Skip to main content

IES de Becerreá - Contos Ancareses

Page 1

EDICIÓN DE CONTOS POPULARES RECOLLIDOS POR ESTUDANTES DO IES DE BECERREÁ CURSO 2008-2009

1


Contos de animais:

O raposo e o gato Filomena González Rodríguez (Vilameixide, Navia de Suarna) Tipo: Aa-Th 105 [J1660]: “O único truco do gato” Unha vez eran un gato e un raposo e o raposo díxolle ao gato. -

Cuantas mañas sabes?

-

Unha sola –dixo o gato

-

E tu? -preguntoulle o gato ao raposo.

-

Cien e un saco cheo –contestou o raposo.

E nesto apareceu un can e botou a correr detrás deles. O gato subiuse a unha árbore pero o raposo tivo que tirarse ao río. O gato dicíalle: - Máis che vale que vaias sacando do saco porque... E o raposo contestoulle: -Xa sei que teño que ir para Talavera e tanto me ten ir por mar como por terra.

O gato e a raposa José Luis Asenjo Digón (Navia de Suarna) Tipo: Aa-Th 105 [J1660]: “O único truco do gato” Xuntáronse un gato e unha raposa. Díxolle a raposa ao gato: -

Tu, cuantas artes sabes?

E díxolle o gato: - Unha. Díxolle a raposa: -

Oi oh! Sei eu cen e un saco cheo.

Estaban naquelo e aparece por alí un can, pega tras deles, o gato bótase por unha árbore arriba, e claro, bota tras da raposa e despois berráballe o gato, dicialle: -

Oye, cuando acabes las cien desata el saco!

2


Entre galo e raposo Filomena González Rodríguez (Villameixide, Navia de Suarna) Tipo: Aa-Th 56 A, “O raposo ameaza tumbar unha árbore” Unha vez chegou o raposo e pegou detrás do galo. E o galo sibíuselle a un castiñeiro, e o raposo colleu o seu rabo e díxolle: “serra meu rabo se queres comer carne de galo”. E o galo dicíalle: “o teu rabo non é de aceiro pre serrar o castiñeiro”.

O galo e mais o raposo Irene (Ousón, Becerreá) 70 anos. Tipo: Aa-Th 6: “O animal aprehesor é inducido a falar”. Érase unha vez un raposo e un galo. O galo estaba no poleiro. Un día chega o raposo ó poleiro e colleuno. Cando ían de camín polo monte, o galo dícelle ó raposo que diga o seguinte: -

A que non dices galo comín.

-

Galo comín –contesta o raposo.

O galo deu un salto a un carballo, pero este abanicábase muito xa que facía muito aire e o raposo dun lado para outro. O raposo dícelle ó galo que baixe con estas palabras: - Xan poleirán baixa pola roupa. - Non baixo non, que xa dios me dará outra –respondeulle o galo ó raposo.

A Farruca e o Mingos Carmen Pérez Fernández (Viladicente, As Nogais) 66 anos Tipo: Aa-Th 6: “O animal aprehesor é inducido a falar”. Era unha vez unha raposa chamada Farruca e un gato chamado Mingos, que se xuntaron unha tarde. -

E agora se vén un can tu que fais? –dixo a raposa.

-

Eu fago fu e subo a unha árbore, e tu que fais? –contestou o gato.

-

Ai, eu seiche as do saco e as do farraco –contestou a raposa.

Nese momento aparece un can, que era da Ramalleira, era grande e branco. Entonces o gato Mingos fixo fu e sibiu ó pico dunha árbore. Entonces a raposa empezou a correr e non se daba desfeito do can, e empezou o gato a berrar: -

Corre Farruca, agora non che valen as do saco nin as do farraco! Corre Farruca, agora

non che vales as do saco nin as do farraco! E así varias veces repetiu o gato Mingos.

3


Ó final de todo a raposa Farruca terminou desfeita de todo polo can grande e branco da Ramalleira.

Conto da raposa que foi ás vodas no ceo José Luis Asenjo Digón (Navia de Suarna) Tipo: novo Aa-Th 225B* “A raposa deixa que a leve a aguia”. Na tradición escandinava é unha tartaruga e unha aguia. Era a raposa e unha aiga e foron a unha voda ao ceo, entonces a aiga tiña que levar a raposa. A raposa iba encima dela e marcharon para aló. Entonces chegou a un sitio que a aiga cansou e díxolle: -

Eu non podo máis, teñote que tirar

-

Vai tirando, vai tirando

Foron indo e díxolle: -

Tírame encima daquel palleiro de palla que se vei eilí (desde arriba pareceulle que era un palleiro de palla)

Cando chegou alí tirouna e dixo a raposa: -

Si de esta me salvo y no muero no quiero más bodas al cielo!

E cuando baixaba cerca, en vez de ser un palleiro de palla era unha pena, e díxolle a raposa: - Escapa pena que te esfacho! Pero quen se esfachou foi ela contra a pena.

A raposa e o lobo José Luis Asenjo Digón (Navia de Suarna) Tipo: Aa-Th 56 E*: “O raposo obrígalle a outro animal para que lle consiga comida e pracer”. Existen cando menos cinco variantes deste conto en Fingoy 1963: páxinas 40-45. Era o lobo e a raposa, que eran compadres, e entonces mataron un burro e enterrárono. Deixáronlle o rabo fóra para saber onde o tiñan e depois puxeron un día pre ir comelo. O lobo dicíalle á raposa: -

Ai comadre, cando vamos ir comer o burro?

E a comadre decíalle: -

Eu hoi non che podo que teño un bautizo

4


E así todos os días, e ela iba comer ao burro, claro, ata que despois ao final asique o acabou, puñeron un día. Vai o lobo, engancha o rabo do burro, pégalle un trincón, si, o rabo saliu fácil, marchou o lobo de cu o suelo e despois empezaron: - Ai, eu non fun o que comín o burro! - Pois fuches tu. - Eu non fun. E un dáballe a culpa ao outro. Acordaron de deitarse ao sol e o que antes lle sudara a barriga fora o que comera o burro. O lobo adormeceu e vai a raposa e méxalle pola barriga e entonces chamouno e díxolle: - Ai compadre mira como fuches tu quen comiche o burro. E dixo o lobo: - Ai oh! Pois é verdad, pois eu non fun.

O oso e o raposo Mercedes Quiroga De la Peña (Baralla) Tipo: Aa-Th 56 E*: “O raposo obrígalle a outro animal para que lle consiga comida e pracer” Era un oso e mais un raposo que andaban buscando comida. O raposo díxolle ao oso: -

Ai compadre!, e que tal se imos á granxa do tío Pepe e roubamos un porco?

Pareceulle boa idea e así fixeron. Foron silandeiros ata o corral, alí o oso matou dun golpe o porco máis grande que atoparon e marcharon correndo monte arriba. Cando xa non tiñan folgos, sentaron baixo un carballo e o raposo, pillastre, díxolle ao oso: -

Ai compadre!, non sei ti, pero eu non podo coa miña alma, que tal se durmimos un

anaco? Podemos enterrar o porco, co rabo para fóra para saber onde está. O oso, que foi quen levou o porco durante todo o camiño, aceptou sen dubidalo... pero ocorreu que mentres o oso durmía, o raposo ergueuse, desaterrou o porco e papouno enteiriño, deixando somentes o rabo. E, ben caladiño, deixou o rabo do porco onde estivera o resto do corpo... Cando o oso espertou e foron buscar o porco, atoparon o rabo, tal como o deixaran, e o raposo díxolle ao oso que tirara el do rabo, pois era máis forte. Así fixo o oso. Colleu alento e tirou do rabo con tal forza que caeu de cu no chan. Fíxose moito dano pero cando se ergueu todo encabuxado ao darse conta da broma, o raposo comezou a botarlle a culpa ao oso e así estiveron discutindo ata que dixo o raposo: -

Vamos deitarnos ao sol e ao que lle súe a barriga foi quen o comeu.

5


Deitáronse a durmire e o oso durmiu, pero o raposo ergueuse e mexou por riba do compadre e chamouno: -

Ai compadre!, Ti fuches o que comiches o porco porque che súa barriga.

E así foi como o oso tivo que pedir desculpas e marchar para a casa sen ter comido nadiña.

Crianza de perdigois na casa Manuel Santín (Becerreá) 87 anos Tipo: ? (Apenas atopamos un conto sobre perdiz doméstica en Esopo: Os galos e a perdiz) Unha vez pillamos unha perdiz con pitiños e puidemos roubarlle unhos pitiños. Pero, oi querido, criámolos na casa. Comer, comíanche de todo, botábaslle graos, botábaslle areas e tamén as comían! Pero non valeu para nada aquelo, logo os pitos así que colleron algo de confianza... marcharon...

Fábula dos músicos improvisados Aníbal Piñeiro López (Láncara e Becerreá) Tipo: Aa-Th 130B: “Os animais foxen da ameaza da morte” (Cotexar co conto dos Grimm: Os músicos de Bremen) Unha vez era un burro que era mui vello mui vello, e entonces, como xa non facía servicio na casa para traballar, pos botárono fóra. Marchou por un camiño andando e, andando andando, encontrou un can tamén no camiño e díxolle: -

E tu que fais aí, ou?

-

Nada, agora como son vello pois botáronme da casa.

-

Pois vénte comigo, que vamos polo mundo e facémosnos músicos improvisados.

Marcharon andando, andando, andando e máis adiante atoparon o gato: -

Pero tu que fais aí, ou?

-

Nada, é que agora de vello botáronme fóra da casa e..., claro pos estou aquí.

-

Pos vente con nós que nós vamos polo mundo e facémosnos músicos improvisados.

Marcharon andando, andando, andando e, un pouco máis adiante, atoparon un galo: -

Cacaracá, cacaracá.

-

Tu que fais aí cantanto, ou?

-

Nada, é que mañá é festa e vanme matar.

-

Nada, pos vente con nós que vamos polo mundo e facémosnos músicos improvisados.

6


Marcharon andando, andando, andando e chegaron a un sitio que había unha casa, como un palacio, e viron que había muita ghuerga e muito tal, pero non sabía o que había. Entonces poñíanse o can encima do burro, o gato encima do can e o galo encima do gato. Miraron e pola ventá viron que había un rabaño de xente con muita comida, muito tal. E que fixeron? Pos puxéronse o burro a ornear, o can a ladrar, o gato a miañar e o galo a cantar. Eles asustáronse e escaparon, entonces entraron e comeron, comeron ben e dixeron: -

Pos agora temos que repartirnos por se volven, temos que repartirnos para defendernos.

O can púxose xunto da porta, por un lado e o burro do outro, o gato púxose no medio da escaleira e o galo subiu pola escaleira. Despois, cando estuveron ordenando de ir alí: -

Quen vai ir?

E houbo un máis atrevido que dixo: - Pos vou eu. Entonces chegou o outro e foi subindo polas escaleiras arriba, e o galo, que estaba no bico, lanzouse nel a picotazos na cabeza, un pouco máis abaixo o gato lanzouse nel a arañazos, o can mordeuno, o burro pegoulle unhas patadas e marcharon e non volveron. E eles quedáronse alí e viviron felices.

A galiña asustada Alicia Fernández Díaz (Sudrio, Baralla) 65 anos Tipo: (Recollido en Centro de Estudios Fingoy (1972): Contos populares da provincia de Lugo, vigo: Galaxia p. 26) Había unha vez unha galiña á cal lle caeu un ourizo na cabeza. A galiña púxose a correr e cruzouse co galo. -

Marche de aí, don Galo, que cae o mundo a anacos.

