Skip to main content

IES de Becerreá - Conto A Matanza

Page 1

TRANSCRIPCIÓN ANTROPOLOXÍA Fontes : Alicia(A) Cruz(C) Juanjo(J) e Ines ( I ) Entrevistador : Alejandro (Al)

Entrevista: (Al)-Haber Abuela,cóntame…cóntame todo o que sepas sobre como era a matanza antes e ahora (C)-Eu o que recordo e que Alicia era mais grande mais vella (A)-O día da matanza… (Al)-cantos anos terías? (A)-unhos 21 (A)-antes de casarme en covas matábase 1 día,1 día pa matanza,outro pa lavar as tripas, outro para estourar os cochos e outro día para facer os chorizos e outro pa facer a graxa q eran en resumen 5 días (Al)-sempre así desde que naciches? (A)-Sempre Así desde que nacín (C)-e así e como se debe de facer (A)-Xuntábanse os homes,mataban… (C)-sale ben pero… (A)-viña a familia viñan os amigos axudar a matar,matabamos 7 ou 8 cochos (Al)-Que amigos viñan logo?¿ (A)-Pois viñan os veciños viñan os de Lopez viñan sempre,viñan…eran todos da familia (Al)-Era mais amigos por proximidad ou porque era?¿ (A)-No,porque eran veciños e viñan axudar porque o mellor non podia un familiar. Viña Pepe de Quintá viñan os de Outeiro,viñan os de Álvarez e…axudar a matar viñan…pois namais ou?penso que namais,axudar a matar namais (C)-Axudar a matar namais,viña…mmm…Julio de Canela que viña comer (A)-Era o día de sala que viña cenar (Al)-E que,pero matabanos como co tractor ahora? ou… (A)-Nunha mesa,nunha mesa,matábanos nunha mesa,un agarrabau polas orellas outro polo rabo e cun cuchilo ia mesa,e queimábanos cunhas pallas,eu recordo de queimalos cunhas pallas non sabes?,como ahora se queiman cun soplete,pois daquela cunhas pallas (A)-Poñian un caldeiro de auga de cobre,fervíano pa limpalo,non é como ahora que o meten cun tractor,daquela era un caldeiro (Al)-facían falta logo mais homes que ahora (A)-facían falta mais homes que ahora e pasaban muito traballo que a veces escapaban os cochos que non os daban collido,se eran mui grandes atábanos cunha corda polo fuciño para tirar por iles e se non pois levábamos a


mesa,pero para levalos a mesa facía falta e despois así que acababan,primeiro facían eso no portal e despois tiñanos que levar arriba a un cuarto que había nas escaleiras a colgalos alí ata o día da sala (C)-Cousa mais tonta (A)-Bueno,despois cenaban os homes e as mulleres e xugaban a partida despois bebían todo o que querían e despois aló da media noite,a eso das 2 ou das 3 volvían a cenar e a comer (I)-cando xa estaban borrachos bastante (A)-Eso bueno,ese foi o dia da matanza,ahora sigo como facemos as tripas ou? (Al)-Conta,tu conta todo o que se che veña a cabeza xa o sabes (A)-E despois,o día de ir lavar as tripas ian as mulleres, almorzábamos e…pois marchabamos a un rego lavar as tripas,o río, a unha fonte…e levábamos xa de comer nunha bolsa e aínda que non dera tempo de lavar as tripas pois tomabamos a copa e comiamos as galletas alí e o chocolate. Despois viñamos e…preparábamos para facer as morcillas:lavamos as mazas,cociamos unha pota de arroz,atábanse as tripas.Bueno…despois cenabamos e despois facíanse as morcillas e acababamos aló outra vez as tres ou as catro da maña e cociabamos un (….) para comer aló as catro da maña.Vai ben ou…? (Al)-Durmiades pouco logo (A)-Pouco durmiamos,bueno e acabáronse as morcillas(risas) (C)-acabáronse as morcillas(risas) (C)-Hai,pero das morcillas aínda non se contou todo,porque resulta que viñan os mozos (A)-ahi si viñan a veces os rapaces (C)-os rapaces que tiñan rapaza eeee (A)-e igual lles metíamos unha tripiña no bolsillo (C)-unha tripa no bolsillo e ivamos...o mellor facelo a súa casa.e bueno...sal,preguntábamos donde durmia e votabamos sal ó rapaz na cama para que despois tuvera que traballar.Ahi xa aaa e túa abuela era mui juerguilla(risas) (A)-Sal nunca lle fun botar a nadie que eu non iva ir a súa casa votar sal (...) e logo fuche tú polo sal? (C)-sempre cho daban,cando ivamos a casa do Texo(risas) (A)-bueno... (C)-cando ivamos a casa do Texo sempre lle votabas sal ou tripa a pepe (A)-eu non che me acordo... (C)-pero eu acórdome,eu deso acórdome


