No seguinte texto recóllese unha conversa de 32:09 minutos, feita a finais de Marzo de 2009, na parroquia de Donís, concretamente na aldea de Moreira. Recollida por Lorena Rodríguez González, na Casa de Paula (Foto núm. 3) para a clase de antropoloxía, 1º de BAC , IES Becerreá. Nela participan,xunto coa propia Lorena, as seguintes persoas, todas elas naturais de Donís: o Aladino López Suárez,74 anos, xubilado, por culpa dunha
operación ten dificultades para falar. Cando non é audíbel a entrevistadora, Lorena, interprétao. Foto núm. 1 o Concepción López Suárez, 86 anos, xubilada. Foto núm. 2 o Marisa González López, 42 anos, empregada. Foto núm. 2
Transcrición 07-05-09 Están presentes Concepción, Aladino e mais eu (Lorena), máis adiante únese Marisa. Minuto 00:01 Concepción : cuando ós nenos nos doía a barriga en vez de darnos outra cousa calquera un medicamento ou deso , dábannos unha planta que había no monte que se chamaba Seixebra Lorena: Seixebra ! Concepción : Seixebra, había que partila a folliñas,lle botalas en augua ie se cuadra de a de tomar mañá , recollíase esta noite , quedaba en augua , ie despois bebiamos aquela augua , ie dábannola, lle dicían que era boa para barriga Lorena : para barriga…e… tu conoces algún curandeiro ou algo que se dedicase a eso a…? Concepción : no… por eiquí así como curandeiros non había… Minuto 00:58 (Aladino dí que si que había curandeiros por esa zona) 1
Concepción : home Pepe Alonso era se por ejemplo rompías ua perna ou un brazo ou un…ou eso, pois se habías ir a un médico como van augora ie ingresalo na residencia ie tal … arregláballela el Lorena : arregláballela…. Concepción : é verdá, facía as curas non se de que maneira ie poñíalles, facía el un emplasto, plaste…un emplasto, con xabón ¿lle que máis?, según auguora enllesan … Lorena : Si Concepción : el facíache así un pegote de...de calquera cousa , ie poñíol eilí , ie tamén un pelexo do viño , quitábanlle un pedazo ó pelexo do viño , ie como os pelexos do viño tiñan pez, pois poñíol alí na rotura, así… Minuto 02:02 Lorena : lle…por ejemplo, dos curandeiros, o sea, dos que había por equí eran homes , o sea, eran mayoritariamente homes ou tamén había mulleres que facían deso? Concepción : máis ben homes…eu non conocín máis ca Pepe Alonso Minuto 02: 20 Concepción : Felicita de “Mon” rompera non sei se ua perna …lle curaral el ,lle curara en seguida e… Concepción : ai! rompiches ua perna tu.. Lorena : pera, ponmo eiquí… Concepción : bueno romper ua perna ou un pé eso si… Lorena : Cando rompiches tu unha perna? Romperas tu unha perna Concepción : lleu tamén rompera un pé, ie tamén me curou el… Lorena : ie quéresme dicir que te curara unha muller, ou qué? 2
Concepción : ai aquelo que decían que pasaban por encima? Aladino asinte coa cabeza Lorena : ah! cando rompías unha perna ou un hueso que tiñas…que che pasaba un…pa volvercho ó sitio? Minuto 03: 57 Lorena : Cómo? Unha muller… Concepción : eiquí desta casa Lorena : desta casa? Concepción : desta casa… Lorena : facía, facía eso? Concepción e Aladino asenten Lorena : (interpretando a Aladino) : abuela de Pólito…(foto núm. 4) Lorena : ah, o sea , a nosa bisabuela! Concepción : decíase que tiña que ser ua muller que trougera dúas criaturas dun parto , verdá? (Aladino asinte) Lorena : ie trouxo, si? Concepción : ela claro cos trouxo, claro cos trouxo… Concepción : despois, pasaba, facíache como unha almuada , ie tendíachal no suelo…para poñela perna así media en vango, llasí , ie despois ela pasaba por encima, encima donde estaba aquela rotura… ie tamén brazos Lorena : o sea, que para curar, o sea as roturas lleso…calquer cousa que che pasaba? (Aladino dí que para calquera cousa) 3
