Abril de 2016 - Barrios

Page 1

[Páx. 16]

Entrevista á profesora de Música e organista Marisol Mendive VERÍN

Páx.2

Denuncian un gasto excesivo en plantación de árbores

COMARCAS

Páx.8

No último ano baixou o paro en AllarizMaceda e na Limia

ESPECIAL Páx.11-15

CELANOVA

Prepara as túas celebracións: vodas, comuñóns...

Homenaxe de Celanova ao poeta Pepe Velo

Inaugurado sen certificado

[Páx. 3]

Páx.17

DEPORTES Páx. 18 Ascenso das Escolas Deportivas de Verín de fútbol

Nova glorieta en Xinzo

[Páx. 6]

Abre o Centro Cultural das Artes de Verín sen certificado final de obra.// Unha glorieta facilitará o acceso ao polígono de Xinzo. /P. LODEIRO e M. REJO.

Número: 24 - Ano: XI - Abril 2016 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de maio. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


BARRIOS Abril de 2016

VERÍN E COMARCA

O PP de Verín denuncia o gasto de máis de 60.000 euros en plantar árbores 4 Jiménez critica que por non consultar ás compañías subministradoras o Concello rompeu tubaxes na rúa Irmáns Moreno. Redacción

Asistentes ao curso de cata de viños posto en marcha pola DO Monterrei.

O Consello Regulador organiza un curso sobre cata de viños 4 Os alumnos visitarán adegas da Denominación de Orixe Monterrei. Redacción Os 18 alumnos que forman parte do curso “Aproximación ao mundo da cata de viño”, organizado polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei, recibiron xa a primeira sesión desta iniciativa formativa. Ao comezo da mesma, os alumnos e os profesionais encargados de impartir o curso foron recibidos pola presidenta do C.R.D.O.

Monterrei, Asunción Rodríguez Zarraquiños, que lles presentou outras accións formativas que levarán a cabo este ano. Durante as dúas primeiras sesións do curso, que teñen lugar nas adegas Franco Basalo Iria Otero, licenciada en Enoloxía ensinou aoss participantes cuestións como elaboracións de viños brancos, tintos e de barrica, iniciación á cata de viños e técnica de cata.

Mentres que nas últimas sesións, que terán lugar os días 6 e 7 de maio na adega Crego e Monaguillo os aprendices recibirán formación no ámbito de orixes da vide, variedades, denominacións de orixe, servizo e cata de viños. Nesa ocasión, o ensino correrá a cargo de Antonio Portela, diplomado en Ciencia da Eduación e Master en Viticultura e Enoloxía.

Convenio de colaboración entre o Concello e Protección Civil Redacción Diego Lourenzo Moura, tenente de alcalde do Concello de Verín, e o presidente da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Verín, Manuel Alfonso Araujo, asinaron o convenio de colaboración entre as dúas entidades para o mantemento da operatividade e prestación de servizos da agrupación no ano 2016. O obxecto do convenio é regular a colaboración entre o Concello de Verín e Protección Civil de Verín, destinado ao cumprimen-

O portavoz do Partido Popular de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, vén de amosar as súas críticas ao gasto realizado polo Concello de Verín en plantación de árbores da vila que ascende a 60.000 euros. “Nós tamén plantamos árbores durante os anos que estivemos gobernando e non foi unha noticia extraordinaria. Fixémolo sen publicidade, grandes vallas publicitarias nin eslogans rimbombantes porque críamos que era algo normal”, asegura Jiménez Morán. “Non nos opomos a que se planten árbores, pero cremos que non se está a contar a verdade aos veciños, xa que o custo económico é importantísimo”, indica. “En primeiro lugar, cremos que se trata dun tipo de árbore inadecuada porque é moi grande, é de folla caduca e a caída da folla ocasionará moitos problemas no inverno, non só de limpeza senón tamén resbalóns cando chova e atasco nos sumidoiros, e trátanse de árbores con grandes raíces que poden afectar ás distintas canalizacións subterráneas e levantar o

4 Facenda retén fondos ao Concello de Verín

Juan Manuel Jiménez Morán, voceiro do PP en Verín./M.REJO. pavimento”. Ademais, “antes de plantar ás árbores realízase un levantamento topográfico, que xa supuxo ata o momento un custo de 6.663 euros”, recoñece Jiménez, “pero non debe ser unha tarefa moi exhaustiva, xa que ao non avisar as compañías subministradoras de luz, gas e telefonía para que lle facilitasen plans do chan, romperon tubaxes incluso da rede de gas na rúa Irmáns Moreno”, denuncia. “Sumando todos os conceptos o custo total por árbore é de 426,60 euros, e o que se leva gastado ata o momento son máis de 60.000 euros, que temos que pagar todos os veciños”, subliña o político popular.

Diego Lourenzo e Manuel Alfonso Araujo. to dos estatutos actuais da agrupación. Entre as cláusulas que regula o acordo atópanse o financiamento dos gastos derivados do mantemento da agrupación, e a cesión da utilización dun espazo para a mesma, mentres que

a agrupación comprométese a facilitar a formación necesarias aos seus membros, así como atender ás demandas de servizo que faga o Concello de Verín, a Xunta a través do 112 e outras entidades públicas ou privadas

Tubaxes rotas na rúa Irmáns Moreno./CEDIDA.

Ante a nova de que o Ministerio de Hacienda retén fondos ao Concello de Verín por non facilitar os datos do ano 2014, e varios requerimentos de 2015, Jiménez Morán saiu ao paso, para defender a xestión realizada polo PP nese tempo. “Se había algo do que estabamos nós orgullosos, e non saíamos tanto en prensa como agora, era da xestión económica que se fixo no Concello durante o noso mandato”, indica Juan Jiménez. “Nos anos 2013 e 2014 non se pediu ningún crédito, págabase aos provedores nun prazo de 42 días, amortizamos parte da débeda cun montante superior a un 1.200.000 euros e cumpríanse os requirimentos do Ministerio”, engade. Jiménez cre que o bipartito verinés non está a seguir un riguroso control orzamentario, “facendo un excesivo gasto sen xustificación, que sen dúbida vainos levar a que teñamos máis problemas con Facenda e dubidamos que se cumprirán os parámetros que marca o Ministerio”. Pola súa banda, dende o Concello de Verín deixan claro que “a liquidez e a capacidade de pago do Concello está asegurada para todo o ano; os pagos correspondentes a 2016 faranse no prazo de 30 días; e os pendentes de 2015, aproximadamente uns 300.000 euros, están pendentes dun expediente de modificación de crédito, pero os cartos están reservados para esas facturas”.


VERÍN E COMARCA

BARRIOS Abril de 2016

O Centro Cultural e das Artes de Verín carece aínda de certificado final de obra 4 O Goberno municipal dá o edificio por rematado, aínda que faltan por realizar a proba de instalacións como a climatización, o son, a iluminación ou o equipo escénico. Paula Lodeiro Cunha presentación aos medios de comunicación por parte do alcalde e unha fin de semana de portas abertas para os verineses, quedou “inaugurado” o Centro Cultural e das Artes de Verín. Trátase dun edificio de 4.500 metros cadrados, que supuxo un investimento total de 3,3 millóns de euros, achegados pola Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense, e que polo momento carece de certificado final de obra. “O certificado farase cando estean as probas de son, iluminación e de calefacción, a partir do día 20”, respostou o alcalde. A falta de cumprimentar este requisito legal, xa está previsto que a fin de semana do 22 e 23 de abril o Centro das Artes acolla un seminario da Facultade de Xornalismo de Santiago de Compostela no que se dará a coñecer as últimas novidades técnicas no mundo da radio e da televisión. Edificio “polémico” Gerardo Seoane comezou a súa intervención aos medios citando algúns dos problemas dun “edificio polémico desde a súa

orixe”, nomeadamente a expropiación de terreos, que fora anulada polo TSXG. Indicou que o Concello ten “un principio de acordo cos propietarios”; pola vía de convenios. De non chegar a ese entendemento, “utilizaremos o que nos di a sentenza, expropiación forzosa”. Tamén se referiu ao feito de que ningunha das melloras presentadas pola empresa construtora se realizaron, “foronse facendo diversos modificados e esas melloras non están executadas nin se van executar”, afirmou o político socialista. O Concello tamén atopou deficiencias nas instalacións, como que a acústica do salón de butacas non é a óptima, o recinto carece de pantalla de proxeccións, e parte das butacas das tribunas superiores non teñen visibilidade sobre o escenario. Futuros usos Con todo, Seoane non quixo polemizar: “aquí non vale que eu lle bote a culpa a alguén ou que ma boten a min, isto é o que hai e hai que sacalo para adiante”. Así, adiantou algúns dos usos do Centro Cultural e das Artes de Verín. Dunha

banda, será a sede do Conservatorio de Música da vila; doutra, preténdese obter da Consellería de Educación un ciclo de imaxe e son de FP. Tamén se quere crear unha radio escolar, organizar seminarios, utilizalo como sala de exposicións, integralo na rede de auditorios de Agadic, e programar unha sesión mensual de cine de estrea, así como representacións teatrais. Custo do mantemento O Concello de Verín ten aínda que dotar de mobiliario o recinto, para o que xa reservou unha partida nos próximos orzamentos, e en canto ao persoal que o atenda, vaise asignar unha persoa que realizará función múltiples. Ademais, para as tarefas de mantemento firmarán unha asistencia técnica cunha empresa local. Unha primeira estimación fala dun custo de mantemento duns 120.000 euros anuais; “o gasto todo depende do que o utilicemos”, valorou Seoane Fidalgo.

120.000 euros anuais, estimación do custo do mantemento

Parque de 7 hectáreas Ao redor do Centro das Artes vaise crear un gran parque de sete hectáreas, anunciou o alcalde. Para tal fin, o Concello de Verín realizará unha modificación puntual do Plan urbanístico e precisará obter os terreos colidantes, mediante convenio ou expropiación.

O alcalde Gerardo Seoane no Centro das Artes./P.L.

4 O PP denuncia que a obra foi recepcionada polo Concello sen estar rematada O Centro das Artes de Verín foi recepcionado polo Concello verinés o pasado 31 de decembro sen estar terminado e asinando a acta de recepción tan só o alcalde, Gerardo Seoane. Así o denuncia o Partido Popular da localidade, que tacha de “nefasta e ilegal” a actuación do Goberno local en relación a esta infraestrutura. Nunha rolda de prensa, o portavoz dos populares, Juan Manuel Jiménez Morán, puxo de relevo que a Dirección Facultativa da obra presentou un rexistro no Concello o 22 de marzo pasado sinalando que o edificio non está finalizado: “malamente

pódese dar por terminado un edificio no que nin sequera se realizou proba algunha de instalacións tan importantes como a climatización, equipo escénico e existen unidades de obra aínda sen finalizar”. Ademais, non foi expedido certificado final de obra pola Dirección de Execución “e moito menos, por tanto, visado por ningún Colexio Profesional”. Tamén os coordinadores de seguridade e saúde da devandita obra informaron ao Concello, noutro escrito do 1 de abril, que “reiteramos que a obra do centro está en curso”. Razoa Jiménez Morán que o feito de recibir

a obra sen o certificado final pode dar pé á empresa construtora a dicir que “moitos dos traballos pendentes e reclamados pola Dirección Facultativa ‘como mal executados’ foron motivados pola ocupación material da obra e un mal uso por parte do Concello”, negándose así a emendar “os numerosos defectos” atopados pola Dirección Facultativa. Opina o portavoz do PP que se devolveron “de forma irregular” os últimos avais depositados pola empresa que respondían da mala execución ou da falta de unidades de obra.


BARRIOS Abril de 2016

VERÍN E COMARCA /XINZO E COMARCA

34 persoas participan nunha formación para obter o graduado 4 As probas serán en maio e setembro. Redaccion 34 persoas participan na acción formativa organizada polo Concello de Verín, a través da Escola de Familia municipal, destinada á preparación das probas libres para a obtención do graduado en ESO que

se desenvolven durante os meses de maio (día 27) e setembro (día 8) . As probas para a obtención do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria constitúen unha vía extraordinaria para acceder a titulación básica oficial do sistema

Participantes na acción formativa. educativo, permitindo a continuación dos estudos de Bacharelato, de Formación Profesional ou de Artes Plásticas e Deseño. Para presentarse a estas probas, dirixidas a maiores de 18 anos, non é necesario ningún requisito acadé-

4NOTICIA DE EMPRESA

mico. As persoas interesadas en inscribirse na formación para preparar as probas libres convocadas para setembro, poden facelo do 1 ao 8 de xullo no servizo de Educación Familiar de Verín.

Un dos obradoiros do Proxecto Re-Invéntate.

Obradoiro do proxecto de busca de emprego do CDR O Viso Os participantes no Proxecto Re-Invéntate de inserción laboral do Centro de Desenvolvemento Rural O Viso en Xinzo volveron realizar un obradoiro os pasados días 5 e 6 de abril. Nel puxeron en práctica habilidades sociais, como as autocandidaturas, as chamadas telefónicas e a rede de contactos, así como técnicas de relaxación para o ensaio de entrevistas laborais, coa realización de supostos prácticos.

Medio Rural busca financiación para os regadíos 4 A conselleira mantivo unha reunión en Xinzo coas comunidades de regantes. Redacción

A tenda está na rúa Toural, 12 (esquina r/San Roque), Xinzo.

Nova oficina de Elyte no centro de Xinzo

A empresa limiá Elyte vén de abrir unha nova tenda no centro de Xinzo, na rúa Toural 12 , que se suma á da Avenida de Ourense 90 e á da capital ourensá. Ademais de todas as especialidades en iluminación led (que conseguen un aforro de ata o 80%), caldeiras de todos os tipos (incluidos os últimos modelos de condensación de gas), piscinas ... o que buscan é achegar a empresa as persoas interesadas en instalar por primeira vez o gas natural que xa existe en Xinzo. Elyte é empresa colaboradora de Gas Natural e pode pór o selo de calidade nas instalacións que realizan, ademais de tramitar todo o necesario para que vostede teña gas natural no seu edificio, vivenda ou negocio. Os interesados neste servizo poden consultar no establecemento ou no teléfono 988 688 108.

