O TESOURO DOS NOSOS AVÓS Jorge Dorado González Carlos Pérez Martínez
Isaac González González • Vida nos anos 40 e 50 na Guarda - educación - festas, formas de lecer - política - traballo • Vida futbolística
presentación • Isaac González González naceu o 26 de Decembro do 1936. • Tivo dous irmáns: Juan Carlos e Alelí. • Ós vinte e dous anos casou con Manuela Carrero Rodríguez, coa que tivo 4 fillos: Mª trinidad, Mª del Consuelo, Mª Montserrat e Jorge
Vida nos anos 40 e 50 A educación • Na Guarda había tres escolas, a de Don Carlos (para os máis cativos) a de Don Nicolás e a de Don Braulio (para os maiores). • Despois estaba a escola de Doña Amadora que era a preparación para ir a América. • Antes de ir ás escolas había unhas casas que funcionaban como garderías, para que as nais poideran traballar tranquilamente. Alí aprendían a rezar e cantabas as primeiras tablas de multiplicar.
Vida nos anos 40 e 50 Festas e diversións
• • •
Na Guarda había a fronte de xuventudes que era a onde ían todos os nenos a xogar ás damas, ó ping-pong e outro tipos de xogos. Alí facían marchas, acampamentos e torneos de balonmán contra as outras vilas da zona, era a única forma de facer deporte antes de xogar ó fútbol. Preto da fronte de xuventudes estaba o recreo que era onde facían as festas, bailaban e xogaban ó billar.
Vida nos anos 40 e 50 A política
• A política na Guarda era un sistema caciquil, os alcaldes eran escollidos a dedo.
• Os alcaldes foron Don Hermelindo, Don Julio e Don Rafael.
Vida nos anos 40 e 50 O traballo •
Isaac traballou de peón, de camioneiro (marchou a Francia durante 7 meses e comprou un camión) e de chofer, pero na Guarda había máis opcións como ir á telleira e ó mar, aínda que daquela a penas había barcos e non se podía vivir ben do mar.
• Na Guarda as grandes empresas que había eran: As Cachadas (con cerca duns 400 empregados) e a Serrería do Miño (con cerca duns 100 empregados) • Grandes barcos entraban polo río Miño a pola madeira da serrería e deixaban sal e cal (para a construción)
Amigos de Isaac que se foron para Castela
Vida futbolĂstica
Os comezos
• No ano 53 comezou a xogar no Figueiró cobrando 75 pesetas e un traxe. • O ano seguinte xogou no San Lorenzo cobrando 10 pesetas e mais un traxe
•
No ano 55 foi para o Rivera pero foi cedido xunto con dous xogadores ó Miño para xogar unha fase de ascenso á serie A.
•
Ó volver do ascenso marchou a facer o servizo militar por mar en Marín
•
Ese mesmo ano xogáronse os campionatos da mariña de fútbol.
•
El xogou xunto a un porteiro chamado Sansón que chegou a xogar no Alavés e no Celta
•
De volta xogou na Guarda en serie A xunto a grandes futbolistas galegos da súa época como os irmáns Hermida, Sousa, Barros (o ex-alcalde de Porriño), Rubines, Alfredo. E como adestrador, o señor Rey, que tiña o titulo de adestrador nacional.
•
Daquela gañaba 350 pesetas
•
Nun par de anos fichou polo Gondomar pero tivo que volver ó San Lorenzo, por motivos persoais.
•
No san Lorenzo terminou a súa carreira despois de case 20 anos xogando ó fútbol. Tivo unha soa lesión importante, que o obrigou a colgar as botas.
Conclusión
Coa información que nos deu o noso Isaac puidemos darnos conta de que a vida cambiou moito nesta metade de século, e é nas vilas sobre todo onde se apreza ese cambio. Dende a forma de ensino ata a forma de fichar no fútbol, pasando polas festas e formas de pasalo ben, todo é agora moi diferente e moito máis fácil.