Skip to main content

CPI de Xanceda (Mesía) – CD3 - Romance da trulinda

Page 1

“ROMANCE DA TRULINDA” Un rei tenía tres hijas, Atrulinda tres hijas como tres platas. La más bonitiña de ellas, Atrulinda Deljadiña se chamaba. Como vou facer mi padre? Atrulinda por ser a máis delgadiña. Que che hei facer miña filla?Atrulinda pa ti non hai compañía Solo hai Conde Deljares. Atrulinda tan casado e con familia. Eu se o mando chamar. Atrulinda pronto se presentaría. Mándelo llamar mi madre. Atrulinda a su cuenta y a la mía. Qué trae usted señor rei?. Atrulinda y también su señoría. Tes que matala Condesa. Atrulinda para casar coa miña filla. Como hei de facer eso? Atrulinda a quen tan ben me quería. Cerra portas e ventanas. Atrulinda haciendo que dormían. Lás lagrimas que lloraba. Atrulinda por el banco se estendían. 1


Que traes conde Deljares?. Atrulinda lleno de mal agonía. Mandoume o rei que te mate. Atrulinda pa que lle case ca filla. Non teñas pena Deljares. Atrulinda pa eso remedio había. Manda vir un cirujano. Atrulinda que me dea unha sangría. Que pouquiño a pouquiño. Atrulinda hase de ir a miña. Tráeme aquel neno máis vello. Atrulinda que o quero peinar. Tráeme aquel máis novo. Atrulinda quérolle dar de mamar. Mama meu niniño, mama. Atrulinda neste leite de amargura. Que mañana destas horas. Atrulinda vérsame na sepultura. Neno que nunca falara. Atrulinda nunca fala se lle oíra. No máis alto do palacio. Atrulinda non sei que aló habería. Morreo a filla do rei. Atrulinda dunha morte repentina. Descasalos ben casados Atrulinda, eso a Dios non lle conviña.


2 “MI NIÑA BONITA” Una niña bonita dell cielo bajó, con el pelo tendido en medio una flor. En medio una flor, debajo un caravel, vale más mi morena que la reina Isabel. “POUSA SOBRE DO VALADO” Voulles contar unha historia, que lle pasou a un mozo e a unha rapaza bonita dunha aldea que eu conozo. El chamábase Xacobe e ela Pepa se chamaba, o rapas era moi pillo, ela sei que lle ganaba. Cartafeira pola tarde Iba Pepa pro muíño Encontrouse con Xacobe Que a esperaba no camiño Que viña cun feixe de herba Que fora buscar ó prado E para falar con Pepa Pousouna no balado. -Moi boas tardes Xacobe -Que veñan boas Pepiña vinte vir polo carreiro e esperei unha miguiña pousa o saco no balado. -Moi cansada non che veño. -Anda muller pra decirche o gran amor que che teño.


3 -Ese conto eche moi vello chámanlle o conto da caza din igual todolos mozos se falan cunha rapaza. -Pepiña quéroche tanto téñoche tanto cariño sempre cando non te vexo póñome por ti loquito. -Os amores dos rapaces falando cunha solteira así que logran a súa busca nena quen te queira. -Pepiña que eso me digas a min estuche moi malo porque o mal que algúns fixesen non deben outros pagalos. -Maripepiña da alma meu cariño feiticeiro di que me queres axiña meu amor máis verdadeiro. -Xacobe moito ben falas mesmo que me deixas pasmada pero como así dis a todas eu non che podo crer nada. Eu xa sei que es formaliño as demáis dislle e a min o mismo por eso non che me estraña que todos che fan o mismo. -Pepiña quéroche moito eche certo, non che minto non digo máis que verdades non digo máis que o sinto.


