Skip to main content

IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD2

Page 1

Con Olivia Ă lvarez Ă lvarez


COA COLABORACIÓN DE : Manuela Lomba Rodríguez


Índice 

Páx. : 1……………………… Vida de Olivia.

Páx. : 2……………………… Como vivíu Olivia a guerra.

Páx. : 3…... ... ... ... ... ... … … Continuación.

Páx. : 4 ………………………… Anécdota.

Páx. : 5 ………………………… O estraperlo.

Páx. : 6 ………………………… Outra anécdota.


Páx. : 7 …………………………… A postguerra.

Páx. : 8 ………………………… Fotografía.

Páx. : 9 ……………………… Como vivíu a postguerra.

Páx. : 10 ……………………... Continuación.

Páx. : 11 ………………………. Debuxo.

Páx. : 12 ……………………….. Comentario.


Páx. : 13 ……………………… A emigración.

Páx. : 14 ……………………… Fotografía.

Páx. : 15 ………………………. A vida de Manuela.

Páx. 16 : …………………………… A fame.

Páx. 17 : ………………………… Fotografía.

Páx. 18 : ………………………… A súa casa.


Páx. 19 : ………………………… O colexio e a roupa.

Páx. 20 : ………………………… O estraperlo e maila emigración.

Páx. 21 : …………………………. Contraste.

Páx. 22 : …………………………. Entre neta e avoas.

Páx. 23 : ………………………….. Conclusión.

Páx. 24 : ………………………….. Fin da conclusión.


Vida de Olivia Olivia Álvarez Álvarez naceu no 1934 na Guarda, dous anos despois morre o seu pai(de enfermidade),e a súa nai decide ir a vivir onda o seu avó, na carreteira do Castro onde tamén vivían duas irmás dela, onde casou con Vicente Lomba Alonso no 1954 e onde tivo os seu catro fillos. Tres deles viven preto dela o máis xove que naceu no 1969 vive en Oia.


Como vivíu Olivia a guerra 

Olivia, debido o ano en que naceu non vivíu a guerra en si, mais ben vivíu a postguerra:a fame,a miseria, o estraperlo…

No seu caso, ela non pasou fame porque súa nai e mailas súas tías tiñan campos para traballar, pero ela era consciente do ambiente tan pobre que a rodeaba. Ela sempre que tiña fame ía a artesa e collía cotos de pan. Nos anos corenta houbo unha sequía moi grande. Por iso, as súas tías e maila súa nai compraban o millo e faían pan na casa para logo vendelo. Olivia conta que nunca lle faltou de nada porque tiñan patacas, porco, … pero iso si non tiñan alimentos extra.

Conta tamén que nas familias que se pasaba realmente fame ían as leiras a roubar algo para poder comer. Non roubaban moito algunha pataca,freixóns ou calquera outra cousa. Pero había rapazas que marchaban cara Goian e Tomiño onde era sabido que había bastantes familias con diñeiro e estas familias acollían as rapazas para traballar coma criadas e iso que a garda civil ianlle enriba os pais pero a fame era moita.


Un home gañaba once pesetas diarias e un kilo de pan neses anos costaba doce pesetas, entón non podían alimentar aos seus fillos que naquela, había catro ou cinco en cada casa, Olivia era filla única porque seu pai morrera. Facendo referencia a roupa; ela ,súas tías e maila súa nai tiñan a necesaria: unha chaqueta e un vestido para o verán, para o inverno un chaquetón e un vestido dunha tela máis gorda e para tódolos días unha “batiña de percal”(que non duraba nada). Para o día de San Roque e Santa Bárbara tiñan unha un pouco máis boa. Ademáis, ela recorda que a xente que a rodeaba atopábase nunha situación moito peor .Esa xente facíase a roupa co que tiña.


Anécdota 

O tío de Olivia (que xa era moi maior) fora obrigado polas hostes franquistas a vixiar os que ían ser fusilados e pasouno moi mal.

Houbo un día que se atopaba enfermo,e a súa muller que era moi “votada para diante” preguntoulle que lle ocurría. El díxolle que pola noite, tiña que ir ver como ían fusilar a uns homes e logo, recoller o seus corpos; ela díxolle que se estivera tranquilo que xa arranxaría cando o viñeran chamar.

E así foi, pola noite cando foron chamalo, ela foi onda eles e dixo que o seu marido levaba todo o día na cama enfermo e que non podía ir,dende ese día non volveron a chamalo;tivo bastante sorte.


O estraperlo 

De Portugal chegaban productos coma a fariña, o café, telas,…

Unha tía de Olivia, que non andaba no estraperlo, foi un día ó río con outras mozas a buscar unhas telas.Metéronse ata os xeonllos no río e recolleron as telas que lle trouxera unha portuguesa pero ó sair da auga estaban agardándolles os da guarda civil. Quitaronlle as telas pero tiveron sorte porque non lle fixeron máis ca iso.

As telas, daquela, eran moi necesarias porque había xente que chegaba a facer roupa cos sacos do azucre pois tanta era a miseria que se vivía.