-

Quen cho dixo?

-

Caeume a min enriba!

E marchou correndo. Chegou onda a lebre e díxolle:

1

-

Marche de aí, dona Lebre, que cae o mundo a pedazos.

-

Quen cho dixo?

-

Caeume a min na coromiña1!

En Centro de Estudios Fingoy:1972 aparece como coroniña ou cacorrochiña.

7


E a galiña seguíu correndo, e cruzouse co gato, coas vacas... ata chegar onda a raposa: - Marche de aí, dona Raposa, que se nos vén o mundo enriba. - Quen cho contou dona Galiña? - Caeume a min na cabeciña. - Se cae o mundo a anacos, eu quero ir ben fartiña. E chapou a faladora galiña.

O home e a cobra Inés Fernández Díaz (Sudrio, Baralla) 44 anos Tipo: J. 1172.31 e Aa-Th 55A. (Aparece este relato na tradición contística dos Balcáns e tamén na Idade Media, como se pode comporbar na obra de Pedro Alfonso de Aragón).

Un home atopou unha cobra baixo un penedo mentres camiñaba. Apiadándose dela, colleuna tras liberala do seu encerro. Aínda así, a cobra estaba morta de frío e para quentala o home meteuna no peito e foise con ela para a casa. Unha vez quente, a cobra díxolle ao home que o ía comer. O home convenceuna para ir onda o xuíz. Encontrou entón unha raposa á cal lle expuxeron o sucedido. Esta decidiu que necesitaba recrear a situación, para isto díxolle ao home que colocara a serpe baixo un penedo. A serpe aceptou e unha vez atrapada, a raposa díxolle ao home: “Podes ir para a casa e deixala morrer por desagradecida”.

A voda de San Pantariñico Amadeo Álvarez Gómez (A Estrada, Cervantes)87 anos Tipo: Aa-Th 2030B “O galo ten que lavar o pico” e Aa-Th *2021C: “O galo vai á voda e morre”. (Trátase dun conto seriado ou en cadea que involucra unha voda e na que hai unha morte con protagonista animal)

Esto era un galo que quería ir a unha voda, entonces o galo ía andando por un camín e atopouse unha buleira, e no medio un grau de trigo, e logo o galo colleu o grau e manchou o pico. Quería ir á voda de san Pantariñico. Entonces, díxolle á malva que lle limpara o pico que quería ir á voda do san Pantariñico. A malva díxolle que non, máis adiante atopou unha ovella e díxolle limpare o pico que quero ir á voda de san Pantariñico, a ovella díxolle que non e entonces díxolle o galo: “Ovella come malva xa que a malva non me quixo limpar o pico para ir á voda de san Pantariñico. 8


Despois atopou o lobo e díxolle: “Lobo, mata a ovella xa que a ovella non quixo comer a malva, e a malva non quixo limparme o pico para ir á voda de san Pantariñico”. E non lle fixo caso ningún. Máis tarde, atopou un pau e díxolle galo: “Pau, pégalle ao lobo e mátao, xa que o lobo non quixo comer a ovella, a ovella non quixo comer a malva e a malva non quixo limparme o pico para ir á voda de san Pantariñico”. O pau non quixo, despois atopouse co lume e díxolle: “Lume, queima o pau xa que o pau non quixo matar o lobo, o lobo non quixo comer a ovella, a ovella non quixo comer a malva e a malva non quixo limparme o pico para ir á voda de san Pantariñico”. Máis adiante atopouse coa auga e díxolle por fin: “Auga, mata o lume, xa que o lume non quixo queimar o pau, o pau non quixo matar o lobo, o lobo non quixo comer a ovella, a ovella non quixo comer a malva e a malva non quixo limparme o pico para ir á voda de san Pantariñico”.

O oso e mais o home José Luis Asenjo Digón (Navia de Suarna) Tipo: novo Aa-Th 179* C “O oso e as idades do home” Xuntáronse o oso e o home e entonces preguntoulle o oso o home que era o máis forte que había no mundo e díxolle o home: o brazo do home. E o oso dixo: -

Pois vamos ir buscalo

Foron e iba un vellín xa mui vello e díxolle ao oso: -

Ese é o home?

E díxolle o home - Non, ése non é, ese xa foi. Seguiron máis adiante e atopáronse con un neno e díxolle: -

Ese é o home?

-

Non, este a ser.

E seguiron e iba un cazador e díxolle: - Aquel é o home. E vai o oso de valente, o cazador pégalle un tiro, e dixo: - Hostia!, pegoume unha hostia dun lado se me pega outra do outro ponme tolo.

Conto do osín Carmen Pérez Fernández (Viladicente, As Nogais) 66 anos Tipo: Aa-Th *179C: “Oso quere xogar con neno”. (Na tradición nórdica hai varios exemplos que nos nosos días podemos cotexar con personaxes como o osiño Teddy).

9


Ía unha muller coas vacas e chegou Carral de Navia. Apareceulle un osín e este choraba, logo a muller díxolle: -

Que che pasa osín?

-

Non teño pai nin mai, e estou solín e agora non teño con quen xogar. Se tuveras un neno

na casa! –díxolle o osín. -

Si, teño un netín na casa, pero non sei se quererá xogar contigo, porque igual che ten

medo –contestoulle a muller. Agora, esí que chegue coas vacas preguntareille se quere xogar contigo e xa cho digo mañá cando volva coas vacas. Cando volveu ó seguinte día coas vacas pro mesmo sitio, díxolle ó osín: -

O neno tenche medo, pero quérete ver.

-

Lévame logo nas orellas da burra –contestoulle o osín.

Cando chegou á porta da casa dixo a muller: -

Mira onde está o pequeno!

Pero o pequeno colleulle muito medo ó osín, e este chorando túvose que volver pro bosque porque non puido xogar co pequeno. E despois o osín no bosque atopou unha raposiña e un cervín e contoulles que vira un neno e que lle collera muito medo, pero como non puido xogar co neno pois xogaron os tres xuntos e pasárono mui ben.

O gato Purificación García Fernández (As Nogais) 87 anos. Tipo: Aa-Th subtipo 1676 D “O home estúpido” Esto era un home que ía vendendo tractores, así como o Catuxo, e viu un pequeno lavando o gato nun regato e díxolle: -

Oi hom, o gato ó lavalo non che lle vai ir ben.

-

Non, vai, vai, esto faille ben.

E cando volveu alí... - E o gato, hom? - O gato morreu! - Pois eu non cho dixen? - Si, pero non foi ó lavalo, foi ó retorcelo.

10


O rapaz de Cela Manuel Pérez Pereira (As Nogais) 87 anos Tipo: Aa-Th subtipo 1676 D “O home estúpido” Fun unha vez a Cela, de Cervantes, e alí hai un rapaz que está mal da cabeza. Decían elí que era chairo, pero non se mete con ninguén, non razona, está ben, e resulta que estaba lavando un gato nunha caldeira. E díxenlle eu: -

Tu que fas oh, que matas o gato, non ves que os gatos non se poden lavar?

-

Non, non lle pasa nada –dixo el.

Eu marchei, elí a outra casa e dicen: -

Bueno, pos lávao

Marchei a outra casa e cuando volvín, vin o home xa cruzados na porta todo triste e díxenlle eu: -

Que tal quedou o gato?

-

O gato morreo –dixo el.

-

Non che dixen eu que non se pode lavar, que ó lavalos morren!

-

Non morreo ó lavalo, morreo ó retorcelo.

A ovella Purificación García Fernández (As Nogais) 87 anos Tipo: AaTh 1345* “Contos parvos con xogos de palabras” E vai e morreu unha ovella. E vai outro día para sacalas e atopa a ovella morta na corte e díxolle: - Ai, papá, papá! E a ovella que morreu onte vai ir ó monte ou déixoa na corte? E díxolle o pai: - Ai burro, fillo do burro! Dálle herba e déixaa na corte!

A comida Amada (Torés- Casa de Carballo, As Nogais) Tipo: AaTh 1345* “Contos parvos con xogos de palabras” Era un pai que tiña muitos fillos e era mui famento e cando era no medio da mesa poñíase a comida e decía: “estamos verticon niños estamos verticondios levantémola mesa e alabado sea dios”. E claro, quedaban a medio comer e un día dixeron, pois que habemos facer, vamos retirar toda a comida. Il despois levantábase comer á noite e decíalle á muller: “Pepa levántate facerme algo que estón morrendo ca fame”. E dixeron iles: “non hemos deixar nada na casa nin na cociña e a ver que fai”. E á media noite levantouse, recordou 11


cunha fame e dixo: “Pepa vaime buscar algo de comer que morro ca fame”. E dixo: “non hai nada”. Pois dixo: “Faime un bolo na lareira”, que daquela era na lareira. E ela púxose a facer a bola e meteua baixo das cinsas e das brasas e levantouse o fillo de dixo: “Uii que frío, oh que frío vai”. Colleu unha vara e deu en facer cruces na cinsa e na brasa e desfíxolle a bola toda. E despois foi para cama e dixo: “mira que me pasou, desfixeron a bola toda e quedén sin nada”. E outro día cando foi pre comer tamén dixeron: “estamos vaticoninños... bababa…”. E dixo el: “nin farticou nin nada, comer asta que se revente”.

O neno e as ovellas Senén Antonio Rodríguez Pereira (Cereixal, Becerreá) 53 anos Tipo: Existe unha variante do conto en Fingoy 1963: 149-150: “O criado tonto e o tren”. Había unha vez un neno que estaba de criado na casa dunha familia rica e estaba a cargo das ovellas. Un día, cando levaba as ovellas pacer nunha leira cerca da vía do tren, descuidouse e as ovellas cruzaron a vía do tren, pasou o tren e matounas todas. Ao día seguinte levárono a unha feira na que había muitos xoguetes e entre eles un tres cos seus vagóns. O neno púxose a darlle patadas e a esmagalo, entón díxolle o amo: -

Por que fas iso Pepín?

-

Porque estes hai que matalos de pequenos, porque se medran matan as ovellas todas!

–contestou o pequeno.

A pulga Concepción López Álvarez (A Ribeira, Navia de Suarna) 65 anos Tipo: Aa-Th 1862A “O médico finxido: usa po para as pulgas”. Agarra a pulga, ábrelle a boca e métello po. Unha vez era o meu bisavó e ía ó barbeito cos bois. Chegou elí e avisárono que estaba parindo a miña bisavoa e entonces volveu e soltou os bois e colgounos tras a porta do palleiro. Levou as molidas a pacer cando baixaban para o prado, contou os trobos e non os daba contado. Despois contou as ovellas, faltábanlle dúas e marchou por elí arriba, camín da Reboleira, buscalas e encontrounas na caroca dun fulgueiro con tres canadas de mel. Despois non tiña en que botalo e picono unha pulga debaixo dun brazo. Foi e agarrouna e esí esfolouna. Meteu as tres canadas de mel no fole da pulga e despois non tiña con que atar e acordouse do rabo da pulga que esfolara. Estirado non lle chegaba e dobrado sobráballe. Veu 12


para a casa e botoulle a unha cocha que estaba para parir e sacoulle uns tres corciños mui guapos.

