Skip to main content

REVISTA ESCOLAR

Page 1

PROXECTO ABALAR Desde este curso 2011-2012, o CEP Xosé Neira Vilas incorporase á Rede Abalar converténdose así nun centro educativo dixital. ABALAR é un proxecto da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que persigue a integración da TIC na práctica educativa en Galicia. O proxecto ABALAR integra os recursos actuais e aproveita ademais os recursos que a Administración Xeral do Estado lles propón ás comunidades autónomas no marco do proxecto Escola 2.0. A implantación deste proxecto supón un salto cualitativo e cuantitativo no modelo educativo galego, co fin de mellorar a súa eficiencia nun proceso de modernización, integrando as tecnoloxías da información e da comunicación en todos os ámbitos educativos. Deste xeito, tratarase de maximizar e aproveitar os recursos e coordinar e impulsar un cambio no modelo educativo, apoiado na formación do profesorado e na modernización do ensino.

No presente curso será o alumnado de 5º de primaria o que comezará esta nova andaina, que se estenderá a todo o terceiro ciclo o próximo ano. Agardamos que a través desta iniciativa da Consellería de Educación, o alumnado complete a súa formación, alcanzando a “competencia dixital” desexada, que implica tanto o dominio das TIC, como o seu uso seguro e crítico.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
REVISTA ESCOLAR by web escolar - Issuu