IES de Becerreá - Contos - A Matanza (2)

Page 1

Grabación de Karina: Manuel: - A maña ven a a xente que está chamada, xuntase tomase un café desallunase, despois baixase pra corte. Componse o banco, entrase a corte préndense os cochos, atanse o banco e mátanse. Karina: Cantas persoas se xuntaban antes e agora? Manuel: - Bueno sobre catro, cinco homes, seis homes sete homes, depende do número de cochos que sean tamén. Karina: - Quén eran as persoas? veciños... Manuel: - Veciños, amigos e familiares. Karina: - Que costumes se realizaban? Manuel: - Que costumes se realizaban? Karina: - Se se miraban as lúas... Manuel: - Si mirábase o menguante, antiguamente mirábase máis o menguante ahora non se mira casi nada, mirase o, que caiga ben a xente que traballa fora se non non ai quen agarre. Karina: - Facíase algo que se deixou de facer? Manuel: - No máis ou menos faise o que se facía, ahora ai máis inventos, ai máis comodidades, ai un banco que se atan os cochos, cantes había que agarralos e agora atánse cunha cincha que ten o banco, ai unha caldeira pra cocer a auga que que ten unhos carros pra pelar os cochos no carro, o que a comprou e o que non a comprou mata como antiguamente. Karina: - Hai algunha cousa que sexa costume comer os días da matanza? Manuel:- Cachola e lacón. Karina: - Estás de acordo con que se siga facendo a matanza? Manuel: - Eu penso que sí, o que pode cebar. Karina: - Cres que se siguirá facendo? Manuel: - Eu penso que si, máis grande ou máis pequena. Karina: - Vives hoxe a matanza da mesma maneira que cando eras novo? Manuel: - Si, máis ou menos, con máis adelantos, xa o dixen antes, con máis adelantos, porque antes tirábanse os cochos o suelo e botábaselles unha palla na casa ca había, e si non tirábanse o suelo e ahora xa non se tiran o suelo, do banco de sangrar xa van o banco de pelar e a caldeira, antes tirábanse o suelo eee ahora non se tiran. Karina: - Como se distribuen os traballos na matanza entre as persoas que participan nela. Manuel: -Pois escaldar, pelar... Kairna: - Pero quen eran os que o solian facer? Os homes ou as mulleres? Manuel:- Eso suelen facelo os homes, oo escaldar e pelar, xa abrir o matador e despois as mulleres pelean cas tripas encima da mesa, repartilas, pelarllela grasa e despois lavalas. Karina: - O matador, solia ser vecin, amigo? Manuel: - Da familia máis ben, e si non a había familia, osea, si non había na familia que matase pois un vecín. Karina: - Crees que é rentable seguir facendo a matanza? Manuel: - Eu creo que si. Karina: - Ou é mellor comprar? Manuel: - no eu creo que é mellor facela matanza, cada un o seu.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.