrio dende hai máis de 20 anos. Ás demandas da zona sen atender polos políticos, súmaselle agora a posibilidade de perder o actual local veciñal se o propietario non se presenta ao concurso público que está a realizar o Concello.
Dende o Concello sacaron a concurso os locais das distintas asociacións para que se presenten os propietados de cada zona, como se atopa o voso caso? I.F.: “O noso saíu a concurso en decembro, pero o actual propietario non se presentou, ningún da zona o fixo, non hai ademais ningún local na zona que reúna as características, co cal se ninguén se presenta nesta segunda convocatoria por moito que o Concello nos diga que nos mantén a asociación, sen local é inviable. Ven a xente botar a partida todos os días, temos zumba, ioga, actividades… Se non temos local teriamos que disolver a asociación. Ao dono deste local non lle interesa porque lle baixan o prezo. El está no seu dereito, por moito que nós lle pidamos. Cremos que se presentará na segunda convocatoria, pero se non o fai non temos opción. El estaría disposto se lle manteñen o prezo, porque é un diñeiro seguro todo o ano, non somos unha actividade molesta, e nós estamos moi cómodos acá, é un local moi grande, ben situado, permítenos facer todo tipo de actividades, incluso as que son ao aire libre, porque temos acá unha explanada. Ademais, ven xente da Inmaculada, de Serra Martiñá, de San Francisco, porque estamos xusto no centro”.
Cando se creou a AVV O Barrio? Inma Freijeiro: “A asociación créase no ano 1995, a demanda de varios veciños que se ven abandonados entre San Francisco e a Inmaculada, asociacións en funcionamento nesa época. Quedaba unha parte de barrio sen cubrir e por iso nace esta asociación. O noso núcleo estaba entre a vía do tren e a Inmaculada nese momento, agora cubrimos até Barrocás, xa que desapareceu a asociacion da Inmaculada”. E dende cando eres a súa presidenta? I.F. : “Lamento dicir que a presidenta era e sigo sendo eu, así como o 90% da directiva, é moi difícil atopar xente que se queira dedicar ao movemento veciñal, é algo totalmente altruísta e con pouco agradecemento, por políticos e veciños. Despois de 20 anos pode que chegase o momento de abandonar, téñoo na miña mente hai tempo”. Que valoración xeral fas do trato e atención mostrado polos políticos locais ante as vo-
“Por moito que o Concello diga que nos mantén a asociación, se non temos local teriamos que disolvela”, explícanos
Inma Freijeiro, presidenta da asociación de veciños O Barrio dende 1995./RAMSÉS.
“É moi difícil atopar xente que se queira dedicar ao movemento veciñal, é algo totalmente altruísta e con pouco agradecemento. Despois de 20 anos, pode que chegase o momento de abandonar”, confesa Inma Freijeiro sas peticións? I.F.: “Nestes 20 anos houbo de todo, como en todas partes, en xeral daríalles un aprobado, os representantes veciñais facemos un labor importante á administración, canalizando demandas de veciños, organizando actividades que se poderían organizar en centros cívicos ou culturais, inexistentes até hai uns anos,e cando imos cun problema importante como foi para nós o tema das antenas de telefonía móbil hai uns anos, e agora o tema de velocidade na nosa zona, pasan de nós, nos últimos anos nin as manifestacións lles afectan. Debo dicir que a anterior concelleira de Participación Cidadá foi unha persoa moi preocupada polo movemento veciñal, e facilitounos moito as cousas, é xusto darlle as grazas publicamente desde a nosa asociación”. Notastes algún cambio dende que mudou o goberno en xuño de 2015? I.F.: “Co novo goberno é mais do mesmo, hai políticos cos que é moi sinxelo manter un contacto
directo, e atenden as nosas peticións nun tempo récord... e outros non te atenden en meses”. Que melloras observaches neste tempo? I.F.: “Neste momento estamos moi contentos, porque un tema moi importante para a nosa asociación é o exceso de velocidade que sofre a estrada da Granxa, e os sinistros que se producen cada fin de semana practicamente, e en breve, a Xunta comeza un proxecto para repintar a sinalización na zona, con glorietas, recolocación de colectores, e un paso de peóns elevado. Costounos case 20 anos que nos atendan, pero por fin conseguímolo, pero como che dicía antes, foi moito traballo, escritos, entrevistas, protestas, firmas...... Neste tema e en xeral é difícil entender porque custa tanto atender estas peticións, non supoñen grandes infraestruturas nin cifras desproporcionadas, é incrible que tarden tanto en levalas a cabo”. Cales son as demandas dos veciños que continúan sen ser
atendidas? I.F.: “Fáltanos por cumprir un soño co que empezamos, un centro de saúde para o noso barrio, pero co momento económico que se vive xa non está nos nosos plans. Tamén nos gustaría ver cuberto outro anaco de vía, cando empezamos hai anos recollendo sinaturas para que se cubrise chamábannos tolos, e agora é un espazo que se fai pequeno, pero é tamén un investimento importante polo que teremos que esperar”. Cres que os barrios estàn discriminados en relación ao centro? I.F.: “A diferenza co centro nós sentímolo sobre todo en temas de beirarrúas, papeleiras, iluminación... As nosas beirarrúas estan que dan pena, e por exemplo Paz Nóvoa xa é a terceira vez que a arranxan. Aínda así, conseguimos mellorar aos poucos o noso barrio, o parque das Zapatillas, rebaixes en beirarrúas para facilitarlle a vida aos maiores, un semáforo á altura da asociación, maior sinalización no chan,un parque bio-
Que actividades ofrece a asociación? I.F.: “Celebramos cos veciños as festas do magosto e San Xoán, realizamos excursións, temos zumba e ioga, talleres de repostería para nenos, e as charlas informativas que vaian xurdindo. Esta semana tivemos unha de diabetes impartida por Cruz Vermella”.
“Fáltanos por cumprir un soño co que empezamos, un centro de saúde para o noso barrio”, detalla
CIDADE
Linorsa, en concurso, e as traballadoras, sen cobrar
4 En Barbadás rescindiron a concesión
4 O Concello proporá ao administrador concursal que regularice os pagos ou que rescinda a concesión. P.L. As traballadoras de Linorsa na cidade levan dous meses e medio sen cobrar, que previsiblemente se convertirán en tres e medio ao remate deste mes de abril. A empresa viguesa, cunha plantilla global de 1.200 empregados e unha débeda que se estima en oito millóns de euros, presentou concurso voluntario de acredores o pasado 19 de abril. O alcalde de Ourense está a espera de manter unha reunión co administrador concursal de Linorsa, a empresa que se encarga da limpeza dos colexios públicos da cidade. Jesús Vázquez ve dúas alternativas para solucionar o conflicto laboral: ou a regularización dos pagos ás empregadas (a Lei concursal obriga ao pago inmediato dos 30 días anteriores á declaración do concurso) ou ben a rescisión unilateral do contrato, a primeira alternativa que plantexará o Concello. “Se asina unha rescisión e hai vontade por parte do administrador, entendo que nós ao día seguinte xa estaríamos en opción de contratar momentaneamente e de maneira temporal a unha empresa para que dea continuidade a este servizo durante os dous meses que quedan”, valorou o rexedor. A posibilidade de que
Na última semana, a plantilla de Linorsa manifestouse todos os días ás portas da casa consistorial de Ourense./P.LODEIRO. sexa o propio Concello quen rescate esa concesión foi desbotada pola longa tramitación que supón: “entre que abrimos o expediente vannos pasar os meses sen solventar o problema”, explicou Vázquez Abad. Críticas de “inacción” Malia as repetidas xuntanzas que mantivo o mandatario local cos representantes dos traballadores, desde sindicatos e oposición falan de “inacción” neste conflicto por parte do grupo de goberno. Nun comunicado, CCOO lamentaba “a feble intervención do alcalde” e criticaba que non actuara “coa celeridade, firmeza e a responsabilidade políti-
ca precisa para que a empresa cedese a concesión, como si fixo a determinación de Abel Caballero en Vigo, intervindo con decisión para que a partir do 1 de maio, exerza a concesión outra empresa”. Nesa mesma liña se expresaba a concelleira de Ourense en Común, Ledicia Piñeiro, que recordaba a “situación insostible” na que viven as traballadoras de Linorsa desde o mes de decembro, “Non sabemos a que responde esta parálise absoluta. Están nunha situación totalmente extrema e precisan unha resposta xa”, reclamaba a edil de OUeC. Piñeiro apuntaba que a situación está empezando a pasar factura na calidade
OURENSE POR Barrios Abril de 2016
da limpeza das escolas: “hai queixas de colexios onde non se corta a herba, as ventás non están limpas, os canalóns non se limpan nin se hixienizan, estamos a rozar unha situación de insalubridade nos colexios e segue habendo unha inacción clara do grupo de goberno”, afirmou. A este respecto, o rexedor ourensán ten declarado que “non hai constancia por parte de ningún centro educativo de ningunha queixa”.
