Skip to main content

Febreiro 2016 - Ourense por Barrios

Page 1

Entrevista á concelleira de Asuntos Sociais, Sofía Godoy TEMA DO MES Páx.3 DO e PSOE aproban a reprobación do alcalde de Ourense

BARRIOS

Páx.5

A Fundación Amancio Ortega construirá un centro interxeracional

CIDADE

Páx.12

A Escola Oficial de Idiomas contará con seis aulas máis

OCIO

Páx.17

Ociourense Xove amplía un 30% as súas actividades

[Páx. 2]

DEPORTES

Páx. 22

O COB deixa outra imaxe a pesar da nova derrota en casa

O proxecto de estación intermodal, para abril Inminente reparación da pasarela do Barbaña

[Páx. 9]

[Páx. 6]

O Concello de Ourense anunciou o inicio inminente das obras de reparación da pasarela do Barbaña, que a manterán pechada por tres meses./O Ministerio de Fomento comprometeuse a presentar o proxecto de estación intermodal no mes de abril, con orzamento detallado./P.LODEIRO e I.OSORIO.

Número: 14 - Ano: XV - Febreiro 2016 - Depósito Legal: OU 15-2015 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de marzo. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


Ourense por BARRIOS Febreiro de 2016

ENTREVISTA

ENTREVISTA Á CONCELLEIRA DE ASUNTOS SOCIAIS DO CONCELLO DE OURENSE

“A primeira prioridade nos orzamentos van ser todas as áreas sociais” 4 Sofía Godoy amósase satisfeita por poder contribuír co seu traballo a resolver as problemáticas da cidade. Paula Lodeiro De apelido ilustre en Ourense, Sofía Godoy Gómez-Franqueira, con experiencia en relacións laborais e recursos humanos, foi unha das fichaxes estrela de Jesús Vázquez e asume unha das áreas de máis importancia do goberno: asuntos sociais. Esta é a súa primeira incursión en política, que balance fai destes oito meses? Sofía Godoy: “Foi un compromiso e unha gran responsabilidade a nivel persoal, pero moi satisfactorio porque foi a oportunidade de poder implicarme dun xeito real nas problemáticas que ten a miña cidade e de pór o meu graíño de area e de construír unha cidade mellor. Persoalmente moi satisfactorio ao saber que ante un problema podo pór todo de min para poder axudar”. Era o que agardaba? S.G.: “En liñas xerais si, sabíamos que ía ser difícil pero por enriba das dificultades estaban a emoción e as ganas de contribuir e axudar”. Como axuda o Concello de Ourense aos ourensáns desde as áreas que xestiona? S.G.: “Axuda desde moitos frontes: hai unha parte, debido á crise na que estamos, de axuda directa e inmediata; por exemplo unha persoa que está cun proceso de desafiuzamento, que está na rúa, que non ten as necesidades básicas cubertas.. a esa persoa loxicamente hai que axudala. Logo hai unha parte a medio prazo que tamén é importante, de prevención e de traballar na inclusión social, sociolaboral”. E no caso dos anunciados cortes do subministro de auga a máis de cen persoas? S.G.: “A empresa que xestiona a auga e o Concello están conectados desde o primeiro momento. Estivemos revisando (a lista publicada no Boletín Oficial da Provincia) e había dúas persoas incluídas na base de datos do Concello como persoa en risco de exclusión social, unha en paradoiro descoñecido e a outra xa

a temos localizada e estamos tramitando a axuda. Todo o resto de persoas non estaban no listado”. Cantas persoas atenden os servizos sociais do Concello? S.G.: “Traballamoscon moitos colectivos; no albergue atendimos 490 persoas; tivemos 1.243 casos atendidos de vítimas de violencia de xénero, non quere dicir que todas estean en procesos continuados, algunhas veñen a asesorarse; 343 vítimas con procesos xa reais traballando todo o ano con elas; en etnia xitana, 388 usuarios; e inmigrantes 394, baixaron un pouco porque moitos voltaron aos seus países de orixe; perceptores de Risga entre 500 e 600…” O Goberno está preparando unha ordenanza de vivendas de emerxencia social. S.G.: “Estas vivendas van ser para casos de verdadeira emerxencia social. Persoas que se atopen de hoxe para hoxe na rúa, persoas que están no albergue de transeúnte, ou unha familia que queda sen casa porque houbo unha catástrofe… sempre casos estudados polos traballadores sociais. No resto de casos temos xa as axudas de emerxencia social. Preferimos darlles unha axuda para aluguer, mentres xestionamos coa Xunta para que lles tramiten unha vivenda social”. E canto tarda en tramitarse unha axuda de emerxencia social? S.G.: “Pode ser mes e medio”. Un dos primeiros anuncios do Goberno municipal foi o programa “Ourense integra”, por que aínda non se puxo en marcha? S.G.: “É por un tema xurídico e de fiscalización, por nós fai moito tempo que estaría en marcha. Intervención puxo pegas porque era un proxecto novo, que non había en Galicia, e dixo que quería darlle unha volta de novo”. Como funcionaría? S.G: “Son axudas directas para familias en risco de exclusión social que non son perceptoras de ningunha axuda. Por exemplo unha persoa inmigrante que che-

Sofía Godoy, edil de Asuntos Sociais. /P.LODEIRO.

“Aquí non estaban acostumados a traballar en rede entre concellerías, había compañeiros que non se coñecían dentro da mesma concellería” ga aquí sen papeis, mozos que aínda non constan en situación de desemprego… intenta cubrir un baleiro a nivel de axudas. Nós fomos os primeiros de toda Galicia e a raíz do noso tamén na Coruña o iniciaron e tamén o teñen parado por Intervención”. Veñen de aprobar o novo prego do Serrvizo Axuda no Fogar. S.G.: “Si, debería estar xa publicado na web o perfil do contratante, e en dous meses espérase que estea o contrato en vigor”. Que novidades presenta? S.G.: “Ampliáronse moitísimo as horas, pasamos de 7.000 a 15.000 horas, todas de dependencia. Temos dous tipos de axuda, unhas de libre concurrencia, que son municipais, e outras, as de dependencia, a través da Xunta. Queremos este ano abordar a dependencia de grao 3, 2 e 1; con iso, todas as persoas que teñen calquera tipo de limitación nas

súas vidas poderán estar atendidas”. A día de hoxe están todos os dependentes da cidade atendidos? S.G.: “De nivel 3 si, e de nivel 2 unha parte, e tamén están as axudas de libre concurrencia municipal; aí os que teñen unha limitación menor ímolos cubrindo tamén”. Como está o proxecto para mellorar a canceira municipal? S.G.: “Non temos os orzamentos aínda aprobados, así que, mentres, estamos intentando presentalo a diferentes entidades para ter algún tipo de financación para poder abordalo. Támén estamos traballando nun plan de benestar animal, e en crear parques axeitados para cans en cada barrio”. No resto de áreas que xestiona, como Sanidade, Xuventude, Voluntariado, continuará

cos programas que xa había? S.G.: “O orzamento que temos é axustado, pero ao final podes facer todas as cousas igual ou mellor se traballas en rede. Aquí non estaban acostumados a traballar en rede entre concellerías, moitas veces había compañeiros que non se coñecían dentro da mesma concellería. O lóxico é que todos traballan en rede, no meu caso aínda máis porque son todas áreas do ámbito social. Estamos intentando nunca replicar actividades en varias concellerías, e dotalas de recursos de varias concellerías. Presentamos un Plan integral de voluntariado con actividades e obxetivos; estamos traballando entre varias concellerías nun programa de prevención de violencia de xénero, de acoso escolar e de adicións, e nun Plan de inclusión entre o CIE (Centro de Iniciativas Empresariais) e Servizos Sociais.. O importante é o que tes, aproveitalo ben e crear sinerxias”. Cando se realizará o traslado das dependencias da súa área? S.G.: “Será neste primeiro semestre, depende da Concellería de Servizos Xerais. A UNIS do Couto vai para o CIMM do Couto; o CIMM queda exactamente igual que estaba, a UNIS ubicarase na parte de abaixo que está illada e quedará independente con entrada por detrás. Todo este edificio (o ubicado na rúa Arcediagos, onde se sitúan Servizos Sociais) e o da rúa Concordia (Sanidade) van para a Cárcere da Coroa (detrás da casa consistorial) e quedará moito mellor para traballar en rede”. Teñen suficiente persoal os seus departamentos? S.G.: “Depende, hai servizos que están ben dotados, outros que sempre serán insuficientes: traballadores sociais, psicólogos... Cando atendes a colectivos cos que traballamos nós, non podes medir o tempo polo reloxo. Pero antes de pensar en pedir máis é traballar con maior eficacia, coñecer todo o que facemos o resto, aproveitar ben os recursos, formar á xente, traballar en equipo. Imos exprimir ao máximo, en positivo, os recursos que temos e a capacidade da xente, que é moita”. Como estará dotada a área de Asuntos Sociais nos Orzamentos de 2015? S.G.: “Xa dicimos que vai ser unha prioridade. Os orzamentos deste ano van ser un pouco inferiores que os anteriores, pero desde logo poden estar seguros de que a primeira prioridade van ser todas as áreas sociais”.


TEMA DO MES

O pleno reproba ao alcalde 4 O Partido Socialista votou a favor da proposta de Democracia Ourensana para reprobar a Jesús Vázquez, Ourense en Común abstívose e PP votou en contra. Paula Lodeiro Jesús Vázquez convértese no segundo alcalde de Ourense reprobado. Nun pleno extraordinario o luns 8 de febreiro, o PSOE deu o seu apoio á iniciativa de Democracia Ourensana de reprobar ao rexedor popular, que quedou aprobada cos 14 votos que suman as dúas formacións. Ourense en Común abstívose e o Partido Popular votou en contra. O non cumprimento dos acordos plenarios, a non aprobación dos orzamentos e a non consecución de investimentos e a discriminación de Ourense son os motivos que aduciu DO para xustificar esta reprobación. Gonzalo Pérez Jácome recoñeceu que se trata só dunha “etiqueta” pero que pode servir para “expolear” ao rexedor e que cambie “a súa actitude”. O voceiro de OUeC, Martiño Xosé Vázquez, declarou que a súa formación “reproba pública e abertamente a Jesús Vázquez e ao PP, pero tamén reprobamos o labor de oposición de DO e PSOE”. Non comparten a visión da política do PP, pero tamén consideran que a decisión de DO é “precipitada” e só se xustifica na “estratexia política” deste partido. Por iso anímanos a presentar unha moción de censura “se de verdade queren reprobar ao alcalde”. O portavoz socialista, José Ángel Vázquez Barquero, dixo que había motivos para a reprobación: “un alcalde que non ten proxecto de cidade, que non ten liderado, instalado no triunfalismo miope, que claudicou fronte a outras

Votación da reprobación de Jesús Vázquez no pleno extraordinario./P.LODEIRO. institucións”, foron algúns dos seus calificativos. Iso si, asegurou que o voto do seu grupo non estaba predefinido, e que votarían en función das explicacións que dera Jesús Vázquez. O alcalde non lle contestou. A defensa de Vázquez Abad quedou en mans do voceiro do grupo de goberno, Pepe Araújo, quen enumerou os logros de oito meses de mandato, como a devolución da normalidade ao consistorio ourensán. Recordou que sete das 11 mocións presentadas por DO neste mandato xa estaban en execución. E non aforrou en halagos ao seu xefe de filas: destacou a súa “implicación e desvelos” nos problemas dos veciños, a súa “humildade” e o feito de ser un “traballador incansable”e un home “respectuoso”. “Estou moi orgulloso do traballo dos meus compa-

ñeiros e do meu alcalde”, rematou. Moción de censura Ao remate do pleno, o alcalde dixo a DO e PSOE que “se son coherentes” deberían presentar unha moción de censura. “Pola nosa parte imos seguir traballando”, recalcou Vázquez, quen apuntou que serán os ourensáns os que “valorarán” o comportamento duns e doutros. Sobre esta posiblidade, o voceiro socialista José Ángel Vázquez Barquero, afirmou que “na axenda do PSOE non está neste momento”. Aínda así, engadiu, “non sabemos cal será a situación no futuro”. Con posterioridade, o líder de DO, Gonzalo Jácome, remitiu unha carta aos outros dous partidos da oposición na que os insta a estudar como reverter a actual situación de

goberno no Concello de Ourense e lles anuncia unha xuntanza en marzo para intercambiar posicionamentos sobre unha posible moción de censura contra o Goberno popular. Ourense en Común contestou a este escrito anunciando que non formará parte neste mandado dun goberno en coalición con DO e PSOE pero que si podería dar soporte a un goberno alternativo ao PP que priorizase renovación democrática e axenda social. Os socialistas manteñen a súa postura xa coñecida.

