Skip to main content

JIA 2012-

Page 1

V JIA 2012 Arqueoloxía para o S. XXI Unha vez pechado o prazo de aceptación de propostas de sesións para a próxima edición do JIA 2012, dende o Comité Organizador, e coa participación do comité Científico, realizouse o proceso de selección das mesas redondas que comporán as Xornadas. A continuación, enumeramos as pautas que deberán seguirse para poder elaborar o programa definitivo das próximas JIA 2012, co chamamento ás propostas de participación dentro das mesas redondas establecidas –mediante comunicacións ou pósteres-, e de pósteres de temática libre.

COMUNICACIÓNS ORAIS E PÓSTERES NAS MESAS REDONDAS. As propostas deberán ser escritas en Portugués, castelán ou Inglés, e só serán aceptadas aquelas que sexan recibidas dentro dos prazos establecidos. Deberán ser enviadas ás/ós coordinadores/as de cada sesión e a data límite para isto será o 15 de Marzo de 2012. Os correos electrónicos ou teléfonos de contactos de as/os coordinadoras/es de cada sesión poderán localizarse nos resumos de cada mesa redonda. As propostas deberán presentarse en formato Word (.doc, ou .dox), coa seguinte información: x x x x

Título da ponencia ou póster Nome das/dos autoras/es Palabras chave (máximo de 4 palabras) Resumo (máximo 250 palabras)

PÓSTERES DE TEMÁTICA LIBRE As propostas deberán ser enviadas antes do 15 de Marzo de 2012 ó e-mail jia20112secretaria@gmail.com en formato Word (.doc ou .dox) coa seguinte información: x x x x

Título do póster Nome das/dos autoras/es Palabra chave (máximo de 4 palabras) Resumo (máximo de 250 palabras)


LÍMITES DA PARTICIPACIÓN x x x

Cada participante só pode contribuír cunha ponencia dentro de cada mesa redonda; Cada participante só pode contribuír cun póster nas Xornadas, xa sexa dentro ou fóra das sesións temáticas; Só poderán participar no JIA 2012 as/os investigadores que non teñan obtido o grao de doutor antes da celebración das mesmas.

INSCRICIÓN A partir do 1 de Febreiro de 2012 iniciarase o período de formalización das inscricións na páxina web https://sites.google.com/site/jia2012compostela/proyecto-jia-2012 As matrículas de inscrición ata os 15 de abril de 2011 serán as seguintes: x x

60 euros con actas; 35 euros sen actas.

Despois desa data, o valor será: x x

70 euros con actas; 40 euros sen actas.

PROCEDEMENTO PARA A INSCRICIÓN 1. As/os interesadas/os cumprimentarán o formulario de inscrición que aparece na web. 2. Efectuarase o ingreso da cota de inscrición correspondente, indicando como "Asunto": JIA 2012 e incluíndo o nome completo da persoa participante, na conta bancaria do que se indica: A nome de: Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) Entidade: Banco Santander Enderezo: Plaza de Galicia, 1. 15706 Santiago de Compostela (SPAIN) Conta: 0049 5404 29 2016134765 IBAN: ES2800495404292016134765 SWIFT: BSCHESXXX 3. Escanearase o talón de ingreso bancario. 4. Este documento enviarase como arquivo adxunto á seguinte dirección electrónica: jia2012secretaria@gmail.com Nota: Non se admitirá ningunha inscrición SEN o talón de ingreso bancario cumprimentado pola entidade financeira ou SEN os datos de contacto da interesada/o.


DATAS Presentación de propostas de presentacións orais e pósteres: ata o 15 de Marzo de 2012 Publicación do programa do JIA 2012: 20 de Marzo de 2012 Período de formalización das inscricións no JIA 2012: do 1 de Febreiro ó 1 de Maio de 2012.

MESAS REDONDAS SELECCIONADAS x

x x

x

x x

x

x

SESIÓN 1: ¿Arqueología Altomedieval o Arqueología Tardoantigua? Nuevas propuestas para una Arqueología “dentro” del Medievalismo. SESIÓN 2: Archaeology of Performance between past and Present. SESIÓN 3: Arqueología del Paisaje: una disciplina que armoniza pasado, presente y futuro. Respuesta para los paisajes históricos en el S XXI. SESIÓN 4: Arqueologia profissional de salvaguarda. Salvar o património ou salvar da profissão? SESIÓN 5: ¿Arqueología y Sexo? Pasen, les estábamos esperando. SESIÓN 6: Cursos de Arqueología en España. El ejemplo de Ampurias para el pasado y el futuro de la Arqueología española. SESIÓN 7: El Patrimonio Cultural Subacuático, un tesoro de todos y para todos. Arqueología Subacuática y participación social en la protección del PCS. SESIÓN 8: En defensa de la politización: el estudio del colonialismo en Arqueología

CONTACTOS https://sites.google.com/site/jia2012compostela/proyecto-jia-2012 jia2012secretaria@gmail.com


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
JIA 2012- by Marcial Tenreiro - Issuu