A empresa adebeda dous meses e medio de salarios
En Barbadás, onde Linorsa se encargaba da limpeza de todos os centros públicos dependentes do Concello, optaron por rescindir o contrato. “Hai mes e medio reunímonos coa dirección de Linorsa e conseguimos que pagaran os atrasos, excepto medio mes de decembro-explicaba o rexedor, o socialista Xosé Carlos Valcárcel- e decidimos rescindir a concesión”. Abriron un prazo para que novas empresas se presentaran ao concurso e saíu elixida Elite, que empezará a prestar o servizo en maio, por un período de tres meses. As 12 traballadoras que se encargan da limpeza da casa consistorial, Casa da Xuventude, Escola de Música, polideportivo, os dous colexios e os dous centros de saúde do municipio serán subrrogadas pola nova concesionaria. O Concello está elaborar xa un novo prego para adxudicar este servizo de limpeza por un período máis amplo. “Nós fomos áxiles”, valoraba o alcalde, “e consideramos que a mellor solución era esta”. Con todo, Linorsa adebeda tamén os salarios de marzo e os deste mes de abril que está a piques de rematar. Valcárcel agarda que os traballadores sexan dos primeiros en cobrar no concurso de acredores, e en todo caso, “hai un aval importante” depositado no Concello de Barbadás, que, entende o político, sería suficiente para afrontar o pago destas nóminas.
EN BREVE 4 Mesa da Mobilidade Ourense en Común solicita ao equipo de goberno que convoque en próximas datas a Mesa de Mobilidade para informar sobre o Plan de Transporte Metropolitano e sobre a xestión dos compromisos asumidos en anteriores xuntanzas. “Fai un mes xa da última reunión e non temos información algunha de avance nos moitos compromisos asumidos perante os colectivos que teñen representación na Mesa”.
4 Praza de Abastos da Ponte O PSdeG advirte ao PP que non permitirá que se dea outro uso á Praza de Abastos nº 2 da Ponte. Os socialistas censuran que o PP non fora capaz de acadar “un prego útil e válido” en 10 meses e solicítanlle que consensúe “un prego en condicións” para lograr a reapertura do mercado este ano.
4 Auditoría nos Remedios Democracia Ourensana pedirá no pleno de maio que se substitúa a canalización da auga quente do Pavillón dos Remedios que provén das Burgas. Unha auditoría enerxética desvelou que a condución perde 10.000 litros cada hora e que debido á falta de illamento da tubaxe, a temperatura da auga descende de 67º a 50º durante o traxecto. O informe apunta a que se se renovase a canalización reduciríase a factura de gas nun 80%.
10
OURENSE POR Barrios Abril de 2016
CIDADE
50.000 firmas en apoio á creación dun centro para persoas con discapacidade 4 A Plataforma ProCAPDOurense reclama á Xunta un centro público na provincia. Ao fondo á dereita, residencia universitaria do campus ourensán./ARQUIVO.
A licenza da residencia universitaria, pendente da entrega de documentación 4 A empresa debe presentar proxecto de legalización. Redacción A concesión da licenza de apertura para a residencia universitaria, xestionada por Siresa Campus SA, só depende da entrega por parte desta empresa da documentación requerida polo servizo de Urbanismo do Concello de Ourense, en concreto, do proxecto de legalización. A cronoloxía desta controversia remóntase a 2013, cando o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia deixou sen efecto as licenzas de apertura e ocupación dado que a residencia se atopaba en ámbito de solo urbano non consolidado, e o Concello viuse na obriga de precintar o edificio. O grupo de goberno man-
tivo reunións coas partes implicadas para resolver o conflito e, mesmo logo de que a xunta de compensación da zona afectada lle ofrecese o terreo ao Concello para a súa recepción, os funcionarios municipais seguen agardando pola documentación necesaria para normalizar dita recepción. A empresa solicitara do Concello aclaracións técnicas para a tramitación da licenza de apertura e de ocupación, entre eles informes de Bombeiros nos que se lle explicaba que era preciso recepcionar os terreos por parte do Concello ou a necesidade de presentar un proxecto de obra en vía de legalización do edificio para o seu uso como residencia universitaria.
4 Reábrese a causa contra Áurea Soto A Audiencia Provincial vén de estimar o recurso de apelación interposto pola entidade Casas Ourense e ordea ao Xulgado de Instrución nº2 de Ourense que continúe coa investigación aberta en relación á licenza de ocupación inicial concedida á residencia universitaria As Burgas. A sala aprecia “elementos indiciarios de criminalidade” na concesión da licenza por parte do Concello de Ourense, a instancia da concelleira de Urbanismo Áurea Soto, que é investigada por prevaricación.
P.L. A Plataforma ProCAPDOurense presentou o 27 de abril na Delegación da Xunta en Ourense as 50.000 firmas recollidas nos últimos 15 días en apoio á creación dun centro público para a atención de persoas con discapacidade maiores de 21 anos na nosa provincia. A Plataforma confía en que as súas demandas sexan escoitadas porque “non é unha tontería de catro pais senón que é unha demanda lóxica e necesaria para a nosa provincia”, expresaba Eva Gutiérrez, a súa voceira. Ourense é actualmente a única provincia que non conta cun centro de atención á diversidade para maiores de 21 anos, idade na que deixan de estar escolarizados no Centro de Educación Especial de Velle. Xestión pública A Plataforma insiste en que sexa unha instalación de xestión pública. “Precisamos como pais unha garantía de que os
Membros da plataforma ProCAPDOurense coas sinaturas recollidas diante da Delegación da Xunta./P.L. nosos fillos teñan un lugar onde vivir para cando nós non esteamos, necesitamos polo ben dos nosos fillos unha seguridade que só proporciona a Xunta e ademais consideramos que os servizos sociais non son un negocio, ten que asumir a responsabilidade a Consellería”, explicaba esta nai. En canto ás prazas que debería ter este centro, recordan que “en Redondela o centro ten 120 prazas, Sarria tamén, o da provincia da Coruña ronda as cen prazas… polo tanto extrapolando supoño que aquí
como mínimo esas prazas tamén son necesarias”. Eses centros están cheos e hai lista de espera, polo que estiman que para Ourense sería necesario unha cifra similar. “Seguro que se enchería”, puntualizaba Gutiérrez. Pais membros da Plataforma mantiveron este mércores unha xuntanza co conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, quen comprometeu á construción deste centro, en Mariñamansa, con 48 prazas para centro ocupacional e de día e residenciais.
ECONOMÍA, EMPRESAS E EMPREGO
OURENSE POR Barrios Abril de 2016 EN BREVE
A comarca de Ourense xerou o 79,1% do emprego da provincia 4 Coñécense os datos do Observatorio Económico Ourensán. Redacción A comarca ourensá impulsou o 79,1% de todo o emprego neto que se creou no conxunto da provincia ao longo do último ano, segundo recolle o Observatorio Económico da Deputación. “A cidade de Ourense e os once municipios cos que comparte unidade territorial están a xerar catro de cada cinco novos empregos, o que os converte no epicentro da recuperación laboral de Ourense”, remarcou o xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez, na presen-
tación destes datos. “Esa achega é moi superior á que lle corresponde en función do peso relativo que ten sobre as afiliacións. Con preto de 50.000 afiliados, esta comarca sostén agora mesmo o 51% do emprego provincial, polo que o seu protagonismo na recuperación económica e laboral resulta moi salientable, xa que está preto de 30 puntos porcentuais por enriba do que lle correspondería desde o punto de vista estrutural”, explicou Rodríguez. O Observatorio Económico enxalza dun xeito
4 A Valenzá poderá optar a fondos Feader
O xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez, o concelleiro de Promoción Económica de Barbadás, Xosé Manoel Fírvida, e o preidente do Inorde, Rosendo Fernández. especial a tendencia do sector servizos, que supón o 79% de todo o emprego (a media galega ronda o 72%). “De manter en 2016 o ritmo de crecemento actual, en decembro estaríamos falando dun teito histórico de 40.000 empregos nas diferentes actividades vinculadas aos servizos. Neste intre, con 39.400 afiliados xa estamos moi cerca do récord anterior, rexistrado en decembro de 2009 con 39.682 traballadores en alta laboral. Isto significa que na actualida-
de xa neutralizou toda a perda de emprego da crise, xa que no sector terciario os efectos da recesión económica non foron visibles ata xa entrado o ano 2010”, precisou o xerente do Inorde. Paro No capítulo do Observatorio dedicado ao paro rexistrado, a comarca de Ourense logra protagonismo pola notable redución de parados no último ano (descenso interanual do 7,5%), por ter nove conce-
llos en tendencia favorable e por contabilizar catro baixadas municipais a dobre díxito. En taxa acumulada desde o inicio da crise, o paro comarcal aínda reflicte un incremento do 38,9%, o que significa case oito puntos porcentuais menos que a media galega (46,7%).
A comarca sostén o 51% do emprego provincial
17 mulleres inmigrantes participan no programa Sara 4 Desenvólveo Cruz Vermella. Redacción Cruz Vermella desenvolve desde setembro o programa Sara, que axuda ás mulleres que chegan a Ourense a atopar traballo. Até o 1 de xuño continúa o terceiro obradoiro deste programa, no que participan 17 mulleres de entre 18 e 53 anos, de países como Rusia, Romanía,
Venezuela, Cuba, Ecuador, Camerún, Paquistán, Marrocos, Brasil ou Portugal. Para o que resta de obradoiro, está programada a visita dun membro da Policía Nacional, talleres de control da tensión, e unha muller inmigrante que achegará a súa experiencia abrindo o seu propio negocio.