Outra anécdota 

Fai un ano unha organización de mulleres, entre as que estaba Olivia, foron a Cotogrande a unha exposición onde lles saíu un home. Contoulles que seu pai estivera preso no Tegra, el e mailo seu pai eran de Asturias. Elas dixeronlle que seguramente estaría preso no colexio dos Xesuítas da Pasaxe, e el que non, que fora no monte e o final nin el as convenceu nin elas a el.

O pai do home conseguira salvarse por mediación dun capitan a quén lle puxera inxeccións, o capitán moi agradecido deulle un pase co que podía voltar a súa terra.


A Postguerra 

Olivia ó vivir nun ambiente de mulleres atopabase maís despreocupada, recorda estando de pequena xogando cunha amiga e estando a cantar a canción: “se va el caimán, se va el caimán”. A outra nena díxolle que esa canción estaba prohibida e canto máis prohibida estaba máis chillaban.

Olivia foi a escola de doña Aurora, ésta non lles falaba da guerra porque según Olivia xa tiña bastante impartindo clase a uns trinta ou corenta alumnos, máis os seus fillos sendo viuda, coma o que gañaba dando clase non lle cubría tódolos gastos tamén calcetaba; foi neses tempos cando se fixo famosa a frase: “Pasas máis fame cun maestro de escola”.


A terceira empezando pola esquerda e unha das tías coas que Olivia vivíu de cativa. Nese mesmo orde encontramos a Olivia no día da súa voda o seu lado Vicente ,detrás deste, Visitación e por último a súa nai.


Como vivíu a postguerra 

Olivia vivía nunha casa de campo grande, fora unha das primerias casas do pobo que dispuña de luz eléctrica pero dí que era moi maliña. Recorda que xa sendo maior as veces tiña que acender unha candea para poder ver cando por exemplo, estaba almorzando.

As habitacións tamén eran grandes pero non tiña cuarto de baño só tiñan un váter; máis tarde fixeron un pozo e desa maneira xa non tiñan que ir a fonte a buscar auga.Ata ese momento, era traballo de Olivia desde cativa ir buscar auga para a casa e darlle de beber os animais.


No piso de abaixo, no lado norte atopábase a bodega (a habitación que se atopaba enriba desta era moi fría) no lado sur estaban os animais. As habitacións de enriba estaban moito máis quentes sobretodo no inverno. Todos ían alí porque era onde se estaba mellor aínda que tamén subía o cheiro dos animais. Os porcos o estaren máis independetes non cheiraban tanto coma as vacas.


O debuxo da casa de Olivia foi feito por o seu segundo fillo: José Luis Lomba Álvarez. A casa estaba feita de barro e pedra e o piso superior de madeira. Na fachado da zona leste pódese observar unha solana que era de pedra e a grande cheminea que se utilizaba para afumar os chourizos. Tamén resalta unha gran lanranxeira que Olivia cree que debía ser centenaria, recorda que nun inverno un temporal tirou a árbore. Na planta da vivenda resalta que no comedor daba para un cuartiño onde estaba o común, era unha madeira para facer as necesidades cun buraquiño que daba na esquiniña onde estaba o cabalo (atópase sinalado cun un punto). Na dereita da parte baixa encontramos a bodega onde tamén se gardaban as patacas e no que ademáis tiña un gran galiñeiro e un alpendre para gardar estrume, palla e argazo. Actualmente so se conserva parte da fachada sur, xa que a outra parte queimóuse nun incendio.


A emigración 

Ela tiña un tío que primeiro fora vivir a Castela, e estando alí traballando na telleira, pensa Olivia que pola chegada das máquinas, non se viu con forzas para continuar e emigrou ó Brasil( ó Alto Panamá). Foi levando os seus fillos pouco a pouco agás a muller, que se negou a ir e unha filla que quedou con ela.

Olivia conta que fai dous anos viñeran de visita unha sobriña e mailo seu tío;esa sobriña estaba asombrada de porqué emigraran a un lugar tan malo podendo quedarse aquí.


O tío (que fora cabaqueiro) e maila sobriña.


A vida de Manuela A miña outra avoa chámase Manuela Lomba Rodríguez. Naceu no 1935 tiña tres irmáns maiores e dous máis pequenos.Os sete anos o seu pai morreu, era patrón dun barco, e foilles difícil seguir adiante. A súa nai traballaba no campo e os seus irmáns maiores comezaron a traballar os nove anos pero aínda así, era pouco o diñeiro que entraba na casa. Cando ela creceu un pouco máis comezou a traballar atando redes por catro pesetas. Os vintedous anos casa con Xosé Rodríguez Martínez.