Serán os ourensás os que “valorarán” o comportamento duns e doutros, apuntou o alcalde trala reprobación

Ourense por BARRIOS Febreiro de 2016

4Vázquez fai balance de oito meses de goberno Na mesma semana da súa reprobación, o alcalde de Ourense fixo análise dos oitos meses de Goberno municipal popular, comezando por explicar que o tradicional balance ao medio ano das eleccións non foi posible por atoparse inmerso en “varios dos obxectivos inmediatos que nos fixamos: desbloquear o Plan de Investimentos e reducir o período de débeda aos proveedores”. Así mesmo, destacou a cooperación institucional lograda. “A miña labor como alcalde é captar fondos e inversións para a miña cidade”, a través de acordos co goberno central, autonómico e provincial, así como coa empresa privada para iniciativas puntuais como o Festival de Cine ou a Campaña de Nadal. Tamén fixo fincapé no desbloqueo logrado en “asuntos que paralizaban o normal desenvolvemento da cidade”. “Es-

tamos solventando as contratacións que quedaron caducadas e en precario, e tamén conseguimos salvar proxectos como a ETAP das Coiñas, evitando devolver 20 millóns de fondos europeos”, explicou. Outro eixo que destacou Jesús Vázquez foi a transparencia. “Convertimos en habituais as Xuntas de Voceiros, abrimos á participación cuestións como os cursos nas AAVV, concursos de carteis, explicamos en detalle e publicamente cada punto que aprobamos en Xunta de Goberno. E sen esquecer que na tramitación do PXOM buscamos en todo momento o consenso dos grupos”, sinalou. Por último, fixo referencia á optimización dos recursos municipais. “Presentamos un Plan de Reestructuración de edificios municipais, que suporá aproveitar os espazos que temos para acadar un aforro de 15.604 euros ao mes”.

4 O PSOE fixa nun 25% as súas mocións executadas Trala análise realizada polo PP sobre o cumprimento dos acordos plenarios aprobados, o PSOE non tardou en manifestar que “é falso” que o goberno popular levara adiante sete dos 11 acordos aprobados referentes a mocións do grupo socialista no ano 2015. Segundo o PSOE só foron cumpridos tres: a solicitude á Xunta de transferencia de competencias do Espazo Xove ao Concello; o mantemento de equipamentos en Reza para uso vecinal; e a creación da comisión de investigación sobre a

lexionela. Entre as mocións socialistas aprobadas e aínda sen cumprir atópase a creación dunha comisión de seguimento do AVE, a continuación do paseo nas marxes do Barbaña nas proximidades das Burgas, a elaboración dun cronograma das actuacións para a rehabilitación da Praza de Abastos, e a creación dun novo espazo municipal para informar das ITES. E tamén lembran dende o PSOE que “segue adiante a imposición do novo proxecto para a sede da CHMS, en lugar de ser substituído”.


Ourense por BARRIOS Febreiro de 2016

BARRIOS

O Concello mellora infraestruturas e viais en diversos barrios da cidade 4 Incluídas no Plan de Investimentos e que acadan os 156.000 euros. Redacción O Concello de Ourense vén de rematar as obras de mellora de infraestruturas e nova pavimentación do denominado Camiño de Abaixo, na Loña, no que executou un investimento de 59.295 euros. Os traballos incluíron o cambio das redes de saneamento e abastecemento de auga, o soterrado do cableado aéreo e a instalación dun novo pavimento no vial. Tamén As Eiroás viu solucionadas varias das súas demandas, como foi a adecuación da rúa Tras Colexio, na que se melloraron as gabias, firme, pavimento das áreas peonís, sinalización, mobiliario

urbano e xardíns, cun orzamento de 36.887 euros. Asemade, o Concello anuncioulle aos veciños o próximo inicio do acondicionamento da praza de Eiroás e da rúa do Pazo, por un importe de 88.575 euros. Por último, na rúa Manuel Fernández García resolveuse un cambio de rasante perigoso fronte aos edificios de vivendas, e efectuouse un cambio de sentido para diminuir o perigo na incorporación á estrada nacional. Melloras que acadaron os 59.000 euros de investimento. Visitas ás zonas O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o concelleiro de Infraestruturas,

José Araújo, visitaron nos últimos días todas estas zonas e mantiveron encontros con representantes das asociacións veciñais para coñecer a súa valoración das obras e outras das súas necesidades e demandas. Estas actuacións forman parte do Plan de Investimentos que está a desenvolver o Concello, que deu lugar na súa primeira fase a traballos por importe de case 4 millóns de euros na cidade.

En breve comezará a mellora da praza de Eiroás e da rúa do Pazo

Operarios dan os últimos retoques nas obras de mellora da rúa Manuel Fernández García./P.LODEIRO.

Marisol Díaz facendo entrega das chaves a un dos adxudicatarios./P.LODEIRO.

A Xunta entrega as chaves de 19 vivendas de protección en Covadonga 4 Nos próximos meses farase o mesmo coas 33 vivendas restantes. Redacción Os adxudicatarios de 19 vivendas en réxime de alugueiro construídas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo no barrio de Covadonga xa as poden ocupar, unha vez que este 11 de febreiro se entregaron as chaves das mesmas por parte da delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira. Das 52 vivendas construídas no barrio, un total de 33 foron adxudicadas en réxime de alugueiro e as 19 en réxime de compravenda. Neta ocasión, entregáronse as chaves de 19 vivendas adxudicadas en réxime de alugueiro, mentres que “nun mes e medio ou dous meses”, calculaba a delegada, realizarase a

entrega das vivendas pendentes. Marisol Díaz destacou que coa entrega destas vivendas a Xunta cumpre o seu compromiso “que non é outro que concluír este proceso que comezou no ano 2009 e que estivo paralizado durante máis de dous anos, por causas alleas á Administración autonómica”. O motivo do retraso debeuse a que a empresa adxudicataria entrou en concurso de acredores, o que obrigou a volver adxudicar o proxecto. A delegada territorial pediu desculpas por esta demora “pero o importante é que agora xa podedes comezar a vivir nos vosos pisos”. Os adxudicatarios terán que pagar ao mes entre 86,37 e os 124,69 euros, incluíndo rocho e garaxe,

dependendo da superficie do piso. Características A Xunta investiu na construción destas 52 vivendas de promoción pública máis de 6,6 millóns de euros. Das 52, dúas están adaptadas para persoas con mobilidade reducida, e todas teñen 2, 3 e 4 dormitorios e cociña totalmente amoblada. As vivendas emprázanse nun terreo adquirido ao Bispado de Ourense a cambio da cesión de espazos da pranta baixa para un local social, igrexa e dependencias parroquiais, e tres prazas de garaxe.

Os adxudicatarios pagarán ao mes de 86 a 124 euros


BARRIOS

Medio Ambiente compromete 600.000 euros para saneamento 4 As actuacións están aínda por concretar. P. L. A conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Matoz, comprometeuse co alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, a investir 600.000 euros en obras de saneamento no municipio. Os dous políticos mantiveron un encontro de traballo no que tamén participaron a delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz; o director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez; e o concelleiro de Medio Ambiente e Infraestruturas, José Araújo. Nel expuxéronse as necesidades existentes en materia de augas e saneamento dentro do concello de Ourense, moitas delas no ámbito rural. “Presentámoslle á conselleira unha serie de proxectos, relación moi extensa, que consideramos necesarios para cubrir estas necesidades como punto de partida”, recalcou Je-

sús Vázquez, “atopando así a total disposición a colaborar da Consellería”. Agora o Concello deberá elaborar a relación de obras que opten a este financiamento, unha vez que os técnicos prioricen “as máis urxentes”, explicaba o alcalde. A idea é que Concello e Medio Ambiente suscriban o convenio para levar a cabo estas actuacións nun prazo máximo de dous meses. Depuradora Na conversa tamén analizaron a situación da nova EDAR de Reza. Beatriz Mato anunciou que dentro dun mes comenzarán as probas para poñela en funcionamento. A nova instalación permitirá duplicar o tratamento de augas actual, pasando das 120.000 ás 300.000 persoas equivalentes.

O director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez, a conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e a delegada da Xunta, Mariso Díaz./P.LODEIRO.

Ourense por BARRIOS Febreiro de 2016

A Fundación Amancio Ortega financiará un centro interxeracional en Mariñansa 4 Con escola infantil e centro de promoción da autonomía para maiores. Redacción A Fundación Amancio Ortega construirá un centro interxeracional en Mariñamansa, nunha parcela cedida polo Concello de Ourense. A Fundación equipará tamén esta infraestrutura, que estará composta dunha escola infantil e dun centro para persoas maiores para a promoción da autonomía persoal e a prevención da dependencia. Unha vez construído, o centro pasará a ser de titularidade da Xunta, que o xestionará a través do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e de Benestar. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, adiantou algunhas das características deste proxecto, que se ubicará na rúa Ramón Abellás, en Mariñamansa. O centro, de planta baixa, terá unha superficie total de 4.480,80 metros cadrados, dos cales 2.131,85 destinaranse a unha escola infantil de 0 a 3 anos e 2.356,95 a un centro de formación e actividades para persoas maiores. En concreto, a escola infantil estará dotada de seis aulas -dúas por cada franxa de idade, para un total de 82 menores-; ademais de espazos de usos múltiples, comedor, baños e vestiario adaptado, zona de cociña e despensa, almacén e patio propio, entre outros. Pola súa parte, o centro para persoas maiores estará equipado con seis salas para actividades, convivencia e usos múltiples; aseos e vestiario adaptado, sala de curas, lavandería, comedor e patio. Atenderá entre 80 e 100 persoas. A instala-

EN BREVE 4 Reposición de 150 árbores A Concellería de Medio Ambiente repón estes días diferente arborado nas rúas e zonas verdes da cidade coa finalidade de embelecer e dotar de calidade ambiental aos espazos urbanos. Ligustros, tulíferos, potinias, árbores do amor e ata 150 unidades dunha trintena de especies diferentes serán plantadas desde mediados de febreiro ata os primeiros días de marzo.

4 Roubo de cobre no paseo do Barbaña

ción incluirá tamén zona de esparexemento, zona de xogos e horto. Servizo innovador e de máxima calidade Vázquez Abad destacou o carácter innovador deste centro, cuxa vocación é prestar un servizo da máxima calidade para nenos e maiores, e as súas familias, pero tamén dun xeito pioneiro poñer en relación e conexión directa aos usuarios de ambos os edificios: escola infantil e centro de adultos. “Un centro interxeracional é moito máis ca un espazo compartido -explicou-, é un lugar inclusivo, de intercambio, no que nenos e maiores interactúan e aprenden uns doutros en encontros que lles ensinan a entenderse e a respectarse”. Pendente da firma A infraestrutura está pendente da sinatura dun convenio a tres bandas entre o alcalde de Ourense, o conselleiro de Política Social e o representante da Fundación Amancio Ortega. A previsión é que se poida realizar a obra de xeito inmediato e estea lista en 2017.

Infografías do centro.

4OUeC cuestiona a construción e PSOE gábase da súa xestión O grupo municipal Ourense en Común amosou as súas dúbidas sobre a construción deste centro interxeracional, sobre criterios para a xustificación do proxecto, a porcentaxe do investimento público e o achegado pola Fundación Amancio Ortega así como pola futura xestión dese espazo. Por iso requirirá toda a información en poder da Concellería de Benestar Social sobre este proxecto. Diferente é a postura do Partido Socialista, que lle recorda ao alcalde que o centro interxeracional poderá ser unha realidade “grazas ao traballo realizado polo anterior goberno do PSOE para a obtención de patrimonio municipal do solo”.

Ubicarase na rúa Ramón Abellás

O Concello de Ourense presentou denuncia polo roubo de 300 metros de liña da rede de iluminación pública que dá servizo ao paseo peonil do río Barbaña, detrás do concesionario Peugeot, na marxe dereita do río, en sentido saída de cidade cara a Seixalbo. O material máis os danos causados ascenden a 4.000 euros. Esta é a cuarta ocasión en que se produce un roubo de cableado no prazo dun ano no paseo do Barbaña.

4 Renovación da ponte do Milenio 26 empresas presentaron as súas ofertas para levar a cabo as obras de reparación da ponte do Milenio, nas que a Xunta investirá preto de 585.000 euros. As obras consistirán no selado de fendas, limpeza de corrosión e protección anticorrosiva dos elementos de aceiro do viaduto e revestimento dos pilonos cunha pintura acrílica que impida a penetración de auga. Ademais, impermeabilizarase a cara superior do taboleiro, para eliminar humidades e filtracións, incluso substituíndo a capa de rodadura. Asemade, retirarase a vexetación e liques, eliminaranse as pintadas, repararase o sistema de iluminación e farase unha revisión completa do sistema eléctrico.


Ourense por BARRIOS Febreiro de 2016

BARRIOS

A asociación As Termas traslada as súas peticións ao grupo de goberno 4 Entre elas a reparación da pasarela peonil que une co barrio. Redacción O alcalde, Jesús Vázquez, a concelleira de Par-

ticipación Cidadá, Belén Iglesias, e o concelleiro de Infraestruturas e Medioambiente, Pepe Araújo, cur-

saron visita á Asociación Veciñal As Termas, situada nas vivendas sociais da estación de autobuses.

O alcalde e os edís de Participación Cidadá e Infraestruturas xunto ao presidente da AVV Termas e membros da asociación./AVV TERMAS.

Os socialistas queren que se mellore a accesibilidade da rúa Avilés de Taramancos 4 Presentan unha moción no pleno de marzo. Redacción O grupo municipal socialista presenta unha moción no pleno do 4 de marzo para dar resposta aos problemas de accesibilidade dos veciños da rúa Avilés de Taramanco. Os socialistas solicitarán a instalación dunha rampa de acceso co fin de substituír a escaleira metálica de acceso á rúa Ervedelo. Ademais, queren que se constrúa unha pasarela peonil de conexión entre os parques situados a ambos

os dous lados do río Barbaña.