Mulleres que participan no programa Sara./C.V.
11
Participantes no Centro de Iniciativas Empresariais./CEDIDA.
Comeza a funcionar a Lanzadeira de Emprego de Ourense 25 persoas desempregada, con perfís formativos moi diversos, comezaron a entrenar unha nova busca de emprego na Lanzadera de Emprego de Ourense, impulsada polo Concello, a Fundación Telefónica e a Fundación Santa María la Real, coa cofinanciación do Fondo Social Europeo. Ao longo de cinco meses, os participantes reuniranse varios días á semana no Centro de Iniciativas Empresariais, onde levarán a cabo actividades para mellorar a súa empregabilidade, como sesións de coaching e intelixencia emocional, dinámicas de comunicación, marca persoal e busca de emprego 2.0, adestramento de entrevistas persoais, elaboración de mapas de empregabilidade, visitas a empresas, reunións con emprendedores e procesos de intermediación laboral con responsables de Recursos Humanos. A de Ourense é a primeira Lanzadeira de Emprego que se pon en marcha en Galicia.
O Grupo de Desenvolvemento Rural da Comarca de OurenseADERCOU -no que se inclúe o concello de Barbadáspoderá optar a fondos Feader para transformación e comercialización de produtos agrarios e para a creación, modernización e ampliación de todo tipo de empresas que desenvolvan actividades non agrarias. Como novidade, neste novo período de fondos comunitarios a parroquia da Valenzá será incluída no Plan estratéxico, xa que no anterior período só eran subvencionables os proxectos das zonas rurais de Barbadás. As axudas poden chegar ao 50% para proxectos empresariais e ao 90% para proxectos sociais.
4 Barbadás crea un banco de emprego online A Oficina de Promoción Económica de Barbadás, PROECO, dependente da Concellaría de Promoción Económica de Barbadás vén de crear un banco de emprego municipal online. Este servizo, dirixido tanto a empresarios como a demandantes de emprego ou a persoas que queiran mellorar a súa ocupación laboral, consiste nunha plataforma na web municipal que ofrece aos demandantes de emprego o acceso a ofertas de traballo e aos empresarios a posibilidade de contar cos perfís axeitados para cubrir as vacantes na súa empresa.
4 Entrega de diplomas O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, entregou os diplomas do obradoiro ‘Coida de ti’ no que 20 desempregados de Barbadás se formaron nas especialidades de Atención sociosanitaria a persoas no domicilio e Dinamización de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil.
12
OURENSE POR Barrios Abril de 2016
especial SAÚDE
Edades, empresa punteira en Ourense na prestación de servizos sociais O crecemento da esperanza de vida na poboación e a entrada en vigor da Lei de Dependencia dispararon nos últimos anos a demanda de servizos para o coidado e atención de persoas maiores ou dependentes, e máis nunha provincia tan envellecida como a nosa. Falamos con María Cristina Portela Pérez, a directora de Edades, para que nos achegue a realidade desta empresa de servizos sociais, que ofrece todo tipo de prestacións a uns prezos moi alcanzables para a maioría da poboación. Desde cando funciona Edades en Ourense? Cristina Portela: “Edades Servicios Sociales é unha empresa tipo franquía que desde o ano 2008
está implantada en Ourense, e que foi en constante crecemento desde a súa apertura”. Que servizos ofrece? C.P.: “A oferta de Edades contempla desde atención e coidado de maiores, dependentes ou nenos, a trámites burocráticos, a asistentes persoais para discapacitados, unha tenda de axudas técnicas en venda e aluguer, reformas a domicilio, desde cambio de bañeira por ducha adaptada a servizos de fontanaría, electricidade... Poucas veces unha empresa abrangue tantas posibilidades de servizos para os seus clientes como Edades”. E cales son os máis demandados? C.P.: “Sobre todo inter-
nas as 24 horas e para fins de semana, con diferenza”. Que produtos da vosa tenda de axudas técnicas teñen máis saída? C.P.: “O que máis saída teñen son as cadeiras para persoas con modalidade reducida, as camas xeriátricas e as grúas. Ademais, teñen bastante demanda os produtos de segunda man”. Como valoras a túa experiencia empresarial con Edades? C.P.: “Estou satisfeita por cumprir todos os obxectivos nestes oito anos e dos entre 80 e 90
traballadores cos que contamos habitualmente, que están moi implicados na empresa. Teño unhas esixencias moi altas e requiro profesionalidade ás persoas que queiran traballar con nós, con formación específica e experiencia mínima dun ano no sector. Pois para cada servizo necesítase un tipo de persoa distinta, non é o mesmo traballo o dunha señora que se dedica a tarefas domésticas, a outra que atende a unha persoa maior, e por iso temos auxiliares de enfermaría ou de xeriatría, coidadoras de nenos, licenciados ou diplomados, entre outros perfís”.
“Requiro profesionalidade ás persoas que traballan con nós, con formación específica e experiencia mínima”
Cristina Portela, xerente de Edades.
Fachada de Edades, no número 33 da avenida de Marín.
SAÚDE especial
OURENSE POR Barrios Abril de 2016
13
Os problemas do pé teñen solución en Teknos A ourensá Clínica Teknos conta desde os seus inicios cun servizo de podoloxía a cargo de Borja Pérez Serrano, podólogo especialista en cirurxía do pé. Neste campo achéganse diagnósticos e solucións ás diferentes problemáticas dos pés coas que nos podemos atopar. Ás veces requiren cirurxía pero noutras ocasións a solución virá a través de tratamentos de carácter conservador. Explícanos Pérez Serrano que a área de Podoloxía de Teknos está estruturada en tres departamentos: biomecánica, patoloxía e unidade de cirurxía do pé. A área de biomecánica inclúe, entre outros, o estudo da marcha ou o escáner da pegada, para dar solución a posibles patoloxías, a través de plantillas, ortesis de silicona ou férulas. Na área de patoloxía te-
ñen distintos protocolos diagnósticos e terapéuticos, como o pé de risco, para os caso dos pacientes diabéticos, que teñan problemas de circulación, ou de idade avanzada. Tamén ofrecen tratamentos para a dor do pé, entre eles infiltracións de medicamentos de última xeneración, que teñen unha acción biorreguladora e rexeneradora. Nesta área contan cunha sección de podopediatría, orientada aos máis pequenos e os problemas máis habituais nesas idades, como os problemas de apoio en nenos de 3 a 4 anos, fungos, verrugas, papilomas ou alteracións das uñas. Para facerlles máis agradable a estancia na
clínica aos cativos, contan cunha área de espera adaptada. Cirurxía do pé Finalmente na unidade de cirurxía do pé practícanse diferentes técnicas para ofrecer ao paciente a resolución do seu problema. Principalmente a través de cirurxía mínimamente invasiva, con pequenas incisións e anestesias locais que permiten ao paciente saír andando sen muletas trala operación, post operatorios practicamente indoloros e recuperacións máis rápidas. “En contraposición á fama que tiña a cirurxía tradicional, os protocolos avanzaron moito”, apunta Pérez Serrano.
A cirurxía minimamente invasiva permite saír andando sen muletas trala operación e recuperacións máis rápidas
UN CONSELLO DE CLÍNICA DENTAL QUIROGA
Se coidas as túas encías, controlas a túa diabetes Un ano leva aberta na rúa Avilés de Taramancos (ao carón do Barbaña) a Clínica Dental Quiroga. Diríxea a doutora Cristina Rodríguez Quiroga, experta en estética dental e cirurxía e próteses. Dispoñen dos servizos de odontoloxía xeral (para adultos e nenos), implantoloxía, periodoncia, ortodoncia, próteses e raios X. Son especialistas en estética e saúde dental. Control da diabetes En Clínica Dental Quiroga colaboran coa Asociación Diabética Auria na prevención da diabetes. As persoas con diabetes mal controlada teñen tres veces máis risco de padecer periodontite; pola súa parte, a
Clínica Dental Quiroga atópase na rúa Avilés de Taramancos, 16, baixo. periodontite pode iniciar ou aumentar a resistencia á insulina dunha maneira similar a como o fai a obesidade. A clínica dental é un lugar ideal para identificar o
risco de sufrir diabetes non coñecida, así como para realizar todas as tarefas preventivas, de diagnose precoz e de tratamento que precise unha persoa con diabetes.
14
OURENSE POR Barrios Abril de 2016
especial SAÚDE
Clínica Soara: “A saúde sempre debe ser a prioridade” Canto tempo leva aberta Clínica Soara? “Levamos desde agosto do 2011. Imos cumprir en breve 5 anos”. Quen está á fronte? “Á fronte estamos Carolina Sotelo Álvarez e Cristina Seara Domínguez, pero somos un equipo no que están tamén Juan Ramos Dacal e Jose Quintas Cid”. Que tratamentos ofrecedes aos vosos clientes? Cal é o máis demandado? “Ofrecemos todo tipo
de tratamentos; os máis demandados son os de implantoloxía”. Segue existindo medo a acudir ao dentista? “Si, aínda que vai decrecendo”. Cando debemos ir? “Para previr deberiamos acudir cada seis meses a revisións. Moitas veces vés en casos de dor extrema e os tratamentos son máis agresivos, pola falta de facer revisións periódicas nas cales se poden detectar a tempo enfermidades da boca e así liqui-
Cita previa: 988 246 770 ou soaraclinicadental@hotmail
dalas de maneira menos invasora e agresiva”. Por mor do sucedido con certas clínicas dentais, que consellos dariades a quen estea a buscar unha clínica para realizar, por exemplo, un implante dental? “Buscar unha clínica de confianza. A saúde sempre debe ser a prioridade; antes que o peto, como se demostrou coas últimas noticias de certas clínicas”. Clínica Soara abre de luns a venres, de 9 a 13 horas polas mañás e de 16 a 20 horas polas tardes.