A conselleira do Medio Rural, acompañada polo director xeral de Desenvolvemento Rural, acudiu a Xinzo para manter unha reunión sobre os regadíos pendentes na Limia. Á xuntanza, celebrada o pasado venres, asistiron o alcalde de Xinzo e a rexedora de Porqueira, concellos afectados ambos os dous no seu territorio, o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil,

os presidentes das Comunidades de Regantes de Corno do Monte, Alta Limia, Lamas-Ganade e San Salvador de Sabucedo, e representantes da asociación ADEGAL. Ángeles Vázquez informou que, segundo traslada a Consellería de Medio Ambiente, Corno do Monte tamén ten afección ambiental, polo que se acorda que sexa un único proxecto que englobe as catro comunidades de regantes o que se someta a Estudo de Impacto Ambiental, cun

custo aproximado de cen mil euros. A conselleira tamén indicou que malia que existe unha partida nos orzamentos da Xunta para 2016 de 1,5 millóns de euros, Medio Rural está a buscar máis financiación para o proxecto dos catro regadíos, acudindo a Bruxelas e ao Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, que derivou a SEIASA (a Sociedade Estatal de Infraestruturas Agrarias). Esta opción rexéitase desde a Xunta por non adaptarse ás características e peculiaridades da zona e das infraestruturas. Non obstante, Ángeles Vázquez sinalou aos asistentes á reunión que o seu departamento segue buscando apoio económico por outras vías. Da xuntanza saiu a decisión de crear unha comisión de traballo para informa e consensuar o proxecto do regadío.


VERÍN E COMARCA / XINZO E COMARCA

BARRIOS Abril de 2016

Xunta e Deputación realizarán melloras en 36 centros educativos 4 Investiran case 644.000 euros. Redacción O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; e o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; asinaron, por segundo ano consecutivo, un protocolo de colaboración para coordinar obras de reparación, conservación, mantemento, ampliación e mellora dos centros públicos de educación infantil, primaria e especial da provincia de Ourense. O importe

total das actuacións ascende a case 644.000 euros. Ao abeiro deste acordo financiaranse obras en 36 centros de ensino. A Consellería desenvolverá obras, entre outros centros, nos CEIPs de Castrelo do Val, Joaquina Gallego Jorreto da Merca, Carlos Cid Arregui de Rairiz de Veiga, Rodolfo Núñez de Vilardevós e Vázquez Portomeñe de Xunqueira de Espadanedo. A Deputación actuará, entre outros, nos colexios Padre Feijoo de Allariz, Curros Enríquez de Ce-

Manuel Baltar e Román Rodríguez no colexio de Rairiz de Veiga onde asinaron o convenio./M.REJO. lanova, CEIP de Cualedro, CEIP de Medeiros en Monterrei, Plurilingüe

Estudantes nas actividades do programa “Jóvenes Emprendedores” de La Caixa.

IES GARCÍA BARBÓN

Actividades extraescolares e formación en centros de traballo para os estudantes de FP As aprendizaxes necesarias para promover unha formación de calidade teñen estreita relación co traballo diario nas aulas e co tempo de estudo na casa. Complementariamente, é necesario levar adiante actividades extraescolares para dotar aos estudantes de entrenamento noutras competencias necesarias para o desenvolvemento pleno da súa personalidade. Nestas últimas semanas no IES García Barbón de Verín destacan, entre outras: actividades do Día Mundial da Saúde -7 de abril- organizadas

polo alumnado e o profesorado do Ciclo Medio de Coidados Auxiliares de Enfermaría -con distintos obradoiros informativos- e nas que participou a maioría do alumnado do centro. Organizouse unha xornada de doazón de sangue. Tamén se fixeron saídas pedagóxicas á estación de esquí de Manzaneda, saída ao teatro en Ourense, visita ao Salón do Automobil de Vigo e asistencia ao teatro en inglés. O alumnado de Formación Profesional de grao medio e superior que superou a totalidade dos módulos formativos está xa realizando a súa Forma-

ción en Centros de Traballo (FCT). Unha parte moi importante da formación do alumnado de Formación Profesional é a que ten lugar nos distintos centros de traballo, xa que axuda aos estudantes a demostrar na práctica as súas competencias profesionais e a mellorar a súa cualificación técnica. Fomentando o emprendemento O alumnado do IES García Barbón de Verín participou durante varios días das actividades organizadas polo programa “Jóvenes Emprendedores

de Vilar de Barrio Vilar de Barrio, e Padre Crespo de Xunqueira de Ambía.

de Obra Social La Caixa”. A finalidade do proxecto radica en dar a coñecer aos mozos as posibilidades de crear a súa propia empresa como saída para encontrar traballo unha vez rematen os presentes estudos. Despois das Xornadas de Orientación celebradas en marzo, estas distendidas charlas de carácter participativo, impartidas pola consultora verinesa Apoio, confirman a forte aposta por parte do centro para seguir impulsando a mentalidade emprendedora entre o seu alumnado. Titorías individualizadas O Departamento de Orientación promove a realización de titorías individualizadas ao longo de todo o curso, pero nos últimos meses adica un especial esforzo de titoría individualizada –con varios profesores/as- para reforzar o asesoramento académico dos estudantes de 2º de Bacharelato. Por último, cinco blogs do IES García Barbón participaron na X edición do Premio Espiral Edublogs 2016. Na web http://espiraledublogs.org/comunidad/Edublogs/premio poderase ver o 6 de maio a lista de finalistas e o día 13 de maio os resultados finais.


BARRIOS Abril de 2016

Novos talleres na Escola Rural de Saúde Redacción

Dentro do “Proxecto intervención e educación sociosanitaria na zona rural”, a Asociación Escola Rural de Saúde dá Limia porá en marcha a partir do 21 de abril a primeira parte dos “Talleres de atención integral ao paciente encamado”, especialmente dirixidos a coidadores e familiares de persoas dependentes. A finalidade destas actividades formativas é a de adquirir coñecementos e habilidades para coidar mellor daqueles que necesitan da súa atención continuada. A formación será impartida pola docente Elisa Cadaya González, enfermeira de Atención Primaria e Hospitalaria do Sergas, e desenvolverase os días 21, 22, 25 e 26 abril na primeira planta da Casa da Cultura de Xinzo de Limia. Todos aqueles que teñan interese en participar poden inscribirse no 603 784 435, no correo escolaruraldesaudedalimia@ yahoo.es ou na aula, de luns a venres en horario de 10 a 13 h. Para a impartición destes obradoiros a Escola Rural da Saúde conta coa colaboración do Concello de Xinzo e prevé unha subvención da Deputación de Ourense. De maneira paralela a esta formación poderase ver na Casa da Cultura de Xinzo unha exposición dun estudo médico sobre a saúde e a calidade de vida do coidador familiar.

XINZO E COMARCA

A Xunta estudará mellorar a rede de saneamento do municipio de Baltar 4 Reunión entre a conselleira de Medio Ambiente e o alcalde. Redacción A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, mantivo unha xuntanza de traballo co alcalde de Baltar, José Antonio Feijóo, para analizar distintas vías de colaboración entre o departamento autonómico e o goberno local. Durante o encontro, analizaron distintos proxectos de interese para o concello, prestando especial atención á mellora da rede de saneamento, unha actuación que será estudada por Augas de Galicia para ver a posibilidade de incorporala no plan de investimentos deste organismo.

O PSOE denuncia vertidos fecais procedentes da canceira de Xinzo 4 Demandan á Deputación que conecte a instalación coa rede de saneamento. Redacción

A conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, e o alcalde de Baltar, José Antonio Feijoo./RAMSÉS. Medio Rural Non foi esta a única xuntanza do rexedor de Baltar con responsables da Xunta. A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, tamén o recibiu para coñecer e avaliar as necesidades deste muni-

cipio ourensán, en particular as relacionadas co agro. Vázquez ofreceu ao alcalde a colaboración do seu departamento para traballar a prol da mellora da calidade de vida dos seus veciños.

Unha glorieta facilitará a entrada no polígono

O grupo municipal socialista de Xinzo denuncia a “grave contaminación” que provocan as augas fecais procedentes da canceira que xestiona a Deputación Provincial. Segundo denuncian desde o PSOE, a canceira verte as augas sen depurar directamente á gabia que vai paralela a pista de Mosteiro e que entronca coa OU-301. “A acumulación de augas fecais procedentes dunha instalación onde se tratan animais con medicamentos, ademais de non estar permitida, é altamente contaminante para o entorno e mesmo para a saúde das persoas se entra en contacto con

algún acuífero. Non se pode permitir que unha instalación nova con apenas tres anos de funcionamento estea a contaminar o entorno por desidia da propia Deputación Provincial coa permisividade do Concello” di a portavoz socialista. O PSOE vén de rexistrar un escrito solicitándolle ao Alcalde que “esixa da Deputación provincial, a inmediata conexión á rede de saneamento máis próxima ou a limpeza, con maior frecuencia, da fosa séptica da mencionada canceira” “De non ser así verémonos obrigados a facer as denuncias pertinentes ante as autoridades competentes”, manifestan os socialistas.

Redacción Está a piques de finalizar a construción da rotonda que dará acceso ao poligono empresarial de Xinzo. A actuación está a ser executada pola Deputación Provincial e conta cun orzamento de 120.000 euros. A actuación suporá tamén a renovación da si-

Só queda pintar e retirar sinalización de obra./M.REJO. nalización horizontal e vertical na estrada que enlaza Xinzo con Vilar de Barrio. Os traballos demoráron-

se porque houbo que retirar unha torre de Fenosa que se atopaba na entrada do polígono.

Vertidos de augas fecais na contorna da canceira de Xinzo./CEDIDA.


PUBLICIDADE

BARRIOS Abril de 2016


BARRIOS Abril de 2016

EN BREVE 4Reclaman un inventario do patrimonio etnográfico O grupo municipal socialista de Xinzo solicita ao Concello que cree un inventario do patrimonio etnográfico do municipio. A solicitude xorde a raíz do derrubamento do lavadoiro público de Ganade, e a súa substitución por unha illeta cunha minifonte “que non cumpre función algunha”. Os socialistas solicitaron ao grupo de goberno unha copia da memoria desta obra xunto co orzamento e os informes técnicos que a avalan

4Reparto de alimentos en Xinzo Desde o Centro de Desenvolvemento Rural O Viso complementou o labor desenvolvido dende o Concello de Xinzo de Limia e da Parroquia Santa Mariña no reparto de alimentos do Plan de axuda ás persoas máis necesitadas da Unión Europea. Este mes foron sobre todo bombonas de gas e produtos variados de hixiene, ademais de alimentación para aquelas familias que non recibiron a alimentación da UE. En total beneficiáronse 87 persoas. Ademais de axudar nas necesidades básicas, tamén lles propoñen a súa participación nos obradoiros mensuais de busca activa de emprego nas xuntanzas do Programa de Educación Infantil.

4Controis da Garda Civil no rali A Garda Civil para evitar un rali paralelo entre os afeccionados que se dirixiron a pasad fin de semana ao Campionato de Rallycross de Montalegre (Portugal) estableceu un control nas estradas da Limia. Fixo 306 probas de alcol das que 5 foron positivas. Das 47 probas de drogas, 16 foron positivas, o que denota un aumento do consumo destas substancias entre os condutores.

XINZO E COMARCA

O paro en Allariz-Maceda baixou un 15% no último ano, na Limia apenas un 1,6% 4 Danse a coñecer as conclusións do último informe do Observatorio Económico da Deputación. Redacción O mercado laboral de Allariz-Maceda é, xunto co da comarca de Ourense, o que ofrece máis fortaleza agora mesmo no conxunto da provincia. En canto á comarca da Limia, presenta un acentuado contraste entre a cabeceira comarcal e o resto dos municipios, con diferenzas moito máis acentuadas que no conxunto da provincia. Son dúas das principais conclusións do Observatorio Económico da Deputación, que foi presentado en ambas bisbarras polo xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez. No último ano, AllarizMaceda sumou emprego neto a un ritmo do 1,4%, o segundo máis intenso da provincia. Todos os municipios da zona, agás Xunqueira de Espadanedo (-1,5%), aumentaron os seus respectivos mercados de traballo en 2015. O incremento das afiliacións no concello de Allariz situouse no 1,2%, o que coloca á vila alaricana entre as cinco cabeceiras comarcais máis puxantes no último ano. A subida comarcal máis feble nas afiliacións foi a de Baños de Molgas (0,5%). O primeiro municipio en neutralizar por completo os efectos laborais da crise é o de Allariz, que xa contabiliza un 3% máis de empregos que os que tiña en decembro de 2007. O xerente do Inorde detallou que “AllarizMaceda, que conservou ao longo de todo 2015 a barreira dos 4.500 afiliados, presenta una nivel de emprego comparable ao de finais de 2012, polo que neutralizou tres anos completos da crise. Nos tres primeiros trimestres do ano pasado logrou creación neta de emprego,

4AllarizMaceda lidera a baixada do paro

O alcalde de Xinzo entre o presidente e o xerente do Inorde.