A galiña que pon o seu primeiro ovo Sara Díaz García (San Xoán de Becerreá) 48 anos Tipo: Aa-Th 836G: “O orgullo da galiña castígase” Era unha mañá de domingo. Nun curral había unha galiña que estaba media apurruñada e todos se estrañaron cuando viron levantar as ás. Ela toda airosa colleu voo cara a outra casa veciña. O seu dono decidiu seguir o seu voo, pero a galiña non parecía preocuparlle demasiado. El, todo ansioso, intentou perseguila por todos os tellados, pero nada. Logo ela, que era orfa de pai e mai, cando lograba fuxir corría por todos os tellados e sentíase libre, aínda que só fose durante uns instantes. Nas súas fugas ela pensaba que aínda que ela morrese nacería outra igualiña. Un día, finalmente, o dono logrou apresala e logrou levala ata a cociña entre sacudidas de plumas e cacarexos. Logo levouna ó curral onde finalmente puxo un ovo. A galiña quedou sorprendida do que acababa de acontecer. Ó seu carón estaba unha nena que ó ver o que acababa de facer berrou pola súa mai decindo abraiada: “Mamá, a galiña acaba de pór un ovo!”. Todos correron ata a cociña e viron como a galiña puxera o ovo. A nena díxolles que non a matasen que era boa. O pai da familia díxolle á nai que non a matase e a nai, cansada, decidiu non matala. Pero a galiña foise facendo cada vez máis mala e gardaba ansias de saltar o muro e voar polos tellados ata que finalmente, despois de muito tempo, a galiña ramatou na pota facendo un bon caldo.

Os lobos I Jaime Fernández Fernández (Murias de Rao, Navia de Suarna) 82 anos Tipo: Aa-Th 122 Z “Trucos para fuxir do capturador” Cuando eu era novo, era pastor de monte, porque non había na casa quen fose coa facenda máis ca eu. E un día, ó chegar ó monte, boteinas polo monte arriba e eu tras delas. Había un monte de aproximadamente metro e medio de levante e espántaseme as cabras todas contra min e unha tirou un berro e eu acudo para onde a que tirou o berro e un lobo estábame matando unha cabra e entonces eu: Ai ladrón! Ai ladrón! e cuando me arremango para darlle 13


o golpe ó lobo, o lobo tiróuseme e tiroume unhas baballas e marchou e eu recollín o rabaño e ó pasar como vinte metros máis, que pasaba unha regata, e ían sete lobos pasando a regata e eu berrándolles e eles revólvense e séntanse cara para min e entonces eu leveilles medo e dixen, son perdido, aiquí todo o día, que me velan, dios me libre, e entonces déuseme en cortar a fala xa cuando lle din o pau o lobo. Entonces collo o rabaño e volvinme para casa con elas e ó chegar nun barbeito cerca da casa xuntouse o pobo a ver que me pasara e eu por señas enseñeilles a cabra e xa viron que era o lobo. Eu non podía falar e metín o rabaño na corte e déronme auga con mel e auga fervida que decían que tamén era boa e para a noite xa falaba.

Os lobos II Jesusa Méndez (Baralla) 70 anos Tipo: Aa-Th 122 Z “Trucos para fuxir do capturador” Esto era un rapaz dun pobo que tiña unha noiva noutro pobo máis lonxe e ía vela sempre ó xoves. Un día destes que foi veu ás tantas da noite porque viña onda a noiva como sempre, e resulta que precisamente aquel día desapareceulle un boi destos que tiñan para as vacas. Aquela noite que veu o home para a casa pois sentíu un boi berrar alá ó fondo, xunta o río, e estaban alí unhos lobos pegando nel. Entón o home tirou un penedo así redondo e caeu alí onde estaba o boi e os outros deixárono e pegaron a correr. O home tamén pegou a correr porque tiña medo ó mesmo tempo que viñeran. Ó home só lle deu tempo a subir por unha árbore arriba e os lobos comendo a árbore por embaixo... Eso foi espantoso que seica o comían.

Conto de Eladio Carmen Pérez Fernández (Viladicente, As Nogais) 66 anos Tipo: Aa-Th 122 Z “Trucos para fuxir do capturador” Ía Eladio coas vacas pro Rigueiro Grande e levaba tres vacas, a burra e a becerriña. Ó chegar ó prado apareceulle un lobo mui grande que lle quería comer as vacas e a becerriña. El non o podía tornar e volveu ao pobo chamar os homes e berroulles ós de Quintá que acercaran tamén. Unhos levaban fouces, outros forcadas e outros paus. Empezaron a golpes no lobo e puidérono apartar, e desde que o lobo viu tanta xente asustouse e meteuse no monte. Despois Eladio colleu as vacas e veuse para casa, e ó chegar ó da Cabana, elí volveulle aparecer o lobo, que quería comerlle a burra. El díxolle que a burra non lla deixaba e afaloulle axiña ás vacas e chegou a casa. 14


Eladio tiña un caldeiro de auga fervendo e tiroulla ó lobo polo lombo, e o lobo dixo: “Ai, ladrón, que me escaldaches!”. E o lobo botouse a correr, a correr cara ó monte e ó chegar á porta do Lozano, atopouse con Sonia de Queiroga e levou muito medo porque viu o lobo escaldado. O lobo meteuse nunha cova no monte e alí chegou a raposa preguntarlle que lle pasara e díxolle que o escaldaran porque non lle deixaran comer unha burra e a raposa díxolle: “Non te preocupes, xa eu che traerei comida e cúidate eí que agora von eu buscarche algo de comer”. Deseguida lle chegou cun coello e un malvís. Despois foron pasando os días e o lobo foise poñendo mellor, e díxolle a raposa: “Non me traias máis bichos que agora saio eu”. O lobo deille as grazas á raposa e díxolle que nunca máis volvería facer o que fixo, e díxolle á raposa que ela tamén tivera cuidado.

O lobo José Rodríguez Rodríguez (Degrada, Cervantes) 73 anos Tipo: Aa-Th 122Z: “Outros trucos para escapar do opresor” Era no outono e a Xosé madáronlle ir levar as vacas a un pradelo. Era unha tarde de aire, e el foi e cerrounas no prado. E cando volvía para casa saíu o lobo e abriu a boca e como Xosé era pequeno queríao comer e entonces el quitou os galochos e botou a correr pero había unha presa por arriba. Cuando chegou a onde saía a presa, ó camín, alí estaba de novo. O lobo coa boca aberta e entonces levou un medo que empezou a correr e non parou ata chegar á Campa da Braña e elí sentouse a ver se o vía detrás del pero non o viu e despois volveu pro prado coa facenda. Botou as cabras e as ovellas pro prado pero as cabras non querían ir porque viran o lobo iel a botalas para elí ielas non querían. Despois botounas pre unhas lameiras e así viu vir o lobo polo camín arriba e Xosé berroulle e o animal botou a correr. O lobo saltou unhas silvas que había e colleu unha ovella sen que Xosé non puidese facer nada pero ó atoparse con outros señores que viñan de botar pan berráronlle e deixou a ovela aínda que tentou volvela coller pero sen conseguilo porque o a ovella foise de seguido para xunto das outras.

Os cabretiños e o lobo Concepción López Álvarez (A Ribeira, Navia de Suarna) 65 anos Tipo: Aa-Th 122 Z “Trucos para fuxir do capturador” e 122 F “Agardar a que engorde”. 15


Era unha vez unha cabra que tiña sete cabretiños, pero non tiña que darlles de comer nin quen lles quedara con eles. Deixábaos na corte e decíalles que non lles abriran a ninguén aínda vos peten na porta. E nesto o lobo soubo e foi petarlle a porta: pun, pun, pun. - Quen es? - Son vosa madre. - Bota a pata por debaixo da porta! E meteu a pata por debaixo da porta e dixo un cabretiño: - Tu non es, que tes a pata negra e nosa mai tena branca. O lobo foi ó muín e enfariñoua ben de fariña e volvou outra vez: pun, pun, pun. - Quen é? - Vosa madre! - Mete a pata por baixo da porta. Meteu a pata por baixo da porta e abríronlle e esí os cabretiños comeuos, pero a máis pequena escondeuse. Marchou pero despois doeulle a barriga e foi deitarse ó sol. Chegou a mai e non aparecía ningún cabretiño pero nesto saíu o pequenín: -

Vou o lobo e comeuos.

-

E para que lle abristes?

Saíu para fóra e viu o lobo deitado ó sol, xuntou pedras e abriulle a barriga. Sacoulle os cabretiños e encheulle a barriga de pedras. Marchou cos cabretiños para a corte. Desspois o lobo espertou. Deulle sede e foi ó río beber. Co peso que levaba na barriga caeu de cabeza ó río.

O lobo da Montaña da Agra María Teresa Gómez Fernández (Montaña da Agra, Becerreá) 47 anos Tipo: Aa-Th 122 Z “Trucos para fuxir do capturador” Era un home que viña de Becerreá ás tres da mañá. Ó chegar a Ouselle saíulle o lobo e entón o home colleu medo e non sabía que ía facer: se volverse para Becerreá ou seguir ata á casa, e colleu un pau e díxolle ó lobo: “Vámonos”. E o lobo polo monte e o home pola estrada fóronse seguindo ata chegar á Montaña da Agra.

16


Contos de parvos O boticario, o parvo e as moscas Mercedes Quiroga De la Peña (Baralla) Tipo: Aa-Th *1526C: “O parvo gaña por un truco” Un home, que tiñan por medio aparvado, entrou unha vez na botica e díxolle ao bitacario: -Ai señor, cantas moscas ten aqui! - Pois mira –díxolle o boticario-, por cada mosca que mates douche un peso. O home puxo de testemuñas á xente que había na botica, e púxose a matar moscas, xuntando unhas vinte e cinco. O boticario ía mirando unha por unha e íalle decindo segundo as separaba: - Esta é “mosco”. Separaba outra e dicía igual: “Esta é mosco”. E así todas. Ningunha era mosca, todas eran “moscos”. Claro, non lle deron ningún peso e fixéronlle a risa. Pero aquel paisaniño tiña colmeas, e todos os anos mandáballe a proba do mel ao boticario. Así que lle chegou a hora de mandarlle o mel, foi ás cortes e colleu un pouco de bosta das vacas e mestourouno co mel que lle ía mandar. Pasou o tempo e un día foi o home pola botica, preguntoulle ao boticario se lle gustara o mel. O boticario contestoulle: -

Home, esta vez non estaba nada bon. Ata parece que sabía a merda, con perdón.

-

E mais a tiña –díxolle o medio parvo. Pero mire señor, o que lle sabe separar as

moscas dos moscos, que separe a merda do mel.