(A)-facer faciamosche muitas,tirabamos tripas unhos os outros,despois bueno,tripas e... baturrillos de morcilla e todo eso.E despois o dia da sala partíanse os cochos.Había que dar á máquina coa manivela para quitar a carne,aquiles tempos eran jodidos porque eran moi traballosos para facer as cousas e...o mellor eran as 11 da noite e estabamos quitando carne porque,claro tiñan que dar ós homes á manivela e ningún quería, todos escapaban da manivela e despois cenar e todo, cenabase aló moi tardísimo cerca das 12 porque claro,lebava moito tempo picar a carne se había moita carne para picar.E despois dormiamos e os que viñeran axudar a picar pois volvían a cenar e algún invitau mais que se invitaba así o mellor a alguien,un amigo que viñera matar ou algún parente que non veu axudar a matar.Nos como eramos familia grande tiñamos moitos parentes e xuntabamonos moitos (J)-E o cura(risas) (C)-o cura non viña,daquela non viña o cura (A)-onde era menos xente…pois había menos,ala,o día da sala acabouse. Despois o dia dos chorizos había que amasar a zorza, provar a zorza como ahora,e despois facíamos os chorizos,facíamos…como se dice…(interrupción) Aaahh mira mira,que non vos contei,por aquela colliamos as vexigas, as vexigas dos cochos pois...inflabámolas, coma quen infla un globo e despois lavámolas no fume pra despois ahí metíanse ou rinxóns ou metíanse chorizos cando estaban curadiñas e poñíanse igual que eses globos que comprais e que lles dades aire.Pois poñianse tamén ó fume (C)-Eu deso non me acordo (A)-SI o...bueno,e acabamos xa os chorizos porque fixemos os chorizos,fixemos os chanfairos,os salchichóns,os butelos e despois cenamos e lavamos os cacharros e despois fin, cada un para a súa casa. E así eran as matanzas antes, pero todos dando á manivela da máquina, non había electricidad pre máquinas eléctricas (C)-Non había máquina ningunha (A)-E atar os chorizos e xa che digo, despois atar era como ahora pero o picar a carne non, e o picar os chorizos tampouco, que estabas coa máquina dale que te pego dale que te pego. Eran mui bonitas as matanzas antes. Despois aquí, cando viñen pa aquí, cambiou o modelo da matanza, porque se mataba á maña, bueno, o mellor matábase igual á tarde e viña a xente tamén e todo eso pero despois o día das tripas partíanse os cochos e mais lavábanse as tripas e acababamos aló non sei a que hora, xa era tardísimo, peor que peor que antes que antiguamente. Pois xa foi cambiando o tempo, xa foi cambiando, fóronse matando os cochos de outra maneira, xa viñeron ises sopletes para queimar as cerdas para queimar os cochos vaia que antes queimaban ca palla pero sangrábanse igual os cochos na mesa e hasta qe despois cando xa foron evolucionando os tempos pois atábanse co tractor. Fai uns 25 anos e nun caldeiro que había que escaldalos nun caldeiro, que se comprou a bañeira fai pouco tempo, uns 10 anos, aínda non os hai (C)-Aínda non os ahi