O xerente do Inorde xunto aos alcaldes de Baños de Molgas, Allariz e Paderne. evolución que só foi esquiva no cuarto trimestre, no que baixou nun 1,1% a cifra de cotizantes”. Situación na Limia No que se refire á comarca da Limia, a febleza dos concellos rurais queda retratada no feito de que antes da crise só había dous municipios –Calvos de Randín e Porqueira– que contabilizaban menos de 300 empregos locais, mentres que na actualidade son cinco –engadíronse Baltar, Os Blancos e Vilar de Santos–, e nuns meses poderían ser sete, xa que Sarreaus e Trasmiras conservan esa barreira por un estreito marxe de 10 e de 15 afiliacións, respectivamente. Pola súa parte, Xinzo de Limia vense amosando como un dos municipios máis resistentes aos efectos laborais da crise. De feito, é o quinto concello

de toda a provincia que perdeu menos afiliados en toda a serie histórica da crise. En comparación con decembro de 2007, o mercado de traballo de Xinzo de Limia só restou o 6,9% dos cotizantes. José Manuel Rodríguez concluíu que “no seguimento estatístico desta comarca preocupa especialmente a brevidade dos períodos de recuperación, que son máis curtos que nas zonas máis desenvolvidas da provincia. Ata agora, a creación neta de emprego nunca durou máis de dous trimestres consecutivos, o que está lastrando a superación da crise”, apuntou. Con todo, o xerente do Inorde matizou que A Limia non está entre as peores zonas da provincia na evolución do emprego en taxa acumulada desde 2007. No último ano, o conxun-

to da comarca perdeu o 1,4% dos seus afiliados, mentres que dous concellos –Vilar de Barrio (6,7%) e Sandiás (1,3%)– inverteron tendencia e conseguiron crear emprego neto. Pola súa banda, Xinzo pechou 2015 cun descenso do 1% nas afiliacións. Por sectores Dos datos do Observatorio destaca o fito do sector servizos na comarca de Allariz-Maceda, instalado na actualidade en máximos históricos de emprego local, impulsando 2.900 empregos. En canto á Limia, “a agricultura conserva un peso relativo do 17%, cando a media provincial apenas supera o 4,5%, mentres que o sector servizos ten unha das proporcións máis baixas de toda Galicia, ao representar o 60,6%, doce puntos menos que a media ourensá”.

Na análise do paro, o Observatorio salienta que a comarca de AllarizMaceda asinou no último ano o maior descenso provincial no número de parados. Cunha redución do 15%, dobrou a velocidade media da provincia (-7%). As baixadas foron xeneralizadas nos seis concellos que comparten unidade territorial, e en cinco deles o ritmo mesmo superou o 15%. Mentres, na Limia a redución de parados limitouse ao 1,6%, o descenso máis suave de toda a provincia. Con todo, catro concellos están a restar parados a dobre díxito: Trasmiras (-13,6%), Sarreaus (-12,6%), Rairiz de Veiga (-11,1%) e Vilar de Barrio (-10%). O paro tamén decrece en Calvos de Randín (-8%), Vilar de Santos (-3,3%) e de xeito case inapreciable en Xinzo de Limia (-0,1%), o que fai que a diminución a nivel comarcal sexa moi lixeira, xa que a cabeceira concentra máis da metade (55,5%) dos parados residentes na Limia.

O incremento das afiliacións en Allariz situouse no 1,2%, o que coloca á vila entre as cinco cabeceiras comarcais máis puxantes no último ano Xinzo de Limia vense amosando como un dos municipios máis resistentes aos efectos laborais da crise


ALLARIZ E COMARCA

A Casa da Mocidade acolle un obradoiro da paisaxe Redacción

A Casa da Mocidade de Allariz acollerá o obradoiro “Xuntos, protexemos a Paisaxe Galega” organizado pola Xunta de Galicia. O xoves 21 de abril, ás 18:30 horas, os participantes na actividade poderán expresar as súas aspiracións en canto aos obxectivos de calidade paisaxística, así como a súa opinión sobre as posibles medidas de protección, planificación e xestión da paisaxe. Estas actividades forman parte dos 50 talleres públicos que a Xunta organizará en toda Galicia, un por cada unha das 50 comarcas paisaxísticas nas que se divide o noso territorio. Esta distribución pretende garantir unha maior equidade espacial no proceso de participación, facilitando á poboación de todos os ámbitos territoriais o acceso a este proceso dun xeito presencial. Web participativa Os obradoiros complementaranse coa posta en marcha dunha plataforma web participativa a través da cal calquera persoa dende calquera lugar e en calquera momento poderá achegar a súa opinión e o seu coñecemento para o deseño das directrices da paisaxe galega. A través da web (https://sixot.es/Paisaxe) os usuarios poderán localizar puntos relevantes dende o punto de vista paisaxístico e asignarlles unha valoración, determinar os elementos que os compoñen e propoñer medidas de actuación. No obradoiro participarán tanto axentes convidados polo seu coñecemento da área paisaxística como público en xeral, que debe inscribirse en secretaria.iet@ xunta.es ou chamando aos teléfonos 981 541 755 e 981 541 756.

O Concello de Allariz pon en marcha un pioneiro programa de reciclaxe 4 Conta con 24 illas de compostaxe comunitario e máis de 130 composteiros. Redacción O Concello de Allariz presentou, xunto coa asociación ADEGA, o balance de situación do programa RE (programa de recollida de lixo e separación de materia orgánica) que a administración alaricana está a

poñer en marcha na vila. Logo de finalizar a primeira fase do proxecto, información e concienciación dos veciños, os técnicos municipais levaron a cabo o proceso de dotación loxística co reparto de composteiros individuais para todas aquelas vivendas que o solicitaron

e a creación dunha ampla rede de composteiros comunitarios. Allariz conta con 24 illas de compostaxe ubicadas na zona urbana e máis de 130 composteiros que recollerá, cada un, a materia orgánica de aproximadamente 15 familias. Ademais vén de poñerse

O edil de Medio Ambiente, o alcalde de Allariz e unha técnica de ADEGA xunto a unha das 24 illas de compostaxe repartidas pola zona urbana.

en marcha a máquina de tratamento de materia orgánica, no parque empresarial de Chorente, á que irá destinada a recollida porta a porta de materia orgánica de grandes productores. O proxecto conta con inversión externa do plan provincial 2015, cas axudas a parques empresarias para dotación de maquinaria da Consellería de Industria e, tamén, a través do Ministerio de Medio Ambiente co programa PIMA que se desenvolverá ao longo do 2016. “Allariz é o primeiro concello galego que fai unha proposta integral de reciclaxe e separación de materia orgánica para toda a poboación”, explicou o alcalde Francisco García. A existencia dunha ordenanza municipal, modificada para cambiar os hábitos da xestión da recollida do lixo e a conxelación da taxa do lixo durante cinco anos, son medidas complementarias que o concello levará a cabo.

Tamén se puxo en marcha a máquina de tratamento de materia orgánica en Chorente

Celebración do Día Mundial da Abella

Exitosa Semana Santa ao Vivo

4 Organizado pola Asociación Galega de Apicultura.

4 3.100 persoas pasaron pola oficina de turismo.

Redacción

Redacción

A Asociación Galega de Apicultura conmemorará o Día Mundial da Abella o 20 de maio no marco do Festival Internacional de Xardíns de Allariz, que se inaugura o día 13. Será unha xornada de divulgación apícola dirixida ao público visitante e ás escolas da comarca, na que se poderá observar a presencia de abellas e abellóns polos xardíns e participar en obradoiros de elaboración de casas de polinizadores, candeas de cera, trampas caseiras

para capturar velutinas e degustación de meles. AGA tamén organiza na provincia cursos relacionados coa apicultrua. Tres serán de iniciación, en Cualedro o 30 de abril e 1 de maio, en Amoeiro o 7 e 8 de maio e en Muiños o 21 e 22 de maio. E impartirá un curso de especialización sobre reprodución apícola en Cualedro os días 11 e 12 de xuño e outro sobre cosmética apícola, en Maceda o 28 de maio. [+ info en www.apiculturagalega.es ou no teléfono 981 508 142]

Allariz rexistrou altas cifras de visitantes nesta Semana Santa, e unha ocupación hostaleira do 100%. De feito, 3.100 persoas pasaron pola súa oficina de turismo, procedentes, sobre todo, de Galicia e do centro e norte de España. A programación da “Semana Santa ao Vivo” con música na rúa, actividades infantís e mercados de artesanía no Patio do Museo do Coiro e o de produtos da Reserva da Biosfera na praza de

Abastos foron un reclamo para os visitantes durante os días festivos, así como a gastronomía e a oferta comercial. A rede museística continuou a ser un dos principais atractivos.“Preto de 2.000 persoas visitaron os museos” afirmaba o edil Alberto Conde. O Museo do Xoguete foi o preferido polos turistas, seguido do Museo da Moda e o do Coiro.

2.000 persoas visitaron os museos

BARRIOS Abril de 2016

EN BREVE 4 Aberto o prazo de matrícula da aula de espera A aula de espera de Allariz mantén aberto ata o 30 de abril o prazo de matrícula para o vindeiro curso 2016-2017, que debe formalizarse no Fogar dos Maiores. A aula de espera é unha iniciativa que favorece a conciliación familiar e laboral, ofrecendo aos pais e nais traballadores a posibilidade de deixar aos escolares de educación infantil e primaria no centro con anterioridade ao inicio das clases. Os beneficiarios deste servizo municipal son cativos de 3 a 11 anos escolarizados en Allariz.

4 Obradoiros de tocados e cosmética natural A Fundación Ramón González Ferreiro ten preparados dous novos cursos. O primeiro deles será os días 29 (de 18 a 21 horas) e 30 de abril (de 10 a 13), e tratará sobre a elaboración de tocados. Os participantes aprenderán a diferenciar calidades, endurecelas e darlles forma. A fabricación de cosmética natural será o eixo doutro obradoiro o 12 de maio (de 16:30 a 20:30 horas). Nel tratarase a elaboración artesanal de champús, pasta de dentes, desodorante, contorno de ollos, crema de mans, etc. Para ambas actividades é preciso inscribirse en info@fundacionrgf.org ou no 988 436 182.

4 Curso de cociña saudable “O bo trato comeza en nós”. Así se chama o curso de cociña saudable e coidado que organiza a área de Servizos Sociais do Concello de Allariz. O curso, impartido por Beatriz Angulo, comezará o 21 de abril e celebrarase os xoves, no Fogar dos Maiores, en horario de 18:30 a 21 horas. As inscricións realízanse no mesmo lugar. [+ info no 988 554 059]


10

BARRIOS Abril de 2016

ALLARIZ E COMARCA

O PP de Allariz, crítico coa xestión financieira municipal 4 O Concello pechou 2015 cun remanente de tesouraría próximo a 400.000 euros. Redacción A portavoz do PP de Allariz, Luz Doporto, criticou que de novo se pechen as contas municipais do 2015 cun remanente de tesouraría negativo de 392.225 euros. O Concello de Allariz excedeu o límite da regra de gasto en 559.261 euros, aumentando durante o pasado ano o gasto corrente en 406.399 euros con respecto ao ano 2014. Valoran desde o PP que a pesar de todo os esforzos realizados polos alaricanos, “que asumiron con resignación a tremenda suba

de impostos e o apagado de máis da metade da iluminación pública, vemos que todo esforzo é inútil dado que a máis déficit do Concello de Allariz, máis gasto e máis derroche”. Desde o grupo municipal popular reiteraron a súa petición ao BNG a que “poña freo” á dilapidación que desde o Concello se segue facendo “das xa maltreitas arcas municipais”. Solicitan, por tanto, a redución do gasto “para non seguir sacrificando o investimento ano tras ano. Allariz está paralizado pola xestión do BNG. Os

Cinco rutas para ir ao cole a pé 4 O programa “Allariz no camiño” busca aumentar a autonomía infantil. Redacción O Concello de Allariz, xunto coa Dirección Xeral de Tráfico e a Policía Local, presentou o programa “Allariz no camiño”, un proxecto de adecuación ao tránsito peonil de cinco percorridos urbanos ata o colexio Padre Feijóo. O programa plantexa a intervención no trazado de varias rutas para mellorar

o uso seguro e accesible coa finalidade de que os escolares as empreguen diariamente no seu percorrido ao colexio. O camiño escolar de Allariz comporase de cinco rutas, diferenciadas por cores, que confluirán na praza do Couto, último tramo do camiño escolar. En todos os cruces de rúas e viais e zonas conflictivas siturase o logotipo do

17.000 firmas piden en Internet a reformulación da Festa do Boi 4 A Asociación Cultural Xan de Arzúa defende que non existe maltrato animal. Redacción

Luz Doporto, voceira do PP de Allariz./ARQUIVO. alaricanos non renovaron a confianza no BNG nas últimas eleccións para recibir este pago por parte dos seus gobernantes”, subliñan desde o PP.

camiño (Don Pé) que indicará a ruta a seguir e durante o traxecto haberá elementos identificativos así como sinalización adecuada e presenza, en caso necesario, de membros da policía municipal. Segundo explicaba o director do colexio Padre Feijóo, Javier Fernández, os obxectivos do programa céntranse no aumento da autonomía infantil así como reducir o número de vehículos que transportan nenos ao colexio fomentando así o coidade do medio ambiente e a convivencia, favorecendo que os menores acudan ao colexio en compañía de amigos e compañeiros.