Un dos gabinetes de Clínica Dental Soara e fachada do centro, situado na rúa Pena Trevinca, 44.
A psicóloga Rosa Feijoo dirixe este centro de psicoloxía con sede na rúa Vila Real.
Centro de psicoloxía Rosa Mª Feijoo Rebollo Centro de Psicoloxía Rosa Mª Feijoo Rebollo é un gabinete de psicoloxia integrado por profesionais todos cualificados para o desempeño da profesión. Abriu as súas portas no ano 2009 e dende entón están situados na rúa Vila Real número 1 no barrio do Couto. O seu obxetivo é dar unha atencion rápida e eficaz a todos os seus pacientes. Prestan unha ampla cobertura no campo da psicoloxía. Así, no ámbito da psicoloxia clínica, atenden casos de ansiedade, depresión, estrés, trastornos alimentarios, control da impulsivida-
de, ludopatías, trastornos do comportamento, adicións... Tamén realizan terapia de parella e sexoloxía. No ámbito da psicoloxía educativa, tratan o trastorno de atención con ou sen hiperactividade, motivacion para o estudo, orientacion escolar, tecnicas de estudo, avaluacion para nenos, necesidades educativas especiais, probas de cociente intelectual... Asemade, o Centro de Psicoloxía Rosa Mª Feijoo Rebollo dispón dun de-
partamento psicoeducativo que proporciona apoio escolar para nenos con necesidades educativas especiais. Pode ser tanto a nivel individual como en grupos reducidos. Sempre dando unha atención persoal e individualizada. Se o rapaz non pode desprazarse ata o seu centro tamén prestan o servizo a domicilio. Por ultimo, realizan cursos e talleres durante todo o ano de temáticas como risoterapia, autoestima, habilidades sociais ou técnicas de estudo.
CENTRO DE PSICOLOXÍA ROSA Mª FEIJOO REBOLLO R/Vila Real, 1 - O Couto - Tel 677 366 203 e 988 60 79 48
SAÚDE especial
Centro Médico El Carmen, á vangarda da innovación Centro Médico El Carmen é un hospital que historicamente se caracterizou por ir sempre á cabeza da innovación na provincia de Ourense. De feito, a súa calidade foi recoñecida recentemente coa certificación EFQM 400+ Excelencia Europea de Xestión de Calidade Empresarial, outorgada por AENOR e o Club de Excelencia. Este selo únese á renovación da Certificación trianual da Norma de Calidade “ISO 9001:2008”, cun ámbito de “CALIDADE TOTAL”. Un dos obxectivos do hospital é pór a disposición dos seus pacientes a última tecnoloxía e as unidades sanitarias máis completas. Por esta razón, nos últimos meses incorporou un novo TAC de baixa radiación,
seguindo así as directrices europeas de progresiva diminución das radiacións que unha persoa recibe ao longo da súa vida. Este TAC ten como vantaxe que reduce até nun 40% as radiacións habituais. Desta maneira protéxese a saúde de pacientes especialmente sensibles como nenos, persoas que teñen que someterse con frecuencia a estudos radiolóxicos, como os afectados por procesos oncolóxicos, ou órganos delicados como a mama. Nesta liña tecnolóxica, tamén se renovou a Resonancia Magnética, instalando un novo software que mellora o diagnóstico de enfermidades como o cancro de próstata. Ademais, reforzáronse importantes unidades como
a de neuroloxía, cardioloxía ou cirurxía plástica, incorporando ao equipo a recoñecidos profesionais. No ámbito da cirurxía plástica, o equipo está formado por catro cirurxiáns que traballan principalmente en dous ámbitos: tratamentos reparadores sen necesidade de cirurxía (bótox, suavizado da pel...) ou cirurxías plásticas e reparadoras de mama, corporal, facial, “redistribución e reacomodación” de graxa corporal. O equipo tanto de cirurxía plástica como doutras especialidades tamén trata a pacientes internacionais a través da liña de turismo de saúde e balneoterapia WaterHealth, un proxecto único dentro da sanidade galega.
“Escola de Saúde” Centro Médico El Carmen quere compartir os seus coñecementos co resto de ourensáns e contribuír á educación en saúde. É por isto que recentemente puxo en marcha a súa propia “Escola de Saúde”, ciclo de charlas nas que participan profesionais do hospital xunto a membros de asociacións e que teñen como finalidade a divulgación sobre diversos aspectos relacionados con patoloxías concretas que interesan á cidadanía. Temas como o Alzhéimer, a infertilidade ou as consecuencias dos accidentes de tráfico foron cuestións protagonistas destes encontros, moi ben acollidos polo público. En definitiva, Centro Médico El Carmen é un hospital cun afán de mellora continua para dar a mellor atención ás persoas que confían a súa saúde aos profesionais que forman este centro.
OURENSE POR Barrios Abril de 2016
15
Quirófano de Centro Médico El Carmen.
Habitación de Centro Médico El Carmen.
Avenida de La Habana, 50-52, Ourense Tel. 988 22 34 00
16
OURENSE POR Barrios Abril de 2016
SOCIEDADE
EN BREVE
A festa dos Maios repartirá 1.700 euros en premios
4 Ocio en Familia A Concellería de Sanidade pecha o 27 de abril a inscrición en Ocio en Familia, un programa de lecer gratuíto dirixido a familias con fillos de 4 a 14 anos. O programa contén actividades gratuítas coma ‘Mira Ourense con outros ollos’ (1 de maio); ‘Xogos para compartir’ (8 de maio); ‘Auga e ruta termal’ (15 de maio); ‘A luz da lúa’ (21 de maio); e ‘Andaina sen fume’ (29 de maio), para celebrar o Día Mundial sen Tabaco.
4 Escola de Familias na Valenzá Este xoves, 28 de abril, ás 17 horas na Casa da Xuventude da Valenzá, a Concellería de Educación de Barbadás organiza a charla - taller “Conéctate- Redes Sociais” Enmarcada dentro da programación do programa Escola de Familias, está dirixida a familias con nenos e nenas dende Primaria ata Bacharelato. Será una charla - taller, aberta e participativa, na que aprenderemos a fomentar hábitos de uso responsable das novas tecnoloxías nos nosos fillos e fillas. Conta coa colaboración do Centro Quérote+ da Xunta de Galicia, que serán os profesionais encargados de impartila.
4 Concursos de pintura rápida e fotografía Encher as rúas de Ourense de artistas é un dos propósitos da segunda edición do Concurso de Pintura Rápida e do Maratón de Fotografía Cidade de Ourense. Estes eventos, organizados pola Concellería de Cultura e a asociación LADDO, terán lugar o 14 de maio, no caso do certame de pintura, e os días 21 e 22 de maio, no de fotografía, e repartirán 5.000 euros en premios. A inscrición pode realizarse de forma gratuíta, o propio día do concurso no Centro Municipal José Ángel Valente.
4 Cultura quere convertir a Alameda na xornada do domingo nunha romaría. P. Lodeiro
O vicerreitor, o presidente da Deputación, o alcalde, o conselleiro de Educación, o presidente da Xunta, o reitor da Universidade de Vigo, a delegada da Xunta e o subdelegado do Goberno, na presentación do grao de Enxeñaría Aeroespacial./P.LODEIRO.
Enxeñaría Aerospacial comezará o vindeiro curso 4 Feijóo destaca que Ourense se converterá con esta titulación “na porta pola que entre o talento no novo polo aeronaútico galego”. Paula Lodeiro O curso que vén comezará a impartirse no campus de Ourense o novo grao de Enxeñaría Aeroespacial. Ourense sumarase así ás dez cidades españolas que contan con esta titulación e agarda converterse “na porta pola que entre o talento no novo polo aeronáutico galego”, en palabras do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. O grao de Enxeñaría Aeroespacial terá 240 créditos repartidos en catro anos, cunha formación básica e común ás titulacións da rama tecnolóxica, con materias como matemáticas, informática, física, química, empresa ou expresión gráfica. Tamén terá o “toque especial” da Universidade de Vigo, apuntaba o secretario da Xunta de Titulación e futuro director da Escola de Enxeñaría Aeronáutica, Arno Formella, 12 créditos para materias como enxeñaría de sistemas e comunicación ou cálculo numérico. Con 50 prazas dispoñibles, os estudantes poderán
especializarse realizando nos dous últimos cursos a mención en Aeronaves ou a mención en Equipos e Materiais Aeroespaciais. Xa están planificados os recursos e o persoal necesarios para impartir o seu primeiro curso a partir de setembro, faltando só por definir a ubicación exacta da escola nas instalacións xa dispoñibles do campus de Ourense. “Todo está listo, só nos faltan os estudantes”, sinalou Formella, que apuntou que xa chegou á Universidade de Vigo o informe definitivo da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia dando a súa aprobación á memoria de título presentada. Interese empresarial No deseño do grao tívose en conta “o interese do tecido empresarial galego”, apuntou o reitor, Salustiano Mato, así como a especialización da universidade do sur de Galicia no sector espacial. O rexedor ourensán e anterior conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, recordou que “esta proposta académica naceu fai ano e medio logo dun intento fallido” (Enxeñaría Física)
e coa intención de potenciar “un campus periférico” como é Ourense. Pola súa banda, Núñez Feijóo salientou que o grao de Enxeñaría Aerospacial é unha oportunidade para o novo modelo produtivo polo que aposta a Xunta e enmarcouno na triple proposta que fai o Executivo galego para o sector aeroespacial-aeronáutico, con investimentos en Nigrán, Rozas e Ourense. O mandatario recordou que o sector tecnolóxico foi un dos que mellores resistiu a crise, “mantendo facturación e emprego” e agora ten que seguir “despegando”. Non se parte de cero, pois en Ourense e Vigo hai empresas que están vendendo pezas ás principais empresas de aviación do mundo. Citou o caso de Coasa, que desde Ourense fabrica as comportas do tren de aterraxe dos Airbus.
