Skip to main content

Marzo de 2016 - Ourense por Barrios

Page 1

[Páx. 2]

Entrevista á concelleira de Recursos Humanos e Seguridade Cidadá, Flora Moure TEMA DO MES Páx.3

BARRIOS

Comisión de seguimento para as obras da Praza

A seguridade vial verase reforzada na estrada da Granxa

[Páx. 7]

Páx.4

ESPECIAL Páx.10-15

OCIO

Prepara as túas celebracións: vodas, comuñóns...

A 21ª MITEU levará a escena 30 espectáculos

Páx.20

DEPORTES Páx. 22 A Copa Xunta foi para o Ourense Envialia

[Páx. 16]

Concello, Abre La por fin en obras Molinera A rúa Concello estará cortada por obras durante seis meses. // O Centro de Coñecemento La Molinera abre con cursos ata xuño e unha xornada de portas abertas o 8 de abril./P.LODEIRO e R.TORRES.

Número: 15- Ano: XV - Marzo 2016 - Depósito Legal: OU 15-2015 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de abril. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


Ourense por BARRIOS Marzo de 2016

ENTREVISTA

ENTREVISTA Á CONCELLEIRA DE RECURSOS HUMANOS E SEGURIDADE CIDADÁ

“Non se trata de sacar un multamóbil e multar por todos os sitios; trátase de concienciar aos condutores” 4 A modificación da Relación de Postos de Traballo ou as medidas contra os atropelos son algunhas das prioridades da xestión con Flora Moure. Paula Lodeiro Flora Moure foi a última concelleira en incorporarse á corporación ourensá (no pasado agosto, trala dimisión de Francisco González). Avogada de profesión e novata en política, tócalle lidar coa área de Persoal, conformada por preto de 800 traballadores municipais, así como con servizos esenciais como son Policía Local, Bombeiros e Protección Civil. Esta é a súa primeira experiencia en política, que valoración fai desta etapa? Flora Moure: “Empezou e segue sendo unha etapa ilusionante pero indubidablemente cargada de traballo. Podería dicir a estas alturas que mesmo máis cargada de traballo do que eu valorase inicialmente. Con moita ilusión de sacar cousas adiante, e aínda que parece que pasou moito tempo nos tempos do Concello non é tanto, quero dicir, tampouco dá tempo a tantas cousas como unha desexase”. As áreas que xestiona, Recursos Humanos e Seguridade Cidadá, a primeira vista parece que son as que non quere ninguén. F.M.: “Si, é certo que xa eran áreas que outros compañeiros dicían que eran complicadas. Neste caso a complexidade tamén vén engadida por acumularse nunha mesma persoa”. Nestes intres o seu departamento está a modificar a Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello, por que é necesario este trámite? F.M.: “No ano 2015 modificouse a Lei da Función Pública de Galicia que engade unha serie de esixencias a esa Relación de Postos de traballo. A RPT que había no Concello de Ourense non se adaptaba a esa lexislación. O motivo é que a RPT que existía anteriormente permitía, a modo de exemplo, ter postos de traballo que non estivesen dotados orza-

A edil de Recursos Humanos, Flora Moure Iglesias, na praza de San Martiño./P.LODEIRO.

“Tanto en bombeiros como en Policía Local tentaríase sacar todas as prazas que nos permita a taxa de reposición” mentariamente; en cambio agora a lei esixe que non se poden incluír na RPT postos que non estean dotados. Despois ten outra serie de esixencias, como que aquelas persoas que teñen unha relación laboral indefinida cunha sentenza teñen que ter unha ficha da RPT ou axustarse nalgunha existente. A RPT hai que adaptala para poder facer o orzamento”. Como vai o trámite? F.M.: “Estamos a finalizalo, estamos a lle dar os últimos retoques e a próxima semana pasará a Intervención e unha vez que o interventor o fiscalice e faga o seu informe levarémolo a xunta de goberno”. Lévase falado moito das carencias de persoal en bombeiros e Policía Local, haberá oferta pública para este ano? F.M.: “O que hai é unha previsión, oferta non pode haber ata que se aproben os orzamentos, despois hai un prazo dun mes para que salga a oferta de emprego. A lei permite unha taxa de reposición do 100%, tanto en bombeiros

como en Policía Local, tentaríase sacar todas as prazas que nos permita esa taxa de reposición”.

E na Local? F.M.: “Non che podería dicir agora mesmo, teriamos que acudir ás xubilacións que houbo en 2015”.

control horario require un investimento, sobre todo pola dispersión de oficinas e de inmobles que hai. Efectivamente houbo unha dotación inicial en 2014 pero non se puido levar a cabo. Así xa o recollemos no proxecto de orzamentos. O que xa apuntara é que á vez que se implante ese mecanismo ten que haber unha regulamentación, que xa existe en moitos concellos, de maneira que se poida interpretar. É moi importante saber como se van sancionar esas faltas. Porque non todo o mundo entra ás 8 da mañá e sae ás 3 da tarde, hai moitos funcionarios que polo seu traballo teñen que entrar e saír en varios momentos da xornada”.

En setembro aprobábase unha moción de Democracia Ourensá para implantar un sistema de control horario para os funcionarios, que se fixo até o momento? F.M.: “O que estamos a facer, o primeiro paso, é dotalo orzamentariamente, porque a implantación de calquera mecanismo de

Vivimos unha etapa de paz sindical? F.M.: “Creo que a relación (cos sindicatos) é fluída. Tamén é certo que até agora non levamos á mesa de negociación cousas que poidan ser máis reivindicativas por parte deles. De momento eles están expectantes, déronnos unha mostra de apoio importante que é deixar-

Serán sete prazas en bombeiros? F.M.: “Este ano houbo un proceso de promoción interna de bombeiros ao posto de cabos, esa promoción deu lugar a que quedasen sete prazas de bombeiros e bombeiros condutores, por tanto poderíanse considerar baixas no 2015 que se poderían ofertar no 2016”.

nos arrincar. Na modificación da RPT chegamos a acordos importantes, no sentido de non paralizar os prazos que tiñamos para poder preparar os orzamentos. E eu de momento confío que esa paz social continúe, que non fose soamente unha tregua inicial”. Como responsable de Tráfico, que medidas para evitar os atropelos decidiron implantar de maneira inmediata, despois das reunións da Mesa dá Mobilidade? F.M.: “Agora mesmo temos enriba da mesa varias reunións para iniciar campañas de sensibilización e educación viaria na que van participar tamén as concellarías de Educación e de Benestar Social. Iso polo lado da educación; hai outras medidas que afectan máis ao tráfico, que xa as expuxemos na mesa de mobilidade. Estamos a barallar o tema dalgún radar fixo na cidade, os fotovermellos, e estamos a facer un estudo de pasos de peóns, con informes técnicos, a efectos de que medidas pódense adoptar para darlles máis visibilidade. Creo que con medidas coercitivas e medidas de sensibilización ao mesmo tempo poderemos conseguir paralizar este tema”. E o multamóbil? F.M.: “Hai un multamóbil do que dispón o Concello de Ourense, que ten o nome de automóbil de vixilancia, que temos a punto para sacar canto antes. Unicamente faltan unha serie de requisitos legais por un tema de protección de datos. Gustaríame aclarar que non se trata de sacar un multamóbil ás 8 da mañá e gardalo ás 8 da tarde e multar por todos os sitios; trátase de concienciar aos condutores de que os pasos de peóns, as beirarrúas, as paradas de buses, as cargas e descargas, que é onde temos moita problemática, hai que respectalas. E o abuso que facemos todos das dobre filas para cousas que non son necesarias”. E para aliviar os atascos á entrada e saída dos colexios? F.M.: “É un tema moi importante que está enriba da mesa. Desde as ANPAS están a facer propostas que entendemos que poden ser moi interesantes de cara a aliviar esa problemática, existe un abano de ideas, como pór en marcha o camiño escolar para que os nenos poidan acudir ao colexio de forma segura e que os seus pais non teñan que facer uso do vehículo, e consecuentemente que non se produzan estes atascos impresionantes”.


TEMA DO MES

Ourense por BARRIOS Marzo de 2016

XUNTA DE PORTAVOCES

Haberá comisión de seguimento das obras da Praza de Abastos nº1

4 Sen visos de solución a problemática dos contedores soterrados e do Centro de Interpretación de Parques Naturais. P. Lodeiro As futuras obras da Praza de Abastos nº 1 de Ourense, o estado do Centro de Interpretación de Parques Naturais, e a solución para os colectores soterrados foron os temas tratados nunha xunta de portavoces do Concello de Ourense, na que participaron, ademais do alcalde, Jesús Vázquez, os voceiros dos catro grupos: José Araújo do PP, Gonzalo Pérez Jácome de DO, José Ángel Vázquez Barquero do PSOE e Martiño Xosé Vázquez de OUeC. Dos tres asuntos, o único que rematou cun anuncio concreto foi o da Praza de Abastos. O alcalde manifestoulle aos líderes da oposición que se creará unha comisión de seguimento destas obras, tanto da execución dos traballos como da reubicación dos praceiros mentres dure a actuación, que comezará neste 2016. Responde así a unha solicitude feita polo PSOE á que se sumou OUeC. Ademais, o rexedor informou da consecución dun aprazamento das obras por parte do Ministerio de Fomento, que cofinanciará a actuación con 3,6 millóns de euros, con cargo ao 1,5% Cultural.

Galicia sobre esta infraestrutura. Nel queda constancia que foi o Ministerio de Medio Ambiente quen decidiu, o 30 de novembro de 2011 (aínda en etapa do anterior Goberno socialista) a paralización da obra. Desde Democracia Ourensana e o Partido Socialista criticaron a posibilidade que deixou caer o rexedor de tirar o edificio en vez de construír un muro -necesario por estar ubicada a infraestrutura en zona inundable- que non estaba orzamentado nun principio. “Non son solucións que poidamos aceptar”, recalcou o socialista José Ángel Vázquez Barquero. Máis duro foi Gonzalo Jácome, que acusou a Vázquez Abad de ser “tremendamente dócil cos gobernos de Madrid e Santiago; non era quen nin sequera de pedir un muro para ese edificio, el xa quería chimpar o edificio para non pedir investimentos”. Desde Ourense en Común, a Martiño Xosé Vázquez paréceulle “un despropósito” calquera das dúas solucións. De momento lévanse investidos 2,2 millóns de euros dos sete millóns de fondos europeos asignados a esta infraestrutura, que está a medio levantar.

Centro de Interpretación dos Parques Naturais No tocante ao Centro de Interpretación de Parques Naturais de Eirasvedras, o portavoz do grupo de goberno, José Araújo, valorou ao remate da xuntanza que se tratou dun “proxecto mal plantexado dende un inicio porque se prometeu algo para que o que logo se incumpriron todos os prazos”. Na xunta de portavoces, os voceiros municipais tiveron acceso a un informe da Xunta de

Sen acordo sobre os contedores No que respecta aos contedores soterrados, o portavoz do Goberno municipal sinalou que o informe da auditoría contratada dá un prezo de referencia para sacar unha licitación para tres opcións: arranxalos (1,3 millóns de euros de custo), cambialos (varias opcións entre 225 e 850 mil euros) ou clausuralos definitivamente (435.000 euros). Ourense en Común clarificou a súa postura, apos-

Xunta de portavoces do Concello de Ourense./P. LODEIRO.

Políticos e medios de comunicación puideron comprobar in situ o estado dun dos fosos dos contedores soterrados, no barrio da Ponte./IÑAKI OSORIO. tando pola súa clausura e a aplicación doutro modelo de xestión dos residuos. Malia a todo, en OUeC estarían dispostos a avaliar unha solución intermedia naquelas zonas que pola súa especial relevancia sexa interesante manter o soterrado dos colectores. Tanto DO como PSOE deixaron en mans do PP a decisión final, por ser quen está gobernando. “O que é un marrón e unha merda quere que nós nos involucremos para a responsabilidad diluila… nós non temos que chegar a ningún acordo”, explicábase Gon-

zalo Jácome. Na mesma liña, Barquero recordaba: “o goberno ten que gobernar, nós non somos os que gobernamos, é o PP, non somos nin os socios de goberno nin o goberno na sombra, somos a oposición”. Desde o PP, Araújo manifestou que é necesario adoptar un posicionamento claro, xa que é precisa unha modificación de crédito para acometer calquera das posibilidades enriba da mesa e dar cumprimento así a unha moción aprobada no pasado pleno municipal.