Máis de 17.000 persoas asinaron xa unha petición na plataforma Change. org para que o Concello de Allariz suprima a participación de animais na Festa do Boi. A festa inclúe o uso de bois atados con sogas, que percorren as rúas da localidade. A petición, iniciada pola Asociación Animalista Libera, sinala que o sufrimento dos bóvidos non debería ser parte dun festexo popular en ningún punto da xeografía española. “A tensión, as ataduras e a presenza de persoas ao seu redor provocan nos animais unha situación de malos tratos psíquicos evidente, advertido por profesionais veterinarios”, sinala o colectivo animalista. É por iso que nesta petición instan ao Concello de Allariz a que reformule a festa, e substitúa a participación dos bois por un festival folk de referencia, unha feira para potenciar a comarca e un espazo para novas promesas da música. Comunicado da Asociación Xan de Arzúa A raíz desta petición, a Asociación Cultural Xan de Arzúa emitiu un comunicado no que expón que na Festa do Boi “non

Unha carreira do boi./ARQUIVO. existe maltrato animal”. “Non é, dende logo, un San Fermín galego, comparación que só se pode facer dende o descoñecemento. Aquí non hai ‘encierros’ porque aquí non hai ‘corridas’” xa que a Festa do Boi non é un evento taurino; de ningún modo é sentido así polos veciños que a protagonizan nin recibe ningunha autorización administrativa especial, diferente á de moitas outras festas que se celebran no concello ao longo do ano”, replican. Desde o colectivo que organiza a festa negan que se produzan ataques ou agresións ao boi. “O obxecto das carreiras non é perseguir o boi nin golpealo nin, moito menos, como se di nalgún dos informes xenéricos difundidos estes días como se fosen referidos á festa de Allariz, facelo pasar fame ou sede. Simple-

mente, trátase de correr ao seu lado”. Explican que nas carreiras do boi programadas durante a semana de festexos empréganse catro animais, participando cada boi nunha carreira cada dous días durante un máximo de 30 minutos. A organización conta co asesoramento de persoal especializado para o trato, a alimentación e coidado dos animais, subliñan desde a asociación. A edición 2016 da Festa do Boi celebrarase do 21 ao 29 de maio.

Libera sinala que o sufrimento dun animal non debería ser parte dun festexo; Xan de Arzúa nega que se produzan agresións ao boi


CELEBRACIÓNS especial

BARRIOS Abril de 2016

11

O prezo de casar

4 O banquete, o vestido da noiva e a lúa de mel, no centro do presuposto.

Mesa montada para unha celebración en Os Caracoles.

Escolle Os Caracoles para as túas celebracións Desde hai case dúas décadas, Hotel Restaurante Os Caracoles é toda unha referencia no sector gastronómico de Ourense. Especialistas en alta cociña tradicional, da súa carta destacan as carnes da comarca e o bacallau. O trato amable e persoal co cliente é un dos seus sinais de identidade. De cara á organización de comidas especiais, sexa unha voda, un bautizo, unha primeira comuñón ou calquera outra celebración en grupo, en Os Caracoles porán á vosa disposición menús acordes ao tipo de

evento, e aos vosos gustos e presuposto. Diariamente ofertan servizo de comedor tanto á carta coma con menú, e servizo de cafetaría con almorzos, pinchos e tapas. Os Caracoles é tamén hotel, dispondo de 14 cuartos -individuais e dobres- con conexión a internet, TV, calefacción e auga quente. Aparcadoiro exterior con acceso para discapacitados, ascensor, zona axardinada, de xogos e terraza son outros dos seus servizos.

Un dos salóns de Os Caracoles.

OS CARACOLES A Derrasa, s/n - Pereiro de Aguiar - Telf. 988 380 165

Fai 10 anos organizar unha voda custaba de media uns 25.000 euros. Coa crise económica, os menús, os traxes, a lúa de mel e todos os detalles do enlace son máis moderados, rozando agora toda organización os 16.500 euros (segundo datos da Federación de Usuarios e Consumidores Independentes, FACU). Pero esta cifra varía, e moito, dependendo da comunidade autónoma na que sexa a celebración. No alto da lista atópase Madrid, onde unha voda con 100 convidados custa aproximadamente 21.000 euros, fronte a rexións como Extremadura e Canarias, onde ten un prezo de 14.000. Galicia atópase contra o medio desta táboa, rondando os 18.000 euros. O banquete O banquete é o principal gasto, rondando a metade do presuposto. O menú oscila entre os 75 e os 100 euros por persoa, en función do restaurante e os pratos elexidos. Ao que hai que engadirlle a música e a barra libre posteriores que poden sumar uns 800 euros máis. De seguido atopamos o vestido da noiva, que oscila entre os 500 e os 1.650 euros, ao que se unen zapatos, complementos, maquillaxe e ramo, que implican engadir entre 350 e 700 euros. Pola súa banda, o traxe

do noivo móvese entre os 375 e os 1.200 que pode custar baixo unha firma recoñecida. Pero fronte a isto atópase a opción de alugar un chaqué, con chaleco e gravata, por 90 euros. Así mesmo, as flores para decorar o lugar da cerimonia e do banquete rondan os 250 euros, as invitacións engaden outros 200 euros ao presuposto, a reportaxe fotográfica oscila entre os 900 e os 1.500, e a presenza de música en directo durante o enlace pode variar entre os 200 e os 1.000 euros. Nos detalles foi onde as parellas comezaron a recurtar debido á crise, e a agudizar a imaxinación con manualidades personalizadas, orixinais e moi valoradas polos convidados. Agora, a media de gasto neste apartado sitúase sobre os 450 euros. Lúa de mel E despois dun día único toca unha lúa de mel de ensoño, pero as dificultades económicas tamén fixeron que o gasto nesta especial viaxe se fose reducindo, situándose agora en torno nun mínimo de 1.150 euros por parella. Pero como o valor non está no material, cada parella, escolla a maneira que escolla para casar, ante dous ou ante 200 convidados, cunha lúa de mel no Caribe ou sen saír de Galicia, seguro que logrará converter ese día no máis importante da súa nova vida.

Organizar unha voda en Galicia ten un custo medio de 18.000 euros

4 Organización Dámosvos uns sinxelos pasos para organizar unha voda perfecta. 1. Decidir a data e o restaurante. Elexir o día do enlace é das primeiras cousas que se debe facer, para pechala canto antes co restaurante no que se desexe festexala. 2. Tipo de cerimonia. Decidir como será o enlace (civil ou relixioso) é o seguinte paso. Sexa cal sexa a elección debes informarte dos documentos e requisitos esixidos. 3. Convidados. Conformar a lista de convidados é moi importante, tendo en conta o tipo de celebración desexada e o presusposto do que se dispón. De seguido, é importante realizar a distribución das mesas. 4. Elexir os traxes.O vestido de noiva e o traxe de noivo son aspectos chave. Sentirse cómodo coa elección e adaptar a

mesma ao estilo da voda son aspectos importantes. 5. Música e festexo. Elexir a música para a ceremonia e a celebración non é sinxelo, pero será un dos aspectos inolvidables. Romántica, divertida, clásica, actual… cada parella debe adaptar a escolla musical ás súas preferencias. A animación infantil para os cativos e divertidos photocalls para os maiores son propostas modernas e coas que se acerta seguro. 6. Detalles. Tamén é importante escoller os agasallos para os convidados. Que sexan útiles é o máis recomendable, pero sen esquecer algún detalle personalizado que convertirá ese día en inesquecible. 7. Lúa de mel. Se tendes algún destino en mente e queredes viaxar nun momento concreto é aconsellable organizar a lúa de mel canto antes.


12

BARRIOS Abril de 2016

especial CELEBRACIÓNS

Kaprichos, a túa tenda de lencería en Verín Desde fai sete anos, Kaprichos é a opción de moitos verineses e verinesas para as súas compras de lencería e roupa de fogar. Para o día ao día, pero tamén para celebracións especiais como é unha voda, en Kaprichos de seguro atoparemos o que estamos buscando e mellor nos queda. Suxeitadores, bragas, ligueiros, camisóns, batas… de marcas como Passionata, Intima Cherry, Freya ou Chantelle. A oferta é ampla, desde a talla 38 ata a 50 e desde a copa B ata a dobre H. O branco xa non se leva, agora as noivas decántanse por cores coma o cru, o marfil ou o cava. Sexa cales sexan as túas preferencias e gustos, Marisa Rodríguez, á fronte do negocio, darache o mellor consello. En Kaprichos tamén po-

A oferta de suxeitadores vai desde a copa B á dobre H.

As noivas decátanse por cores coma o cru, o marfil ou o cava na súa roupa interior derás mercar o bikini ou bañador e toalla que levar á túa lúa de mel, ou mercar a roupa para o teu bebé. Date

unha volta polo seu establecemento e sorprenderaste con todo o que atopas no seu interior.

KAPRICHOS r/Deputación, 18 - 988 413 589 - Verín

A fotografía en Xinzo de Limia apelídase Dacal O apelido Dacal está ligado en Xinzo ao mundo da fotografía. Luis e Gonzalo Dacal, cuarta xeneración de fotógrafos, están á fronte de Foto Dacal na rúa San Roque. Son 65 anos de historia desta tenda, unha longa traxectoria que os coloca como pioneiros en Ourense en facer recordatorios de comuñón e vídeos de voda, e xa, máis recentemente, incorporar o álbum dixital. Para o día da túa voda, unha única recomendación que dan estes dous irmáns aos noivos: “que contraten un fotógrafo profesional”, non en van, as fotografías e o vídeo “van ser o único recordo que lles quede”. Eles realizan reportaxes completos do enlace, incluíndo a cerimonia e o banque-

te, así como de bautizos ou primeiras comuñóns, e entregan o resultado en formato de álbum dixital. Outros dos seus servizos son o retoque de fotografías antigas, a dixitalización de películas VHS para evitar que se perdan, o revelado dixital ou a foto de estudo, tanto de bebés,

como de comuñón ou das parellas. A través da web www.fotodacal.dreambooks.es os seus clientes poderán elaborar os seus propios álbumes, de diferentes formatos e tamaños. Ademais son especialistas en enmarcación, tanto de fotografías como de espellos ou cadros.

FOTO DACAL r/San Roque, 39 - 988 480 251 - Xinzo


CELEBRACIÓNS especial

Vorec, vodas con identidade, non idénticas Vorec é un exclusivo servizo de deseño e organización integral de todo tipo de eventos (vodas, bautizos, comuñóns, despedidas de solteiro, aniversarios, reunións de empresa, festas temáticas, etc), cun alto nivel de servizo, creatividade, profesionalidade e experiencia á hora de organizar calquera celebración, prestando unha especial atención aos pequenos detalles. Asesoran, planifican, xestionan, supervisan e coordinan todos os aspectos relacionados con cada evento: localización de espazos singulares, montaxe e oficiante de cerimonias, catering, música e espectáculos, decoración, iluminación e son, invitacións e obsequios, fotografía e vídeo, aloxamento e transporte para convidados, perruquería, servizo de canguro, azafatas e todo aquilo que poida axudar a ter un evento perfecto. Como expertos planificadores de vodas, asesoran aos noivos desde o principio, deseñándolles unha voda á súa medida, axeitándoa ás súas preferencias, informándolles

puntualmente dos pasos a seguir, etc., en definitiva transmitindo confianza e seguridade. Contar con Vorec para a organización da súa voda é obter un servizo integral onde transforman espazos nada persoais en ambientes máxicos, coa personalidade e esencia de cada cliente, con calidade e bo gusto, para lembrar ese día como algo irrepetible. Dispoñen de varios tipos de contratación dependendo das necesidades dos noivos. Podedes contratar servizos puntuais que vaiades necesitando, coordinar o día da voda ou a máis demandada, unha organización integral, onde vos axudarían na organización completa do voso gran día. Cerimonias personalizadas Vorec, como empresa pioneira no oficio de cerimonias civís en Ourense, deséñavos cerimonias personalizadas, emotivas, diferentes e únicas, en resumo, a cerimonia dos vosos soños.

Cada vez son máis as parellas que deciden casar nunha praia, un xardín ou na súa propia casa.

Cada vez son máis as parellas que deciden casar nunha praia, un xardín ou na súa propia casa. Para iso Vorec ofrécevos todo o necesario para a montaxe da vosa cerimonia: cadeiras, música, oficiante, decoración...etc. Eles encargaríanse de todo o necesario para que vós gocedes plenamente dun día tan especial. Achegan creatividade a calquera evento manténdose ao tanto de todas as novidades e últimas tendencias. Entenden que a decoración e mobiliario é algo funda-

mental para personalizar calquera celebración polo que dispoñen dun amplo catálogo de material en aluguer (mantelería, cadeiras, zonas chill out, photocall, mobiliario, decoración...). Unha das súas últimas adquisicións é a cadeira tiffany, a cal dará un toque de distinción e elegancia a calquera evento. Na súa tenda poderás atopar todo tipo de invitacións, clásicas, modernas, exclusivas e mesmo personalizadas e os mellores detalles para sorprender aos vosos invitados.

