No seguinte texto recóllese unha conversa de 14:04 minutos, feita en Marzo de 2009, na parroquia das Pontes de Gatín, Concello de Becerreá. Recollida por Tamara Ares Díaz para a clase de antropoloxía, 1º de BAC, IES Becerreá. Nela participan ,xunto coa propia Tamara, as seguintes persoas, todas elas naturais de as Pontes de Gatín: o Elvira Díaz Fernández, 71 anos, xubilado. o Manuel Díaz Fenández, 85 anos, xubilado.
TRANSCRICIÓN Tamara: Saben algo sobre a menciña popular? Elvira: Sí . a ver Manuel, con que te curou túa mai? Manuel: Con que me curou… de que ? T: Cando che dispararon na guerra civil… Elvira: ao riñón… T: Que lle pasou? Manuel: No, o riñón téñoo. Elvira: Tén aquí unha furada . Tén un furado que case lle colle o puño, si, do terminal da guerra. Pois don Manolo, o médico...que era don Manolo, pois…xa o mandara…pra onde te mandara? (pregúntalle a Manuel)… a ver oh?! Manuel: Manuel… Elvira: Pérez Rosón. Manuel: Manuel Pérez Rosón, médico de medicina interna. T: E non che fixeron nada? Elvira: Non oh! Xa o mandou pra…que estaba tuberculoso. Para onde te mandaran? Manuel: Pra Guaderramas ou Valderramas. Elvira: Eso mismo xa o daban… Manuel: “A morir”... ao sanatorio de tuberculosos. Elvira: …por morto, pero non foi, non claro. Manuel: E despois miña mai díxolle a meu pai, díxolle aí: que morra, que viva o fillo non sale da casa. Elvira: Eso mismo. A túa bisabuela, e... bisabuela, pois dixo: que el morra que el viva non sale da casa. E a poder de herbas… Manuel: E o fillo eino curar eu (indica como dixera a nai de Manuel) Elvira: …e a poder de herbas, desas caseiras que hai nos campos, curou. E velo hai está T: E que herbas utilizou? Elvira: Pois…unha herba que lle chaman a “malva”…xa cha enseñarei… Manuel: Malvas, malvas. Elvira: Malvas. Pero xa che enseñarei a herba esa, aora… T: E non me dixera algo da celidonia? Elvira: E a celidonia. Manuel: Hierba buena, que é a celidonia. Elvira: Chámanlle herba buena. É herba buena, pero sabes que che é? Droga… Manuel: …é droga me cago en…
1
Elvira: …é droga. Esa herba , se os xatos tein lombriza. Se collen lombriza como os cristianos, estrúghala auga esa (a herba esa en auga) deíxala a serenar toda a noite. E á mañá cólala e daslla o xato en aiunas, e mátaslla lombriza en un segundo. Manuel: Chámase “hierba buena” a cilidonia. Elvira: A celidonia… T: Logo eso matoulle o encangrenamiento?(falando da ferida que lle fixeran a Manuel no riñón) Elvira: Pois curou, guapiña, curou. Manuel: Non, rebentou, e saliu todo para fora.... Elvira: …fíxolle rebentar. Manuel: …que eu tiña así…era un vulto así. Elvira: Un vulto así como de pus. Manuel: …eh! Elvira: …pero grande, pero grande, eh! Grande como… Manuel: E a carne toda trillada, pudriu toda e saliu toda. Elvira: …grande como unha rodilla, grande como unha rodilla eh! T: E a bala quitáronlla, ou traspasáralle? Manuel: Saliu pa fóra con eso… Elvira: E logo, e a poder… Manuel: …e a metralla que tiña. Elvira: …e a poder de poñere paños de eses, non sabes? Manuel: A poder de quenturas… Elvira: …de poñer paños de eses…veña, veña, veña… Manuel: Pois rebentou… Elvira: …rebentou… Manuel: E a si que rebentou saliu todo. Elvira: Saliu todo… Manuel: E quedou todo o cárcago así… Elvira: Quedou furado… Manuel: E víase a columna de todo. Elvira: Víase un furado aquí… T: E cerroulle? Elvira: Claro… Manuel: E ti non viches o que teño? Elvira: Claro…soldou. Manuel: Bueno, pois mirao aquí (mostra a marca) Elvira: Soldou. Manuel: Mirao, carallo, nena… Elvira: Mirao guapiña, mirao, verás que ben soldou…mira, mira. T: Ai! Mira…dios! Elvira: E logo? guapiña… T: …tés un bulto negro… Elvira: Claro, home claro, porque… T: ai non! Telo cerrado… Elvira: Claro por que se soldou, guapiña… Manuel: Ou que te crees tu… Elvira: E logo?….apúntao todo. Manuel: Ou que te crees tu, que eu coxeo de broma, ou? Elvira: El coxea por eso guapiña, claro...