DO e PSOE deixaron en mans do PP a decisión final sobre que facer cos colectores soterrados Construír un muro ou demoler o xa construído, propostas para o Centro de Interpretación de Parques Naturais de Eirasvedras

4 Aprobado o prego para adxudicar o mercado da Ponte A Xunta de Goberno Local aprobou o expediente para licitar, mediante procedemento aberto, a contratación da concesión administrativa da xestión integral da Praza de Abastos da Ponte. O prego regulará as condicións de adxudicación da explotación de todas as góndolas comerciais do mercado, sito na planta baixa e soto do número 6 da avenida das Caldas. Son 8 postos (froitas, queixos, viños, peixes, carnes, charcutería, pan e delicatessen), máis unha zona de restauración-bar e unha área de degustación. Os interesados deberán presentar propostas económicas a partir de 52.737 euros anuais. As propostas recibidas valoraranse de acordo coa oferta económica realizada (80 puntos), investimento comprometido (10) e modelo de xestión (10). O Concello quere que o mercado sirva de dinamizador da actividade turística e comercial do barrio, que poña en valor o produto fresco, e ofreza o atractivo da degustación. Réplica do PSOE Coñecido esta aprobación, o grupo municipal socialista emitiu un comunicado no que critica que o goberno do PP demorara durante nove meses o prego da Praza de Abastos da Ponte “para agora presentar un prego idéntico” ao que deixaran eles en 2015. A concelleira Juana Ageitos considera que isto pon de manifesto “a incapacidade de gobernar deste alcalde e o seu equipo de goberno, que só se poñen as pilas cando senten a presión veciñal e da oposición”. O PSOE presentará unha moción no pleno de abril co fin de acadar a reapertura da Praza “á maior brevidade posible”.


Ourense por BARRIOS Marzo de 2016

BARRIOS

A seguridade vial verase reforzada na estrada da Granxa 4 A Xunta executará unha “solución global e integral” no segundo trimestre deste ano. P. Lodeiro Un paso elevado e dúas glorietas, ademais doutras medidas complementarias, tratarán de mellorar a seguridade viaria da estrada da Granxa. A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez Mourelle, avanzou que a Xunta executará neste vial, no segundo trimestre do ano, un conxunto de actuacións concibidas como unha “solución global e integral” para reforzar a seguridade viaria. Así llo avanzou a representantes da Asociación de Veciños O Barrio e de Stop Accidentes, aos que lles presentou as actuacións previstas nesta vía. A conselleira destacou o interese da Xunta por reducir os incidentes que se rexistran nesta travesía. En apenas dúas semanas no mes de decembro producíranse dous accidentes nesta rúa, onde falecera unha muller atropelada hai pouco máis dun ano. A Axencia Galega de Infraestruturas deseñou un conxunto de actuacións que teñen o dobre obxectivo de “lograr que a vía sexa máis segura para

A pasarela, en obras.

Axilízase a rehabilitación da pasarela do Barbaña

Alcalde e conselleira de Infraestruturas xunto á presidenta da AVV O Barrio e veciños observan o panel coas actuacións previstas para a estrada da Granxa./P.LODEIRO. todos os usuarios, tanto para vehículos como para peóns”, e acadar “un mellor aproveitamento do espazo da calzada”. Actuacións Entre as actuacións máis importantes que se van acometer, vaise sobreelevar un paso de peóns, atendendo a demanda expresa dos veciños. Así mesmo, indicou que está previsto incorporar tres glorietas nos cruces máis amplos

para favorecer os xiros. As rotondas facilitarán, asemade, unha redución da velocidade do tráfico nesta rúa, en especial en horario nocturno. Así mesmo, Ethel Vázquez avanzou que se realizará unha reordenación da estrada para facer máis visibles os pasos de peóns, se establecerán carrís intermedios de xiro á esquerda e se van sinalizar axeitadamente as paradas de bus e as zonas de carga

e descarga. Ademais, mellorarase a circulación peonil nas zonas onde non hai beirarrúas acondicionadas e recolocarase o mobiliario urbano nas zonas nas que sexa necesario, por exemplo, reubicando contedores de lixo que resten visibilidade. Prevese actuar ao longo de 1,5 quilómetros da estrada da Granxa, un tramo por onde circulan a diario 7.000 vehículos.

Os traballos de rehabilitación da pasarela peonil do río Barbaña axilizáronse durante a Semana Santa, período no que se traballou ininterrompidamente de luns a sábado. Nestas datas iniciáronse os cortes preventivos no paseo peonil en ambas marxes do río para facilitar o acceso aos elementos colocados baixo os taboleiros de madeira, xa que é preciso facelo desde un elevador mecánico. Deste xeito, o camiño estase a pechar, alternativamente, nunha marxe e na outra, avisando coa debida sinalización aos viandantes, ante o risco de caída de obxectos ao chan. A actuación de rehabilitación da pasarela leva un orzamento que supera os 106.500 euros e prevese que estea rematada en maio.

Piden o arranxo da rúa Río Návea Redacción O grupo municipal socialista solicita ao grupo de goberno o arranxo urxente de beirarrúas e firme da rúa Río Návea, no barrio do Vinteún. Os veciños da zona presentaron por Rexistro

no Concello case un cento de sinaturas para demandar melloras no vial, con baldosas levantadas ou inexistentes, de diferentes cores e texturas e con vexetación “que provocan diariamente resbalóns e caídas de peóns”, sinalaban os socialistas.


BARRIOS

Ourense por BARRIOS Marzo de 2016

Barbadás promove a solidariedade 4 Cun evento transversal o sábado 2 de abril. Redacción

O alcalde de Ourense xunto aos promotores do hotel.

Promoven na Ponte un hotel biosostible O primeiro hotel biosostible da cidade estará ubicado no barrio da Ponte, concretamente na rúa San Paio, e terá capacidade máxima para 52 persoas. Os promotores deste establecemento hoteleiro presentáronlle ao alcalde, Jesús Vázquez, este proxecto cun marcado carácter sostible: alta porcentaxe de materiais reciclados e xestión enerxética a través da xeotermia. O edificio, de seis plantas máis ático, contará con aparcadoiro para bicicletas, un pequeño ximnasio e zona de cafetería autoservizo. As obras, que durarán ao redor dun ano, comezarán previsiblemente nos meses de verán. De deseño moderno e vangardista, entre as innovacións que contemplará este hotel estará unha fachada en roca volcánica (a primeira que se utiliza na cidade) que terá variacións cromáticas conforme lle dea a luz solar nas diferentes horas do día. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, manifestou a súa satisfacción por esta iniciativa empresarial: “É tremendamente ilusionante que a iniciativa privada decida invertir en proxectos de futuro para a cidade, que revertirán na creación de emprego e na dinamización turística de Ourense e do barrio da Ponte en particular”.

O Concello de Barbadás desenvolverá o 2 de abril unha actividade que combina aspectos lúdico, educativo, a transmisión de valores entre os menores e o apoio ao comercio

de proximidade. O evento terá lugar no parque da Liberdade da Valenzá, entre as 17 e as 20 horas. Nas dúas semanas previas, o comercio local repartiu uns vales “por unha tarde de diversión”. Nesa xornada haberá hinchables,

un obradoiro de maquillaxe e xogos grupais, así como a visita sorpresa dun persoaxe de ficción. Os participantes deberán achegar un quilo de alimentos e recibirán un exemplar do conto “Catuxo, o raposiño das Burgas” para celebrar o Día Internacional do Libro Infantil. A asociación Rosa dos Ventos é a promotora desta iniciativa, na que participan o Banco de Alimentos, Agaeca, Amencer, Cáritas e a Concellería de Comercio e de Educación de Barbadás.

O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, Miguel Ángel Castro, Natalia González, do Banco de Alimentos; Marga Pérez, concelleira de Educación e de Comercio: e Patricia Jara e Miguel Saa, autores do conto “Catuxo, o raposiño das Burgas”.


Ourense por BARRIOS Marzo de 2016

CIDADE

EN BREVE

PLENO DE OURENSE

4 Adxudicado o proxecto da terminal de buses

O conflicto de Linorsa chegou ao pleno

A Xunta adxudicou a PROYFE S.L a redacción do proxecto de terminal de autobuses integrada na futura estación intermodal de Ourense. O orzamento de adxudicación ascende a 103.000 euros e o prazo de execución é de seis meses. A nova estación de autobuses situaríase xunto á estación de tren e estará dotada con 19 dársenas, un edificio terminal duns 430 metros cadrados e unha superficie total de 5.800 metros cadrados. O PSOE pediu xa a paralización desta adxudicación pois considera imposible que haxa “intermodalidade real con dous proxectos desconectados entre si”.

4Urbanización dos accesos ao CHUO O Concello de Ourense asinará un convenio de colaboración coa Axencia Galega de Infraestruturas, o Servizo Galego de Saúde e a Deputación de Ourense para financiar e executar as obras de urbanización dos accesos ao Complexo Hospitalario Universitario. A intervención está orzamentada en 1,3 millóns de euros, dos que o Concello achegará un máximo de 410.731 euros. Tamén porá a disposición do Sergas dúas parcelas de titularidade municipal para executar estas obras de ampliación, e que se integrarán no sistema público viario local unha vez remate a urbanización da zona.

4 Aprobouse unha moción que insta ao alcalde a mediar coa empresa. P.L. A corporación de Ourense aprobou no pleno de marzo unha moción socialista (co apoio de PP e de OUeC) para que o alcalde medie no conflicto de Linorsa. Traballadoras do servizo de limpeza dos colexios públicos da cidade concentráronse ás portas da casa consistorial durante a sesión plenaria, e mesmo un dos seus representantes quixo intervir no debate, pero o alcalde non llo permitiu ao non estar contemplado no regulamento. As últimas conversas do rexedor coa directiva de Linorsa amosan unha posible saída á situación que atravesa a concesionaria mediante a cesión de servizos a outra empresa. Opción que xa está a tramitar o Sergas, pois Linorsa é tamén

Renovación na rúa Mercado Redacción O Concello de Ourense está a desenvolver obras de rehabilitación do firme e adecuación da accesibilidade da rúa Mercado, no barrio da Ponte. Cun orzamento de 76.133 euros e cunha duración aproximada dun mes, as obras consisten na mello-

adxudicataria da limpeza dunha parte dos centros de saúde da provincia. Os socialistas tamén lograron o apoio para aprobar a moción para mellorar a accesibilidade da rúa Avilés de Taramancos; estudarase a posibilidade de instalar rampas para enlazar coa rúa Ervedelo ou pasarelas sobre o Barbaña. Mentres, da súa proposta sobre o transporte metropolitano, só saiu aprobado o punto que facía referencia á asegurar a autonomía e competencias do Concello. Democracia Ourensana seguiu coa súa decisión de absterse en todas as votacións das mocións, en protesta -din- ante o seu incumprimento por parte do grupo de goberno. O que non impediu que se ratificara a súa moción para impulsar un centro de continuidade para os alumnos do Centro de Educación ra e acondicionamento da rede viaria, nas redes de servizos e nas condicións de accesibilidade e visibilidade dos peóns. En particular, rehabilitarase o firme da calzada e adaptaranse as interseccións peonís, eliminando prazas de estacionamento nos cruces desta rúa Mercado coa avenida das Caldas, e as rúas Salustiano Muñoz e Rosalía de Castro.

Especial de Velle, grazas ao voto favorable dos outros grupos. Da moción de DO sobre os contedores soterrados, aprobouse a emenda do grupo de goberno, que di que o Goberno contratará a actuación unha vez que a corporación elixa a mellor solución para os contedores e haxa partida orzamentaria .

Protesta de empregadas de Linorsa no Concello./P.L..

Non haberá comisión sobre o AVE A que foi desbotada foi a moción de DO para crear unha comisión municipal sobre a estación intermodal e a chegada do AVE a Ourense. E as tres mocións que presentaba Ourense en Común: para que o Concello mercase os terreos de Benposta, para crear un Parlamento da infancia e para esixir que se cumpra a Carta Europea das Linguas Minoritarias.