O tolo e o listo Felicita Barrero Pérez (Murias de Rao, Navia de Suarna) 72 anos Había dous homes: o tolo e o listo. E marcharon á casa onde estaban as mozas para pretender. E o listo ó tolo díxolle: agora hannos de dar de comer, tu cuando che toque no zapato paras (para que non comese muito). Cuando estaban comendo pasoulle o gato por encima do zapato. Pensou que era o outro e parou de comer. Un chamábase Juan e o outro Pedro. O tolo era Juan e Pedro era o listo. Despois pola noite deulles a fame, o listo foi para onda a moza e levaban un carrete de fiu ou un nubelo e entonces, cuando o outro se erguiu decíalle ó listo: “teño fame”. O listo respondeulle: “pois corre que ailí na porta do forno pousaron un pucheiro con papas”, e o tolo dixo: “despois como volvo ás escuras?”. Tiroulle o 17


nubelo de la e díxolle: “Tu segues este fiu”; e despois o xastre, que era o listo, botou o carrete de fiu para a cama da moza e o outro meteu as maus no pucheiro e quedáronlle as maus metidas no pucheiro e non as podía sacar e entonces díxolle o listo: “vaite ailí ó corral que hai un penedo branco e rompe o pucheiro”. E estaba a vella e deulle por ir facer as necesidades e vai e dálle co pucheiro á vella. E díxolle a Pedro: “vámonos”. E entonces saíron os dous xuntos e díxolle o listo: “trae a pota”, para decirlle que a cerrase. E o tolo agarra a porta ó lombo e marcha coa porta e despois chegaron a un carballo e estaban os ladrois contando os cuartos e comendo e dixeron: “somos perdidos”, e subíronse a un rebolo e díxolle o tolo “deume a gana de mexar” e díxolle o listo: “aguanta, aguanta”, e non pudo aguantar e mexou e entonces dixeron os ladrois: “Parece que mean los pajaritos del cielo” e entonces foi cuando soltou a porta o tolo e os ladrois marcharon e deixaron os cuartos e despois o tolo, que cantaba mui ben, e volveu un dos ladrois a ver se estaban os cuartos e entonces xuntouse con el e preguntoulle como cantaban tan ben e díxolle: “porque raspara a lingua” e entonces díxolle o outro: “ráspame la mia también” e o tolo cortoulla, e o ladrón marchou decindo: “alalaime”, en vez de decir aguardaime, e os outros cuanto máis o decía máis corrían, e o tolo e o listo comeron ben e quedáronse os cuartos.

As tres perras chicas Pilar Fernández Capón (Baralla) 69 anos. Tipo: Aa-Th 809*** “Ao rico non lle permiten a entrada no ceo” Chegou un día un home ó ceo e díxolle a san Pedro que quería pasar. San Pedro non llo permitiu porque nunca cometera ningunha boa acción. O home díxolle que unha vez lle dera tres perras chicas a un pobre. San Pedro, entón, foi xunto Deus e díxolle o sucedido. Este díxolle a san Pedro que lle dera as tres perras chicas e o enviara ó inferno.

Caeu un can na grade... Magdalena Lamela Fernández (Mazaille, Baralla) 86 anos Tipo: Aa-Th 1345* Contos sen xeito con base en xogos de palabras O cura de Pumarega encontrouse cunha muller que lle preguntou que tal lle ía o día e se xa tocaran as campás. E o cura díxolle que si. A muller preguntoulle se era home e o cura díxolle que si e a muller díxolle: -Oi? Logo, xa caeu o can na grade...?

18


As castañas Jesusa Méndez (Baralla) 70 anos Tipo: novo Aa-Th 1353A “A vella mófase do gracioso”. Vemos como nos contos nórdicos non hai tanto respecto cara á xente maior. Esto era unha señora que ía no autobús de liña ata Becerreá e paraba no Café de Roca, que antes alí había un café que se chamaba así e sentou alí. Púxose coas pernas abertas e o cobrador baixou e díxolle: “Hai señora, e vostede mui colorada está”, e díxo ela: “Porque teño o forno cerca”. Entonces díxolle el: “Pos podíasme asar unhas castañas”. Nisto a señora púxose de canto, tiroulle un peido e contestoulle: “Vaia comendo esta que mentres lle aso outra”.

O pai e o fillo Jesusa Méndez (Baralla) 70 anos Tipo: novo “O neno aprende do que di o pai” Esto era un pai e un fillo que estaban no monte e tiñan unha cabra e andaba o castrón detrás dela e nesto un día foi o fillo e díxolle ó pai: -

Oi papai, mire que lle fai o castrón á cabra?

-

E que fai? - Pois colleu un lapis roxo e pintoulle no cu á cabra.

-

Deixa, deixa.

E volveu outra vez: - Oi papai, mire que colleu o lapis roxo e pintoulle o cu á cabra. - Ah, iso é que che andan xogando un co outro.

De feira Purificación García Fernández (As Nogais) 87 anos Tipo: Aa-Th 1696 “Que debería facer?” Ela mandouno á feira comprar un rancho. Veulle co rancho ó lombo, púxoo perdido de arriba a abaixo; un rancho ó lombo, darvos conta. -

Ai, burrín! En vez de prendelo cunha cordiña e virlle aquí cunha variña cazo de eiquí

cazo de eilí, e traíalo andando e non esí ó lombo! – e el calou a boca. Outro día mandouno traer unha ola, unha ola desas de barro grandes, e atouna pola asa e tróuxoa arrastro e chegou coa asa namais. -

Ai tolo e todo! Tu non volves máis á feira! 19


Despós foi cando ordenou de ir ela e dixo: -

Cuida ben dos pitos –por unha neada de pitos que tiña- hache vir a pega por eles, ten

cuidado. E foi e atouos todos á pita, vén a aiga e marcha coa pita e marchoulle cos pitos, e dice el: - Tira blanquín, tira negrín, mande ela por ti e por min!

A morte Amada (Torés, Casa de Carballo, As Nogais) Tipo: Aa-Th 1313A “Toma em serio o prognóstico da morte” Era un que tiña moito medo á morte e tiña muito medo e andábanlle metendo medo. Vai vir a morte vai vir a morte. Un día tiraron un novelo ó caldo e cando iba sacar o caldo viu o novelo e dixo: “oii, está aí a morte”. Empeza a correr e despois berrábanlle: “vólvete oh volvete que é un novelo”. E dixo:” Que! Xa morreu nel? Ai de min que xa hincho”.

O alcalde Senén Antonio Rodríguez Pereira (Cereixal, Becerreá) 53 anos Tipo: Aa-Th 921D “As respostas enxeñosas” Había unha vez un alcalde mui presumido e gustáballe muito rirse da xente. Un día, cuando ía paseando por un camín, viu un neno e pensou: “vou rirme un pouco deste crío”, e preguntoulle: -

Neno, este camín para onde vai?

-

Este camín nin vai nin vén, está sempre no mesmo sitio –contestou o pequeno.

Entón, cavilou o alcalde: “este pequeno non é tan fato como eu pensaba, voulle facer outra pregunta”. -

Oíches neno, e estas ovellas de quen son?

-

Estas ovellas non son de ninguén, as máis pequenas son das máis grandes –contestou

o neno. E pensou o alcalde: “Vaia!, pois non é tan tolo, voulle facer outra pregunta máis por ver que me di ”. - Oíches neno, ti que prefires ser, burro ou cabalo? - Home, señor alcalde, eu prefiro antes ser burro que cabalo. - E por que? – preguntou extrañado o alcalde. - Home, porque calquera burro pode chegar a ser alcalde.

20


O morto vivo Senén Antonio Rodríguez Pereira (Cereixal, Becerreá) 53 anos Tipo: Aa-Th 1313C “O morto fala” Había un home tan folgazán que por non traballar non sementaba colleita ningunha. Un día, viuse sen ter nada que comer e dixo: -

Vou celebrar o meu enterro.

Comprou a caixa, avisou o vecíns e meteuse nela. Ao día seguinte, cuando o levaban a enterrar, apareceu un home vecín doutra aldea e preguntou: - E como enterran o home vivo? - É que non ten que comer e antes que traballar prefire enterrarse – dixéronlle os achegados. - Home, doulle eu unha fanega de pan e polo menos come uns días máis. Abriron a caixa e contáronllo. O defunto dixo: -

O pan como é, cru ou cocido?

-

Ai non, o pan é en gran, tes que moelo e cocelo –dixéronlle.

-

Pois entón que siga o enterro!

O enterro do home que estaba vivo Isabel Gómez Gómez (Cervantes) 42 anos Tipo: Aa-Th 1313C “O morto fala” En Donís ían enterrar vivo a un home que non tiña nada, non tiña nin para comer. Cuando o levaban ó cementerio tumbado nunha escaleira encontráronse cun vecín de Corneantes que lles preguntou: -

Para onde levades ese home?

-

Pois vámolo enterrar porque non ten nada, nin para comer.

-

Pois se é así, déixano que eu dareille trigo, dixo o de Corneantes.

Entonces o que facía de morte dixo: -

Cocido ou sen cocer?

-

En grao –respondeu o de Corneantes.

Entonces o morto dixo: -

Pois se é así, que siga o enterro!

E deuse por terminada a conversación.

A muller que andaba do revés Anónimo (Baralla) 21


Tipo: Aa-Th 1365A “A muller cae ao río” Era unha muller que andaba ao revés, quérese dicir, que non sabía senón atricar con todos, e máis aínda co seu home que un Xaniño que sempre había facer o que ela quixera pois era a que mandaba na casa. Un ano, polo veráo, chegou unha romaría e o home quixo ir ver, e como el tamén tiña a súa aquela, ordenou unha astucia e cuando estaba no traballo púxose a falar coa muller e díxolle: -

Ti non quererías ir á romaría? Porque eu tampou vou.

-

Que non quererei... que non quererei..? Pois quero ir, e ti non vais? Vais se vais, tes

que ir, e senón xa o veremos cuando eu fale. E ao chegar aquel día, o home que ben sabía o que se facía, xa de mañá cedo, dedicouse a manter os cabalos. Cuando foron horas díxolle a muller: - Ai! –fixo ela- Non levas, non, que vas vir comigo á romaría! - Pero muller, como queres que eu vaia con tanto labor como hai? - Pois has ir, máis que che pese. Mantén logo os cabalos. O home fixo como que mantiña os cabalos e engadiu: - Para ti aparelleiche o cabalo branco, pois o roán levareino eu, que é moi bravo. - Non, o roán levareino eu, mais que sexa bravo, e ti levarás o branco. - Mira que é moi bravo e vaite tirar! - Mais que me tire, levareino eu. E marcharon cada un montado no seu cabalo, e cando chegaron ao pasal do río grande que levaba algo de chea, o cabalo da muller quíxose espantar e tirou con ela que, abraiada ao ver guindada nas augas, non se puido poñer de pé e levouna a corrente. O home daquela ao vela desaparecer, marchou río arriba, pola ribeira, e atopou cun veciño que lle preguntou: - E logo, home, que é o que che trae por aquí? - Caeume a muller ao río, no pasal. - E como non vas procurar río abaixo, home? - Non, carafio, que ela sempre andou ao revés e ten que estar río arriba.

A muller da boa paz Anónimo (Baralla) Tipo: Aa-Th 1365J “Pide o posto” Era un home e unha muller, e a muller era de tan boa paz que nunca o home a vira incomodada. Por máis que fixera, ela sempre lle daba a razón.

22


Un día, o home viña do monte coa burra e para metela na casa quixo metela do revés, co rabo para a casa e a cabeza para fóra, para ver se a muller incomodaba. A muller estaba oíndo como o home lle dicía á burra que entrara e como a burra non quería entrar. E ela, sen dicir nadiña. Pero, vendo que pasaba o tempo e o home non daba metido a burra, saíu e con moito cariño díxolle á burra tirándolle polo rabo: -

Entra burriña, entra esta vez, que polo fociño xa tes entrado muitas veces.

Os xitanos Senén Antonio Rodríguez Pereira (Cereixal, Becerreá) 53 anos Tipo: Aa-Th 1634* “Varios trucos dos xitanos” Había unha vez unhos xitanos que roubaron unhas pitas e díxolles a garda civil: -

Tendes que vir todos os días ao cuartel.

