Skip to main content

CEIP Carlos Casares Alxén (Salvaterra de Miño) - Textos

Page 1

CERTAME DE RECOLLIDA ORAL:

1. Contrabando Galicia- Portugal: Fai tempo os galegos e os portugueses facían cambios como por exemplo: o café por diversos alimentos, planchas de ferro por estaño galego, porcos por outros animais e electrodomésticos por aparatos de radio. Todos estos trocos facíanse polo río Miño para que os policías non os capturasen. Había xente que utilizaba este tipo de contrabando para mercar alimentos en Portugal a menor precio e vendelos na nosa terra moito máis caros. Outros, pagaban aos gardas civís para que lles deixasen pasar unha elevada cantidade de mercancía sen ser capturados.Deste modo formaban tendas de contrabando e vendían todo tipo de alimentos a moitísimo precio. 2. Historia dunha bisavoa de Salvaterra: A pasada semana tivemos ocasión de escoitar a historia vivida pola bisavoa de Alejandro. Explicounos que hai moitos anos foi a Portugal cunha amiga a mercar algúns alimentos (posto que eran moito máis baratos que aquí) e, á volta, un garda civil estivo a punto de paralas. Tiveron sorte porque a súa amiga, ó velo, avisouna e se agacharon sen que el se dese conta. A verdade e que ela asustouse tanto, que decidiu non volver intentalo. 3. En Cañiza aseguran que pasou a Santa Compaña: A avoa dun amigo contoume que na aldea de Randufe (A Cañiza) onde vive dende que naceu, puido ver a Santa Campaña. Unha noite, fai trinta anos, volvendo duns campos bastante alonxados da súa casa, nos que estaban a traballar, miraron pasar unha procesión de encapuchados que parecían levar a unha morta. En pouco tempo morreu unha das súas compañeiras sen explicación lóxica. Asegura que esa visión era o aviso de que alguén cercano ía morrer pronto. Eu non sei se é verdade, unha lenda o simple casualidade.

TOMÁS, ALEX E BÁRBARA C.E.P CARLOS CASARES ALXÉN/ SALVATERRA


Hai arredor de 60 anos, miña avoa traballaba na tenda do meu bisavó en Alxén. Corrían os tempos da dictadura de Franco, despois da guerra, e eran tempos moi difíciles e só se podía acceder aos alimentos coas cartillas de racionamento e a comida non chegaba para todos e había moita menos: o café ou alimentos como o azucre, ou a fariña escaseaban. Miña avoa tiña que manter a tenda polo que certos días ao mes erguíase ás catro de mañá e ía andando ata Tui. Alí na mercaba os produtos. Cando chegaba á fronteira entre Valença e Tui, un policía dicíalle: -Miniña, voute prender. E miña avoa contestaba: -O día que vostede me prenda ha de prender tamén as outras. Cando obtiña os produtos miña avoa viña moi cargada con eles andando ata casa, para poder vendelos posteriormente na tenda. Agora, miñá avoa ten 81 anos e conta estas anécdotas da súa vida con moito cariño e amor a todos os seus netos. David Piñeiro López. 6º

C.E.P. Carlos Casares


A VIGO A PÉ Un grupo de mulleres do meu pobo,Alxén, reuníanse e ían a pé polo medio do monte por atallos ao porto de Vigo a buscar peixe para logo vendelo. Á volta, collían o tren e ían ata Caldelas de Tui, onde logo vendían o peixe polos pobos cercanos.

OS MUIÑOS

Miña bisavoa Consuelo , levaba o millo en sacos na cabeza ata os muiños mais próximos, como os de Pesqueiras , e logo cando estaba xa moído e quente, levábao ata a súa casa.

XOEL ALONSO LÓPEZ

C.E.P. CARLOS CASARES


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
CEIP Carlos Casares Alxén (Salvaterra de Miño) - Textos by Patrimonio de Futuro - Issuu