Page 1


AS FUNCIÓNS VITAIS DOS SERES VIVOS SON…

1. NUTRICIÓN. 2. RELACIÓN 3. REPRODUCCIÓ N.


1.NUTRICIÓ N  Consiste en conseguir enerxia e materiais para o corpo.  A nutrición ten dúas partes: a alimentación e a dixestión.  Según a alimentación os animais poden ser: carnívoros, herbívoros ou omnívoros.  As plantas alimentanse de auga, sales minerais, dióxido de carbono e a luz do sol.


2.RELACIÓN

 Consiste en captar información do noso arredor e actuar en consecuencia.  Os animais relacionanse a través dos sentidos e grazas o sistema nervioso e o cerebro.  As plantas relacionanse medrando cara a luz, pechando as follas de noite,…


2.REPRODUCCI ÓN

 Consiste en que os seres vivos teñan descendencia.  Os animais teñen reproducción sexual, mediante o apareamento e pode ser ovípara ou vivípara.  As plantas teñen reproducción sexual ou non sexual.


¿Cales son as partes das plantas? RAIZ: parte da planta que medra debaixo da terra. Poden ter unha raíz principal, moitas raices finas ou unha raíz grosa. TALO: parte que medra sobre a terra e sostén as follas, as flores e o froito. Pode ser leñoso ou herbáceo. FOLLAS: parte que nace das ramas. Teñen dúas partes o peciolo (unión ca rama) e limbo. Os árbores poden ter follas caducas ou perennes.


¿Cómo se alimentan as plantas? FOTOSÍNTESE: proceso polo que as plantas fabrican o seu propio alimento nas follas. A auga e as sales minerais absorbidas pola raíz sube as follas. Xúntase co dióxido de carbono e convírtese en alimento. Para iso precisan a enerxia da luz do sol. Neste proceso expulsan o osíxeno.


¿Cómo se reproducen as plantas? A flor é o órgano reproductor das plantas. As partes da flor son: cáliz (formado polos sépalos), corola (formada polos pétalos), estame (parte masculina) e pistilo (parte femenina). POLINIZACIÓN: Viaxe do pole dos estamos o pistilo dunha flor realizada polo vento ou por insectos. Cando chega o pistilo comeza a formarse o froito e dentro do froito están as sementes para outra pranta se caen o solo. Os froito poden ser carnosos ou secos.


MAMÍFEROS Respiran por pulmóns. Teñen pelo. A maioria ten 4 patas. Son vivíparos. As crías o nacer alimentanse do leite da nai.


Mamíferos mariños Balea, golfiño. Teñen a pel lisa. Teñen aletas. Deben sair ao exterior para respirar.


Mamíferos voadores Morcego Teñen ás. Son nocturnos.


MamĂ­feros primates As persoas Monos ChimpancĂŠ Gorila


RÉPTILES Respiran por pulmóns. Teñen escamas. A maioría ten catro patas; outros reptan. Son ovíparos. Lagartos, serpes, crocodrilos, tartarugas,…


AVES

Respiran por pulmóns. Teñen plumas. Teñen peteiro. Teñen 2 ás. Son ovíparos.


PEIXES

Viven en auga doce ou salgada. Respiran por branquias. Teñen escamas. Teñen aletas. Son ovíparos.


ANFIBIOS

Rás e sapos. Teñen a pel espida. Respiran por pulmóns e a través da pel. Teñen 4 patas. Son ovíparos.


ANIMAIS INVERTEBRADOS


MEDUSAS Viven nos océanos. Son grandes bolsas de xelatina cunha boca. Teñen tentáculos, que poden picar. Deixanse levar polas correntes mariñas.


VERMES Animais alongados de corpo brando. Non te単en patas. Poden vivir na terra ou no mar. Poden causar enfermidades as persoas.


MOLUSCOS Corpo brando protexido cunha cuncha. Desprázanse cun gran pé. Comen plantas. Caracol, ameixa, vieira, mexillón,… Algúns non teñen cuncha: lesmas, polbo,…


ARAÑAS Teñén oito patas. Fabrican as arañeiras para capturar os insectos. Pertencen o grupo dos artrópodos.


