Skip to main content

Marzo de 2016 - Barrios

Page 1

Entrevista ao escritor celanovés Carlos Montero [Páx. 14]

VERÍN

Páx.3

A comarca xera emprego grazas ao sector servizos

XINZO

Páx.9

Infraestruturas executará no verán obras na OU-301

CELANOVA

Páx.16

Licitados tres postos da Praza de Abastos de Celanova

DEPORTES

Páx.18

O 3 de abril, andaina en Verín e carreira en Xinzo de Limia

OCIO

Páx. 20

Do 24 ao 27 de marzo, Semana Santa ao Vivo en Allariz

Terapia con burros desde Allariz [Páx. 11]

[Páx. 19]

Lázaro deportivo A psicóloga Elsa Pérez é unha das responsables da asociación ANDREA de Allariz.// 170 corredores participaron na I Carreira do Lázaro en Verín.

Número: 23 - Ano: XI - Marzo 2016 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de abril. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


BARRIOS Marzo de 2016

VERÍN E COMARCA

O Concello non anulará a prohibición de acompañar os vehículos fúnebres 4 O PP presentara unha moción para manter esta práctica habitual en Verín. Redacción

O alcalde de Monterrei, o director xeral de Emerxencias, a delegada da Xunta en Ourense e o rexedor de Cualedro.

Cualedro e Monterrei estudan compartir o servizo de Protección Civil 4 O director xeral de Emerxencias explicoulles aos alcaldes as vantaxes da xestión compartida. Redacción O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor e a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, mantiveron unha xuntanza cos alcaldes de Cualedro e Monterrei, Luciano Rivero e José Luis Suárez, co obxecto de analizar a posibilidade de crear unha asociación de municipios para a prestación de servizos de

Protección Civil. Segundo o proxecto, os concellos beneficiados inicialmente serían os dous representados na reunión, coa posibilidade de que nun futuro este servizo se podería estender a outros municipios limítrofes. O director xeral de Emerxencias explicoulles a ambos rexedores ourensáns as vantaxes desta modalidade de organización e prestación do servizo De

feito, as ordes de axuda para a subministración e reparto de medios materiais priman os proxectos de xestión compartida. Segundo destacou Luis Menor, a aposta dos concellos polo asociacionismo neste ámbito “significa unha aposta pola eficiencia, por acabar coas duplicidades e por mellorar a calidade e a cobertura dos servizos con menos presuposto”.

O grupo de goberno do PSOE e BNG en Verín rexeitou no pleno de marzo anular o seu decreto de acompañamento de funerais, tal e como pedía o PP nunha moción. Os populares xustificaban a súa moción en que nos últimos meses recibiran numerosas queixas dos veciños de Verín con respecto á decisión do Goberno local de non permitir acompañar aos féretros durante o percorrido entre os dous tanatorios da localidade (situados no centro urbano) e a igrexa parroquial, unha práctica habitual nas últimas décadas. Deste modo, obrígase aos asistentes aos enterros a realizar o acompañamento pola beirarrúa mentres o coche fúnebre vai só pola estrada. O PP apuntaba á incongruencia de prohibir o acompañamento no tramo da N-532 (entre os dous tanatorios e a rúa Lisa) pero non entre a igrexa parroquial e o cemiterio municipal (é

dicir, polas rúas Maior, Cruz, Amaro Refojo e Rosalía de Castro). Durante o debate da moción, o voceiro popular, Juan Manuel Jiménez Morán, explicou que o acompañamento dos coches fúnebres pola N-532 non xeraba ningún atoamento nin problema de circulación no centro urbano da vila porque era un treito inferior a 200 metros. “Non sabemos se esta decisión busca compracer a algún dos socios de goberno, no relacionado á separación de igrexa e estado”, apuntou Jiménez. Motivos de seguridade Pola súa banda, o tenente de alcalde, Diego Lourenzo, en resposta ás alusións ao BNG, puntualizou que “non ten que ver a nosa postura de separación de Igrexa e Estado xa que entendemos que cada un pode realizar os enterros como considere pertinente. Non é cuestión relixiosa senón de seguridade”. Pola súa parte, o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, argumentou que se trata

dunha medida adoptada a petición das funerarias, da xente e da propia Policía Local . “A estrada N-532 non é municipal e para facer o acompañamento do vehículo fúnebre debería pedirse permiso á administración titular. Hai informes da Policía Local contrarios a esta medida. Si se permite circular da igrexa parroquial ao cemiterio municipal porque son rúas municipais, non obstante” continuou Seoane, “se algún particular desexa facer o percorrido tradicional, non ten máis que dicirllo á funeraria e que esta se poña en contacto coa Policía Local e terá permiso para facelo”. A moción quedou rexeitada con nove votos en contra de PSdeG e BNG, e seis a favor do PP.

O alcalde argumentou que a prohibición responde a unha petición “das funerarias, da xente e da propia Policía Local”


VERÍN E COMARCA

A hostalaría verinesa alcanza a plena ocupación durante a Feira do Lázaro 4 Moitos restaurantes ofreceron menús especiais, dentro da sétima “Exaltación do Bacallau e do Cabrito”. Redacción A hostalería de Verín viviu un fin de semana de plena ocupación potenciada, en gran medida, pola ampla oferta cultural, deportiva e de ocio ofrecida durante a festividade do Lázaro polo Concello de Verín. O bo tempo tamén acompañou as celebracións. A concelleira da área de Educación, Cultura e Festexos, Emilia Somoza, mostrou a súa total satisfacción co incremento de consumo nos establecementos da vila e sinalou a gran participación nos eventos programados durante a festividade do Lázaro como elemento esencial desta activación no consumo. Foron 11 os locais membros da Asociación de Hostaleiros da Comarca de Verín que ofreceron durante os días 12 e 13 de marzo menús especiais na que foi a sétima edición de “Exaltación de Bacallau e Cabrito” coa que os hostaleiros promocionan os produtos tradicionais da comarca. Recuperar o esplendor da festa Con esta renovada edición do Lázaro, o grupo de goberno pretende marcar o comezo da rexeneración

Visitantes nun dos stands da Feira do Lázaro, instalada no pavillón de Deportes de Verín./R.TORRES.

O recinto feiral do Lázaro acolleu stands con produtos gastronómicos, de artesanía e complementos./R.TORRES. do antigo esplendor desta tradicional festa, ofrecendo aos visitantes múltiples actividades deportivas, unha ampla oferta cultural e a esperada “resurrección” dun cinema comercial permanente en Verín.

O Concello de Verín ofertou unha ampla oferta de ocio, cultura e deportes durante a fin de semana

BARRIOS Marzo de 2016

INFORME DO OBSERVATORIO ECONÓMICO OURENSÁN

Verín xera emprego grazas ao sector servizos 4 O paro comarcal baixou un 5,7% no último ano. Redacción O dinamismo do sector servizos amosado no último ano fai posible que Verín se manteña entre as comarcas ourensás xeradoras de emprego neto, aínda que iso si, con apenas un 0,2% de incremento en 2015. Así o recolle o Observatorio Económico Ourensán, cuxas conclusións comarcais foron presentadas polo xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez nun acto en Verín. Rodríguez precisou que “o bo comportamento dos servizos, que crearon un 1,7% de emprego en 2015, neutralizou os descensos producidos nos outros grandes sectores de actividade e mesmo fixo posible que a tendencia nas afiliacións fose positiva no cómputo global”. Esa recuperación de emprego próxima ao 2% no sector servizos contrastou co descenso do 5% na agricultura e do 3,5% na construción. Mentres, a baixada na industria foi moito máis feble, ao limitarse ao 0,6%. Con todo, o xerente do Inorde alertou sobre o empeoramento laboral do segundo semestre de 2015, que de prolongarse

O desemprego baixou un 5,7% no último ano

O xerente do Inorde José Manuel Rodríguez e o tenente de alcalde de Verín Diego Lourenzo durante a presentación do informe. deixaría sen efectos a remontada do emprego iniciada en 2013. Cun total de 6.495 afiliacións á Seguridade Social, este mercado laboral é o cuarto máis importante da provincia, cunha vantaxe de 400 traballadores sobre o quinto en dimensión, A Limia. Un 5,7% menos de paro No que respecta ao desemprego, o paro comarcal baixou un 5,7% no último ano, o que significa 1,3 puntos menos que no conxunto da provincia (7%). Os oitos municipios da comarca restaron parados no último ano e dous deles fixérono a un ritmo superior ao 10% en taxa interanual: Vilardevós (11,3%) e Castrelo do Val (-11,2%). Os demais descensos movéronse entre o -2,1% de Cualedro e o

-8,4% de Monterrei. No caso concreto do concello de Verín, o paro rexistrado baixou un 4,6%, a cuarta peor marca entre as cabeceiras comarcais. Pero ao igual que acontece co conxunto da comarca, a estatística mellora claramente cando se estende a comparativa ata o inicio da crise. Así, Verín destaca co máis forte control do paro entre os concellos que superan os 10.000 habitantes. Reduce ao 14,7% o incremento desde xaneiro de 2008, fronte ao 37,2% de Ourense, o 40,6% do Carballiño, o 40,9% do Barco de Valdeorras, o 69,4% de Barbadás e o 36,1% de Xinzo de Limia. E tres municipios xa contabilizan menos parados que antes de principiar a crise: Castrelo do Val (-20,9%), Laza (-12%) e Vilardevós (-6,9%).


BARRIOS Marzo de 2016

VERÍN E COMARCA

Obradoiros sobre empoderamento laboral na aula CeMIT de Verín./M.REJO.

Obradoiros sobre empoderamento e igualdade No marco da celebración do Día Internacional das Mulleres, o Centro de Información ás Mulleres (CIM) de Verín organizou tres obradoiros de empoderamento e igualdade na aula CeMIT da localidade. A finalidade desta iniciativa era “formar e achegar os coñecementos necesarios para desenvolver itinerarios persoais e colectivos que posibiliten a consecución da igualdade real e efectiva, tomando conciencia das desigualdades e pondo en valor as potencialidades coma mulleres para superar as mesmas”. Igualdade e empoderamento, empoderamento laboral e empoderamento erótico foron as temáticas impartidas. Desde o Concello de Verín queren consolidar unha Escola de Empoderamento para a Igualdade e Empoderamento das mulleres, na que se programen obradoiros periódicos de distintos temas de interese para as mulleres da vila e da comarca.

A secretaria xeral de Igualdade na celebración do 20º aniversario da Asociación de Mulleres Rurais 3 de maio no colexio de Laza./R.TORRES.

A Asociación de Mulleres Rurais 3 de maio celebra o seu 20º aniversario de Laza A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou o 12 de marzo no vixésimo aniversario da Asociación de Mulleres Rurais 3 de maio de Laza, celebrado con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora, No acto, López Abella reiterou que as mulleres galegas, demostraron e demostran, unha tenacidade e unha capacidade de traballo realmente notables para achegar a súa visión e talento ao modelo da nosa cultura e economía. A secretaría xeral recordou que un dos obxectivos que se marca o Goberno galego é incentivar o emprendemento orientado á muller rural, xa que é un elemento estratéxico para o crecemento económico e un desenvolvemento pleno e duradeiro do medio rural.


VERÍN E COMARCA

As Xornadas de Orientación 2016 potenciaron o protagonismo do alumnado Os días 4 e 7 de marzo tiveron lugar no salón de actos do IES García Barbón as Xornadas de Información Académica e Orientación para o Emprego. Con máis de 30 participantes –o 76% antigos alumnos/as e estudantes do centro- e especialmente deseñado para os mozos e mozas do IES García Barbón –previamente o centro realizara unha avaliación das súas preferencias informativas e intereses máis destacados-. Desde o instituto consideran –froito da avaliación detallada que se realizou por parte dos asistentes- que se cumpriron de maneira plena os obxectivos planificados: 1.1. Publicitar a oferta formativa de Formación Profesional en Galicia – con fincapé na comarca de Verín- e as súas posibilidades de emprego. 1.2. Dar a coñecer experiencias de emprendemento na comarca de Verín. 1.3. Informar sobre os organismos de apoio e asesoramento ao emprego e ao emprendemento. 1.4. Facilitar o asesoramento e o consello de antigos estudantes –universitarios e de formación profesional- no ámbito académico e laboral. 1.5. Asesorar sobre as posibilidades das oposicións como sistema para buscar emprego.