Só falta por definir a ubicación exacta da escola nas instalacións do campus
Actividades desde as 11 da mañá ás 7 da tarde e 1.700 euros en premios son os atractivos para público e participantes na Festa dos Maios de Ourense, que se celebra o domingo 1 de maio. A Concellería de Cultura quere converter este ano a celebración na Alameda nunha auténtica romaría, polo que, a maiores dos maios e da animación musical, decidiu instalar un posto de polbo para que os participantes poidan xantar no lugar. A programación comeza na véspera, cun concerto ás 22:30 horas do grupo Prímula na praza de San Martiño. Xa o domingo, a partir das 11 empezarán a colocarse os maios na Alameda; pouco despois os gaiteiros “Os Carapaos” e os cabezudos comezarán a animar a festa. A mediodía o xurado visitará as diferentes figuras e escoitará cantar as coplas. Logo do xantar, haberá xogos populares e obradoiros de enredos naturais e tocarán os gaiteiros “Os Gomes Mouro” . Ás 18:30 entregaranse os premios. Nesta ocasión hai 500 euros para o mellor maio artístico, 300 para o maio enxebre,
200 euros para o maio máis creativo e para o mellor maio infantil. Ademais, as mellores coplas e as mellores coplas infantís serán galardoadas con 200 euros cada unha. Polo momento só hai inscritos nove colectivos, aínda que desde Cultura agardan que ao final se alcancen unha cifra de “entre 20 e 30 maios”, similar á doutros anos, apuntaba a técnica María Díaz. O prazo para inscribirse remata este xoves 28 ás 14 horas. Durante toda a xornada elaborarase un maio de forma tradicional para que todas as persoas poidan ver como é o proceso de elaboración. A actuación do grupo Sons do Douro no palco da Alameda ás 7 da tarde porá o broche final a esta festa, declarada de interese turístico en 2011. Unha festividade “arraigada”, resaltaba a edil de Cultura, Belén Iglesias, que informou da campaña turística posta en marcha polo Concello de Ourense para atraer visitantes a próxima fin de semana, que inclúe descontos do 30% para quen colla o tren para visitarnos, e os establecementos hoteleiros ofertarán paquetes turísticos de aloxamento, comida e visita ás termas.
Presentación dos Maios 2016 no Concello./P.LODEIRO.
SOCIEDADE / ARTIGOS
4ARQUIVO VISUAL OURENSÁN
sempre amigables respostas, versadas e certeiras, que de tanta luz proveron á traslúcida intrahistoria local. Onte choveu, pero apareceu o sol na túa despedida, debuxando un particular arco iris en vermello, amarelo e morado. Ata sempre, Pastor. Grazas por todo. Fernando Valcárcel, membro do Arquivo Visual Ourensán
39 pinchos optan a premio en "Sabores de Ourense" 4 O concurso está aberto ata o 8 de maio. P.L. Do 22 de abril ao 8 de maio, 39 establecementos de Ourense participan no quinto Concurso de pinchos “Sabores de Ourense” edición primavera, organizado polo Concello de Ourense e a Unión de Hostaleiros Ourensáns (UHO). Son 39 locais de hostalaría da cidade (a maioría da zona dos Viños, pero tamén do centro, San Francisco, A Ponte, Residencia ou zona termal) os que ofrecerán durante dúas semanas petiscos elaborados con materias primas frescas e de tempada, e a un prezo máximo de 2,50 euros.
Todos os pinchos optarán aos tres premios do xurado profesional e do público, e ao premio da
17
4AS ANDRÓMENAS E OUTROS CONTOS
Pastor Fábrega Carballo Gastabas a limpa e vidrosa mirada dun neno inquedo cando disertabas, con republicana paixón, sobre o teu Ourense de pontes físicas e intelectuais abismos. Afogabas as nosas dúbidas en documentos, notas e imaxes en branco e negro. Só aquel carraspeo retranqueiro que asinaba as túas máxicas sentenzas, interrumpía as fugaces viaxes a un venturoso pasado onde agardadaban as
OURENSE POR Barrios Abril de 2016
Pastor Fábrega de neno.
prensa, e aqueles que sexan sen glute optarán tamén ao premio pincho celíaco. Os clientes que selen os boletos cos seus votos (en alomenos tres bares) poderán gañar premios como lotes de viño, estancias termais ou en hoteles, e aqueles que rexistren a súa votación na aplicación para móbiles “Sabores de Ourense” unha tablet.
A propietaria do Porta da Pía, local gañador do primeiro premio na pasada edición do certame; o voceiro do grupo de goberno, Pepe Araújo; e o presidente da UHO, Javier Outumuro, observan o“Crocante”, pincho co que este restaurante participará nesta edición./P.LODEIRO.
Tensión “Vanse as rulas e non volven ata o verán, ela vaise para outro sitio onde tamén se foi a túa nai e o avó, pero pasarán os días e atroparémolos outra vez, doutro xeito”. Dicíame isto o pai namentres me aloumiñaba, e co pano branco que lle bordara ela me secaba as bágoas que esvaraban teimosas polas miñas meixelas, como as pingas da choiva no cuarto grande, contra o cristal da fiestra. A avoa Hortensia estaba guapísima co vestido novo deitada cos olliños pechados, parecía que ía espertar en calquera intre e arrincar para a misa como calquera domingo. A tapa do cadaleito aberta e o escapulario cinguindo as súas mans, arredor as veciñas choraban ou rezaban o rosario, namentres eu non entendía de todo aquel ritual da morte, aquel pranto acompasado de rezos e choros, os cirios ardendo cun arrecendo mesturado de cera e flores, espallando sombras de lapas no espello do chinero. Inquedo ollei cara fóra, dende a fiestra albiscábase o río Asneiro que baixaba cheo, asolagando o prado do Muíño, e o ceo pecho seguía rezumando auga inmisericorde. O pai non choraba na-
“Dixéchesme que me deixara de andrómenas, que aínda teño moito que facer”
mentres estaba alí no velorio, cada pouco saía para a cociña e agochábase detrás da mesa, onde a alacena dos chourizos, saloucaba un anaco e despois secaba as bágoas e volvía como se non pasara nada. Eu decateime porque sempre estou detrás del -“para onde vai o can, vai o rabo”- e vixieino dende o corredor. Tamén o viu Laureana, a nosa parente de Taín, que lle deu unha aperta e díxolle “hai que ter paciencia, Avelino”. Ela aloumiña a todos, consola a todos, sempre ten unha verba agarimosa, chegou coas súas potas, tixolas e coitelos e púxose a facer de comer. Parecía que estivera sempre na casa e iso que só viña polas festas. Tróuxome un anaco de doce metido na faltriqueira, e preguntoume pola escola (este é o meu primeiro ano, pero vou moi ben, xa pasei as primeiras raías), ela si que sabe cociñar larpeiradas e falar cos rapaces. Preparou comida para todos, “comer hai que comer”, repetía mentres limpaba a verdura para o cocido. Disto que vos estou a contar xa pasaron case 50 anos, onte coñecín a noticia do pasamento de Laureana, e lembreime do que me dixo meu pai de aquela muller que sempre estaba ao carón dos que sufrían, familiar, festeira cando tocaba, sempre acompañando, sen unha soa queixa, sen facerse notar, viña coas mesmas potas a cociñar para un enterro que para un casamento, xenerosa, alegre, traballadora,
feliz. Ela, que non tivo fillos, foi algo nai de todos, tivo unha longa vida, finou aos 95 anos, contoume meu irmán Suso, de velliña e sen sufrimento apagóuselle a vela e foise como as rulas. Xa estará contigo, papá, seguro que ti xa a recibiches como se merece, seguro que botastes unhas risas e cantastes algunhas cantigas para celebrar o reencontro, no ceo dos galegos, que á forza ten que ser máis chuviñento e morriñeiro que os outros ceos. Lembreime como me colliches aquela tarde no colo e como me falaches de mamá e me consolaches para que puidera durmir. Xa sabes que estes últimos días tiven algún percance coa saúde e pensei que se cadra eu tamén podía irme coas rulas... pero á noite viñeches e dixeches que aínda non se acabara o meu verán, volvíches e contáchesme que non chegara a miña hora e que me deixara de andrómenas, que aínda teño moito que facer. Pois ben, vai preparando todo para cando toque, che dixen, e ti pasáchesme a mao polo lombo e votácheste a rir, namentres a enfermeira insistía: “sepáreme o braciño que lle teño que mirar a tensión”. Abrín os ollos e pedinlle que me perdoara, que estaba a falar con meu pai. Como me miraba de xeito raro, aclareille que estaba soñando, aínda así vina marchar cara a porta sen estar convencida de todo. Avelino Jácome
18
OURENSE POR Barrios Abril de 2016
OCIO E CULTURA
4IMAXES DO MES
Poetas que participaron en “PonTesia16”./FREIXO.