Minuto 4:49 Concepción : parece que namáis había o de pasar ela por encima. Lorena: o sea, que pa eso tiña que ser unha muller deso pa… Lorena ( interpretando a Aladino) : claro volvíache o chisme (óso) ó sitio Minuto 06:09 Lorena : ie por ejemplo algunha herba que aiga por eiquí , o sea que a utilizarais vós?, o sea que sea mui conocida por esta … Concepción : e ua herba para que? Pra curar Lorena : algunha herba, ou unha planta ou algún remedio que... Concepción ( a Aladino) : eu toulle dicindo da seixebra que non... (Aladino intenta explicar algo que se utilizaba para as cortaduras, máis opta por escribirmo nun papel) No papel pon que para as cortaduras se facía como un descomposto con calquera das seguintes herbas : follas de fístola, de violeta ou de pan queixo (Minuto 08:04) Concepción : máis ben da fístola... Lorena: a fístola qué é unha árbol ou unha plantiña? Concepción : unhas plantiñas que che hai no monte nos charcos , onde hai así un charqueiro de augua eilí nacen as follas da fístola , llas violetas en calquera sitio, pero “baaah...” as violetas... Lorena : ai eu teño visto culebras , envoltas nas follas da violeta Concepción : eso dicen , eso dícen . Clavadas nelas… Lorena : Sí, osea así como se as partira alguien, sas quixera matar…e despois tar envolta ela nas follas da violeta …
4
(Aladino dí que isto é verdade e que a violeta fai que se volva unir a pel) Minuto 09:03 Concepción : o pan queixo... tamén se usaba mutio porque cando se cortara padre, en paz descanse ,puñerámoslle mutias follas de pan queixo Lorena : esto todo pras cortaduras? E facíao cada un na súa casa non facía falta chamar a… Concepción : nada nada nada esto cada un en súa casa Lorena : o sea ó curandeiro chamábase cando era algo máis..máis importante. (Aladino asinte) Lorena : dunha vez que ... non viñera equí un señor …cando tuveras tu… herpes nun labio, ao oh parece que me acordo eu algo deso de pequena...no n será ese que dís tu? Non lle viñera curar o herpes á abuela? Concepción : a ver se é polo de Vilarello oh? Lorena : non sei..quen é...vino nada máis esta vez eiquí , llasta non sei se che pasaría unha pedra… Concepción : era de Vilarello…pero non eran herpes…eu non sein qui era… (Entra Marisa) Concepción : que ata cas ortigas…poñíanme ortigas tamén eilí dicíame que dar con elas nas espaldas…e fora verdá co ficen ,poñelas ortigas nas espaldas , levalas a dormir para cama ie na cama cando me parecía poñelas … Lorena : ie curouche ¿ si? Concepción : aínda hoy non me curou… Lorena : no? Marisa: era unha artrosis… 5
Concepción : claro… Concepción :-Si, dicíase que curara mutios pero eu non vexo a nadie curado. Vas curando tamén, todo dios vai curando co tempo… Minuto 11:31 Concepción : - El dicía que ata quixera curar o cáncer, nena, a un de Xantes que estaba morrendo e co curara el do cáncer . Marisa : - E usté crei eso? Que curara algún? Cura ao que quere curar. Concepción : - pois el é hoxe que aínda ten aquela tolén na cabeza Marisa: - Porque está tolo¡ Concepción: - é verdá… aínda che ten hoy aquela tolén na cabeza. Marisa: - A ver se lle parece a el co cura logo, a ver. Concepción: - Claro… Marisa: Cúrallo se non é maligno. Minuto 12:10 Lorena : - Bueno, e a parte deso pós animales había algunha…? Deso que lle facía o abuelo…á vaca cando se lle metía o bicho…debaixo da lengua? Non lle facía algo á vaca? Como lle chaman a eso? Marisa: - Coutáballe a solingua Lorena: A solingua!¡ esa, esa . Concepción :- había que pinchalas . Lorena: - pinchalas debaixo da lengua? Concepción:- é verdá.. Marisa:- No , papá decía cas curaba con un rezo. 6