4 Na sesión de abril debateranse nove mocións Na sesión plenaria do venres 1 de abril, debateranse nove mocións presentadas pola oposición. En concreto, Democracia Ourensana pedirá o cese do concelleiro Pepe Araújo -pola contratación por parte da empresa Ecourense do seu sobriño político-. Tamén elevará as súas queixas sobre o mal funcionamento do pavillón dos Remedios. E conxuntamente con Ourense en Común, demandará máis medios para a Policía Local. A “marea” ourensá, pola súa banda, quere que

o Concello estude a posible xestión pública da ORA e do guindastre, que elabore un Plan Municipal para a xestión das colonias felinas, e que cree a figura do Valedor dos veciños. Finalmente, o Partido Socialista busca un acordo para reabrir a Praza de Abastos da Ponte o antes posible, e outro para reactivar a comisión que debe modernizar o Regulamento do pleno. Ademais, presenta unha moción para construír un aparcadoiro público soterrado na zona dos Remedios.

Prevención de incendios Redacción

Obras na rúa Mercado./M.REJO.

O Concello de Ourense traballa na elaboración dunha nova ordenanza de limpeza de soares de cara a previr os incendios forestais durante o verán. A ordenanza prevé maiores sancións para quen non limpe as fincas que rodean a zona urbana.


CIDADE

Inícianse as obras da rúa Concello 4 A actuación ten un prazo de execución de seis meses. Redacción O luns 28 de marzo deron inicio as obras da rúa Concello, co corte ao tráfico da rúa, que se manterá durante os seis meses de execución da obra. Am-

pliaranse as beirarrúas, substituirase o adoquinado e reporanse os servizos. As obras do proxecto de urbanización da rúa Concello foron adxudicadas á UTE: Proyecón Galicia SA – Movimientos de

Aspecto da r/ Concello no segundo día dos traballos./R.T.

Ourense por BARRIOS Marzo de 2016

Áridos y Construcciones de Arosa, SL, por un importe de 506.850 euros. Supuxo unha rebaixa do 33,84% con respecto ao prezo de licitación. Acceso restrinxido Durante a primeira fase das obras, o acceso a vehículos á rúa Concello desde a avenida da Habana e desde a glorieta de Concepción Arenal quedará prohibido, habilitándose un paso para peóns. Nesta fase haberá acceso restrinxido a ambulancias, garaxes e carga e descarga desde Xoán XXIII polo que, exclusivamente para estes vehículos, a parte superior da rúa Concello terá dobre circulación. Os cortes previstos segundo vaian avanzando as obras iranse notificando con antelación suficiente co fin de minimizar as molestias ocasionadas a veciños, condutores e peóns.

Traballos desenvolvidos pola CHMS en Outariz./P.LODEIRO.

Recuperación das zonas termais O Concello de Ourense, a Deputación Provincial e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS) estiveron a acondicionar nas últimas semanas as zonas termais da cidade, que se viron afectadas pola suba do nivel do río Miño debido aos temporais de inverno. A colaboración da CHMS centrouse na canle e nas marxes do río, de onde retirou maleza e árbores caídos, mentres que a cooperación coa Deputación fixouse no arranxo dos camiños de sábrego de toda a ribeira do Miño, entre Oira e Outariz. Neste paseo aplicouse unha mestura de sábrego con cal para consolidar a superficie. Nestes traballos, a Deputación achegou a maquinaria e a man de obra por valor de 35.000 euros, mentres que o Concello sufragou os custos dos materiais, uns 6.000 euros.


Ourense por BARRIOS Marzo de 2016

ECONOMÍA, EMPRESAS E EMPREGO

ENTREVISTA A SAÚL MALLO - XERENTE DE INMOBILIARIAS OURENSE

“A actual inestabilidade política está a afectar ao sector inmobiliario” 4 Saúl Mallo danos a coñecer Inmobiliarias Ourense e fainos un repaso do sector. Redacción Analizamos da man de Saúl Mallo, xerente de Inmobiliarias Ourense, como se atopa a compra e o alugueiro de vivenda na capital, a tendencia do mercado ourensán e como lle está a afectar ao sector a situación do PXOM. Cando puxestes en marcha “Inmobiliarias Ourense”? Saúl Mallo: “Iniciamos a actividade no sector no ano 2012, posiblemente un dos momentos económicos máis complicados das últimas décadas”. Comezastes cunha oficina no Couto e agora contades con novas instalacións na Ponte. Onde están ubicadas e desde cando están en funcionamento? S.M.: “Comezamos no Couto cunha oficina, na rúa do Ensino nº2, e agora abrimos unha segunda na Ponte, na rúa San Rosendo nº 23. Inauguramos o 1 de marzo e, se mo permitides, debo agradecer a aceptación entre os veciños e comerciantes de ambos os barrios, que foi verdadeiramente excepcional”. Que tipo de servizos ofrecedes? S.M.: “Temos por obxecto a promoción, compra-venda e aluguer de todo tipo de bens inmobles. Somos especialistas en asesoramento e xestión de hipotecas, préstamos e seguros con especial cobertura para vivendas en réxime de aluguer. Ofrecemos un servizo áxil e eficaz, asesorando aos nosos clientes en todo tipo de accións relacionadas co investimento privado”. Como se atopa na ac-

Saúl Mallo, xerente de Inmobiliarias Ourense./ARQUIVO.

“Hoxe poden alugarse bos pisos por 400 euros ou adquirirse por 150.000 euros” tualidade o sector inmobiliario en Ourense? S.M.: “Desde o 2012 mellorou notablemente a situación, aínda que non cabe dúbida que seguimos vivindo tempos difíciles. A actual inestabilidade política está a afectar á economía en xeral e ao sector inmobiliario en particular. O cidadán sente certo temor e intranquilidade, factores que provocan un retardo do mercado inmobiliario”. Os ourensáns somos máis de mercar vivenda ou de alugar? S.M: “A diferenza doutros países europeos, en España en xeral e en Ourense en particular, optamos pola compra. O axuste do prezo da vivenda, o relativamente fácil acceso ao crédito e os baixos tipos de interese que a banca ofrece, fan atractiva a compra dunha vivenda. Non obstante, temos moitos casos de mozos que pretenden acceder á compra de vivenda e a súa situación laboral e escasa capacidade de aforro dificulta e mesmo imposibilita a súa adquisición”. En que franxas se moven actualmente os prezos de venda de pisos na capi-

tal? e os alugueiros? S.M.: “O prezo varía moito dunhas zonas a outras e mesmo dun tramo da rúa a outro, pero hoxe poden alugarse bos pisos con todos os servizos por 400 euros ou adquirirse por 150.000 euros”. Como lle está a afectar ao sector a situación que atravesa o PXOM en Ourense? S.M.: “As distintas problemáticas do plan urbanístico en Ourense derivaron en escaseza de vivendas de obra nova, entre outras... O principal obxectivo do urbanismo é mellorar social e economicamente ás cidades, e Ourense leva anos sen normativa axeitada á propia cidade e ao seu desenvolvemento”. Como poden os nosos lectores poñerse en contacto convosco? S.M.: “Poden atopar a nosa axencia de xeito sinxelo en Internet. Pero o principal motivo de aperturar unha segunda oficina física noutro punto da cidade é o aproximarnos máis á xente. De feito, non descartamos expandirnos a outras zonas nun futuro próximo”.

A cidade de Ourense terá a primeira Lanzadeira de Emprego de Galicia 4 En colaboración coas fundacións Telefóni-

ca e Santa María La Real. Redacción O Concello de Ourense, Fundación Telefónica e Fundación Santa María a Real colaboran para pór en marcha o próximo mes de abril unha Lanzadeira de Emprego na cidade. Esta plataforma servirá para axudar a 25 persoas a adestrar unha nova busca de emprego en equipo, reforzar as súas competencias profesionais, mellorar a súa empregabilidade e contar con novas posibilidades de inserción laboral . Esta lanzadeira será a primera que comece a funcionar en Galicia, das 145 que Fundación Telefónica e Fundación Santa María a Real porán en marcha este ano por todo o país, para o que contan coa colaboración

O responsable dos programas de empregabilidade da Fundación Telefónica, Matías Figueroa, o alcalde Jesús Vázquez, a responsable de Comunicación do programa Soraya de las Sías e o concelleiro Jorge Pumar./CEDIDA e cofinanciación do Fondo Social Europeo. A Lanzadeira de Emprego de Ourense estará integrada por 25 mozos que se atopen en paro ou desemprego; e que teñan até un máximo de 29 anos, no caso de homes; e un

máximo de 34 anos, se son mulleres. As persoas interesadas en participar dispoñen até o 7 de abril para inscribirse. Poden facelo no Centro de Iniciativas Empresariais e na Oficina de Atención ao Cidadán.

José Antonio Viñas e Marisol Díaz Mouteira.

A delegada da Xunta recibe á Asociación de Comerciantes de San Francisco A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, mantivo unha reunión co presidente da Asociación de empresarios e comerciantes de San Francisco, José Antonio Viñas. Esta asociación, de recente creación, busca pór en valor a oferta comercial deste barrio ourensán e que os comerciantes asociados poidan mellorar a súa competitividade e xeren riqueza. Viñas expúxolle á máxima representante da Xunta en Ourense os proxectos e obxectivos do novo colectivo, que aspira a converterse en centro comercial aberto. Así, destacou a creación dunha central de compras para conseguir mellores prezos nos produtos e a sinatura de convenios con entidades financeiras para acadar óptimas condicións deste tipo de cara a crear, ampliar e mellorar os establecementos comerciais do barrio. Díaz Mouteira, quen aplaudiu a iniciativa, informoulle dos programas de axuda da Xunta para favorecer a actividade empresarial e comercial.


ECONOMÍA, EMPRESAS E EMPREGO

O Concello de Ourense opta a 1,1 millóns de fondos europeos

Ourense por BARRIOS Marzo de 2016 EN BREVE

4NOTICIAS DE EMPRESA

4 Ourense Centro presenta un blog de tendencias

4 Presentou catro candidaturas, en colaboración con socios galegos e do Norte de Portugal, ao programa POCTEP. P.L. O Concello de Ourense presentou catro proxectos ao Programa operativo de cooperación transfronteiriza España-Portugal (POCTEP). A Administración local aspira a obter 1,1 millóns de fondos europeos para desenvolver iniciativas que impulsen a innovación, a competitividade empresarial, e a mellora da xestión dos recursos naturais. En concreto, Ourense presenta os proxectos Aqua Urbi, EP-CIT, Adiante e Polo Mercados, cuxo orzamento global -sumando as achegas dos socios galegos e lusos e de Europa a través do Fondo FEDERalcanza os 9,4 millóns. De saír aceptadas estas candidaturas, a Ourense corresponderíalle xestionar 1,5 millóns de euros, dos cales o 25% debe achegalos o Concello (387.500 euros) e o 75% restante (1,1 millóns) o FEDER. Estímase que no mes de novembro a Unión Europea resolva esta convocatoria, cuxos proxectos deberán executarse até 2019. Contidos asegurados para A Molinera A proposta con maior orzamento é o programa EP-CIT, co que se busca explorar o potencial da creatividade como dinamizadora da innovación e transferencia de resultados de investigación, e da tecnoloxía como dinamizadora da industria cultural creativa. 13 socios de Galicia e Norte de Portugal, entre os que se atopan o Concello de Ourense e as tres universidades galegas, aspiran a manexar un orzamento de 4,5 millóns,

dos que 570.900 euros asignaríanse ao consistorio ourensán. “Se vén aprobado- apuntou o concelleiro de Promoción Económica, Jorge Pumar- o centro de coñecemento da Molinera tería actividade até 2019 e sería unha referencia a nivel rexional”. Séguelle en importancia o proxecto Adiante, co que se pretende apoiar a novos emprendedores e novas ideas de negocio para pemes. En Ourense o Centro de Iniciativas Empresariais e de novo La Molinera serían os destinatarios destes fondos, 340.000 euros dun total de 1.950.000 euros. Aqua Urbi é a terceira candidatura ao programa POCTEP. Conta cun orzamento global de 1,7 millóns de euros, dos cales 239.000 estarían consignados á nosa cidade. O obxectivo desta proposta é pór en valor o patrimonio histórico, arqueolóxico e cultural ligado á enxeñaría e arquitectura da auga. Finalmente, Polo Mercados é un proxecto de reorientación dos mercados tradicionais como ferramentas de aproveitamento económico sustentable dos recursos endóxenos que Ourense presenta xunto ás cámaras municipais de Barcelos e Santa María dá Feira. Aspiran a conseguir 1,2 millóns de euros dos cales 400.000 corresponderían á nosa cidade.