BARRIOS Abril de 2016

13

VOREC - www.vorec.es r/Marcelo Macías, 22 - contacto@vorec.es Telf. 988 103 099 - 661 567 172 - Ourense


14

BARRIOS Abril de 2016

especial CELEBRACIÓNS

Como organizar unha primeira comuñón inesquecible 4 O banquete adoita ser o punto máis caro do presuposto. Ante a celebración da primeira comuñón dos nosos fillos xorde o dilema de se facer unha pequena celebración na casa ou optar por unha comida nun restaurante. A pesar da crise económica, son moitos os pais que seguen a facer un gran esforzo para que este día sexa moi especial para os seus pequenos e que non falte ningún detalle. De feito, segundo a FUCI, en España gastamos de media neste tipo de evento 1.768 euros. Cifra que veu caendo dende 2009, polos axustes de presuposto que tiveron que facer as familias, e aos que tiveron que adaptarse os establecementos relacionados con esta celebración. Igual que acontece nas vodas, o banquete dunha primeira comuñón celebrada nun restaurante adoita ser o máis caro do presuposto, xa que oscila entre os 30 e 50 euros por comensal. Ao que se suma o animador que adoita ser contratado trala comida para divertir aos máis cativos e cuxo custo se sitúa nuns 100 euros. En canto ao traxe, continuamos coa tendencia nupcial, e as nenas acostuman a lucir vestidos máis caros. Mentres o traxe dun rapaz ronda os 80 euros, o das rapazas sobe ata os 130 euros de media. Cifras ás que hai que sumar zapatos, complementos e peiteados, polo que o gasto nos nenos ascende a uns 150 euros e nas nenas as 230. Coa crise económica, a reportaxe fotográfica e os detalles foron aspectos nos que os pais máis recurtaron en gastos. A primeira ronda agora os 230 euros

En España gastamos de media neste tipo de evento 1.768 euros de media, e os segundos o euro por convidado. Organización Para comezar a organizar unha primeira comuñón o primeiro paso é facer a lista de convidados. Hai que ter en conta que se trata dunha celebración eminentemente familiar; pódese invitar tamén a algún amigo do comulgante. De seguido debemos escoller o lugar no que celebrar o banquete, e o máis cómodo é confiar esta celebración a un restaurante, deixando en mans de profesionais esta parte tan importante, elexindo o menú que máis se axuste aos nosos gustos e presuposto e sen deixar de participar na decoración do espazo, para poder engadir algún detalle ao gusto do cativo. As invitacións, recordatorios, portafotos…son outra parte primordial deste día, e é recomen-

dable que vaian a xogo, encaixando co estilo da festa. O traxe do neno ou nena tamén ocupará parte importante da organización, así como o dos propios pais, xa que é un día para estar todos radiantes. Outro aspecto importante será a festa posterior á comida, na que os nenos serán os protagonistas. Animación e inchables son chave para que este día sexa divertido para eles e para que os maiores tamén poidan gozar da festa. Por último, unhas manualidades preparadas con cariño para membros destacados da familia, como poden ser os avós, supoñen un broche moi emotivo e inesquecible. E o principal de todo, non esquecer, con todos estes preparativos, o significado espiritual desta celebración relixiosa.

As fotos de comuñón están a cambiar Cando pensas en fotos de comuñón rapidamente venche a imaxe que todos temos plasmada dese estilo fotográfico. Verche retratatado no salón dos teus pais co neno Xesús nas túas mans ou no famoso reclinatorio facía que cada vez que a túa nai presumise do guapo que era o seu raparigo ti non sabías onde meterte. Hoxe en día as reportaxes de comuñón dalgúns profesionais xa nada teñen que ver e unha sesión fotográfica de comuñón é un traballo moito máis amplo onde se coidan as localizacións e os gustos dos máis pequenos. Borys Martínez é un dos fotógrafos que mellor entende as novas formas de crear recordos. O seu estudo atópase en Verín, pero moitos dos seus clientes desprázanse desde outras localidades para realizar a reportaxe de comuñón onde a beleza do val de Monterrei axuda para crear fantásticos álbumes atemporais. Que é unha reportaxe de comuñón? Borys Martínez: “Para min o máis importante é poder plasmar a esencia dos nenos, deixar que sexan eles nas fotos, que poidan ter un recordo desa etapa da súa vida. As fotos máis naturais e espontáneas son o seu mellor recordo”. Como son as túas fotos? B.M: “Máis que fotos, son recordos, combinamos sesión no noso estudo, onde tentamos recrear escenarios reais para que as fotos teñan un toque natural, desde

xanelas até unha Harley Davidson en miniatura e outra parte en exteriores, sorpréndense moitas veces das paraxes espectaculares que temos á beira e que moitos non coñecen”. Sempre se escoita que os nenos se aburren. B.M.: “Si, vén coa idea de que todo vai ser un rollo, pero ao final non queren acabar a sesión, o truco é moi sinxelo, ser amigos deles e que todo se converta nun xogo”. Fotos raras de comuñón? B.M.: “Teño de todo, a verdade que me abro a todas as ideas... o ano pasado pasámolo xenial cunhas fotos onde Miguel nos trouxo ao seu pai cos seus amigos moteiros, iso si, todo orgulloso co seu casco. Pero... desde acabar na auga ou pintados de colorines.. iso si, sen o traxe de comuñón. Cando hai que contratar unha comuñón? B.M.: “No meu caso canto antes, só facemos un número limitado de repor-

taxes, posto que as vodas quítannos moito tempo e gústanos facer as cousas ben. Mellor pouco é ben que moito e mal”. Mariñeiro ou de capitán? B.M.: “Faime moita graza... pero os nenos son os que mandan... se a eles lles gusta ir de mariñeiros pois que vaian de mariñeiros, É o seu día... o que non entendo é esa tradición cando non temos mar, pero está claro que cando os deixamos escoller a eles canto máis dourado mellor”. Onde poden ver os teus traballos? B.M.: “Podedes entrar na miña web, www.borysmartinez.es ou en calquera das redes sociais buscando Borys Martínez ou mirar o noso escaparate na rúa Luís Espada 21”. Algunha consello para os nosos lectores? B.M.: “Animar a todos os pais a que fagan fotos, é un recordo, xa non digo de comuñón se non do que eles queiran, pero que fagan fotos. O tempo pasa e é a única forma de conxelalo, dentro duns anos terá moitísimo valor. A que vos gusta ver fotos vosas de pequenos? Agora mesmo todo o mundo garda as fotos nun pen, que pasará dentro de 30 anos, onde estará ese pen?”

Fotografía de comuñón realizada por Borys Martínez.


CELEBRACIÓNS especial

BARRIOS Abril de 2016

Komodamoda, a talla non importa

Unha lúa de mel única con Reyso Viajes

Porque a comodidade non está reñida co estilo, Komodamoda leva case unha década ofrecendo ás súas clientas roupa de festa cunha ampla tallaxe. Desde o pasado outono nunha ubicación máis ampla e céntrica na capital ourensá, na rúa Bedoya, 13, Komodamoda conta xa nos seus estantes coa nova colección de festa, que nos presenta vestidos tanto curtos coma longos, a maioría ata a talla 60. Con calquera deles estaredes ideais para asistir a unha voda, bautizo, comuñón ou calquera outra celebración. Son prendas ultra cómodas e actuais, para que as invitadas se sintan a gusto con elas mesmas e poidan gozar ao máximo desa festa especial sen ter que preocuparse pola tallaxe.

En Reyso Viajes, en Verín, levan xa 12 anos asesorando a todo tipo de parellas de recén casados. Por iso para as lúa de mel ofrécenvos os destinos e os paquetes turísticos que esperades para unha viaxe tan única e especial. Traballan coas mellores marcas e receptivos do sector, xa que para esta axencia de viaxes verinesa a confianza, a seguridade e o coñecemento son fundamentais á hora de vender viaxes. Ao longo destes anos este tipo de viaxes foron evolucionando: aos clásicos destinos de grandes resorts en praias do Caribe e Índico, engádense como tendencia viaxes culturais, safaris en busca de vida salvaxe, viaxes ao exotismo asiático, ou cruceiros de luxo, e todos eles coa mellor relación entre prezo e calidade. Como gran novidade Renso ofrece a todas as parellas un seguro multirrisco especial para cubrir calquera imprevisto

Tendencias Nesta nova tempada destacan as cores verdes, azuis e moradas e tamén os estampados florais. Seguen a verse as telas bordadas, os encaixes, os volantes, as capas superpostas, os dra-

Un deseño longo de festa con estampado. peados nos corpiños e os corpos con pedrería. No interior da tenda tamén

poderedes atopar unha pequena colección en moda baño e corsetería.

KOMODAMODA r/Bedoya, 13 Tel. 988 25 43 59 - Ourense

15

Grandes resorts de praia, viaxes culturais, safaris, cruceiros de luxo son algunhas das alternativas. que poida xurdir. Se os noivos teñen que anular a súa voda todos os gastos que puidesen ter, como o restaurante, floraría, barbaría, fotografía, vestimenta, etc.. poden estar cubertos con este novo servizo. Desde Reyso Viaxes póñense a disposición das parellas para conseguir que a viaxe da súa lúa de mel sexa inesquecible no tempo. Outras ofertas Doutra banda, agora que xa queda menos para o ve-

rán, nos destinos de praia para familias dispoñen dun amplo abano de hoteis con animación e instalacións ideais para que os máis pequenos estean entretidos e os maiores poidan gozar e desconectar das merecidas vacacións. E xa para finalizar, Reyso Viajes tamén un produto low-cost, ideal para xente que quere gastar pouco pero non por iso deixar de viaxar e explorar cidades como Roma, Londres, Paris, ou Amsterdam, entre outras.

REYSO - r/Remedios, 3, baixo B Telf. 988 59 04 26- Verín


16

BARRIOS Abril de 2016

CELANOVA E COMARCA

entrevista a marisol mendive

“O lugar, o instrumento e a beleza sonora impresiona aos estudantes” 4 Marisol Mendive achéganos ao Ciclo de concertos didácticos de órgano de Celanova. Silvia Nieto

A directora xeral de Comercio, o xerente de Galicia Calidade e o alcalde de Celanova, durante a súa visita á fábrica de Quesos Feijoo./M.R.EJO.

Quesos Feijoo recibe o selo de Galicia Calidade Redacción A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, acompañada polo xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro, entregou en Celanova o certificado de garantía Galicia Calidade á empresa Quesos Feijoo, a cal pode a partir de agora incluír este recoñecemento na súa etiquetaxe para o queixo certificado pola Denominación de Orixe Protexida Queixo de Tetilla. O certificado de uso, con validez para os próximos tres anos, permitirá a Quesos Feijoo incluír o distintivo nas etiquetaxes así como nas diferentes accións de promoción que leve a cabo. Calidade e tradición Quesos Feijoo, durante máis de sete décadas e catro xeracións, segue a elaborar queixos de forma tradicional. Creada en 1949, actualmente está consolidada en España e busca afianzarse en México, Portugal ou Italia. Nos oitenta e noventa, a empresa abordou un plan de expansión, ao elaborar os primeiros queixos de pasta dura ou barra e os semicurados de mestura de leite de vaca e nata de ovella. E en 2015 lanzou o requeixo e o semicurado de vaca e de cabra.

Marisol Mendive naceu en Bilbao, pero dende pequena viviu en Zaragoza. Alí estudiou piano, e ao rematar formouse no órgano de tubos, tanto na capital de Aragón como en Barcelona. Estivo varios anos de organista nun santuario e fai 10 anos dedidiu optar á praza de profesor de órgano que se ofertou no Conservatorio de Ourense, o único da comunidade que ensina esta especialidade. Nos últimos sete anos compaxina as clases no conservatorio coa dirección do Ciclo de concertos didácticos de órgano que se imparte na igrexa de Celanova. Como xurdiron estes concertos didácticos? Marisol Mendive: “O Concello de Celanova acababa de restaurar o órgano da igrexa, quería sacarlle partido e pensou nesta actividade. Ao mesmo tempo, un grupo dos meus alumnos, eran sete ou oito, que daquela daban clases de música en Secundaria, sabían que os estudantes ían a concertos didácticos impartidos pola Filarmonía de Santiago, a Orquesta Sinfónica da Coruña, e parecíalles que sería unha boa idea facelos de órgano. Polo que ambos confluíron na mesma proposta. E así empezou fai sete anos. Creouse unha unidade didáctica, que se colgou na web, fíxose un calendario e comezamos con poucos alumnos,

“É unha experiencia única para os estudantes”, asegura Marisol

Marisol Mendive é profesora no Conservatorio de Música de Ourense, e dirixe e imparte o Ciclo de concertos didácticos de órgano de Celanova./S.N.

“As visitas culturais á Casa dos Poetas, Castromao e Vilanova son o complemento ideal, para dar a coñecer a vila e a súa historia entre os alumnos de toda Galicia”, explica a directora todos do entorno de Celanova, eles sentábanse no coro e eu faláballes, pero non tiñamos os medios que hai agora. Pouco a pouco todo se foi profesionalizando. E logo veu o apoio da Xunta, porque economicamente o Concello, aínda que non se precisa unha inversión elevada, non pode afrontalo todo, e agora están apoiados pola Secretaría Xeral de Cultura. Na actualidade hai moito soporte técnico, hai cámara de video, canón con pantalla, micro inalámbrico, 50 sillas… xunto a persoal do Concello que axuda a distribuir os grupos e organizar o ciclo. Ademais, o Concello encárgase de enviar a información aos centros escolares para que se inscriban. Trátase dunha actividade pioneria en España, é a única dirixida a grupos de alumnos de toda unha comunidade”. Cal é a particulariedade principal deste ciclo? M.M.: “A primeira novidade é o lugar no que

se imparten os concertos, o órgano de Celanova e o coro alto, que son espectaculares. Así conséguese un encontro directo dos mozos cun patrimonio do século XVI que doutra forma non coñecerían. Nesta actividade van escoitando a historia dos monxes, da liturxia… e todo xera un ambiente que os mete directos na mesma. Tamén que o órgano é único, cunha caixa das de maior tamaño de Galicia. Porque grandes órganos en uso na actualidade en Galicia só están os de Tui, Compostela e Celanova. E por último o son en directo dun instrumento de tanta beleza e riqueza sonora, que os impresiona porque non están acostumados a escoitar un instrumento deste tipo”. En que consiste un concerto didáctico? M.M.: “O que é o concerto didáctico dura unha hora. Na primeira parte eu explícolles dunha forma dinámica a historia do ins-

trumento; na segunda parte séntome ao órgano e enséñolles todos os sons, o vento, os fuelles; e na terceira eles son os protagonistas, eles tocan coa flauta doce acompañados do órgano as obras que prepararon previamente cos seus profesores. A min isto paréceme o máis fermoso da actividade. Pero en xeral, sorprende o silencio que hai, a atención que poñen e o respecto que mostran. Falamos de adolescentes entre 12 e 18 anos, e tratando un tema como o do órgano, pero marchan felices”. Cantos alumnos adoitan participar ao ano? M.M.: “Temos unha media de 1.100 ou 1.200 alumnos cada ano procedentes de toda Galicia. Este ano xa está todo o programa pechado, xa estaban completados os 30 grupos tres semanas antes de comezar o ciclo, e iso quere dicir que xa está dentro da rutina dos centros escolares”.