Lorena:- claro, pero primeiro facíalle eso? Marisa:- No, coutabas e xa estaba Concepción:- ai! porque eso de por aquel monte arriba van tres ciervitas venditas, eso non era a solingua? Aladino dí que Si Concepción: ai era? Era a solingua. Aladino explica que o normal era cortalas debaixo da lingua pero o que non sabía cortalas, facíalle o rezo. (o rezo era algo substitutivo) Minuto 13:37 Concepción : Eu non o sei, eu sei que se rezaba eso : por aquel monte arriba van tres ciervitas… Marisa: benditas. Concepción: la primera va diciendo morre boi morre vaca de fulano , la segunda va diciendo coutalas con unha vara de ablaira, de acebo o aunque sea de ablaira , la tercera va diciendo que ni pez mata rana (que a rana é a solingua) ni rana mata pez. Eu sabíal así. E decían que así se coutaba a solingua Marisa : e o abuelo coutabas. Concepción : Eu tamén as coutei, valese non valese…no, ieso si que che é verdá que as vacas sanábanche . Por aquel monte arriba van tres ciervitas benditas, la primera va diciendo morre boi morre vaca de fulano del mal de la rana , la tercera va diciendo coutarlas con una vara de acebo o aunque sea de ablaira , la tercera va diciendo que ni pez mata rana ni rana mata pez . E na mais…despois non sei se po “mal bravo” … ai no po mal bravo no . (Aladino di que tamén para os” lombois” se facía un rezo ) Marisa : eso era con unha navalla Lorena : ah! o que lle metían a navalla así polo lao?
7
Marisa : no, no, coutábase e facíanse unhas raias , fixérallo eu á Rubita tamén , como era?non sei que da navalla á terra Concepción : Lombois ó ferro e o ferro.. Marisa : á terra, e deixábala caer, lombois ó ferro e o ferro á terra. Concepción : tiñas que por ejemplo, esta é a vaca e esta é a cabeza e aquí ten o lombo eiquí ten o mais claro, tiñas que empezar así , tres veces , ua ( fai o xesto de mover o coitelo dende unha pata ata a outra) Lorena : e deixábalo caer , despois, si, desde a espalda pola barriga abaixo Concepción : polo medio da barriga e polas patas de atrás ie polas de alantre ie desde o fucín tamén ó rabo Lorena : son tres veces, unha de adiante ata o rabo.. Marisa : unha era polas patas de adiante , outra desde o lombo ata pola barriga, verdá? ó suelo, e outra polas patas de atrás, e despois a outra non era polo fuciño así pra tras Aladino explica que eran nove veces Concepción : tres e tres seis e tres nove Lorena : tres da espalda Concepción : e outras tres veces de eiquí a eiquí ie despois eiquí se lle van sendo as patas de atrás outras tres veces , lombois ó ferro e o ferro ó suelo (x3) , Llerache eso, bo!mira como lles… Marisa : e se non llos coutabas, rebentaba Lorena : Si que lles facía? Si? (dirixíndose a Aladino) Marisa : non sei se era casualidá ou non pero… Lorena : no, non ten que ver eh¡ por ejemplo pos dolores de espalda estábame contando Iván que non sei con que ferro o pasaban pola espalda e o ferro empeza a estalla e é pa cando colles aire na espalda, o ferro é porque ten esas propiedades curativas.. non ten porque ser mentira eh… 8
Minuto 19:15 Concepción : Despois si que non sei se lle fain algunha cruz ca navalla se que non…(agarra o aparello co que se está recollendo a voz e úsao a modo do ferro que hai que utilizar para curar os lombois) esta é desde o fucín ó rabo (tira o aparello) , despois eiquí son as patas dalantre ó rabo (tira o aparello) despois eiquí é o medio da bandouga (tira o aparello) despois eiquí son as patas datrás (tira o aparello) e cada vez decir así : “ lombois ó ferro e o ferro ó suelo” (tira o aparello) ie tres veces, tres veces de equí a eiquí , tres veces de eiquí a eiquí ie tres veces de eiquí a eiquí , tres por tres nueve, así non son (sete?ben?) Minuto 20:18 Mentres Concepción explicaba, Aladino e Marisa mantiñan outra conversa Marisa : Ai, ás cabras tamén , ai por dentro…(Aladino acabáballe de contar