Recital poético “PonTesía16” O pasado 7 de abril, o local da asociación Andén Primeiro quedou pequeno para o númeroso público, case 100 persoas, que asisitu ao recital de poesía denominado “PonTesía16”, organizado pola asociación cívica e cultural “Vía Vella” de Ponte Canedo. O magnífico cartel estaba composto polas consagradas autoras Carmen Blanco, Claudio Rodríguez Fer e Olga Novo, acompañadas por unha nova xeración de poetas da Ponte, Ángela del Canto, Inés Outumuro e Iago González, os dous últimos recentemente premiados nos Minerva de poesía na presente edición de 2016. A excelente resposta do público fai augurar que esta cita se repetirá anualmente, facendo bo o desexo da organización de estarmos ante o primeiro dunha longa serie de PonTesías.
Os integrantes da asociación en Ourense posan coa furgoneta do banco de tapóns.
Uns moteiros moi solidarios A asociación Moteiros Solidarios Galicia fixo entrega o pasado 9 de abril dos tapóns que estiveron a recoller nos últimos meses ao banco de tapóns Baixo Miño; o recadado será destinado á axuda de menores necesitados. O colectivo conta tamén cun psicólogo para atender de maneira gratuíta a nenos con problemas, mulleres maltratadas e outras persoas que o necesiten.
O director de Queixumes dos Pinos, o alcalde de Ourense e o secretario xeral de Emigración, observan a mostra de artesanía.
Convivencia intercultural en Queixumes dos Pinos A sede de Queixumes dos Pinos acolleu o 17 de abril as II Xornadas interculturais organizadas por esta agrupación folclórica e a asociación ourensá-venezolana Alma Llanera. Houbo unha mostra de artesanía e gastronomía de diferentes países e as actuacións de grupos de Colombia (Agrupación Mira), Perú (Asociación Machu Pichu), os bailes orientais de Nissaa e o grupo infantil de Queixumes dos Pinos. Unha actividade coa que se buscaba destacar os valores da cooperación, a tolerancia, a convivencia, a solidariedade e o respecto á diversidade cultural.
Estudantes e profesores do Divina Pastora Franciscanas./P. LODEIRO.
Franciscanas celebra o Día do Libro O xoves 21 de abril o Colexio Divina Pastora Franciscanas sumouse ás celebracións do Día Mundial do Libro dun xeito moi especial. Primeiro realizaron un maratón de lectura en castelán, galego, inglés e alemán en homenaxe a Cervantes e Shakespeare. Logo deron lectura ao primeiro manifesto poético “Verbas no Aire” desde o balcón da fachada principal do centro educativo. E, finalmente, entregaron os premios aos gañadores dos 47º Xogos Florais.
OCIO E CULTURA
OURENSE POR Barrios Abril de 2016
19
4IMAXES DO MES
Stand da Plataforma de Afectados pola Hepatite C na pasada Feira da Saúde./P.L.
Asistentes á charla de Elsa Punset en La Molinera./P.LODEIRO
Unha trintena de colectivos, na XIII Feira da Saúde
Xornada sobre o coñecemento en La Molinera
Rexistros sanitarios, reparto de folletos informativos ou charlas divulgativas son algúns dos contidos da XIII Feira Municipal da Saúde, que estivo instalada os días 12 e 13 de abril na avenida de Pontevedra. Alí, estiveron representados 30 colectivos do ámbito da saúde, incluíndo o propio Concello de Ourense. A feira foi o acto máis destacado da conmemoración en Ourense do Día Mundial da Saúde, que este ano levaba por lema “Vence a diabetes. Mantente en superforma!” e puña o foco na prevención desta enfermidade que afecta a entre un 12 e un 14% da poboación mundial. Ademai, houbo charlas nos centros cívicos, rexistros sanitarios gratuítos nas farmacias e dous paseos saudables, un deles con mascotas.
Os ourensáns completaron o aforo no primeiro acto público do Centro de Coñecemento La Molinera, o 8 de abril. Tratouse dunha xornada sobre o coñecemento na que participaron a divulgadora Elsa Punset, o deseñador ourensán Pablo González e o director do Citilab de Cornellá Javier González. Entre as próximas actividades que oferta esta instalación, no marco da ICC Week, que organiza a Deputación de Ourense, haberá varios obradoiros para escolares de entre 8 e 17 anos, para que estes se acheguen ás novas tecnoloxías dun xeito lúdico. Serán os días 13 e 14 de maio e centraranse en temáticas como drons e robótica, impresión 3D, stopmotion ou pintura condutiva.
20
OURENSE POR Barrios Abril de 2016
EN BREVE
ENTREVISTA A LUIS AHIJADO GÓMEZ, AUTOR DE “LA SONRISA QUE TE DEBO”
“Abandonar a poesía sería como quitarme a pel”
4 Jaureguizar gaña o “Carracedo” de xornalismo O xornalista Santiago Jaureguizar é o gañador do XXVI Premio de Periodismo “Xosé Aurelio Carracedo” que concede a Deputación. O xurado outorgou o galardón ao artigo publicado no xornal El Progreso, titulado “Os amigos do cadáver de Blanco Amor”, destacando da obra “a súa calidade xornalística, o sentido crítico e a proposta de “actualizar”, por medio dunha personaxe histórica da literatura galega, como é Blanco Amor, a crítica á situación social que vivimos nestes momentos” O premio, dotado con 3.000 euros e diploma, entregarase o vindeiro 3 de maio, Día Internacional da Liberdade de Prensa, nun acto na Deputación de Ourense.
4 Concurso para o cartel do Festival de Cine O Concello de Ourense convida a creativos e deseñadores a participar no proceso de selección de provedores para o deseño do cartel da 21ª edición do Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF). O contrato está valorado en 1.200 euros máis IVE, unha dotación económica coa que o Concello pretende estimular a concurrencia de propostas para anunciar esta cita anual da cidade co mellor cine internacional. A creatividade deberá incluir os logos do Concello de Ourense e OUFF, así como as datas de celebración do certame (do 28 de outubro ao 5 de novembro de 2016). Os interesados poden presentar as súas propostas no Rexistro do Concello ata o 30 de abril.
OCIO E CULTURA
4 Con este libro pecha a súa triloxía de poemas. R.Torres Xa está acá o libro “La sonrisa que te debo” de Luis Ahijado Gómez. “El baúl del eterno reproche”, “Isósceles” e este último -do que falamos co autor- compoñen a súa triloxía de poemas. Do inferno ao ceo, do pesimismo ao positivismo en tres poemarios. Pechas o círculo con “La sonrisa que te debo”. Contento co resultado? Luis Ahijado: “Si. Tiña pensado que a evolución fose como foi. O primeiro libro era adolescente, pesimista, tremendista, ata chegar a este que é unha especie de canto, de oda á vida. En plan positivo, halagando á muller constantemente. Vendo as relacións persoais desde un prisma positivo. Totalmente distinto ao primeiro libro. Rematou xusto como quería. Este proxecto está totalmente rematado. Gustoume como foi a evolución e incluso poeticamente na obra. Os que o lean daranse conta que este está máis pulido. Deixeime ir. Non está adaptado pola métrica; sentinme máis cómodo a pesar de que a temática non era a máis cómoda para min. Canto máis negativo sexa o contido mellor me sinto.
“Escribir esto foi un reto, dos tres libros é do que máis orgulloso estou”, asegura
Luis Ahijado presentounos “La sonrisa que te debo”./RAMSÉS.