Ourense presenta os proxectos EPCIT, Aqua Urbi, Adiante e Polo Mercados

Autoridades na presentación dos actos do 50º aniversario do Polígono de San Cibrao.

San Cibrao celebra o seu 50º aniversario coa mostra “O Polígono nunca visto” A mostra inédita “O Polígono nunca visto” e a exhibición de procesos produtivos “Así se fai” son as dúas actividades que sustentan os novos actos programados dentro do marco de celebracións do 50º Aniversario do Polígono de San Cibrao das Viñas. A dobre cita será os próximos 1 e 2 de abril o recinto de Expourense. “O Polígono nunca visto” agrupa, descobre e proxecta a creatividade de 70 empresas expositoras punteiras, que promocionarán os seus produtos actuais e darán vida de novo aos seus produtos históricos. Nas diferentes casetas estarán representados sectores tan característicos do Polígono como a madeira, o conxelado, a automoción, a aeronáutica, os transportes, o medio ambiente, a alimentación e a enxeñaría, entre outros. Todos os expositores teñen como nexo común fixar a súa sede no parque empresarial pioneiro en Galicia, que impulsa o 16,2% do emprego que se rexistra na comarca de Ourense (máis de 8.000 empregos). “Así se fai” Pola súa banda, “Así se fai” transformará Ex-

pourense nunha diversificada fábrica de produtos ourensáns que aínda son grandes descoñecidos para unha maioría de ourensáns. A través de demostracións en vivo, o público asistirá á fabricación de pezas para avións ou de compoñentes para a automoción, á transformación dunha carrozaría nun vehículo especial, á automatización de procesos, á elaboración de alimentos, e mesmo á recuperación do mítico “Alpinche” de Estanislao Reverter. Outras iconas da época, como un dos primeiros camións Barreiros, tamén evocarán os anos dourados da industria ourensá. Outras actividades A celebración do 50º aniversario tamén incluirá o venres 1 un Speed Networking, sesións rápidas de intercambio empresarial, no que intervirán os representantes dunhas 250 empresas procedentes do catro provincias galegas e do norte de Portugal. Os actos conmemorativos tamén están dirixidos á orientación laboral, á transferencia de coñecemento e á conexión entre plans de estudo e necesidades reais das empresas ourensás. Baixo ese triplo enfoque, a Asociación de Empresarios organiza a

mesa redonda “A Universidade de Vigo e o Polígono de San Cibrao”. Xa na xornada do sábado, día 2 de abril, alternarán tres foros en horario de mañá: un sobre emprego, outro sobre prevención de riscos laborais, e un terceiro sobre emprendemento. A tarde do sábado dedicarase ás exhibicións de procesos produtivos, na segunda sesión de “Así se fai”. Durante os dous días de actos, intercalaranse varias actividades de divulgación, como unha charla sobre o potencial que ofrecen Alxeria e Marrocos para os investimentos empresariais. Na presentación destes actos, o presidente da Asociación de Empresarios de San Cibrao, Elías Mera, agradeceu “o enorme esforzo organizativo, froito de múltiples colaboracións e axudas, para reunir por primeira vez na historia de Ourense unha feira non sectorial de empresas ourensás e, particularmente, de centros produtivos que teñen a súa sede neste Polígono”.

As actividades teñen lugar en Expourense os días 1 e 2 de abril

O Centro Comercial Aberto Ourense Centro acaba de lanzar maistendencia.com, un blog plurisectorial de moda e tendencias. Con esta nova ferramenta, de carácter promocional máis que orientada á venda, o CCA pretende “estimular ao pequeno comercio e que suba ao carro das novas tecnoloxías”, explicaba o seu presidente, Luis Rivera. O blog ten un carácter colaborativo, pois a creación dos seus contidos está aberta non só aos máis de 200 asociados de Ourense Centro, senón tamén aos cidadáns.

4 Fomento do cooperativismo O Concello de Ourense asinou un convenio de colaboración cos concellos de Coles, Pereiro de Aguiar, Vilamarín, Amoeiro e A Peroxa para a constitución dunha agrupación de concellos co fin de solicitar unha subvención que permita a creación e mantemento dunha Oficina do Fomento Cooperativo e de Economía Social, adheríndose á Rede Eusumo.

4 Situación laboral da muller CCOO Ourense presentou o seu informe sobre a situación laboral das mulleres ourensás, que constata, resumía a súa secretaria xeral Ana Barrios, que “a precariedade tan grande, machaca en maior medida ás mulleres que os homes”. Con datos do último trimestre de 2015, a taxa de ocupación na nosa provincia é de só o 36% das mulleres fronte ao 40,9€ dos homes; o 76% dos empregos a tempo parcial están ocupados por mulleres, e hai máis mulleres con contratos temporais que homes (12.300 fronte a 9.300). Ademais, a taxa de paro feminina é superior á masculina (o 20,1% fronte ao 17,5%) e a fenda salarial entre elas e eles é dun 15%.


10

Ourense por BARRIOS Marzo de 2016

especial CELEBRACIÓNS

Vorec, vodas con identidade, non idénticas Vorec é un exclusivo servizo de deseño e organización integral de todo tipo de eventos (vodas, bautizos, comuñóns, despedidas de solteiro, aniversarios, reunións de empresa, festas temáticas, etc), cun alto nivel de servizo, creatividade, profesionalidade e experiencia á hora de organizar calquera celebración, prestando unha especial atención aos pequenos detalles. Asesoran, planifican, xestionan, supervisan e coordinan todos os aspectos relacionados con cada evento: localización de espazos singulares, montaxe e oficiante de cerimonias, catering, música e espectáculos, decoración, iluminación e son, invitacións e obsequios, fotografía e vídeo, aloxamento e transporte para convidados, perruquería, servizo de canguro, azafatas e todo aquilo que poida axudar a ter un evento perfecto. Como expertos planificadores de vodas, asesoran aos noivos desde o principio, deseñándolles unha voda á súa medida, axeitándoa ás súas preferencias, informándolles

puntualmente dos pasos a seguir, etc., en definitiva transmitindo confianza e seguridade. Contar con Vorec para a organización da súa voda é obter un servizo integral onde transforman espazos nada persoais en ambientes máxicos, coa personalidade e esencia de cada cliente, con calidade e bo gusto, para lembrar ese día como algo irrepetible. Dispoñen de varios tipos de contratación dependendo das necesidades dos noivos. Podedes contratar servizos puntuais que vaiades necesitando, coordinar o día da voda ou a máis demandada, unha organización integral, onde vos axudarían na organización completa do voso gran día. Cerimonias personalizadas Vorec, como empresa pioneira no oficio de cerimonias civís en Ourense, deséñavos cerimonias personalizadas, emotivas, diferentes e únicas, en resumo, a cerimonia dos vosos soños.

Cada vez son máis as parellas que deciden casar nunha praia, un xardín ou na súa propia casa.

Cada vez son máis as parellas que deciden casar nunha praia, un xardín ou na súa propia casa. Para iso Vorec ofrécevos todo o necesario para a montaxe da vosa cerimonia: cadeiras, música, oficiante, decoración...etc. Eles encargaríanse de todo o necesario para que vós gocedes plenamente dun día tan especial. Achegan creatividade a calquera evento manténdose ao tanto de todas as novidades e últimas tendencias. Entenden que a decoración e mobiliario é algo funda-

mental para personalizar calquera celebración polo que dispoñen dun amplo catálogo de material en aluguer (mantelería, cadeiras, zonas chill out, photocall, mobiliario, decoración...). Unha das súas últimas adquisicións é a cadeira tiffany, a cal dará un toque de distinción e elegancia a calquera evento. Na súa tenda poderás atopar todo tipo de invitacións, clásicas, modernas, exclusivas e mesmo personalizadas e os mellores detalles para sorprender aos vosos invitados.

VOREC - www.vorec.es r/Marcelo Macías, 22 - contacto@vorec.es Telf. 988 103 099 - 661 567 172


CELEBRACIÓNS especial

Ourense por BARRIOS Marzo de 2016

11

O prezo de casar

4 O banquete, o vestido da noiva e a lúa de mel, no centro do presuposto.

Mesa montada para unha celebración en Os Caracoles.

Escolle Os Caracoles para as túas celebracións Desde hai case dúas décadas, Hotel Restaurante Os Caracoles é toda unha referencia no sector gastronómico de Ourense. Especialistas en alta cociña tradicional, da súa carta destacan as carnes da comarca e o bacallau. O trato amable e persoal co cliente é un dos seus sinais de identidade. De cara á organización de comidas especiais, sexa unha voda, un bautizo, unha primeira comuñón ou calquera outra celebración en grupo, en Os Caracoles porán á vosa disposición menús acordes ao tipo de

evento, e aos vosos gustos e presuposto. Diariamente ofertan servizo de comedor tanto á carta coma con menú, e servizo de cafetaría con almorzos, pinchos e tapas. Os Caracoles é tamén hotel, dispondo de 14 cuartos -individuais e dobres- con conexión a internet, TV, calefacción e auga quente. Aparcadoiro exterior con acceso para discapacitados, ascensor, zona axardinada, de xogos e terraza son outros dos seus servizos.

Un dos salóns de Os Caracoles.

OS CARACOLES A Derrasa, s/n - Pereiro de Aguiar - Telf. 988 380 165

Fai 10 anos organizar unha voda custaba de media uns 25.000 euros. Coa crise económica, os menús, os traxes, a lúa de mel e todos os detalles do enlace son máis moderados, rozando agora toda organización os 16.500 euros (segundo datos da Federación de Usuarios e Consumidores Independentes, FACU). Pero esta cifra varía, e moito, dependendo da comunidade autónoma na que sexa a celebración. No alto da lista atópase Madrid, onde unha voda con 100 convidados custa aproximadamente 21.000 euros, fronte a rexións como Extremadura e Canarias, onde ten un prezo de 14.000. Galicia atópase contra o medio desta táboa, rondando os 18.000 euros. O banquete O banquete é o principal gasto, rondando a metade do presuposto. O menú oscila entre os 75 e os 100 euros por persoa, en función do restaurante e os pratos elexidos. Ao que hai que engadirlle a música e a barra libre posteriores que poden sumar uns 800 euros máis. De seguido atopamos o vestido da noiva, que oscila entre os 500 e os 1.650 euros, ao que se unen zapatos, complementos, maquillaxe e ramo, que implican engadir entre 350 e 700 euros. Pola súa banda, o traxe

do noivo móvese entre os 375 e os 1.200 que pode custar baixo unha firma recoñecida. Pero fronte a isto atópase a opción de alugar un chaqué, con chaleco e gravata, por 90 euros. Así mesmo, as flores para decorar o lugar da cerimonia e do banquete rondan os 250 euros, as invitacións engaden outros 200 euros ao presuposto, a reportaxe fotográfica oscila entre os 900 e os 1.500, e a presenza de música en directo durante o enlace pode variar entre os 200 e os 1.000 euros. Nos detalles foi onde as parellas comezaron a recurtar debido á crise, e a agudizar a imaxinación con manualidades personalizadas, orixinais e moi valoradas polos convidados. Agora, a media de gasto neste apartado sitúase sobre os 450 euros. Lúa de mel E despois dun día único toca unha lúa de mel de ensoño, pero as dificultades económicas tamén fixeron que o gasto nesta especial viaxe se fose reducindo, situándose agora en torno nun mínimo de 1.150 euros por parella. Pero como o valor non está no material, cada parella, escolla a maneira que escolla para casar, ante dous ou ante 200 convidados, cunha lúa de mel no Caribe ou sen saír de Galicia, seguro que logrará converter ese día no máis importante da súa nova vida.

