IES Terra de Turonio – Un birlador Entrevista a Lito (Transcrición: David Silva Fontán - 4º ESO) Bueno eu nacín aquí o 28 de diciembre do corenta e dous e son fillo de Rogelio que era de Donas, do souto , e Carmen que era de aquí da casa esta. Daqui de San Martiño. Era filla de Jose e Anuncia. Jose era de Tomiño de.. Concretamente de Cristelos, e miña abuela era daqui tamén, naceu aquí, era desta casa e... Somos dous irmáns, ,meu irmán e eu, eu son o máis vello e ella e máis nova catro anos ca mín. Meu pai era de Donas , do Souto , que era..tamén era xogador de bolos e... eu despois crienme aquí, fun aquí a escuela aquí no... no Telleiro, que era a escuela que había de rapaces era no telleiro no.. e empezamos a xogar a os bolos xa de.. de chabales e... había un xogo de bolos aquí no sobreiro que era de homes.. de personas maiores e había outro no Monteiro que lle chamaban o Viveiro.. e despois fixemos nos un pa os rapaces aquí no Sobreiro , na parte de arriba que eu recordo que había pinos novos na parte de abaixo e estaban todos... ca cabeza rota dos bolos, que salían os bolos disparados e rompianlle a cabeza aos bolos. Despois e.. había outro xogo e.. nas escubichas.. pero aquel xa era para homes, claro! Non nos deixaban xogar a nos os rapaces e había outro na chan do campo en... en as regadas , entre as regadas e oliveira. Eses eran os xogos que había en borreiros, No? Pois de pequeno eu recordo de xogar ahi, en.. aquí no sobreiro, que fixeramos un xogo pa nos , pa os rapaces e xogabamos coellos, e... galos, asi no, e despois acordome da primeira vez que salimos a xogar forá, fomos a xogar a Insúa , donde estaba a fábrica do ladrillo , que aquílo xa non existe, e... era na parte de entre Belesar e Sabarís , por donde pasa a autopista pola parte de arriba. Alí había un xogo de bolos e acordome que xogabamos a dous reales a partida , eu perdín as dúas partidas e non tiña máis que unha peseta e non puden xogar (carcaxada) non puden xogar máis. E despois ir a xogar a bel... a Santa bahía, iva a de miña abuela a proposito para despois vir a xogar a os bolos , xogaba alí no souto , que había dous xogos , había un antes de facer o xogo donde esta o colegio ahora , aquel era o xogo do souto, e había outro abaixo , no medio das casas , alí na curva mismo... que xogaban os maiores ¿no?. E eu rocordo de vir por alí para ... Ía a de miña abuela e despois ao vir e... parabame a xogar alí e... no souto e despois cando acababan ali , viña por Baltar , que inda eu axuden a facer o campo, inda estaban cando eu era chabal , pero fijate ti o grande que era que non me pasaban os bolos a raia , e enton facía unha ralla polo medio para que xogara eu. E.... chegaba a xogar eu máis aquí un de Borreiros que se chamaba Boxerne que é carpinteiro. E... viña el máis eu, e viñamos ao millor as cinco da tarde ou as seis botabamos todo o día a xogar aos bolos, e depois xa cando eramos mais jranditos , xa con dezaseis dezasete anos, fumos xogar unha ves, a primeira ves que fumos a xogar foi a ... a Rega , Morade. Chamanlle o xogo da Rega. Santi.- Onde? En Morade, por riba de... vamos a ver onde esta a fabrica de, do Pombal oa.. fonte do Pombal , pola parte de arriba alí chamanlle Morade, e fomos a xogar alí. Eu facía partida con un de Santa Bahía , que xa morreu que lle chamaban Alfredo