Esta actividade compleméntase con visitas a lugares culturais emblemáticos de Celanova. M.M.: “Si, é o complemento ideal. Ao principo só comezou con música, pero agora inclúense visitas á Casa dos Poetas, Castromao e Vilanova dos Infantes. Os institutos que veñen gozan de interdisciplinariedade, xa que se xuntan alumnos de lingua, historia e música, e todos aproveitan a visita. Por iso fai falla un equipo importante para organizar aos distintos grupos. Eu creo que isto é un regalo para Celanova, para dar a coñecer a vila e a súa historia entre alumnos de toda Galicia”. En que pode seguir mellorando esta iniciativa? M.M.: “Creo que é unha idea que cuallou moi ben, e que pode dar de si proxectos interesantes, como facer un video ou unha gravación cos mellores grupos. Polo que se houbera un apoio económico estable, porque hoxe non está orzamentado nin pola Xunta nin polo Concello, poderían incluírse outros proxectos”. Cal foi a túa primeira impresión cando viches a igrexa de San Salvador e o seu órgano? M.M.: “Impresionoume moito. En xeral, toda Galicia, porque ten un patrimonio de mosteiros incrible, Ramos, Oseira, Santo Estevo… E o de Celanova é incrible, o coro alto é único, a igrexa tamén me impresionou, e chamoume a atención que o órgano estea en uso, e o empreguen nas misas. Así é como debe ser, que o órgano sexa un obxecto usado de xeito normal. E ese é o labor do Conservatorio de Ourense, dar a coñecer este patrimonio que está moi abandonado, e formar aos mozos organistas para que o vaian promovendo”. Que balance fas destes sete anos de concertos? M.M.: “É unha experiencia única para os estudantes, é preciosa, é unha forma de achegar o patrimonio cultural aos mozos. Creo que o Concello de Celanova ten que estar moi orgulloso deles”.


CELANOVA E COMARCA

A estatua da discordia 4 A colocación dunha imaxe da Virxe da Guía en substitución do monumento ao emigrante trouxo a polémica a Celanova. S.N. Unha estatua da Virxe da Guía desatou a polémica en Celanova. En 2012 instalouse na rotonda na que conflúen a avenida López Blanco e a OU-531 un monumento na honra dos emigrantes doado polo artista Leandro Sánchez, pero a comezos deste mes foi retirada e sustituída por unha escultura da Virxe da Guía de Gomesende, correndo cos gastos da fabricación e instalación da mesma o párroco da Guía, José López Gil, que presentou unha petición no Concello para realizar o cambio argumentando que dende a ventá da súa casa, sita ao lado da rotonda, desexaba ver esta imaxe relixiosa xa que, segundo el considera, os veciños de Celanova non coñecían o significado do monumento anterior. Pero este cambio non foi moi ben acollido, nin por unha parte dos veciños de Celanova nin pola oposición do Concello. Dende o BNG califican esta sustitución como “unha falta de respecto, a Leandro Sánchez e aos emigrantes, un colectivo que por desgraza é tan amplo na nosa comarca”, explicounos o seu voceiro, Leopoldo Rodríguez. Ademais, pregúntase: “o resto da cidadanía podemos colocar o que nos

apeteza en lugares públicos se o pagamos do noso peto?”. Os nacionalistas non entenden que o goberno municipal sucumba ante “o capricho dun particular”, e menos que o faga “dependendo de quen veñan as peticións, xa que no último pleno o alcalde deixounos claro que para el hai dous tipos de cidadáns, de primeira e de segunda, e que non goberna para todos por igual”. Asemade, nun estado aconfesional como o español, dende o BNG consideran que o comportamento do rexedor e do seu grupo de goberno “vai en contra da liberdade e da dignidade da cidadanía e mesmo da cordura”. Como consecuencia, o edil nacionalista Gonzalo López puxo en marcha unha petición a través da plataforma change.org para solicitar a Ferro a reposición no seu lugar do monumento aos emigrantes, “esta iniciativa vai dirixida a toda a xente á que non podemos chegar, nomeadamente os emigrantes”. A posición do Concello Ante a pregunta deste xornal sobre o tema, o alcalde de Celanova, José Luis Ferro, explicounos que deu por zanxada esta polémica no pleno deste mes de abril, cando res-

86 novos carballos para conmemorar os días mundiais da Árbore e a Auga Redacción A Deputación de Ourense celebrou os días mundiais da Árbore e da Auga, que se conmemoran os días 21 e 22 de marzo, plantando carballos en 86 centros públi-

BARRIOS Abril de 2016

17

Celanova honrará a Pepe Velo cunha exposición sobre o buque Santa María 4 O poeta e activista protagonizara o secuestro do transatlántico portugués. Paula Lodeiro

Estatua da Virxe da Guía./P.L. postou ás acusacións do BNG asegurando que o cambio contou coa aprobación de Leandro Sáchez e que considera que a ubicación na rotonda da Virxe da Guía, patrona dos emigrantes, non altera en absoluto o simbolismo que se lle deu a este lugar.

O cambio non foi ben acollido por parte dos veciños e da oposición cos de educación primaria da provincia, que foron os colexios que participaron nas actividades de concienciación medioambiental organizadas no marco da “2ª Semana Escolar da Árbore e da Auga”. Máis de 8.900 alumnos desenvolveron diferentes eventos literarios, culturais, educativos e medioambientais ao redor da figura dos bosques, as árbores e a auga. Ao remate destas actividades tivo lugar a plantación dun carballo en cada colexio.

Neste 2016 cúmprense 100 anos do nacemento de Xosé Velo Mosquera, e para axudar a difundir un pouco máis a súa figura entre celanoveses en particular e galegos en xeral, a Secretaría Xeral de Cultura, o Concello de Celanova e a Fundación Curros Enríquez prepararon un programa de actos. O máis destacado será unha exposición na que estará presente unha maqueta de dous metros do Santa María, o buque portugués que Velo secuestrara no medio do océano Atlántico para denunciar ante o mundo as dictaduras de Franco e Salazar. Segundo explicou o biógrafo de Pepe Velo e técnico municipal de Celanova, Antonio Piñeiro, a mostra abordará “a dimensión social” deste transatlántico, na memoria de tantos celanoveses, ourensáns e galegos que emigraron a Venezuela. Actualmente a exposición está en fase de produción por parte da Fundación Curros Enríquez, que tramita co Museo de Pontevedra –onde está depositada a réplica do

Anxo Lorenzo, José Luis Ferro, Mercedes Gallego e Antonio Piñeiro, xunto á rúa Pepe Velo de Celanova./P.L. barco -. A intención é que estea aberta ao público, na Casa dos Poetas, nos meses de verán, para posibilitar que sexa visitada polos emigrantes. Cita para os escolares Ademais, os actos conmemorativas contarán cunha xornada dedicada aos escolares o 11 de maio, e un ciclo audiovisual, coa proxección dos documentais de Xan Leira, Margarita Ledo e Francisco Manso. Así como un concerto de Carmen Penín de 2naFronteira, quen musicou varios poemas escritos polo propio Pepe Velo. José Velo Mosquera foi cofundador das Mocidades Galeguistas, activo

dinamizador cultural e político da sociedade galega en Caracas, poeta, xornalista, traductor e mestre de Matemáticas. Faleceu en 1972 no exilio en Brasil. O intelectual e activista Pepe Velo conta cunha rúa en Celanova desde hai 20 anos. O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, destacou na presentación deste centenario, que Pepe Velo “fixo un contributo á cultura galega que non debe pasar desapercibido”, non só en Celanova, senón tamén no resto de Galicia. De aí a importancia de que o seu centenario serva “para actualizar a súa vida, a súa obra, o seu aporte en definitiva á construción colectiva de Galicia”.

O presidente provincial desprazouse ata o CEIP da Merca para participar nesta actividade, onde o carballo que plantaron os estudantes recibiu o nome de “Francisco”.


18

BARRIOS Abril de 2016

DEPORTES

Diz e Teijeiro venceron en Xinzo

Vitoria de Feijoo na Taça de Portugal

4 Iglesias e Teijeiro na popular da Merca.

4 Venceu na proba disputada en Valongo.

Redacción

Redacción

Xinzo de Limia e A Veiga acolleron nas últimas semanas unha carreira popular e un trail, respectivamente En Xinzo os máis rápidos foron o local Rubén Diz e Sonia Teijeiro. No podio masculino acompañaron ao limiao Luis Iglesias (segundo) e Saturnino González, terceiro. Tras Teijeiro segunda foi Vicky Losada e terceira Marina Losada. Por relevos, o equipo “Correcaminos” foi o máis rápido. A Merca Luis Iglesia e Sonia Teijeiro venceron na 25ª edición da carreira popular da

Proba escolar en Xinzo./ RAMSÉS

Merca sobre unha distancia de 10 km. Acompañaron a Iglesias no podio masculino, Saturnino González -segundo- e Julio Nóvoa -terceiro-. Xunto a Teijeiro estiveron no podio Marina Losada e Jacqueline González, segunda e terceira, respectivamente.

Joao e Martín Morales, campións de España 4 De orientación. Redacción

O biker do Academia Postal - Actyon, Iván Feijoo -categoría júnior-, volveu saborear a vitoria. Nesta ocasión foi na Taça de Portugal disputada na localidade lusa de Valongo. Tras unha dura pugna co campión portugués durante a primeira volta, o ourensán lograba dominar a proba acadando unha vitoria que o leva a sumar uns valiosos puntos para o campionato. Finalmente sacáballe na liña de meta dous minutos ao seu máis inmediato perseguidor. En categoría elite, Saúl López remataba sexto

media. Ademais foi 14º en elite e 27º en distancia media. A outra participante do Limiactiva, Irene Morales, chegaba a meta na novena posición en F18, sexta en sprint e undécima na proba de media distancia.

Os deportistas de Limiactiva Joao e Martín Morales proclamáronse campións de España de orientación. Pontevedra acolleu este campionato de España celebrado a finais de marzo. A primeira das probas foi a de M12 na que Joao

Morales lograba a primeira vitoria para o Limiactiva. Nas outras probas que participou logrou a sétima posición en sprint e a 18ª en distancia media. O segundo título para o equipo limiao chegaba da man de Martín Morales na categoría M45 na proba de sprint. Tamén foi 14º en elite e e 27º en distancia

Morales durante unha proba do Campionato de España de orientación.

Ascensos das Escolas Deportivas de Verín

(1-2) o que lle valeu para acadar o título e o ascenso. O cadete logrou o título provincial ao vencer no último encontro ao Antela (1-3). Os equipos de fútbol 8

(prebenxamín, benxamín A e o alevín A) tamén lograron o pase para xogar os campionatos galegos nas súas respectivas categorías.

Redacción As Escolas Deportivas de Verín lograron o ascenso dos seus equipos de fútbol 11 á Liga Galega. O equipo xuvenil conseguiu unha vitoria ante o Ourense C.F

Equipo cadete de fútbol 11 de Verín.

nunha proba de categoría C1 internacional. López sumou importantes puntos codeándose cos mellores especialistas portugueses. Ferrol Arrincaba en Ferrol o

Open de Galicia de BTT onde o equipo macedán logrou sete podios, dos cales tres foron primeiros postos. Abel Franco en júniors e Carlos Canal e Antía Martínez, en cadetes, lograron a vitoria. Román Saa (júniors), Hugo Vázquez (cadetes), Raúl González (sub23) e Xiana Conde (elite) serían terceiros.

Saúl López rematou sexto en categoría elite

EN BREVE

4 Andaina A pesar dunha xornada marcada pola choiva, 350 persoas participaron na andaina ‘Ruta dos Carros. Subida ao Pozo do Demo’, organizada polo Concello de Verín e Asociación de Sendeirismo Ruta das Augas.

4 Atletismo O III Desafío 42 disputarase en Maceda e Ourense (o sábado 14 de maio) e Allariz (o domingo 15). As inscricións realízanse en championchipnorte.com. Maceda acollerá tamén o VI Desafío solidario San Mamede o 22 de maio.

4 Fútbol

O ciclista júnior Iván Feijoo durante a proba disputada no país veciño./CEDIDA.

O mércores 27 de abril o adestrador nacional de fútbol, Vicente del Bosque, estará presente na reinauguración do campo Cardenal Quiroga, de Maceda.


PUBLICIDADE

BARRIOS Abril de 2016

19


20

BARRIOS Abril de 2016

OCIO E CULTURA

EN BREVE

Preséntase o número 12 da Revista Lethes

4 Exposición da UVigo en Verín A rúa Lisa de Verín acolle a exposición itinerante “25 anos máis”, organizada pola Vicerreitoría do Campus de Ourense da Universidade de Vigo. O obxectivo da mesma é visibilizar a conexión que existe entre a sociedade e a Universidade, a través de rostros e opinión de persoas significadas e representativas nos seus respectivos sectores de actividade: o deporte, a cultura ou a empresa.

4 Congreso sobre radio e televisión O novo Centro Cultural e das Artes de Verín acollerá os días 22 e 23 de abril un congreso sobre o futuro das radios e televisións municipais en confluencia coas novas tecnoloxías; con conferencias e debates a cargo de destacados poñentes do eido audiovisual nacional e galego, e cunha clase presencial da Facultade de Xornalismo de Santiago. Polas tardes, as persoas que o desexen (previa inscrición en querofacerunprogramaderadio@ gmail.com) poderán participar nos talleres prácticos sobre como facer e o seu propio programa de radio.