Organizar unha voda en Galicia ten un custo medio de 18.000 euros

4 Organización Dámosvos uns sinxelos pasos para organizar unha voda perfecta. 1. Decidir a data e o restaurante. Elexir o día do enlace é das primeiras cousas que se debe facer, para pechala canto antes co restaurante no que se desexe festexala. 2. Tipo de cerimonia. Decidir como será o enlace (civil ou relixioso) é o seguinte paso. Sexa cal sexa a elección debes informarte dos documentos e requisitos esixidos. 3. Convidados. Conformar a lista de convidados é moi importante, tendo en conta o tipo de celebración desexada e o presusposto do que se dispón. De seguido, é importante realizar a distribución das mesas. 4. Elexir os traxes.O vestido de noiva e o traxe de noivo son aspectos chave. Sentirse cómodo coa elección e adaptar a

mesma ao estilo da voda son aspectos importantes. 5. Música e festexo. Elexir a música para a ceremonia e a celebración non é sinxelo, pero será un dos aspectos inolvidables. Romántica, divertida, clásica, actual… cada parella debe adaptar a escolla musical ás súas preferencias. A animación infantil para os cativos e divertidos photocalls para os maiores son propostas modernas e coas que se acerta seguro. 6. Detalles. Tamén é importante escoller os agasallos para os convidados. Que sexan útiles é o máis recomendable, pero sen esquecer algún detalle personalizado que convertirá ese día en inesquecible. 7. Lúa de mel. Se tendes algún destino en mente e queredes viaxar nun momento concreto é aconsellable organizar a lúa de mel canto antes.


12

Ourense por BARRIOS Marzo de 2016

especial CELEBRACIÓNS

Event Bodas y Fiestas ofréceche a súa experiencia na organización de eventos A empresa pioneira en Ourense na organización de todo tipo de eventos, Event Bodas y Fiestas, pon a súa experiencia ao teu servizo para preparar o teu enlace. Coa súa axuda, as parellas aforrarán tempo, diñeiro e preocupacións, pois asumen a realización de calquera dos detalles que se precisan nunha voda. Os trámites documentais, a asesoría, as invitacións, as alianzas, os traxes, a perruquería, a música, as fotografías ou o vídeo, os detalles para os nvitados ou o banquete, en Event axudaranche con cada un destes aspectos para que nada falle no teu gran día. Novidades en entretemento Segundo nos conta a xerente de Event, Teresa Rodríguez, cada vez máis os noivos apostan por incorporar “moitos entretementos nas vodas para os invitados”, como candybars (barras libres de golosinas e doces), caricaturistas, árbores dos desexos ou un photocall con atrezzo para que noivos e invitados poidan disfrazarse e levar un recordo distinto da celebración. En Event ofertan, ademais, fogos artificiais fríos, que non necesitan

permiso, así como a personalización de zonas chill out para seguir a festa tralo banquete. Outros servizos Como todas as tempadas, en Event van incorporando novos deseños de invitacións e de detalles para os convidados, cunha liña económica. En fotografía e vídeo traballan coas fotógrafas “Ana y Luna”, que tan só realizan unha única reportaxe por día para ofrecer aos clientes o seu mellor servizo.E no apartado musical, con Event traballa a única soprano organista profesional de toda Galicia. Animación para outros eventos En Event tamén dispoñen de animación específica para outras celebracións, como primeiras comuñóns, despedidas de solteiro ou aniversarios: pallasos, inchables, dúos ou tríos musicais, discotecas móbiles, stripers, gogo’s-... E en particular para despedidas de solteiro/a, organízanas de fin de semana completa moi animadas e con moi bos prezos.

Novidades en entretemento: zonas chill out e fogos fríos

Event está situado en r/Celso Emilio Ferreiro, 36.

As zonas de chill out están en auxe nas vodas.

EVENT BODAS Y FIESTAS r/Celso Emilio Ferreiro, 36, baixo, Ourense Tel. 988 240 548 -619 81 96 44 info@event-bodas.com www.event-bodas.com

No día máis importante confía nos mellores: Grupo ANPIAN Comuñóns, bautizos, vodas; cerimonias importantísimas na vida de calquera persoa que teñen que contar cos servizos dos mellores profesionais. As empresas do grupo ANPIAN sempre son a garantía dun traballo ben feito. Para o traslado dos invitados e dos noivos, ANPIAN conta coa frota máis moderna da provincia tanto de autocares, como de coches de luxo. Ambos son conducidos por expertos profesionais que garanten que todo saia á perfección. Viaxes de noivos O persoal de Viaxes Piña asesorará aos noivos nos mellores destinos para a súa lúa de mel; e aos invitados na elección dun agasallo para os nenos de comuñón, por exemplo, unha estancia familiar nun parque de aventura, unha viaxe en globo ou calquera cousa que lle puidese gustar

tanto á familia como ao neno ou nena. En Viaxes Piña ocuparanse de todas as xestións necesarias para a viaxe, tanto de reservas como de visados, para que nada poida preocupar ao cliente. Para as lúas de mel, ademais de contar con opcións para todos os petos, ao contratala coas axencias de viaxe do grupo ANPIAN durante o 2016, o transporte dos noivos ou o dos invitados do día da voda, pode ser gratis. E os noivos serán obsequiados cun álbum de fotos dixital de 26 páxinas para que poidan imprimir as fotos da súa viaxe. Todos os noivos que pasen por Viaxes Piña a pedir o seu orzamento para a súa lúa de mel durante o 2016, entrarán nun sorteo dun fin de semana nun balneario. Desde hai moitos anos este grupo contan coa confianza de toda a provincia grazas á seriedade e á calidade que viñeron demostrando en todos os seus servizos.

ANPIAN: r/Ervedelo, 58. Ourense. Tel 988 225 288 VIAXES PIÑA: r/ Ervedelo,69A Ourense. Tel 988 253 359


CELEBRACIÓNS especial

Ourense por BARRIOS Marzo de 2016

13


14

Ourense por BARRIOS Marzo de 2016

especial CELEBRACIÓNS

Como organizar unha primeira comuñón inesquecible 4 O banquete adoita ser o punto máis caro do presuposto.

En Deco--Flower alugan e decoran carpas, toldos e escenarios.

Deco-Flower, un toque diferente en decoración para as súas cerimonias Deco-Flower é unha empresa ourensá que ten unha ampla experiencia en proporcionar solucións con estilo e orixinalidade no campo da decoración. Levan máis de 20 anos traballando no sector. A súa actividade como floraría naceu a mediados dos 80, pero foi avanzando cara á organización e decoración de todo tipo de eventos, alcanzando o seu obxectivo principal que non é outro que “facer realidade aquilo que os nosos clientes imaxinan para o seu evento ou celebración”. Partindo desta premisa, encargánse da montaxe de carpas, escenarios, decoración e enxoval, salóns para banquetes, montaxes de cerimonias ao aire libre, e todo iso no marco que o

cliente queira, facéndoo real tanto en espazos exteriores como interiores. Os seus anos de experiencia leváronos a ofrecer un gran abano de posibilidades, adaptándonos así ao que se necesite en cada momento e ofrecendo un servizo completo tanto de montaxe e decoración como de catering. Visitando a súa nova web (www.deco-flower.es), ademais de ver exemplos das súas montaxes, poderán comprobar como coidan de cada detalle para que o seu evento sexa un momento especial do que o cliente e os seus acompañantes gocen. Consulte o servizo que necesita en info.decoflower@gmail.com.

DECOFLOWER Tel. 988 245 728 - www.deco-flower.es

Ante a celebración da primeira comuñón dos nosos fillos xorde o dilema de se facer unha pequena celebración na casa ou optar por unha comida nun restaurante. A pesar da crise económica, son moitos os pais que seguen a facer un gran esforzo para que este día sexa moi especial para os seus pequenos e que non falte ningún detalle. De feito, segundo a FUCI, en España gastamos de media neste tipo de evento 1.768 euros. Cifra que veu caendo dende 2009, polos axustes de presuposto que tiveron que facer as familias, e aos que tiveron que adaptarse os establecementos relacionados con esta celebración. Igual que acontece nas vodas, o banquete dunha primeira comuñón celebrada nun restaurante adoita ser o máis caro do presuposto, xa que oscila entre os 30 e 50 euros por comensal. Ao que se suma o animador que adoita ser contratado trala comida para divertir aos máis cativos e cuxo custo se sitúa nuns 100 euros. En canto ao traxe, continuamos coa tendencia nupcial, e as nenas acostuman a lucir vestidos máis caros. Mentres o traxe dun rapaz ronda os 80 euros, o das rapazas sobe ata os 130 euros de media. Cifras ás que hai que sumar zapatos, com-

En España gastamos de media neste tipo de evento 1.768 euros A pesar da crise económica, son moitos os pais que seguen a facer un gran esforzo para que este día sexa moi especial para os seus pequenos plementos e peiteados, polo que o gasto nos nenos ascende a uns 150 euros e nas nenas as 230. Coa crise económica, a reportaxe fotográfica e os detalles foron aspectos nos que os pais máis recurtaron en gastos. A primeira ronda agora os 230 euros de media, e os segundos o

euro por convidado. Organización Para comezar a organizar unha primeira comuñón o primeiro paso é facer a lista de convidados. Hai que ter en conta que se trata dunha celebración eminentemente familiar; pódese invitar tamén a al-

gún amigo do comulgante. De seguido debemos escoller o lugar no que celebrar o banquete, e o máis cómodo é confiar esta celebración a un restaurante, deixando en mans de profesionais esta parte tan importante, elexindo o menú que máis se axuste aos nosos gustos e presuposto e sen deixar de participar na decoración do espazo, para poder engadir algún detalle ao gusto do cativo. As invitacións, recordatorios, portafotos…son outra parte primordial deste día, e é recomendable que vaian a xogo, encaixando co estilo da festa. O traxe do neno ou nena tamén ocupará parte importante da organización, así como o dos propios pais, xa que é un día para estar todos radiantes. Outro aspecto importante será a festa posterior á comida, na que os nenos serán os protagonistas. Animación e inchables son chave para que este día sexa divertido para eles e para que os maiores tamén poidan gozar da festa. Por último, unhas manualidades preparadas con cariño para membros destacados da familia, como poden ser os avós, supoñen un broche moi emotivo e inesquecible. E o principal de todo, non esquecer, con todos estes preparativos, o significado espiritual desta celebración relixiosa.


CELEBRACIÓNS especial

Komodamoda, a talla non importa Porque a comodidade non está reñida co estilo, Komodamoda leva case unha década ofrecendo ás súas clientas ourensás roupa de festa cunha ampla tallaxe. Desde o pasado outono nunha ubicación máis ampla e céntrica, na rúa Bedoya, 13, Komodamoda conta xa nos seus estantes coa nova colección de festa, que nos presenta vestidos tanto curtos coma longos, a maioría ata a talla 60. Con calquera deles estaredes ideais para asistir a unha voda, bautizo, comuñón ou calquera outra celebración. Son prendas ultra cómodas e actuais, para que as invitadas se sintan a gusto con elas mesmas e poidan gozar ao máximo desa festa especial sen ter que preocuparse pola tallaxe. Tendencias Nesta nova temporada destacan as cores verdes, azuis e moradas e tamén os estampados florais. Seguen a verse as telas bordadas, os encaixes, os volantes, as capas superpostas, os drapeados nos corpiños e os corpos con pedrería. No interior da tenda tamén poderedes atopar unha pequena colección en moda baño e corsetería.

KOMODAMODA r/Bedoya, 13 - Tel. 988 25 43 59

Ourense por BARRIOS Marzo de 2016

15

Vodas e banquetes, en Caldaria Celebra o teu día máis especial nunha contorna única. En Caldaria ocúpanse de todo para que te esquezas e poidas gozar dun día único e inesquecible. En todos os seus establecementos (Arnoia, Laias, Lobios e Abadía) pódense realizar banquetes de xantar ou cea, coa excepción de que o Hotel Balneario Laias e a Abadía requiren a reserva de todas as súas habitacións para eventos nocturnos. En calquera caso, superando un mínimo de 50 invitados, só se realiza unha voda por día. O Hotel Balneario Laias dispón de capela dentro dos seus xardíns para a celebración de cerimonias relixiosas. Os demais establecementos poden facilitarlle unha capela próxima. Para este día tan especial Caldaria ofrécelle suxestivos e completos menús ou a opción de confeccionar vostede mesmo un ao seu gusto. Asemade, dispoñen dunha gran cantidade de complementos opcionais para que poidas confeccionar o teu día máis especial con todo luxo de detalles e servizos. E ademais, reservando en Caldaria, goza de descontos especiais en servizos ou artigos de establecementos colaboradores:

En Caldaria ofrecen aos noivos a posibilidade de realizar unha montaxe nun salón ou no xardín para voda civil. En Laias dispoñen tamén de capela para cerimonias relixiosas.