Menexes.. Máis un de Donas que era Pepe o Meco , Foi a primeira vez que xogamos alí . E despois ivamos a... a facer así...faciamos partida os tres e íamos os... a xogar os carneiros, claro daquela aínda .... non tiñamos entidad como pa ganar ¿no? E bueno, e empezamos a ir fomos outra ves a ... que eu recorde.. Bueno despois xa ivamos a todos os xogos cando... Cando xogabamos os maiores, fomos a Belesar, Medialdea. Santi :- Pero no colexio,Lito ? Lito :- No, no colexio non había xogo de bolos. Santi :- Xogabades ao saír? Lito :- Si, nos o que xogabamos alí era ao futbol, ao futbol.. e tiñamos un campo ahí no sobreiro , onde é o centro cultural hox,que, era un pedaciño , eu que sei, por ahi cen metros cadrados, non seria , que va! Era un pedazo pequeno , e había toxo ,andaban polo medio dos toxos, despois aquilo foi cando se fixo xa.. muito despois ¿non? E do uno que se xogaba daquela era ao pateiro co pau ese ,no sabes?... e aos bolos daquela, había algún dos maiores que andaba co saco dos...dos bolos ao lombo, e onde paraban , xa botaban alí unha partida, Tiñan unha pedra ao mellor nun camiño, xa xogaban . Eu recordo en Santa Bahía... Onde esta a casa de Jesus o Martis , que había un camiño por alí pa´baixo e xogabamos alí no medio do camiño , nunha pedra faciamos uns paus para por os bolos e... martillabamos alí. E despois xa de chabales , foi cando empezou a vir antonio de.... de ..... de San Pedro viñan a xogar dentro da casa de Angelito Dacosta , ali na Varga , había un xogo que fixeran solo para xogar os rapaces , pero un xogo bo e.. xa en condicións ,xa un campo grande. Logo había outro alí onde esta a.... o peaje da autopista había outro pa os rapaces e... en Donas había o do Souto , dous, no Souto había dous , o de baltar, este da Varga e....o da autopista que era pa rapases. E despois había, en Mañufe había dous tamén, había o de San Sebastián do Portelo, que alí xogen eu muito tamén,xa ganen eu varios carneiros, porque daquela non había campeonato non habia nada.. Era ... xogabanse o domingo todos os carneiros, erao que había daquela ¿non? E... en Mañufe había dous o de San Sebastián do Portelo e o de Nande , e despois había algun asi para xogar os rapaces, pero que eu recorde son eses. E despois onde máis tradición había de bolos era en belesar, En belesar xogaban na Medialdea, e máis no Urgal e na Granxa tamén había outro xogo . Despois en Gondomar había un xogo , detras da iglesia de San Benito , ainda me parece que sigue a pedra alí , logo fixeron outro diante da .... por detrás do cine novo, un campo que había alí , antes de haber o cine, o cine novo donde ten ahora o bravo os muebles. Santi : - Si Lito : - Aquilo era un campo e xogabamos ali aos bolos , ali xogamos varios campeonatos. Despois había ao subir pa´rriba na cheita habia un que lle chamaban o de Rosalía e había outro nas Razas. E había en Peitieiros , había un diante da iglesia, mismo no Atrio había un campo de bolos ali. E había outro en Morgadans donde...donde esta o , a capilla de San Roque. Alí tamén había outro . E había en Chaín na capilla de Mercedes. En Vincios non había non recordo eu ir a xogar a Vincios porque non habia xogo, en Couso tampouco , En Villaza tampouco. Despois habia en..... en Nigrán , un mui importante que lle chamaban ,o do Tarela, que era moi importante tamén , que era o unico por aqui que tiña unha raia de 50 , pegabas unha bolada boa e pasabas... xa había tres bolos xa exclusivamente para pasar un de 50 , entonces cada ves que pasas un de cincuenta eran cincuenta puntos. Aquilo aumnetaba bastante. Era un xogo duro he.. Era bastante fuerte. E despois habia un en Camos , e había, en San Pedro había dous , tres, habia o da unión que
