Actividades do trimestre Como vén sendo costume, a finais de febreiro celebrouse o Día da Paz. Desde a biblioteca proxectáronse as películas O neno do pixama a raias para 1º ciclo de ESO e Sendeiros de gloria para 2º ciclo de ESO. Máis tarde, polos Namorados, propúxose o concurso de interpretacións de declaracións de amor no cine e no teatro, pero o tema debeu asustar ó noso alumnado porque non houbo participación, e iso que se lles facilitou unha escolma de títulos de películas que contiñan declaracións amorosas!
Para ver e escoitar . Libro+CD+DVD. Os poemas de Manuel María, a voz de Uxía e o audiovisual premiado.
Boletín da biblioteca
Para celebrar o Día de Rosalía de Castro, 24 de febreiro, elaborouse unha exposición sobre a súa vida e a súa obra. Pero por estarse a celebrar o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos, todo o alumnado do centro está a preparar un acto para o 23 de abril, Día do libro. Dentro do Proxecto “100 anos de cine sonoro”, desde o mes de febreiro estanse a proxectar making of tódolos venres na televisión da entrada do centro. Os do mes de marzo, para festexar o mes da muller, son de directoras célebres. Ademais, o alumnado de 3º e 4º de ESO asistiu a unha charla impartida por Tania González, técnico en caracterización. Para conmemorar o Día mundial da poesía, 21 de marzo, o grupo Poetas da hostia presentoulle ó alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO “A hostia en verso”. Para clausurar o trimestre, o 22 de marzo un grupo de actrices do IES da Ribeira do Louro representaron a mulleres célebres da historia. Cómpre destacar o encontro do escritor Eduardo Santiago cos membros club de lectura o xoves 7 de marzo. Finalmente, habilitouse un espazo na biblioteca para as familias que será inaugurado proximamente.
Leria
CPI da Ribeira Sementando palabras, recollendo soños
A nosa pegatina de Rosalía
Pide a túa na biblio!
http://osquelemos.blogspot.com biblio.cpi.ribeira@gmail.com Leria
Número 11 - primavera 2013