Luis Ahijado confésanos para quen é ese sorriso que debe: “o libro vai dedicado a parte da xente que me rodea, á que lle debo moitísimo este empurrón de optimismo, e a min mesmo” Isto fixo que fora un reto escribir desde unha parte positiva”. Querías cumprir o obxectivo de rematar a triloxía nun momento preciso. Costouche cumprilo? L.A.: “O primeiro era recopilatorio da adolescencia polo que xa tiña bastante material; o segundo era realista e xurdiu dun xeito natural, non tiven que buscar a temática. Neste si que tiven que procurar eu a materia. Saiume vivir no mundo de arco iris e de cor. Visto por unha persoa que non me coñece dirá que ten unha carga de positivismo brutal; pero coñecéndome como persoa, escribir isto foi un reto. Dos tres libros é do que
máis orgulloso estou, porque adoptei unha actitude, fixen coma se fora un actor que se ten que poñer a máscara do positivismo”. A quen lle debías o sorriso? L.A.: “A parte da xente que me rodea, á que lle debo moitísimo este empurrón de optimismo que se reflexa no libro, e a min mesmo. É o libro que máis me arroupou, dinme un abrazo a min mesmo. É un autosorriso, e tamén é un sorriso á xente que coñeco e que me axudou cando non pasei polo meu mellor momento”. Con que se vai a atopar o lector? L.A.: “Cun conxunto de poemas moi vitalistas. Penso que lidos en mo-
mentos delicados verán poemas que mostran unha esperanza, unha fe de superar barreiras. Espero que a xente reciba o positivismo que transmito nel”. Pechas a etapa poética con este libro? L.A.: “Non. Abandonar a poesía sería como quitarme a pel. Non podo deixar de pensar en rimas e sigo escribindo poesía; xa teño cousas pensadas e ideas ás que lle teño que buscar o camiño. Estoume deixando chamar polas musas, deixándome aconsellar veñan de onde veñan. Que me susurren versos ou ideas para libros en prosa”. Que tes en mente? L.A.: “Comecei a escribir un libro en prosa que
pensei que era o seguinte proxecto pero non o teño claro de todo. Quero ir pouco a pouco e sen marcarme datas. Dubido moito porque coñecéndome como me coñezo doulle mil voltas ás cousas e nunca estou satisfeito ao completo; é algo que non podo evitar. Por outra banda tiña pensado outros proxectos, como un de poesía erótica; xa que me dei conta de que os poemas que escribo teñen connotacións eróticas das que non podo fuxir e ás que recurro. E tamén quero facer poesía para nenos, para o que xa teño algo escrito. Quizais vexa máis preto volver a escribir en verso que en prosa”. Contén, como no segundo, ilustracións. L.A.:”Si, como no segundo libro contén ilustracións coa miña colaboradora habitual, Raquel Sáenz, que fixo os debuxos sen coñecer os textos, explicándolle o que eu quería”. Non che gusta deixar nada ao azar. L.A.: “Si, que todo se rixa por un patrón. A triloxía contén un número capicúa: o primeiro libro contén 45 poemas, o segundo 60 e este 45. Ademais, no segundo libro todos os poemas comezan por vogal; 12 pola A, 12 pola E,... E neste quixen rizalo rizo e fixen un poema oculto que se descifra collendo a primeira palabra do título de cada poema”. A partir de agora estaremos atentos á promoción do seu libro que se poderá comprar, ao prezo de 12 euros, na libraría Amorín (barrio da Ponte), e proximamente online.
“Teño pensados outros proxectos, como poesía erótica ou para nenos”, adiántanos
PUBLICIDADE
OURENSE POR Barrios Abril de 2016
21
22
OURENSE POR Barrios Abril de 2016
DEPORTES
Diz e Teijeiro golpean primeiro
ta dunha décima para o remate do encontro (7372). O castigo foi moi grande, e os homes de Gonzalo García de Vitoria non se recuperaron, xa que no segundo encontro o COB non competiu ao mesmo nivel e perdeu con máis contundencia, 81-64.
4 Venceron na cita inicial do “Correndo por Ourense”. Redacción Rubén Diz (Sociedad Gimnástica de Pontevedra) e Sonia Teijeiro (Atletas Veteranos Ourense) venceron na primeira carreira do circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense”. A primeira cita, como vén sendo habitual, nesta sexta edición foi no barrio do Vinteún. O atleta de Xinzo de Limia da Gimnástica foi o primeiro en cruzar a liña de meta na proba absoluta; o seu tempo foi de 18 minutos e 41 segundos. A 37 segundos entraría o atleta de Ribadavia do Club Lamargha Iván Docampo (19:18). O terceiro clasificado foi Luis Iglesias Raña (Atletismo Arenteiro) parando o crono en 19:41. En mulleres Sonia Teijeiro fixo un tempo de 23 minutos e 24 segundos. A pouco máis de medio minuto (23:57) entraría en meta Ana María Ocampo (Ourenrunning). De terceira clasificada remataría Vicky Losada (Ourenrunning) cunha marca de 24 minutos e 20 segundos. Nesta categoría foron 492 os que remataron a carreira. Nas categorías inferiores concorreron máis de 200 atletas o que fixo que na primeira etapa do “Correndo por Ourense” estiveran presentes máis de 800 participantes. O Couto A vindeira carreira do circuíto terá lugar no barrio do Couto. A cita terá lugar o sábado 21 de maio en horario nocturno. Será a única das seis probas que se dispute en sábado e de
noite. As carreiras escolares darán comezo ás 22 horas para rematar coa proba absoluta ás 22:30. Barbadás O concello de Barbadás únese á febre das probas atléticas e acollerá para o mes de maio dúas probas. Por unha banda, o I Castro Trail de Barbadás -Sobrado do Bispo- será o domingo 8 de maio. Esta primeira edición ten dúas probas a elexir: un trail, de 22 quilómetros con saída ás 9:30 horas, ou unha andaina, de 17 quilómetros e saída ás 9 horas. As inscricións poden realizarse ata o día 4 de maio a través da web cronotec.es. O prezo para participar na carreira é de 10 euros e de 5 para a andaina. Por outra banda, o sábado 28 de maio terá lugar a I Carreira Popular A Valenzá. A inscrición, que tamén será a través de cronotec.es, ten de data límite o 24 de maio ás 12 da noite. O prezo para anotarse na categoría absoluta é de 4 euros; para o resto de categorías é de balde. Cinco son as probas que se disputarán: biberón, cun percorrido de 100 metros; benxamín, 400 metros; alevín e infantíl, 1.000 metros; cadete, 2.000 metros; e a absoluta, que conta con 7.000 metros. As probas comezarán ás 18:30 h -biberóns- e rematarán ás 19:45 horas coa saída da absoluta.
Participantes da carreira do Vinteún./I. OSORIO.
Partido de Liga entre o COB e o Burgos./ARQUIVO.
O COB quere forzar o cuarto partido 4 O conxunto ourensán marcha 0-2 na eliminatoria fronte a Burgos. Redacción O Ourense Provincia Termal (COB) ten a oportunidade este xoves ante a súa afección -21 horas, Paco Paz- de forzar o cuarto partido ou dicir adeus ao playoff de ascenso e á tempada.
A serie aterriza en Ourense cunha desvantaxe para os ourensáns de 0-2 tras perder os dous primeiros encontros na cancha de Burgos -O Plantío-. No primeiro partido quedou coa mel nos beizos ao ver como Sinica palmeaba un balón que entraba a fal-
Pazo Agora toca encomendarse ao Paco Paz e ao “espírito dos 900”. Para elo o técnico cobista quere un Pazo cunha moi boa entrada. “É xoves, unha boa hora, non hai excusa”, afirmaba García de Vitoria. En caso de derrota os ourensáns despediríanse da tempada e tocará centrar a atención nos despachos de cara a disputar o ano que vén a Liga Endesa. Unha vitoria faría que a eliminatoria se prolongue, alomenos, un partido máis, que sería o domingo ás 19 horas no Pazo.
3º partido da eliminatoria COB - Burgos. Xoves, 21 h, Paco Paz
EN BREVE
4 Fútbol sala A Liga en Primeira División continúa coas opcións intactas de ver ao Ourense Envialia na vindeira edición da Copa de España. Cita disputada polos catro primeiros clasificados na Liga. O Envialia marcha cuarto cunha vantaxe de tres puntos sobre o quinto clasificado, o Universidad de Alicante. O Cidade As Burgas, pola súa banda, xa está sen opción de loitar por entrar na Copa, pero sen problemas de apuros. O Cidade é oitavo con 35 puntos. Por iso, durante as cinco xornadas que restan para que finalice o campionato Codeso daralle máis minutos ás menos habituais. Onde non marchan nada ben as cousas é no equipo masculino de 2ª B, o Sala Ourense Prolsport. O conxunto está descendido e á crise deportiva únese a institucional. Despois de dimitir o seu presidente, Julio Prol, e o vocal, Óscar Vivián, foron os xogadores do filial -na súa maioría- os que se negaron a seguir na competición por, segundo explicaron nun comunicado, recibir “trato vexatorio e recaudatorio” por parte da actual directiva.
4 Fútbol
Del Bosque con rapaces no remodelado campo Cardenal Quiroga de Maceda./M. REJO.
Vicente del Bosque, en Maceda O seleccionador nacional de fútbol Vicente del Bosque estivo este mércores 27 en Maceda. Os motivos foron varios. O seleccionador realizou unha visita ao Concello para firmar no libro de honra e posteriormente descubrir unha praca dunha rúa céntrica da vila que levará, a partir de agora, o seu nome. Despois foi o encargado de cortala cinta que daba pé á inauguración do remodelado campo “Cardenal Quiroga”; pase de ser de area a céspede artificial. Alí estiveron presentes un milleiro de escolares de Maceda e arredores. A apretada axenda levouno tamén ata o Castelo de Maceda, onde ofreceu unha charla a adestradores galego. A homenaxe rematou cun xantar. Con Vicente del Bosque no banco, a selección española logrou o Mundial de Sudáfrica en 2010 e a Eurocopa de Polonia e Ucraína.
