Skip to main content

CPI de Xanceda (Mesía) - Cantigas

Page 1

Desde que eu non te vin xa o camiño votou hebas E aghora véñote vere se me das o si de veras -Eu de veras non cho dou hastra ver como te portas, Un mozo de moitas damas vai petar a moitas portas. -Nena que vendes as peras, Cantas che mandaron dar? -Para ti meu queridito, Non mas mandaron contar. A pandeireta que toca É de coiro dunha ovella Aínda onte paceu herbas Ehoxe toca que ravea. Teño un amor tartamudo, Que pa’ falar tartamudea E pa’ decir que me quere Lévalle semana e media. Quen che dixo a ti loureiro, Que tiñas pau pa’ culleres? As mentiras son dos homes, E as verdades das mulleres. Recollido a Manuela Sánchez Sánchez (Mesía).


Un domingo pola tarde Cosendo estaba Carmiña, Sentada na eira ó sol Cantando a Maruxiña. Cando detrás de sí oíu Un rapaz que lle decía: - Parece que estas contenta Pois Dios nos dea aleghria. - Valghate o demo Manolo Que a fe me metiches medo Pois co susto que levei Clavei a aghulla nun dedo - Pois non te me asustes Carmiña Porque ben o sabes tú Que ó meu lado non pereces Como Dios nos dea salú - Quen se fía dos rapaces, Que sodes o quinto demo Que pa’enghañar as rapazas Parecedes santos do ceo .


A virxe de Pastoriza Foiche á mar e tardou moito E deixouche a súa ventanita Toda cuverta de loito. San Paio de Vilacoba Ten unha pipa ó corno As mulleres beben viño E os homes beben un corno. Moito viva, moito viva San Paio de Vilacoba Moito viva, moito viva Na súa capillita nova.

Aldeíña por aldea Dende Santiago á Coruña Aldea coma Mesía ningunha.

A regheifa está na mesa E no medio ten un ovo E para cantar a regheifa Vivan os de San Cristovo.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
CPI de Xanceda (Mesía) - Cantigas by Patrimonio de Futuro - Issuu