Skip to main content

CPI de Xanceda (Mesía) – CD2

Page 1

DITOS: En Recelle hai boas mozas, e no Vilar haiche a flor delas, e do Vilar para baixo haiche marcos para cancelas. Peta na pedra canteiro peta na pedra miúda peta na muller allea que outro ha de petar na túa. A regueifa está na mesa e no medio ten un ovo; e para cantar a regueifa, vivan os de San Cristovo! Moitos anos bote o cura colgado polos collós como de pividas teñen catrocentos de melós. O cura chamoume rosa e eu tamén lle respondín: -Esta rosa señor cura non se dá no seu xardín. Unha pera, dúas peras, non botou máis a pereira: unha é para min e outra para ti, e a outra é para quen a queira. Unha vella dixo á outra polo puxigho da porta: -Ti goberna a túa vida, que a miña non che importa. Non teñas tanta fachenda, nin botes tanto por ela, que aínda que teñas a casa grande pagas a renda por ela. Se ti queres e eu quero quen no lo ha de privar, de facer a cama xuntos para mañá madrugar. Vámonos de aquí a Leira miña cariña de rosa, vámonos de aquí a Leira que esta terra non é nosa.


Debaixo da túa cama hai o coiro dunha lebre, pero debaixo da miña hai un Dios que me leve. O río cando vai cheo leva carballos e follas e tamén podía levar as lenguas marmuradoras. E todos os que marmuren que miren a súa casa, cando na miña hai lume na súa hai fuego que abrasa. Tódolos mozos solteiros cando andan ós amores parecen a ser formales e amigos de facer favores. Usan moita cortesía cando van a ver la novia e con palabras salameras tratan de entrar na gloria. Para acolá do río chove e cae auga nas pozas, a aquel do sombreiriño roxo moito lle gustan as mozas. Chamáchesme moreniña porque nacín na revolta, aínda que ti non es o galo que me dala viravolta. Os mociños que hai agora son pequenos e ruís, quen mos dera todos xuntos derreadiños dos cadrís. Os mociños que hai agora son pequenos e mal feitos, teñen petos nas cirolas atacados de fieitos. Miña nai cando reñe peta co pé no sobrado, ela non che me quere o xenro e eu xa llo teño buscado. Aldeíña por aldea, dende Santiago á Coruña, aldeíña por aldea, coma Mesía ningunha. E ó que me axude a cantar heille de dar chocolate, e ó que non me axude heille dar veneno que o mate. Recollido a Isolina Vázquez Lameiro (84 anos), da parroquia de Mesía.


O CONTO DE XAN E O BOI: Un día un rapaz chamado Xan estaba paseando pola súa vila cando un veciño seu lle berrou: -¡Cuidado Juan que ahí viene el toro! Pero aínda que llo dixo 20 veces polo menos, Xan non lle fixo caso. Cando o boi o embestiu, Xan díxolle ao veciño: -Se polo menos me dixeses coidado Xan que ahí ven o boi… Recollido a Manuela Sánchez Sánchez (91 anos), da parroquia de Mesía.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
CPI de Xanceda (Mesía) – CD2 by Patrimonio de Futuro - Issuu