Actualmente os accesos realízanse por unha esca-

Durante o encontro, a veciñanza aproveitou para recordarlle ás autoridades algunha das peticións que dende a asociación se teñen feito. Entre elas, a reparación da pasarela peonil que comunica o barrio, a mellora dos accesos a zona do Tinteiro, e reparacións no parque do Centro Cívico da Ponte. Lembrando tamén que grazas á participación activa da veciñanza foron realidade a comezos do ano pasado melloras como o novo parque infantil, a impermeabilización da zona central e renovación das varandas da praza 200 ou a mellora da iluminación da rúa D. Tamén se aproveitou a presenza do alcalde e dos concelleiros para pedir que se escoite e se teña en conta a opinión das veciñas e veciños en proxectos que afectan ao barrio directamente como o bulevar termal ou o traslado da estación de autobuses, os cales cambiarán de maneira considerable a zona. leira metálica que sobe ata Ervedelo ou ben pola entrada sita ao carón do pavillón dos Remedios. Unha situación que dificulta o paso con carriños de nenos, da compra ou en cadeiras de rodas, o que perxudica aos negocios da zona e deixa aos parques de Avilés de Taramancos e das Aventuras infrautilizados.

Imaxe da escaleira metálica que une as rúas Avilés de Taramanco e Ervedelo./P.L.

A pasarela do Barbaña./ARQUIVO.

Iníciase a reparación da pasarela do Barbaña 4 A obra estará executada nun prazo de tres meses. Redacción A rehabilitación da pasarela peonil sobre o río Barbaña deu o primeiro paso coa sinatura da acta de replanteo, por parte do concelleiro de Infraestruturas e do director de obra. Trátase do último trámite antes de que comecen os traballos a primeiros de marzo. A actuación ten un orzamento de 73.966 euros e durará tres meses, nos que a pasarela permanecerá pechada ao tránsito dos peóns. A reforma desta importante infraestrutura, que serve de conexión entre o centro da cidade e os barrios do Couto, Carballeira e As Camelias, era unha obra moi demandada polos veciños. 20 anos A renovación actuará sobre a totalidade da estrutura da pasarela, que xa conta con máis de 20 anos. Eliminarase a chapa e o pavimento de madeira, moi deteriorados na actualidade, e repararase a estrutura secundaria ata nun 60%. Igualmente, eliminarase o óxido da estrutura anti-caída, e apli-

carase unha capa que a súa vez sirva de imprimación. O mesmo tratamento realizarase na estrutura principal da pasarela, danada nun 6% da súa totalidade. A estrutura metálica será repintada e substituirase o pavimento. Logo de valorar diferentes alternativas, adoptouse a decisión de colocar un novo pavimento da madeira serrada cunha nova disposición dos perfís: colocaranse táboas transversais apoiadas sobre un total de catro longueiros lonxitudinais, dispostos sobre as vigas transversais metálicas. Outra das melloras na pasarela será a da drenaxe no taboleiro, onde se colocará unha xunta de dilatación no contacto do estribo co taboleiro da pasarela. Desta forma, evitaranse as modificacións na estrutura polos cambios de tempo: dilatación no verán e contracción co frío. Mentres duren as obras, as alternativa de tránsito serán pola praza de Abastos ou pola rúa Doutor Fleming.

Colocarase un novo pavimento de madeira


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Febreiro de 2016


Ourense por BARRIOS Febreiro de 2016

EN BREVE 4 Novo vehículo para bombeiros O Concello de Ourense adquirirá este ano un novo vehículo de extinción de incendios forestais a cargo dos fondos de Unespa, procedentes das achegas de 2015. O Concello asumirá este gasto cos 324.000 euros que percibirá en virtude dun convenio asinado coa Unión Española de Entidades Aseguradoras y Reaseguradoras, a asociación empresarial que agrupa ás entidades aseguradoras de España.

4 Apoio para o polígono industrial das Coiñás A Xunta de Goberno local do Concello de Ourense decidiu solicitar subvención da Xunta de Galicia para o polígono empresarial das Coiñás. En concreto, demandarase a mellora de infraestruturas na rúa Cabaceiro, por un importe de 60.113 euros; e a instalación eléctrica de baixa tensión para sistema de vídeo vixilancia, por un importe de 58.184 euros.

4 Baltar terá que declarar o día 10 A titular do Xulgado de Instrución nº3 de Ourense desestimou os recursos de reforma presentados pola Fiscalía e polo presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar Blanco, e mantén a súa citación en calidade de investigado polos presuntos delitos de suborno e tráfico de influencias para o 10 de marzo. En relación á denunciante, a xuíza mantén a súa declaración como investigada e engade a de prexudicada por un delito de acoso sexual, ao estimar a alegación que a denunciante presentou en relación á prestación de servizos nunha oficina do partido político ao que pertence o denunciado e a posible relación de inferioridade por ser Baltar daquela “o xefe da oficina, parlamentario galego e vicepresidente da Cámara”.

CIDADE

PLENO DE OURENSE

Unha comisión investigará a concesionaria do matadoiro municipal 4 A proposta de Ourense en Común, que denunciaba desfases entre os datos de sacrificios e as taxas pagadas á Administración local. Paula Lodeiro O pleno de febreiro no Concello de Ourense estivo marcado pola decisión de Democracia Ourensana de absterse en todas as mocións. Isto propiciou que o criterio do Partido Popular prevalecera á hora de aprobar ou rexeitar as propostas da oposición. Os de Gonzalo Jácome tomaran esta decisión como xeito de protesta ante o que consideran incumprimento reiterado das mocións por parte do Goberno local. Así, malia que Ourense en Común apoiou a moción socialista para solicitar información do proceso de venda do Mosteiro de Santa Comba de Naves, en Palmés, a un particular por parte do Bispado, o voto en contra do PP foi determinante para que non se aprobara. O PP conseguiu, só cos seus votos, aprobar unha emenda á segunda moción socialista, que pretendía paralizar o proceso de licitación do proxecto da nova estación de autobuses adosada á estación de ferrocarril. A emenda

insta a Xunta, Fomento e Concello a formalizar un convenio para a futura estación do AVE, na que se integre a terminal de autobuses que gañe o proxecto que está a licitar a Xunta. PSOE, OUeC e DO criticaron o deseño da estación de autobuses que propón a Xunta, unha “chapuza”, a xuízo de Jácome, que “hipoteca” a futura estación interodal. A iniciativa de Ourense en Común para que o Concello implementase estratexias de inclusión activa, con seis acordos propostos, non conseguiu o apoio de ningún outro grupo; tan só se aprobou o punto referido á posta en marcha do plan “Ourense Integra” ao ter o voto favorable do PSOE. Comisión de investigación Si prosperou, ao votar afirmativamente PP e PSOE, a solicitude de Ourense en Común de constitución dunha comisión de investigación da concesionaria do matadoiro municipal. O seu edil Miguel Doval explicou que non coinciden os datos de control de sacrificios coas taxas que ten que pagar a concesionaria

en función das cabezas de gando sacrificadas. Desde o PP, a concelleira Ana Fernández Morenza admitiu a creación desta comisión porque “non temos nada que ocultar”, pero replicou a Doval que xa abriran un expediente informativo tanto ao funcionario encargado de controlar o matadoiro como á empresa concesionaria. Finalmente, haberá unas xornadas de portas abertas no Centro de Coñecemento La Molinera, tal e como pedía OUeC. PP e PSOE votaron a favor, aínda que os dous partidos consideraron unha excusa o acordo proposto pola “marea” ourensá para poder falar da desaparición de material adscrito ao centro e orzamentado en máis de 21.000 euros. DO non presentou ningunha moción nesta sesión plenaria.

Coa abstención de DO, o criterio do PP prevaleceu á hora de aprobar ou rexeitar mocións

Os tres edís de Ourense en Común votando nunha moción./P.LODEIRO.

O PSOE levará a pleno unha moción sobre o transporte metropolitano 4 No pleno do 4 de marzo. Redacción O PSOE presentará no pleno do 4 de marzo unha moción sobre o transporte metropolitano. No acordo pedirá que o Goberno muncipal se comprometa a que o transporte metropolitano asegure “expresa e claramente no seu articulado a reserva da autonomía municipal e as competencias do Concello en todas aquelas cuestións que poidan afectar ao servizo municipal de transportes, á ordenación do tráfico e á mobilidade”; que garanta “o desenvolvemento efectivo e ordeado das liñas interurbanas necesarias para asegurar a relación

da cidade coas súas areas económico-industriais de influencia, nomeadamente a Tecnópole e os Polígonos de San Cibrao e Pereiro” e que se inclúa como alternativa de tranporte público a xestión por parte da Xunta do actual corredor ferroviario unha vez quede liberado trala chegada da alta velocidade á cidade. Finalmente, os socialistas reclaman o compromiso do Goberno local de non firmar ningún acordo “que signifique algún tipo de transferencia material ou económica, directa ou indirecta, ao futuro Servizo de Transporte Metropolitano, cuxa competencia e financiamento corresponde á Xunta de Galicia”.

PLENO DE BARBADÁS

Aprobado o convenio do transporte metropolitano 4 Permitirá abaratar o custo do billete. P.L. O Concello de Barbadás aprobou por unanimidade, nun pleno extraordinario o 25 de febreiro, á adhesión ao convenio coa Xunta para o desenvolvemento do transporte metropolitano. O tenente de alcalde, Xosé Manoel Fírvida, avanzou que este convenio permitirá abaratar o prezo do billete das liñas que unen A Valenzá coa capital (de 1,2 a 0,85 euros) e despenalizar o transbordo co transporte urbano de Ourense. Suporalle un custo de 36.000 euros anuais ás arcas municipais.

O Concello de Barbadás manterá as bonificacións actuais para estudantes (0,50 por viaxe) e xubilados (60 céntimos), e a maiores implementará bonificacións para familias en risco de exclusición social, “de entre un 75% e un 100%” e para persoas con discapacidade, para o que destinará outros 54.000 euros anuais (31.700 euros neste 2016). Asemade, Fírvida anunciou que ten solicitado unha reunión coa directora xeral de Mobilidade da Xunta para analizar a posible creación dun transporte intermunicipal que conecte as parroquias de Barbadás coa Valenzá.


CIDADE

Fomento presentará en abril o proxecto da estación intermodal 4 O Goberno municipal defende que agora o Ministerio traballa “nunha realidade, non unha fantasía” e a oposición cualifica de “tomadura de pelo” a información achegada polo alcalde. P. L. Tras catro anos de goberno e máis de dous meses en funcións, o Ministerio de Fomento comprometeuse co Concello de Ourense en presentar un proxecto de estación intermodal da cidade no mes de abril, “con orzamentos precisos e detallados do custo de toda a operación”, explicaba o concelleiro de Urbanismo, Jesús Cudeiro. Cudeiro facía estas declaracións logo da xunta de portavoces do venres 26 de febreiro, na que o alcalde, a petición de Ourense en Común, daba conta do resultado da súa reunión en Madrid coa ministra Ana Pastor e coa conselleira de Infraestruturas Ethel Vázquez. Desa xuntanza saíra o acordo de asinar un convenio a tres bandas para blindar a a construcción da estación intermodal, “cuxa integración será total e completa”, informaban desde o Concello. Unha reunión de voceiros que o representante de Democracia Ourensana, Gonzalo Jácome, abandonaba aos 15 minutos ao considerar as explicacións do rexedor “palabras ocas” e “unha tomadura de pelo”. “Máis que decepcionante, foi indignante”, era o cualificativo que lle merecía ao voceiro do PSOE, José Ángel Vázquez Barquero, que lle reclamaba a Jesús Vázquez que reaccionase

e se puxese “á fronte dos intereses da cidade”; “a sensación que teño é que desde o Ministerio estanlle tomando o pelo a esta cidade”, engadía. Previamente, Barquero mandara ‘recado’ aos populares: “o novo planeamento urbanístico constrúese a partir da nova estación intermodal; se desaparece, non imos apoiar un plan de urbanismo sen fundamento”, argumentaba. Moito máis comedido, Martiño Xosé Vázquez resaltaba que a postura de Ourense en Común é a de apostar “por un desenvolvemento conxunto de todo o ámbito, que debe contemplar a intermodalidade real e efectiva”. Canto ao arquitcto que firme o proxecto, “danos bastante igual que o proxecto sexa de Foster ou doutro arquitecto, debería ser singular pero funcional e o máis económico posible”, apuntaba Martiño Vázquez. Custo da actuación Pese ás críticas, o portavoz popular, Pepe Araújo, defendía que agora o Ministerio traballa “nunha realidade e non unha fantasía”, pois, recordou, o proxecto de Norman Foster era “unha maqueta sen dotación orzamentaria”. En decembro de 2011, outro Goberno central en funcións -daquela socialista - adxudicara ao equipo do arquitecto británico

Ourense por BARRIOS Febreiro de 2016

PSOE e DO urxen unha solución para os contedores soterrados

4 O PP encargara unha nova auditoría sobre o seu estado. P. l.

Praia de vías da actual estación de ferrocarril./I.O. o proxecto da estación. Naquela altura o Concello estimaba o custo de toda a actuación en 67 millóns. Unhas cifras que non casan coas que baralla o actual grupo de goberno, moito máis elevadas. Cudeiro xustifícao en que eses estudos non se concretaron cos técnicos do Estado nin de Adif; “non se chegou a firmar o convenio correspondente que especificase as partidas definitivas e necesarias para levar adiante ese protocolo, que non fala de partida orzamentaria algunha”, aclarou. Moción no pleno A estación intermodal voltará ser tema de debate no pleno de marzo do Concello de Ourense, ao presentar DO unha moción sobre este asunto.