era donde están as escuelas aqui no alto de Mallón . Si? Ali había un , había outro no Souto , que non sei se ainda existe o sitio , e despois habia outro para os rapaces tamen ali no souto , que a primeria vez que fun a xogar ali andaba o Antonio, o finado de Antonio a xogar ali e estaba metido nunha presa que ivan os bolos todos metido nunha presa e andaba a a buscar os bolos , taba metido no medio da presa a coller os bolos . E despois fixeron en Sabaris , onde esta a praza , que hai unha fonte ahora. Bueno pois alí fixeron un campo de bolos tamén , fixeron unha ves, pero aquilo durou pouco non.. Eu ainda xoguen ali tamén , pero, aquilo durou pouco. En Belesar había o da , da Medialdea e o do Urgal e o da Granxa e ....Quedoume atras o de San Ciprián e por aqui xa non había máis, xa que eu recorde.... Ah! Xoga... Si había un en Baredo tamén, pero xa foi posterior... Non e.. ao principio non habia, fixerono ali onde esta Rocamar, un pouco máis adiante, alí fixeron un xogo e aínda fomos a xogar algunha vez. E ahora vouvos contar a historia de cando empezamos a xogar a os bolos Antonio, Pepe e eu, e... habíamos ganado varios, varios galos e... entonces un dia fomos a comer ao...ao Galisia, prepararonos a comida no Galicia e fomos a comer alí, entonces fixemos alí unha selecion , e xogamos a primeira vez que fomos a xogar xuntos foi Pepe , o Pinzás , eu e máis o Manolo o do Granja o dos veriquí , fomos a xogar a Carrasca, e gañamos o carneiro ali , a primeira ves que xogamos xuntos gañamos o carneiro , e despois..no domingo a seguir xa foi cando xogou Antonio con nos. Antonio o de San Pedro o finado de Antonio, e despois xogamos xuntos hasta que... hasta que eu partin un brazo , e despois boten unha chea de tempo fastidiado , e hasta alí xogamos sempre xuntos. Entonces ganamos os campeonatos todos que había, Daquela ganaramos todos . E... recordo que fomos a xogar a primeira vez, que fomos a Santa Bahía. Xogaramos aínda a anterior Pinzás, Pepe e..eu , e Suso o degrasiano que é guardía. Ganaramos un carneiro ou dous ,tamén en Donas. Porque daquela xogabas muito os carneiros, e despois foi cando empezaran a xogar os... bueno os...que son... os tres xuntos , e recordo unha vez que recordo que eran trinta e catro e ganaramos nos trinta e un. E asi posteriormente unha cantidad grande. Eu teño ahi unhas libretas que non sei onde están, pero onde se recolle todo ,o que ganaramos ¿no?. David :- Lito e dende que ano xogabades aos bolos? Lito – Home, eu recorde desde chabalitos. David – Dende os seis, sete anos? Lito – Desde seis sete anos no... pero eu recordo... David – Pero só xogabades aos bolos ou tamén había outros xogos famosos? Lito - No.. había o fútbol daquela.. o que hai hoxe en dia... habia o fútbol ,o pateiro...non había máis nada , de aquela non había máis nada. David – Non había trompos nin nada? Lito – Hai , bueno si , habia trompos, as bolas cantidad,as canicas, si al canicas bueno... recordo xogar eu hai no Atrio cantidad, Que llas din a Carlos , o teu veciño... a Carlos o Rodrigues , o que vive alí ao lado. David – Os bolos sempre foron dezaoito? Lito – Sempre. David – Foron sempre de buso he...? Lito – No, o de buxo xa foi un luxo , daquela había bolas feitas a carballo , e feitos a machada que non é... daquela non había torno para facelos , había que facelos a man. Cun torno a man , uns a darlle a outros e a tornear, iso era dificil. Non había medios, non había nada. David – E sempre tivo a mesma forma o bolo?