2
Manuel: E mira pra aquí…mira o ghuego que fago …(él enséñame o movemento que fai a súa rodilla) Elvira: …claro, por que lle falta ghuego. Manuel: E non ves, tiña que… estala a rodilla, mira. Elvira: Claro, guapiña claro, é así mismo. Apúntao, apúnta eso…eso son herbas… Manuel: Está o riñón desplomado pra baixo. Elvira: Oiche Tamariña, eso son herbas do campo. Hainas aquí pola beira do camin, pola curtiña… T: Fixo cicatriz. Elvira: E logo?, cicatrizou. Manuel: E despois desde que rebentou. Elvira: E logo… Manuel: Desde que rebentou, eu non podía desdecir del; de don Manolo. Non sabes? Por que deneguei no tribunal… Elvira: Nel, nel. Manuel: Manolo …no médico de medicina interna que había aquí, o médico máis novo que había… Elvira: …e era el. Manuel: …e era el. T: E non lle serviu de nada o médico? Elvira: Non o curou, nada. T: Todo por método caseiro. Elvira: …nada… Manuel: E despois, desde que…que me rebentou …e dixo… Elvira: …despois dáballe a risa… Manuel:…e dixo; pois aora non cubre. Elvira: E logo. Manuel: E díxolle o papá e a mamá, haí na bodega donde está o conghelador. Tiña aí a cama mira que sitio tiña… Elvira: Bueno, e estaba haí… Manuel: Non había outra. Elvira: É a que estaba na habitación, a dichosa cama… Manuel: Eh? Elvira: Esa cama compráranlla a David da funeraria…eh! Mira que tén tempo…desa cama, e logo guapiña! Manuel: E despois… Elvira: Mira que ben soldou. Manuel: …E despois leváronme aí donde está a remolca…que daquela había unha sombra aí. Había unha sombra, facían unha sombra os castiñeiros. E aí pasei días e meses… Elvira: aí á sombra dos castiñeiros. Manuel: Deitadín eh! T: Para que lle curara, ou? Elvira: Porque non se podía mover. Manuel: Non me podía mover. T: Ah! Manuel: E aí estaba pasando… T: Tomabas algo? Algún remedio? Manuel: E facíanme as curas, a mamá Elvira: A poder de facer curas…
3
T: E non che botaban alcol nin nada de eso? Manuel: Nada. Elvira: A poder desas curas, e logo?, guapiña… Manuel: E de lavar con augas de herbas , e despois… T: Logo era curandeira… Manuel: Non era curandeira Elvira: Hai herbas, que curan guapiña. Manuel: E verdá. T: E conocisteis algún curandeiro? Elvira:… Manuel: Que curandeiros! Aquí… Elvira: Había curandeiros oh! Manuel: Había, sí oh! T: E conocisteis algún? Manuel: O que lle chaman aora os praticantes. T: Curandeiros que utilizan herbas. Elvira: Que utilizen herbas…. Manuel: Hai eses, había un, había un en Samos, pero morreu… Elvira: Ese, ese. Un deses, fora ese, fora outro. Ese foi o que mentras viviu el , foi o que estaba Antonio da Casoa ben con el amigo, e dalí a que faltou eso, Antonio ao carallo… T: E curou a algunha persoa, ou? Sabedes? Manuel: Eh? T: Se curou a algunha persoa ou… Elvira: Eso si que non… T: Ou como… Elvira: Antes había muitas pesonas, curandeiras con herbas, non eran con cousas da farmacia eh! Eran con herbas dos campos T: E sabes algunha herba que… Elvira: Hai moitas herbas nena. O romeo xa é unha planta… Manuel: O romeo encheuse miña mai… Elvira: O romeo, xa é o que daban antes para…ahora dicimolo cáncer. Por eghemplo alá…aora eu teño feito, tein parido as vacas e non se desquitar, non se desquitaban. Unha que tiñamos negra, pariu normalmente, e as esquitas quedaron dentro. Que é onde ten o xatín, entonces, aquela era destas vacas negras coma as que tiñais vosoutros, destas vacas de leite. E tiña unha sede que... babábase e eu cocíalle potas de auga de romeo. Deixábao enfriar. A cousa de sebo non se lle pode dar cousa quente, ten que ser cousa fría. Os cochos é defirente, pero o ganado; as cabras i as ovellas , todo eso, os rumiantes non poden comer cousas quentes. Bueno e tiña sede, e o poder de… cocíalle potas de auga de romeo, e botálle un caldeiro de auga de romeo e bebía. Os tres días, nin vir vitirinario nin nada, tirou todo. Non sei, como se a limpiara…e logo, i eso… T: E que dicen que o romeo e moi bon pro… Elvira: Home! o romeo…O romeo é pra cangrena, en contra da cangrena. Que dicímolo cangro: cangrena, cangro. O cangro é o cáncer, cangro…E eso Manuel: E logo que pensas? Elvira:…E eso, o romeo, ahora tu…é mellor que non caiga logo. Pero tu agora mismo estas lavando na cabeza tanto con: champú, champú, champú, champú, veña lava, lava, lava, lava, lava, lava, lava na cabeza. E colles e coces , un pouco de romeo, tés que colalo. Por que claro, lavala cabeza, ben sabes que a cousa verdosa sale auga verdosa. E cólalo e despois, lávala cabeza coa auga esa de romeo e xunta o pelo.