O proxecto de Foster era “unha maqueta sen dotación orzamentaria”

4 Estación de autobuses Á Xunta de Galicia compételle financiar a terminal de autobuses incluída na futura estación intermodal. Tralas críticas do Colexio de Arquitectos e da oposición ao deseño proposto, a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, precisou que polo momento o que se realizou foi un estudo sobre “o número de dársenas que debe ter a instalación e como resolver os temas de tráfico”. Agora está en contratación o proxecto construtivo que definirá “o deseño e o orzamento final”. Subliña Vázquez que a intermodalidade non implica “que estean todos os sistemas de transporte nun único edificio”, e que en todo caso, a súa consellería traballa “da man e coordinados co Ministerio”.

Os contedores soterrados da cidade, clausurados na primavera de 2014 tras detectar os técnicos deficiencias neles por falta de mantemento, son o último branco das críticas de Democracia Ourensana e Partido Socialista á xestión do Partido Popular no Concello. Desde o PSOE reclámanlle ao alcalde que non derive responsabilidades á oposición e recórdanlle que incumpliu a súa promesa de solucionar a problemática da contenerización soterrada nada máis chegar ao goberno; “é evidente que a día de hoxe non saben que facer con eles”, apuntaban os socialistas nun comunicado. Máis crítico foi Gonzalo Pérez Jácome, de DO, quen acusou ao alcalde de “inepto” por non resolver nos oito meses que leva á fronte do consistorio a problemática dos contedores soterrados, despois de criticar o PP ao anterior goberno por este mesmo motivo. Jácome sinala que existe un orzamento dunha empresa ourensá que estima en 200.000 euros a reparación de 38 das illas soterradas instaladas na cidade; outras oito quedarían inutiliza-

Ojea, Jácome e Castro, de Democracia Ourensana/P.L. das. “Clausuralos custa 450.000 euros, cambialos todos 1,8 millóns”, indica o político, que lembra que o informe encargado polo Goberno popular para analizar esta cuestión “custa o mesmo que o mantemento anual dos contedores, 40.000 euros”. O concelleiro de Infraestruturas, Pepe Araújo, respostou a estas críticas aducindo que “a oposición baséase en datos dunha empresa do sector que seguramente son válidos pero sen estudos previos”. Araújo anunciou que esta semana facilitará os resultados dunha auditoría externa sobre o estado dos contedores.

Un orzamento dunha empresa do sector estima en 200.000 euros a súa reparación


10

Ourense por BARRIOS Febreiro de 2016

Participantes nun curso para parados reclaman o pago da Xunta Redacción Desempregados participantes no curso sobre “Venda de produtos e servizos turísticos”, subvencionado pola Xunta de Galicia e que se impartiu en Expourense do 15 de xullo ao 14 de decembro de 2015, reclaman que ata o momento non percibiron a axuda económica que lles correspondía. Procedentes da capital e doutros puntos da provincia, acudiron, de luns a venres, ao recinto feiral facendo fronte persoalmente aos gastos de desprazamento, cando deberían ter recibido unha axuda diaria de 6,5 euros. Tras presentar a correspondente reclamación na Delegación da Xunta en Ourense, polo momento, non obtiveron resposta algunha.

ECONOMÍA, EMPRESAS E EMPREGO

Linorsa comprometeuse a pagar ás traballadoras de Barbadás o mes de xaneiro 4 Tamén lles deben 15 días de decembro. Redacción Membros do comité de empresa de Linorsa reuníronse o pasado luns co alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, e a concelleira de Servizos, Victoria Morenza, para tratar o impago dos soldos das traballadoras que prestan servizo en instalacións do Concello. Estas traballadores teñen pendente de percibir a nómina correspondente á segunda quincena de decembro e o salario de xaneiro, e temen que non se lles pague por agora a de febreiro. De seguido, o rexedor acudiu a unha xuntanza con Adolfo González, di-

rector de Linorsa e Victor Pérez, director de Operacións, na que estes se comprometeron a pagar esa mesma semana a nómina de xaneiro (a peche desta edición o rexedor non tiña constancia deste pago), pero non adquiriron compromiso sobre os 15 días que se lle adebedan de decembro de 2015. Os directivos de Linorsa aseguraron que na primeira semana de marzo se pagará o mes de febreiro. Ourense O mesmo problema de impagos presentan os traballadores de Linorsa na capital, que acumulan tres meses sen cobrar. Por iso, o PSOE vén de presentar

unha moción para o pleno de marzo, na que solicitan ao alcalde ourensán que concrete unha reunión co director da empresa, así como a inspección do cumprimento do contrato por parte da concesionaria e que axilice o procedemento de contratación da limpeza de centros educativos da cidade ante a súa finalización o 30 de xuño, incluíndo a posible rescisión en caso de impagos ou de incumprimento de contrato, así como sancións económicas.

Os traballadores de Ourense acumulan tres meses sen cobrar

Nesta edición, 14 restaurantes ofreceron ao redor dunha vintena de menús./P.LODEIRO.

Xantar 2016 recibe 20.000 visitas A decimosétima edición de Xantar pechou as súas portas logo de cinco días dirixidos a estreitar a cooperación transfronteiriza entre Galicia e Portugal, así como a iberoamericana, a través da participación de México, país convidado, representado polo Estado de Morelos. Esta terceira edición como feira internacional contou coa presenza de 10 países e recibiu ao redor de 20.000 visitas (un 35% correspondente a profesionais). O seu programa de actividades presentou máis de 115 experiencias gastronómicas, seguidas por ao redor de 6.000 participantes. Exhibicións de cociña en directo da man de recoñecidos chefs de Galicia, Portugal, México e Costa Rica e 25 catas comentadas foron das máis agardadas.


ECONOMÍA, EMPRESAS E EMPREGO

Ourense por BARRIOS Febreiro de 2016 EN BREVE

O Concello solicita cofinanciación para tres plans de emprego

Fernando Bayón e Manuel Baltar, asinando o convenio.

4 Dous serían obradoiros de emprego. Redacción A Xunta de Goberno Local aprobou tres plans de emprego dirixidos á formación e inserción laboral de colectivos desfavorecidos da cidade, para os que o Concello de Ourense solicitará a cofinanciación da Consellería de Economía, Emprego e Industria. En total os tres plans suporán un investimento de 789.214 euros, dos cales o 72% achegaríao a Xunta. A primeira das propostas é o Programa Ourense

Emprega, para a contratación de 60 persoas. O custe global é de 180.000 euros, cun 80% de financiamento por parte da Xunta e outro 20% por parte do Concello. Tamén está o obradoiro de emprego ‘Montealegre’, por un importe de 314.715 euros, dos que o Concello se encargará do 30%. Finalmente o obradoiro de emprego Ourense Termal, por un importe de 294.498 euros, o 27% dos cales deberán ser achegados polo Concello.

4NOTICIA DE EMPRESA

Campus-Francisco prepara oposicións a corpos de seguridade Ademais de ser autoescola, o centro de formación Campus-Francisco prepara oposicións a Policía Local, Policía Nacional e Garda Civil. O centro creou un sistema propio de ensinanza para forzas e corpos de seguridade, baseado nun seguimento e formación total do alumno. Así, preparan de forma presencial o 100% das probas, cunha corrección individualizada da programación didáctica por parte do profesor, e con simulacros completos

de exame. Os opositores tamén realizan probas de nivel coas que adestrar os temas e casos prácticos específicos, e reciben un seguimento continuado, físico e teórico. CampusFrancisco informa de datas, exames e prazas. De xeito paralelo, os opositores poden preparar os carnés de conducir de camión e trailer, que puntuan para as oposicións. A matrícula é gratis. Infórmate no 988 22 63 29.

Instalacións do centro na rúa Camino Caneiro./M.R.

11

4 Deputación e Ministerio de Industria promoven o coworking Participantes no obradoiro de emprego de Barbadás, durante a clausura.

Clausurado o obradoiro de emprego “Barbadás coida de ti” Vén de realizarse a entrega de diplomas ao alumnado do obradoiro de emprego “Barbadás coida de ti”, promovido polo Concello de Barbadás e subvencionado pola Consellaría de Economía, Emprego e Industria e o Fondo Social Europeo. Foron 20 desempregados os que se formaron nos últimos meses en “Atención sociosanitaria de persoas no domicilio” e “Dinamización de actividades de tempo libre”. Os participantes no obradoiro realizaron prácticas en coordinación co servicio de atención a domicilio de Barbadás e nos colexios da Valenzá. O concelleiro de Promoción Económica e Turismo de Barbadás, Xosé Manoel Fírvida, informou da próxima creación dunha base de datos na Oficina de Promoción Económica de Barbadás que permita pór en contacto a demandantes e oferentes de emprego neste municipio.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, vén de asinar co director xeral da Fundación Escuela de Organización Industrial (EOI), pertencente ao Ministerio de Industria, Fernando Bayón, un convenio para promover o coworking na provincia. O acordo de colaboración permitirá a 64 emprendedores desenvolver 88 proxectos, para os que se contará con espazo físico dotado con wifi e conexión eléctrica, formación, asesoramento e organización de eventos de networking. En total, investiranse 800.000 euros, dos cales 640.000 euros serán achegados por EOI e 160.000 por parte da Deputación.

4 Ourense contará unha Lanzadeira de Emprego O Concello de Ourense e as fundacións Telefónica e Santa María La Real, co apoio do Fondo Social Europeo, colaboran para a posta en marcha dunha Lanzadeira de Emprego e Emprendemento Solidario na cidade. A ‘lanzadeira’ servirá para axudar a 25 mozos a adestrar unha nova busca de emprego, reforzar as súas competencias, mellorar a súa empregabilidade e contar con novas posibilidades de inserción laboral. Representantes das entidades implicadas deberán suscribir en vindeiras datas un convenio de colaboración no que se estableza data de inicio, metodoloxía do programa, destinatarios, requisitos e prazos de inscrición.


12

Ourense por BARRIOS Febreiro de 2016

SOCIEDADE

A Escola Oficial de Idiomas contará con seis aulas máis 4 A ampliación comezará en maio ou xuño. Redacción

Voluntarios de Amencer xunto ao xefe territorial de Benestar e a directora xeral de Xuventude./RAMSÉS.

Diplomas para os voluntarios de Amencer

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, entregou as certificacións oficiais da experiencia adquirida aos voluntarios da Asociación Xuvenil Amencer. En total foron 8 mozos e mozas de entre 18 e 30 anos de idade os que desenvolveron nesta asociación un proxecto de voluntariado xuvenil de apoio ás actividades da entidade, como a preparación e difusión dos fondos da biblioteca ou a dinamización de actividades destinadas aos novos integrantes da asociación. Estas credenciais poderán ser engadidas aos currículos dos mozos. Galicia é por agora a única comunidade autónoma que, seguindo o modelo europeo, certifica a experiencia voluntaria.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, anunciou durante a súa visita ás instalacións da Escola Oficial de Idiomas de Ourense que a ampliación do recinto se iniciará entre maio e xuño próximos. Na actualidade Educación ultima o proxecto de execución co fin de sacar as obras a concurso nun prazo aproximado de mes e medio. Cun orzamento previsto duns 580.000 euros, as obras permitirán dotar á Escola de seis novas

aulas. Prevese que a obra estea rematada entre setembro e outubro. Características O edificio da EOI de planta rectangular con aulas aos dous lados dun corredor central. A actuación deseñada consiste na ampliación do testeiro dese edificio, o que permitirá crear dúas novas aulas na planta primeira e outras dúas na planta segunda. Así mesmo, ampliarase tamén a planta baixa para albergar nese espazo de nova creación un novo salón de actos. Mentres, o salón de actos actual dividirase en dúas aulas máis.

A directora da Escola Oficial de Idiomas, o conselleiro de Educación e a delegada da Xunta, no lateral do edificio onde se realizará a ampliación./P.L.