-

Pero nosotros no sabamos donde está el cuartel.

-

Onde vexades un edificio que poña “Todo por la patria”, elí está o cuartel.

-

No sería mejor que colgárais un garda civil en la porta e así ya sabíamos mejor?

-

Non podemos facer eso porque aos dous días o garda ule.

-

Pero tiene solusión, con colgar un cada día ya estaba!

A vaca do pobre Dolores Fernández Gómez (Basille, Baralla) 82 anos Tipo: Aa-Th *1567 B: “O parroquiano esfomeado víngase do cura” Unha vez era un señor e unha vaca soa. Era mui pobre e foi o señor cura e dixo na misa que o que lle unha vaca lle había dar duascentas por unha. Entonces a muller estaba na misa e chegou á casa e díxolle ó marido: -

Mira, dixo o señor cura que o que lle dera unha vaca lle había dar duas centas por

unha. -

Ben, pos logo se é eso vámoslle dar a nosa.

E leváronlla, e o señor cura xuntou muitas vacas. E tíñaas todas nun prado. Un día había muita calor e pegóulles a mosca, e a do pobre tirou para a casa e as outras todas tras dela. E foi o pobre e abriulles a porta e meteunas todas dentro. Despós foi o cura a buscalas e díxolle: -

Tes que darme as vacas, que son miñas.

-

Non señor cura –retrucoulle el-. As vacas son miñas porque vosté dixo na misa e

predicou que o que lle dera unha vaca lle daba duas centas por unha, e agora pos deumas a min, e as vacas sonlle miñas. 23


-

Pois logo voute denunciar –anuncioulle o cura.

-

Nooon, denuncie o que queira, porque os que estaban na misa declaran todo ó meu

favor. -

Ben, pos logo vaite ó carallo.

E deixoullas todas.

O home que roubara unha vaca Anónimo (Baralla) Tipo Aa-Th 1842* “Enganan o sacerdote avarento” Un día un home foi confesarse e díxolle ao abade que roubara unha vaca. O crego díxolle que tiña que devolverlla ao dono inmediatamente, senón que pecaba mortalmente. -

Si, pero xa a vendín! –dixo o home.

-

Pois se a vendou, déalle os cuartos! –dixo o crego.

-

Os cartos gasteinos todos e non teño máis.

-

Pois mire, se non lle dá os cartos ou a vaca, para o día do Xuízo aparecerá no campo

de Xosafat, vostedes os dous e a vaca andará por alí diante a saltos cara a vostede e arremetendo –decía o crego. -

Ai señor abade, e ha de aparecer a vaca tamén?

-

Si –contestou o crego.

-

Pois logo, xa está todo amañado: collo a vaca por un corno, doulla ao dono e xa non

lle debo nada.

O rapaz das ovellas Dolores Fernández Gómez (Basille, Baralla) 82 anos Tipo: Aa-Th 1735A “O rapaz canta outra cantiga” Unha vez era un rapaz que andaba gardando un rabaño e ovellas. E chegou por alí san Pedro e nuestro señor e dixéronlle: -

Neno, e tu que estás facendo?

-

Estou gardando un rabaño de ovellas –contestou o rapaz.

-

E onde pasas o tempo?

-

Non o paso en ningunha parte namais gardando estas ovellas e tal.

E nesto déronlle unha gaita e entonces dixo: - Esta gaita todos os que a sintan póñense a bailar.

24


E el, desque marcharon os santos, sacou a gaita do bolso e púxose a tocar e as ovellas a bailar. El tocando e as ovellas bailando, el tocando e as ovellas bailando... E estivo así unhos cuantos días e non paraban as ovellas de bailar. Nin lles deixaba pacer nada, e avisaron o señor cura, que as ovellas eran do señor cura e dixo este: - Ben, pos teño que ir velalo, que eu así non podo estar. Entonces foi o señor cura velalo e metouse nunha mateira de toxos e entonces o rapaz sacou a gaita e púxose a tocar. O cura bailando no medio dos toxos, chegou á casa todo rebuñado e díxolles ás criadas: -

Pos hai que matalo de verdade que non deixa pacer ningunha ovella en todo o día

porque saca unha gaita do bolso. Eu metinlle unhos toxos e tamén, ata que parou de tocar estuven bailando toda a tarde nos toxos. E dixéronlle: - E logo que vai facer? - Pos hai que coller un caldeiro de auga e darlle a cea e depós escaldalo e así morre. E díxolle o cura: - Ben, pos eu eso non o podo ver. Eu voume esconder no forno. Entonces o rapaz estuvo ceando e o caldeiro estaba cocendo e as mulleres foron e quixeron agarrar o caldeiro, e sacarlle ó rapaz a gaita. Nesto ponse a tocar e, claro, elas bailando co caldeiro que non paraban de bailar e escaldábanse todas e entonces decíanlle as criadas: -

Señor cura, mándelle para que nos escaldamos todas.

-

Mandaille vousoutras que eu non teño lugar –díxolle o cura.

O cura bailaba no forno. E depois claro, a auga caeu toda e elas bailando co caldeiro que foi caer a auga toda dentro do forno e o cura escalabrou a cabeza toda dentro. E despós o rapaz, ó ver aquelo, todo dios estaba sangrando, agarrou e marchou. Seica botou a vida tocando.

25


Contos de mouros A casa da moura Avelina Santín Belón (San Román de Cervantes) Novo: Aa-Th 1381A* “A venta do porco” e Aa-Th 756B “O contrato do diaño”. Pero vemos como a nosa tradición troca a figura do diaño polo do mouro. Trata dun pobre que ía de mañá cedo para a feira do doce e ó pasar pola casa da moura saíulle un mouro e preguntoulle: “e logo para onde vai”. El contestoulle: “vou para a feira mercar uns porquiños, e o mouro preguntoulle: “E ten moito diñeiro para os mercar?” e o home díxolle que tiña pouco. O mouro mandolle que fora á feira e que mercara os mellores que houbera e que despois que llos pagaba ó que llos vendera. E pasou todo segundo dixera e o mouro quedou cun porco e o home co outro. O mouro díxolle que todas as mañás lle trouxera medio neto de leite, e que non llo podía dicir a ninguén. O home, por moito tempo, levou o leite e colleu os cartos. A súa muller sempre andaba preguntando de onde viñan os cartos pois antes non tiña ningún. Ela dicíalle que debía ter unha amiga que llos daba, e o home contestoulle que o deixara en paz pois non tiña ningunha amiga. A muller tanto lle porfiaba que el llo acabou dicindo e o home foi co leite ata o sitio que lle sinalara o mouro. En vez de atopar os cartos atopou un corno cun letreiro que dicía: “Falaches, corneaches!”

A Ponte da Moura Anibal Piñeiro López (Láncara e Becerreá) Novo: Aa-Th 1005A “A construción da ponte” Alí na Moura (na estrada que une Becerreá e Sarria, antes de chegar a Herbón), dicen que a ponte da Moura empezouna a facer unha moura, que vivía ó outro lado da ponte, e que cando chovía moito e o regato crecía, ela non podía pasar. Entonces amañou, cunhos paus, unhas pedras e tal, fixo un pontico. Entonces por eso lle quedou o nome d’A ponte da Moura. Despois co tempo foise facendo mellor ponte, e logo xa se fixo a estrada, pero segue chamándose A Ponte da Moura.

Os mouros Rebeca Santín Castro (Pedrafita) 16 anos

26


Tipo 327 “Os nenos e o ogro”. Se no contos anteriores houbo un cambio do demo polo mouro, aquí atopamos como na tradición do norte de Europa presenta a figura do ogro que nós trocamos pola do mouro. Unha nena mui bonita vivía en Hospital, un pobo de Pedrafita. Ela vivía co seu irmau e mais coa súa mai. Un día, esta mandou a súa filla coller auga á fonte e a rapaciña alá marchou cos seus xarros. Cando estaba a lavar neles, apareceron unhos homes que, prendidos pola feitura daquela nena, levárona consigo. Todos se encheron a buscar, pero nada, a rapaza estaba cos mouros vivindo como unha criada. Ó cabo de muitos anos, un home que ía nun cabalo, pasou polo lado do río e atopou unha moza mui guapa, lavando unhos panos e alí se puxeron a falar. Máis tarde, o rapaz deuse de conta de que aquela rapaza que estaba a lavar nos panos era, nin máis nin menos, que a irmá que tanto buscaron e esperaron tantos anos el e mais a nai. O rapaz montouna con el no cabalo e levouna ata a súa casa. Unha vez diante da casa, chamou a súa mai e dixo: Abre, madre, portas e ventanas que está aquí a filla que tanto esperabas.

27


Seres sobrenaturais O home lobo I Avelina Santín Belón (San Román de Cervantes) Tipo Aa-Th 409 “A rapaza con forma de lobo” e mais Aa-Th 556*B “Maldición e mais contramaldición”. A figura masculina xorde na nosa tradición por mor da influencia do patriarcado. Pois este trata dun pai moi enfadado que maldecía o seu fillo ao que lle gustaban moito as mulleres, as festas e os xolgorios que o traballo e os labores do campo e maldecíao coa seguinte oración: “como andas detrás das mozas, permita deus que andes detrás das lobas”. Dito e feito, o mozo desapareceu e converteuse en lobo. Comezou a vagar polos montes de Cervantes. O pai, ó sabelo desaparecido, arrepentiuse da súa maldición e buscou consello nunha meiga. Ela deulle a solución para desencantalo: facédelle sangrar sen que sufra ningún dano grave, xa se lle causarán lesións graves e repercutiranlle na súa condición humana. O pai levou un animal como cebo para atraer o lobo e esperouno no medio do bosque e cando este se acercou, conseguiu cravarlle a punta dun coitelo mentres chamaba polo seu fillo. A ferida creceu ata que se desprendeu toda a pel do lobo e saíu o fillo liberado da maldición que por ser paterna foi a peor que lle podería haber caído.

O home lobo II Engracia Fernández Rivas (Pintinidoira, Becerreá) 62 anos Tipo Aa-Th 409 “A rapaza con forma de lobo” e mais Aa-Th 556*B “Maldición e mais contramaldición”. A figura masculina xorde na nosa tradición por mor da influencia do patriarcado. Esto pasou nas montañas de Cervantes. Era un pai que tiña dous fillos e a un botoulle unha maldición porque lle gustaba máis andar de festa e tras das rapazas ca traballar na casa. Díxolle que como ía tanto detrás das mozas que permitira Deus que andara detrás das lobas e o rapaz desapareceu e converteuse en lobo e andou polos montes de Cervantes. Despois o seu pai arrepenteuse e foi buscar consello á casa dunha meiga para que lle dera unha fórmula para desencantalo. A meiga díxolle que tiña que sacarlle sangue pero sen facerlle dano. O pai foi unha noite, esperouno e coa punta dun coitelo fíxolle unha ferida pequena e mentres lle facía a ferida

28


chamaba polo seu fillo. A ferida foise agrandando, agrandando, agrandando ata que se despegou de toda a pel do lobo e saíu o fillo. Desa maneira liberou o fillo da maldición e recuperouno.

O home lobo III Amable (San Xoán de Becerreá) 77 anos Tipoloxía descoñecida Un home logo viña a Galicia e levaba muitas persoas cara a Bilbao. Desde ailí mandaba cartas para os seus familiares para que pensaran que estaban ben. Pasando o tempo eran xa muitas as persoas desaparecidas polo que se puxeron a buscar un home lobo e descubriron que todo era mentira e que xa non chegaran con vida. Era todo unha mentira do home lobo para roubar as pertenencias de todas estas persoas.