Lito – Sempre, sempre foi máis ou menos igual , acordome a primeira vez que se fixeron bolos para xogar polas dúas caras , Foi cando nos fixemos o xogo dos bolos , os bolos xa os había , ahi na Xunqueira. E Antonio fixo que era carpinteiro, e tiña torno para tornear enton fixoós para plantar polos dous lados. Coas duas cabezas, non sabes? En vez ser máis afilados ,eran máis cadrados enton tiñan , plantabas polos dous lados , foi a primeira vez que se fixeran bolos para plantar polos dous lados, recordo.. de ir a ... a primeira ve que fomos a buscar a madeira para facer os bolos, fomos a Prado, que viña a sogra que era de priegue e coñecia por alí que tiña buxo, e vendeunos un buxo por cen pesetas , fumos a buscalo na moto, Antonio , Pepe e eu, e él forá o que fixera os bolos e fixera paresme que forán dúas rodadas de bolos e tres bolas que durará unha tira e.. puff. Despois fomos unha ves non había... e fomos aquí a unha casa aquí que lle chamaban o de Xiraldez e tiñan un buxo , e fomos de noite a collerllo , pa facer a bola porque aquilo non sirvia para nada , claro.. o único que servía era pa faser bolas, que era un tocho asi pequeno, e pareme que dera seis bolas, pero daquela estaba moi controlado , porque non había... Buxo ahora mismo é un artículo de luxo que xa non o haí, e pa criarse unha... un pau pa faser bolas tiras unha tira de tempo... Ao millor trescentos ou catrocentos anos ou máis... Había alí na Rebaleira , había cada buxo que eran enormes parecían carballos , había un señor alí que lle chamaban Alfredo que cando rompía algún , así deixabanos , deixabanos e ivamos a buscalo, aqueles árbores eran enormes, eran como Robles, bicharraco enorme, despois había alí en Priegue tamén, no paso de que lle chamaban a luna, tamén tiñan, peroa xente non o vendía , entón pudrían alí. Santi – E cal era a diferencia , haciades algo de carballo ou de eucalipto non? Lito – No, faciase de carballo as bolas e os bolos eran de níspereiro, porque eran así máis duros ,no? E de oliveira tamen se facía porque de oliveira tamén había, as bolas tamén se facían de oliveira, Había que buscar o que hubera , porque daquela non había asi muitos medios. David- E as normas dos bolos , tiñades asi algunha en especial? Lito – Non, as normas son todas iguales, son... David – As que tedes hasta ahora? Lito – Hasta ahora mismo , son dezaoito bolos a plantar e o tiro desda... desde onde te pos pa tirar a pedra , paresme que son sete metros e despois desde a pedra a raia son vinte e un metros , despois cada bolo que pasa ,vale des... Aqui non hai raia de cincuenta, como habia en Nigrán. E si botas todos , os dos bolos a raia e tiras todos son trinta e seis, e si botas tres a raia, hai moita sente que manda tres , se lle das ben e con forza... pasan tres , entonces botas corenta e cinco , e as normas son todas iguales , despois birlas desde abaixo e todos os que virlas , vale un e non e... os que caen son os que valen, non? David- E te acordas de apostar algo serio nos bolos , aparte de diñeiro e asi? Lito – Non e.. o que máis habia daquela , xogabase por exemplo daquela un .... xogabase un.. trofeo que había que era un carneiro daquela , ou un galo,ou un pavo. E despois ao acabar cada partida , botabase unha partida de cen pesetas, sempre. Cada un xogaba cen pesetas,daquela , que xa era diñeiro... e había.... habia partidas interesantes e... David- Pero ahora nos bolos ao rematar sempre se come un cocido , carne o caldeiro , antes facíase igual , sentabades...? Lito – No, antes por exemplo nos tiñamos esa partida e iamos todos os domingos a comer ao Galicia , onde paloma... Santi – O galicia onde era ? Lito – Onde esta ahora a óptica alí era onde estaba o Galicia , logo estaban arxentinos , que