4 Actividades de verán para mozos A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín mantén aberto (ata o 23 de abril) o prazo de inscrición, para mozos de entre 9 e 17 anos, na súa campaña de Verán 2016. Esta iniciativa ofrece (durante 10 ou 15 días) actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo aos máis novos, así como a posibilidade de coñecer outros territorios da xeografía nacional. Os prezos, dependendo de se o lugar elixido se atopa dentro ou fóra de Galicia, oscilan entre 100 e 300 euros (con descontos para familias numerosas e usuarios do carné xove).

4 No Museo da Limia de Vilar de Santos. P. Lodeiro

Creacións expostas na Festa dos Maios de Allariz dunha edición anterior./ARQUIVO.

Celebración dos Maios en Allariz e Verín 4 Será o 29 de abril e 1 de maio. Redacción O 29 de abril, Allariz celebra a tradicional Festa dos Maios, na que os alumnos do colexio de Primaria e do instituto presentan as súas creacións naturais e cantan as coplas que eles mesmos elaboran. Para participar é preciso inscribirse na Casa da Cultura antes do día 26 de abril. Os grupos deberán ter un mínimo de oito persoas. Haberá premios para os tres mellores maios enxebres e os tres mellores artísticos. Todas as creacións presentadas cun mínimo de calidade levarán un diploma de participación e unha subvención de 40 euros. Tamén se galardoarán as tres mellores coplas, en

categoría de nenos (ata os 11 anos) e de maiores (de 12 anos en adiante). O veredito do xurado emitirase o día 29, no transcurso da Festa dos Maios que se desenvolve no Campo da Barreira a partir das 12. Verín O Concello de Verín organiza un ano máis unha concentración de Maios artísticos, tradicionais e humanos. Será o 1 de maio no Parque da Alameda a partir das 10 horas. Nesta iniciativa non competitiva poderán inscribirse, no Concello de Verín ata o 23 de abril, centros de ensino da comarca, institucións e asociacións culturais e sociais que estean rexistradas e que mantiveran actividades públicas despois

dos Maios do 2015. Como axuda para os custos da montaxe, a cada asociación entregaránselle 200 euros en coplas sen cargo. Como excepción, os centros de ensino recibirán en metálico de 175 euros e 25 coplas sen cargo. As coplas serán elaboradas polos grupos participantes e o texto entregarase dixitalizado no Concello antes das 12 horas do 27 de abril. Farase unha edición conxunta de todos os participantes, que será vendida por un euro, e tratará de cubrir obxectivos culturais e sociais. A Cruz Vermella entregaránselle 600 exemplares para que adique a cantidade obtida con eles a programas asistenciais na comarca.

A Revista Lethes, publicación de carácter cultural da comarca da Limia, alcanza o seu número 12. O Centro de Cultura Popular da Limia promove desde 1999, ano da súa creación, esta revista, que se inspira no espírito da Revista Nós e que recolle “os valores culturais, de etnografía, paisaxe, de creación artística” desta comarca, apuntou o seu representante, Manuel Seoane. Este número en particular inclúe artigos sobre xeoloxía, termalismo ou botánica, así como dez poemas inéditos de Antón Tovar, recopilados por Delfín Caseiro, ou un artigo do escultor de Xinzo Xosé Lois Carreira. Tamén se pode

ler nela unha reseña sobre a Vía Nova, cuxo tramo entre Porto Quintela e A Saínza vén de ser restaurado como ruta de sendeirismo. Todos eles escritos en galego. A publicación foi presentada no Museo da Limia, anticipando tamén así a celebración do 20º aniversario do mesmo na súa sede actual, a reitoral de Vilar de Santos, que se cumpre no mes de maio. A Revista Lethes, que dirixe Xosé Badás, é publicada pola Deputación de Ourense e está á venda en librerías da comarca da Limia. Nos seus 12 números, ao redor de 150 autores teñen colaborado de maneira desinteresada.

Está á venda en librerías da comarca da Limia

Presentación da Revista Lethes en Ourense./P.L.

75 alumnos de Primaria visitan a biblioteca de Verín O días 5 e 12 de abril alumnos de 1º, 4º e 5º de Primaria do CEIP Princesa de España visitaron a Biblioteca Pública Municipal de Verín. Unha actividade que lle permitiu aos cativos coñecer o servizo bibliotecario, así como as diferentes actividades educativas e lúdicas que se programan nesta instalación ao longo do ano.


DEPUTACIÓN DE OURENSE especial

A “Vuelta a España”, máis ourensá que nunca O Teatro Principal da Deputación de Ourense acolleu a presentación da 71ª edición da “Vuelta a España”, unha proba ciclista que este ano ten como protagonista á provincia de Ourense, na cal se disputarán catro etapas. No acto, que contou coa participación dos exciclistas Pedro Delgado, Óscar Pereiro e Fernando Escartín, analizáronse as características técnicas do percorrido e a repercusión social e económica que supón este evento para a provincia ourensá. O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, dixo na súa intervención de apertura do acto que esta é a provincia na que cremos, “unha Ourense de futuro, positiva e ambiciosa”, que destaca no ámbito deportivo en logros como “a súa presenza na máxima competición do baloncesto, o termalismo de alto nivel deportivo e a estación de montaña de Galicia, en Cabeza de Manzaneda”. No acto, no que tamén participou o director xeral da “Vuelta a España”, Javier Guillén, foron homenaxeados os ciclistas ourensáns César Pérez e Raúl Rey, que participaron na Vuelta a España, e tamén foron recoñecidos Xulio Conde e o ciclista preolímpico

Presentación da “Vuelta a España” no Teatro Principal de Ourense. ourensán, Pablo Rodríguez. Manuel Baltar destacou que o deporte “é unha das liñas básicas do plan de mandato Ourense 1519, nas súas vertentes de deporte de elite e escolas deportivas”, e engadiu que a propia denominación que este ano ten a proba ciclista: “Ourense Termal-Madrid” “alude ao noso papel como berce da mesma, tendo como puntos de saída ou chegada os concellos de

Cenlle, Arnoia, Nogueira de Ramuín, Castrelo de Miño, Maceda e a capital ourensá”. Retorno económico A “Vuelta a España” é un evento que xunto co Tour de Francia e o Giro de Italia configuran as carreiras ciclistas máis importantes do mundo, sendo seguida por máis de 150 países e do que a organización estima que terá un re-

torno económico mínimo de 1,7 millóns de euros para a provincia de Ourense. A presentación de equipos terá lugar en Arnoia, sendo a primeira etapa unha crono entre Laias (Cenlle) e o Parque Náutico de Castrelo de Miño. A segunda etapa terá a súa saída na cidade de Ourense, a sexta etapa terá como meta a localidade de Luintra, e a sétima etapa sairá de Maceda.

BARRIOS Abril de 2016

21

A Deputación financia iniciativas para a infancia en 24 concellos A Deputación de Ourense cofinanciará Puntos de Atención á Primeira Infancia (PAI), situados en concellos de menos de 5.000 habitantes, para prestar apoio aos pais, titores e gardadores dos nenos e nenas de entre 3 meses e 3 anos. A contía concedida a cada concello vai dos 10.000 aos 13.000 euros en función de diferentes parámetros obxectivos. En conxunto, o ente provincial destinará 140.000 euros para cofinanciar 12 centros PAI. Asemade, a Deputación de Ourense apoia aos concellos que desenvolven funcións de atención e coidado, fóra da xornada escolar ordinaria, a nenos e nenas entre 3 e 12 anos, actuando como soporte e apoio ás familias e contribuíndo á conciliación da vida laboral e familiar. Para esta liña a institución dedicará 60.000 euros. A tramitación destas liñas de cooperación entre a administración provincial e os concellos realízase exclusivamente a través de administración electrónica.

Presentación da “Ourense ICC Week” 2016 A 2ª edición da “Ourense ICC Week”, a Semana das Industrias Culturais e Creativas que organiza a Deputación de Ourense, celebrarase do día 10 ao 14 de maio, en diferentes lugares da provincia. O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, afirmou na presentación do evento que a ICC Week “converte a Ourense nun auténtico plató de experiencias, creación e debate ao redor das vangardas creativas”, e engadiu que este evento “sitúa á nosa provincia como referente das últimas cuestións relacionadas coas disciplinas que abrangue o ámbito da creatividade”. O presidente da Deputación destacou que esta idea, “converte a Ourense nunha localización con referencia histórica indubidable e con gran valor patrimonial para os debates de máxima actualidade no eido da innovación audiovisual, da man de relatores que protagonizan os cambios e as últimas tendencias”. “A ICC Week –engade o presidente- mestura o tradicional, o relevante patrimonialmente como é San Pedro de Rocas, o Pazo de Vilamarín, ou

Actuación da Real Banda de Gaitas no Auditorio Nacional.

A Real Banda de Gaitas, premio “Excelentia a la Cultura” 2016 Juan Rivas, Manuel Baltar e Manuel Araújo, na presentación da Ourense ICC Week. o Mosteiro de San Salvador en Celanova, con aquelas cuestións postas sobre a mesa significan estar a falar do último en innovación”. A ICC Week 2016 será un punto de encontro para emprendedores e protagonistas creativos que ato-

parán na provincia de Ourense o marco perfecto para o co-working, a potenciación de negocios e apertura de novos mercados. No apartado musical destacan as actuacións de “Love of Lesbian”, Iván Ferreiro, e os grupos ourensáns “Bestlife” e “Priscila”.

A Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense recibiu o Premio Nacional “Excelentia a la Cultura” 2016 como proxecto máis destacado no ámbito da música e da cultura en España, “un galardón que recoñece os trinta anos de traxectoria da Real Banda de Gaitas, que ten percorrido os cinco continentes e actuado nos principais escenarios do mundo levando o nome de Ourense e de Galicia e a nosa cultura e tradición musical aló

por onde vai”, afirmou o presidente da Deputación, Manuel Baltar, quen recolleu o galardón. Ao remate do acto de entrega do premio a Real Banda de Gaitas actuou no Auditorio Nacional interpretando melodías clásicas e tradicionais galegas, como a Novena Sinfonía de Beethoven, o Himno do Antergo Reino de Galicia, e a Muiñeira de Chantada, e un saúdo de percusión, nun evento que conta coa Raíña Dona Sofía como presidenta de honra.


22

BARRIOS Abril de 2016

4AXENDA Música - 29 de abril - Concerto de Twin&Music - 22 h - Arca da Noe (Vilar de Santos) - 30 de abril - II Encontro de Músicos - 12:30 h- Rectoral de Ansemil (Celanova) Exposicións - Ata o 12 de maio Exposición “Pon un can de palleiro na túa vida” Casa da Cultura de Xinzo de Limia - Ata o 15 de maio Exposición “Rostros do Douro” - Fundación Vicente Risco (Allariz) Cine - 22, 23 e 24 de abril - Proxección de “Batman vs Superman” - 18:45 e 22 h - Cine de Verín - 23 e 24 de abril Proxección de “Norman del Norte” - 16:30 h Cine de Verín - 25 de abril - Proxección de “O noso último verán en Escocia” - 18:30 h - Casa da Cultura de Verín - 28 de abril - Proxección de “Maimiño e o espello máxico” - 20 h Auditorio de Celanova - 2 de maio - Proxección de “Phoenix” 18:30 h - Casa da Cultura de Verín - 5 de maio - Proxección de “A tropa de trapo na selva do arco da vella” - 20 h - Auditorio de Celanova Teatro - 29 de abril - Brancaneves - 20:30 h - Auditorio de Xinzo de Limia Outros - 22 de abril - Monólogo de Carlos Blanco 22:30 h - Casa da Cultura de Allariz - 24 de abril - Espectáculo de baile “O son do sabugueiro” - 18 h - Auditorio de Celanova - 14 de maio - Monólogo “Memorias dun neno perdido” de Rubén Riós - 23:55 h - Café Cultural Roi Xordo (Allariz) www.periodicobarrios.com

OCIO E CULTURA / ARTIGOS

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

4DESDE A PONTE... A MONTERREI

A dieta do Paleolítico

Godás, o arquivo da memoria Cando Ramón Godás, no século pasado no Carballiño, comenzou a meterlle na alma ao seu fillo Máximo a maxia da fotografía, de seguro que ninguén pensaba que a dinastía Godás ía seguir a estela do bisavó ata hoxe, con catro xeracións de magníficos fotógrafos. Máximo Godás Retorta, fillo de Ramón, que por cousiñas da vida escolleu Verín para emprender un camiño profesional e familiar, fundou en 1929 o seu primeiro estudo fotográfico na nosa vila, na avenida de Luis Espada, sendo máis tarde traspasada á rúa Lisa onde segue a día de hoxe. Máximo foi alcalde de Verín en tempos revoltos e difíciles. Lembro ao avó Máximo coa súa boina calada na cachola e co caxato acompañando os seus pasos, pretiño do negocio, rexentado xa daquela polo terceiro da saga, o inesquecible Xurxo Godás, fillo de Maximo, o fotógrafo de moitisimas xeracións de verinenses, deixando un legado fotográfico maxistral, ao mesmo tempo que un sinfín de momentos únicos. De feito, cando eramos nenos íamos ao seu estudo a sentir a sensación da maxia e ollar un meticuloso e particular estilo de traballar, agardando unha explosión de luz, mesturada coa intriga infantil, de poder escoitar unha agarimosa bronca, por facer movementos involuntarios, no momento xusto. Inborrables lembranzas dun xenio! O tempo corre sen acougo e agora a cuarta xeración Godás é a que segue alongando, coa súa maestría, a lenda desta familia de fotógrafos. A Suso Godás, fillo de