Ourense por BARRIOS Febreiro de 2016

SOCIEDADE

A oferta municipal de voluntariado incorpora catro novos programas

Premio para o Divina Pastora - Franciscanas O Colexio Plurilingüe Divina Pastora - Franciscanas Ourense acaba de gañar o primeiro premio autonómico á Innovación e Experimentación Pastoral 2016 este mes de febreiro, en Santiago de Compostela, co seu proxecto de “Voluntariado Integral”. Este xira ao redor de tres eixos fundamentais: Voluntariado Social a través da “Rede de Centros Escolares Solidarios”, voluntariado medioambiental a través do compromiso dos nosos “Ecovixiantes”, e formación práctica a través da materia de libre configuración “Voluntariado” en bacharelato. O actual proxecto xorde do intento de formalizar e estruturar diferentes actuacións de voluntariado, tanto sociais como de innovacion pedagóxica que a sociedade demanda ac-

tualmente da educación. É un proxecto para todos os niveis educativos do centro, aínda que a maior parte das actividades se centran na ESO e Bacharelato. Varios son os eixos ao redor dos que se vertebra este programa: 1. A apertura do colexio a diferentes organismos e institucións da cidade: Cáritas, bombeiros, Protección Civil, A.P.E.S., Cruz Vermella, Seprona, Fundación San Rosendo... 2. Compromiso coa realidade máis próxima, con dous grandes ámbitos de acción: o compromiso social e o ambiental. 3. Creación dunha materia nova de libre configuración en 1º de Bacharelato e utilización de todos os recursos que a Xunta pon á súa disposición de programas de innovación

13

Redacción

O director do centro, Juan Luis Rodríguez, xunto aos profesores Gonzalo Sánchez, José Antonio Álvarez e Pilar Fernández. (Plan Proxecta: “Rede de Centros Escolares Solidarios”), así como a colaboración con diferentes asociacións, fundacións e ongs que lles facilitan a cooperación con realidades sociais de exclusión, incorporándoos na programación de diferentes materias nas

que o temario o permite, ou case esixe. 4. Creación dun logotipo orixinal, que utilizarán no material impreso e redes sociais (Facebook e Twitter), blogs e webs colexiais para identificar o programa. Co que pretenden expoñer de maneira visual o que entenden por voluntariado.

O Concello de Ourense vén de presentar oito programas de voluntariado activo, que se fomentan desde a Oficina de Voluntariado Municipal, na que actualmente hai anotadas 502 persoas (345 mulleres e 147 homes). Catro destes programas son de nova creación: voluntariado ambiental, voluntariado urbano, voluntariado europeo e un servizo de acompañamento hospitalario e actividades semi-residenciais. Estes programas únense aos que xa estaban en marcha: eventos da ci-

dade; entidades de acción voluntaria; o programa de acompañamento a mulleres que atravesan por situacións de violencia de xénero; e o referido a acompañamento a maiores, menores, persoas con mobilidade reducida e persoas sen fogar. Maiores de 16 anos Para anotarse nos programas de voluntariado só é preciso ter máis de 16 anos e inscribirse na Concellería de Voluntariado (praza de San Martiño, 2, de 9 a 14 horas), na Oficina de Atención ao Cidadán (praza Maior, 1) ou a través da web www.ourensevoluntario.org,


14

Ourense por BARRIOS Febreiro de 2016

SOCIEDADE

EN BREVE

A Deputación pide un centro de continuidade para discapacitados

4Preto de 9.000 ourensáns súmanse á prevención de cancro colorectal Dos máis de 8.700 ourensáns (de entre 50 e 69 anos) que participaron nos últimos oito meses no Programa Galego de Cribado de Cancro Colorectal, do Servizo Galego de Saúde, 542 deron positivo ao test que detecta a presenza de sangue en feces, o que indica a existencia de pólipos, que poderían ser malignos ou chegar a selo. De entre eles, diagnosticouse a presenza de lesións canceríxenas ou precanceríxenas en 214, nos que se iniciou tratamento en menos dunha semana. Segundo os primeiros resultados desta iniciativa, que se está estendendo a toda a provincia, ás taxas de detección de cancro en “Estadío I” (o menos avanzado) pasa do 14% de casos ao 52%, o que permite afrontalo con maior efectividade e moito mellor pronóstico.

4Contratacións irregulares na sanidade ourensá A Tesouraría Xeral da Seguridade Social vén de condenar á Xerencia de Atención Primaria de Ourense e á de Xestión Integrada a abonar, antes do 31 de marzo, 23.291,64 e 12.373,78 euros en concepto de liquidación de cotas da Seguridade Social de numerosos traballadores. Lembremos que o Sindicato de Enfermería (SATSE) en Ourense denunciou ante a Inspección de Traballo en decembro de 2014 “múltiples contratacións irregulares do persoal estatutario temporal, correspondentes a fins de semana e festivos”, realizadas baixo o argumento de que “durante eses días non hai actividade nos centros de traballo”. Agora, a TXSS é contundente: “están a menoscabarse dereitos a estes traballadores posto que non se lles recoñece, entre outros, o dereito ao descanso semanal”.

4 A partir dos 21 anos. Redacción Demostración de como facer unha reanimación cardiopulmonar na xornada de portas abertas de Cruz Vermella./P.LODEIRO.

Portas abertas en Cruz Vermella A asemblea de Cruz Vermella en Ourense organizou o 24 de febreiro unha xornada de portas abertas para socios, colaboradores e poboación en xeral para achegar algúns dos proxectos sociais que desenvolve. Ao longo da xornada, voluntarios da entidade realizaron demostracións de primeiros auxilios realizada por voluntariado de socorros e emerxencias: como facer unha reanimación cardiopulmonar ou como actuar ante un atragantamiento. Ademais, explicaron os diferentes produtos de apoio dispoñibles para facer máis doada a vida das persoas maiores e servizos como a Teleasistencia domiciliaria ou a Axuda a domicilio complementaria. Aproveitando esta xornada, o presidente provincial, Felipe Ferreiro, adiantou algúns dos datos da memoria de 2015. O ano pasado 39.900 persoas participaron nalgunha das actividades da Cruz Vermella. A entidade conta na actualidade cunha plantilla de 78 traballadores, 1.250 voluntarios activos e un orzamento anual de 2,8 millóns de euros.

Ourense logra a menor espera sanitaria de Galicia 4 Con 43 días de media para cirurxía e 29 para consultas. Redacción Os pacientes ourensáns son os que menos agardan para acceder a consulta de Galicia e contan cun dos mellores tempos para ser intervidos cirúrxicamente, segundo o balance de 2015 feito público polo Sergas. Así, os centros sanitario públicos da provincia lograron axilizar a accesibilidade á primeiras consultas, conseguindo por vez primeira os mellores resultados da comunidade cunha media de 29,2 días (22 días menos que a media Sergas, con 51,4 días). En concreto, o CHUO sitúase co mellor dato entre os grandes hospitais, con 30,7 días.

Aumentan as consultas de Telemedicina

Pola súa banda, os tempos de espera para intervencións cirúrxicas mantéñense entre os mellores de Galicia, con 43 días fronte á media autonómica de 70,8. En gran parte a mellora dos resultados débese ao servizo de consultas de acto único e alta resolución, xa que permiten atender as necesidades asistenciais do paciente nunha única visita ao hospital, na que se realiza a consulta e as probas diagnósticas, saíndo xa cos resultados. Atención Primaria Nesta liña de aumentar a resolución cunha menor frecuentación ao hospital, en 2015 Atención Primaria aumentou nun 3,5% as súas consultas, rexistrando un total de 3.384.746. Destaca principalmente a redución das consultas administrativas (receitas, baixas, etc.) nun 55%

desde 2009, que permite ampliar o tempo adicado a consultas de enfermidade. Xunto a elo, incrementáronse nos últimos seis a nos en 17.490 as consultas de Telemedicina,e continúan con grande éxito as Vías Rápidas, nas que os médicos de atención primaria asumen un papel primordial á hora de captar posibles sospeitas diagnósticas, principalmente de tipo oncolóxico. En Ourense están implantados estes circuítos ante a sospeita de cancro colorectal, mama, pulmón, vexiga, próstata, larinxe e melanoma, ademais de lumbalxia e demencia. Todas elas contan cun tempo de resolución máximo menor de 5 días e desde a súa posta en marcha nos últimos cinco anos xa se beneficiaron delas 10.769 ourensáns.

O pleno da Deputación acordou, aprobando unha moción do BNG, instar ao goberno galego a que, a través da Consellería de Política Social, realice as xestións para dotar a Ourense dun centro de continuidade que lles dea cobertura ás necesidades das persoas con discapacidade física e intelectual a partir dos 21 anos, e das súas familias. Igualmente, reclámanlle ao Goberno autonómico que con carácter de urxencia, e para atender as necesidades inmediatas, en colaboración coa Consellería de Edu-

cación, se establezan mecanismos de colaboración para garantir a permanencia no centro de educación especial Miño dos mozos que cumpran esta idade mentres non se resolva a situación con carácter definitivo. Moción de DO A este respecto, Democracia Ourensana levará o próximo pleno do Concello de Ourense unha moción semellante, relativa á creación dun centro de continuidade para os alumnos do colexio especial Miño e demais persoas con discapacidade. Petición á que sumou o seu apoio o grupo municipal de Ourense en Común.

Ofertas únicas na Mostra da Oportunidade 4 Terá lugar en Expourense do 4 ao 6 de marzo. Redacción O recinto feiral de Expourense convertirase de 4 ao 6 de marzo nun gran centro comercial coa celebración da XXIII Mostra da Oportunidade, na que estarán presentes empresas de diversos sectores co fin de ofrecer aos consumidores ofertas moi especiais coas que poñer fin ao período de rebaixas. En 2015, máis de 13.000 persoas pasaron por Expourense durante os tres días de feira, cifra que a organización agarda superar nesta edición, polo que lle ofrece ás marcas comerciais situarse nun gran escaparate polo que pasan milleiros de persoas con

intención de compra, de feito que poderán captar novos clientes e recibir visitantes doutros puntos da xeografía galega que se atopan fóra da súa área de influencia habitual. Textil e complementos, fogar, alimentación, papelería, regalo… diversos son os sectores que estarán presentes nesta 23 edición, que lle permitirán ao consumidor realizar as súas compras con comodidade, sen grandes desprazamentos e a prezos únicos. A feira estará aberta de 11 a 21 horas, e conta cun prezo de entrada dun euro.

En 2015 visitaron esta feira máis de 13.000 persoas


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Febreiro de 2016

15


16

Ourense por BARRIOS Febreiro de 2016

ARTIGOS

4DIARIO DUNHA EMIGRANTE

4AS ANDRÓMENAS E OUTROS CONTOS

Os galegos somos famosos pola cociña Os galegos somos famosos pola morriña, as meigas, a choiva, o noso acento cantarín e carácter dubitativo, o noso pasado de emigrantes e presente de expats, as paisaxes dramáticas de verde interminable, o Camiño de Santiago e os seus peregrinos, os anuncios de Gadis... Podo seguir porque a lista é bastante longa, pero se hai algo que nos fixo particularmente coñecidos en territorio nacional e máis alá das fronteiras, é a nosa cociña: sa, variada e autóctona. Vaiamos punto por punto. Sa Os galegos somos moi dados a auténticos manxares creados cunha fórmula de cociñar antiséptica: ferver. Pódesenos tachar de auténticos mestres na acción de cocer, a que usamos que dá gusto. Da auga ebullente saen os nosos magníficos mariscos, caldos e o prato estrela por excelencia: o polvo á feira, tamén coñecido como polbo á galega. Á hora de sazonar ta-

mén facemos gala do noso gusto polo sinxelo: sal, pementa e aceite de oliva. Máis aló, é territorio comanche pouco frecuentado. A fórmula é sinxela, o difícil é collerlle o punto. O certo é que en Galicia somos pouco fans dos colorantes industriais. Graxas saturadas? As orgánicas que veñen co touciño. Variada Dicía Álvaro Cunqueira que “a cociña cristiá de Occidente non ten despensa de tanta amplitude como a que ofrece Galicia”. Que podo engadir eu ás palabras do mestre? Imposible explicalo mellor. A nosa mesa é colorida e variada en carnes, peixes, mariscos e vexetais. Ademais, a cada prato achégaselle unha romaría. Galicia é a rexión con máis festas gastronómicas de toda Europa. Pronto quizais sexa tamén a que atraia a máis turistas grazas á mercadotecnia que As Pontes fixo da súa coñecida festa do clítoris, ou sexa, do grelo.