non eran os arxentinos.... Bueno ahora saliume.. Santi – Xa, xa... As normas cambiaron , ahora mismo xogase de liga en todo o ... o sircuito que son todos cantos xogan... Ah! Ainda me quedara un atrás perdón , había un xogo en Torroña e no Rosal e había outro en Cristelos . Ainda me acordo de ir ao Rosal que era en Acevedo , e eu a primeira bolada que botén botena por riba, e aínda ganamos o... despois ganamoslles a todos , non gañaron , nin foron capaces de meternos unha partida.E... en Brugueira tamén de ir a xogar e gañar todo tamén , na... En Cristelos tamén, de tamén ir a xogar e gañar todo.. e despois claro... despois xa habia competencia, había partidas que ... moi boas . Había partidas que era , Pancho, o Silva e Pablo , que eran os que nos facían frente daquela, porque os outros daquela non... Recordo unha ves que fomos a xogar un cerdo en donas , un porco.. e levaranoos cen bolos , e na segunda volta, tiñamos que facer na última tiñamos que facer... tiñamos que botar os tres de corenta e cinco e birlar os tres de deza e oito, e fixemos ... e birlamoos os tres de corenta e cinco e birlamos os tres de deza e oito. Pasar tres a raia , e non é sempre, iso non van sempre , e botamos tres de corenta e cinco e tres de deza e oito . E o burro paresme que foron dúas veces, non me acordo eu e... Paresme que se xogara dúas veces e ganaramos as dúas veces, e despois.... Santi – Onde? Lito- En Donas, e despois tamén xogaramos un ternero tamén , tamén , e así a bote pronto , pois non sei se habrá algo máis , no ? David – E as ligas cando se empezaron a facer? Lito – Cando se empezaron nonsei exacto , exacto , pero , non hai muito tempo, iso pode darbos datos Esteban que é o que leva todo iso , pero non hai muito tempo. David – E no Val Miñor , dentro do Val Miñor , hai diferenza entre os bolos que se xogan dentro o Val miñor? Lito – No , aqui xogase todos iguales . David – E con outras comunidades autonomas de España ? Lito – Si, hai por exemplo, bolos asturianos é diferente, é un bolo totalmente diferente.Ahora fanos de plástico , de teflón, entonces fanos cuadrados , no? Fanos.... para plantar polos dous lados , Sabes? E... cambian bastante , pero no resto , son bastantes iguales. Non hai diferencias. David-Pero as normas doutros xogos aforá tamén cambian ou solo os bolos? Lito – Non , só cambian os bolos, hai nunha parte ahi de asturias que si cambian, que pasan os bolos , levan mismo que había aqui en Nigrán, pa cincuenta, aqui tamén hai. E despois fixeron os campeonatos en Playa Ámerica , en Gondomar que xa son de todo Galicia, de España, no? Fixoxe varias veces e... David- E apostase...Ahora mesmo hai apostas nos bolos con diñeiro? Lito – Non... que eu sepa no . Só se xoga as ligas , o carneiro e máis nada , porque ahora pareceme que ainda se esta xogando... a liga pareceme que xa acabou, pero ainda xogan os carneiros. David – E podenos contar algunha anédota que te pasara a ti ou coñecidos sobre os bolos? Anédota... nonsei ... Trifulcas nunca houbo? Lito – Bueno... había esa rensillas e tal , pero eu non recordo de haber lios non , non recordo , e ... Eu recordo unha ves que estabamos xogando en gondomar e había un de Belesar que lle chamaban o Solla que aínda vive e... estaba abaixo , enton tirou o que tirou e saliu un bolo disparado e bateulle aqui no tobillo, oie bateu como se forá nunha pedra, e estaba o , o de Belesar que lle chamaban o loguiño e dixo “ Coño, chegoulle hasta pixarra”.
Oie inda ben non lle pegou o bolo na perna xa tiĂąa un globo asĂ , non lle partiu a perna de milagro.