Stand do IES García Barbón na Feira do Lázaro. 1.6. Entender o papel da aprendizaxe de linguas estranxeiras no futuro profesional. Por último, queren agradecer a excelente colaboración do alumnado participante nas Xornadas –os que falaron- e tamén dos que se ocuparon de atender a organización e a avaliación destas Xornadas. A todos eles ofrecénlle a súa máis fonda gratitude. Moi boa acollida da proposta informativa do IES García Barbón co seu stand na Feira do Lázaro Por primeira vez na historia do centro, ocuparon un stand na Feira do Lazaro os días 12 e 13 de marzo. A pretensión do IES García Barbón de fomentar o coñecemento da oferta

formativa e a orientación académica dos visitantes viuse altamente recoñecida. Desde a Dirección agradecen moito o traballo informativo realizado polo profesorado no stand, a colaboración do alumnado e o interese, as preguntas e os parabéns de moitas persoas que os visitaron. 11 anos do blog de Orientación do IES García Barbón Neste mes de marzo celébranse os 11 anos do blog de orientación do IES García Barbón. No enderezo http://orientacion.blogia.com pódese atopar unha manchea de información académica de utilidade que axudará os estudantes no proceso de toma de decisións.

Mesa redonda sobre oposicións nas xornadas do IES García Barbón.

BARRIOS Marzo de 2016

EN BREVE 4 A DO Monterrei participou en ProWein Os viños da Denominación de Orixe Monterrei participaron por vez primeira na feira vinícola ProWein, celebrada na cidade alemá de Düsseldorf entre o 13 e o 15 de marzo. A DO acudiu á prestixiosa feira da man do Igape e do ICEX e co obxectivo de intensificar as accións de promoción exterior. E é que “2015 foi o ano en que máis viños de Monterrei se colocaron en mercados exteriores, ao redor dun 19% da produción total”, subliñaba a presidenta do Consello Regulador, Asunción Rodríguez Zarrasquiños.

4 Xornadas de poda de castiñeiros O Inorde promove unhas xornadas técnicas sobre poda e enxerto de castiñeiros que se celebrarán o 3 de abril na Casa da Cultura de Albarellos, no municipio de Monterrei. A formación, que xa se impartiu o ano pasado, inclue unha parte teórica e outra práctica do aprendido nunha finca de castiñeiros. As inscricións poden realizarse no 988 317 946 ou no propio Concello de Monterrei.

4 Festa da cebola grelada en Castrelo do Val O domingo 27 de marzo celébrase en Castrelo do Val a cuarta edición da Festa da cebola grelada e do porco celta. O xantar terá lugar na área recreativa do Terrón a partir das 14 horas e incluirá degustación de empanada, cebola á grela (os coñecidos calçots), churrasco, salchicha de porco celta e sobremesa, ademais de pan, auga, viño e café. O prezo do xantar é de 10 euros para os adultos e de dous euros para os cativos. Poden mercarse no bar Lito e na Charrela, en Castrelo do Val.


BARRIOS Marzo de 2016

VERÍN E COMARCA

16 desempregados de Conso Frieiras fórmanse en albanelería e tarefas forestais 4 Menores de 30 anos dos concellos de Riós, A Gudiña e Vilariño de Conso. Redacción A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, clausurou na Gudiña o obradoiro de emprego “Conso Frieiras” que este concello compartiu cos de Riós e Vilariño de Conso. Díaz Mouteira participou na entrega dos diplomas aos 16 participantes neste programa mixto de formación e emprego dedicado á mocidade, no que a Consellería

de Economía, Emprego e Industria investiu máis de 136.000 euros. Marisol Díaz participou no acto de clausura acompañada dos alcaldes dos municipios que compartiron este obradoiro. A delegada da Xunta explicou que estes talleres melloran a empregabilidade dos seus participantes, aos que se lle ofrece formación de calidade (ao remate obteñen un certificado de profesionalidade con va-

lidez nacional) e acceso a un emprego. Ademais, os obradoiros levan aparellada a realización de obras e servizos para a comunidade. Obras e servizos Os alumnos e alumnas, todos eles menores de 30 anos, melloraron a súa cualificación e realizaron tarefas forestais e relacionadas coa albanelería nas tres localidades. Así, entre outras actuacións, reha-

O alcalde de Vilardevós, Manuel Cardoso, a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, e o rexedor de Riós, Francisco Veiga.

Impulso á produción da castaña A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, reuniuse o 10 de marzo en Santiago cos alcaldes de Vilardevós, Manuel Cardoso, e de Riós, Francisco Veiga. A conselleira e ambos rexedores estudaron diferentes vías de colaboración para impulsar o agro nestes municipios, e nomeadamente no que se refire ao impulso da produción de castaña, unha actividade na que destaca esta zona do oriente ourensán.

bilitaron o lavadoiro de Riós, e conservaron e melloraron os soutos de castiñeiros, pinos, carballos e outras especies con fin dun mellor aproveitamento dos seus froitos e produtos forestais. Na provincia de Ourense desenvolvéronse catro obradoiros de mocidade, para menores de 30 anos e incluídos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, coa participación dun total de 64 alumnos e alumnas, amais de 20 persoas como persoal docente, directivo e administrativo, e un orzamento global de 550.000 euros.

Na provincia desenvolvéronse catro obradoiros de mocidade, con 64 alumnos

Autoridades e participantes no obradoiro de emprego de Conso Frieiras.

O conselleiro de Política Social mantivo un encontro de traballo coa alcaldesa de Oímbra en Santiago.

Rey Varela recibe á rexedora de Oímbra O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, vén de reunirse coa alcaldesa de Oímbra, Ana María Villarino Pardo. Na xuntanza, acordaron continuar coa cooperación emprendida entre as dúas institucións e sinalaron a importancia do incremento de 70 horas no Servizo de Axuda no Fogar. A colaboración entre as dúas entidades permitiu que en 2012 abrira a escola infantil de 20 prazas, que posibilita que a ratio de prazas públicas na localidade sexa do 95,24%.


PUBLICIDADE

BARRIOS Marzo de 2016


BARRIOS Marzo de 2016

EN BREVE 4Matrícula no punto de atención á infancia Ata o 7 de abril do 2016, está aberto o prazo para solicitude de matrícula no Punto de Atención á Infancia – Escola Infantil de Vilar de Santos para o vindeiro curso. Os interesados deben cubrir o modelo de solicitude oficial, achegar fotocopia do libro de familia e do DNI dos proxenitores, certificado de empadroamento e documentación acreditativa da situación económica (copia da declaración da renda) e doutras circunstancias susceptibles de puntuación.

4 O Concello de Xinzo busca himno O Concello de Xinzo aprobou en pleno solicitar á cantante María do Ceo, que ceda os dereitos da súa canción “Xinzo” para convertirse nun posible himno da vila. De todos os xeitos, calquera que o desexe poderá presentar a súa composición musical para tal fin, informándose do prazo de solicitudes no Boletín Oficial da Provincia.

XINZO E COMARCA

Rematada a reparación da cuberta do xulgado de Xinzo de Limia 4 A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza investiu máis de 32.000 euros. Redacción A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitou o edificio do xulgado de Xinzo de Limia, onde puido comprobar de primeira man as actuacións de mellora realizadas recentemente no inmoble, ao abeiro do Plan de Infraestruturas Xudiciais da Vicepresidencia. A Xunta de Galicia investiu máis de 32.000 euros nas obras de reparación do tellado deste edificio xudicial. A actuación, executada co obxectivo de atallar o deterioro da anterior cuberta e as conseguintes humidades, consistiu na substitución da cuberta de chapa sinxela e a de fibrocemento por unha nova con panel de illa-

mento e canalóns. Díaz Mouteira lembrou que o Plan de Infraestruturas Xudiciais non só contempla a construción de edificios xudiciais de nova planta ou grandes obras de rehabilitación, senón que tamén programa unha serie de actuacións “menores” en xulgados de toda a Comunidade, que teñan por obxecto mellorar o día a día dos traballadores e dos cidadáns que acoden a eles. Caldeira de biomasa Ademais, a máxima representante da Xunta en Ourense coñeceu o óptimo funcionamento da caldeira de biomasa que a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza instalou o pasado ano nesta sede xudicial, ao abeiro

do programa do INEGA “Proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa 2015”. Este equipamento xa está en pleno funcionamento e supuxo un investimento de máis de 34.500 euros. Co novo equipo de biomasa prevese un aforro en gasto de combustible dun 50%, o que permitirá aforrar máis de 2.000 euros anuais, ademais de contar cun sistema de calefacción máis moderno e eficiente que permitiu mellorar substancialmente o confort dos usuarios.

A obra atallará as humidades producidas polo deterioro da anterior cuberta

4 Novo taller na Escola de Saúde A Escola de Saúde Rural da Limia programa para o mércores 16 de marzo un obradoiro sobre “Coidar a boca, patoloxías, próteses, hixiene en dependentes”. A cita formativa terá lugar de 10 a 13 horas na Casa da Cultura de Xinzo e será impartida por Mª Dolores Estévez Rodríguez, técnico especialista en hixiene bucodental Esta é a última das actividades enmarcada nos talleres “ Coida os teus sentidos”que propuxo a Escola de Saúde neste mes de marzo.

A delegada da Xunta, xunto ao xefe territorial de Presidencia, o alcalde de Xinzo e persoal do xulgado desta localidade.

Vista xeral do polígono empresarial de Vilar de Santos.

Vilar de Santos rebaixa o prezo do solo industrial 4 O metro cadrado pagarase a 15 euros. Redacción O Concello de Vilar de Santos vén de lanzar un plan comercial para favorecer a instalación de novas empresas no parque empresarial de Santa Marta e para dinamizar a actividade económica do concello. A medida máis destacada é a rebaixa dun 25% do prezo do solo industrial. Así, o Concello prevé a venda inmediata dun lote de tres parcelas de solo industrial que suman un total de 7.204 metros cadrados cunha rebaixa do 25% no prezo establecido respecto da ultima venta pública, quedando fixado o prezo final en 15 euros/ m2, que consideran “un prezo moi competitivo, social e responsable”. Outra medida para facilitar a adquisición das parcelas é o arrendamento con opción de compra. A renda queda fixada no 6% anual do prezo de venda de cada parcela. O prazo de duración do contrato de arrendamento será de dous ou tres anos. Asemade, o Goberno local modificou a Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre construcións, instalacións e obras (ICIO), fixando

unha bonificación do 80% da cota do imposto a favor daqueles proxectos que sexan declarados “de especial interese municipal por fomentar e crear emprego en Vilar de Santos”. Por último, o Concello comprométese a axilizar os trámites de licenzas para as empresas que queiran instalarse en Vilar de Santos. Con estas iniciativas o grupo de goberno quere que as empresas vexan en Vilar de Santos “un espazo atractivo para investir e asentarse xa que a diferenza doutros concellos dispoñemos de solo industrial urbanizado, de propiedade municipal, dispoñibilidade plena, ubicación estratéxica e gran nivel de servizos”. 200.000 m2 de solo O parque empresarial de Santa Marta ocupa 200.000 metros cadrados de superficie con 23 empresas instaladas que dan emprego directo a máis de 95 persoas. Neste momento ten 33.000 m2 dispoñibles.

O Concello tamén facilitará o arrendamento con opción de compra


XINZO E COMARCA

BARRIOS Marzo de 2016

O CDR O Viso invita aos mozos da Limia a participar nun proxecto europeo 4 RecThink quere dar voz á xente nova do rural de Europa. Redacción RecThink é un proxecto europeo que quere dar voz á xente nova do rural en Europa. Na comarca da Limia, a actividade está coordinada polo CDR O Viso e por Agareso (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios). A iniciativa consiste nunha serie de obradoiros prácticos que impartirán xornalistas e profesionais dos medios audiovisuais e da comunicación no CDR O Viso. Estes obradoiros prácticos acompañaránse de sesión online nas que se explicará como editar vídeos, aproveitar ao máximo o móbil para facer fotos ou empregar as redes sociais para difundir as nosas actividades e traballos. RecThink vaise desenvolver ao mesmo tempo en Italia, Francia, Portugal e Galicia. En cada un destes sitios, xuntaranse 15 persoas menores de 30 anos para que fagan unha curtametraxe sobre os problemas ou dificultades que atopan na súa comarca, unha revista multimedia sobre o valor e riqueza da

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, e a alcaldesa de Porqueira, Susana Vázquez.

