REVISTA CNO Noviembre 2017

Page 1

2017

NOV

17

#stopAME


A Grenla - Poligono Industrial do Salnés 36636 RIBADUMIA - Telf.: 986 524 425

Administración de Loterias Nº1 Ribadumia tlf_986710113

CAMBADOS Rúa mariña,9 BAJO - CAMBADOS

T. 9 8 6 5 2 1 0 9 5


U

3 remando

n ano máis, unha temporada máis, o nome do club Nautico O MUIÑO resona internacionalmente, nesta ocasión non solo coa participación de algun deportista do noso clube (que non e pouco) que os nosos padexeiros volveron a casa con 4 medallas internacionais neste 2017 !!. Manuel Fontan e María Pérez foron os artifices e con 2 medallas cada un. Manuel dominou a canoa nos Xogos Europeos da Xuventude celebrados en Xullo en Hungría logrando dous ouros no c1 200 e no c1 500 metros. Pola súa parte María debutaría internacionalmente na Copa do Mundo absoluta en Portugal e lograría a plata na nova distancia olimpica do c2 500 metros. No mundial Junior de Rumanía proclamaríase subcampeona do mundo Junior en C2 200 metros. Unha temporada que volvemos a loitar por victorias a nivel club, como a Liga Provincial que ata a última proba non se decideu e finalmente despois de 3 anos gañandoa logramos o subcampeonato da Liga Alevin e Benxamin, tamén destacou o equipo Infantil Feminino que se auparía o 4º posto final da Liga Galega tendo a Lúa Cubiella como "capitana", unha actuación destacada na temporada que a leva a ser chamada para ingresar no Centro Galego de Técnificación Deportiva de Pontevedra de cara o curso 2017/2018, con ela repite un ano máis Manuel Fontan que renova a beca. A Baixada do Río Umia, un novo éxito de organización e de participación con 300 inscriptos nos que son 23 anos de proba deportiva. O Cto. Galego de Alevines e Benxamines organizado co Concello de Vilanova de Arousa foi outro gran éxito desta entidade donde se citaron mais de 650 nenos Alevines e Benxamines.

Deseño e Maquetación:

José Manuel Vázquez Texto e imaxenes

J.M.Vázquez Club Náutico OMUIÑO www.omuiño.es @cnomuino

Colabora

Club Nautico O MUIÑO sponsor 2017


4 remando rema ndo

dende fora Fito, e redactor do Faro de Vigo Arousa, un medio de comunicación que sempre estivo ó carón do Piragüismo da comarca, sempre prestando atención os deportes minoritarios como é o piragüismo a pesar dos grandes éxitos que se colleitan ano a ano.

ALFONSO GAGO @FitoGago Redactor Faro de Vigo Arousa

Unha fábrica que nunca deixa de producir Con máis de dúas décadas de traballo ás súas costas, o Náutico O Muiño de Ribadumia é unha das referencias do piragüismo galego, algo que demostrou na última campaña onde o seu nome volveu estar entre os mellores, sobre todo nas categorías de formación, sendo segundo na Liga de Promoción e cuarto na Liga Infantil femenina. Esas dúas décadas avalan un traballo baseado no esforzo, compromiso e determinación que fan que cheguen os éxitos e que o clube continúe a ser unha das grandes fábricas do piragüismo galego. Nesta tempada que rematou son dous os exemplos máis claros dese traballo, aínda que poderían sumarse algúns máis. Eses nomes son os de Manuel Fontán e María Pérez Aragunde, dous rapaces aos que ninguén lles regalou nada, pero que a base de esforzo e de saber superar as adversidades, acabaron conseguindo éxitos a nivel internacional, como as dúas medallas do primerio nos Xogos Olímpicos Europeos da Xuventude en Gyor, un fito na historia do clube, ou as logradas pola cambadesa no Mundial Junior. Os dous amosaron que están chamados a protagonizar importantes xestas no mundo da canoa nos vindeiros anos. Ademais do traballo de formación, o clube tamén amosa, todos os anos, un importante esfrozo organizativo en varias probas ao longo da tempada. A máis importante e emblemática é a Baixada do Umia, que cada ano conta cun maior número de participantes. Aínda que o caudal do río non foi o mellor para a proba, iso non restou espectacularidade a unha proba que se atopa entre as mellores do circuito en Galicia. Outro feito que case pasou desapercibido pero que é moi importante para unha entidade como é O Muiño é o de entrar a formar parte do grupo de equipos de elite que recoñece a Xunta, un lugar onde non se admite a calquera, só a aqueles que amosan con feitos que son merecedores de estar nese grupo con resultados que os avalen. A vindeira tempada xa se atopa ás portas e non me cabe a menor dúbida de que os resultados do Náutico O Muiño van protagonizar moitas páxinas dos xornais, nunha nova demostración de que o traballo non sempre atopa a recompensa agardada, pero sen el, é imposible conseguila.