A decoración das mesas do banquete e a montaxe faise de xeito personalizado. fotografía e vídeo, traxes de noiva e noivo, barbaría, floraría...

Contacta con Caldaria e solicítalles orzamento sen ningún compromiso.

CALDARIA www.caldaria.es - Telf. 988 28 04 06


16

Ourense por BARRIOS Marzo de 2016

SOCIEDADE

EN BREVE

La Molinera, en funcionamento

4 Fondos para a casa de acollida O Concello de Ourense recibe 46.500 euros da Xunta de Galicia para o mantemento da casa de acollida. O convenio coa Administración autonómica servirá para sufragar os gastos correntes do centro, un dos cinco de Galicia. O ano pasado atendeu 45 usuarias: 22 mulleres e 23 menores. O perfil maioritario das usuarias deste centro son mulleres estranxeiras (63%) de idades comprendida entre os 26 e os 35 anos (45%).

4 Programa 14 cursos ata o mes de xuño. Redacción Unha patrulla da Policía Local realizando controis na estrada da Granxa./P.L..

A campaña de tráfico da Policía Local de Ourense pechouse con 265 denuncias 4 En 10 días, os axentes realizaron 509 advertencias a peóns por cruzar mal. Redacción

4 Loita contra a pobreza A Obra Social ”la Caixa”, a Xunta de Galicia e o Concello de Ourense selan unha alianza para loitar contra a pobreza infantil. As tres entidades colaborarán na implantación de CaixaProinfancia, un programa centrado na atención a familias con menores en situación de vulnerabilidade La Caixa, a Consellería de Política Social e o Concello identificarán e analizarán conxuntamente a distribución territorial das situacións de vulnerabilidade social e de risco de exclusión para definir unha proposta de servizos conxunta.

A Policía Local de Ourense fai balance da campaña de tráfico realizada na cidade entre o 29 de febreiro e o 9 de marzo para controlar zonas de carga e descarga, paradas de autobús e estacionamentos indebidos en zonas peonís. Foron un total de 265 as denuncias realizadas, producíndose o 60% delas nos primeiros cinco días da campaña. En detalle, 99 denuncias realizáronse en zona de carga e descarga, outras 90 a vehículos parados en zonas de bus, 44 a estacionamentos indebidos en zonas peonís, 21 denuncias a condutores por non respetar a prioridade

de paso ou o semáforo, e finalmente 11 a peóns por cruzar mal a vía. Ademais, os axentes da Policía Local realizaron 509 advertencias “para concienciar” a cidadáns que cruzaban mal a rúa, ben fóra dos pasos de peóns ou ben cando non lle correspondía polo ciclo semafórico. As rúas Curros Enríquez, Concello, Xoán XXIII, Samuel Eiján, Pena Trevinca, avenida de Portugal, Vicente Risco e avenida de Santiago foron onde máis denuncias e correccións de peóns realizaron. As máis denunciadas por incumprimentos en zonas de carga e descarga foron Pena Trevinca, avenida de Portugal, avenida de Santiago,

Progreso, Ervedelo e Xocas; as máis problemáticas en canto a paradas de bus foron Pena Trevinca, Marcelo Macías, avenida de Santiago, Ramón Puga, avenida de Zamora e rúa Coruña. A Policía Local anuncia que non baixará a garda e continuará atenta ao cumprimento das normas de tráfico sobre todo nas zonas onde máis problemas se detectaron. Desde o corpo recoñécese que a campaña tivo un efecto “chamada de atención” para concienciar á poboación da necesidade de cumprir as normas.

A campaña tivo un efecto “chamada de atención”

Asistentes ao acto en Seixalbo o pasado día 17, durante a lectura do manifesto.

Aforro O traslado da aula CeMIT a La Molinera supón un aforro anual para as arcas municipais de 31.714 euros do aluguer. A posta en funcionamento de La Molinera realizouse sen aumento de persoal municipal nin do orzamento.

Centro de Coñecemento La Molinera./RAMSÉS.

En defensa das árbores

4 Centro interxeracional A Fundación Amancio Ortega, o Consorcio Galego de Igualdade e Benestar e o Concello de Ourense firmaron o convenio para a posta en marcha dun centro interxeracional en Mariñamansa. As instalacións, cuxa construción e equipamento financiará a Fundación Amancio Ortega (supera os catro millóns de euros), abranguen unha escola infantil e un centro de formación e actividades para maiores.

Prescindindo de inauguración oficial, o Centro de Coñecemento La Molinera abriu as súas portas o 28 de marzo, máis dun ano despois de que remataran as obras. O Goberno local programou, ata o mes de xuño, 14 cursos gratuítos de informática básica e internet, imaxe e vídeo, páxinas web, ofimática e charlas por videoconferencia. Ademais, o 8 de abril celébrase unha xornada de portas abertas no recinto, na que se poderá visitar a exposición ‘A evolución de La Molinera’, e se desenvolverá a xornada “Unha viaxe cara a sociedade do coñecemento”, na que intervirán tres expertos en novas tecnoloxías, como

son Elsa Punset, escritora e divulgadora, Javier González, director do Citilab de Cornellá, e o enxeñeiro ourensán Pablo González. O rexedor ourensán, Jesús Vázquez, explicou que “todos os interesados en coñecer as instalacións e servizos desta instalación municipal, poderán acudir a este edificio, que contribuirá, ademais a dinamizar os barrios do Polvorín e das Camelias. La Molinera está chamado a ser un centro de referencia no ámbito da investigación e innovación tecnolóxica, así como do coñecemento”.

A Plataforma Ríos Limpos, a Asociación Mulleres Rurais, o CD Seixalbo, a Asociación Veciñal San Breixo, a Asociación cultural As Agromadas, e Amigos da Terra promoveron un acto en defensa das árbores en Seixalbo. Leron un manifesto no que solicitan ás autoridades a paralización das cortas polo pé de árbores, que as podas sexan realizadas seguindo os criterios recollidos nos tratados de arboricultura, e que se repoñan as árbores cortadas nos últimos anos nas estradas do municipio.

Olimpiada de Química Redacción Dous alumnos do IES Eduardo Blanco Amor de Ourense están entre os seis mellores participantes do distrito universitario de Vigo na XXXIII Olimpiada Galega de Química 2016. Elena Pazos quedou segunda e Iván Gómez sexto, nas probas dirixidas a estudantes de bacharelato e organizadas pola Asociación de Químicos de Galicia en colaboración co Colexio Oficial de Químicos de Galicia.


SOCIEDADE

Ourense por BARRIOS Marzo de 2016

A Oficina Municipal de Turismo atendeu un 70% máis de visitantes nesta Semana Santa

Barbadás pon en marcha a súa Escola de Familias

4 Atendeu 1.532 turistas.

Redacción

Redacción A Oficina Municipal de Turismo do Concello de Ourense vén de rexistrar unha cifra récord de turistas atendidos durante a Semana Santa 2016. O Concello de Ourense apostou este ano por aumentar os horarios de apertura da oficina de turismo para prestar a mellor atención posible. Foron, en total, 1.532 turistas atendidos durante os 8 días comprendidos entre a fin de semana de Ramos e o Domingo de Pascua (19 e 27 de marzo), que supón a cifra máis alta en moitos anos, cun incremento do 69,09% fronte ao pasado ano 2015, cando se rexistraron 906 turistas. O crecemento resulta tamén espectacular se é comparado cos anos anteriores (966 turistas atendidos en 2014, 476 en 2013, 746 en 2012, 583 en 2011 e 621 en 2010). Dos 1.532 turistas atendidos esta Semana Santa, 1.353 era a primeira vez que visitaban Ourense. A maior parte, 847, tiñan previsto permanecer na cidade durante un só día, 272 durante 2 días e 413 durante máis. Por procedencia, foron 249 veciños e veciñas residentes en Galicia, 1.182

Un grupo de turistas na praza Maior./ARQUIVO. chegados doutras comunidades autónomas españolas e 101 extranxeiros. Ocupación hoteleira Os hoteis da cidade acadaron cifras de ata o 100% de ocupación, segundo os datos que os propios establecementos comunicaron a Turismo. Dos 19 hoteis consultados, 11 chegaron ao cheo total, e outros catro case o acadaron: dous rexistraron o 90% e outros dous o 95%. Dos restantes, un quedou no 70%, dous no 80% e un no 85%.

Para 1.353 persoas era a primeira vez que visitaban Ourense

4 A iniciativa está dirixida ao alumnado dos colexios Filomena Dato e Ruxidoiro e do instituto Ferro Couselo. O 20% da poboación de Barbadás é menor de 16 anos, un total de 1.991 rapaces. Para axudar ás familias na educación dos seus fillos, a Concellería de Educación de Barbadás acaba de lanzar a Escola de Familias, dirixida aos escolares dos colexios públicos do municipio (Filomena Dato e O Ruxidoiro) e do instituto Ferro Couselo. A Escola de Familias “é un proxecto de formación para pais e nais co fin de apoialos na educación dos seus fillos”, explicaba o alcalde, Xosé

O alcalde de Barbadás e a concelleira de Educación. Carlos Valcárcel. O proxecto desenvolverase a través de charlas-talleres abertas e participativas que terán unha periodicidade quincenal e unha duración dunha hora. Realizaranse na Casa da

4ARQUIVO VISUAL OURENSÁN

Pano de fondo Apáganse as luces. Toca gardar o traxe de domingo e regresar ao fotógrafo os abalorios que aderezan a farsa. Os panos de fondo colocábanse detrás do retratado co fin de recrear un fermoso escenario. Decorados inventados que vestían de fantasía o cotián. Odiosa comparación coas redes sociais, onde, xentes con esvaecido rostro, basculan complexos realizando fatua ostentación do que lles

gustaría ser. Vidas de ficción voceadas sen pudor. Virtual batalla de egos. Todo por un like!. Ao contemplar imaxes como a de hoxe, trasladámonos a lugares nunca visitados, a unha realidade falseada por necesidade. Piadosa mentira ao amparo da bula social. A eterna loita entre o auténtico e o estético. Fernando Valcárcel, membro do Arquivo Visual Ourensán

Xuventude da Valenzá e os proxenitores que asistan terán á súa disposición unha ludoteca. A primeira charla terá lugar o 31 de marzo ás 19 horas co título “Sabemos poñer límites aos nosos fillos?”.

17

EN BREVE 4 Nova edición do concurso de pinchos A Xunta de Goberno local aprobou tamén as bases Reguladoras da 5ª edición do concurso de pinchos “Sabores de Ourense” na súa edición de primavera. O Concello dálle continuidade a esta iniciativa, que organiza coa colaboración da Unión de Hostaleiros Ourensáns para promocionar e dar a coñecer a riqueza gastronómica e as propostas dos establecementos hostaleiros entre veciñanza e visitantes da cidade. O concurso será do 22 de abril ao 8 de maio, e os establecementos interesados poderán inscribirse ata o día 1 de abril. O prezo máximo por pincho será 2,50 euros, e concederanse tres premios do xurado profesional, tres do público, unha da prensa, e un premio pincho celíaco.

4 5º aniversario en Narcóticos Anónimos O grupo Miño de Narcóticos Anónimos de Ourense conmemora o seu quinto aniversario o vindeiro 9 de abril. Nesa data realizarán unha reunión aberta ao público na que os interesados poderán escoitar as experiencias de varios aditos en recuperación e coñecer de primeira man o funcionamento da asociación. Terá lugar ás 12 horas no seu local habitual de reunión, no edificio parroquial de Santa Teresita.


18

Ourense por BARRIOS Marzo de 2016

OCIO E CULTURA

4IMAXES DO MES

Un ciclista foi unha das figuras que ardeu na queima das “madamitas” da festividade de San Lázaro./RAMSÉS.

Escolares participantes no campamento de primavera de Barbadás durante a plantación de bidueiros ao carón do parque da Liberdade da Valenzá./CEDIDA.