Era o trasno Isolina Gómez Cabozo (Coro de Rao, Navia de Suarna) 76 anos. (Este ser mitolóxico galego non ten cabida na tipoloxía do conto tradicional nórdico) Ían buscar as vacas dúas tías miñas, pero entonces como era xa de noite as vacas non baixaban. Chegaron a un sitio e chamaban ás vacas, pero oíron unha voz que lles dicía: -

Ei, vou ei vou, ei vou ei vou.

Sempre berraba así. E dicíanlle: -

Quen es?

-

Ei vou ei vou.

Non contestaba outra cousa. E elas levaron medo. Pero despois oíron tamén que barexaban nos castiñeiros dun lado e doutro. Dicían que era o trasno, pero en realidade eran os mozos dos pobos que barexaban nun pobo e barexaban no outro de enfronte.

O demo transformante Eladio González Rodríguez (San Xoán de Becerreá) 80 anos Tipo: Aa-Th 817* “O diaño marca cando se menciona o nome de Deus” Había un demo que acompañaba a xente. Viña un mozo de ver a amiga e viña por un camín á beira do río e sentía un año do diaño. O demo transformouse no carneiro e este víñao

29


seguindo á beira do camín. Berraba igual ca se fora un año, ata que chegou ó lado da casa del e cando entrou fixo como se fora unha cousa rara e desapareceu.

A ovella do demo María Teresa Gómez Fernández (Montaña da Agra, Becerreá) 47 anos Tipo: Aa-Th 330B “O diaño no morral” Esto era un día chuvioso de inverno e un home saíu coas súas ovellas a pastar por un monte. Era un día no que chovía muito e ó escurecer o home recolleu as súas ovellas e foinas levar á casa. Cando chegou á casa deuse conta de que lle faltaba unha. Volveu por ela e atopouna tira nun charco toda mollada. Entón colleuna e levouna para a casa. Cando chegou púxoa ó pé dunha lareira para que secase e de repente a ovella estoupou e convertiuse no demo.

O demo avogado Javier Díaz Gómez (Santo Tomé de Cervantes) 76 anos Tipo: novo Aa-Th 823*B “O diaño avogado” Antes o demo facía muitas valentías, e era demo, e algunhas veces facía cousas boas e outras veces tamén das del. E unha vez tamén encontrouse cun home que o viu mui magoado, pois demandárono. Fora comer unha fonda e comera ovos fritos, e non tivo con que pagalos e entonces levárono ó xulgado. Elí pedíranlle multas a moreas, que aqueles ovos ían poñer, saír polos, as polas que ía traer non sen cuantas ducias máis de ovos para facer unha animalada de polos. Puñéronlle unha suma que o home estaba negro, que non podía, non pudo pagar. E cuando apelou outra vez, para o segundo xuízo, encontrouse co demo e díxolle: - Parece que estás mui amargado, mui intrigado por eso, hom! - E como non hein de estar se acaban comigo, lévanme todo. - Non te preocupes, desta vez vonte salvar eu –prometeulle o demo. - Pero é imposible. - Non te preocupes, xa irein eu, xa von eu defenderte. E foi, pero habíase celebrar o xuízo, puxeron unha hora, pasaba aquela hora, pasaba media hora, e o defensor non aparecía. Pero por fin, dixeron, ben, este xa hai que condenalo e acabar e listo. E chegou suando e... - Pero vostede vén defender este, como vén tan tarde, que esto xa tiña que estar feito. 30


- Veño acalorado, que estiven plantando castañas asadas. - Mui ben home –dixo o xuíz-, mui ben, das castañas asadas han saír castiñeiros, non? - Igual que dos ovos fritos polos, nin polas nin pitas. E eí quedou a cousa. Gañou, claro.

O tesouro Carmen Armesto (Vilarello de Donís, Cervantes) 80 anos Tipo: Aa-Th 910E “O consello do pai: onde se atopa o tesouro” Ben, foi un señor de eiquí ás segas, que antes ían para segar a Castela, e el pois para gañar foi elí, un señor de eiquí do pobo. Entonces el sentiu decir que no furado de riba na primeria luz que dera o sol na mañá de San Xoán, que nesa luz, debaixo, había un tesouro. E, entonces claro, aquel ano non puido vir, pero para o outro ano, carallo, foi durmir xa ailí. Efectivamente, colleu o tesouro. Hai un campo mui grande eí adiante, que se chama Campa de Barreiro, e dábanlle os dun pobo de elí, que é a campa deles. El queríalla comprar, que el que llela rodeaba de, de moedas de ouro, daquel, e non lle quixeron, non lle quixeron aceptar. E despois, pos con tan mala sorte que el tíñaos na casa, pero ardeu a casa, lle ardeu todo, ardeulle o diñeira todo. E xa non sei máis nada deso.

O capitán Carmen Rodríguez Veiga (Doncos, As Nogais) 65 anos Tipo: Aa-Th /809A/ “Non o queren no Outromundo” Eiquí había un señor que estudiara para capitán e andaba cun cabalo a todas as horas da noite de Nogales a Doncos e de Doncos a Nogales. E unha boa noite pois apareceulle decían que eran as almas, pois decían que eran seres divinos, pois fixo un círculo no chao nun souto do que viña de Doncos. E fixo un círculo nun camín e díxolle: “Mira, non teñas medo, métete no círculo e non teñas medo que non che vou facer nada, pero a min matáronme na Arieira, un sitio que lle chamaban A Arieira, e os cais leváronme á casa de Chispas de Castañeiras e deixáronme elí. Así que ídesme buscar elí os meus ósos e levaimos ó cemiterio”. E aquel señor chegou á casa todo asustado, pero aparecéuselle porque el era capitán e non tiña medo ningún. Chegou á casa xunto á filla e contoullo, que era da casa de don Gaspar el, e contoullo á filla e deu en coller medo.

31


Lendas locais

A muller cerva 1 Avelina Santín Belón (San Román de Cervantes) Tipo: Aa-Th 401 “A princesa transformada en corzo”. Na tradición do norte de Europa prensenta a historia de amor cun príncipe e non un irmán. Trata sobre unha princesa que vivía nun castelo e desapareceu. Despois de moito tempo de incasable busca, o seus pais e o seu irmao dérona por morta. Anos despós, durante unha cacería, o seu irmao matou unha cerva branca, como o animal resultaba moi pesado optou por cortarlle unha das mans como trofeo e regresou ó castelo. Pero ó abrir o zurrón, co cal non foi a súa sorpresa ó comprobar que dentro dela había unha man finísima que goteaba sangue aínda quente e que lucía nun dos seus dedos un bonito anel de ouro que pertencera á súa irmá desaparecida. Estaba horrorizado e presa do desasosego. Regresou en busca do corpo da cerva e só encontrou o cadáver da súa irmá que lle faltaba a man que el mesmo lle cortara e na que tiña o anel de ouro.

A muller cerva 2 Carmen Pérez Fernández (Viladicente, As Nogais) 66 anos Tipo: Aa-Th 401 “A princesa transformada en corzo”. Na tradición do norte de Europa prensenta a historia de amor cun príncipe e non un irmán. Da súa mansión señorial desaparecera unha muller guapísima; chorárona por morta seus pais e o seu irmau, cansados de buscala inutilmente. Muito tempo despois, indo o seu irmau de caza por aquelas montañas, matou unha cerva branca como os copos e neve que adornan a serra dos Ancares. Non puido levar por si mesmo a peza morta ó seu castelo, cortoulle unha das patas, botándoa ao fondo do zurrón de caza e empezaron o regreso á torre solariega. Cal foi a súa sorpresa ó ir sacar a pata da corza? Pois que encontrou, no lugar dela, unha pulida mau feminina goteando aínda quente sangue e lucindo nun dos seus dedos un precioso anel, que lucira noutro tempo a irmá desaparecida.

32


Pero aínda máis asombrado e o seu desconsolo ó ir na búsqueda do corpo da cerva, para aclarar aquel misterio inexplicable e atoparse en vez del, o cadáver da chorada irmá, faltándolle a mau cortada e sanguentada aínda o muñón tornátil e rosado.

A corza María Teresa Gómez Fernández (Montaña da Agra, Becerreá) 47 anos Tipo: Aa-Th 401 “A princesa transformada en corzo”. Na tradición do norte de Europa prensenta a historia de amor cun príncipe e non un irmán. Nun castelo vivían dous irmáus. Un día a rapaza desapareceu e a familia buscou e buscou para atopala. De elí a un tempo o irmau foi de caza e viu unha sombra detrás dunhas xestas, disparou e foi mirar que matara. Cando chegou ata o lugar do disparo, observou que era unha fermosa cerva. O rapaz foi á casa e cando volveu ó monte, deuse de conta que a corza morta era súa irmá por un anel que levaba nunha mau.

A torre de Torés 1 Avelina Santín Belón (San Román de Cervantes) Este conto mestura dúas épocas históricas: a decadencia do Imperio Romano e mais o achádego do apóstolo. Segundo a tradición, trata sobre uns dicípulos do apóstolo de Santiago, que trouxeron o seu corpo. Reinaba en Galicia unha viúva que era a raíña e que se chamaba Lupa. Foron ó seu palacio para darlle conta da súa benvida e para pedirlle axuda e un carro de bois cos que poder sacar o corpo da barca onde estaba e darlle sepultura nun lugar decente. A raíña Lupa explicoulles que era necesario pedir autorización a Filotio, o legado do emperador romano. Pero este, despós de informarse sobre aqueles homes e pouco contento co resultado das súas pescudas, ordenou que os encerrasen nun escuro calabozo. Estiveron pouco tempo nel pero unha noite e en silencio, un anxo liberounos. As tropas do legado saíron na súa búsqueda e cuando estaban a punto de alcanzalos ocorriu o milagre: a ponte que acababan de atravesar os apóstolos derribouse ó intentar cruzar Filotio e as súas tropas arronxándoos á auga. Ó comprobar este feito a raíña Lupa abrazou a relixión cristiá e para conmemorar o suceso levantou unhas murallas e púxolle un nome novo á súa localidade, que era Torés, en memoria dos toros e bois do carro.

33


A torre de Torés 2 Carmen Novo López (Torés- Casa de Carballín, As Nogais) Os seguidores do apóstolo Santiago troxeron o seu corpo e daquela reinaba en Galicia unha viúda que se chamaba Lupa. Foron ó seu pazo pre informala da chegada deles e do fin que traían, e pre pedirlle axuda e un carro de bois para poder sacar o corpo da barca de donde estaba e podelo enterrar. A reina díxolles que tiña que pedir permiso ó emperador de Roma. Pero este, despois de chegar a saber o tema, mandou que encerrasen aqueles homes nun calabozo. Estuberon unhos días nel xa que unha noite un anxo liberounos. O exército saliu buscalos e cando xa os iban coller ocurriu un milagro. A ponte que acababan de cruzar os apóstolos caeu, e ó querer cruzar as tropas caeron á auga. A reina Lupa ó enterarse do que pasara levantou unhas murallas e puxolle nome ó pobo: Torés, en memoria dos touros ou bois do carro.