Infraestruturas executará no verán obras na OU-301 4 Nos municipios de Porqueira e Baltar. Obradoiro sobre o mercado laboral, do programa “ReInvéntate”, organizado polo CDR O Viso en Xinzo. zona, é unha campaña promocional en redes sociais sobre alternativas para o desenvolvemento na súa rexión. Todos os contidos vanse compartir e publicar na web www.recthink.eu, xuntando así a visión dos catro países nun mesmo espazo web. A actividade, de carácter gratuíto, desenvolverase nos meses de abril, maio e xuño. No mes de xullo haberá un encontro internacional en Portugal. “Re-Invéntate” Noutra orde de cousas, o CDR O Viso continúa a desenvolver o programa

“Re-Invéntate” de animación sociolaboral en grupo. O seguinte encontro será o 5 e 6 de abril e tratará de “Habilidades sociais e ferramentas para a busca activa de emprego”. Desde o CDR solicitan acceder á aula CeMIT da Casa da Cultura de Xinzo para desenvolver actividades, algo non posible polo momento debido á falta de persoal. Por iso buscan unha persoa voluntaria para poder ofrecer “un espazo semanal de inclusión dixital”. [+ info no 988 461 571 ou cixdelimia@cdroviso.org]

Redacción A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, vén de anunciar para este verán senllos arranxos na estrada OU-301 ao seu paso polos concellos de Baltar e de Porqueira, na Limia. A conselleira mantivo reunións co alcalde de Baltar, José Antonio Feijoo, e coa alcaldesa de Porqueira, Susana Vázquez, nas que os informou das actuacións que desenvolverá a Xunta neste vial. Así, o proxecto para o tramo no termo municipal de Baltar contempla obras de rehabilitación

e reforzo do firme, complementadas con pequenas melloras na drenaxe, nos noiros, na sinalización, nos sistemas de contención e no balizamento coas que se conseguirá unha mellora da vía para garantir as condicións mínimas de seguridade vial na circulación. Porqueira No caso de Porqueira, repararase o firme mediante fresado puntual e reporase a capa de rodadura en puntos localizados, coma o treito comprendido entre os puntos quilométricos 7+135, no lugar de Ganade, no concello de Xinzo; e no 11+300, na Pedrosa, no de Porqueira.

A responsable de Infraestruturas avanzoulle a ambos rexedores que os proxectos para estas accións foron redactados pola empresa Diagrama Ingeniería Gallega S.L., cun orzamento de máis de 87.000 euros no caso de Baltar e de 167.000 euros no de Porqueira. Os contratos para a realización das obras xa se licitaron no pasado mes de febreiro. Estes traballos de reforzo de firme que está a levar a cabo a Xunta están incluídos no Plan de Seguridade Viaria 2016-2020,

A Xunta investirá 254.000 euros en ambas actuacións


10

BARRIOS Marzo de 2016

ALLARIZ E COMARCA

Denuncian atrasos e rebaixas na obra do campo de fúbol

O PSdeG reclama un veterinario para a comarca

4 Compromiso pide que se cumpra o proxecto.

4 Demandan solución á Xunta.

Redacción

Redacción

Escultura do felo.

Maceda homenaxea ao felo cunha escultura Redacción Unha escultura en pedra que pretende homenaxear ao felo, figura central do entroido macedán, loce xa no centro da praza das Toldas de Maceda. A escultura é obra do canteiro Nicanor Carballo, natural de Tioira, pobo de arraigada tradición oleira e artesanal da provincia de Ourense. Foi inaugurada o pasado 12 de marzo.

O grupo municipal de Compromiso por Galicia en Maceda denuncia atrasos nas obras do novo campo de fútbol de Maceda, “unha obra que o alcalde e o presidente da Deputación prometeron que estaría rematada a finais de 2015 e da que a día de hoxe aínda non se sabe cando finalizará”. Ademais, o partido galeguista alerta da mala execución das obras, con rebaixas sobre o proxecto inicial. Compromiso por Galicia sinala que “a dia de hoxe o que temos é un

terreo de xogo que para nada se asemella ao do proxecto, cunha redución considerable das medidas do campo, varias partidas do proxecto que non se executaron e outras mal realizadas”. “Chega con achegarse ao terreo de xogo e xa se poden ver os badéns e fochancas que presenta o campo”, aseguran. Ante esta situación, dende Compromiso por Galicia esíxenlle tanto ao presidente da Deputación como ao alcalde de Maceda que “cumpran co proxecto e deixen de xogar unha vez máis con este concello”.

O PSdeG de Maceda demanda un novo veterinario para a comarca, logo de que Medio Rural non cubrira a xubilación da profesional que atendía a zona. A edil Ana María Rodríguez Blanco, expón que a zona desantedida abrangue os concellos de Maceda, Xunqueira de Espadañedo, Baños de Molgas e Paderne de Allariz; comarca na que se ubican centos de explotacións gandeiras dadas de alta: granxas, gandaría extensiva e intensiva. Trámites obrigatorios como as “guías” para

o traslado dos animais e outras funcións prestadas como a de supervisión e autorización de vehículos de transporte de animais obrigan ao desprazamento a Ourense. Neste sentido, José González Carballo, membro da Agrupación Socialista e gandeiro, engade que “as visitas do veterinario coordinador á oficina de Maceda non solucionan as necesidades que xorden a diario na nosa actividade e asimesmo nos preocupa que como está preto a súa xubilación, carezamos por completo de atención na nosa comarca”.

4NOTICIAS DE EMPRESA Fitness para embarazadas en Xinzo Cada vez as mulleres son máis conscientes da importancia de realizar exercicio físico durante o embarazo, tanto para a nai como para o bebé, pois favorece a circulación, a pronta recuperación tralo parto e a mobilidade pélvica. Agora a Academia de Baile Danzón de Xinzo acolle clases de fitness para embarazadas, impartidas por Xiana Carrera, licenciada en Ciencias da actividade física e do deporte. Serán os mércores e venres ás 10:30 h e os martes e xoves ás 20:15 h. As clases tamén se ofertan en Móvete Galicia, na Valenzá, neste caso martes e xoves ás 10:30 h. [+ info no tel. 639 196 232]


ALLARIZ E COMARCA

entrevista a Elsa Pérez, integrante da Asociación ANDREA

4 En San Salvador de Penedos aproveitan as cualidades terapéuticas deste animal tan vinculado ao mundo rural. Paula Lodeiro Elsa Pérez é psicóloga clínica e unha das dúas persoas que traballa a tempo completo na asociación ANDREA. Que é ANDREA? Elsa Pérez: “ANDREA son as siglas de Asociación Nacional para a Defensa, Recuperación e Estudo Terapéutico da Especie Asnal. ANDREA ten tres liñas de intervención, que son o centro de acollida de burros maltratados e abandonados, o centro de terapia para persoas con discapacidade e o programa de dinamización do rural”.

Que servizos ofrecedes? E.P.: “Temos unha parte máis terapéutica, para persoas con necesidades especiais (autismo, alzhéimer...), tanto a nivel individual como de grupo, tanto a nivel puntual como residencial. E logo temos unha parte máis de lecer, de gozar da compañía dos animais e aproveitar a súa capacidade terapéutica. Visítannos asociacións de persoas con discapacidade, residencias, centros de terceira idade, e na parte máis formativa visítannos masters, universidades... ” Cantos burros tedes agora? E.P.: “Agora mesmo temos 17, non é unha cantidade excesiva

Elsa con dous dos burros dos 17 cos que conta a asociación ANDREA en San Salvador, Allariz./M.REJO.

“Vemos que as terapias son eficaces; non é unha vara máxica pero os usuarios que veñen están contentos cos beneficios obtidos” “A día de hoxe temos como 50 persoas esperando por adoptar un burro” pero a filosofía da asociación non foi nunca ser un santuario de burros; o que tentamos é ter unha manda fixa coa que traballamos a nivel terapéutico e nas visitas de lecer. Acollemos aos animais que aparecen abandonados ou maltratados en colaboración co concello onde aparecen que é o responsable dos animais. Temos moita demanda de animais con dono, persoas que non poden seguir coidando os seus animais e buscámoslles unha familia de adopción”. De feito vides de lanzar unha campaña de adopcións. E.P.: “Si, efectivamente, porque había moitas chamadas de persoas que envellecen, porque as persoas que teñen agora mesmo os burros no rural son xente maior e non poden seguir coidando aos animais. Para que vos fagades unha idea no ano 2005 cando empezou a asociación tiñamos unha listaxe enorme de burros buscándolle un lugar de adopción e a día de hoxe temos como 50 persoas de toda Galicia esperando por adoptar un burro, a situación cambiou bastante, cada vez hai menos burros, e está a cambiar de ser un animal de traballo a ser de

compañía”. Que características teñen, pois, os burros, para ser parte dunha terapia? E.P.: “A terapia asistida con animais aínda que aquí parece algo moi novo leva moitísimo tempo noutros países como Alemaña, Francia e Inglaterra. Por que o burro? O burro está xa aquí e perdeu o seu uso; como calquera animal que ten satisfeito as súas necesidades (están en manda, en semi liberdade, teñen moito espazo e moito tempo libre...) son animais que colaboran, que non están tensos, utilizamos este potencial. O burro ten un carácter sociable, cariñoso, curioso, é un animal moi intelixente aínda que ten unha fama desastrosa pola ignorancia humana. O seu cerebro está deseñado doutra forma que o noso, as súas reaccións, toda a súa forma de comportarse é diferente á nosa. Dise que é cabezota, é que o seu tempo de reacción é máis longo que o noso, cando lle obrigas a reaccionar dunha forma máis rápida bloquéase. O burro é un animal que nos permite a equitación terapéutica, o traballo pé a terra, é un animal

11

tala cos burros?”

“O burro ten un carácter sociable, cariñoso, curioso, é un animal moi intelixente”

Como acabades en Allariz? E.P.: “En 2006 entrou en contacto connosco o Concello de Allariz porque tiña unha aldea deshabitada (San Salvador de Penedos), e estaban a buscar un proxecto para dinamizala; nós estabamos a buscar unha nova sede porque o concello onde estabamos non tiña interese nos nosos proxectos. Ensináronnos a aldea, e pareceunos que reunía os requisitos para desenvolver a actividade. A raíz de vir aquí rehabilitáronse dúas construcións, conseguíuse unha subvención de Agader e o Concello fixo o empedrado, a iluminación, rehabilitáronse algunhas palleiras, como a de elaboración de xabón de leite de burra e dous apartamentos, que son municipais pero están cedidas á asociación”.

BARRIOS Marzo de 2016

que esperta unha sensación de agarimo, danche ganas de achegarte, todo iso fai que nos sirva como mediador terapéutico. Despois de moitos anos de traballo, vemos que as terapias son eficaces, non é unha vara máxica como ningunha terapia pero si que complementa outras terapias, e os usuarios que veñen están contentos cos beneficios obtidos”. Que tal vos vai o proxecto de xabóns de leite de burra? E.P.: “Moi ben. Os beneficios que se sacan son para apoiar o labor da asociación, non é un proxecto empresarial. É unha produción moi elaborada, de moita calidade, pequena, pero a nós sérvenos para manter a actividade da asociación”. Tedes algunha outra iniciativa nova co Concello? E.P.: “Tentamos entre ambas as entidades seguir dinamizando a aldea. Un dos proxectos máis novos foi o tema do sendeirismo con burros, estáselle dando bastante publicidade porque a verdade é unha delicia e ademais esta zona é Reserva da Biosfera e hai moito sendeirismo, hai unha ruta moi bonita, por que non aprovei-

Canta xente vive agora en San Salvador de Penedos? E.P.: “Agora mesmo só vivimos as persoas da asociación. Na asociación traballando a tempo completo somos dúas persoas, logo temos unha persoa que nos axuda a tempo parcial e logo temos colaboradores voluntarios para diferentes actividades”. E impartides formación. E.P. “A asociación é pioneira en facer formación en terapia asistida con asnos. Non significa que nós formemos terapeutas pois para poder aplicar un programa de terapia asistida con asnos tes que ser ou psicólogo, ou psiquiatra ou se queres traballar na parte máis física, psicoterapeuta ou psicomotricista. Pero hai outras ocupacións como educadores, monitores de tempo libre, asistentes sociais, terapeutas ocupacionais, ás que lles facilitamos unha ferramenta para que poidan traballar nun programa cun grupo de profesionais, non para que eles dirixan unha terapia senón que complementen os seus traballos”. Hai máis colectivos como o voso en Galicia? E.P.: “Que nós coñezamos non. Agora é unha época moi difícil porque ao ter menos recursos as asociacións de persoas con discapacidade contratan menos programas fóra e entón é moi complicado. A asociación sempre buscou a sustentabilidade pero é moi difícil”. Accededes a algunha liña de subvencións? E.P.: “Desde fai catro anos recibimos unha subvención da Deputación de Ourense para apoiar os programas de terapia. Salvo esta subvención a verdade é que non contamos con outras”. Despois dunha década en Allariz, que tal a experiencia? E.P.: “Cando tivemos problemas no concello de Pontevedra no que estabamos a idea foi irnos a Francia, onde tiñamos unha oferta de traballo para dirixir un centro. Nese momento chamáronnos desde Allariz dicíndonos o proxecto que tiñan e os compañeiros galegos foron os primeiros que dixeron antes de irnos a Francia imos pasar por Allariz porque é un concello que está a apoiar o desenvolvemento rural e o desenvolvemento de proxectos sociais e ambientais, e ao ver a aldea e os recursos que ten decidimos quedarnos. A verdade é que estamos contentos do apoio desde o Concello”.


12

BARRIOS Marzo de 2016

ALLARIZ E COMARCA

O “Rural Camp” amplía as idades 4 Ábrese a inscrición. Redacción

Os alumnos do obradoiro, cos seus diplomas, xunto aos alcaldes de Allariz e Vilar de Santos, a alcaldesa da Bola, o xefe territorial da Conselería de Industria e o responsable de servizo.