As “madamitas” arden no Lázaro

Campamento de primavera

Como cada festividade de San Lázaro, o parque ourensán do mesmo nome acolleu a queima das “madamitas”, catro figuras que xiran sobre o seu eixe e que quedan totalmente destruídas ao estourar os petardos que levan no seu interior. Misa con procesión e os tradicionais postos de rosquillas completaron o ambiente festivo do domingo 13 de marzo no centro da capital ourensá.

Un grupo de 30 cativos participou durante Semana Santa no campamento de primavera da Casa da Xuventude de Barbadás. Entre as actividades realizadas, colaboraron nunha plantación de bidueiros na zona verde colindante co parque da Liberdade, na Valenzá, realizaron unha ruta de sendeirismo e visitaron o xardín botánico de Montealegre. A intención do campamento é que os máis novos tomen en consideración o medio natural.

Autoridades civís e relixiosas na procesión do “desplante” de Domingo de Pascua./P.L.

O artista Rafa Cachaldora e o músico Daniel Minimalia en plena acción, durante a celebración do 47º aniversario do Ateneo de Ourense./P.LODEIRO.

Procesión do “desplante” Como cada Domingo de Pascua, en Ourense celébrase a “Procesión do Desplante”, coa que se pon fin á Semana Santa. Trala misa na Catedral, a imaxe de Santa María Nai regresa ao seu templo. Nas escalinatas da igrexa repítese un xesto que recorda un incidente de fai varios séculos: as autoridades civís quedan ao pé, mentres o bispo e o resto do clero os despiden desde o alto. Recordan así, aínda que dunha maneira hoxe suavizada, a protesta dos relixiosos, que lle negaron o paso aos representantes municipais á igrexa por non querer asumir o Concello o custo do arranxo da escalinata. Na procesión deste domingo participaron o alcalde, Jesús Vázquez, varios concelleiros do grupo de goberno (Jorge Pumar, Sofía Godoy, Mario Guede, Flora Moure, Isabel Castelo e Belén Iglesias) e tres máis da oposición (o socialista Vázquez Barquero, e Armando Ojea e Domingo Castro de DO).

O Ateneo de Ourense celebra os seus 47 anos OAteneo de Ourense cumpriu 47 anos de vida, e celebrouno cun acto ao que acudiron preto dun cento de persoas, e autoridades como o subdelegado do Goberno, a delegada da Xunta, o vicepresidente da Deputación e o alcalde de Ourense. Interviron o socio máis veterano, Manuel Martínez Randulfe, e a actual presidenta, Isabel Salgado, que reclamaron ás institucións que velen pola supervivencia da entidade cultural, da que nos seus inicios formaron parte ourensáns de renome como Eduardo Blanco Amor, Ferro Couselo ou o doutor Cabaleiro Goás. A celebración incluiu a interpretación de varias pezas musicais por parte do músico Daniel Minimalia mentres o artista Rafael Cachaldora executaba unha creación sobre un prato de polbo, que donaría despois ao Ateneo.


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Marzo de 2016

19


20

Ourense por BARRIOS Marzo de 2016

OCIO E CULTURA

EN BREVE

4CRÓNICA MUSICAL

4 Concurso de pintura rápida O Concello de Ourense organiza o II Concurso de Pintura rápida Cidade de Ourense, que se celebrará o 14 de maio. A inscrición pode realizarse ese mesmo día na praza Maior, entre 9 e 9:45 horas. Ao longo da xornada, os artistas amosarán o seu talento creativo, sendo a técnica empregada e o estilo libres. As obras realizadas amosaranse no Centro Ángel Valente ese mesmo día de 18 a 20 horas, onde un xurado as avaliará tendo en conta a orixinalidade, a calidade artística e técnica. Outorgaranse tres premios: de 1.500, 800 e 500 euros e tres mencións especiais de 100 euros.

4 Andaina e recital de poesía A Asociación Vía Vella da Ponte organiza este sábado 2 de abril unha andaina entre Ponte Canedo e Santa Comba de Naves, baixo o lema “Non se valora o que non se coñece”. Trátase dun roteiro interpretativo de 13 quilómetros de dificultade media-baixa, que dará comezo ás 10 horas xunto á locomotora da Ponte, e rematará cun xantar campestre. Así mesmo, esta asociación organiza o recital de poesía “PonTesía 16”, o xoves 7 de abril ás 20:30 horas no local da Asocación Andén Primeiro (avda. de Marín), no que estarán presentes recoñecidos escritores así como poetas noveles. [+ info en viavelladepontecanedo@gmail.com]

Íñigo, cantante de Quaoar./MIGUEL ÁNGEL GONZÁLEZ.

Quaoar & Highlights, parella de ases

A 21ª edición da MITEU comezará o 15 de abril./RAMSÉS.

A 21ª MITEU levará a escena 30 espectáculos 4 Do 15 ao 30 de abril en varias localizacións. Redacción A Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense (MITEU) regresa este ano con máis de 30 espectáculos, tanto universitarios como profesionais, cunha ampla proposta de xéneros e de estilos, coa participación de diversos países e cunha ampla presenza na cidade a través de diferentes espazos. Do 15 ao 30 de abril, o Auditorio Municipal, o Teatro Principal e numerosos locais e rúas da cidade serán o escenario da vixésimo primeira edición desta mostra dirixa por Fernando Dacosta. A mostra conta co apoio do Concello de Ourense, da Deputación Provincial, da Universidade de Vigo

e da Consellería de Cultura. Calidade e innovación únense neste festival para ofrecerlle ao público historias diferentes, a través de espectáculos creativos que fan da mostra “un escaparate escénico de primeira orde, tamén en canto a autores directores e intérpretes”, afirmou o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo. Na súa 21ª edición, a mostra mantén as súas liñas programáticas fundamentais, con espectáculos de teatro universitario galego, portugués e de diferentes comunidades autónomas do resto do Estado, xunto con compañías profesionais e grupos invitados tanto estatais como internacionais. Nesta ocasión cóntase coa presenza de Afganistán,

Arxentina, Chile, Dinamarca, Inglaterra, Italia, O Salvador e Portugal. O grupo Rosaura, da Aula Universitaria de Ourense, abrirá a programación da MITEU o día 15 de abril coa representación da obra “O banquete”. As representacións escénicas completaranse coa realización de encontros ao remate das funcións, con exposicións, con documentais e con diferentes cursos. A entrega dos premios “Carlos Couceiro e Begoña Muñoz” e “Suso Díaz” porán o fin a 15 día de teatro en Ourense.

O grupo Rosaura abre a programación coa obra “O banquete”

Nova cita no Café Cultural Auriense da man de Lestrato Rock: Quaoar & Highlights. Exitazo rotundo. E é que a cita do pasado sábado 12 de marzo non quedará no esquecemento tan facilmente. Foi unha desas noites de auténtico feedback entre bandas e público, deses concertos que non queres que rematen, deses concertos nos que as bandas o bordan e non queda outra que sacar o chapeu. Abriron a noite os vascos Highlights, banda formada en 2009 cunha longa, produtiva e existosa bagaxe ás súas costas. Presentáronnos os seis temazos que compoñen o seu, até o momento, único EP, ”Storming the Gates”, acompañados de versións de grandes bandas como UFO. Aínda que estilisticamente se atisben notas de blues e grunge, a banda está claramente encravada no gran hard rock dos ´70 onde realmente amosan todo o seu potencial compositivo e creativo. Un son claro, definido, potente, con moita presenza que, xunto á súa gran posta en escena e á súa perfecta execución, fixeron vibrar aos presentes, que correspondemos cunha máis que xusta e meritoria ovación. Poden quedar tranquilos os Page, Plant, Daltrey, Townshend, Mogg e Moore... aquí hai rock setenteiro do bo. Tras Highlights, quenda dos bilbaínos Quaoar, banda con case unha dé-

cada de existencia e cun implacable historial infestado de éxitos. Para esa noite, a banda fixo un amplo percorrido estilístico que moi ben reflicten o seu tres álbums “Man´t” (2007), “The River & The Soul” (2011) e “Dreamers. Dreaming” (2015) onde a banda explora diversos estilos, desde o hard rock, grunge, metal progresivo... facéndoa unha banda única, exclusiva, demostrando que o rock e calquera das súas vertentes teñen cabida e son compatibles. De aí quizais a lonxitude dos seus temas, cunha media de 7 ou 8 minutos, onde cada pasaxe, unhas veces etéreo, outras melódico, e outras en grao sumo contundente, cada acorde e cada nota está coidada ao milímetro, facendo que todo flúa cunha naturalidade abraiante. Deixando patente un gran labor compositivo, de moito enxeño, personalidade e, ante todo, a súa peculiaridade como banda. Tras un bis forzado unanimemente por un público totalmente entregado, estes cinco monstros deron rúbrica a unha grandiosa noite, inesquecible e esperemos que repetible. Foi un concerto brutal. Gran acerto por parte dos membros de Lestrato Rock que organizaron o evento á perfección, contando con estas dúas grandes bandas e, ao meu modo de ver, deixaron claro que non todo o que vén de fóra é mellor, que hai moito potencial e moi boas bandas en casa. Iván González para La Rockipedia


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Marzo de 2016

21


22

Ourense por BARRIOS Marzo de 2016

DEPORTES

EN BREVE

O Ourense Provincia Termal mira aos playoffs

4 Ciclismo Este xoves 31 de marzo preséntase no Teatro Principal de Ourense a 71ª edición da “Vuelta a España”. Este ano serán catro as etapas que pasen pola nosa provincia. A inaugural será a contrarreloxo por equipos entre Laias e Castrelo de Miño; a segunda etapa sairá desde a capital ourensá; a sexta rematará en Luíntra - Ribeira Sacra e a sétima comezará en Maceda.

4 Restan tres xornadas e o equipo xa é noveno. R. Torres Quen diría ao inicio de curso que o Ourense Provincia Termal (COB), que ten asegurada a súa presenza a vindeira campaña na Liga ACB, ía disputar nas últimas xornadas unha praza para entrar nos playoffs? Pois iso é o que vai suceder. Os homes de Gonzalo García de Vitoria son novenos con 13 vitorias e 14 derrotas. E o mellor de todo: parece que o equipo non ten teito. A plantilla comezou a pretempada a contagotas e sen tempo suficiente para iniciar o curso con garantías. Polo que se sabía que o pico de forma ía estar cara o tramo final de curso. O que non se podía saber era que nivel real ían dar uns xogadores que non coñecían, na súa maioría, a competición. Un inicio titubeante non facía presaxiar o que logo ocorreu. O equipo está nun gran nivel e loitará nestas tres xornadas por un posto entre os nove primeiros. No partido contra Lleida xa demostraron que o equipo vai loitar ata o fi-

nal para que o 15 de abril (data do último encontro de liga regular) non remate para eles a tempada. Contra os catalanes dominaron durante todo o encontro para finalizar vencendo por un contundente 84-69. O resto de resultados da xornada fixo que sexan novenos. Rowley E se o estado de forma é o principal motivo desta situación, sen dúbida algunha un dos motivos é o crecemento de Kyle Rowley. O pívot pasou de ser un xogador cuestionado (quizáis merecidamente) a un piar fundamental no gran momento do equipo. Os mellores números no rebote e na anotación e unha maior intimidación nas dúas canastras fixeron de Rowley un xogador fundamental neste tramo; con permiso de Rejón, Rivero e Kapela. O crecemento de Barreiro e os outros noveles (Martínez, Fernández, Ballesta...) tamén é a nota positiva neste momento.

Rowley diante de dous xogadores de Lleida./RAMSÉS.

O Ourense Envialia celebrando a consecución da Copa Xunta./RAMSÉS.