Condesa TELF. 634 527 368

ia m u d a b i R r te epo d o c


CORREDURĂ?A DE SEGUROS Avda. Bouza-Martin, 40 36636 Barrantes - Pontevedra Telf. +34 986 718 470 www.ayfcorreduria.com


Manuel Fontán bañase de OURO

en Hungría

639 013 535

Manuel Fontan Señorans segue escribindo a súa propia historia en letras de ouro. Si falamos deste deportista temos que destacar de que vai queimando etapas, pero con boa letra. Manuel leva unha traxectoria deportiva o alcance de moi poucos na xeografía nacional, a súa presencia en dúas citas internacionais na categoría Junior sendo todavía cadete.(Mundial en Minsk (Bielorusia) ano 2016 participa no c4 Junior logrando o 8 posto na final. Ano 2017, Campeonato de Europa disputa o C2 1000 e logra o 6º posto no C2 500 metros tamén en Junior) solo fan demostrar a súa calidade. No 2017 podemos decir que é a primeira vez que disputa internacionalmente unha proba contra deportistas da súa idade, sería nos Xogos Europeos da Xuventude (FOJE2017) en Gyor Hungría sendo a proba para deportistas sub16, Fontan mostrou un nivel superior nas dúas probas que participou logrando como ben sabemos as dúas medallas de OURO. A traxectoria deportiva de Manuel Fontan Señorans inciase sendo Alevin no CNOMUIÑO, e despois dun primeiro ano no kayak decidese no paso de Infantil a probar na Canoa, donde dende a 1º proba que participou foi en crecemento chegando nese mesmo ano a


imponse no c1 500 e c1 200 metros

No seu primeiro ano de Cadete volveu a dominar a canoa cadete, e clasificarse como ben dixemos anteriormente para un Mundial na categoría Junior logrando o8º posto no c4 500 metros en Minsk. Manuel está chamado a ser un gran canoista nos vindeiros anos veremos como segue a súa progresión.


remando

8

Manuel Fontán Señorans, superando etapas.

M

anuel Fontán Señorans, segue marcando a pasos axigantados a súa exitosa carreira no mundo do Piragüismo, con un palmarés o alcance de moi poucos, Manuel logra sendo cadete de 1º ano clasificarse para o Campionato do Mundo Junior que se disputou en Minsk (Bielorusia) no C4 500 metros logrando un excelente 8º posto na final.

María Pérez dúas platas con sabor a Ouro Despois dun breve paso polo fútbol, Manuel recaeu no piragüismo tendo un breve paso polo kayak na edade de Alevin, co salto a categoría Infantil, Manuel comenzou o duro aprendizaxe na canoa na etapa invernal, levando o seu debut no seu primeiro

ano Junior

aquarei REGALO

PROMOCIONAL

serigrafía rotulación

986 54 25 89 visitanos en nuestras nuevas instalaciones en Baltar, 5 Castrelo - CAMBADOS (al lado del Bar Casarello)


*Subcampeona mundo Junior en Rumanía *Subcampeona worldCup senior en Portugal

María Pérez Aragunde confirmase no seu primeiro ano junior cun futuro prometedor despois da excelente temporada na que acadou dúas pratas en Portugal e Rumanía na Copa do Mundo absoluta e Mundial Junior respectivamente. Un debut que a manten con opcións de poder loitar na nova disciplina olimpica en Tokio 2020 na canoa muller. Con tan só duas temporadas na canoa, María mantivo unha continua progresión, e no seu primeiro ano de Cadete logrando podio no Campionato de España, título que lograría o ano seguinte e abrelle as portas o equipo nacional canoa muller concentrado en Sevilla a donde se desplaza. A súa traxectoria adentrase a Alevín e sempre co kayak como instrumento para lograr varias medallas en embarcacións de equipo, pero o seu cambio a canoa e a súa implicación situaronna con dúas medallas internacionais no seu primeiro ano de Junior, un feito que lograra anos atrás Paulino Otero cos titulo e subcampeonato de Europa junior en K2. O debut absoluto con plata no olímpico c2 500 m. foi o incentivo para poder afrontar con seguridad o Mundial e lograr a plata no c2 200 m. xunto a Antía Jacome.