“Aos galegos énchenos de orgullo e satisfacción presumir de materia prima, á que alcumamos ‘do país’”

4ARQUIVO VISUAL OURENSÁN

Autóctona Os galegos pómonos en grao sumo Asterix e Obelix coas nosas celebracións: festexemos o que festexemos, que non sexa moi lonxe dos fogóns. Cada localidade ten o seu prato típico, caracterizado non só polo seu modo de preparación, senón tamén porque os ingredientes son abundantes na zona. Que lle pregunten a Hawkings a que vai tanto a Cambados. Se é que ese rodaballo...! Aos galegos énchenos de orgullo e satisfacción presumir de materia prima, á que nós alcumamos “do país”. Era tan obvio que nos levou algo de tempo dar co noso slogan -co que tan identificados nos sentimos-: Galicia Calidade. Este selo garante a satisfacción do cliente co produto. Pero máis aló dos seus fins comerciais, é unha realidade que mellor a explicamos convidándote a unha de nosas xuntanzas para que degustes os nosos viños, carnes, mariscos... in situ. O único que non che garantimos é que sexas fiel á dieta. Pero é que certas regras están feitas para rompelas. Raquel Sertaje

Un par de veces amén Non vou falar de nada, non quero comprometerme, non quero falar da xustiza que sempre se ceba nos pobres. Non quero falar dos caciques que seguen colocando aos seus, hoxe quero ser moi prudente e dicir a todo “amén”. Se a xente dorme fóra, ao acolleito debaixo das pontes, se o frío de febreiro lles fai doer os osos, amén sexa dito! Non importa que morra algun meniño de frío, sempre haberá algún cura que rece despois por el, sempre habera unha vella que diga “miña xoia” namentres outra rebusca no basureiro do Couto as sobras do supermercado que especula ca súa fame. Eu vereino caladiño dende a fiestra, mirarei para outro lado, para as campás de Fátima, que bonito campanario e que ben iluminado! Nin tan sequera vou abrir un anaquiño a boca para dicir que a banca roubou os aforros dos nosos vellos, que os enganaron, que mentiron sen com-

“A lingua ben atadiña, mordereina por se acaso non saia algo dela que poida escoitar quen manda”

Bedoya Duascentas vinte e cinco pesetas de hamburguesa no “Hot–Hut” e unhas partidas nas máquinas recreativas do “Texas”. A tarde perfecta. Nas cabinas telefónicas dun parque de San Lázaro presidido por aquel voluminoso e metálico elefante, os namorados intercambiaban confidencias. A relaxante melodía que paría o teclado do hippie de Santo Domingo, enervaba a parte sentimental dos corazóns en prácticas. Bedoya foi rúa “27”, despois de ser coñecida por “carreiro dos defun-

tos”. Por aquelas, a de Ramón Cabanillas era a “28” e a de Valle Inclán a “29”. Guarísmica tonsura. O tempo pasa por enriba de nós. Decatámonos tarde, cando a agulla pequena do reloxo sinala a porta de saída. O chalé dos Lloria, 3A, o “Flipper”, “Maika”, os “ultramarinos Fernández” de Marisol e Felisindo, o señor Domingos, o último afiador. Tardes de pipas e vespino. Exiguo aval dunha metamorfose. Fernando Valcárcel, membro do Arquivo Visual Ourensán

paixón como lobos que famentos pillan os años soíños no prado e esnaquízanos a dentadas, caladiño vou quedar non sexa que por casualidade tamén se metan conmigo. A lingua ben atadiña, mordereina por se acaso, non saia algo dela que poida escoitar quen manda, que non lle pareza ben que se fale destas cousas, ficarei mudo sen máis e non falarei dos mortos, dos que soterraron en buracos por pensar doutro xeito, e que lle negan aos seus aínda o dereito a enterralos con dignidade, non soltarei nin un chío, mellor é sempre calar que para iso son galego, caladiño gañase máis, sempre caladiños. Ata para pensar un pouco vouno facer baixiño, non falarei do leite que con monopolios e apaños lle expolian aos gandeiros nin cavilarei tampouco na esmola que lles dan os que traballan no agro, nin do prezo das patacas, nin das fabas, nin da carne dos xatos, e que despois se revenden como ouro nos mercados, comerei as miñas verbas e ficarei caladiño. Non coido falar tampouco do traballo que non teñen os mozos tan preparados, de ver como marchan para poder atopar lonxe o que lle negan no súa terra, mentres os que nos gobernan rouban “a mans cheas”, pero ficarei ben calado para estar a ben con todos, hai que ser ben educado e isto nin se nomea

4 Tramitación de carnés na OMIX

Rúa Bedoya. Ano 1982./ARQUIVO VISUAL.

Os mozos de Ourense poderán tramitar todos os carnés con descontos e vantaxes na Oficina Municipal de Información Xuvenil. A OMIX é, por primeira vez, entidade autorizada para xestionar o Carné de Estudante Internacional, o Carné Internacional para Non Estudantes, o Carné de Alberguista e o Carné de Profesor Internacional, así como o Carné Xove (que xa se tramitaba).

entre cabaleiros, non sexa que “alguén” se enfade. Que pensaría a xente se un non queda calado! Xa volo digo agora que penso non meterme en nada, de política tampouco, non se me escapa nada, en boca cerrada non entra nin moscas nin outra cousa, non falarei do noxo que me produce ver como enganan e fan falcatruadas. Aqueles que deberían defender as ovelliñas chúpanlle o sangue e rinse como alimañas, primeiro desafiúazonos e despois volven venderlle aquilo que lle roubaron. Pero vouno decir baixiño ou mellor non digo nada, a mellor verba é a que está por dicir, non sexa que os “gerifaltes” digan que me pasei da raia, e póñanme unha mordaza a min que non digo nada. Para rematar vou dicir o que xa tiña pensado: os bos gobernantes que temos e o seguros que estamos, o ben que os nosos dereitos son por todos respectados, como non se deixa que pase necesidade ninguén, como as leis son para todos e non se abusa dos pobres. Como vos dixen só se pode bendicir, perdoade se ofendín, por se acaso falei mal, pero estas son as “Andromenas e outros contos” que eu escribo. E se meu pai non morrera habíame de dicir: “así me gusta, chiquito, que lle digas con toda a educación, un par de veces amén!” Avelino Jácome


OCIO E CULTURA

Ourense por BARRIOS Febreiro de 2016

17

Ociourense Xove amplía un 30% as súas actividades 4 Chegarán a 1.500 participantes. Redacción O Concello de Ourense amplía un 30% a oferta de actividades de lecer para mozos e mozas do programa Ociourense Xove 2016 coa finalidade de chegar a 1.500 participantes dende marzo ata maio. Este ano o Concello une a dúas Concellerías: Sanidade e Xuventude, neste programa co obxectivo de sumar sinerxias para acadar os mellores resultados. Concretamente, Ociourense Xove 2016 pasa de 17 a 22 as actividades programadas. Con elas, o Concello prevé aumentar un 25% o número de participantes, pasando dos 1.200 do ano pasado a 1.500 nesta nova edición. O orzamento medra tamén, un 15% e pasa de 60.000 a 69.000 euros. A programación pon á disposición de mozos e mozas de entre 15 e 30 anos un total de 22 actividades: deportivas, teatro, baile, xogos, cinema... que se desenvolverán dende o venres 4 de marzo ata a última fin de semana de maio, cando se realizarán as tres derradeiras actividades: Rol en vivo, Andaina sen tabaco e a Festa da Xuventude. O programa está organizado polo Concello de Ourense (que achega 18.000 euros desde a Concellería de Saúde e outros 9.000 euros da de Xuventude) co apoio do Ministerio de Sanidade (que suma outros 42.000 euros). Co-

Remate da actuación de Uxía, Magín Blanco e Santi Cribeiro, no Auditorio o pasado día 20, coa que comezaba a edición 2016 do programa de dinamización lingüística ‘FalaRedes’./P.LODEIRO.

O Auditorio Municipal bateu rexistros en 2015 Cartel do programa Ociourense Xove 2016, que inclúe actividades como escalada, buceo, baile, maxia, etc. x laboran a DXT e Cine Clube Padre Feijóo. As persoas interesadas poden inscribirse a través da páxina web ociourense@ociourense.es, ou solicitar máis información nas concellerías de Sanidade (rúa Concordia, 20, 988 510622) e Xuventude (Praza de San Martiño, 988 388154). Os prazos de inscrición abriranse 15 días antes da data do comezo de cada un dos tres bloques de actividades en que se divide a programación; o primeiro deles xa está aberto. Novidosas propostas O programa de Ociourense Xove 2016 incorpora novidades como os obradoiros de técnicas básicas DJ, masters de xa-

drez e banda deseñada, ascí como conversa en idiomas chamada “Té das 5”. Dá continuidade tamén a propostas desenvolvidades con grande éxito en anteriores edición, como BTT, escalada, parkour, piragüismo, Foto en ruta, A bailar, globoflexia, buceo, Xogos de sempre, Camiñar na noite, Sábados de Cine, Iniciación á Maxia, Cócteles sen alcohol e Caza Foto. As actividades realizaranse en diferentes escenarios, como Espazo Lusquiños, Aula de Saúde, Parque Miño, central de Velle, Campo da feira, Aula de cociña, a cidade vella ou cafeterías, no caso do “Té das 5”.

4 Máis de 104.000 persoas pasaron polo recinto cultural o ano pasado. Redacción O Auditorio Municipal vén de presentar a oferta cultural para o primeiro semestre de ano, “produtos atractivos culturalmente e outros abertos aos proxectos desenvolvidos pola cidadanía de Ourense para exercer de plataforma de proxección e coñecemento de todos eles”, en palabras da concelleira de Cultura, Belén Iglesias. A idea dos programadores municipais para 2016 é a de seguir crecendo en número de asistentes: se en 2015 pasaron 104.042 persoas polas 494 actividades que se organizaron, cifra

récord e cun incremento dun 26,5% respecto do ano anterior, 2016 quere consolidar o Auditorio coma “o espazo referente da cultura na provincia e na cidade”, dixo. Programación infantil Un dos eixes básicos da axenda para 2016 no Auditorio volve ser a programación infantil: “A cita dos domingo ás 12 horas é un éxito de convocatoria, e xa hai meses ampliamos a oferta coa introdución do teatro para bebés, os primeiros venres de cada mes”, afirmaba a edil. Neste senso, habilitouse unha sala específica para as actividades dirixidas a cativos de 0 a 3 anos, e ideouse un

novidoso sistema de bonos para fidelizar o público. “As entradas oscilan entre os 3 e os 5 euros, pero cun bono de 5 aforras o prezo dunha sesión”, explicaba Manuel Freire, programador do espazo cultural. Programación xeral A programación xeral, pola súa banda, pretende abarcar un abano diverso no que haberá obras de primeira orde coma ‘Los 10 negritos’, de Ágatha Christie, música, con Rozalen ou a ópera rock, e outras manifestacións artísticas como danza ou monólogos. “Actualmente”, dixo Freire, “non hai en Galicia espazo cultural que nos poida igualar”.


18

Ourense por BARRIOS Febreiro de 2016

OCIO E CULTURA - especial ENTROIDO

Entre os numerosos participantes no desfile de Ourense non faltaron extraterrestres e superheroes, entre outras moitas espectaculares comparsas./RAMSÉS.

Enxeñososo deseños e moita música, no entroido de Ourense A pesar do mal tempo, as rúas de Ourense enchéronse os Domingo de Entroido de cor, música e moita festa co tradicional desfile de disfraces, que estivo seguido de preto por numeroso público. De entre as comparsas con máis de dez compoñentes recibiron premio “Invasión nas rúas”, “Ao son dos xigantes” e “Fofulandia”; e das de menos de dez, foron galardoadas “Hermanos de Batalla”, “Machines” e “Maravillas del mundo”. Pola súa banda, “Vaca” recibiu o premio á máis numerosa; “Lunch at the sky” por ser a máis ocurrente; e “Marcianos” por contar coa mellor animación musical. A carroza con mellor deseño foi “A.C.Andén I” e a que destacou pola súa animación, “Ciklon”. Por último, Alberto Fernández foi proclamado Rei do Entroido de Ourense.

Numerosas carrozas non se quixeron perder o desfile de disfraces da Valenzá a pesar da choiva, entre as que atopamos pavos reais con vistosas plumas e desafiantes vikingos./R.T.

Barbadás desafía á choiva con disfraces, música e diversión O Martes de Entroido Barbadás non faltou á súa cita co tradicional desfile de disfraces. A choiva botoulle un pulso, pero as gañas de pasalo ben dos participantes e do público venceron. De entre as numerosas e ocorrentes carrozas que se deron cita na Valenzá foron premiadas “A saúde polas nubes”, “Meri Poppins chegou ás Lamas”, “Facendo o indio”, “Os Lolailos Tropic Ou” e “Lunch at the sky”. As mellores comparsas foron “Comamos como galegos”, “A bela e a besta”, “Os nosos oficios”, “Ratos de biblioteca” e “Banthas returns”. Tamén recibiu “Elvis Presley” o premio ao mellor disfraz infantil; os “Jackson Five” e “Homus Orquestatus”, á mellor creación individual; e “Fofuchas animadoras”, “Las Martirio”, “Fantasía Veneciana” e “Vermello Veneciano”, como as parellas máis destacadas.

O carnaval toma a AVV Barrocás

A Asociación de Veciños Barrocás organizou diversas actividades de entroido: o sábado 6 de febreiro para os maiores e o luns 8 para os nenos.

A Asociación de Veciños Barrocás, un ano máis, organizou diversas actividades para que pequenos e maiores gozaran do entroido. Logo de que o sábado 6 de febreiro os adultos o festexaran con cea e baile, o luns 8 foi o turno dos máis cativos, que pasaron a tarde entre xogos e música da man de varios monitores, sen que faltase unha apetitosa merenda.


OCIO E CULTURA

Ourense por BARRIOS Febreiro de 2016

19

O festival Pórtico do Paraíso esténdese pola provincia 4 Chegará tamén a Esgos e Celanova. Redacción

O grupo coa presidenta do Ateneo, Isabel Salgado./P.LODEIRO.

Los Suaves, socios de honra do Ateneo O Ateneo de Ourense vén de nomear socios de honra da entidade a Los Suaves, destacando así a súa alta categoría musical, a súa dilatada traxectoria e o seu papel como embaixadores do nome de Ourense. Yosi e Charli Domínguez, Alberto Cereijo e Tino Mojón recibiron o pin e o carné do Ateneo xunto a unha figura de Sargadelos, nun acto no que o dúo La Dama de Gris interpretou unha das súas cancións, a poetisa Rochi Novoa dedicoulles dous poemas e o xornalista Rodrigo Cota encargouse do panexírico da banda.