(A)-E facíanse dous caldeiros para que che chegara a auga porque a veces os cochos non eran moi grandes,pero a veces eran ben grandes e botaba a auga fora (Al)-matabais mais ou menos os mismos cochos. (A)-Si,mais ou menos os mismos (C)-Aqui mataban mais,sete ou oito cocho (A)-pra casa sempre se mataban sete ou oito.Ahora matamos 5 ou 6 para a casa e despois matamos outra vez pero daquela matabamos normalmente 8 cochos e daban moito traballo porque se subían colgar a palleira,non sabes alejandro? Ahora deixanse colgados pero antes subíanse á palleira.Non sei porque,non sei porque porque despois o dia da sala había que baixalos para partilos e había que estar carretando a carne. Pero facíanse os chorizos alí e todo na palleira.Pero así como aquí e en todolos sitios,en todas as casas.O único que cambiaba,era que en cada casa, cada día facíase unha cousa e noutras, por exemplo o día da sala, ivan lavar as tripas e mais salaban. Entonces había muitas mais mulleres coma aquí, cada un facía como eso...como ahora.E namais. O traballo de,de eso, era coma en Orense, queimabanse cun facho de pallas os pelos para que foran ben limpiños e ahora pois é de outra maneira,queimanse co soplete. Pero é no que cambia,no que cambiou, eso mismo, no que cambiou (A)-Non atendais ó móvil (C)-e eso,o día da matanza xa se acabou. 2 PARTE (A)-E así que pasan 15 días pois ahi que levantar a carne da sala,e salala, e poñela ó aire, e coidar os xamóns se se lles quere botar un pouco de pimento picante ou poñelos a secar donde teñan voa curación que non vaia a mosca,reparar que non vaia a mosca.Os chorizos hai que facelos e despois facerlles lume por baixo para que se sequen e cando estan secos pois ahi que metelos en aceite ou en grasa ou embolsalos ou...porque todos xuntos non se poden comer. E,e bueno pois despois os salchichóns igual gardalos e gardar todo, e se metes algunha cousa sin salar para meter no congelador,pois ahi que preparalo para metelo (C)-Daquela non había congeladores e salabanse e gardabanse nunha pota un mes ou así unhas frebas e namais (A)-Non había donde gardar (C)-Non había nin neveras nin congeladores (A)-Non había nada (C)-Non había nada... (Al)-Pero aínda así eran máis bonitas antes (C)-Eran eran antes mais bonitas (A)-Eran antes mais bonitas porque a xente estaba comendo hasta tarde e naide se marchaba, ahora todos veñen facer o traballo e xa se marchan (Al)-Claro,ahora solo é a comida (A)-Ahora solo é traballar e despois marchar (Al)-Antes aínda facíais bailes e todo (C)-si si si si (A)-si si,bailabamos e cantabamos


(C)-O pai de Pepe tiña un acordeón e siempre o abuelo de covas siempre o chamaba para tocar e como había moitas mozas do tempo da abuela,había moita juventud osea que se facía unha festa e pasábase ben,pasábase ben. Viñan parentes a axudar a matanza e despois tocaba o señor don manuel cando era tempo das castañas e polo San José. Tal día como o de San José era unha festa, unha festa pero daquelas,non como ahora,unha festa grande. (Al)-E que comiades durante os dias da matanza? (C)-Que comiamos... (A)-Facíamos xabón coa grasa vella,coa grasa do río,comprábase a sosa e facíamos xabón para lavar na casa (C)-Pero lavábase... (A)-A veces facíase o día das morcillas,se non se facían as morcillas pois facíase o xabón,daquela non había,como se dice... (C)-Fairi Fairi nin...se o había eu non o conocía (Al)-Era bon ou? (A)-Era bon si,facíase un xabón bon, botabaslle a grasa,a sosa, comprábase como se chama, o talco para botar pero non lle facía falta tampouco,eso era para que espesara antes (Al)-Que comiais? (A)-Comer,normalmente como ahora,comer, facíase de comer pola maña cando viñan os matadores, cocían cachola e chorizos para desayunar, e queixo e aguardiente e viño,eso comían antes de empezar a matar os cochos e despois facían normalmente,como ahora (C)-Como ahora si,igual (A)-Facían un cocido e un asau de polo que sabía mellor aquel asau de polo que cuarenta cousas que se fan ahora. (C)-Sí,si,eche verda é.Ou era porque tiñamos fame,non é como ahora que estamos fartos de comer non sabés,que daquela non había tanto (A)-E o día da matanza arreglábase o fígado sempre para comer a noite con cachelos,o sea, atrás do cocido que fixeran con lacón e se había chorizos se non se acabaran,se había algún doutro ano.Arreglaban ó fígado dos cochos que acababan de quitar, fresquísimo de todo, e cachelos e facíase sopa e queixo e o mellor un roscón ou galletas, era o que se facía vaia, eso facíase sempre. E despois o día da sala, pois facían garbanzos (C)-Normalmente a mamá sempre facía fabas (A)-No (C)-No? (A)-Normalmente sempre facía garbanzos,facía garbanzos con cousas frescas dos cochos,con uña e despois asaban esas frebas,eses lomos e costillas e patacas fritas e nada,queixo e pasteles se os había e se non había pois nada, galletas, e se non nada. E o día dos chorizos comíase o que sobrara e despois comíanse os rinxóns. E naquela pota,cando se quitaban os rinxóns,eso cando non había xente, era o día da grasa,pois ese día botábase unha cebola no fondo daquela pota e quentábase alí con unhos rinxóns e a cebola aquela e tamén cocían un fígado ou dous