A Pontes de Gatín 1 Salvador Piñeiro Castro (San Xoán de Becerreá) Tipo: Aa-Th 1191 “O can na ponte”. Trátase dunha versión semellante á recollida na tradición nórdica pero trocando o can (The dog on the bridge) polo gato. Dice a lenda que do outro lado do río había unha parella que ela estaba moi embarazada. Entonces tiña que cruzar o río e tiñan que dar unha volta mui longa. Entonces o marido atopouse co Demo e díxolle que se lle construía unha ponte para cruzar o río pos que lle regalara o primeiro ser vivo que nacera na casa. O Demo, como viu que a muller estaba embarazada, pos nunha noite construíulle a ponte e despós, cuando veu o demo reclamar o pequeno, o marido deulle un gato decindo que o primeiro ser vivo que nacer na casa era o gato e esa é a lenda pola que lle quedou de nome a este sitio As Pontes de Gatín.

As Pontes de Gatín 2 Sara Díaz García (San Xoán de Becerreá) 48 anos Tipo: Aa-Th 1191 “O can na ponte”. Trátase dunha versión semellante á recollida na tradición nórdica pero trocando o can (The dog on the bridge) polo gato. Érase unha vez na zona de Cervantes unha parella de namorados que vivían en cadansúa beira do río e tiñan que cruzalo para verse.

34


Unha noite o demo, que por elí pasaba, díxolles que el podía facerlles unha ponte para que puidesen pasar e verse pero a cambio diso eles debían darlle ó demo o primeiro ser que nacese na casa. Eles prometéronllo e o demo así o fixo e empezoulles a construír unha ponte. Na casa do namorado naceran eses días uns gatiños e a rapaza levoullos ó demo que xa tiña case rematada a ponte. Deulle os gatiños e este cabreouse de tal xeito que deixou unha pedra por poñer na ponte. E dende aquela vez chamóuselle á zona As Pontes de Gatín.

As Pontes de Gatín 3 Javier Díaz Gómez (Santo Tomé de Cervantes) 76 anos Tipo: Aa-Th 1191 “O can na ponte”. Trátase dunha versión semellante á recollida na tradición nórdica pero trocando o can (The dog on the bridge) polo gato. Nas Pontes de Gatín, segundo falaban antes os vellos, pois fíxoa o demo unha noite que, había unha muller encinta e chorando, na beira do río para pasar, e había un pau só para pasar e unha riada levouno. O demo, ó ver aquela muller, pois díxolle: - E logo por que choras? - Pois choro, que non podo pasar o río, levounos a viga que tiñamos eí e agora non podemos pasar para o outro lado. - Se me dás o crío que nace primeiro na casa, fágoche a ponte –propúxolle o demo. - E vostede farao, pero non sei eu. - Pois claro que llo fago, que llo don. E entonces, á mañá, pois apareceulle a ponte feita. Aínda está elí, e pre muitos anos, que esa dura toda a vida, feita polo demo, fíxoa ben segura. E entonces, cando veu pre recoller o pequeno, que lle pareceu que a muller que ía dar a luz, antes da muller parir, pariu unha gata. E como era o trato de que levara o primeiro crío que nacera na casa, tivo que levar o gato. E foi onde quedou A Ponte de Gatín.

A lenda do río Cancelada Amadeo Álvarez Gómez (A Estrada, Cervantes)87 anos Tipoloxía descoñecida Érache unha vez unha culebra mui grande que comía o gando. Entonces, un da casa de Penelas decidiu matala. O home díxolle á tecedora que tecera sete nobelos de la para matala. Entonces, un día o home colleu o cabalo, os sete nobelos e os cais. Buscou a serpe e despós 35


tiroulle á culebra os sete nobelos e díxolles aos cais: “Entra Can e entra Celada”, que eran os nomes dos cais. Entonces, a culebra chapou os nobelos e morreu. Por eso lle chaman ó río Cancelada, polos cais que axudaron a matar a culebra.

Cancelada de Cervantes Javier Díaz Gómez (Santo Tomé de Cervantes) 76 anos Tipoloxía descoñecida Elí tamén había outro caso, que existiu, na torre de Villartote. Había unha pedra que agora a torre caeu, pero a pedra aínda está elí: unha culebra con sete cabezas. Eso existe, a pedra agora está aínda co gravado e mais un cabalo e un home enriba e dous cais ó lado. Que aquela culebra, comíalle os bichos todos cuantos que ía por eí e estragáballes todos, e non sabían como se habían desfacer dela ou matala. E o home co cabalo preparou sete nodelos de liñas e entonces prendeuna na sela do cabalo e tiroulle o rabelo. Íalle tirando o nobelo a cada cabeza e collíaos el. Pero ó tragar o nobelo, quedáballe a liña presa no cabalo, e así que tiña as sete cabezas presas, pois, mandoulles entrar ós cais que tiña. Un era un can, e a outra unha cuza que lle chamaban Celada. E con aquelo, el coas cabezas presas, e os cais atacando e mataron a culebra. E desde aquela foi cuando lle quedou o nome de Cancelada ó municipio, polo nome do can e da cuza que mataron a culebra e por eso é Cancelada de Cervantes, que lle quedou para toda a vida.

O Prado de Agustín de Grupa Carmen Rodríguez Veiga (Doncos, As Nogais) 65 anos Tipo: novo Aa-Th 327H “Os mouros raptan as rapazas”. Na tradición do norte de Europa aparece a figura do ogro. En Doncos, hai muitos anos, tantos coma mil, había unhos mouros, que fixeron o castelo que lle chamaban Agustín da Grupa. E elí criáronse tres mozas e os moros cultiváronas, puñéronas elí e unha era mui guapa e un moro chamaba tíñaa para el nada máis, e ían con cochos e vacas para un prado que lle chamaban o prado de Agustín, o prado de Agustín da Grupa, e ían coas vacas e os cochos para elí e preguntáronlle por unha que lle chamaban a Isabel. E o moro contestoulle: “Isabel, Isabelón, derretida en aceitón. Matárana porque era mui guapa e non a deixaban saír e por eso lle puxeron ó prado Agustín de Grupa. 36


Lenda do Santo Milagre Rebeca Santín Castro (Pedrafita) 16 anos Tipoloxía descoñecida pero podemos confrontalo con Aa-Th 717* “A carne roubada polos pobres transfórmase en rosas”. José Santín era un home que vivía nunha aldea de Pedrafita do Cebreiro chamada Barxamaior. El era mui relixioso e sempre coma todos os domingos ía á misa ao Cebreiro. Chovera, fixera frío, mesmo nevara, el ía igual. Había días nos que igual se atopaba traballando co bois nas leiras, deixaba a faena e marchaba ao Cebreiro; e os bois, cando el volvía atopábanse no mesmo sitio onde os deixara. Un día no que nevaba muito e había muita ventisca, José subiu igual, coma de costume. El tiña que pasar por un camín que cruza o meu pobo, Fontevedra, e habería unhos tres quilómetros, nos cales pasou muito frío e penurias para dar chegado. Cando por fin chegou saíu recibilo un frade, o cal era mui pouco relixioso, vamos, que estaba eilí para vivir ben e díxolle: -

Pero José, como é que veis hoxe co frío que hai, só por un anaco de pan e un pouco

de viño? Pero ti non ves que estás xeando? E xustamente, despois da misa morreron os dous, un por falta de fe e o outro por sobrarlle, e o viño de misa converteuse en sangue e a hostia en carne. Agora, tanto o frade coma José están enterrados dentro da igrexa, fronte o cálice que os Reis Católicos lles doaron ao Cebreiro (ao Santo Milagre) cuando fixeron o camín de Santiago. E dícese que un castiñeiro que hai, ao pé da súa casa en Barxamaior, ten muitos anos, unhos cincocentos ou máis, non se sabe seguro, plantouno el e que aínda resiste aínda que está mui mal, igual ca fe de José Santín.

A lenda do Cebreiro Sara Díaz García (San Xoán de Becerreá) 48 anos Tipoloxía descoñecida pero podemos confrontalo con Aa-Th 717* “A carne roubada polos pobres transfórmase en rosas”. Era unha vez, na zona do Cebreiro, un home que era mui devoto e que ía todos os días á misa, chovese ou nevase. O cura abraiaráse da boa fe do anciáo e todos os días quedábase mirando mui atentamente.

37


Un día, estando dando misa, o cura preguntouse a si mesmo que por que ese home acudía sempre á misa se só vi un pouco de pan e un pouco de viña. Entón naquel momento o viña converteuse en sangue e o pan en carne. Dende aquela consérvase nunha vitrina da igrexa do Cebreiro ese milagre do santo Graal.

O milagre do Cebreiro Inés Pérez Trobo (Barxamaior, Pedrafita) 47 anos Tipoloxía descoñecida pero podemos confrontalo con Aa-Th 717* “A carne roubada polos pobres transfórmase en rosas”. Cerca do ano 1300 había un vecín nun pobo de cerca do Cebreiro, que se chama Barxamaior, que tiña muita devoción por ir todos os domingos á misa; no inverno que facía, un día mui malo, con muita neve, muito traballo subir ó Cebreiro e cuando chegou xa o cura estaba dando misa e na bendición. O cura que estaba dando a misa burlouse del porque non facía falta tanta devoción por ir á misa facendo un día tan malo e o señor pois sentouse a acabar de oír a misa. Cuando o cura foi consagrar o pan e o viño, convertiuse o pan en carne, e o viño en sangue. De aí vén que lle chamen o Santo Milagre. Despois pasados os anos, aquel cura morreu e o señor tamén e enterrounos elí, no Cebreiro. Viñeron os Reis Católicos e tomaron o reliquiario, que aínda hoxe se conserva no Cebreiro, o cálice que son as pezas máis importantes que hai aquí da arte romana.

O camiño de Santiago Amable (San Xoán de Becerreá) 77 anos Tipo: Aa-Th 516 “Os perigos da viaxe” Santiago apóstolo estaba en Oriente Medio e escapou de ailí porque lle morrera o seu compañeiro. De Oriente Medio marchou para Roncesvalles e ailí dixéronlle que se fora para Galicia porque lle gustaba muito o marisco. Santiago dirixíase a todos os lugares na súa barca de pedra, entón dende Roncesvalles marchou para o Grove e ailí había muitos gardas esperando por el porque pensaban que traía tabaco ilegal polo que se tivo que dirixir a Padrón, ailí comeu muitos pementos picantes e ordenou coller rumo a Compostela onde se encontrou cun cabalo branco e deixou a súa barca, con ela fixéronse os cementos da catedral de Santiago. Todos os camiñantes que se dirixen a Santiago coa cuncha colgada no pau é en mostra do que lle gustaba o marisco a Santiago Apóstolo.

38


A lenda do baúl Rebeca Santín Castro (Pedrafita) 16 anos Tipo: novo Aa-Th 836G “O sacerdote avarento e mais o tesouro” Cóntase que nun prado que hai enriba da estrada que se dirixe ao Cebreiro, hai muitos anos había un tesouro escondido. Todo comezou cuando un cura desta parroquia escoitou que no altar vello da igrexa había un libro no que estaba escrito que nese lugar podía atoparse un baúl cheo de ouro. E por mor desto desfíxoo enteiro. O cura foi eufórico en busca deste, segundo as escrituras atopábase baxo dunha pena enorme. El púxose a cavar ata que deu con el, e por avarento, por ter tantas ganas de ver o que había, abriuno rapidamente, e, a causa do po do ouro, quedou cego. Despós, a pena caeu riba do furado e tapou o sitio onde cavara. Agora sabemos, grazas a que pasaron xeracións en xeracións, que meu bisavó e algún vecín máis, cuando eran pequenos xogaban a poucos centímetros encima do baúl, quen sabe se igual houberan escavado ou houberan atopado.