Lúa Cubiella ingresa no CGTD

11 rema ndo remando

L

úa Cubiella pasa a historia do clube non só pola temporada que está a facer se non por ser a 5º deportistas do club en ingresar no Centro Galego de Técnificación Deportiva de Pontevedra, anteriormente foron David Maquieira, Helena Gregorio, Borja Bejo e Manuel Fontán. No 2016 Lúa realizou unha gran temporada donde se mantivo no podio nas probas galegas e no top ten a nivel nacional, ainda que a sorte non acompañou no Campionato de España donde vencería a final B, a súa traxectoria non pasou desapercibida polos técnicos do CGTD donde ingresa de cara o curso 2017/2018. A nosa deportista e unha dos moitos rapaces que se iniciaron no deporte gracias as escolas deportivas do Concello de Vilanova de Arousa organizaba xunto o club, natural de Baión, Lua continuaría neste deporte dende Benxamin e sempre destacando pola súa implicación e esforzo de cara a lograr os obxetivos marcados. Bronce no Campionato Galego de Pista no k1 1000 metros, Subcampeona galega no K4 1000 metros Infantil A, 10º no Campionato de España e 8º na Copa de España foron os resultados máis destacados dunha temporada longa e dura.

Subcampeona Galega k4 1000 metros

Bronce Campeonato Galego k1 1000 metros

Plaza concello (rúa Espadeiro) 36636 Ribadumia 986 199 644 / 607 070 846 acomercial@hotmail.com


Bronce por equipos na Liga Provincial e cto Galego

S

eguimos sendo referencia do piragüismo a nivel provincial, despois de lograr a victoria 3 anos consecutivos da Liga Provincial de Alevines e Benxamines, este ano nun final igualda entre Pontecesures, As Torres e nos, tivemos que conformarnos

co bronce na Liga e tamén no Campionato Galego que organizamos en Vilanova de Arousa e que participaron máis de 600 nenos. O seguir na pelexa e un novo éxito para nos xa que competimos con clubes de poboación superiores confirma o


13 rema ndo remando

Non puido ser lograr o titulo por 4 ano pero seguir tendo opcion a pelexar e unha victoria Alba Vรกzquez en Alevin e Laura Hermelo en Benxamin as mรกis destacadas do equipo donde todos foron importantes.


14 remando rema ndo

Ribadumia sede da Gala do piragüismo Galego Unha gala presentada por Pepo Suevos e terá a Manuel Fontán e María Perez entre os elexidos.

A

federación galega ven de confirmar a Gala do Piragüismo Galego 2017 será Ribadumia, en donde a Federación premiará os mellores da temporada así como entregará os premios primeiros clasificados das diferentes ligas Galegas e provinciais da temporada. Sén dubida que a federación acollerá a solicitude do Club Nautico O MUIÑO e Concello de Ribadumia ven a confirmar a capacidade para acoller grandes eventos. O clube recibirá o trofeo do 3º posto da Liga Provincial de Pontevedra que despois de 3 anos logrando a victoria manterse no podio demostra o excelente traballo na base do club. En referencia os premios que alberga a Federación Galega dous deportistas da entidade son

galardonados como mellores deportistas xunior, Manuel Fóntan e María Pérez polos seus resultados a nivel internacional. Cristian Toro e Teresa Portela volverá a levarse o galardon os mellores deportistas, Roi Rodriguez e Camila Morrison mellores sub23. Pablo Graña Carolina Garcia, Carla Frieiro e os mencionados deportistas do club como mellores Xunior xunto a David Barreiro, Noel Dominguez e Antía Jacome. o Ourense). Os mellores patrocinadores para Rotogal e Barracuda.


rema ndo remando

15

A Baixada non defrauda, 300 deportistas na 23 edición

U

n ano máis e xa van 23, a Baixada do Río Umia non deixou indiferente a nadia, acompañou un excelente día e bateuse o record de inscripcións con cerca dos 300 deportistas chegados de toda a xeografía galega. A victoria por equipos foi para o Olivico seguido do Breogan e Pontecesures. A nivel individual a victoria foi para José Ramon Estevez (Ponteceseres) e Laura Pérez (Nautico Miño), María Perez Nautico O MUIÑO (Canoa Muller), Damian Gonzalez (Canoa Home) do Verducido, así como as victorias dos nosos en Canoa Cadete de María Acosta, e Manuel Fontan que adxudicouse a victoria na Canoa Junior.


SERVICIOS EÓLICOS


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.