Xurxo, atopeino hai anos no centro de Madrid, na praza Tirso de Molina, apresurado e cargado coa súa mochila, sen tempo para dixerir unha recoñecida traxectoria profesional na fotografía da moda e no mundo do do espido masculino, sendo gañador de premios con prestixio nacional. Aquel día puiden ver nos seus ollos o traxín dun artista, cando está no sitio equivocado, percorrendo as rúas do inferno. Agora está aquí, en Verín, no seu sitio verdadeiro, seguindo a luz brillante da estrela maior, coma aquela revista editada no Carballiño polo seu bisavó Ramón, chamada “El sol”. Coñezo ben a Suso e Xurxo, os fillos do derradeiro maestro Godás, e penso que son herdeiros dun dos maiores tesouros que pode ter un pobo: a memoria fotográfica. E agora que corren tempos de nostalxia, agora que, por fin, comezamos a darnos conta de que o Verín das pedras é o auténtico, o das árbores e das sombras, o Verín dos balnearios e das fontes, os viñedos e os montes; coido que é o momento de amosar a historia que sen dúbida Xurxo Godás junior, “o da tele”, algún día sacará do seu interior. A tolemia de artista sensible e único creará a película máis fermosa desta vila, xuntando imaxes que catro xeracións de fotógrafos foron gardando con esmero, e que en riguroso orde cronolóxico agardan pacentes que o bohemio algún día nos abra as portas transparentes dos arquivos divinos da casa Godás. Miguel A. Prieto “Chitín”

Na época do Homo Sapiens, os seres humanos alimentábanse de acordo co que a natureza ofrecía, non había industria agrícola nin transformación de alimentos. Era todo baseado en produtos salvaxes e orgánicos. Adoptar este réxime é unha das dietas máis axeitada á nosa especie e iso tense comprobado cientificamente. Este regreso ás orixes é xa seguido por miles de persoas en todo o mundo que tentan previr todas esas doenzas que están agora todos os días enriba da mesa. Esta dieta do Paleolítico promove unha dieta rica en graxas monoinsaturadas, ómega 3, fibras, proteínas e a exclusión

Allariz celebra o Día do Libro Redacción

de alimentos procesados, ricos en azucre, sal e aditivos químicos. Unha das grandes vantaxes tamén é a ausencia de hidratos de carbono de alto índice glicémico, responsables de moitas doenzas actuais. Os resultados son evidentes, aínda que graduais, mellora a enerxía e o benestar. Ademais, o exercicio físico é como sabemos indispensable en todas as dietas. Existe algunha dificultade para atopar estes produtos orgánicos, con todo, xa existen varios espazos e até algúns restaurantes para os seguidores do “Paleolítico”. João Damião

Allariz celebra o 23 de abril o Día do Libro. Nesta ocasión faino agasallando a todos os visitantes aos seus museos cunha publicación, por mercar unha entrada ou un bono. Ademais, no Museo da Moda terá lugar o obradoiro infantil “Creación de marionetas con calcetíns”. Será a partir das 11:30 horas e está dirixido a nenos e nenas de 5 a 12 anos. O custe do obradoiro é de 1 euro para os cativos que conten con tarxeta de cidadanía e de 2 euros para os que non. Para participar é preciso inscribirse na Casa da Cultura ata o 21 de abril.

A conferencia “Contra toda a historia da novela negra”, que tivo lugar o 31 de marzo, correu a cargo do xornalista e guionista Diego Ameixeiras.

A conferencia “Escritor de Novela Negra”, de González Reigosa, clausurou o 2ª Ciclo de Novela Negra de Verín O pasado 14 de abril a Casa da Cultura de Verín acolleu a derradeira conferencia do 2º Ciclo de Novela Negra de Verín: “Escritor de novela Negra”, impartida por Carlos González Reigosa, xornalista, analista político e director da axencia EFE en Madrid, actualmente xubilado. González Reigosa, considerado o primeiro escritor de novela negra galego coa súa obra “Crime en Compostela”, puxo o broche final esta iniciativa, ofrecendo unha visión persoal sobre a evolución e traxectoria deste xénero literario. Devandito ciclo, que tivo lugar do 30 de marzo ao 14 de abril, estaba organizado pola Biblioteca Municipal do Concello de Verín, coa colaboración da Xunta de Galicia, Ministerio de Educación, Fondo Europeo Agrícola de Desenrolo Rural, O Retiro do Conde e D.O. Monterrei.


CLASIFICADOS

BARRIOS Abril de 2016

23

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Visual. Imprime: Publicaciones Tameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro. Colaboracións: Joao Damiao, Borys Martínez, Miguel A. Prieto Sotelo, Silvia Nieto, Andrés Diz. Nº24 - Ano: XI - Abril 2016 - Difusión: 15.000 exemplares. Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 045 352.

4TELÉFONOS DE INTERESE

4CLASIFICADOS

ALUGUER/VENDA Véndese pequeno soar en ruínas e 18 fincas rústicas no pobo de Reparada (Muiños). Prezo 2.000 euros. Tel. 636 329 524. Alúgase habitación próxima aos novos xulgados do Couto (Ourense), con fiestra cara a rúa, cama de matrimonio, mobles, calefacción, televisión, Wi-Fi. Dispón de salón, cociña e baño. Prezo: 180 euros/mes (gastos incluidos). Tel. 600 922 547 (WhatsApp). Véndese casa de dúas plantas en León de Villamarín. Tel. 988 615 263 e 676 758 819. Vendo edificio residencial próximo a Ourense, sen intermediarios. Tel. 690 795 379 Vendo casa para restaurar pola estrada de Santiago. Tel. 637 005 910. Cámprase finca preto de Ourense, non urbanizable, económica. Interesados chamar ao 630 030 642. Cómprase casa pequena con horta preto de Ourense, económica. Interesados chamar ao 630 030 642. Vendo finca en Loiro. 3.000 m2. Con luz e auga. Tel. 687 628 628. Alugo apartamento no casco antigo de Ourense. Prezo económico. Tel. 637 005 910. Vendo finca de 10.000 m2 con granxa para cría de 100 terneiros con 300 metros de almacén. Con todo o necesario para a cría de animais con a PAC. Zona de Xinzo. Prezo: 140.000 euros. Tel. 686 540 087. Alugo apartamento en Montalvo. 1 e 2 habitacións, preto da praia, equipado (xardín, tumbonas, aparcamento), fronte ao mar. Tel. 607 27 19 16. Vendo apartamento con dúas habitacións, cociña americana, trasteiro e garaxe. A cinco minutos da praia. Tel. 636 422 497. Vendo piso en praza España (Vigo). Tres habitacións, cociña, baño, salón, garaxe e trasteiro. Urxe venda. Tel: 639 81 62 09. Alugo praza de garaxe fronte ao centro de saúde da rúa Valle Inclán. 50 euros. Tel. 636 329 524. Alúgase local de oficina na Ponte (Ourense) acondicionado, 25 m2, económico. Tel.634 95 06 59. Vendo finca edificable con proxecto próxima a Ourense, prezo de oferta 13.800 euros. Tel. 606 42 25 43.

COMPRA /VENDA Vendo coche sen carné Microcar en perfecto estado, elevalunas eléctrico, peche centralizado, motor de 500cc, 4.000 euros negociables. seminovo. Tel. 677 22 96 57 (José Luis). Vendo leña de carballo. 220 euros/tractor. Tel. 630 521 448. Vendo colchas de ganchillo. Tel. 988 23 06 69.

Vendo Renault 19 GTS diésel. 110.000 km.Tel. 627 608 758 e 671 921 854 (con whatsapp) Véndese tractor Pascuali. Totalmente equipado. Tel: 695 690 945. Véndo Clío 1900 diésel. Impecable. Tel: 605 320 158. Vendo sofa 3+2 e caldeira de calefacción de gas cidade seminova. Tel. 637 00 59 10. Pómosche a túa máquina de café gratis. Tel. 618 64 69 59 (Claudio). Ofrezo unha casiña pequena para restaurar moi próxima a Ourense a cambio de traballos de albanelería (restauración tellado, piso, encintar e dividir). Tel. 606 42 25 43.

EMPREGO Ofrécese señora mediana idade, galega, para as tarefas do fogar, coidar persoas maiores ou calqueira tipo de traballo. Só media xornada. Tlf: 659 129 142 Ófrecese señor para traballar de pintor -con 40 anos de experiencia- . Disponibilidade inmediata. Tel. 647 640 620. Licenciada en Traducción e Interpretación dá clases de inglés e francés, todos os niveis, individuais ou grupos reducidos. Tel. 664 59 06 04. Danse clases particulares de pintura artística, óleo, acuarela, pastel, acrílico, todos os niveis, máis de 40 anos de experiencia. Tel. 610 659 417. Fanse desbroces con tractor e a man. Tel. 630 521 448. Ofrécese señora para o coidado de persoas. Pode ser en casa ou no hospital. Con informes. Tel. 669 434 330. Danse clases particulares de piano, ideal para nenos e para iniciación. Tel. 667 985 171 (WhatsApp). Moi económico, fanse reparacións en fogar e negocios, carpintaría, mobles, persianas, etc. Tel. 656 782 460 Danse clases particulares de todas as materias de primaria, a domicilio ou presenciais. Tel. 666 743 660. Necesítase señora para coidar un matrimonio de persoas maiores e realizar tarefas do fogar. Tel. 630 03 06 42. Ofrécese home de 40 anos con experiencia e titulación para coidado de persoas maiores ou depedentes. Calquera horario. Seriedade. Tel. 685 56 46 81. Fanse desbroces con tractor ou a man. Bo prezo. Tel. 630 521 448.

CONTACTOS Ofrécese mozo de compañía para mulleres de 40 a 60 anos. Danse masaxes eróticos. Prezo anticrise. Absterse de chamar homes. Tel. 697 79 59 28.

Comarca de Monterrei Concello de Verín Concello de Monterrei Concello de Oimbra Concello de Vilardevós Concello de Riós Concello de Castrelo de Val Concello de Laza Concello de Cualedro Comisaría de Policía Verín Policía Local Verín Bombeiro Verín Garda Civil Protección Civil Estación de autobuses Taxis - Parada Hospital Taxis - Parada Estación Autobuses Taxis - Parada Praza Merced Taxis - Parada Praza do Concello Ambulatorio Urxencias Ambulatorio Cita previa Hospital de Verín Cruz Vermella Correos e Telégrafos Rexistro Civil de Verín Rexistro da Propiedade Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Servizos Sociais Verín Cáritas Parroquial IES nº1 de Verín IES García Barbón I. Bacharelato X. Taboada Chivite CEIP Amaro Refoxo CEIP Princesa de España Comarca de A Limia Concello de Xinzo Concello de Porqueira Concello de Calvos de Randín Concello de Baltar Concello de Os Blancos Concello de Trasmiras Concello de Sarreaus Concello de Vilar de Barrio Concello de Sandiás Concello de Vilar de Santos Concello de Rairiz de Veiga Policía Local Xinzo Garda Civil Estación de autobuses Centro de saúde Xinzo Punto Atención Continuada Rexistro civil de Xinzo Rexistro da Propiedade Taxis - Parada Xinzo

988 410 001 988 418 002 988 426 160 988 417 004 988 425 032 988 419 002 988 422 002 988 424 004 988 414 123 988 411 612 988 590 206 988 410 005 988 412 121 988 413 516 988 414 342 988 411 812 988 410 385 988 411 113 988 410 800 988 413 460 988 413 636 988 411 600 988 411 038 988 410 387 988 410 737 988 410 703 988 410 253 988 414 776 988 410 679 988 411 212 988 410 379 988 410 041 988 411 425 988 410 128 988 550 111 988 466 102 988 434 000 988 466 503 988 467 506 988 445 000 988 454 002 988 449 001 988 465 001 988 465 883 988 465 552 988 462 425 988 462 361 988 460 309 988 462 200 988 462 456 988 46 0 188 988 460 209 988 460 309

Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Xulgado de 1ª Instancia Servizos Sociais Xinzo Cáritas Parroquial IES Lagoa de Antela IES Cidade de Antioquía CEIP Rosalía de Castro CEIP Carlos Casares Gardería Municipal Oficina Agraria Comarcal da Limia Comarca de Allariz-Maceda Concello de Allariz Concello de Baños de Molgas Concello de Maceda Concello de Paderne de Allariz Concello de Xunqueira de Ambía Concello de Xunqueira de Espadanedo Policía Local Allariz Garda Civil Allariz Centro de Saúde de Allariz Centro de Saúde de Baños de Molgas Centro de Saúde de Maceda Policia Local Maceda Garda Civil Maceda Parada taxis Maceda CEIP Padre Feixoo IES Allariz Gardería municipal Allariz Servicio Municipal de Augas Allariz Xulgado de Paz Allariz Comarca de Terras de Celanova Concello de Celanova Concello da Bola Concello de Cartelle Concello de Gomesende Concello da Merca Concello de Padrenda Concello de Pontedeva Concello de Quintela de Leirado Concello de Ramirás Concello de Verea Policía Local Celanova Centro de Saúde de Celanova IES Celanova CEIP Curros Enríquez Oficina Seguridade Social Celanova Xulgado 1ª Instancia Celanova Urxencias Sanitarias Cita previa Servizo Galego Saúde Teléfono maltratadas ITV Protección Civil Incendios forestais Fenosa (averías)

988 460 375 988 462 951 988 462 364 988 550 111 988 460 222 988 462 454 988 461 271 988 460 480 988 460 507 988 461 049 988 460 024 988 440 001 988 430 000 988 463 001 988 293 000 988 436 006 988 291 001 988 440 000 988 440 031 988 440 958 988 430 331 988 463 370 696 511 038 988 463 084 988 463 204 988 440 825 988 440 036 988 440 219 988 440 004 988 440 704 988 431 481 988 433 768 988 491 111 988 485 000 988 260 000 988 494 783 988 495 005 988 493 500 988 491 523 988 430 600 988 431 806 988 451 736 988 431 290 988 431 725 988 553 055 988 431 482 061 902 077 333 016 902 309 000 112 085 988 222 222


BARRIOS Abril de 2016


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.