Concurso de marcapáxinas
Con motivo das Letras Galegas, a Biblioteca convocou un concurso de Marcapáxinas. Entre outras características, tiñan que conter un poema ou uns versos de Lois Pereiro. A convocatoria tivo moita acollida e resultou un verdadeiro éxito, tanto a nivel de participación como de calidade dos exemplares presentados. O xurado, logo de delibralo moito, decidiu que houbese 4 premiados, 2 de Secundaria e outros 2 de Primaria: Elísabeth Luis Represas de 2º de ESO, Abraham González Davila de 4º de ESO, María García Amoedo de 6º A de Primaria e Jenifer Samaniego Janeiro de 3º de Primaria.
Leria
Boletín da biblioteca de secundaria Crise? Aquí tes unha forma barata de viaxar. Como? Pois cun libro. A ver, a onde che apetece ir? Se optas polo estranxeiro, suxerímosche Settecento (visita á romántica Venecia); Memorias de África; Tintín no Tíbet (unha viaxe espiritual); Colmillo blanco (se queres fuxir da calor); Movida na biblioteca ou A volta ao mundo en 80 días (para un percorrido por diferentes puntos). Pero se o que buscas é fuxir do presente, aconsellámosche que viaxes ó pasado coa lectura de Mitos e lendas, ou ó futuro con O centro do labirinto ou O futuro roubado. Se ti non queres escoller, deixa que A máquina do tempo o faga por ti. Aínda que ó mellor es máis aventureiro/a e prefires Viaje al centro de la tierra ou El libro del día del juicio final. Sexa como for, non te esquezas de ler porque en cada libro hai unha aventura esperándote.
CPI da Ribeira
FELICES VACACIÓNS!
biblio.cpi.ribeira@gmail.com osquelemos.blogspot.com
Número 6 - verán 2011