4 -Xacobe da miña vida capitán do meu cariño o día que nos casemos eiche de decir dun niño

-Se mo dixeras agora iballe quitalos ovos. -Direicho despois máis turdes cando haxa paxaros novos. -Maripepiña querida vidita do meu cariño moito máis che quería se me deras un biquiño. -Xacobe xa amo parcía moito ollo, ten coidado vai e sigue o teu camiño non temos nada falado se me viñas con esa idea podes ir gardalas cabras non che son daquelas nenas que se fían das palabras. -Xa non me queres Pepiña xa perdín ese tesouro. -Nin te quererei na vida anque te cubran de ouro. -Maripepa fora chanzas dime porque non me queres? e senón vay para o muíño


que o que sobran son mulleres. 5 -Xacobe ten máis paciencia non te poñas enfadado sobrándoche así mulleres porque paras o meu lado? -Parei por pasalo tempo e máis por saber a quen tiña mais quero ser afogado antes que ti señas miña. -Se cheguei a decirche algo foi solo por amolarte se pensabas engañarme non deche en moi mala parte. « TRES CASAMENTOS NUN DÍA » Alá na terra de Lugo, na montaña de Burón, pasou un caso chocante que causou admiración. Vivía unha patrona con unha filla e unha neta as tres estaban solteiras e nunha casiña pequena. Todas as tres tiñan mozo, todas se queren casar e mayormente a patrona xa non se pode aguantar. Esta trataba cun vello medio xordo e xorobado pero era moi bonito xa que tiña moitos cartos. A filla era media bruxa e tamén tiña rapaz un xastre de mala morte que andaba polo lugar. A neta era moi noviña, tiña quince primaveras solo que tiña un defecto que era torta de pernas. Esa tamén tiña mozo, un gallardo paragüero que cando viña ó lugar botáballe algún remendo. Un día que estaban todos xuntos entre todos acordaron casarse todos nun día por evitar moitos gastos.


6 A vella, toda apurada, foi xunta o cura correndo antes que algún dos novios cambiara de pensamento. Boas tardes señor cura véñolle a preguntar, por facer tres casamentos canto nos vai a cobrar. Un costalle trinta pesetas e os tres valen noventa pero sendo os tres xuntos rebaixolles da cuenta. Claro que son todos xuntos e todos nun mesmo día, cásome eu e cásase a neta e tamén se casa a filla. Nunca outra tal se veu, desde que son sacerdote, tres casadoiros nunha casa, debe ser señal de morte. Pois veñan cando queiran, que eu casos de contado e como son todos xuntos eillo de facer barato. De padriños e madriñas servimos uns para os outros, e mire se nos chega que imos rezar pouco. Un día de moito inverno saliron para se casar deixaron a casa sola e os rapaces do lugar. Entráronlle na cociña, leváronlle a carne toda, o viño cas empanadas todo o que tiñan para boda. Tocando cornos e latas, cencerros e potes vellos marcharon para unha xesteira moi alegres e contentos. Alí fixeron a festa a conta dos casamentos o viño andaba por cuncas e a carne por toronvelos. Cando cegaron a casa toparon todo barrido nin molete nin ovella nin o pelexo do viño. Quen sería o galopín? tan ladrón e desalmado, dixeron os matrimonios todos a un tempo chorando. Esta si que che foi gorda nunca eu me hubera casado que polo primeiro día xa levamos bon petardo. Mais a conta foi despois o chegar os convidados topan as portas pechadas e os matrimonios chorando. Que vos pasa meus amigos?dixo un dos invitados,


que todos estades tristes como perdidos chorando. 7 Que é o que vai pasar? - dixo a tía Micayela, mentras nos fomos casar roubáronnos a ovella. O viño e o pan de trigo, empanadas e paella e non nos levaron a casa porque non puideron con ela. Ó ver esto os convidados todos de mala maneira deron a volta para casa coa barriga baleira. Eles que iban con fame, tiveron q dar a volta con dentes moi afilados sin poder probar bocado. Mentres tanto no lugar, fixeron unha gran festa, hasta os cans reventaron cas zancas da ovella. Os matrimonios a noite, fóronse cedo para cama, pero como tiñan fame non puideron facer nada. Porque o baile meus amigos, según dicen sal da panza e todo aquel que non come ten pouca gana de danza.


8


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
CPI de Xanceda (Mesía) – CD3 - Romance da trulinda by Patrimonio de Futuro - Issuu