que iso tamén se lle facía ás cabras) decían que empezaban a dar patadas lle… Minuto 20:34 Mentres Concepción segue co rezo dos lombois “lombois ó ferro e o ferro ó suelo” (movendo o aparello) Lorena: ás cabras tamén se lles facía así? (Aladino asinte coa cabeza) Concepción: …”o ferro ó suelo”, e perceme que xa non son máis veces porque así salen ..casi 12 veces, xa o ficen de eiquí a eiquí xa o ficen ua, dúas Lorena : teñen que ser, mira, da cabeza ó rabo unha vez e polos lados dúas de cada . Concepción : polos lados tres de cada, eiquí esa é a cabeza , esta por eiquí están as patas dalantre que hai que facérllelo tamén , por eiquí ta o medio da bandouga que hai que facérllelo tamén , por eiquí tan as patas datrás esto hai que facérllelo tamén .
9
(mentres Concepción fala, Aladino dille a Lorena que teñen que ser, 12, 9 ou 5 veces) Minuto 21: 48 Concepción : llesto é po mal bravo Marisa : No Concepción : No, ai esto é pros lombois, os lombois Marisa : O mal bravo, pro mal bravo… Concepción : ai oh! pois non sei se haberá tamén algo eh Marisa : Pro mal bravo? Pro mal bravo o que hai é unha inllección Concepción : claro que si, claro pro mal bravo non hai nada , non hai nada máis ca inlletalas , ai que inlletalas xa unha illeción que hai apropiada prel ie nosoutros unha vez tiñámos unha illección da xente , antes casi tiñamos unha illeción así nas casas por si algún de noite enfermaba ou tal mangábaslle a inlleción ;lle déranlle os lombois a ua xata lle fumos e démoslle a inlleción aquela da xente, ie sanou. Marisa : daríalle o mal bravo? Concepción : o mal bravo si, éche verdá Minuto 22: 54 Concepción : ie acórdome que tuvera que ir Ramón en paz descanse por ela á beigoa , ie viñemos e démoslle a inlleción, i a xata qui curou , home púxose coxísima, ie inchada , ie que se poin coxas ie moi infladísimas ; llala foi deshinchando, foi deshinchando lle… tar taría tres ou cuatro días así media… pero sanar sanou . ie non che sabemos máis nada, eu lo menos xa non che sabía eso.. .bastante xa me acordaba desas cousas Minuto 23:31 Marisa : unha noite? (dirixíndose a Aladino)
10
Concepción : ponlle un papel que non lle ensucies … (referíndose a un papel que ía usar Aladino para escribirlle algo a Marisa) Lorena : no, no ese, ese non me fai falta a min, ese xa escribiu él aí Marisa : ai caparon unha cocha! (lendo o que lle escribía Aladino) Lorena : dice que escribas, que collas porque se non tu non das Marisa : si, si pero púxomo mal… Minuto 24:47 Concepción : se dices esto da solingua ós de Piornedo ou ós de Donís mismo, non cho crein querida (Marisa asente) Concepción: que va.. Marisa : ie se llo dice a Senén tampouco Concepción : ai pois eiquí lévanse curado vacas deso .Eu acórdome unha vez, xa estaba en Car da Castela. Marisa :Lla nosa pinta ou quería curar ou cantas veces lle ten coutau papá a solingua, ie igual pasáballe igual sen o rezo…eu que sein Concepción : Lle…non sei quen fora por elas, el ua viña inchadísema , beberan aí na fonte blanca, porque failles muy mal beber , as que son da solingua, rebentan, porque preso se dice rana , e a vaca chegou a casa,claro mui inchada, ie o meu sogro era algo menciñeiro , era moi menciñeiro…lle fízolle a cousa, coutoulle a solingua como lla coutaba calquera .Lle deilí on pouco tusiu a vaca , llel xa decía (coñecía) como eran os tusidos das que tiñan solingua, lle dixo : - pois a vaca aínda non morreu, tose… Marisa : Se tusía claro que non morrera… Concepción : ie foi mirala ie xa a vaca taba mutio mellor , desinchada, inchanchelles os beizos…,así, ínchanchelles os ollos…, dios acordome eu válgame dios. Llale llel levántase ie xa a vaca taba mutio millor , ie mellor tubo que gracias a dios non morreu.