O alumnado do obradoiro “Reserva da Biosfera” remata a súa formación Redacción 20 desempregados dos concellos de Allariz, A Bola e Vilar de Santos veñen de rematar a súa formación en xardinería e actividades auxiliares en viveiros, dentro da primeira edición do obradoiro de emprego “Re-

serva da Biosfera”. O obradoiro, que se desenvolveu entre agosto de 2015 e febreiro de 2016, permitiu a recuperación e posta en valor de zonas verdes e rutas de sendeirismo nos tres municipios. En concreto, creáronse dous parques infantís, acondi-

cionáronse rutas de sendeirismo e o Camiño de Santiago ao seu paso por Allariz, recuperouse a área recreativa do río Orille na Bola e mellorouse o parque de Cahalgura e as rutas Castelaus, Parada de Outeiro e Ruxidoiro en Vilar de Santos.

A Fundación Ramón González Ferreiro abriu o prazo de inscricións para o campamento de verán “Rural Camp”. Desta volta amplían a participación a nenos e nenas de entre 8 e 15 anos, que se distribuirán en tres quendas: os

máis pequenos do 3 ao 9 de xullo, os medianos, do 10 ao 16 do mesmo mes, e os maiores do 17 ao 23 de xullo. Xogos, actividades de lecer, obradoiros e excursións serán os contidos deste campamento, cuxa matrícula custa 205 euros.

A sede da Fundación en Paciños, Allariz.

EN BREVE 4 Inscricións na Escola Infantil A Escola Infantil de Allariz abriu o prazo de solicitude de praza para o vindeiro curso 2016/2017. Ata o 26 de marzo estará aberto o prazo de presentación de solicitudes para as crianzas de 0 a 3 anos. [+ info no 988 44 02 19 ou en escolainfantil.allariz@igualdadebenestar.org]

4 Xornadas para a Igualdade Unha reflexión sobre a sexualidade, os corpos, os desexos e a diversidade centra as XII Xornadas para a Igualdade que organiza o Concello de Allariz ata o 18 de marzo. O día 17 proxectarase o documental “Yes, we fuck!, ás 21:30 h no Roi Xordo e o 18 a actuación de Aldaolado, no Fogar dos Maiores ás 20 h, pechará as xornadas.


especial DEPUTACIÓN DE OURENSE

Manuel Baltar impulsa as relacións empresariais USA-Ourense, pechando a primeira misión comercial que visitará a provincia O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, impulsou en Washington DC as relacións entre empresas de USA e Ourense, pechando a primeira misión empresarial USA-Ourense, dirixida a potenciar a economía ourensá e favorecer sinerxias e creación de emprego na nosa provincia. Trátase da primeira vez que un líder galego se reúne coa Administración USA para establecer liñas de cooperación que permitan explorar vías de negocio entre as empresas de Ourense e Estados Unidos. En concreto, o presidente do goberno provincial reuniuse en Washington con Seward L. Jones, director executivo para Europa e Eurasia da International Trade Administration do Departamento de Comercio de Estados Unidos. O obxectivo da reunión, segundo afirmou Manuel Baltar, foi “impulsar as relacións económicas da provincia de Ourense con Estados Unidos e poñer en valor ámbitos como o da agroindustria, as novas tecnoloxías, o turismo e os espazos naturais, así como de fomentar internacionalmente o noso termalismo, sector este último que nos singulariza e que sitúa á provincia de Ourense como un referente mundial”. Na reunión, Manuel Baltar pechou co Goberno USA a que será a primeira misión de empresas

norteamericanas que visitará a provincia de Ourense, unha estratexia na que se leva traballando desde hai meses no goberno provincial ourensán. Apoio da Cámara de Comercio estadounidense Manuel Baltar tamén se reuniu en Washington coa vicepresidenta para Asuntos Europeos da Cámara de Comercio norteamericana, Marjorie Chorlins, quen lle confirmou o apoio da entidade cameral –a máis importante do mundo, con máis de 4 millóns de empresas asociadas- á misión empresarial. A responsable da entidade cameral concordou co presidente do goberno provincial en explorar conxuntamente estratexias comerciais que permitan atopar puntos de encontro entre empresas dos Estados Unidos e Ourense, aproveitando o potencial e as oportunidades que ámbolos dous mercados ofrecen para América e Europa. Na reunión tamén participou o director de Asuntos Europeos da Cámara de Comercio USA, Garrett Workman, encargado de coordinar a Asociación de Comercio e Investimento Transatlántico, especialmente no que atinxe á economía dixital e enerxía. Manuel Baltar considera que esta estratexia “supón unha ex-

Sewartd L. Jones e Manuel Baltar, en Washington. celente oportunidade para que o mercado estadounidense coñeza o potencial e as singularidades da provincia de Ourense e das súas empresas, moitas delas líderes europeos nos seus sectores. O obxectivo final é favorecer a competitividade e o crecemento

económico na nosa provincia e que investidores doutros países vexan a Ourense como unha terra de oportunidades”. A Deputación coordinará os grupos de traballo das empresas ourensáns que participen nesta misión comercial.

BARRIOS Marzo de 2016

13

A Deputación destina 1,2 millóns para infancia e servizos sociais O pleno da Deputación de Ourense aprobou destinar un total de 1,2 millóns de euros en 2016 para servizos sociais e atención á infancia nos concellos da provincia, por medio do programa BenOurense de asistencia económica, técnica e xurídica aos concellos en materia de servizos sociais comunitarios, e para o programa “BenOurense Infancia”, para a concesión de subvencións para puntos de atención á primeira infancia e servizos complementarios dependentes de corporacións locais. O pleno da Corporación Provincial tamén aprobou a Ordenanza reguladora de utilización por terceiros das instalacións e centros culturais da Deputación. Asemade, a corporación deu luz verde aos programas de cooperación de Empregabilidade e Mocidade, para os que se destinan un total de 1,4 millóns de euros en 2016. O pleno acordou tamén instar ao goberno galego a que, a través da Consellería de Política Social, realice as xestións para dotar a Ourense dun centro de continuidade que lles dea cobertura ás necesidades das persoas con discapacidade física e intelectual a partir da idade de 21 anos, e das súas familias.

Manuel Baltar, elixido vicepresidente de “Partenalia”

600.000 euros para obras en centros educativos de 35 concellos

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, foi elixido en Bruxelas vicepresidente de “Partenalia”, a organización internacional de gobernos locais intermedios de Europa, que ten como obxectivo a innovación, o traballo en rede e representar os intereses dos gobernos locais en Europa. O presidente do goberno provincial expresou o seu agradecemento polo nomeamento afirmando: “Unha voz forte en Europa dos gobernos locais intermedios permitirá seguir mellorando na prestación de servizos en favor dos cidadáns, para que sexan iguais para todos, independentemente onde residan”. Baltar considera a “Partenalia”

A Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia destinarán máis de 600.000 euros para a realización de obras de mellora e acondicionamento en centros educativos de 35 concellos da provincia de Ourense. Así o acordaron o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, e a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira. As actuacións de infraestruturas educativas realizaranse no marco do 2º Plan Educou, correspondente ao ano 2016, e a iniciativa, segundo confirmou o presidente Baltar, “levarase ao pleno da Corporación Provincial do presente mes de marzo para a súa aprobación, co obxectivo

“unha importante ferramenta de cooperación para que os territorios, principalmente os rurais, acaden mellores índices en canto á prestación de servizos”, e tamén para que os gobernos intermedios “sigan modernizándonos na procura da excelencia na xestión”. Con este nomeamento a Deputación de Ourense –que xa formaba parte do Consello Políticoincrementa o seu compromiso e responsabilidade nesta organización política internacional que ten a súa sede central en Bruxelas e da cal o goberno provincial ourensán poderá dispoñer, no centro político da Unión Europea, para realizar o seu labor de xestión no

que atinxe ao desenvolvemento de proxectos europeos a prol da provincia de Ourense. Na reunión, celebrada en Bruxelas, na que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, o presidente da Deputación de Castellón, Javier Moliner, foi reelixido por unanimidade presidente desta rede internacional de provincias europeas. Na xornada, o Consello Político de Partenalia presentou diante do Comité das Rexións os principais avances acadados na promoción dos gobernos locais intermedios no que atinxe a transparencia, democratización e bo goberno das institucións.

de axilizar os trámites e comezar canto antes a execución das obras”. Manuel Baltar considera clave a colaboración institucional que están mantendo ámbalas dúas administracións, provincial e autonómica, “en favor do futuro de Ourense e, sinaladamente, como é o caso, da infancia da nosa provincia, mellorando a calidade das instalacións e dos servizos nos centros educativos”. Na axenda de traballo Baltar e Díaz Mouteira trataron tamén outros temas de cooperación interinstitucional referidos aos ámbitos cultural, económico, social e de servizos para a provincia de Ourense.


14

BARRIOS Marzo de 2016

CELANOVA E COMARCA

entrevista ao escritor carlos montero

“Prometo unha historia absorbente, entretida, chea de xiros e de segredos escuros” 4 Carlos Montero achéganos a “El desorden que dejas”, un thriller ambientado na súa terra natal, Celanova. Silvia Nieto Nas últimas semanas o nome de Celanova ten aparecido en diversos medios nacionais, e esta vez non ten nada que ver coa política, nin sequera coa nosa histórica poesía ou o noso incomparable audiovisual; desta volta foi a narrativa a que nos deparou unha das mellores novas que contar, xa que o celanovés Carlos Montero vén de recibir o Premio Primavera de Novela coa súa obra “El desorden que dejas”. Montero mudouse a Madrid para estudar Ciencias da Información e leva 16 anos colleitando éxitos no sector audiovisual, como creador da serie “Física o Química”, escribindo para “El Comisario” e recentemente traballando na adaptación de “El tiempo entre costuras”, de María Dueñas, e “Apaches”, de Miguel Sáez. Falamos con el para descubrir a súa segunda novela, á venda o próximo 22 de marzo, e que promete facerche conter o alento ata a última páxina, porque seguro que identificarás o pobo no que se desenvolve e seguro que atoparás máis dunha semellanza coa súa protagonista, quizais ti poderías ser ela. Que atoparemos en “El desorden que dejas”? Carlos Montero: “Un thriller galego. Unha protagonista coa que te vas identificar. Unha historia contada case como un xogo perverso e apaixoado”. Desenvólvese nun instituto dun pequeno pobo do sur de Ourense, un cadáver aparece

“O soño de escribir unha novela sempre estivo aí. E por fin un día recibo unha chamada propóndomo e lanceime”, confesa

no encoro das Conchas... Como decides ambientar a túa novela na túa terra natal? C.M.: “Tiña gañas de escribir un thriller no mundo rural, e que mellor que acudir ao que coñezo. Eu como lector apaixoado que son do thriller escandinavo, parecíame que Galicia tiña unha paisaxe similar. Esa bruma, esa humidade, os campos verdes, o carácter da xente...” Que te levou a tratar o acoso escolar e que sexa protagonizado por unha profesora? C.M.: “Apetecíame moito a idea de que o lector se puidese sentir moi identificado coa protagonista, e para iso tentei afastala do mundo da Policía ou da Garda Civil. Quería que o lector sentise: ela podería ser eu. E pareceume que a contorna dun instituto dábame pé a meter á profesora nun ambiente en principio amable pero que pronto se vai enrarecendo. E para min non hai nada que dea máis terror ou máis misterio que penetrarme nun terreo que se vai volvendo cada vez máis hostil e inseguro; onde nada é o que parece e acabas dubidando de todos, até dos que levan media vida ao teu carón. Era un campo de cultivo marabilloso para crear esta historia”. Cres que este tipo de problema está a acrecentarse ou que agora é máis visible? C.M.: “O acoso escolar creo que sempre existiu. Non sei se agora é máis visible que antes, supoño que si. De todas as maneiras eu non tratei de facer unha disección ou unha análise sobre o tema. Estou moi lonxe da novela social ou de denuncia, a pesar do carácter marcadamente realista da miña novela. Utilizo o acoso como trampolín para contar unha historia que espero sexa apaixoante. Pero non teño a intención de sentar cátedra respecto diso. Nada me pode interesar menos”.

