Skip to main content

IES A Sangriña (A Guarda) - Lendas da Guarda

Page 1

• • • •

LENDAS

A LENDA DO TREGA AS BRUXAS DO CARRASCAL O CALIZ DE SAN CAETANO A LENDA DA SANGRIÑA

DE

A GUARDA


AS FILLAS PEITEADAS Contan que unha muller, que vivía na Cruzada, morreu cando ía a dar a luz a dúas fillas xemelgas. Tivera dez fillos que quedaron orfos ó coidado do pai. Tódolos días a finada visitaba as súas fillas para peitealas. O pai, que andaba sospeitando, quiso comproba-lo que pasaba e foi mirar-la escea. ENDEXAMAIS VOLTOU.


O HOME QUE FALABA CO DEMO Contoume meu avó que coñecía a un home que estaba encamado e que dicía que falaba co demo e ata que lle puxera un nome: XERARDO. Tamén sostiña que o diaño era coma un criado para el e canto lle mandaba facer era unha orde que se realizaba de contado. - ¡Xerardo, tócame o corpo coas túas mans peludas ¡ - dicíalle e o trasno dáballe unha masaxe como se de un experto fisoterapeuta se tratara.


A MULLER DESTEMIDA Había unha vez unha muller que era panadeira e sostiña, con moita fachenda que non lle tiña medo ó demo. Un día foi a lavar a fonte pola noitiña e o voltares para casa atopouse cun pao que cada vez facíase máis grande e que lle empezou a bater nas costas. Daquela enfermou, quedou tullida e por suposto xamais foi lavar ó lavadeiro


OS TRES RÍOS

Cóntase que os tres ríos irmáns: Eume, Landrove e Sor ían camiñando moi cansos cara ó mar e deitáronse coa condición de que o primeiro que espertase chamaría polos outros dous. Sucedeu que Sor ergueuse o primeiro e deixou ós seus irmáns durmindo. Espertou o Landrove e como viu que xa se marchara un, fuxiu tamén. Cando ó amencer o Eume decatouse da ausencia dos seus irmáns, sentíndose enganado, saltou lixeiro, pasando por montes e vales e cabreado, foi o primeiro en chegar ó mar. O río Eume tódolos anos ten que cobra-lo seu tribauto coa morte dunha persoa que as xentes do lugar transformaron na ofrenda dun galo para ter acougado o espírito do río.


A CABRA QUE RÍA COMO UNHA SEÑORITA Sucedeu isto en Camposancos, onde as xentes do lugar sabían dunha cabra que tódalas noitiñas andaba polar rúas solta e ata coidaban que estaba embruxada. Houbo intentos por pillala; mais cando un se achegaba onde ela, rompía a rir a cachón como se foxe unha señori educada e todo o mundo fuxía de alí. - ¡Coiro! – dixo para si o tío Santiaguiño, un vello esmorgante da Mariña – para ela ha de chegar o Santiaguiño. Encamiñouse na porcura da cabra coa intención de comproba-lo que do animal se dicía e ó atopárense un fronte o outro e vendo ue non paraba de rir mandoulle unha lazada mexicana, que un parente seu lle ensinara, e colleuna polo pescozo. Farto xa daquela rusada tirou dela con todas as súas forzas e canto máis o facía, máis sorriso lucía o condenado animal. Argallou entón rir coma ela para se burlar e abrallouse de que o animal papara de rir e se fixera manso. Pola mañanciña levouna ó peirao e todo o mundo fuxía del e da cabra como se fosen o diaño en persoa. - ¡Agora xa non ri ! – gritaba o tío Santiaguiño con todas as súas forzas. Un rapaz destemido achegouse con coidado onde o animal e non lle pasou nada polo que comezou a pregoalo ós catro ventos co que as xentes do lugar consideraron o Santiaguiño coma un heroe.


A LENDA DO TREGA Dise que no monte Trega hai tres pedras ou grandes laxes. Segundo a lenda unha das rochas contén ouro, outra lume e outra auga. Tamén se di que se alguén intentase abrilas, podería ter sorte ou morrería no intento. Se abrise a que contén o tesouro, esa persoa sería rica para senpre e endexamáis se lle acabaría o diñeiro. Máis se pola contra abre a de auga, o mundo asulagaríase e todo o mundo afogaríase. Se a apertura faise na do lume, sairían dela monstros de lava que queimarían a terra converténdoa mun inferno, someterían os humanos e cando xa non servisen para nada formarían parte dunha suculenta cea. Así que despois de ler este relato que nadie intente molestar ós espíritos das rochas non sexa que…


AS BRUXAS DO CARRASCAL

A avoa Enriqueta era para min unha velliña encantadora que sabía moitas historias. Vivía en Pias (O Rosal) e lembrábase de que as xentes do lugar recordan que nas noites de lúa chea a iso das doce as bruxas que habitaban no Carrascal, paraxe da localidade, ían a bailar e facelos sus aquelarres nunha rocha moi grande que hai no cotro e co seu balbordo metían moito medo a xente.


O CALIZ DE SAN CAETANO Entre as xentes do lugar guadés de San Caetano escoitase falar de que nunha noite de temporal, hai moito tempo, un navío inglés navegaba fronte as costas da Guarda. O capitán moi asustado pregoulle a Noso Señor que lle amosara un sinal para ires recalar preto da costa en troques de ofrecerlle un cáliz de ouro na primeira igresa que atopara. O cabo duns intres a pequena capela de San Caetano iluminouse e sinalou s tripulantes o rumbo axeitado para non encallar nas rochas e así salva-las vidas e a embarcación. Afastado do perigo en canto tomou terra o capitán cumpriu a súa promesa e entregou o cáliz de ouro que se pode admirar o día da romaría a finais de agosto na citada capela do santo.


A LENDA DA SANGRIÑA Contan que no lugar da Sangriña, onde agora está o colexio as xentes vían polas nites unhas luces moi chamativas. Neste sitio medoñento só se atrevían a pasar de noite os máis destemidos pois cando a luciña aparecía era o sinal de que mataran a unha persoa. Logo producíase o enterro nunha estraña procesión de defuntos que pretendían vingarse do asasino. Cando se construiu o colexio todo esto desapareceu. Puido ser que sucedera que este mandara ó seu lugar, o cemiterio próximo, a esta Santa Compaña. - O topónimo Sangriña non ten nada que ver co vocablo castelán sangre – a pesares de que na guerra civil fose un lugar onde houbo moitos fusilamentos -senón coa palabra sanguiño (árbore moi abondosa na zona.).


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
IES A Sangriña (A Guarda) - Lendas da Guarda by Patrimonio de Futuro - Issuu