Obradoiros para escolares no Arquivo Provincial Redacción O Arquivo Histórico Provincial de Ourense convida aos centros de ensino a participar nunha nova edición do obradoiro “Os segredos dos franciscanos”. Trátase dunha actividade didáctica gratuíta que, partindo da exposición “O legado

de Asís”, convida a coñecer dun modo activo e directo o patrimonio cultural para que o alumnado o sinta como seu e así o valore, respecte e coide. Por medio da experimentación e dos xogos que propoñen os dous personaxes de ficción que guían a actividade, os participantes poden viaxar a través do tempo partindo de vellos documentos que invitan a coñecer distintos aspectos da cultura e dos modos de vida das sociedades do pasado.

O obradoiro dura 1 hora e 30 minutos e comeza nas instalacións do Arquivo na rúa Hernán Cortés, onde se realizan os primeiros xogos relacionados co legado documental que se conserva neste centro. A actividade prosigue cun percorrido por distintos lugares históricos da cidade de Ourense e remata no claustro de San Francisco con outros retos e probas. [+ info en begogal@xeitura.com ou 650 05 70 11]

O IX Festival Internacional de Música Pórtico do Paraíso desenvolverase do 4 ao 13 de marzo cun programa “orixinal e ecléctico”, en palabras do seu director artístico, Juan Enrique Miguéns, no que aparecen destacados nomes da escena clásica coma os franceses Les Éléments, a arpa de Manuel Vilas ou o dúo húngaro Katona Twins, alén da conferencia de Cecilia Rodrigo. A novidade máis importante deste ano é a incursión noutras vilas da provincia. Así, haberá concertos nos mosteiros de San Salvador de Cela-

nova e no de San Pedro de Rocas, en Esgos. O Pórtico inclúe no programa sete actuacións de carácter gratuíto e unha de pago (a do quinteto Spanish Brass Luur Metalls, o domingo 13 no Teatro Principal). Xunto ás actuacións musicais, haberá encontros de Manuel Vilas e La Reverdie con alumnos do Conservatorio de Música, así como a conferencia de Cecilia Rodrigo (luns 7 de marzo, no Liceo), filla única do mestre Joaquín Rodrigo. Miguéns destacou tamén o concerto inaugural: “un repaso da polifonía portuguesa e española desde o Renacemento”, a

cargo dos franceses Les Éléments. E advertiu do limitado o aforo de San Pedro de Rocas, para un máximo de 40 persoas, que requerirá inscrición previa en info@ porticodoparaiso.com. Espazos Catedral, Liceo, Igrexa de Santa María Nai, Museo Arqueolóxico, Teatro Principal, Conservatorio e mosteiros de San Pedro de Rocas e San Salvador de Celanova serán pois os espazos desta edición, que conta cun orzamento de 63.000 euros (fronte aos 90.000 de 2015). O obxectivo é superar as 3.400 persoas que asistiron o pasado ano.

Os franceses Les Éléments serán os encargados de inaugurar esta edición.


20

Ourense por BARRIOS Febreiro de 2016

EN BREVE 4 XXXII Premio de Poesía Cidade de Ourense A Concellería de Cultura vén de convocar a 32ª edición do Premio de Poesía Cidade de Ourense, dotado con 6.000 euros e a publicación do libro. O gañador recibirá gratuitamente 25 exemplares da obra publicada e formará parte do xurado da seguinte edición. A este galardón poderá optar calquera persoa que presente obras en galego ou en portugués, inéditas e orixinais, cun mínimo de 600 versos. O prazo para presentar traballos permanecerá aberto ata o día 22 de abril.

4Concerto dos Resentidos, no Principal Os Resentidos, o grupo máis veterano do rock en galego, sóbese de novo aos escenarios, da man da Deputación de Ourense e dos músicos que integran a big band da Lira, unha sección da banda de música de Ribadavia. Xuntos ofrecerán un concerto singular, que terá lugar no Teatro Principal o mércores 2 de marzo. Baixo o título de “Fai un sol de carallo – Suite”, o traballo que Os Resentidos presentarán en Ourense inclúe un percorrido polos temas máis famosos do grupo, aos que hai que engadir seis novas cancións, mesturando as guitarras e as gaitas do grupo co vendaval da big band da Lira. O espectáculo será gravado en audio e vídeo para editar o que será un novo álbum, co que o grupo retorna ao panorama musical.

OCIO E CULTURA

ENTREVISTA AO CANTAUTOR OURENSÁN YOMELO MONTOSOLO

“A música de cantautor é un coñazo” 4 Coñecemos ao músico ourensán Yomelo Montosolo. tas veces tes que manexarte en situacións desagradables, pero cando a xente sabe as túas cancións, vén verte, canta, ou te anima para que sigas adiante iso compénsao todo e anímate para seguir neste mundo”.

Óscar Blanco Pode que o nome de Daniel Gude non sexa moi coñecido, pero se dicimos que é o alter ego de Yomelo Montosolo, a máis dun apareceralle na cara un sorriso. E é que Dani Gude é o Peter Parker da canción coñera, o Bruce Wayne dos cantautores locais. E Yomelo Montosolo é o Spiderman da broma e o Batman da xolda. Quixemos coñecelo un pouco máis así que nos achegamos e dixémoslle: “Yomelo, temos que falar”. Como empezaches no mundo da canción? Yomelo Montosolo: “Buf! Fai mogollón. Con 17 anos comprei a miña primeira guitarra e empecei a darlle. Nun principio foi para aprender cancións e pasalo ben tocando, logo montei un grupo co meu irmán e os meus amigos de toda a vida. Chamábase “Os Punkracios”, faciamos punk e estivemos cinco anos tocando xuntos. Xa no ano 2000 fun vivir a Vigo e aí empecei como Yomelo Montosolo”. Por que o sobrenome de Yomelo Montosolo? Como xorde? Y.M.: “Nun dos últimos ensaios coa banda, ante a falta de seriedade que imperaba saíume así, de súpeto: “de agora en diante eu móntomo só!” Fíxome graza e escollino como nome artístico. E é que realmente o que ves é o que hai, son un tío só cunha guitarra, non engano a ninguén, o nome o di todo no meu caso”. Se non estamos equi-

Algún soño que desexes cumprir como artista? Y.M.: “Sinceramente ningún. Como Yomelo Montosolo cumprín de sobra todas as expectativas que me marcara nos comezos. Que a xente siga vindo verme e sigámolo pasando xenial, con iso confórmome”. Dani Guede comezou no ano 2000 como Yomelo Montosolo. Seus son algúns dos coñecidos éxitos “La chica de Pull and Bear”, “Tenemos que hablar” ou “Cómeme todo”./ P.LODEIRO.

vocados, levas máis de 15 anos no escenario. Como te ves dentro doutros 15? Y.M.: “Véxome moi vintage dentro de 15 anos. Como che comentaba empecei no 2000 como Yomelo e este ano cumpre os seus 16 anos de vida. Pásoo xenial facendo de Yomelo, así que gustaríame alongalo uns aniños máis, pero non me vexo tocando dentro de tanto tempo. Si que seguirei sempre tocando, pero cara o público non me vexo”. Cambiou moito o Yomelo inicial do actual? Y.M.: “Unha chea! Non mo tomaba moi en serio ao principio e as cancións eran menos curradas que agora. Cada vez viña máis xente aos concertos así que supoño que fun evolucionando cara ao humor nas letras e os refráns, facelos máis coreables para que os concertos de Yomelo fosen divertidos de principio a fin. Desde hai uns anos estou moi contento

de como saen os shows, a xente pásao de marabilla e eu tamén”. Es o autor de éxitos como “La chica de Pull and Bear”, “Tenemos que hablar”, “Cómeme todo”... de onde sae a inspiración? Y.M.: “Realmente as miñas letras son historias moi normais, a quen non lle dixeron algunha vez “temos que falar”, por exemplo. O que fago é esaxerar as situacións e meter moita ironía e humor, así a xente identifícase con elas e failles moita máis graza”.

min, iso por descontado. Na vida real non son tan divertido, son bastante máis soso que Yomelo, que é todo diversión e enerxía”.

Que teñen en común Daniel Gude e Yomelo Montosolo? Y.M.: “Somos a mesma persoa pero moi diferentes en moitas cousas. Temos pouca vergoña os dous, iso seguro”.

É Ourense unha cidade sinxela para iniciarse como cantautor? Y.M.: “Depende ao que aspires. Eu realmente empecei en Vigo a tocar e en Ourense foi moitos anos despois. Xa a xente me coñecía polos vídeos de YouTube, etc. No meu caso non me queixo, tenme ido mellor do que esperaba desde os comezos. A música de cantautor é un coñazo e é complicado ser cantautor en calquera cidade, os cantautores deprimen bastante, Yomelo é todo o contrario a un cantautor polas letras divertidas e por poder cantar os refráns e iso á xente gústalle”.

E que os diferencia? Y.M.: “Sempre digo que Yomelo é a miña parte máis divertida, saca o mellor de

Que lles dirías a aqueles que queren empezar neste mundo? Y.M.: “Que é duro e moi-

Con quen farías un dueto ou algunha colaboración musical? Y.M.: “Con Fran Perea, encantaríame, pero soamente para ver se é tan malo como parece en realidade”. E con quen nunca te animarías a interpretar unha canción? Y.M.: “Con Miguel Bosé, por exemplo”. En que estás a traballar agora? Hai novo disco á vista? Y.M.: “No vídeo de “Anita Dinamita”, temazo do meu último traballo “Las modernas no tienen corazón”, gravado en Vigo por Eladio Santos. Gustaríame sacar un novo traballo con Eladio, pero soamente coas cancións máis coñecidas e graciosas. A ver se o materializamos este ano”. Unha última mensaxe aos nosos lectores. Y.M.: “Que veñan verme! A desconectar dos problemas da vida cotiá cantando e rindo. É unha terapia xenial para case todo”.


PUBLICIDADE

Ourense por BARRIOS Febreiro de 2016

21


22

Ourense por BARRIOS Febreiro de 2016

Un paso máis

DEPORTES

O COB deixa outra imaxe

4 A U.D. Ourense vence 2-1 ao Amoeiro e está cada vez máis preto do ascenso.

4 Os ourensáns perden contra o Barça B pero cunha imaxe ben distinta da deixada ante Cáceres.

R.T.

R. Torres

A Unión Deportiva Ourense suma a décimo cuarta vitoria consecutiva e cada vez está máis preto do ascenso. O partido contra o Amoeiro, rival desta xornada, comezou con susto. Os visitantes adiantáronse no marcador no ecuador da primeira metade. Foi na segunda metade cando os unionistas foron quen de remontar e manter a racha de vitorias. As incorporacións no terreo de xogo de Unai e Omar e posteriormente de Senén deron un plus ao equipo. Xurxo, no minuto cinco, facía o empate e minutos máis tarde era Senén o que lograba o segundo tanto dos capitalinos. O resultado xa non se movería e os homes dirixidos por Rubén García e Fran Álvarez contemporizaron ata o final dos 90 minutos. Máis líder Estes tres puntos supoñen afianzarse máis no liderato de Segunda. Os resultados desta xornada, a número 24, foron propicios para os intereses do equipo franxivermello. Así, dos que marchan nos postos de cabeza o Arnoia empatou na casa do Leiro (2-2); o Santa Teresita perdeu contra o Coles (0-2) e nun duelo directo na zona

A U.D. Ourense ten unha vantaxe de sete puntos con respecto o segundo clasificado alta o Arrabaldo logrou a vitoria diante do Loñoá (4-2). Clasificación Con estes resultados, a U.D. Ourense afiánzase na primeira posición con 58 puntos. A sete está o Santa Teresita (51); a nove o terceiro, Arrabaldo (49) e a 10 o cuarto e quinto, Amoeiro e Arnoira, respectivamente. Máis descolgado, a 14 puntos atópase o Loñoá. Xornada 25 A vindeira xornada a Unión visita ao Caldelao. Outros encontros de interese para a parte de arriba son: Arnoia - Barra de Miño; Loñoá - Covadonga; Santa Teresita - Arrabaldo e Amoeiro - Pontedeva. UDO feminino A U.D. Ourense do grupo 2 de Segunda Galega goleu en Velle ao Atlético Arousana B. Un 7-0 para as de Rubén García que logran vingarse do partido que perderon en Vilagarcía na primeira volta por dous goles a un.