Até que punto consideras que inflúe Internet e as redes sociais? C.M.: “Internet e as redes xa forman parte da nosa vida. Todo está a man, de todo nos separa un click. Dinamitáronse conceptos como o da intimidade, e estamos moi expostos. Pero tamén nos deu cousas marabillosas. Se antes a tele era nosa xanela ao mundo, agora con Internet esa xanela converteuse nun balcón interactivo. E iso é incrible”. Guionista de series como “Física y Química”, a túa experiencia e coñecementos sobre os adolescentes plásmanse nesta obra? C.M.: “Espero que si, pero así como en ‘Física’ si había unha pretensión de contar a adolescencia nesta novela iso desaparece. Tres dos meus personaxes son adolescentes. Compórtanse como tal, aínda que cun grao de perversión e intelixencia bastante elevado, pero non é un retrato fiel, nin o pretende da adolescencia. Non estou a dicir en ningún momento que os adolescentes en xeral sexan como estes que retrato. Simplemente este tres son así. Non hai ningún afán de retrato xeracional, nin de pór o acento sobre como é agora a adolescencia. Nin me interesaba, nin era o que estaba a contar”. Esta obra acaba de recibir o Premio Primavera de Novela, seleccionada entre 896 creacións, como recibiches a noticia? C.M.: “Chamáronme un día antes, pasáronme con cada un dos membros do xurado, eu nese momento estaba a pasear ao meu can polas rúas de Malasaña en Madrid, onde vivo. Foi unha alegría tremenda”. Con 18 anos deixas Celanova por Madrid, como foi ese cambio? C.M.: “Foi un cambio estu-

Carlos Montero naceu en Celanova e mudouse a Madrid con 18 anos para estudar Ciencias da Información.

“Non hai ningún afán de retrato xeracional, nin de pór o acento sobre como é agora a adolescencia”, aclara o escritor pendo. Eu, ao contrario do que se adoita dicir de nós os galegos, non teño o nivel de morriña moi elevado. Aínda que me gusta volver de cando en vez á miña terra. Gocei Madrid desde o principio, e sígoo facendo. Agora dunha maneira máis tranquila, iso si, que xa vou cumprindo anos.” Sen dúbida a túa traxectoria profesional está ligada ao sector audiovisual, que balance fas destes máis de 15 anos de profesión? C.M.: “Houbo de todo, pero o balance é moi positivo. Empecei nun momento de bonanza no sector e fun encadeando un traballo con outro. Tiven moita sorte. E traballei con xente da que aprendín moitísimo. E espero sementar algo polo camiño. Son un afortunado”. Cando decides comezar no mundo da literatura? C.M.: “O soño de escribir unha novela sempre estivo aí. Pero o traballo, o medo a non estar á altura, e mil coUsas máis non me facían decidirme. E por fin un día

recibo unha chamada propóndomo e lanceime. Eu son de lanzarme”. Tes algún proxecto por cumprir? C.M.: “Espero que sempre me queden soños e proxectos por realizar. Que triste sería non telos. Seguir escribindo novelas, guións, tal vez dirixir...” Poderemos verte pronto por Celanova para felicitarte? C.M.: “Seguro que si. En abril pasareime. A semana do 10 estarei por toda Galicia promocionando a novela así que me achegarei, claro. Apetéceme moito”. Por último, envíalle unha mensaxe aos nosos lectores. C.M.: “Oxalá vos atrevades con ‘El desorden que dejas’. Eu prometo 400 páxinas dunha historia absorbente, entretida, chea de xiros, de segredos escuros, de verdades a medias, con personaxes realistas, e con moitos guiños ao lector galego, e máis ao ourensán. Estou convencido de que vos gustará”.


PUBLICIDADE

BARRIOS Marzo de 2016

15


16

BARRIOS Marzo de 2016

CELANOVA E COMARCA

Licitados tres postos da Praza de Abastos 4 Queda pendente o restaurante ubicado na planta superior. Redacción O Concello de Celanova aprobou na última xunta de goberno o prego de cláusulas administrativas que rexirán a licitación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, de tres postos de venta na praza de abastos municipal. Despois das profundas obras de remodelación á que foi sometida en tres fases diferentes o edificio da Praza de Abastos de Celanova, o mercado gañou para a actividade comercial de abastos tres novos postos na planta baixa que estaban inutilizados e que poderán ser alugados agora por profesionais. O primeiro deles conta

O período de contratación será de 7 anos improrrogables

Xosé Benito Reza recibe o Premio Ouro Azul Redacción Un ano máis, en conmemoración do Día Internacional da Auga (que se celebra o 22 de marzo), O Bosque Máxico entrega o Premio Ouro Azul, que nesta quinta edición recaeu no enxeñeiro de montes e naturalista Xosé Benito Reza, polos seus traballos a prol da protección e conservación da paisaxe e natureza galegas, e sinaladamente polo seu compromiso coa defensa dos ríos e ecosistemas acuáticos continentais, os máis ameazados e os que proporcionan os servizos ambientais esenciais. O acto de entrega deste galardón terá lugar este sábado 19 de marzo ás 20 horas no Auditorio Ilduara de Celanova.

cunha superficie de 11,40 metros cadrados e cámara frigorífica, pero sen motor. Os outros dous espazos teñen unha superficie cada un deles de algo máis de 13 metros cadrados, pero non contan con cámara frigorífica. Aqueles que estean interesados na súa licitación deberán estar atentos á

publicación no perfil do contratante da Deputación Provincial, así como ao taboleiro de anuncios do Concello de Celanova. O periódo de contratación será por 7 anos improrrogables e para poder participar na licitación, os profesionais que o desexen deberán depositar unha fianza equivalente ao 2%

do valor do dominio público que se vai licitar. Restaurante Por outra banda, o Concello mantén a valoración de distintas fórmulas posibles de xestión para o futuro restaurante que será instalado no piso superior da Praza de Abastos, antes de sacalo tamén a licitación co fin de poder definir administrativamente o perfil máis axeitado para un establecemento que se pretende que sirva de lanzadeira do resto dos establecementos de restauración que existen actualmente na vila.

Imaxe do espazo reservado para restaurante, o cal se pretende que sirva de lanzadeira para os demais establecementos de restauración da vila.

Aprazada a elección do premio “Celanova, Casa dos Poetas” Redacción O Padroado da Fundación Curros Enríquez reuniuse este 12 de marzo coa presenza do secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, representantes do Consello da Cultura Galega e da Universidade da Coruña, Xosé Luís Méndez Ferrín, Felipe Ferreiro e Xosé Benito Reza, entre outros membros. Nesta xuntanza estaba previsto fallar o XXXII Premio ‘Celanova, Casa dos Poetas’ pero a decisión quedou aprazada para a próxima reunión, que terá lugar en xuño. Ademais, tratouse o aumento do orzamento previsto para 2016 grazas á doazón dun particular, que permitirá á Fundación a creación

dunha brigada composta por catro persoas contratadas a tempo parcial e que realizarán (de abril a setembro) traballos de limpeza, e conservación do patrimonio de Celanova. Asemade, o incremento dalgunha das partidas institucionais garantirá a contratación de persoal para a atención da Torre de Vilanova dos Infantes. Na axenda de 2016 da Fundación, dous acontecementos destacarán por riba de todos: a celebración do 10º aniversario da apertura da Casa dos Poetas e o I Centenario do nacemento de Pepe Velo. Balance de 2015 Do ano 2015, destacouse en especial as máis de 9.400 persoas atendidas pola Fundación Curros Enríquez, número que superou a media anual, que se situaba nos 5.000 visitantes.

Novos centros de emprendemento en Celanova e Xinzo de Limia 4 Inclúen formación, asesoramento e aceleración da posta en marcha da empresa. Redacción O director do Igape, Javier Aguilera, asinou co director da Fundación Escuela de Organización Industrial (EOI), Fernando Bayón, o acordo de colaboración entre ambos organismos para a posta en marcha dunha nova rede de aceleradoras de emprendemento coa que se prevé dar un importante impulso á formación e ao asesoramento de novos empresarios e á creación e consolidación de compañías. O acordo subscrito en

Santiago, que se prevé desenvolver nos dous próximos anos, está dotado cun orzamento de 4,8 millóns de euros. Ten como obxectivos prioritarios os de fomentar o emprendemento e aumentar as posibilidades de desenvolvemento temperán e de consolidación dos novos proxectos empresariais. O proxecto impulsado pola Xunta e a EOI incluirá seis novos centros de emprendemento e coworking en toda a comunidade, dous deles sitos en Celanova e Xinzo de Limia. Poderán participar ata

1.500 emprendedores nas accións de formación e asesoramento que se impulsarán para acompañar aos participantes no deseño e avaliación económica de novos proxectos empresariais. Os proxectos con máis potencial poderán participar na fase final, centrada en acelerar a posta en marcha e procurar a súa consolidación como novas empresas.

Crearanse seis centros en Galicia, con 4,8 millóns de euros

Xadrez de chocolate entregado ao bispo de Ourense.

O bispo de Ourense recibe unha reprodución do xadrez de San Rosendo en chocolate O alcalde de Celanova, José Luís Ferro, aproveitou este 1 de marzo a celebración da festividade do patrón da localidade, San Rosendo, para facerlle entrega formal ao bispo de Ourense, Leonardo Lemos Montanet, dunha reprodución en chocolate das oito pezas do xadrez fatimí que formou historicamente parte do denominado Tesouro de San Rosendo, elaborado no obradoiro de emprego que tivo lugar no municipio. Nese día, o bispo estivo presente na procesión claustral coa urna das reliquias do santo e presidiu unha misa.


CELANOVA E COMARCA

A comarca de Celanova conta cun 1,1% máis de paro que antes da crise 4 É a segunda comarca ourensá con mellores datos. Redacción A comarca Terra de Celanova logrou reducir o paro no último ano nun 8,7%, a terceira baixada comarcal máis forte da provincia (xunto co -15% de Allariz-Maceda e o -13% de Viana), e xa só rexistra un 1,1% máis de parados que antes da crise, con 1.320 demandantes de emprego. Estes datos forman parte das conclusións do Observatorio Económico Ourensán para a comarca. O paro acumulado desde comezos de 2008 describe en Terra de Celanova a segunda mellor evolución da provincia. Este bo comportamento das cifras do paro xa viña sendo unha constante durante toda a crise, pero os rexistros melloraron especialmente en 2015. Ano no que tres municipios rebaixaron paro a dobre díxito, é dicir, a unha velocidade superior ao 10% anual. Foron Cartelle (-17,3%), Gomesende (-15%) e A Bola (-10,5%), aos que está a piques de unirse a propia cabeceira comarcal, Celanova, ao acumular un descenso do 9%, situándose no entorno dos 450 inscritos, cifra similar á de 2009. Paro xuvenil Por outra parte, o paro

xuvenil caeu á metade na Terra de Celanova nos últimos catro anos, ao pasar de 124 a 59 demandantes de emprego menores de 25 anos. Con este descenso, o paro xuvenil representa o 4,5% do total, cando a ponderación media na provincia achégase ao 6%. En canto á caída nas afiliacións observóuse en 2015 un 0,6%, pero para retornar ao dinamismo laboral existente antes da crise a comarca precisaría impulsar un 21,7% o número de afiliados. Ao non haber acompañamento das afiliacións e da creación de emprego neto, na baixada do paro cobran protagonismo variables como a do envellecemento poboacional, o que trae como consecuencia que sexa maior o número de traballadores que se xubilan que o de parados que encontran emprego. Neste senso, hai que sinalar que esta comarca constitúe o sexto mercado de traballo da provincia, con algo máis de 4.700 afiliados. E a súa cabeceira é o sétimo mercado entre os 92 concellos ourensáns, con case 1.700 traballadores empregados, 400 menos que Allariz, que figura no sexto posto.

Os datos foron divulgados polo xerente do Inorde, nun acto no que estivo presente o alcalde de Celanova, xunto a outros rexedores, técnicos de emprego e empresarios.

A Xunta investiu 170.000 euros no parque empresarial de Celanova 4 Nos últimos anos ocupouse da reforma da EDAR e da renovación o alumeado público. Redacción A Consellería de Economía, Emprego e Industria está a colaborar cos concellos na habilitación

e mellora de infraestruturas nos parques empresarias galegos. Neste contexto, e tal e como resaltou o director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo

Tahoces, durante a súa visita ao parque empresarial de Celanova, o programa permitiu o ano pasado mellorar a competitividade do polígono cunha actuación

Visita do director xeral de Enerxía e Minas ao parque empresarial de Celanova, acompañado do alcalde do municipio, varios técnicos e outras autoridades./M.REJO.

Medio Ambiente mellorará o abastecemento na parroquia de San Martiño 4 Achegará case 90.000 euros. Redacción A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio destinará case 90.000 euros para executar a mellora de abastecemento a varios núcleos da parroquia de San Martiño, no Concello de Verea. Así llo confirmou a conselleira, Beatriz Mato, ao alcalde de Verea, Juan Antonio Martínez, no transcurso dunha reunión, na lle confirmou que Augas de Galicia xa ten supervisado o proxecto, polo que se remitirá á Administración local para que proceda ao trámite de información pública, previa licitación da obra.