A fame 

Manuela, o contrario ca Olivia pasou fame, a súa nai traballaba no campo e tiñan moitas patacas, as cales convertéranse no seu alimento principal, sobre todo acompañadas dun pouquiño de aceite pero tamén tiñan un porco e galiñas. Recorda que os seu avós tiñan un forno moi grande e os fins de semana sempre ían almorzar a casa deles. Moitas veces a súa outra irmá estaba pola semana metida na casa dos avós para comer pan de maíz quentiño. Os domingos, algunha xente que estaba en peor condicións ca eles, ían a casa dos seus avós a pedir un anaco de pan e incluso se fixeran caldo tamén lle daban, ela di: “ Da casa dos meus avós nunca saíu un pobre con fame”. Manuela conta que de cativa unha señora acercouse a ela e díxolle que si ía pola mañá o porto os mariñeiros daríanlle algún peixe pero ela contestoulle: “ Nós non somos de pedir senon de dar”.


A esquerda o pai de Manuela e a dereita a sĂşa nai a que recorda con moito cariĂąo coma unha muller moi traballadora.


A súa casa A casa na que vivíu Manuela de cativa situábase “na Roda”. Esta casa tiña tres pisos, pero pequenos, no piso de abaixo estaba o baño, o porco e mailas galiñas pero separado loxicamente. No piso superior, había unha sala e nesta atopábanse tres camas e como en total eran sete durmían de dous en dous agás o bebé que durmía no berce. No piso superior atopábase a cociña que como ela di era onde se estaba máis quentiño.


O colexio e a roupa 

Manuela recorda que no colexio só daban tres asignaturas: aritmética,gramática e historia. As horas que estaban no colexio eran poucas e pola tarde ou cosían ou axudaban a nai.

A súa roupa baseábase nunha ou duas batas de percal e os homes tiñan os traxes feitos cunha tela chamada maón. Ela, moitas veces andibo descalza e os días de inverno non soían sair pero cando o facían ó chegar a casa envolvíanse os pes cuns xerseis de la.

Na primeira comunión regaláronlle uns tennis e mailas unhas zapatillas. Cabe mencionar que cando morreu o seu pai quedaron os tres irmáns pequenos sen facela comunión, recorda moi ben que ese día ela foi a casa dos seus avós a comer un ovo fritido mentres os demaís estaban na casa comendo posiblemente patacas con aceite.


O estraperlo e maila emigración 

Os tíos de Manuela andaban co barco no estraperlo pero como ela di, o barco era deles, e por iso algunhas veces dánballe algún peixe, o que lle lembrou que nalgunhas ocasións, comían peixe de couro ou raia.

Facendo referencia a emigración Manuela conta cos irmáns da súa nai foron marchando pouco a pouco. Éstes, economicamente estaban mellor ca eles, o primero dos irmáns que se foi, vendeu os barcos e logo, cando xa estaba alá, chamou os demáis irmáns.


Contraste 

Como se pode observar Olivia e Manuela tiñan dúas vidas bastante diferentes xa que, Olivia era da aldea e a xente que por alí vivía encontrabánse na mesma situación ca ela; sempre tiñan algo que levarse a boca, mentres que Manuela pasouno peor porque ela pertencia a unha familia mariñeira aínda que dentro do que cabe non se encontraba nos casos máis extremos. Outra diferencia era a vivenda, a de Olivia era máis grande e tiña moitas máis cousas ca de Manuela, na vestimenta tamén salienta que Manuela tiña a necesaria pola contra Olivia dispuña dunha para as festas outra para tódolos días o abrigo para o inverno, etc. Na actualidade ambas encóntrase na mesma clase social. Olivia continua vivindo no Castro e Manuela pasouse o centro da Guarda.


Eu , e debaixo, eu de novo coa miña avoa Manuela. A miña avoa soe dicir: “¡Aih! ¡esta nosa muciña que ghuapiña é!”

Eu de cativa coa miña avoa Olivia ,e como ela me chama o seu “anxiño”,penso que será porque son a única neta que ten.


Conclusión Para comezar quero salientar o bo rato que pasei falando con elas, con Olivia voteime unha tarde porque sempre tiñamos conflictos ca grabación e rímonos moito. Ademáis do que esta na grabación e no traballo contoume moitas máis cousas que sempre enlazaban con outras. A verdade que paseimo xenial e creo que cando alguén te conta como vivíu a súa vida ,en que circunstacias, con qué xente,… grábase mellor na túa memoria que collendo un libro. Xa había algunhas anécdotas que me contara pero é certo que non me aburre escoitalas porque algunhas delas sérvente para saber cousas do pasado ou simplemente para decatarte da boa situación na que te atopas actualmente e o mal que o pasou algunha xente.


Con Manuela foi igual de entretenido, aínda que a súa hitoria é máis dura. Ela tivo que loitar xunto co a súa familia para conseguir sair adiante. O que máis me gustou de falar con Manuela é que, falaba da súa nai con tanto cariño e dozura que notábase a grande admiración que sente por ela e por todo o que fixo para sacar os seus fillos adiante. Ámbalas dúas, aparte de facerme pasar unhas moi boas tardes fixeronme cavilar na súa infancia, na época e nas grandes difenrencias coa actualidade e sincermante pareceme extraño que tanto unha coma a outra teñan tanta capacidade de adaptación pese os grandes cambios os que se viron sumidas.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD2 by Patrimonio de Futuro - Issuu