(C)-Que rico estaba todo (A)-Botábanlles pimento picante e iase comendo así,a cachos coma quen comía un cacho de xamón (Al)-Eso xa entre vos os da casa ou? (A)-si,eso xa entre nos,cando non había xente,a xente non se lle dá. E non me acordo de mais nada,ahora de mais cousas Ahora viría a matanza de ahora,eso,ahora pois a ver (Al)-Si,ahora Juanjo e eu pouco axudamos e? (A)-Si,muito non é,aínda que queirades dar unha explicación a que non sabedes? (Al)-No(risas) (Al)-Conta tu algo Juanjo (J)-Eu pouco sei tamén da matanza (C)-Pois algo saberás ou? (Al)-Claro (J)-Home,pois sei o básico o de...cando se van sangrar..cando se van sangrar os cochos e pouco mais... (C)-Haber Juanjo veña (J)-E que eu... (I)-E que o día siguiente...falas de cando os ai que partir,separar as partes,o que vai pos rinxóns ós rinxóns,o que vai pa salar pa salar e o que vai pa embutir,noutras tinas, e ai que picar,salar adobar,amasar ben. (Al)-Tú cando eras pequena xa había todo o que ai ahora ou faltaba algo? (I)-Xa había os cochos,xa había...(Risas) (Al)-As ferramentas que se usaban antes xa as había,había... (I)-Pois facía falta un caldeiro con auga fervendo,un cuchilo de sangrar,unhas raspas, unhos chandalicos (Al)-E qué é eso,que é eso,os chandalicos (I)-Os chandalicos son os que son como unhos ganchos nos que se colgaban os cochos (I)-E auga e unhos trapos pa limpialos (C)-Pero eso tamén ai ahora (Al)-Claro (I)-bueno,pero estáballe contando o que había antes. Antes non había ganchos que había chandalicos,que eran unhos paus. (A)-Ai sí,chandalicos de,sí,que chos ensino se queres (I)-De madeira (A)-Aínda os ai por eí (Al)-Aínda os ai? (A)-Si (C)-hai o (I)-Eran de madeira mentres que ahora xa son de ferro.Había unhas raspas para quitarlles o pelo (A)-Pero as raspas ainas ahora tamén,eso sabeno iles digo eu (C)-Pero como non están non o saben (I)-E os cochos matalos encima de unha mesa (Al)-Xa mo contou a abuela todo perfectamente (I)-E ahora xa se colgan do tractor para que den o último paseo (A)-Eso,e que mais? (I)E o día que se mataba,estaban as mulleres preparadas para desapartir as tripas (Al)-Claro, e que a abuela contábanos que antes a matanza era muito mais bonita porque ahora non ai tanta festa


(C)-A túa mama tamén che se acorda deso (Al)-Ahora ahi mais cousas pa pasalo ben pero pasase peor (I)-E estaban as velliñas da casa pendientes de que o fixeras por orden,miña bisabuela era moi recta con eso,as tripas había que ir por orden (C)-E sin romper (A)-E sin romper,romper rompian cando lles cuadraba,eso. (I)-Antes aprobeitábase toda esa grasa (A)-Eso (Al)-Para facer xabón e eso (I)-A grasa dos riles (A)-E pro xabón e as morcillas (Al)-E ahora logo como é ahora? (Al)-Ahora é igual,ahora esa grasa non a aprobeita naide non sabes,ahora como xa somos todos ricos, e aínda que non teñamos un cascabel para meter na boca pois xa non aprobeitamos (I)-Antes había como ahora,o chorizo bon e o chorizo malo,pero (A)-A,ves,eso non lle lo contei (I)-No chorizo malo botávase o liviano,os riños,o corazón,e ahora en moitos sitios eso xa non se vota (A)-Antes facíase un chanfaino que a túa nai non lle gustaba,nunca o comía, por ejemplo, o chanfaino de antes a min non me gustaba porque botábaslle eses liviaos,os riños (I)-Aproveitabase todo (A)-E ahora fas chanfaino pero non lle votas todo eso,porque os liviaos xa se tiran,non se comen,non se aproveitan.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook