Issuu on Google+

Cando chegamos deixamos as mochilas e as cazadoras nunhas taquillas e despois unha monitora contounos unha historia. “ A historia trataba de Man un home alemán que chegara á nosa terra e decidiu facer un museo. Estaba durmindo, cando soñou que unha balea negra acercábase a costa e derrubáballe todo o museo e así foi, porque ao día seguinte o PRESTIGE afundiuse e unha marea negra destrozou todo e afectoulle tanto que morreu.” Despois leváronnos a unha sala onde nunha vitrina había fotos e a bandeira de Galicia manchada de negro onde puña NUNCA MÁIS. Despois fomos a outra sala onde había fotos dos aparellos que usaban, os traxes etc. Despois reunímonos no centro e falamos das fotos que miraramos.


Logo marchamos a outra sala máis na que había máscaras con botellas e por último subimos a sala de manualidades e fixemos unha máscara.

Lara 4º B


Visita ao Marco