A actuación, cun prazo de execución de tres meses, é necesaria debido á escaseza de auga detectada na captación que serve á comunidade de veciños e ao incremento da de-

manda que se presenta na época estival. Traballos Dentro dos traballos previstos atópase a construción de gabias drenan-

BARRIOS Marzo de 2016

17

centrada na mellora da súa EDAR. A este proxecto, salientou Bernardo Tahoces, cabe sumarlle a renovación do alumeado público levada a cabo fai tres anos, mobilizando ambas actuacións preto de 170.000 euros. Nova axuda Neste contexto, Bernardo Tahoces salientou que este ano tense impulsado unha nova convocatoria desta orde que suma preto de 4 millóns. A liña achega, unha vez máis, apoios de ata o 80% do custo subvencionable, cun máximo de 120.000 euros por solicitude. Así mesmo, permítese o pago de anticipos de ata o 25% da axuda concedida. A través desta liña promóvense diferentes accións enfocadas ao aforro no gasto enerxético, novas plantas de depuración de augas, xestión de residuos, vías de acceso, instalacións de sistemas de seguridade ou sistemas contra o roubo de cables.

tes que recollerán a auga e conducirana ata unha arqueta de distribución. Dende este punto levarase a auga mediante unha tubaxe de abastecemento polo monte comunal e polas marxes de diversas pistas devasas e forestais, ata conectar co depósito existente. Tamén se realizará a conexión dende este depósito coa rede de distribución existente na cabeceira do núcleo de Casal de Bispo, mediante a colocación dunha tubaxe de abastecemento.

Reunión entre a conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, e o alcalde de Verea, Juan Antonio Martínez.


18

BARRIOS Marzo de 2016

DEPORTES

Máis de 100 na “Extrema de Allariz” 4 A proba tivo un percorrido de 12 quilómetros. Redacción Por segundo ano consecutivo celebrouse na vila de Allariz a “OCR extrema de Allariz”. Foron máis de 100 os ousados participantes que quixeron poñer ao límite o seu corpo nunha proba que contaba con 12 quilómetros de percorrido e contaba con 28 obtáculos. Homes En categoría masculina o vencedor foi Castor Salgado cun tempo de 57 minutos e 39 segundos. Segundo foi Pablo Martínez a case un minuto (58:34) e

terceiro, Juan Ferro cun tempo de 59:27 minutos. Mulleres En mulleres a máis rápida foi Paula Veiga cun tempo dunha hora 13 minutos e 30 segundos. Noelia Portela (1:26:46) e Gema Pérez (1:28:59) foron segunda e terceira, respectivamente, moi distanciadas da vencedora.

Castor Salgado e Paula Veiga foron os vencedores da segunda edición do OCR Allariz

Carreira e andaina en Xinzo e Verín 4 O domingo 3 de abril. Redacción Verín e Xinzo de Limia organizan unha andaina e unha carreira, respectivamente, para o 3 de abril. A carreira absoluta de Xinzo terá un percorrido urbano de 10 km. Este ano poderase facer por equipos de tres (muller, home, muller). Cada integrante deberá completar unha volta a un circuíto de 3,3 km de distancia. As inscricións realizaranse en championchipnorte.com ata o 31 de marzo.

O prezo é de cinco euros para a carreira individual e de nove euros para cada equipo de relevos. Verín A andaina, ‘Ruta dos Carros. Subida ao Pozo do Demo’, conta cunha distancia de 19,800 km. A saída será ás 9.30 horas desde o Pavillón Municipal. Para participar é necesario inscribirse antes do 1 de abril en Multisport Verín (r/Irmáns Moreno 19). A inscrición custa dous euros.

Carlos Canal sobe ao podio 4 Nas dúas primeiras probas do Open de España e na Taça de Portugal. Redacción O ciclista cadete do Academia Postal-Actyon, Carlos Canal, comezou no podio a súa participación no Open de España de BTT XCO nas probas disputadas en Chelva (Valencia) e na Taça de Portugal. A última delas foi no país veciño, onde vencía na localidade de Viana do Castelo. Canal partía das últimas prazas e, pouco a pouco, foi remontando ata lograr o triunfo. Con esta vitoria sitúase como líder provisional da Taça. En júniors, Iván Feijoo finalizaba cuarto, nunha carreira de carácter internacional na que participaban corredores de varios países. Open de España Na primeira proba, unha contrarreloxo, o ourensán remataba segundo, mentres que na segunda -ao día seguinteera terceiro na proba rali. Carlos Canal participa en categoría cadete. En elite pro, Saúl López era 26º nunha carreira de carácter internacional na que se deron cita un bo número de corredores estranxeiros. Iván Feijoo, que regresaba á competición tras un período de descanso, remataba undécimo. En

féminas, a cadete Antía Martínez era cuarta quedando ás portas do podio; esta era a primeira carreira BTT de Martínez a nivel estatal. Tempada O Academia Postal-Actyon centrará o seu calendario no Open de España, que este ano contará con cinco probas puntuables. Ademais da disputada a pasada fin de semana en Valencia no Gran Premio Cultbikes tamén se integran as seguintes probas: os Internacionais Cidade de Valladolid (19 e 20 de marzo); a Copa Catalana Vall de Lord (30 de abril e 1 de maio); os Internacionais Montaña Palentina

-Aguilar de Campoo- (7 e 8 de maio) e o Gran Premio GP Valle de Benasque-Castejón de Sos (4 e 5 de xuño). Outras das citas importantes da tempada serán o Open de Galicia, os campionatos de España e algunha saída ao estranxeiro para participar nas UCI World Series júniors en Suiza, Austria e Alemania, ademais de na Taça de Portugal. Pablo Rodríguez Pablo Rodríguez foi sétimo na Copa Catalana Internacional que se disputou en Banyoles Cataluña-. Tamén estivo en Valencia onde ocupou a mesma posición. O macedán conta con estar ao 100% para o mes de abril, data na que se xogará a súa presenza en Río 2016.

Pablo Rodríguez ultima a posta a punto para loitar por estar nos Xogos de Río

Torneo de fútbol sala en Xinzo Redaccción Os días 26 e 27 de marzo celébrase no pavillón de deportes de Xinzo de Limia a terceira edición do torneo solidario de fútbol sala. Haberá tres categorías: sub 16, feminina e afeccionados. Para participar os equipos das categorías sub 16 e feminina deberán entregar 15 quilos de comida non perecedoira; para os equipos afeccionados serán 30 kg a cantidade de alimentos que deberán aportar. A entidade beneficiaria será Cáritas Santa Mariña. Este torneo está organizado polas Novas Xeracións de Xinzo de Limia e colabora a concellería de Deportes e Xuventude. Os interesados en participar poden chamar ao 606 19 08 89.

Hípica en Sandiás Redaccción

Carlos Canal, centro, no podio da Taça de Portugal.

O hipódromo de Antela -Sandiás- reanudará a actividade o próximo domingo 20 de marzo. Dúas das carreiras están reservadas para cabalos pura sangue inglés; unha para velocistas -1.200 metros de carreira- e outra para milleiros -1.650 metros. Outra carreira será para cabalos de pura raza árabe. As outras dúas carreiras son unha novidade; de trotóns. Son carreiras de 1,8 km. de trote enganchado.


DEPORTES

700 persoas apuntáronse ao deporte no Lázaro Os atletas do Limactiva e directivos en Madrid.

Debut nun nacional do Limiactiva 4 Cinco cadetes participaron no nacional de cross. Redacción O hipódromo da Zarzuela foi testemuña do bo debut da Asociación Deportiva Limiactiva nun Campionato de España. Os novos atletas de categoría cadete viaxaban coa intención de facer o mellor papel posible e gozar desta gran experiencia. A pesar das molestias físicas dun dos compoñen-

tes do equipo, os cinco atletas lograron acabar a carreira. Anass Nagihi (85º), Pablo Nogueiras (136º), Kevin Rodríguez (151º), Said Abdoum (169º) e Marco N. Lema (237º); conseguindo a triséxima posición como equipo, tras completar cada un os 4.585 metros dun percorrido moi esixente por terra, herba e area.

4 Nas catro actividades ofrecidas polo Concello de Verín. Redacción A pasada fin de semana catro actividades deportivas tiveron lugar en Verín co motivo da celebración da Feira do Lázaro. Esta foi a primeira edición “Especial Deportes do Lázaro de Verín”, que contou con máis de 700 participantes nas catro actividades ofertadas. Durante o sábado 12 celebráronse o primeiro paseo familiar ciclista pola Ecovía do Támega e o Torneo de Natación. No paseo familiar participaron 60 persoas de todas as idades. En canto ao torneo celebrado na

piscina climatizada -este evento leva anos organizándose-, máis de 100 foron os nadadores pertencentes a varios clubes da provincia e do norte de

BARRIOS Marzo de 2016

19

Portugal.

ta primeira edición.

BTT e carreira O domingo 13 disputáronse a primeira BTT do Lázaro e a primeira carreira atlética. A BTT foi a actividades de máis afluencia; inscribíronse preto de 400 persoas. Uns 170 atletas estiveron na liña de meta das distintas carreiras -por categorías- disputadas. En categoría absoluta, Manuel Gómez e Álvarez foron os máis rápidos des-

Sorteo Bicicleta Ao finalizar a proba de BTT, por cortesía de Bicicletas Matías, realizouse o sorteo presencial dunha bicicleta modelo Specialiced Epic entre todas as persoas que remataron a proba. O gañador foi o ourensán Iván Xusto Álvarez.

O Paseo familiar en bici reuniu a 60 participantes

Nadadores da proba do Torneo de natación do Lázaro de Verín.


20

BARRIOS Marzo de 2016

EN BREVE 4 Entrega do Antón Risco de Literatura Fantástica O escritor Antonio Manuel Fraga Allegue recibiu o pasado sábado 12 o I Premio Antón Risco de Literatura Fantástica, pola súa obra “Querido H.P. Lovecraft”. O galardón estivo patrocinado pola Fundación Vicente Risco, editorial Urco, Gráficas Sacauntos, Libraria Aira das Letras de Allariz, Livraria Traga Mundos de Vila Real Reposteiros Artesáns, Finai Rei e Restaurante O Pingallo.

4 Novos cursos na Fundación Ramón González

OCIO E CULTURA

Allariz, destino de Semana Santa 4 A vila alaricana oferta un programa de ocio entre o 24 e o 27 de marzo. P.L. Allariz é un destino de Semana Santa xa consolidado. O ano pasado, máis de 4.000 persoas pasaron pola oficina de información turística alaricana, e 3.000 visitaron os museos da vila. Para seguir nesa liña, desde o Concello prepararon un programa de actos entre o 24 e o 27 de marzo para ofrecer “unha Semana Santa para todos os gustos e segmentos”,

apuntaba a edil de Promoción Económica, Cristina Cid. Así, a Semana Santa ao Vivo de Allariz oferta actuacións musicais na rúa, un mercado de artesáns locais, ubicado no patio do Museo do Coiro, e actividades lúdicas para os cativos na praza de Abaixo, ademais dos eventos relixiosos propios da época. Ademais, os museos da Moda, do Xoguete e do Coiro, que veñen de ser remodelados, permanece-

Cociña con algas e costura son as dúas propostas formativas da Fundación Ramón González Ferreiro para abril e maio. O curso de cociiña con algas impartirase nunha soa sesión, na mañá do sábado 9 de abril. O de costura, no que se ensinará a facer arranxos e transformacións, terá lugar nas tardes dos martes de abril e maio. [+ info no 988 436 182]

4 Inscricións en Raigame O Concello de Celanova e o Centro da Cultura Popular Xaquín Lorenzo abren o prazo de inscricións par aparticipar en Raigame. A convocatoria está aberta ata o 19 de marzo para aqueles artesáns e traballadores de oficios tradicionais que desexen participar na edición de 2016 da Romaría Etnográfica Raigame que se celebra o 17 de maio. Este ano a romaría retomará algúns aspectos que quedaron adiados a pasada edición, que foi exclusivamente unha homenaxe ao párroco Don Adolfo e á Virxe do Cristal. Este ano estará dedicado aos segadores, estando previsto tamén que se celebre o centenario da galeguización do nome de “Villanueva de los Infantes” pasando a ser oficialmente “Vilanova”.

A técnica municipal Estela Iglesias e a concelleira de Promoción Económica, Cristina Cid, presentaron a Semana Santa ao Vivo./P.LODEIRO.

rán abertos neses días en horario de mañá e tarde, ao igual que o Centro de Educación Ambiental O Rexo. E o Mercado da Reserva da Biosfera, habitual dos sábados á mañá, amplía a súa apertura ao Venres Santo, con degustacións e demostracións de cociña ao vivo nas dúas xornadas. Tamén haberá visitas guiadas os catro días, para grupos dun mínimo de dez persoas. Música na rúa Un dos elementos máis destacados da programación da Semana Santa ao Vivo é a música na rúa. Dos 60 grupos que se presentaron á selección, o Concello escolleu cinco, atendendo á premisa de que houbera variedade de estilos, con grupos máis comerciais, outros tradicionais e outros alaricanos, e que se adaptasen ao formato de rúa. Andhrea & The Black Catas (blues), Vates Bonhomios (pop-rock), Feitizo (versión en acústico), Beatriz Martínez & Langarika (arpa e bouzoki) e Soul & Roll (rock, pop, blues e soul) serán os encargados de animar musicalmente os festivos de Semana Santa. Tocarán en diversos recunchos do casco histórico de Allariz, en varios horarios de mañá e tarde. Con toda esta oferta, Cid agarda que sexa “unha boa Semana Santa para a hostalería e para o comercio”.