11
Minuto 26:30 Concepción: ie tamén macordo, pegáralle a solingua a outra , daquela xa non vivía meu sogro, lla vaca taba preñada , a punto de parir , ie coutáralle eu misma a solingua , pero tíñalla que coutar á cría tamén , e non lla coutein…lla vaca viviu pero a cría morreu, morreu no ventre da madre… Lorena: Si? Concepción : Si, ie despois dixeron , cando dices, cando dixeches ie (e) dices “vaca y cría de fulano del mal de la rana” pois entonces salvas á cría tamén, ie así como a cría non al nombrache , pois morreu . Cando se dice : “por aquel monte arriba van tres ciervitas dicindo more boi, morre vaca de fulano “ lleu tiña que dicir “morre boi, morre vaca lla cría de fulano “ ie non o dixen Lorena : e morreu a… Concepción : morreu a cría… (Concepción dirixóndose a Aladino, polo que lles oíra antes) Concepción : ie que facía logo a vella da rigueira? (risa) Marisa : que tiña unha illeción , a inlleción tiña usté, púxolla ela (a Aladino) , e sanou (pola porca de antes) bueno…porque sería penicilina ó mellor , claro… Concepción : igual tiña que lla puñera a vella da rigueira como que lla puñera outro Marisa: sería antibiótico ou…ou penicilina que era a inlleción que había daquela, illeción de penicilina Concepción : era o que había claro, indición de penicilina Lorena : humm Concepción : por eso eu lle digo que habíal nas casas, porque nós tiñamos unha e pegaralle o mal bravo a ua vaca e derámoslla e sanou
12
Marisa : claro…eso é antibiótico.. Lorena : ie por ejemplo os de Piornedo xa non fan eso da solingua?solo se fai eiquí? Concepción : neste pueblo lévase feito mutio ie en Piornedo faina (non se entende) Lorena : clávanas? (a Aladino que o estaba dicindo) (quere dicir que non fan o rezo que simplemente as clavan) Lorena : logo o rezo solo se fai eiquí? Concepción : home! faceráse noutros sitios Lorena : Si, pero cerca de aquí no? Concepción : Si, si cerca de aquí , se cuadra o que eí por (non se entende) xa o fain , e por castelo, ie por Corniantes tamén o fain , pero os de Piornedo como xa son mais, mais…este “Chis” mismo..home cada vez que lle dicían eso…válgame dios… Minuto 29:19 Concepción : ie eiquí para coutálas da solingua ie curálas da solingua non se che gastaba nada, nin había outras cousas , ie eso e ala, o que teis é que te poñer de cu para vaca Marisa : Eu acórdome unha vez que lla coutara papá á pinta , curábaa muitas veces Lorena : ah! pero para para para, que dice que había que de cu para vaca había que facerlle Concepción : Si!, cuando lle dices “por aquel monte arriba van tres ciervas benditas” a vaca ta ailí ie tu teis que mirar praiquí Minuto 30:27 Concepción : eu non sein, desde logo ahora nunca se sabe que ie pegara a solingua a ua vaca
13
Marisa : ai non! , bueno a verdá é que ahora non hai… Concepción : claro que non , ahora tamén se se pon unha vaca inchada, ua xata ou algo o que fais e cua agulla da lá , rompelas polo chau do lombo , nosoutros xa compraramos unha agulla especial, rota por atrás … Marisa : eso son os lombos , cando inchan pola primavera
Minuto 31: 54 Concepción : bueno pois ahora cousas xa levas mutias , se as entenderas…
14