A reliquia de Penamaior Don Gonzalo (sacerdote en Penamaior, Becerreá) Tipoloxía descoñecida Esta peza dicen moi importante, dicen que é unha reliquia espectacular, moi importante pois é auténtica. Aquí a xente creo pois realmente fai falta muita cousa para ver que é verdade, e pode selo. Agora como veu para aquí non se sabe moito, posiblemente pola traxectoria que seguiron estes frades do convento este de Penamaior, os Beneditinos, os monxes negros, que lles chamo negros porque vestían de negro, pero eran Beneditinos, creo que correntes de san Bernardo, e entonces a reliquia pois é unha cousa moi declarada na zona esta de Becerreá, e dunha maneira exclusiva de Penamaior. Teñen unha gran devoción a esta reliquia.

39


Tradicións O conto das filloas José Rodríguez Rodríguez (Degrada, Cervantes) 73 anos Unha vez era polo carnaval e estaban na casa de baixo facendo filloas unha chea de rapazolos e eles querían filloas pero as mulleres non llelas querían dar e empezaron a cavilar en como facer pre lles quitar as filloas. Cavilárono ben e van e vólvense e van e buscan os cornos dun boi e puñéronos pola frente e saen da corte pola estriqueira para cociña ias mulleres veinos ia arrebolan coa tixola e coas filloas lle marcharon con elas e comérona. Despois a vella da casa, que se chamaba Lucía, díxolles: “Ai bribois tedes fame, comeis as filloas agora e despois non volas hei dar” pero eles ó caragho, fartáronse ben e o demáis é un conto.

O chufón e o pretendente Manuel Quindós Rodríguez (Ardevila, Cervantes) 90 anos Este non é un conto que pasou de verdade. Vouche contar un conto dos de antes, cando os mozos ía á casa das rapazas pretendelas, sempre con boas intenciós de casar ou eso. E, claro, levaba un amigo ou vecín que era o chufón e ía pre chufalo pretendente ou se lle caía ben á familia, claro, se o rapaz se gardaba a durmir na casa da rapaza que non estivese só, ou levar unha porcentaxe onde túa avoa, sabes, a compadre que daquela casa era, a Jesús de Quindós. Ben, ía o chufón copretendente á casa dunha moza e polo camín foron falando. O chufón díxolle ao pretendente como tiña que facer na casa, vamos, como se tiña que portar coa moza e cos pais porque o rapaz era novo e aínda non sabía. Este tiña un problema pois comía muito e se na casa da moza lle vían comer tanto habían decir que non tiña vergonza e que se se casaban ía ser mui malo de manter. O rapaz estaba delgado aínda que comía muito. Antes traballabamos e iamos dun pobo a outro, non como agora que todo son coches e nin patacas que botar, non había xente gorda coma agora. Pero, polo camín falaron e o pretendente díxolle ao chufón que cando vira que se pasaba comendo lle puxese un pé e el paraba. Chegaron á casa e estiveron un pouco falando cos pais pero cuidando antes as rapazas diante dos pais pois as podían reprender. Dentro dun pouco puxéronse a cear. A ama serviu a 40


mesa e botou papas a todos máis ou menos. Antes ceábanse papas ou cachos con leite se era outono castañas ou que é o mesmo, os loullois con leite. E cuando levaban aínda non unhos minutos comendo pasou un gato e pisou o rapaz e mirou para o chufón como quen sabía pero aínda que non contestou, non empezou a comer. E logo dixéronlle: “Pero home, non comes máis?, vaia oh, non comes nada? come, home come e non teñas vergonza”, dicíalle a nai da rapaza pero non quixo comer e despós cuando se foron á cama deulle a fame e non daba durmido. Deitárono co chufón e este, xa malintencionado, díxolle que fora á cociña e comera unhos poucos mentres durmían os da casa. E para que non se perdera deulle un nobelo de la que había no cuarto, e que o fora desenvolvendo ata a cociña. O pretendente marchou segundo o nobelo pero nestas o chufón levoulle a punta á cama da vella da casa e atoullo á cama. Cuando o pretendente volveu deitarse na cama, díxolle á vella pensando que era o chufón: “Manuel, tráigoche as papas”. A vella empezou a berrar e espertaron todos e nunca a aquela casa volveron. Pero o rapaz tampouco levou máis con ningún chufón.

Historia de Don Teolindo Filomena González Rodríguez (Villameixide, Navia de Suarna) Esta historia sucedeu hai muitos anos nun pobo chamado Cabanas Antigas. Resulta que morrera un señor que se chamaba Teolindo. Ios rapaces cunha cabaza e onha vela, ficéronlle un nariz, unhos ollos, unhos dentes... e ficeron como unha calavera e andaban por aí nun barbeito, ao lau de Cabanas, con ela ia xente decía que era o espíritu do señor que morrera. Un día, un neto do señor ese que morrera e que vivía en Degrada, dixo que ía mirar a ver de que era a luz. Entonces os rapaces pois preparáronlla á noite. E cuando chegou a onde estaba a luz levou tanto medo, tanto medo, que tivo que pasar polo subiau xa non deu pasado polo camín claro cando chegou á casa e abriu a porta da casa desmaiouse. Os pais levantáronse, que estaban na cama, e preguntáronlle que foi o que lle pasara iel contoulles que vira a calavera e pensaba que era o avó. Entonces ao día seguinte xuntáronse toda a familia e ían dar unha misa polo avó que morrera e foi cuando os rapaces lles cuntaron que foi unha broma que lle gastaran eles e que non era nin un espíritu do avó nin nada, que era simplemente unha cabaza cunha vela.

41


Un roubo perfecto Manuel Quindós Rodríguez (Ardevila, Cervantes) 90 anos Haberá setenta e pico de anos, cando eu era un rapaz fun vender a Cacabelos unha bestia e levein comigo o meu irmau. Facíanos falta cuartos pre facer a casa e a bestia deu daquela catorce mil pesetas, que era muito, queriamos ver se comprabamos un boi pre carretar pedra pero xa nada deso nin feira houbo, como xa che teño contado marchamos polas cinco da mañá pois que levábanos medio día chegar andando. Levabamos máis bestias pero aínda así é mui lonxe. Cuando chegamos non había feira, resulta que a cambiaran pro día despois e durmimos nunha casa dunha vella que nos deixou un cuarto que ten. O teu tío durmiu no chao, a cama era tan pequena e enriba o xugón de palla debía de estar cambiado aquel día que non se paraba encima. Ibamos tan cansados que durmimos toda a noite ata que a vella nos chamou como xa mandaramos. Deunos queixo de parva, acórdome como se fose onte. Mira se son as cousas que non nos demos conta ata que tiñamos xa vendida a bestia e o trato do boi foi amañado, cuando nos roubaron os cuartos que levamos. O boi trouxémolo igual porque a bestia deu prel que era mui boa pero daquela perdín aínda que fose pouco. Agora era muito, non sabemos como foi pero penso que na casa da señora nos entraron de noite e nos colleron a casteira.

O home que non ría Celestina (Torés- Casa da Carreira, As Nogais) Tipo: novo Aa-Th 1628 A “O fillo erudito e os costumes olvidados”. É de esperar neste tipo de contos outros tipos de esquecementos como é o caso da lingua. Eran dous consogros e casaban dous fillos e o fillo do que era de fóra facíanlle moitas cousas pra que se rise e non se ría nin quería comer, nin quería nada e estaba sempre enfadado. E despois foron e xoncéronlle unhos cais pre a ver se se ría, pero nada, nin cos cais. E despois díxolle o pai do rapaz ó outro vello: e tédelo costume de facer papas? E díxolle: pois non, non temos ese costume. E dixo: pois facei papas e dádelle o pote a lamber. E si, fixeron as papas e déronlle o pote a lamber e seica unha risa que se mataba e dicindo que se lle acordaba o día dos cais xuncidos que non se rira nada.

Os ladrois Carmen Rodríguez Veiga (Doncos, As Nogais) 65 anos 42


No palacio de Doncos entraron os ladrois, subiron polas escaleiras da capela. Querían abrir a porta dunha habitación onde estaban dúas señoras durmindo, e non puderon. Tiráronse do balcón a baixo e un señor dos ladrois perdeu a dentadura e quedou alí perdida e encontrárona despois de tempo andando. De alí a unhos días volveron vir os mesmos, ou outros non se sabe, e viñeron e levaron unhas pitas que había no puleiro, e tampouco souperon quen foran. E desque pasaron eses viñeron e levaron tamén , pois unha cómoda, unha cama que valían muitos cartos que eran de caoba e marcharon e ninguén soupo quen foran os ladrois que entraron nin quen non foran. Pero valéronse de que cuando os ladrois, unha noite ladraban os cais e como había unha campá que tocaba a misa na capela pois a señora foi e tocou a campá para que a xente, os veciños, foran ata elí e escaparon. Tampouco soupo ninguén quen foran.

A persoa da mili Manuel Pérez Pereira (As Nogais) 87 anos Teño no meu corpo señores como o terreo africano, polo que pasan as columnas, cabalería e soldados. Cabalería as pulgas que trotan e galopan. En infantería os piollos que polo meu corpo pelexan. Elen non levan macuto, correaxe, nin fusil, pero cuando entran en combate, a min, ben me fan sufrir. Entraron polo sobaco, despregáronse en guerrillas, tomaron as posicións dende o pescozo á paletilla. E eu como era en caso de vinganza, despregáronse os meus dedos, e as moreas que collían facíanos prisioneiros. Pola mañá, antes de saír o sol, pasaba unha columna ó mando dun xeneral. O xeneral decíalles ós soldados: “apretade un pouco máis que esto case está tomado”. Eu ben o sabía, que o inimigo avanzaba. Comenzan o combate de noite, e remátano pola mañá. Cuando a cabalería ataca á carreira deixan o meu corpo, señores, como unha criba.

43


A rapaciña de Lugo Manuel Pérez Pereira (As Nogais) 87 anos Hai rapaciñas en Lugo dos sentidos ben privados, que prefiren os da chispa, máis cós que arrancan os nabos, e por eso a nosa filla foi tan dura de testa. O traballo que nós levamos para estudiala mestra. Estando dándoche escola no vale de Lourenzá chegou por elí un chispante e acercouse á ventá. Puxéronse de palique e de mala maneira díxolle desta maneira: “Gracias a dios que encontrei unha rapaza lista, que dice que pos arreglos, non cos hai como os da chispa”. Arregloulle as porcelanas, taloulle unha tarteira, entroulle na habitación e pintoulle unha carteira, varias alaxes de ouro, un gabón de terciopelo e o peor foi que lle amañou un pequeno. Deixoulle a roda na casa e uns talegos de coiro por se saía de chispas que aprendera a un paraugüeiro.

44


Refráns populares:

Refrán Carlos Frey Sánchez (Mazaille, Baralla) 87 anos Santa Lilaila Pariu por un dedo Verdá serache Pero non cho creo

Refrán Isolina Gómez Cabozo (Coro de Rao, Navia de Suarna) 76 anos. Pregadiños os de Murias, fregueses os de Robledo, latas os de Rao, Lapacaldos os de Meda, ladrois en Asar, putas en Coro nun faltaron nin han de faltar.

45


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook