Skip to main content

CEIP Os Remedios (Ponteareas) - Transcricion gravacion

Page 1

CEIP “NOSA SRA DOS REMEDIOS” PONTEAREAS-PONTEVEDRA


PRESENTACIÓN Durante o primeiro trimestre do presente curso chegou ao CEIP “Nosa Sra dos Remedios” de Ponteareas, provincia de Pontevedra; a convocatoria para presentarse ao I Certame de Tradición Oral, no que nos inscribimos na categoría de Ensino Primario nas datas indicadas. A recollida de información sobre contos, refráns e cantigas levouse a cabo con alumnos do terceiro ciclo de primaria: Titora: Josefa Araújo Pérez Alumna: Lorena Martínez Guerreiro Curso: 5º B Gravación : 2º documento Titora: Mª Carmen Carrera Costal Alumna: Cora Represas Pérez Curso: 6º B Gravación: 1º documento Responsable do Proxecto: Coordinadora do Normalización Lingüística: Mª Esther Prieto Prieto

Equipo

de

Datos do colexio:

CEIP “Nosa Sra dos Remedios” Dirección: Rúa Azorín s/n 36860 Ponteareas Tfno:986640740 Correo Electrónico: ceipnosasenoradosremedios@edu.xunta.es


TRANSCRICIÓN DA GRABACIÓN 1º DOCUMENTO: DATOS DO INFORMANTE Nome e apelidos: Ernesto Lorenzo Data de nacemento: 24/01/1923 Profesión: Labrador Estudos: Primarios CLASIFICACIÓN: Denominación /Título: Contos do seu pobo Xénero: Conto Localización xeográfica: Bouzo (Castro) Valeixe 1º CONTO: “ Era un sitio moi bonito, moi bonito que hasta as rellas... unha ves algo coitadiña andaba por fóra de noite e mentres os cans entraron a porta p dentro e leváronlle o bacallau. E o raio do can topou o pan e foillo levar ao dono. O can moi bo, moi bo, e levou onde meu sogro, había alí outro vello e levoulle un xamón a ... levarlle o meu que era máis grande. Colleu un sacho para o matar e foi a sogra pero alí asomou. Outro día a lapar, a miña sogra tiña a saqueta e cheiráronlle as chourizas e arramploulle con elas”. 2º CONTO: “ Había unha velliña que tiña dous rapaciños con ela, dous netos e claro, ela estaba así, maliña, tiña friíño, e mais non se vía ben e tiña pouco de comer. Entonces agarrou a vella pidiu que lle levasen de comer que tiña fame, Mirai dádeme algo de comer que hai aí comida nunha potiña, que son unhas papas, dádemas que eu comíaas. Déronlle as papas. A velliña esta na cama, era de noite, non se vía, eles foran a cociña a buscare un potiño das papas pero os rapaciños, pobriños, tiñan fame e a vella díxolles hai papas mais ide buscare para comere. Trouxeron, pero a velliña estaba mala, estaba de bruces e está, así de cu pro aire, e mais os rapaces en


ves de botarlle na boca, botáronllas no cu. Queimáballe e aquelo foi unha risa. Pero a velliña comeu as papiñas e quedou ben contentiña e sopláballe, non lle sople moito que están frías. Non houbo máis que comere, a velliña matou a fame pero chea de merda e mira que avantaxe fixo, pro pobriña, pero non se queixa”. DATOS DO INFORMANTE Nome e apelidos: Sara Lorenzo Data de nacemento: 1955 Profesión: Ama de casa Estudos: Primarios CLASIFICACIÓN: Denominación /Título: Conto Xénero: Conto Localización xeográfica: Bouzo (Castro) Valeixe Filla de Ernesto “ Unha vez di que foi a Ribadavia que había alá a festa do viño; e tomou uns vasiños, e claro, pasouse, e empezou a pejarlle o sono e xa durmiu alí nun portal. E a mañá cando despertou e iba a xente a misa e el habíalle feito mal o viño e parecía que se revolvía algo a barrija e andaba arrima aqui, arrima alí, pero chejou un punto que non pudo máis e tuvo que pousar no medio da carretera. Un porque, claro, a barrija andáballe a cien, e empezou a vir aquelas señoritas, todas iban pa misa, todas preparadas e zapatos de tacón e, claro, o home cagara alí no medio da carretera e estaba arrimadiño alí a unha esquina, e – hai Dios Mío Jesús! que porquería, que noxo Dios Mío! Ai! Donde se ha visto semejante cosa? E outra, un pouco máis fina, -pro, Dios Mío, pero usté, pero usté pero, que hizo aquí en medio de la calle? Ahora mismo vamos a dar parte a la Guardia Civil. E vai o coitadiño, aínda estaba alí, ajarrando a barrija, que lle doía moito, - por min pódella dar toda ao fin vai quedar aí”.


DATOS DO INFORMANTE Nome e apelidos: Ernesto Lorenzo Data de nacemento: 24/01/1923 Profesión: Labrador Estudos: Primarios CLASIFICACIÓN: Denominación /Título: Cantiga Xénero: Cantigas populares Localización xeográfica: Bouzo (Castro) Valeixe “As mociñas deste barrio son de moi bo corazón, collen ao pai polas barbas, e dínlle vén para qui maricón”. DATOS DO INFORMANTE Nome e apelidos: Sara Lorenzo Data de nacemento: 1955 Profesión: Ama de casa Estudos: Primarios CLASIFICACIÓN: Denominación /Título: Refráns Xénero: Refráns Localización xeográfica: Bouzo (Castro) Valeixe Filla do sr. Ernesto “ Costureira sin dedal, cose pouco e todo mal” “ Unha vella díxolle autra polo buraco da porta, metete na túa vida que a miña nada che importa”.


DATOS DO INFORMANTE Nome e apelidos: Sara Lorenzo Data de nacemento: 1955 Profesión: Ama de casa Estudos: Primarios CLASIFICACIÓN: Denominación /Título: Conto do pobo Xénero: Conto Localización xeográfica: Bouzo (Castro) Valeixe Filla do sr. Ernesto “ Eran dous nenos que iban nunha bicicleta, e o chegar así, cerca do pueblo viña un entierro, llós nenos tamén eran pequenos e arrimáronse, así, e baixaron da bicicleta, e entraron alí nunha tenda a comprar s caramelos mientras pasaba o entierro e cando saliron pa fóra leváranlle a bicicleta, e claro, os rapaciños puxéronse alí a chorar, sentáronse alí a chorar que lle levaron a bicicleta;E dicíalle o señor da tienda, - bueno filliños , ala, non vos disgustedes nin choredes tanto que o fin ela xa era velliña; claro,o señor pensaba que choraban pola muller que morrera, polo entierro. - E dicíalle o rapaz, ah, si! Era velliña, pero aínda montabamos os dous nela”


DATOS DO INFORMANTE Nome e apelidos: Sara Lorenzo Data de nacemento: 1955 Profesión: Ama de casa Estudos: Primarios CLASIFICACIÓN: Denominación /Título: Cantigas populares Xénero: Cantigas Localización xeográfica: Bouzo (Castro) Valeixe Filla do sr. Ernesto “Miña nai por me casare ofreceume canto tiña, e ahora que me casei pagoume cunha galiña”. “Unha vella e máis un vello fixeron unha empanada, a vella comeuna toda e o vello quedou sin nada”. “Perdeu a vella no río da Lagoa, quena tope que ma dea, que a vella aínda che era boa”. “Casaime, meus pais casai en canto son raparija que o millo sachado tarde non da palla nin espija”. “Estouche aqui a apuntare ao pé dunha carballeira, agora que ven a primavera, xa se pode espoldriñala borralleira”. “Isto que che vou dicir, dígocho e non o nejo, éla voz de cuchurera e méxalle na sepultura ao viejo”.


“Dicen desta vila que é a vila de Valeixe, pero sería moito máis bonita se tuvera mar e peixe”.

DATOS DO INFORMANTE Nome e apelidos: Ernesto Lorenzo Data de nacemento: 24/01/1923 Profesión: Labrador Estudos: Primarios CLASIFICACIÓN: Denominación /Título: Cantiga Xénero: Cantigas populares Localización xeográfica: Bouzo (Castro) Valeixe Sr. Ernesto: “Polo río abaixo vai, unha raposa de pé, leva o rabo, quena pudera coller quena pudera pillar, polo río abaixo vai”

DATOS DO INFORMANTE Nome e apelidos: Sara Lorenzo Data de nacemento: 1955 Profesión: Ama de casa Estudos: Primarios CLASIFICACIÓN: Denominación /Título: Conto do pobo Xénero: Conto Localización xeográfica: Bouzo (Castro) Valeixe


Filla do sr. Ernesto “Era un rapaz que fora roubar un niño e levaba 3 paxariños gardados no jarsé, e así que se arrodillou alí pa confesar, díxolle, díxolle o cura: -A ver hijito a ver, cuantos pecados tienes? E nesto escapaselle un paxariño, e empeza el, -mecajo en Dios, velai vai un., -Ise hijito, que más? -Cona que o fixo, velaí vai outro? Qué más hijito, que más? -Mecajo na cona que o ha de parir! E fuxiume o último! Merda, corre, cheja o paxariño e meteuse na sancristía. O rapaz marchou alá, a criada do cura toda escarranchada, e díxolle. -Ostia que te pariu!, e rachachelle o peito!


2º DOCUMENTO: DATOS DO INFORMANTE Nome e apelidos: Jesús Martínez Data de nacemento: 1966 Profesión:Operario dunha fábrica de Porriño Estudos: Primarios CLASIFICACIÓN: Denominación /Título:Lendas Xénero: Lenda Localización xeográfica: Porriño- Redondela LENDAS: “En Redondela, e resulta que era uns monstruo que tódolos anos había que darlle as mulleres virxes; antón Xan Carallas colleu e matouno, e dende entón faise a festa da Coca en Redondela” “Entre Rodeiro e Chantada, na provincia de Lugo, disputábanse a Virxe do Faro. Os de Rodeiro foron a roubala unha noite, e as campás da igrexa puxéronse a tocar e gracias a eso os de Chantada acudiron e a Virxe quedou no Faro”. REFRÁNS: “Zapatilla no mes de xaneiro son señal de pouco diñeiro” “Abril augas mil” “En marzo, marzán pola mañá cara de can” “no

mes

de

maio,

aínda

a

vella

racha

o

tallo”


ADIVIÑAS: “Nace no monte, e no monte se cría, trana pa casa e berra ca tía María” “Ten pernas e non anda, ten cu e non caga e ten boca e come”


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
CEIP Os Remedios (Ponteareas) - Transcricion gravacion by Patrimonio de Futuro - Issuu