Oímbra recupera a súa Semana Santa tradicional 4 Despois de 30 anos. Redacción No calendario de Oímbra a Semana Santa volve a ocupar un lugar destacado no eido festivo da parroquia, respondendo ás numerosas demandas dos veciños, xa que os actos tradicionais levan máis de 30 anos sen celebrarse. Piedade, tradición e cultura voltan a vivirse este ano no pobo co fervor de fai décadas. O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolleu a presentación da programación deste 2016, da man do párroco D. Raúl Alfonso González; a rexedora do municipio, Ana María Villarino; e o bispo de Ourense, Monseñor Leonardo Lemos, que concretaron que na Semana Santa de Oímbra teñen o seu espazo as principais celebracións destes días: a misa da Cea do Señor no Xoves Santo, a Paixón no Venres Santo e a Vixilia Pascual na noite do sábado. Celebracións litúrxicas ás que se unen outras procesións e celebracións que manteñen o clima especial destas datas, como son a Procesión dos Penitentes (na noite do Xoves Santo na Igrexa Parroquial); a Paixón (ao mediodía do Venres Santo); e o desencravo e o Santo Enterro (despois

da celebración litúrxica da morte de Cristo, á tardiña do Venres Santo). Colaboración dos veciños Para recuperar esta tradición os veciños fixeron unha colecta e traballaron para recuperar as tallas das imaxes da Semana Santa. Ademais, un grupo de voluntarios encargouse da elaboración dos traxes dos xudeus e dos portadores das imaxes que saen o Venres Santo no Encontro. Así mesmo, fixéronse manteis e outros adornos para engalanar a igrexa para a celebración dos actos litúrxicos. A alcaldesa de Oímbra, Ana María Villarino, sinalou que o seu Concello “aposta pola cultura e o respecto polas tradicións, e pensamos que a Semana Santa é un elemento cultural importante que debemos respectar para trasladar ás xeracións presentes e futuras”. Así mesmo, destacou que “é un motivo máis para visitar e coñecer Oímbra, que ten un abundante patrimonio cultural e etnográfico por coñecer”.

Entre os actos inclúense a Procesión dos Penitentes, a Paixón, o desencravo e o Santo Enterro

A alcaldesa de Oímbra, Ana María Villarino, o bispo de Ourense, Leonardo Lemos, e o párroco Raúl Alfonso González.


OCIOE CULTURA

BARRIOS Marzo de 2016

21

EN BREVE

4IMAXES DO MES:

4 Conferencia na Biblioteca de Verín

O público verinés interesouse polo libro de Alberte Blanco.

Os escolares atendendo unha explicación na mostra.

Estudantes do CEIP María Inmaculada visitan a exposición “As Cores de Jazz” 45 alumnos de 5º de primaria do CEIP María Inmaculada, acompañados por dous docentes, visitaron a exposición “As Cores de Jazz”, de Iria Blanco e de Xosé Rivada, situada na Sala de Exposicións de Verín. Durante a visita, ademais de contemplar as obras, tiveron a oportunidade de expoñer as súas dúbidas e preguntas a Xosé Rivada, escultopintor afincado na vila do Támega. Ao remate recibiron unha bolsa con información turística de Verín e a axenda cultural da Eurocidade. As cores do Jazz “conxela” a través dos cadros da pintora viguesa Iria Blanco e das esculturas de Xosé Rivada a improvisación característica do espírito jazzístico. Esta mostra, de carácter itinerante, pode verse este mes no Centro Cultural de Chaves.

Alberte Blanco presenta un libro sobre a construción do ferrocarril O pasado 11 de marzo, a Casa da Cultura de Verín acolleu a presentación do libro “O conflito de interese no camiño de ferro de Zamora a Ourense. Aproximación histórica ao período 1840-1930” de Alberte Blanco Casal, profesor de Secundaria e ex director xeral de Montes. O libro, publicado pola Deputación, fai una aproximación as peripecias dos primeiros estudos e proxectos do ferrocarril no sur de Galicia, en especial, aos trazados da provicia de Ourense. “A finais dos anos vinte do pasado século decidiuse o trazado definitivo do ferrocarril de Zamora a Ourense. Isto ocurreu despois dunha forte campaña popular no sur de Galiza onde se demandaba o paso desta importante infraestrutura polas comarcas de Monterrei, A Limia, Allariz e Celanova, seguindo pola ribeira de Arnoia en dirección Vigo. Dita decisión foi contraria ao que esixían as forzas vivas da maioría dos concellos ourensáns, pero desta loita cívica e de certos acontecementos aínda quedan algúns ecos e non poucas lembranzas na actualidade”, explicaba o autor.

Xinzo convoca o I Premio Literario Xuvenil Carlos Casares 4 Pódense presentar obras ata o 29 de abril. Redacción A Concellería de Cultura, Deportes, Educación, Festexos e Xuventude de Xinzo organiza, coa colaboración da Fundación Carlos Casares e da Deputación de Ourense, o I Premio Literario Xuvenil Carlos Casares de narración curta. No certame tamén colaboran os catro centros educativos de Xinzo: os colexios Rosalía de Castro e Carlos Casares e os institutos Cidade de Antioquía e Lagoa de Antela. O premio literario está dirixido a nenos e mozos que presenten un relato inédito, da súa autoría, escrito en lingua galega e

de temática libre. Haberá tres categorías: júnior (para mozos e mozas nacidos entre 1991 e 1997), xuvenil (nados entre 1998 e 2003), e infantil (cativos do ano 2004 e posteriores). Os premios serán bonos de 200, 300 e 500 euros para adquirir material escolar e libros nas librerías de Xinzo, diploma e lotes de libros. Os interesados en participar poderán presentar os seus traballos nos centros escolares de Xinzo ou na Casa da Cultura da localidade, ata o 29 de abril. O fallo do xurado darase a coñecer antes do 17 de maio, Día das Letras Galegas.

O xoves, 17 de marzo, ás 19:30 horas a Biblioteca Pública de Verín acollerá a conferencia “Irmandades da fala”, a cargo do catedrático Xosé Antonio Gómez Segade. A charla lévase a cabo no ano que se cumpre o centenario desta organización nacionalista galega (1916-1931), integrada por figuras como Antón e Ramón Vilar Ponte, Xohán Vicente Viqueira, Ramón Cabanillas, María Miramontes, Xaime Quintanilla, Otero Pedrayo ou Vicente Risco, que levou a cabo actividades políticas e culturais en Galicia.

4 Talleres ICCKids en Celanova Os días 21, 22, 23 e 28 de marzo desenvolveranse os talleres ICCKids na Aula CeMIT do Concello de Celanova. Trátase dun obradoiro de pintura condutiva destinado a cativos de 8 anos. As inscricións poden realizarse no Concello de Celanova, na web www. ourenseiccweek.com ou no correo 123artesdigitales@gmail.com.

4 Concertos didácticos de órgano O 6 de abril dá comezo o VII ciclo de concertos didácticos de órgano na igrexa de San Salvador de Celanova. Os concertos están dirixidos a escolares de Primaria, Secundaria e Bacharelato de centros educativos de toda Galicia. Impárteos Marisol Mendive, profesora de órgano do Conservatorio de Música de Ourense, e teñen lugar no órgano do coro alto da igrexa.. En total ofertaranse 10 xornadas con tres clasesconcerto de 50 minutos en horario de mañá, dende o mes de abril ata o mes de xuño. Os participantes tamén poderán realizar visitas guiadas polo recinto do mosteiro de San Rosendo de Celanova.


22

BARRIOS Marzo de 2016

4AXENDA Música - 18 de marzo - Concerto das pandereiteiras Xestreu - 22 h - A Arca da Noe - Vilar de Santos - 19 de marzo - Concerto sacro da coral do Liceo de Ourense - 20 h - Igrexa Nova - Xinzo - 19 de marzo - Concerto de Habitación Vudú - 23:30 h - Cervecería O Fiadeiro - Xinzo - 24 de marzo - Concerto de Groovy Killers - 22 h - AArca da Noe Vilar de Santos Exposicións - Ata o 10 de abril - Mostra de coplas, lendas e cantigas do Val do Salas - Casa da Cultura - Xinzo Cine - 18, 19 e 20 de marzo - Proxección de “Stars Wars. El despertar de la fuerza” - 16:30, 19 e 22 h - Cine de Verín Teatro - 18 e 19 de marzo Visita teatralizada polo Mosteiro de San Rosendo - 20:30 h - Celanova - 18 de marzo - Actuación de Aldaolado - 20 h - Fogar do maior - Allariz Outros - 17 de marzo - Conferencia de Gómez Segade “Irmandades da fala” 19:30 h - Biblioteca Pública - Verín - 20 de marzo - Carreira de cabalos - 11 h - Hipódromo de Antela - 24 de marzo - VIII Feira da Oportunidade Celanova - 25 de marzo - Monólogo da actriz Isabel Risco - 22 h - A Arca da Noe - Vilar de Santos www.periodicobarrios.com

OCIO E CULTURA / ARTIGOS

4HISTORIAS DE MONTERREI

4DESDE A PONTE... A MONTERREI

Mateo, “Quinta da Muradella” Anos atrás, cando eramos mozos, naqueles tempos de ledicia inocente e xuvenil, chegou un intre que cada un buscou o seu sino. Non houbo despedida, dixémonos un “ata pronto”. Eu lisquei detrás do balón, pretiño do mar, buscando cicais a escada do ceo, aquel ceo que o mestre Meno me de- José Luis Mateo. buxou co seu sorriso na desgastada herba coa ilusión de triunfar e de do Arjiz e que puiden cumplir os teus soños. tocar coa punta dos deAgora, despois de máis dos. de 25 vendimas nas costas, E de ti, que vou deas uvas maduran ceibes cir, compañeiro do ben e fermosas no Gárgalo, e do mal. Ti furgaches agardando cada mañá a na sabiduría, na aprentúa visita na Trabe, e a túa dizaxe, na única e mismirada e o teu cariño na teriosa universidade do Muradella. Moitas veces labrego. Foron anos me falabas de que a única de estudo selectivo razón de todo este tinglado para cargar o macuto era buscar a identidade dos de información sutil, viños da nosa terra, e que que axudou a descuprobablemente, xamais brir con acerto, que o chegarías a atopala. Hoxe mellor catedrático do podo dicir a boca chea que terruño estaba na casa, a identidade dos viños de preto de ti. O sabio dos Monterrei está máis que enxertos, da poda e de conseguida, porque aquetodas as artes enxebres les raios de luz que ollabas da viña. Aplicaches os no camiño, eran raios de consellos do vello, que esperanza. paseniño depuraches O traballo ben feito semao teu xeito, sen esquepre ten posibilidades de ser cer a profunda raiz que recoñecido, e coido que o canteiro deixou. non é doado no mundo do A pedra, ese mateviño, ao nivel no que ti te rial fermoso que nos desenrolas, deixar de lado persegue e nos envolve a presunción e a perigosa dende cativos, tamén vanidade, e coller con forza quixo estar presente na a bandeira da humildade e base do nacemento da ondéaa aos catro ventos. túa adega, esa rocha Así eres ti, ese rapaz do granítica, que espontáTámega, sinxelo, sosegado nea apareceu de súpeto, e bondadoso, que ten prenmarcando o sinal dun dado a medio mundo. camiño que non ía ser Aproveito a nosa amizadoado, cheo de esforde e, sen permiso, fago uso zos ilimitados e sudores dunhas verbas túas de anos a granel. Adega, fincas, atrás, cicais ditas a corazón terruños, castas, inqueaberto e que non esquezo danzas, todo por desxamais: “os meus viños cubrir e preparar, mais non son sublimes, nin saen

O Lázaro resucitando dun tarriño das esenzas, senón que o único que pretendo é reflexar con humildade as paisaxes da miña terra e non defraudar a todos eses ollos da historia da miña zona, que constantemente supervisan o meu traballo. E nese longo camiño, soño con atopar algunha vez o equilibrio, a armonía e a sutileza coma as que atopamos nas melodías que se proxectan no tempo”. A melodía da vida segue sen pausa o seu camiño, deixando a cada quen que faga o percorrido á súa maneira, e coido que o teu camiño está marcado pola sinxela naturalidade de sempre, pola rectitude e seriedade no traballo. Por iso, tes o recoñecemento de todos os grandes mestres adegueiros de Galicia, de España e do mundo. Este marzo, o mes do teu aniversario, veu cun agasallo inesperado, porque loitar cos grandes do viño en Galicia nunha batalla final, nos “Premios Magnum do viño galego”, deixaba lonxe a posibilidade de éxito. Pero, o pálpito, esa intuición atrevida, fixose de novo realidade, e aquela noite, esa noite coa que me agasallaches, foi fermosa, e non podía voltar a Verín sen levantar as mans, e ollar cara ao ceo para deixar claro que Monterrei existe, e que brilla coma nunca no firmamento das estrelas vitivinícolas do planeta. Compadre, unha aperta! Miguel A. Prieto “Chitín”