A Unión Deportiva Ourense xa se proclamou campioa do grupo 9 de Segunda Autonómica. A falta de tres xornadas para o remate da Liga aos homes de Antonio Dacosta tan só lles resta acadar algún que outro récord, como contar co máximo goleador da competición (Cristian Dacosta é o actula pichichi con 31). A plantilla tamén está conxurada para poder lograr alzarse coa Copa Deputación B.
4 Ralimix O piloto asturiano Abel Jurado venceu no Ralimix de Piñor co seu kartcross Yacar Racing, facendo bos os prognósticos.
AXENDA - CLASIFICADOS - INFORMACIÓN DE SERVIZO
OURENSE POR Barrios Abril de 2016
23
Ourense por Barrios. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 15-2015. Redacción: r/ Bedoya 7 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352 Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Lebre Mensaxeira Imprime: Publicaciones Tameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Miguel Rejo. Colaboracións: Silvia Nieto, Raquel Sertaje, Fernando Valcárcel, Avelino Jácome, Pablo Feijoo Nº 16 - Ano: XV - Abril de 2016 - Difusión: 30.000 exemplares. Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, chame ao 988 045 352.
4AXENDA Música - 29 de abril- Concerto de Kepa Junquera - 21 h - Liceo - 30 de abril - Concerto de Derroche - 22 h - Sala Berlín - 1 de maio - Concerto de Yomelo Montosolo - 13 h - Café Bulervar Exposicións - Ata o 30 de abril - Exposición dos proxectos Crea 2016 - Espazo Xove - Ata o 8 de maio - Exposición “Contra vento e marea: itinerarios converxentes” - Centro Municipal José Ángel Valente - Ata o 12 de xuño - Exposición “A fronteira infinda. Os artistas galegos e a emigración” - Sala de Exposición Afundación Teatro - Ata 30 de abril - XXI Miteu - Diversos emplazamentos - 5 e 6 de maio - “Coma e punto” - 20:30 h - Auditorio Municipal - 6 de maio - “Shakespeare para ignorantes”20:30 h - Teatro Principal - 8 de maio - “Pancreas” - 19 h - Teatro Principal - 8 de maio - “Viejovenes” - 20 h - Auditorio Municipal - 20 de maio - “No esconderás un cadáver en el armario” - 20:30 h Teatro Principal Espectáculos - 7 de maio - “Menú da noite” - 20 h - Auditorio Municipal www.periodicobarrios.com
4CARTA AO DIRECTOR Á xerente do Sergas en Ourense O motivo da miña carta é o seguinte: con data 18/02/2015, realizáronme unha revisión en cardioloxía, pautándome nova revisión ao cabo dun ano. Ese mesmo día solicitei a nova revisión. Quedaron de avisarme e pasaron 14 meses e aínda non me chamaron. Padezo unha cardiopatía isquémica, con implantación de dous stent. Ademais xa pasei por dúas anxinas de peito e non quixera ter a mala experiencia de pasar por unha terceira. Como vexo que pasa o tempo e non me chaman, espero non tarden tanto como fixeron co meu marido, que estando en lista de espera para intervención de carótidas, cando o chamaron para dita intervención, levaba falecido catro meses. Como de todos é coñecido o feito de que a vostede outorgáronlle o premio como unha das mellores xerentes de sanidade do país, é polo que espero me xestione esta cita o máis axiña posible e non ter que esperar outro catorce meses. Unha “paciente” paciente, Aurelia Sanmartín Pousa
4TEL. DE INTERESE
4ANUNCIOS CLASIFICADOS [Deixe os seus anuncios no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]
TRABALLO Ófrecese señor para traballar de pintor -con 40 anos de experiencia- . Dispoñibilidade inmediata. Tel. 647 640 620. Ofrécese señora para traballar de luns a venres media xornada e tarefas do fogar, coidado de maiores, mascotas, recados, etc. ou ben as fins de semana para coidar persoas maiores ou o que necesiten, tel. 645 77 05 10. Clases de apoio a domicilio,. Matemáticas xeraias e outras materias curriculares. Todos os niveis. Ampla experiencia. Económico. Con CAP. Información en clasesadomicilio2014@hotmail.com e 610 38 25 89. Poñémosche a túa máquina de café gratis. Tel. 618 64 69 59 (Claudio). Ofrécese home de 40 anos con experiencia e titulación para coidado de persoas maiores ou depedentes. Calquera horario. Seriedade. Tel. 685 56 46 81 Fanse desbroces en fincas e montes. Tel. 722 216 123. Particular en Ourense imparte clases individuais personalizadas de matemáticas e estatística, todos os niveis, e resto de materias curriculares de Ensinanzas Medias. Con CAP. Ampla Experiencia. Económico. A Domicilio. Contacto: clasesadomicilio2014@hotmail. com e tel. 610 38 25 89 Fanse desbroces con tractor ou a man. Bo prezo. Tel. 630 521 448.
INMOBILIARIA Alugo oficina amoblada de 24 m2. Lista para empezar a traballar. 150 euros/mes (+4 euros da luz da escaleira). Tel. 627 203 131. Alugo piso amoblado con calefacción e garaxe en Marcelo Macías. 300 euros/mes. Tel. 649 57 13 13 Vendo casa para restaurar pola estrada de Santiago. Tel. 637 00 59 10. Alugo apartamento no casco antigo de Ourense. Económico. Tel. 637 00 59 10. Alugo apartamento en Montalvo. 1 e 2 habitacións, preto da praia, equipado (xardín, tumbonas, aparcamento...). Fronte ao mar. Tel. 607 27 19 16. Vendo apartamento con dúas habitacións, cociña americana, trasteiro e garaxe. A cinco minutos da praia. Tel. 636 422 497. Vendo piso en Praza España (Vigo). Tres habitacións, cociña, baño, salón, garaxe e trasteiro. Urxe venda. Tel: 639 81 62 09. Ofrezo unha casiña pequena para restaurar moi próxima a Ourense a cambio de traballos de albanelería (restauración tellado, piso, encintar e dividir). Tel. 606 422 543. Alugo perruquería en Progreso, 250 euros + comunidade. Tel. 637 00 59 10 Necesítase mozo ou señor responsable para compartir piso. Zona Couto. Tel. 637 00 59 10. Vendo finca en Loiro. 3.000 m2. Con luz e auga. Tel. 687 62 86 28.
Alugo praza de garaxe fronte ao centro de saúde da rúa Valle Inclán. 50 euros. Tel. 636 329 524. Alúganse oficinas en Progreso, unha amoblada, todas exteriores. Bo prezo. Tel. 637 00 59 10. Alúgase local de oficina no barrio da Ponte, acondicionado, 25 m2, económico. Tel.634 950 659. Vendo finca edificable con proxecto próxima a Ourense. Prezo de oferta: 13.800 euros. Tel. 606 422 543.
VENDAS Vendo sofá 3+2, caldeira de calefacción de gas cidade, de calefacción de corrente de calor e frío, e porta de alumunio oscuro. Tel. 637 00 59 10. Véndese base terapéutica médica a estrear, marca Biofield, rexistrada polo Ministerio da Saúde, con 9 bandas magnéticas, para cama de 135 cm. Prezo negociable: 400 euros. Tel.988 249 781 Vendo colchas de ganchillo. Tel. 988 23 06 69. Vendo leña de carballo. 220 euros/tractor. Tel. 630 521 448.
CONTACTOS Mozo novo, con grandes apuros económicos, ofrécese para compañía de mulleres de 40 a 63 anos. Prezo anticrise (1 hora / 20 euros). Ademais danse masaxes eróticos a mulleres. Absterse de chamar homes. Tel. 697 79 59 28.
Concello Ourense 988 388 100 Concello Barbadás 988 360 000 Deputación 988 385 100 Xunta de Galicia 012 Pazo de Xustiza 988 370 728 Policía Local 092 / 988 388 138 P. Local Barbadás 988 221 050 Policía Nacional 988 391 771 Guardia Civil 988 235 353 Guardia C. Tráfico 988 222 881 ITV 902 309 000 Bombeiros 080 / 988 370 000 Incendios forestais 085 Prot. Civil 24 h. 988 510 254 Prot. Civil Barbadás988 391 479 Cruz Roja Ourense 988 222 484 SOS Galicia 112 Urxencias e ambulancias 061 Consultas sanitarias902 400 116 H. Sta. Mª Nai 988 385 499 Hospital Cristal 988 385 500 Atención Cidadán 988 392 909 Teletaxi 988 21 00 11 Taxis A Valenzá 988 251 471 Taxis Carrefour 988 231 657 RENFE 902 240 202 Estación autobuses 988 216 027 Correos 988 223 083 Fenosa 988 222 222 Aquagest 988 250 088 Atención menor 900 202 010 Asoc. Diabética Auria988 226 608 AECC 988 219 300 C. C. Antisida 988 233 000 Alcer 988 229 615 AFAOR 988 219 292 Alcoh. Anón. 646 645 119 24h. Alc. Anón. 988 269 540 Alcoh.An. 24h. 988 22 76 23 Narcóticos Anóm 671 58 28 38 Asoc.Crohn 630 136 447 Down Ourense 988 370 313 Atención Muller Maltratada 016
4AUTOBUSES liñas e horarios dos urbanos de Ourense en www.urbanosdeourense.es e liñas e horarios dos buses á Valenzá en www.anpian.com
OURENSE POR Barrios Abril de 2016