O Ourense Provincial Termal caeu no Pazo diante do filial do FC Barcelona Lassa (79-83) deixando unha imaxe ben distinta á que quedara no último partido na casa. No primeiro cuarto o protagonista nos dous aros foi o cobista Kyle Rowley. O pívot anotaba como non se lle vira antes, pero tres erros en defensa facían que Mbaye se colgara do aro. No segundo cuarto os visitantes lograron distanciarse en máis de 10 puntos no marcador. Porén os locais lograron cortar a desvantaxe e meterse de novo en partido. Na reanudación chegou o bo. Espectaculares 20 minutos finais nos que destacaron xogadores coma Lakovic, García e Sulejmanovic, polo bando blaugrana e Zamora e Rivero por parte do COB. Ao final non puido ser e a experiencia e calidade do base esloveno, Jaka Lakovic, decantou a balanza para os catalanes. Derrota As derrotas son dolorosas, pero estas son me-

nos cando o equipo loita coma nesta ocasión. O respetable marchou do Paco Paz coa sensación de ver un gran partido e de como os seus deixaron a pel no intento. Dous equipos que, a priori, non se xogan nada, ofreceron, quizais, o mellor partido da tempada o Paco Paz. Clasificación Décimo segundo con nove vitorias e 14 derrotas está o COB. Nas sete xornadas que restan para que remate a Liga deberá mirar cara abaixo para salvar as dúas últimas prazas (de descenso). Tras el catro equipos: Cocinas.com, Navarra, Prat e Lleida.

Lucas Nieto no partido contra o Amoeiro./RAMSÉS.

O COB visita ao Burgos a vindeira xornada

Kyle Rowley co balón no partido contra Barça B./R.T.

4 En 1ª División vitoria do Envialia e derrota do Cidade. O Sala Ourense Prolsport pon fin a unha racha negativa que o levou a perder nas últimas sete xornadas. Nesta ocasión, o equipo dirixido por Víctor Sousa e Aitor Álvarez foi quen de dobregar ao Ventorrillo por

COB B O Filial do COB (calidos gallego) gañou esta xornada en casa diante do León (70-66). Con esta vitoria os de Juan Norat son quintos con nove vitorias e seis derrotas. O COB B visita a Betanzos (penúltimo) a vindeira fin de semana.

4 Terceira Vitoria, empate e derrota para os equipos ourensáns de Terceira na 27ª xornada. O Barbadás logra unha importante vitoria rompendo unha seca de máis de 10 xornadas sen gañar. Logrou a vitoria no campo do Alondras (0-2). O Barco perde e frea unha racha de 11 xornadas puntuando; nesta ocasión caeu diante do Vilalbés (2-1). Pola súa banda o Verín empatou diante do Ordes por 2-2 e periga a súa permanencia na categoría.

4 Preferente Na Rexional Preferente impuxéronse o Arenteiro ao Alertanavia (3-1) e o Ourense C.F. ao Marcón (1-2). Mentres, o Monterrei deu a sorpresa e logrou os tres puntos no campo do Domaio (2-3).

4 Xuvenil

O Sala Ourense rompe a racha

R. Torres

Aos tres últimos agárdaos no Pazo. A vindeira xornada os de Gonzalo García de Vitoria visitan ao cuarto clasificado, Burgos.

FÚTBOL

8-5. Esta vitoria supón que os ourensáns continúen na penúltima posición da clasificación de 2ªB pero agora, con 19 puntos, a tres da salvación. Pizarras O Pizarras Los Tres Cuñados venceu con comodidade ao colista Bueu por

En División de Honra xuvenil tocaba derbi ourensán no estadio Miguel Anxo: Pabellón Ourense contra Ourense C.F. Os dous conxuntos estaban necesitados de puntos para poder seguir con opcións de salvación. O Pabellón logrou a vitoria por dous goles, o que supón que saia de postos de descenso. O Ourense C.F., coa derrota, ve perigar a permanencia e continúa de pechacancelas.

dous goles a sete. Os valdeorreses sitúanse sextos con 33 puntos.

o Ourense Envialia goleu a domicilio ao Rioja (0-7) e mantense na cuarta praza.

Primeira División Na Primeira División o Cidade As Burgas caeu ante o Majadahonda (0-3) e perde opcións de entrar na Copa. Pola súa banda,

O Sala Ourense levaba sete derrotas consecutivas

Tizón contralando o balón no partido contra Ventorrillo./R.T.


AXENDA - CLASIFICADOS - INFORMACIÓN DE SERVIZO

Ourense por BARRIOS Febreiro de 2016

23

Ourense por Barrios. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 15-2015. Redacción: r/ Bedoya 7 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352 Correo-e: info@periodicobarrios. com. Distribúe: Lebre Mensaxeira Imprime: Publicaciones Tameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Miguel Rejo. Colaboracións: Silvia Nieto, Raquel Sertaje, Fernando Valcárcel, Avelino Jácome, Pablo Feijoo Nº 14 - Ano: XV - Febreiro de 2016 - Difusión: 30.000 exemplares. Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, chame ao 988 045 352.

4AXENDA Música - 2 de marzo - Concerto de Os Resentidos - 20:30 h- Teatro Principal - 4 de marzo - Concerto benéfico de Antonio Seijo & Skylight “Tributo al pop”- 20:30 h - Teatro Principal - Do 4 ao 13 de marzo - IX Festival Pórtico do Paraíso - Ourense, Esgos e Celanova - 6 de marzo - Ópera “La Traviata” de G. Verdi 19 h - Teatro Principal - 11 de marzo - Concerto de Emilio Rúa - 20:30 h - Teatro Principal Teatro - 4 de marzo - “Choruma”- 17 e 18 h - Auditorio Municipal - 6 de marzo - “Zona en obras” - 12 h - Auditorio Municipal - 12 de marzo - “La mirada del otro” - 20:30 h - Teatro Principal - 13 de marzo - “O segrdo do tendal” - 12 h - Auditorio - 20 de marzo - “Gretel e Bela” - 12 h - Auditorio Cine - 7 de marzo - “Taxi Teherán” - 20:30 e 23 h - Biblioteca Pública - 9 de marzo - “Calabria, mafia do sur” - 18, 20:30 e 23 h - Biblioteca Pública - 14 de marzo - “Unha pomba pousou nunha pola a reflexionar sobre a existencia”- 20:30 e 23 h - Biblioteca Pública Outros - 4, 5, 6, 11, 12, 18 e 19 de marzo - Actividades do programa Ociourense Xove 2016- Diversos espazos www.periodicobarrios.com

4TEL. DE INTERESE

4ANUNCIOS CLASIFICADOS [Deixe os seus anuncios no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]

TRABALLO Ofrécese señora de mediana idade, galega, para tarefas do fogar, coidar persoas maiores ou calqueira tipo de traballo. Só media xornada. Tel. 659 12 91 42. Licenciada en Belas Artes imparte clases de debuxo, pintura, modelado e debuxo técnico, para nenos e adultos. Tel. 669 60 34 14. Ofrécese señora para o coidado de persoas. Pode ser en casa ou no hospital. Con informes. Tel. 669 43 43 30. Ofrécese mozo para traballos relacionados coa construción, carpintaría... Experiencia demostrable. Con carnet de conducir tipos: B, C1, C e BTP. Responsable e serio. Tel. 619 97 93 00. Fanse desbroces económicos con tractor e a man. Tel. 630 52 14 48. Ofrécese señora para traballar no coidado de persoas maiores ou nenos, de máxima confianza e con informes. Tel. 606 42 25 43. Moi económico, fanse reparacións en fogar e negocios, carpintaría, persianas, mobles, etc. Tel. 656 78 24 60. Necesítase señora para coidar unha persoa maior. Tel. 609 66 13 48. Impártense clases de inglés para tódolos niveis ata B2 / First Certificate / Ciclo Superior da Escola Oficial de Idiomas. Grupos reducidos e de xeito particular. Prezos económicos. Tel. 662 17 00 82. Atendo whatsapp.

Danse clases particulares de todas as materias de primaria. A domicilio ou presenciais. Económico. Tel. 666 74 36 60. Poñémosche a túa máquina de café gratis. Tel. 618 64 69 59 (Claudio). Ófrecese señor para traballar de pintor -con 40 anos de experiencia- . Dispoñibilidade inmediata. Tel. 647 640 620. Ofrécese señora para traballar de luns a venres media xornada e tarefas do fogar, coidado de maiores, mascotas, recados, etc. ou ben as fins de semana para coidar persoas maiores ou o que necesiten, tel. 645 77 05 10. Clases de apoio a domicilio,. Matemáticas xeraias e outras materias curriculares. Todos os niveis. Ampla experiencia. Económico. Con CAP. Información en clasesadomicilio2014@hotmail. com e 610 38 25 89.

INMOBILIARIA Véndese casa de dúas plantas en León de Villamarín. Tel. 988 615 263 e 676 75 88 19. Vendo edificio residencial próximo a Ourense, sen intermediarios. Tel. 690 79 5379. Alúganse dúas naves de 422 e 454 m2. Xuntas ou separadas. En Polígono de Pereiro de Aguiar. Parcela 15, fronte a Codisoil. Telf. 639 67 74 32. Cómprase casa pequena con horta preto de Ourense, económica. Tel. 630 03 06 42.

Vendo apartamento na rúa Ramón Cabanillas. Sexto piso con buhardilla, 2 habitacións, cuarto de baño. Tel. 630 032 047. Alúgase garaxe pechado moi amplo e con altillo, na rúa Francisco Llorens. Tel. 637 00 59 10. Necesítase mozo ou señor responsable para compartir piso. Zona Couto. Tel. 637 00 59 10. Alúgase local comercial en Ourense, acondicionado, 60 m2, c/ Fco. de Moure. 375 € Tel: 636.32.95.25 Vendo casa para restaurar pola estrada de Santiago. Tel. 637 00 59 10. Alúganse oficinas en Progreso, unha amoblada, todas exteriores. Bo prezo. Tel. 637 00 59 10. Alugo perruquería en Progreso, 250 euros + comunidade. Tel. 637 00 59 10 Cómprase finca preto de Ourense non urbanizable, económica. Tel. 630 03 06 42. Vendo finca en Loiro. 3.000 m2. Con luz e auga. Tel. 687 62 86 28. Vendo finca de 10.000 m2 con granxa para cría de 100 terneiros con 300 m de almacén con todo o necesario para a cría de animais con a PAC. Zona de Xinzo. Prezo: 140.000 euros. Tel. 686 54 00 87. Alugo apartamento no casco antigo de Ourense. Prezo económico. Tel. 637 00 59 10. Alugo piso amoblado con calefacción e garaxe en Marcelo Macías. 300 euros/mes. Tel. 649 57 13 13

Alugo oficina amoblada de 24 m2. Acondicionada. Lista para empezar a traballar. 150 euros/mes (+ 4 euros da luz da escaleira). Tel. 627 203 131. Alugo habitación en piso céntrico. Prezo a convenir. Tel. 687 134 387.

VENDAS Vendo berce novo de madeira maciza. Regalo colchón, tamén novo. Tel. 988 04 52 74 e 666 84 10 29. Véndese leña de carballo para cheminea. Tractor por 220 euros. Tel. 630 52 14 48. Vendo roupa de señora de moi boa calidade e de marca. En perfecto estado. Tamén telas, cortinas e algunha mantelería. Tel. 690 79 53 79 (Carmen). Vendo mesa de comedor con catro sillas e caldeira de gas cidade Junker. Tel. 626 297 504. Véndese tractor Pasqualis todo equipado. Tel. 695 690 945 e 988 60 30 99. Vendo sofá 3+2 e caldeira de calefacción de gas cidade. Tel. 637 00 59 10. Vendo Renault 19 GTS diésel. 110.000 km.Tel. 627 608 758 e 671 921 854(con whatsapp).

CONTACTOS Mozo novo, con grandes apuros económicos, ofrécese para compañía de mulleres de 40 a 60 anos. Danse masaxes eróticos a mulleres. Prezo anticrise. Absterse de chamar homes. Tel. 697 79 59 28.

Concello Ourense 988 388 100 Concello Barbadás 988 360 000 Deputación 988 385 100 Xunta de Galicia 012 Pazo de Xustiza 988 370 728 Policía Local 092 / 988 388 138 P. Local Barbadás 988 221 050 Policía Nacional 988 391 771 Guardia Civil 988 235 353 Guardia C. Tráfico 988 222 881 ITV 902 309 000 Bombeiros 080 / 988 370 000 Incendios forestais 085 Prot. Civil 24 h. 988 510 254 Prot. Civil Barbadás988 391 479 Cruz Roja Ourense 988 222 484 SOS Galicia 112 Urxencias e ambulancias 061 Consultas sanitarias902 400 116 H. Sta. Mª Nai 988 385 499 Hospital Cristal 988 385 500 Atención Cidadán 988 392 909 Teletaxi 988 21 00 11 Taxis A Valenzá 988 251 471 Taxis Carrefour 988 231 657 RENFE 902 240 202 Estación autobuses 988 216 027 Correos 988 223 083 Fenosa 988 222 222 Aquagest 988 250 088 Atención menor 900 202 010 Asoc. Diabética Auria988 226 608 AECC 988 219 300 C. C. Antisida 988 233 000 Alcer 988 229 615 AFAOR 988 219 292 Alcoh. Anón. 646 645 119 24h. Alc. Anón. 988 269 540 Alcoh.An. 24h. 988 22 76 23 Narcóticos Anóm 671 58 28 38 Asoc.Crohn 630 136 447 Down Ourense 988 370 313 Atención Muller Maltratada 016

4AUTOBUSES liñas e horarios dos urbanos de Ourense en www.urbanosdeourense.es e liñas e horarios dos buses á Valenzá en www.anpian.com


Ourense por BARRIOS Febreiro de 2016


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Febreiro 2016 - Ourense por Barrios by Periodico Barrios - Issuu