Segundo o evanxelio de San Xoán, Lázaro foi revivido por Xesús cando xa levaba catro días morto. A partir desta pasaxe da Biblia o nome de Lázaro empezouse a utilizar como sinónimo de resurrección. En Verín a celebración do San Lázaro está moi arraigada e como a cousa ía de rexurdir de entre os mortos a capital do concello non se quedou atrás. O venres ás oito da noite presentouse na Casa da Cultura o libro “O conflito de intereses no camiño de ferro de Zamora a Ourense” de Alberte Blanco Casal. Esta presentación, ademais de contarnos o choque de intereses que motivou o trazado da vía do tren pola montaña en vez de polo val, fixo revivir o nome dun dos máis insignes veciños da comarca, inxustamente esquecido: Eloy Luís André, que ademais de filósofo e psicólogo, foi o autor da “Variante André”, unha alternativa do trazado ferroviario que de levarse a cabo traería o

tren ao noso val. Dúas horas despois de revivir a memoria de Eloy Luís André e na mesma Casa da Cultura tocoulle rexurdir ao cine. Máis dunha década despois do peche do “Buenos Aires”, o sétimo arte voltou a Verín. Xa non será preciso desprazarse a Xinzo ou a Ourense para poder gozar das últimas novidades do celuloide. O domingo, e para facer boa a frase de que non hai dous sen tres, produciuse a máis valiosa das resurreccións deste San Lázaro. O Concello, coa colaboración de “La Región”, reeditou o libro de Xesús Taboada Chivite “Folklore de Verín”. Esta obra, publicada en 1961, recolle as crenzas e o saber popular da nosa comarca. De non ter sido recollido daquela por Taboada Chivite hoxe todo ese folclore estaría perdido. E, agora, grazas ao Concello volve estar á disposición do gran público... cincuenta e cinco anos despois! Andrés Diz historiamonterrei. blogspot.com.es

Visitas nocturnas ao Mosteiro de Celanova

e coas que descubrir os segredos de San Rosendo a través dunha experiencia nocturna única. Esta actividade terá lugar os dous días a partir das 20:30 horas, cun aforo limitado a 40 persoas. O prezo para participar é de 5 euros e as entradas poden mercarse na Oficina de Turismo da vila ou nos teléfonos 696 299 608 e 617 557961.

Redacción Os próximos días 18 e 19 de marzo, O Concello de Celanova e a Fundación Curros Enríquez organizan as visitas teatralizadas “Na noite dos tempos” que percorrerán o Mosteiro de Celanova,


CLASIFICADOS

BARRIOS Marzo de 2016

23

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Visual. Imprime: Publicaciones Tameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro. Colaboracións: Joao Damiao, Borys Martínez, Miguel A. Prieto Sotelo, Silvia Nieto, Andrés Diz. Nº23 - Ano: XI - Marzo 2016 - Difusión: 15.000 exemplares. Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 045 352.

4TELÉFONOS DE INTERESE

4CLASIFICADOS

ALUGUER/VENDA Alugo piso amoblado con calefacción e garaxe en Marcelo Macías, 300 euros/mes. Tel. 649 57 13 13. Alugo oficina amoblada de 24 m2 acondicionada. Lista para empezar a traballar. Renta 150 euros. Telefono 627 203 131. Véndese pequeno soar en ruínas e 18 fincas rústicas no pobo de Reparada (Muiños). Prezo 2.000 euros. Tel. 636 329 524. Alúgase habitación próxima aos novos xulgados do Couto (Ourense), con fiestra cara a rúa, cama de matrimonio, mobles, calefacción, televisión, Wi-Fi. Dispón de salón, cociña e baño. Prezo: 180 euros/mes (gastos incluidos). Tel. 600 922 547 (WhatsApp). Véndese casa de dúas plantas en León de Villamarín. Tel. 988 615 263 e 676 758 819. Vendo edificio residencial próximo a Ourense, sen intermediarios. Tel. 690 795 379 Necesítase chico para compartir piso no Couto. Tel. 637 005 910. Vendo casa para restaurar pola estrada de Santiago. Tel. 637 005 910. Alúganse oficinas na rúa Progreso (Ourense). unha amoblada, todas exteriores, bo prezo. Tel. 637 005 910. Alúgase perruquería na rúa Progreso (Ourense). 250 euros + comunidade. Tel. 637 005 910. Cámprase finca preto de Ourense, non urbanizable, económica. Interesados chamar ao 630 030 642. Cómprase casa pequena con horta preto de Ourense, económica. Interesados chamar ao 630 030 642. Vendo finca en Loiro. 3.000 m2. Con luz e auga. Tel. 687 628 628. Alugo apartamento no casco antigo de Ourense. Prezo económico. Tel. 637 005 910. Vendo finca de 10.000 m2 con granxa para cría de 100 terneiros con 300 metros de almacén. Con todo o necesario para a cría de animais con a PAC. Zona de Xinzo. Prezo: 140.000 euros. Tel. 686 540 087.

COMPRA /VENDA Vendo unha impresora, unha fotocopiadora, unha calefacción de gas cidade seminova e un sofá 3+2, todo a bo prezo. Tel. 637 00 59 10. Vendo llantas de aluminio de 15”. Seminovas, para rodas de 195615. 180 euros negociables. Tel. 639 984 043. Véndese base terapéutica médica a estrear, marca Biofield, rexistrada polo Ministerio da Saúde, con 9 bandas magnéticas, para cama de 135 cm. Prezo negociable: 400 euros. Tel.988 24 97 81.

Vendo coche sen carné Microcar en perfecto estado, elevalunas eléctrico, peche centralizado, motor de 500cc, 4.000 euros negociables. seminovo. Tel. 677 22 96 57 (José Luis) Vendo Renault 19 GTS diésel. 110.000 km.Tel. 627 608 758 e 671 921 854 (con whatsapp) Véndese tractor Pascuali. Totalmente equipado. Tel: 695 690 945. Véndo Clío 1900 diésel. Impecable. Tel: 605 320 158. Vendo sofa 3+2 e caldeira de calefacción de gas cidade seminova. Tel. 637 00 59 10. Pómosche a túa máquina de café gratis. Tel. 618 64 69 59 (Claudio).

EMPREGO Ofrécese señora mediana idade, galega, para as tarefas do fogar, coidar persoas maiores ou calqueira tipo de traballo. Só media xornada. Tlf: 659 129 142 Ófrecese señor para traballar de pintor -con 40 anos de experiencia- . Disponibilidade inmediata. Tel. 647 640 620. Licenciada en Traducción e Interpretación dá clases de inglés e francés, todos os niveis, individuais ou grupos reducidos. Tel. 664 59 06 04. Danse clases particulares de pintura artística, óleo, acuarela, pastel, acrílico, todos os niveis, máis de 40 anos de experiencia. Tel. 610 659 417. Fanse desbroces con tractor e a man. Tel. 630 521 448. Ofrécese señora para o coidado de persoas. Pode ser en casa ou no hospital. Con informes. Tel. 669 434 330. Danse clases particulares de piano, ideal para nenos e para iniciación. Tel. 667 985 171 (WhatsApp). Moi económico, fanse reparacións en fogar e negocios, carpintaría, mobles, persianas, etc. Tel. 656 782 460 Danse clases particulares de todas as materias de primaria, a domicilio ou presenciais. .Tel. 666 743 660. Necesítase señora para coidar un matrimonio de persoas maiores e realizar tarefas do fogar. Tel. 630 03 06 42. Necesítase señora para coidar unha persoa maior. Tel. 609 66 13 48. Ofrécese home de 40 anos con experiencia e titulación para coidado de persoas maiores ou depedentes. Calquera horario. Seriedade. Tel. 685 56 46 81.

CONTACTOS Ofrécese mozo de compañía para mulleres de 40 a 60 anos. Danse masaxes eróticos. Prezo anticrise. Absterse de chamar homes. Tel. 697 79 59 28.

Comarca de Monterrei Concello de Verín Concello de Monterrei Concello de Oimbra Concello de Vilardevós Concello de Riós Concello de Castrelo de Val Concello de Laza Concello de Cualedro Comisaría de Policía Verín Policía Local Verín Bombeiro Verín Garda Civil Protección Civil Estación de autobuses Taxis - Parada Hospital Taxis - Parada Estación Autobuses Taxis - Parada Praza Merced Taxis - Parada Praza do Concello Ambulatorio Urxencias Ambulatorio Cita previa Hospital de Verín Cruz Vermella Correos e Telégrafos Rexistro Civil de Verín Rexistro da Propiedade Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Servizos Sociais Verín Cáritas Parroquial IES nº1 de Verín IES García Barbón I. Bacharelato X. Taboada Chivite CEIP Amaro Refoxo CEIP Princesa de España Comarca de A Limia Concello de Xinzo Concello de Porqueira Concello de Calvos de Randín Concello de Baltar Concello de Os Blancos Concello de Trasmiras Concello de Sarreaus Concello de Vilar de Barrio Concello de Sandiás Concello de Vilar de Santos Concello de Rairiz de Veiga Policía Local Xinzo Garda Civil Estación de autobuses Centro de saúde Xinzo Punto Atención Continuada Rexistro civil de Xinzo Rexistro da Propiedade Taxis - Parada Xinzo

988 410 001 988 418 002 988 426 160 988 417 004 988 425 032 988 419 002 988 422 002 988 424 004 988 414 123 988 411 612 988 590 206 988 410 005 988 412 121 988 413 516 988 414 342 988 411 812 988 410 385 988 411 113 988 410 800 988 413 460 988 413 636 988 411 600 988 411 038 988 410 387 988 410 737 988 410 703 988 410 253 988 414 776 988 410 679 988 411 212 988 410 379 988 410 041 988 411 425 988 410 128 988 550 111 988 466 102 988 434 000 988 466 503 988 467 506 988 445 000 988 454 002 988 449 001 988 465 001 988 465 883 988 465 552 988 462 425 988 462 361 988 460 309 988 462 200 988 462 456 988 46 0 188 988 460 209 988 460 309

Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Xulgado de 1ª Instancia Servizos Sociais Xinzo Cáritas Parroquial IES Lagoa de Antela IES Cidade de Antioquía CEIP Rosalía de Castro CEIP Carlos Casares Gardería Municipal Oficina Agraria Comarcal da Limia Comarca de Allariz-Maceda Concello de Allariz Concello de Baños de Molgas Concello de Maceda Concello de Paderne de Allariz Concello de Xunqueira de Ambía Concello de Xunqueira de Espadanedo Policía Local Allariz Garda Civil Allariz Centro de Saúde de Allariz Centro de Saúde de Baños de Molgas Centro de Saúde de Maceda Policia Local Maceda Garda Civil Maceda Parada taxis Maceda CEIP Padre Feixoo IES Allariz Gardería municipal Allariz Servicio Municipal de Augas Allariz Xulgado de Paz Allariz Comarca de Terras de Celanova Concello de Celanova Concello da Bola Concello de Cartelle Concello de Gomesende Concello da Merca Concello de Padrenda Concello de Pontedeva Concello de Quintela de Leirado Concello de Ramirás Concello de Verea Policía Local Celanova Centro de Saúde de Celanova IES Celanova CEIP Curros Enríquez Oficina Seguridade Social Celanova Xulgado 1ª Instancia Celanova Urxencias Sanitarias Cita previa Servizo Galego Saúde Teléfono maltratadas ITV Protección Civil Incendios forestais Fenosa (averías)

988 460 375 988 462 951 988 462 364 988 550 111 988 460 222 988 462 454 988 461 271 988 460 480 988 460 507 988 461 049 988 460 024 988 440 001 988 430 000 988 463 001 988 293 000 988 436 006 988 291 001 988 440 000 988 440 031 988 440 958 988 430 331 988 463 370 696 511 038 988 463 084 988 463 204 988 440 825 988 440 036 988 440 219 988 440 004 988 440 704 988 431 481 988 433 768 988 491 111 988 485 000 988 260 000 988 494 783 988 495 005 988 493 500 988 491 523 988 430 600 988 431 806 988 451 736 988 431 290 988 431 725 988 553 055 988 431 482 061 902 077 333 016 902 309 000 112 085 988 222 222


BARRIOS Marzo de 2016


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Marzo de 2016 - Barrios by Periodico Barrios - Issuu