INSECTOS Teñen tres partes: cabeza, tórax e abdome. Son ovíparos. Son beneficiosos por: serven de alimento a outros animais, recollen o lixo de plantas mortas, animais, producen mel, seda,… Son perxudiciais por: producen picaduras, estropean plantas, comen alimentos,…


ANIMAIS INVERTEBRAD OS Podemolos clasificar en : 1.An茅lidos. 2.Artr贸podos. 3.Moluscos. 4.Cridarios. 5.Equinodernos.


ANÉLIDOS (Vermes)  Son ovíparos. Corpo alongado, brando e dividido en aneis. Non teñen protección do seu corpo. Poder ser acuáticos ou terrestres. Desprázanse mediante movementos de estirar e contraer o corpo.


ARTRÓPODOS Son ovíparos. Corpo cuberto por un esqueleto externo e patas artículadas. Clasificanse en 4 grupos: 1.Insectos: teñen antenas na cabeza, seis patas no abdome e ás para voar. 2.Crostáceos: teñen dous pares de antenas na cabeza: gamba, langosta, cangrexo,… 3.Aracnidos: teñen 8 patas: arañas, ácaros, escorpións,… 4.Miriápodos: teñen o corpo alongado, dividido en aneis e con moitas patas: cempés.


MOLUSCOS Son ovíparos. Algúns teñen o corpo brando e outros protexido por unha cuncha (ameixa, mexillón,…) A maioría son acuáticos, pero hai algúns terrestres (caracol). Desprázanse de varias maneiras: arrastrándose (caracol), cos tentáculos (polbo),…


CNIDARIOS  Medusas e anémonas. Son ovíparos. Teñen o corpo brando, sen protección. Teñen tentáculos. As medusas teñen forma de paraugas e as anémoas de saco. Son acuáticos. As medusas flotan na auga e as anémoas están pegadas as rochas. As medusas desprazánse bombeando auga e as anémonas non se desprazan.


EQUINODERMO S Son ovíparos. Teñen o corpo cuberto dun esqueleto externo, do que saen pugas. Son acuáticos de auga salgada. Desprázanse lentamente sobre os fondos mariños cuns pés pequenos que teñen na parte inferior do seu corpo. Estrela de mar e ourizo de mar.


AS ROCHAS Son a parte sólida da terra. Todas están formadas por minerais. Poden estar formadas por minerais, cunchas e restos de animais. Poden ter distintas cores, formadas por grans finos ou grosos, ser duras ou brandas. Extráense dos depósitos: de minas ou canteiras.  Empreganse para obter enerxía, para a construcción ou para usos industriais.


OS MINERAIS Son os materiais de que están feitas as rochas. Son materiais naturais formados por un so compoñente. Propiedades dos materiais: dureza, brillo, cor e forma. Os minerais emprénganse para construir edificios, obter metais, facer xoias,… Cuarzo: moi duro, distintas cores e está en moitas rochas. Calcita: brando, ten varias cores, está no mármore e na calcaria. Feldespato: moi duro, non ten brillo, pode ser branco ou gris, está no granito e na arxila.


O SOLO É a capa da terra con auga, aire e restos de animais e plantas que cobren as rochas.  Tarda moitos anos en formarse: o vento, xeadas e choiva vai rompendo as rochas. Os restos de animais e plantas (humus) mestúranse cas rochas. Esta mestura forma o solo. O solo ten 3 capas: superior ( area, arxila, auga, aire e humus), intermedia (pedras, area, arxila e auga) e inferior (rochas e moi pouca auga). As plantas protexen o solo e evitan que o vento e a choiva o arrastren.


OS ECOSISTEMAS


ECOSISTEMAS Os ecosistemas son os lugares nos que viven os seres vivos. Están formados polos seres vivos e o medio físico no que habitan. Ecosistemas Terrestres: bosques , pradarias, desertos,… Ecosistemas Acuáticos: de auga doce e de auga salgada.


AS RELACIÓNS NOSECOSISTEMAS Nun ecosistema hai produtores ( animais que producen os alimentos) e consumidores (aliméntanse doutros seres vivos) Cadea alimentaria:é a reprensentación do modo en que se alimentan os seres vivos dun ecosistema. Competencia: cando dous seres vivos teñen a mesma necesidade. Cooperación: cando dous seres vivos se axudan.


A CONSERVACIÓN DOS ECOSISTEMAS Causas do deteriodo dos ecosistemas: contaminación, deforestación e sobreexplotación. Protección a través de leis de urbanismo, espazos protexidos.


Os Seres Vivos  

Tema de coñecemento do medio

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you