4
T: E médrache? Elvira: O romeo xunta, non sabes? Favorece o pelo, porque o romeo…Cando ves desnudalo romeo? O romeo está sempre…se non que seque, está sempre… Manuel: Sempre coa folliña.. Elvira: …sempre coa folliña. Onde se fai mitad da mel das abellas? Donde teñas ben romeo as abellas, hacia ese rato che vain. Ou que pensas? Manuel: Por que Cataluña ten tanto mel? Elvira: E logo… Manuel: Porque Cataluña está así de romeo Elvira: Claro, e o romeo é medicinal. Manuel: Dónde veu o romeo? De Cataluña… Elvira: É medicinal. Tu teis unha ferida, mellor non a ter, pero das en lavar con el, veña lavar, férvela auga , das en lavar con el ou tómala e lavas e o romeo cicatriza. Antes é o que había guapiña pra cousas…que antes non había médicos nin había como hai aora: chapa…chapa cartos. Médicos: chapa cartos, quen dixo médicos, chapa cartos. E logo, despois hai outra, outra planta, o tomillo. O tomillo tamén é medicinal. Non o hai en todo os sitios, o tomillo non o hai en todos os sitios. O ourego tampouco o hai en todos os sitios. O tomillo onde estades vosoutros non hai tomillo nin hai ourego nin hai nada. Alí non hai unha planta de medicina “todo es mierda”, falando ben axiña. Pero aquí o carallo, aquí hai, hai muitas plantas que non conocemos. Mismamente se te cortas… T: Se tes unha ferida moi profunda para… Elvira: Que non a teñas. Ahora mismamente cortáchete e pra que solde, de esas alimachas negras. Ben sabes que están polo campo, esas negroas que botan aquela tez. Colles a alimacha esa… T: Son babosas… Elvira: A babosa esa…e despois cicatriza donde este cortado, non a quitas e solda. E é unha alimacha, e é unha babosa. Ti ben ves que está na herba, é o que come herbas. T: A min díxome o cura unha vez que lle mandou a un can lambela ferida para que lle cura, nunca vin tal cousa. Elvira: Si, si, dicen que sí, pero o caravillo que o can chapa cousas malas. Manuel: Escoita unha cousa que che vou dicir : Quen cho dixo, o cura ou? O último recibo…. Elvira: Ten coidado guapiña… Manuel: Escoita o que che digo. E colle a palabra polo seu sitio; o último recibo, quen é nas personas? Elvira: O cura… T: Non sei…. Elvira: É o cura. Manuel: Vaite tonto vaite pro furado… Elvira: No, no, os cais ben sabes tocan a todo, ó final… Manuel: Mira, escuita, escuita o que che digo… Elvira: Tocan a todo guapiña, ben o sabes. Manuel: Escuita os cais infectan… Elvira: Se hai un bicho na carretera morto, alí se envorcallan… Manuell: Alí se envorcallan o lombo dos casi… Elvira: E se non fíghate, cando hai unha pinchorra dan voltas en ela ata que se cansan. T: E se te morde unha culebra? Elvira: Eso xa é defirente… Manuell: Hai eso…
5
T: A min dixérame o veciño, Manolo do Xastre, cortar donde te mordeu con un cuchillo… Elvira: E que solte sangre, e amarrar, amarrar pa que a sangre non…e… Manuel: Depende de que culebra sea. Elvira: E dicen; tomar leite e allo, é en contra do veleno…e aceite Manuel: Tu se queres defenderte das culebras, untata de allo e non teñas medo… Elvira: Allos e unhos cornos de bacaloura. Manuel: Unha bacaloura que teña unhos cornos… Elvira: E unhos allos. E metes unhas salugas de allo no bolsillo…E Trina de Redumuiños en paz estea traías a diario con ela o allo e a…porque é en contra delas . Elas tein distintivos tamén para as persoas. Manuel: E o leite, as culebras, son fillas del. Maman as vacas… Elvira: Claro, mámanas, bueno oh!…e suavecitas. T: E para o catarro? Elvira: Para o catarro tomillo…. Manuel: Escuita, na cuadra de Alfredo… Elvira: O tomillo… Manuel:…tiñan unha vaca blanca coma… Elvira: …ourego e o romeo… Manuel: …tiñan unha vaca do color…tiñanche unha vaca do color da nosa Cachorra … T: Si que mo dixeches da outra vez. Manuel: Unha vaca que tiña os cornos… Elvira:…pra o do sintrom non se pode, descontrólache todo filla. T: Por eso che dera mal… Elvira: Claro. E o señorín que…o da casa nova de Ouselle, e o que tomaba tamén descontrolou todo… T: Pero pasoulle o catarro? Elvira: O catarro pasou pero…
6