A Copa, para o Envialia 4 Ourense Envialia e Cidade As Burgas disputaron unha final que encheu as bancadas dos Remedios. R. Torres A Copa Xunta de fútbol sala foi para o Ourense Envialia logo de vencer ao Cidade As Burgas por 3-2. Os dous equipos ourensáns disputaron unha final que encheu as bancadas dos Remedio. Preto de 2.500 espectadores presenciaron o encontro en directo, o cal non estivo exento de tensión. En canto ao partido, o típico dunha final: pouco xogo, moita emoción. O Envialia quería madurar o encontro, mentres que o Cidade esperaba a súa oportunidade. O técnico do Ourense Envialia, Chipi, buscou cansar ás rivais poñendo unha liña de presión moi arriba, cedéndolles o balón e asfixiando a saída do esférico. O fon-

do de armario permitíalle cambiar de xogadoras cada pouco para manter a intensidade ao longo dos minutos. O adestrador do Cidade As Burgas, Manolo Codeso, buscaba chegar rapidamente a área rival. Con estas Vanessa Sotelo obraba o primeiro tanto, aproveitando un fallo da zaga rival. Antes do descanso, Sara Moreno noutro erro defensivo- poñía o empate a un tanto. Segundo tempo Na segunda metade e co paso do tempo o Cidade mostraba síntomas de cansazo, ao empezar a padecer o feito de contar con só dúas xogadoras de banco; pola contra o Envialia continuaba rotando ás xogadoras. Porén foi María Arias a que faría o 1-2 para o Cidade á saída

dun córner. Pouco lles d urou a ledicia ás franxiverdes. Outro córner, nesta ocasión na área contraria, o introducía Ana Lastra na súa propia porta para devolver as táboas ao electrónico. Un minutos despois, Rosángela -de novo de córner- dáballe a volta ao marcador (3-2). O Cidade non baixaría os brazos e tentouno ata o último suspiro, pero a Copa xa tiña dono. O Ourense Envialia lograba un novo título da Copa Xunta; o Cidade terá que agardar outra ocasión.

2.5000 espectadores presenciaron o encontro en directo

A plantilla do Cidade As Burgas desolada tralo encontro./RAMSÉS.

4 Atletismo Os ourensáns Rubén Diz (Sociedad Gimnástica de Pontevedra) e Iria Fernández (Adas O Barco) proclamáronse campións de 10.000 metros en pista no Campionato de Galicia celebrado en Ourense. Ademais, o ourensán Alex Montero logrou mínima, na mesma distancia, para poder participar en campionatos internacionais para atletas con discapacidade.

4 Fútbol No grupo primeiro da Terceira División o Barco é o mellor equipo ourensáns. Os valdeorreses son sétimos con 46 puntos; con 41 está o Barbadás na décimo segunda posición e o Verín con 29 está en postos de descenso (18º). Na Rexional Preferente o Arenteiro é sétimo con 43 puntos; o Ourense C.F. é noveno con 42 e o Monterrei é o pechacancelas con 15 puntos. Na División de Honra xuvenil o Pabellón saiu dos postos de decenso ao vencer ao Lugo por 41; esta vitoria fai que os pavillonistas sexan undécimos con 28 puntos. O Ourense C.F. logrou unha importante vitoria diante do Atlético Perines (2-3) o que lle permite seguir soñando coa salvación; a pesar de que son últimos agora están a catro puntos da salvación. Tres xornadas restan para que finalice a competición.


AXENDA - CLASIFICADOS - INFORMACIÓN DE SERVIZO

Ourense por BARRIOS Marzo de 2016

23

Ourense por Barrios. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 15-2015. Redacción: r/ Bedoya 7 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352 Correo-e: info@periodicobarrios. com. Distribúe: Lebre Mensaxeira Imprime: Publicaciones Tameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Miguel Rejo. Colaboracións: Silvia Nieto, Raquel Sertaje, Fernando Valcárcel, Avelino Jácome, Pablo Feijoo Nº 15 - Ano: XV - Marzo de 2016 - Difusión: 30.000 exemplares. Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, chame ao 988 045 352.

4AXENDA Música - 2 de abril - Ashley López in Arcano XIII 20:30 h - Auditorio - 7 de abril - Cuarteto Carducci - 20:30 h - Teatro Principal - 8 de abril - Canta o cuco - 18:00 h - Auditorio - 9 de abril - As andanzas de Paio - 18:00 h - Auditorio - 9 de abril - Ara Malikian - 21:00 h - Auditorio Exposicións - Ata o 30 de abril - exposición dos proxectos Crea 2016 - Espazo Xove Teatro - 2 de abril - Contos asombrosos para nenos curiosos - 12:30 e 18:30 h - Rúa do Paseo - 8 de abril - Inmortal 20:30 h - Teatro Principal - 7 de abril - Raclette 20:30 h - Auditorio - 17 de abril - Misterios del Quijote - 20:30 h Teatro Principal - Do 15 ao 30 de abril XXI Miteu - varios espazos e horarios Maxia - 1 de abril - Fran Rei: A historia de Brancaflor 19 h - Casa da Cultura de Barbadás - 8 de abril - Mago Teto: Tolemaxias - 19 h - Casa da Cultura de Barbadás - 15 de abril - Dani García: Volta á maxia - 19 h - Casa da Cultura de Barbadás Outros - 10 de abril - III Festa da Primavera - todo o día - San Lourenzo de Piñor (Barbadás)

4TEL. DE INTERESE

4ANUNCIOS CLASIFICADOS [Deixe os seus anuncios no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]

TRABALLO Ofrécese mozo para traballos relacionados coa construción, carpintaría... Experiencia demostrable. Con carnet de conducir tipos: B, C1, C e BTP. Responsable e serio. Tel. 619 97 93 00. Ofrécese señora para traballar no coidado de persoas maiores ou nenos, de máxima confianza e con informes. Tel. 606 42 25 43. Moi económico, fanse reparacións en fogar e negocios, carpintaría, persianas, mobles, etc. Tel. 656 78 24 60. Necesítase señora para coidar unha persoa maior. Tel. 609 66 13 48. Impártense clases de inglés para tódolos niveis ata B2 / First Certificate / Ciclo Superior da Escola Oficial de Idiomas. Grupos reducidos e de xeito particular. Prezos económicos. Tel. 662 17 00 82. Atendo whatsapp. Danse clases particulares de todas as materias de primaria. A domicilio ou presenciais. Económico. Tel. 666 74 36 60. Poñémosche a túa máquina de café gratis. Tel. 618 64 69 59 (Claudio). Ófrecese señor para traballar de pintor -con 40 anos de experiencia- . Dispoñibilidade inmediata. Tel. 647 640 620. Ofrécese señora para traballar de luns a venres media xornada e tarefas do fogar, coidado de maiores, mascotas, recados, etc. ou ben as fins de semana para coidar persoas maiores ou

o que necesiten, tel. 645 77 05 10. Clases de apoio a domicilio,. Matemáticas xeraias e outras materias curriculares. Todos os niveis. Ampla experiencia. Económico. Con CAP. Información en clasesadomicilio2014@hotmail. com e 610 38 25 89. Ofrécese home de 40 anos con experiencia e titulación para coidado de persoas maiores ou depedentes. Calquera horario. Seriedade. Tel. 685 56 46 81 Particular en Ourense imparte clases individuais personalizadas de matemáticas e estatística, todos os niveis, e resto de materias curriculares de Ensinanzas Medias. Con CAP. Ampla Experiencia. Económico. A Domicilio. Contacto: clasesadomicilio2014@hotmail.com e tel. 610 38 25 89 Fanse desbroces en fincas e montes. Tel. 722 216 123.

INMOBILIARIA Vendo edificio residencial próximo a Ourense, sen intermediarios. Tel. 690 79 5379. Alúganse dúas naves de 422 e 454 m2. Xuntas ou separadas. En Polígono de Pereiro de Aguiar. Parcela 15, fronte a Codisoil. Telf. 639 67 74 32. Cómprase casa pequena con horta preto de Ourense, económica. Tel. 630 03 06 42. Vendo apartamento na rúa Ramón Cabanillas. Sexto piso con buhardilla, 2 habitacións, cuarto de baño. Tel.

630 032 047. Alúgase garaxe pechado moi amplo e con altillo, na rúa Francisco Llorens. Tel. 637 00 59 10. Necesítase mozo ou señor responsable para compartir piso. Zona Couto. Tel. 637 00 59 10. Alúgase local comercial en Ourense, acondicionado, 60 m2, c/ Fco. de Moure. 375 € Tel: 636.32.95.25 Vendo casa para restaurar pola estrada de Santiago. Tel. 637 00 59 10. Alúganse oficinas en Progreso, unha amoblada, todas exteriores. Bo prezo. Tel. 637 00 59 10. Alugo perruquería en Progreso, 250 euros + comunidade. Tel. 637 00 59 10 Cómprase finca preto de Ourense non urbanizable, económica. Tel. 630 03 06 42. Vendo finca en Loiro. 3.000 m2. Con luz e auga. Tel. 687 62 86 28. Vendo finca de 10.000 m2 con granxa para cría de 100 terneiros con 300 m de almacén con todo o necesario para a cría de animais con a PAC. Zona de Xinzo. Prezo: 140.000 euros. Tel. 686 54 00 87. Alugo apartamento no casco antigo de Ourense. Prezo económico. Tel. 637 00 59 10. Alugo piso amoblado con calefacción e garaxe en Marcelo Macías. 300 euros/mes. Tel. 649 57 13 13 Alugo oficina amoblada de 24 m2. Acondicionada. Lista para empezar a traballar. 150 euros/mes (+ 4 euros da luz

da escaleira). Tel. 627 203 131. Alugo habitación en piso céntrico. Prezo a convenir. Tel. 687 134 387.

VENDAS Vendo roupa de señora de moi boa calidade e de marca. En perfecto estado. Tamén telas, cortinas e algunha mantelería. Tel. 690 79 53 79 (Carmen). Vendo mesa de comedor con catro sillas e caldeira de gas cidade Junker. Tel. 626 297 504. Véndese tractor Pasqualis todo equipado. Tel. 695 690 945 e 988 60 30 99. Vendo sofá 3+2 e caldeira de calefacción de gas cidade. Tel. 637 00 59 10. Vendo Renault 19 GTS diésel. 110.000 km.Tel. 627 608 758 e 671 921 854(con whatsapp). Poñemos a túa máquina de café de balde. Chámanos ao 618 64 69 59 (Claudio). Véndese base terapéutica médica a estrear, marca Biofield, rexistrada polo Ministerio da Saúde, con 9 bandas magnéticas, para cama de 135 cm. Prezo negociable: 400 euros. Tel.988 249 781

CONTACTOS Mozo novo, con grandes apuros económicos, ofrécese para compañía de mulleres de 40 a 63 anos. Prezo anticrise (1 hora / 20 euros). Ademais danse masaxes eróticos a mulleres. Absterse de chamar homes. Tel. 697 79 59 28.

Concello Ourense 988 388 100 Concello Barbadás 988 360 000 Deputación 988 385 100 Xunta de Galicia 012 Pazo de Xustiza 988 370 728 Policía Local 092 / 988 388 138 P. Local Barbadás 988 221 050 Policía Nacional 988 391 771 Guardia Civil 988 235 353 Guardia C. Tráfico 988 222 881 ITV 902 309 000 Bombeiros 080 / 988 370 000 Incendios forestais 085 Prot. Civil 24 h. 988 510 254 Prot. Civil Barbadás988 391 479 Cruz Roja Ourense 988 222 484 SOS Galicia 112 Urxencias e ambulancias 061 Consultas sanitarias902 400 116 H. Sta. Mª Nai 988 385 499 Hospital Cristal 988 385 500 Atención Cidadán 988 392 909 Teletaxi 988 21 00 11 Taxis A Valenzá 988 251 471 Taxis Carrefour 988 231 657 RENFE 902 240 202 Estación autobuses 988 216 027 Correos 988 223 083 Fenosa 988 222 222 Aquagest 988 250 088 Atención menor 900 202 010 Asoc. Diabética Auria988 226 608 AECC 988 219 300 C. C. Antisida 988 233 000 Alcer 988 229 615 AFAOR 988 219 292 Alcoh. Anón. 646 645 119 24h. Alc. Anón. 988 269 540 Alcoh.An. 24h. 988 22 76 23 Narcóticos Anóm 671 58 28 38 Asoc.Crohn 630 136 447 Down Ourense 988 370 313 Atención Muller Maltratada 016

4AUTOBUSES liñas e horarios dos urbanos de Ourense en www.urbanosdeourense.es e liñas e horarios dos buses á Valenzá en www.anpian.com


Ourense por BARRIOS Marzo de 2016


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Marzo de 2016 - Ourense por Barrios by Periodico Barrios - Issuu